You are on page 1of 9

PRONOMES PERSOAIS

1. Os pronomes persoais
Os pronomes persoais son palabras con significado gramatical que designan
as tres persoas do discurso (P1, P2 e P3) e que poden substituír diferentes
unidades do contexto (nomes, oracións, frases, …) e ter diversas función
sintácticas (SUX, CD, CI, CC, …)

O primeiro criterio de clasificación dos pronomes persoais é a súa


tonicidade. Así temos unha serie tónica formada polos pronomes que levan
acento de intensidade e polo tanto poden constituír grupo fónico. Hai tamén
unha serie átona, formada polos pronomes que ao carecer de acento de
intensidade acompañan un verbo para constituír con el o grupo fónico. Polo
tanto, van sempre antes do verbo (posición proclítica) ou despois do verbo
(posición enclítica).
As formas dos pronomes persoais tónicos:

Persoa Suxeito Oblicuo libre Oblicuo ligado


1ª eu min comigo
2ª (T) ti ti contigo
2ª (V) vostede vostede consigo
3ª el, ela el, ela, si consigo
4ª nós nós connosco
5ª (T) vós vós convosco
5ª (V) vostedes vostedes consigo
6ª eles, elas, si eles, elas, si consigo

Algunhas particularidades da serie tónica:


1. Eu só se utiliza como suxeito. Detrás de preposición ou conxunción
o pronome P1 é min: Veu detrás de min porque é máis rápido ca min
2. Nosoutros / nosoutras e vosoutros/ vosoutras: son formas de plural
exclusivo, xa que se refiren a un grupo pechado que inclúe eu (ou ti) coñecido
polo oínte, polo que quedan excluídos todos os individuos que non pertenzan
a ese grupo: Nosoutros os de segundo aprobaremos a selectividade
3. Nós e vós (plurais inclusivos) poden empregarse en todos os
contextos
4. El, ela, eles, elas, contraen coas preposicións de / en: A
decisión foi delas. Apóiase nel canto quere
5. A forma elo. No galego antigo existía a forma pronominal neutra elo
que pervive na actualidade en expresión como estar a elo. O uso actual desta
forma é un arcaísmo e na lingua moderna foi substituída polos demostrativos
neutros, iso, isto, aquilo. Daquela no canto de *por elo, debemos utilizar por
iso.
6. Outros valores de el:
- Pleonástico: ou sexa, innecesario, cun valor expresivo ou
enfático e referido a un substantivo co que non concorda: El era unha cousa
extraordinaria
- Reforzo de interrogación: aparece inmobilizado e non ten
función sintáctica: El serán capaces de nos deixar aquí?
- Marca de suxeito en oracións impersoais: El vai un frío de
neve; El haberá trinta anos que veu; Onde el vai que pasou iso!
7. Determinadas formas tónicas do pronome persoal poden adquirir
valores especiais:
- Nós por eu (plural de modestia): o emisor réstase importancia
dando ao afirmado o carácter de colectivo. Realizamos o traballo = Realicei o
traballo
- Nós por eu (plural de maxestade): forma utilizada polos
xerarcas para emitir as súas mensaxes coma se o fosen tamén do seus
súbditos, Nós, el Rei…
- Nós complexivo: o emisor faise partícipe ou solidario co
receptor. Como estamos? = Como estás?
Ti por eu : o emisor presenta certo distanciamento e implica ao
interlocutor. Cando non entendes, calas = Cando non entendo, calo
- El /ela por eu: fórmula xurídica. Don Xosé… con DNI…. Expón..
Pronomes persoais átonos
SERIE 1ª persoa 2ª persoa 3a persoa
ÁTONA singula plural singular plural singular plural
r o/lo/no as/los/nos
CD/Acus. te a/la/na as/las/nas
me nos vos
(se) (se)
CI me nos che vos lle lles, (se)
/Dativ. particularidades:
Algunhas
1. As formas de 3ª persoa fan referencia á segunda persoa no
uso de cortesía: A vostede había moito tempo que non o vía, Se lle vén ben
facermo para mañá, agradézollo.
2. As formas de acusativo de 3ª persoa presentan tres formas
que teñen a seguinte distribución:
a) - LO(S), -LA(S) utilízase:
- Tras formas verbais rematadas en "-r" ou "-s" Vai mercalo todos os
días, Cóllelo e polo na pota.
- Unido aos pronomes átonos "nos", "vos" e "lles": Se non volo dá, non
llelo pidades que volo fago eu, Entregóunolo fóra de prazo.
- Tras os adverbios "u" e "eis" -Que colla os xornais? Ulos?, -Eilos, en
frante mesmo do teu nariz.
b) -NO(S), -NA(S) úsase tras verbos que rematan en ditongo
decrecente: Colleunas e marchou da casa, O pan partiuno coa mano
c) O(S), A(S) aparecen no resto dos casos. Non o atopou aínda. Cóllea
e pona aí
Estas mesmas formas CD de 3ª persoa contraen coas de CI das seis persoas.

Acusativo/ CD
O A OS AS
Dativo /CI
ME mo ma mos mas
cho
CHE cha chos chas

LLE llo lla llos llas

NOS nolo nola nolos nolas

VOS volo vola volos volas

LLES llelo llela llelos llelas


3. A distinción entre as formas lle (singular) e lles (plural) é pertinente
no galego actual
4. As formas átonas de CD de P3 non contraen nunca con preposición:
De as veres mañá, avísame.
5. Dativo de solidariedade e de interese
Estes pronomes non desempeñan ningunha función sintáctica
relevante, non reciben ningún "efecto» nin participan da acción verbal; de
feito, se se eliminan non se altera substancialmente o significado do
enunciado. O dativo ou pronome de solidariedade serve para implicar o
interlocutor no contido da enunciación procurando a súa complicidade;
quéreo implicar nos sentimentos ou feitos expresados, buscar a súa
solidariedade. Aparece só en rexistros coloquiais e denota certa afectividade;
ten valor estilístico pero non sintáctico por iso para descubrilo probamos a
eliminalo. Se a súa supresión non provoca agramaticalidade estamos ante un
Psol.

Un Varios
Formas
interlocutor interlocutores

Tratamento de ti che vos


Tratamento de cortesía lle lles
Como se pode ver no cadro anterior, para o dativo de solidariedade só
se poden usar as formas de 2a persoa:
Estache un día espléndido. Évos unha oportunidade boísima.
incluídas as de tratamento de cortesía:
Non lle sei se estará na casa. Sonlles uns rapaces moi educados.
Ás veces poden aparecer dúas formas de solidariedade no mesmo enunciado;
delas, unha ten que ser che:
Échevos unha oportunidade boísima. Non che lle sei se estará na casa.
Pode aparecer xunto con outros clíticos ou pronomes átonos; en calquera
caso, ocupa a primeira posición entre todos eles.
A min non che me gusta moito o fútbol. Cría que era seu mais non llo é
O dativo de interese serve para sinalar a persoa que resulta
particular e especialmente afectada pola acción verbal e as súas
consecuencias ou interesada nela. Presenta as formas átonas de CI en
calquera persoa gramatical (me, nos; che, vos; lle, lles):
Non me sexas mentireiro. Cando lles vivían os pais estaban mellor.
Pode aparecer xunto co dativo de solidariedade:
Paríucheme a cadela onte á noite. Marchóucheme un fillo
Tamén é frecuente a súa concorrencia cun pronome de complemento
indirecto:
Ao meu fillo pequeno non lle me gusta nada o peixe. Marchóulleme un fillo
E mesmo pode aparecer con ambos:
Ao meu fillo pequeno non che lle me gusta nada o peixe onde lle é CI, me
Dativo de interese e che Psolidariedade
A reflexividade
A reflexividade indica que a acción realizada polo suxeito non recae
sobre un obxecto ou persoa diferente senón sobre o propio suxeito. Na P1 e
P2 exprésase por medio das formas de acusativo e na P3 son diferentes. As
formas reflexivas do pronome persoal son as seguintes:
1ª persoa 2a persoa 3a persoa
Pronome
reflexivo singular
singular plural singular plural
e plural

sen preposición me nos te vos se

min nós ti vós si


con preposición comigo connosco contigo convosco consigo

Dentro das formas átonas merecen especial atención as formas


reflexivas. Cómpre separar SE naqueles casos en que pode conmutar
con me, te, nos, vos e aqueles en que unicamente pode darse se.
1. Me, te, se, nos, vos, se
a) Úsanse nas construccións reflexivas o que equivale a dicir
que o axente é tamén paciente; O suxeito é un ser animado que executa
unha acción sobre a súa persoa (reflexividade) do mesmo xeito que podería
executala sobre algo ou alguén externo a el (non reflexividade):
peiteeime/peiteino; o suxeito tamén pode animizarse: abriuse a porta,
fechouse a ventá.
Ex.:
- Ti vícheste reflectida no espello -- Ela viuse reflectida no espello
- Erguinme da cama -- Ergueuno da cama
- Carlos inclinouse-- Carlos inclinou o armario
O pronome reflexivo ten a función de complemento directo e
non son posibles en galego construcións reflexivas nas que a acción se exerza
unicamente sobre unha parte do suxeito; ou sexa, é incorrecto o uso de
formas reflexivas na función de CI cando na oración xa aparece un CD
expreso: Queimei un dedo -- *Queimeime un dedo; Lavou os dentes--
*Lavouse os dentes, *Cominme un caldo moi bo
b) As chamadas “formas reflexivas” úsanse tamén nas
construccións de reciprocidade, nas que dous ou máis actores se alternan
nos papeis de suxeito e obxecto, existe unha dobre dirección da acción. O
pronome recíproco vai en plural e pode ser CD ou CI se vai acompañado por
un CD. Ex: Nós ofendémonos--Ana e Pedro déronse bicos (se, CI, bicos:
CD)
c) As “formas reflexivas” tamén se usan con verbos que, en
todas as súas acepcións ou en parte delas, se constrúen cun pronome
reflexivo que carece de función sintáctica (verbos pronominais); é un
constituínte formal do verbo. Hai verbos que se constrúen sempre cun
pronome reflexivo ( atreverse, dignarse, apropiarse, suicidarse, queixarse,
arrepentirse,...); outros só nalgunhas construción sintácticas (esquecerse,
acordarse ) e noutros casos os verbos pronominais teñen un significado
distinto do que teñen sen ese constituínte (confesar-confesarse, rir-rirse,
volver-volverse, afogar-aforgarse, parecer-parecerse, dar-darse).

d) Con verbos que indican movemento, a presenza do pronome


reflexivo pode intensificar a participación do suxeito e a marcha progresiva
da acción: marchar / marcharse, ir / irse. A forma con reflexivo indica unha
marcha máis definitiva, co cal é unha variante das formas pronominais
e) Con verbos estativos como estar e quedar;
estarse=permanecer, quedarse = morrer, poñerse quedo.

2. SE (na oración a forma SE precede a todas as demais)


1. Valor reflexivo: o pronome en función de CD ten o mesmo
referente que o suxeito: vestiuse na casa
2. Valor recíproco: Valor de CD ou CI (vid. Supra)
3. Formante de verbos pronominais: Sempre se queixa moito
4. A forma SE e ningunha outra das reflexivas únese a verbos en
terceira persoa de singular ou de plural en enunciados nos que o axente
queda indeterminado, porque non se coñece ou non se quere expresar. A
construcción pode ser activa ou pasiva:
4.1. A pasiva impersoal ou pasiva reflexa. Construción
pasiva formada polo pronome SE + un verbo en voz activa (en 3ª persoa
do singular ou do plural) que concerta co suxeito paciente e o axente non
se expresa:
Ex.:
Véndese casa-Cortáronse vinte piñeiros-- Cortouse un piñeiro—Nesas
hortas plántase millo—Nesas hortas plántanse patacas
4.2 A activa impersoal: construción na que o verbo está
inmobilizado en terceira persoa do singular ( non hai suxeito). Na clase
falouse da sida. Algunhas estruturas da activa impersoal son:
- vb trans. + CD: auxiliouse ós feridos
- vb trans. sen Cd: En Galicia lese pouco
- vb. intrans.: Aquí trabállase arreo.
5. Conxunción SE:- completiva: Pregúntalle se vai vir;
comparativa: Fai coma se non oíse; condicional: se ves comigo doucho.

Colocación do pronome átono


Con independencia da posición que ocupe o elemento ao que fagan refe-
rencia, os pronomes átonos nunca poden comezar unha oración nin situarse
inmediatamente despois dunha pausa: *Cho xuro.
Polo tanto, a posición non marcada é a posposta ao verbo (enclise). A
anteposición (proclise) prodúcese pola influencia doutros elementos da
oración. Así, o pronome vai en posición proclítica nos seguintes casos:
- En oracións negativas ou introducidas por adverbios, pronomes ou con-
xuncións con este valor. Non nos deu as grazas, Ninguén cho xurou, Nin me
queres nin te quero.
- Con pronomes interrogativos ou exclamativos. ¡Como o puxestes aí?, ¡Que
o faga el!
- En oracións desiderativas. ¡Quen me dera! ¡Deus o faga mellor!
- En oracións subordinadas; pero se hai suficiente distancia respecto ao
nexo, son posíbeis as dúas posicións. Din que se coñeceron, se namoraron e
se separaron .... Din que se coñeceron hai moitísimo tempo, cando aínda
eran nenos e vivían no campo; namoráronse ....
- Introducida por adverbios(acaso, seica, quizais, valaí) excepto algúns de
tempo (onte, hoxe) lugar (enriba, dentro) e modo (a miúdo…). Xa me
trouxo os libros, Aquí os tes/ aquí telos; logo cho conto/ logo cóntocho;
agora te atendo/aténdote agora
- Con algúns pronomes indefinidos (algo, bastante, calquera, todos,
ningún…) excepto "cada", "certo" e "varios". Nestes casos tamén é
importante a entoación da oración e a énfase que se faga no pronome.
Alguén o chamou pero Chamouno alguén e Algúns o chamaron / Algúns
chamárono, Cada día recó11eos na praza.
- Cando se tematiza unha unidade que normalmente non introduce a ora-
ción ou se lle dá énfase ao suxeito. Dúas veces llo dixo, El o quixo así.
- Con infinitivos e xerundios o xeral é a énclise. Ao atopalo deu11e a bolsa.
Pode haber próclise cando vai introducido por preposición. Antes de o co-
11er, dimo / Antes de co11elo dimo. Non se saíndo da norma/saíndose da
norma
- Coas perífrases verbais o pronome sitúase despois do auxiliar ou do auxi-
liado. Vaino chamar / Vai chamalo. No caso de haber un elemento de unión
entre ambos, tamén pode colocarse o pronome despois deste. T éñoo que
coller antes ca ti / Teño que collelo antes ca ti / Teño que o coller antes ca
ti.
Interpolacións: o que che eu diga; se che nunca deran o carné; Se mo
non dis; xa se un non fía

1. Localiza os pronomes tónicos


«Agarrei medo, pero de seguida pensei que sería unha visión e a min nunca
me asustara moito as visións nin os contos de medo, así que tratei de me
facer dono de min e agardar que aquilo pasase. Estivemos un pouco a nos
mirar un ó outro ata que da falou e dixo que me había levar ó inferno con ela,
pero que quería que aló no outro mundo fósemos un só e para iso eu habería
de chegar a formar parte indivisible dela.»
2.Localiza os pronomes átonos presentes no fragmento e explica a
súa colocación no texto e a súa función
«Pola mañá, cando me puxera en camiño, contaba con que só me restaban
dúas xornadas para chegar ó meu destino e nin a ausencia de sete anos de
andar por aquel es camiños fora quen de me desviar nunha pasada da
dirección correcta. Pero iso fora polo día que, aínda que es curo e
desagradable, permitía avanzar por eles con seguranza. Agora estaba na
certeza de me ter perdido e só procuraba un lugar de acubillo para pasar a
noite antes de que me tivese desviado moito.
Procuraba camiñar coa miña cabeza á par do cabalo para me protexer do
aire e da auga. Desta maneira andei moito tempo ata que ó lonxe me
pareceu ver unha luz. [ ... ].
Non tardei en situarme a unha distancia da luz que me permitiu identificala
como procedente do interior dunha casa.»
(Paco Martín, Cando petan na porta pola noite, Xerais, p. 12)
3. Localiza no fragmento de O marabilloso Mago de Oz todos os
pronomes de solidariedade presentes. Argumenta a túa resposta.
«-¿Quen son os Munchkins? -pregunto u Dorothy.
-Sonche as xentes que viven neste país do Leste, onde gobernaba a Bruxa
Malvada.
-¿E vostede é unha Munchkin? -inquiriu Dorothy.
-Non, pero son a súa amiga aínda que vivo no País do Norte.
Cando viron que a Bruxa do Leste estaba morta, os Munchkins enviáronme
de seguido un mensaxeiro e vin ó momento. Eu sonche a Bruxa do Norte.
-¡Arrenégote demo! -berro u Dorothy-. ¿De certo que é unha bruxa das de
verdade?»
6. Explica as diferencias entre os che presentes no texto.
«-Non cho sei -contestou11e- pero se que res podes vir comigo. E se Oz non
che dá uns miolos tampouco perdes nada por tentalo. Oh!, -non che lle teño
medo ningún- contestou o Espantallo-Non me pode mancar na palla. Déixame
que che leve o queipo; non me importa xa que non me podo cansar. Vouche
contar un segredo -continuou mentres camiñaba -só hai unha cousa no
mundo da que teña medo.»

You might also like