You are on page 1of 17

O substantivo e o adxectivo

Tema 3
1. O substantivo. A súa caracterización:
- Desde o punto de vista semántico (significación): designa seres, conceptos, entidades e
obxectos do mundo extralingüístico.
- Desde o punto de vista morfolóxico (forma): consta dun ou varios lexemas (sdo. léxico)
e, eventualmente, de morfemas flexivos de xénero e número (sdo. gramatical) e de
morfemas derivativos.
- Desde o punto de vista sintáctico (función):
- Combínase con determinantes e adxectivos (modificadores) aos que lles determina o xénero.
- Pode ser substituído por un pronome.
- Funciona como núcleo do sintagma substantivo (/nominal), pode desenvolver as funcións de CD, Atributo, C.
Predicativo e, precedido de preposición, pode aparecer en CI, CC, C. Réx. e C. Ax.
1.1. A categoría de xénero
- Todos os substantivos presentan a categoría do xénero (son femininos ou
masculinos), pero non todos contan con flexión nesta categoría (é dicir,
non todos varían en función do xénero).
- Na maioría dos substantivos o xénero é arbitrario, así que para saber se un
substantivo é masculino ou feminino temos que ver a concordancia que
establece cos seus determinantes e modificadores (a torre alta, o lapis
afiado).
- Nos seres animados (persoas e animais) o xénero é natural, varía segundo o
sexo (macho/ femia); nos seres inanimados ou conceptos abstractos o
xénero é gramatical.
- O xénero serve para clasificar os substantivos en clases mórficas (función
clasificadora: masc./ fem.), pero tamén pode levar asociado determinado
valor semántico (función distintiva):
- O masculino pode indicar maior tamaño (ou diferenzas na forma) (cesto/ cesta).
- O feminino pode indicar maior tamaño (saco/ saca, horto/ horta, leiro/ leira, agro/ agra).
- O masculino pode facer referencia ao individual e o feminino ao colectivo (froito/ froita (tamén
pode ser ind.), madeiro/ madeira, gran/ gra).
- Poden facer conlevar un cambio importante do seu significado: o cólera, a cólera; o cal, a cal;
o terminal, a terminal.
- Cando os substantivos se refiren a seres humanos convén usar expresións
que fagan alusión ao colectivo sen distinción de sexo (linguaxe inclusiva):
xente, alumnado, profesorado, mocidade…
1.2. Particularidade morfolóxicas do substantivo:

● Substantivos cunha soa forma:


○ O artigo indicaranos o xénero (o prato, a aula).
○ Con moitos animais empregaremos macho/ femia (epicenos).

● Substantivos con dúas formas:


■ Utilizan desinencias/ morfemas distintos:
● Masc.: -o, -e,
● Fem.: -a, -ina, -esa, -isa, -triz
■ Utilizan palabras distintas para o masculino e o feminino (heterónimos):
● cabalo/ egua; xenro/ nora; pai/nai
1.2.1. Clasificación do substantivo segundo a variación de
xénero:
a) Substantivos dun só xénero: a casa, a cama, a auga, o aire…
b) Substantivos epicenos: nomes que tendo xénero gramatical só masculino ou só feminino
poden designar indistintamente seres de sexo masculino ou feminino. Nestes casos, a
concordancia faise co xénero gramatical do epiceno e non co xénero real ou pode
recorrerse a algunha especificación como o uso do adxectivo “macho”/ “femia”: o corvo
(macho/ femia), o piollo (macho/ femia), o xurelo (macho/ femia), a cobra (macho/ femia), a
serpe, a araña… Tamén hai algún epiceno de persoa: a testemuña, a criatura, a vítima…
c) Substantivos de dous xéneros sen flexión (substantivos de xénero contextual): o/a
trapecista, o/a violinista, o/a artista, o/a cómplice, o/a herexe, o/a mártir, o/a xerente, o/a
estudante, o/a burócrata, o/a soldado… Adoitan ser substantivos rematados en -ante, -ista
e -ata.
d) Substantivos (e adxectivos) de dous xéneros con flexión:
- Masculino rematado en -o/ -e átonos → muda para -a (amigo/a, mestre/
mestra…). Nos adxectivos os rematados en -e quedan igual (elegante).
- Masculino rematado en -ó tónico → engaden -a (avó, avoa).
- Masculino rematado en consoante distinta de -n→ engaden -a (xuíz/ xuíza,
labrador/ labradora, deus/ deusa…).
- Masculino rematado en -n:
- rematados en -án → cambian a -á (irmán/ irmá) ou -ana se teñen matiz despectivo (pailán/
pailana, lacazán/ lacazana). Agás: nugallá, truá, marrá, rufiá, malsá, insá, barregá, va.
- rematados en -ón → cambian a -oa (campión/ campioa) ou -ona se teñen matiz despectivo
(lambón/ lambona).
- -ún (pouco frecuente)→ -úa/ -una (vacún/ vacúa, cabrún/ cabrúa, cervún/ cervúa, euscaldún/
euscalduna).
- rematados en -ín → muda para -ina (bailarín/ bailarina, galopín/ galopina, lampantín/
lampantina).
1.3. Substantivos que presentan a miúdo interferencias do
castelán no xénero

● Substantivos femininos:
○ Interferencias frecuentes: a acne, a apocalipse, a calor, a orde, a desorde, a fraude, a orixe, a
ponte, a pube, a reuma, a síndrome, a suor…; algunhas que comezan por a- (a acta, a arte, a
alma, a aula, a aguia, a arma, a auga…); moitos substantivos rematado en -se (análise,
apocalipse, énfase…)
○ Moitas árbores froiteiras.
○ As palabras rematadas en -axe, -ixe e -uxe (a porcentaxe, a vertixe, a ferruxe); agás traxe,
paxe e garaxe. Por outra parte, personaxe pode ser fem. ou masc.
● Substantivos masculinos
○ Teñen xénero masculino: o acedume, o contrasinal, o couce, o diadema, o dote, o fel, o labor,
o leite, o masacre, o mel, o nariz, o paradoxo, o sal, o sangue, o til…
○ Os nomes das letras.
○ A maioría de nomes rematados en -me: o cume, o costume, o legume, o pesadume…
Excepto: a síndrome, a mansedume, a servidume…
1.4. A categoría de número
● A categoría de número expresa unha oposición entre o singular (un individuo) e o
plural (varios individuos).
● O singular non ten morfemas identificativos; o plural emprega -s, -es ou -is.
● Segundo a forma de marcar o número podemos dividir os substantivos en
substantivos con flexión e substantivos sen flexión.
○ Substantivos con flexión de número: pode referirse a un ou a varios elementos e contan cun morfema
de número para o plural.
○ Substantivos sen flexión de número: úsanse só en singular ou só en plural.
■ Só en singular (singularia tantum): plebe, cénit, saúde, os puntos cardinais…
■ Só en plural (pluralia tantum): cóxegas, nupcias, víveres, finanzas, celos…

_____ ______
● Caso á parte son os duais léxicos (pantalóns, tesoiras, alicates), nomes de obxectos
dobres que poden referirse a un elemento ou a varios.
1.4.1. Morfoloxía dos substantivos con flexión
1.5. Clasificación semántica do substantivo
● Os substantivos pode ser comúns ou propios.
○ Os propios clasifícanse en topónimos ou antropónimos.
○ Os comúns poden ser abstractos ou concretos.
■ Os concretos divídense en non contables e contables.
● Os contables poden ser individuais ou colectivos.
2. O adxectivo. A súa caracterización
● Desde o punto de vista semántico, os adxectivos expresan características
dos elementos designados polos substantivos aos que acompañan ou se
refiren.
● Desde o punto de vista morfolóxico, están formados por un ou varios
lexemas e, facultativamente, por un ou varios morfemas flexivos (xénero e
número) e derivativos (prefixos e sufixos). O adxectivo concorda co
substantivo ao que se refire.
● Desde o punto de vista sintáctico, no seo do sintagma/ frase adxectiva, o
adxectivo é o núcleo; no seo do sintagma/ frase substantiva, o adxectivo
modifica o significado do substantivo (MOD.). Por outro lado, no seo da
oración, se o verbo é copulativo, o adxectivo terá a función de núcleo do
Atributo, e se o verbo é predicativo, terá a función de núcleo do CPVO.
2.1. A flexión do adxectivo
● A flexión de número é a mesma que a dos substantivos. (Existen adxectivos
invariables rematados en -s (chafullas, larafuzas)).
● Canto á flexión de xénero, podemos distinguir dous tipos:
○ Adxectivos cunha única forma para feminino e masculino: breve, veloz, azul, superior…
○ Adxectivos cunha forma para o masculino e outra para o feminino. Seguen as normas do
substantivo.
2.2. A gradación do adxectivo
As calidades expresadas polos adxectivo presentan distintos graos de
intensidade:
● Grao positivo: expresan unha calidade sen comparala nin intensificala.
● Grao comparativo: compara a calidade atribuída a un elemento en relación
a outros termos que tamén a posúen. Poden ser:
○ Comparativo de igualdade
○ Comparativo de inferioridade
○ Comparativo de superioridade

Os adxectivos mellor, peor, maior, menor, superior e inferior son


comparativos en si mesmos, polo que non admiten outras marcas de grao
comparativo. Excepción: tan maior coma (se fai referencia á idade).
● Grao superlativo: a calidade indícase no seu grao máximo ou mínimo.
○ Superlativo relativo: destácase a calidade no seu grao máximo ou mínimo dentro dun
conxunto.
■ Artigo + adverbio de cantidade + adxectivo: É a máis alegre da familia.
■ Artigo + comparativo sintético (mellor, peor, maior, menor): É a maior da familia.
○ Superlativo absoluto: calidade en grao máximo sen comparación. Ten dúas formas:
● Foma sintética: mediante os sufixos -ísimo, -érrimo ou mediante algún prefixo
(super-, ultra-...). É tristísimo, paupérrimo, superalegre…
● Forma analítica: adverbio (moi/ ben/ sumamente…) + adxectivo ou mediante a
repetición do adxectivo. Moi alegre. É alegre, alegre.
Os adxectivos óptimo, pésimo, supremo, ínfimo, máximo e mínimo son superlativos sintéticos por si
mesmos.
2.2.1. Uso de ca e coma fronte a como e do que
Nas construcións comparativas e nas de superlativo relativo estas partículas
empréganse do seguinte modo:

● COMA e CA úsanse sempre antes de pronomes persoais.


● COMO e DO QUE utilízanse cando o segundo termo é un verbo conxugado
ou unha oración.
● Nos demais casos, poden empregarse indistintamente (pero convén priorizar
COMA e CA).

You might also like