You are on page 1of 4

DERIVACIÓN, COMPOSICIÓN E PARASÍNTESE

 DERIVACIÓN: É un procedemento para formar palabras que consiste en engadirlle morfemas derivativos (prefixos ou sufixos) a un lexema. Exemplos: multicolor, caixeiro...
 PREFIXO: É un morfema derivativo que vai antes do lexema e varía parcial ou totalmente o seu significado. Exemplos: bicolor, contraataque, excarcerar...
 SUFIXO: É un morfema derivativo que vai despois do lexema. Exemplos: neniña, golazo, cuartucho...
 COMPOSICIÓN: É un procedemento de creación de palabras que consiste en unir dous ou máis lexemas. Exemplos: augamar, afialapis, baloncesto; piso piloto; garda civil...
 PARASÍNTESE: É o procedemento de creación de palabras que combina, asemade, composición e derivación, isto é, as palabras parasintéticas constan de máis dun lexema
e tamén dalgún tipo de morfema derivativo (habitualmente un sufixo). Exemplos: automobilista, estadounidense, galegofalante; Tamén é o procedemento de creación de palabras
que consiste en engadirlle a un lexema un prefixo e un sufixo á vez, sen que exista previamente a palabra só con prefixo ou sufixo. Exemplos: repatriado, anoitecer, ennobrecer...
ABREVIATURA, SIGLA E ACRÓNIMO
 ABREVIATURA: É un recurso mediante o cal se representan palabras na escrita con só algunhas ou unha das súas letras seguidas dun punto. Exemplos: Sr. / Sra (Señor /
Señora), adv. (adverbio), a.C. (antes de Cristo); Ilmo. (Ilustrísimo)...
 SIGLA: É o conxunto das letras iniciais que serven como abreviatura de cada unha das palabras que forman un nome composto. Adoitan ir en maiúscula. Exemplos: ESO
(Educación Secundaria Obrigatoria), USC (Universidade de Santiago de Compostela)...
 ACRÓNIMO: É a palabra resultante de mesturar partes de diferentes palabras. Exemplos: RENFE (Rede Nacional dos Ferrocarrís Españois), láser (light amplification by
stimulated emission of radiation); Sergas (Servizo Galego de Saúde)....
FAMILIA LÉXICA E CAMPO SEMÁNTICO
 FAMILIA LÉXICA: É o conxunto de palabras que comparten un mesmo lexema ou raíz. Exemplos: carballo (carballa, carballal, carballeira, carballiño...), vaca (vacún,
vaqueiro…), lume (alumear, lumieira, luminoso, luminaria…)...
 CAMPO SEMÁNTICO: É o grupo de palabras que están relacionadas por un trazo do seu significado e que pertencen á mesma categoría gramatical. Exemplos: pezas de
roupa (abrigo, chaqueta, xersei; camisa, gravata, calcetín; pantalón, cinto, luvas; zapatos...), árbores (carballo, castiñeiro, piñeiro; eucalipto...)...
DENOTACIÓN E CONNOTACIÓN
 DENOTACIÓN: É o significado explícito, propio e obxectivo que ten unha unidade léxica, unha palabra ou unha expresión, para os falantes dunha lingua. Este significado é
independente do contexto en que se utiliza. Esta significación directa, coñecida pola maioría dos falantes, corresponde á definición principal de cada palabra ou expresión que
atopamos nos dicionarios. Exemplos: “gato” (“un animal doméstico, un mamífero pequeno co pelo suave e as unllas afiadas, que miaña...”), “traballo” (“unha actividade
profesional remunerada, o lugar onde se realiza esa actividade”) ou “cadela” (“a femia do can”); expulsar, médico, comer; nai...
 CONNOTACIÓN: define os significados marcadamente subxectivos que, no uso da linguaxe, se asocian e se engaden ao significado léxico explícito dunha palabra ou un
grupo de palabras. Estes significados dependen do contexto, das experiencias e dos pensamentos dos falantes e non só se reflicten mediante as palabras ou expresións, tamén
mediante imaxes, cores... Tamén se relaciona coa linguaxe simbólica ou figurada xa que algúns recursos retóricos propios da linguaxe literaria están vinculados á connotación
tales como a comparación e a metáfora. Exemplo: “cadela” (“unha muller irascible”); chimpar, matasáns, papar; mamá...
PALABRAS PATRIMONIAIS, CULTAS E SEMICULTAS
 PALABRAS PATRIMONIAIS OU POPULARES: Son aquelas palabras que sufriron as evolucións fonéticas e morfolóxicas características do paso do latín ao galego.
Exemplos: lúa, galiña, noite; cheo, chavella, rella; chave, mazá, xesta; palabra, home, espello; leite, pomba, dono, escudo; outono, mestre, noite; pau, fío, espiga; amigo, moeda,
lobo, roda, facer...
 PALABRAS CULTAS OU CULTISMOS: Son aquelas palabras galegas de orixe latina ou grega que entraron tardiamente e que apenas sufriron modificacións, de maneira
que se semellan moito á forma clásica orixinal. Exemplos: recto, olfacto, lácteo; pleno, clavícula, regular; século, reclamar, obstáculo; atleta, dinámico, mecánico; cúbito, úmero...
 PALABRAS SEMICULTAS OU SEMICULTISMOS: Son voces derivadas do latín ou do grego que entraron no galego tempo despois (máis recentes) ca as patrimoniais e
antes (máis vellas) ca os cultismos. Caracterízanse por non experimentaren a súa evolución fonética e morfolóxica completa das palabras patrimoniais, pero si máis cambios ca
os cultismos, isto é, atópanse a medio camiño das voces patrimoniais e dos cultismos. Exemplos: preamar, caravilla, regra...
 ÉTIMO: É a voz latina ou grega da que procede unha palabra. Exemplos: cathedram, directum, secretum; plenum, claviculam, regulam; integrum...
 PARES LÉXICOS: Son as dúas posibilidades que pode dar no galego unha mesma voz latina ou grega (unha palabra patrimonial e un cultismo). Exemplos: solteiro
(patrimonial) – solitario (cultismo); madeira (patrimonial) – materia (cultismo); cheo (patrimonial) – pleno (cultismo); caldo (patrimonial) – cálido (cultismo)...
ANTROPÓNIMOS, TOPÓNIMOS E XENTILICIOS
 TOPÓNIMOS: Son os nomes propios de lugar. Exemplos: Boimorto, Caión, Tambre...
 ANTROPÓNIMOS: Son os nomes propios de persoa, apelidos ou alcumes. Exemplos: Urraca, García, Breogán; Celtia, Bríxida...
 XENTILICIOS: Son aqueles adxectivos que nos informan do lugar de procedencia ou orixe das persoas.Adoitan formarse engadíndolle un sufixo ao nome do lugar de
procedencia. Exemplos: estradense, lugués / luguesa, venezolano / venezolana...
PRÉSTAMOS LINGÜÍSTICOS / ADSTRACTOS
 DEFINICIÓN: Son termos novos procedentes doutras linguas, normalmente para designar realidades recentes que non contan cun termo específico na lingua de chegada.
Exemplos: francés (hotel, cheminea, restaurante...), inglés (bar, gol, fútbol...), italiano (concerto, violín...); éuscaro (esquerda, zamarra), alemán (cinc, níquel...)... Caso
particular: os préstamos do portugués, dado que esta lingua e o galego eran a mesma no inicio, polo que aínda na actualidade se recorre moito a ela co fin de completar o corpus
léxico do galego.
 ESTRANXEIRISMOS: Son aqueles préstamos lingüísticos que conservan a forma orixinal. Exemplos: pizza, ballet, walkie – talkie; karaoke...
 ADAPTACIÓNS: Son aqueles préstamos lingüísticos que se acomodan á fonética, morfoloxía ou ortografía da lingua de chegada. Exemplos: fútbol, fular, xersei; xampú…
 CALCOS: Son aqueles préstamos lingüísticos que son traducidos literalmente para se adaptaren á lingua de chegada. Exemplos: fóra de xogo, banda deseñada, pasarrúas;
rato, á carta, fin de semana...
 BARBARISMOS: Son os préstamos lingüísticos innecesarios, isto é, aqueles termos que se collen prestados termos para os que posuímos recursos ou vocábulos propios.
Exemplos: basura, escoba, grifo; riñón, rodilla, sartén; tenedor... fast food, gay, hall; hobby, look, parking; stock, party, week – end; trailer, amateur, chef; crêpe, affaire...
backoffice, feedback, shock; mass media, mail... tournée, fan, manager; self – service, webquest, coworking; photocall, backstage, online...
NEOLOXISMOS E FRASES FEITAS
 NEOLOXISMOS: Son palabras novas creadas no propio seo da lingua, ben por procedementos morfolóxicos como a derivación, a composición ou a parasíntese; ou ben pola
ampliación de acepcións de voces xa existentes. Nacen da necesidade de nomear obxectos ou elementos novos fai que na lingua xurdan, decote, palabras novas e van entrando
nos dicionarios pouco e pouco, pero iso non quita que se usen igual na lingua cotiá. Exemplo: rato (animal) – rato (ferramenta do ordenador); videoclip, cibercafé, teléfono móbil;
bit, videocámara, arroba; programa, diario, beirarrúa; reciclaxe, astronauta, fonendoscopio; seareiro, gasoduto...
 FRASES FEITAS: Son expresións dunha lingua que os falantes empregan para lle dar máis expresividade ao seu discurso. Polo xeral, son locucións ou grupos de palabras
consolidadas relacionadas cun significado determinado. Exemplos: estar nas verzas (andar despistado), estar no allo (estar ao corrente de algo), ser un falabarato (non cumprir o
que se di); custar ferro e fariña (custar moito), non dar golpe (non facer nada), estar coma un carballo (ter boa saúde); ter cara de ferreiro (ter cara seria ou malhumorada), hai que
ser coma a xente (hai que comportarse de maneira correcta), non me facía xeito (cadrar ben); cáeme a cara de vergoña (sentir moita vergoña), tes a cabeza de paxaros (non ter
sentido), estar a velas vir (estar distraído ou torpe co que se está a facer); ter callos (ter experiencia), dar xenio (agradar moito), ser can vello (ser astuto e precavido ou ter moita
experiencia nun determinado asunto ou en xeral); andar aos biosbardos (andar inutilmente buscando algo que non se atopa), baixar as orellas (ceder a contragusto en calquera
asunto)...
ACTIVIDADES
IDENTIFICAR CASOS DE DERIVACIÓN, COMPOSICIÓN, PARASÍNTESE, ACRÓNIMOS, SIGLAS E ABREVIATURAS
 Beleza, pintura, careiro; florecer, escasear, abrigoso; libreiro, tristura, boamente; enfermidade, mocete, amiguete...
 Apdo., d.C.; A.T., C.P., RR.HH.; Vde., D.E.P....
 Semicírculo, semipesado, monólogo, hipocentro, polimorfo, antidopaxe; antiaéreo, bianual, bimotor; contradicir, filliña, orellón...
 DOG, ANPA, ONU; DNI, IVE, IRPF; CIG...
 Contrapoñer, desinfectar, desinchar; monoteísmo, anormal, barbeiro, debilidade, dentista; dentadura, partidazo, casiña, portiña...
 Beiravía, sapoconcho, vacaloura; xordomudo, claroscuro, ruxerruxe; vaivén, escornabois, salvavidas; coche bomba, calcapapeis...
 Libraría, enfermaría, barbaría; debilitar, infravalorar, bisavó; intermediario, arritmia, ágrafo; autobús, rapacete...
 Centrocampista, paraugueiro, paracaidista; radiooínte, manobreiro, botafumeiro; hispanofalante...
 Polivalente, analfabeto, politeísmo; antiaéreo, anticorpo, infraestrutura; infrasón, antiácido, infrahumano; antiasmático...
 ONG, UCI, UE; OMS, FMI, BCE; MSF...
IDENTIFICAR CASOS DE DERIVACIÓN, COMPOSICIÓN, PARASÍNTESE, ACRÓNIMOS, SIGLAS E ABREVIATURAS
 Omnisciente, subterráneo, amorfo; transformar, anticorpo, hipermetropía; automoción, monocromático, perímetro; simétrico...
 UNESCO, UNICEF, ADENA; IMSERSO...
 Biauricular, bianual, bibásico; bisílabo, transacción, transalpino; transahariano, interacción, intercambio; intercelular...
 Bendicir, malestar, lucecú, vagalume, pasamontañas; pasaporte, paraugas, escachanoces; camposanto...
 Autobiografía, libriño, periartrite; pericardio, pericarpo, excomuñón; autocar, automóbil, expatriar; excomungar...
 Homiño, feúcho, naiciña; homazo, mediucho, colorear; libreiro, nomear, perigoso; portiña, cullerón, homazo; cochazo...
 Embarcadoiro, aluar, amolecer; abrandar, aflorar, encadear; enriquecer, empapelar, encamar; endurecer...
 Colorante, miradoiro, xornalista; colorado, follaxe, ourensán; beleza, festeiro, entoar; lanar, golpazo, balonazo, cansazo...
 Tirarrollas, abrelatas, moble bar; porco bravo, pasamáns, parasol; portavoz, mediodía, peixe sapo; peixe espada; ano luz...
 Madriña, lareiriña, manciña; baixete, librete, rabecho; pequenecho, gordecho, altecho; peíño, dediño, pequeniño; dociño...
IDENFITICAR CASOS DE FAMILIA LÉXICA, CAMPO SEMÁNTICO E PARES LÉXICOS
 Meigo (patrimonial) – máxico (cultismo); ollo (patrimonial) – ocular / oculista (cultismo); cabeza (patrimonial) – capital (cultismo).
 Leite (leiteira, lácteo, lactancia, lactante, aleitar…), abrigo (abrigar, abrigado, abrigadoiro, abrigoso...), áncora (ancorar, ancoradoiro…).
 Animais (porco, cabalo, vacaloura; rodaballo...), deportes (tenis, fútbol, baloncesto; natación...), cores (vermello, amarelo, verde; negro...).
 Dereito (patrimonial) – directo (cultismo), pazo (patrimonial) – palacio (cultismo), ancho (patrimonial) – amplo (cultismo).
 Pan (panadeiro, panadaría, empanar; empanada…), lazo (enlace, enlazar, laciño…), dor (doenza, doente, doloroso...).
 Días da semana (luns, martes, xoves; sábado...), flores (caravel, chorima, rosa...), instrumentos musicais (guitarra, baixo, batería...).
IDENFITICAR CASOS DE FAMILIA LÉXICA, CAMPO SEMÁNTICO E PARES LÉXICOS
 Noite (patrimonial) – nocturno (cultismo), chan (patrimonial) – plano (cultismo), cadeira (patrimonial) – cátedra (cultismo).
 Táboa (entaboar, taboleiro, tabulardor...), saír (saída, sobresaínte, sobresaliente; salientar...), xeo (xeado, xiada, conxelar...).
 Electrodomésticos (televisión, frigorífico, lavalouza...), cidades (Vigo, Salamanca, Granada, Xirona), úteis escolares (caderno, lapis, libro, goma...).
 Delgado (patrimonial) – delicado (cultismo), cabelo (patrimonial) – capilar (cultismo), colgar (patrimonial) – colocar (cultismo).
 Ceo (celeste, celestial...), lúa (luada, lunático, luar...), orde (ordenar, ordenanza, ordenador...); cadea (encadear, catenaria...).
 Medios de transporte (autobús, moto, coche; bicicleta, avión, barco; camión...), fútbol (columna, gol, liga; dianteiro, porteiro, árbitro...).
 Enteiro (patrimonial) – íntegro (cultismo), palabra (patrimonial) – parábola (cultismo), chave (patrimonial) – clave (cultismo).
IDENTIFICAR ANTROPÓNIMOS, TOPÓNIMOS, XENTILICIOS E PRÉSTAMOS LINGÜÍSTICOS
 Cinc / zinc, cobalto, cuarzo; feldespato, hinterland, káiser; nazi, níquel, valse; vermú, babuxa, haxix; xilaba, bou, rape; faena, remolcar, turrón...
 Teis, A Limia, Arnoia; Baroña, Gándara, Meira; Narón, Arzúa, Barallobre; Betanzos, Cangas, Bergantiños; Trives, Deva, A Aldea; Alfoz, Famarontaos...
 Bocadillo, bolero, cuadrilla; galleta, guerrilla, platino; sainete, tortilla, abur; gabarra, zamarra, zulo; arcipreste, anorak, babor; ballet, baúl, billete; bita...
 Lucense, canadense, allaricense; ribadaviense, chinés / chinesa, portugués / portuguesa; escocés / escocesa, peruano / peruana, xermano / xermana, angolano / angolana...
 Cebreiro, Fontecabalos, Porqueira; O Val, Covelo, O Seixo; Abuín, Lalín, Mosteiro; Celanova, Frades, Cabreira; Outeiro, A Mezquita, Almuíña; Trives...
 Alba, Bieito, Celia; Gloria, Martiño, Alexandre; Heitor, Iria, Sofía; Xurxo, David, Eva; Gabriel, Rubén, Daniel; Gonzalo, Roi, Rosalía...
 Bufete, carné, carpeta; casete, chalé, cheminea; chofer, complot, control; croqueta, dejà vu, estribor; fular, hotel, izar; maquis, pantufla, parche; restaurante...
 Saia, suite, xefe; xoia, colaxe, coraxe; vantaxe, garaxe, salvaxe; caqui, xampú, coche; vampiro, kiwi, fiorde; mazurca, polca, iogur; apartheid, bar, big bang...
 Ourensán / ourensá, alemán / alemá, catalán / catalá; betanceiro / betanceira, galego / galega, chairego / chairega; limego / limega, chileno / chilena, madrileño / madrileña...

IDENTIFICAR ANTROPÓNIMOS, TOPÓNIMOS, XENTILICIOS E PRÉSTAMOS LINGÜÍSTICOS


 Gondomil, Monforte, Ribadumia; Marín, Cabanas, Pontevedra; Caramiñal, A Estrada, Maizán; Compostela, Padrón,Vigo; Viveiro, Limideiro, Rábade...
 Bit, clown, fox – terrier; fútbol, gol, hardware; hippy, hobby, iate; líder, mitin, panfleto; pudin, recital, revólver; rock, sándwich, snob; spot, spray, stop; surf...
 Túnel, underground, váter; walkie – talkie, windsurf, whisky; zoom, xéixer, adagio; allegro, casino, centinela; concerto, cucaña, emboscada, esvelto, graffiti...
 Elvira, Fernando, Fátima; Zaida, Almudena, Bernardino; Graciela, Orlando, Amadeo; Carlota, Xil, Chantal; Amaia, Nuria, Xavier...
 Iraniano / iraniana, austríaco / austríaca, santiagués / santiaguesa; compostelán / compostelá, holandés / holandesa, neerlandés / neerlandesa; mindoniense, pastoricense...
 Guitiriz, Recarei; Mondariz, O Burgo, Gomesende; Gondomar, A Guarda, Lobios; Zas, Hermesinde, Vaamonde; Baltar, Forcarei, Boiro; Penedo, Samil, Pedrafita...
 Grotesco, gueto, libreto; mostacho, novela, ocarina; pallaso, piano, pizza; serenata, soneto, spaghetti; tómbola, trombón, tute; violín, violonchelo, vitela; batea...
 A Maquía, Bastida, Muxía; A Granxa, Temple, Manzaneda; Barrio, As Ermitas, O Portazgo; Cervás, Oseira, Lobeira; Sardiñeira, Alén, Vista Alegre; Sarria...
 Cacahuete, cacao, cacique; cancha, caníbal, canoa; carpa, chicle, chocolate; cobaia, cóndor, furacán; gaucho, hamaca, pataca; petunia, poncho, puma; piragua...

IDENTIFICAR ANTROPÓNIMOS, TOPÓNIMOS, XENTILICIOS E PRÉSTAMOS LINGÜÍSTICOS


 Courelao / courelá, naviego / naviega, friolés / friolesa; muradán / muradá, xaponés / xaponesa, nipón / nipoa; húngaro / húngara, maxiar, dinamarqués / dinamarquesa...
 Tabaco, tomate, tucán; automóbil, artrite, bibliófilo; biblioteca, democracia, fotografía; glotocidio, melancolía, nostalxia; odontoloxía, paleografía, simpatía...
 O Courel, Valga, Cantábrico; Soutelo, Canido, Fraga; Teixido, Ribadavia, A Golada; Ribadeo, Meira, Arenteiro; Verín, Allariz, O Corpiño; Pereira, Santalla...
 Danés / danesa, indio / india, hindú; polonés / polonesa, suízo / suíza, polaco / polaca; finlandés / finlandesa, finés / finesa, helvético / helvética; camariñán / camariñá...
 Pamela, Otelo, Anabel; Jonathan, Kevin, Iván; Nadia, Olga, Sonia; Boris, Montserrat, Ramón; Edurne, Iker, Octavio, Xulia; Celia...
 Socioloxía, teléfono, telégrafo; televisión, bacallau, bailar; cordel, garlopa, hostal; monxe; trobar, viaxe; bolxevique, estepa, icona; mamut, perestroika....
 Rublo, soviet, soviético; sputnik; tsar, vodka, kamikaze; karaoke, karate, quimono; sushi, caipiriña, ananás, azulexo; churrasco....
 Portela, Carral, Rodeiro; A Pontenova, Paredes, Muíños; Quintela, Pobra, O Burgo; Casal,Vilar, Santo Estevo; Sanxenxo, Astureses, Capela; Vilariño, Lemos...
 Arnoiao / arnoiá, sanxenxino / sanxenxina, silense; castrexo / castrexa, caldelán / caldelá, teense; carballés / carballesa, rosaleiro / rosaleira, alaricano / alaricana...

You might also like