You are on page 1of 5

COLOCACIÓN DO PRONOME PERSOAL ÁTONO

O pronome persoal átono pode ter dúas colocacións posibles:

Énclise (despois do verbo e unido a el)


Próclise (antes do verbo)

1º A posición habitual é énclise, é dicir, o pronome átono debe colocarse por regra
xeral despois do verbo e unido a el. Tróuxencho

2º O pronome persoal átono NUNCA, ENDEXAMAIS pode comezar unha oración. É


un erro gravísimo comezar unha oración por un pronome átono.

CASOS DE PRÓCLISE
Para que o pronome vaia colocado antes do verbo debe darse algunha das
seguintes circunstancias.

- Estar nunha oración negativa. Non cho trouxen.


- Estar nunha oración desiderativa. Oxalá cho traia. Quen che dera.
- Estar nunha oración interrogativa ou exclamativa que vaia introducida por un
adverbio ou pronome interrogativo ou exclamativo. Quen cho trouxo? Cantos
che trouxo!
- Estar nunha cláusula subordinada ou na parte dunha oración bipolar que vai
introducida por conxunción (causa, consecuente, obxección, condicionante,
finalidade). Díxenlle que cho trouxera. Creo que cho traerá. Aviseino para
que cho trouxese. Se cho trae, avísame. Feliciteino porque cho trouxo.
Aínda que cho trouxo, xa era tarde. Acordouse a tempo, así que cho trouxo.
- Que a oración vai encabezada por un indefinido e algúns adverbios como
sempre, só, seica, tamén, xa, axiña, bastante, máis, mesmo, nada… Tamén
cho trouxeron. Seica cho trouxeron. Axiña cho traen. Sempre cho traen. Só
che trouxeron un.

OBSERVACIÓNS
- Coidado cos adverbios de lugar e tempo: onte, hoxe, mañá, aquí. alí… con
estes o pronome vai na súa colocación normal, é dicir, en énclise. Mañá
traeranche o traballo. Alí deixáronche uns traballos.
- Coidado coa énfase. Ás veces, se o falante quere enfatizar unha palabra
pode poñer o pronome en próclise. Alí chos deixo (o falante quere incidir no
lugar onde os deixa). Tranquilo, home, hoxe chos dou (o falante quere incidir
en que será hoxe e non outro día).
- Cando un elemento que normalmente aparecería despois do verbo aparece
anteposto o pronome normalmente tamén se antepón. Os libros chos trouxo
Marta pola mañá. (Tamén admitiría a colocación en próclise, depende da
énfase).
- Hai certos adverbios que son polisémicos, por exemplo “logo”. Cando ten o
significado de “axiña” leva o pronome en próclise; cando significa “despois”,
vai en énclise. Logo nolo contan (axiña, deseguido). Logo cóntannolo
(despois, máis tarde).

COLOCACIÓN DO PRONOME NAS PERÍFRASES E COMPLEXOS VERBAIS

Despois do verbo non conxugado (infinitivo ou xerundio) pode colocarse sempre.


Teño que traercho.

Respecto do verbo conxugado hai que ter en conta as regras de colocación antes
mencionadas. Téñocho que traer. Cando cho teño que traer? (interrogativa) Non
cho teño que traer (negativa)

Se a perífrase verbal ten un nexo (conxunción ou preposición) entre os dous verbos,


habería unha terceira colocación posible que sería entre o nexo e o verbo non
conxugado. A este tipo de colocación chámaselle interpolación.

Teño que cho traer.

EXERCICIOS
Como sempre, antes de facer os exercicios, asegúrate de que sabes de
memoria os casos nos que o pronome debe ir en próclise.

Explica a colocación dos pronomes átonos nas seguintes frases

1. Que a fortuna te acompañe o resto da vida!

2. Penso que non che dixo a verdade.

3. Oxalá te deixen vir á miña casa!

4. Dixo que lle non dera o pan.

5. Pampos quedaron ao velo daquel xeito.

6. Deus cho pague, eu non teño cartos hoxe!


7. O demo te leve, rapaz, mira que es trasfego!

8. Agora te atendo, non desesperes, muller.

9. Agora aténdote, non desesperes, muller.

10. Logo che fago o pedido que me encargaches.

11. Logo fágoche o pedido que me encargaches.

12. Marchei axiña porque me doía moito a cabeza.

13. A vida che entrego, compañeira dos meus días!

14. Iso me contou, non mentiu.

15. Paseino tan ben co libro que, se puidese, volvíao ler.

16. Aí o tes, podes collelo.

17. Aí telo máis á man, podes collelo.

18. Comeron todas as papas? Sobras lles quedaron!

19. Parecía que me non vira nunca.

20. Calquera cho pode contar mellor ca min.

21. O meu corazón che entrego, meu caravel!

22. Antonte mandeiche un correo electrónico.

23. Moitos fóronse porque a música era má, o local peor, e divertíanse pouco.

24. Pensaba que me non ía coller o viño todo no bocoi.

25. Despois pedireiche un favor.


Indicar todas as posibilidades de colocación correctas do pronome que vai
entre parénteses.

1. Nunca fun ver (o).

2. Meu pai pensaba destruír (a).

3. A moto podía correr máis (lle).

4. Xa deixou de arranxar (os).

5. Aquel día tiña que deixar (mo).

6. Non contaba con ver nese lugar (te).

7. É mellor deixar así (o).

8. Para que colla sabor, cómpre esmagar mellor (o).

9. Ía cantando unha fermosa balada (lle).

10. Estou pensando mellor (o).

11. Agora coido poder coller coa man (os).

12. Cantas veces intentei deixar de querer! (o).

13. Hai que deixar marchar cando queira (a).

14. Sempre foi arranxando como podía (cho).

15. Sería aconsellábel vender (o).

16. Debía de deixar traer á casa (as).

17. Xamais andou releando (nos).

18. Como desexaba entón poder doar! (os).

19. Cómpre recoller a tempo, vai chover (se).

20. Está a chover moito hoxe (che).


Colocar os pronomes persoais no lugar axeitado para que o enunciado teña
sentido.

1. Se ... conta... a min (mo) eu non ... vou... revelar a Xan (llo). Por que ... digo...
(cho)? Pois porque ...apetece... (me).

2. ...dixen ...(te ou che), ...dígo... (te ou che) e ...direi... (te ou che) que ... amo... (te
ou che), que ... amei... (te ou che) e ... amarei ... (te ou che) para o resto dos meus
días, miña parruliña!

3. ... contaron... (me) que ... puxeras... moi leda (te ou che) cando ... dixeron... (te ou
che) que ... tocara... a lotaría do Nadal (te ou che), ... tocou... pouco (te ou che),
mais algo ... tocou... (te ou che).

4. Mi madriña, ... saíu... a burra capada (te ou che) ... dixo...(lle) a nai ao fillo cando
... entregou... o boletín de notas falsificado (lle).

5. As redes sociais ... son... moito máis bonitas (te ou che) se ... pos... na nosa
lingua (as).

6. Non ... vaias... (te ou che), rianxeira, que ... vas... marear (te ou che). Di a cantiga
que tanto ... gusta ... (te ou che).

7. ... vou... comer... a bicos (te ou che), ... díxo... o pai ao seu bebeciño (lle)

8. A profesora ... mandou ... saír da clase (a) para que ... calmase... (se). Ela... fixo...
(o) e ...calmou... axiña (se)

9. ... vexo ... moi ben de saúde (a), María, ...nóta... ben (selle) que ... coida... decote
(se).

10. A nós ... gustan... as películas (nos) nas que non ... hai ... malos malísimos (che
ou te)

You might also like