You are on page 1of 3

Para isto precisamos os PRONOMES:

É unha categoría gramatical que nos permite substituír ós substantivos, por


esa razón se lle chama pronome (“no lugar do nome”).

DETERMINANTES PRONOMES

1.Demostrativos: esa muller vive 1.Demostrativos: esa vive lonxe.


lonxe.

2. Posesivos: o meu lapis está no 2. Posesivos: o meu está no estoxo.


estoxo.

3. Identificador: dáme calquera libro. 3. Identificador: dáme calquera.

4. Cuantificador: non teño ningún 4. Cuantificador: non teño ningún.


interese.

5. Numeral: merquei catro lapis. 5. Numeral: merquei catro.

6. Interrogativo: que dúbida tes? 6. Interrogativo: que tes?

7. Exclamativo: que parvadas me dis! 7. Exclamativo: que me dis!

Acabas de repasar que os demostrativos, posesivos, identificadores,


cuantificadores, numerais, interrogativos e exclamativos, non sempre
acompañan ós substantivos senón que os substitúen. Malia todo, hai outros
pronomes dos que aínda non falamos… Tamén serven para facer
substitucións, neste caso van aparecer no lugar das tres persoas do discurso:

1ª EMISOR/A
2ª RECEPTOR/A
3ª CONTEXTO EXTRALINGÜÍSTICO
OLLO! As formas de 3ª persoa cando levan diante as preposicións
DE e EN transfórmanse dando lugar a…

EL ELA ELES ELAS

DE DEL DELA DELES DELAS

EN NEL NELA NELES NELAS

OLLO!: cando o pronome persoal tónico vai precedido da preposición


CON, esta pode ir libre ou ligada ó pronome (neste caso non se debe ter en
conta a contracción da 3ª persoa coas preposicións DE e EN, que son sempre
obrigatorias).

-MIN: sempre que vai precedido de CON convértese obrigatoriamente en


COMIGO.

-TI: sempre que vai precedido de CON convértese obrigatoriamente en


CONTIGO.

-EL/ELA: cando vai precedido de CON pode adoptar a forma CONSIGO ou ben
CON EL/ CON ELA.

-NÓS: cando vai precedido de CON pode adoptar a forma CONNOSCO ou ben
CON NÓS.

-VÓS: cando vai precedido de CON pode adoptar a forma CONVOSCO ou ben
CON VÓS.

-ELES/ELAS: cando vai precedido de CON pode adoptar a forma CONSIGO ou


ben CON ELES/ CON ELAS.

As formas nosoutros/nosoutras e vosoutros/vosoutras:


Nalgunhas áreas de Galicia estas formas empréganse para facer referencia a
un grupo pequeno inserido nun grupo maior:
Nós (as xogadoras de baloncesto) gañamos nas competicións deportivas,
mais só vosoutras (as capitás da equipa) fostes recoller o premio.

You might also like