You are on page 1of 6

2.

Vocabulario

Palabras polisémicas
Palabras polisémicas: son aquelas que poden presentar varios significados,
dependendo do contexto onde aparezan,

Palabras monosémicas: son aquelas que na súa definición presentan un


único significado.

Unha palabra polisémica aparece no dicionario nunha soa entrada e con


distintas acepcións numeradas.

Literatura

A poesía (I). A métrica e a medida dos versos.


Tipos de versos
A poesía é o xénero literario que emprega o ritmo (grazas ao uso do verso), a
harmonía e a imaxe para provocar unha reacción no receptor.
Os poemas son composicións en que se expresan ideas e sentimentos
mediante versos e estrofas.

A estrofa é un conxunto de versos. O verso é cada unha das liñas que


compoñen o poema, o cal adoita estar formado por varias estrofas ou versos
agrupados.

A métrica consiste en medir os versos, contando o número de sílabas de cada


un deles en todo o poema.
Cando os versos teñen oito sílabas ou menos, trátase de poemas de arte
menor; se, polo contrario, "miden" máis de oito sílabas, tratarase de poemas
de arte maior.
Os poemas de arte menor poden ser, segundo o seu número de sílabas:
bisílabos (2 sílabas), trisílabos (3 sílabas), tetrasílabos (4 sílabas), pentasílabos
(5 sílabas), hexasílabos (6 sílabas), heptasílabos (7 sílabas) ou octosílabos (8
sílabas).
Os poemas de arte maior poden ser, polo seu número de sílabas: eneasílabos
(9 sílabas), decasílabos (10 sílabas), hendecasílabos (11 sílabas),

1
dodecasílabos (12 sílabas), tridecasílabos (13 sílabas) ou alexandrinos (14
sílabas).
Para contarmos as sílabas temos que ter en conta estas regras:

 Se a palabra final do verso é aguda, contaremos unha sílaba máis no dito


verso.
 Se a palabra final do verso é esdrúxula, contaremos unha sílaba menos.
 Cando, no interior do verso, unha palabra remata por vogal e a seguinte tamén
comeza por vogal ou por hache prodúcese o que chamamos sinalefa, que é a
unión das dúas sílabas, contándose como unha soa:

4. Gramática

Os determinantes
Os determinantes son palabras que acompañan o substantivo e carecen de
significado propio. Adoitan concordar coas palabras ás que acompañan.

Existen distintos tipos de


determinantes: artigos, demostrativos, posesivos, numeraise indefinidos.

Artigo determinado Artigo indeterminado

Singular Plural Singular Plural

Masculino o os un uns

Feminino a as unha unhas

Os artigos
 O artigo determinado acompaña un substantivo que coñecemos ou
quequeremos destacar entre os demais. As súas formas son o, a, os e as.
 O artigo indeterminado acompaña un substantivo que non
coñecemos ouimpreciso: un, unha, uns e unhas.

Os determinantes demostrativos
Singular Plural

Masculino este ese aquel estes eses aqueles

2
Feminino esta esa aquela estas esas aquelas

Neutro isto iso aquilo - - -

Determinantes demostrativos
Os demostrativos indican proximidade ou afastamento respecto da persoa
que fala.Acompañan un substantivo, porque cando van sós a súa función
cambia e actúan como pronomes. Con respecto ao espazo ao que fan
referencia, os determinantes demostrativos poden estar máis ou menos
próximos: preto (esta árbore), na media distancia (esa árbore) ou lonxe (aquela
árbore).

Os determinantes posesivos
Singular Plural
Posuidor
Masculino Feminino Masculino Feminino

1.ª persoa meu miña meus miñas

Un posuidor 2.ª persoa teu túa teus túas

3.ª persoa seu súa seus súas

1.ª persoa noso nosa nosos nosas


Varios
2.ª persoa voso vosa vosos vosas
posuidores
3.ª persoa seu súa seus súas

Determinantes posesivos
Os determinantes posesivos acompañan un substantivo. Tamén poden
funcionar como un pronome, se o substitúen. Estes determinantes
indican posesión ou pertenza dun obxecto, calidade etc. a alguén.
As estruturas que inclúen os determinantes posesivos adoitan presentar os
seguintes elementos: artigo + posesivo + substantivo.

o seu móbil / as nosas teimas

3
Os determinantes indefinidos e numerais
Os determinantes indefinidos fan referencia a unha cantidade de
maneira imprecisa ouindeterminada. Acompañan o substantivo e tamén
poden exercer de pronomes, se van sós.
Existen determinantes indefinidos variables, que son aqueles que teñen
xénero e número (singular–plural e masculino–feminino):
 algún-algunha(s)
 moito-moita(s)
 certo-certa(s)
 todo-toda(s)
 bastante(s)
 ningún-ningunha(s)
 pouco-pouca(s)
 outro-outra(s)
 demasiado-demasiada(s)
E tamén existen determinantes indefinidos invariables:
cada, calquera, máis, menos, demais
Os determinantes numerais expresan cantidade. Poden funcionar como todos
os determinantes ou como pronomes. Poden ser ordinais ou cardinais.
 Os ordinais indican orde na súa colocación ou dentro dun
grupo: primeiro, segundo,terceiro, cuarto andar...
 Os determinantes cardinais informan sobre a cantidade exacta de elementos:
un, dous, tres, catro, cinco cafés…

5. Ortografía

Ditongo e hiato
As vogais en galego, do punto de vista da pronunciación, son sete.
/a/ /ɛ/ /e/ /i/ /ɔ/ /o/ /u/
Desas vogais, as fortes son a, ɛ, e, ɔ, o, e as débiles son i e u.
Ao encontrarse dúas vogais, unha forte e unha débil ou dúas débiles, nunha
mesma sílaba, fórmase un ditongo, sempre que a vogal forte sexa a tónica:
pasteleiro

4
Existen ditongos crecentes e decrecentes.
 Cando a primeira vogal que conforma a sílaba é débil temos un caso
de ditongo crecente:
maio, maxia, barrio, ambiguo, suave
 Cando a primeira vogal que conforma a sílaba é forte trátase dun ditongo
decrecente:
loito, pouco, cairo
 Cando as dúas vogais na sílaba son débiles prodúcese un ditongo
homoxéneo:
seguiu, puiderades
As palabras que rematan en ditongo decrecente non levan acento
gráfico cando teñen como último elemento as vogais débiles i ou u...
amou, ademais
...agás cando a palabra é grave, caso dos plurais dos adxectivos terminados
en -bel e algúns estranxeirismos:
amábeis, notábeis, hóckey, jóckey
Nos demais casos, os ditongos acentúanse graficamente seguindo
as normas xerais de acentuación.
Cando dúas vogais seguidas se pronuncian en sílabas distintas forman
un hiato. O hiato prodúcese tamén cando se dá o encontro de
dúas vogais fortes.
marea, loable, moeda

As vogais i, u tónicas acentúanse graficamente cando van inmediatamente


antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais
pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo.
aínda, baúl, caída, constituíu, egoísmo, miúdo, prexuízo, raíz, ruído, saír, túa,
traía
As vogais i, u tónicas non se acentúan graficamente cando entre elas e outra
vogal aparece o grafema h:
prohibo, cohiben

Lembra
Cando dúas vogais seguidas se pronuncian en sílabas distintas forman
un hiato.
raíña
Cando se unen dúas vogais nunha mesma sílaba fórmase un ditongo.
loito
Cando se unen tres vogais nunha soa sílaba fórmase un tritongo:
cambiou

5
6. Expresión oral e escrita

Investigar a escena dun crime


Para investigarmos un crime debemos saber que tipo de crime se cometeu, cal
foi a vítima, as causas dese crime e en que espazo físico se cometeu. Para
isto, teremos que describir o que vemos fixándonos ben nos elementos que
conforman esa escena.

Para facer unha boa descrición, hai que empregar un léxico preciso e situar
espacialmente os elementos que compoñen a dita escena. Podemos describir
tamén a vítima, de habela, ou os obxectos roubados.
Antes de escribir, temos que facer un guión, pensar o que imos
escribir, ordenar os feitos e lelo todo unha vez o teñamos escrito.

You might also like