You are on page 1of 6

O sistema vocálico

Como sabes, o alfabeto galego está constituído por vinte e tres letras das cales cinco son vogais e dezaoito son consoantes.
Estas vinte e tres letras representan vinte e seis sons, é dicir, no galego hai mais sons que letras.
No sistema vocálico galego temos que diferenciar sete sons, aínda que só existan cinco letras para representalos.
Fíxate nestes exemplos:
pe (letra do alfabeto) / pé (parte do corpo)
Estas dúas palabras escríbense igual, a única diferenza que presentan é o acento gráfico, para marcar que o e ten dúas
pronuncias diferentes, que son polo tanto dous fonemas diferentes. Iso fai que o significado das dúas palabras
tamén sexa diferente. Observa estoutros exemplos:
oso (animal) / óso (cada unha das pezas duras e ríxidas que forman o esqueleto dos vertebrados)
pola (galiña que aínda non pon ovos) / póla (rama dunha árbore)
As vogais poden aparecer soas, acompañadas dunha ou máis consoantes ou doutra vogal.

As vogais son todas sonoras. Polo tanto opóñense entre elas soamente por dous trazos: a) punto de articulación, b)
Modo de articulación.

PUNTO DE ARTICULACIÓN
Está constituído polo lugar do aparato fonador onde se produce o fonema en
cuestión e os órganos que interveñen na súa articulación.
palatais (anteriores) centrais velares (posteriores)
MODO DE ARTICULACIÓN pechadas /i/ /u/
Determinado pola posición dos órganos semipechadas /e/ /o/
articulatorios e a abertura que deixan para a semiabertas /E/ /O/
saída do aire no momento da
realización do fonema. abertas /a/

• Existen numerosos pares de palabras que só se diferencian por posuír vogal media semiaberta ou semifechada:

/e/ - /e/: pega (paxaro) / pega (dificultade)


presa (manchea) / présa (apuro)
ten (imperativo) / ten (presente)

/o/ - /o/ bola (de pan) / bóla (esfera)


pola (galiña nova) / póla (rama)

• Presentan vogal tónica semiaberta:

⎯ os substantivos rematados en –el ou –ol e os seus plurais: anel, aneis, caracol, caracois.
⎯ os verbos da segunda conxugación con vogal radical –e- ou –o- que presentan alternancia vocálica, nas persoas 2ª,
3ª e 6ª do presente de indicativo: bebes, bebe, beben, comes, come, comen.
⎯ os verbos da terceira conxugación con vogal radical –e- ou –u- que presentan alternancia vocálica nas persoas 2ª,
3ª e 6ª do presente de indicativo: serves, serve, serven, foxe, foxes, foxen.
⎯ as formas verbais de tema de perfecto irregular: coubeches, coubera, coubese, couber.
⎯ os nomes das seguintes letras: e, efe, ele, eme, ene, eñe, erre, ese, o.

• Presentan vogal tónica semifechada:

⎯ os verbos da segunda conxugación con vogal radical –e- ou –o- que presentan alternancia vocálica, na 1ª persoa do
presente de indicativo, no presente de subxuntivo e no imperativo: bebo, beba, bebas, como, coma, comas.
⎯ as formas dos verbos da primeira conxugación nos que a vogal –e- ou –o- vai seguida de –i- ou de consoante x, ch, ll
e ñ , e nos verbos rematados en –ear ou –oar: deite, axexa, pechas, tellan, empeña, coxean, loita, despexas, acocha,
ollan, soñas, voas.
⎯ as formas verbais de tema de perfecto dos verbos ser e ir: fomos, fora, fose, for…
⎯ as formas de infinitivo: coller, collermos, pór, pormos…
⎯ os nomes das seguintes letras: be, ce, de, gue, pe, te, xe, zeta.
⎯ a maior parte das palabras rematadas en –és: coruñés, montañés, vigués.
⎯ as palabras en que –o- forma ditongo con –u-: touro, tesouro.
⎯ os nomes acabados en –edo (medo), -ello (cortello, agás vello, que é semiaberta), -eo (feo), -eza (grandeza), -ón
(corazón), -or (matador), -oso (fermoso).

Ditongo
Cando dúas vogais se pronuncian nun só golpe de voz temos un ditongo. Para que isto suceda, unha das dúas vogais
ten que ser obrigatoriamente i ou u (vogais febles). Segundo a vogal feble apareza en primeiro ou en segundo lugar
falamos de ditongos crecentes ou decrecentes, respectivamente. Se as dúas son febles, é un ditongo homoxéneo.
Exemplos: camión, aguia (crecentes); auga, ouro (decrecente); fuxiu, cuincar (homoxéneos).
Tritongo
Recibe o nome de tritongo a combinación de tres vogais (a primeira e a última fechadas, e a interior, aberta ou
media) nunha mesma sílaba. Exemplos: industriais, usuais.
Hiato
É o encontro de dúas vogais que pertencen a sílabas diferentes e está formado por dúas vogais abertas ou medias
(caer, feo) e tamén por unha aberta ou media e unha fechada tónica (caída, peúgo) ou viceversa (actúo, día), ou dúas
vogais fechadas e a segunda é tónica: ruído, muíño (excepción: acuífero, lingüístico, triunfo)

A existencia de ditongo ou hiato reflíctese nas normas ortográficas:


• As palabras agudas rematadas en ditongo decrecente non levan acento: colleu, amou, ademais, despois...
• As agudas rematadas en ditongo crecente si: anciáns, avión
• As graves con ditongo decrecente na última sílaba acentúanse: amábeis, estábeis...
• Acentúanse os –i- e –u- tónicos: aí, saír, súa, túa... e tamén cando eses –i-, -u- forman hiato coa vogal anterior e
ditongo coa seguinte: sa-íu, contribu-íu...
• Úsase a diérese na 4ª e 5ª persoa do Copretérito de certos verbos para indicar que non forma ditongo: ca-ï-a-
mos, ro-ï-a-des... para distinguilo do Presente de Subxuntivo nas que forma ditongo coa vogal seguinte: ca-ia-
mos, ro-ia-des..

FENÓMENOS VOCÁLICOS FRECUENTES NA LINGUA ORAL:


- Aférese: Perda dunha vogal ao principio da palabra (inda, topar... por aínda e atopar...).
- Síncope: Perda da vogal no medio da palabra (espranza, vran, pra... por esperanza, verán, para...).
- Apócope: Perda da última sílaba (virtú, maldá, libertá...)
- Prótese: Engadir unha vogal ao principio da palabra ( abidueiro, arradio, arremedar... por bidueiro, radio,
remedar...).
- Epéntese: Intercalación dun i entre dúas vogais que forman hiato (a iauga, a ialma, comeraio... por a auga, a
alma, comerao...).
- Paragoxe: Aparición dunha vogal ao final da palabra. (mullere, fácile, corazonhe... por muller, fácil, corazón...).

ACTIVIDADES:

1. Distingue se a vogal tónica é semiaberta ou semifechada.

sela (asento) sela (poñer selo)


ceo (parte superior) ceo (cear)
sen (tempa) sen (carente de)
moco ( pau) moco (mucosidade)
ola (saúdo) ola (recipiente)
torta (doce) torta (curva)
2. Pronuncia correctamente e indica a abertura de /e/ e de /o/ nas seguintes frases:
⎯ Pouca présa deben ter cando seguen aquí.
⎯ Non podo terme de pé.
⎯ Ten coidado, non o molles no rego.
⎯ Quero que fechen esta porta.
⎯ Os caracois por aquí case ninguén os come.
⎯ Soño moitas veces con tesouros.
⎯ Tivemos medo e non soubemos que facer.
⎯ Nunca ceo antes das dez.
⎯ Fixemos un barco de papel.
⎯ Tes todo o mes para facelo.
⎯ Non sei como soportas ese fedor.

O sistema consonántico

Modo de art.↓ Punto de art.→ BILABIAL LABIODENTAL DENTAL INTERDENT AL ALVEOLAR PALATAL VELAR
sonoras /b/ /d/ /g/
Oclusivas
xordas /p/ /t/ /k/
Fricativa xordas /f/ / / /s/ /∫ /
Africada xorda /t ∫/
Nasal sonoras /m/ /n/ / / /ŋ/
Lateral sonoras /l/ / λ/
simple / ︎r /
Vibrante (sonora)
múltiple /r/

/b/: oclusiva, bilabial, sonora. Grafemas b,v


/d/: oclusiva, dental, sonora.
/g/: oclusiva, velar, sonora. Grafemas: g (+a,o,u), gu (+e,i). Gheada dialectal. Consiste en pronunciar o
fonema /g/ como /h/ un fonema aspirado farínxeo.

/p/: oclusiva, bilabial, xorda.


/t/: oclusiva, dental, xorda.
/k/: oclusiva, velar, xorda. Grafemas: c (+a,o, o), qu (+e,i), k (abrev. e estranxei.).

/f/: fricativa, babiodental, xorda.


/ /: fricativa, interdental, xorda. Grafemas: z (final, +a,o,u), c (+e,i). Seseo dialectal. Consiste en
pronunciar o fonema / / interdental como /s/ Pode ser seseo explosivo ou total: mosa, lus ou seseo implosivo
ou parcial: lus, des, crus.
/s/: fricativa, alveolar, xorda.
/ ∫/: fricativa, palatal, xorda. Grafema x.

Regra mnemotécnica (para axudarche a


/t ∫/: africada, palatal, xorda. Grafema ch. distinguir os trazos distintivos)

OCLUSIVAS: petaca/ bodega


/m/: nasal, bilabial, sonora.
/n/: nasal, alveolar, sonora. FRICATIVAS: xefazos
/ /: nasal, palatal, sonora. Grafema ñ.
ALVEOLARES: sinalarr
/ ŋ /: nasal, velar, sonora. Grafema nh.
XORDAS: petaca/xefazos/ africada. As demais
son todas sonoras
/l/: lateral, alveolar, sonora.
/ λ/: lateral, palatal, sonora. Grafema ll (moi escasa nos falantes).

/ r /: vibrante simple, alveolar.


/r/: vibrante múltiple, alveolar. Grafema r (inicial, despois de n,s,l) ou rr.
EXERCICIOS DAS ABAU

ABAU 2022. CONVOCATORIA ORDINARIA

Luis naceu en Malpica en 1999. O 13 de novembro de 2002 tiña tres anos. Cando lle pregunto que lembra do afundimento do Prestige, contesta
que unha conversa no coche dos seus pais. El vai na parte de atrás. É pequeniño, ten os ollos grandes e cústalle ver fóra. Ao mellor conducen
preto do mar, pero non se ve o mar. Na conversa dos adultos podería aparecer a palabra chapapote. Na conversa dos adultos hai un fedor e unha
negrura. É viscosa a conversa dos adultos. Iso é todo canto lembra Luis.

Dezanove anos despois, teño a sensación de que a memoria da catástrofe foi borrada. Que ninguén nos dixo nada, que ninguén nolo repetiu as
veces suficientes. Hai un par de semanas acudía en Compostela á representación de N.E.V.E.R.M.O.R.E., a peza de teatro documental coa que a
Chévere reivindica o relato das voces baixas ao tempo que pon en escena o argumento pesado da burocracia que xerou o caso. Durante dúas
horas respirei no público rodeado de persoas que si lembraban os días agónicos do Prestige, que si tiveran que decidir hai case dúas décadas entre
acudir a limpar chapapote ou quedar na casa, entre mani- festarse ou facer como que non pasaba nada. Ao final, sentín que parte daqueles
espectadores emocionados eran tamén culpables da miña, da nosa desmemoria.

Non hai monumentos, non hai loito nacional ou lembranza anual. En Noia, na vila onde medrei, un grafiti enorme miraba á ría e berraba:
NUNCA MÁIS. Quedounos o slogan coma un símbolo. Pero haberá dentro de cinco, dez anos, adolescentes capaces de interpretalo? Xente nova
capaz de saber que aquilo é un signo de identidade? Que o nunca máis é a memoria dun pobo en pé cos ósos feitos de chuvia, unha manifestación
de paraugas negros? Saberemos transmitir esa lección de dignidade?

O Prestige puido ser a grande lección de mobilización social, de política non partidista. O exemplo a seguir para todos os que viñamos despois.
Pero non o foi. A desmemoria é proba diso. No N.E.V.E.R.M.O.R.E. de Chévere, ao final da obra, ocupan o fondo do escenario pancartas e
frases das manifestacións da época. No centro, unha saba negra di: “O futuro non é o que vai pasar senón o que imos facer”. Que fixemos?,
pregunto hoxe.

3.3. Localice no texto tres palabras que presenten un fonema vocálico tónico medio-aberto e dúas que pre- senten
un fonema vocálico tónico medio-pechado. (0,5 puntos)

SOLUCIÓN:

3.3. (0,5 puntos). 0,1 cada palabra correcta.


Exs.: Fonema vocálico tónico medio-aberto: dezanove / fóra / tamén.
Fonema vocálico tónico medio-pechado: aparecer / fondo.
En caso de dúbida, consultamos o Dicionario de pronuncia da lingua galega (https://ilg.usc.es/pro-

nuncia/).

ABAU 2021/ COVOCATORIA EXTRAORDINARIA

2.3. Localice no texto cinco palabras nas que aparezan os mesmos fonemas que os subliñados nestas:
baixo, léxico, cego, menos, onte. (0,5 puntos)

Solución:

baixo = fixeron, desexo, esaxerado, exercicio, xa


léxico = reflexionar, exhibir, éxito, desconexión.
cego = medio-aberta. Exs.: pés, primavera, inédita, pandemia.
menos = medio-pechada. Exs.: tres, desexo, facer.
onte = medio-aberta. Exs.: poden, moda, logro, fenómenos.

PROPOSTA 2022
3.2 Localice no texto catro palabras nas que aparezan os mesmos sons que os representados polas grafías que se
subliñan nestas: peixe e exame; quero e queres. (1 punto)

Solución:

3.2. 0,25 cada palabra ben indicada. Propoñemos varias opcións para cada unha das palabras, aínda que o
alumnado só ten que indicar unha.
Peixe = enerxética / emerxencia / deixou / paleoclimatoloxía...
Exame = expoñemos / excepcionalidade / existencia.
Quero = Calquera palabra con vogal medio-aberta: centos, ten, enerxética... Queres = Calquera palabra con
vogal medio-aberta: centos, ten, enerxética...

ABAU 2019/XUÑO/Opción B Exercicio 5. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: serio,
cómico, retórico, chinés, teren, mulleres, persoa. (Subliñadas no texto) [1 punto]

ABAU 2019/XULLO/Opción B. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto]
agora, outono, ben, eterno, só, todo, ninguén, podemos, recendo, amor.

ABAU SETEMBRO 2016/Opción A. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1
punto] galego, facer, grelos, pobo, mesmo, morriñosa.

XUÑO 2015/Opción B. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto]:
meses, guerra, é, todo, réxime, escoller, vense, sofre, atómica, décadas.

SETEMBRO 2015/ Opción B. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto]
debes, agora, moderno, moda, teléfono, móbil.

SETEMBRO 2014/ Opción B. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto]
costa, esteiro, xenérico, rochosos, recubertos, colonias.

XUÑO 2012/Opción A. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto] tes,
pelo (subst.), recordo, ve, cedo.

XUÑO 2010/ Opción 1. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto]
órganos, asceta, abondo, besta, perfecto, mérito.

SETEMBRO 2010/Opción B. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto]
guerra, enérxica, doloroso, baioneta, fe, home.

XUÑO 2009/Opción 1. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto]
miseria, logo, mor, facer, incerteza

SETEMBRO 2009/ Opción 1. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto]
vez, tamén, pobreza, pobres, noxo.

XUÑO 2008/ Opción 1. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto] era,
facelo, xerme, terror, concello, sen (preposición)

M SETEMBRO 2008/ Opción 2. Define os fonemas consonánticos que atopes nas seguintes palabras (1 punto)
fixo, prezo.

XUÑO 2007/ Opción 1. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto]
detelo, tamén, feroz, aquel, home.

M XUÑO 2006/ Opción 1. Define os fonemas consonánticos que atopes nas seguntes palabras (1 punto): bebo,
lume, xerme.
M SETEMBRO 2006/ Opción 1: Define os fonemas consonánticos que atopes nas seguintes palabras. (1 punto).
xente, vez.
M XUÑO 2005/ Opción 1: Define os fonemas vocálicos das seguintes palabras (1 punto). guerra,flor, homes.

SETEMBRO 2005/ Opción 1: Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto]
mozo, home, extremos, pelo, metera.
XUÑO 2004/ Opción 1: Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto] toda,
estas, propósito,teléfono, técnica,certeza, precioso, eles, superfluo, home.

M SETEMBRO 2004/Opción B. Define os fonemas que aparecen en: coche, quen, dixo (1 punto)

M SETEMBRO 2003/ Opción 1. Define os fonemas consonánticos de: axuste, talle, chourizos (1 punto)

SETEMBRO 2002/ Opción 1. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto]
sempre, só, sorte, aquel.

XUÑO 2001/Opción 2. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: [1 punto] quero,
cousa, es, só, aprobatoria, eterno, ben, Eva, persoa, foron.

PARA VER: Ben falado: Sete vogais do galego

PARA CONSULTAR: *cotovía.org. Fonética e fonoloxía do galego

*Dicionario da pronuncia da lingua galega: dicionario da pronuncia ilg

You might also like