You are on page 1of 3

IES ISIDRO PARGA PONDAL Curso 2020-21

Lingua galega e literatura

CARACTERÍSTICAS DO GALEGO ANTIGO

Os documentos escritos da época presentan unha gran variabilidade lingüística e


inestabilidade gráfica debido á ausencia dunha tradición escrita en romance e á
tendencia a adaptar a ortografía latina á realidade idiomática do “ neonato” galego-
portugués.

Tomando como base eses documentos, e cun ánimo puramente informativo, podemos
describir a lingua medieval fixándonos nos aspectos máis salientables dos diferentes
niveis de análise lingüística. Distinguiremos dúas etapas correspondentes aos
períodos trobadoresco e postrobadoresco.

Época trobadoresca ( ata o século XIV)

■ Fonoloxía

Vocalismo.

Destacamos dous trazos como os máis característicos:

- Úsase o til de nasalidade ( ~ ) sobre algunhas vogais, para marcar a perda dun
–n- intervocálico latino:

MANU > mão; BONU>bõo

- Abundancia de hiatos por perda de consoantes intervocálicas:


VIDERE>veer; DIABOLU> diaboo.

Consonantismo.

A lingua medieval presentaba un complexo sistema de sibilantes xordas e sonoras,


xerado na transición do latín ao romance medieval e simplificado posteriormente:

a) Grafías s-, -ss- /s/, semellante ao s actual : saber, nosso…


Grafía –s- /z/, máis suave e semellante ao s sonoro do francés: casa.

b) Grafía ç-, pronunciada como [ ts] : maçaa [matsaa], çento [ tsέnto ], çinta
[tsinta]…
Grafía –z-, pronunciada como [dz]: fazer [fadzer], dizer [didzer]…

c) Grafía x /ζ/, pronunciada como o x do galego actual: leixar, xadrez…


Grafías j, ge, gi / έ /, pronunciadas dun xeito semellante ao j do inglés
enjoiment ou do francés jamais: jornada, trager, giganto…

■ Morfoloxía

- Xénero invariable dos nomes rematados en –or, -ol, -és, -ante: un/unha pastor,
un/unha senhor, un/ unha infante…

- Formas átonas nos posesivos: sa casa.

-Te ( ti) con valor de complemento directo e de complemento indirecto: falei-te.

- Mesóclise pronominal ( intercalación dun pronome átono nunha forma verbal


perifrástica): riir-s´- han ( riranse ).

-Tempos compostos con aver: avian falado.

-Formas arcaicas na 1ª persoa do presente de indicativo de certos verbos: perço de


perder, arço de arder, moiro de morrer…

-Participio en –udo para certos verbos da 2ª conxugación: perdudo, connosçudo…


…( hoxe en –ido )

-Integración de verbos da 3ª conxugación latina na 2ª conxugación: dizer, viver

■ Sintaxe

- Emprego do artigo partitivo: deitar do leite.

- Uso do posesivo sen artigo : seu escudo aos peitos.

- Próclise pronominal ( colocación do pronome átono antes do verbo ): eles nos


chaman…

- Concordancia nos tempos compostos entre o participio e o complemento


directo: a fe que me avia jurada.

- Emprego de dúas negacións: nem madre, nem parente nom a podiam d´aly
tirar.

■ Léxico

No léxico dos cancioneiros é especialmente notable a presenza de préstamos do


provenzal e do francés, o que nos dá idea da importante e fluída relación que naquela
época había entre Galicia e outras rexións da Europa transpirenaica, mercé, sen
dúbida ao camiño de Santiago. Tamén aparecían voces que hoxe caeron en desuso.

- Galicismos: dama, sage ( sabio ), adubar, barnagen ( nobreza )…


- Provenzalismos: assaz ( bastante ), trobar, segrel, solaz ( pracer )…

- Voces desaparecidas: vegada ( vez), eire ( onte ), cadal ( capital ), frontar (


requirir )…

- Moitas veces o verbo aver utilizábase co significado de ter: “ non ey barqueiro


nem remador”

- Algunhas particularidades léxicas: guisa:maneira, fossado: guerra, toller:


quitar…

You might also like