You are on page 1of 4

2.

Vocabulario

As palabras homónimas
Dúas palabras son homónimas cando se pronuncian ou se escriben igual, pero
o seu significado é diferente.

As palabras homónimas poden ser:


- HOMÓFONAS: palabras que se pronuncian igual pero teñen distinta grafía (se
escriben distinto) e significado.

- HOMÓGRAFAS: palabras que teñen a mesma grafía pero distinto significado.

As palabras homógrafas son diferentes das palabras polisémicas.

- POLISÉMICA: unha soa palabra con varios significados (unha soa entrada con
distintas acepcións).

Segundo (preposición: ‘conforme’)


Segundo o que dis, esta teoría non é certa.
Segundo (substantivo: ‘minuto’)
Agarda un segundo.

- HOMÓGRAFAS: dúas ou máis palabras completamente diferentes que se


escriben igual pero que no dicionario aparecen en diferentes entradas.

Peto (substantivo: ‘recipiente no que se garda o diñeiro’)


Na casa teño un peto cheo de euros.
Peto (substantivo: ‘paxaro’)
Onte vin un peto voando.
.
3. Literatura

Tipos de Rima. Rima consonante e asonante


Chamámoslle rima á repetición de sons ao final dos versos. Existen dous tipos
de rimas, segundo sexan as palabras que compoñen ese final de verso:

Rima consonante, cando riman todos os sons, tanto vogais como


consonantes:cantaba - saltaba
Rima asonante, cando o que se repite son só as vogais:
cabelos - cegos

Os Séculos Escuros
Os Séculos Escuros son un período da nosa historia do que apenas
conservamos textos literarios en lingua galega.

Debido a certos acontecementos, desde os séculos XV ata o XVIII case non


temos documentos na nosa lingua. Estes séculos representan a perda do
poder político de Galiza e a desaparición do seu reino.

A nobreza galega pagou as consecuencias por apoiar a Henrique de


Trastámara e a Xoana a Beltranexa, como lexítimos herdeiros da coroa de
Castela. Foi sometida pola forza e substituída por nobres de fóra. A esta
represión opúxose o Mariscal Pardo de Cela.

Os textos que conservamos son moi puntuais: Romance da


Frouxeira, Soneto de Monterrei, Entremés famoso sobre da pesca no río
Miño (a primeira obra teatral na nosa lingua), e composicións de exaltación
de festas, personaxes importantes...

O papel da nosa lingua quedou reducido ao ámbito oral e daquela época tan
só conservamos cantigas de Nadal, lendas, contos populares...
4. Gramática

A oración. Suxeito e predicado


Hai dous tipos de enunciados: a frase e a oración.

Cando se produce a comunicación, empregamos palabras e emitimos unha


mensaxe con significado.

As palabras, dentro da frase e da oración, desenvolven dúas funcións


principais: o suxeito e o predicado.

O suxeito é a parte da oración formada por palabras que nos di quen realiza a
acción ou de quen se di algo.

Os suxeitos teñen núcleos, que son os que levan a cabo a acción. O papel
de núcleo desenvólveo un substantivo ou un pronome persoal.

Cando o suxeito non aparece de forma explícita, pero o verbo se refire a el,
dicimos que é un suxeito elidido ou elíptico.

Para saber quen é o suxeito, podemos preguntarlle ao verbo


por quen ou que é o que sucede.
María ten un portátil.
Quen ten un portátil? María.
Tinguiu o cabelo de verde.
Quen tinguiu o cabelo de verde? Ela ou El (suxeito elíptico).

O predicado é a parte da oración que desenvolve a acción. Expresa o que fai


o suxeito, como é ou como está.

Pode estar formado por unha ou varias palabras.

O núcleo do predicado é sempre o verbo.

O verbo pode ir acompañado por complementos, que engaden información


sobre este.
Comeu as patacas

núcleo complemento
5. Ortografía

Ditongo e hiato. O acento gráfico nos ditongos e


nos hiatos
As sílabas poden estar constituídas por vogais e consoantes. Hai sílabas
compostas por unha ou por dúas vogais.

En galego temos vogais fortes e débiles.

 As fortes son a, e, o.
 As débiles son i, u.

Cando se unen dúas vogais nunha mesma sílaba fórmase un ditongo.
car-tei-ra
Para que haxa un ditongo, as dúas vogais han de ser unha forte e unha
débil ou dúas débiles.

Os ditongos poden ser:

 Crecentes: cando a primeira vogal é débil.


barrio, escenario, suave
 Decrecentes: cando a primeira vogal é forte.
moito, pouco, aire
 Homoxéneos: cando as dúas vogais son débiles.
uliu, puiderades

As palabras que rematan en ditongo decrecente non levan til. As demais si o


levan, segundo as normas xerais de acentuación.
Cando dúas vogais seguidas se pronuncian en sílabas distintas forman
un hiato. O hiato prodúcese tamén cando hai dúas vogais que son fortes.
area, coello, moeda, león
Levan acento gráfico na vogal débil aqueles hiatos que se forman
con i e u para indicar que son hiato e non ditongo, é dicir, que as vogais forman
parte de sílabas diferentes.
María, raíña, baúl
Ma-rí-a, ra-í-ña; ba-úl

You might also like