You are on page 1of 1

1.Identifica o CD e o CI e transforma cos pronomes correspondentes.

. Rebaixaron a condena aos presos


. Requentastes as fabas para nós
. Lamberon os cartos ao vello
. Tollestes as pernas a min
. Ofertaron os mobles aso consumidores
. Alisamos aos meus pais a terra da leira.
. Malferiron a filla á señora Rosa
. Gravei o nome a ti nunha medalla
. Choscou un ollo ao rapaza
. Premeu os pulsos a nós
. Estenderon todos os cobertores para ti
. Debuxei para vós esta anaconda
. Descosestes os ollais á chaqueta

2. Identifica o C. Directo e substitúeo polo pronome persoal átono adecuado.

Lin un libro de ciencia-ficción


Coloquei os libros no andel
Gastamos todos os aforros este verán
Trouxo de Viena estes bombóns
Fixeron os exercicios de relaxación

3. Substitúe o C. Directo e o C. Indirecto polos pronomes átonos correspondentes e realiza as contraccións


necesarias.

1. Dixen a Xosé todo o que opinaba.


2. Cantei a Noa e a Ana esta canción.
3. O carteiro entregou os paquetes aos destinatarios.
4. Comprei a vós un agasallo.
5. Trouxen estas flores para ti.
6. Entregaron as notas aos alumnos.
7. Regalou a ela o anel de compromiso.
8. Contou a nós todo o que sabía.
9. Paguei a multa ao policía.
10. Comprei aos nenos unha muda nova.

4. Substitúe o CD e o CI polos pronomes persoais correspondentes. Caso de seren necesarias fai todas as
contraccións precisas.
. Entrou na nave e repasou as mercadorías para os clientes da zona.
. Virou a cara ao doutor para non saudar.
. O seu traballo consistía en subtitular películas para os produtores do país.
. A nós prometeron dúas novas pezas desa vaixela inglesa.
. Repetiron aos mozos a proba cinematográfica para que tivesen unha nova oportunidade.
. Recontaba unha e mil veces os nenos para ti e mais para a outra mestra.
. Para min e para el non inventes historias, que xa temos abondo co que nos veu de Cuba.
. Quixeron atribuír ao menciñeiro os envelenamentos de cans que sucederon na urbanización.
. Tantos concursos de televisión van absorber o siso a ti e deixar a nós sen amigo.

You might also like