You are on page 1of 6

O SUBSTANTIVO-O ADXECTIVO

O xénero
CLASIFICACIÓN MORFOLÓXICA
• 1. SUBSTANTIVOS DUN SÓ XÉNERO: o sal,a
peaxe… Son seres asexuados, xeralmente. Son
substantivos invariables.
• 2. SUBSTANTIVOS DE DOUS XÉNEROS SEN
FLEXIÓN: o/a trapecista; o/a artista….
• 3. SUBSTANTIVOS DE DOUS XÉNEROS CON
FLEXIÓN: con diferentes formas para formar o
femenino: mediante sufixos ou lexemas
distintos.
Todos os substantivos teñen unha marca xenérica, un xénero, pero non todos presentan
a posibilidade de alternancia xenérica. Así temos substantivos VARIABLES (neno/nena;
poeta/poetisa) e INVARIABLES (masculinos: libido, leite … ou femininos: pantasma,
calor…, que adoitan denotar seres non sexuados).

MASCULINOS FEMININOS
.Rematados en –O: miolo, fento, raio, pero: a dinamo, .Rematados en –A: vítima, sentinela,
a libido, a foto, a polio … testemuña,escolma, reuma, pantasma/ o
fantasma…, pero: o papiloma, o aroma, o
.Rematados en -ME/-UME: lume, friame, diadema … a/o encima.
legume, negrume, abdome, acedume, pelame
… pero: a mansedume, a servidume, a .Rematados en –AXE: Paisaxe, carraxe, viaxe…
síndrome, a fame,a podredume. pero:o traxe, o paxe, o garaxe, o/a personaxe.
.Maioritariamente os rematados en –ÉN: almacén, .Rematados en –SE: análise, crise, dose, paréntese ,
desdén, terraplén … ou graves: himen, dolmen, eclipse, a apocalipse…
pero: a roibén, a humedén, a mourén, a choquén, .Rematados en –TE.:Hepatite, farinxite, cute.
a rouquén, a carvén a coxén.
.Rematados en –TADE/-DADE: facultade,
.Maioritariamente os rematados en –L: varal, sinal, liberdade, universidade …
papel, mel, sal … pero: pel, moral, semifinal,
reitoral, espiral, patronal, bacanal … o cal/a cal .Xeralmente as rematadas en –OR: dor, calor,
(canle). suor, cor/color, pero: o labor.
.Nomes das letras do abecedario: o eme, o .Árbores froiteiras se o froito é feminino:
efe, o be … laranxeira, maceira, pereira… pero: castaña-
castiñeiro.
.Árbores froiteiras se o froito é masculino: limoeiro,
pexegueiro …pero: figo-figueira. .Os que comezan por Á-: alma, árbore, arte.
.Outros: nariz, dote, cárcere, fin (finalidade), .Outros.:Pagode, epígrafe, marxe, feluxe, peluche
térmite, diadema, masacre, riso, sangue, til, (boneco), fin (final), a fraude, a apóstrofe,
ubre, xiz, labor, leite… síndrome.
SUBSTANTIVOS-ADXECTIVOS VARIABLES
MECANISMOS PARA A FLEXIÓN XENÉRICA

O FEMININO dos nomes fórmase en xeral co morfema flexivo -A:


.Nomes rematados en consoante ou vogal tónica: pastor-pastora; avó-avoa
.Nomes rematados en vogal átona: xefe-xefa; mestre-mestra; neno-nena
.Nomes rematados en –N:

1. Rematados en –ÁN/-ÓN:
1.1. Cambian o –N polo morfema flexivo –A: ladrón-ladroa; león-leoa; irmán-irmá,
capitán- capitá
1.2. Engaden o morfema flexivo –A cando son aumentativos ou despectivos: faltón-
faltona; folgazán-folgazana. Pero: nugallán-nugallá.

2. Rematados en –ÍN engaden o morfema flexivo –A: pescantín-pescantina, pero: ruín (invariable)

3. Rematados en –ÚN cambian o N polo morfema flexivo –A: cervún-cervúa, cabrún-cabrúa,


vacún-vacúa, pero: euscaldún-euscalduna; común (invariable)

# En –ÉN só existe refén que é invariable.

# Casos especiais son GROU, XUDEU E SANDEU, que fan o feminino: GRÚA, XUDÍA e SANDÍA.
Mais tamén existen outros procedementos:

1- Distintas formas para o masculino e feminino: home-muller; macho-femia; cabalo-egua;


touro-vaca; carneiro-ovella; frade-freira; castrón-cabra…

2- Mediante o determinante (artigo, demostrativo, posesivo, indefinido …):o-a atleta; o-a


cónxuxe; o-a artista; o-a delineante ; o–a mártir…; o-a intérprete…

3- Engadindo sufixos ao lexema masculino:

- actor-actriz; emperador-emperatriz
- galo-galiña; rei-raíña
- heroe-heroína; tsar-tsarina
- duque-duquesa; abade-abadesa
- profeta-profetisa; sacerdote-sacerdotisa; poeta-poetisa

4- Engadindo as palabras macho ou femia. É o caso dos EPICENOS ( nomes referidos a


animais): un xabaril femia; a lebre macho; un xílgaro femia; a aguia macho …
VALOR SEMÁNTICO DO XÉNERO

Ademais de indicar sexo (home-muller; can-cadela; gato-gata; mestre-mestra …), o xénero tamén serve
para sinalar outros valores nos seres non sexuados:

1- A designación de obxectos distintos ou con distinta función: o prato-a prata; o zapato-a


zapata; o caldeiro-a caldeira; tixola-tixolo …

2- Distinción individual-colectivo (masculino=indiv./feminino=colectivo) : ovo-ova;


gran-gra; leño-leña; froito-froita

3- Diferenzas de tamaño, empregando normalmente o feminimo para indicar maior tamaño: cancelo-
cancela, cesto-cesta; horto-horta; agro-agra; carballo-carballa; pero tamén ao revés: machado/a

4- Diferenza de capacidade (maior o femenino): pipo-pipa; cubo-cuba …

5- Cos nomes xeográficos, ás veces emprégase o masculino para designar un río e o feminino a
comarca bañada por el: O Limia/A Limia; O Ulla/A Ulla; O Arnoia/A Arnoia.

You might also like