You are on page 1of 4

1.

Analiza a estrutura das palabras, identifica cada compoñente e indica se a palabra é simple, derivada, composta ou
parasintética: antinatural, atadura, centroamericano, lavadoiro, festeiro, parachoques, felicidade

2.Pon en plural:
O animal que tes debuxado no mandil e difícil de recoñecer.
O lapis de cor azul está gardado no baúl da túa habitación.
É mellor que collas o parasol e o gardes no arcón.
O aprendiz non atopou o funil para poder encher o barril.
O cónsul non asistiu a inaguracion da exposicion de pinturas de fósil.
Fixo un sinal de dor porque lle doia moito o ril.

3. Acentúa correctamente o seguinte texto:

Ali, nun dos grandes caixons, dos cincuenta que habia en total, encol dunha morea de terra recentemente remexida,
xacia o Conde! Ou estaba morto ou durmido, e non puiden saber cal das duas cousas, pois tiña os ollos abertos e
petreos, mais sen a vidrosidade da morte, as meixelas gardaban a cor da vida, por riba da palidez, e tiña os labios tan
vermellos coma sempre. Pero non habia signo ningun de movemento, nin pulso nin respiracion, nin lle latexaba o
corazon. Debruceime enriba del e intentei identificar algun sinal de vida, mais en van. Non podia levar ali moito
tempo, porque o cheiro a terra habiase esvaero cabo dunhas horas. Cabo do caixon estaba a tapadeira, con buratos
esparexidos aqui e acola. Pensei que quizais el tivese as chaves, mais cando me puxen a rexistralo vin os ollos
mortos, e neles, malia estar morto, unha ollada tal de odio, ainda que inconscientes de min ou da miña presencia,
que fuxin daquel lugar, e logo de abandonar o cuarto do Conde pola fiestra, volvin gabear o muro do castelo.

4. Pon en feminino as seguintes oracións

- Meu irmán é un lacazán. - O home é un charlatán.


- Non teño nada, estou san. - É un actor cotián nas series de televisión.
- Todos eses homes son musulmáns. - É o gardián deste recinto.
- O alcalde convocou a todos os composteláns. - O capitán do equipo é ferrolán

5. Pon o xénero adecuado:

- Tiña unha moa picada e non aturaba _____ dor. - Botoulle pouc___ sal ás patacas.
- Traballou moito e caíalle _____ suor a fío. - ____ leite ten moito calcio.
- Ía tant__ calor que parecía que se derretía o asfalto. - O carballo é ____ árbore de folla caduca.
- Deulle ____ couce n___ nariz. - _____ sangue escorregaba pola cara abaixo.
- Gústame botarlle _____ pouquiñ___ mel ao - _____ hospedaxe das casas rurais é de moita
requeixo. calidade.
- ____ cal non chegou para pintar a parede. - Fixemos _____ viaxe moi long___.
- _____ sinal prohibía aparcar de 4 a 8.

6. Pon en plural os substantivos que poidas nas seguintes oracións, cambiando ademais os elementos que sexan
precisos para que se manteña o sentido:

• O camión aparcou na beira da estrada • A lei fíxose para ser respectada.


• Gustaríalle ser un gran bailarín. • Necesito un funil para encher esta botella.
• O mandril é un animal salvaxe. • Comprou un lapis e un compás na libraría.
• O garda civil mediu o nivel de alcohol. • o ollomol é un peixe aprezado.
• Inauguraron o túnel de Pedrafita. • Púxolle un fol á gaita.
• O exame foi máis fácil do que pensaba.
7. Complete cos plurais correspondentes:

1. candil: 11. xornal: 21. televisión:


2. papel: 12. crise: 22. mexillón:
3. raíz: 13. sol: 23. dor:
4. can: 14. difícil: 24. sal:
5. presidente: 15. lacón: 25. mal:
6. ril: 16. canción: 26. normal:
7. festa: 17. rei: 27. hotel:
8. camión: 18. coche: 28. animal:
9. réptil: 19. final: 29. lei:
10. ollomol: 20. cor:
30. ración:

8- Definición de fonemas.
1. Quen vén hoxe?
2. Mañá chove seguro
3. Unha guerra feroz

9 .- Indicar se a vogal tónica e/o é aberta ou fechada (semiaberta ou semifechada)

 Veño algo canso e agora quero descansar tombado nese sofá.


 Agarda, que logo chega o home e el vaite pór ao tanto dos problemas que apareceron.
 Onde estabas onte cando botaron pola televisión as cancións máis populares deste inverno?
 teu vello xa non rexe ben; non é raro, ¡con tantas doenzas como leva no corpo!
 Hoxe veu cedo e atopou as portas do centro abertas.
 Non poñas cara de ferreiro que non cho fixemos á teima, foi sen querer.
 Colle os papeis que tes na mesa da esquerda e lévaos para o despacho do director-xefe.
 Para vela ben hai que acender unha vela e tela acesa todo o tempo; ti tela só uns segundos e non ves nada.
 Creo que me colleu o sol esta tarde, foi por non me meter debaixo do paraugas.
 As ciencias modernas teñen abertos novos camiños de experimentación grazas ao teu invento.

10. Acentúa as seguintes oracións:

- Dixome que compre que compre ovos para a cea.


- A directora atribuia o exito as suas xestions.
- A Coruña, cando era illa, tiña por xefe a Breogan,quen, cara o mar de fora, mandou construir unha torre
que servise de vixia e de referencia os navegantes.
11.Diferencia os lexemas e os morfemas das seguintes palabras:

Embarcar, dedal, barbudo, campestre, terrestre, barco, polisílaba, famento, troleiro, teledirixido.
12.Clasifica as seguintes palabras en simples, derivadas, compostas e parasintéticas. Xustifica a túa resposta
indicando os lexemas e os morfemas que a forman.

Parella, rañaceos, empobrecido, vello, anoitecer, familiar, embarcado, cinseiro, agraciado, verdoso.
13.Pon diante de cada palabra o artigo pertinente:

…………parálise,……….legume,…………..canle,………….acedume,
………..traxe,…………..aldraxe,………….crise,……………suor,
…………..orixe,………….hepatite.
14.Forma o plural das seguintes palabras:

Gol, control, fax, fórceps, club, sol, canción, rerrei, hindú, réptil, álbum, baúl, parasol, rubí, animal, folla,
dúplex, sándwich, compás, luz.
15. Escribe o femenino das seguintes palabras:
Nugallán, xudeu, capitán, xenro, cabalo, xuíz, mentirán, lacazán, león, ferrolán.

16. Escribe o hiperónimo dos seguintes hipónimos:


pato, can, gato, galiña
mesa, cadeira, cama
vermello, marrón, verde

17. Escribe cinco hipónimos dos seguintes hiperónimos


planetas
sabores
peixes
sentidos
transportes

18. Organiza as seguintes palabras formando grupos de cohipónimos e despois indica o hiperónimo
correspondente a cada grupo:
caravel, ación, espinacas, desaparafusador, rosa,tren, alixates, brócoli, tulipán, tranvía, tenaces, martelo, verzas,
camelia, acelgas, barco.

19. Completa o seguinte cadro coas palabras axeitas.

GRAFÍA SON EXEMPLO


a

i
o

19. Indica que tipo de relación de oposición se establece entre os seguintes pares de palabras:

 Aprobar-Suspender  Entender-Explicar
 Diúrno-Nocturno  Aceso-Apagado
 Fraco-Gordo  Sempre-Nunca
 Xenro-Sogro  Cedo-Tarde
 Vivo-Morto  Rápido-Lento
 Recoller-Entregar  Valente-Covarde

You might also like