You are on page 1of 6

UNIDADE 6

CLASES DE PALABRAS (I): SUBSTANTIVO E ADXECTIVO

No punto 1.2 poñemos o seguinte:

1.2. CLASIFICACIÓN
Atendendo ao seu significado, pódense estabelecer as seguintes clases:
. Substantivos propios. Sinalan un determinado ser entre os demais da súa clase: Brais,
Fisterra.
. Substantivos comúns. Designan xenericamente a todos os seres dunha especie e
tamén unha abstracción: cabalo, caridade.
Poden ser:
- Abstractos: designan calidades dos seres, accións ou estados que só existen no
pensamento (paz, idea).
- Concretos: designan seres ou cousas que teñen unha existencia real e son
perceptíbeis polos sentidos (sabugueiro, piano).
Á súa vez, os substantivos concretos poden clasificarse en:
(poñer todo o que vén no libro ata o final da páxina)

1.3 XÉNERO DO SUBSTANTIVO


Poñer o que está no libro desde “O xénero agrupa…” ata “…do seguinte xeito en
galego:”
(Engadir esta nota na marxe)

Cando a diferenza de xénero implica unha


distinción de tamaño, o habitual é que o feminino
indique un tamaño máis grande (pipo/pipa;
leiro/leira), aínda que hai excepcións
(machado/machada).

O cadro de masculinos e femininos da páxina 114 quedaría así:


Son masculinos Son femininos
 Nomes rematados en –o: o paxaro,  Nomes rematados en –a: a ábsida,
o curro, o corvo, o fuso, o a azouta, a pantasma, a sedela, a
paradoxo. auga, a alma, a plasma, a reuma.
Excepcións: a radio, a moto, a tribo. Excepcións: o mapa, o Papa, o
 Nomes rematados en –e: o profeta, o pixama, o samba.
sangue,, o couce, o cárcere, o  Nomes rematados en –á: a abelá,
leite, o cuspe, o ubre. a pa, a campá, a ventá.
Excepcións: a cute, a marxe, a orde, a Excepcións: o sofá, o alalá, o maná.
orixe, a ponte, a pube, a síncope, a  -ei: a lei, a grei.
apócope. Excepcións: o rei.
 Nomes rematados en vogal tónica  A marioría dos rematados en:
que non sexa –a: o café, o chalé, o -axe: a paisaxe, a mensaxe, a
rubí, o amalló, o cu. carruaxe.
Excepcións. A fe, a sé, a mercé. Excepcións: o paxe, o traxe, o
 A marioría dos rematados en: garaxe.
-ote: o dote, o lote, o bote. -uxe: a feluxe, a viruxe, a feluxe.
-me: o legume, o lume, o friame, o -se: a hipnose, a énfase, a
raizame, o costume, o teitume. paréntese, a eclipse, a análise.
Excepcións: a fame, a síndrome, a Excepcións: o interese, o envase, o
servidume. valse, o pase.
-ao/-au: o arao, o pardao, o pau, -ite: a hepatite, a meninxite.
o bacallau. Excepcións: o convite, o satélite.
-oi: o boi, o bocoi. -ade: a lealdade, a liberdade, a
-l: o sal, o sinal, o erbedal, o bondade, a señardade.
curral, o bechamel, o fel, o mel, o -z: a paz, a vez, a raíz, a vellez, a
til, o mandil, o ollomol. palidez.
Excepcións: a catedral, a reitoral, Excepcións: o nariz, o arroz, o
a pel, a col. xadrez, o xiz.
-s: o lapis, o luns, o anís. -ción: a canción, a manifestación,
Excepcións: a lis, a sífilis. a ordenación.
-r: o mar, o coador, o labor, o  A maioría dos nomes de froitas e
señor. de árbores froiteiras: a laranxa, a
Excepcións: a dor, a cor, a calor, laranxeira, a pera, a pereira, a
a suor, a preamar, a baixamar, a mazá, a maceira, a ameixa, a
flor. ameixeira.
-n: o serán, o edén, o dolmen, o Excepcións: o castiñeiro, o figo, o
capón, o pavillón, o xaxún. néspero, o limón, o limoeiro, o
Excepcións: os acabados en –ción pexego, o pexegueiro.
(a actuación); -sión (a adhesión);
-stión (a combustión); -zón (a
doazón, a armazón, a traizón); e
outros como a roibén, a rouquén.
 Os nomes das letras, números,
ríos, cabos, montes, mares,
océanos: o be, o tres, o Miño, o
Atlántico.

Formación do feminino
Substantivos e adxectivos con flexión de xénero:

Masculino Feminino Exemplos


-o, -e átonos -a amo – ama, elefante - elefanta
vogal tónica engaden –a avó – avoa, só – soa, cru – crúa, nu - núa
Consoante distinta engaden –a rapaz – rapaza, doutor – doutora, burgués
de -n – burguesa
-ín engaden –a espadachín – espadachina, bailarín –
bailarina, benxamín - benxamina
cando –ón non é sufixo: león – leoa,
-oa anfitrión – anfitrioa, teutón – teutoa,
-ón patrón – patroa
cando –ón é sufixo aumentativo ou
-ona despectivo: abusón – abusona, acusón –
acusona, lambón - lambona
-n irmán - irmá, artesán – artesá,cidadán –
cidadá, musulmán – musulmá, san – sa,
-á sultán – sultá, gardián - gardiá
xentilicios: arousán – arousá, catalán –
-án catalá, castelán – castelá, coimbrán –
coimbrá, alemán – alemá
caracterizadores pexorativos: brután –
engaden –a brutana, folgazán – folgazana, lordán –
lordana, pailán – pailana, pillabán –
pillabana
-ún -úa vacún – vacúa, cabrún – cabrúa
Excepción: euscaldún - euscalduna

Outras posibilidades de formación do feminino:


- Mediante palabras distintas para masculino e feminino: home/muller;
xenro/nora; xinete/amazona; cabalo/egua. Son os denominados substantivos
heterónimos.
- Por medio de morfemas derivativos: heroe/heroína; tsar/tsarina; rei/raíña;
abade/abadesa; xograr/xograresa; profeta/profetisa; sacerdote/sacerdotisa.
- Por medio de determinantes: o/a artista; o/a cantante; o/a herexe; o/a soldado,
o refén/a refén. Estes substantivos presentan sincretismo de xénero, isto é, teñen
o mesmo morfo (forma na que se realiza un determinado morfema, neste caso o
de xénero) para o masculino e para o feminino.
- En moitos animais, engadindo ao substantivo as palabras macho ou femia:
leopardo macho/leopardo femia. Estes substantivos que designan ao macho e á
femia de xeito indistinto ou conxunto son denominados epicenos.

O ADXECTIVO CUALIFICATIVO
2.4. Uso dalgúns adxectivos
 Santo/san
- A forma plena santo emprégase anteposta a nomes propios masculinos que
comezan por vogal (Santo Antón, Santo Estevo) ou coa palabra Cristo (Santo
Cristo de Xende).
- A forma apocopada san úsase anteposta a palabas que comezan por consoante
(San Tomé, San Mamede).

 Grande/gran
- Úsase a forma plena grande cando vai anteposta a substantivos en singular que
comezan por vogal (grande atención, grande éxito).
- Emprégase a forma apocopada gran cando vai anteposta a substantivos en
singular que comezan por consoante (gran sacrificio, gran popularidade).

(Poñer esta nota na marxe)


A forma santa emprégase sempre na súa forma
completa (Santa Uxía, Santa Clara).

2.5 Graos do adxectivo


(Poñemos todo como está no libro e en Comparativo engadimos:
Comparativo: estabelece unha relación de calidade entre dous termos. Pode ser de
igualdade, de superioridade ou de inferioridade.

Comparativo. Procedementos de formación


Formas analíticas
As estruturas comparativas constan de dous termos (o elemento que se compara,
denominado 1º termo; e o elemento co que se compara, chamado 2º termo) e inclúen
sempre morfemas correlativos:
(agora poñer o que está no libro ata Indicacións de uso das formas coma e ca).
(eliminamos o apartado Indicacións de uso das formas coma e ca e substituímolo polo
seguinte:)
Comparativo de igualdade
Tan/tanto..............coma/como
Indicacións de uso das formas coma/como
Formas Usos Exemplos
Cando o 2º termo da comparación é:
- un pronome persoal Fala coma ela
Obrigatorio - unha subordinada condicional Fala coma se tivese algo na boca
- unha subordinada temporal Rimos coma cando tiñamos dez anos
COMA
- unha subordinada de relativo Fala galego coma quen lle aprendeu
Cando o 2º termo da comparación é Tiña tantos euros coma dólares
Recomendábel calquera elemento que non sexa É tan hábil coma rápido
verbo en forma conxugada Quéroche tanto hoxe coma onte
COMO Obrigatorio Cando o 2º termo da comparación é É tan bo como parecía
un verbo conxugado

Comparativos de superioridade e inferioridade


Máis/menos.............ca/que/do que
Indicacións de uso das formas ca/que/do que
Formas Usos Exemplos
Obrigatorio Cando o 2º termo da comparación é:
- un pronome persoal É máis/menos trangalleiro ca nós
Cando o 2º termo da comparación é:
- un substantivo Tiña máis/menos euros ca dólares
CA
Recomendábel - un adxectivo É máis/menos hábil ca rápido
- un adverbio Quéroche máis/menos hoxe ca onte
- unha frase Hai máis/menos tazas ca o ano pasado
- unha forma verbal nominal É máis/menos san estudar ca folgar
QUE Pode usarse Naqueles casos en que é Tiña máis/menos euros que dólares
recomendábel empregar CA É máis/menos san estudar que folgar
DO QUE Obrigatorio Cando o 2º termo da comparación é
un verbo en forma conxugada Émáis/menos alto do que parecía

(Mantemos a nota da páxina 118)

CONTRACCIÓNS DE CA + ARTIGO
Se despois da conxunción ca aparece un artigo determinado, a representación é a que
segue: ca o(s), ca a(s).
Máis alta ca o teu irmán. Máis grande ca a man
Tamén se pode optar polo emprego das formas contractas: ca + o = có; ca + a = cá; ca +
os = cós; ca + ás = cás.
Máis alto có teu irmán. Máis grande cá man
Cómpre non confundir estas contraccións coas que se producen entre a preposición con
+ artigo: con + o = co; con + a = coa; con + os =cos; con + as = coas
Fun co teu irmá. Fíxeno coa man

(A partir de aquí poñemos todo o da páxina 119, coas seguintes reformas:)


(Referido aos superlativos absolutos, poñemos a seguinte nota:)
Superlativos absolutos
 Ás veces o sufixo –ísimo engádese á raíz culta da palabra e
non á patrimonial (antigo – antiquísimo; nobre – nobilísimo).
 Nos adxectivos rematados en –ble ou –bel, o superlativo
adquire sempre a terminación –bilísimo (amable ou amábel –
amabilísimo; tratable ou tratábel - tratabilísimo).
 En rexistros elevados, a formación do superlativo absoluto
sobre certos adxectivos realízase mediante a incorporación do
sufixo –érrimo (libre – libérrimo; célebre – celebérrimo).

(En FORMACIÓN DO SUPERLATIVO ABSOLUTO engadimos o seguinte entre


Anteposición de prefixos… e Repetición do adxectivo…)

Adición de sufixos como -ón, -iño, -echo, etc.: Xurxo está contentiño
Adxectivo + abondo: Xurxo está contento abondo

You might also like