You are on page 1of 27

Historia da lingua

Formación da lingua galega


O galego é
unha lingua
románica,
romance ou
neolatina, é
dicir, é unha
variedade
xeográfica do
latín vulgar
(= latín falado)
Substrato, adstrato e
superestrato

O galego é o resultado da evolución no noroeste da


Península Ibérica do latín vulgar traído polos romanos no
séc. II e I a.C.
Factores que condicionaron unha evolución diferente á
doutras linguas románicas
❑Distancia de
❑Romanización en distintos
Roma
períodos
❑Nivel instrución ❑Os distintos estratos
dos axentes lingüísticos
da latinización
Substrato Superestrato

Linguas autóctonas que Latín Linguas invasoras que


son substituídas pola non substitúen á lingua
lingua latina, mais que latina, mais que deixan a
deixan a súa pegada no súa pegada no latín da
latín da Gallaecia. Gallaecia.
Substrato preindoeuropeo
 O substrato preindoeuropeo localízase cronoloxicamente na Idade
de Pedra.

 Algúns exemplos de palabras de orixe preindoeuropea que


chegaron até os nosos días son:

Carqueixa Queiroga / Carrasco Amorodo / Morango / Morote

Carballo Toxo

É probable que os romanos descoñecesen estas especies e que,


polo tanto, non tivesen un nome para elas e
adoptasen as denominacións autóctonas.
Substrato indoeuropeo. Os celtas

 Cara ao ano 800 a.C., os preindoeuropeos foron desprazados do


NO da Península Ibérica polos pobos indoeuropeos, entre os que
cómpre destacar os celtas.

As sete (ou oito) nacións


celtas
Substrato indoeuropeo. Os celtas
No tocante á lingua, é relativamente
numeroso o vocabulario galego de procedencia
celta. Podemos sinalar algunhas palabras coma:

Berce Laxe
Billa Lousa
Balor Morno
Burato Sarabia

Croio Rodaballo
Lama Virar
[Pepe Carreiro, Historia da lingua galega]
Substrato indoeuropeo. Os celtas

 Tamén é importante a influencia do substrato celta na


toponimia. Podemos sinalar algúns topónimos (nomes de
lugar) e hidrónimos (nomes de ríos) coma:

Avia Coruña

Avión Alobre

Miño Barallobre

Sar Castrove

Sarela Lestrove

… …
A romanización
Proceso de asimilación e incorporación dos pobos
ibéricos ao mundo romano.

A partir do século I a.C., a política imperial dos


romanos lévaos a achegarse a terras galaicas. Na
conquista romana da Gallaecia podemos destacar
tres campañas militares:
138 a.C. → Primeira incursión
dos romanos na Gallaecia,
coa expedición dirixida por
Décimo Xunio Bruto. Nesta
campaña ten lugar o
singular episodio do Río do
Esquecemento.
61 a.C. → Comeza a conquista da Gallaecia
coa campaña comandada por Xulio César.
19 a.C. → Gallaecia intégrase
definitivamente no Imperio
Romano a partir das
cruentas campañas de
Octavio Augusto. Ao longo
desta última expedición, ten
lugar o famoso episodio do
Monte Medulio.
Entre galaicos e romanos foise tecendo unha estreita rede de relacións
sociais que favoreceu a penetración da cultura e da lingua dos
invasores:

-Aséntanse na Gallaecia colonos romanos.


-Proliferan os matrimonios mixtos.

[Pepe Carreiro, Historia da lingua galega]


-O exército romano recruta para as súas filas
poboación autóctona.
-Romanos e castrexos traballan tamén
xuntos na construción das vías de
comunicación, nas explotacións
mineiras…
Que ten a vida de
agradable
A comunicación entre os castrexos e os romanos contribuíu a que a
se non hai amizades?

lingua latina se fose espallando entre a poboación galaica.


Estas relacións sociais entre os castrexos e os
romanos, así como o gran prestixio da lingua latina, fan
que a poboación autóctona vaia asimilando
progresivamente a lingua dos invasores. Distínguense
tres etapas na introdución do latín na Gallaecia:
1. Desde a conquista da Gallaecia, o latín está
presente como a lingua dos colonizadores, da
administración e do exército.
2. A partir do século II, comeza a substitución
lingüística. O latín é o idioma da promoción social.
3. Polo século VI complétase a substitución lingüística
e desaparecen todas as linguas prelatinas.
Formación histórica do léxico
galego

A maioría do léxico galego procede do LATÍN


VULGAR

Clasifícase segundo
- a época na que foi introducido
- a evolución que sofre ó longo da historia

Patrimoniais Semicultismos Cultismos


Algunhas evolucións fonéticas do latín ao galego
Evolución Exemplos

Sonorización das consoantes oclusivas xordas LŬPU > lobo SAPĔRE > saber
intervocálicas: VERITĀTE > verdade
RŎTA > roda
-P-, -T-, -K- > -b-, -d-, -g- FŎCU > fogo
AMICU > amigo

PARADĪSU > paraíso MŎLA > moa


Desaparición das consoantes -D-, -G-, -L- e -N- en CRŪDĒLE > cruel SALĪRE > saír
posición intervocálica LEGERE> ler LŪNA > lúa
LĔGĔNDA > lenda
CŌRŌNA > coroa

Simplificación das consoantes dobres latinas - CABALLŬ > cabalo ANNU > ano
LL- e -NN- > -l-, -n- CASTĔLLU > castelo CANNA > cana

NŎCTE > noite DIRECTU > dereito


Evolución do grupo latino -CT- a -it-
LACTE > leite FACTU > feito

PLORĀRE > chorar PLUVIA > chuvia


Evolución dos grupos consonánticos PL-, FL- e
CL- a /t / (ch) FLAMMA > chama CLAVE > chave
CLAMARE > chamar PLĬCĀRE > chegar

CAUSA > cousa AUTUMNU > outono


Evolución do ditongo latino AU > ou
MAURU > mouro TAURU > touro
Palabras
patrimoniais
Incorporáronse: na colonización
romana Transmitíronse: por vía oral
Evolucionaron: totalmente (transformacións
fonéticas) Constitúen: a maior parte do noso léxico

Exemplos: CAELUM > ceo; DIRECTUM > dereito


CAUSAM > cousa; AURICULAM > orella
Semicultismos

Evolucionaron: parcialmente (pequenos cambios)


Menos cás palabras patrimoniais, máis cós
cultismos

Exemplos:
DELICATUM > delicado; patrimonial: “delgado”
MIRACULUM > milagre; posible evolución:
“mirallo” FLACCUM > fraco; posible
evolución: “chago”
Cultismos
Incorporáronse: tardiamente
Evolucionaron:pequenas
alteracións
Exemplos: COLLOCARE > colocar; COLUMNAM >
columna
Os tecnicismos: son cultismos específicos das
ciencias, artes, técnica e oficios; nomean: obxectos,
operacións...
Fórmanse por:
-Incorporar palabra gregas ou latinas: mecánica
-Creación de neoloxismos con elementos gregos
e latinos:encefalograma
Os latinismos son expresións puramente latinas:
A priori, ídem, lapsus, ipso facto, vox populi
Cultismos
Dun mesmo étimo latino poden derivar unha
forma patrimonial e culta: pares léxicos.

Voz
LATÍN Cultismo
patrimonial
CONCILIUM Concello Concilio

COLLOCARE Colgar Colocar

CALIDUM Caldo cálido


Cultismos
Voz
LATÍN Semicult. Cultismo
patrimonial

CLAVÍCULAM Chavella Caravilla Clavícula

PLENAM Chea Prea(mar) Plena

REGULAM Rella Regra Regular


Superestrato
xermánico
Os pobos
xermánicos
fusionáronse grazas
a:
✓xa estaban
bastante latinizados
✓Número de
invasores reducido
✓Nivel cultural baixo
✓Organización
administrativa
baixa

= LATINIZÁRONSE
Superestrato xermánico

Século V → Á Gallaecia chegaron os suevos, que instauraron


o primeiro reino da Europa medieval.

Finais do século VI (ano 585) → O reino suevo intégrase no


visigodo.

Moeda sueva
A Península Ibérica no século V [História da língua em banda
Miro, rei dos suevos desenhada]
Superestrato xermánico
Trazos do superestrato xermánico:
• Antropónimos: Afonso, Luís, Elvira
• Topónimos:
• -ar: Gondomar
• -mil: Samil
• -ende: Madrosende
• -monde: Baamonde
• -riz:Allariz, Mondariz, Guitiriz
• -ulfe: Randulfe
•Léxico da guerra e costumes: guerra, helmo, espía,
tregua, garfo
Superestrato árabe
Invasión árabe tivo un
papel fundamental no
desenvolvemento das
linguas peninsulares
O superestrato árabe
 Ano 711 → Entran os árabes na Península Ibérica e axiña dominan o
territorio do reino visigodo. A súa presenza en Galicia (e, en xeral, no
norte peninsular) foi escasa.

 Aínda así, na lingua galega tamén se rexistran numerosas palabras


tomadas do árabe. Con todo, moitos destes arabismos chegaron á
nosa lingua de xeito indirecto a través do castelán. Podemos poñer
algún exemplo destas voces, coma:

Aldea Alfombra

Algodón Almofada

Alcohol Alfinete
Xadrez
Albeite Álxebra
Superestrato árabe
Cultura árabe moi avanzada (arte, agricultura,
técnica, ciencia)

Achega léxica de orixe árabe:


➢Agricultura e gandería: cenoria, albeitar...
➢Construción: alicerce, albanel, azotea...
➢Administración: alcalde, alcaide, alférez...
➢Ciencia: cifra, logaritmo, cénit, xarope, álxebra...
➢Topónim os: A Mezquita, Sada...
➢Expresións: oxalá, de balde...

You might also like