You are on page 1of 2

MÁIS EXERCICIOS SOBRE OS DETERMINANTES

1. Localiza nos enunciados seguintes as formas demostrativas con valor especial e di o valor.

Co aquel da romaría non puiden pasar pola túua casa.


A eses non os quero ver nunca máis diante.
Colleu o coelliño con moita aquela.
Non queres que vaia? Daquela non irei.
Daquela, nas industrias non había os avances técnicos de hoxe.
Paseaba ás doce da noite polo corredor e, nisto, petaron á porta.

2. Sinala as incorreccións que, referidas ao uso dos demostrativos, detectes nos seguintes
exemplos.

Estos avances tecnolóxicos de hoxe ás veces fracasan.


Aquelo outro que me dixeches non ten moito sentido.
En aquel momento non souben que dicir.
Iste que ves aquí é o meu mellor amigo e aquil outro é un veciño.
De ese auga non beberei.
Este di que si, ese outro que non. En esta oficina non hai quen se entenda.
Estes amortecedores son mellores ca estes outros.

3. Introduce nestas frases as formas de propiedade exclusiva dos posesivos:

Xa fixemos os dezaoito anos e temos moto propia.


Por fin temos un barco propio para ir pescar.
O noso país ten, por natureza, unha beleza extraordinaria.
As persoas máis ricas do mundo son propietarias de moitas terras.
A casa derrubouse polo seu propio peso.
Sempre foi un rapaz especialmente tímido.
Aínda non teñen casa propia.
Este rapaz xa naceu intelixente.

4. Transforma os enunciados introducindo as formas dos posesivos distributivos que consideres


axeitadas:

Regalei a cada alumno un coche deportivo.


Comprei unha camiseta para as rapazas.
Os futbolistas dos equios enfrontados saíron ao terreo de xogo lucindo unha camiseta nova.
O arquitecto mercou tres cascos de seguridade para cada un dos albaneis que traballaban no
edificio.

5. Indica os valores especiais que teñen os posesivos nestes enunciados:

O meu era reparar as fiestras; as portas é cousa vosa.


Os nosos marchan mañá para Madrid.
Saín da casa, dei o meu paseo e volvín con forzas renovadas.
Non te fíes del porque che pode facer das súas.
Déixao; agora está ben, está cos seus.
Hoxe vivo ben, pero durante aqueles anos paseiche as miñas.
Non creo que che poida arranxar o tractor porque o seu sonche os motores de gasolina.
O Avelino xa etrá os seus trinta anos.
Os rapaces sonche listos de seu.

6. Distingue as clases de numerais que aparecen nos exemplos que veñen de seguido:

- “Máis quero buscar a morte dando tres pasos adiante, que vivir un século dando un só cara
atrás”.
- As dúas mozas mercaron unha ducia de bocadillos e un par de refrescos.
- “Paga a metade quen confesa o débito”.
- Este é un negocio redondo: se me dás a metade, eu douche o dobre; se me dás un onceavo,
eu entrégoche o quíntuplo”.
- “A primeira vez que ti me enganes, a culpa é túa; pero a segunda vez, a culpa é miña”.
- Participaron setenta e oito atletas na carreira e tan só chegaron á meta a metade. O noso
representante quedou no lugar décimo quinto.

7. Subliña todos os determinantes do texto e clasifícaos.

Ser o mellor da clase era unha satisfacción, pero aquel rapaz non era feliz de todo. Algún compañeiro
entendera que a súa preocupación ía máis alá de aprobar todos os exames do curso. Nalgún lugar do
mundo, rapaces e rapazas coma el loitaban contra as inxustizas e involucrábanse en tantos e tantos
proxectos de axuda humanitaria. Era o quinto día que pensaba nese asunto. Que día podería tomar
unha decisión? Outros rapaces xa a tomaran. Demasiado tempo pensando tampouco o axudaba.
Quizais non tiña suficiente confianza en si mesmo.

You might also like