You are on page 1of 6

Ola, bos días.

Nos somos Sara e Ariadna e hoxe imos facer un pequeno


comentario sobre Á canción titulada A xustiza pola man. A canción que
imos comentar pertence ao grupo NAO e consiste nunha adaptación
musicada dun poema de Rosalía de Castro, có mesmo nome, pertencente
a súa coñecida obra Follas novas. SARA

CONTEXTO DA OBRA E DO GRUPO

-GRUPO

Para quen non o coñeza Nao é un grupo orixinario da localidad de A


Estrada en Pontevedra que foi fundado no ano 2005. O xénero musical
deste grupo é o hard rock un subxénero da música rock, caracterizado
polo emprego de letras agresivas acompañadas con guitarras eléctricas
distorsionadas, un baixo, unha batería e, en ocasións, teclados. Este tipo
de música pode chegart a resultar as veces pesado xa que ten moitos
instrumentos de fondo e estes non facilitan o entendemneto ao 100 por
100 da letra. SARA

Ao longo da súa carreira publicaron catro álbumes de estudio:

-As palabras espiadas


-Coas túas máns
-Ata que o lume se apague
-Somos. Demo 2 SARA

-AUTORA

Rosalía de Castro foi a autora destre poema. Esta foi unha poetisa e
novelista española, que escribiu tanto en galego como en castelán. É
considerada unha das grandes poetas da literatura española e representa
xunto con Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez unja das figuras máis
importantes do Rexurdimento galego. Naceu o 24 de febreiro de 1838 en
Santiago de Compostela e faleceu o 15 de xullo de 1885 en Padrón aos 47
anos. Escribiu cintos, novelas e sobre todo poesía, as súas obras máis
notables foron: Cantares gallegos (1863), Follas Novas (1880) , A La hija
del mar (1859), Lieders (1858) e En las orillas del Sar (1884) ARI

-OBRA
Este poemario foi publicado no ano 1880, coma unha continuación da
anterior obra de Rosalía, Cantares gallegos. Este poemario conta con dúas
liñas temáticas principais: unha liña máis cívica, afín aos sentimentos do
pobo, na que Rosalía denuncia a inxustiza social entre outros temas; e
unha máis intimista, centrada nos sentimentos da propia autora como a
saudade ou as desgrazas persoais, sen desv. SARA

Tamén podemos resaltar que este poemario está dividido en 5 seccións


irregulares: Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra e As viúvas dos vivos e
dos mortos. SARA

Por unha parte estas dúas primeiras seccións, pertencen á liña intimista
mentres que por outra parte as dúas últimas seccións, están relacionadas
coa liña cívica. Non obstante Varia actúa coma un nexo entre ambas
partes. Nesta sección mestúranse a poesía obxectiva e a subxectiva. ARI

Referíndose ao poema que imos comentar, podemos situalo dentro da


sección Do íntimo. ARI

-CONTIDO, ESTRUCTURA E RECURSOS

Para comezar co contiudo da canción, como tema principal podemos


mencionar a clara denuncia das inxustizas sociais, tema en torno ao que
xira todo poemario que o contén. Algúns dos temas secundarios que
tamñen atopamos poderían ser a venganza, as desgrazas persoais da voz
lírica ou a morte. Este último supón unha certa importancia xa que
cambia de forma radical o final da historia contada por Rosalia. SARA

Analizando máis afondo o contido do poema, sabemos que a protagonista


vive nunha aldea e grazas ao uso da expresión “a roupa de cote”
permítenos supoñer que tratase dunha campesina pobre, xa que a ese
tipo de roupa era unha vestimenta que os campesiños empregaban a
diario para o traballo; esta primeira impresión parece reforzada pola
expresión, “aqués que tén fama de honrados”, que fai referencia a
aqueles que contan cunha posición social ventaxosa. Facendo unha
pequena comparación entre ambos niveis sociais. ARI

É menos doado tratar de averiguar que lle sucedeu a esta muller. Polo que
narra na primeira estrofa, da a entender que foi víctima dunha violación,
que podería deducirse nos seguintes versos “roubáronme tanta brancura”,
“a roupa decote puñéronma en tiras”, “quedei deshonrada”. Ter a valentía
de poder amosar isto nun poema desa épovca era completamente
carcaterístico xa que ese tipo de sucesos son temas tabús dos que moitos
autores prefiren non facer alusión debido a repercusión que estes poderan
ter nos lectores ou ointes. ARI

Na segunda estrofa afirma que destruíron a súa casa —o que podería


trátase dun desahucio—. A agredida vese forzada a dormir ao raso, é
decir na intemperie; e posteriormente, debido a iso seus fillos acaban
morrendo de fame. SARA

Estas dúas estrofas poderíamos consideralas coma a introducción do


poema, na que a protagonista relata brevemente o acontecido e na
situaci´´on na que esta se atopa, Como vemos non é unha situación para
nada favorable e moi dura de afrontar para ela. SARA

Entre a segunda e a cuarta estrofa aparecen dous recursos importantes: o


primeiro deles, unha antítese na que se opoñen as metáforas "o leito de
toxos e silvas" da protagonista có "leito de rosas dos seus agresores". o
segundo, a expresión “aqués que tén fama de honrados” transfórmase en
“os raposos de sangre maldita”. Esta metáfora vaise manter durante o
resto do poema coma unha alegoría. Ademais, nesta mesma estrofa
tamén atopamos outra metáfora, como é "cal loba doente ou ferida" que
fai referencia a propia protagonista. A pesar de que o poema é
relativamente breve, atopámonos con que o pronome “eu” repitese en
varias ocasións, esto virase posteriromengte contrastado có pronome
“Aqués” que abre o poema. ARI

O primeiro recurso da protagonista é acudir aos xuíces. Pero a xustiza non


só non fai nada, senón que mófase dela. Cabe destacar que nesta mesma
estrofa a única vez que emplea o termo “víctimas” é para aludir aos seus
agresores, pero nunca é empregado para referirse a sí mesma. Isto pode
chaamrnos moito a atención xa que hoxe en día dito termo empregase
nun sentido completamnete contrario. Polo cal xa comezamos a ver a
presenza da subetividade. SARA

Abandonada polos xuíces, a protagonista recorre a Deus, que neste fai


referencia a relixión, pero tampouco é escoitada porque se atopa “moi
alto”, que refírese ao feito de que a Igrexa, estaba ocupada noutros
asuntos relixiosos, mentres que non se interesában en problemas sociais.
ARI

Abandonada por todos, a protagonista recurre a venganza. É bastante


común a presenza destas escenas nas obras de Rosalía. Neste caso a
muller, armada cunha foz, entra sixilosamente na casa dos seus agresores
e acaba coas súas vidas, quedando totalmente satisfeita. SARA

Tampouco é raro, a lúa desapareza cando está a punto de levar a cabo a


matanza, o que sucede ao final da quinta estrofa. Esta característica
acostuma ser moi común nos poemas de Rosalía, nos que a miúdo o eu
lírico miráa e fálalle, como se pode ver no terceiro fragmento do poema
“Campanas de Bastabales” outra obra de Rosalía. ARI

Estas tres estrofas poderíamos consideralas o nó do poema, nesta parte


da composición desenvólvese toda a trama do poema.. ARI

Unha vez levada a cabo a súa venganza, o seu destino queda nas máns
da auténtica Xustiza. Esta última estrofa considerámola o desenlace do
poema. SARA

Asi de primeiras os temas a tratar nesta canción poderíanos chamar


moito a atención xa que normalmente, non estamos acostumados a ler
sobre eles e mais nun texto tan antigo. SARA

-MÉTRICA

Seguindo coa métrica da obra atopámonos cunha serie de versos de arte


maior, concretamente dodecasíalbos cunha rima asonante. Este tipo de
métrica era todo o contrario a métrica que Rosalía adoitaba empregar nas
súas obras,xa que esta caracterizábase por combinar versos cortos e
longos ARI

-INTERTEXTUALIDADE

A continuación chegou o momento da intertextualidade. Como sabemos é


unha obra que aborda tanto temas relacionados coas inxustizas como
temas persoais como as propias desgrazas, creemos que neste caso, este
poema parécenos que garda bastantes símilitudes co poema titulado A
Bandolinata, outro poema de Rosalía. Este pertence tamén a Follas
Novas, neste caso á sección Varia. Uns dos temas que comparten son as
desgrazas persoais que sofre o eu lírico e a morte, fenómeno presente ao
longo de ambos poemas. SARA

Todos os poemas recollidos en Follas Novas gardan unha pequena


similitude entre eles, pero pensamos que o que máis pode conincidir cos
temas de A xustiza pola man e este, estando nun plano máis secundario o poema
“A estranxeira na súa patria que garda tamén moita similitude en canto a
forma e sentido. Ambos poemas conteñen frases que intenatr transimitir a
mesma mesnaxe como por exemplo “sin lar, sin abrigo” do poema
comentado anteriormemte e sin lar nin arrimo do poema da estranxeira
na sua patria. Rosalía sempre garda similitude entre os poemas que esta
escribe . ARI

-VALORACIÓN PERSOAL

-DIFICULTADES E SOLUCIÓNS

A hora de desenvolver o traballo, un dos principais problemas que


tivemos foi atopar os distintos tipos de recursos estilísticos do poema,
debido a que a maioría deles non estaban moi visibles, pero a pesar diso,
coa axuda do apéndice gramatical e os apuntamentos sobre os tipos de
recursos estilísticos, fumos capaces de resolvelo con exito. SARA

Ademais, outra problemática que atopamos facendo este comentario foi


ser capaces de poder relacionar este poema con outros, xa que a maior
parte dos temas de A xustiza pola man non están moi presentes de forma
moi clara noutros poemas tanto de Rosalía coma doutros autores enton
iso supuxonos perder moito tempo neste apartado, o que impediou o
normal desenvlvemneto do cometario. Reflexionar sobre os temas
tratados e pensar que poden transmititr tamen levounos tempo pero
despois de lelo b¡varias veces e informarte do tipo de poemas que escribe
Rosalia e con que finalidade o fai facilita máis o seu entendemento. ARI

Se facemos unha pequena valoración persoal sobre a canción, crems que


Rosalia e un gran exemplo a seguir y¡xa que hai que ser moi valiente e
loitadora para facer iso con toda a liberdade do mundo sabendo as
posibeis consecuendias que isto podería supo para ela nese mesmo
momento. Pensamos que os temas si poderíamos dicir que son temaas de
atualidade xa que por desgraza, cada vez máis as vilacións son máis
común no mundo, e moito máis na xente moza como nos. Ademais os
temas son moi naturais, é dicir, para nada superficiais, e moitos de nos
podemos sentirnos identificados con moitos deles. Ese enfado cando a
xustiza nun primeiro momento pasa dela e como iso conleva a un final
catastrófico que acaba na morte dos enimigos. sara

-CONCLUSIÓN

En conlusión podemos dicir que esta canción supuxo un antes é un


despois na época, xa que grazas á denuncia a inxustiza social que fai
Rosalía conseguíronse grandes avances e ademais, a obra ao estar
centrada nos sentimentos da propia autora fai que estes non sexan temas
tabús e amosa unha maneira sinxela o que ela pensa danodn un exmeplo
de vakentía. Esa época non é comon agora, e todo o que as persoas
facían, decían ou escribían, sobre todo as mulleres era moi criticado. A
pesar diso, ter o valor de facer unha critica as inxustizas socais que se
estaban a cometer nese momento é un feito moi importante, que non
calquera persoa sería capaz de facer. Rosalía é un gran exemplo a seguir,
e moi loitadora e ademias ten en conta o que pensa e como se sinte o
pobo. ARI

You might also like