You are on page 1of 10

1

1. 12/2/21
- O sustrato, as linguas preindoeuropeas e indoeuropeas
- O estrato. O latín (-I, I, II, III, IV)
- Os superestratos xermánico e árabe (V-VI-VII-VIII)
- 1.1. A formación da lingua galega 1

Para consultar mapas, imaxes, textos, ...:


aulalinguaeliteratura.blogspot.com
https://aulalinguaeliteratura.blogspot.com/2019/09/sustrato-lingua-galega.html

Antes de comezar, para lembrar:


Estrato: Capa / Conxunto de elementos comúns integrados con outros previos
e/ou posteriores para a formación dunha lingua / Cada unha das linguas que se
integran para formar unha nova.
Substrato: Lingua que queda substituída pola presión doutra lingua (deixan pegadas
fonéticas e gramaticais)
Superestrato: Lingua que se extende polo dominio doutra pero que se abandona en favor da
lingua orixinaria sobre a que exerce algunhas influencias.

Adstrato: Influencia de dúas linguas ou dialectos veciños. (Castelán): Influencia


unha lingua a a outra, por razón de veciñanza, poder político ou influencia cultural. Para a
maioría de linguas occidentais o inglés é un adstrato.

A FORMACIÓN DAS LINGUAS PENINSULARES

O SUBSTRATO.

As orixes:
A lingua que falamos está influenciada, ten como base, o latín. Os romanos trouxeron
(impuxeron) un proceso de substitución lingüística respecto ás linguas que se falaban na
Gallaecia.
Había pobos na antigüidade que necesariamente tiñan que relacionarse entre eles, polo tanto,
a substitución é posible pero con matices xa que antes da chegada dos romanos tamén
habería convivencia e misturas entre pobos (e entre linguas).

O latín superpúxose ao substrato, pero quedaron reliquias lexicais. Pasou iso noutras zonas
da romania e deducímolo polos traballos sobre a evolución das linguas e a partir do que
acontece hoxe cos procesos de substitución lingüística.

Os hábitos articulatorios, fonéticos influíron desde o substrato, pero é difícil precisar de


que xeito: realidades apegadas á paisaxe e aos xeitos de vida autóctonos: froitos, plantas,
animais, tipos de construción, toponimia...

Compoñentes preindoeuropeos:
- Proveñen de voces propias ou de préstamos de linguas indoeuropeas.
2

- Hainas que teñen correspondencia co éuscaro e outras que non.


- Fálase de camadas euroafricanas, camadas hispano caucásicas (vascas: raíz mor-morango,
raíz cot-coto), e linguas non identificables.
- Hai 2 vías de penetración: o norte: resto de Europa e o cáucaso; o leste e o sur, procedentes
do norte de África e Oriente Próximo.
- O íbero non foi lingua única nin antecedente do éuscaro.
(Isto é un longo periodo: 35.000 ata 8.000 ac)

Arredor de 800 ac
OS COMPOÑENTES INDOEUROPEOS

O ELEMENTO PARACELTA OU SOROTÁPTICO (greg. soro -ola- e taphein -


enterrar-), enterraban aos mortos incinerados en olas.
- Viñan do centro de Europa e emigraron cara occidente cos celtas. Pensouse que quedaran
no leste pero deberon chegar ao noroeste.
- Dedúcese por comparación, por contrastes, pola existencia de palabras noutras linguas:
cabazo, Viascón, -asco, -usco

MAPAS 2.1 E 2.2

Os celtas: Idade de ferro: 1.200-400 ac


O ELEMENTO CELTA
- 1ª vaga 800 ac., 2ª gran vaga 600 ac.
- Procedentes do que hoxe é Austria debido á presión dos pobos xermánicos.
- Celtas: noroeste e oeste (galego-portugués-asturiano-leonés); Íberos: leste (catalán);
celtíberos: centro (castelán). + celtismos no noroeste
- Diferenza de pareceres en canto á influencia e á presenza dos celtas. Si hai base para crer
na súa presenza en Galicia, pero quizais non sexan os únicos que habitaron os castros.
Topónimos como Céltigos significa que había 'celtas' pero non eran os únicos ou, en caso
contrario, non tería que haber ese topónimo como distintivo.

Desde o punto de vista lingüístico hai 2 grandes grupos:


- O céltico continental: galo, con moitos dialectos
- O céltico insular: gaélico (irlandés, escocés, illa de Man), britónico (galés, címbrico e
córnico) e bretón (levado á Bretaña francesa desde Gales e Cornualles)
O máis importante lingüísticamente para nós foi o céltico gálico (galo), o continental.

- Hai historiadores que falan do lusitano e celtibérico no oeste peninsular e outros que falan
de lingua do oeste ou hispánico occidental: elemento común: - aiko > - ego (galego,
chairego).
- Hai autores que propoñen a existencia dunha lingua céltica que ía desde Asturias ata
Badaxoz: extensión de certos trazos lingüísticos, culto ás mesmas divinidades, símbolos,
onomástica, ... (Valle de Jálama en Extremadura, onde se fala galego)
- Enténdese, tamén, que hai unha lingua céltica no (nor)occidente da Península.

Non estivo indouropeizada esta parte da Península: País Vasco, Navarra, Aragón, levante e o
Sur da Península.

- Á súa vez os celtas incorporaban voces doutros pobos (palabras que teñen unha mesma
orixe en diversos lugares poden provir dun pobo como o celta ou tamén, este pobo puido
3

difundir palabras duns lugares a outros).


- Os romanos, pola súa banda, eran portadores de voces celtas xa que compartían espazos
(voces como camiño, camisa, cervexa), celtismos que van de Galicia á Romania o que dá a
entender que se extenderon co latín (cos romanos) (bidueiro, croio, virar). Hai outros
celtismos que son máis locais (caso de berce, billa, buraco ou burato, lama, lousa)

Corominas apunta que a maioría dos celtismos da Península conservados son de tres tipos:
plantas (partes, usos, procedementos agrícolas), animais (partes do corpo e explotación),
nomes de lugar (e características do terreo). Na toponimia hai certas bases ás que se
enganden sufixos. Ex: Lama: Lamela, Lameira, Lamazares, Lamoso... Ademais: Coruña,
Nantes, ... Tamen -briga e -obre ou -ove (sufixos). Tamén a hidronimia (Deva, Sar, Sarela,
quizais Avia)

Fenómenos fonéticos como as oclusivas xordas en sonoras: PTK > BDG: CUPA > cuba;
ROTA > roda; AMICU > amigo ou a caída do N intervocálico poden deberse (ou ter máis
presenza) polo sustrato celta pero non está demostrado ao aparecer noutros lugares da
Romania onde non había celtas. Tamén CT > it (NOCTE > noite; LACTE > leite)
* EXER: Exemplo de algo que mantén a súa esencia a pesar dos cambios (nos tempos, na estrutura, na fala, na forma, no fondo, ...)
Ex: A necesidade de comunicarse - a fonética / a escrita: das cartas ao whatsapp

MAPAS:
https://aulalinguaeliteratura.blogspot.com/2019/09/sustrato-lingua-galega.html

Sobre o mundo castrexo. Sobre relacións destes pobos.


- Celtas non? (8'31) (Gal.):
https://www.youtube.com/watch?v=9U8AahPdxKs

- Como vivían os celtas (4'08) (cast.):


https://www.youtube.com/watch?v=XcEqAdixbQw

- Celtas si? (cast. Ata min. 4):


https://www.rtve.es/alacarta/videos/arqueomania/arqueomania-celtas/5305427/

- Celtas en Iberia (cast.):


https://www.youtube.com/watch?v=PKVBDTU4ELY

*********

A COLONIZACIÓN ROMANA - A LATINIZACIÓN DA GALLECIA


(e da Hispania)

MAPA 2.3.

A palabra galo (en latín: gallus) refírese habitualmente aos habitantes celtas desa rexión
en tempos antigos. Foi empregada polos romanos, que non adoitaban chamar celtas a
este conxunto de diversas tribus

- Conquista militar e integración dos pobos vencidos no imperio.


4

O latín documéntase por vez 1ª no VI ac. Falábase nas montañas que arrodeaban Roma
(Rexión do Lacio < Latium: latín, latino). Había outras familias e o etrusco tiña máis
prestixio. Expandiuse, militar, económica e xeograficamente. No 240 ac. constituían xa unha
gran potencia militar.

Os romanos chegan coa 2ª guerra púnica contra os cartaxineses. Atacan Sagunto, Cartaxena,
Cádiz. Rematada a guerra deciden quedar na Península ao ver a súa riqueza. (215 / 206 ac.)

MAPA 2.4.

Ao Noroeste da Península chegaron no 139 e 138 ac. (Cepión e Décimo Xunio Bruto) que
atacaron e acabaron cos guerrilleiros (Viriato).
- Naquel momento había diversos pobos que se asentaban en populus (espazo amplo) e
castellum (asentamento máis pequeno e concreto) -como comarca e aldea- e vivían en
castros.
- Suponse que había celtas e pobos que non eran celtas (habería diferentes linguas).
- Segundo relatos dos clásicos, estes viron certa unidade entre todos os pobos do
Noroeste.
- Predominaban os Callaici entre os vencidos por Décimo Xuno Bruto en Cinginnia (lugar
sen identificar). Esa vitoria supuxo que lle chamasen Callaecus e desde o Douro cara o
Norte ao territorio valeulle o nome de Callaecia e aos poboadores Callaeci > Galicia.
- Percibirían certa unión pero esta consolidouse desde o romanos.

Xulio César viría no 60 ac, procurando ouro (Médulas) e aí propíciase a baixada dos
habitantes das montañas (castros) o que favorecía unha mellor romanización

Octavio Augusto tivo unha cruenta campaña (29 ao 19 ac) e impuxo a pax (Lucus Augusta,
Bracara Augusta). Foise acabando cos castros (aínda que conviviron ata o II dc.) e houbo
unha romanización, con todo, rural, a pesar de favorecerse asentamentos grandes para
controlar mellor á poboación e porque os hábitos ían mudando.

Mapa da época romana en aulalinguaeliteratura.blogspot.com

Situación administrativa da Gallaecia baixo o imperio romano

Hispania estaba dividida en citerior e ulterior.


A ulterior divídese en Bética (máis romanizada, provincia senatorial) e Lusitania (Galicia e
Portugal, menos romanizada, provincia imperial, máis militarizada)

MAPA 2.5.

- O Noroeste pasou a formar parte de Tarraco desde o norte do Douro (13 ac.)
- Os 3 conventus iuridici: Lucensis (Lugo), Bracarum (Braga), Asturum (Astorga). O
gobernador acudía para actos xurídicos. Había límites pouco definidos: Gallaecia, provincia
segregadada Tarraconensis. Nunha época o conventus cluniacensis foi da Gallaecia
(Provincia de Burgos, fontes do Ebro)
- Diocleciano e a Gallecia (Río Sella. Identifícase polo F ao oeste : Faba - Haba):
homoxeneidade do terrritorio galaico.
5

MAPA 2.6. - MAPA 2.7.

LATINIZACIÓN

- Cultura superior, interese por ser cidadáns romanos, acceso ás administracións,


educación, o servizo militar.
- Perfeccionamento da estrutura xurídico administrativa e militar
- 1ª fase: lingua dos conquistadores e das estruturas administrativas que impoñen.
- 2ª fase (II dc.): Obteñen a cidadanía se se forma parte da administración. Novas xeracións
coa nova lingua, progresiva desaparición dos castros, van desaparecendo os nomes
indíxenas.
- 3ª fase: Variada. Culminación da substitución lingüística, máis urbana que rural. Contribúe
á expansión do cristianismo. No S.V está case consolidada a sustitución, con Brácara como
centro cultural

CARACTERÍSTICAS DA ROMANIZACIÓN E REPERCUSIÓNS LINGÜÍSTICAS.

O latín que chega, de soldados, de conquistadores. É un latín vulgar (romance). Pero é


posible que entrase pola zona máis conservadora e culta (respecto ao latín) Bética, non pola
tarraconense. Cómpre manexar isto con coidado. (Innovación / conservador)

Canto máis ao leste máis innovacións recibían de Roma ou do sur de Francia e máis
tardaban en chegar ao oeste. Monotongación ai - ou: toro, touro; asimilacións de mb:
coloma, paloma, pomba
Ao respecto de anovacións: FABULARI dá hablar e falar, pero entrou a forma nova
PARABOLARE parlare, parler, parlar (cat); o mesmo pasa con QUERERE ou VOLERE
(cat. voler); COMEDERE ou MANDUCARE (cat. menjar); CASEUS ou FORMATICUS
(cat. formatge).
Hai casos contrarios, nos que as anovacións se producen no oeste: FRATER fronte a
GERMANICUS (irmán, hermano, germá) no que trunfa a forma anovadora no oeste. Ás
veces hai dupla forma: cama, leito.
PL- CL- FL- non palatalizan en catalán pero si en gal. e cast.: PLENU > ple, cheo, lleno,
cheio; CLAVE > clau, chave, llave; FLAMMA > flama, chama, llama

- A condición periférica non recibe innovacións e exporta menos palabras, á vez que pode
ter cambios orixinais. Particularismo periférico.
- Utilización normalizada sen atender a modelos centrais. Peculiar léxico do latín galaico:
AD-CAPITARE > acadar, BACULA > bágoa.
- A toponimia deixa mostras dunha latinización prolongada
- Campos como a agricultura e a pesca, a organización familiar, a configuración rústica e
xeográfica son termos latinos maioritariamente.

No latín hai diferencias por zonas e por tempos (baixo imperio respecto á República ou
Monarquía), tamén inflúe o nivel sociocultural dos conquistadores. Hai que sumar a isto á
impronta que deixa o substrato. De cara á latinización e romanización inflúen as distancias,
as vías, ou o feito de ser unha sociedade rural.

MAPA 2.8.

* EXER: o latín na nosa vida cotián:


6

- Aquae urente (lat: augas abrasadoras) / warmsee (xer: lago quente) // Auriense (polo ouro)
- Magnus Ustus (lat: gran lume) / Magum Ustum (lume máxico)
- Ponte romana (so algúns sillares das bases) pero construída no S. I.
- Os días da semana (SEPTIMANA - SEPTEM): Sol (posteriormente dominicus dies, día
do Señor), Lúa, Marte, Mercurio, Xúpiter, Venus, Saturno (posteriormente Sabbath hebreo,
descanso) ; os meses (deuses, emperadores ou números): ianuarius (Iano -protector de
portas-), februarius (festas de difuntos -Plutón-), Marte, aperire (abrir, fertilidade), Maya -
muller de Vulcano- ou Maiorium, Juno ou aos mozos junior, Julio César, Augusto, os meses
do antigo calendario romano (7º, 8º, 9º, 10º); os planetas (Mercurio, Venus, A Terra -Gea-,
Marte, Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno; ...

A FORMACIÓN DA LINGUA GALEGA

A lingua galega é no esencial unha derivación do latín que os romanos trouxeron ao


noroeste da península.
Factores da romanización e consolidación do latín:
* A vida militar: chegada das lexións e asentamentos de colonos.
* O comercio: os mercaderes levaban aos indíxenas "novos" produtos.
* Tecnoloxía. Novas e máis adiantadas técnicas facían prosperar as vellas industrias.
* Agricultura. Novos cultivos e técnicas.
* O Cristianismo. A evanxelización faise desde o latín.
O léxico da lingua (o conxunto de palabras, locucións e elementos gramaticais que
integran o seu vocabulario) constitúe un sistema aberto, pois cada período histórico crea
palabras novas e adapta outras para designar novas realidades, ao tempo que van caendo en
desuso algunhas voces.
No caso da lingua galega, malia ser unha lingua romance, derivada do latín,
perviviron nela restos léxicos das linguas indíxenas e tamén contribucións dos pobos
chegados posteriormente.
Mais o latín continuou a ser fonte de incorporación de palabras novas –o
mesmo que sucedeu e sucede con outras linguas occidentais–. Segundo a época en que
entraron, estas palabras estiveron sometidas a evolucións parciais (semicultismos) ou
mantiveron a forma latina case inalterada, con variacións mínimas para acomodarse á
estrutura fonolóxica do idioma (cultismos). Lacteo ou nocturno, por exemplo (fronte a
leite e noite) conservan o grupo CT, entraron no galego despois de que se dera ese
cambio.

Ademais o galego incorporou e incorpora palabras procedentes doutras linguas. Son


os denominados préstamos e neoloxismos.

AS ORIXES. O LATÍN. AS LINGUAS INDOEUROPEAS.

Todas as linguas da Península Ibérica proceden (están irmanadas) do latín, excepto o éuscaro.
Fóra da Península tamén son linguas románicas ou neolatinas, o francés, occitano,
francoprovenzal, romanche, ladino, friulano, italiano, romanés, sardo, etc. Isto débese a que
os romanos se foron estendendo desde a actual cidade de Roma, primeiro para defenderse dos
pobos veciños e despois para ampliar o seu territorio, creando así o Imperio Romano. Neste
proceso de expansión levaron consigo a súa lingua, non o latín culto dos grandes escritores
latinos, senón a lingua que falaban os soldados e a xente do pobo, coñecido como “latín vulgar”.
7

Mapa 1: Imperio Romano.

MAPA 2.9. E 2.10 (solución)

O latín era, á súa vez, unha lingua indoeuropea, como a maioría das que se falan en
Europa e algunhas de Asia (como o hindi ou o bengalí).

Linguas indoeuropeas de Europa:


- Románicas: galego, portugués, castelán, catalán, (asturiano, aragonés), francés, occitano,
francoprovenzal, romanche, ladino, friulano, italiano, romanés, sardo, etc.
- Xermánicas: inglés, alemán, holandés, sueco, danés, noruegués, islandés…
- Célticas: irlandés ou gaélico, escocés, galés e bretón.
- Eslavas: esloveno, checo, eslovaco, polaco, búlgaro, ruso, bielorruso, ucraíno, serbocroata…
- Bálticas: letón, lituano.
- Grego, albanés e armenio.

O éuscaro é unha lingua illada, pois non está emparentada con ningunha outra
coñecida. É unha das poucas linguas non indoeuropeas de Europa, xunto co maltés, o
turco, o finés, o húngaro ou o xeorxiano.

A fragmentación do latín vulgar.

Os romanos chegaron á Península no século III a.C. e no S.IX d.C. o que aquí se falaba
xa non era latín vulgar. Este fragmentárase e dera lugar en cada zona a unha lingua
distinta. As evoluciós diferentes débense en parte á influencia das linguas que existían
antes da chegada dos romanos (substrato), así como á das linguas coas que o latín
vulgar estivo en contacto posteriormente, a raíz da desaparición do Imperio Romano
(superestrato).
Tamén influíron as circunstancias que rodearon o nacemento de cada lingua. Por
exemplo, o feito de que Gallaecia quedase tan afastada da capital do Imperio e que
posteriormente constituíse durante as invasións xermanas un reino independente,
contribuíu a que a lingua desta zona, o galego, fose moi conservadora, é dicir, moi
próxima ao latín. Contrasta con isto unha das linguas románicas que presenta maiores
diferenzas con respecto ás demais, o romanés, a máis oriental, debido aos préstamos das
linguas eslavas.
Das linguas de substrato e superestrato conservamos ademais algún léxico, como se
pode ver no seguinte esquema sobre a formación da lingua galega:
8

ESTRATO Latín.
SUBSTRATO INDOEUROPEO beizo, berce, bico, billa, boroa, burato,
camiño, camisa, cervexa, laxe, lousa,
penedo, rodaballo, salmón…

SUBSTRATO PREINDOEUROPEO amorodo, barranco, beira, bouza, carballo,


curuto, gándara, lama, parra, tobo, toxo,
veiga…

Para outros puntos de vista:


Carmen Jiménez Huertas: 'No venimos del latín'. (2014)
https://www.youtube.com/watch?v=SPI_Y4hdIaU

- O ibérico falábase antes (e outras linguas) e seguiuse falando


- As semellanzas de léxico latino coas linguas inglesa ou alemana, as semellanzas na sintaxe
(casos alemáns, xenitivo ingles,...)
- A prosodia: o latín é 'moi binario' di. Seméllase máis a nosa pronuncia ao grego
- A evolución fonética
- Como unha lingua pode deixar de entenderse en tan poucos anos (casos do grego clásico
ou árabe clásico, do español do Cid...), moitos séculos despois segue a entenderse a lingua;
pero están tamén os casos do inglés ou alemán medieval e os seus grandes cambios

O que mantén basicamente é que o latín era a lingua escrita, desenvolta pola igrexa, pero
a(s) que se falaba(n) era(n) outra(s) lingua(s), o latín sería irmá ou curmá pero a nai
estaría antes (indoeuropea?): AURICULAM líase orella (l'eau>/o/)

EXER: Un breve texto (frase) no que se derrube un mito da nosa cultura. Un escrito contracultural
(Os valores, tendencias e formas sociais opostas ás establecidas nunha sociedade)

***

SUPERESTRATO XERMÁNICO

Cara o S. III prodúcese a debilidade de Roma e hai acometidas de pobos xermanos. A xente
vive en villae (fortificadas). A latinización da Gallaecia ten o foco cultural en Braga.

No S. V (ano 411) establece Roma un foedus (tratado) cos suevos (oligarquía militar de
30.000 individuos): o Regnum suevorum ou o Galliciense Regnum, o primeiro estado
(bárbaro) da Europa medieval. Un reino pioneiro, o primeiro reino medieval de Europa,
porén trátase dun fito, en xeral, ignorado pola historia.
Anexionouse á monarquía hispano-goda no 585, pero con autonomía (ou singularidade).

Resume (3'26) en Vimeo: https://vimeo.com/358045759


Se queres velo enteiro: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-reino-suevo-de-galicia-4190465
---
A lingua dos xermanos é Superestrato pois asumen a lingua da terra dominada pero
imprimindo tendencias. Inflúe niso: a relación numérica, o nivel cultural, o grao de
9

planificación dos vencedores, a capacidade para impoñer unha administración e unhas


formas culturais propias.

Os suevos eran xermanos do oeste. Vándalos, suevos e visigodos chegaron á Península, en


Galicia establecéronse os suevos (S. V). A capital está en Braga. Cando os visigodos
entraron na Península acabaron co dominio suevo no NO (S. VI) e instalaron a capital en
Barcelona e despois en Toledo. Mantívose unha certa autonomía ata o 711, invasión árabe.
Un século e medio diferenciados do resto da Península dan características propias na
lingua: desaparición de L e N intervocálico (MANU> mao, CASALES > casaes);
palatalización en /t∫/ de PL, CL, FL (PLORARE > chorar, CLAVE > chave, FLAGRARE >
cheirar), quizais tamén a explicación de por que non triunfou a ditongación de E e O latinos
(METU > medo, OVU > ovo).

A división do imperio latino cos pobos xermánicos acelerou as diferencias entre as linguas
consideradas romances.

A mediados do S. VII Galicia volveu aos límites dos antigos conventus romanos:
lucense, bracarense e asturicense.
A posterior invasión árabe (S. VIII) foi pasaxeira.

Os xermanos deixan vocabulario e onomástica, o sufixo -engo (avoengo).


Sabemos pouco da súa lingua ao non ter cultivo literario
- Cando un préstamo ten presencia en Francia ou Italia considérase que é visigodo:
agasallar, elmo, escanciar, espeto, luva, roca... préstamos en torno á casa e á vida
campesiña.
- Os xermanismos tamén puideron introducirse desde o propio latín: banco, burgo, escuma,
gañar, roubar, sopa, xabón, ...
- Por fin, unha terceira vía foi a través do francés e o occitano (mesmo do catalán): nobres
de alén dos Pirineos, ordes relixiosas (Cluny e Císter) e a difusión da literatura ultrapirenaica
na baixa idade media: adobar, albergar, desmaiar, franco, frecha, gabarse, galardón,
guerra, harpa, orgullo, rico, toalla, xardín, ...

Antropónimos xermánicos (a través dos francos): Afonso, Alberte, Álvaro, Carlos, Elvira,
Gonzalo, Fernando, Guillerme, Luis, Ramiro, Ramón, Xerardo... Moi frecuentes. Será a
patir do XII cando se dea paso a nomes latinos cristiáns, nomes dos santos. A moda e o
prestixio xermano chegou aos topónimos, aqueles que teñan que ver con Vila, Vilar, Saa,
Casa, Casal, Castro, Castelo, ... (explotación rural e lugar habitado) O xenitivo latino
mantense un tempo na toponimia pero acaba dando paso á preposición DE: VILLA PETRI >
Vila de Pedro.. Terminacións - RICU > - rigo, RICI > - ris / - riz, tamén terminacións - mir,
- mil, - ulfe, - sendo, -mundi, - mar, -xil, ... (Allariz, Guitiriz, Mondariz, Castromil,
Freixomil, Samil, Randulfe, Rosendo, Gomesende, Baamonde, Trasmundi, Baltar, Tosar,
Gondomar, ...) pasan por ser topónimos galaico-xermánicos relacionados con nomes de
propietarios ou fundadores. Topónimos como Godos, Suevos, o gótico SALA > Saa, Sales,
Zas, Saavedra... De *LAUBJO 'alpendre' > Lobio, Lobios. De *BOURO 'almacén para
utensilios' > Boiro.

Houbo diversos factores para que os xermanos adoptasen a lingua que había: eran inferiores
en número, a lei nun primeiro momento non lles permitía casar cos hispanorromanos, non
fixeron unha conquista ordenada xa que era houbo un deambular de tribos, había
analfabetismo, non querían desenvolver unha administración e un dereito e asumiron a que
10

había, a importancia da igrexa ao asumir o latín como lingua oficial... Tiveron unha
influencia lingüística superficial pero cun gran legado onomastico.

SUPERESTRATO ÁRABE

No 711 entran os árabes na Península. Con Afonso I (739-757), a fronteira con eles xa é no
río Miño, con Afonso III (866-910) o límite é o Douro. Permanece Galicia á marxe da
estrutura do Islam aínda que eran coñecedores do seu mundo. Hai nomes de lugar árabes:
Aldea, Alfoz, Rábade, Alcázar, A Mezquita, ... Eran superiores en ciencia e técnica e
trouxeron arabismos lexicais que tamén chegaron ás realidades da rotina diaria. Non houbo
moito contacto cos árabes pero puideron entrar as palabras por outras linguas da Península.
É salientable o caso de alferga 'dedal' que se mantén só en Galicia e no norte de África.
Pola evolución que presentan, hai arabismos directos ou importados do portugués: argola,
laranxa, tafona, ... O resto de palabras están compartidas con outras linguas: cargos
(alcalde, alguacil, alférez), vida castrense (tambor, xinete), administración do territorio
(aldea, arrabalde), nome de plantas e froitos (algodón, arroz, azuzena, azucre, cenoria,
laranxa, limón), produtos agrícolas (aceite, alcol), outras (arroba, quintal, alacrán, atún,
xabaril, alfaia, alfinete, alfombra, alicate, almofada, marfil, alfil, xadrez, xaque, alxibe,
azotea, álxebra... azul, ata ou oxalá (ogallá) de wa sa llah (in sha allh).
Moitos arabismos levan aglutinado o artigo AL-. Son construcións pleonásticas as de A
aldea, ...
A nosa numeración actual foi transmitida polos árabes.

(Grazas aos profesores Ana Iglesias, Gutiérrez Izquierdo, Mariño Paz)

---

TAREFA 1: ROSALÍA

You might also like