You are on page 1of 1

EXAME TEMA 1 E 2 LINGUA GALEGA

A SÍLABA: É cada un dos golpes de voz que facemos ó pronunciar unha palabra. Clasifícanse en
Sílabas tónicas (A que se pronuncia con máis forza) ou Sílabas átonas.

A SÍLABA TÓNICA: Segundo onde se encontre poden ser palabras:

- Agudas: A sílaba tónica é a última sílaba e levan til se rematan en vogal, n ou s.


- Graves: Se a sílaba tónica é a penúltima sílaba e leva til se non rematan en vogal, n ou s.
- Esdrúxula: Se a sílaba tónica é a antepenúltima sílaba e levan til sempre.

O HIATO: Son dúas vogais xuntas que se pronuncian en sílabas distintas.

O DITONGO: Son dúas vogais xuntas que se pronuncian na mesma sílaba.

A BIOGRAFÍA: É a narración da vida e obra dunha persoa en orde.

TIPOS DE DICIONARIO:

- Xerais: Nel atopamos as definicións das palabras.


- Sinónimos e Antónimos: Nel atopamos palabras que significan o mesmo ou o contrario.
- Bilingües: Nel atopamos a traducción dunha palabra a outra lingua.

ABREVIATURAS: Utilízanse para acortar palabras usando unha ou varias letras. Sempre levan
punto.
SÍMBOLOS: Son letras ou signos referidos a cantidades ou operacións. Nunca levan punto.

A ORACIÓN: É un conxunto de palabras en orde, que ten un verbo e sentido. Están formadas por:
-Suxeito: É a persoa, animal ou cousa da que se dí algo nunha oración. Se non aparece, pero
sabemos que existe chámase Suxeito Elíptico.
-Predicado: Son resto das palabras dunha oración que non forman parte do suxeito.

TIPOS DE ORACIÓNS:
- Enunciativa: Afirman ou negan.
- Interrogativas: Preguntan.
- Exclamativas: Expresan emocións.
- Dubitativas: Expresan dúbida.
- Imperativas ou Exhortativas: Expresan unha orde ou petición.

You might also like