You are on page 1of 3

O XÉNERO E O NÚMERO DO SUBSTANTIVO

O XÉNERO DO SUBSTANTIVO

O xénero é a categoría gramatical que permite a clasificación dos substantivos e


adxectivos en masculinos e femininos.O xénero é inherente aos substantivos, non está
condicionado polas necesidades de concordancia dentro do enunciado e reflicte a seguinte
oposición: xénero marcado (tamén chamado "feminino") e xénero non marcado (tamén
chamado "masculino").

Os substantivos en que se produce a oposición de xénero denomínanse variables, e


esta oposición trae consigo diferenzas de significado:
1. Diferenza de sexo: xeralmente, nos seres sexuados dáse a oposición macho / femia: tío /
tía; cabalo / egua; o estudante / a estudante; rei / raíña; tigre / tigresa.
2. Diferenza de forma: dependendo do seu xénero gramatical, moitos termos poden designar
obxectos que presentan diferenzas formais que, polo xeral, son de tamaño (maior / menor):
Agra: grande extensión de terra de cultivo dividida en leiras ou agros que pertencen a distintos
donos.
Agro: extensión de terra para o cultivo, polo xeral pequena, que pertence a un só dono.
3. Oposición individual / colectivo:
Ovo: corpo formados por unha soa célula, producido polas femias dos animais ovíparos, que
contén o xerme do embrión e as substancias para alimentalo.
Ova: masa compacta formada polo conxunto de pequenos ovos nos ovarios dos peixes e
crustáceos.

Nos substantivos variables, que presentan oposición de xénero :


En xeral, emprégase morfema -o para o masculino e morfema -a para o feminino: oso / osa.
Ás veces, o xénero feminino indícase cos morfemas -iña, -ina, -esa, -isa, -triz :
galo / galiña; heroe / heroína ; actor / actriz.
Outras veces, a oposición indícase con lexemas totalmente distintos: home / muller, boi / vaca.
Outros substantivos marcan a oposición mediante o determinante:

REGRAS DE FORMACIÓN DO FEMININO:


MASCULINOS FEMININOS
Rematados en -o ou en -e átonos substitúen a vogal final por -a: fillo / filla, xefe /
xefa,humano / humana
Rematados en -eu fan o feminino en -ía: xudeu / xudía, sandeu /
sandía
Rematados en vogal tónica engaden un -a: avó / avoa, nu / núa
Rematados en consoante distinta de -n engaden un -a: deus / deusa, profesor / profesora
Rematados en -ón fan o feminino en -oa: león / leoa, patrón /
patroa ou en –ona ( os pexorativos): mangallón
/ mangallona,solteirón / solteirona
Rematados en -án fan o feminino en -á: fisterrán / fisterrá, capitán /
capitáou en -ana( os pexorativos): folgazán /
folgazana

Os substantivos invariables non presentan oposición de xénero, senón que ou ben son
masculinos ou ben femininos (a xirafa macho, o disco, a ponte...).
Son femininos :
 A maior parte dos nomes das árbores froiteiras e o seu froito: a maceira / a mazá; a cerdeira /
a cereixa; a nogueira / a noz... Con todo, tamén hai casos masculinos: o pexegueiro / o
pexego; o limoeiro / o limón.
 Os substantivos rematados en -axe: a paisaxe, a viaxe, a friaxe... (agás o traxe, o paxe e o
garaxe).
 Os rematados en -se, -te, -ite: a análise, a crise, a paréntese, a apendicite, a diabete, a
hepatite...
 Os rematados en -tade, -dade: a liberdade, a propiedade, a bondade, a puberdade, a
vontade, a facultade..

En contraposición co castelán teñen xénero feminino os seguintes


substantivos:
a árbore, a arte, a canle, a calor, a cor,a color,a cute, a fin(= final) a dor, a fraude, a orde,
a orixe, a ponte,a pube, a reuma, a rubor,a sentinela, a síndrome, a suor...

Son masculinos:
 -ote e -ete (na súa orixe diminutivos): capote, garrote, barrote, camarote, piquete,
bigote;ou en -ate: chocolate, iate, tomate, etc
 -ame ou -ome: agás síndrome e fame
 -ume: betume, cerume, costume, cume, estrume, fume, legume, lume, queixume,
teitume, vagalume, volume (pero a servidume, a podredume...).
 O nome das letras e os dígrafos é masculino: o a, o efe, o ese, o xe, o ele duplo...
En contraposición ao castelán, teñen xénero masculino os seguintes
substantivos:
o cal, o cárcere, o costume, o couce, o cume, o cuspe, o dote,o fel,
o fin (= finalidade), o labor, o legume, o leite,o mar, o masacre, o mel, o nariz,
o queixume, o riso, o sal,o sangue, o sinal, o xiz...

O xénero dos determinantes nunca varía por cuestións de fonética sintáctica ou posibles
cacofonías: a acta, a auga, a aula...
…………………………………………………………………………………

O NÚMERO DO SUBSTANTIVO

A categoría de número indica a oposición singular / plural, isto é, como unha unidade ou
como máis dunha unidade.
– Os substantivos continuos adoitan presentar só o singular (singularia tantum) por non
poderen ser individualizados. Ás veces aparecen en plural con diferente significación ou con
matices expresivos: o aire /os aires; o tempo / os tempos.
– Outros substantivos só se empregan en plural (pluralia tantum): os lentes, as nupcias, os
cartos, os parabéns, os víveres, as cóxegas, as maniotas, as tenaces...
– Nalgúns casos, a oposición de número leva unha oposición de significado:
miolo (‘parte interna do pan, miga’) / miolos (‘masa encefálica’).

REGRAS DE FORMACIÓN DO PLURAL


Engádese -s se en singular as palabras rematan en vogal, ditongo ou consoante que
non sexa -r, -z, -s ou -l:
cadro / cadros; xersei / xerseis; bailarín / bailaríns; tic / tics.
Engádese -es – ás agudas que rematan en -s no singular: compás / compases.
– Se os substantivos rematan en -r ou -z: xogador / xogadores; raíz /
raíces.
- Cando en singular rematan en -l e son monosílabas ou graves: ril / riles;
fácil / fáciles.
- Nos substantivos compostos, se o segundo elemento é un monosílabo
rematado en -l, faise o plural engadindo -es:
pousafol –pousafoles/chuchamel – chuchameles/ ollomol -ollomoles
Cámbiase o -l se rematan en -l e son palabras polisílabas agudas: canal / canais;
por -is mandil / mandís.
Cruel e fiel conteñen dúas sílabas e non unha. O plural é crueis e fieis.
Nin caracol nin aerosol son palabras compostas, polo tanto o, seu plural é
caracois e aerosois.
Permanecen invariables as graves ou esdrúxulas rematadas en -s e todas as rematadas en -x: o
lapis / os lapis; o mércores / os mércores; o fax / os fax; o tórax / os tórax
Moitos estranxeirismos rematados en consoante engaden -s para formaren o
plural: pubs,sándwichs,icebergs, videoclips, fagots.

You might also like