You are on page 1of 11

1.

- VERBOS
Déixovos esta ligazón para que practiquedes os verbos. Está fenomenal porque trae solucións.
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/verbo2.htm

2.- COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS NA FRASE


Os pronomes átonos poden ir diante ou despois do verbo, seguindo algunhas premisas:

1. O pronome átono non pode encabezar nunca unha frase.

2. Se a oración é negativa ou está encabezada por unha conxunción ou un adverbio, o


pronome anteponse. Con todo, algúns adverbios de lugar e de tempo non inflúen na
colocación do pronome, polo que a súa posición segue sendo de enclise (despois do verbo):

Sempre a vexo no mesmo sitio;

Xa llelo dixen a todos;

Onte atopeino nunha feira.

3. O pronome vai diante do verbo cando a oración vai introducida por un pronome
exclamativo ou interrogativo:

Como o queres?

¡Quen mo dera!

4. En oracións subordinadas o pronome irá sempre diante do verbo: díxenlle que o

deixase onde o atopou.

5. Cando se trata de perífrases verbais ou construcións de verbo conxugado seguido de


infinitivo ou xerundio, o pronome átono pode ir despois do verbo conxugado ou despois do
infinitivo:

Venme ver mañá pola mañá / ven verme mañá pola mañá.
6. Se entre a forma verbal conxugada e a forma nominal hai unha partícula de enlace temos
tres posibilidades de colocación:
Acabouno de escribir / acabou de escribilo / acabou de o escribir.

3.- ELO
Reparade:
http://www.crtvg.es/informativos/ollo-cando-digas-elo-digochoeu

4.- COMO NORMA XERAL, O COMPLEMENTO DIRECTO NON LEVA PREPOSICIÓN


'A' EN GALEGO.

Forma correcta: O lobo matou a ovella.


Forma incorrecta: O lobo matou á ovella.

Pero hai casos en que a preposición é necesaria para que o significado da frase quede máis claro.
Normalmente, isto ocorre cando o complemento directo ten o trazo de humano.

Uso obrigatorio da preposición:

• Cos pronomes persoais tónicos, co pronome de indeterminación un, co


pronome todos ou todas referido a persoas, co identificador calquera cando é autónomo e fai
referencia ao trazo de humano, na construción un a(o) outro e nas comparacións entre
complementos directos:
- Mirouna a ela e marchou. (Distinto de: Mirouna ela e marchou.)
- Non o queren a un por ser vello. (Distinto de: Non queren un por ser vello.)
- Vimos a todas camiñando polo campo.
- Para este posto non van aceptar a calquera. (Distinto de: Para este posto non van aceptar calquera
secretaria.)
- Pasaron a mensaxe uns a outros. (Ou tamén: Pasaron a mensaxe uns aos outros.)
- Criou tan ben os fillos coma ás fillas.

• Cos nomes propios de persoas:


- Saudou a María na praia / Trouxo a Roi para a casa.

Con respecto ás perífrases, como di Pilar non levan preposición a.

5.- O ARTIGO
É un morfema deíctico actualizador e presentador dun substantivo. Podemos distinguir oartigo

determinado fronte ao indeterminado.

1 .- ARTIGO DETERMINADO:
Presenta un obxecto coñexido polo falante e polo ouvinte. As súas fomas son:

O/ -LO A/ -LA
OS/ LOS AS/LAS

É obrigatorio o uso da segunda forma do artigo (-lo, la, los, las) despois da preposición “por” polo,
pola, polos, polas) e do adverbio de lugar “u”(ulo, ula, u-los, u-las).
Así mesmo, o artigo pode contraer coas seguintes preposicións;

O A OS AS
A ao/ó á aos/ós ás

CON Có Coa Cos Coas

DE Do Da Dos Das

EN No Na Nos Nas

2. ARTIGO INDETERMINADO:

Introduce obxectos descoñecidos para o falante e para o ouvinte. As súas formas son:

Un / Unha / Uns / Unhas

UN UNHA UNS UNHAS

CON CUN CUNHA CUNS CUNHAS

DE DUN DUNHA DUNS DUNHAS

EN NUN NUNHA NUNS NUNHAS

6-QUE SE VALORA NUNHA PROBA ORAL

Nas tarefas de oralidade valoramos catro puntos esenciais:

A adecuación á tarefa e ao rexistro. É dicir, que acheguedes información pertinente cun rexistro
adecuado á situación comunicativa.

2 A pronuncia, tanto a fonética como a prosodia. É dicir, téñense que pronunciar todas as
realizacións fonéticas e o ritmo e a entoación teñen que ser os axeitados (non prosodia de lectura).

3 A gramática. Avaliamos o dominio gramatical.

4 O léxico. Valoramos o léxico común e o específico.

Indicacións básicas de pronuncia

1 Realización das vogais abertas e fechadas.

2 Pronuncia do /x/.
3 Pronuncia do n velar (o /n/ de "unha").

4 Realización das contraccións (a aglutinación "ao" lese sempre /o/; lembrade que moitas
preposicións contraen cos artigos, que moitos pronomes tamén contraen...).

5 Realización das segundas formas (/tirar a mazá teríase que ler como /tira-la mazá/, aínda que non
o escribamos como se le).

6 A entoación ten que ser a adecuada. Se estades facendo unha pregunta ten que soar a pregunta,
non a un enunciado.

7 Coidade os castelanismos: léxico, frases feitas, entoación, gramática...

7.- DISTINGUIR COMO E COMA


http://www.crtvg.es/informativos/sabes-distinguir-como-e-coma-digochoeu

8.- PECULIARIDADE DALGÚNS INDEFINIDOS


Reparade:
Ambos e ambas esixen a presenza do artigo cando funcionan como determinantes:
Visitaron os campus de Esteiro e Serantes ambos os directores do departamento de I+D de
Navantia.
Conseguimos un acordo de colaboración entre ambas as vicerreitorías.
Os identificadores mesmo(s), mesma(s) non teñen valor anafórico.
Fixo o balance do estado das obras e da execución *das mesmas.
Fixo o balance do estado das obras e da súa execución.
9.- AÍ, AHI, AI o HAI
http://www.crtvg.es/informativos/non-confundas-ai-ai-e-hai-digochoeu
10.- CONTRAER CA,
http://www.crtvg.es/informativos/aprende-a-contraer-ca-sen-tolear-digochoeu

11.- CASTELANISMOS.
Os castelanismos son a consecuencia directa da convivencia entre galego e español, constitúe un
préstamo inxustificado, xa que despraza expresións galegas lexítimas en beneficio das
correspondentes castelás.
Relacións dalgúns dos castelanismos que teñen unha maior presenza no galego:
1. Pronuncia alveolar do < -n>: Non é un amigo meu. Era unha inxustiza. Non tiña ningunha
présa.
2. Despalatalización do x = [∫]. Cómpre non confundir esta despalatalización coa que se
produce a nivel dialectal. Xuntanza, feixe, frouxo…
3. Distinción de cinco fonemas vocálicos no cando de sete. En galego temos un o e un e aberto
e pechado: Oso (animal) / óso (esqueleto) Présa (“apuro”) /presa (presada, encoro…)
4. En relación ao xénero dos nomes temos as seguintes interferencias: *o auga, *a efe, *o
paisaxe… A explicación nos exemplos que sinalei é a seguinte, pero hai moitos máis: No
caso de auga, no galego non hai cacofonía, polo tanto debemos escribir o artigo en feminino
aínda que a palabra comece pola mesma vogal “a auga”. O nome das letras é feminino “o
efe, o gue, o xe, o eme… Teñen xénero feminino case todas as voces acabadas en -AXE: a
chantaxe, a porcentaxe, a paisaxe, a viaxe... Non cumpren esta regra e teñen, polo tanto,
xénero masculino: garaxe, paxe e traxe. Pode utilizarse indistintamente nos dous xéneros:
o/a personaxe.
5. En relación ao número dos nomes tamén se cometen erros por interferencia do castelán:
*animales, *israelíes, *tabúes … A forma correcta dos exemplos anteriores sería, seguindo
as normas de formación do plural (véxase o resumo gramatical): animais, israelís, tabús
6. Outra interferencia moi habitual é a que se dá no uso dos demostrativos: Por unha banda, é
moi frecuente empregar os demostrativos neutros *esto, *eso, *aquelo no canto das formas
correctas con i : isto, iso e aquilo. Ademais, tamén adoptamos as formas *estos, *esos cando
deberiamos utilizar a forma propia do masculino: estes, eses, aqueles.
7. Nos relativos atopamos erros como o uso da forma *quenes > quen (sempre é invariable) e
da forma *cuio > cuxo (cuxo, cuxa, cuxos, cuxas).
8. Nos verbos hai interferencias do seguinte tipo:
9. Conxugación de verbos da segunda conxugación como se fosen da terceira: *batir > bater,
*convertir > converter, *xemir > xemer, *exprimir > espremer…
10. Conxugación de verbos da terceira conxugación como se fosen da segunda: *toser > tusir. -
Formación de tempos compostos co verbo haber como auxiliar: *había feito > fixera, *hei
dito > dixen
11. Verbos conxugados como reflexivos ou pronominais: *caerse, *calarse, *morrerse… (O
neno caeu pola escaleira).
12. Conxugación de verbos regulares acabados en vogal + < -cer, -cir> como irregulares no
presente e no tema de pretérito: *aparezco > aparezo, *conduxen > conducín, *produxera >
producira, *traduxo > traduciu…
13. Conxugación de verbos regulares como irregulares no futuro e no pospretérito: *pondría >
poñería, *querría > querería, *tendrei > terei, *valdrei > valerei…
14. Outras formas regulares e irregulares: *haia > haxa, *iba > ía, *supen > souben, *valgo >
vallo…
- Algunhas interferencias sintácticas:
1. Confusión dos pronomes persoais átonos de CD cos de CI: *Vinlle de lonxe > Vino de
lonxe. -Anteposición do pronome persoal átono cando corresponde unha colocación
posposta: *che poño > póñoche, *cho xuro > xúrocho…
2. Emprego da preposición a no CD de persoa ou na perífrase ir + infinitivo: *Visitamos ao
médico > Visitamos o médico, *Vou a facer o exame > Vou facer o exame…
3. No léxico atopamos unha morea de interferencias: *baraxa > baralla, *conexo > coello,
*lexos > lonxe, *parexa > parella, *iglesia > igrexa, *lechuga > leituga, *miércoles >
mércores, *salir > saír, *sonar> soar. Hai un tipo de castelanismo léxico que aos que se lles
atribúe un significado propio do castelán e que, en si, non é incorrecta: roxo (por vermello),
xugo (por zume), cumprir anos (por facer anos)…
4. Por último, sinalo os castelanismos pragmáticos, marcadores discursivos que non son
correctos no galego: *bueno, *hombre

12-. GRAMÁTICA COMPARATIVAS


COMPARATIVAS

Igualdade: tan / tanto ..... como / coma María é tan alta coma Pedro
Superioridade: máis ...... ca / que / do que María é mais alta ca Pedro
Inferioridade: menos ....ca / que / do que María é menos alta ca Pedro

1. CA pode contraer ou non co artigo (CÓ, CÁ, CÓS, CÁS = CA O, CA A, CA OS, CA AS: É
mais delgado cós / ca os / que os irmáns
2. Sempre que temos CÓ, CÁ, CÓS, CÁS é posíbel CA O, CA A, CA OS, CA AS e QUE O,
QUE A, QUE OS, QUE AS: É máis alta cá > ca a a / que a amiga
3. CA só contrae co artigo; nunca coa preposición a nin coa contracción ó/ao, á, ós/aos, ás
Quero mellor ir a París ca a /que a Londres Quero mellor ir á Coruña ca ao/que ao Irixo
Ollo! ao revés non, porque a pode ser preposición, e esta non contrae: Gústame máis ir a
París que a / ca a Londres (pero non *cá)
4. As únicas contraccións co artigo que se acentúan son as de ca + artigo (có, cá, cós, cás) e a
de a + artigo (ó, á, ós, ás).
5. A contracción de con + artigo é co, coa, cos, coas; polo tanto é incorrecto dicir "Foi *cas
amigas ao cine". Ca é conxunción comparativa, e cá, cás contracción comparativa.
6. Meirande significa maior en tamaño (e non maior en idade), e compara nomes concretos (A
mesa da directora é meirande ca / que esta).
É incorrectodicir *a meirande parte.
13-. MÁIS e MAIS
Ola,
Póñovos aquí unha aclaración ortográfica con exemplos. Vexo nas vosas tarefas que non o tedes
moi claro.
Máis (con acento gráfico): (adverbio de cantidade) :
Quero comer máis caldo.
Cheguei máis tarde do que pensaba porque non encontraba as chaves da casa.
Mais (sen acento gráfico): equivale á conxunción pero :
Estou escoitando todo o que dis mais ben sei que mentes.
Chove moito mais quere saír igual.

E mais (sen til): é o reforzo da conxunción copulativa e:


Ti e mais eu facemos un bo equipo.
Sonia e mais a amiga gañaron varios premios de fotografía
14.- OS POSESIVOS
Achegan significados de posesión ou pertenza referidas á persoa.

Formas:
Un posuidor: meu(s), miña(s); teu(s), túa(s); seu(s), súa(s)
Varios posuidores: noso(s),nosa(s); voso(s), vosa(s); seu(s), súa(s)
1. Túa(s) e súa(s) levan sempre acento gráfico: a túa voz, esa voz é súa.
2. Cando precede a un substantivo esixe a presenza do artigo, pero
2.1. O uso é facultativo cos nomes de parentesco, sen diferencia no significado pola súa
presenza ou ausencia: meu irmán / o meu irmán. A súa presenza aumenta conforme se distancia o
parentesco, sobre todo se é descendente: (o) meu pai non está (adoita non levar artigo), pero os
meus sobriños non están (é de uso normal, con artigo)
2.2. Cos vocativos e exclamativos non se utiliza artigo: ven acó, meu fillo!
3. As formas de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu usámolas con tres
posibles significados:
- propiedade exclusiva: temos moto de noso;
- algo que forma parte da propia natureza: Sempre foi enxeñoso de seu;
- algo que sucede por si mesmo: o cadro caeu de seu.
4. As formas cadanseu(s) e cadansúa(s) teñen valor distributivo (distribúen, equitativamente, igual
número de obxectos entre varios posuidores):
teñen cadanseu teléfono,
comían cadansúa mazá,
comían cadansúas (varias cada un) mazás.
Non confundir con cadaquén, cada un.
Na nosa fala escoitamos as variantes *cadenseu e mesmo *quedenseu.
5. A forma feminina do posesivo precedida de preposición é equivalente a preposición mais de mais
pronome persoal: diante de ti vai o can: diante túa vai o can.

6. Outros usos especiais:

•os meus, os teus… para referirse á familia: os meus foron ao balneario.

•o meu, o teu, o seu para referirse a


- no que se está capacitado: o meu é a música, o teu o deporte;
- algo no que se ten interese especial: cada un anda ao seu;
- o punto óptimo: volver ao seu, non está no seu.
- o que nos correspondía: nós xa fixemos o noso;
- abondo: choveu o seu, bebiches o teu.

•as miñas, as túas, as súas para referirse a


- cousas propias dunha persoa: xa anda facendo das súas.
- penalidades, traballos: xa pasei as miñas.

•Meu pode ter un valor de apelativo cariñoso para unha persoa de confianza: Ola, meu, imos
dar unha volta?

15.- CÁ E QUE

http://www.crtvg.es/informativos/sabes-distinguir-que-e-ca-digochoeu

16.- CHE/TE

O pronome persoal USOS

a) Distinción CHE/TE

En galego existe unha diferenza de función entre as formas CHE e TE.

- A primeira delas -CHE- actúa sempre como obxecto indirecto:

Xa che dei as mazás que pediches.

Levareiche o que queiras.

Falareiche del noutra ocasión.

- TE, polo contrario, ten a función de obxecto directo:


Quérote moito, xa o sabes.

Vinte onte pola rúa.

Vaite axiña.

ATENCIÓN: -A efectos prácticos de distinción,

1) usaremos CHE sempre que poida ser substituído na frase polo pronome de 3ª persoa
(LLE):

Levareiche o coche (Levareille o coche)

Conteiche un conto (Conteille un conto)

2) Usaremos, polo contrario, TE sempre que poida ser substituído por un pronome de 3ª
persoa (O):

Vinte no cine (Vino no cine)

Quérote moito (Quéroo moito)

Loxicamente no 1º caso resulta impensable:

*Levareio o coche.

No 2º caso resulta, así mesmo, impensable:

*Vinlle no cine.

b) Distinción LLELO/LLO. En galego é normativa a distinción entre LLELO (llela, llelos, llelas)
e LLO (lla, llos, llas) segundo se trate – no caso de Llelo- de varios posuidores ou - no caso de Llo-
dun único posuidor:

Levaréillelos a ese amigo teu.

Dareillo mañá a Carlos.

ATENCIÓN: A efectos prácticos, imos presentar un mesmo exemplo en todas as súas posibilidades:

A mazá deilla á nena.

As mazás deillas á nena [Nos dous casos hai un só posuidor (a nena) ]

A mazá déillela ás nenas.

As mazás déillelas ás nenas. [Varios posuidores (as nenas) ]


c) Cómpre lembrarmos que as formas do pronome persoal para a 3ª persoa no obxecto directo son
sempre: O, LO, NO (A, LA, NA; OS, LOS, NOS; AS, LAS, NAS) e nunca LLE, LLES, xa que
estas últimas pertencen ao obxecto indirecto.

ATENCIÓN: -Son inadmisibles, pois, frases como:

*Vinlle onte pola tarde.

*Vaia Vde. Espéranlle na oficina.

*Perdoe; xa sei que non lle avisei a tempo.

*Xa lle levei onde el quería.

-O correcto será, sempre:

Vino onte pola tarde.

Vaia Vde. Espérano na oficina.

Perdoe; xa sei que non o avisei a tempo.

Xa o levei onde el quería.

17.- PRETÉRITO DE SUBJUNTIVO, COPRETÉRITO DE INDICATIVO

Boa tarde,
Seguides confundindo o pretérito de subxuntivo e o copretérito de indicativo. Tomade nota:
Úsase o antepretérito (andara): Úsase o pretérito de subxuntivo (andase):
Para indicar unha acción pasada con Para indicar unha acción irreal que se produce simultánea
respecto a un momento que tamén é ou posteriormente a outra (esta pode ser presente, pasada ou
pasado: futura). Úsase en hipóteses, desexos, oracións
concesivas…:
 Aquela noite marcharan todos e
 Díxolle que estudase máis.
eu estaba soa na casa.
 Reclamaba que o Concello lle aboase os danos.
 Xa se foran todos cando el
 Comen coma se estivesen famentos.
chegou.
Correspóndese co castelán “habían  Se fósedes por alí non vos esquezades de llo pedir.
marchado” e “habían ido”.  Non creo que chegase aínda.
Para indicar cortesía, referido ao Hoxe en día tende a substituírse na fala pola forma en -ra
presente: (antepretérito), pero debe evitarse.
 Quixera pedirlle un favor.
 Quixera preguntarlle a súa
opinión.
Enfático, como unha especie de orde Como truco, pódese dicir que se no castelán é había cantado
irreal referida ao pasado, unha acción no galego é cantara, pero se no castelán se poden poñer as
que cumpriría ter feito: dúas formas, en -ra e en -se, entón no galego é “cantase”.
 Se non o fixeches, fixéralo.
Para expresar un desexo (en oracións Castelán cantara/cantase, “hubiera / hubiese cantado” “haya
exclamativas con quen): cantado” galego “cantase”.
 Quen o pillara! Quen me dera!
 Quen fora millonario!

You might also like