You are on page 1of 9

BLOQUE 1.

FONÉTICA E ORTOGRAFÍA

1.1 O SISTEMA FONÉTICO GALEGO E USO DAS GRAFÍAS

1.1.1 INTRODUCIÓN
Os falantes dunha lingua tentan axustarse a uns modelos ideais de sons ó emitiren un
enunciado. Eses modelos ideais son os chamados fonemas (unidades lingüísticas
mínimas de carácter abstracto que funcionan na lingua como imaxes mentais dos sons).
Non teñen significado, aínda que permiten distinguir outras unidades maiores (monemas
ou palabras): /pata/, /paga/, /pala/, /para/.
De cada unha destas unidades fónicas ocúpase unha ciencia distinta:
 A fonética estuda os sons da linguaxe articulada coa finalidade de describilos
dende o punto de vista físico e fisiolóxico, isto é, como se produce un son e
que calidades físicas presenta. Os sons son unidades concretas (pronuncias
reais na fala dos fonemas) e constitúen unha serie infinita na lingua.
 A fonoloxía estuda a articulación dos sons na linguaxe en relación cos
significados, isto é, as diferenzas fónicas ligadas a diferenzas de significación.
O seu obxecto de estudo son os fonemas, unidades discretas (perfectamente
definidas e diferenciadas) que non poden dividirse en segmentos menores.
Constitúen unha serie limitada de unidades abstractas. O sistema fonolóxico
galego consta de 26 fonemas: 7 vocálicos e 19 consonánticos.
 No plano escrito, as unidades fonolóxicas específicas dun idioma
represéntanse mediante letras ou grafemas. A disciplina que se ocupa da
correcta utilización dos signos gráficos dunha lingua denomínase ortografía.
O conxunto limitado das unidades gráficas dunha lingua denomínase
abecedario ou alfabeto. O alfabeto galego consta de 23 letras1.

1.1.2 O SISTEMA FONÉTICO GALEGO


1.1.2.1 As vogais
As vogais son os sons que nos ofrecen maior abertura dos órganos articulatorios e maior
sonoridade. Á parte disto, só as vogais poden ser núcleo silábico, isto é, constituír sílabas.
O sistema vocálico do galego, herdeiro do latino, consta de sete fonemas en posición
tónica, número que pode reducirse a causa das neutralizacións que teñen lugar cando as

1
A diferenza do do castelán que consta de 27.
vogais ocupan posicións de maior relaxación articulatoria (átona, especialmente
postónica e final).
Os trazos fonéticos que caracterizan as nosas vogais son dous: a localización ou posición
da lingua na boca e o grao de abertura ou timbre. O sistema resultante é de tipo
triangular con dúas localizacións (anterior e posterior) e catro graos de abertura (aberta,
semiaberta, semipechada e pechada).

A existencia das sete vogais e a súa redución depende da posición da vogal no seo da
palabra: cando está na sílaba tónica recibe máis forza articulatoria que na átona. As vogais
que adoitan presentar maior problema son as catro de abertura media (/ε/, /e/, /ↄ/, /o/), xa
que só contamos con dúas grafías para representalos na escrita: <e> e <o>.
A continuación veremos unhas regras de carácter xeral que nos permitirán saber cando
unha palabra debe realizarse con vogal semiaberta ou semipechada:
/ε/ /e/
Tónica ou pretónica Calquera posición
O e procedente dun e breve tónico latino
(adoita coincidir co ditongo ie castelán):
ferro, tempo.
Palabras acabadas en -el/-eis: ronsel, Nos nomes acabados en -eo: seo, freo,
ronseis, andel, andeis. alleo, feo.
O e trabado por -l: felgo, celta, pel.
O e de ditongos crecentes: duelo, ciencia.
O e dos ditongos decrecentes: eira, meu.
O e trabado por consoante oclusiva: recto,
O e seguido de consoante palatal: fecha,
técnica. espello.
O e dos sufixos -ela; -enza; -estre: orela,
Nos sufixos -és/esa; -edo; -eza; -ello/-
pertenza, silvestre. ella: marqués/-a, penedo, nobreza,
cortello.
Palabras rematadas en -encio/-encia: Todos os infinitivos rematados en -er:
silencio, prudencia. correr. Tamén os verbos en -ear: cean,
arrean.
O e tónico de palabras esdrúxulas
(médico) ou graves rematadas en ditongo
decrecente (criterio, recua).
No nome de certas letras: e, efe, ele, eme, No nome dalgunhas letras: be, ce, de, que,
ene, eñe, erre, ese. pe, te, xe, zeta (ou ceta).
O e conxunción copulativa. O e dos demostrativos: este, ese, ...
Nos pretéritos perfectos irregulares que Nos pretéritos perfectos regulares:
teñen e como vogal temática: tivesen, comestes, temeu, correron.
fixeches, houbestes.
No radical dos verbos semirregulares da O e tónico da maior parte dos verbos da
CII e CIII, nas P2, P3 e P6 do presente de CII (menos as persoas no cadro do /ε/):
indicativo: bebes, serve, menten (agás ler, bebo, bebas.
crer e deber).

/ↄ/ /o/
Tónica ou pretónica Calquera posición
O o procedente dun o breve tónico latino
(adoita coincidir co ditongo ue do
castelán): horta, corvo, roda.
Palabras acabadas en -ol/-ois: caracol,
caracois.
O o dos ditongos decrecentes: ouro, moito.
O o trabado por consoante oclusiva: O o seguido de consoante palatal: solla,
dogma, obxección. focha.
O o dos sufixos: -oco; -oide; -ote; -olo: Nos sufixos -oso/-osa; -oño/-oña; -on/ -
paifoco, androide, machote, rapazolo. ona; -ollo: curioso/-a, risoño/-a, papón, -
ona, ferrollo.
Palabras rematadas en -oz e os seus Nos nomes acabados en -on e -or: ración,
plurais: precoz, precoces, voz, voces. sabor.
O o tónico de palabras esdrúxulas (código,
lóxico) ou graves rematadas en ditongo
crecente (ocio).
O o de só No infinitivo pór e derivados.
Nas contraccións ó, ós, có, cós.
As formas dos pretéritos perfectos de ser
e ir: fora, fostes.
No radical dos verbos semirregulares da O o tónico da maior parte dos verbos da
CII e CIII, nas P2, P3 e P6 do presente de CII (menos as persoas vistas no cadro do
indicativo: comes, foxe, soben. /ↄ/): como, coman.

1.1.2.2 As consoantes
As consoantes prodúcense acusticamente cando o aire atopa algún obstáculo na súa saída
da cavidade oral. A pronuncia das consoantes galegas diferénciase atendendo ós seguintes
criterios:

1.1.3 USO DAS GRAFÍAS MÁIS PROBLEMÁTICAS


1.1.3.1 Uso das grafías b e v
En galego o «b» e o «v» representan un único son: oclusivo bilabial sonoro. Os
portugueses, por exemplo, saben cando deben escribir «b» ou «v» dependendo de se o
son é labiodental fricativo sonoro (no caso do v) ou oclusivo bilabial sonoro (b); porén,
en galego, ó non termos distinción fonolóxica, diferenciamos graficamente dependendo
da etimoloxía da palabra (da súa orixe). No seguinte cadro resúmense as situacións en
que se emprega unha grafía ou outra:
Emprégase b Emprégase v
En interior de palabra, despois de «m»: En interior de palabra, despois de «b», «d» e
ambición, cambar, embalaxe, nimbo etc. «n»: obvio, subvención, advento, advertir,
inverno, benvido etc.
En todas as formas dos verbos rematados en – En todas as formas dos verbos rematados en –
bir: escribir (escribo), prohibir (prohibo), servar e –versar: reservar, preservar,
subscribir (subscribo), exhibir (exhibo) etc. observar; conversar, terxiversar, versar etc.
Excepcións: vir, vivir, servir e todos os seus
derivados.
En todas as formas dos verbos rematados en – En toda a conxugación dos verbos estar
buír: atribuír (atribuín), imbuír (imbuín), (estiven), ir (vai), ter (tivo), servir (sirvo), ver
distribuír (distribuín), contribuír (contribuín) (vexo), vir (veño) e vivir (vivo).
etc.
Excepción: o copretérito (pretérito
imperfecto) do verbo estar (estaba, estabas,
estaba, estabamos, estabades, estaban).
En todas as formas dos verbos beber (bebeu), En todas as formas dos verbos rematados en –
caber (coubo), deber (debeu), haber (houbo), ver: absolver (absolvo), ferver (fervo), mover
lamber (lambeu), saber (soubo) e sorber (movo), ver (vexo), volver (volvo) etc.
(sorbeu).
Excepcións: beber, deber, caber, haber,
saber, lamber, sorber e os seus derivados.
Nas terminacións do copretérito (pretérito Nos nomes dos números: nove, noventa,
imperfecto) dos verbos da 1.ª conxugación: vinte, vinte e catro etc.
andaba, amabas, mirabamos, falaba,
cantabas, bailabamos etc.
Nas palabras que comezan por bu–: bufiñar, Nos adxectivos rematados en –ave, –
bubela, bufanda, buscar, buraco, budista, avo/a, –eve, –evo/a, –ivo/a: grave, oitavo/a,
burbulla, burla etc. bravo/a, leve, suevo/a, nocivo/a etc.
Excepción: vulgo, vulto, vulnerar, vulva, Excepción: árabe e os seus compostos.
vurullo e os seus derivados.
Nos casos en que o son [b] vai seguido doutra Nas palabras que comezan por di–: diversión,
consoante: absoluto, súbdito, absolver, divagar, diverxente, divino, dividir, divorciar
branco, abrazo, ablativo, público etc. etc.
Excepcións: acivro, ávrego, avreguía e ovni. Excepción: dibásico/a.
Nas palabras cos prefixos biblio– (‘libro’), bi– Nas palabras co prefixo vice– (‘cargo de rango
ou bis– (‘dous’), bio– (‘vida’), sub– (‘baixo’): inferior’) ou co sufixo –voro/a (‘comer’):
bibliógrafo, biblioteca, bianual, bisneto/a, vicerrei, vicerreitor, omnívoro, carnívoro etc.
biodegradable, submarino/a etc.

Nas palabras compostas ou derivadas doutras Nas palabras compostas ou derivadas doutras
que tamén se escriben con «b»: botón → que tamén se escriben con «v»: aventura →
abotoar, polbo → polbeira etc. aventureiro, vento → papaventos etc.
Por criterios etimolóxicos, en: abelá, Por criterios etimolóxicos, en: acivro, avó,
automóbil, bafo, balde, baleiro, beira, billa, avoa, avogado, caravel, chuvasco, covarde,
bolboreta, biscaíño, fibela, gabia, gabián, Cristovo, escarvar, escaravello, Estevo,
marabilla, móbil, nobelo, polbo, rebentar, esvelto, garavanzo, gravar, gravata, pavillón,
ribeira, Xabier, trobar, trobador e os seus trevo, varanda, varredor, varrer, vasoira,
derivados. vermello, verniz, verza, voda, voitre, vulto,
xavelina e os seus derivados.

 COMPRE RECORDAR QUE:


Existen palabras en galego que presentan unha grafía diferente do castelán por razóns
etimolóxicas, isto é, pola súa orixe. As palabras máis frecuentes que poden levar a erro
por influencia do castelán preséntanse a seguir:

o Abelá < lat. Abellana [nux] o Trevo < lat. Trifoliu(m)


o Avogado < lat. Advocatu(m) o Varrer < lat. Verrere
o Covarde < fr. Couart o Verniz < lat. Tard. Veronice(m)
o Esvelto < it. Svelto o Verza < lat. Vulg. *virdia
o Marabilla < lat. Mirabilia o Voda < lat. Vota (sing.) / votum (pl.)
o Móbil < lat. Mobile(m) o Vulto < lat. Vultum

1.1.3.2. Uso das grafías s e x


No uso das grafías s e x adoita haber algún problema para saber se debemos empregar
unha ou a outra; por este motivo debemos ter claros os contextos onde se ten que utilizar
cada unha. O cadro que se presenta a continuación mostra unha síntese dos contextos de
uso de cada unha delas:

Levan s Levan x
As palabras estraño, escusa e escavar; e os As palabras co prefixo ex– (‘fóra de’/‘que foi
seus derivados: estrañeza, escusar, e xa non é’): exculpar, ex-ministra, ex-parella
escavación etc. etc.
As palabras que comezan por estra– (non As palabras co prefixo extra– (‘fóra de’ /
sendo este prefixo): estratéxico, estrafalario, ‘moi’): extraterrestre, extrafino,
estragar, estratosfera etc. extraxudicial, extraterritorial etc.
As palabras cos prefixos hexa– e sex– (‘seis’):
hexaedro, hexagonal, sexteto, sexenio etc.
Poden levar s ou x
As palabras que teñen dous x entre vogais
poden cambiar o primeiro por un s: osíxeno,
asexar ou oxíxeno, axexar.

 CÓMPRE RECORDAR CERTAS PALABRAS:

Escríbese con s Escríbese con x


- biscoito - arxila
- escepticismo - bixutería
- escéptico - cervexa
- escisión - cornixa
- esculcar - enxalzamento
- espectacular - enxalzar
- espectáculo - enxiva
- espectador - excelente
- espléndido - exceso
- espoliar - expectación
- espontáneo - extensión
- espremedor - extenso
- espremer - extremidade
- estender - extremo
- estrañar - graxa
- estraño - paixón
- estranxeirismo - xarampón
- estranxeiro - xasmín
- lapis - xastre
- mesquiño - xintoísmo
- mesquita - xintoísta
- xordo

- esotérico (‘que se transmite, unicamente, a un grupo reducido de iniciados


[doutrina, coñecemento]’) / exotérico (‘que se ensina publicamente e dun xeito
accesible para todos [doutrina]’).
- esterno (‘óso plano situado verticalmente no centro do peito, ó cal se unen as
costelas’) / externo (‘que está situado ou actúa no exterior ou cara ó exterior’).
- esperto (‘que non está durmido’) / experto (‘que ten unha grande experiencia
en determinada materia’).
- espiar (‘observar [algo ou alguén] con atención e en segredo, por curiosidade
ou traballando ó servizo de alguén’) / expiar (‘sufrir unha pena ou castigo por
[un delito, falta etc., cometidos]’).
- estirpe (‘raíz e liña de antepasados e descendentes dunha familia’) / extirpe
(‘1ª u 3ª persoa de singular do presente de subxuntivo do verbo extirpar’).
- estrema (‘límite dunha propiedade’) / extrema (‘que alcanza o punto máximo
ó que se pode chegar’).
- estremar (‘trazar as estremas de [unha propiedade]’) / extremar (‘levar ó
punto máximo ou extremo [unha actitude]’).
- laso (‘que está nunha situación de descanso, que está libre de tensións’) / laxo
(‘que carece de rixidez ou firmeza’).
- misto (‘variña moi pequena de madeira ou de papel cuberto de cera, cunha
cabeza de material inflamable que arde ó fretala contra unha superficie’) /
mixto (‘formado por elementos de distinta clase’).
- sesta (‘tempo destinado a durmir e descansar despois de xantar’) / sexta (‘que
nunha serie ocupa o lugar número seis’).
- testo (‘recipiente de barro, plástico etc., cun pequeno furado no fondo,
utilizado para criar plantas’) / texto (‘enunciado ou conxunto de enunciados,
orais ou escritos, considerados de forma unitaria polo seu contido’).

1.1.3.3 Uso da grafía h


En galego o h é un signo ortográfico sen valor fonético. Trátase dunha grafía que está
presente, así e todo, nas palabras tanto en posición inicial como en interior ou final de
palabra: horta, hálito, prohibir, cohesión, oh!, ah!
Como ocorría co b e o v, o h está presente en galego nas palabras que o tiñan
etimoloxicamente (herba, haber, horta, harmonía, home). Deste xeito, escríbense sen h
palabras que non o tiñan en latín ou nos casos en que esta grafía se perdeu e xa non se
repuxo: Xoán, España, ombro, ermida, ermo, irmán, ola (interx.), orfo, óso, ovo.
No seguinte cadro pódense ver os contextos en que se emprega ou non esta grafía:

Emprégase h Non se emprega h

Por criterios etimolóxicos, en palabras como: Por criterios etimolóxicos, en: achar, ata
harén, harmonía, harpía, hasta, hedra, Helena, ou até, baía, encher, ermida, ermo, inflar,
hélice, helmo, Henrique, herba, histeria, home, inchar, irmán, irto, ombro, oco, orfo, óso,
hora, horta, hoxe e os seus derivados. ovo, truán e os seus derivados.
En todas as formas de verbos como haber, habitar,
habituar, herdar, homenaxear, honrar, hospedar e
humillar: hai, habitaba, herdou, honrade etc.
Emprégase h
Nas palabras que comezan polos prefixos gregos:
hex– ou hexa– (‘seis’), hept– ou hepta– (‘sete’),
hendeca– (‘once’), hect– ou hecta– (‘cen’), helio–
(‘sol’), hemi– (‘metade’), hemo– ou hema–
(‘sangue’), hetero– (‘diferente’), homo–
(‘idéntico’), hipo– (‘cabalo’), hipo– (‘baixo’),
hiper– (‘superior ou moito’), hidro– (‘auga’),
hipno– (‘sono’), hepat– (‘fígado’): hexágono,
heptaedro, hendecasílabo, hectárea, hectómetro,
helióstato, hemiciclo, hemorraxia, hematólogo,
hipódromo, hipónimo, heterodoxo, hidroloxía,
hipnose etc.
Nas palabras que comezan por hum–: humor,
humilde, humano, humidade etc.
Excepción: úmero e os seus derivados.
Nas palabras que comezan por horr– ou por hosp–
: hórreo, horrible, hospital, hospedaxe, hospicio
etc.
Na palabra alcohol (aínda que tamén se admite
alcol) e nos seus derivados: alcohólico,
alcoholemia etc.
En moitas interxeccións: ah, bah, eh, ho, hurra,
oh, ouh etc.
Excepción: ai, ola, ei.
Nas palabras derivadas ou compostas doutras que
tamén se escriben con «h»:
hábil → habilidoso; home → xentilhome etc.

 EXISTEN ALGUNHAS PALABRAS HOMÓFONAS COAS QUE HAI QUE TER CONTA:
- habano (‘cigarro feito con tabaco de Cuba’) / abano (‘utensilio para dar aire’).
- hora (’60 minutos’) / ora (‘conxunción; 3.ª persoa do presente do verbo orar’).
- hai (‘do verbo haber’) / ai (‘expresión de queixa’).
- huno (‘relativo a un pobo nómade de Asia’) / uno (‘1.ª persoa do presente do verbo
unir’).

You might also like