You are on page 1of 9

HISTORIA DA LINGUA.

ORIXE DA LINGUA GALEGA

A historia da lingua galega que hoxe falamos comeza no tempo en que os colonizadores romanos
trouxeron o idioma latino ata o noroeste da Península Ibérica, iniciándose a romanización da Gallaecia,
que foi un lento proceso de asimilación e incorporación dos pobos prerromanos á forma de vida e á
lingua latinas e que fixo desaparecer os idiomas autóctonos.
Os primeiros contactos romanos co N.E peninsular datan do ano 139 a.C. coa campaña de Décimo Xuño
Bruto, cando as tropas romanas cruzan o río Limia (tamén chamado Lethes, río do esquecemento). No

beatrizgmoro
ano 61 a.C. Xulio César realiza unha expedición militar á Gallaecia, iniciando o seu sometemento. Entre o
29 e o 19 a.C. Octavio Augusto completa a conquista de co famoso episodio do monte Medulio.
A fin do imperio romano prodúcese no século V coas invasións dos pobos xermánicos, os suevos,
vándalos e alanos, pobos que deixaron moitas pegadas na nosa lingua, sobre todo léxicas.

alumnostraballadores@gmail.com
No ano 711 os árabes desembarcan na Península Ibérica e rapidamente invaden toda a península,
chegando tamén a Galicia, aínd que a súa presenza foi menor ca no sur, como Andalucía.
Durante todos estes séculos o latín traído por Roma foi evoluíndo pasesiñamente ata orixinar as novas
linguas romances: o galego, castelán, catalán, francés… cuxos falantes xa non entendían o latín. Na
formación e orixe da lingua galega cómpre distinguir
- A propia evolución interna do latín vulgar, o falado pola inmensa maioría da poboación.
- A influencia das linguas de substrato, anteriores á chegada dos romanos, e as linguas de superestrato,
posteriores á romanización, pero anteriores á formación das linguas romances (Séc. IX).

ESTRATOS LINGÜÍSTICOS: SUBSTRATO, SUPERESTRATO E ADSTRATO

A lingua galega está formada por un estrato, o latín, con pegadas dun substrato, linguas celtas, dun
superestrato, o xermánico e o árabe, e dun adstrato palabras doutros idiomas a través do préstamo.

SUBSTRATO CELTA berce, croio, lama, rodaballo, A Coruña, Barallobre


ESTRATO LATÍN Fonética, gramática, sintaxe, léxico...
frecha, roupa, gardar, camisa, guerra, Afonso,
XERMÁNICO
Roberto, Elvira… Guitiriz, Frexulfe, Mosende
SUPERESTRATO
aceite, cenoria, laranxa, aceite… almofada, armario,
ÁRABE
alfinete, alcalde, algualcil, xadrez...
FRANCÉS cheminea, garaxe, turista...
ADSTRATO
ITALIANO novela, pallaso, violín...

ETAPAS DA LINGUA GALEGA


1. Orixe e formación.
2. Galego-Portugués, ou galego antigo: Baixa Idade Media Séc. XII-XV
3. Galego Medio: Séculos Escuros Séc.XVI-XVII e Ilustración Séc. XVIII
4. Galego Contemporáneo: Séc. XIX- actualidade.

Beatriz González-Moro Prof. de Lingua e Lit. Galega. 1


ORIXE E FORMACIÓN

A lingua galega procede do latín traído ao noroeste peninsular a partir do século II A.C. polo exército
romano para conquistar a Gallaecia. Por isto, o galego é unha lingua romance ou románica, irmá do
castelán, francés, romanés etc, xa que derivan todas directamente do latín .
Neste territorio, antes dos romanos, xa existían multitude de pobos asentados, os castrexos, coas súas
propias linguas, pero sen un sistema de escritura. Coa chegada dos invasores estas xentes sufriron o
proceso de romanización, a asimilación da cultura e da lingua do pobo de Roma.

O SUBSTRATO

As linguas anteriores á romanización son as linguas de substrato, formadas principalmente por:


- Substrato preindoeuropeo: anterior ao 1º milenio a.C. e deixaron vocabulario relacionado coa natureza
como amorodo, barro, barranco, cama, carballo, carqueixa, esquerda, veiga...
- Substrato indoeuropeo ou celta: asentados no noso territorio arredor do século VIII a.C. Algunhas das
palabras de orixe celta foron incorporadas a través do latín como camiño, camisa ou cervexa pois
aparecen noutras linguas romances.
A influencia celta está presente no léxico e na evolución fonética do latín
- palabras coa raíz car- carballo, carqueixa, carrasco
- palabras coa raíz mor-: amorodo, morea, morote
Preindoeuropeo
beira, cádavo, cavorco, curuto, esquerdo, lama, mato, parra,
- léxico común
queiroga, touza, toxo, veiga
-sufixo -ego galego, chairego, lamego
- o nome do país Galicia
- léxico común balor, beizo, berce, billa, bico,boroa, burato, camiño, camisa,
carro, cervexa, curral, laxe, lousa, pena, penedo, peza, pico,
morno, rodaballo, sarabia, tona,
- topónimos -briga Barallobre, Cambre, Lestrove, Cecebre, Landrove...
- topónimos Avión, Coruña, Coroso, Deva, Lousame, Tomiño
- nomes de ríos Avia, Eo, Eume, Sar, Sil, Tambre, Umia, Ulla, Xallas…
Indoueropea ou celta CENA> cea
perda do – N - L -intervocálico
SOLO> só
vocalización de -CT - > oi; ei NOCTE> noite
TECTU> teito

- fonética palatalización de PL; CL, FL> ch PLANU> chan


CLAVE> chave
FLAMMA> chama
sonorización de oclusivas: P T K> b, d, g LUPU> lobo
ROTA> roda
AMICU> amigo

Beatriz González-Moro Prof. de Lingua e Lit. Galega. 2


A ROMANIZACIÓN
Coa civilización romana impúxose tamén o latín. Logo dun longo período de bilingüismo, este latín vai
ampliando o seu campo de emprego ata substituí-la lingua propia. Para comprender este proceso
cómpre ter en conta a supremacía cultural do latín, idioma oficial do Imperio, lingua escrita e
perfectamente unificada, ensinada na escola e difundida pola Igrexa; ademais hai que sumar a isto o
asentamento dos colonos, os matrimonios mixtos, o prestixio do latín...
Os conquistadores romanos que chegaron a Galicia proviñan da Bética, onde se falaba un latín puro e
arcaizante, características que tamén mantivo o latín falado na Gallaecia, axudado, ao tempo, pola súa

beatrizgmoro
situación periférica dentro do Imperio e a enorme distancia de Roma, que deu como resultado que as
innovacións e neoloxismos doutras zonas non chegasen ata aquí. Por iso o galego é unha das linguas
románicas máis conservadora.
O VISIGODOS E ÁRABES
No século V, trala caída o Imperio Romano e a invasión dos pobos bárbaros, á Península Ibérica chegaron

alumnostraballadores@gmail.com
os suevos, vándalos e alanos. De todos estes, os suevos estableceron a súa monarquía na antiga
provincia da Gallaecia, formando o 1º reino trala caída do imperio durante case tres séculos e deixando
pegadas na toponimia como Suevos.
A superioridade dos suevos non foi o suficientemente importante como para posibilitar un cambio de
lingua e de cultura. Máis ben foi todo o contrario, os pobos xermánicos foron asimilados á cultura latina.
De todos os xeitos deixaron a súa pegada na lingua en forma de topónimos (Guitiriz), sobre todo, e nos
nomes (Roberto).
A invasión árabe no 711, supuxo a fin dos reinos visigodos. Os árabes comezaron a conquista da
Península polo sur e sometérona en pouco tempo, impoñendo a súa cultura e lingua en case todo o
territorio. Aínda que tamén chegaron á antiga Gallaecia case non se se asentaron no noso territorio,
sendo máis importantes as pegadas na toponimia no sur de Galicia ca no norte (A Mezquita).

ANTROPÓNIMOS Afonso, Elvira, Gonzalo, Rodrigo, Alberte, Guillerme...


TOPÓNIMOS - ar: Baltar, Gondomar, Roupar..
- mil: Castromil, Samil
- riz: Guitiriz, Mondariz, Allariz …
XERMÁNICO - monde/-munde: Baamonde,
- ulfe/ufe/- oufe: Randulfe, Frexulfe
- Suevos, A Gudiña
LÉXICO COMÚN - agasallar, banco, branco, escuma, espetar, espora, frecha, gando,
gardar, garfo, grima, guerra, helmo, luva, orgullo, pote, roupa, sopa,
TOPÓNIMOS Sada, A Mezquita, Rábade, Atalaia, Acea
ADMINISTRACIÓN alcalde, alférez, aldea, alguacil...
ÁRABE CONSTRUCIÓN alcoba, alfombra, adobe, alcatrán, almacén, argola, toldo
OFICIOS albanel, albeite, alfaiate, tafona, arroba, alcanfor...
AGRICULTURA algodón, azucre, laranxa, limón, aceituna, cenoria, alcachofa...

Beatriz González-Moro Prof. de Lingua e Lit. Galega. 3


O GALEGO- PORTUGUÉS OU GALEGO MEDIO

Esta etapa abrangue dende o nacemento do galego no século IX ata o século XV e pode dividirse en tres
períodos:

beatrizgmoro
1. Período preliterario (Séc. IX-XII) en que o galego é unha lingua exclusivamente oral, pois só existen
documentos en latín con anotacións en galego.
2. Período trobadoresco (1200-1350) que se corresponde co momento de máximo esplendor da lírica
trobadoresca, coas cantigas. Neste período existe unidade lingüística a ambas marxes do río Miño.

alumnostraballadores@gmail.com
3. Período postrobadoresco (1350-1500) en que se producen mudanzas fonéticas e morfolóxicas a
ambos lados do río Miño iniciándose a separación das dúas linguas.

PERÍODO TROBADORESCO

Durante os séculos XII e XIII Galiza era un dos polos políticos, económicos e relixiosos máis poderosos da
Península e mesmo do occidente cristián europeo.
Esta etapa de esplendor comezou a decaer no momento en que Galiza pasou a depender da coroa de
Castela. No 1230, con Fernando III unifícanse as coroas de Galiza, León e Castela. O seu fillo, Afonso X,
transmitiu esa unificazón dos reinos e desprazou o poder político para Toledo. Deste xeito a nobreza
gaalega comezou a perder peso político. A todo isto hai que engadirlle a independencia do Reino de
Portugal en 1128, unha separación administrativa, pero non lingüística e cultural.
Nesta época, o galego-portugués goza dun dos seus momentos de maior esplendor, xa que se converte
na lingua peninsular da lírica e aparece en todos os ámbitos de uso: familiar, local, institucional e
cultural, agás o internacional que daquela estaba reservado para o latín.
Por tanto, nesta época o galego era unha lingua totalmente normalizada, usada por todas clases sociais,
incluídos os reis, e en todos os ámbitos, escritos e orais. Deste período son todas as composicións líricas
trobadorescas, como as cantigas de amor, amigo, escarnio e tamén as de Santa María. En prosa
conservamos documentos notariais de carácter público e privado como testamentos ou denuncias.
Tamén conservamos prosa literaria deste período como os Miragres de Santiago ou as obras do ciclo
artúrico.

PERÍODO POSTROBADORESCO

Durante o século XIV europa entra nunha profunda crise social, económica...que se agrava coas guerras
dinásticas de Castela e coas “Revoltas Irmandiñas”, que debilitaron enormemente a nobreza galega.
A nobreza galega vai participar activamente nas guerras entre os reis casteláns, pero apoiando sempre
ao bando perdedor cunhas consecuencias moi negativas para a sociedade galega, a súa lingua e a súa
cultura. Iníciase a lenta pero constante substitución do galego polo castelán que perdura ata os nosos
días. Este é o xerme para a aparición da diglosía e o bilingüísmo na nosa sociedade.
A primeira guerra de sucesión en Castela foi entre Pedro I, apoiado pola nobreza galega, e Henrique de
Tratámara, quen resulta vencedor e desterra a unha gran parte na nobreza galega, substituíndoa por
nobres castelás que non entendían o galego No século XV prodúcese unha nova guerra dinástica en
Castela entre Xoana, a Beltranexa, e Isabel, a Católica, que acaba por ocupar Galicia e someter a

Beatriz González-Moro Prof. de Lingua e Lit. Galega. 4


nobreza, desterrándoa e substituídoa, outra vez, por nobres casteláns.
A partir deste momento todos os documentos oficiais tiñan que redactarse en castelán, desaparecendo
o uso do galego como idioma oficial da escrita.

CARACTERÍSTICAS DA LINGUA

FONÉTICA vogais nasais: irmã


GRAMÁTICA -or feminino: senhor
GRAFÍA nh, lh, j, y , ~...

Beatriz González-Moro Prof. de Lingua e Lit. Galega. 5


A LINGUA GALEGA NOS SÉCULOS ESCUROS E NA ILUSTRACIÓN

1. SÉCULOS ESCUROS

Fronte ao esplendor do galego durante a Idade Media, os Séculos Escuros ou Galego Medio (XVI-XVIII)
marcan o inicio da marxinación e minorización da nosa lingua, proceso que aínda se mantén nos nosos

beatrizgmoro
días. As causas desta decadencia que se inicia a finais do século XV débense a aspectos de carácter
sociopolítico:
- A inexistencia en Galicia dunha forte burguesía autóctona que defendese os nosos intereses.
- A substitución da nobreza galega por outra de orixe castelá provocada polas distintas loitas dinásticas

alumnostraballadores@gmail.com
do Reino de Castela (Isabel a Católica e Xoana a Beltranexa).
- A imposición da política centralizadora dos Reis Católicos nos ámbitos administrativo (órgano de
goberno e xustiza) e eclesiástico, que incrementará o labor castelanizador, ao ser ocupados os postos
claves nestes sectores por xente vida de fóra (só o 10 % dos bispos eran galegos). De feito, a partir deste
momento os escribas galegos debían examinarse en Toledo para acreditar o dominio do castelán, de
xeito que todos os documentos públicos e notariais estaban escritos nunha lingua foránea.
Tanto os Austrias coma os Borbóns continuaron coas medidas centralizadoras e avanzando na unificación
lingüística da península a través dos Decretos de nueva Planta (1707 e 1716) e da Real Cédula de
Aranjuez (1768)
“ En las escuelas de primeras letras y de Gramatica no se permitan libros impresos en lengua catalana:
escribir ni hablar en ella dentro de las escuelas y excepcionalmente aprendan la Doctrina Cristiana en
nuestra lengua” Decreto Nueva Planta.
“Finalmente mando que la enseñanza de primeras letras, Latinidad e Retórica, se haga en lengua
castellana, generalmente donde quiera que se practique, cuidando de su cumplimiento las audiencias e
justicias ...” Cédula.
O século XVIII vaise caracterizar polo incremento do proceso desgaleguizador e de penetración do
castelán debido á chegada dunha burguesía foránea que vén promover a industria e o comercio, e á
instauración da monarquía borbónica que supón o reforzamento do poder central.
Con todo, coa Ilustración (S.XVIII) iníciase un proceso lento de reivindicación e dignificación da nosa
lingua da man dos ilustrados, coa reivindicación do galego na escola e coa recuperación da súa escrita.
- O Padre Feixoo, quen mantén que o galego non é ningún dialecto nin o resultado da corrupción do
castelán, senón un idioma románico equiparable a el.
- Diego A. Cernadas e Castro, o cura de Fruime, quen emprega frecuentemente o galego na súa obra
poética.
- O Padre Sarmiento quen denuncia nos seus escritos a marxinación do galego no ámbito administrativo,
eclesiástico e escolar, propugnando o seu uso no ensino e a obrigatoriedade do coñecemento do galego
por parte dos funcionarios. Destacan tamén os sus estudos sobre léxico e etimoloxía como: Onomástico
etimolóxico de la lengua gallega, Colección de voces y frases gallegas, Sobre el origen de la lengua
gallega,... obras que constitúen o inicio da lingüística galega científica.

Beatriz González-Moro Prof. de Lingua e Lit. Galega. 6


2. SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA

Nesta etapa comeza o actual desprestixio e conflito lingüístico da nosa lingua. O monolingüísmo da
época medieval desaparece, pola aparición dunha nobreza foránea, e o galego queda relegado a un uso
oral familiar e coloquial, aínda que se conservan algúns documentos escritos.
Durante os Séculos Escuros o galego é a lingua maioritaria da poboación (90-95%), mentres que as clases
altas, nobreza, clero e funcionarios son castelán-falantes, identificándose clase social e lingua, sendo a
lingua A o castelán e a lingua B o galego. Este é o xerme da diglosia actual.
Desta época é o nacemento do sentimento de “auto-odio” nos galego-falantes que se traduce nun
sentimento de inferioridade, xa denunciado polo Padre Feijóo. A literatura española do Renacemento e
Barroco tamén contribuíu a estender esta visión negativa do galego a través de ataques e burlas : “antes
moro que gallego” Lope de Vega.

3. CARACTERÍSTICAS DA LINGUA

Durante esta etapa o galego vai sufrir unha serie de evolucións fonéticas, sintácticas diferentes segundo
as zonas xeográficas debido á falta de un centro unficador cultural e lingüístico.
- Desaparición das vogais nasais: manhã.
- Aparición da gheada na metade occidental de Galicia:"amigho, ghaliña".
- Aparición do seseo pola evolución das fricativas medievais (caça, gente...)
- Na morfoloxía, a distinción entre TE (OD) e CHE (OI); a xeneralización da terminación -CHES para a
segunda persoa dos perfectos (amaches,...) e -O para a terceira persoa dos perfectos fortes (houbo,
fixo,...); a conservación da terminación -DES para a segunda persoa do plural dos verbos (cantades,...),...
- Progresiva fragmentación dialectal pola falta dunha norma culta unificadora. No 1492 o castelán xa
contaba cunha gramática, a de Nebrija, e o galego terá que agardar ata o século XIX.
- Ruralización e castelanización do léxico, que non se beneficia do renacemento humanístico nin da
renovación léxica por vía culta.
- Castelanización de antropónimos e topónimos galegos como Sanjenjo.

beatrizgmoro
alumnostraballadores@gmail.com

Beatriz González-Moro Prof. de Lingua e Lit. Galega. 7


A LINGUA GALEGA NO REXURDIMENTO

1. O REXURDIMENTO

O século XIX supón un rexurdimento lingüístico, cultural e social para Galicia ademais da toma de
conciencia dunha identidade propia dentro do estado español grazas ao espírito romanticista que
reivindicaba o propio e particular fronte á invasión napoleónica.
Será grazas aos tres autores do Rexurdimento, Rosalía, Curros e Pondal, que o galego recupere a súa
condición de lingua literaria tralos coñecidos Séculos Escuros, cando practicamente desapareceu do
ámbito literario e escrito, pero non como lingua oral.
Nas 1ªs décadas (1800-1830) temos os precedentes do Rexurdimento, xa que con motivo da Guerra de
Independencia o galego volve a ser usado na escrita cunha finalidade propagandística e política moi
clara. Debían movilizar ás clases populares fronte aos franceses empregando a mesma lingua na se
expresaban. Non tiña sentido dirixirse á poboación nunha lingua que non entendía e non sentía como
propia.
A mediados de século nace o movemento provincialista (1840-1868), impulsado por intelectuais
(coñecidos como Precursores do Rexurdimento) que reaccionan en contra da uniformización cultural e
lingüística e demandan o recoñecemento da singularidade de Galicia.
Datas destacadas deste período no eido cultural son:
- 1853: Xoán M. Pintos publica A gaita Gallega, unha defensa da lingua galega, do seu emprego e cultivo.
- 1863: Rosalía de Castro publica Cantares Gallegos, convertido nun fito da historia da literatura galega e
da historia da lingua galega. Con esta obra iníciase o Rexurdimento pleno.
Cara aos anos 80, os galeguistas reagrúpanse no movemento rexionalista, reiniciando a estratexia
cultural, que busca a consolidación da poesía lírica e a demostración da validez da lingua galega noutros
xéneros literarios.
O ano 1880 supón outra data histórica, xa que se publican Aires da miña terra, de M. Curros Enríquez;
Follas Novas, de Rosalía; e Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, 1ª novela galega.
Tamén destaca a prensa, con publicacións periódicas escritas en galego, destacando O Tío Marcos da
Portela (1876-1888), O Galiciano (1884-1886) e A Monteira (1889-1890).

2. SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA

A pesar de que Galicia seguía sendo monolingüe en galego, cunha penetración moi minoritaria do
castelán nas capas altas da nobreza, do clero e da burguesía, aparecen novos factores castelanizadores
como a prensa, o reforzo da administración estatal, o incremento da escola primaria pública ou a
burguesía foránea.
Así, a castelanización vai aumentando a medida que descendemos na pirámide social, de tal xeito que as
clases altas pasan a ser monolingües en castelán, aumentando o número de bilingües en castelán e en
galego nas clases medias urbanas, sendo 85% da poboación monolingüe en galego.
Durante o Rexurdimento a diglosia vai estendéndose, usándose o castelán para os usos prestixiados,
para as relacións coas clases altas, e o galego para os usos informais, coloquiais e familiares. En

Beatriz González-Moro Prof. de Lingua e Lit. Galega. 8


contraposición xorde un movemento de recuperación e dignificación da lingua, primeiro na literatura e
logo na política ou na ciencia que culminará coa Xeración Nós.

3. CARACTERÍSTICAS DA LINGUA

Os autores do século XIX van asumindo a conciencia de que o galego é un idioma tan apto como o
castelán para a súa utilización na literatura; sen embargo non é un idioma normalizado nin
normativizado, cómpre salientar a falta dun galego estándar escrito e oral que lle dera uniformidade aos
textos. O castelán, e outras linguas romances, xa tiñan unha gramática dende o 1492 (Nebrija), ou a Real
Academia de La Lengua Española (1713), mentres que o galego vai ter que esperar ata o 1906 para ter a
súa Real Academia Galega.
Polo tanto, o crecente emprego do galego como lingua literaria fai sentir a necesidade de instrumentos
auxiliares, como gramáticas e diccionarios. Así temos o Compendio de Gramática gallego-castellana
(1864), de Francisco Mirás e a Gramática Gallega (1868) de J.A. Saco e Arce, a máis completa e rigorosa
da época. En canto a dicionarios, os primeiros son o Diccionario Gallego-castellano (1865), de F.J.
Rodríguez e os de Juan Cuveiro (1876) e Marcial Valladares (1884), sempre co castelán como referencia.
Os escritores descoñecían a literatura medieval, descuberta a principios do século XX, e pensaban que
eran os iniciadores da tradición escrita en galego e amosan unha grande preocupación polo galego
empregado nas súas obras.
Nas súas obras empregaban a lingua que falaban, que coñecían e escoitaban na súa comarca. Era, pois,
un galego inzado de vulgarismos, dialectalismos, castelanismos, vacilacións fonéticas, etc. Tamén eran
representados na escrita casos de gheada e seseo.
Outro problema de non ter unha tradición escrita co que se atoparon estes primeiros autores foi a
representación escrita do n velar (unha/um-ha, un-a), das contraccións das preposicións con apóstrofo
(po´lo / d-eses), do palatal xordo (x/ j-i) ou da acentuación, xa que a única lingua que tiñan como
referencia era o castelán.
Rosalía de Castro no prólogo de Cantares Gallegos, publicado o 17 de maio de 1863 di:
“ ...Sin gramática nin regras de ningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que
disoarán aos oídos dun purista...”
Podemos distinguir dúas etapas na evolución da escrita neste século:
a) Etapa dialectal, na que os escritores escriben como falan ou como se fala na súa comarca,
aparecendo a gheada e o seseo; os vulgarismos e, en menor medida, os castelanismos.
b) Etapa interdialectal : os escritores descobren un galego máis amplo e enriquecen a lingua ao usar
variedades dialectais doutras zonas, aínda que seguen camiños diferentes:
- M. Curros Enríquez aproxímase ao galego coloquial, aínda que evitando vacilacións e castelanismos.
- Eduardo Pondal bota man dos cultismos latinos e gregos e achégase ao portugués.

beatrizgmoro
A imposibilidade de chegar a un modelo unificado para o galego escrito, fixo que se propuxese a creación
dunha Academia Galega. Valentín Lamas Carvajal, en 1875, fai a primeira proposta. Sen embargo non se
constituiría ata 1906 en A Coruña.

alumnostraballadores@gmail.com
Beatriz González-Moro Prof. de Lingua e Lit. Galega. 9

You might also like