You are on page 1of 9

FONÉTICA E FONOLOXÍA 2º BACH.

IES República Oriental do Uruguai.

http://cotovia.org/proxecto/fon/fon_ud2_01.html?orix=fon&tema=fon_ud2_01.html
http://cotovia.org/proxecto/fon/fon_ud3_01.html?orix=fon&tema=fon_ud3_01.html
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1444815157/contido/falo_galego/sistema_fonolxico_galego.html

1-. Alguns conceptos.


Os fonemas son unidades lingüísticas mínimas de carácter abstracto que funcionan na lingua como
imaxes mentais dos sons. Os fonemas non teñen significado, mais permiten distinguir outras unidades con
significado como monemas e palabras: /paga/, /pata/, /rata/. Dos fonemas ocúpanse s disciplinas
lingüísticas da fonética e da fonoloxía. O sistema fonolóxico galego conta con 26 fonemas,7 vocálicos e 19
consonánticos, que son representados por 23 letras que forman o abecedario ou alfabeto galego.
A fonética é a disciplina lingüística que se ocupa do estudo da produción e recepción dos sons. Sitúase,
pois, no nivel da fala e comparte aspectos coa fisioloxía. Ocúpase da realización ou pronuncia dos
fonemas. Representa as unidades de produción dos fonemas entre corchetes.
A fonoloxía é a disciplina lingüística que se ocupa do estudo dos fonemas, entidades abstractas situadas
no nivel da lingua (unidade lingüística mínima), representados entre barras. Habitualmente os aspectos ou
unidades estudados por estas disciplinas trátanse xuntos, polo que as dúas disciplinas van tamén xuntas:
fonética-fonoloxía. Ex. fonética [a´migo] – fonoloxía /a´migO/

O aparello fonador
Procesos da produción vocal: https://www.youtube.com/watch?v=041GFLjYOp8
Fonación. O aire dos pulmóns que espiramos pasa pola larinxe a través dunha abertura chamada glote,
na que figuran unhas membranas (cordas vocais). Ao pechar a glote achéganse as membranas e vibra o
aire, o que produce a fonación ou voz. Segundo a sonoridade, se tamén vibran as membranas ou cordas
vocais, a fonación é sonora e se non vibran, é xorda. Ao chegar o aire á farinxe hai dúas posibilidades: se
o veo do padal está levantado o aire sae so pola boa e o son é oral; se o veo do padal está baixado, o aire
sairá polo nariz e a boca e o son é nasal.
Articulación. Os órganos articulatorios posiciónanse de xeito que mudan a resonancia da cavidade oral e
producen así os diferentes timbres. Os órganos articulatorios móbiles son: a lingua, beizos, o veo do padal
e o maxilar inferior. Os órganos articulatorios fixos son: dentes, alvéolos e padal duro. Punto de
articulación: lugar onde se pronuncia o son. Modo de articulación: maneira en que se obstaculiza a
saída do aire.
FONÉTICA E FONOLOXÍA 2º BACH.
IES República Oriental do Uruguai.

Neutralización fonolóxica. Fenómeno que consiste na anulación da distinción fonolóxica de 2 fonemas


en determinadas posicións. Os trazos que eses dous fonemas teñen en comun mantéñense nun
arquifonema, represéntado co maiúsculas: /amoR/ arquifonema vibrante alveolar (anulada a oposición
simple múltiple); /amigO/ arquifonema vocálico posterior medio (anulada a oposición semiaberta e
semipechada en posición final); /kɛN/ arquifonema nasal sonoro (anulada a oposición entre os puntos de
articulación das nasais en posición final. Porén a realización no galego común é unha: [a’migo] as vogais
medias finais realízanse como pechadas; [kɛɳ] -n finais realízanse como velares, excepto coa egación
seguida de pronome cuxa realización é alveolar: non o sei = [nono’sej].

2-. Sistema vocálico galego.


O sistema vocálico galego está formado por 7 vogais en posición tónica e pretónica, 3 vogais en posición
final e 5 vogais nas posicións restantes. Represéntanse con 5 letras.
Segundo a sonoridade as vogais son todas sonoras.
Segundo o punto de articulación son: anteriores ou palatais, centrais e posteriores ou velares.
Segundo o modo de articulación distínguese o timbre de abertas, medias e pechadas. En posición tónica
e pretónica as vogais medias opóñense en semiabertas e semipechadas: presa /e/ vs. présa /ɛ/; oso /o/
vs. óso /ᴐ/; eu rego /ɛ/ un rego /e/; el come /ᴐ/, come ti /o/.

2.1 Agrupación de vogais.


Un ditongo é unha agrupación de dúas vogais nun mesmo núcleo silábico. Para que se poida dar un ditongo unha
das vogais, como mínimo, ten que ser pechada. En galego hai, pois, 16 ditongos, que se agrupan en oito crecentes
(primeira vogal feble ou pechada) e oito decrecentes (primeira vogal forte ou non pechada):
-Crecentes: /ia/ Diante /ie/ Ciencia /io/ Cemiterio /iu/ Ciume /ua/ Tregua /ue/ Frecuente /ui/ Lingüística /uo/ Residuo.
-Decrecentes: /ai/ Animais /au/ Causa /ei/ Conselleiro /eu/ Perdeu /iu/ Partiu /oi/ Corredoira /ou/ Cousa /ui/ Puiden.
Un tritongo é unha agrupación de tres vogais nun mesmo núcleo silábico. Para que se poida dar un tritongo as
vogais das beiras deben ser pechadas. Os tritongos son: uau, iau, uai, uou, iou, uei, iei, ueu. Hai tritongos en guau,
miau, guai, averiguou, aliviou, mingüei, aliviei, Bueu.
Un hiato é a reunión de dúas vogais nunha palabra pero en sílabas contiguas. Esas vogais non forman unha soa
sílaba senón dúas (dúas vogais abertas ou medias, dúas vogais e unha pechada con todo o acento da palabra sobre
ela, dúas vogais pechadas e a segunda leva o acento da palabra). Ex.: aí, ruído, fiúncho, muíño, día, continúa,
roedor, cea, aéreo.
https://www.youtube.com/watch?v=sq1xX3FF0Z0 (Ben falado! As 7 vogais).
FONÉTICA E FONOLOXÍA 2º BACH.
IES República Oriental do Uruguai.

https://www.youtube.com/watch?v=06Ic_N_M1pY (Como pronunciar o e aberto e pechado. AGL).


https://www.youtube.com/watch?v=2AlQXbux11c (Como pronunciar o o aberto e pechado. AGL).
https://ilg.usc.es/pronuncia/ (Dicionario de pronuncia da lingua galega)

2.2-. Pautas para a realización das vogais medias tónicas.


Presentan no sistema máis común vogal tónica semiaberta.
E SEMIABERTO /ɛ/ O SEMIABERTO /ᴐ/
Con acento diacrítico: vén, présa. (vs. ven, presa) Con acento diacrítico: óso, nós (vs. oso, nos)
Substantivos -EL: tonel, fiel, papel,... (excepto el e Substantivos -OL: españól, caracol
aquel)
Os nomes das letras: e, efe, ele, eme, ene, eñe, O nome da letra o.
erre, ese.
Os verbos da 2ª conxugación (-er) con vogal radical Os verbos da 2ª conxugación (-er) con vogal radical
-e- que presentan alternancia vocálica, na segunda -o- que presentan alternancia vocálica, na segunda
persoa do singular e nas terceiras persoas do Pres. persoa do singular e nas terceiras persoas do Pres.
Ind.: bebes, bebe, beben. Ind.: comes, come, comen.
Os verbos da 3ª conxugación (-ir) con vogal radical Os verbos da 3ª conxugación (-ir) con vogal radical
-e- que presentan alternancia vocálica, na segunda -o- que presentan alternancia vocálica, na segunda
persoa do singular e nas terceiras persoas do Pres. persoa do singular e nas terceiras persoas do Pres.
Ind.: serves, serve, serven; sentes, sente, senten. Ind.: dormes, dorme, dormes; foxes, foxe, foxen.

Os verbos irregulares no tema de perfecto (pretérito,


antepretérito, pretérito de subxuntivo, futuro de
subxuntivo): tiveches, tivera, tivese, tiver.
Palabras graves rematadas en ditongo crecente: Palabras graves rematadas en ditongo crecente:
serie,egua, materia. odio, socio.
Palabras esdrúxulas cultas, especialmente se a Palabras esdrúxulas cultas, especialmente se a
vogal é trabada con oclusiva: técnica, éxtase, éxito, vogal é trabada con oclusiva: óptimo, código, lóxico,
pésima e léxico. óptica, incógnita.

Nas voces terminadas en -elo/a, -enza, -encio/a (e Nas voces terminadas en -ola, -ote/a e –oz (e os
os seus plurais): portelo, cadela, presenza, seus plurais): caracola, rapazola, , vellote, noz,
paciencia, silencio,... voces, feroz…
Os indefinidos alguén, ninguén, ren, cadaquén, As formas do posesivo noso, nosos, nosa, nosas.
quenquera, calquera, mesmo, certo… Os pronomes tónicos connosco, convosco, nós e vós.
O relativo-interrogativo quen. • As contraccións ó, ós, có, cós.
A conxunción copulativa e (< ET), aínda sendo
FONÉTICA E FONOLOXÍA 2º BACH.
IES República Oriental do Uruguai.

átona.
Numerais: cero, sete, dez, cen. Numerais: nove.
Palabras frecuentes: ben, sempre, neve, venres, Palabras frecuentes: morto, onte, xoves, moda,
mércores, muller, culler, pena, ceo, terra, pero, home, coche, porta, horta, roto
biblioteca.

Presentan vogal tónica semipechada.


E SEMIPECHADA /e/ O SEMIPECHADA /o/
Os verbos da segunda conxugación con vogal Os verbos da segunda conxugación con vogal
radical -e- que presentan alternancia vocálica, na 1ª radical -o- que presentan alternancia vocálica, na 1ª
persoa do Pres. Ind., no Pres. Subx. e no persoa do Pres. Ind., no Pres. Subx. e no
Imperativo: bebo, beba, bebas, bebe ti. Imperativo: como, coma, comas, come ti.
As formas dos verbos da primeira conxugación nas As formas dos verbos da primeira conxugación nas
que a vogal -e- vai seguida de -i- ou de consoante que a vogal -o- vai seguida de -i- ou de consoante
palatal (grafías x, ch, ll, ñ ) e nos verbos rematados palatal (grafías x, ch, ll, ñ ) e nos verbos rematados
en -ear: deite, axexa, pechas, tellan, empeña, en -oar: coxean, loita, acocha, ollan, soñas, voas.
despexas.
As formas verbais do tema de perfecto regular: As formas do tema de perfecto dos verbos ser e ir:
collemos, collera, collese, coller. fomos, fora, fose, for.

As formas do infinitivo: coller, collermos… As formas do infinitivo pór, pores, pormos,...


Os xerundios: collendo, comendo, facendo. O xerundio: pondo.
Nomes acabados en -EGO: galego, charego, Nomes acabados en -ON: non, corazón, camión.
labrego. Nomes acabados en -OSO, -OSA: cariñoso,
Nomes acabados en -ÉS, -ESA: noruegués, horrorosa.
norueguesa, portugués, luguesa. Nomes acabados en -OR: profesor, temor.
Os nomes das seguintes letras: be, ce, de,gue,pe, Nomes acabados en – EDO (medo, ) -ELLO
que, te, xe, ceta. (cortello), -EO (feo), -EZA (grandeza)
En ditongo decrecente: preguiceiro, festeiro, euro. En ditongo decrecente: couto, ouro, oito, moito.
Palabras frecuentes como: tres, trece, este, ese, Palabras frecuentes como: hoxe, agora, onde, non,
aquel, el, entre, meu, teu, adverbio en -mente moito, todo/s, doce.
FONÉTICA E FONOLOXÍA 2º BACH.
IES República Oriental do Uruguai.

3-. Sistema consonántico.

Os fonemas oclusivos deixan saír o aire de golpe tras unha oclusión dos labios (pé, bo), da lingua contra
os dentes superiores (té, di) ou da parte posterior da lingua contra o veo do padal (que, auga). Os fonema
fricativospermiten na súa realización a fricción do aire dos dentes superiores contra o labio (/feo/), da
lingua ao situarse entre os dentes (/cea/), da punta da lingua contra os alvéolos (/si/) ou da lingua contra o
padal (/xa/). O fonema africado combina a oclusión do aire co fricción do aire das fricativas (/che/). As
nasais soltan o aire polo nariz e a boa e poden realizarse xuntando os beizos (/mamá/), coa punta da
lingua nos alvéolos (/nai/), elevando a lingua ao padal (ñu) ou elevando a parte posterior da lingua contra o
veo do padal (unha). Nas laterais o aire sae polos lados da boca ao posicionar a lingua nos alvéolos (la) ou
no padal (lle). Nas vibrantes a punta da lingua golpea os alvéolos de forma simple (aro), ou múltiple (ra).
Os fonemas consonánticos poden (como as vogais) neutralizarse en determinadas posicións. Así, un
exemplo moi ilustrativo é o dos fonemas nasais /m/, /n/, / ɲ / e / ŋ / que se neutralizan en posición
implosiva. O arquifonema resultante (/N/) realizarase de modos diferentes segundo os contextos fonéticos.
O mesmo acontece cos fonemas vibrantes en posición implosiva.

4-. Particularidasdes do sistema fonolóxico galego


Como podemos observar polas táboas dos fonemas hai moitas particularidades das que dar conta. Son as
seguintes:
a) Fonemas que poden ser representados por máis dunha grafía. Cando iso sucede o uso dunha ou outra
grafía réxese por normas ortográficas. Son (b), (v); (r), (rr); (c), (qu), (k); (g), (gu); (c), (z); (n), (m).
b) Grafías que representan a máis dun fonema: (c), (r), (m), (e), (o). Cando isto sucede o valor da grafía
está establecido por normas.
c) Hai tamén grafías que non representan ningún fonema, como a grafía (h) ou a grafía (u) diante de (e, i)
e precedida de (q, g): haber, cegueira, guitarra.
d) Hai fonemas que só se poden representar por un dígrafo (dúas letras): (ch), (ll), (rr), (gu), (qu), (nh):
cheda, palleira, carro, guerra, quente, algunha.
FONÉTICA E FONOLOXÍA 2º BACH.
IES República Oriental do Uruguai.

e) Hai grafías que reprentan un fonema ou un par de sons, como é o caso da grafía (x), que pode
representar o fonema fricativo, linguopalatal, xordo /š/, ou o grupo de sons [ks], grupo culto. Ex.: dixo,
exame.

5-. Metafonía. Gheada. Seseo.


A metafonía é un fenómeno fonético e fonolóxico que consiste na alteración do timbre dunha vogal tónica
por influencia das vogais próximas ou finais. Este é un fenómeno propio do galego e portugués tamén
presente noutras linguas romances. Este fenómeno dáse na fala do bloque occidental e parte do central.
Algunhas palabras que presentan metafonía son:
- Pechadas pola vogal final:ollo, pobo, medo, posto, vello.
- Abertas pola vogal final: hora, ela.
- Pechadas pola nasal implosiva: dente, xente.
A gheada é un fenómeno fonético dialectal presente na metade de Galiza, bloque occidental e parte do
central. Consiste na aspiración do fonema oclusivo velar sonoro /g/ > /h/, representado na escrita como gh.
Algunhas teorías vinculan esta fenómeno fonético dialectal que surdiu no s. XVI como resultado da
castelanización do idioma; outras teorías obsérvano como unha evolución propia do idioma. Non é
incorrecto, mais non é habitual o seu uso normativo en rexistros formais (medios de comunicación, ensino,
etc.). Recentemente reivindícase a súa lexitimidade en usos cultos e formais.
O seseo é un fenómeno fonético da lingua galega, que consiste na ausencia do fonema fricativo
interdental xordo /θ/ e a presenza dun /s/, nas posicións nas que o galego común realiza /θ/. O seseo é un
trazo distintivo dalgunhas variedades occidentais da lingua galega. O seseo explosivo (inicio da sílaba)
percorre a costa occidental. O seseo implosivo (dinal de sílaba) está presente na metade occidental do
territorio. O son fricativo interdental xurdiu nos Séculos Escuros. Ao igual que a gheada este fenómeno
non ten case presenza en rexistros cultos e formais, se ben é correcto.
FONÉTICA E FONOLOXÍA 2º BACH.
IES República Oriental do Uruguai.

6-. TEXTOS. Proba a ler de xeito coidado os fonemas e enunciación destes poemas. Comenta o uso fonético
como recurso e referente.
https://www.youtube.com/watch?v=jToRTOgkJtc
FONEMA
https://www.youtube.com/watch?v=D_OYYPLFBhE Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Do máis aló da gorxa Eidos solos
dun profundo e misterioso fol, onde ninguén foi nin ha d’ir!
saíannos sons que debiamos matar. O lobo! os ollos o lombo do lobo!
Repitan:
Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo. Baixa o lobo polo ollo do bosco
Pero Lolo o do Rito dicía movendo nas flairas dos teixos
que Los pájaros de Guadalajara tienen la jarjanta llena de trijo ruxindo na folla dos carreiros
e o mestre dáballe un pao. en busca da vagoada máis sola e máis medosa...
A min custoume algún traballo dicir sen respirar
que había plantas monocotiledóneas Rastrexa,
pero non din sabido de que familia era párase e venta,
se é que a tiña finca a pouta, ergue a testa e oula cara o ceo
o toxo que douraba os montes de Galicia. con toda a sombra da noite na boca.

Manuel Rivas, Costa da Morte Blues, 1995 Uxío Novoneyra Os eidos, 1955

VII AMOR SEN MORTE


https://www.youtube.com/watch?v=fh20ojd3Tao Lingua lambe emboca esvara lábil
lenta lingua na lama en que xacente
Da minha aldeia vejo quanto da terra se pode ver do Universo... esperta esvara serpe humidamente
Por isso a minha aldeia é tão grande como outra terra qualquer,
Porque eu sou do tamanho do que vejo e ardendo de vidrados cingue hábil.
E não do tamanho da minha altura...
Beizos consagrados nervo a nervo
Nas cidades a vida é mais pequena detrás diante ao cabo frente a frente
Que aqui na minha casa no cimo deste outeiro.
Na cidade as grandes casas fecham a vista à chave,
rebezos como pubes refulxentes
Escondem o horizonte, empurram o nosso olhar para longe de todo o céu, detidos no tempo verbo a verbo.
Tornam-nos pequenos porque nos tiram o que os nossos olhos nos podem dar,
E tornam-nos pobres porque a nossa única riqueza é ver. Pel con pel nácara na carne
almíscares xeados polo abrente
“O Guardador de Rebanhos”. In Poemas de Alberto Caeiro. Fernando Pessoa. espasman e ampean na materia que arde.

E a vida prolóngase serena e indefinidamente.

Claudio Rodríguez Fer

7-. Pronuncia correctamente.


1) Ese home é feo e ten tres ou dez defectos moi feos.

2) De saber quen era o profesor de Ciencias onte, hoxe irías ao colexio.

3) No medio da cancela había un penedo.

4) A crenza na vida dos mortos baséase na percepción de presenzas e voces á noite.


FONÉTICA E FONOLOXÍA 2º BACH.
IES República Oriental do Uruguai.

5) Só se soubo quen roubou o Códice Calixtino doce meses despois.

6) É un fedello, botou o ferrollo á porta e deixou fóra o irmán pequeno.

7) A estratexia do asesor económico era de moito éxito entre o pobo.

8) O bo traballador pon o corazón no que ten que facer e é moi coidadoso.

9) O odio non che dá tregua, é un sentimento moi poderoso.

10) No cortello estiveron os porcos, os coellos, os becerros e ovellas xunto co cadelo.

11) Non teño papel así que el foi directo buscalo onda o libreiro.

12) O comprador de selos lugués tiña unha tremenda destreza no xogo do xadrez.

13) No porto vigués pescan peixes de moito valor.

14) Aquel médico viñera para coñecer o código xenético desas células.

15) A nobreza e o clero tiveron o poder e foron os donos da terra.

16) O ceo pode esperar se vés ao meu carón.

8-. Exercicios de folonoloxía das probas de ABAU.

1. Indica o timbre (aberto ou pechado) de e e o tónicos nas seguintes palabras: quero,


cousa, es, só, aprobatoria, eterno, ben, Eva, persoa, foron.
2. Indica como é a vogal tónica de grao medio de sempre, só, sorte, aquel.
3. Indica como é a vogal tónica de grao medio de toda, estas, propósito, teléfono,
técnica, certeza, precioso, eles, superfluo, home.
4. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: detelo,
tamén, feroz, aquel, home.
5. Define os fonemas vocálicos das seguintes palabras: guerra, flor, homes.
6. Indica se a vogal tónica das seguintes palabras é aberta ou pechada: era, facelo,
xerme, terror, concello, sen (preposición).
7. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: miseria, mor,
facer, logo, incerteza.
8. Indica se a vogal tónica das seguintes palabras é aberta ou pechada: vez, tamén,
pobreza, pobres, noxo.
9. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: órganos,
perfecto, asceta, méritos, abondo, besta (animal).
10. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: doloroso,
guerra, enérxica, baioneta, fe, home.
11.Indica o timbre das vogais tónicas de grao medio que aparecen en tes, pelo,
recordo, ve, cedo.
12.Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: meses,
FONÉTICA E FONOLOXÍA 2º BACH.
IES República Oriental do Uruguai.

guerra, é, réxime, sofre, atómica, todo, escoller,décadas, vense.


13.Define os fonemas que aparecen en coche, quen, dixo.
14.Define os fonemas consonanticos de axuste, talle, chourizos.
15.Define os fonemas consonánticos que atopes nas seguintes palabras: bebo, lume,
xerme.
16.Define os fonemas consonánticos das palabras xente e vez
17.Define os fonemas consonánticos que atopes nas seguintes palabras: fixo, prezo.

You might also like