You are on page 1of 104

HISTORIA DE ESPAÑA

2º bac.

Dep. XEOGRAFÍA E HISTORIA


IES. RAMÓN Mª ALLER

1
TEMA 1. HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜIDADE.

1. OS INICIOS DO POBOAMENTO PENINSULAR


Os primeiros representantes do xénero homo chegaron ao que hoxe é España fai algo máis de un millón
de anos aproximadamente, dando inicio á Prehistoria. Para coñecer este proceso resulta de grande interese os
achados dos restos fósiles do xacemento de Atapuerca. Este periodo o dividimos en 3 fases:
a) O Paleolítico: (pedras antigas). Os grupos humanos que habitaron inicialmente a Península mantiveron
un modo de vida baseado na depredación (caza - recolección), nómada e non coñecía a división do traballo.
O material lítico que utilizaban eran as pedras lascadas (machados, coitelos, puntas de frechas....) e a súa
presencia está documentada en numerosos lugares grazas a estes restos conservados e, especialmente aos
restos pictóricos parietais presentes en covas do cantábrico: Altamira, Tito Bustillo... Con todo, a extensión
dete periodo permite subdividilo en tres etapas:
– Paleolítico Inferior: 1.000.000 a.C. O protagonista desta etapa é o homo erectus, do que temos
restos diferentes como o homo hábilis africano e o homo antecessor (Atapuerca 1). Neste lugar
atopáronse restos de exemplares emparentados co Homo hábilis africano e restos dunha nova
especie, o Homo antecessor, un pre-Neandertal.
– Paleolítico Medio: 100.000 - 30.000 a.C. O homo sapiens neandhertalensis vive nesta etapa. As
vivendas comezan a facerse máis estables e temos os primeiros restos de culto funerario.
– Paleolítico Superior: 30.000 - 8.000 a.C. O seu protagonista é o homo sapiens sapiens
(Cromagnon). Temos o desenvolvemento da arte rupestre na costa cantábrica, naturalistas e de
carácter máxico- relixioso. Importantes restos de culto funerario.
b) O Neolítico. Características e cambios respecto ao Paleolítico: (Neolítico: pedras novas). O
neolítico desenvolveuse na Península con certo atraso con respecto aos núcleos de Próximo Oriente. Arredor
do anos 6000 a.C comezan a detectarse na área mediterránea os cambios que deron lugar á revolución
neolítica.
Fronte ao emprego da pedra percutida propia do Paleolítico, a principal innovación neolítica é o
pulimento dos materiais líticos que permitiu a fabricación de hachas, azadones ou muíños e trituradoras.
Estas melloras suporán a aparición da agricultura e o cultivo dos primeiros cereais, asi como a
domesticación dos primeiros animais e a aparición da gandaría. Estas prácticas suporán para os homes e
mulleres do Neolítico a garantía de alimento superando a economía depredadora (baseada na caza e
recolección) propia da etapa anterior e facilitará, ao mesmo tempo, un aumento demográfico sen
precedentes coñecido coma a revolución neolítica.
Ligado a estas prácticas agrícolas aparecerán os primeiros poboados estables, polo que se abandonan as
prácticas nómadas (Paleolítico), dando lugar ás primeiras comunidades sedentarias. Aparecerá así a
concepción patrimonial da terra, a propiedade, e o desexo de protexer terra e colleitas propicia a aparición
das primeiras sociedades guerreiras e unha xerarquía social oposta ó concepto social do clan paleolítico.
O Neolítico será igualmente unha etapa de importantes avances técnicos como o descubrimento da
cerámica cardial, que presenta marcas feitas con conchas de moluscos -berberechos-, dos tecidos, muiños de
gran, fouces...; avances culturais como o inicio de enterramentos en foxas ou ritos propiciatorios para a
agricultura, e avances artísticos con un maior esquematismo nas figuras representadas, entre as que destaca a
arte rupestre levantina, que presenta esceas complexas de caza, recolección, danza, etc. Localizadas en
abrigos (clima cálido) e non en simas como sucedía na etapa anterior.
c) Idade dos metais: Cara ao 3.000 a.C. prodúcense na península importantes cambios ligados á
utilización dos metais.
– A idade do cobre ou calcolítico ( 3.000 a.C.): Aparece durante o Neolítico avanzado, cando se
comezou a empregar o cobre para a fabricación de adornos persoais e utensilios. Nesta etapa se
producen avances na agricultura (a utilización do regadío), e en numerosas áreas peninsulares
aparecen enterramentos colectivos con monumentos megalíticos entre os que destacan os exemplos
presentes en Galicia. Aquí conservamos numerosas antas, construcións funerarias formadas por unha
cámara de grandes pedras que poden ter un corredor de entrada,e as mámoas, túmulos de terra de

1Son os restos fósiles máis antigos atopados en Europa. O achado máis importante produciuse en 1994 no nivel 6 da
Gran Dolina. Atopáronse 80 fósiles humanos, de polo menos seis individuos. Os restos acompañados de industria lítica,
tallada. Pertencían ao xénero Homo antecessor, antepasado tanto dos neandertales como dos Homo sapiens, que
procedería igualmente de África.

2
planta redondeada e sección semicircular sen construción interior. Cara ao final do calcolítico se
estende o vaso campaniforme, peza de cerámica con forma de campá invertida.
– A idade do bronce ( 2.000 a.C.): O bronce é unha aleación de cobre e estaño. O seu emprego
espallouse de forma moi irregular e, na Península, o xacemento máis importante é o do Argar
(Almeria).
En Galicia, a metaluaxia do bronce está documentada pola aparición de pezas descontextualizadas
( espadas, coitelos, brazaletes...). A esta etapa se asocia o Tesouro de Caldas de Reis, con pezas de
ouro, así como os petróglifos, gravados en pedra ao aire libre moi abundantes na provincia de
Pontevedra e nos que se representan motivos animais (cervos) e xeométricos (círculos, espirais...)
– A idade do ferro ( 1.200 a.C.): A partir do 1.200 a.C. Aproximadamente se estendeu pola Península
a metalurxia de ferro posiblemente facilitada polas invasións ou infiltracións de pobos indoeuropeos
e mediterráneos:
– A finais do Bronce e inicios do ferro penetraron influencias traídas por pobos protocélticos; con
eles esténdese polo norte da península a cultura denominada dos campos de urnas: enterramentos
en urnas das cinzas (incineración).
– Igualmente os poboadores da costa mediterránea e arquipélago balear tiveron contacto cos pobos
do mediterráneo oriental, especialmente a través de intercambios comerciais. Pola súa
importancia denominamos esta etapa como a das colonizaciones.

2. OS POBOS PRERROMANOS NA PENÍNSULA IBÉRICA


2.1. As colonizacións
No primeiro milenio a.C. chegan á Península pobos do mediterráneo oriental máis avanzados tanto no
material como no espiritual.
Chegan por interese económico e mercantil, dado estes pobos estaban moito máis avanzados e
desenvolven un importante comercio que se desenvolve no Mediterráneo, sobre todo de metais como o
cobre, o estaño, o ouro e a prata. As factorías estaban situadas en puntos estratéxicos onde realizar a venda de
produtos (viño, aceite, xoias, cerámica...) que consumían as clases superiores indíxenas, a cambio de
materias primas (os metais xa citados) . Estes pobos colonizadores introduciron novas técnicas (salgaduras,
tinturas, torno, melloras na metalurxia...), novos cultivos (olivo, vide), sistema de escritura (alfabeto), asi
como modificacións no sistema social, político e económico (maior urbanización, reforzamento das
monarquías, diferenciación social, moeda...).
– Os fenicios: son os primeiros en chegar cara ao século IX a.C. Fundaron pequenas colonias no
litoral andaluz como Gades, Malaka, Sexi.... O seu principal interese era a obtención de metal (prata,
chumbo, estaño...) nas minas da actual Serra Morena e das illas da área Atlántica (Galicia?,
Irlanda?). A partir do sigloVI a.C o pobo fenicio entrou en declive pola caída de Tiro en mans dos
babilonios, o que afectou ás súas colonias na península.
– Coetánea á cultura fenicia e moi influenciada por ela, se desenvolveu na área do Guadalquivir a
Cultura indíxena dos Tartessos. Atopáronse importantes tesouros relacionados con esta cultura, o
que nos fala dun importante desenvolvemento económico relacionado co comercio cos fenicios, un
importante desenvolvemento agrícola e unha forte diferenciación social coa aparición dunha
aristocracia que controlaba a maior parte da riqueza.
– Os gregos: No século VI a.C prodúcese a colonización grega por toda a costa do Mediterráneo e o
mar Negro. No caso da península Ibérica os protagonistas foron os focenses que posuían unha
importante colonia no sur da actual Francia: Masalia (a actual Marsella). A principal colonia foi
Emporion creada cara ao 575 a.C, outras colonias foron Rhode (Rosas) ou Hemeroskopeion (Denia).
A súa principal actividade económica foi o comercio, sobre todo con Tartesos.
– Os cartaxineses ou púnicos: Cartago, na actual Túnez, era unha colonia fenicia que continúa ca
fundación de colonias no Mediterráneo occidental. Desenvolveron unha gran actividade comercial
desde a sua colonia de Ebussus (Ibiza).
A partir do ano 264 a.C. os cartaxineses se enfrontaron con romanos nas guerras púnicas. Para paliar as
perdas territoriais da Primeira Guerra Púnica, os cartaxineses iniciaron a conquista do sur e o leste peninsular
establecendo colonias como como Cartago Nova (cartaxena) e acordaron que o rio Ebro actuase como límite
entre a área de influencia romana (norte do Ebro) e cartaxinesa (sur do Ebro). A ataque dos cartaxineses á
cidade de Sagunto no 219 a.C. (ainda que se atopaba na sua área de influencia era unha colonia grega aliada

3
de Roma), orixinou a Segunda Guerra Púnica e o inicio da conquista romana da Península.
2.2. Íberos e celtas
Denominamos deste modo a aqueles pobos e culturas que entraron en contacto cos romanos cando estes
os conquistaron. Diferenciase tres conxuntos culturais: os íberos na costa mediterránea, celtas e celtíberos no
centro e no norte e a cultura castrexa no noroeste.
– Íberos: Desenvolvéronse cara o século VI a.C. no sur e no leste, penetrando cara o interior polo val
do río Ebro. Eran pobos independentes pero con trazos culturais comúns e que probablemente
falaban a mesma lingua. Estaban moi influenciados polos colonizadores fenicios e gregos. A súa
economía baseábase na agricultura e a gandaría, aínda que tamén foron importantes a minería e a
actividade textil, desenvolvendo un intenso comercio cos colonizadores dos que aprenderon o uso da
moeda e a escritura. Aparecen núcleos de carácter urbano nos que a sociedade estaba xerarquizada,
destacando unha aristocracia encabezada por un monarca. Os restos artísticos máis salientables son
esculturas cun posible caracter funerario ou relixioso (Dama de Exche, figuras do santuario do Cerro
dos Santos...)
– Pobos do centro e oeste peninsular: reciben menores influencias dos colonizadores e neles
detéctanse máis influencias celtas. Foron denominados polas fontes romanas como celtas ou
celtiberos. Os pobos máis próximos á área ibérica denomínanse celtiberos ( arévacos, lusones
pelendones, etc). Ademais de celtiberos atopamos lusitanos, vacceos... Nuns predominaba a
actividade agrícola, noutros a ganadería. Atopamos pouco desenvolvemento da artesanía e o
comercio. Dominaban a metalurxia do ferro (armas) a ourivería e, en ocasións, atopamos núcleos de
poboación fortificados.
– Pobos do norte: eran galaicos, astures, cántabros, vascóns... A súa principal actividade era a
gandaría xunto á recolección e a pesca. Entre eles destacan os vascóns, pobo de orixe incerta e
asentados no territorio dende o paleolítico. A disposición do relevo, con vales pechados por
montañas, contrinuiu ao seu illamento e ao mantemento de formas culturais propias, entre as que
destaca a súa lingua.
Os galaicos desenvolveron a cultura castrexa, que aparece no noroeste peninsular, na actual Galicia ata
os rios Douro -sur- e Sella-leste-. Destaca como elemento mais significativo os castros, poboados
fortificados (murallas, foxos e terrapléns) con vivendas de planta circular. Cronoloxicamente desenvolveuse
entre os séculos VIII a.C e I d.C.. Tras a conquista romana, os seus trazos evolucionaron pola influencia
cultural dos conquistadores dando lugar á cultura galaicoromana.
Os pobos castrexos eran grupos máis ou menos independentes, aliados ou enfrontados entre sí, segundo o
momento ainda que a falta de armas nos xacementos non indica un importante belicismo. Eran pobos
agrícolas e gandeiros, pero que desenvolveron igualmente a metalurxia (torques ou fíbulas de ouro). Non se
coñece a sua organización social, aínda que debeu existir unha xerarquización que se intúe pola presencia de
xoias empregadas como distintivo de poder.

3. A HISPANIA ROMANA
A presenza romana da península Ibérica prolongouse desde finais do século III a.C., no contexto da
Segunda Guerra Púnica, ata principios do século V d.C., cando o desmembramento do Imperio favoreceu o
asentamento en Hispania dalgúns grupos de pobos xermánicos. Durante este tempo na península se produciu
un proceso de asimilación do modo de vida e da cultura de Roma (romanización) ata acabar por converterse
un territorio máis dentro dun imperio que abarcaba a totalidade das terras que baña o Mediterráneo.
3.1. Etapas da conquista:
Os romanos non tiñan un plan determinado de conquista. O seu interese inicial debeuse á necesidade de
contrarrestar aos cartaxineses no contexto das Guerras Púnicas. No ano 218 a.C. os romanos, dirixidos por
Publio e Cneo Escipión, desembarcan na colonia grega de en Emporion para cortar os subministros que os
cartaxineses enviaban a Anibal Barca, que se atopaba loitando en italia contra Roma. A prtir dese momento a
conquista se organiza en catro fases:
– 1ª Fase: Conquista da zona mediterránea no contexto do enfrontamento con Cartago (Guerras
Púnicas). En 209 a.C conquistan Cartago Nova e no 206 a.C Gades. Ao comprobar as riquezas da
península deciden instalarse, conquistando rapidamente as zonas do leste e o sur, os pobos que máis
en contacto estiveran cos colonizadores.
– 2ª Fase: ampliación cara ao interior da Península.

4
– 3ª Fase: finaliza a conquista do centro e occidente. Nestas zonas atoparon forte resistencia dos
nativos producíndose longas e custosas guerras: guerras lusitanas (154-137 a.C.) e guerras
celtibéricas (154-133 a.C) Viriato e Numancia simbolizan esta resistencia.
– 4ª Fase: en tempos de Augusto (29-19 a.C.) produciuse o sometemento dos pobos do norte,
cántabros, galaicos, astures e vascones.
3.2. Os elementos de romanización:
Chamamos proceso de romanización á introdución en Hispania (por vía pacífica ou pola forza) dos
elementos da súa organización social, política e cultural. Estes elementos entran en relación coas sociedades
indíxenas, aínda que impoñéndose os elementos romanos. Este proceso é máis intenso no leste e o sur, e é
débil no norte montañoso, sobre todo País Vasco e Navarra.
Os vehículos de romanización foron:
– A organización político-administrativa.
– A creación de numerosas cidades e as obras públicas.
– A difusión da cultura e a lingua: o latín.
a) A organización político-administrativa do territorio:
Hispania foi o nome co que os romanos designaron ao conxunto da Península Ibérica. Roma estableceu
unha serie de unidades político-administrativas para asegurar o control do territorio e a súa explotación.
Estas unidades foron:
– As provincias, administradas por un gobernador designado por Roma, englobaban varios conventos
e civitas. O número de provincias variou co paso do tempo: nun primeiro momento foi dividida en
dúas provincias: a Citerior (o norte ata Cartaxena) e a Ulterior (o sur). O número foi en aumento ata
a época de Diocleciano (finais do século III) cando quedou dividida en seis provincias: Gallaecia,
Tarraconense, Bética, Lusitania, Cartaxinense e Mauritania Tingitana (norte de África). No século IV
engadiuse unha nova provincia, a Baleárica.
– Os conventos eran unidades administrativas de carácter xudicial, de recadación de impostos e
recrutamento de tropas. Englobaban varias civitas.
– As civitas eran as unidades básicas do sistema romano. Estaban formadas polo territorio urbano e o
territorio circundante. Podían ser colonias, cando eran cidades fundadas polos romanos con soldados
licenciados, ou municipia, núcleos indíxenas estipendiarios (que pagaban un imposto ou estipendio)
que adquirian o réxime xurídico romano.
b) As actividades económicas:
A Roma interesáballe fundamentalmente a explotación económica da península. A terra foi especialmente
interesante, e as terras dos pobos conquistados pasaron a ser propiedade do Estado romano, quen se
reservaba unha parte e repartía ou arrendaba o resto. En Hispania destacaba o cultivo da vide, a oliveira e o
trigo; asemesmo introduciron técnicas agrícolas como o barbeito ou o regadío e instrumentos como o arado.
A gandaría ovina, as salgaduras de peixe, a minería do ouro, a prata, o cobre, o chumbo e o estaño e a
produción artesanal de cerámica, orfebrería e mosaico tamén foron atractivos para Roma.
A península vese integrada nun mercado universal controlado desde Roma, o que trouxo consigo o
aumento da circulación monetaria: o denario romano e as súas divisións convertéronse na unidade monetaria.
Con fins mercantiles e militares construír unha importante rede de calzadas: as máis importantes foron tres:
– A Vía Augusta que percorría a costa mediterránea.
– A Vía da Prata: Astorga- Mérida- Sevilla.
– A vía de Astorga a Burdeos (posteriormente Camiño de Santiago)
c) A sociedade hispanorromana:
Ata o século I d.C. só unha minoría de colonos romanos e itálicos tiña plenos dereitos políticos (como o
dereito ao sufraxio, a ocupar cargos públicos ou non pagar impostos) e de propiedade, xa que do reparto da
propiedade da terra se encargaba o Estado. A partir do Edicto de Latinidade promulgado por Vespasiano (74
d.C.) a maioría das elites urbanas puideron converterse en cidadáns romanos de pleno dereito. A partir do
Edicto de Caracalla do ano 212 todos os habitantes de Hispania e de todo o Imperio obteñen a cidadanía
romana.
Con todo a sociedade estaba xerarquizada: as ordes superiores estaban formadas pola aristocracia que tiña
o control político e económico; por debaixo estaba a plebe urbana ou rural, formada por artesáns, pequenos
comerciantes e pequenos propietarios ou xornaleiros libres; por último estaban os grupos dependentes: os
escravos, os colonos e os libertos, escravos liberados que seguían dependendo do señor.

5
d) A relixión:
En principio practicouse a tolerancia cos cultos indíxenas, dándose un sincretismo a cambio do respecto
ao culto ao emperador. Era obrigatorio dar culto á triada capitolina que simbolizaba a autoridade de Roma
(Júpiter, Juno e Minerva).
Co tempo complicouse co cristianismo (século III d. C). Ao negarse a adorar a ídolos e a participar no
culto imperial foron declarados inimigos do Estado. Con todo, penetrou en todo o imperio, especialmente nas
cidades.
Con Constantino I, que se converteu á nova relixión (Edicto de Milán de 313), o cristianismo pasou a ser
legal, e con Teodosio I o Grande pasou a ser relixión oficial (século IV d. C) e prohibíronse outros cultos,
entre eles herexías coma o Priscilianismo, moi popular en provincias coma a Gallaecia.
e) O legado cultural:
O principal legado cultural é, xunto ás obras públicas, a lingua, o dereito e a relixión.
– O latín: impúxose e desprazou ás linguas prerromanas (só subsistiu o vascuence). Impúxose como
lingua oficial e privada. É o sustrato das linguas romances: castelán, galego e catalán.
– O dereito romano: é aínda hoxe base substancial da nosa lexislación. Regulaba a convivencia nunha
sociedade máis complexa que as indíxenas.
– As obras públicas: Un dos principais legados de Roma foi a construción de obras públicas. Son
construcións urbanas para satisfacer as necesidades dos habitantes das cidades. As máis importantes
foron: murallas como as de Lugo, acueductos como o de Segovia, pontes como o de Alcántara, arcos
conmemorativos como Bará e Medinaceli, templos como o de Diana en Mérida, anfiteatros como o
de Itálica e teatros (Mérida e Sagunto). Ademais da súa utilidade, estas obras eran o símbolo da
fortaleza de Roma.

4.- A MONARQUÍA VISIGODA


No século V prodúcense as invasións dos bárbaros que poñen fin ao Imperio romano de occidente. No
ano 409 en Hispania penetran suevos, vándalos e alanos repartíndose as súas provincias. Os suevos
aséntaronse no noroeste da península ibérica creando o primeiro reino independente tras a desaparición do
Imperio romano de occidente, mentres que os visigodos ocupan a Galia e parte de Hispania (reino de
Tolosa), pero a presión dos francos (vitoria de Vouillé en 507) obrígalles a repregarse sobre Hispania onde
crean en Toledo a capital do seu reino.
Entre o 509 e o 569 os visigodos afirmaron a súa presenza na península Ibérica, aínda que como unidade
política, o reino visigodo perdeu toda entidade por mor de frecuentes revoltas e guerras internas. Esta
situación foi aproveitada polos bizantinos para instalarse no sur e sueste de Hispania.
A partir de 568, con Leovixildo comézase a crear un auténtico estado con soberanía territorial.
4.1. A formación do Estado.
Para esta tarefa Leovixildo asegurou o ámbito territorial, favorecendo a fusión entre hispano-romanos e
visigodos e estableceu a uniformidade lexislativa e relixiosa.
No ámbito territorial unha serie de campañas militares deron como resultado o sometemento de diversos
pobos hispanos que vivían en estado de independencia, o arrinconamento dos vascóns no seu territorio, a
anexión do reino dos suevos (noroeste da Península) e a contención dos francos polo norte. Finalmente, entre
o 572 e 628, tivo lugar un lento proceso de conquista da franxa costeira controlada polos bizantinos.
Con Leovixildo póñense as bases da unidade xurídica e lexislativa, os mesmos xuíces para as dúas
comunidades (hispano-romanos e visigodos), aínda que mantendo códigos distintos. Será en 654 con
Rescenvinto, cando se produza a fusión dos códigos co Liber Iudiciorum (libro dos xuízos).
Favorecendo a paulatina fusión entre visigodos e hispanorromanos admitíronse os matrimonios mistos,
aínda que iso non era senón recoñecer unha situación que se viña producindo desde facía moito tempo.
Será o fillo de Leovixildo, Recaredo, quen no III Concilio de Toledo (589), converterase ao cristianismo
xunto cunha parte da nobreza abxurando do arrianismo.
4.2. A organización política.
Para gobernar en principio contaban co apoio da asemblea de homes libres, formada por guerreiros
(nobreza) que entregaba o poder por aclamación a un xefe que se convertía en rei. Con Leovixildo o rei
visigodo tratou de ser un monarca ao estilo dos emperadores de Bizancio, adóptandose símbolos de
autoridade: diadema, manto, cetro, trono, moedas coa efigie dos reis...
Co tempo os reis pasarán a exercer o poder coa axuda de órganos de xestión e asesoramiento radicados
na corte:

6
– O Officium palatino: formado polos órganos de xestión á fronte dos cales están o conde dos
escribintes, o conde dos establos, o conde do tesouro...
– Aula regia: era o consello asesor do rei formado polos altos funcionarios do Officium, nobres que
interviñan na elección do monarca. Ca conversión ao cristianismo comezaron a participar
importantes cargos eclesiásticos quenes defendían a idea de que o poder do rei emanaba de Deus
(Isidoro de Hispalis).
– Concilios: os reis visigodos intentaron controlar as asembleas dos bispos proclamándose o seu
presidente e obrigando a que se celebrasen en Toledo.
4.3. A organización social: o protofeudalismo.
Na Hispania visigoda predominaba o mundo rural. No campo destacaban as vilas, grandes explotacións
da nobreza ou a Igrexa, cuxo traballo realizaban os colonos. Naquela sociedade foron tomando forza as
relacións de carácter persoal.
A debilidade dos reis fixo que precisasen apoiábanse nos nobres que consideraban máis adictos á súa
causa, os chamados fieis do rei ou gardingos, aos que lles esixía fidelidade e axuda militar a cambio de
beneficios e recompensas. Á súa vez, os nobres tiñan como encomendados a outros, aos que concedían terras
a cambio de protección militar.
No medio rural vanse poñendo os cimentos do réxime señorial (feudal), ao acaparar os señores funcións
públicas como administrar xustiza ou cobrar tributos, que exercían sobre os colonos que traballaban as terras
dos señores ou aínda sendo súas poñíanse baixo a protección destes a cambio de impostos ou traballo para o
señor.
O Reino Visigodo perdurou ata fins do século VII con unha continúa inestabilidade política entre os reis e
a poderosa nobreza. Esta desembocou en unha guerra civil trala morte do rei Witiza entre os partidarios dun
dos seus fillos, e os partidarios de nomear rei a Don Rodrigo, o que foi aproveitada polos musulmáns, os
cales derrotaron ó último rei visigodo, Rodrigo, na Batalla de Guadalete (711).

7
TEMA 2. AL ANDALUS E OS REINOS MEDIEVAIS

1.- ESPLENDOR DE AL ANDALUS E FORMACIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS


Al-Andalus é o nome que os musulmáns daban aos territorios da Península Ibérica que eles mesmos
dominaron politicamente entre 711 e 1492 e que foron minguando paulatinamente a medida que avanzou a
Reconquista cristiá.
Durante a Alta Idade Media, o Emirato e despois Califato de Córdoba, o territorios musulmán na
Península se converteu nun dos estados máis ricos e poderosos do occidente de Europa, con todo o
significado de Al-Andalus é máis profundo. Así podemos considerar á Al-Andalus como unha dobre ponte
cultural.
– Unha ponte que conectou a Idade Media coa Antigüidade Clásica: a economía agraria e o mundo
urbano romano, a filosofía aristotélica, etc.
– Unha ponte que relacionou oriente e occidente e que conectou a Europa económica e culturalmente
co Próximo Oriente (seda, matemáticas...).
1. 1. Evolución política: aconquista, o emirato e o califato de Córdoba (séculos VIII-X).
Entre os séculos VIII-X, os musulmáns de Al-Andalus mantiveron unha situación de predominio político
sobre a Península Ibérica. Así dominaban directamente a actual Andalucía, a Submeseta Sur, Levante, o Val
do Ebro e as Baleares, pero ademais, os reinos cristiáns do Norte debían pagar tributos a Córdoba como sinal
do dominio político andalusí. Así mesmo, e malia a súa diversidade étnica (árabes, sirios, bérberes, muladíes)
e as continuas rivalidades entre os propios musulmáns, Al-Andalus mantivo neste período unha situación de
unidade política.
a) A Conquista (711-714)
A Conquista da Península Ibérica polos musulmáns foi un proceso rápido e aparentemente sinxelo. Os
factores que propiciaron isto foron a crise interna da monarquía visigoda, que no ano 711 se atopaba en plena
guerra civil entre o rei Rodrigo e os witizianos. Precisamente estes últimos pediron axuda aos musulmáns a
través do conde Don Julián para que pasasen o Estreito e lles axudasen na guerra. Do mesmo xeito, o
desinterese de boa parte da poboación hispana polo mantemento dun sistema de explotación agraria moi duro
protagonizado pola nobreza visigoda e a colaboración aberta de parte da poboación hispana cos musulmáns
asi coma a actitude tolerante dos musulmáns cara aos pobos conquistados, especialmente cara os chamados
dimmies ou xentes do libro (cristiáns e xudeus) facilitaron a súa chegada e a instalación.
En 711 Musa ibn Nusayr, gobernador de Ifriquiya (Actual Magreb), enviou ao seu liberto Tarik cun
exército para que cruzase o Estreito de Gibraltar. Este exército enfrontouse aos visigodos dirixidos por
Rodrigo e venceuno na Batalla do Guadalete (711). Ao ano seguinte, 712, o propio Musa cruzou á Península
con reforzos e entre 712-714 os musulmáns acadaron a dominación de case toda a Península.
Os conquistadores musulmáns non formaban un grupo homoxéneo e non ocuparon toda a Península coa
mesma intensidade- Os árabes ocuparon os vales ricos do sur e do leste, mentres que aos bérberes lles
tocaron as terras máis pobres da Meseta e do norte.
Con respeto aos pobos conquistados, unha parte importante das conquistas debeuse ás capitulacións ou
rendicións pactadas. Nestas os musulmáns concedían amplos privilexios aos vencidos, pois estes
conservaban as súas terras e podían seguir practicando a súa relixión a cambio de pagar un imposto. Aqueles
que aceptaron convertirse á nova relixión pasaban a converterse en muladís.
b) O Emirato Dependente de Damasco ( 714-756).
Durante este período, Al-Andalus se converteu nunha provincia dependente do Califato Omeia de
Damasco e gobernado por un valí ou emir. Malia que vai intentar manter a expansión militar na Península,
esta vaise a ver freada pola Batalla de Covadonga (722), enfrontamento pouco importante no que se funda o
Reino de Asturias e que mostra o pouco interese dos musulmáns pola cornixa cantábrica, considerada
demasiado primitiva e pobre por eles.
Do mesmo xeito, a expansión a través dos Pirineos é detida na Batalla de Poitiers (732), na que o exército
musulmán é derrotado polos francos de Carlos Martel e que pon fin á expansión musulmá polo Occidente
Europeo.
Durante esta etapa do emirato, teñen lugar levantamentos, como a rebelión dos bérberes (741) na que as
guarnicións de bérberes instalados nas zonas máis pobres da Meseta Norte abandona estas e levántase contra
o goberno do emir. É a expresión dos conflitos internos entre as diferentes etnias musulmás que xerarán unha
continua inestabilidade política no Al-Andalus. O abandono destas guarnicións favorecerá a expansión
asturiana pola Meseta Norte (campañas de Alfonso I de Asturias).

8
c) O Emirato Independente de Córdoba (756-929)
Durante este período Al-Andalus se independiza politicamente do Califato de Bagdad e é gobernado pola
familia dos Omeias. Con todo, continua a súa dependencia relixiosa de devandito Califato. Trátase dun
período de consolidación e reorganización política interna dentro do Emirato de Córdoba, especialmente
durante os emiratos de Abd-el-Rahmán I e Abd-el-Rahman II. Con todo, durante a segunda metade do século
IX e principios do século X, o Emirato vive fortes tensións políticas internas, debido aos conflitos entre
musulmáns e cos mozárabes, cristiáns de Al-Andalus.
d) O Califato de Córdoba (929-1031)
En 929 Abd-el-Rahman III, emir de Córdoba, convértese en Califa, é dicir, faise relixiosamente
independente do Califato de Bagdad. Trátase do período álxido de Al-Andalus como potencia política e
económica do Mediterráneo Occidental.
Durante o Califato de Al-Hakam II Córdoba convértese, ademais no centro cultural máis importante de
Europa Occidental. Durante o Califato culmínase a Gran Mezquita de Córdoba e constrúese o Pazo de
Medina Azahara.
Os Califas posteriores serán máis débiles e comezarán a delegar o exercicio do goberno na figura do visir,
entre os que destacou Almanzor (972-1002), quen dominará politicamente o Califato cunha ditadura militar.
Este xiro militarista maniféstase nunha serie de razzias ou campañas de castigo exercidas por Almanzor
contra os núcleos cristiáns do norte (Santiago de Compostela, Barcelona, etc.). Morto Almanzor, o Califato
entrou nun proceso de decadencia e disgregación política dando lufar aos chamados Reinos de Taifas (1002-
1031).
1. 2. A crise do século XI: Reinos de Taifas e imperios norteafricanos
A partir do século XI a situación política dá un xiro decisivo. Al-Andalus experimenta unha continua
debilidade e disgregación política o cal o converte en presa dos reinos cristiáns do norte que lles esixen o
pago de parias (impostos) e se expanden á súa costa. A supervivencia de Al-Andalus dependerá así das
invasións dos imperios bérberes norteafricanos (Almorábides e Almohades). Quenes tentaron unificar
momentaneamente Al-Andalus.
a) Os Reinos de Taifas (1031-1090)
A desaparición do último califa Hisham III precipitou a división de Al-Andalus en múltiples reinos de
Taifas (expresión máxima da tendencia disgregadora dos musulmáns). Con todo, ao longo do século XI
unhas taifas se anexionaron outras, formándose reinos algo maiores (Sevilla, Toledo, Zaragoza, Valencia).
Estas taifas mantiveron un alto nivel de riqueza económica e auxe cultural e artístico (por exemplo, o Palacio
da Aljafería de Zaragoza). Con todo estiveron sometidos ao pago de parias aos cristiáns a cambio de
protección, e ata a fins do século XI caeron ante eles (Alfonso VI conquistou Toledo en 1085 e o Cid
Valencia en 1089).
b) A Unificación Almorábide (1090-1145)
A conquista de Toledo por Alfonso VI en 1085 propiciou a chegada do emir almorábide Yusuf ibn Tasfin
desde o norte de Africa tra-la chamada dos reinos de Taifas. Os almorávides frearon a expansión cristiá na
batalla de Sagrajas (1086) e volveron unificar Al-Andalus. Con todo, a dominación almorábide non durou
moito pois foron incapaces de recuperar cidades importantes coma Toledo ou Zaragoza (conquistada por
Alfonso o Batallador en 1118). Ademais a intolerancia e intransixencia dos almorábides fíxolles moi
impopulares entre os propios musulmáns andalusís. O Imperio Almorábide caeu en 1145 desintegrándose
novamente Al-Andalus nas segundas taifas.
c) A Unificación Almohade (1146-1232)
Outro imperio norteafricano, os almohades, unificaron novamente Al-Andalus cara o ano 1172 e situaron
a súa capital en Sevilla. Os almohades mantiveron esta situación de predominio militar sobre os cristiáns ata
fins do século XII (Batalla de Alarcos, 1195), con todo foron derrotados por unha coalición dos reinos
cristiáns na decisiva Batalla das Navas de Tolosa (1212). Tras esta batalla, o Imperio Almohade foise
descompoñendo e as taifas andalusís foron caendo en mans dos cristiáns.
1. 3. O reino nazarí de Granada (1237-1492).
Un deses pequenos reis de Taifas, Muhammad I al Nasrí, señor de Arjona conquistou Granada en 1237.
Inmediatamente declarouse vasalo do rei de Castela e fundou o Reino Nazarí de Granada que subsistiu ata
1492 grazas a situarse sobre un territorio montañoso, ao apoio dos benimerines do Norte de África e aos
problemas internos de Castilla durante os séculos XIV-XV. A súa principal realización artística foi o Palacio
da Alhambra.
En 1492, os Reis Católicos conquistaron o último reino musulmán da Península, pero a presenza musulmá

9
aínda perduraría no tempo ata a expulsión dos mouriscos entre 1609-1614.
1.4. A organización económica e social.
O Islam recuperou a economía urbana da Antigüidade rompendo co proceso de ruralización iniciado no
Baixo Imperio Romano, así os musulmáns desenvolveron unha importante agricultura de regadío para
abastecer os novos centros urbanos. Así mesmo introduciron novos cultivos como o arroz, o algodón, a cana
de azucre, etc.
As cidades (Córdoba, Sevilla, Toledo, Granada, Zaragoza) convertéronse en centros artesanais e de
comercio (a alhóndiga e o zoco eran lugares vinculados co comercio), nelas residían os grandes propietarios
de terras que demandaban produtos artesanais de luxo. A este respecto hai que mencionar a artesanía
andalusí: tecidos de seda, algodón, liño, cordobanes e guadamecíes, a cerámica vidrada, o papel, os libros,
etc.
Al-Andalus converteuse, especialmente no século X co Califato de Córdoba na principal potencia
comercial de Occidente, así exportaba os produtos de luxo antes citados así como aceite. As rutas de
comercio máis importantes eran a rutas europea da que obtiñan escravos e armas, a do norte de África de
onde obtiñan ouro e escravos e as rutas de Bizancio e Oriente das que procedían sedas, especias e outros
produtos de luxo. Grazas ao ouro africano o Califato de Córdoba acuñou abundante moeda (dinar e dirham) e
mantivo unha activa circulación monetaria como en época romana.
A sociedade andalusí clasificábase por cuestións étnico-relixiosas e económicas. Nesta sociedade hai que
distinguir aos musulmáns:
– A aristocracia árabe dividida entre si por clans: era unha minoría pero detentaba a propiedade das
mellores terras e os altos cargos do estado. A eles uníronse os sirios tras 741.
– Os bérberes orixinarios do norte de África, tiveron que conformarse coas peores terras e adicábanse
ao pastoreo. Tiveron moitos conflitos cos árabes.
– Os muladíes, ou novos musulmáns de orixe hispano, que ocupaban un rango inferior entre os
musulmáns. A conversión ao Islam non era obligatoria pero era un modo de promoción social.
As Xentes do Libro ou dimmies, é dicir, os non musulmáns eran tolerados e tiñan as súas propias leis e
organismos de goberno. Con todo, tiñan que pagar impostos especiais. Estes eran os xudeus, que gozaban de
moita consideración social e algúns pertencían á élite intelectual ou científica, e os mozárabes ou cristiáns. O
seu número diminuíu durante o Emirato e Califato de Córdoba (conversión ao Islam, emigración ao norte) e
as súas relacións cos musulmáns fóronse deteriorando paulatinamente.

2.- OS REINOS CRISTIANOS


A historia dos Reinos Cristiáns peninsulares na Idade Media pódese considerar como a outra cara da
Historia de Al-Andalus e como el, pódese dividir en dúas etapas:
– Primeira Etapa (séculos VIII-X): orixe dos núcleos de resistencia, estes primitivos núcleos cristiáns
viven á sombra de Al-Andalus supeditados politicamente el e cunha economía pechada e estancada.
– Segunda Etapa (séculos XI-XIII): Expansión dos reinos cristiáns a costa dos territorios musulmáns,
repoboación, expansión urbana e extensión do feudalismo.
Esta expansión á que xenericamente denominamos Reconquista, prodúcese unha convivencia entre
cristiáns, musulmáns e xudeus que xustifica que falemos da España das Tres Culturas. Esta caracterízase
pola tolerancia relixiosa e o auxe cultural, pois o contacto entre estas culturas permitiría ao Occidente
Cristián coñecer a sabedoría da Antigüidade Clásica a través da ponte islámica.
2.1. Os primeiros núcleos de resistencia.
2.1.1. O nacemento de León e de Castela.
Os primeiros núcleos de resistencia cristiáns contra a expansión islámica nacen independentemente uns
doutros no norte de España, entre pobos pouco romanizados (astures, vascones, etc.). Estes territorios tiñan
pouco interese para os musulmáns pola súa pobreza, ruralización e economía pechada.
O primeiro núcleo foi o Reino Astur-Leonés. Este deu lugar ao Reino de León e ao Condado de Castela.
O Reino de Asturias ten a súa orixe na Batalla de Covadonga (722) no que Pelaio, nobre de orixe
presuntamente visigodo e primeiro rei de Asturias, derrota aos musulmáns. Este reino quedaría moito máis
definido polas Campañas de Alfonso I (739-757), que repoboa con mozárabes do Val do Douro o Reino de
Asturias.
Alfonso II (781-842) funda a nova capital de Oviedo e durante o seu reinado prodúcese a consolidación e
visigotización do Reino. Asturias convértese no herdeiro do Antigo Reino Visigótico e o achado da tumba de
Santiago pono á fronte da loita contra os musulmáns: os mitos da Reconquista quedan establecidos.

10
Alfonso III (866-910) leva a fronteira ata o Douro e traslada a capital a León, a partir deste momento
falamos do Reino de León.
Durante a segunda metade do século X prodúcese a crise interna do Reino de León, isto favorece a
independencia da súa fronteira oriental: o Condado de Castilla. Neste actúa o conde Fernán González (927-
970) como soberano practicamente independente.
2.1.2. Na zona oriental nacen os núcleos pirenaicos no século IX.
O Reino de Pamplona xorde en torno aos vascones no século IX. Durante o século X a súa expansión se
produce pola Rioxa e Aragón. A principios do século XI Sancho o Maior (1000-1035) convértese no
monarca hexemónico dos reinos cristiáns ao dominar os antigos reinos de Pamplona, Condado de Aragón e o
Condado de Castela.
O Condado de Aragón xorde no século IX en torno a Jaca pero en 970 entra na órbita dos reis de
Pamplona.
Os Condados Cataláns xorden trala conquista do Pirineo Oriental polos exércitos de Carlomagno en
torno ao ano 800. Carlomagno intenta converter este territorio na Marca Hispánica, a fronteira defensiva do
Imperio carolinxio. Pronto os condados serán gobernados por condes cataláns dependentes do Imperio
carolinxio. Vifredo o Velloso (874-898) consegue a unificación de case todos os condados baixo o seu mando
e Borrell II (947-992) independiza os condados cataláns fronte aos carolinxios.
2.2. A evolución das coroas de Aragón e Castela
Durante os séculos XII e XII os reinos cristiás asentáronse ata crear os grandes reinos penisnulares. Na
zona oriental , á morte sen descendentes de Alfonso I o Batallador, rei de Aragón, deu lugar a un problema
dinástico que orixinou:
– A separación do reino de Pamplona, que pasa a chamarse Reino de Navarra.
– A creación da Coroa de Aragón polo matrimonio entre Ramón Berenger IV, conde de Barcelona, e
Dona Petronila, filla do rei de Aragón. Foi unha unión dinástica na que cada reino gozaba das súas
propias leis pero sometidos aos mesmos reis.
Na zona occidental, Afonso I Henriquez conseguiu a independencia do condado de Portugal, pasando a
convertirse en reino. Do mesmo xeito, Castela e León, tras un periodo de independencia, se unen
definitivamente na Coroa de Castela en 1230 baixo o reinado de Fernando III o Santo.
2.3. A economía aragonesa e a expansión polo Mediterráneo
A economía aragonesa veu determinada polo comercio polo mediterráneo, para o que levaron a cabo unha
potente política expansionista. Os principais capítulos da expansión polo Mediterráneo foron a conquista de
Sicilia por Pedro III o Grande, Cerdeña por Jaime II (1324), a expansión dos Almogávares nos Ducados
gregos de Atenas e Neopatria, conquista de Nápoles por Alfonso V o Magnánimo (1443). Esta expansión
política marcou a supremacía marítima de Cataluña no século XIV e enfrontou á Coroa de Aragón con
Francia e o Papado.
A expansión política axudou á expansión comercial. Barcelona exportaba ferro e importaba cereais e
tecidos de Sicilia e Cerdeña, peles e coiro do norte de África e seda e especias do Mediterráneo Oriental.
A irrupción dos turcos en Bizancio en 1453 cortou as rutas de comercio con Asia e prexudicou o comercio
catalán que entrou en crise no século XV. Valencia adquiriu neste período un papel máis importante que
Barcelona.
2.4. Economía castelá e as rutas atlánticas.
A economía castelá oriéntase claramente cara á gandaría lanar máis que cara á agricultura. O negocio
consistía na lá de ovella meiriña que se vendía a bo prezo nos mercados de Flandes e Inglaterra. Os rabaños
de ovellas eran propiedade dos nobres e os grandes mosteiros. Estes organizase en asociacións cada vez máis
influentes que regulaban a transhumancia e coidaban das canellas. En 1273 Alfonso X fundou o Honrado
Concello da Mesta que unía a todas estas organizacións gandeiras.
Á vez que decaían as rutas do Mediterráneo no século XV, Castela reforzaba as rutas Atlánticas máis
relacionadas co comercio.
A mariña castelá empezou a adquirir protagonismo na conquista de Sevilla, con todo, a expansión polo
Atlántico víase dificultada porque os benimerines e granadinos controlaban a navegación polo estreito de
Gibraltar. A Batalla do Estreito terminouna gañando Alfonso XI (Batalla do Salado, 1340).
Paralelamente, os intereses económicos de Castilla vinculábanse cada vez máis ao comercio de la desde os
portos cantábricos ata Flandes. Castela viuse obrigada a intervir na Guerra dos Cen Anos (alternando
alianzas con Inglaterra e Francia), para defender as rutas do Cantábrico.
A principios do século XV, Portugal iniciou a súa expansión marítima en torno á Escola de Saltes,

11
actividade promovida polo infante Enrique o Navegante. A pretensión portuguesa era chegar ao Asia Oriental
circunnavegando África. Así se expandieron pola costa africana e ocuparon as illas de Madeira, Azores e
Cabo Verde.
O caso de Canarias foi distinto. Os casteláns xa estaban interesados por elas no século XIV, aínda que a
ocupación efectiva produciuse no século XV en dúas fases:
– Na primeira fase (principios do século XV) ocupáronse Lanzarote, Fuerteventura, A Gomera e El
Hierro. Foi unha expansión nobiliaria dirixida por Jean de Bethancourt en nome de Enrique III de
Castilla.
– Na segunda fase (1475-1496), durante o reinado dos Reis Católicos, e por iniciativa real
conquistouse Gran Canaria, a Palma e Tenerife. Por suposto, os portugueses disputaron aos casteláns
o dominio sobre as Canarias e finalmente o conflito solucionouse polo Tratado de Alcaçovas (1479)
que reservaba estas illas para Castilla a cambio de que os portugueses mantivesen a exclusividad da
expansión pola costa africana. A conquista de Canarias foi o precedente directo das Viaxes de Colón
e a Conquista de América por Castela.
2.5. A Reconquista. Etapas.
Entendemos por Reconquista o período histórico no que os reinos cristiáns do norte da Península
conquistaron o territorio da o Andalus. Aínda que se adoita dicir que dura entre 722-1492, o período máis
activo da Reconquista foi o comprendido entre os séculos XI, XII e XIII. En realidade tratouse dunha
conquista, pero o Reino de Asturias e os seus herdeiros (Reinos de León e Castela) xustificaron ditas
conquistas presentándoas como a restauración da monarquía visigoda e como unha cruzada contra os infieis.
A Reconquista non foi un proceso continuo senón que tivo continuos altibaixos. Polo que respecta aos
reinos cristiáns, estes estiveron condicionados pola concepción patrimonialista dos reinos que provocaba a
constante fragmentación entre os herdeiros e a unión de devanditos reinos por matrimonio.
Neste proceso diferenciamos varias etapas:
– Séculos VIII-X: o Reino de Asturias-León conquista o Val do Douro, territorio de escasa poboación
e non defendido polos musulmáns. Pola contra, os núcleos pirenaicos apenas poden avanzar polo Val
do Ebro onde os musulmáns están solidamente afincados.
– Século XI- mediados do século XII (reconquista de Toledo e Aragón): Sancho o Maior mantivo a
súa hexemonía sobre os reinos cristiáns ata 1034, pero á súa morte, os seus reinos dividíronse entre
os seus fillos que se enfrontaron entre si. Finalmente, uns dos seus netos, Alfonso VI (1065-1109)
reunificou os reinos de Castela e León, esixiu parias aos Reinos de Taifas e conquistou Toledo en
1085. A chegada dos almorábides (Batalla de Zalacas 1086) e a Guerra Civil en Castela, frearon a
expansión castelá, con todo, os almorábides non puideron impedir as conquistas de Alfonso I o
Batallador (rei de Aragón e Navarra) no Val do Ebro (Zaragoza, 1118).
– Segunda metade do século XII (paralización da reconquista): en 1147 produciuse a unión catalano-
aragonesa polo matrimonio do Conde de Barcelona Ramón Berenguer IV (1137-1162) coa herdeira
de Aragón Dona Petronila. Esta unión será definitiva, aínda que os dous territorios, Cataluña e
Aragón, manterán as súas leis, cortes e organismos de goberno separados.
Alfonso VII de Castilla (1126-1157) convértese a mediados do século XII en Emperador. Aragón e
Castela repártense as súas áreas de influencia na Península no Tratado de Tudillén (1151). Á morte de
Alfonso VII (1157) a reconquista vólvese a paralizar, Castela e León vólvense a separar mentres os
almohades chegan a Al-Andalus e derrotan repetidamente aos cristiáns (Batalla de Consuegra, Uclés). A
defensa dos territorios da Mancha e Estremadura fronte aos almohades queda en mans de ordes militares
(Santiago, Alcántara, Calatrava).
– Século XIII (reconquista de Andalucía, Valencia, Mallorca e Murcia): a principios do século XIII o
rei de Castela, Alfonso VIII (1158-1214) dirixe unha cruzada os principais reis cristiáns contra os
almohades e os derrota na decisiva batalla das Navas de Tolosa (1212).
En 1230 Fernando III (1217-1230) recupera a unidade de Castela e León, e conquista o Val do
Guadalquivir: Córdoba, Sevilla e Jaén. En 1248 Muhammad I, rei de Granada declárase o seu vasalo.
Pola súa banda, Jaime I (1213-1276), rei de Aragón, conquista Mallorca e Valencia.
Navarra permanece independente pero enclaustrada entre Castela e Aragón e vincúlase a Francia trala
morte de Sancho VII o Forte (1194-1234).
2.6. Repoboación e modelos de repoboación.
Entendemos por repoboación o paso seguinte á reconquista dos reinos cristiáns, consistente na ocupación

12
e explotación efectiva polas forzas cristiás das terras recuperadas aos musulmáns. Sobre estas terras
aplicáronse os criterios xurídicos romanos e visigodos ao considerar que se trataba de bens sen dono e que,
polo tanto, pertencían aos reis cristiás, que podía dispor libremente deles para levar a cabo a súa
repoboación.
Ata o século X o sistema empregado foi a Pressura (aprisio en catalán) foi o sistema escollido en
Castela-León ao norte do Douro, a Rioxa e parte de Aragón. Mediante este sistema o rei autorizaba a
establecerse nun determinado territorio, que pasaba a ser propiedade de quen ocupase as terras. Houbo dúas
modalidades: a oficial, desenvolvida polo rei ou polos seus delegados, e a privada, efectuada por nobres,
eclesiásticos ou por familias de campesiños libres.
A partir do séculos X cambiou o sistema, pasando a ter maiori protagonismo a concesión dos reis das
terras a repoboar, asi como o interese dos propios monarcas en atraer poboación ás vilas de nova fundación
que dependían directamente da Coroa. Por outra parte, o avance da Reconquista puxo en máns dos monarcas
extensos territorios que, nunha elevada proporción, foron concedidos a particulares como pago ou premio
aos servizos prestados na súa reconquista.
Entre as diferentes modalidades de repoboación destacan as seguintes.
– Repoboación mediante cartas de poboamento e cartas forais. Se empregaron para a creación ou
ocupación de vilas e cidades en zonas despoboadas ou conquistadas aos musulmáns. Para atraer
poboadores, estas cartas concedían determinados privilexios forais a quen se establecese netes
lugares.; a cambio, eses poboadores prometían ser fieis e pagar os tributos establecidos. Estas cartas
outorgaban terras, liberaban de taxas e obrigacións feudais, regulamentaban as actividades
económicas (feiras e mercados), establecían os órganos de goberno (o concello), asi como as penas
que se debían impor polos delitos cometidos. Este sistema de repoboación permitiu, especialmente
entre os séculos X e XIII, a crecaión, crecemento e repoboamento de numerosas vilas e cidades
situadas nos vales do Douro e Ebro e nas numerosas zonas do sur ondde avanzanba o proceso
reconquistador.
– Repoboación mediante a doazón a Ordes Militares. Nos séculos XI e XII, ante os ataques de
almorábides e almohades, os reis concederon grandes dominios ás Ordes Militares para que os
ocupasen e defendesen, especialmente nas zonas comprendidas entre o Texo e Serra Morena, nos
cursos altos dos rios Turia e Guadiana e nas serras de Cuenca e Teruel.
– Repoboación mediante repartimentos. Eran concesións de lotes de terras para os repoboadores de
acordo coa súa categoría social e militar; os de maior tamaño eran para os nobres, as institucións
eclesiásticas e as Ordes Militares reciben o nome de herdamentos e donadíos. Foi a modalidade
empregada, a partir de finais do século XII, na repoboación da zona estremeñae do sur peninsular.
Debido á escaseza de poboación repoboadora, este sistema permitiu a creación de grandes
latifundios en máns de señores eclesiásticos e laicos.
2.7. Sociedade e monarquía feudal.
A sociedade cristiá medieval foi unha sociedade feudal e estamental en que os individuos estaban
ordenadas en grupos, estados ou estamentos, de acordo coa función que desenvolvían. Nesta sociedade
predominaban os lazos de dependencia persoal fronte aos vínculos de caracter público e os seus membros
eran legalmente desiguais: uns grupos posuían privilexios e vantaxes xurídinas, e outros non.
Os grupos privilexiados estaban formados por nobres e eclesiásticos. Posuían honores e títulos, non
pagaban tributos, tiñan leis e tribunais especiais e exercían o poder e a xustiza sobre os demais. Eran os
señores, con vínculos de dependencia persois que os ligaban entre sí mediante a prestación de favores
mutuos, especialmente a axuda militar, a cambio de terras e honores. Fundamentaban a súa posición de
dominio e privilexio na dedicación á guerra (nobres) ou oración (clero) e na defensa da sociedade fronte aos
perigos que a ameazaban e na posesión de grendes patrimonios territoriais. Entre eles existían grandes
diferenzas tanto honoríficas coma económicas, tanto entre a alta e baiza nobreza coma entre o alto e baixo
clero. Eran frecuentes enfrontamentos entre eles polo incremento do seu patrimonio ou polo aumento de
poder, pero sempre fixeron unha fronte común contra os outros membros da sociedade.
O grupo dos non privilexiados estaba formado polo resto da poboación: campesiños, artesáns,
comerciantes, burgueses...; formaban o estamento dos pecheiros porque pagaban os pechos ou impostos. A
súa situación e composición variou co paso do tempo.
– Antes do século X estivo composto fundamentalmente polos labradores, diferenciándose entre os
campesiños libres, propietarios das parcelas que traballaban, e os colonos ou servos, que estaban
adscritos á terra porque a traballaban (non a podían abandonar sen permiso) e que debían realizar

13
diferentes prestacións e servizos aos seus señores.
– Despois do século X, o desenvolvemento da repoboación, o renacemento urbano e das actividades
comerciais produciron modificacións sociais coa aparición de novos grupos nas cidades e vilas:
menestrais, artesáns e comerciantes. Todos eles formaban o grupo dos burgueses (habitantes dos
burgos).
Ao longo da época medieval foi moi precuente que moitos campesiños libres buscasen a proteción dun
nobre, dunha igrexa ou dun mosteiro. Estes vínculos de dependencia coñécense co nome de relacións de
encomenda. A cambio de protección e defensa, os pequenos propietarios rurais encomendaban a súa persoa,
a súa familia e os seus bens aun señor, entregándolle todas ou parte das súas terras a un señor ou pagándolle
unha taxa anual. En cataluña o encomendado recibía o nome de home propio e sólido; en Castela moitas
comunidades de campesiños libre encomendáronse a un señor e pasaron a converterse en homes de
benfeitoría.
A marxinalidades social estaba determinada por cuestións étnicas e relixiosas. O grupo máis destacado
eran os xudeus, dedicados a actividades artesanais, mercantís, financieiras e de préstamo. A súa
consideración social pasou da tolerancia e protección real a un crecente odio popular, sobretodo a partir do
século XIV, que provocou persecucións e matanzas. Nalgunhas zonas tamén existiron os mudéxares
(musulmáns). Ambos vivían en barrios a parte (xudarías e mourerías)
En canto á monarquía, salientar que o avance na reconquista e os matrimonios entre as distintas familias
permitiron que nos séculos XII e XIII se producise unha concentración de reinos e señoríos en máns dun
reducido número de reis. A estes reis e a estes reinos (Castela, Aragón, portugal e Navarra), os historidadores
os denominan monarquías feudais. Estas se caracterizaron por:
– Carácter patrimonial e hereditario do reino.
– Soberanía real.
– Relacións de vasalaxe como base do poder real.
– Fragmentación da autoridade real e señorial.
– Existencia de Cortes no reino.

3. AS CRISES BAIXOMEDIEVAIS DOS SÉCULOS XIV E XV


Os séculos XIV e XV estiveron marcadas en toda Europa por unha profunda crise que afectou a tódolos
sectores da sociedade.
– Crise demográfica e Peste Negra: a partir do s. XIV produciuse en toda Europa un forte descenso
demográfico debido á mortalidade catastrófica provocada polas fames e pidemias de peste. A
poboación incrementárase no século anterior máis por riba dos recursos dispoñibles e as malas
condicións climáticas provocaron subalimentación; moitos morreron ou quedaron moi debilitaron,
favorecendo a propagación de enfermidades e pestes, entre as que destacou a Peste Negra en 1348. O
descenso da poboación paralizou o crecemento económico; os cultivos retrocederon e as vendas
caeron.
– Crise política e revoltas nobiliarias: a crise económica e demográfica tivo un forte impacto nos
grupos nobiliarios, que viron reducir os seus ingresos. Os nobres enfrontáronse aos reis ca
intención de obter novas rendas, terras e mercés. Algúns dos conflitos máis importantes foron:
– A guerra civíl en Castela entre Pedro I o Cruel e Henrique de Trastámara. O
autoritarismo de Pedro I fixo que parte da nobreza tomase parte a favor do seu irmán
bastardo Henrique. Cada un deles recibiu apoio internacional: Pedro controu co apoio inglés
e Henrique con francés (contexto da Guerra dos Cen Anos). O conflito remata co asasinato
de Pedro I e o entronamento do seu irmán, quen premiou á nobreza afín con numerosos
privilexios e mercedes (merces henriqueñas).
– A guerra civil en Navarra. O conflito iniciase ca morte da raína Blanca de Navarra; nese
momento xorde o enfrontamento entre o seu fillo Carlos, príncipe de Viana, e o seu pai Xoán
II de Aragón, rei consorte. A morte de Carlos e a entronización en Navarra de dona Leonor
(filla do segundo matrimonio de Xoán II) permitiu a intervención de Aragón nos asuntos
navarros.
– A guerra civil catalá. Ante a rivalidade de Xoán II e Carlos de Viana, Xoán II ordena a
detención do seu fillo. Esto orixina o levantamento da oligarquía catalana fronte ó rei, quen
intentaba quitarlle parte dos seus privilexios e aumentar a autoridade real. O rei contou co

14
apoio da nobreza, do campesiñado e de Francia, o que axudou ó seu triunfo, ainda que tivo
que conceder unha ampla amnistía e respetar as institucións tradicionais catalanas.
– O enfrontamento entre a nobreza con Henrique IV de Castela. O intento de Henrique IV
de fortalecer o seu poder co apoio das cidades orixinou a oposición da nobreza, que nomeou
novo rei a Alfonso (medio irmán de Henrique). A morte de Alfonso obrigou a Henrique a
recoñecer a súa outra medio irmá Isabel como a súa herdeira en detrimento da filla do rei,
Xoana a Beltranexa (Tratado de Toros de Guisando).
– Crise e revoltas sociais. No século XIV o empeoramento levou aos non privilexiados a unha serie
de revoltas nas cidades e no rural (orixinadas polos abusos ou malos usos dos nobres). De entre estas
revoltas destacan:
– A revolta foránea de Mallorca. Dende o século XIV, con concellos rurais da illa mantiñan
fortes rivalidades ca oligarquía da cidade de Palma que controlaba o sistema político,
económico e fiscal. Á protesta dos campesiños, sumáronse á dos artesáns, de modo de o
conflito se estendeu por toda a illa, pero a dura represión do rei de Aragón acabou coa
protesta.
– O enfrontamento entre a Busca e a Biga en Barcelona. Foi un longo conflito que
enfrontou á Busca, asociación formada por artesáns e peuqnos comerciantes, coa oligarquía
da Biga, que controlaga o goberno da cidade. En 1453, grazas ao apoio rela, a Busca se fixo
co poder pero pouco despois a Biga recupera o control e reprimiu con dureza aos dirixentes
da Busca.
– O conflito remensa en Cataluña. Coincidinso coa guerra civil catalana, os remensas
(campesiños) esixiron a súa liberación (abandonar a terra na qu vivían) e reducir as taxas que
pagaban aos señores, pero non o conseguirán ata a época de Fernando o Católico.
– Ruptura da tolerancia relixiosa cos xudeus. Ata o séculos XIV a tolerancia cos xudeus foi
habitual, pero a crise económica e o incremento da violencia acentuou a intolerancia cos
xudeus, acusados de ser os culpables de tódolos males. Producíronse diversos progromos
(persecucións e matanzas de xudeus), e para salvar a vida, moitos se convertiron ó
cristianismo ainda que na maioría dos casos seguiron practicando o xudaísmo.
– As revoltas irmandiñas en Galicia. As dificultades económicas, a fame e a peste
provocaron unha diminución das rendas dos nobres galegos. Para compensar a perda de
ingresos, actuaron con violencia usurpando bens e impoñendo novos impostos e taxas á
poboación. Para opoñerse a estes abusos dos nobres e bispos, os reis permitiron a creación
de irmandades ou asociacións de persoas, grupos ou concellos ligados por xuramentos de
fraternidade e de axuda mutua para defender os seus dereitos e liberdades. En dúas ocasións
os campesiños e habitantes das cidades levantáronse contra os abusose violencia dos señores
protagonizando as chamadas guerras ou revoltas irmandiñas.
– A Irmandade Fusquenlla (fusuqenllos: tolos, ofuscados) orixinouse en 1431 en
Pontedeume e Betanzos ande a dureza de Nuño de Andrade cos campesiños que
vivían nas súas terras. Estes, capitaneados por Roi Xordo, formaron a irmandade e
asaltaron e destruíron fortalezas e castelos. As forzas de Andrade, axudado polas
tropas do Arzebispo de Compostela, derrotaron aos irmandiños e restableceron a
situación anterior.
– A Gran Guerra Irmandiña ou segunda guerra se orixinou entre 1467-1469 cando,
cansos dos abusos, gran parte da poboación se uniu nunha gran irmandade para
loitar contra os abusos dos nobres (Andrade, Ulloa, Soutomaior...) e do arzebispo de
Santiago. Calcúlase que os irmansiños eran en torno a 80 000 entre campesiños,
habitantes de cidades, e algúns clérigos e fidalgos, e estaban dirixidos
principalmente por Pedro Osorio (liderou aos irmandiños no centro de Galicia),
Alonso de Lanzón (no norte) e Diego de Lemos (sur de Lugo e parte de Ourense).
Os irmandiños atacaron as fortalezas dos señores e impuxeron as súas demandas:
acabar cos abusos, recuperar as liberdades das cidades, devolver as terras usurpadas,
revisar as taxas e que a xustiza fose exercida polo rei. Pero os nobres, reorganizados
baixo o liderazgo de Pedro de Soitomaior -alcumado pedro Madruga- iniciaron
dende Portugal unha campaña militar que lles permitiu derrotar aos irmandiños e

15
axusticiar aos líderes e obrigar aos campesiños a reconstruír as súas fortalezas. O
movemento irmandiño foi valorado de forma diferente polos historiadores; para
uns , os irmandiños pretendían levar a cabo unha revolución que acabase co poder
feudal, mentres para outros, foi só un movemento de protesta para conseguir maior
xustiza e eliminar os abusos pero sen pretender acabar co sistema establecido.

16
TEMA 3: OS REIS CATÓLICOS E A MONARQUÍA HISPÁNICA

A unión de Isabel de Castela e Fernando de Aragón supuxo a creación dun estado moderno de gran
proxección internacional.

1. OS REIS CATÓLICOS
1.1. A Unión dinástica.
O matrimonio dos dous reis supuxo unicamente un vínculo persoal e dinástico xa que os territorios
seguiron sendo independentes, non se fusionaron e cada coroa mantivo as súas leis e as súas institucións.Os
reis acordaron administrar conxuntamente os territorios e establecer un único escudo cos símbolos de Castela
(frechas) e Aragón (xugo), pero os reis mantiveron os seus títulos tradicionais (raiña de Castela e rei de
Aragón), aínda que pouco a pouco foiselles impoñendo o título de reis de España.
1.2. A reorganización político-administrativa.
Para aumentar a súa autoridade e conseguir un goberno mais eficaz os Reis Católicos realizaron unha
serie de reformas:
• O reforzamento dos consellos: O Consello Real (logo chamado Consello de Castela) converteuse
no principal órgano asesor dos reis. Estaba formado por nobres e letrados organizados en áreas
específicas: política exterior, xustiza, facenda… Ademais crearon o Consello da Inquisición, O
Consello das Ordes Militares e o Consello de Aragón.
• Estenderon a figura dos vicerreis.
• Reformaron a xustiza: en Castela crearon as Chancelerías e Audiencias, que eran tribunais
permanentes que se encargaban da xustiza nun territorio determinado.
• Nas cidades aparecen os Correxidores como representación dos reis. Eran os encargados de manter
a orde pública, impartir xustiza…
• Creación de un exército permanente ó servizo dos reis.
• Mantiveron as Cortes diferenciadas en Castela e Aragón: cada reino e cada Cortes aprobaban as suas
leis, recadaban os seus impostos…
1.3. A pacificación do reino e o sometemento dos señores feudais.
Desde o comezo do seu reinado, tanto as loitas entre campesiños e señores como entre nobres e
monarquía eran frecuentes, polo que os reis tiveron que impoñerse á nobreza rebelde.
En Castela, os reis tiveron que derrotar ós partidarios da sobriña de Isabel, Xoana a Beltranexa, filla de
Henrique IV, que reclamaba o trono de Castela co apoio de Portugal. Para controlar a estes nobres e manter a
paz nos territorios, os reis crearon a Santa Irmandade (1476), milicia armada financiada polas cidades que
restableceu rápido a autoridade dos reis.
En Cataluña, Fernando resolveu o problema que enfrontaba ós nobres cos campesiños da remensa
mediante a abolición dos malos usos (abusos, maltrato, dereito de pernada…) que quedaba recollida na
Sentenza Arbitral de Guadalupe en 1486, na cal tamén se especificaba que a partir desde momento, os
campesiños poderían gozar do uso dunha terra a cambio do pago dunha renda fixa e perpetua que poderían
herdar os seus descendentes.
Con Isabel e Fernando, a nobreza perdeu gran parte do seu poder feudal, pero mantivo o poder
económico e xurisdicional (consolidación dos morgados: herdanza de territorios polo primoxénito, que as
transmitiría ós seus herdeiros). Moitos nobres abandonaron os seus castelos e convertéronse en cortesáns e
funcionarios do rei, ocupando altos cargos. Igualmente, os Reis controlaron á igrexa, intervindo no
nomeamento de bispos e abades.
1.4. Establecemento da Inquisición e da unidade relixiosa.
Na sociedade do s. XV convivían, as veces non moi pacificamente, diferentes relixións: cristianismo,
xudaísmo e musulmáns. Sen embargo, a defensa do catolicismo que levan a cabo os reis será o nexo de unión
para integrar a tódolos habitantes dos seus territorios.
Para garantir a defensa da fé católica creárase no s. XIII o Tribunal da Inquisición que perseguía
calquera indicio de herexía, superstición ou bruxería. Sen embargo, nun momento en que este Tribunal tende
a desaparecer en Europa, nos territorios dos Reis Católicos refórzase o seu poder (caso da coroa de Aragón,
onde reactiva a súa labor) ou se crea (caso da Coroa de Castela en 1478, onde non existía ata ese momento).
Outra das medidas que tomaron os Reis en defensa da unidade relixiosa foi a persecución e expulsión
dos xudeus que non aceptaron converterse ó cristianismo. Ademais, dentro desta persecución, os Reis

17
Católicos impuxeron probas de pureza de sangue, que facían que calquera persoa que quixese ingresar
nalgunha institución demostrar que descendía de “cristianos vellos” (rechazo do Papa pois os pecados non se
borrarían co bautismo).
As persecucións ós xudeus en Castela, e en menor medida en Aragón (vivían menos) (clase
economicamente poderosa, pero sen valor social xa que vivían illados nas xudarías) se acentuaron entre
1482-1492 cando os xudeus que rexeitaron ser bautizados víronse obrigados a marchar do país sendo
confiscadas as súas propiedades. En 1499 o Cardenal Cisneros decretou o bautismo obrigatorio e en 1502
forzouse ós mudéxares a bautizarse ou marchar e a partir de 1518 se lles prohibiu empreñar a sua lingua e
practicar as súas costumes.
1.5. A expansión territorial.
Os Reis católicos ampliaron os territorios de Castela e Aragón mediante conquistas e anexións:
– Conquista de Granada (1492): remataron a Reconquista aproveitando as disputas da familia
real nazarí (loitas polo trono entre Muley Hacén e o seu fillo Boabdil). Inicialmente permitiron
conservar ós musulmáns a sua relixión, pero a partir de 1500 obrigóuselles a bautizarse:
reconversión forzosa de musulmán a mourisco.
– En 1493, Fernando recuperara Rosellón e Cerdeña que o seu pai cedera a Francia.
– Conquista de Canarias: Desde comenzos do s.XV algunhas illas xa estaban dominadas
(Lanzarote, Fuerteventura, Hierro...)pero os nativos mantiñan unha forte resistencia, pero os Reis
conseguiron sometelos quedando incorporadas as illas á Coroa de Castela.
– Expansión polo Mediterráneo: Nápoles incorpórase o reino de Aragón e conquistouse zonas do
norte de África (Melilla) para frear o avance musulmán.
– Anexión de Navarra: Navarra tiña os seus propios reis (Catalina de Foix e Xoan de Albret)
pero foi conquistada polas tropas do Duque de Alba incorporándose os territorios a Castela en
1515, aunda que mantiveron os seus privilexios forais e as súas propias institucións de goberno.
1.6. A política matrimonial e o problema sucesorio.
A política matrimonial dos reis tamén lles permitiu crear alianzas con outros países:
– Xoana casou con Felipe de Habsburgo, fillo de Maximiliano emperador de Alemania.
– Catalina casou con Enrique VIII de Inglaterra.
– Isabel, e logo María casaron con Manuel, rei de Portugal.
Trala morte de Isabel en 1504, Xoana foi nomeada herdeira do reino de Castela mentres que Fernando
casou con Xernana de Foix, irmá do rei de Francia (nova alianza) (fillo que morre ó nacer). Sen embargo
trala morte de Fernando en 1516, Xoana é nomeada tamén herdeira de Aragón, pero a súa incapacidade
mental fixo que o poder o exécrese o seu fillo Carlos (I de España, V de Alemania), que uniu na súa persoa
ós dous imperios mais importantes dese momento. Comezou así a dinastía dos Habsburgo, castelanizados
baixo o nome de Austrias.

2. A MONARQUÍA DOS AUSTRIAS


Entre 1516 e 1700 os monarcas desta dinastía gobernaron as coroas de Castela e Aragón, asi como os
extensos territorios que posuían por Europa, América e o Pacífico. Esta cantidade de reinos foi denominado
de diferentes formas polos historiadores:
a) Monarquía católica, pola defensa que fixeron desta relixión
b) Monarquía hispánica, porque nela estaban incluídos os reinos peninsulares e Portugal
c) Coroa de España ou Imperio español, por ser esta a base e o centro do poder;
d) Monarquía dos Austrias españois, pola referencia a rama dos Habsburgo reinantes.
2.1. A monarquía hispánica. Trazos xerais.
a) Unión de coroas e dispersión territorial:
A monarquía hispánica foi un conglomerado de reinos, principados, ducados, señoríos…que foron
unidos baixo un único rei debido á diferentes unións de coroas e á política matrimonial dos Reis Católicos.
A orixe estaría entonces nas herdanzas que recibiu Carlos de Habsburgo entre 1515 1519:
• Isabel de Castela: Castela, Canarias, Puntos en África e América
• Fernando de Aragón: Coroa de Aagón, Nápoles, Cerdeña, Córcega
• María de Borgoña: Países Baixos e Franco Condado.
• Maximiliano de Austria: Estados da Casa de Austria, dereito ó título de Emperador.
Así, os dominios que posuían estaban moi espallados, o que dificultada a súa unidade e supuña

18
problemas de comunicación, de aí a importancia que tiveron os portos e as rutas que ían cara América, o
Canal de Mancha para conectar cos Países Baixos, Italia…
b) Monarquía autoritaria:
O nexo que unía os diferentes territorios foi a obediencia a un único monarca. O rei gobernaba de forma
autoritaria pero debía obedecer as limitacións establecidas polos diferentes privilexios forais e leis dos reinos
as cales as veces supuran limitacións importantes á hora de gobernar.
En xeral, os reis da dinastía Austria deberon respectar estas leis, privilexios e institucións de cada reino,
fracasando os seus intentos de aumentar a súa autoridade debido ás numerosas revoltas internas que xurdían
cada vez que o intentaron: Países Baixos en 1566, Cataluña, Portugal e Sicilia en 1640…) e que ás veces
levaron a algúns reinos a conseguir a súa independencia: Holanda e Portugal.
Para poder gobernar, os reis crearon unha ampla estrutura administrativa baseada na multiplicación dos
representantes do poder real nos diferentes territorios (vicerreis, gobernadores…) e dos Consellos, que
asesoraban o rei sobre os asuntos de goberno de cada territorio.
Dentro da monarquía destacou pola súa importancia o reino de Castela, tanto porque era a que menos
limitacións poñía ó poder do rei, como polas inmensas riquezas que tiña procedentes de América. Por esto
Felipe II centra a capital en Madrid (1560), onde vivía o rei e estaban os principias órganos de goberno e
converte o seu idioma (castelán) en idioma oficial no cal se redactaban tódolos documentos.
c) Hexemonía e guerra:
A unión de tantos reinos converteu á Monarquía hispánica na mais importante de Europa, o que lle
provocou a rivalidade de moitos países. Para manter o seu goberno e o seu ideal de defensa da fé católica non
dudaron en empreñar tanto a diplomacia como a guerra. Así, nos séculos XVI e XVII os Autrias participaron
en numerosas guerras contra potencias europeas (Francia ou Inglaterra), contra países do norte de África e
contra o Imperio turco polo control do mediterráneo (Lepanto).
As guerra obrigaron a manter un exército poderoso formado por mercenarios que loitaban a cambio de
salarios (foron frecuentes os saqueos e os motíns pola falta das pagas: saqueo de Roma e Amberes) e tamén
contaban con unha cantidade importante de barcos e galeóns.
As guerras resultaron favorables ós españois ata 1640, a partir de aí a crise económica, a debilidade dos
gobernos e a forza dos rivais fixeron que a Monarquía Hispánica perdese o seu 1º posto en Europa e o seu
lugar o ocupase Francia.
e) Dependencia económica de América:
Antes do descubrimento de América, Castela era un territorio relativamente pobre pero a súa conquista
proporcionoulle unha gran cantidade de metais preciosos e un gran mercado onde mandar ós seus
produtos (lá, trigo…).
O mercado americano controlábase desde a Casa de Contratación de Sevilla e unicamente os
comerciantes casteláns podían participar nel. Sen embargo,a excesiva demanda de produtos desde América
fixo necesario a compra de moitos produtos de outros territorios que logo os casteláns revendían en América.
Este dependencia da produción americana tivo varias causas. Ademais das dificultades tradicionais que
impedían o desenvolvemento de Castela – predominio da mentalidade rendista, formas de cultivo arcaica,
inversión dos recursos para manter as guerras...- actuou negativamente a chegada de ouro e prata e a costante
inflación dos prezos:
– No século XVI a chegada constante de minerais preciosos orixinou unha subida dos prezos, o que
facía que moitos dos produtos que se necesitaban se mercasen procedentes de outros países
europeos, paralizando a produción propia.
– No séculos XVII mantivose a inflación acentuada polas alteracións monetarias feitas polos reis
(emisión de moeda vellón, case sen prata pero cun alto valor nominal), que acabou por arriunar a
produción.
f) Auxe e decadencia:
No estudio da evolución da Monarquía Hispánica obsérvanse 2 visións:
Tradicionalmente considerouse que se podian diferenciar 2 etapas ben distintas:
a) un periodo de auxe ata o século XVI que coincide cos gobernos de Carlos I e Felipe II (Austrias
Maiores) nos que a hexemonía en Europa é indiscutible: vitorias militares, riquezas de América…
b) un período de decadencia no século XVII cos reinados de Felipe III, Felipe IV e Carlos II (Austrias
Menores), nos que os reis deixaron o goberno en mans dos seus validos. Neste século perdese o poder en
Europa e ten lugar unha grave crise económica.
Na actualidade, aínda que esta distinción entre período de auxe e decadencia é aceptado, pódese analizar

19
o goberno dividindo os reinados dos Austrias en tres etapas:
– Unha fase de expansión ata 1580 que coincide ca etapa de prestixio europeo e que destaca por un
forte crecemento demográfico, expansión agraria, aumento do comercio…
– Unha fase de estancamento ou recesión entre 1580 e 1680 que coincide con anos de malas
colleitas, epidemias de peste, aumento dos impostor, escasa cegada de rquezas de América e as
derrotas militares e a perda da hexemonía
– Unha fase de estabilidade e recuperación a partir de 1680 cando comeza a recuperarse a
demografía e a agricultura, ainda que a monarquía sigue sendo débil a nivel internacional logrando
resistir dificilmente os ataques de Luis XVI.

3. CARLOS I E O IMPERIO UNIVERSAL


Carlos I naceu en Gante en 1500 (Países Baixos), fillo de Felipe o Fermoso e Xoana a Tola. Trala morte
do seu pai e a incapacidade da súa nai, entre 1515 e 1519 recibiu como herdanza unha gran cantidade de
territorios en Europa e América e foi nomeado Emperador do Sacro Imperio Xermánico (Carlos I/ Carlos V).
A sua intención era crear nos seus territorios un imperio universal que englobase a tódolos cristiáns de
Europa (Universitas Cristiana), algo que finalmente non conseguiu.
3.1. Comunidades e Xermanías.
a) As revoltas das Comunidades:
Carlos, xa rei de dos territorios hispánicos, chegou en 1517 (Asturias) acompañado dun séquito de
conselleiros de orixe flamenco que non coñecían o pais nin o idioma, para desgusto da nobreza castelá.
O primeiro que fixo foi xurar manter as liberdades e privilexios de Castela, Aragón e Cataluña, pero en
1519, cando é nomeado Emperador do Imperio Xermánico, esixe unha partida extraordinaria de diñeiro ás
Cortes de Castela para pagar o seu viaxe a Alemaña para a coroación. Reunidas as Cortes en 1520 (primeiro
en Compostela e logo na Coruña) Carlos consegue a aprobación a marcha a Aquisgrán para a coroación.
O feito de esixir unha partida de diñeiro para esa finalidade creou malestar entre a poboación de Castela e
moitas cidades (Burgos, Segovia, Ávila…)se rebelaron contra o Gobernador real Adriano de Utrech (logo
Adriano VI). Nestas cidades formáronse Comunidades, é dicir asembleas ou xuntas nas que estaban
representados tódolos cidadáns (representantes da burguesía e deputados elixidos pola poboación). Estas
Xuntas estaban coordinadas desde Avila pola Xunta Santa que redactou o programa das súas reivindicacións:
• Pedían manter as liberdades e a independencia das Cortes de Castela.
• Rexeitaban o nomeamento de extranxeiros para os altos cargos
• Rexeitaban someterse ó Imperio.
• Ofrecéronlle a coroa de Castela á Xoana, recluída pola súa incapacidade.
Tras algunhas vitorias, a alianza dos grandes nobles co rei fixo que os sublevados fosen derrotados e
executados en 1521. Entre os axustizados destacaron Xoan Padilla, Pedro Maldonado e Xoan Bravo: os
Comuneros de Villalar.
Esta derrota tivo como consecuencia o sometemento de Castela ó autoritarismo do rei, aínda que Carlos
aceptou cambiar ós políticos flamencos por casteláns.
b) O levantamento das Xermanías:
As Xermanías eran milicias formadas na época de Fernando o Católico por artesáns para defenderse dos
ataques dos berberiscos de África. En 1520 as xermanías de Valencia e Mallorca levantáronse en contra dos
nobles aproveitando que as autoridades fuxiran da cidades por un brote de peste. Sen embargo estas revoltas
non terán éxito e os sublevados serán controlados polas tropas do rei (1522 en Valencia; 1523 dominan
Mallorca).
3.2. Rivalidade con Francia.
Carlos I mantivo ó longo do seu goberno 5 guerras cos reis de Francia (Francisco I e Enrique II) polo
dominio de Navarra, Milán, Nápoles e Borgoña, ainda que non houbo un vencedor claro.
Entre as vitorias españolas destacou a de Pavía, na que as tropas de Carlos I tomaron como prisioneiro a
Francisco I (1525 e liberado en 1526 pola Paz de Madrid). Igualmente importante foi o saqueo que
realizaron en Roma en 1527 xa que o Papa Clemente VII apoiaba ós franceses, acción desencadeada polo
malestar dos soldados polo atraso na súas pagas.
3.3. A loita pola unidade relixiosa.
A defensa da relixión católica foi o obxectivo de Carlos I, o que intentou loitando desde dúas frontes:
A loita contra os Protestantes: En 1515 Martín Lutero, un monxe alemán, expón as súas críticas ó

20
cristianismo (venta de bulas e indulxencia, falta de castidade no clero…) e os aspectos que se debían
reformar (interpretación libre da Biblia…). As súas doutrinas se estenderon rapidamente poñendo en perigo a
idea de unidade relixiosa de Carlos I.
Os intentos reformadores de Lutero, tiveron o apoio dos príncipes alemanes xa que usaban o
Protestantismo como forma de opoñerse ó emperador (non estaban de acordo ó intento centralista do
Emperador porque temían perder os seus privilexios e ademais desexaban as terras expropiadas á igrexa
católica). Para evitar unha guerra, Carlos intentou xuntanzas ou Dietas con protestantes para negociar un
punto de acordo (Dietas: Worms, Spira, Augsburgo e Ratisbona) pero os intentos de Carlos fracasaron.
A falta de acordo tivo como consecuencia o enfrontamento militar. Os príncipes protestantes
uníronse contra Carlos formando a Liga Esmalkalda, pero foron derrotados na batalla de Mulberg (1547).
Sen embargo, os protestantes non se dan por vencidos e Carlos, ó non poder manter varios enfrontamentos á
vez (protestantes, franceses, turcos…) accede a unha tregua asinada na Paz de Augsburgo (1555), que
recoñecía o dereito dos príncipes alemáns a establecer a súa relixión nos seus territorios.
A loita contra os turcos: Os turcos, dirixidos polo sultán Solimán, inician unha política de expansión
polo val do Danubio e o norte de África, ameazando as costas do Mediterráneo. Para deter o seu avance
Carlos organizou varias expedicións como a vitoria da defensa de Viena (1532), a toma de Túnez (1535) ou a
derrota da batalla de Alxer (1541).
3.4. Desvinculación do imperio e abdicación.
A dificultade de manter unidos tantos territorios, o auxe do Protestantismo e o esgotamento do
Emperador, levouno a abdicar e a dividir as súas posesións:
– Ó seu irmán Fernando cedeulle os ducados austríacos e o título de Emperador (1555-1556)
– Ó seu fillo Felipe cedeulle os estados italianos, os Países Baixos e as coroas de Castela (incluíndo
América) e Aragón (e os territorios italianos).
Unha vez dividido o imperio, Carlos retirouse ó mosteiro de Yuste (Extremadura) onde faleceu en 1558.

4. A MONARQUÍA DE FELIPE II
En 1555-56 Felipe II, fillo de Carlos I e Isabel de Portugal, herdou os territorios dos Países Baixos e
España, ademais de posesións en Italia e América. O novo rei xa tiña unha ampla experiencia no goberno,
pois Carlos I encomendáralle a rexencia de varios territorios e fora, durante o seu matrimonio con María
Tudor (filla de Catalina de Aragón- filla dos Reis Católicos- e Enrique VIII), rei consorte de Inglaterra entre
1554-1558 (rei consorte de Inglaterra e Rei de España, manténdose a independencia total dos dous
territorios, pero trala morte de María sen descendencia en 1558 Felipe renuncia a calquera tipo de aspiracións
ó trono inglés de acordo cas cláusulas prematrimoniais asinadas).
A súa defensa do catolicismo e o mantemento da reputación da dinastía e das suas posesións foron os
obxectivos prioritarios do seu goberno.
A súa vida familiar estivo marcada polo desexo de ter un herdeiro varón, o que conseguiu no seu cuarto
matrimonio con Ana de Austria.
A súa intolerancia relixiosa orixinou críticas entre os seus inimigos que tentaron crear unha lenda negra
do rei na que o presentaban como un sanguinario intolerante.
4.1. Defensa do catolicismo e intolerancia relixiosa.
A defensa do catolicismo foi o obxectivo principal da política de Felipe II. Esta defensa abarcaba a loita
contra os inimigos da fe (protestantes e infieis) así coma a persecución dos herexes, falsos conversos… para
o cal non dubidou en acudir ó Tribunal da Inquisición. Igualmente defendeu en tódolos seus territorios os
principios do Concilio de Trento.
Nesta defensa do catolicismo apoiou a creación de listas de libros prohibidos así coma a persecución de
moitos intelectuais e humanistas españois.
4.2. Continuidade das guerras con Francia.
Durante o reinado de Felipe II continuaron os enfrontamentos contra Francia polo apoio francés ós
rebeldes flamencos. As vitorias españolas (10 de agosto: San Quintín: levantamento do Escorial en honor a
S. Lourenzo ou Gavelinas) obrigaron ós franceses a asinar a paz de Cateau-Cambresis na que recoñecían a
superioridade española e favoreceu a voda de Felipe con Isabel de Valois.
Sen embargo, a posibilidade de que en Francia puidese gobernar un rei protestante aterrorizaba a Felipe
(relixiosidade e apoio ós rebeldes protestantes) que interveu na política francesa apoiando ós católico fronte
ós hugonotes-calvinistas, pero a conversión ó cristianismo do protestante Hernrique de Borbón (Paris ben
vale unha misa) e os múltiples frontes de batalla que tiña abertos Felipe convencerano de recoñecer ós

21
Borbóns como reis de Francia.
4.3. A Rebelións dos Países Baixos.
Os Países Baixos eran unha multitude de estados unidos unicamente pola obediencia ó mesmo rei (Carlos
antes e Felipe agora). Nunha parte importante deses territorios o protestantismo comezaba a ser seguido por
moitos cidadáns o que provocou levantamentos anticatólicos que foron apoiados pola burguesía, como
protesta pola subida de impostor ordenada por Felipe para pagar as súas guerras.
Esto obrigou ó rei a enviar a un potente exército dirixido polo Duque de Alba para deter ós rebeldes. A
pesar das vitorias do Duque e da dura represión contra os sublevados (A rendición de Breda de Velázquez:
Guillermo de Orange e Luis de Nasseau entregas ás chaves da cidade ós españois) a rebelión non cedeu,
sobretodo nas provincias de norte (Holanda) onde non recoñecían a soberanía de Felipe como rei e apoiaban
o protestantismo e a creación dun novo estado independente e protestante que estivese gobernado por
Guillermo de Orange.
A necesidade de Felipe de ter que atender nutras guerras obligouno a ceder ante as peticións dos
sublevados (que eran apoiados pola Inglaterra de Isabel I) creándose dous territorios deferentes: o norte
protestante e o sur, católico e obediente a Felipe II)
4.4. Sublevación dos mouriscos e ameaza turca.
A intransixencia política e relixiosa de Felipe provocou a sublevación dos mouriscos en Granada como
protesta pola prohibición do rei de usar a lingua árabe e os seus vestidos tradicionais (1567). A sublevación
foi liderada por Abén Humeia, que se proclamou rei dos mouriscos. Finalmente forn derrotados polas tropas
do rei dirixidas por Xoán de Austria en 1570.
Para frear os crecentes ataques de berberiscos e turcos polo mediterráneo, o Papa, Venecia e Felipe II
asinaron unha alianza e reuniron unha poderosa armada (300 naves) dirixidas por Xoán de Austria. A vitoria
fronte os turcos na batalla de Lepanto en 1571 supuxo o freo ó expansionismo turco e o reparto do
mediterráneo entre turcos e españois: occidente estaría baixo o poder español e oriente baixo o turco.
4.5. Unión con Portugal.
En 1580 morreu o rei de Portugal sen descendentes e Felipe II se autoproclama rei de Portugal por ser
fillo dunha princesa portuguesa (Isabel de Portugal). Tras convencer á nobreza e ó clero portugueses, invadiu
Portugal con un exército liderado polo Duque de Alba. En1581 as Cortes portuguesas o recoñecen como rei.
Esto significou por unha banda, a unidade peninsular baixo o goberno de Felipe, e ademais a anexión de
tódolos territorios portugueses en África, Asia e América: “nos dominios de Felipe II non se poñía o sol”.
4.6. Os problemas con Inglaterra.
Trala morte da raina católica Maria Tudor (1ª esposa de Felipe) o trono de Inglaterra pasou á súa
hermanastra a protestante Isabel I (Ana Bolena e Enrique VIII).
A defensa do protestantismo inglés, o apoio de Inglaterra ós rebeldes dos Países Baixos e os ataques dos
piratas ingleses ós territorios españois e americanos (Francis Drake en Coruña) provocaron graves
diferencias entre Isabel de Inglaterra e Felipe II.
O feito clave foi a orde de Isabel de asasinar a raina de Escocia, a católica María Estuardo para facerse
cos seus territorios. Esto levou a Felipe a declararlle a guerra a Inglaterra e a organizar a invasión das
Illas Británicas cun exército (A Grande Armada, chamada ironicamente polos ingleses A Armada Invencible)
que saldría desde os Países Baixos cara á Inglaterra. Sen embargo, o ataque dos ingleses, e sobretodo un forte
temporal que esnaquizou e afundiu a mais da metade dos barcos españois provocaron a vitoria inglesa e a
humillación española.
4.7. O caso de Antonio Pérez.
Felipe II contou durante o seu goberno con numerosos secretarios entre os que destacaba Antonio Pérez.
Sen embargo as súas intrigas e a súa posible participación no asasinato de Xoán de Escobedo, secretario de
Xoán de Austria, hermanastro do rei, provocaron a súa destitución e prisión, pero logrou fuxir a Aragón en
1590, onde solicitou protección amparándose no dereito foral por ser fillo de aragonés (dereito a ser xulgado
por un tribunal aragonés). O rei acusouno de herexía e empregou a Inquisición (tribunal común a tódolos
reinos) para detelo en Zaragoza, feito que orixinou moitos disturbios pola violación dos dereitos forales e foi
aproveitado por Antonio Pérez para fuxir a Francia.
Os disturbios en Aragón debíanse á violación dos privilexios forais pero tamén ó medo da población pola
crecente castelanización do territorio. Para controlalos Felipe enviou un exército en 1591 que controlou o
levantamento e como consecuencia os privilexios forais foron restrinxidos.
34.8. Últimos anos.
Na década de 1590 os problemas económicos e as dificultades exteriores agraváronse. O rei viuse

22
obrigado a recoñecer a quebra da facenda e a asinar a paz con Francia e a ceder o goberno dos territorios dos
Paises Baixos á sua filla Isabel Clara Euxenia. En 1598 o rei morría no Escorial comezando ó goberno de
Felipe III.

5. A HEXEMONÍA DINÁSTICA DE FELIPE III


En 1598 comenzaba o reinado de Felipe III e, a diferencia dos seus antecesores, as tarefas de goberno non
recaeron directamente nas mans do rei, senón que este confiou o traballo nunca persoa da súa confianza.
Aparecían así os validos; neste caso o Duque de Lerma.
5.1. A Expulsión dos mouriscos.
Os mouriscos eran os descendentes dos musulmáns convertidos ó cristianismo na época dos Reis
Católicos, que aceptaban os valores cristiáns pero mantiñan a súa lingua e cultura, sendo socialmente non
moi ben aceptados. Igualmente, tras revoltas anteriores, coma a das Alpuxarras, eran considerados un
problema de seguridade xa que se pensaba que estaban a favor dos turcos, e se lles consideraba man de obra
barata, o que supuña unha grave competencia para o resto da poboación.
A comezos do s. XVII, nun momento de radicalización relixiosa do cristianismo polas derrotas frontes aos
protestantes, eran moi numerosos en Aragón e Valencia onde se dedicaban sobre todo á agricultura. As
peticións da igrexa, as presións populares e a propia relixiosidade do rei levárono a tomar a decisión de
decretar a súa expulsión. En 1609 foron obrigados a saír do reino de Valencia e, pouco despois do resto de
territorios peninsulares, entre 300 000 e 500 000 mouriscos, nun intento por rematar o proceso de unificación
relixiosa comezada na época dos Reis Católicos.
As consecuencias da expulsión foron moi negativas, pois ó despoboamento de moitas zonas agrícolas,
habería que engadir a perda de man de obra así coma as perdas na recadacións de impostos nun momento de
crise da tesourería hispánica.
5.2. Paz e diplomacia.
Felipe III continuou as guerras contra Inglaterra e holanda, pero os resultados pouco favorables e as
dificultades económicas obrigaron a asinar a paz con Inglaterra en 1604 e unha tregua de doce anos con
Holanda en 1609.
A monarquía hispánica tratou de manter a súa importancia como primeira potencia europea a través de
acordos cos seus aliados e familiares en Austria ca escusa de manter a hexemonía dinástica dos Habsburgo.

6. FELIPE IV E A LOITA POLO MANTEMENTO DA HEXEMONÍA HISPÁNICA


En 1621 comezou o reinado de Felipe IV, que nomeou como valido ó Conde Duque de Olivares. Ambos
tratarán de manter a hexemonía hispánica no mundo, ameazada por Francia e Holanda.
6.1. A Guerra dos Trinta Anos.
A partir da década de 1620, sucesivas guerras enfrontaron a maior parte dos reinos europeos por
diferentes motivos: u odio relixioso entre católicos e protestantes; o enfrontamento polo poder en Europa e as
loitas polo dominio das rutas comerciais.
Así produciuse unha alianza de países: a rama española dos Austrias e a austríaca dos Habsburgo (unidos
por lazos familiares e católicos) enfrontáronse contra os reinos protestantes e Francia. Esta guerra foi
denominada “dos Trinta Anos”, en alusión á sua duración (1618-1648), e tivo varias frontes:
– Guerra no Sacro Imperio alemán: En 1618 os protestantes, ante a destrución das súas igrexas,
eliminaron en Praga ás autoridades católicas e rebeláronse contra a autoridade dos Habsburgo
austríacos. Comezou asi un conflito no que participarán case tódolos reinos de Europa occidental: en
1620 os Habsburgo (alianza española e austríaca) lograron vitorias sobre os protestantes, pero en
1635 Francia entra na guerra apoiando ós protestantes, conseguindo importantes vitorias contra os
Habsburgo.
– A guerra contra Holanda: En 1622 rematou a tregua dos doce anos asinada polo seu pai (Felipe III)
e Felipe IV reiniciou a guerra contra Holanda tanto por motivos relixiosos, como pola conquista de
barcos holandeses de territorios españois en América. As primeiras vitorias foron para os españois
(rendición de Breda), pero en 1639 os holandeses conseguiron derrotar ós barcos españois
impoñendo o seu dominio naval.
– A Guerra no norte de Italia: O norte de Italia era unha zona fundamental para garantir as
comunicacións entre Madrid, Viena e os Países Baixos. Os conflitos por manter Italia baixo a
influencia española causaron moitos gastos e poucos beneficios a Felipe IV.
6.2. O validamento do conde-duque de Olivares e a crise da monarquía.

23
– O valido de Felipe IV, o Conde Duque de Olivares quixo, durante o seu goberno, modificar a
estrutura política da Monarquía hispánica eliminado os privilexios forais dos reinos e impoñendo en
tódolos territorios as leis de Castela, mais favorables para o goberno do rei. Dentro deste proxecto se
encadraría a Unión de Armas foi un proxecto elaborado por Olivares en 1625 en que, ademais de
asegurar a supremacía da Monarquía Hispánica, establecía un reparto da carga militar e fiscal en
tódolos territorios da coroa (ata entón recaían en Castela). Este proxecto establecía un exército
permanente de 140 000 homes, repartidos entre os distintos reinos de acordo ca súa poboación e
riqueza maior poboación e riqueza igual a maior aportación á Unión). O proxecto non se levou a
cabo pola oposición das Corte de Aragón.
– A sublevación de Cataluña: En 1639 entraron en Cataluña as tropas do rei para combater as tropas
francesas que invadiran o Rosellón. O aloxamento das tropas castelás ocasionou tumultos que
orixinaron a sublevación dos segadores e a morte do vicerrei, o conde de Santa Coloma en Barcelona
(Corpus de sangue 7-6-1640). Estos tumultos estendéronse por toda Cataluña e Olivares enviou un
exército para reprimilos, aproveitando a situación para eliminar, pola forza, os privilexios forais
cataláns. Ante a gravidade da situación, as cortes catalanas reuníronse e asumiron o goberno de
Cataluña desobedecendo o poder do rei. As tropas de Felipe IV ocuparon varias cidades para deter os
sublevados, pero fracasaron en Barcelona. En 1641 a Generalitat pediu axuda a Francia e proclamou
ó rei francés Luis XIII conde de Barcelona. O conflito rematou polo medo catalán ó dominio francés
(ser absorbidos por Francia) e polas promesas de Felipe IV de que se respectarían os privilexios
forais. En 1652 as tropas do rei entraron en Barcelona e Felipe ratificou os privilexios forais de
Cataluña.
– A independencia de Portugal: O descontento portugués foi en aumento ante a política de
castelanización de Olivares e polo intento de obrigar a contribuír con soldados portugueses ó
exército do rei. Aproveitando a escaseza de tropas pola multitude de guerras nas que combatía Felipe
IV, unha conspiración da nobreza portuguesa consegue facerse co poder e nomeou rei ó duque de
Braganza en 1640. Os intentos de Felipe IV de reconquistar Portugal fracasaron e España tivo que
recoñecer definitivamente a independencia de Portugal en 1668.
– Alteracións neutros reinos: Ademais de Cataluña e Portugal, en tódolos territorios aumentou o
malestar ante ós custos das guerras do rei e as exixencias de soldados. En Andalucía, Aragón e
Navarra houbo intentos “independentistas” (crear reinos independentes ó rei) liderados por nobres
locais. Tamén en Nápoles e Sicilia a poboación se rebelou a causa das malas colleitas, a fame e a
recadación de novos impostos, pero todas fracasaron manténdose o dominio español.
6.3. A perda da hexemonía e o sistema Westfalia-Pirineos.
O curso da Guerra de Trinta Anos cambiou de signo ca entrada de Francia e comezou a ser negativo para
os Habsburgo que perderon a súa posición hexemónica en Europa.
Nos tratados de Westfalia de 1648 Felipe IV tivo que recoñecer a independencia de Holanda e os
Habsburgo de Viena tiveron que conceder a liberdade relixiosa no imperio. Ademais, diversos territorios
pasaron a mans francesas de príncipes alemanes.
Na Paz dos Pirineos de 1659 supuxo fin á guerra entre Francia e España. Por este tratado España cede o
Rosellón e diversos territorios en Artois, Luxemburgo e nos Pases Baixos. Igualmente acordouse o
matrimonio entre á infanta española María Teresa, filla de Felipe IV e que renunciaba ós dereitos sobre á
coroa española, co rei francés Luis XIV.

7. CARLOS II E O PROBLEMA SUCESORIO


Carlos II foi proclamado rei en 1665, pero a súa minoría de idade, fixo que a rexencia recaese na sua nai
Mariana de Austria ata 1675. Foi un rei débil e enfermizo, o que propiciou intrigas políticas que se traduciron
en constantes cambios de validos.
7.1. O problema sucesorio.
Carlos II casou dúas veces (con Maria Luisa de Orleáns e Mariana de Neoburgo) pero non tivo fillos. A
súa debilidade física e a imposibilidade de conseguir descendencia acabaron por convencer ó rei de que
estaba enfeitizado (incluso se someteu a prácticas de exorcismo).
Ante a falta dun herdeiro para o trono español comenzaron a barallarse diferentes candidatos: Xosé
Fernando de Baviera e o Infante Felipe de Borbón (bisnetos de Felipe IV) e o arquiduque Carlos de Austria
(bisneto de Felipe III). Ante esta situación Francia, Inglaterra e Holanda pactaron dividirse os territorios
españois.

24
Sen embargo Carlos II nun primeiro testamento nomeou como herdeiro a Xosé Fernado de Baviera, pero
éste morreu en 1699 e nun 2º testamento Carlos II deixaba a sua coroa a Felipe de Borbón, duque de Anjou
(nieto de Luis XIV e María Teresa, filla de Felipe IV e irmá de Carlos II, polo tanto era o seu sobriño) que
gobernará como Felipe V.
Con esta decisión, a monarquía hispánica pasaba a mans dun tradicional inimigo: os Borbóns. Pero esta
decisión de Carlos II non foi aceptado por tódolos territorios e trala sua morte en 1700 comezará unha guerra
(A Guerra de Sucesión) que rematará ca perdida da maior parte territorios e a desaparición da Monarquía
hispánica en 1714.
7.2. As derrotas fronte Francia.
Aproveitando a debilidade do rei e do exército español, o rei francés Luis XIV desenvolveu catro guerras
contra Carlos II.
As derrotas sucedéronse e o rei francés conseguiu anexionarse diferentes territorios (Lille, Franco
Condado, prazas en Flandes…) converténdose na nova potencia europea. Para intentar evitalo, tanto
holandeses coma ingleses, inimigos tradicionais dos monarcas españois, convertéronse en aliados axudando
a Carlos II a manter a outra parte dos seus territorios.

8. A ECONOMÍA DURANTE O GOBERNO DA MONARQUÍA HISPÁNICA


8.1. A expansión do século XVI.
O século XVI supoxo un aumento demográfico, sobretodo polo incremento de poboación no reino de
Castela debido á boa situación económica (Comercio con América e chegada de materiais preciosos), e como
consecuencia , se produciu un incremento da demanda de productos.
Na agricultura a estructura agraria a penas variou desde a Idade Media, pois a nobleza e a Igrexa eran os
principais terratenentes e o campesiñado a penas tivo acceso á propiedade das terras.
Na artesanía destaca unha fase de expansión debido á demanda de productos que se reclamaban dende
América, especialmente productos metalúrxicos e textiles. A lá castelá tivo que facer fronte á competencia
dos tecidos flamencos que ofrecían mellor calidade a un precio máis baixo. Sen emabrgo, os centros do
comerco situáronse nas cidades castelás xa que éste era o reino que tiña o monopolio sobre o comercio con
América. A esta expansión do comercio castelá contraponse o decadencia do dominio aragonés no
Mediterráneo debido á presencia de turcos e piratas berberiscos.
Co paso do tempo a producción de productos casteláns non deu abastecido a demanda de productos que
proviña de América. Ante esta situación a monarquía permitirá importar productos extranxeiros tanto para
España como para enviar a América. Esto, unido a aun amento de impostos sobre as exportación reduciu os
beneficios dos comerciantes.
Ademais, un dos fenómenos máis importantes da economía do século XVI foi a chamada Revolución dos
Prezos, é dicir, o crecemento sostido de prezos e salarios durante todo o século. Na Revolución dos Prezos
foi esencial a chegada masiva de ouro e prata desde América que fixo aumentar a masa monetaria. Con todo,
tamén foi importante o aumento da demanda polo citado crecemento demográfico. A Revolución dos Prezos
foi moi perxudicial para a artesanía española, pois o ascenso dos prezos a facía pouco competitiva no
exterior (exemplo da lá castelá).
Igualmente a Coroa non levou a cabo investimentos produtivos senón que os seus gastos eran orixinados
sobretodo pola política belicista da Coroa. O ouro e a prata americanos terminaban en mans de banqueiros
estranxeiros aos que se lles pagaban altos xuros polos préstamos de maneira que o capital en España seguiu
sendo escaso. Se iniciaba así o camiño cara a creba da Facenda.
8.2. A crise socioeconómico do século XVII.
No século XVII toda Europa viviu unha intensa decadencia demográfica e económica, pero dita
decadencia foi moito máis grave nos territorios hispanos peninsulares.
A crise demográfica supuxo un descenso da poboación española. Isto foi debido á persistencia da peste
(Peste Atlántica de 1597-1602; 1647-52; 1676-85), á expulsión dos mouriscos e á emigración castelá cara
América, ás dificultades económicas e á política belicista.
A crise económica foi xeneralizada tanto na agricultura (ciclos de frío e sequías) coma na artesanía polo
descenso demográfico, a mala política fiscal e a competencia da artesanía do norte de Europa. Ademais, o
contrabando inglés, holandés e francés afundiu o monopolio comercial con América.
A crise fiscal fíxose aínda máis grave que no século XVI, especialmente trala reanudación das guerras
durante o reinado de Felipe IV. Os exorbitantes gastos militares e o feito de que cesasen os Caudales de
Indias levaron á Coroa a constantes crebas. As reformas hacendísticas de Olivares (Unión de Armas)

25
intentaron paliar esta situación, pero ao ser rexeitadas tívose que recorrer a solucións económicamente
nefastas: venda de títulos e cargos públicos, aumento dos impostos indirectos (impostos sobre o sal) e a peor
de todas: as alteracións e manipulacións monetarias (acuñación de moeda de vellón, adulteración da
cantidade de metais preciosos, etc.). As manipulacións monetarias provocaron unha inflación galopante e un
barullo monetario.
Malia que tradicionalmente considerouse que a crise se superou grazas ás medidas reformistas dos
Borbóns, en realidade comezouse a remontar a fins do século XVII, a partir de 1680. A recuperación foi
moito máis temprana na periferia que no centro, de modo que o peso demográfico e económico reforzou ás
zonas litorales mentres o interior se debilitaba. Así hai que mencionar a temprana recuperación de Cataluña
que, a partir de 1700 convértese nunha das rexións máis prósperas de España.
A sociedade española do século XVII sufriu un retroceso nun sentido conservador. Así mentres a
burguesía ía desenvolvéndose nos países do Norte de Europa, en España aumentou numéricamente a nobreza
e o clero. A nobreza recuperou parte da súa influencia política e en xeral, toda a sociedade viuse influída
polos caducos ideais nobiliarios (honra, aparencia de grandeza, desprezo ao traballo). O campesiñado foi o
gran damnificado, sometido á crise económica e á presión fiscal afondará o seu empobrecemento.

9. A GALICIA DOS AUSTRIA


Durante o reinado dos Austrias, Galicia mantivo unha situación periférica pero estratexicamente
importante por ser un punto neurálxico das rutas marítimas cara os Países Baixos.
9.1. Organización política.
A nivel político, estivo dividida en provincias creadas para o reparto de impostos e o recrutamento de
soldados. Así das cinco provincias iniciais, se reorganizaron en sete: A Coruña. Betanzos, Santiago,
Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui. Para exercer como intermediario entre estas provincias e a Coroa,
creáronse no século XVI as Xuntas do Reino, formadas por delegados dos concellos das cidades, postos que
recaían na oligarquía urbana. Estas Xuntas eran convocadas polo monarca cando necesitaba aumentar ou
renovar impostos, ordenar levas militares, distribuír cargas fiscais ou elaborar informes sobre as necesidades
de Galicia e aconsellar ao rei.
Con todo, Galicia non tivo ata 1622 representación nas Cortes de Castela, xa que dende o século XV este
dereito o exercían os representantes de Zamora.
9.2. Economía e sociedade galega na época dos Austria.
En canto á economía, ao longo dos séculos XVI e XVII a sociedade e a economía galegas eran
practicamente agrícolas, con máis do 80% da poboación ligada ó campo. Fidalgos e clérigos eran os
principais propietarios das terras pero en lugar de aproveitalas directamente a súa mentalidade era rendista,
o que os convertía nos perceptores dos foros.
Ata finais do s. XVI se mantivo o sistema tradicional de produción feudal baseado mo cultivo de
cereais, especialmente trigo e centeo, e no emprego do barbeito, que favoreceu certo crecemento
demográfico, pero a partir dese momento o desequilibrio entre unha poboación en aumento e a falta de
alimentos polas malas colleitas derivou en crises de subsistencia agravadas polas pestes, orixinando un
descenso demográfico especialmente grave entre 1633-1636. Con todo, a distribución da poboación no
espazo era moi desequilibrada, destacando o maior número de habitantes nas vilas da costa, económicamente
máis dinámicas a lo menos ata case o século XVIII.
A introdución de cultivos americanos, especialmente do millo, favoreceu a recuperación demográfica e
axudou á diminución do barbeito alterando o sistema de rotacións. Nas comarcas do interior continúa a
especial relevancia do traballo da vide, que xa gozaba de importancia na Idade Media.
As cidades galegas desta época eran pequenas e de escasa relevancia, coa excepción de Santiago de
Compostela (función relixiosa), A Coruña (sede das institucións de goberno) e Pontevedra, onde as
actividades relacionadas coa pesca tiveron un desenvolvemento destacado. Serán precisamente as vilas do
litoral como Baiona, Muros ou a propia Pontevedra, as que dan mostra dun maior dinamisno económico
grazas ás actividades vencelladas á pesca. Entre estas actividades destacan a construcción naval e toneles
para transporte, redes e cordas, as salgaduras, afumado e secado de peixe, especialmente de sardiña.
Destacar que estas actividades chegaron a acadar un alto nivel de desenvolvemento a pesar de que na maior
parte das veces a manufactura era de tipo doméstico (nos baixos ou sotos das vivendas se adaptaba unha
dependencia onde se gardaban as pías de salgar, os lagares...).
Se exceptuamos este sector, as outras actividades artesanais e comerciais eran escasas, predominando a
autarquía comarcal, e destacando unicamente a produción de tecidos de liño e coiro.

26
Galicia foi especialmente relevante polos seus portos. A costa galega foi obxecto, durante os séculos XVI
e XVII, de numerosos ataques como represalia por accións realizadas polos exércitos dos reis hispanos.
Do mesmo xeito, estes portos (especialmente o de Ferrol e A Coruña) foron portos de invernada e de
partida da armada real cara zonas como Irlanda ou Bretaña (apoio contra os protestantes nas guerras de
relixión) ou Azores (protección dos navíos comerciais procedentes de América). A Coruña foi tamén a base
da Escuadra de Galicia, que tiña a función de protexer os portos de piratas e corsarios (como o ataque do
inglés Francis Drake á Coruña en 1589 ou o ataque dos turcos á ría de Vigo en 1617), e que foi creada co
diñeiro chegados polo Reino de Galicia a cambio da concesión do voto nas Cortes.
A nivel social, a alta nobreza galega estivo en moitos casos ligada ás empresas militares e políticas
dos Austrias. As grandes familias (Andrade, Lemos ou Sarmiento) ocuparon cargos na administración e
entroncaron ca nobreza castelá. Bo exemplo foi o caso de Fernando de Andrade, quen participou na
conquista de Nápoles; Gaspar de Zúñiga, vicerrei de México e Perú; ou Diego Sarmiento, embaixador en
varios reinos europeos.

27
TEMA 4. A MONARQUÍA BORBÓNICA NO ANTIGO RÉXIME

1.- GUERRA DE SUCESIÓN E CAMBIO DINÁSTICO


A morte sen descendencia de Carlos II de Habsburgo provocou o nomeamento de Filipe de Borbón como
rei da Monarquía hispánica. Mais este non foi recoñecido de xeito unánime, o que provocou un conflito
internacional e unha guerra civil; a Guerra de Sucesión á Coroa de España.
Austria non aceptaba que a coroa de España pasase aos Borbóns que defendían o seu propio candidato, o
arquiduque Carlos de Austria. Formouse así, unha alianza antiborbónica entre Austria, Inglaterra e Holanda
ás que se lle unirían Prusia, Portugal e Savoia ademais de príncipes alemáns e italianos, temerosos da
posibilidade de unión entre as Coroas de Francia e España debido ao papel de control que desempeñaba Luís
XIV. Outra das intencións desta coalición era conseguir a división das posesións españolas e obter vantaxes
comerciais no seu comercio colonial.
Dentro da Monarquía española os territorios da Coroa de Castela, as provincias vascas e o reino de
Navarra apoiaron a Filipe V.. Pola contra os territorios da Coroa de Aragón (Cataluña, Aragón, Valencia e
Baleares) apostan polo arquiduque Carlos de Austria, temerosos da política centralizadora borbónica e
partidarios da monarquía pactista dos Habsburgo.
A sinatura da paz. Os tratados de Utrecht (1713 e Rastadt (1714).
Con estes tratados téntase manter o antigo equilibrio Europeo entre as distintas potencias. En síntese estes
tratados establecen:
• Filipe V é recoñecido como rei de España (Coroas de Aragón e Castela e as Indias) tendo que
renunciar á unión de Coroas entre Francia e España.
• Carlos de Austria obtén Países Baixos e territorios italianos baixo a soberanía hispánica (Nápoles,
Milán e Sardeña). Sicilia pasa ao Reino de Piamonte.
• Gran Bretaña consigue Xibraltar e Menorca (ocupadas durante o conflito) e un navío de permiso
anual para comerciar con América. Prodúcese así a ruptura do monopolio español e e do asento de
negros.
• A pesar da paz internacional, a guerra continuou dentro de España. A Coroa de Aragón resistiu 2
anos máis ata a entrada das tropas de Filipe V en Barcelona (1714) e en Mallorca (1715).

2- REFORMAS DA MONARQUÍA E CENTRALISMO BORBÓNICO.


Dende a chegada ao trono de Filipe V introducíronse numerosas reformas políticas e administrativas
inspiradas no modelo francés. Estas reformas buscaban un maior grao de centralización do poder político e
de unificación lexislativa e institucional.
• A Lei Sálica: supuña o desprazamento das mulleres do trono, reservándoo solo aos herdeiros
varóns.
• Reorganización administrativa: Filipe V busca incrementar o poder real e centralizar o Estado.
Para o que se toman as seguintes medidas seguindo o modelo francés.
◦ Reduce o número de Consellos, e amplía as funcións e importancia do Consello de Castela.
◦ Créanse as Secretarías de Despacho (antecedente dos Ministerios) que se ocupaban de diversos
asuntos: Guerra, Facenda, Xustiza… Esta concentración de poderes favorece a aparición do
Secretario de Estado, que se converte nun antecedente do que hoxe é un Primeiro Ministro.
◦ Elimínanse os virreis na Península e introdúcese a figura dos Capitáns Xenerais nomeados
directamente polo rei e intendentes; representantes do poder real en cada territorio.
◦ Redúcese o papel das Cortes nas que se reúnen só os representantes das cidades. Funcións: Xurar
lealdade aos herdeiros á Coroa. As Cortes dos diferentes reinos foron suprimidas sendo
integradas nas de Castela converténdose nas Cortes Españolas.
◦ Iníciase a transformación dos antigos reinos de orixe medieval en novas provincias e capitanías.
Cada provincia estaba dirixida por un Capitán Xeneral nomeado directamente polo rei, con
funcións militares e gobernativas.
◦ Os cargos electos proceden agora das maxistraturas ou de persoeiros con estudos universitarios,
Filipe V rodéase de tecnócratas fronte a liñaxe nobilaria.
• Reforma colonial. Tamén se introduciu modificacións administrativas e legais.
◦ Mantéñense os virreinatos de Perú e Nova España (México) e créase un novo en 1717; Nova
Granada e establécense progresivamente os intendentes.

28
◦ Prodúcese o traslado da casa de contratación de Sevilla a Cádiz.
◦ Abandónase o sistema de flotas e galeóns dos Habsburgo polo sistema de navíos soltos ou
navíos de rexistro.
◦ Redúcese o monopolio comercial o que supuxo a autorización para a creación compañías
privadas privilexiadas para comerciar cunha determinada rexión americana (Ex: Real Compañía
Guipuscoana con Venezuela ou Real Compañía de Galicia).
• Facenda. Para reforzar ó Estado, necesitábase unha Facenda sólida. Pretendeuse, sen éxito, a
unificación das moedas, pois ata entón cada reino tiña as súas, e pretendeuse o aumento da
recadación cun sistema fiscal unificado e baseado na riqueza de cada habitante. Na Coroa de Aragón,
os Decretos de Nova Planta permitiron a aplicación da Contribución Única. A Administración
impuña unha cantidade fixa a cada reino, que logo debería ser distribuída. de acordo coa riqueza de
cada individuo. Castela, sen embargo, continuou co seu sistema de múltiples tributos En conxunto, o
mal estado da Facenda estatal foi sempre un problema para o progreso económico.
• Abolición dos privilexios forais dos reinos da Coroa de Aragón por tomar partido por Carlos de
Austria na Guerra de Sucesión. Estes perderon a súa autonomía política e institucional.. So
permanecen foros de Navarra e provincias vascas xa que foron aliados de Filipe na Guerra de
Sucesión).
• Promúlganse os Decretos de Nova Planta que prohiben as institucións políticas particulares da
Coroa de Aragón; Suprímense as institucións políticas particulares (Cortes, Deputacións,
Generalitat , impóñense as leis de Castela e prohíbese o uso da lingua catalá; suprímense as aduanas
e aranceis entre Aragón e Castela e páganse os mesmos impostos que Castela; suprímense os seus
tribunais xudiciais foron modificados mediante a creación de Audiencias en Zaragoza, Valencia ,
Mallorca e Barcelona a imitación das de Castela.
Se ben é certo que manifestan unha forte tendencia á centralización, na fórmula política do
absolutismo o monarca absoluto era a encarnación mesma do estado: del era o territorio e del
emanaban as institucións. Podía ditar leis, era a autoridade máxima do goberno, e cabeza da xustiza.
A pesar disto aprécianse particularismos políticos e xurisdicionais: Navarra e as provincias vascas
mantiveron os seus privilexios forais e réximes especiais ao apoiar a Filipe na Guerra. Ademais
moitas terras e homes seguiron baixo a autoridade e a xurisdición de señores particulares. A pesares
de todo a complexidade e irracionalidade administrativa seguiu a ser moi forte (provincias,
intendencias, alcaldías).

3.- FERNANDO VI E O PACIFISMO


O reinado de Fernando VI comezou en 1746. A súa política caracterizouse pola neutralidade e o
pacifismo. Os pactos con Francia non foron renovados e foron asinados tratados con diferentes monarquías
co obxectivo de manter o equilibrio existente.
Os gobernos de Fernando VI tentaron aproveitar a paz e a tranquilidade exterior para fomentar o
crecemento e o poder económico da Monarquía. Para aumentar os recursos de facenda tomáronse dúas
medidas; a xeralización de intendentes, capitáns xerais e provincias por todo o territorio(rompíase
definitivamente a organización nos vellos reinos medievais agás Navarra) ademais da elaboración dun censo
para coñecer a riqueza existente, o Catastro de Ensenada. A pesares desto os intentos de introducir a
Contribución Única en Castela fracasaron pola presión da nobreza e clero. E por último, consolídase o
regalismo que consistía en tentar limitar o poder da igrexa controlando os efectivos e a súa riqueza. Para
isto consolídase coa sinatura do Concordato co Papa de 1753, polo que a Coroa de España conseguía o
dereito de presentación das candidaturas dos bispos en todo o seu territorio.

4- CARLOS III E A ILUSTRACIÓN EN ESPAÑA E GALICIA


4.1. O Reformismo Ilustrado.
Dende 1680 e ata finais do s.XVIII, xurdiron, difundíronse e estiveron vixentes en Europa novas ideas e
valores que conformaron o movemento que se coñece como Ilustración. En síntese, estas novas ideas
defendían tanto a capacidade da razón humana para descubrir a verdade e as leis da natureza, como a
necesidade de propoñer e realizar reformas co obxectivo de incrementar o benestar material do país, mellorar
a sociedade e alcanzar a felicidade persoal.
As novas ideas reformistas e ilustradas, aceptadas e desenvolvidas por unha minoría de persoas (oficiais

29
da administración, clérigos, nobres, comerciantes), tiveron unha enorme influencia política. Nalgúns casos,
entre eles na Monarquía española, conseguiron o apoio e aceptación por parte dos monarcas, apoio que
permitiu desenvolver dende o goberno numerosas reformas inspiradas nestas ideas: é o que se coñece como
reformismo ilustrado.
Na Coroa de España, este reformismo ilustrado, iniciado na primeira metade do século XVIII, alcanza o
seu máximo esplendor no reinado de Carlos III (1759-1788) e comeza a esnaquizarse no reinado de
Carlos IV (1788-1808) como resultado do seu propio fracaso e do impacto da Revolución Francesa. Na súa
actuación, os gobernos ilustrados atopáronse con múltiples obstáculos que proviñan, tano da ignorancia e da
miseria das masas populares, como da oposición da nobreza e dos eclesiásticos, grupos que estaban
satisfeitos coa tradición e temían unha alteración do sistema vixente que lles prexudicase.
Na primeira metade de século destacan Feixóo, cuxa obra centrouse na divulgación da ciencia de Newton
e na crítica aos prexuízos tradicionais e as supersticións (Teatro Crítico, 1726) Campomanes, Cadalso,
Aranda, Jovellanos, Floridablanca, Olavide, etc..Non forman un grupo homoxéneo pero coinciden no
interese pola ciencia, no espírito crítico e na idea de progreso.
Tanto os ilustrados españois como os gobernos que estiveron baixo a súa influencia tentaron por en
marcha numerosos proxectos e reformas. Os seus resultados foron irregulares e, nalgúns casos, máis ben
cativos; sen embargo, sentaron as bases para unha importante transformación da sociedade durante os
procesos de cambio que afectaron á Coroa española a comezos do s.XIX.
4.2. O Despotismo ilustrado.
A mediados do s.XVIII estendéronse en toda Europa novas ideas políticas que defendían o reforzamento
do poder absoluto dos reis, pero entendido dunha maneira: como un medio ao servizo da monarquía e do seu
pobo, como un medio de conseguir e incrementar a riqueza do reino e lograr a facilidade e o benestar dos
seus súbditos. O rei debía ser un déspota, un déspota ilustrado que empregase o seu poder, xunto coas luces
da razón e os adiantos da súa época para eliminar os atrancos que impedían lograr eses obxectivos e impulsar
as reformas necesarias para transformar a situación vixente. Estas transformacións debíanse facer en favor da
comunidade, pero para logralas non se consideraba necesario contar coas masas xa que consideraban que a
miseria e a ignorancia na que vivían lles impedían saber cales eran os remedios para a súa situación. A
máxima do despotismo é “todo para o pobo pero sen o pobo”.
Carlos III foi un dos prototipos de monarcas ilustrados.
4.3. O reformismo de Carlos III.
Carlos III impulsou numerosas reformas económicas, administrativas e culturais e apoiouse para gobernar
nos partidarios das ideas da Ilustración. Os proxectos deseñados e desenvoltos polo Conde de Aranda e
Floridablanca buscaban incrementar o poder e a riqueza da monarquía e o progreso e benestar dos seus
habitantes. Para levalas a cabo apelaron aos grupos dirixentes da sociedade, especialmente á nobreza. A
meirande parte das reformas foron de carácter económico e político-administrativas moderadas e que non
alteraban o sistema vixente. Entre elas destacan:
• O fortalecemento do Estado. Proceso iniciado polos primeiros Borbóns. Auméntanse os efectivos
da administración, modificaron as provincias, as intendencias e os concellos (onde crearon os cargos
de deputados do común e de síndicos persoeiros encargados de velar polos intereses populares),
regulamentaron e transformaron os exércitos, crearon novos tribunais e organismos, estableceron
unha nova bandeira real para a monarquía...
• A mellora da agricultura e do réxime de propiedade. Plantéxase a necesidade dunha Lei Agraria
que mellorase a produción, fomentase o cultivo de novas terras (colonización de Serra Morena
dirixida por Olavide, Plan de reforma de Floridablanca, 1771 para repoboar o campo), favorecese a
introdución de melloras técnicas, e estendese o uso do regadío. En canto ao réxime de propiedade
criticaron o exceso de terras vinculadas e de mans mortas e a abundancia de campesiños pobres e
xornaleiros sen terra, facendo diversas propostas para mellorar a súa situación: reparto de comunais e
baldíos, concesión de créditos para mercar aparellos de labranza, alongamento dos contratos de
arrendamento, para fomentar a propiedade familiar (recollido no Memorial de Campomanes).
Jovellanos defende a desvinculación dos morgados e a transformación das terras en mans mortas e
comunais e propiedades particulares. Promóvese, ademais, a redución dos privilexios da Mesta.
• O fomento da produción artesanal e industrial para superar o atraso económico e a dependencia
fronte ao estranxeiro, buscaron incentivar o crecemento artesanal e industrial combinando o
intervencionismo do Estado co apoio á iniciativa privada así como a aplicación de medidas
proteccionistas. Concederon axudas e protección para a ampliación dos vellos talleres ou a montaxe

30
de novas fábricas; aplicaron medida destinada a satisfacer as demandas da Coroa; aplicaron medidas
conservacionistas; introduciron e difundiron novas técnicas e crearon manufacturas reais, da
construción naval, abastecemento de material bélico e equipamento ou do consumo popular. Iníciase
unha política de redución dos privilexios gremiais. Para un maior aproveitamento dos recursos
optaron por:
◦ Potenciación da industria popular (Campomanes) capaz de complementar os recursos dos
campesiños como de manter a paz social. Esta industria era forte en Galicia (liño e curtidos).
◦ Defensa do valor do traballo artesanal como mérito de valía social como mérito de valía
social. No ano 1783 declaráronse honestas todas as profesións, mesmo admitindo como mérito
para a consecución da fidalguía as actividades profesionais de utilidade pública.
◦ Desenvolvemento do comercio. Para estimular o comercio favoreceuse a liberdade de
circulación de produtos, suprimindo as taxas dos grans (1765), mellorando a rede viaria coa
construción e reparación de camiños, acondicionando portos. En canto ao comercio colonial
eliminouse o monopolio exercido ata entón por Sevilla-Cádiz e creouse o servizo de Correos
Marítimos da Coruña e autorizouse a diferentes portos peninsulares e americanos a comerciar
directamente entre si (Decretos de Libre Comercio de 1765-1778). Fomentouse a creación de
compañías comerciais autorizadas. Estas medida non lograron servir de factor dinamizador da
produción interna.
• Fomento da educación e renovación científica. Como medio para a transformación dos hábitos
sociais e para incrementar a riqueza do país, os ilustrados apoiaron o fomento dunha educación de
tipo útil e práctico baseada no coñecemento das novidades técnicas e científicas existentes. Créanse
escolas populares para a aprendizaxe dun oficio, fúndanse novas institucións culturais e científicas
(Academias da Lingua, Historia, Belas Artes, Ciencias Naturais...Colexios de Medicina e Cirurxía,
Observatorios Astronómicos, Xardíns Botánicos...).
Para fomentar a renovación das actividades económicas créanse novas institucións: Academias de
Agricultura, Sociedades Económicas de Amigos do País, Consulados.
4.3.1. Dificultades das reformas.
Os gobernos ilustrados atopáronse con multitude de obstáculos que proviñan da ignorancia e da miseria
das masas populares, como da oposición da meirande parte da nobreza e dos eclesiásticos grupos satisfeitos
co status quo.
En determinados momentos para levar a cabo os seus plans, provocando conflitos e problemas, entre os
que destacan:
• O motín de Esquilache e a expulsión dos xesuítas. O ministro de orixe siciliana, Esquilache
impulsou numerosas reformas, entre elas un decreto en 1766 coa prohibición de levar capa longa e
sombreiro de aba ancha. Isto provocou un tumulto popular en Madrid denominado o Motín de
Esquilache que se estendeu a outras cidades e vilas. A orixe do conflito está no descontento social
pola suba do prezo do pan (provocado polas malas colleitas e o acaparamento e a especulación) e na
xenofobia orixinada pola abundancia de ministros italianos. Esta situación foi aproveitada por
determinados privilexiados. Finalmente o rei veuse obrigado a prescindir de Esquilache. Acosouse
aos xesuítas de ser os principais instigadores dos motíns, decretando a expulsión da Compañía de
Xesús de España e das súas colonias. Esta medida foi tomada por que os xesuítas se distinguían das
restantes ordes pola obediencia incondicional ao Papa, polo que se opoñía ás ideas absolutistas do rei
e os dos seus ministros.
• A vixilancia da Inquisición e o proceso de Olavide. A Inquisición mantivo unha atenta vixilancia
sobre as novas ideas ilustradas que se espallaban por todo o reino mediante a censura de libros e
escritos, a vixilancia da conduta dos individuos.
Destaca o proceso a Pablo de Olavide, intendente de Andalucía responsábel de levar a cabo a
creación de novas colonias agrícolas en Serra Morena.
4.3.2. Lentitude das reformas e radicalización ideolóxica.
Por ser moderadas: para algúns colectivos intelectuais que defenden ideas avanzadas (limitación poder
real, rexeitamento da soberanía de orixe divina, separación de poderes, abolición privilexios, liberdade e
igualdade legal e de méritos, proclamación dunha Constitución…).
Por ser moi avanzadas: para nobreza e clero por medo á perda dos seus privilexios . Foi xurdindo un
pensamento reaccionario e conservador.

31
4.3.3. Os efectos beneficiosos das reformas ilustradas.
Crecemento demográfico que afecta de maneira desigual. Este crecemento contribuíu ao aumento da
demanda de alimentos, así como o aumento da dispoñibilidade de man de obra para o campo e a industria. O
limitado das reformas, sen embargo, puxo freo ao avance da agricultura e da industria. O incremento (aínda
que insuficiente) da produción mellora a dispoñibilidade de alimentos o que supón unha diminución das
fames e das epidemias. Outro factor que influíu neste sentido foi o progreso da medicina.
4.4. A ilustración en Galicia.
De xeito similar a o outras zonas de Europa, xurdiron en Galicia ao longo do s.XVIII distintas iniciativas
e manifestacións vinculadas ás preocupacións económicas e ideoloxías da Ilustración. Os ilustrados galegos
comparten as ideas e os problemas comúns dos ilustrados españois pero mostráronse receptivos a algúns
propios e específicos de Galicia. Tiñan unha visión de Galicia, como unha das unidades históricas que
entraron a formar parte de España aínda que ás veces, pensaban que era agredida nos seus intereses
colectivos. O caso diferente é Frei Sarmiento ( 1695-1772) un dos poucos que relaciona os males do país co
abandono da lingua e a cultura propias polos fidalgos e cregos e defende a recuperación do galego, no
ensino, no culto e nas relacións cos campesiños.
Os ilustrados galegos divídense en dúas tendencias: os reformistas conservadores e os máis
progresistas. Os primeiros buscan un programa de reformas que non cambie o sistema vixente, como Xoán
Francisco de Castro que critica os morgados ou o cóengo compostelán Pedro Antonio Sánchez, un dos
principais promotores da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.
Entre os segundos, que cren que non hai progreso posible sen cambiar radicalmente o sistema económico
do Antigo Réxime, está Lucas Labrada, secretario do Consulado da Coruña dende 1802. Estima
imprescindible desamortizar os bens vinculados da Igrexa e dos morgados, privatizar os montes comunais e
acabar co sistema foral. Era partidario do fomento da industria fabril e do comercio.
As características da Ilustración en Galicia mostra os seguintes trazos.
• Moderación das súas propostas. A meirande parte dos ilustrados foron eclesiásticos; Feijóo,
Sarmiento, Sobreira ou fidalgos; Cornide, Monsoriú, Vicente do Seixo, Pedro Antonio
Sánchez...) e foron partidarios de compaxinar a renovación e as reformas co mantemento da fe
cristiá e da orde social, política e económica establecida. Todos acudiron ao poder real como factor
dinamizador das transformacións e nunca puxeron en dúbida o sistema.
• Crítica aos abusos sociais e aos atrancos legais e económicos; a miseria do campesiñado, o
predominio da propiedade vinculada e en mans mortas, o escaso rendemento dos montes comunais,
o atraso técnico, o excesivo número de impostos e taxas, as dificultades nas comunicacións, os
prexuízos sociais sobre traballo e oficios manuais e a ignorancia, superstición e atraso técnico.
• Predominio das preocupacións e reformas económicas. A constatación da pobreza e atraso de
Galicia, así como a necesidade de mellorar as condicións de vida da poboación fixeron que a
meirande parte das propostas dos ilustrados galegos fosen de carácter económico.
• Mellora das actividades agropecuarias mediante a renovación técnica e o incremento da superficie
cultivábel (repártense sementes seleccionadas, divúlganse memorias con novas técnicas agrarias
como o estercado, ferramentas...). Pretenden limitar os morgados e terras en mans mortas e repartir
os montes veciñais. E tamén elaboran modelos teóricos de explotación coma o do pai Sarmiento.
• Defensa dos intereses pesqueiros galegos fronte á explotación dos fomentadores cataláns.
• Potenciación da produción artesanal e industrial mediante a introdución de novas técnicas,
compra de maquinaria, fomento da educación, apoio e subvención para crear novos talleres e
fábricas.
• Ampliación de actividades comerciais apoiando a mellora das estradas e portos e buscando
conseguir a liberdade de comercio con América.
• O fomento da educación e da renovación científica. Editaron memorias e cartillas prácticas para
difundir as vantaxes dos avances científicos e técnicos. Estableceron escolas de primeiras letras,
crearon bibliotecas (Biblioteca do Consulado de A Coruña..) e tentaron renovar os estudos da
Universidade de Santiago.
• O descubrimento e defensa de Galicia. A análise e o diagnóstico levou a descubrir a
especificidade da terra e a defender o reino de Galicia como unha entidade diferente. Prodúcese a
primeira toma de conciencia da realidade diferencial galega que se manifesta principalmente na
defensa da lingua galega.

32
• Creación de institucións ilustradas: Academia de Agricultura de Galiza (1765); Real Consulado da
Coruña (1785) con xurisdición sobre todos os portos de Galicia. A súa finalidade era o
desenvolvemento económico.; Sociedades Económicas de Amigos do País de Santiago e Lugo
(1784-1875). O seu obxectivo era o desenvolvemento económico e lograr que nobreza e clero
participasen desa xeración.

5.- A FIN DO REFORMISMO ILUSTRADO


O desenvolvemento da revolución francesa de 1789 fixo que as posibilidades reformistas en España
quedasen moi limitadas por temor ao contaxio revolucionario. Dependendo das propostas dos ilustrados
Carlos IV estes contaban co favor ou coa hostilidade do rei Carlos IV. Algúns dos principais ilustrados como
Carrabús, Jovellanos ou Malaspina coñeceron épocas de apoio oficial e outras de persecución e cárcere.
O caso mais significativo foi o de Jovellanos no que tralo Informe sobre a lei agraria no que criticaba os
prexuízos das terras amortizadas e vinculadas supuxo un ataque directo aos intereses da nobreza e do clero
polo que foi expedientado pola Inquisición.

33
TEMA 5.- A TRANSICIÓN DO ANTIGO RÉXIME Á ESPAÑA CONTEMPORÁNEA. OS
INICIOS DO RÉXIME LIBERAL

1.- CARLOS IV E O IMPACTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA. A GUERRA DA


INDEPENDENCIA. A CONSTITUCIÓN DE 1812.
A Revolución Francesa (1789) supón un radical cambio político e social: proclama a soberanía nacional, a
limitación do poder do rei, a perda de privilexios da nobreza e da Igrexa… É lóxico que supoña un forte
impacto en España. O goberno de Carlos IV ten medo ó contaxio revolucionario e decreta o peche de
fronteiras ás novas ideas, valéndose fundamentalmente da Inquisición, ó tempo que frea o proceso
reformista. A pesares do empeño, as medidas mostráronse ineficaces e a propaganda seguiu chegando de
forma clandestina provocando o primeiro gran enfrontamento ideolóxico: para os reformistas radicais o
proceso francés debería ser un modelo a imitar mentres que para outros (nobreza e Igrexa, sobre todo),
baseándose nos valores tradicionais da Monarquía Absoluta e da relixión, debería ser rexeitado na súa
totalidade.
España, a finais do s. XVIII atravesaba unha profunda crise política. O home forte do momento,
Secretario de Estado, é Manuel Godoy. De extracción social relativamente modesta (fidalgo), alcanzou en
moi pouco tempo, gracias á protección dos reis, o máximo poder. Acumula títulos, riquezas, actúa de maneira
despótica e arrogante, esixe obediencia persoal a tódalas autoridades… A súa actuación provoca a oposición
da maior parte do país: Igrexa, nobreza, ilustrados, do pobo. As críticas, cada vez máis acentuadas, afectan
incluso ós propios reis provocando o progresivo descrédito da institución monárquica.
A situación internacional complica máis aínda o panorama. Despois de formar parte da coalición
europea contra a Francia revolucionaria, España aliouse con Napoleón (no poder dende 1799) na súa loita
contra G. Bretaña.
Desta maneira, España entra a formar parte da estratexia global que Napoleón segue contra G. Bretaña.
Dado que resulta inviable a invasión da illa (dominio naval inglés), opta por provocarlle o maior dano
económico posible establecendo o denominado bloqueo continental para que os barcos británicos non
puidesen comerciar co resto de Europa. O incumprimento do boicot por parte de Portugal, tradicional aliado
dos ingleses, levou a Napoleón a planificar a súa conquista contando co apoio español. O Tratado de
Fontainebleau (1807) permitía o paso por España das tropas francesas e acordaba o futuro reparto do país
veciño (incluía a creación dun principado no Algarve para Godoy).
A oposición a Godoy non fai máis que crecer e incluso o herdeiro ó trono, Fernando, temeroso de ver
limitadas ás súas posibilidades de gobernar, foi creando dentro da Corte, en torno á súa persoa, un grupo
opositor formado fundamentalmente por aristócratas. Este grupo trata de desprestixiar ó valido e ós reis,
recurrindo incluso a varias conspiracións, que fracasan, para desprazalo do goberno.
En 1808 o malestar agrávase coa entrada das tropas francesas en España en virtude do Tratado de
Fontainebleau e prodúcese o Motín de Aranxuez. Grupos de alborotadores, co apoio dos gardas e nobres
partidarios de Fernando, asaltan a pazo real e atemorizan ós Reis. Os amotinados dan un golpe de Estado e
obrigan a Carlos IV a abdicar no seu fillo Fernando, que é recoñecido como Rei de España. Todos estes
acontecementos non fan máis que aumentar o desprestixio da monarquía española.
Napoleón ve agora a profunda decadencia na que está sumida España e concibe a idea de reemprazar no
trono á dinastía dos Borbóns por un membro da súa propia familia.
Coa escusa de mediar nas súas disputas, logrou reunir en Baiona (Francia) ós membros da familia real
española. Alí, Fernando foi obrigado a devolver a coroa ó seu pai Carlos quen, á súa vez, cedeu os seus
dereitos a Napoleón; a cambio ambos foron recompensados con cuantiosas rendas e privilexios en Francia.
Este episodio coñécese coa denominación das dobles Abdicacións de Baiona. Napoleón nomeou entón ó
seu irmán Xosé, daquela Rei de Nápoles, como Rei de España.
Na mesma Baiona unha Asemblea de deputados españois convocada polo propio Napoleón, despois de
xurar fidelidade ó novo monarca Xosé I, aproba a denominada Constitución de Baiona (1808). A pesar do
seu nome, non se pode considerar unha verdadeira Constitución senón propiamente unha Carta Outorgada.
Está claro que non emana da vontade popular, dado que os deputados non son elixidos polo pobo, nin
tampouco redactan propiamente a Carta, senón que se limitan a aprobala; é, en definitiva, unha concesión
que outorga o soberano porque cre conveniente limitar o seu poder.
Se ben na nova monarquía o rei segue tendo un papel clave -ten un carácter conservador-, Xosé I intentou
poñer en práctica unha vía reformista que pretendía rematar co Antigo Réxime e que consideraba moito
máis favorable para o pobo español que o caduco sistema borbónico. Desta maneira, a Constitución de

34
Baiona recoñecía a igualdade dos españois ante a lei, os impostos e o acceso a cargos públicos; abolía a
Inquisición, iniciaba a reforma da Administración e, por último, establecía a desamortización de parte das
terras do clero, a desvinculación dos morgados e a fin do réxime señorial.
1.2. A Guerra da Independencia. (1808-1814)
Mentres se desenvolvían estes feitos en Baiona, en España, ante as noticias máis ou menos falsas de que
Fernando VII fora secuestrado por Napoleón e tratando de evitar a saída cara a Francia dos últimos membros
de familia real, o 2 de Maio de 1808 o pobo de Madrid alzouse de xeito espontáneo contra o exército
francés. Aínda que o levantamento foi duramente reprimido polas tropas mandadas polo xeneral Murat,
o seu exemplo espallouse por todo o país e a poboación levantouse de contado contra o invasor.
Ante o baleiro de poder creado pola abdicación dos monarcas en Baiona e o desconcerto ou pasividade
das autoridades, incapaces de dirixir o país, os sublevados organízanse en Xuntas de Armamento e Defensa
espalladas por todo o territorio: Galicia, Asturias, Andalucía, Aragón... Nun principio tiñan un ámbito local,
pero pronto se constituíron a nivel provincial e terminaron confluíndo nunha Xunta Suprema Central.
Asumen o poder en nome do pobo, que por primeira vez se convirte en protagonista da acción política, negan
a lexitimidade das abdicacións de Baiona e coordinan as accións contra os franceses.
A resistencia contra a ocupación adopta con frecuencia a forma de guerrillas, xa que pronto se pon de
manifesto a clara inferioridade do exército español incapaz de enfrentarse con éxito ás tropas imperiais.
Baseábase na formación de pequenos grupos ou partidas (guerrillas) que atacaban ás tropas francesas en
accións limitadas (ataques a convois de suministros, a pequenos destacamentos de soldados, interrupción das
vías de comunicación…), sen presentar nunca unha batalla frontal. Nas súas intervencións era clave o
coñecemento do terreo e o apoio da poboación (axuda ós feridos, información, ocultamento dos
guerrilleiros…); este último aspecto leva a moitos historiadores a cualificala como guerra total, de todo un
pobo contra un exército ocupante.
Nalgúns casos os xefes das partidas (O Empecinado, Espoz y Mina) pasaron a converterse en heroes
populares e as súas fazañas foron recollidas pola literatura e a tradición oral.
As accións da guerrilla tiveron un papel moi importante na derrota de Napoleón pois, á parte de causar un
elevado número de baixas, obrigaron ós franceses a distraer grandes forzas no mantemento do territorio
ocupado e na seguridade das vías de comunicación, debilitando significativamente a súa posición estratéxica.
Outra forma de loita constituírona os sitios, que consistían na resitencia das cidades españolas (Zaragoza,
Girona..) ó avance inimigo. As cidades sitiadas resistían os bombardeos, a falta de alimentos e ata de auga a
que as sometía o exército francés, con tal de desgastalo e frear o seu avance para dar tempo á organización da
resistencia no resto do país.
Se ben a maior parte da poboación española opúxose á presencia francesa, os seus intereses e obxectivos
eran moi diversos.
A maior parte do clero e a nobreza, que en moitos casos dirixía a resistencia, buscaba a volta á situación
absolutista anterior baixo a monarquía de Fernando VII. Defendían a tradición e a relixión católica e
rexeitaban frontalmente as medidas reformistas do novo monarca: igualdade ante a lei, desaparición de
privilexios, abolición do Antigo Réxime...
Pola contra, os ilustrados vían na guerra unha oportunidade de realizar unha serie de reformas
longamente desexadas. Os moderados, facían unha crítica das lacras das administracións anteriores e
desexaban que a derrota dos franceses permitise a volta de Fernando VII do que esperaban un programa de
reformas que modernizasen o país. Os sectores claramente liberais eran máis radicais e vían a ocasión de
transformar a España do Antigo Réxime nun sistema liberal parlamentario sintetizado na soberanía
nacional, a división de poderes, a promulgación dunha constitución e o establecemento dunha sociedade de
clases que permitise o desenvolmento do capitalismo.
A maior parte da poboación, á marxe de posicións ideolóxicas claras, afronta a guerra como un
movemento de defensa contra un invasor estranxeiro. Expresa o seu desexo de que regrese o monarca
Fernando VII e defende sen cortapisas o volta do absolutismo e as prerrogativas e o poder da Igrexa
católica, aínda que na práctica a súa actitude de rebeldía contra a que considera ilexítima monarquía de Xosé
Bonaparte é claramente revolucionaria.
Por último, unha pequena parte dos españois, os coñecidos como afrancesados, e entre os que se atopan
numerosos intelectuais, altos funcionarios e unha parte da alta nobreza, aceptaron ó novo monarca Xosé
Bonaparte e participaron no seu goberno. Sentíanse vencellados co programa reformista da nova
monarquía e ó mesmo tempo crían que era a mellor garantía para evitar os excesos revolucionarios. Así,
pensaban que un poder forte podería realizar as reformas necesarias para a modernización do país. O seu

35
número relativamente escaso e a derrota final do exército napoleónico, obrigaron a unha grande parte a
exiliarse ó rematar a guerra, cando non foron detidos ou axustizados polos patriotas antifranceses.
No conflito bélico pódense dintinguir claramente tres fases:
• 1ª Fase (maio-novembro de 1808). Caracterízase polo intento de ocupación francesa e o
levantamento popular que logrou rexeitala. O proxecto de Napoleón prevía realizar unha rápida
ocupación do país dominando Madrid, Zaragoza, Valencia e Sevilla, non esperando encontrar
grandes resistencias; pero a estratexia francesa fracasa pola férrea oposición dos españois e pola
debilidade estratéxica francesa que estirou moito as súas liñas deixando a os seus exércitos illados e
extensas zonas sen ocupar. Entre as vitorias españolas destaca a de Bailén, onde foi derrotado o
exército francés de Andalucía e obrigou a Xosé I e ás súas tropas a retirarse cara Vitoria.
• 2ª Fase (novembro de 1808-xaneiro 1812). Foi de claro dominio francés. Consciente das
dificultades, Napoleón entrou en España á fronte dun numeroso corpo de exército e foi
conquistando progresivamente a península. Os franceses volven a ocupar Madrid e as principais
cidades van capitulando tras sufrir heroicos e prolongados sitios (Zaragoza, Girona...).
As tropas inglesas enviadas en axuda das españolas foron perseguidas ata a Coruña onde
embarcaron despois de perder ó seu xefe, sir John Moore, na batalla de Elviña.
Unicamente Cádiz e Lisboa resistiron a ocupación amparadas nas súas defensas e na axuda
británica. A pesar do seu predominio, Napoleón non conseguiu a capitulación dos españois, que
nesta etapa resisten fundamentalmente a través da utilización das guerrillas.
• 3º Fase (xaneiro de 1812-marzo 1814). Estivo marcada polo repregue francés e a ofensiva
hispanoinglesa. A campaña de Rusia obriga a Napoleón a desprazar alí parte das tropas instaladas
en España e as forzas españolas apoiadas polas inglesas (Wellington) fan retroceder ós
franceses. Incapaz de manter as dúas frontes, Napoleón decidiu poñer fin ó conflito e a finais de
1813 asinou o Tratado de Valençay polo que recoñecía a Fernando VII como monarca lexítimo,
permitía á súa volta a España e retiraba as súas tropas da península. En 1814 os últimos soldados
franceses abandonan Cataluña e remata definitivamente a guerra.
1.3. As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812.
Paralelamente á guerra desenvolveuse unha revolución política que tentou asentar as bases do liberalismo
e que tivo a súa mellor plasmación na obra das Cortes de Cádiz.
Como xa se indicou anteriormente, a reacción popular contra os franceses, o desprestixio das autoridades
e o non recoñecemento da renuncia de Fernando VII nin da lexitimidade de Xosé I, deu lugar á toma do
poder por parte do pobo organizándose en Xuntas. A necesidade de coordinar as actuacións fixo que se
formase a Xunta Suprema Central, transformada en 1810 no Supremo Consello de Rexencia co cometido
de gobernar España ata que fosen constituídas as Cortes. Estas deberían servir para coñecer a vontade do
país e para impoñer as medidas necesarias. A pesar de que para os grupos dominantes tratábase simplemente
de restablecer o sistema político tradicional (absolutismo e relixión), acabou levando a cabo unha
transformación verdadeiramente revolucionaria.
Despois de moitas dificultades as Cortes reuníronse en Cádiz en 1810.
Ideoloxicamente podemos agrupar ós deputados en dúas tendencias claramente definidas: os liberais
(partidarios dos cambios) e os realistas, absolutistas ou servís (partidarios da soberanía real). En canto á
súa extracción social, predominaban os burgueses: profesións liberais (avogados, médicos, arquitectos),
comerciantes, funcionarios, intelectuais…, aínda que tamén era significativa a presencia de nobres e
eclesiásticos.
Obra Lexislativa das Cortes de Cádiz:
a).- Decretos que significan o desmantelamento económico e social do Antigo Réxime:
– Abolición dos privilexios da nobreza e do clero de orixe feudal: impartición de xustiza, monopolios
feudais...
– Establecemento da propiedade privada, baseada na idea de que tiña que ser libre e plena. Isto
significaba a supresión das propiedades vinculadas e amortizadas.
– Establecemento da liberdade de comercio, industria e de contratación de traballadores. Supuxo a
supresión dos gremios.
– Supresión do Tribunal da Inquisición.
b).- Constitución de 1812.
É coñecida popularmente como a Pepa por ter sido aprobada o 19 de marzo de 1812. Recolle as

36
ideas liberais aceptadas pola maioría dos deputados presentes en Cádiz.
• Soberanía Nacional. Corresponde a tódolos españois, peninsulares e americanos. O pobo é, por
tanto, o posuidor do poder o exerce por delegación mediante os seus representantes. Queda abolida a
teoría da orixe divina do poder.
• Sufraxio. Os representantes políticos (deputados a Cortes, alcaldes) son elixidos polos cidadáns por
medio do voto. Neste caso establécese a sufraxio universal masculino de tipo indirecto.
• Monarquía. Segue sendo a forma de goberno, pero xa non é de tipo absoluto; o Rei ten limitados os
seus poderes pola Constitución. (Monarquía Constitucional).
• Separación de poderes. O poder executivo (Goberno) é exercido polo Rei, dado que ten a facultade
de elixir ós ministros. O lexislativo exérceno as Cortes e o xudicial reside nos Tribunais de Xustiza.
En conxunto, establécese a preeminencia das Cortes sobre o Rei.
• Defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns. Non aparecen nun capítulo único, senón
espallados por toda a Constitución. Destacan: recoñecemento da liberdade (de opinión, de imprenta,
económica…), a igualdade ante a lei (igualdade de oportunidades, pago de impostos proporcional á
riqueza, servicio militar obrigatorio). Asimesmo, recoñécese a propiedade privada individual
como un dereito básico e garantido polo Estado. Para asegurar a orde pública e a defensa das
liberdades e da Constitución creábanse as Milicias Nacionais.
• Declárase a Relixión Católica como oficial e única autorizada.
• Centralismo político. Os liberais impoñen unha única lexislación para todo o Reino e eliminan os
particularismos dos antigos reinos.
En síntese, trátase dunha Constitución revolucionaria dado que cambia radicalmente as bases sobre as
que se asenta o sistema político e a sociedade. Está na mesma liña da Constitución dos EE.UU. de 1787 e das
francesas de finais do s. XVIII que tiñan como obxectivo a abolición do absolutismo monárquico e o
establecemento dun réxime constitucional.
A súa eficacia práctica foi limitada debido á frontal oposición dos privilexiados e a que non conseguiu o
apoio popular (gran influencia da Igrexa). De todas formas, ten unha importancia capital, non só por ser a
primeira Constitución española, senón tamén por ser un punto de referencia política durante todo o s. XIX;
uns aludirán a ela para rexeitala, outros para tratar de implantar os seus principios.

2.- A RESTAURACIÓN DE FERNANDO VII


É unha etapa de crise permanente e definitiva do Antigo Réxime, modelo inviable fronte a un
liberalismo que á súa vez sofre avances e retrocesos ata a morte do rei Fernando VII.
a) O Sexenio Absolutista (1814-1820).
A volta de Fernando VII a España en 1814 supón un grave problema político: mentres os liberais
consideran necesario que acate a Constitución e acepte os importantes cambios que se produciran na súa
ausencia, os absolutistas sosteñen a idea de que debe recuperar o seu poder absoluto.
As forzas absolutistas (Igrexa, Nobreza, parte da cúpula do Exército) mobilízanse eficazmente e fan
chegar ó Rei un documento manifestándolle o seu apoio para que rexeite a lexislación de Cádiz e goberne de
maneira absoluta. É o denominado Manifesto dos Persas (1814).
Ante esta circunstancia, Fernando VII dá un golpe de Estado ese mesmo ano e asina o Decreto de
anulación da Constitución de 1812 e da obra lexislativa das Cortes de Cádiz. Neste documento expón que
considera inadmisible que as Cortes o despoxaran da súa soberanía, declara ilegal esta acción e argumenta a
favor do seu poder absoluto. Desta maneira, queda restablecido o Antigo Réxime, é dicir, quedan suprimida
a separación de poderes, o recoñecemento de dereitos e liberdades, volve a estar en vigor a Inquisición, o
sistema señorial... Está en consonancia co que ocorre neste momento no resto de Europa onde, despois da
derrota de Napoleón, establécense réximes absolutistas. Acórdase no Congreso de Viena e asínase a Santa
Alianza (entre Austria, Prusia, Rusia e Francia) co compromiso de intervir militarmente no caso dun futuro
estalido revolucionario.
A oposición a estas medidas foi limitada, feito que se explica pola escasa forza dos liberais e pola
indiferencia ou entusiasmo das masas populares, en gran medida influídas polo clero, ante a volta do Rei
(coñécese, precisamente co nome do Desexado).
A persecución dos liberais que se leva a cabo a partir deste momento, obriga a moitos ó exilio.
De todas formas, pronto se pon de manifesto a incapacidade de goberno para resolver os graves
problemas do país (económicos, sociais…) e asístese a un aumento do descontento popular e a mobilización

37
dos liberais. Debido á persecución absolutista (non liberdade de expresión…), estes recorren á formación de
sociedades secretas, en moitos casos vencelladas á masonería, para estender as súas ideas. Ademais, para
obrigar ó Rei a aceptar a Constitución instauran os Pronunciamentos. Consistían en insurreccións de
oficiais, en conexión con determinadas forzas políticas (neste caso de ideoloxía liberal), que se sublevaban
coas súas tropas -“se pronunciaban”- co obxectivo de cambiar a orientación do réxime político (neste caso
substituír a Monarquía Absoluta por unha Liberal).
Varios foron os pronunciamentos entre 1814 e 1820 (Porlier, Lacy,…). O primeiro paso consistía
normalmente en que estes militares facían un comunicado público expoñendo a falta de liberdades, e
propoñían a posta en vigor da Constitución ou no seu defecto unha consulta popular que cambiase a situación
de opresión na que se vivía. O paso seguinte era levantarse en armas e reclamar o apoio da poboación. A
pesar de que todos fracasaron e a maioría dos seus líderes detidos e executados, evidenciaban a debilidade da
Monarquía Absoluta que era incapaz de ser aceptada por toda a sociedade española.
b) O Trienio Liberal (1820-1823).
Comeza co pronunciamento do coronel Rafael Riego en Sevilla en 1820. Cando este levantamento
estaba case controlado, o apoio do rexemento da Coruña impulsa ó doutras cidades españolas e conduce ó
triunfo final.
O exemplo español foi imitado noutros países (Portugal, reinos italianos, Francia), aínda que o seu
éxito foi moi limitado no tempo. Coñécese como a onda revolucionaria de 1820.
Ante esta situación, Fernando VII vese obrigado en contra da súa vontade a aceptar a Constitución de
1812. Sen embargo, no comunicado público que fai neste momento afirma que valora moi positivamente o
labor dos lexisladores de Cádiz, que está convencido do acertado das peticións populares e que, como bo
“pai dos seus súbditos”, vai ser o máis fiel e convencido defensor da Constitución.
A partir deste momento volve a estar en vigor toda a lexislación de Cádiz: separación de poderes,
eleccións por sufraxio universal masculino, liberdade de imprenta, venda dos bens da Inquisición, abolición
dos gremios, supresión dos señoríos…
Sen embargo, as diferenzas entre os liberais sobre a aplicación práctica das medidas (maior ou menor
poder do Rei, maior ou menor participación política do pobo) produciron unha división entre dúas
tendencias: moderados e exaltados. Esta división provocou unha grande inestabilidade política que
favoreceu os intentos absolutistas de voltar ó Antigo Réxime.
Os absolutistas, impulsados solapadamente por Fernando VII, que só acatara a Constitución por
obrigación e non por convencemento, intentan acabar coa revolución a través de diversos medios:
sublevación militar, creación de guerrillas…
O fracaso destes intentos e o perigo dunha nova extensión por Europa levan a reunión en Verona das
potencias absolutistas (Santa Alianza) e á decisión de intervención en España para instalar de novo a
Fernando VII á fronte da Monarquía Absoluta. Fano en 1823 a través da intervención dos Cen Mil Fillos de
S. Luís (denomínanse así porque na súa maioría son de procedencia francesa), ó mando do Duque de
Angulema.
Atoparon escasa resistencia polo descontento e indiferencia do pobo (non se concretaran as expectativas
de mellora), a pasividade dos moderados (consideraban moi radical o sistema, pretendían restrinxir a
participación popular) e a ineficacia dos exaltados.
c) A Década Ominosa. (1823-1833).
A volta ó absolutismo foi seguida, como xa ocorrera no ano 1814, dunha feroz represión contra os
liberais. Bastantes dos seus líderes e simpatizantes foron executados e outros moitos tiveron que marchar
cara ó exilio.
A partir do ano 1825 modérase a situación debido fundamentalmente ós problemas económicos.
Continúa o escaso crecemento e as dificultades da Facenda (perviven os privilexios fiscais da nobreza e
clero) agudízanse agora coa perda definitiva das colonias americanas. Ante esta situación, o Rei adopta
posicións máis abertas e acepta a colaboración do sector moderado da burguesía financeira e industrial
de Madrid e Barcelona. Un exemplo deste proceso é o nomeamento de López Ballesteros, próximo ós
intereses dos industriais, como ministro de Facenda.
Esta actitude do Rei foi mal vista polo sector tradicionalista da Corte (parte da nobreza e clero), que
reclama un maior rigor contra os liberais, a volta ós costumes tradicionais e unha maior influencia política.
Este sector denomínase Ultrarrealista ou Ultraconservador e vaise agrupando ó redor de Carlos María
Isidro, irmán do Rei e o seu previsible sucesor, dado que Fernando VII non tiña descendencia.
En 1830, o nacemento dunha filla do Rei, Sabela, dá lugar a un grave conflicto sucesorio. En España

38
estaba vixente a Lei Sálica, de orixe francesa, implantada por Filipe V, que impedía o acceso das mulleres ó
trono. Sen embargo, ante a nova conxuntura, Fernando VII promulgou a Pragmática Sanción (1830) que
abolía a anterior e abría o camiño ó trono á súa filla e herdeira.
Os partidarios de D. Carlos (carlistas) negáronse a acepar a nova situación e en 1833, cando
Fernando VII morreu reafirmando no seu testamento á súa filla como sucesora, apoiárono na reclamación da
Coroa de España.
Sen embargo, non contou coa aceptación de gran parte da sociedade española e o enfrontamento ó que
deu lugar -guerra civil, guerra carlista- abre as portas ó triunfo definitivo da revolución liberal.

39
TEMA 6- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL E AS SÚAS DIFICULTADES .

1. LIBERALISMO DOUTRINARIO: MODERADOS E PROGRESISTAS.


A derrota do sistema político Absolutista (Antigo Réxime) converteu ó Liberalismo doutrinario na
ideoloxía dominante. Baseábase en:
• Monarquía constitucional: Toda-las institucións do Estado, incluída a Coroa deben Exercer os seus
poderes de acordó ca Constitución:
◦ Poder executivo: recae no rei, que nomea e cesa libremente ós seus ministros do Goberno. Os
ministros responden das suas decisión ante as Cortes, que teñen que darlles o visto bo. En caso
de desacordo entre as Cortes e os Ministros o rei pode disolver as Cortes ou nomear novos
ministros.
◦ Poder lexislativo: recae no rei compartido cas Cortes. Ambos fan as leis. Ademais o rei se
reserva o dereito de convocar, suspender e disolver as Cortes (árbitro entre o poder executivo e
lexislativo) polo que as Cortes están controladas e subordinadas ó rei.
• Soberanía compartida entre o rei e as Cortes: a fonde de todo o poder é a nación, que é
representada polo rei e polas Cortes. Polo tanto rei e Cortes representan á nación e son depositarios
da sua soberanía. Ademais o rei non solo é lexitimado polo poder da nación, senón tamén pola gracia
de deus (rei pola graza de Deus e da Constitución)
• Restricción da participación política: A política debe ser un traballo realizado por homes
preparados e intelixentes, polo que solo una minoría pode ter participación na política, defendendo
así o sufraxio censitario para aqueles que teñan un determinado poder económico ou cultural.
• Limitación dos dereitos individuais, que deben estar recollidos por escrito. Do contrario prodúcese
indisciplina e desorde social.
• Catolicismo do Estado.
Sen embargo entre os liberais apareceron diferencias políticas e económicas que provocaron a división en
dous grupos: progresistas e moderados (liberalismo doutrinario)

2. A CONSTITUCIÓN DO ESTADO LIBERAL


2.1. A primeira guerra carlista.
En 1833, despois da morte de Fernando VII (1833) prodúcese un enfrontamento armado entre os
partidarios de que reine a súa filla Sabela II e os defensores dos dereitos ó trono do seu irmán Carlos. Este
enfrontamento dura dende 1833 ata 1840 e coñécese como I Guerra Carlista. O conflito ía más aló dun
mero problema dinástico dado que se dirimía tamén o sistema político –liberalismo ou absolutismo- e a

40
organización territorial -centralismo ou foralismo- que debían prevalecer.
Os carlistas caracterízanse pola defensa do Lexitimismo, é dicir, dos dereitos ó trono de España do
infante Carlos de Borbón e os seus descendentes; do Tradicionalismo, tanto político, relixioso como social;
e do Foralismo, sendo partidarios do mantenemento da organización administrativa tradicional, que
implicaba o respecto ós privilexios forais das provincias vascas e Navarra. Estes principios quedaban
recollidos no seu lema Deus, rei e foros, que para eles estaban ameazados pola ideoloxía liberal: separación
Igrexa-Estado, separación de poderes, abolición dos foros tradicionais...
Entre os seguidores do carlismo encóntranse unha gran parte da nobreza rural (fidalguía), do clero e
unha gran masa de campesiños do País Vasco e de Navarra, prexudicados pola abolición dos privilexios que
defendía o liberalismo (exención de impostos, restrición do servicio militar...). En menor medida, en
Cataluña, Aragón e Valencia.
A Rexente María Cristina de Borbón conta coa axuda do liberalismo, fundamentalmente
moderado, representado polo exército, parte da aristocracia, (mantivéranse fieis a Fernando VII e agora
respaldan á súa filla), burguesía e a maior parte da poboación urbana.
Despois de anos de enfrontamento, en 1939 prodúcese o Convenio de Vergara onde gran parte dos
carlistas asinan a paz co exército gobernamental a cambio de certas concesións: recomendábase ó Goberno
que mantivera os foros e recoñecíanse os empregos e graos dos militares carlistas. Aínda que Don Carlos non
aceptou o acordo e perviviron varios focos de resistencia en Aragón e Cataluña, en 1840 foron sufocados. O
conflito, de todas formas, rebrotará posteriormente.
2.2 O réxime do Estatuto Real e o triunfo liberal. A rexencia de Mª Cristina (1833-1840).
En 1833 ca morte de Fernando VII, a sua muller Mª Cristina converteuse na rexente no nome da sua filla
Isabel II, menor de idade. Para asegurarse o trono fronte os carlistas, terá que buscar apoios entre os liberais,
polo que Mª Cristina decretará unha amnistía que permitía a volta a España dos liberais exiliados durante o
goberno do seu marido Fernando VII.
Durante toda a sua rexencia, Mª Cristina reservouse o poder de nomear ós xefes de goberno, polo que
normalmente escollía a liberais de corte moderado, para desgusto dos liberais máis radicais. Deste xeito,
durante a súa rexencia diferenciaremos dúas etapas: unha primeira na o goberno estará case sempre en mans
dos moderados (ata 1835), e unha segunda etapa de goberno dos liberais-radicais (desde 1835)
a) A primeira fase da rexencia: os gobernos moderados.
Durante esta etapa o goberno e a rexente organizaron varias reformas co obxetivo de centralizar o poder e
asegurar a posición da rexente.
A primeira reforma foi a Reforma provincial, decretada en 1833 polo goberno de Cea Bermudez e
realizada por Xavier de Burgos, Ministro de Fomento. España foi dividida en 49 provincias (igual que hoxe
excepto as Illas Canarias que entonces eran solo unha provincia), modificandose as vellas divisións
administrativas e desaparecendo definitivamente os antigos reinos medievais. A reforma buscaba un maior
control de tódolos territorios e a fronte de cada provincia se nomeou un Xefe Provincial, antecedente do
Gobernador Civil.
Durante o goberno de Martínez de la Rosa a rexente esteblece o Estatuto Real, elaborado en 1834, que
pretendía ser o texto legal da Monarquía. En realidade non era unha verdadeira Constitución, dado que o
poder de facer as leis non emanaba da Nación senón da Coroa (principio absolutista). Esta era a que
“outorgaba” o Estatuto cedendo algúns dos seus dereitos; o Estatuto definíase así como Carta Outorgada.
Os seus principios, á parte do xa citado, eran extremadamente moderados: a soberanía seguía sendo do rei, a
participación política quedaba limitada a unha exigua minoría, non se recollía nin a separación de poderes
nin os dereitos dos cidadáns... Este Estatuto foi rexeitado pola maioría dos liberais, que obrigan á
Rexente a aceptar unha verdadeira Constitución.
b) A segunda fase da rexencia: o rexíme progresista.
En 1835, producironse nas principales cidades de España revoltas apoiadas polos liberais mais radicais,
que eran constantemente apartados do goberno pola rexente. Ante esta situación Mª Cristina chamou ós
progresistaa a formar un novo ngoberno.
Unha das primeiras medidas do goberno progresista recaeu nas máns de Mendizábal, que deu orde de
levar a cabo unha desamortización económica. Os obxetivos desta desamortización eran:
– Eliminar parte do poder económico da Igrexa, considerada como unha defensora do Antigo
Réxime
– Obter diñeiro para poder manter a causa isabelina durante a I Guerra Carlista.
– Crear un grupo de pequenos propietarios afins á ideoloxía liberal

41
– A longo plazo, fomentar o desenvolvemento da agricultura, ao pasar a propiedade da terra a uns
propietarios dispostos a investir na agricultura e mellorar os cultivos.
Ademais, para obter diñeiro para a guerra contra os carlistas, Mendizábal decretou a redención de
quintas, que permitía evitar o alistamento militar obligatorio (as quintas) a cambio do pago de diñeiro. Esta
medida beneficiaba ás clases poderosas que podían liberarse do servicio militar e da guerra, desfavorecendo
ás clases mais humildes.
Con todo, a prinicpal medida levada a cabo por Mendizábal será a promulgación de outra Constitución
en 1837. É unha Constitución impulsada polos progresistas, procedentes dos chamados exaltados durante o
Trienio Liberal, aínda que na década dos 30 van moderando as súas posicións. Socialmente é un grupo
heteroxéneo: inclúe á mediana e pequena burguesía industrial e financeira, artesáns, oficialidade media ou
inferior do Exército, profesións liberais (profesores, xornalistas, avogados…). Establece os seguintes
principios:
– Soberanía Nacional. Non aparece claramente recollida no articulado, pero dedúcese do preámbulo.
– División de poderes:
– O Executivo, que recae no Rei.
– O Lexislativo, que recae nas Cortes co Rei. As Cortes manteñen importantes facultades e
manteñen a súa primacía sobre o Rei a pesar de que agora se dividen en dúas Cámaras,
Congreso e Senado, e que parte desta última é designada polo monarca.
– O Xudicial, que recae nos Tribunais.
– Sufraxio Censatario (ou censatario) amplo. Significa que só poden votar os varóns que posúan
unha determinada riqueza. Neste caso, a cantidade estipulada é menor cá reseñada nas Constitucións
moderadas, polo que poden exercer o seu dereito un maior número de votantes.
– Declaración de Dereitos e Liberdades. Claramente estipuladas na Constitución. Destacan a
igualdade ante a lei e a liberdade de imprenta sen censura previa.
– Certa descentralización administrativa. Estipula a elección por medio do voto dos concellos.
– Certa tolerancia relixiosa. O Estado non se declara explicitamente confesional aínda que se
compromete ó mantemento do culto católico.
A actuación de Mendizábal e dos progresistas orixina unha forte desconfianza da rexente e dos
moderados, polo que en 1836 serán convocadas novas eleccións que gañarán os moderados sendo
Mendizábal substituido por Isturiz.
Durante esta etapa moderada o goberno tentará, sen sairse da constitución, reformar os elementos mais
progresistas da lexislación. Ademais preparan unha reforma electoral mais restrictiva, limitando a
liberdade de imprenta e decretan a Lei de Concellos, que permitía ao rei ou raíña nomear ós alcaldes. Do
mesmo xeito tentaron devolverlle ó clero parte das terras expropiadas pola Desamortización de Mendizábal.
As queixas, de novo, dos radicais-progresistas, pola adulteración dos resultados electorais por parte da
rexente e polas medidas que estaban decretando os moderados, orixona en 1836 novos levantamentos
populares, que esta vez son apoiados polas tropas encargadas de proteger a rexente (Motín dos sargentos da
Granxa) que obriga a Mª Cristina a devolver o goberno ós progresistas, nomeando a Calatrava novo Xefe do
Goberno.
Sen embargo, a predilección que a rexente tiña polos moderados fixo que os progresistas fosen separados
outra vez do poder. As suas queixas fixeron que en 1840 o xeneral progresista Espartero organizase un
levantamento que provocou a renuncia definitiva de Mª Cristina e o seu exilio a Francia. A partir dese
momento o novo rexente será Espartero.
2.3 A rexencia de Espartero.
Os levantamentos e motíns organizados durante os últimos anos da rexencia de Mª Cristina provocaron a
renuncia da rexente, que marcha ao exilio a Francia. Nese momento a rexencia pasa a máns de Baldomero
Espartero, líder e recoñecido militar progresista que loitara contra os independendistas das colonias
iberoaméricanas e asinara a Paz de Vergara que supoñía a fin de I Guerra Carlista.
A rexencia de Espartero é breve, posto que a aparición de inimigos dentro do seu partido polo
nomeamento de amigos para cargos políticos (“ayacuchos”) e a oposición de gran parte da población polo
carácter autoritario de Espartero e polo bombardeo de Barcelona derivaron en diversos pronunciamentos que
obligan a Espartero a renunciar á rexencia e a exiliarse a Londres.
O novo goberno, formado por progresistas opostos a Espartero e por moderados, estivo dominado un
liberal moderado, o xeneral Narváez, quen nas súas primeiras medidas decretou a disolución da Milicia

42
Naconal, a renovación dos mandos militares e a modificación da Constitución para adiantar a maioría de
idade de Isabel, quen inicia o seu goberno con solo trece anos (novembro de 1843).

3. O REINADO DE ISABEL II (1843/1845-1868)


O goberno de Isabel II se caracteriza pola súa desordeada vida persoal, a súa relixiosidade e a
“corrupción” na corte. Durante o sue reinado estivo apoiada principalente por políticos moderados ou
ultramoderados como Narvaez e O´Donell. Distinguimos así tres estapas:
3.1. A década moderada (1845-1854).
Os primeiros anos do reinado de Isabel II caracterizanse por un marcado conservadurismo liderado polo
xeneral Narvaéz, a quen se lle recoñece asentar o novo estado liberal. Para elo levou a cabo una serie de
medidas destinadas a defender os intereses das clases altas (aristocracia e alta burguesía) tratando de
reservarse o control político do Estado. Entre as medidas destacan:
– Lei de Concellos (1845): os alcaldes das ciudades de mais de 2000 veciños teñen que ser nomeados
polo Goberno ou polo Gobernador civil. Igualmente limitan as competencias das Deputacións e dos
municipios co obxetivo de reforzar o centralismo administrativo.
– Imposición do sufraxio censitario moi restrinxido (1846): solo podía votar o 0,8% da poboación
(100 000 persoas en total)
– Reforma da Facenda (1845): obriga a pagar impostos a tódolos cidadáns pero de forma
proporcional (os que máis teñen serán os que máis paguen) e reforma os impostos existentes
agrupánsoos en dous tipos: impostos directos (ligados as propiedades: casas, terras…) e indirectos
(tabaco, consumo…). Esta reforma foi mal vista por todala poboación: polas clases altas que nunca
pagaran impostos e polas clases populares que tiveron que pagar os novos impostos polo consumo de
productos.
– Creación da Garda Civil (1844): xustificouse aludindo á ineficacia e escasa preparación da Milicia
mentres que se valoraba a maior profesionalización e eficacia da Garda Civil, dado que tiña estrutura
militar, e a súa maior coordinación, porque era o primeiro corpo de ámbito estatal. De todas formas,
a razón fundamental debíase a que estaba baixo as ordes directas do goberno (dependía do
Ministerio da Gobernación), co que se acentuaba a centralización, sempre defendida polos
moderados, á vez que se eliminaba un instrumento dos progresistas para facerse co poder. O seu
cometido era a protección das persoas e das propiedades dentro e fóra das poboacións,
centrándose fundamentalmente na propiedade rural (especialmente ameazada polas persoas carentes
de recursos despois das desamortización dos bens comunais e municipais) e evitar as alteracións da
orde pública.
– O Concordato ca Santa Sede (1851): foi unha declaración categórica da confesionalidade do
Estado (“a única relixión do Estado é a Católica”). As principais consecuencias desta afirmación
sintetízanse na concesión do Estado á Igrexa da capacidade de intervir no ensino, que debía estar
conforme coa doutrina católica, de reprimir as chamadas doutrinas heréticas e de censurar as
obras que se referían á relixión e á moral, coa conseguinte limitación da liberdade de imprenta.
Por último, é de destacar o recoñecemento á Igrexa do dereito a posuír bens materiais. En
contrapartida, os gobernos moderados tamén conseguen importantes logros. Por unha parte, a
aceptación de Roma de que os bens desamortizados quedaran en mans dos seus propietarios, o
que implicaba acabar coa persecución dos compradores, moitos deles membros do partido
moderado; e doutra, o recoñecemento do dereito de presentación de bispos, que implicaba que
cando quedaba vacante algunha diócese, o goberno gozaba do dereito de propoñer tres nomes para
que Roma elixira de entre eles ó novo bispo, asegurándose así que fora unha persoa cercana á súa
ideoloxía.
– Aumentar o poder da Coroa a través da promulgación dunha nova constitución en 1845, a que
mais tempo estará en vigor. Establece os seguintes principios:
– Soberanía compartida entre o Rei e as Cortes. Ambas institucións son depositarias da soberanía,
de tal xeito que o Monarca non só é lexítimo por ser representante da Nación, senón tamén por
intervención da providencia divina (“Rei pola gracia de Deus e da Constitución”).
– División de Poderes:
– O Executivo, no Rei.
– O Lexislativo, compartido polas Cortes e o Rei. Agora o Rei ten amplos poderes que garanten

43
a súa supremacía sobre as Cortes: designa a tódolos senadores e pode suspender, disolver e
convocar as Cortes case sen limitacións.
– O xudicial, nos Tribunais.
– Sufraxio Censatario moi restrinxido. Recordar que só pode participar en torno ó 1% da poboación.
– Declaración de Dereitos e Liberdades, recollidos de maneira moi restritiva
– Maior centralismo na estrutura do Estado. Os alcaldes das principais cidades son nomeados polo
Rei e o resto polos Gobernadores Civís.
– Confesionalidade do Estado. Estipúlase claramente que a relixión da nación é a católica, o que non
dá pé á tolerancia relixiosa.
Ante esta serie de reformas e a imposibilidade de acceder ó goberno, os progresistas liderados por
Espartero, e alguns moderados apartados do goberno, organizarán diversos levantamentos.
3.2. O Bienio Progresista (1854-1856).
En 1854 un grupo de militares descontentos liderados porlo xeneral O´Donell protagoniza un
levantemento coñecido como a Vicalvarada. Estes militares fixeron público un manifesto (O Manifesto de
Manzanares), no que facn público o seu desexo de reformar o sistema político corrupto, pero mantendo
a lealdade á raiña. A este levantemento uniranse os Progresistas e Isabel II, sen apoios, vese na obriga a
aceptar un cambio de goberno sustituíndo a Narvaez por Espartero e nomeando a O´Donell Ministro de
Guerra.
O novo goberno levou a cabo una serie de medidas políticas e económicas destinadas a modernizar o país
(nova de Constitución, Lei de Ferrocarrís, Lei de Minas, unha nova desamortización...), pero as diferencias
entre O´Donell e Espartero non tardarán en aparecer. Ante a gran inestabilidade O´Donell dará un novo golpe
en 1856 desprazando do poder a Espartero e aos progresistas.
3.3. A década moderada-unionista e a fin do reinado (1856-1868).
Nesta última etapa alternanse no poder os moderados de Narváez e a Unión Liberal, un novo partido
fundado por O´Donell que aglutinaba a progresistas e moderados non radicais, así como numerosos
militares. Ante esta alternancia, as restantes forzas políticas (republicanos, progresistas radicais,
demócratas…) quedan marxinados co conseguinte descontento.
As alteracións sociais (revoltas dos xornaleiros andaluces e primeiras reclamacións do proletariado), a
aparición de partidos políticos máis radicais coma democrátas 2 e republicanos, e a participación en
empresas militares fora de España co obxetivo de recuperar o prestixio internacional (expediccións á
Conchinchina, Marrocos ou México) agravarán as diferencias entre Isabel II e O´Donell.
Nárvaez é nomeado de novo xefe de goberno (“bienio ultraconservador” entre 1866-1868) actuando de
modo case ditatorial. A oposición ó seu goberno e á propia raíña se fixo máis evidente.
No exilio, progresistas e demócratas dirixidos por Prim, acordaron unirse para derrocar a Isabel II
asinando os chamados Pacto de Ostende e Pacto de Bruxelas. Ca morte de O´Donell, o novo líder
unionista, o xeral Serrano contacta cos opositores á Isabel e trala morte de Narváez en 1868 progresistas,
unionistas e demócratas (incluidos os republicanos) asocianse para levantarse en contra da raiña. Nacía “A
Revolución Gloriosa” e comezaba O Sexenio Democrático.

4.- O SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874).


4.1.- Factores ou causas que explican a Revolución do ano 1868.
a) Crise económica. Foi, en primeiro lugar, unha crise de subsistencias debida ás malas colleitas dos anos
1867-68 que provocaron carestía de alimentos, fame e aumento da mortalidade. Esta crise agravouse coa
financeira e industrial. En 1866 quebrouse a época de bonanza económica dos anos anteriores: a caída das
cotizacións da Bolsa e o parón do tendido ferroviario provocaron a quebra de moitos bancos e empresas;
ademais, a industria téxtil catalana viuse moi afectada pola suba dos prezos da materia prima (algodón) e
polo descenso do consumo interior.
b) Estes problemas económicos agudizan a Crise Política que é clave para explicar a revolución. En

2 O Partido Demócrata orixinouse a partir dunha escisión do Partido Progresista e fundouse en 1849. Os seus
integrantes pertencían á pequena e mediana burguesía, clases medias… Defendían o sufraxio universal masculino, a
ampliación das liberdades e a intervención do Estado no ensino, na asistencia social e na fiscalidade co obxecto de
paliar as diferencias sociais e garantir o dereito á igualdade entre os cidadáns. Terán un papel relevante na Revolución
de 1868 e na posterior Constitución (democrática).

44
realidade, asistimos ó esgotamento do réxime político liberal doutrinario tanto pola corrupción como polo
empeño dos moderados de manterse no poder pola forza, desprezando o sistema parlamentario. Neste senso,
o comportamento político da raína Sabela II non fixo máis que complicar a situación: non soubo ser un
monarca constitucional senón que usou os poderes que lle confería a Constitución de 1845 para interferir no
ámbito político de forma parcial, apoiando de maneira cada vez máis descarada ós moderados.
Os partidos da oposición -Progresista e Demócrata-, ante a imposibilidade de alcanzar o poder por vías
legais, uniron as súas forzas asinando o Pacto de Ostende (1866) que tiña como obxectivo non só cambiar o
réxime político senón tamén o destronamento de Sabela II. A este pacto únese no ano seguinte a Unión
Liberal. A súa participación asegurou un decisivo apoio militar á insurrección, xa que un gran número de
xenerais eran desta tendencia e, ó mesmo tempo, imprimiu un xiro menos radical á revolución.
A Revolución de Setembro de 1868, tamén chamada a Gloriosa, levouse a cabo a través do típico
pronunciamento militar, liderado neste caso polos xenerais Prim e Serrano, co respaldo político xa
mencionado e cun amplo apoio popular a través da formación de Xuntas revolucionarias por todo o país. O
triunfo da mesma, que provoca o exilio da raíña en Francia, dá paso á formación dun Goberno Provisional
que convoca eleccións a Cortes Constituíntes. Estas elaboran a Constitución de 1869.
4.2.- A Constitución de 1869.
A revolución liberal que comezara en 1812 e que parecía asentada no reinado de Sabela II fora unha
revolución incompleta. A Constitución de 1869 tiña agora a posibilidade de completar os anteriores cambios
e establecer un sistema democrático; non en vano está considerada como a primeira Constitución
democrática española.
– Establece unha Monarquía baseada no principio da Soberanía Nacional. Neste punto, sen embargo,
precísase agora que o poder deriva do conxunto de habitantes que vive no país (en todos e cada un)
e establécese o que se denomina Soberanía Popular.
– O sufraxio é universal (masculino). Non se acepta que se restrinxa o dereito ó voto (en relación co
explicado no apartado anterior).
– Establece unha clara división de poderes. O Executivo reside no Goberno. É nomeado polo
monarca, pero os ministros son responsables ante o Parlamento. O Lexislativo reside no
Parlamento. É bicameral, está dividido en Congreso e Senado. Ambas cámaras son elixidas polos
cidadáns, asumen en exclusiva o poder lexislativo, controlan as accións do goberno e aproban os
orzamentos. O Xudicial reside nos xuíces e tribunais e é independente dos anteriores.
Regulaméntase o acceso á carreira xudicial polo sistema de oposicións e introdúcese a figura do
xurado.
– Recolle unha ampla declaración de dereitos e liberdades individuais. Igualdade ante a lei,
liberdade de pensamento, de prensa (sen censura previa), abolición da pena de morte, da escravitude,
inviolabilidade da correspondencia e, por primeira vez, establécense dous dereitos de transcendental
importancia: o de reunión e de asociación (facilitarán a organización e mobilización dos
traballadores).
– A separación entre a Igrexa e o Estado está nitidamente estipulada. A liberdade de cultos en
España queda establecida por primeira vez. Sen embargo, o Estado obrígase a manter
economicamente o culto e clero, principio este último que aparece en tódalas Constitucións a partir
do ano 1837 como resultado da Desamortización.
– Descentralización administrativa. Elimínase a ríxida centralización imposta polos moderados.
Serán de elección popular tanto os Concellos coma as Deputacións.
4.3.- A Monarquía Constitucional de Amadeo de Savoia (1871-1873).
A Constitución de 1869 establecía un réxime monárquico. Descartada a candidatura do príncipe Alfonso
XII, fillo e herdeiro de Isabel II, o problema residía en quen ocuparía o trono vacante. Os partidos políticos
non foron capaces de poñerse de acordo e a cuestión pronto adquiriu dimensións internacionais xa que
algunhas candidaturas provocaron tensións entre as grandes potencias. Finalmente Prim, xeneral de gran
prestixio e peso político da época, logrou que Amadeo de Savoia, fillo do rei de Italia, aceptase a Coroa.
Despois da aprobación parlamentaria, paso previo obrigado, comezou o seu reinado co nome de Amadeo I.
A pesar de ser un monarca respectuoso coa Constitución, en contraposición ós seus predecesores, a
monarquía de Amadeo I só durou dous anos; non foi capaz de superar os numerosos problemas ós que
foi sometida.
Quizais o máis importante foi a crise dos partidos políticos. Antes aínda de que o novo rei desembarcase

45
en España, o xeneral Prim, o seu máximo valedor, foi asasinado sen que puidesen ser detidos os culpables.
Este feito supón o detonante que divide ó seu partido, o progresista, entre os partidarios de Ruiz Zorrilla e os
de Sagasta. Ademais, e debido á fragmentación dos partidos, estes necesitaban coligarse para ter unha
maioría sólida no Parlamento. Foi o que ocorreu ó principio co acordo entre unionistas, progresistas e
demócratas. Sen embargo, esta unión trócase pronto en enfrontamentos e discrepancias: os personalismos e
as loitas polo poder están á orde do día. Os enfrontamentos dan lugar a frecuentes disolucións das cortes,
convocatorias de novas eleccións e cambios de goberno. Esta inestabilidade dificulta a solución dos
problemas do momento.
O outro factor importante foi a influencia da Internacional. A Primeira Asociación Internacional de
Traballadores (AIT) fundouse en Londres en 1864. Os seus estatutos, moi influídos por Marx, defendían que
a liberación do proletariado, explotado pola burguesía, debería ser obra dos propios obreiros e abarcar un
ámbito internacional. Por medio da revolución deberían facerse con control do Estado, fase denominada
Ditadura do Proletariado, e a continuación conseguir o obxectivo final, o establecemento da sociedade
comunista: igualdade total, ausencia de opresión, supresión das clases sociais, abolición da propiedade
privada…
Estas ideas comezan a ser difundidas en España e a influír no proletariado e nos xornaleiros do campo
como consecuencia do recoñecemento do dereito de asociación pola Constitución de 1869 e pola acción
propagandística dos internacionalistas do exterior: varios emisarios da Internacional visitan España e en 1870
créase a Federación Rexional Española da AIT.
Se ben non hai que esaxerar a influencia real desta ideoloxía en España neste momento, está claro que ó
ser tan revolucionaria e ó atacar as bases do sistema económico e político, non cabe dúbida de que
contribuíu a desestabilizar máis a situación política e a infundir temor e medo entre a burguesía, sobre
todo entre a alta, que comeza a inclinarse claramente por solucións políticas máis conservadoras.
Ós factores mencionados hai que engadir outros para comprender en toda a súa amplitude a precaria
situación da monarquía.
Amadeo I sufriu dende o principio a oposición dos moderados, que continuaban fieis ós Borbóns.
Conscientes da dificultade de volver a repoñer no trono a Sabela II, comezaron, xa neste período, a organizar
un partido alfonsino defensor da restauración borbónica na persoa do fillo da raíña, o príncipe Alfonso. É
Cánovas del Castillo quen irá captando a políticos disidentes do unionismo e progresismo convencéndoos
de que a monarquía borbónica era unha garantía de orden e estabilidade fronte ó desorde e inestabilidade da
monarquía democrática amadeista. Esta opción contou co apoio da Igrexa, que mostraba así o seu
descontento coas medidas recollidas na Constitución de 1869.
Os sectores carlistas volvéronse a alzar en armas no ano 1872 (Terceira Guerra Carlista) , animados
pola expectativa, unha vez desaparecida Sabela II, de sentar no trono ó seu candidato Carlos VII. Aínda que
esta insurrección non constituíu un verdadeiro perigo (só tivo incidencia destacada no País Vasco e Navarrra,
e en menor grao en Cataluña), converteuse nun foco permanente de problemas e inestabilidade.
Amadeo I, ante esta situación que consideraba de imposible saída, en febreiro de 1873, abdicou e
marchou de España, frustrando así a solución monárquica non borbónica.
4.4.-A I República (1873-74).
As Cortes depositarias da soberanía nacional proclamaran o 11 de febreiro de 1873 a República por unha
ampla maioría (258 votos a favor, 32 en contra). Que unhas Cortes maioritariamente monárquicas
votasen a favor dunha República foi visto coma unha estratexia para gañar tempo e reorganizara volta dos
Borbóns ao trono español.
A primeira República nacía con escaso apoio internacional. Agás os EE.UU. e Suiza, ningunha
potencia recoñeceu á República Española á que vían coma un réxime revolucionario que podía poñer en
perigo a estabilidade dunha Europa maioritariamente burguesa e conservadora.
Os escasos apoios pertencían ás clases medias urbanas, mentres que os traballadores optaron por dar
apoio ao incipiente movemento anarquista, orixinando incluso altercados en puntos como Alcoi (1873)
dentro do contexto da Internacional Obreirae baixo a inspiración da Comuna da Paris de 1871. Igualmente,
en Andalucía se orixinaron levantamentos insurreccionais que pretendían o reparto de terras entre o
campesiñado, e en Cataluña o movemento obreiro se mobilizaba a favor de melloras e da implantación do
Estado federal.
Tras pacificar estes problemas, se convocaron eleccións a Cortes Constituíntes, que gañaron os
Republicanos Federais (346 votos a favor sobre un total de 386), aínda que con unha abstención de máis do
60%.

46
As Cortes proclamaron a República Federal Democrática, cuxa presidencia quedou en mans de
Estanislao Figueres, quen levou a cabo medidas reformistas como a supresión dos impostos de consumos e
as quintas, pero a falta de recursos do Estado e a desorganización do país provocarán a súa dimisión.
O goberno pasou entón a Pi y Margall, encargado de elaborar a Constitución federal, que se
presentou ante as Cortes en xullo de 1873, sen chegar a ser debatida nin aprobada pola caída do réxime
republicano. Esta Constitución presentaba as seguintes características:
– Seguía na liña da Constitución de 1869 en relación ao amplo corpo de dereitos e liberdades
recollidas.
– Recollía a Presidencia da República por un período de catro anos, e un sistema bicameral
(Congreso e Senado) que se renovaría cada dous.
– Ratificaba a liberdade de cultos e a separación Igrexa e Estado.
– Abolía a escravitude das colonias.
– Reformaba os impostos e suprimía as quintas.
A maior novidade era que a nación española se compañía de 17 Estados federais, e o poder emanaba
de tres niveles: os municipios, as rexións e o Estado Federal. Seguindo o modelo da constitución
americana os estados rexionais tiñan autonomía económica, administrativa e política, aparecendo así por
primeira vez un concepto non centralista do Estado, poñendo a base ás futuras propostas nacionalistas.
A República tivo que facer fronte a varios problemas: a Terceira Guerra Carlista (1868-1876), a
guerra de Cuba e, especialmente a sublevación cantonal.
O Cantonalismo mesturaba aspiracións autonomistas ca revolución social. A proclamación de cantóns
independentes foi a consecuencia inmediata de aplicar a estrutura federal recollida na Constitución
republicana, xa que posibilitaba a independencia de municipios e rexións.
Ao longo de xullo de 1873 se proclamarán cantóns independentes Cartaxena, Murcia e outros puntos de
levante e Andalucía (Sevilla, Cádiz, Granada...). Os protagonistas eras as clases máis baixas, artesáns,
asalariados e comerciantes.
Estes levantamentos, e a oposición de Pi y Margall a sufocar a sublevación, orixina a súa dimisión, sendo
substituído por Salmerón, quen ordenou a intervención militar controlando a insurrección, excepto en
Cartaxena. O exército se configura a así como o único que podía manter a orde no país.
A negativa do novo presidente a asinar penas de morte impostas polas autoridades militares contra os
líderes cantonais orixinou a súa dimisión.
O último presidente será Castelar, quen intentou impoñer un republicanismo unitario e conservador,
orixinando protestas dos grupos de esquerdas e o intento de forzar a súa dimisión. Ante esta situación, o
xeneral Pavía encabezou un golpe militar en xaneiro de 1874 disolvendo as Cortes republicanas e
establecéndose un novo goberno presidido por Serrano.
Entre tanto, Sabela II, seguindo os consellos de Cánovas del Castillo, que se convertera no ideólogo e
estratego da causa alfonsina, abdicara no seu fillo. O 1 de decembro de 1874, o príncipe Alfonso asina un
Manifesto -o Manifesto de Sandhurst, nome da academia militar onde realizaba estudios- que sintetizaba o
programa da nova monarquía: réxime monárquico de signo conservador e católico que defendería a orde
social, pero que garantizaría o funcionamento do sistema político liberal.
A pesar de que esta proposta era aceptada por gran parte da clase política e non era necesaria unha acción
de forza, o xeneral Martínez Campos dirixiu un pronunciamento militar en Sagunto que proclamou rei
a Alfonso XII o 29 de Decembro de 1874.

47
TEMA 7- AS TRANSFORMACIÓNS SOCIOECONÓMICAS DENDE COMEZOS DO SÉCULO
XIX ATA A GUERRA CIVIL.

1.- OS CARACTERES DA MODERNIZACIÓN DEMOGRÁFICA DA ESPAÑA


CONTEMPORÁNEA.
1.1.- Pervivencia do modelo demográfico antigo.
O denominado modelo demográfico antigo, vixente en España ata finais do século XIX, caracterízase
polas altas taxas de natalidade e mortalidade co conseguinte crecemento vexetativo reducido.
A alta taxa de natalidade (+30 ‰) explícase polo predominio dunha sociedade rural na que os fillos
comezaban a traballar moi cedo axudando nos labores do campo, eran moi baratos de manter e aseguraban o
porvir dos seus pais, dado que non existían seguros de accidentes, xubilación, etc. Ademais, tampouco
dispoñían de sistemas eficaces de control da natalidade; a única posibilidade era atrasar a idade do
matrimonio nas conxunturas económicas de crise, co que se acurtaba o período fértil da muller e lográbase
unha redución do número de fillos.
A taxa de mortalidade tamén era alta (28-29 ‰ a finais de século). Unha das razóns era o baixo nivel
de vida coa conseguinte dieta alimenticia escasa e desequilibrada (baseábase no pan e escaseaban a carne, o
leite e os ovos). A outra derivábase das deficientes condicións sanitarias e hixiénicas; así se explica que as
enfermidades infecciosas transmitidas polo aire (tuberculose, pulmonía, gripe…) ou pola auga (diarreas,
cólera…) tivesen unha alta incidencia. Ademais da alta mortalidade xeral había momentos de mortalidade
catastrófica causada polas epidemias, guerras ou malas colleitas.
Como resultado desta situación, o crecemento natural ou vexetativo (diferencia entre natalidade e
mortalidade) era baixo e con certa frecuencia convertíase en negativo (nas épocas de mortalidade
catastrófica).
1.2.- Elemetos do cambio demográfico.
A partir do ano 1900 aproximadamente, vanse producindo unha serie de cambios demográficos
significativos.
A taxa de natalidade foise reducindo, aínda que de maneira moi paulatina. Inflúe neste proceso a
crecente urbanización que repercute tamén no cambio de mentalidade. Nas cidades hai menos espazo e un
elevado número de fillos xa non supón un suplemento económico para a familia; ademais, precisan de
maiores coidados e atencións. Os pais prefiren ter menos fillos e proporcionarlles unha mellor educación e
nivel de vida.
A taxa de mortalidade descendeu de maneira máis acentuada. É consecuencia da mellor
alimentación, proporcionada polo progreso da agricultura (desaparecen practicamente as crises de
subsistencia) e das melloras sanitarias e hixiénicas (prevención e tratamento máis efectivo das
enfermidades), feito que non impide, de todas formas, a existencia da última gran epidemia do s. XX, a de
gripe de 1918.
Como consecuencia, asistimos nesta época a un importante crecemento vexetativo da poboación.

2.- AS TRANSFORMACIÓNS AGRARIAS. AS DESAMORTIZACIÓNS.


2.1.- A propiedade da terra no Antigo Réxime.
O réxime xurídico da propiedade da terra no Antigo Réxime caracterizábase pola ausencia dunha
propiedade libre e individual tal como hoxe a entendemos. Gran parte das terras estaban amortizadas ou
vinculadas. As amortizadas pertencían á Igrexa, ós Concellos (denominábanse propios, deles obtiñan
beneficios para facer fronte ós seus gastos) ou eran comúns (de propiedade colectiva dos veciños que
aproveitaban gratuitamente). As vinculadas pertencían á nobreza e estaban constituídas en morgados. As
dúas situacións legais coincidían en que mantiñan estas propiedades fóra do circuíto comercial xa que non se
podían vender, doar, hipotecar... Por outra banda, na maioría delas subsistía o réxime señorial, herdado
da Idade Media, que posibilitaba que dúas persoas tiveran dereitos sobre a mesma propiedade. O señor tiña o
dominio directo, que lle permitía cobrar rendas ós campesiños pola utilización da terra (señorío territorial) e
impartir xustiza, cobrar peaxes, nomear as autoridades locais... (señorío xurisdicional); e o campesiño tiña o
dominio útil, que cumprindo as cláusulas do contrato, permitíalle pasala en herdanza ós seus fillos. Esta
situación fomentaba o estancamento económico, o inmobilismo, coartaba a iniciativa individual e impedía
levar a cabo reformas necesarias.
Para implantar o modelo económico capitalista preconizado pola burguesía, era preciso modificar a
estrutura da propiedade agraría, é dicir, lograr unha propiedade de tipo individual e de libre disposición

48
por parte dos seus donos. Este feito sería o primeiro paso dunha transformación agraria de gran envergadura
que levaría consigo un gran crecemento da produción e posibilitaría un desenvolvemento industrial que
incorporaría a España á mesma senda de modernidade pola que avanzaban as principais potencias europeas.
As leis polas que se levou a cabo este proceso puxéronse en práctica no reinado de Isabel II, sobre
todo nas etapas nas que gobernaron os liberais progresistas. As máis significativas foron as Leis que
desvincularon os bens da nobreza e as Desamortizacións.
2.2.- A desvinculación dos bens da nobreza.
A desvinculación supuxo un dobre proceso. Implicou, en primeiro lugar, a supresión dos morgados
(culminou en 1841), de tal maneira que estes bens eran declarados libres e por tanto podían ser vendidos por
parte dos seus titulares. Por outro lado, levouse a cabo a abolición dos señoríos (lei de 1837), feito que se
traducía na eliminación dos dereitos xurisdicionais (impartir xustiza, nomear autoridades locais...) e tamén da
propiedade compartida entre o señor e o campesiño. O problema era dilucidar quen eran os verdadeiros
propietarios destas terras sobre as que dende a Idade Media tiveran dereitos tanto uns coma outros. A
actuación dos liberais, ó deixar a decisión en mans dos Tribunais de Xustiza, beneficiou ós nobres. Na
maioría dos casos ditaron sentencia ó seu favor dado que considerábanos titulares das terras sempre que os
campesiños non puideran acreditar documentalmente que eran súas. Desta maneira, os campesiños, que
tradicionalmente traballaran as devanditas terras, perdían todo o dereito sobre elas e pasaban a converterse en
simples arrendatarios ou xornaleiros, e os antigos señores, se ben perderon as atribucións xurisdicionais,
pasaron a ser agora propietarios plenos das mesmas.
2.3.- As desamortizacións.
Por desamortización enténdese a incautación polo Estado das propiedades da Igrexa, dos concellos, e das
terras comunais. A partir de entón deixaban de ser de “mans mortas” e eran declarados “bens nacionais”. O
proceso culminaba coa súa venda en subasta pública e a súa conversión en propiedade privada.
Aínda que houbo tímidos intentos anteriores, as primeiras medidas desamortizadoras de certa entidade
leváronse a cabo en 1813 (Decretos de Cádiz), pero tiveron escasa vixencia pola restauración do
absolutismo levada a cabo por Fernando VII. Haberá que esperar ó reinado de Isabel II para que se poñan en
práctica na súa totalidade.
a) A Desamortización de Mendizábal e Espartero.
No ano 1836 o progresista Mendizábal, ministro de Facenda, acometeu a desamortización eclesiástica
aprobando dous decretos que afectaban ó clero regular, é dicir, o formado por monxes e monxas que
desenvolvían a súa actividade en conventos e mosteiros baixo a autoridade dun abade (beneditinos,
dominicos...). O primeiro suprimía as ordes monacais, coa excepción das que se dedicaban ó auxilio social
(coidado de enfermos, educación dos pobres...), e o segundo incautaba os seus bens e declarábaos en
venda.
Os obxectivos desta medida eran diversos. En primeiro lugar, converter os bens das comunidades
relixiosas, amortizados e colectivos, en propiedade individual e libre, coa finalidade de mellorar os
rendementos agrarios. Por outro lado, buscaba reducir a Débeda Pública, que alcanzara unhas cotas case
insostibles. Este fora un problema crónico da economía española, pero nos últimos anos agudizárase debido á
perda das colonias americanas. Tamén era urxente dispoñer de diñeiro para cubrir os gastos extraordinarios
que estaba provocando a guerra carlista en curso; ante a incerteza do resultado era necesario aumentar o
número de soldados, mellorar o seu equipamento... E, por último, conseguir un amplo apoio social para o
liberalismo; os compradores de terras desamortizadas apoiarían ó novo réxime dado que a volta atrás
suporía a perda das terras adquiridas. Ó mesmo tempo, debilitábase á Igrexa, un dos seus inimigos máis
poderosos.
Durante a rexencia do progresista Espartero (1840-43), concretamente en 1841, completouse a
desamortización eclesiástica. Nese momento foron declarados nacionais e postos á venda os bens do clero
secular, é dicir, o que desenvolvía a súa actividade nas igrexas e catedrais baixo a autoridade dos bispos.
A partir de 1844 os gobernos moderados paralizaron o proceso e alcanzaron un acordo co Vaticano
(Concordato de 1851) polo que a Igrexa aceptaba as vendas xa realizadas a cambio de determinadas
contrapartidas.
b) A Desamortización de Madoz.
Despois da Década Moderada, na que se freou o proceso desamortizador, en 1855 -durante o Bienio
Progresista- o ministro de Facenda, Pascual Madoz, puxo en marcha unha nova desamortización, que
recibiu o nome de “Desamortización Civil”. Nela puxéronse á venda tódolos bens que aínda non eran de
propiedade privada: os eclesiásticos que non foran enaxenados na época anterior (a pesar do establecido no

49
Concordato), do Estado, dos concellos e comunais.
O procedemento utilizado para as vendas foi o mesmo que na época de Mendizábal, pero o destino do
diñeiro obtido foi diferente; neste momento a Débeda Pública non supoñía un problema tan grave e só unha
parte foi destinado a paliala, o resto dedicouse a fomentar o desenvolvemento económico do país,
concretamente á construción do ferrocarril, tratando de reducir o desfase que neste ámbito tiña España con
respecto ós países máis avanzados de Europa.
O Balance das Desamortizacións.
a).- Aspectos económicos. O obxectivo de transformar as terras en propiedade privada logrouse na
maioría do territorio español. A excepción produciuse no caso de Galicia onde se mantivo o sistema foral e
os montes comunais a penas se privatizaron. As desamortizacións tamén serviron para solventar en gran
medida os problemas da Facenda, institución que nalgún momento estivo a punto de entrar en bancarrota.
Neste senso, hai que destacar que parte do diñeiro obtido na Desamortización de Madoz foi investido en
diversas actividades económicas entre as que destaca a construción do ferrocarril.
Non tan favorable é o balance no que se refire á modernización da agricultura. Este obxectivo só se
conseguiu de maneira limitada e se ben é certo que se aumentou a superficie cultivada, só nalgunhas rexións
pode falarse dun cambio cualitativo; as demais continuaron cos métodos tradicionais de explotación.
b).- Aspectos políticos. Alcanzáronse en gran medida. Os compradores, variados e numerosos, non
tiveron ningún interese en voltar ó Antigo Réxime e supuxeron un significativo apoio ó réxime liberal. No
caso da Desamortización de Mendizábal, ademais, foron ingresos decisivos para o triúnfo na Guerra Carlista.
c).- Aspectos sociais: A Desamortización beneficiou á burguesía (comerciantes, industriais, profesionais
liberais...), ós nobres, agora convertidos en propietarios capitalistas, e ós campesiños acomodados, que
dispoñían do capital suficiente para ampliar as súas propiedades. Pola contra, os que non eran propietarios
estiveron incapacitados para mercalas. Así sucedeu cos xornaleiros e pequenos arrendatarios, que foron ó
mesmo tempo os máis prexudicados pola perda dos seus dereitos de aproveitamento gratuíto das fincas
municipais e comunais. Tamén se viron prexudicados os arrendatarios pola suba da renda que aplicaron os
novos propietarios da terra facendo uso da liberdade establecida en materia de contratos agrarios. Unha das
consecuencias das desamortizacións foi precisamente o incremento da conflitividade social no campo, ó
dar lugar á aparición dunha masa de campesiños sen terras que non tiñan garantida a subsistencia e que só
conseguían ser contratados estacionalmente nos grandes latifundios.
Debido a estas consecuencias sociais negativas, a Desamortización foi criticada por diversos autores,
entre os que destaca o economista Flórez Estrada. Segundo el, o Estado non debería poñer á venda os bens
desamortizados, porque prexudicaría a unha gran parte da poboación rural, senón cederllos ós campesiños en
enfiteuse, arrendamento a longo prazo, que se ben mantiña a titularidade das terras en mans do Estado, daba
amplas facultades ós cultivadores (podían vender os seus dereitos sobre a terra, pasarllos ós herdeiros...).
Desta maneira, o Estado conseguiría reducir progresivamente a Débeda Pública co cobro dos arrendamentos
e, ó mesmo tempo, equilibrar a estrutura social creando unha capa importante de medianos
agricultores.
d).- Aspecto cultural: Neste ámbito produciuse unha diminución importante do patrimonio artístico.
Unha parte dos edificios desamortizados foron reutilizados posteriormente polo Estado reconvertidos en
institutos, cuarteis..., pero outros moitos, sobre todo no ámbito rural, ademais de significativas obras de arte,
deterioráronse ou perdéronse definitivamente. Tamén hai que reseñar o descenso das escolas rexidas por
relixiosos, feito que impulsará ó Estado a prestar unha maior atención ó ensino público para compensar este
retroceso.
O caso específico da Desamortización en Galicia. A permanencia dos foros.
A Desamortización en Galicia tivo unhas características específicas claramente diferentes ás do resto de
España. Gran parte das terras galegas estaban explotadas baixo o denominado réxime foral. O foro era
un contrato de arrendamento de longa duración -case perpetuo na práctica- que recoñecía dereitos legais
nunha mesma parcela a dous grupos sociais distintos. Por un lado, estes dereitos correspondían á nobreza
terratenente e, sobre todo á Igrexa (mosteiros, catedrais), titulares das terras (dominio directo), que
percibían as rendas; por outro, tamén lle correspondían ós campesiños, que pagaban estas rendas e non
podían ser expulsados da terra (domino útil). Sen embargo, co paso do tempo, o grupo da fidalguía
(rexistradores, notarios, avogados, administradores) conseguiron introducirse no sistema por diferentes vías:
en pago de débedas contraídas pola Igrexa, por labores de administración das propiedades, en compensación
por doazóns...Desta maneira, acabaron percibindo parte das rendas e formando un chanzo intermedio entre a
Igrexa e os campesiños. A Desamortización galega, por tanto, non desmantelou o sistema foral; na maior

50
parte dos casos só significou a venda do dereito a percibir as rendas que ata agora cobraba a Igrexa e
non da propiedade plena da terra. Outra peculiaridade debíase a que a maioría dos montes galegos non
pertencían ós Concellos, e non se desamortizaron como sucedeu noutras partes de España, senón que
seguiron sendo propiedade común dos veciños das parroquias e aldeas.
En consecuencia, a Desamortización non alterou substancialmente en Galicia a organización agraria
procedente do Antigo Réxime. Os compradores dos bens desamortizados convertéronse en rendistas e non
en propietarios plenos da terra polo que non tiveron posibilidade de adoptar cambios de tipo capitalista;
como contrapartida, os campesiños conservaron os dereitos sobre a terra. O sistema foral perdurou ata 1926
(Lei de redención de foros). O proceso ata a súa desaparición estudiarase nun capítulo posterior.
2.4.- Desigual evolución da agricultura en España.
Os gobernos liberais levaron adiante unha importante modificación da lexislación agraria e do sistema
de propiedade que, entre outros obxectivos, perseguía unha significativa modernización do sector
primario español. Neste ámbito, deben encadrarse as leis desamortizadoras, desvinculadoras, o
establecemento da liberdade de cultivos, de prezos, de arrendamentos… Sen embargo, os logros quedaron
bastante por debaixo das expectativas e en moitos lugares de España os vellos sistemas de explotación
seguiron vixentes. Os trazos dominantes da agricultura continuaron sendo o emprego do barbeito, o escaso
emprego de maquinaria e abonos, a utilización masiva de man de obra, a falta de especialización cara ó
mercado, a escaseza de investimentos, os elevados custos de explotación… Poderíamos incluír aquí a unha
gran parte de Galicia (minifundismo), Castela, Estremadura, Andalucía...
A conseguinte falta de rendibilidade e competitividade de moitas explotacións agrarias levou ó Estado
Liberal a tomar medidas claramente proteccionistas (fortes aranceis ós produtos estranxeiros), pero aínda
que beneficiaron ós propietarios agrícolas -puideron seguir desenvolvendo a súa actividade-, non potenciaron
a renovación nin a modernización do sector. Moitos historiadores fan fincapé neste feito para explicar a
escasa xeración de capitais que dificultou o desenvolvemento industrial.
A pesar de que este é o panorama xeral da agricultura española durante o s. XIX, se facemos un estudio
máis pormenorizado das diferentes rexións, apreciamos diverxencias significativas entre elas. Nalgunhas
zonas produciuse unha modernización significativa sintetizada no emprego de abonos, sementes
seleccionadas e maquinaria, e tamén na introdución de avances técnicos e científicos. É así como foron
capaces de comercializar a súa produción a grande escala non só no mercado interior da península senón
tamén acceder ó mercado internacional. Son salientables, neste ámbito, Cataluña, coa produción de viños e
cavas, e o Levante, que se especializa nos produtos hortícolas e froiteiros (cítricos, améndoas…).
Por último, cabe indicar que as reformas agrarias liberais agudizaron nalgúns casos a conflitividade
social no campo, xa que mantiveron a situación dos campesiños arrendatarios no norte a aumentaron o
número de xornaleiros no sur. Nesta zona, especialmente en Andalucía, foi onde se manifestaron os
enfrontamentos máis significativos poñendo de manifesto a inxustiza da situación e reclamando un reparto
máis xusto da propiedade. As protestas foron duramente reprimidas e, na maioría das ocasións, ós
campesiños non lles quedou outra alternativa que emigrar para mellorar a súa situación.

3.- ATRASO E DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL INDUSTRIALIZACIÓN E


DESINDUSTRIALIZACIÓN NA ESPAÑA DO S. XIX
3.1.- Características da industrialización en España.
O proceso de industrialización español caracterizouse por unha serie de trazos que dificultaron o seu
avance. En primeiro lugar, podemos destacar o acentuado proteccionismo. Ó longo do século XIX os
gobernos españois aínda que foron alternando unha política económica proteccionista (moderados- P.
Conservador) cunha librecambista (progresistas- P. Liberal), aplicaron maioritariamente medidas
proteccionistas, sintetizadas no establecemento de altos aranceis ós produtos estranxeiros comercializados
en España. A maioría dos economistas opinan que unha aplicación tan prolongada no tempo limitou a
competencia e foi un elemento que contribuíu a retardar o crecemento económico. A industria española
tampouco contou con abundantes materias primas e fontes de enerxía. Ante a escaseza en España de
algodón para surtir de materia prima á industria téxtil catalana, recorreuse masivamente ás importacións.
Este proceso, aínda que en menor medida, repetiuse co carbón. A produción española das minas de Asturias
e León era de difícil extracción e cara, e como consecuencia a siderurxia vasca abasteceuse de carbón
británico durante gran parte do período estudiado. Tamén é salientable a escaseza de capitais. Este feito
obrigou a ofrecer incentivos ó de procedencia estranxeira, que se orientou á construción do ferrocarril, á
industria e ás explotacións mineiras. O investimento exterior nun país non é por principio un dato negativo,

51
sen embargo, se é consecuencia da falta de capitais nacionais e supón un dominio de sectores claves da
economía, convértese nun claro signo de dependencia económica. Tamén se botou en falta o espírito
empresarial. Os empresarios procuraron asegurar os seus beneficios mediante o proteccionismo do Estado,
sobreexplotando en moitos casos ós traballadores, en lugar de innovar e ser competitivos. Desta maneira,
prestóuselle pouca atención á educación e á investigación; así se explica o mantemento de altas taxas de
analfabetismo e dunha forte dependencia tecnolóxica do exterior. Por último, outra deficiencia significativa
do caso español foi a reducida dimensión do mercado interior limitado polo baixo nivel de renda da
poboación maioritariamente ocupada nunha economía de subsistencia. Esta circunstancia estaba agravada
pola insatisfactoria situación das vías de comunicación e dos medios de transporte que dificultaba as
transaccións comerciais entre as distintas rexións. A escasa integración do mercado interior contribúe a
explicar os grandes desequilibrios económicos que había entre unhas rexións e outras. En liñas xerais,
podemos diferenciar unha periferia máis desenvolvida (Cataluña, Valencia, País Vasco) e un interior máis
deprimido e atrasado.
3.2.- A diversidade rexional na industria
3.2.1. Cataluña.
a) O Sector téxtil.
Cataluña era unha rexión que xa contaba cunha longa tradición manufactureira e artesanal no ámbito
téxtil. Baseábase no traballo da la, que obtiña sobre todo en Aragón e Castela.
A finais do s. XVIII, e seguindo o exemplo inglés, aínda que a gran distancia, prodúcese unha primeira
modernización do sector consistente nunha certa mecanización e na substitución da la polo algodón, materia
prima de menores custos e máis facilmente adaptable ás novas máquinas. Esta primeira expansión, de todas
formas, frústrase debido á Guerra da Independencia e á perda do mercado americano despois da
independencia das colonias.
Será a partir da década de 1830, e superada esta situación negativa, cando se produza o despegue
definitivo da industria catalana do algodón, feito que se aprecia claramente nas estatísticas que reflicten o
volume de algodón importado polo porto de Barcelona. É agora cando se leva a cabo a modernización
tecnolóxica definitiva (xeneralización da máquina de vapor), a especialización no traballo, a produción
en serie, a redución de custos... Este avance explícase pola existencia dunha burguesía máis
emprendedora cá do resto do país e de capitais relativamente importantes, xa que ademais de ser a zona
máis desenvolvida de España, nesta época repatriáronse moitos capitais de empresarios cataláns procedentes
das ex colonias americanas.
Se ben se importa a materia prima, sobre todo de Norteamérica, a produción oriéntase cara ó interior
de España, sendo clave neste sentido a protección arancelaria, sempre demandada polos industriais
cataláns, dado que a calidade e o prezo eran pouco competitivos comparados cos dos países máis adiantados.
Malia as altas taxas de crecemento ó longo do século XIX, a produción total era modesta comparada coa
deses países. Así se explica que o tamaño do sector algodoeiro catalán fose suficiente para industrializar
Cataluña, mais non abondara para arrastrar ó conxunto da economía española e conseguir a primacía do
sector secundario.
b) A industria química.
A industria química ten numerosas aplicacións, pero debido ó limitado desenvolvemento económico
español a maior parte delas representaban unha escasa demanda; tal é o caso dos fertilizantes para a
agricultura ou do sector farmacéutico. O despegue da industria química catalana só foi posible grazas ó
avance do sector téxtil para o que fabricou a gran escala ácido sulfúrico, sosa, colorantes… A produción
centralizouse en Barcelona destacando polo seu tamaño e tradición a Sociedade Anónima Cros.
c) A industria metalúrxica de transformación.
Comprende a fabricación de maquinaria de ferro ou aceiro. Durante a primeira metade do s. XIX
importábase dos países máis industrializados de Europa, principalmente de Gran Bretaña, pero a partir de
mediados de século foi progresando este sector en Cataluña ata a súa consolidación na década de 1880. De
todas formas, a pesar deste relativo crecemento, sempre contou cunha importante limitación, a súa
dependencia do ferro vasco, e só logrou alcanzar un 10% do total da produción industrial catalana.
3.2.2.- País Vasco . O sector siderúrxico.
O País Vasco contaba cunha certa tradición na fabricación de ferro seguindo o sistema tradicional das
forxas. De todas formas, só permitía unha pequena produción e o proceso levábase a cabo de maneira
artesanal.
Será no século XIX, sobre todo na segunda metade, cando se produza o verdadeiro desenvolvemento da

52
moderna industria siderúrxica vasca. Esta comunidade contaba, en principio, con varios elementos
favorables para destacar nesta actividade: abundancia de mineral de ferro, unha certa acumulación de
capital e un espírito empresarial máis desenvolvido que noutras partes de España. Sen embargo, unha
deficiencia significativa lastraba o avance do sector: a inexistencia de combustible (carbón, hulla) de
calidade e a un prezo competitivo. Esta deficiencia solucionouse recorrendo ó comercio exterior: a
exportación de mineral de ferro a Inglaterra permitiu a importación de carbón de maneira vantaxosa xa que o
baixo prezo de orixe completábase coa economía do transporte (aproveitábase a viaxe de volta dos barcos
que transportaban o mineral). A produción acelérase a partir da década de 1880 debido á introdución de
novas técnicas -é destacable a construción nesa época do primeiro forno Martin Siemens- e á
concentración empresarial, imprescindible para aumentar a competitividade; concretamente, en 1902, as
empresas máis importantes fusionáronse na de Altos Hornos de Vizcaya.
O trunfo da siderurxia vasca supuxo a progresiva decadencia da produción doutras zonas españolas que
tiveran un certo desenvolvemento con anterioridade; o caso de Andalucía e de Asturias son os máis
significativos.
A pesar da importancia da produción siderúrxica vasca dentro do contexto español, non deixa de ser
modesta se a comparamos coa doutros países (Gran Bretaña, Alemaña…). Centrouse sobre todo no mercado
interior, que no caso español non era moi amplo debido á escasa industrialización, e beneficiouse do
proteccionismo. Só así puido compensar o desfase en competitividade cos países citados anteriormente.
2.2.3.- Andalucía. O fracaso do sector siderúrxico.
A partir da década dos 30, produciuse en Andalucía un certo desenvolvemento da industria
siderúrxica animada pola crecente demanda de ferro para a agricultura e o transporte; é de destacar que é a
rexión pioneira na apertura de altos fornos modernos. Sen embargo, pronto se viu cuestionado o seu
futuro polos elevados custos de produción (inexistencia de carbón mineral, distancia dos principais centros
consumidores…) e foi desprazada pola siderurxia vasca.
O fracaso deste sector explica que gran parte dos capitais dispoñibles en Andalucía deixaron de
investirse na industria e foron orientados posteriormente á compra de terras desamortizadas, á especulación
urbanística… acentuando o atraso do sector secundario.
3.2.4.- Galicia.
a) O sector téxtil.
Galicia durante o Antigo Réxime caracterizouse por ter unha produción téxtil de liño de certa
importancia. Era de ámbito rural, que se compatibilizaba cos labores agrarios, pouco mecanizada e de escasa
produtividade por traballador.
Durante o século XIX non se beneficiou dunha modernización similar á do algodón. Por un lado, a
atomización típica do sector impediu a acumulación de capital, por outro, non houbo grupos comerciais
(burgueses) dispostos a investir na substitución do liño polo algodón (novas máquinas, instalacións
modernas…). Como consecuencia destas deficiencias, conforme vai avanzando o século XIX, o sector foi
sendo desprazado pola produción algodoeira inglesa nun primeiro momento e pola catalana
posteriormente. Este proceso provocou o empobrecemento dunha parte das explotacións familiares de
Galicia e supuxo una importante emigración nas comarcas tradicionalmente produtoras.
b) O sector conserveiro.
A finais do século XIX a tradicional produción de salgados transfórmase na moderna industria
conserveira, sector que pode considerarse como o primeiro propiamente capitalista de Galicia. Este cambio
significativo debeuse ó asentamento de empresarios cataláns na rexión, que aportaron o capital necesario,
e á crise de produción sardiñeira de Bretaña (Francia), que obrigou ós franceses á buscar en Galicia
mercadorías para atender ós seus mercados, incrementado a demanda.
A principios do s. XX, Galicia elaboraba o 59% da produción española de conservas de peixe e Vigo era o
gran centro conserveiro da península. Gran parte da produción orientouse nun primeiro momento ó mercado
exterior, sendo Cuba e Francia os seus principais clientes. Máis tarde, xa avanzado o século XX, cando
diminuíron as exportacións, reorientouse a produción cara o mercado interior.
O avance do sector conserveiro vai ter unha significativa importancia para Galicia dado que aporta
un gran efecto multiplicador: emprega unha gran cantidade de man de obra, fundamentalmente feminina, e
favorece o desenvolvemento de diversos sectores auxiliares como serradoiros, fábricas de envases,
maquinaria… Ao mesmo tempo, impulsa a transformación da pesca coa introdución de novas artes - cerco,
arrastre-, e axuda a desenvolver a construción naval, sector no que a empresa Barreras situada na ría de Vigo
é pioneira.

53
A pesar desta gran importancia do sector, por si só non foi capaz de transformar globalmente a
economía galega. Ademais, non tivo influencia nos centros de decisión política como tiñan a industria vasca
e catalana; así se explica o desamparo da política arancelaria, case sempre lesiva para Galicia.
3.3.- Debate historiográfico en tormo á industrialización española.
España non alcanzou durante o século XIX un grao de desenvolvemento industrial tan elevado como o
dos países máis adiantados da Europa Occidental (Gran Bretaña, Francia…). O desenvolvemento económico
español e o seu atraso foron un tema moi debatido entre os historiadores, economistas e políticos e non todos
chegaron ás mesmas conclusións. Hai unha corrente historiográfica liderada por Jordi Nadal que considera
que a debilidade da demanda interior, basicamente formada pola poboación agrícola, así como o lento
crecemento demográfico, o limitado consumo de enerxía... xustifican o que el denomina fracaso da
revolución industrial en España antes da I Guerra Mundial.
Outros autores, entre os que destaca Gabriel Tortella, son máis optimistas nas súas conclusións. Aceptan
que o crecemento económico español no s. XIX foi máis limitado e tardío có das principais potencias
europeas e quizais o cualificativo de revolución industrial é un tanto excesivo, pero valoran positivamente a
desamortización, os progresos nas vías de comunicación, os avances da industria catalana e vasca... e
consideran que o español non constitúe un caso illado senón que aprecian importantes coincidencias co
proceso seguido por outros países mediterráneos (Italia, Portugal). Consideran, por tanto, que é inexacto o
termo fracaso e defenden o que eles denominan modelo latino de modernización.
3.4.- A formación do mercado interior. O Ferrocarril.
A comezos do s. XIX España estaba dividida nunha serie de pequenos mercados de ámbito rexional,
mal comunicados entre si, feito que dificultaba o crecemento económico. Esta situación era debida ás trabas
legais: aranceis interiores, existencia dunha gran diversidade de pesos e medidas… e á insuficiencia dos
medios de transporte e das vías de comunicación.
Os gobernos liberais levaron a cabo distintas iniciativas para solventar estes problemas. Por un lado,
unha nova lexislación económica eliminou os atrancos anteriores e favoreceu a liberdade de circulación de
mercadorías, por outro, modernizáronse os transportes e as comunicacións. Neste ámbito, deben destacarse a
mellora das estradas, o acondicionamento dos portos, a instalación da rede telegráfica, e, sobre todo, a
construción da rede ferroviaria.
España presentaba un atraso significativo con respecto a outros países na construción do
ferrocarril. A primeira liña uniu as cidades de Barcelona e Mataró no ano 1848, data na que os principais
potencias europeas xa contaban cunha estrutura de varios miles de quilómetros.
O primeiro paso decisivo produciuse en 1855, no período de goberno progresista, coa aprobación da Lei
Xeral de Ferrocarrís. O Estado facilitaba a creación de sociedades anónimas ferroviarias, garantía unha
serie de beneficios ós investidores e permitía a libre importación do material necesario. Estas medidas
permitiron canalizar unha gran cantidade de capital tanto español coma estranxeiro (fundamentalmente
francés) e acelerar a construción nesta etapa inicial (1855-1876) (ver mapa). De todas formas, os
beneficios foron inferiores ós previstos e a finais da década de 1860, coincidindo coa crise económica xeral,
producirase un parón na construción. Máis tarde, o avance será debido ó importante investimento estatal e á
concentración empresarial.
As consecuencias da construción do ferrocarril foron moi significativas. Posibilitou unha maior
rapidez no traslado de mercadorías e pasaxeiros, a redución de custos, a regularidade nos intercambios
(permitía superar os atrancos das inclemencias climáticas) e a especialización económica das diferentes
rexións. Ademais supuxo unha importante demanda de man de obra e fomentou a creación de sociedades por
accións e bancos. En suma, contribuíu á formación do mercado nacional.
Sen embargo, a construción do ferrocarril español non estivo exenta de importantes deficiencias que
limitaron a súa eficacia.
A gran facilidade para importar material ferroviario co obxectivo de impulsar a participación das
empresas estranxeiras, prexudicou á siderurxia española. Ademais, escolleuse un ancho de vía superior ó do
resto dos países para aumentar a potencia das locomotoras e superar a escarpada orografía española.
Posteriormente, sen embargo, demostrouse que non era necesaria esta medida que significou, en definitiva,
un obstáculo nos intercambios exteriores, deficiencia que se mantén na actualidade. Por último, adoptouse un
trazado radial que tiña como obxectivo unir Madrid coas capitais de provincia máis importantes
contribuíndo á centralización. Polo tanto, obedeceu non só a criterios económicos senón tamén a criterios
políticos e como consecuencia deixáronse amplos territorios mal comunicados: cornixa cantábrica, costa
mediterránea, interior de Galicia…

54
3.5. O sistema bancario e financieiro.
As necesidades de capital precisas para desenvolver os novos negocios industriais e comerciais, a
construción do ferrocarril e o financiamento da administración do Estado trouxeron consigo o
desenvolvemento e perfeccionamento do sistema bancario e financeiro. As súas bases legais fóronse
establecendo ó longo do s. XIX.
Na década de 1830 nace a Bolsa de Madrid e en 1851 a de Barcelona.
O funcionamento da Banca foi regulamentada pola Lei de ordenamento do sistema bancario de 1856.
Segundo esta lei, o sistema bancario estruturábase en dous tipos de entidades: os bancos de emisión,
autorizados a emitir billetes, e os bancos de negocios, autorizados a captar o aforro dos clientes mediante
depósitos e a participar en empresas comerciais e industriais. Á cabeza do sistema bancario estaba o Banco
de España.
No primeiro tercio do s. XX fundáronse moitos dos grandes bancos actuais: Hispanoamericano, Central,
Popular, Exterior...En Galicia o peso da banca foi feble ata comezos do S. XX. Destacan o Banco de Vigo e
o Pastor.
No ámbito monetario, tratouse de unificar o sistema (existencia de multiplicidade de moedas) e impoñer
o sistema decimal. Logrouse gradualmente trala reforma da 1868 que implanta unha nova moeda con
carácter xeral: a peseta.

4.- OS NOVOS GRUPOS SOCIAIS. O NACEMENTO DO MOVEMENTO OBREIRO E DO


AGRARISMO.
4.1.- A nova sociedade de clases.
A partir do século XIX producíronse importantes cambios na sociedade española. O fundamental foi o
paso da sociedade estamental, típica do Antigo Réxime, á denominada sociedade de clases. Ata este
momento, estaba en vigor un tipo de sociedade no que predominaba a inmobilidade (era case imposible
ascender na escala social) así como a desigualdade legal entre os seus integrantes: a nobreza e o clero non
pagaban impostos, tiñan leis e tribunais especiais e dispoñían de cargos reservados. A partir de agora, a
sociedade adquire unha maior mobilidade: o esforzo persoal, a capacidade, a formación académica,
sintetizados na riqueza, son máis importantes cá pertenza a unha determinada familia nobiliaria; ó mesmo
tempo, alcánzase a igualdade ante a lei.
4.2.- Os grupos tradicionais e novos grupos sociais.
Os grupos sociais tradicionais, a nobreza, o clero e o campesiñado adáptanse con maior u menor fortuna á
nova sociedade, pero son a burguesía e o proletariado os seus representantes máis significativos.
4.2.1.- A Burguesía.
Constituíu o grupo ascendente da sociedade. A revolución política liberal e o desenvolvemento do
capitalismo contribuíron a que se fixera co control político e económico (“a sociedade burguesa”). Tiñan o
control político porque dominaban as institucións máis importantes do sistema -gobernos e parlamentos-, e o
control económico, porque eran os propietarios das empresas.
Dentro deste grupo pódese diferenciar unha alta burguesía formada por financeiros, industriais e grandes
comerciantes. Defenderon maioritariamente as opcións políticas conservadoras. Nun nivel inferior situábase
a pequena burguesía ou clases medias. Estaba formada por propietarios de pequenos talleres, tendeiros,
profesións liberais, asalariados non manuais (funcionarios, mestres…). A súa ideoloxía política tendeu a ser
progresista e democrática.
4.2.2.- Proletariado Industrial.
Aumenta paralelamente á industrialización, polo que só alcanzará importancia numérica no s. XX. Está
formado polos traballadores das fábricas; procedían do campo ou dos talleres artesanais arruinados pola
competencia das máquinas.
4.3.-Conflitividade social e movemento obreiro.
4.3.1.- As condicións de vida da clase traballadora.
Nos inicios da Revolución Industrial as condicións de vida da clase traballadora caracterizábanse por
unha gran dureza. Tanto os obreiros industriais como os asalariados do campo estaban sometidos a longas
xornadas de traballo, recibían un salario moi reducido e estaban expostos a frecuentes accidentes laborais. A
este panorama xeral hai que engadir o caso específico das mulleres e nenos, que recibían salarios inferiores
ós dos homes, circunstancia que animaba ós patróns a contratalos para obter un maior beneficio económico.
Os traballadores foron organizándose progresivamente para lograr mellores condicións de traballo e
de vida. Nun principio, as súas reivindicacións eran puramente laborais (mellora de salarios, redución da

55
xornada laboral…), para pasar máis adiante a reivindicacións máis globais, que incluirían a transformación
profunda da sociedade segundo ideoloxías propiamente obreiras (anarquismo e marxismo). O conxunto
destas actividades recibe o nome de movemento obreiro.
4.3.2.- Primeiras formas de loita
a) Ludismo.
As primeiras protestas obreiras en España aconteceron nas décadas de 1820 e 1830, en paralelo cos
inicios da industrialización e da introdución de novas máquinas. Os obreiros reaccionaron ante a perda do
seu oficio ou o empeoramento das súas condicións de traballo (baixa de salarios), coa destrución das
fábricas e das máquinas, ás que consideraban como as causantes dos seus males. Estas accións
denomináronse ludistas en lembranza de Ned Ludd, un obreiro téxtil inglés, que a tradición consideraba
como o primeiro destrutor de máquinas, e iniciáronse en Levante (Alcoi, 1821) e Cataluña, co incendio en
1835 da fábrica El Vapor do empresario Bonaplata, un dos primeiros en introducir a máquina de vapor.
Esta forma de loita non foi moi eficaz nin duradeira debido tanto á contundencia das medidas
represivas tomadas polas autoridades como á deficiente organización e planificación das actuacións. Os
obreiros, conscientes destas circunstancias e de que esa non era a mellor vía para mellorar a súa situación,
adoptaron pronto outras formas de loita máis elaboradas. Só de xeito puntual os actos destrutivos contra as
fábricas continuaron en décadas posteriores; nesta estratexia hai que incluír o incidente da Fábrica de
Tabacos da Coruña ocorrido en 1857.
b) Sociedades de Socorros Mutuos.
A pesar da prohibición inicial, en 1839, unha lei autorizaba a creación de sociedades de socorros mutuos
de obreiros. Funcionaban, en primeiro lugar, como caixas de resistencia, de tal maneira que os asociados
pagaban unha cota a un fondo común que lles permitía seguir cobrando o xornal en caso de despido,
enfermidade ou folga. Pronto adquiriron tamén un carácter reivindicativo e uniron ós seus obxectivos a
loita pola regulamentación do traballo, por melloras salariais e pola redución da xornada laboral.
Os gobernos liberais adoptaron con respecto a estas sociedades unha actitude cambiante. Os
moderados estiveron claramente en contra, negando ós obreiros o dereito a defender colectivamente as súas
reivindicacións, e cando desenvolveron os labores de goberno tenderon a prohibilas; os progresistas, sen
embargo, foron máis permisivos e normalmente autorizaron a súa existencia. Esta diferente actitude
quedou patente no ano 1855. Os obreiros, ante a prohibición decretada con anterioridade polos moderados,
reclaman a través de manifestacións na rúa e de escritos enviados ás autoridades a súa plena legalización,
esperando que a actitude dos progresistas, agora no poder (Bienio Progresista), fose distinta. A pesar do éxito
da mobilización, xa que conseguiron o seu obxectivo, a medida estivo en vigor un curto período de tempo;
un ano despois os moderados subiron de novo ó poder. Ó longo do século XIX volveron a estar permitidas e
prohibidas varias veces ata que en 1887 a través da Lei de Asociacións foron legalizadas definitivamente.
4.3.3.- Principais ideoloxías que inspiran o movemento obreiro.
Conforme avanza o s. XIX vanse desenvolvendo ideoloxías propiamente obreiras que non só pretenden
conseguir melloras de carácter laboral para os traballadores, senón que teñen como obxectivo a destrución do
sistema capitalista e a creación de sociedades igualitarias. Son o socialismo marxista e o anarquismo.
a) O Socialismo Marxista.
Os seus ideólogos fundamentais foron Marx e Engels. Esta ideoloxía introduciuse en España a partir da
década de 1870 e tivo a súa maior implantación en Madrid, País Vasco e Asturias.
O punto de partida é unha dura crítica ó sistema capitalista dado que posibilita que un grupo reducido
da sociedade, a burguesía, explote á gran maioría, o proletariado, a través do seu dominio económico e
político. A relación entre estas dúas clases non pode ser, por tanto, de harmonía, senón de enfrontamento, de
choque; é o que eles denominan loita de clases.
O primeiro paso para o cambio debe ser a toma de conciencia de clase por parte do proletariado. Debe
darse conta de que constitúe unha clase social diferente, con obxectivos propios e que a unión é clave para
lograr liberarse da opresión. O proletariado, sobre todo o industrial, dado que os marxistas non confían no
carácter revolucionario das masas campesiñas, debe tomar a iniciativa e conquistar o poder político por
medio da revolución. Esta é a fase que se denomina Ditadura do Proletariado. Mentres non chega ese
momento, defenden a organización do proletariado por medio de partidos políticos e sindicatos, para ir
conseguindo melloras parciais.
Unha vez conquistado o poder, o proletariado non debería comportarse como un grupo dominador e
explotar ó resto da sociedade, senón utilizar o Estado para conseguir eliminar todas as desigualdades e
alcanzar o obxectivo final: a sociedade comunista. Unha sociedade na que xa non existirían clases

56
diferentes, a propiedade colectiva substituiría á privada, todos serían totalmente iguais (os beneficios
repartiríanse equitativamente), reinaría a verdadeira xustiza e co tempo desaparecería o Estado porque xa
non sería necesario para organizar a sociedade.
b) O Anarquismo.
Bakunin, Proudhon, Kropotkin foron os ideólogos anarquistas máis relevantes. Estas ideas chegan a
España a partir de 1868 e tiveron unha maior implantación en Cataluña, Levante e Andalucía.
O punto de partida é similar ó dos marxistas; tamén fan unha crítica moi dura do sistema económico
capitalista e da sociedade á que dá lugar, porque posibilita unha gran inxustiza, que unha minoría, a
burguesía, explote á maioría, proletariado. Teñen como obxectivo a súa destrución.
O protagonista do cambio debe ser, segundo eles, o proletariado industrial, pero tamén do campesiñado
sen terras, porque consideran, a diferencia dos marxistas, que posúe un gran potencial revolucionario. Agora
ben, opóñense á súa participación na vida política a través dos partidos políticos, porque cren que sería
contribuír ó asentamento do sistema político burgués. Algúns defenden a acción violenta contra os piares do
capitalismo (atentados contra representantes significativos da burguesía, da Igrexa e do Estado); é a
estratexia denominada “propaganda pola acción”. Outros patrocinan a creación de sindicatos
revolucionarios (anarcosindicalismo), para deste xeito mellorar a condición obreira e impulsar a revolución
social.
Pero o aspecto fundamental que os diferencia dos marxistas é que rexeitan calquera tipo de autoridade,
sobre todo a do Estado. Están totalmente en contra do seu control por parte do proletariado, porque
consideran que todo Estado é opresivo e que se unha parte do proletariado se fai co seu dominio acabaría
explotando ó resto da poboación (tiranía); por tanto, defenden a súa destrución inmediata.
A nova sociedade anarquista debería organizarse en comunas autónomas, gobernadas en réxime de
autoxestión, onde a autoridade sería substituída por acordos libres entre os seus habitantes, todos eles
copropietarios dos medios de produción.
4.3.4.- Sindicatos e partidos obreiros.
a) A Federación Rexional Española da AIT.
En 1864 fundouse en Londres a Asociación Internacional de Traballadores, tamén coñecida como I
Internacional, integrada por marxistas e anarquistas, co obxectivo de potenciar a unión e loita dos
traballadores pola súa emancipación en todo o mundo. Grazas ás liberdades existentes trala revolución de
1868, fundouse en 1870 en Barcelona a Federación Rexional Española (FRE), integrada na AIT,
organización que se expandiu rapidamente por España, sobre todo por Cataluña, Levante e Andalucía (en
Galicia era poderosa a Federación da Coruña).
A FRE-AIT suscitou un forte temor entre os empresarios e políticos liberais, fundamentalmente entre
os moderados. Nesta época son frecuentes os artigos na prensa denigrando as súas ideas, xa que atentaban
contra os piares básicos da sociedade: declarábanse ateos e consideraban a relixión como o “opio do pobo”,
atacaban á propiedade privada, á sociedade establecida, ás institucións burguesas... Intentaban concienciar,
desta maneira, ós cidadáns do perigo que representaba a nova organización para que se opuxeran
frontalmente a ela. A revolución da Comuna de París en 1871 e o levantamento popular de Alcoi en 1873,
nos que participaron numerosos internacionalistas, acabaron de convencer ás autoridades do seu potencial
revolucionario e en 1874 prohibiron as actividades da Internacional en España. A pesar diso, a FRE seguiu
funcionando na clandestinidade e non foi disolta ata 1881.
As disputas existentes no seo da AIT entre Marx e Bakunin culminaron en 1872 coa expulsión da
minoría, Bakunin e dos seus seguidores, da organización. En España tamén se materializou a escisión, de tal
maneira que haberá distintas organizacións marxistas e anarquistas que loitarán polo control do movemento
obreiro.
b) As organizacións socialistas marxistas.
As máis importantes son o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), o terceiro desta ideoloxía en
Europa, que foi fundado clandestinamente en 1879 por socialistas madrileños, e a Unión Xeral de
Traballadores (UXT), o sindicato socialista, fundada en 1888. No nacemento de ambas foi clave a figura do
tipógrafo ferrolán Pablo Iglesias. As dúas organizacións estiveron moi unidas entre si de tal forma que era
común a dobre militancia tanto dos seus membros como das respectivas executivas. As zonas de maior
implantación foron Madrid, País Vasco e Asturias e, en menor medida, Cataluña e o campo andaluz.
A partir de 1890, o PSOE presentou candidatos ás eleccións municipais e xerais. Desde os inicios do
século XX foi desenvolvéndose unha corrente que preconizaba a formación dunha alianza electoral cos
republicanos de esquerda e froito desa conxunción republicano-socialista foi elixido por primeira vez un

57
deputado a Cortes do PSOE; concretamente Pablo Iglesias nas eleccións xerais de 1910.
A raíz do triúnfo da revolución bolxevique en 1917 e da fundación por Lenin da III Internacional
comunista en 1919, produciuse un intenso debate dentro das filas socialistas de todo o mundo sobre a
conveniencia de supeditarse ó modelo ruso ou seguir unha vía autónoma. Este debate provocou en España a
escisión dunha parte dos afiliados socialistas máis radicais, partidarios de seguir ó pé da letra o modelo ruso,
que fundaron en 1921 o Partido Comunista de España (PCE).
c) As organizacións anarquistas.
A pesar de que os anarquistas contaron cun significativo apoio en España, as súas organizacións estiveron
moi divididas durante décadas. Esta tendencia superouse en gran medida debido á represión desencadeada
como consecuencia da Semana Tráxica de Barcelona e en 1910 fundouse nesta cidade o sindicato
Confederación Nacional do Traballo (CNT).
A CNT tivo unha grande expansión sendo a principal asociación sindical española nas décadas iniciais do
século XX. O apoio social máis extenso estivo entre o campesiñado andaluz, e entre o proletariado industrial
de Cataluña, Zaragoza e Valencia. Cunha organización moi descentralizada, negouse a participar no xogo
político, defendeu a folga xeral revolucionaria como táctica esencial para a emancipación da clase
traballadora e buscou o enfrontamento directo cos empresarios. Os seus líderes máis significativos foron
Angel Pestaña e Salvador Seguí. A partir de 1923, coa chegada da Ditadura de Primo de Rivera, as sedes do
sindicato anarquista foron clausuradas e os seus dirixentes perseguidos e encarcerados. En plena
clandestinidade, e ante a actitude dalgúns líderes da CNT de buscar vías máis posibilistas, os radicais
fundaron en 1927 a Federación Anarquista Ibérica (FAI).
Unha minoría de anarquistas máis extremistas defenderon o emprego da propaganda pola acción,
sendo responsables de numerosos atentados e asasinatos de figuras que consideraban símbolos da opresión:
presidentes de Goberno, bispos, políticos, terratenentes, industriais…
Como xa se indicou anteriormente, as organizacións socialistas e anarquistas estiveron frecuentemente
enfrontadas entre si a causa da distinta estratexia que defendían e polo control do movemento obreiro. De
todas formas, en determinados momentos, uniron as súas forzas para intentar derrubar o sistema
político establecido; un exemplo desta estratexia aconteceu na convocatoria da folga xeral revolucionaria
durante a denominada crise social de 1917.
4.4.- Conclusión. Os logros alcanzados polo proletariado.
O proletariado non logrou derrubar o sistema capitalista pero grazas á súa loita foi conseguindo melloras
significativas ó longo do tempo. É certo que o Estado liberal exerceu sempre unha forte vixilancia sobre o
movemento obreiro e os distintos gobernos non dubidaron en empregar a forza, recorrendo á Garda Civil e ó
Exército, para sufocar as manifestacións e as folgas. Sen embargo, co paso do tempo, apreciouse unha
evolución dende a postura inicial de negativa a calquera petición ou manifestación a outra de maior
tolerancia. Esta actitude plasmouse na aprobación de leis que permitiron a formación de partidos e
sindicatos obreiros, no recoñecemento do 1 de Maio como día dos traballadores, na aprobación do
dereito de folga en 1909 e na redución da xornada laboral a un máximo de oito horas diarias en 1919.
Ademais, as autoridades crearon unha serie de institucións oficiais que se encargaron de estudiar os
problemas laborais e asesoraron ós gobernos para tratar de solventalos; estas iniciativas culminaron en 1908
coa creación do Instituto Nacional de Previsión que se encargou de poñer en marcha unha incipiente
seguridade social.
4.5.- O movemento agrarista en Galicia.
En Galicia, o movemento de reivindicación agraria coñécese co nome de agrarismo. Foi un complexo
movemento no que participou masivamente o campesiñado, pero que non conseguiu alcanzar unha
concreción ideolóxica nin a unidade de cara á participación política. Nas filas do agrarismo militaron
personalidades das máis opostas e variadas ideoloxías, desde os católicos ós rexionalistas e republicanos,
todos eles interesados en lograr melloras para os labregos, pero non foron quen de establecer unha
plataforma común reivindicativa, polo que o movemento non logrou máis que algúns dos seus obxectivos.
A agricultura en Galicia seguía a ser, a comezos do s. XX, a fonte principal de riqueza da rexión e a que
daba emprego á maioría da súa poboación. Sen embargo, a situación do campo galego presentaba graves
problemas, todos eles herdados de épocas anteriores, entre os que destacaban os relacionados co réxime de
propiedade da terra (o sistema foral), a reducida dimensión das explotacións (minifundio), e as medidas
proteccionistas do Goberno que prexudicaban ós productos galegos. O conxunto dos problemas
incapacitaban á agricultura galega para integrarse na economía capitalista. Sen embargo, dous eran os
problemas sentidos en Galicia como de obrigada solución: os foros e o caciquismo.

58
Aínda que xa existiran anteriormente protestas campesiñas (fundamentalmente contra a abusiva presión
tributaria), ata comezos do s. XX non se pode falar, con propiedade, de agrarismo. Despois de varios intentos
de menor entidade, é en 1910 cando se funda Acción Galega, a asociación de maior significación, liderada
por Basilio Álvarez. Este crego ourensán logrou dar ó agrarismo unha forza descoñecida; cunha palabra
ardente, mordaz e convincente, logrou mobilizar ó campesiñado galego, que o seguiu maioritariamente. O
seu programa incluía: redención de foros, eliminación do caciquismo, potenciación das vías de
comunicación interior e exterior, fomento das industrias de salgadura de peixe, vinícolas e pecuarias,
establecemento de cooperativas agrícolas, e o compromiso de aceptar como deputados galegos só a persoas
que defendesen as reivindicacións agrarias.
Durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) o movemento agrarista quedou paralizado e as únicas
organizacións que se mantiveron dentro da legalidade foron as católicas. Sen embargo, foi nesta época cando
tivo lugar a tan esperada reforma do réxime da propiedade da terra mediante a aprobación dun decreto en
1926 que establecía a redención de foros, é dicir, a desaparición do foro mediante indemnización. O decreto
non foi recibido polo campesiñado coa ledicia que cabería esperar debido a que en moitos lugares a
redencións xa se estaban a facer desde a nos atrás polo acordo entre as partes e incluso os propietarios dos
terreos aforados comprenderan que era inevitable a redención e nin sequera se molestaran en protestar.
A procedencia dos capitais para pagar as redencións proviñan fundamentalmente de dúas vías: as
remesas de capitais enviadas polos galegos emigrantes e os beneficios obtidos pola venda de gando vacún.
A pesar do Decreto de redención, o tema foral non rematou aí definitivamente; aínda en 1963
estableceuse unha disposición no Código de Dereito Civil Galego que abría un prazo de dez anos para
admitir demandas e trámites xudiciais en relación cos foros.

59
TEMA 8.- ESTADO E NACIÓN NA RESTAURACIÓN BORBÓNICA (1875-1923)

1. O REINADO DE ALFONSO XII


Coñécese co nome de Restauración o período comprendido entre 1875, cando Alfonso de Borbón
regresou a España despois do pronunciamento de Martínez Campos, e a Ditadura de Primo de Rivera (1923).
Nesta época consolidouse o modelo de Estado liberal que se iniciara durante a etapa isabelina.
As primeiras décadas da Restauración (ata finais de século) foron de estabilidade política, a diferenza
do acontecido na época de Sabela II. Contribuíron a ela o feito de que en 1876 remata a 3ª Guerra Calista,
coa derrota definitiva do carlismo, e a reforma do Exército consistente no establecemento da supremacía
do poder civil sobre o militar e na identificación do rei como símbolo e cabeza visible da institución.
Desta maneira pretendíase rematar coa tradicional intervención do Exército na política do país a través dos
pronunciamentos. Coa reforma produciuse unha mellora significativa neste senso, aínda que a
despolitización nunca foi completa xa que o Exército, dada a súa importancia, sempre constituíu un
instrumento de presión sobre a vida civil.
1.1.-A Constitución de 1876.
Foi outro elemento que contribuíu á estabilidade do sistema. Inspirouse en gran medida na de 1845
pero coa particularidade de ser máis breve e flexible. Non se tratou pois de redactar pormenorizadamente
tódolos artigos senón de establecer os principios básicos do sistema e deixar o seu desenvolvemento preciso
para leis posteriores. Este feito permitiu unha certa ambigüidade en determinados aspectos e a introdución de
reformas e melloras con posterioridade. En definitiva, trátouse de superar o concepto de Constitución
“dun só partido” -como a moderada de 1845- e de buscar unha maior estabilidade política por medio da
incorporación do liberalismo progresista. Como consecuencia, foi a Constitución española que estivo máis
tempo en vigor.
– O novo sistema político pode definirse como unha Monarquía Constitucional Doutrinaria.
– Establece a Soberanía compartida entre o Rei e as Cortes.
– Recoñece a separación de poderes, pero o Rei conserva amplas prerrogativas. Á parte de nomear
ó Goberno (poder executivo), comparte o poder lexislativo e é o mando supremo das Forzas
Armadas. O poder lexislativo residía nas Cortes, que seguen formadas por dúas Cámaras: Congreso,
integrado por deputados elixidos, e Senado, integrado por senadores de diferente procedencia (en
razón de sangue ou cargo, elixidos polo monarca…). En síntese, as Cortes tiñan un papel
subordinado ó da Coroa.
– Sufraxio. Aparece recollido o dereito ó mesmo, pero regularase posteriormente. Pártese do sufraxio
censitario, que se irá ampliando co tempo ata o recoñecemento do universal masculino no ano
1890.
– Dereitos e liberdades. É un caso similar ó anterior. Pártese dun recoñecemento moi restritivo aínda
que se irá ampliando en anos posteriores, sobre todo durante os períodos de goberno do Partido
Liberal.. Así ocorre concretamente coa liberdade de imprenta, de educación, de asociación, de
reunión…
– A cuestión relixiosa. Trátase de chegar a unha solución intermedia que puidese ser aceptada polos
diversos grupos políticos. Desta maneira, a relixión católica é declarada a oficial do Estado
(principio conservador), pero, ó mesmo tempo, recoñécese a liberdade de cultos coma na
Constitución democrática de 1869. Liberdade de cultos que, de todas formas, non é total: só se
permiten “as manifestacións públicas da relixión do Estado”. ( Artigo 11).
1.2.- O Funcionamento do sistema Canovista ou da “quenda”.
O sistema político baseado na Constitución de 1876, ideado por Cánovas, estrutúrase mediante a
denominada quenda pacífica de partidos. Baseábase na existencia de dous grandes partidos: O
Conservador e o Liberal. O Partido Conservador estaba formado polos antigos moderados e polos
integrantes da Unión Liberal; o seu máximo dirixente era Antonio Cánovas del Castillo. O Partido Liberal
estaba formado polos antigos progresistas, demócratas e republicanos moderados; o seu máximo dirixente
era Práxedes Mateo Sagasta.
Para conseguir a estabilidade política, os dous grandes partidos maioritarios acordaron un sistema que
garantía este principio e ó mesmo tempo a alternancia no poder; é a denominada quenda pacífica.
A quenda funcionaba da seguinte maneira: cando un Goberno sufría un forte desgaste político ou tiña
dificultades para gobernar, o Rei nomeaba como Presidente do Goberno ó xefe do partido que estaba na

60
oposición. Para que puidese gobernar cun amplo apoio parlamentario, o Rei concedíalle tamén o dereito de
disolución das Cortes, e, xa dende o poder, o novo goberno convocaba e preparaba as eleccións que sempre
gañaba. Como se ve, invertíase o proceso lóxico: o Rei non nomeaba Xefe do Goberno ó que tivera maioría
na Cámara, senón que esta se acomodaba con posterioridade á orientación política do Goberno.
En 1881 produciuse a primeira alternancia pacífica entre os dous partidos coa chamada de Alfonso
XII ó Partido Liberal para formar goberno. A morte prematura do Rei e a incerteza da súa sucesión, xa
que a súa viúva estaba embarazada, consolidou o sistema da quenda. Cánovas e Sagasta, co obxectivo de
evitar posibles alteracións, comprometéronse a manter a alternancia pacífica dos seus respectivos partidos no
Goberno. É o que se coñece como Pacto de El Pardo (1885).
Nun primeiro momento, a lei electoral recolleu os ideais dos integrantes do Partido Conservador e
estableceu o sufraxio censatario. Sen embargo, o Partido Liberal defendeu a extensión do dereito ó voto e
ampliouno en 1890 a tódolos varóns maiores de vintecinco anos (sufraxio universal masculino). Sería
lóxico pensar que con este feito se produciu un gran avance cara á democratización e limpeza do sistema
político, pero só foi un espellismo: as eleccións seguiron sen reflectir a vontade da poboación. A
xeneralización do caciquismo e da manipulación electoral explican o fenómeno.
1.3.- Caciquismo e manipulación electoral.
O caciquismo era unha práctica política que posibilitaba que o partido designado para formar goberno
obtivese a maioría parlamentaria porque lle permitía controlar as eleccións á marxe das leis valéndose da
preeminencia local dos caciques. O sistema funciona de arriba-abaixo. No cume está o Ministro de
Gobernación quen elabora a relación dos candidatos ó parlamento polo seu partido. Estes pertencían a unha
minoría política estreitamente vinculada aos grupos económicos dominantes (donos de negocios, fábricas e
terras); formaban a oligarquía dirixente.
Nun estrato intermedio estaban os Gobernadores Civís que, baixo as ordes do ministro, colaboraban
elaborando o “encasillado”, é dicir, a distribución dos candidatos nas diferentes circunscricións. A
continuación estaban os alcaldes, controlados polo Goberno, que eran os encargados do desenvolvemento do
proceso electoral, e a Garda Civil, que debía marter a orde e evitar as accións dos opositores.
Na base da pirámide estaban o caciques locais, último eslabón da cadea. Os caciques, peza
fundamental do sistema, eran individuos ou familias que, polo seu poder económico ou polas influencias
políticas, controlaban unha determinada circunscrición electoral, sobre todo nas zonas rurais onde boa parte
da poboación estaba supeditada ós seus intereses. Grazas ó control dos Concellos dispoñían de moitas
maneiras de agradecer a fidelidade electoral: influían no sorteo das quintas, propoñían o repartimento das
contribucións, proporcionaban postos de traballo, resolvían ou complicaban os trámites burocráticos…
Tamén estaba moi estendido o fraude electoral propiamente dito, é dicir, a sistemática adulteración dos
resultados electorais. Non se dubidaba en falsificar o censo (incluíndo persoas mortas ou impedindo votar ás
vivas), en coaccionar ó electorado, en impedir a propaganda da oposición, en encarcerar ós considerados
“revoltosos” e, por último, en recorrer ó “pucheirazo” ou substitución masiva dos votos emitidos na urna
electoral (“pucheiro) en beneficio do propio candidato.
O control caciquil e a manipulación electoral constituíron unha peza básica do funcionamento da
quenda pacífica de partidos fabricando os resultados electorais á medida da forza política que acababa de
asumir o poder. O reparto aproximado era de 70-80% de deputados para o partido no poder e 20-30% para o
partido na oposición.

2.- A CRISE DA RESTAURACIÓN.


O sistema político da Restauración, se ben proporciona estabilidade ó país, irá acumulando un crecente
desprestixio debido o seu distanciamento da cidadanía, á corrupción, ó caciquismo…
Este panorama negativo, ás veces un tanto oculto e difuso, ponse claramente de manifesto a partir do
desastre do 98, cando España é derrotada militarmente e perde as últimas colonias.
2.1.- O Desastre de 1898.
Despois da independencia da maioría do antigo imperio colonial americano durante o reinado de
Fernando VII, a finais do s. XIX España conservaba só as colonias de Cuba, Puerto Rico, Filipinas e
algunhas pequenas illas do Pacífico. Os intentos independentistas, iniciados con anterioridade, acentuáronse
a partir de 1895. A situación complicouse cando os EE.UU, cunha política cada vez máis imperialista,
axudaron ós insurrectos co obxectivo de desprazar a España do Pacífico e Caribe.
En 1898, unha explosión no Acoirazado norteamericano Maine, fondeado na Habana, precipita os
acontecementos e desemboca na guerra hispano-norteamericana. O desenlace do conflito foi rápido; a

61
enorme diferenza entre as forzas contendentes explica que xa no mesmo ano 1898 se producise a derrota
española. Así se cede Cuba, Porto Rico, Filipinas e a illa de Guam ós EE.UU. Desaparecía así o imperio
español en América e no Pacífico.
Esta derrota, cualificada como o Desastre do 98, causou en España un forte choque na opinión
pública, nos partidos políticos, nos intelectuais… Poñía de manifesto o atraso de España e o fracaso da
oligarquía dominante para modernizar o país; ó mesmo tempo, provocou unha profunda frustración e
resentimento no Exército, que responsabilizaba do fracaso ós políticos e adoptaba unha actitude, que se
acentuou progresivamente, de defensa corporativa dos seus intereses e de desprezo da sociedade civil e do
sistema liberal.
Neste contexto de pesimismo e frustración, ten unha gran significación o Rexeneracionismo e a Xeración
do 98.
2.2.- O Rexeneracionismo e a Xeración do 98.
Enténdese por Rexeneracionismo unha corrente intelectual, política e literaria presente na vida española
a finais do s. XIX e principios do XX que foi protagonizada fundamentalmente polas clases medias. Entre os
seus defensores destacaron Silvela, Picavea, e sobre todo, Joaquin Costa.
O signo distintivo do movemento é a crítica ás lacras do sistema político da Restauración, sintetizadas na
oligarquía e no caciquismo -a obra máis significativa de Costa titúlase precisamente así, Oligarquía e
caciquismo-, así como ó deficiente desenvolvemento dos recursos económicos. As solucións propostas
céntranse tanto na rexeneración (democratización) da vida política para achegala máis ós cidadáns, como nas
medidas de tipo económico (mellora das comunicacións, extensión dos regadíos, renovación da
maquinaria…) e educativas (aumento dos orzamentos destinados á educación para paliar o atraso vixente);
estes dous últimos apartados resúmense no famoso lema: “escola e despensa”.
Para levar a cabo estas reformas, e tendo en conta a gran fortaleza do caciquismo, Joaquín Costa chegou a
xustificar a necesidade dun “cirurxián de ferro”, é dicir, un gobernante que actuase de maneira firme e
autoritaria. A pesar de que, segundo a súa proposta, este dirixente tería unicamente carácter temporal e unha
vez solucionados os problemas retiraríase da escena política, ditadores futuros (Primo de Rivera, Franco)
apropiáronse indebidamente das súas palabras e presentáronse como herdeiros do rexeneracionismo
pretendendo perpetuarse indefinidamente no poder.
Estas propostas renovadoras tiveron unha gran influencia sobre a opinión pública e os políticos.
Nos anos finais do s. XIX e primeiras décadas do XX, a pesar das altas taxas de analfabetismo e da
escaseza de escolas e mestres, as inquedanzas culturais das clases medias deron lugar a unha extraordinaria
floración intelectual coñecida co nome de idade de prata da cultura e literatura españolas. A coincidencia no
tempo de moitos intelectuais e escritores co desastre do 98 levou a falar da existencia dunha Xeración do 98
que estaría formada, entre outros, por Valle-Inclán, Unamuno, Baroja, Azorín…
Todos eles se caracterizaron por un profundo pesimismo, pola crítica ó atraso do país e suscitaron unha
profunda reflexión sobre o sentido de España e o seu papel na Historia, chegando tamén á conclusión de que
era imprescindible unha ampla rexeneración da vida e da sociedade española.

3. O REINADO DE ALFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIÓN


A comezos do s. XX inténtase dende dentro do sistema aplicar unha serie de reformas, algunhas
inspiradas nos principios rexeneracionistas, co obxectivo de proporcionarlle unha maior credibilidade e
estabilidade.
Neste contexto, cabe destacar as reformas levadas a cabo por Maura e Canalejas, líderes
respectivamente do Partido Conservador e Liberal. Concretamente Maura era partidario de emprender unha
revolución dende arriba, dende o poder, para evitar unha posible revolución dende abaixo, que de
producirse, sería protagonizada polas masas populares e, por tanto, radical. Propiciou así a Lei de reforma
electoral que pretendía lograr unha maior limpeza nas eleccións: estipulaba a elaboración dos censos por
unha xunta central, o control do escrutinio… De todas formas, a súa eficacia práctica foi reducida.
Peor sorte correu a Lei de Administración Local que estaba orientada a aumentar as competencias e a
autonomía dos concellos e contemplaba a posibilidade de crear mancomunidades provinciais (varias
provincias unidas). Debido á oposición da oligarquía local, temerosa de perder o control do poder municipal,
nin sequera se aprobou.
Tampouco tivo resultado o intento de crear partidos bisagra, é dicir, partidos pequenos que puidesen
coaligarse cos dous dinásticos para cooperar nos labores de goberno e o de atraer ós partidos nacionalistas
moderados para que se sentisen implicados na gobernación do país; o caso da Lliga Regionalista catalana

62
liderada por Cambó foi o máis significativo.
Por último, as autoridades intentaron fortalecer o papel do Exército, “lavar a súa honra”, para que
voltase a ser un dos piares do sistema emprendendo unha política de expansión colonial en Marrocos.
Buscábase ó mesmo tempo recuperar o prestixio internacional de España e a explotación do territorio
(favorable á oligarquía económica). Os logros desta política estiveron, sen embargo, lonxe dos obxectivos
trazados. Ademais o Exército, en lugar de ser un factor de estabilidade e cohesión, contribuíu máis ben
ó contrario. As críticas de diversos sectores da sociedade crearon un profundo malestar na institución militar
contra os partidos, prensa, sociedade civil… Este feito queda exemplificado no asalto por parte dalgúns
oficiais da guarnición de Barcelona á revista Cu-Cut e ó xornal La Veu de Catalunya, no ano 1905, polas
críticas publicadas contra o Exército e pola defensa do catalanismo. O Exército non só conseguiu que o
Goberno non castigase ós culpables (o asalto recibira o apoio da maior parte dos militares), senón tamén a
aprobación en 1906 da nova Lei de Xurisdicións, que permitía someter ó código militar os delitos de
opinión e obra contra a patria e o Exército.
Os incidentes de Barcelona puxeron de manifesto a debilidade dos políticos fronte ós militares e tamén
o cambio de mentalidade destes últimos: de apoiar coas súas accións a unha ou outra facción dos partidos
liberais ó longo do s. XIX, pasaron a defender os seus intereses corporativos e a considerarse a encarnación
da patria e da unidade nacional. Alterábase así unha das bases da Restauración, a preeminencia do poder
civil sobre o militar, e a liberdade de prensa quedou seriamente danada.
3.2. Factores que minaron progresivamente o sistema.
a) A presencia cada vez máis relevante de forzas políticas perpetuamente marxinadas polo réxime da
Restauración.
– Republicanos. Ata finais de século foron bastante reducidos numericamente, estiveron divididos e
enfrontados frecuentemente por razóns ideolóxicas, motivos persoais… Sen embargo, a medida que
a Restauración demostraba que era incapaz de reformarse e democratizarse, os republicanos
aumentaron os seus efectivos e a súa influencia defendendo un programa que tiña como obxectivos a
modernización de España, a instauración da democracia, a laicización do Estado, a aplicación de
reformas sociais que melloraran as condicións de vida das clases populares e a preocupación pola
cultura. O máis significativo foi o P. Republicano Radical liderado por Alejandro Lerroux.
– O PSOE. O pequeno grupo marxista existente en Madrid dende o Sexenio evolucionou ata a
formación en 1879 do Partido Socialista Obreiro Español baixo a dirección de Pablo Iglesias.
Poucos anos despois fúndase o seu órgano de prensa, O Socialista, e en 1888, dirixentes do partido
crean un sindicato afín, a UXT (Unión Xeral de Traballadores). A partir de comezos do século XX,
tanto partido como sindicato van incrementando a súa presencia na sociedade; proba disto é o
aumento dos socialistas nos Concellos, sobre todo das cidades, e a súa presencia no Parlamento. O
primeiro deputado foi Pablo Iglesias en 1910 cando se presentaron xuntos ás eleccións socialistas e
republicanos.
– Nacionalismos Periféricos. Sobre todo en Cataluña, País Vasco e, en menor medida, en Galicia. A
Lliga Rexionalista pediu abertamente a autonomía política para Cataluña, o PNV incrementou a súa
implantación nas provincias vascas e as Irmandades da Fala defenderon a autonomía para Galicia.
Estas demandas causaron na sociedade española fortes temores que contribuíron a radicalizar o
ambiente político: clara repulsa das mesmas e acusacións de separatismo por parte dos defensores da
unidade nacional e incremento da oposición ó réxime entre os nacionalismos periféricos.
b) A Conflitividade Social.
Tres son as datas de obrigada mención: 1909, 1917 e 1921. Debilitan o sistema político da Restauración e
condúceno ó seu colapso definitivo.
- A Semana Tráxica (1909):
En 1909 Maura, o xefe de Goberno, decide enviar tropas a Marrocos para garantir a orde e castigar unha
revolta dos rifeños preto de Melilla. Para levar a cabo este cometido, mobilízanse tropas reservistas e
concéntranse en Barcelona para proceder ó seu embarque. Nese momento prodúcese unha insurrección
popular. Entre as causas da mesma hai que salientar un sentimento antimilitarista no que se mesturaba o
descontento contra o Exército e a guerra así como contra o propio sistema de recrutamento; un sentimento
anticlerical, xa que se acusaba á Igrexa de contribuír ó mantemento dunha sociedade inxusta e desigual; e,
por último, o malestar das clases populares polas malas condicións de vida e de traballo.
O inicio da protesta foi a folga do mes de xullo en Barcelona convocada por socialistas e anarquistas.
O inesperado éxito da mesma deu paso á radicalización das accións dos sublevados: construción de

63
barricadas, queima de conventos… A duración e violencia explican a denominación do conflito: Semana
Tráxica.
A insurrección foi dominada. A falta de unidade e dunha dirección clara debilitou ó movemento e o
envío de tropas de reforzo a Barcelona por parte das autoridades, que chegaron a declarar o estado de guerra,
explican o seu aplastamento.
A represión posterior foi moi dura. Centos de persoas foron detidas, instruíronse máis de douscentos
consellos de guerra e executáronse cinco penas de morte, entre elas a de Francisco Ferrer Guardia, pedagogo
anarquista e impulsor da Escola Moderna que, sen ter participado directamente nos feitos, foi acusado de ser
o seu impulsor ideolóxico.
As consecuencias da Semana Tráxica foron moi importantes. Ante a unanimidade da crítica á
actuación do goberno, Alfonso XIII forzou a caída de Maura e traspasou o poder ó partido Liberal. Ó mesmo
tempo que se acrecentou a tensión entre os partidos dinásticos (Maura considerou inxusta a medida),
produciuse un achegamento entre os partidos de esquerda que se plasmou na unión electoral entre
republicanos e socialistas e que permitiu a elección como deputado de Pablo Iglesias en 1910.
3.3.- A crise social de 1917.
A neutralidade española na I Guerra Mundial (1914-1918) tivo importantes repercusións
económicas e, á postre, sociais. Os países belixerantes, inmersos nunha economía de guerra, vense
obrigados a importar masivamente tanto productos mineiros e metalúrxicos coma de consumo. España, país
industrial de segundo nivel, exporta agora con facilidade produtos de todo tipo a prezos elevados. Este feito,
que en principio é positivo, acaba xerando graves problemas sociais dado que os beneficios non se distribúen
equitativamente. Os grandes favorecidos son os grupos burgueses mentres que as clases populares saen
prexudicadas; a gran alza de prezos (provocada pola escaseza de oferta no mercado interior) non se ve
compensada por unha parella suba de salarios: o resultado é unha clara perda de poder adquisitivo.
As mobilizacións obreiras para tratar de mellorar a súa situación comezaron xa en 1916, pero non tiveron
ningún éxito. Foi en 1917 cando un conflito ferroviario localizado en Valencia foi aproveitado pola UXT,
apoiada polo PSOE, para convocar unha folga xeral que adquire carácter revolucionario: ten como
obxectivo o derrocamento do réxime e a convocatoria de Cortes Constituíntes. A folga contou co respaldo
dos republicanos e da CNT e tivo unha incidencia moi desigual. Aínda que non contou coa participación
dos campesiños, tivo ampla repercusión en Madrid, Barcelona, Levante, País Vasco e Asturias.
A reacción do Goberno foi fortemente represiva: recorreu á Garda Civil e ó Exército para disolver
violentamente as manifestacións, empregáronse armas de fogo polas forzas de orde pública, leváronse a cabo
detencións masivas, moitos manifestantes foron condenados a cadea perpetua…
A pesar do fracaso da folga xeral revolucionaria, a Monarquía Constitucional de Alfonso XIII está
cada día máis danada. As masas traballadoras voltan ó traballo pero progresivamente radicalizan a súa
oposición ó sistema e este só se mantén gracias á represión das forzas de seguridade e do Exército que se
converte, á postre, no máximo garante da súa pervivencia.
- A creación das Xuntas de Defensa:
Apareceron en 1916 en Barcelona, formadas por oficiais de media e baixa gradación para defender os
seus intereses profesionais: mellora dos salarios, ascensos por antigüidade e no por méritos, etc., pero
tamén pedían a represión contra o socialismo, anarquismo e separatismo nacionalista.
O Goberno disolveu as Xuntas e os dirixentes foron detidos pero a solidariedade entre os oficiais e a
súa rebelión, obrigou ó goberno a recoñecelas. O conflito puxo de manifesto, de novo, a debilidade do
poder civil fronte ó militar. A partir de entón os militares interviñeron no nomeamento do Ministro de
Guerra e se converteron en garante da orde pública.
- A Asamblea de Parlamentarios:
Aproveitando a debilidade do goberno provocada ola actuación das xuntas de Defensa, o desprestixio do
rei e a división dos partidos dinásticos, Francesc Cambó, líder da Lliga Rexionalista Catalana, fixo
presión sobre o goberno para conseguir a autonomía de Cataluña. A Lliga convocou para o 5 de xullo en
Barcelona unha reunión de deputados e senadores catalanes que solicitaron a inmediata reunión das
Cortes para deliberar sobre a organización do Estado e a autonomía rexional.
Se o goberno non accedía, invitábase a tódolos parlamentarios españois a unha Asamblea extraordinaria
para que en representación da vontade do país, opinase sobre estes temas. Celebrada o 19 de xullo en
Barcelona, solo acudiron un reducido número de parlamentarios (71 sobre 760), que representaban
solo a catalanistas, republicanos e socialistas.
Considerada polo goberno como ilegal, sediciosa e separatista, a iniciativa fracasou pola división

64
entre os seus participantes.
- Os gobernos de concentración:
O último intento de manter o sistema da Restauración foi a creación de gobernos de concentración,
é dicir, gobernos formados por liberais, conservadores e membros da Lliga. A alternativa ó turnismo era
buscar un goberno que aglutinase á oligarquía liberal-conservadora coa burguesía catalana como un
intento de manter o poder ante o medo á revolución social. Estes gobernos emprenderon reformas. O
goberno presidio polo liberal García Prieto intentou contentar ó exército coa subida de salarios e ascensos
por antigüidade; o de Maura con Cambó como Ministro de Fomento impulsou obras públicas, a agricultura e
o ferrocarril.... Realmente as reformas destes gobernos non foron profundas e, ante o seu fracaso,
vólvese ao turnismo, pero a incapacidade para conseguir maiorías estables provocou unha profunda
inestabilidade gobernamental, que coincidirá ca forte crise económica e o aumento da conflitividade
social (ocupación de terras polos xornaleiros andaluces, revoltas da CNT e folgas en Barcelona e ata
asasinatos de políticos como o de Dato.
- O Desastre de Annual:
Como xa quedou indicado anteriormente, España, despois da perda de Cuba e Filipinas en 1898,
orientou a súa política colonial cara Marrocos. Sen embargo, a presencia española en Marrocos foi
sempre problemática: os beneficios económicos nunca chegaron a ser tan elevados como se supuxera nun
principio, o Exército estaba permanentemente exposto ós ataques das cabilas rifeñas… ; en definitiva, o
chamado problema marroquí afectaba periodicamente de xeito negativo á política nacional (baste recordar os
episodios da Semana Tráxica).
A partir de 1912, despois dun acordo con Francia que delimitaba a zona de influencia de cada país,
quedou establecido o Protectorado Español, circunscrito á parte norte de Marrocos. Nos anos seguintes
aumentáronse os efectivos militares no territorio para pacificalo e ocupalo na súa totalidade.
En 1921, o xeneral Silvestre, xefe militar da zona de Melilla, co obxectivo de dar un paso decisivo no
control da zona oriental do Protectorado, ó parecer coa aprobación do propio rei Alfonso XIII, realizou unha
incursión arriscada para ocupar o enclave estratéxico de Alhucemas. A operación foi mal concibida
dende o punto de vista estratéxico, dado que dispersou demasiado as tropas nun territorio hostil e non
asegurou a retagarda. As cabilas rifeñas, dirixidas polo caudillo Abd-el Krim, atacaron as posicións e
obrigaron á retirada. Mal preparados e dirixidos, aterrorizados pola violencia dos ataques, os soldados
españois retrocederon cara a Melilla, perecendo a maioría en Annual (os mortos ascenderon a máis de 10
000). Os rifeños fixéronse co control da zona e proclamaron a independencia da República do Rif.
O chamado Desastre de Annual tivo enormes repercusións. A prensa e os contrarios á intervención
culparon da derrota ó Goberno e ó Exército e acentuouse máis o distanciamento ente os militares e a clase
política. O Goberno dimitiu e acto seguido nomeouse unha comisión no Congreso encargada de elaborar un
informe sobre o sucedido que debía ser presentado ás Cortes. Este informe, coñecido como “Expediente
Picasso”, provocou fortes debates e os partido de esquerda, sobre todo republicanos e socialistas, esixiron
medidas drásticas que apuntaban directamente ós mandos militares e ó propio Rei.
Este último conflito sumábase ás anteriores crises que xa debilitaran grandemente o sistema político da
Restauración. Chegado a este punto, o réxime só tiña dúas posibilidades de sobrevivir: ou democratizarse
(ampliando as súas bases sociais e políticas de sustentación), ou impor unha solución de forza liderada polo
Exército. Esta última foi a finalmente adoptada. En 1923 o xeneral Primo de Rivera dá un Golpe de
Estado establecendo unha ditadura militar co apoio dos grupos oligárquicos e do mesmo Rei.

4.- DITADURA DE PRIMO DE RIVERA E FIN DA MONARQUÍA (1923-31).


4.1.- O golpe de estado.
O día 23 de setembro de 1923 o xeneral Primo de Rivera encabezou un golpe de estado, co beneplácito de
Alfonso XIII, que puxo fin ó réxime da Restauración. Ese mesmo día, nun Manifesto dirixido á nación e ó
Exército, expuxo as razóns do seu acto e fixo un esbozo da súa actuación futura.
En primeiro lugar afirmaba que se vira obrigado a tomar esta decisión non por gusto, senón por atender as
peticións dos bos españois, amantes da patria, que non soportaban máis ese estado de crise e de desgoberno.
A primeira medida sería a de liberar ó país dos que el chamaba profesionais da política, é dicir, os políticos
que viñan dirixindo o país dunha maneira deplorable dende o Desastre de 1898. Primo de Rivera expresaba
así un sentimento moi estendido no exército de considerar á clase política de incompetente, corrupta, e que
máis que contribuír a solventar os problemas do país contribuía a acrecentalos. Neste senso, a situación
empeorara significativamente a partir de 1917 e a medida adoptada polo rei Alfonso XIII de nomear

65
gobernos de concentración, integrados por personalidades destacadas de diversos partidos para que puxeran
en marcha unha serie de medidas que democratizaran o sistema, constituíra un fracaso. A preocupación para
o Exército e para os grupos conservadores aumentaba debido tamén á crecente mobilización social deses
anos. As manifestacións de descontento das clases populares eran cada vez máis frecuentes e radicalizadas
influídas polo que se denominaba contaxio bolxevique (triúnfo da Revolución Rusa, de orientación marxista,
en 1917). Primo de Rivera acusa tamén ós sucesivos gobernos de non ter a capacidade necesaria para
solucionar os problemas de orde pública. Sucedíanse os asasinatos, atracos e, sobre todo, as actuacións
terroristas, entre as que se contaba o asasinato do presidente do goberno Eduardo Dato, que deterioraban a
convivencia cidadá e a estabilidade social e política. Por último, estaba o denominado Desastre de Annual
(1921). Primo de Rivera consideraba rastreiro que determinados políticos, socialistas e republicanos
fundamentalmente, aproveitaran esta traxedia para atacar ó goberno e ó exército esixindo responsabilidades
ós altos mando da institución militar e incluso ó propio rei, a quen acusaban de impulsar a operación militar
fracasada.
4.2.- O Directorio militar (1923-1925).
Co obxectivo de solventar os problemas plantexados, Primo de Rivera instaura un Directorio Militar, é
dicir, un goberno formado exclusivamente por militares e dirixido por el mesmo, que dá nome á primeira
fase da Ditadura e que dura dende 1923 a 1925.
Neste momento, contou cun gran número de apoios. O Exército, a Igrexa, os terratenentes, a
burguesía –sobre todo a alta-, incluso os pequenos e medianos propietarios agrícolas estaban claramente ó
seu lado. Ademais, a Ditadura foi apoiada, ou polo menos vista con benevolencia, pola maioría dos sectores
políticos do país debido ó elevado malestar político e social existente en España e porque se presentaba
como unha medida excepcional e transitoria para solucionar os graves problemas existentes. Incluso contou
co apoio inicial do PSOE e da UXT dado que os seus dirixentes consideraron que era preferible aproveitar
as posibilidades de colaboración ofrecidas polo novo réxime (colaboración na lexislación laboral, por
exemplo), sen solidarizarse, sen embargo, cos principios nos que se asentaba (autoritarismo, falta de
liberdades…)
A oposición máis frontal á Ditadura foi a levada a cabo pola CNT e o PCE. As autoridades respostaron
co peche dos seus locais, coa detención dos seus dirixentes... Tamén estiveron en contra os intelectuais
(Unamuno, Ortega, Blasco Ibáñez...) e gran parte dos estudiantes universitarios que centraron as súas
críticas na falta de liberdades. E, por último, é de destacar a oposición da burguesía catalana, que se separa
do resto da súa clase debido ó acusado centralismo e antinacionalismo do novo réxime.
O Directorio Militar levou a cabo unha serie de actuacións que permitiron a aparente consolidación do
ditador no poder durante esta primeira fase.
• Rexeneración da vida politica: Era o argumento clave de Primo de Rivera para xustificar o golpe
de Estado. Dada a ineficacia e a corrupción do sistema político vixente, desmantelou os seus
principais elementos. Suspendeu a Constitución de 1876 poñendo fin así á monarquía
constitucional como forma política de goberno, disolveu as Cortes, cesou a tódolos
Gobernadores Civís nomeando para as súas funcións a Gobernadores Militares, e substituíu ós
alcaldes e concelleiros por outros aditos ó novo réxime. Se ben os partidos políticos non foron
suprimidos, debido á falta de eleccións, na práctica perderon toda a súa importancia.
Ademais, en 1924 o ditador favoreceu a formación dun movemento ou partido, a Unión Patriótica,
que debía canalizar a participación dos cidadáns. Non tiña liña ideolóxica política concreta, estivo
baixo a autoridade de Primo de Rivera e dos gobernadores militares e, en realidade, foi unicamente
un movemento de apoio e propaganda da Ditadura.
• Restablecemento da orde pública.Supuxo unha dura represión do movemento obreiro utilizando
como medio o establecemento do estado de guerra ata 1925. Implicou a restrición das liberdades
públicas, a prohibición de manifestacións e reunións, e a persecución dos opositores,
fundamentalmente dos integrantes da CNT e PCE. Ademais, para aumentar a seguridade, estendeuse
por toda España o Somatén orixinario de Cataluña. Era un corpo formado por paisanos armados
baixo a autoridade de mandos militares que colaboraba coa Garda Civil no mantemento da orde
pública e na defensa da propiedade privada. A través destas medidas conseguiuse unha redución
significativa do número de folgas e atentados.
• Defensa da unidade da patria.Exerceuse unha dura represión contra as manifestacións dos
nacionalismos periféricos, xa que se consideraba delito calquera idea contraria á unidade da Patria.
Prohibiuse, por tanto, o emprego das linguas vernáculas nas escolas e institucións públicas, a

66
exhibición pública de símbolos que non fosen os españois e suprimiuse a Mancomunidade catalana;
os nacionalismos periféricos quedaron restrinxidos ás manifestacións de ámbito cultural.
• Fin da guerra de Marrocos. A retirada o exército español de parte do Protectorado cara posicións
máis seguras fixo crer a Abd-el-Krim que España estaba derrotada e cometeu o erro de atacar tamén
as posicións francesas. A alianza entre franceses e españois concretouse no desembarco de
Alhucemas en 1925, que permitiu a España a reconquista do Rif. Sucesivas derrotas de Abd-el-Krim
obrigaron a este a entregarse ós franceses -por temor a ser executado polos españois- e asinar a
rendición. A guerra rematou definitivamente en 1927 e foi un dos maiores éxitos da Ditadura;
salvou o prestixio do exército e contribuíu a elevar a popularidade do ditador.
4.3 O Directorio civil (1925-1930).
A finais de 1925 Primo de Rivera considerou que as medidas tomadas estaban dando resultados positivos
(menor conflitividade laboral, restablecemento da orde pública, freo do nacionalismo...) e aproveitando o
entusiasmo polo éxito militar de Alhucemas estimou conveniente poñer fin ó Directorio Militar, no que o
Exército estivera nun primeiro plano, e afianzarse no poder instaurando un Directorio Civil que estivera
formado maioritariamente por civís e só por un reducido número de militares. Para este cometido, que el
considera a “volta á normalidade”, vai contar tamén co apoio do Rei. Nesta nova etapa ten como obxectivos
sentar as bases dun novo réxime político e potenciar o desenvolvemento económico.
• Intento de instauración dun réxime corporativo: Rexeitada a volta ó réxime constitucional de
1876, Primo de Rivera intentou instaurar un novo réxime, de carácter corporativo, claramente
influenciado polas ideas do fascismo italiano.
◦ No ámbito político, o primeiro paso vai ser a formación, en 1927, dunha Asemblea Nacional de
carácter consultivo, que tería como función elaborar e presentar ó Goberno os proxectos de leis.
Estaba formada polos representantes das diferentes corporacións do Estado (representantes dos
concellos, deputacións), corporacións económicas (representantes dos obreiros, empresarios e
profesionais) e da Unión Patriótica. A maior parte dos integrantes pertencían ás antigas
oligarquías: antigos políticos, terratenentes, burguesía… En 1929 presentou ó Directorio un
proxecto de Constitución que declaraba a organización territorial de España unitaria e
centralizada, a relixión católica como oficial do Estado, concedía moitas prerrogativas políticas ó
Rei, baleiraba de importancia ás Cortes (meras colaboradoras do Goberno)… Foi acollido con
fortes críticas, tanto polos liberais como polos partidos de esquerdas, ata o punto de que foi
retirado e non se aprobou, constituíndo un significativo fracaso político para Primo de Rivera.
◦ No ámbito laboral, estableceu a Organización Corporativa do Traballo a través dos comités
paritarios para regulamentar as relacións entre obreiros e patróns. Contaron co apoio dos
sindicatos católicos e incluso da UXT, que valoraba positivamente que sociedades de obreiros
puideran intervir na regulamentación do traballo e na fixación de salarios. Ademais, elaborouse
unha ampla lexislación laboral e social co obxectivo de mellorar os condicións de vida dos
traballadores.
• Potenciación do desenvolvemento económico. Foi unha das preocupacións básicas do Directorio
Civil e, en liñas xerais, asistimos nesta etapa a un crecemento económico significativo en liña coa
favorable conxuntura económica europea e mundial dos anos 20 ata a crise de 1929. As
principais medidas foron:
◦ Forte intervencionismo do Estado na economía, aínda que dentro do marco do capitalismo.
Patentizouse no control dos prezos do mercado interior e exterior; concretamente neste ámbito
levouse a cabo un forte proteccionismo arancelario que fixo de España un país de economía
moi pechada, cunha escasa relación co exterior. O intervencionismo tamén se apreciou na
nacionalización de determinadas industrias, aínda que se realizou de maneira limitada,
afectando, por exemplo, ás que transformaban materias primas que se obtiñan en España, e sobre
todo ás estratéxicas (enerxía...). Inspirábase directamente no fascismo italiano e tiña como
obxectivo lograr a independencia de España no ámbito económico e, en último termo, no
político.
◦ Concesión de créditos e realización de encargos estatais ás empresas privadas. Ademais, o
Estado encargouse directamente da realización de importantes Obras Públicas entre as que
destacan a modernización do ferrocarril, renovación das estradas, construción de pantanos e
obras de regadío... Desta maneira, contribuíu de maneira importante ó incremento da

67
produción industrial. Apréciase claramente nos datos de produción de carbón, aceiro, cemento,
enerxía...
◦ Formación de monopolios para garantir o subministro de determinados servicios. Destaca a
creación da CAMPSA no sector de petróleo e derivados.
◦ Balance: Hai unha certa controversia entre os historiadores. É indiscutible un importante
crecemento económico beneficiado pola favorable conxuntura internacional e pola paz social
lograda mediante o control da orde pública e a represión da axitación obreira. Sen embargo, este
crecemento realizouse a través dun excesivo dirixismo estatal, dun forte proteccionismo que
mantivo a produción española en niveis pouco competitivos a escala mundial, elevou
enormemente a débeda do Estado, non solucionou os problemas estruturais da agricultura...
Cando a conxuntura internacional sexa negativa, estes problemas pasarán a primeiro plano.
• Incremento da oposición. O golpe de Estado de Primo de Rivera espertara simpatías iniciais, ou
cando menos pasividade e indiferencia, en gran parte da sociedade. Sen embargo, conforme pasa o
tempo, debido sobre todo ós intentos de perpetuación do réxime, asistiuse a un claro incremento da
oposición.
◦ Os vellos políticos liberais estaban descontentos coa perpetuación da Ditadura e presionaron ó
Rei para voltar ó sistema constitucional. Como este seguiu apoiando a Primo de Rivera, fóronse
separando progresivamente da Monarquía e engrosando as filas do republicanismo, cada vez
con máis adeptos e mellor organización.
◦ Os intelectuais acentuaron as súas críticas á Ditadura. O mesmo fixeron os estudiantes de
esquerda, que fundaron a FUE (Federación Universitaria Escolar). As autoridades respostaron
co peche das aulas, co desterro de catedráticos...
◦ O PCE e os anarquistas seguiron co seu enfrontamento radical. Incluso estes últimos, para
reforzar o seu carácter revolucionario, crearon en 1927 a FAI (Federación Anarquista Ibérica). O
PSOE e a UXT decidiron abandonar a súa actitude inicial de colaboración e pasaron a adoptar
un claro enfrontamento co réxime. Os nacionalistas periféricos radicalizaron a súa oposición
ante a persecución de linguas e símbolos. Un claro exemplo é o de Francés Maciá, que pasou a
defender claramente o independentismo catalán.
◦ Incluso unha parte do Exército retiroulle o seu apoio. Xa en 1926 houbo un intento de
contragolpe protagonizado por un sector militar apoiado por un relevante grupo de políticos
liberais. Acusaban a Primo de Rivera de utilizar ó Exército para funcións que non lle eran
propias e de querer perpetuarse no poder e pretendían voltar a un sistema de liberdades e de
participación cidadá. Coñeceuse co nome de Sanjuanada porque foi levado a cabo no día de
San Xoán e, aínda que fracasou, puxo de manifesto a existencia dunha clara oposición ó ditador
dentro da institución militar. Máis adiante, o enfrontamento entre Primo de Rivera e o corpo
de Artillería rematou coa supresión do mesmo en 1929. Moitos oficiais desencantados coa falta
de apoio do Rei pasaron a engrosar tamén as filas do republicanismo.
Ante todas estas dificultades e querendo comprobar o apoio do Exército, Primo de Rivera, en xaneiro de
1930, consultou ós xefes militares se contaba coa súa confianza. Ante a falta de entusiasmo apreciada,
presentou a súa demisión que foi aceptada. Primo de Rivera marchou para o exilio cara a Francia, onde
residiu ata a súa morte, que sucedeu uns meses máis tarde.

5- OS COMEZOS DA CUESTIÓN NACIONAL EN ESPAÑA: REXIONALISMO E


NACIONALISMO EN CATALUÑA, PAÍS VASCO E GALICIA.
Ó longo do s. XIX foise desenvolvendo en España un Nacionalismo Español conservador defendido
polos liberais moderados, conservadores e polos tradicionalistas católicos. Consideraban que España era
unha única nación e defendían unha estrutura política centralista e uniformizadora. Os liberais
progresistas, os demócratas e os republicanos adoptaron posturas máis flexibles. É certo que en gran parte
eran unitarios e centralistas, pero sempre aceptaron en maior medida cós conservadores o recoñecemento
dunha certa autonomía local e rexional; algúns incluso defenderon posturas federalistas. Durante os séculos
XIX e XX predominou o nacionalismo español conservador dado que foron os políticos desta tendencia
os que en maior medida desempeñaron os labores de goberno nesa etapa.
Na segunda metade do s. XIX, sobre todo na época da Restauración, tamén foron aparecendo na periferia
peninsular unha serie de nacionalismos que defendían a existencia de nacións propias e que desembocaron

68
nun claro enfrontamento co nacionalismo español; son os denominados nacionalismos periféricos: o
catalán, o vasco e o galego.
Varios son os factores que explican este fenómeno:
– En primeiro lugar, a existencia dentro da Monarquía Española dunha diversidade cultural e
lingüística que tiña as súas orixes na Idade Media e pervivía no s. XIX nun amplo sector da
poboación de Cataluña, País Vasco e Galicia. Nestes territorios xerou un amplo descontento a
política de uniformización xurídica e a imposición dun modelo de cultura uniforme, que
reflectía os valores e lingua de Castela, levada a cabo polos diferentes gobernos liberais.
– Por outro lado, a política integradora da poboación dos distintos territorios levada a cabo por
estes gobernos a través da educación, o exército e participación política terminou nun fracaso. As
notables deficiencias das medidas adoptadas nestes ámbitos (débil escolarización, redención de
quintos, manipulación electoral...) explican que as masas populares non se sentiran identificadas
cuns valores comúns para todos.
– Ademais, a desilusión pola marcha xeral do país agudizouse na periferia sobre todo a partir do
Desastre do 98. Foise acentuando a idea de decadencia e desprestixio e votouse en falta un proxecto
común que ilusionase a toda a poboación e a fixese sentir orgullosa da súa pertenza a España.
5.1.- O Nacionalismo Catalán.
Na década de 1830, no marco do Estado liberal español e no contexto cultural do Romanticismo, xurdiu
en Cataluña un amplo movemento cultural e literario coñecido como Renaixença. A súa finalidade era a
recuperación da lingua e da cultura catalanas, pero carecía de aspiracións e proxectos políticos.
A partir de 1880 tiveron lugar as primeiras formulacións catalanistas cun contido político.
Enmárcanse dentro do denominado rexionalismo, que reivindica unha descentralización administrativa e
un autogoberno como un dereito de Cataluña fronte ó Estado uniformizador e centralizador, pero sen
discutir a unidade nacional de España.
Aínda que este rexionalismo estivo dividido en dúas tendencias, a progresista e a conservadora, foi esta
última a maioritaria. Estivo representada pola Unió Catalanista, partido fundado en 1891, e o seu
programa quedou fixado nas Bases de Manresa (1892). Proclamaba o catalán como a única lingua oficial en
Cataluña e nas súas relacións co Goberno Central así como a necesidade dun Goberno e dunhas Cortes
rexionais que se ocupasen dos asuntos propios de Cataluña. Por último, tamén facía fincapé en que no ámbito
do ensino público debería prestárselle unha atención especial á cultura catalana.
Este catalanismo foi evolucionando cara posicións nacionalistas. Prat de la Riva foi o primeiro en
identificar a Cataluña como unha nación pois contaba cos requisitos para ser considerada como tal: lingua,
tradición, cultura, e vontade de autogobernarse. Para harmonizar o autogoberno catalán coa unidade de
España propuxo a fórmula da federación das diferentes nacións que formaban España no marco dun
Estado plurinacional.
Estas ideas de Prat de la Riva foron a base dun nacionalismo catalán conservador, apoiado polos
sectores burgueses, que se concretou na fundación en 1901 da Lliga Regionalista de Cataluña co obxectivo
de participar activamente na vida política catalana e española. Os seus éxitos electorais convertérona na
forza hexemónica de Cataluña ata a Ditadura de Primo de Rivera. O amplo rexeitamento suscitado en
Cataluña pola Lei de Xurisdicións (1906) foi aproveitado pola Lliga para liderar un amplo movemento,
Solidaritat Catalana, que reuniu ós nacionalistas, carlistas e republicanos e presentou un programa baseado
na derrogación da lei e a consecución da autonomía. Nas eleccións de 1907 conseguiron case a totalidade dos
escanos que lle correspondían a Cataluña no Congreso de Deputados, feito que supuxo na práctica a fin da
quenda dos partidos dinásticos en boa parte de Cataluña.
No ano 1914, acolléndose á Lei de Mancomunidades, as Deputacións catalanas controladas pola Lliga
impulsaron a creación da Mancomunidade de Cataluña; foi o primeiro recoñecemento da súa
personalidade política e xurídica e funcionou ata 1925 (suprimida por Primo de Rivera). Consistía nunha
federación das catro provincias catalanas que xestionarían conxuntamente o orzamento destinado a
beneficencia, cultura e obras públicas. A influencia da Lliga seguiu crecendo e o seu dirixente máis
destacado, Francesc Cambó, formou parte, entre 1917 e 1922, de diferentes gobernos de Madrid.
Trala fin da I Guerra Mundial a aplicación do principio das nacionalidades á hora de deseñar o novo
mapa europeo reactivou a presión por conseguir para Cataluña unha autonomía completa; estes desexos
levaron ós catalanistas a elaborar en 1919 un Proxecto de Estatuto de Autonomía, pero foi rexeitado polo
Goberno central.
Todas as reivindicacións catalanistas de calquera signo quedaron anuladas durante a Ditadura de

69
Primo de Rivera. Sen embargo, esta represión contribuíu á súa radicalización e favoreceu o reagrupamento
das forzas da esquerda nacionalista e republicana, que en 1931, trala desaparición da Ditadura, forman
Esquerra Republicana de Cataluña, forza que se converterá en hexemónica en Cataluña durante a II
República.
5.2.- O Nacionalismo Vasco.
A supresión dos foros vascos despois da 3ª Guerra Carlista (1876) provocou un sentimento de
frustración nos sectores tradicionalistas que mantiveron sempre vivo o obxectivo da recuperación foral plena.
Nesa mesma época, asístese no País Vasco a un gran desenvolvemento económico (siderurxia, banca) que
favoreceu unha forte inmigración de traballadores doutras rexións de España. Neste contexto, considerado
polos tradicionalistas como unha ameaza para a supervivencia da cultura, sociedade e lingua vascas, Sabino
Arana formula os principios orixinarios do nacionalismo vasco e impulsa a formación do Partido
Nacionalista Vasco (P.N.V.) en 1895.
Defende a independencia dos territorios vascos fronte a España e a súa unión nunha nova entidade
política denominada Euzkadi (ou Euskeria); a el débese tamén a creación da súa bandeira, a ikurriña, e do
seu himno. Defende a superioridade da raza vasca e o mantemento da súa pureza; ós seus ollos, os
immigrantes, chamados despectivamente maketos, son destrutores das esencias patrias e deberían estar
illados dos verdadeiros vascos. Neste sentido, a lingua propia, o eusquera, podía ser un instrumento eficaz
para garantir a separación das dúas colectividades. Ademais conecta co catolicismo máis tradicional, que é
considerado como unha das esencias da alma vasca, e co tradicionalismo político e social, rexeitando tanto
os postulados liberais como as ideas obreiristas.
O movemento nacionalista foi crecendo e ampliando paulatinamente a súa influencia e poder. Sen
embargo, xa dende o principio, foi palpable a existencia de dúas tendencias diferenciadas: unha de
radicais independentistas e outra de autonomistas moderados ou posibilistas, partidarios de conseguir a
plena reintegración foral pero sen romper a unidade de España. As dúas tendencias trataron de dominar o
PNV causando tensións e divisións, ata o punto que en 1921 produciuse a ruptura entre ambas dando lugar
a dous partidos diferentes.
Tralo golpe de Estado de Primo de Rivera, foron suprimidas as organizacións políticas vascas,
quedando o nacionalismo relegado a actos culturais e folclóricos.
En 1930, as dúas tendencias do nacionalismo vasco uniranse de novo no PNV, partido que durante a
II República será hexemónico no País Vasco.
5.3.- O Nacionalismo Galego.
- Fase Provincialista.
Comeza xa moi cedo, na década de 1840, é foi froito da denominada Xeración de 1846, un grupo de
mozos universitarios, afeccionados á literatura, de orientación política progresista, entre os que destacan
Antolín Faraldo e Neira de Mosquera, que poñen de manifesto por primeira vez, aínda que sexa de
forma esquemática e concisa, a particularidade de Galicia.
Van apoiar o pronunciamento progresista liderado polo xeneral Solís, iniciado na cidade de Lugo en 1846,
contra o goberno moderado de Narváez a través de mitins, escritos... e, sobre todo, coa creación da Xunta
Suprema do Reino de Galicia. Na proclama difundida por este organismo o 15 de abril resaltan os
elementos diferenciais de Galicia tales como a lingua, costumes, historia e poñen énfase no seu atraso e
estancamento que achacan en gran parte o abandono e maltrato ó que foi sometida por parte das autoridades
centrais; é o que se coñece como “síndrome da aldraxe”. Esta denuncia vai acompañada dunha proposta,
aínda pouca elaborada, dun certo grao de autogoberno para Galicia, como se fose unha única provincia, de
aí o nome de provincialismo. Sería este o primeiro paso para que esta conseguise saír do estancamento,
rexenerase a súa riqueza e ocupase o lugar de prestixio que lle correspondía.
O exército de Solís, sen embargo, foi derrotado en Cacheiras polas tropas gobernamentais. A represión
levouse a cabo con rapidez: tanto Solís coma 11 dos seus compañeiros foron fusilados en Carral (“os
mártires de Carral”), e Faraldo tivo que fuxir a Portugal. O fracaso do movemento debeuse á súa debilidade
militar (non conta con apoios fóra de Galicia) e ó escaso respaldo popular.
Despois deste fracaso o feito máis reseñable durante os próximos anos tivo lugar no ámbito da cultura, o
Rexurdimento, protagonizado por Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enriquez. A eles
debeuse o inicio do movemento de recuperación e defensa do emprego do galego non só como lingua
popular senón tamén literaria.
- Fase Rexionalista.
Na década de 1880 aparece este movemento rexionalista que coincide cronoloxicamente co que acontece

70
noutras partes de España. Hai agora unha concepción teórica sobre a especificidade de Galicia moito mais
elaborada e precisa que na época anterior e serve de base para a reclamación do dereito de autonomía
política e administrativa aínda que sen discutir a unidade nacional de España.
Na defensa do rexionalismo destacan dúas posturas ideolóxicas diferentes.
a) Liberal, liderado por Murguía.
Reivindica para Galicia o dereito a dispoñer dunha autonomía política, pero dentro do marco liberal,
proclamando, polo tanto, a compatibilidade do liberalismo e do rexionalismo. Dende o punto de vista
económico valora positivamente o progreso capitalista e defende a iniciativa privada, a liberdade económica
e o importante papel que supoñen as cidades e a burguesía para o cambio e a modernidade.
b) Tradicionalista, liderado por Alfredo Brañas.
Parte das mesmas premisas que Murguía, pero Brañas rexeita o liberalismo a sitúase na órbita do
carlismo e do tradicionalismo católico, considerando á relixión católica como un elemento esencial da
alma galega. Tampouco acepta os cambios económicos capitalistas, a preponderancia da burguesía nin o
novo estilo de vida que representa a cidade. Idealiza a etapa medieval e avoga pola estructura rural
tradicional, pola hexemonía social da fidalguía e pola organización económica baseada nos antigos
gremios (neogremialismo); estes serían tamén fundamentais para estruturar a participación política dado
que elixirían os representantes dos diferentes oficios que formarían parte das Cortes Rexionais.
Nesta etapa prodúcese o paso da mera formulación teórica á participación política por medio da
organización Solidariedade Galega, fundada en 1907. Está en conexión coa estratexia de coalicións iniciada
en Cataluña, de tal forma que conflúen nela diferentes tendencias: rexionalistas, republicanos e, incluso,
carlistas. No “Manifesto Solidario” recollen os seus obxectivos: acabar co centralismo, depurar o sistema
político e fomentar o progreso económico. A pesar de que teñen un certo éxito electoral na provincia da
Coruña, a súa vida foi efémera polas disensións internas e desaparece en 1912.
- Fase Nacionalista.
A ideoloxía propiamente nacionalista foi en Galicia máis feble que en Cataluña e no País Vasco e tamén
máis tardía: só a partir de 1916 o pensamento político galeguista afirma con rotundidade que Galicia é
unha nación. Para os nacionalistas isto é así porque está caracterizada pola súa lingua (galego), a súa
xeografía (a Terra galega), a súa raza (céltica), o seu espírito (a alma galega, a saudade), a súa cultura e a súa
historia, diferentes das do resto dos pobos de España.
Un paso significativo a nivel organizativo constituíuno a fundación na Coruña en 1916 das Irmandades
da Fala impulsadas por Antón Vilar Ponte, que pronto se estenderon por toda Galicia. En 1918 celebrouse
na cidade de Lugo a primeira asemblea das Irmandades da Fala, a I Asemblea Nacionalista, e nela
estableceron o seu programa político.
Defende unha autonomía integral para Galicia que debería contar cun Parlamento, elixido por sufraxio
universal, que exercera o poder lexislativo, e un Goberno propio, elixido polos deputados, que exercera o
poder executivo. Tamén eran aspectos significativos do programa a cooficialidade do galego e o castelán, a
competencia exclusiva das autoridades galegas no ámbito do ensino, a igualdade de dereitos para a muller e a
federación de Iberia (a unión de España e Portugal).
Ó movemento das Irmandades incorporáronse numerosas personalidades da cultura galega, aínda que a
súa repercusión popular foi minoritaria. Ademais, pronto xurdiron diferenzas por motivos ideolóxicos e de
estratexia política entre o nacionalismo tradicionalista (Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde),
que defendía o papel determinante do catolicismo na sociedade galega, a hexemonía social e política da
fidalguía e dos sectores intelectuais e a preeminencia das actividades culturais por enriba da
participación política (preconizaban o abstencionismo) e o nacionalismo democrático (Castelao,
Alexandre Bóveda), que defendía a participación política do movemento coa finalidade de alcanzar unha
democracia compatible co pleno autogoberno de Galicia. Estas diferenzas provocaron a escisión do
movemento en dúas liñas distintas. Na Asemblea de Monforte de 1922 a meirande parte das Irmandades,
encabezadas por Risco, formaron a Irmandade Nacionalista Galega cun programa baseado na actividade
cultural e no abstencionismo electoral mentres que a Irmandade da Coruña decidiu, seguindo a Peña Novo,
a participación política nas eleccións.
A pesares da reducida importancia política do galeguismo, non cabe dúbida de que a actividade
cultural neses anos foi moi destacada. Cabe salientar o papel da Revista Nos, fundada en 1920 e dirixida
por Risco, e o do Seminario de Estudios Galegos, fundado en 1923. En torno a eles numerosos intelectuais
galegos, a denominada Xeración Nos (Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao...) realizaron un intenso
labor de estudio, creación e divulgación dos aspectos literarios, artísticos, históricos, etnográficos... que

71
configuraban a realidade galega.
Durante o goberno de Primo de Rivera as actividades galeguistas quedaron reducidas ó ámbito cultural,
pero coa caída da Ditadura fundáronse a ORGA e sobre todo o Partido Galeguista, que terán gran
importancia durante a República.
En resumo, durante a segunda metade do s. XIX e primeiras décadas do s. XX vanse conformando unha
serie de nacionalismos en Cataluña, País Vasco e Galicia enfrontados ó nacionalismo español, que reclaman
a cualificación de nación para os seus territorios e un determinado grao de autonomía política e incluso a
independencia. Se ben na época de Primo de Rivera quedaron relegados a un mero ámbito cultural, coa
chegada da República retomarán á súa actuación política e lograrán a aprobación de Estatutos de Autonomía.
Aínda que na época de Franco derrogáronse, coa implantación da democracia, tanto Cataluña como o País
Vasco e Galicia, debido a esta experiencia autonomista, tiveron unha consideración especial, xa que foron
consideradas comunidades históricas e accederon á autonomía dunha maneira máis directa e rápida cás
demais rexións españolas.

72
TEMA 9.-A II REPÚBLICA E A GUERRA CIVIL .

1. A FIN DA MONARQUÍA E A PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA. (1930-31).


Trala demisión de Primo de Rivera, Alfonso XIII encargou ó xeneral Berenguer a formación dun novo
goberno coa pretensión de restablecer a normalidade política e as liberdades públicas de acordo coa
Constitución de 1876. Sen embargo, esta volta ó pasado non foi aceptada por unha ampla maioría da
sociedade e a lentitude do goberno Berenguer (cualificado como de ditablanda) en realizar as reformas
necesarias intensificou a oposición á monarquía. O Rei xa non contaba con máis defensores que algúns
tradicionalistas católicos e a aristocracia vinculada á Coroa.
A inestabilidade acrecéntase progresivamente. Por un lado, cada vez é máis palpable o deterioro da
situación económica como consecuencia da crise de 1929: aumenta o paro, retrocede a produción
industrial, colápsase o comercio… Por outro, a oposición organízase en contra da Monarquía.
Concretamente en 1930, un importante número de personalidades políticas (republicanos, antigos
monárquicos, nacionalistas, socialistas) en representación dos seus partidos ou a título persoal reuníronse en
San Sebastián e estableceron un acordo non escrito, denominado Pacto de San Sebastián, co fin de
establecer unha República parlamentaria, garantir a liberdade política e relixiosa, convocar eleccións a
Cortes constituíntes e abrir a posibilidade do recoñecemento da autonomía política das rexións. O Pacto
establecía tamén a formación dun Comité revolucionario, embrión dun futuro goberno provisional,
encargado de planificar unha sublevación xeral contra a Monarquía. Varios intentos de restablecer a
República pola forza non tiveron éxito.
Ante a crecente axitación social o novo xefe de Goberno Juan Bautista Aznar convocou eleccións
municipais como paso previo ás xerais, co obxectivo de asentar o réxime. As municipais foron fixadas para
o 12 de abril e, dadas as circunstancias, adquiriron un carácter de plebiscito a favor ou en contra da
Monarquía. O claro triunfo das candidaturas republicanas nas grandes cidades foi considerado como un
apoio ó restablecemento da República. Alfonso XIII, aconsellado polos seus ministros e sen un claro apoio
das autoridades militares decidiu partir para o exilio e o 14 de abril foi proclamada a II República.

2.- O BIENIO PROGRESISTA (ABRIL 1931-NOVEMBRO 1933).


O 14 de abril constituíuse o Goberno Provisional da República no que se integraron republicanos de
tódalas tendencias así como socialistas presidido por Niceto Alcalá Zamora (practicamente os que
participaron no Pacto de San Sebastián). Sen perder tempo, iniciou unha serie de reformas co obxectivo de
eliminar o caciquismo e mellorar a situación do ensino, agricultura, etc., medidas que se completarían
posteriormente.
Nas eleccións a Cortes Constituíntes celebradas en xuño de 1931 saíu gañadora a Coalición
Republicano-Socialista. As dereitas, desorganizadas, tiveron unha representación inferior á súa influencia
na sociedade. C
2.1.- A Constitución de 1931.
Foi froito dun acordo entre republicanos de esquerda e socialistas moderados e non dun consenso de
tódalas forzas políticas. A falta de unanimidade na súa aprobación e o feito de que non foi ratificada en
referendo outorgou argumentos ós partidos da dereita para rexeitala alegando que non respondía á opinión
maioritaria do país. Deste xeito, nunca a aceptaron na súa integridade e buscaron sempre a súa modificación.
– Define a España como unha República de Traballadores de todas clases.
– Considera a España como un Estado Integral, modelo intermedio entre o centralista e o federal.
Abre un camiño para a solución dos problemas nacionalistas recoñecendo a autonomía das diferentes
rexións, aínda que sen poñer en cuestión a unidade de España. Este apartado foi, sen embargo, moi
contestado polos sectores conservadores dado que o consideraron como unha vía aberta ó
separatismo e á ruptura da unidade da patria.
– Establece unha República Parlamentaria. Os poderes máis importantes –Presidencia da República,
executivo, lexislativo e xudicial- equilíbranse mutuamente para evitar que calquera deles predomine
sobre os demais.
– Soberanía Popular. Sufraxio Universal. Establécese que a soberanía está en todos e cada un dos
cidadáns e apróbase por primeira vez o sufraxio feminino en España. Fíxose despois dunha forte
polémica dado que se consideraba que as mulleres estaban moi influenciadas pola Igrexa e o seu
voto sería fundamentalmente antirrepublicano e conservador.
– Dereitos e liberdades claramente especificados. Xunto ós tradicionais, recóllese o dereito á

73
educación (laica), á protección no traballo, ó divorcio…
– Establece un modelo económico mixto. Garantía a propiedade privada (aínda que podía ser
expropiada con indemnización) e tamén recoñecía a intervención do Estado na economía co
obxectivo de limitar os enormes desequilibrios do capitalismo e favorecer ós sectores máis
deprimidos. Era un modelo moi avanzado para a época pero provocou o rexeitamento dos partidos
de dereitas así como dos propietarios agrarios e industriais, que acusaron á nova lexislación de
comunista, temerosos de ver diminuído o seu poder económico. Pola contra, os sectores máis
radicais do movemento obreiro consideraron a reforma insuficiente.
Unha vez aprobada a Constitución, o Goberno Provisional dimite e as Cortes volven a escoller a Alcalá
Zamora como primeiro presidente da República, quen nomea a Manuel Azaña presidente do Goberno.
Este, co apoio dos republicanos de esquerda e do PSOE, vai emprender unha serie de importantes
reformas encamiñadas a modernizar o país. De todas formas, a súa actuación vaise ver dificultada pola
adversa conxuntura económica internacional. A Grande Depresión, iniciada en 1929, desembocou nunha
grave crise mundial que influíu negativamente na economía española xa que provocou un retroceso na
produción, un aumento do paro e, en definitiva, agravou as tensións políticas e sociais da década de 1930.
2.2.- As grandes refromas do goberno de Azaña.
a) Cuestión Relixiosa.
A coalición republicano-socialista adoptou unha política de secularización do Estado, que desenvolvía
os artigos 26 e 27 da Constitución. Xa dende o primeiro momento Azaña afirmou que “ España deixou de
ser católica”, en referencia a que a relixiosidade debía quedar limitada ás prácticas individuais. En
consecuencia, establecíase unha clara separación Igrexa-Estado que levaba aparellada a liberdade de cultos, a
extinción do orzamento do clero, a aprobación do divorcio e do matrimonio civil e a prohibición de que as
ordes relixiosas se dedicasen o ensino e realizasen actividades económicas.
Estas medidas foron cualificadas como intolerables pola dereita católica e pola Igrexa, que incitou ós
fieis católicos a que non acatasen a Constitución nin a República (“República atea”). A esta actitude sumouse
o comportamento antirrelixioso dos grupos radicais que chegaron a queimar igrexas e a asasinar a cregos
e monxas. En definitiva, a falta de tolerancia e intransixencia duns e doutros propiciou que a cuestión
relixiosa fose motivo de graves enfrontamentos e constituíra unha das causas do estoupido da Guerra Civil.
b) Reforma Militar.
O Exército español presentaba en 1931 unha serie de defectos significativos: excesiva intervención
nos asuntos públicos (permitida polas leis), exceso de oficiais, de unidades, formación anticuada e
equipamento arcaico. Xa en 1931, a denominada Lei Azaña establecía unha serie de cambios que perseguían
solucionar estes problemas á vez que eliminar da institución militar os elementos antirrepublicanos. Desta
maneira, suprimía a Lei de Xurisdicións de 1906, establecía unha reorganización xeral das unidades do
Exército, pechaba a Academia Militar de Zaragoza para frear o crecemento innecesario do número de oficiais
e obrigaba a tódolos mandos a xurar fidelidade á República, aínda que permitía que se retirasen co soldo
íntegro os que así o desexasen.
En liñas xerais as reformas eran correctas e ían ben encamiñadas, pero a rapidez con que foron decretadas
e a substitución e relevo de moitos mandos crearon un gran malestar entre os militares que acusaron a
Azaña de buscar a destrución do Exército. Esta oposición de boa parte dos oficiais viuse aumentada como
consecuencia do establecemento das autonomías, consideradas por eles como contrarias á unidade da patria,
da cal se sentían garantes.
Para contar cunha forza armada leal, a República creou un novo corpo, a Garda de Asalto, unha policía
nacional republicana que debía utilizarse para controlar as manifestacións e asegurar a orde pública nas
cidades.
c) Reforma Agraria.
As primeiras medidas para tratar de mellorar a situación do campo puxéronse en práctica por Largo
Caballero xa na etapa do Goberno Provisional. Consistiron na obrigación que se lle impoñía aos propietarios
de cultivar as terras, na imposición da xornada de 8 horas na agricultura, dos xurados mixtos de patróns e
traballadores para regulamentar os conflitos laborais, na aprobación do seguro de maternidade… Pero o
problema fundamental seguía sendo o enorme desequilibrio da estrutura da propiedade no sur
peninsular, que xeraba graves problemas sociais: ao lado dos grandes latifundios existían pequenos
propietarios e arrendatarios que traballaban explotacións moi reducidas, insuficientes para a súa subsistencia,
e numerosos xornaleiros sen terras. Para solventar este problema, estableceuse en 1932 a Lei de Bases da
Reforma Agraria, que autorizaba a expropiación de terras mediante indemnización e a súa concesión en

74
usufruto ós campesiños que se asentasen nelas. Afectaba fundamentalmente ás terras incultas ou
manifestamente mal cultivadas, ás que non estaban xestionadas directamente polos propietarios- deducíase
que foran adquiridas con fines especulativos-, e ós maiores latifundios de Estremadura e Andalucía.
A pesar do loable obxectivo, a falta de recursos financeiros e a oposición frontal dos propietarios
provocaron que a aplicación das medidas fose moi lenta e as terras entregadas ós campesiños escasas.
Este feito supuxo unha forte decepción por parte destes, que en moitos casos adoptaron posturas máis
revolucionarias, como a ocupación de terras pola forza ou o enfrontamento coa Garda Civil, e provocaron
unha gran tensión social que contribuíu ó debilitamento do goberno.
d) Reforma Educativa.
Ía encamiñada a mellorar a situación tan deficiente que amosaba España neste eido. Aínda que os
obxectivos non se cumpriron na súa totalidade debido ás limitacións orzamentarias, os cambios foron
significativos. Aumentou de maneira importante o número de escolas primarias, duplicáronse os institutos de
bacharelato, mellorou a calidade do ensino, diminuíu apreciablemente o analfabetismo, recoñeceuse o
emprego de tódalas linguas de España como instrumento de ensino, estableceuse o ensino laico…
Ademais, o Ministerio de Instrución Pública patrocinou as Misións Pedagóxicas que estaban formadas
por estudiantes universitarios e mestres que se desprazaban polos pobos de España organizando sesións de
cine, conferencias, audicións musicais… para achegar estas manifestacións culturais ás capas sociais máis
desfavorecidas. Outra experiencia cultural foi A Barraca, agrupación teatral formada por estudiantes
universitarios voluntarios, dirixidos por Lorca, que recorría os pobos e aldeas representando pezas de teatro
clásico e popular.
A reforma educativa supuxo a acentuación do enfrontamento das autoridades republicanas coa
Igrexa dado que suprimía a súa dedicación a esta actividade e a influencia da relixión no ensino.
e) A autonomía de Cataluña.
A Constitución de 1931 establecía un Estado unitario pero compatible coa autonomía das rexións. Por
tanto, aquelas que polas súas especificidades lingüísticas, históricas… decidiran organizarse en rexión
autónoma deberían elaborar un Estatuto de Autonomía, que logo dun referendo, necesitaría ser aprobado
polas Cortes.
O Estatuto de Autonomía de Cataluña foi o primeiro en ser aprobado, en 1932. Establecía a
Generalitat como principal órgano político de Cataluña. Estaba integrada pola Presidencia, un Parlamento e
un Consello Executivo, e tiña competencias en facenda, economía, educación, orde pública… Tamén
establecía a cooficialidade do catalán e castelán en Cataluña, de tal maneira que tódolos cidadáns poderían
utilizar calquera das dúas linguas para relacionarse coas institucións públicas.
As primeiras eleccións ó Parlamento de Cataluña foron gañadas por Esquerra Republicana de Cataluña
e Frances Maciá converteuse no Presidente da Generalitat.
2.3- As dificultades do Goberno reformista
Unha serie de acontecementos fan que entre en crise o Goberno da coalición Republicano-Socialista
e explican o triunfo dos partidos de dereita en 1933.
a) A sublevación de Sanjurjo.
Foi levado a cabo en 1932 por un grupo de militares encabezados polo xeneral Sanjurjo (coñécese como
Sanjurjada), que estaban resentidos pola política militar levada a cabo polo Goberno e preocupados pola
inminente aprobación do Estatuto de autonomía de Cataluña. O golpe foi financiado polos terratenentes
andaluces, temerosos da política agraria do Goberno. Aínda que fracasou e os participantes foron detidos e
condenados a prisión e a fortes multas, contribuíu a aumentar a tensión política.
b) Aumento da conflitividade social.
Conforme avanza o bienio, o enfrontamento social vai en aumento. Por un lado, os grandes e medianos
propietarios, descontentos coas medidas de redistribución da propiedade, boicotean a nova lexislación
deixando de cultivar as terras, non contratando ós xornaleiros… Por outro, as organizacións obreiras,
anarquistas, comunistas e incluso algunha socialista como a FTT (Federación de Traballadores da Terra
integrada na UXT), non aceptan as reformas que está poñendo en práctica o goberno republicano por
consideralas moi limitadas e aproveitando o descontento existente entre campesiños e obreiros pretenden
establecer unha sociedade libertaria ou unha república obreira; é así como aumenta o número de
manifestacións, folgas e altercados nas cidades e de revoltas no campo. Entre todas elas destacou a levada a
cabo en 1933 na pequena localidade gaditana de Casas Viejas. Seguiu o esquema xeral doutras lideradas
polos anarquistas: toma do concello, queima do rexistro da propiedade, colectivización de propiedade e
declaración do comunismo libertario; pero a actuación da Garda Civil e de Asalto foi, nesta ocasión,

75
especialmente cruenta, xa que os campesinos sublevados foron acurralados e queimados na casa onde
resistían ou fusilados sen xuízo previo, cun balance final de doce mortos.
Este acontecemento causou un forte impacto na opinión pública, foi aproveitado polos partidos de
dereitas para desprestixiar ó goberno e contribuíu, en definitiva, a acrecentar as diferenzas entre os seus
integrantes.
c) Reorganización das dereitas.
A crise e caída da Monarquía trouxo consigo a desaparición dos partidos conservadores tradicionais e a
formación de novos grupos políticos de dereitas. Nos seus inicios tiveron escasa implantación na sociedade,
pero co paso do tempo incrementaron os seus efectivos integrando a aqueles que estaban descontentos coa
lexislación reformista e laica da República.
Unha minoría apoiou a formación de pequenos grupos de ideoloxía fascista. Rexeitaban o
parlamentarismo e a democracia, eran partidarios da utilización la violencia contra os que denominaban os
seus inimigos (marxistas, anarquistas) e formaron grupos paramilitares con elementos distintivos: camisa
azul e o xugo e as frechas (emblema dos Reis Católicos e, para eles, símbolo da unidade da patria). Uníronse
para formar a FE-XONS (Falanxe Española e das Xuntas Ofensivas Nacional Sindicalistas) baixo a
dirección de José Antonio Primo de Rivera.
Os conservadores nostálxicos do pasado fundaron partidos monárquicos, de carácter autoritario, entre os
que destacaron a Comuñón Tradicionalista, de orientación carlista, e Renovación Española, defensora dos
dereitos ó trono de Alfonso XIII e liderada por Calvo Sotelo.
Pero o gran partido de masas da dereita foi a CEDA (Confederación Española de Dereitas Autónomas)
liderada por José María Gil Robles. Non consideraba fundamental o tipo de réxime –republicano ou
monárquico- senón a defensa dos valores católicos e da propiedade privada. Antes das eleccións de 1933
defendeu en moitas cidades a formación de coalicións antimarxistas, baixo o seu liderazgo, cos grupos
monárquicos e outros minoritarios co obxectivo de revisar a Constitución e eliminar os seus trazos laicos e
progresistas.
d) Ruptura da Coalición Gobernamental.
En setembro de 1933 rómpese a coalición republicano-socialista. Os socialistas apoiaran a vía reformista
no primeiro Bienio, pero ante a falta e resultados e, sobre todo, ante a forte represión exercida polas forzas da
orde sobre as clases populares deixaron de colaborar cos partidos burgueses de esquerda. O presidente Alcalá
Zamora disolveu as Cortes e convocou eleccións para novembro de 1933.

3. O BIENIO DE DEREITAS (Novembro 1933-Febreiro 1936).


Nas eleccións de novembro de 1933 prodúcese unha clara vitoria dos partidos da dereita. O Partido
Radical (Lerroux), de centro-dereita, encargarase dos labores de goberno apoiado parlamentariamente pola
CEDA, grupo que posteriormente formará parte do executivo. Por este motivo esta etapa é coñecida tamén
coa denominación de Bienio Radical-Cedista.
a) Política Rectificadora.
A acción política da coalición tivo como obxectivo final desfacer a obra lexislativa anterior. Foi
desmantelada a reforma agraria coa anulación das expropiacións das terras da alta nobreza, a cesión das
terras mal cultivadas ós campesiños, a total liberdade de contratación, que posibilitou unha rebaixa de
salarios, nun ambiente de revanchismo por parte dos propietarios que amosaron a súa vontade de desquitarse
das reformas anteriores. Supuxo un empeoramento das condicións dos traballadores do campo e unha
acentuación das tensións. O proceso autonómico foi paralizado xa que se obstaculizou todo o posible
aplicación do Estatuto catalán e atrasouse a discusión dos proxectos vasco e galego. No ámbito relixioso
asinouse un orzamento para culto e clero e deixáronse sen efecto gran parte das medidas anteriores. En
materia educativa reducíronse os orzamentos para a construción de escolas e, por último, se ben se
mantivo vixente a Lei Azaña sobre o exército, nomeáronse a moitos xenerais antidemócratas para altos
cargos e aprobouse un Decreto de amnistía que permitiu saír do cárcere ós participantes no golpe de Estado
de Sanjurjo.
A proliferación de protestas por parte dos traballadores levou Á CEDA a endurecer a súa posición
reclamando unha maior contundencia na represión e esixindo a súa participación no goberno baixo a ameaza
de retirar o seu apoio parlamentario ó Partido Radical. A entrada dos membros da CEDA no goberno foi
interpretada polas forzas de esquerda como un paso cara á destrución da República e o fascismo. A
agudización das tensións desembocou nos sucesos de 1934.
b) Os Sucesos de 1934.

76
– Folga Xeral. Foi convocada pola UXT para toda España, cun apoio irregular segundo as localidades
de anarquistas e comunistas. Tivo eco nalgunhas cidades importantes, pero a falta de planificación, a
deficiente unión e a forte represión -declaración do estado de guerra e mobilización do Exército-,
explican a neutralización da mesma.
– Proclamación do Estado Catalán. A revolución de outubro tivo eco en moitas cidades españolas e
especialmente nas de Cataluña onde a Generalitat, dominada pola esquerda e dirixida por Lluís
Companys, sublevouse contra o Goberno Central e proclamou o Estado Catalán (Estat Catalá)
dentro da República Federal Española. A intervención do Exército sufocou a tentativa e conlevou a
suspensión do Estatuto Catalán e a condena a penas de cárcere ós membros da Generalitat.
– A Revolución de Asturias. O chamamento á folga xeral tivo a súa maior significación en Asturias.
A unión entre comunistas, socialistas e anarquistas permitiu o triunfo da revolución protagonizada
polos mineiros. Ocuparon os cuarteis da Garda Civil e dominaron gran parte da rexión. Os concellos
foron substituídos por comités revolucionarios que se fixeron cargo da administración; nas zonas de
predominio anarquista puxéronse en marcha verdadeiras comunas, nas de dominio marxista
impúxose a ditadura do proletariado. Ó mesmo tempo, formaron patrullas dispostos a defender a
revolución e a estendela fóra do Principado. Nalgúns casos producíronse actos de violencia
anticlerical (queima de igrexas…). Para controlar a crítica situación o Goberno enviou a Asturias
ás tropas da Lexión e ós Regulares de Marrocos ó mando de Franco, que tras fortes combates
derrotaron ós sublevados. A represión foi moi dura: multitude de mortes, 30.000 prisioneiros,
condenas a morte…
Estes acontecementos contribuíron á crecente polarización social. Por unha banda, os monárquicos e
conservadores agrupáronse no Bloque Nacional, contrario á vixencia do réxime e da Constitución
republicana. Por outra, formouse a Fronte Popular na que participaron as forzas republicanas de esquerda e
organizacións obreiras, co obxectivo de contrarrestar o que eles consideraban avance do fascismo: Izquierda
Republicana (Azaña), Unión Republicana (Martínez Barrio), Partido Republicano Federal, PSOE, UXT,
PCE, POUM (Partido Obreiro de Unificación Marxista)…
O Goberno debilítase cada vez máis ó mesmo tempo que xorden diferencias no seo da coalición. Ante
estas discrepancias, que lle impiden ó goberno realizar o seu labor, o presidente da República convoca
eleccións en 1936.

4. A FRONTE POPULAR (FEBREIRO-XULLO 1936).


As eleccións de febreiro de 1936 foron gañadas pola Fronte Popular, aínda que por escasa marxe,
corroborando a polarización da sociedade española entre os partidos da dereita e os da esquerda. As novas
Cortes elixiron como Presidente da República a Manuel Azaña, e Casares Quiroga foi nomeado Xefe do
Goberno. Como quedara acordado na formación da Fronte Popular, constituíron goberno os partidos
republicanos de esquerdas apoiados parlamentariamente polas forzas obreiras co obxectivo de levar adiante
un programa que continuara coas reformas da etapa inicial da República sen accións revolucionarias.
4.1.- Aceleración das reformas.
A aceleración das reformas foi máis palpable no ámbito agrario. En liñas xerais, volve a estar vixente a
lexislación do Bienio progresista, pero as medidas aplicáronse se xeito máis rápido; serva como exemplo o
feito de que en 5 meses foron repartidas ós campesiños moitas máis fincas que en todo o período anterior.
Ademais recuperouse a política reformista no ensino, decretouse unha ampla amnistía que afectou a 30
000 presos, e modificouse a cúpula do Exército trasladando ós xenerais máis conservadores e inclinados ó
golpismo a zonas afastadas da capital -Franco a Canarias, Mola a Pamplona-. Por último, retomouse a
política autonómica: restableceuse o Estatuto catalán, iniciouse a discusión do Estatuto vasco e convocouse
un referendo para aprobar o Estatuto galego.
4.2.- O Estatuto Galego.
A pesar da represión que sufriron as forzas nacionalistas durante a Ditadura, xa en 1929 creouse en
Galicia a ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma), liderada por Casares Quiroga, que
canalizou o sentimento nacionalista. Será, sen embargo, o Partido Galeguista, fundado en 1931, a forza que
acadará un maior protagonismo na elaboración do Estatuto. A súa aprobación iniciouse en 1932, cando foi
respaldado polo 75% dos concellos de Galicia. Era o primeiro trámite ó que obrigaba a Constitución, pero o
proceso paralizouse cando os partidos de dereitas triunfaron nas eleccións de 1933.
En 1936, o Partido Galeguista foi convidado a participar no bloque da Fronte Popular coa promesa de
que, coa victoria, a coalición favorecería a convocatoria dun referendo e a posterior aprobación do Estatuto

77
nas Cortes. A decisión de integrarse na Fronte Popular custoulle ó P. Galeguista a escisión do sector máis
dereitista (Risco, Otero Pedraio,…), pero, a cambio, logrou un amplísimo respaldo electoral no referendo
autonómico do 28 de xuño de 1936. O 15 de xullo presentouse o Estatuto para ser aprobado polas Cortes,
pero 3 días despois iniciouse a Guerra Civil. Castelao, que xa non puido regresar a Galicia, levou unha
intensa campaña ata lograr que as Cortes republicanas, xa de retirada en Cataluña, case ó finalizar a guerra,
en febreiro de 1938, admitisen a trámite parlamentario o Estatuto, aínda que propiamente non se aprobou; foi
máis un xesto simbólico que propiamente efectivo. De todas formas, este feito posibilitou que Galicia fose
considerada unha “nacionalidade histórica na Constitución de 1978.
4.3.- Aumento da Axitación Social.
Se ben se aceleraron as reformas, para os sindicatos e partidos obreiros non eran suficientes. Os
anarquistas, un sector do socialismo cada vez máis radical encabezado por Largo Caballero e o Partido
Comunista, considerábanas pouco profundas e crían chegado o momento da tan agardada revolución
social. Con este obxectivo convocaron folgas, ocupacións de fincas... Pola contra, Falanxe Española
incrementou os seus afiliados entre a xuventude de dereitas e puxo en práctica a dialéctica “dos puños e as
pistolas” enfrontándose ás organizacións de esquerda, estratexia que levou ó cárcere a Primo de Rivera e á
prohibición da actuación do seu partido na vida pública. É así como a violencia vai en aumento e sucédense
os atentados dun e doutro signo (bombas, tiroteos…). O problema da desorde pública foi empregado polos
grupos de dereitas para desacreditar ó réxime republicano e á Fronte Popular.
4.4.- A Conspiración Militar.
Xa dende o triunfo da Fronte Popular, en febreiro, os grupos da dereita (FE-XONS, monárquicos,
tradicionalistas…) viron na intervención do Exército a única estratexia eficaz para deter o que eles
consideraban avance de comunismo. Conforme pasa o tempo, foise estreitando a súa relación con
determinados altos mandos militares co obxectivo de levar a cabo un golpe de Estado que substituíra ó
Goberno de esquerda por un Directorio Militar. Entre eles destacaban os xenerais Mola (que sería o director
da conspiración), Franco, Sanjurjo…
O argumento que utilizaban para incrementar os seus partidarios era a situación insostible na que
se encontraba España: deterioro completo da orde pública, perigo de revolución social (implantación do
comunismo), perigo de desintegración da nación ante o avance autonomista, ataque á Igrexa e ó catolicismo,
que eles consideraban elemento fundamental da esencia española…
A culminación da conflitiva situación tivo lugar no mes de xullo. O día 12 un comando de extrema dereita
asasinou ó tenente da Garda de Asalto e militante de esquerdas, José Castillo; como represalia, ó día
seguinte, un grupo da Garda de Asalto asasinou ó deputado de dereitas Calvo Sotelo. Foi a chispa que
desencadeou a rebelión. O día 17 de xullo de 1936, as tropas do Protectorado Español en Marrocos
subleváronse contra o Goberno da República, ó día seguinte fixérono na península. Era o comezo da
Guerra Civil.

5.- A GUERRA CIVIL


5.1.- O golpe de Estado.
A sublevación militar iníciase o 17 de xullo de 1936 en Melilla. Está protagonizada, en principio, polas
tropas la Lexión, que se fan rapidamente co dominio do Protectorado. Franco felicita ós sublevados e
trasládase a África dende Canarias no “Dragón Rapide” para facerse cargo da dirección das operacións. En
distintas zonas da península os sublevados intentan facerse co poder; nalgúns casos triunfaron, noutros,
as forzas obreiras, en unión coas forzas leais ó Goberno republicano, lograron reducir ós rebeldes. Despois
das primeiras accións, tanto un bando coma o outro son incapaces de lograr unha vitoria definitiva, e España
queda dividida en 2 zonas:
– Os sublevados controlan: Galicia, Castela-León, Álava, Navarra, Aragón, Cáceres, o Protectorado
de Marrocos.
– A República: Madrid, Cataluña, Valencia, Murcia, Castela-A Mancha, Badajoz, gran parte de
Andalucía, Vizcaia, Guipúzcoa.
En liñas xerais, a rebelión triunfou nas zonas agrarias de pequenos propietarios, votantes tradicionais
das candidaturas católicas e de dereitas, e fracasou nas zonas mineiras e industriais e en gran parte das
zonas de agricultura latifundista.
A sublevación militar, que todos consideran que sería un episodio breve, convértese nunha longa e
cruenta guerra civil entre dous bandos irreconciliables: o Nacional (“os fascistas”) e o Republicano (“os
roxos”).

78
O Golpe de Estado é valorado dende unha óptica totalmente distinta segundo se trate dos sublevados ou
do Goberno da República e dos seus defensores.
Os sublevados definen o golpe coma un auténtico Alzamento Nacional, fundamentalmente espontáneo,
cívico-militar, protagonizado polos sectores “sans” da sociedade, e denominan España Nacional á zona do
país que quedou baixo o seu control.
Os argumentos que utilizan están claramente sintetizados na alocución radiada de Francisco Franco
do mesmo día 18 de xullo de 1936. Alude a unha serie de problemas que segundo el están xerados pola
República e agudizados na época da Fronte Popular.
– Crises e enfrontamentos sociais cada vez máis agudos que se concretan en folgas, disturbios…
ante os que os poderes públicos se mostraban inoperantes. Á parte da crispación social que
producían, estaban deteriorando totalmente a economía (repaso dos acontecementos deste tipo que se
produciran durante a República).
– O denominado “desgarramento territorial”. O Exército constitúese en garante da unidade e
considera intolerable o proceso autonómico aberto, proceso que precisamente se estaba acelerando
na etapa da Fronte Popular. Era un paso máis cara á disgregación de España.
– A influencia comunista procedente da URSS. Segundo os sublevados, estábase intentando
implantar esta ideoloxía en España enganando ó “obreiro honrado”.
– O ataque á Igrexa e ó Catolicismo, que se consideraba un dos elementos esenciais da “alma
española”.
– O ataque á propiedade privada, fixando a súa crítica no proceso de expropiacións, que se acelerara
recentemente.
Para o Goberno da República e os seus defensores a sublevación de xullo non foi máis ca unha
rebelión militar contra a orde legalmente establecida a través dunhas eleccións democráticas. Fan unha
valoración positiva da Constitución de 1931 e do seu funcionamento: sufraxio universal, soberanía popular,
clara separación de poderes, detallado recoñecemento dos dereitos individuais, laicismo…
Se ben recoñecen que na Fronte Popular están integradas organizacións obreiras (comunistas e socialistas)
tamén o están partidos republicanos que contribuíran á instauración do réxime de abril de 1931 e que
representaban a comerciantes, industriais, en conxunto, á gran maioría da poboación.
En definitiva, consideran que o pretendido amor á patria das forzas antidemocráticas e fascistas, o seu
temor polo posible desmembramento de España e a súa preocupación pola estabilidade social e polo
desenvolvemento económico non é máis que unha completa falsidade que encubre a verdadeira razón, o
desexo de substituír mediante a forza a vontade popular e as conquistas sociais polas dun grupo minoritario
desexoso de perpetuar os seus privilexios (Igrexa, terratenentes, grandes empresarios…).
5.2.- A guerra civil (ver mapa)
5.2.1.- Guerra de Columnas (xullo-outubro 1936).
• Bando Republicano: Columnas de milicianos armados tratan de recuperar o control de Zaragoza,
Córdoba, e defender Madrid. Amosan deficiencias: falta de preparación militar, disciplina,
armamento…
• Bando sublevado: Intento de tomar Madrid. Dende o norte (Mola), dende o Sur (Franco). Avance por
Estremadura, Toledo, ata Madrid.
5.2.2.- A Loita por Madrid. (novembro 1936-marzo 1937)
• Considerado un obxectivo clave polos nacionais.
• Asedio das tropas de Franco coa axuda das tropas italianas.
• As tropas republicanas (dirixidas por Miaja e Tojo) apoiadas polas Brigadas Internacionais resisten
os ataques.
5.2.3.- Campañas do Norte e as contraofensivas republicanas. (abril-outubro 1937)
• Ante a dificultade de conquistar Madrid, Franco pon a súa atención no dominio do Norte
republicano: Asturias, Santander, Bilbao (zona de gran riqueza industrial e mineira).
• Axuda das tropas italianas e alemanas (Lexión Cóndor). Bombardeo de Guernika.
• No ano 1937, a Fronte do Norte deixou de existir.
• Entretanto, os republicanos levan a cabo ataques dende Aragón e Madrid. Certos avances (Brunete,
Belchite) pero sen graves consecuencias para Franco.
5.2.4.- Grandes ofensivas republicanas (Novembro 1937- Novembro 1938)
• Unha maior unidade e coordinación do mando, xunto coa aportación de material bélico soviético,

79
impulsan ó exército republicano a lanzar unha ofensiva en Teruel para frear ás forzas de Franco no
seu avance cara ó Mediterráneo.
• Franco contén a ofensiva e logra a victoria no enfrontamento.
• A zona republicana queda dividida en 2 partes.
• A pesar das dificultades, nova ofensiva republicana para conter ás tropas de Franco. É a Batalla do
Ebro.
• Batalla do Ebro. Unha das máis longas e duras da guerra. Triunfo do bando nacional.
5.2.5.- Caída de Cataluña e fin da guerra. (Decembro 1938- Abril 1939).
• Ofensiva de Franco sobre Cataluña. Caída de Barcelona.
• Miles de persoas e autoridades republicanas foxen a Francia.
• Franco recoñecido por Francia e Inglaterra.
• Na zona republicana, disensións: solución negociada ou resistencia a toda costa.
• Neste clima conflitivo, o coronel Casado e outros militares, descontentos coa influencia que os
comunistas tiñan no exército republicano, deron un golpe de Estado que acabou co goberno de
Negrín e crearon o Consello Nacional de Defensa, presidido polo xeneral Miaja, que fracasou no
seu intento de lograr unha paz honrosa sen represalias; Franco esixiu a rendición
incondicional. As tropas rebeldes entraron en Madrid a finais de marzo de 1939 e o 1 de abril,
Franco emitiu o derraderio parte bélico. A guerra rematara.

5.3.- Internacionalización do conflito


O conflito español tivo dende o primeiro momento unha ampla repercusión internacional. A opinión
pública dos distintos países vai tomar partido por un ou outro bando; considérase unha confrontación
entre fascismo e democracia, cando non entre fascismo e comunismo. Artigos de xornais, folletos de
propaganda, crónicas de guerra, novelas, películas, fotografías de guerra… tódolos medios ocupáronse con
preferencia da Guerra de España como do grande acontecemento mundial do momento.
Pero esta internacionalización non só se produciu no ámbito da opinión pública. Dende que comezou a
loita, os sublevados e mailo goberno da República pediron axuda exterior en armamento e apoio

80
político. A situación internacional era neste momento sumamente complicada e tensa. A Unión
Soviética, liderada por Stalin, cunha orientación política e económica comunista, aínda que bastante illada
internacionalmente, supoñía para Occidente un risco constante de “contaxio”, sobre todo porque exercía
unha clara influencia sobre os partidos comunistas de toda Europa. Sen embargo, o perigo máis inminente de
conflito armado localizábase na mesma Europa Occidental. Por un lado, estaban as potencias fascistas, Italia
e Alemaña, unidas no chamado Eixe. Esta última, cunha clara política militarista e de rearme (que incumpría
o asinado no Tratado de Versalles), unida a unha orientación exterior agresiva, era a que representaba o
principal perigo. En fronte estaban as potencias democráticas, Gran Bretaña e Francia fundamentalmente,
que defendían unha política de apaciguamento, sen enfrontarse claramente ó Eixe dado que entendían que
era a mellor maneira de evitar unha guerra de consecuencias catastróficas.
Nesta situación conflitiva e de precario equilibrio considérase que se algunha destas potencias interviña
militarmente en España, a guerra podería internacionalizarse.
Gran Bretaña é a potencia que defende máis acentuadamente a política de apaciguamento diante da
Alemaña, e seguindo esta estratexia, comunícalle a Francia que se interviña en España -era pública a
simpatía do país veciño pola causa republicana dado que tamén gobernaba nel unha Fronte Popular-, non
apoiaría a súa política internacional diante da ameaza de Hitler. Ante esta contundente advertencia, Francia
impulsou a creación dun Comité de Non Intervención para vixiar que os dous bandos españois non
recibisen axuda internacional e evitar, ó mesmo tempo, que o conflito se prolongase. O Comité de Non
Intervención púxose en marcha a principios de agosto de 1936, tiña a sede en Londres e contou coa presencia
de 27 países, en moitos casos coa soa intención de vixiarse uns ós outros. En realidade, a eficacia da súa
actuación foi moi limitada. Uns e outros incumpriron o pactado, pero foron as potencias fascistas, Alemaña
e Italia, as que o fixeron dunha maneira máis flagrante. Este feito púxose pronto de manifesto coas probas
que presentaron os países democráticos ante o Comité ó que non lle quedou máis remedio que declararse
incompetente para obrigar a cumprir o pactado.
En realidade, a política de Non Intervención foi unha inxustiza para a República e unha das causas da súa
derrota ó negar a un Estado soberano e lexítimo o dereito a adquirir armas para se defender dunha
insurrección do seu propio exército.
5.3.1.- Axudas ó bando nacional.
As potencia fascistas interviñeron no conflito apoiando ós sublevados por unha mestura de motivos
ideolóxicos e políticos.
– Alemaña prestou un importante apoio en efectivos militares que foi clave nos primeiros días da
guerra (barcos e avións para o paso das tropas de África á península). A Lexión Cóndor foi decisiva
para o bombardeo de posicións republicanas (Durango, Guernica, Madrid...). A cambio desa axuda,
Franco comprometíase a asinar un acordo económico prioritario con Alemaña; España pagaría ó
final da guerra con concesións de explotación das materias primas, especialmente minerais.
– Italia apoiou con material bélico tamén desde os inicios. Contar con España significaba controlar
estratexicamente o Mediterráneo. De Italia veu un grupo de voluntarios: os Camisas Negras, que
foron retirados de España en 1938, ante a presión internacional.
– Portugal prestou axuda ós sublevados, pero moito menor que os países anteriores. O goberno
dictatorial de Salazar, que mantiña co de Franco moitos elementos en común, e a pesar de pertencer
ó Comité de non Intervención, practicou a axuda sistemática ó bando nacional, facilitando o paso de
armas e víveres, ademais de enviar 10.000 homes (os viriatos).
5.3.2.- Axudas ó bando republicano.
A República contou co apoio das principais democracias occidentais e da URSS pero, en conxunto, foi
unha a axuda desigual e sen continuidade.
– Francia practicou unha política de vacilacións e medo ante o posible triunfo das posturas máis
revolucionarias dentro da República, que poderían poñer en perigo os importantes investimentos
franceses en España. Nun principio, o Goberno da Fronte Popular presidido por León Blum, axudou
á República española, pero tras a adhesión francesa á Non Intervención, a axuda pasou a ter un
carácter particular (recrutamento de voluntarios, contrabando de armas). A fronteira non se abriu ata
marzo de 1939.
– Gran Bretaña temía un conflito internacional se se interviña en España, así como unha
radicalización social que podería poñer en perigo, igual que no caso francés, os intereses económicos
do capital inglés en España. O Goberno do conservador Chamberlain intenta evitar unha nova guerra
mundial, polo que practica a política de illar o conflito español. Gran Bretaña foi a máxima

81
defensora de que se cumprisen os acordos de Comité de Non Intervención, aínda que sabía que nin
Alemaña nin Italia cumprían o pactado.
– México tiña un goberno moi afín á República e o seu presidente, Lázaro Cárdenas, ordenou o envío
de armas. Foi unha axuda máis simbólica que efectiva durante a guerra, pero despois dela, foi un dos
países de acollida dos exiliados republicanos.
– A Unión Soviética, dirixida por Stalin, manifestou inicialmente unha actitude de prudencia. A
posibilidade dun triúnfo republicano e a sovietización do país podían ser mal vistos no panorama
internacional, pero as manifestacións populares na rúa presionaron para que se producise á
intervención soviética a favor da República. O estímulo definitivo para a intervención viría pola
constatación da axuda alemana e italiana ós sublevados. A axuda soviética concretouse en armas,
víveres e especialistas, así como na acollida masiva de nenos de familias republicanas (os nenos da
guerra) que quedaron desamparados. Esta axuda debeu pagarse en efectivo, e Largo Caballero
utilizou as reservas do Banco de España para facer fronte ó pago. Dado que a maior parte das
mesmas foron enviadas a Moscova, coñécense co nome de “O Ouro de Moscova”.
5.3.3.- As Brigadas Internacionais.
A guerra de España causou un forte impacto nos grupos e círculos de esquerda de todo o mundo. Desde
os seus comezos, a guerra foi interpretada como unha loita histórica entre o fascismo e a democracia, entre a
reacción e o progreso, desatando unha intensa onda de solidariedade internacional das esquerdas coa causa
republicana española. As organización obreiras e sindicais enviaron axudas de todo tipo e moitos homes e
mulleres (intelectuais, periodistas, obreiros...) chegaron a España, xa desde outubro de 1936, para combater a
favor da República. Algúns destes voluntarios encadráronse dentro das distintas milicias populares mentres
que a maioría formaron as Brigadas Internacionais. Formaron parte destas brigadas personalidades
destacadas da cultura e da política como o intelectual francés Malraux, o novelista e periodista americano
Hemingway e o tamén novelista inglés Orwell.
O número total de voluntarios antifascistas que formaron as Brigadas Internacionais resulta moi difícil de
calcular. As cifras que dan os distintos analistas oscilan entre 40 000 e 60 000 homes ó longo da guerra,
aínda que non superaron os 18 000 ó mesmo tempo. As Brigadas Internacionais tiveron un destacado papel,
tanto na defensa de Madrid como no fortalecemento da moral do bando republicano.
O desgaste da guerra e a presión internacional (Comité de Non Intervención) forzaron a retirada destes
voluntarios, que foi organizada polo Goberno de Negrín e a Sociedade de Nacións mediante unha Comisión
Internacional que regulou a súa marcha en outubro de 1938. En xaneiro de 1996 viñeron a España 300
brigadistas ós que lle foi concedida a nacionalidade española en recoñecemento polo seu servizo.
5.4. -A Represión.
A guerra iniciada en 1936 non foi só unha loita entre dous exércitos, senón que tamén incluíu actos de
violencia, terror e represión levados a cabo polos dous bandos, especialmente nos primeiros meses do
conflicto, coa pretensión de eliminar ó contrario.
– Na zona republicana, a desintegración das institucións do Estado provocou accións incontroladas.
As masas e as milicias populares desenvolveron unha dura persecución de militares, eclesiásticos,
políticos de dereitas, empresarios e terratenentes considerados sospeitosos de pertencer ou simpatizar
co bando sublevado. Moitos foron detidos ou encarcerados nas checas (cárceres do pobo famosas
polas condicións inhumanas nas que se mantiña ós detidos), e moitos foron executados sen xuízo. Os
fusilamentos do cárcere Modelo, as matanzas de cregos, as execucións de Paracuellos del Jarama
(varios miles) constituíron os episodios máis sanguentos da represión republicana. Nun intento de
evitar abusos, foron creados os Tribunais Populares, pero as execucións incontroladas continuaron,
aínda que con menor intensidade, despois dos meses iniciais da guerra.
– Na zona nacional, desde os inicios da sublevación, os militares iniciaron unha represión sistemática
e violenta de todas as forzas opositoras, coa finalidade de crear un clima de terror institucionalizado
para amedrentar ó inimigo. Os primeiros en sufrir as consecuencias foron as autoridades civís e
militares que permaneceron fieis ó Goberno republicano así como aquelas persoas máis
notoriamente vinculadas coa Fronte Popular ou cos partidos ou organizacións de esquerdas, que
foron sistematicamente executadas. Durante a guerra, despois da ocupación dun territorio que antes
estivera baixo dominio republicano, procedíase á depuración e execución, realizada basicamente
por membros de Falanxe, de todos aqueles elementos considerados perigosos para o novo réxime:
sindicalistas, republicanos, mestres, intelectuais, nacionalistas... Os paseos, fusilamentos
nocturnos, a aplicación da lei de fugas ós detidos, os xuízos sumarísimos multiplicáronse e

82
xeneralizáronse. Tras a finalización da guerra, os fusilamentos continuaron e moitos dos detidos
foron condenados a traballos forzados durante anos (centenares deste detidos redimiron penas co
traballo na magna obra franquista do Val dos Caídos).
5.5. Evolución das dúas Españas.
5.5.1. A España republicana.
a) Fragmentación do poder.
– Despois de varias dimisións sucesivas, Jose Giral asume a Presidencia do Goberno, formado
unicamente por republicanos de esquerda, cunha clara intención de acabar coa rebelión contra a
República. Sen embargo, pronto se fará patente a desorganización provocada pola sublevación
militar; ademais, a distribución de armas ó pobo, necesaria dende o punto de vista bélico,
orixinou unha importante diminución da autoridade e do poder do Estado. Xorden así
numerosos comités revolucionarios que se fixeron cargo do poder na súa zona ou exerceron
unha acción de tutela e vixilancia sobre as autoridades republicanas establecidas.
– Ante estas circunstancias, en setembro, fórmase un novo goberno presidido por Francisco
Largo Caballero, representante da ala esquerda do socialismo. Tratábase de incorporar a
representantes dos partidos obreiros para alcanzar unha maior influencia sobre estes e unha
maior cohesión. É así como entran a formar parte do executivo, ademais de integrantes da
esquerda socialista, comunistas e incluso anarquistas. Estas últimas tendencias participan por
primeira vez nun goberno da Europa Occidental.
A pesar destes intentos de cooperación, as tensións e enfrontamentos entre as distintas forzas
que apoian á República non desapareceron. A razón fundamental era unha cuestión de
prioridades: para os comunistas e unha gran parte do PSOE era imprescindible gañar a guerra
antes que facer a revolución. A guerra só se podía gañar se se plantexaba en termos
convencionais: forte poder do Goberno Central, novo Exército con mando unificado e
disciplinado, paralización da revolución social para lograr o apoio das clases medias urbanas e
pequenos propietarios agrícolas, colaboración coas forzas republicanas…
Para a CNT e POUM, consideraban que a victoria só podería lograrse se se acompañaba da
revolución. Debería abandonarse a organización política, económica e militar tradicional e
realizarse a colectivización de terras e fábricas para que as masas populares estivesen dispostas a
realizar novos esforzos.
– A negativa evolución da guerra e estes enfrontamentos provocan a crise do Goberno de Largo
Caballero e a súa substitución por Juan Negrín (maio de 1937). Está apoiado
fundamentalmente polos comunistas, que se converten, gracias á súa disciplina e control do
Exército e a que a URSS constitúese no fundamental apoio exterior, na principal forza de
esquerdas.
Este reforzamento da autoridade e da coordinación militar permite ó Exército republicano
realizar as ofensivas de Teruel e do Ebro. Sen embargo, os fracasos na fronte e as disensións
internas encamiñan á República á derrota.
b) A Revolución social. O alzamento militar causou unha ruptura total no desenvolvemento da economía
e da sociedade española. No bando republicano, as organizacións obreiras de esquerda viron a oportunidade
de realizar a revolución social.
No ámbito urbano levouse a cabo un proceso de “socialización” das industrias, feito que implicaba a
incautación das mesmas e o seu control por parte dos comités obreiros, que tamén se fan co dominio dos
servicios públicos (auga, gas, electricidade…). En ocasións, este proceso produciuse de maneira
incontrolada, outras, son as propias autoridades as que toman a iniciativa, como queda patente nos decretos
colectivizadores promulgados pola Generalitat de Cataluña presionada polas forzas de esquerdas. Os
resultados foron decepcionantes. Ademais de provocar a clara oposición da pequena burguesía e das clases
medias, levou á desorganización e ó caos dado que os obreiros non mantiveron en moitos casos a disciplina
de traballo e provocaron un descenso da produción. En liñas xerais, apreciouse unha maior preocupación
pola xustiza social (igualdade) que pola eficacia económica propiamente dita.
No ámbito agrario prodúcese unha intensa colectivización das terras, xa sexa directamente polos
campesiños ou polas forzas revolucionarias de esquerda, sobre todo da CNT. Esta estratexia, que alcanzou
especial importancia en Aragón e Andalucía, foi moi criticada por outros grupos de esquerda dado que
consideraban que asustaba ós pequenos campesiños e restaba apoios á República.
Os gobernos republicanos reforzaron a intervención do Estado na economía creando determinados

83
organismos con esta finalidade. Os resultados prácticos non foron moi eficaces, feito que se aprecia
claramente cando houbo que recorrer ás reservas de ouro do Banco de España para pagar as armas que viñan
da URSS (o chamado “ouro de Moscova”).
5.5.2. A España sublevada: militarización e unificación.
a) Creación da Xunta de Defensa Nacional. Formouse en Burgos (xullo, 1936). Estaba integrada por
destacados militares, Mola, Franco, Queipo de Llano… e presidida por Cabanellas, o xeneral de maior rango
e antigüidade. Tiña como obxectivo prioritario a coordinación militar das columnas militares e civís, ó
mesmo tempo que asumía funcións administrativas e políticas poñendo as bases dun novo Estado fronte ó
Goberno Republicano.
b) Xefatura do Estado en máns de Franco. Pronto a Xunta considerou idóneo o nomeamento dun
mando único para lograr unha maior eficiencia na guerra. O candidato elixido foi Franco, que acrecentara o
seu prestixio despois da rápida marcha do exército de África ata os arredores de Madrid, quedando
convertido así na cabeza visible da insurrección. O seu poder persoal viuse reforzado pola desaparición de
Mola (morreu en accidente de aviación o 3 de xuño de 1937) e pola execución, levada a cabo polos
republicanos, de José Antonio Primo de Rivera, xefe da Falanxe. Desta maneira, Franco foi nomeado Xefe
do Goberno e Xeneralísimo dos Exércitos Españois.
Desaparecida a Xunta de Defensa, creouse a Xunta Técnica, formada por militares e civís, que actuaba
coma se fose un Goberno. Estaba organizada en diferentes Comisións: Finanzas, Xustiza, Industria…
c) A organización política do Estado dende o partido único. Ante as discrepancias xurdidas entre os
distintos partidos que apoiaran a sublevación (antimonárquicos, carlistas, alfonsinos...), Franco reaccionou
promulgando o Decreto de Unificación (abril de 1937) polo que creaba un partido único denominado
“Falanxe Española Tradicionalista e das XONS”, que máis tarde recibiría o nome de “Movemento
Nacional”. O proceso de fusión, que como indica a súa denominación, afectaba propiamente ós
Tradicionalistas e á Falanxe, non estivo exento de protestas no seo dos dous grupos. Sen embargo, acabaron
por asumila; uns, porque os seus líderes foron encarcerados e quedaron sen capacidade de reposta inmediata;
outros, porque xustificaron a unificación como paso previo para gañar a guerra e, sobre todo, porque
coincidían na súa posición antiliberal, antimarxista e na lealdade ó levantamento militar co que colaboraran
dende o comezo. A este partido sometéronse tamén os antigos militantes da CEDA e os monárquicos de
Renovación Española.
O xeneral Franco era o xefe indiscutible do partido único e concentraba todo o poder na súa persoa
xa que a este cargo unía o de Xefe do Exército e Xefe de Goberno, adoptando incluso o título de Caudillo. O
novo réxime, totalitario e de extraordinario poder persoal, adquire características claramente fascistas.
d) A contrarrevolución. O Goberno do novo réxime comezou pronto a poñer en práctica nos territorios
que ían quedando baixo o seu control unha lexislación regresiva e represiva. Impuxo unha concepción
unitaria e centralista do Estado, polo que quedaban abolidos os Estatutos de Autonomía e prohíbida a
utilización das linguas vernáculas. Concedeu á Igrexa importantes privilexios: derrogou as leis de divorcio
e matrimonio civil, estableceu un orzamento para culto e clero, reservoulle un papel significativo no ensino...
Pola contra, a Igrexa identificouse co novo réxime, lexitimando a súa actuación ata o punto de que o
alzamento e a guerra foron cualificados como “Cruzada Nacional”.
Tamén se derrogou a lexislación social e laboral da República: suprimiu os partidos e sindicatos, as
liberdades individuais, instaurou dunha contrarreforma agraria que permitía que os antigos propietarios
recuperaran as terras expropiadas, estableceu medidas similares para os empresarios industriais, aprobou
dunha Lei de prensa moi restritiva coa liberdade de expresión (censura)...
A maior axuda exterior recibida polo Bando Nacional así como a exitosa estratexia seguida durante
a guerra –unificación e coordinación- fronte á fragmentación e ás discrepancias internas dentro do
Bando Republicano explica o feito de que os sublevados foron facéndose progresivamente co control
da maior parte do territorio. A principios de 1939 Franco foi recoñecido por Francia e G. Bretaña. É neste
momento cando o coronel Casado e outros militares, descontentos coa influencia que os comunistas tiñan no
exército republicano, deron un golpe de Estado que acabou co goberno de Negrín e crearon o Consello
Nacional de Defensa co obxectivo de negociar unha paz honrosa e sen represalias, obxectivo que non se
logrou dado que Franco esixiu unha rendición incondicional.
As tropas rebeldes entraron en Madrid a finais de marzo de 1939 e o 1 de abril Franco emitiu o
derradeiro parte bélico. A guerra rematara.

84
TEMA 10.- O RÉXIME DE FRANCO.

1.- FUNDAMENTOS IDEOLÓXICOS DO RÉXIME FRANQUISTA.


Ó concluír a Guerra Civil, Franco, oposto ó réxime democrático, desmantelou as institucións e os
principios políticos nos que se baseaba o réxime republicano, soberanía popular, división de poderes,
dereitos e liberdades claramente estipulados, pluripartidismo... e inaugurou un réxime totalitario no que
tódolos poderes estaban concentrados na súa persoa, Xefe do Estado, do Goberno, dos Exércitos e do partido
único. A imitación doutros ditadores europeos da época, Mussolini e Hitler, recibiu o título de Caudillo de
España, que levaba aparellado un verdadeiro culto á súa persoa: dá nome á principal rúa de moitas cidades e
vilas, a localidades enteiras (“ Ferrol del Caudillo”), recibe homenaxes multitudinarias, entra nas igrexas
baixo palio e é considerado unha especie de enviado de Deus (“Caudillo de España pola gracia de Deus”)
contra o que non cabe discrepancia posible.
Os trazos básicos do novo réxime poden sintetizarse nun exacerbado anticomunismo, considerado
como unha das lacras da humanidade ó que había que opoñerse a toda costa porque ameazaba os principios
da civilización occidental, na defensa da relixión católica como esencia da sociedade e da cultura española,
na defensa da unidade da patria e na loita contra todo nacionalismo periférico acusado de separatista, na
limitación dos dereitos e liberdades, na imposición dun partido único, o Movemento Nacional, na férrea
represión da oposición e no tradicionalismo nos costumes e símbolos.
En definitiva, a organización do novo Estado Totalitario inspirouse na dos Estados Fascistas, Alemaña e
Italia, á que se incorporaron aspectos do tradicionalismo español e do catolicismo. A partir de 1945, trala
derrota das potencias fascistas, as institucións franquistas foron cambiando progresivamente para adecuarse á
nova situación internacional, revestíndose cun certo “verniz aperturista”, aínda que sen perder nunca a súa
esencia ditatorial.

2.- A INSTITUCIONALIZACIÓN DO RÉXIME. AS LEIS FUNDAMENTAIS.


O réxime baseouse nunha serie de Leis Fundamentais, xa que na España franquista non houbo nada
semellante a unha constitución, ó carecer de calquera lexitimación democrática.
Este proceso de establecer unhas leis básicas comezou en 1938 cando Franco decretou O Foro do
Traballo, inspirado na lexislación fascista italiana, que establecía os fundamentos sobre os que se organizaría
a economía do novo Estado. Se ben recollía, con certo carácter paternalista, unha serie de melloras sociais
para os traballadores –descanso dominical, vacacións anuais retribuídas, seguros sociais de enfermidade,
vellez, invalidez e maternidade-, establecía un Estado moi intervencionista no ámbito económico, dado que
controlaba estritamente os prezos, salarios, comercio interior e exterior... e adoptaba unhas medidas moi
restritivas no ámbito das relacións laborais prohibindo os sindicatos de clase e as liberdades sindicais
-dereito de folga, de manifestación...-.
Este decreto completouse en 1940 co de Unidade Sindical que prohibía todo sindicato que non
dependese da FET e das XONS; creábanse así os chamados Sindicatos Verticais, de afiliación obrigatoria e
controlados polo Estado. Inspirábase no modelo das corporacións fascistas italianas e agrupaba nun mesmo
organismo, por ramas de produción (cada unha delas era un Sindicato Vertical), a patróns e obreiros. A
finalidade era evitar a conflitividade social, dado que as autoridades consideraban que os seus intereses eran
coincidentes.
A organización política quedou deseñada na Lei Constitutiva de Cortes do ano 1942. Creáronse así as
chamadas Cortes Orgánicas, que recolleron o nome, e pouco máis, da institución parlamentaria tradicional.
Nunca foron un verdadeiro parlamento depositario da soberanía nacional nin, por tanto, tiveron capacidade
lexislativa, só foron un organismo deliberante que se limitaba a aprobar con lixeiras modificacións as leis
presentadas polo executivo. En definitiva, o sistema non aceptaba a división de poderes, concentrados na
figura de Franco.
Prohibidos os partidos políticos, o sistema de representación “orgánico” consistía en: procuradores que o
eran en razón do seu cargo (por exemplo presidentes de altos organismos, rectores da universidade… que
foran designados previamente polo goberno), outros por eleccións restrinxidas no seo de determinadas
institucións (sindicatos, administración local… controladas polo Movemento Nacional) e outros eran
designados directamente polo Xefe do Estado en virtude de “relevantes méritos”.
A derrota das potencias fascistas na II Guerra Mundial trouxo consigo un progresivo
desprazamento dos sectores políticos do réxime máis relacionados con elas (Serrano Suñer, por
exemplo). É así como a partir de 1945 Franco iniciou unha política de achegamento ás potencias vencedoras

85
e introduciu cambios no réxime aínda que sen perder nada do seu poder. Consistiu nunha operación de
enmascaramento político dirixido a disfrazar as institucións de maneira que resultasen presentables ás
potencias occidentais. Foi unha política de espera, agardando que pronto se desencadeara en Europa a
confrontación entre a URSS e EE UU, e que os americanos aceptasen a colaboración de España tendo en
conta a súa firmeza anticomunista e o seu valor estratéxico.
O primeiro paso para adecuar as institucións á nova situación foi a promulgación do Foro dos
Españois (1945). Era unha especie de Declaración que prescindía das afirmacións de ton totalitario
presentes no Foro do Traballo e establecía unha serie de deberes e dereitos que podían exercer os españois.
De todas formas, existen claras diferencias entre o Foro dos Españois e as Constitucións dos países
democráticos: o Foro dos Españois non foi elaborado por unhas Cortes Constituíntes, e se ben recollía algúns
dereitos de carácter individual –liberdade de opinión, de residencia, de reunión, de asociación...-, estaban
supeditados ó mantemento dos principios fundamentais do Estado e non podían atentar contra eles,
circunstancia que facía imposible a súa aplicación práctica. Ademais, os dereitos e liberdades poderían ser
suspendidos temporalmente en calquera momento con un simple decreto aprobado polo goberno.
O intento de enmascarar o carácter ditatorial do réxime completouse coa aprobación da Lei de Referendo
(1945) que pretendía mostrar que en España estaba recoñecido o sufraxio universal. A democracia orgánica e
corporativa non podía ser equiparada en ningún caso ás constitucións liberais occidentais, pero había que
disimular a grave limitación que supoñía a inexistencia do dereito ó voto individual. Así, a Lei de Referendo
establecía que os españois, homes e mulleres maiores de 21 anos, podían ser consultados individualmente en
forma de plebiscito nacional, sempre por decisión de Franco, e para someterlles cuestións de Estado.
No ano 1947, os ideólogos do réxime pensaron que chegara o momento de establecer un sistema de
sucesión á Xefatura do Estado. Na súa opinión o franquismo debía ser considerado un réxime excepcional e
único, sobre todo pola condicións persoais do seu líder, pero prorrogable no tempo grazas ó mantemento das
leis fundamentais. Abordábase así o problema da continuación do franquismo sen Franco. Con este
obxectivo, a Lei de Sucesión á Xefatura do Estado foi sometida a referendo e aprobada nun dos
“pucheirazos” da historia do réxime por máis do 93% dos votantes. Declararaba que España era un Reino, de
acordo coa súa tradición monárquica, confirmaba a Franco como xefe vitalicio do Estado e reserváballe o
dereito a nomear sucesor a título de rei. En 1948, Don Juan, herdeiro de Alfonso XIII, entrevistouse con
Franco e permitiu que o seu fillo Juan Carlos fose educado en España, aceptando a posibilidade de que no
futuro fose elixido herdeiro da Xefatura do Estado.
En 1958, sen deliberación previa nas Cortes, Franco promulgou a Lei de Principios do Movemento
Nacional, que, en realidade, especificaba aspectos xa recollidos con anterioridade de maneira dispersa. O
Movemento Nacional, do que Franco ostentaba a presidencia vitalicia, quedaba recoñecido oficialmente
como partido único e os seus principios constituían a base do ordenamento xurídico e das institucións.
Ademais estipulaba que a xefatura do Estado e a Presidencia do Goberno estaban tamén en mans do
Caudillo, que só era responsable ante Deus e ante a Historia, establecía como forma de Estado a Monarquía
tradicional, afirmaba a unidade e integridade da patria, só aceptaba como lingua oficial o castelán e
estipulaba que a Nación Española acataba a doutrina católica, inspiradora da súa lexislación.
En 1967 aprobouse a Lei Orgánica do Estado, que pretendía ser a culminación da chamada “democracia
orgánica” e supoñía a recapitulación de tódalas Leis Fundamentais anteriores; as autoridades presentárona
como a definitiva “Constitución Española”. Ampliaba minimamente a participación dos cidadáns, aumentaba
os seus dereitos e limitaba lixeiramente o poder de Franco, pero estaba claro que esta lei non proviña das
deliberacións dunha asemblea democrática. Pola contra, tratábase de disposicións dadas polo propio Xefe do
Estado, aprobadas por unhas Cortes non democráticas e que non tiñan ningunha lexitimidade para crear un
verdadeiro Estado de Dereito. O poder seguía concentrado nas mans de Franco, non se permitían os partidos
nin os sindicatos obreiros, as liberdades estaban restrinxidas...

3. OS APOIOS DO RÉXIME.
Non hai dúbida de que a represión e o exercicio diario da propaganda contribuíron á longa duración do
réxime, case corenta anos, sen embargo, é evidente que Franco puido manterse no poder durante este tempo
grazas a importantes apoios institucionais e sociais.
a) A Falanxe. Franco aglutinou ós grupos da dereita tradicional (carlistas, monárquicos, CEDA) e ós de
inspiración fascista, Falanxe e XONS, que tamén apoiaran a sublevación, nun partido, Falanxe Española
Tradicionalista e das XONS, xa en 1937. (ver capítulo 3.4.2 -C, páx. 53); co paso do tempo foi denominado
Movemento Nacional. Este foi o único partido político recoñecido polo réxime e o que canalizaba a

86
participación política dos españois; tódalas demais formacións non só estaban prohibidas senón sometidas a
unha férrea represión e persecución policial. Os seus puntos programáticos convertéronse na base do novo
réxime ó que aportou tamén moitos dos seus símbolos (camisa azul, himnos...). Xogou ademais un
importante papel exercendo a función de adoutrinamento e propaganda a través das súas seccións: Fronte
de Xuventudes, Sección Feminina, Oficina de Prensa e Propaganda...
b) O Exército. O Exército que triunfou na Guerra Civil converteuse nun dos piares básicos do
franquismo. Sempre observou unha fidelidade absoluta ó Xefe do Estado, que era ó mesmo tempo
Xeneralísimo dos Tres Exércitos (Terra, Mar e Aire), identificándose plenamente coa política anticomunista e
de unidade da patria que constituían as esencias do réxime. Franco recompensou este apoio nomeando a
militares para cargos relevantes: ministros, deputados, gobernadores provinciais, directores xerais...;
asimesmo, confioulles o control das forzas de seguridade, xa que eran os comandantes da Garda Civil e da
Policía Armada, e concedeulles plena xurisdición sobre os delitos políticos a través dos consellos de guerra.
c) A Igrexa. A Igrexa xogou un importante papel na lexitimación do réxime franquista. Xa durante a
Guerra Civil catalogou o conflito de Cruzada e membros da xerarquía eclesiástica tan significados como o
cardeal Gomá destacaron polo seu enxalzamento do réxime. Na mesma liña estivo o Papa Pío XII que
enviou un telegrama coa súa bendición apostólica o mesmo día 1 de abril de 1939, e dúas semanas máis tarde
unha mensaxe á nación nos mesmos termos.
A cambio do apoio prestado, recibiu considerables privilexios. En primeiro lugar, declarouse o
catolicismo como a relixión oficial do Estado. Asimesmo, devolvéronselle á Igrexa os privilexios que
suprimira o Goberno Republicano: derrogouse a Lei do Divorcio, proclamouse a obrigatoriedade do
matrimonio relixioso, eximiuna da tributación polos bens eclesiásticos, restituíulle unha parte dos bens
perdidos nas pasadas desamortizacións (edificios de mosteiros, especialmente), e a xerarquía participou
tamén nos principais órganos estatais: Cortes, Consello de Estado… No campo escolar o ensino da relixión
fíxose obrigatorio nas escolas e toda a instrución debería impartirse conforme á doutrina católica. A estreita
relación entre Igrexa e Estado dá lugar ó que se coñece como Nacionalcatolicismo.
Todos estes aspectos quedaron claramente recollidos no Concordato de 1953 entre o Estado Español e o
Vaticano así como o dereito de Franco á presentación de bispos, feito que lle permitía contar ó ditador
cunha xerarquía eclesiástica adita ó réxime. Consistía en que o Caudillo presentaba unha terna (lista de tres
candidatos idóneos) para que o Papa elixise un deles cada vez que había unha vacante.
Este acordo tivo unha importante repercusión política internacional dado que significou a fin do illamento
do franquismo e o inicio das relacións internacionais; este éxito diplomático completouse ese mesmo ano coa
sinatura dun importante convenio de colaboración cos EE.UU.
Os acordos do Concilio Vaticano II (1962-65) e o aperturismo das encíclicas de Juan XXIII, que
introduciron importantes cambios na Igrexa, podían interpretarse como unha deslexitimación do réxime. Se
ben a maior parte da xerarquía seguiu fiel ó franquismo, nese momento iniciouse unha corrente crítica na
Igrexa española, que se acentuará a finais da década, e que acabará constituíndo unha significativa forza de
oposición.
d) Apoios sociais. O réxime estivo apoiado polos grupos sociais que xa colaboraran con Franco na
sublevación militar: grandes terratenentes, empresarios industriais, financeiros, campesiñado católico
do norte e centro… Estes apoios víronse progresivamente incrementados grazas ó oportunismo de gran
parte da clase media que xurdiu paralelamente ó impulso económico dos anos 60 e que transixiu coas
restricións políticas a cambio dun nivel aceptable de benestar. Ademais, hai que ter en conta a escasa
conciencia política dunha parte importante do proletariado debido ó control absoluto por parte do
réxime dos mecanismos de propaganda e educación.

4.- A ECONOMÍA DURANTE O FRANQUISMO


4.1. Economía nos anos 40 e 50. Autarquía e estancamento.
A política económica da posguerra, que se mantivo ata finais dos anos 50, caracterizouse pola autarquía
e a intervención estatal co obxectivo de lograr a autosuficiencia económica. Esta concepción estaba influída
polos modelos fascistas, sobre todo polo italiano, que afirmaban que a independencia dos Estados non era
verdadeira se non estaba amparada pola independencia da súa economía respecto do exterior.
As directrices básicas desta política foron expostas en 1939 polo propio Franco. Consideraba que o
obxectivo fundamental da economía española era conseguir unha balanza de pagos positiva (con
superavit). A balanza de pagos rexistra tódalas actividades económicas que realiza un país co resto do
mundo; dentro dela ten unha importancia significativa a balanza comercial (compendio de importacións e

87
exportacións). É nesta onde pon a súa énfase Franco. Defende unha estrita intervención do Estado para
limitar todo o posible as importacións e impulsar, incluso con subvencións, as exportacións. O resultado, de
todas formas, non foi o desexado e nesta etapa produciuse un importante déficit; había produtos que era
imprescindible importar e as exportacións foron moi limitadas debido á pouca competitividade da economía
española (baixa calidade e prezos elevados).
En consonancia con esta política, propoñía a intervención noutros sectores para substituír as
importacións e, en suma, potenciar a economía. Concretamente no ámbito agrario, organizouse o Instituto
Nacional de Colonización para a posta en explotación de novas terras segundo o modelo fascista italiano, ó
mesmo tempo que se continuaba a contrarreforma agraria iniciada en 1939 e que favorecía claramente ós
grandes propietarios e terratenentes. Os resultados xerais non foron demasiado favorables a pesar da
propaganda oficial. O sector agrario caracterizouse pola escaseza de abonos, a falta de maquinaria e a baixa
produtividade, deficiencias que explican os problemas de abastecemento de alimentos durante esta etapa.
Na industria a política intervencionista patentizouse na creación do Instituto Nacional de Industria
(INI, 1941). Pon de manifesto o protagonismo directo do Estado como investidor e promotor, especialmente
nos sectores básicos ou que esixían fortes investimentos. Os resultados tamén foron mediocres dado o atraso
tecnolóxico e a escaseza de recursos (restrinxíronse os investimentos estranxeiros) e non se conseguiu a tan
desexada redución drástica das importacións.
No campo dos transportes levouse a cabo a nacionalización da rede de ferrocarrís de vía ancha coa
creación da RENFE (Rede Nacional de Ferrocarrís Españois). Sen embargo, esta empresa manifestouse
incapaz de reconstruír con rapidez a rede e recuperar o nivel de actividade anterior á guerra; non soubo
aproveitar a circunstancia favorable que supoñía a escasa competencia da estrada, lastrada pola escaseza de
combustibles e vehículos.
O fracaso das medidas económicas explica que esta etapa se caracterizara polo aumento da inflación, a
escaseza de alimentos e o estancamento da produción industrial; as cartillas de racionamento para
repartir e controlar os alimentos básicos e o emprego do gasóxeno como carburante, en substitución do
petróleo, son claros exemplos destas deficiencias. Para completar o panorama negativo, é de destacar a
existencia dun importante mercado negro que recibía popularmente o nome de estraperlo, denominación
dun fraudulento xogo de azar da II República e que agora, trala Guerra Civil, pasaba a aplicarse a tido tipo de
actividades comerciais ilegais.
A política autárquica foi valorada moi negativamente pola case totalidade dos economistas. Un caso
significativo é o de García Delgado, autor que resalta as deficiencias da mesma: alta inflación, insuficiencia
de alimentos, déficit do comercio exterior, reducido crecemento... facendo fincapé no aumento do desfase
económico que se producira nesta etapa entre España e a maioría dos países europeos, dado que estes
conseguiran recuperarse da guerra mundial e crecer de maneira significativa. Segundo el, a década dos
corenta era a pasaxe máis negativa da historia económica española contemporánea e incluso o balance
era máis negativo se se tiña en contra tamén o ámbito político: un réxime totalitario que eliminara a
pluralidade política e os dereitos e liberdades dos cidadáns.
Durante os anos 50 produciuse unha atenuación das duras condicións impostas pola autarquía. Un
primeiro elemento positivo debeuse ás boas colleitas dos primeiros anos da década que permitiron contar con
excedentes agrícolas e suprimir a cartilla de racionamento do pan en 1952. O Acordo Hispano-
norteamericano de 1953, que supuxo unha importante inxección de divisas, de materias primas e fontes de
enerxía, impulsou o proceso industrializador. Como colofón, a remodelación do goberno en 1957, dando
entrada a algúns técnicos, abriu o camiño a novas medidas económicas que anunciaban a Plano de
Estabilización de 1959.
4.2. O Plan de Estabilización de 1959 e os Planes de Desenvolvemento (1960-73).
Ante os problemas provocados pola autarquía, foi necesario imprimir un xiro radical á política economía
e esta foi a finalidade fundamental do Plano de Estabilización de 1959. A iniciativa foi levada a cabo por un
equipo de ministros e altos cargos técnicos vinculados ó Opus Dei, os denominados tecnócratas, e contou co
apoio de destacados organismos internacionais como o FMI (Fondo Monetario Internacional) e a OECE
(Organización Europea de Cooperación Económica), nos que entrou España en 1959, e que lle concederon
importantes créditos.
Os cambios sintetízanse na flexibilización e liberalización da economía. Consistiron basicamente na
drástica redución do intervencionismo do Estado na economía e no restablecemento da competencia, que
tiveron como consecuencia unha maior liberdade de prezos, importacións, exportacións e de entrada de
capitais estranxeiros. Ademais, o Goberno comprometíase a axustar os gastos e ingresos do Estado para

88
reducir o déficit público e moderar a inflación.
O Plano de Estabilización abre unha etapa (1960-1973) que en España se denomina de
“desarrollismo”, sinónimo do profundo e espectacular crecemento da economía, só superado neste período
por Xapón. Coa finalidade de impulsar o crecemento, o Estado puxo en marcha os chamados Planos de
Desenvolvemento Económico. A súa duración era cuadrienal e tres foron os que entraron en vigor (1964-
67 / 1969-72/ e 1972-75). Consistían en que o Estado marcaba unhas liñas a seguir (modelo indicativo) para
favorecer a iniciativa privada co fin de aumentar a produción, alcanzar o pleno emprego e integrar a
economía española no contexto mundial. Ademais, fixaba uns Polos de Desenvolvemento (Sevilla,
Valladolid, Vigo, A Coruña…) coa intención de potenciar e industrializar determinadas zonas que non
contaban ata o momento con ningún tipo de instalacións industriais.
O sector industrial foi o que experimentou un crecemento máis espectacular e a maior
diversificación, ata o punto de que España situouse como décima potencia mundial. As industrias máis
beneficiadas foron as de base, sobre todo a siderurxia, pero tamén creceron considerablemente as de
consumo: o popular 600 fabricado por SEAT en Barcelona converteuse no símbolo da nova sociedade de
consumo e en Valladolid instalouse FASA-RENAULT, que tamén produciu modelos económicos e
populares (“o catro latas”). Ademais, instaláronse refinerías para a transformación e refinado do petróleo e,
por último, potenciouse a produción hidroeléctrica a partir da construción de encoros.
O sector agrario non participou na mesma medida que o industrial no desenvolvemento. De todas
formas, beneficiouse dunha importante mecanización, do uso de fertilizantes, fitosanitarios e do aumento do
tamaño das explotacións, co conseguinte incremento do nivel de renda e da produtividade. Á súa vez, a
mecanización fixo posible a existencia de excedentes de man de obra que supuxeron un aporte de man de
obra para a industria e a creación dun mercado para os produtos manufacturados.
Outro sector destacado foi o da construción, que se beneficiou do extraordinario crecemento das cidades,
especialmente das zonas de costa, impulsadas polo fenómeno do turismo. Tamén se asistiu nesta época a un
importante incremento da construción de estradas e ó inicio das primeiras autoestradas.
E finalmente, o turismo. España situouse como 2º país de Europa, despois de Italia, polo número de
turistas. Foi un sector de gran importancia debido ós ingresos que aportou así como pola súa incidencia sobre
o emprego e o desenvolvemento de determinadas rexións, fundamentalmente a Costa Brava, Costa do Sol,
Baleares e Canarias. Ademais, supuxo o contacto da poboación española con outra de diferentes países e de
costumes máis libres, que influíu progresivamente no seu cambio de mentalidade.
Os datos económicos evidencian con claridade o crecemento. O PNB (Producto Nacional Bruto) pasa
do índice 132 (tómase como 100 o do ano 1935) a 253, en 1970, e o de produción industrial pasa de 264 a
549, nesas mesmas datas. A poboación activa sofre tamén un cambio radical. En 1960 o sector primario
representaba o 39%, o secundario o 32% e o terciario o 27%; en 1975, o 21%, 38% e 40%, respectivamente.
A propaganda oficial encargouse de magnificar os resultados e os aspectos positivos desta etapa para
resaltar o triunfo do réxime, pero é necesario tamén poñer de manifesto unha serie de problemas e
elementos negativos.
O Desarrollismo supuxo un incremento das desigualdades rexionais porque as medidas que se
adoptaron axudaron sobre todo ó crecemento do País Vasco, Cataluña e Madrid, este último, por motivos
políticos. A actuación do sistema financeiro contribuíu a acentuar o proceso, dado que recollía os aforros das
rexións máis pobres e investíaos nas máis ricas. Os intentos de potenciar o desenvolvemento das rexións
deprimidas –citados anteriormente- tiveron escasa incidencia.
Os desequilibrios rexionais propiciaron unha importante emigración interior dende as rexións
deprimidas como Galicia, Andalucía, Estremadura cara as industrializadas como Madrid, Cataluña e País
Vasco. Esta emigración completouse coa exterior, dado que o crecemento económico non foi capaz de
absorber a man de obra excedente. Nesta época, xa non tivo tanta incidencia a tradicional con destino ós
países sudamericanos (Arxentina, Venezuela, Brasil…) senón que se dirixiu cara Europa (Alemaña, Francia,
Suíza…). O continente europeo estaba tendo tamén un desenvolvemento económico moi importante e
necesitaba unha masiva incorporación de man de obra, que foi aportada en gran medida polos países do sur,
España entre eles. Este fluxo migratorio serviu tanto para minorar as posibles tensións sociais (debidas ó
paro, pobreza…) como para xerar un importante fluxo de divisas que contribuíron a financiar o
desenvolvemento económico.
O “Desarrollismo” provocou repercusións de tipo ambiental (instalacións de industrias contaminantes
con escaso control en zonas pouco axeitadas, urbanismo salvaxe nas costas…) ou no urbanismo das
cidades (especulación do chan, chabolismo, construción de mala calidade…). Tamén foron frecuentes os

89
fraudes financeiros e a especulación debidos á ausencia de control que favorecía en moitos casos os
intereses particulares de individuos e grupos próximos ó poder. Por último, é necesario mencionar a excesiva
dependencia dos investimentos exteriores, das aportacións dos emigrantes ou do turismo.

5.- POLÍTICA INTERNACIONAL


5.1.-Etapa da II Guerra Mundial.
Unha vez que se iniciou a guerra, España declarouse neutral. Sen embargo, ante as importantes vitorias
dos países fascistas durante 1940, adoptou a posición de non belixerante, que lle permitía ter unha postura
de amizade e colaboración coas potencias do Eixe aínda que non participara directamente no conflito. A
partir de entón, tanto Alemaña como Italia sondaron as posibilidades da integración española na guerra e
exerceron presións para que se producira. Para tratar este asunto celebrouse unha entrevista entre Franco e
Hitler en Hendaia (Francia) en outubro de 1940. Franco reclamou unha serie de compensacións de tipo
económico e de apoio á expansión territorial española con vistas a crear un novo imperio en África sobre a
base das posesións francesas, así como outras vantaxes en Europa, incluída a recuperación de Xibraltar.
Como o ditador alemán considerou excesivas estas peticións comparadas coa escasa axuda militar que podía
aportar Franco, o acordo non se produciu e a entrada española na guerra non tivo lugar.
Cando en 1941 Alemaña invade a URSS, país considerado polo franquismo como a súa antítese
ideolóxica, organizouse rapidamente en España unha nova cruzada contra o comunismo a través dunha
expedición de voluntarios destinada á fronte soviética: é a denominada División Azul (cor simbólica do
falanxismo). Uns 60.000 homes incorporáronse a esa forza, que quedou integrada no exército alemán como
División 250. Dende o punto de vista militar tivo un papel moi limitado, pasou por graves problemas e sufriu
numerosas perdas humanas.
En 1943, co comezo das victorias aliadas, Franco abandonou a política de non belixerancia e retornou á
estrita neutralidade nun claro intento de previr as fatais consecuencias dunha posible derrota.
5.2.-Illamento Internacional (1945-1953)
Rematada a II Guerra Mundial, en 1945, coa derrota das potencias fascistas, España, debido ó seu réxime
ditatorial, non foi aceptada no concerto diplomático internacional; os países occidentais vencedores (EE UU,
Reino Unido...) eran claros defensores do sistema político democrático. Inaugurouse así unha etapa de
illamento internacional na que destacou a Resolución de condena da ONU en decembro de 1946. Nela, este
organismo valoraba negativamente o réxime de Franco e non consideraba ás súas autoridades representantes
lexítimas do pobo español, polo que aconsellaba ós países membros que rompesen relacións diplomáticas
con Madrid, recomendación que deu lugar á retirada de embaixadores da case totalidade dos países do
mundo. Como reacción a esta condena internacional, produciuse a adhesión popular á persoa do Caudillo,
carismático xa a estas alturas para unha gran parte dos españois, que se plasmou na organización de
manifestacións multitudinarias de apoio a Franco, entre as que destacou a celebrada na Praza de Oriente.
Este illamento internacional dos anos 40 e dos primeiros 50 foi moi acentuado, dado que á retirada de
embaixadores citada sumouse o feito de que España foi expulsada de numerosos organismos internacionais
(Organización Internacional da Aviación...). Ademais, non accedeu ós fondos do Plan Marshall e só puido
contar coa axuda de Portugal e dalgúns países latinoamericanos, en especial da Arxentina de Perón, que
mitigou a situación de fame con continuos envíos de alimentos.
De todas formas, a situación foi cambiando paulatinamente a partir de 1947, ano no que comeza a
denominada Guerra Fría, enfrontamento entre dous bloques antagónicos, o capitalista occidental liderado
polos EE UU e o comunista oriental liderado pola URSS. É así como as potencias occidentais buscaron o
apoio de todos os países anticomunistas e foron vendo con mellores ollos ó réxime de Franco, feito que levou
aparellado unha serie de cambios que foron suavizando o illamento, aínda que o réxime ditatorial seguía a
ser condenado pola maioría dos países democráticos.
5.3.-Recoñecemento internacional. 1953-1959.
O ano 1953 foi decisivo para o recoñecemento internacional do réxime de Franco grazas ó achegamento á
Santa Sé e ós EE UU. Nos dous casos xogouse a baza da oposición ó comunismo.
A Sinatura do Concordato coa Santa Sé (27-8-1953) supuxo a posta ó día dos acordos do anterior
Concordato (de 1851). Incluía a confesionalidade do Estado, a obrigatoriedade do ensino da relixión católica
nas escolas, matrimonio eclesiástico e leis conformes á doutrina da Igrexa.
O pacto cos EE UU supuxo un gran triúnfo para o réxime ante a opinión pública. A cambio dunha
importante axuda económica, instaláronse en España bases militares (Morón, Rota, Zaragoza e Torrejón), de
utilización conxunta durante un período de dez anos, renovable por outros dous de cinco. O prezo pagado por

90
España era alto xa que o territorio español, en caso de conflitividade na área, podía ser utilizado sen
consultar co seu Goberno.
En 1955, España pedía a súa admisión na ONU e, co apoio decisivo do Goberno norteamericano,
era aceptada; ó mesmo tempo, integrábase en organismos económicos como o Fondo Monetario
Internacional e o Banco Mundial. A visita do presidente norteamericano Eisenhower a Madrid en 1959
culminaba os éxitos do Ministerio de Asuntos Exteriores.

6.- AS FORZAS DE OPOSICIÓN Ó FRANQUISMO.


6.1.- O Exilio.
A represión do inimigo político que se practicou na Guerra Civil tivo a súa continuación na posguerra.
Concluída a contenda, poboaban os cárceres españois máis de 200.000 presos republicanos que foron
obxecto de diversos tipos de condenas, dende a pena máxima ata a de prisión en diverso grao.
Outra parte dos vencidos buscou a salvación marchando do país cara ó exilio. Resulta difícil coñecer con
exactitude a cifra destes exiliados dado que varía moito segundo os autores, uns falan de 200.000, outros de
400.000; en calquera caso, nunca ata entón na Historia de España se producira un éxodo de tales proporcións
nin natureza. Moitos deles regresaron pronto a España, cando a situación se fixo máis difícil nunha Europa
inmersa na II Guerra Mundial e cando o réxime prometeu non perseguir as persoas que non tivesen cometido
delitos. Así e todo, unhas 100.000 persoas permaneceron no exilio, ás que se uniron outras que tiveron que
marchar nos anos posteriores ante a represión e a imposibilidade de encontrar traballo –a pesar do prometido
por Franco- pola súa anterior pertenza a organizacións de esquerdas.
Unha parte importante dos exiliados trasladáronse a Francia, onde nun primeiro momento foron
internados en campos de refuxiados nunhas condicións moi difíciles, que provocaron a morte de moitos
nenos e persoas subalimentadas. Cando entraron os nazis en Francia durante a II Guerra Mundial, moitos
refuxiados españois, considerados como perigosos polos ocupantes, foron internados en campos de
concentración ou devoltos a España (en gran medida executados ó chegar). Outros quedaron enrolados no
exército francés e algúns conectaron coa resistencia e, posteriormente, actuaron como maquis formando parte
da oposición a Franco.
En México, o goberno de Lázaro Cárdenas, que xa axudara á República durante a Guerra Civil, seguiu
aberto á recepción de exiliados e unha actitude semellante tiveron a maioría das repúblicas
hispanoamericanas. Así como a Francia marcharon basicamente traballadores non cualificados e obreiros
agrícolas, en xeral, a América, foron importantes personalidades do mundo da cultura e do sector terciario
cun importante grao de cualificación. Tamén en México, no ano 1945, proseguiu a actividade da
República Española no exilio gracias ó apoio substancial do goberno mexicano. Alí se reuniron as Cortes
republicanas ese mesmo ano e elixiron un Goberno republicano, institución que se mantivo ata 1977.
A Unión Soviética foi outro importante país de acollida, especialmente para os afiliados do PC. Mención
especial merece o labor realizado cos nenos e nenas que foron acollidos durante a guerra, uns 3.000; son os
coñecidos como os nenos da guerra.
O esforzo dos republicanos exiliados manifestouse de múltiples formas, dende a actividade puramente
política a múltiples manifestacións públicas en prensa e radio, así como na publicación de ensaios e obras
literarias que facían referencia á situación de falta de liberdades da España franquista.
6.2.-A Oposición ó Sistema.
Á parte dos exiliados que combaten dende o exterior ó réxime franquista, a maior parte dos vencidos
permanece en España onde o descontento xerado pola represión e a deriva ditatorial do mesmo explican a
existencia de movementos de oposición internos.
6.2.1.-A Guerrilla (O Maquis).
O movemento guerrilleiro desenvolveuse fundamentalmente na década de 1940. Ó rematar a guerra,
Franco non concedeu unha amnistía que posibilitase o proceso de reconciliación nacional e moitos
combatentes partidarios da República, ante a imposibilidade de abandonar o país, marcharon ó monte para
non caer na cadea ou ante o pelotón de execución; eran os denominados “fuxidos”. Este grupo estivo
integrado por persoas de diferentes tendencias: republicanos, socialistas, comunistas, incluso católicos, e
loitaron por derrotar ó novo réxime e restablecer as liberdades.
Nun primeiro momento estiveron moi desorganizados e subsistiron en moitos casos grazas ó apoio
prestado pola poboación, que os encubría, aprovisionaba, informaba, servía de enlace... Co paso do tempo,
a guerrilla vaise organizando de maneira máis complexa e eficaz, case sempre baixo a dirección dos
comunistas, chegando a efectuar atentados contra persoas destacadas na represión ou sabotaxes, obrigando ó

91
réxime franquista a manter as súas forzas nun continuo estado de guerra.
De todas formas, a guerrilla acabou fracasando. Ás razóns técnicas (falta de financiamento, deficiente
armamento...) uniuse a falta de respaldo internacional, dado que os gobernos aliados na época da Guerra
Fría (a partir de 1947) comprometéronse coa política anticomunista e toleraron ó réxime franquista, que
quedou encadrado no Bloque Occidental baixo a hexemonía do EE.UU. Ademais, a represión foi cada vez
máis eficaz e a garda civil foi estreitando o cerco sobre os guerrilleiros. Por último, o apoio popular foi
decaendo, por cansazo, polo perigo que supoñía... É así como a partir de 1946 moitos guerrilleiros
enterraron as armas e emprenderon a fuxida ó estranxeiro. En 1948 a propia dirección do PCE decidiu
abandonar a guerrilla e concentrar o seu labor noutros métodos de loita.
6.2.2.-O PSOE e os Republicanos.
Foi unha oposición minoritaria dentro de España, xa que a maioría tiveron que exiliarse.
Caracterizouse pola súa gran desunión, continuación do enfrontamento interno que tiveran as forzas
republicanas no transcurso da Guerra Civil, desunión á que contribuíu a gran dispersión xeográfica, dado
que se repartiron entre Francia, Inglaterra, México, Arxentina e a URSS.
A partir do ano 1947, e ante a condena do franquismo pola ONU debido á súa colaboración cos
fascismos, houbo un intento de aglutinar as forzas antifranquistas, coa excepción do comunismo, que
estivo apoiado polos gobernos aliados a impulsado fundamentalmente polo socialista Prieto, que
intentou aproximarse tamén ós monárquicos de D. Juan de Borbón para que a coalición tivera a maior
amplitude posible. Sen embargo, acabou en fracaso.
Máis tarde, dende comezos dos anos 60, os intereses económicos de España impulsábana a integrarse no
Mercado Común, no que non podía ser admitida mentres non tivese un sistema político “homologable” ó dos
países membros. É así como en 1962 celebrouse en Múnich unha reunión do Movemento Europeo á que
asistiron delegados da oposición no exilio entre os que destacaban membros do PSOE e PNV (excluíron ós
comunistas), e algunhas personalidades do interior de España como Gil Robles e representantes da
Democracia Cristiá. Nela denunciaron a natureza antidemocrática do réxime e avogaron polo
establecemento dunha democracia parlamentaria. Esta reunión foi considerada polo goberno español
como unha conspiración -cualificouse do Contubernio-, ó tempo que tratou de desacreditala nos medios de
comunicación coas habituais acusacións de “manipulacións marxistas”. Os delegados que regresaron a
España foron encarcerados ou desterrados, reactivándose a represión.
Nesta década dos 60, acrecentouse a tendencia iniciada nos anos 50 de transvase do protagonismo
da oposición dende o exterior ás forzas que comezaron a reorganizarse no interior. É así como
apareceron partidos e organizacións de tendencia socialista, socialdemócrata, cristiá... con militantes
procedentes tanto do mundo obreiro como das clases medias, representantes dunha xeración que non vivira a
guerra, e que protagonizaron a loita antifranquista nos últimos anos do réxime e contribuíron posteriormente
ó triunfo da Transición democrática.
6.2.3.- A Oposición Comunista.
O Partido Comunista foi a forza mellor organizada e con máis presencia no interior, aínda que esta seguía
a ser escasa. Nun primeiro momento, encargouse de dirixir e controlar o movemento guerrilleiro xa
mencionado, pero o novo contexto internacional a partir de 1947 levou á dirección do partido a liquidar
definitivamente esta táctica en 1948.
En liñas xerais, o PC estivo bastante illado doutras forzas de oposición non frutificando os intentos
dos anos 50 de formar un amplo movemento de masas incluso cos sectores evolucionistas do propio réxime
franquista baixo a fórmula da reconciliación nacional.
O PC defendeu a partir de entón a estratexia de combater ó franquismo dende os propios aparatos
do réxime, especialmente dos sindicatos verticais, e logrou implantarse progresivamente nos núcleos
obreiros e tamén en amplas capas da pequena burguesía urbana, de tal forma que se converteu na
organización política clandestina máis importante do Estado Español.
Non anos finais do franquismo, o PC presidiu a formación dunha alternativa unitaria coas forzas da
oposición, a Xunta Democrática (1974), que dous anos máis tarde se integraría en Coordinación
Democrática.
6.2.4.- O Movemento Obreiro.
Durante os anos da posguerra o movemento obreiro estivo moi desorganizado e foi de escasa relevancia.
O ano 1957 supuxo un cambio cualitativo. Na mina La Camocha (Asturias) formouse unha comisión de
obreiros para negociar coa dirección da empresa o final dun conflito no que se esixían melloras económicas
e de seguridade. Estas comisións, impulsadas por diversos colectivos, dende comunistas a católicos, e que

92
funcionaban á marxe dos sindicatos verticais, estendéronse por multitude de localidades. Aparecían para dar
resposta a problemas concretos das empresas e desaparecían cando se resolvían ou cando a forza represiva da
ditadura se impoñía. No ano 1962 fanse permanentes e é entón cando nace oficialmente o sindicato
Comisións Obreiras (CC.OO.), o de maior relevancia durante o franquismo. Os comunistas van ser os que
teñan un maior peso na súa organización e os seus líderes Marcelino Camacho e Julián Ariza establecen a
estratexia a seguir: aínda manténdose na clandestinidade, introducirse e a aproveitar as estruturas do
sindicato vertical para poder chegar con máis facilidade ós obreiros.
As folgas son o medio de loita máis empregado polo movemento obreiro; nelas reivindícanse melloras
salariais, redución da xornada laboral… pero tamén aspectos políticos (liberdades, supresión da ditadura…)
debido á ausencia doutros mecanismos de participación e diálogo. Á pesar de que se poñen en marcha
todo tipo de medidas represivas: despidos, creación do temido Tribunal de Orden Público (TOP), as folgas
aumentan nos anos 70. Un exemplo significativo desta protesta obreira ocorre en Ferrol o 10 de maio de
1972. Ás reivindicacións obreiras únense as esixencias de democratización, e como resultado do
enfrontamento coas forzas de orde pública nunha manifestación de miles de persoas, resultaron feridos vinte
traballadores e dous caeron mortos. As manifestacións de repulsa polos feitos de Ferrol estendéronse por
toda Galicia e na factoría Citroën de Vigo iniciouse, ós poucos días, unha segunda folga que durante vinte
días mantivo á cidade en tensión.
Estas folgas, de carácter político e mesmo revolucionario, contribuíron poderosamente ó desgaste do
réxime.
6.2.5.- A Universidade.
Un sector da intelectualidade relacionada coa Universidade xunto cos estudiantes máis concienciados
supuxeron, dende os anos 50, outro dos focos de oposición ó réxime. Denunciaban a falta de lexitimidade
do franquismo e defendían a necesidade de voltar a un réxime parlamentario. As primeiras
manifestacións de protesta tiveron lugar durante o ano 1956, cando os universitarios se manifestaron nas
rúas de diversas cidades españolas, pero foi en Madrid onde foron máis relevantes: berros, pancartas,
interrupción do tráfico... A gravidade dos acontecementos supuxo a destitución do ministro de educación do
momento, Joaquín Ruiz Jiménez, debido a que durante o confito mostrara un talante negociador e máis
aberto do permitido polo réxime.
A partir dos anos 60 as protestas foron acentuándose, chegando á súa máxima expresión en 1968 .
Ademais de esixir cambios políticos, tamén tiñan como obxectivo a substitución do SEU (Sindicato Español
Universitario) de carácter falanxista por un sindicalismo libre e democrático.
A resposta do Goberno, que consideraba as protestas como un problema de orde pública, foi
habitualmente dura: expedientes, detencións, suspensións de clases, peche de Universidades e profesores
expedientados e apartados das súas cátedras (de moita repercusión foi a expulsión dos profesores Tierno
Galván, Aranguren e García Calvo).
6.2.6.- A Oposición Nacionalista.
Por último, é preciso mencionar a oposición política en Cataluña, País Vasco e, en menor medida, en
Galicia. As organizacións nacionalistas, duramente reprimidas, foron adquirindo unha influencia crecente e
reclamaban dereitos específicos para as súas comunidades: lingüísticos, culturais, políticos...
En Cataluña os partidos nacionalistas abarcaban dende a dereita (Unió Democrática de Catalunya) ata
a esquerda (Esquerra Republicana de Catalunya). A principios dos anos 70 vaise conformando
Convergencia Democrática de Catalunya, liderada por Jordi Pujol, que terá un papel fundamental na
política catalana ata a actualidade.
No País Vasco a oposición nacionalista estivo hexemonizada polo PNV que mantivo no exilio unha clara
fidelidade ás institucións republicanas e un rexeitamento frontal do réxime franquista. A escaseza das
actuacións no interior provocou o descontento do sector máis radical das súas xuventudes dando lugar ó
nacemento de ETA en 1959. As súas actuacións violentas acentuáronse a partir de 1966 esixindo a
independencia total dunha gran Euskadi que abarcase tamén a Navarra e ó País Vasco francés.
En Galicia, durante a Ditadura, o Partido Galeguista pasou por graves dificultades. Por un lado, os
principais dirixentes ou foran eliminados ou estaban no exilio; por outro, a maioría dos escasos militantes do
interior eran partidarios de abandonar o activismo político e actuar unicamente no ámbito cultural. A
consecuencia foi a desaparición deste partido nacionalista quedando reducida a oposición política ó labor dos
exiliados.
A partir de 1963 relánzase o nacionalismo coa fundación, ese mesmo ano, do PSG (Partido Socialista de
Galicia), e da UPG (Unión do Pobo Galego), en 1964. Incluso en 1968 fundouse o PCG (Partido Comunista

93
de Galicia) cunha liña autonomista dentro do PCE. En 1975, por iniciativa da UPG, fundouse a ANPG,
precedente do actual BNG.

7.- POLÍTICA CULTURAL. CONTROL IDEOLÓXICO E CENSUR (lectura).


O trunfo do franquismo supuxo o final dun gran movemento cultural que se desenvolveu no primeiro
terzo do s. XX en España (Xeración de 1898, de 1914 e de 1927). Franco, como a maioría dos militares de
entón, desconfiaba dos intelectuais e, por iso, o control ideolóxico foi unha das primeiras manifestacións do
novo réxime; a cultura debía estar ao servizo do Estado e debía fomentar as ideas e valores nos que se
baseaba: catolicismo tradicional, moral puritana nos costumes, defensa da unidade da patria, exaltación das
virtudes militares, encomio da vitoria na Guerra Civil, referencia permanente ao glorioso pasado imperial
(Reis Católicos, Carlos V, Felipe II, o Século de Ouro...). En consecuencia, quedou reprimida a liberdade de
expresión e o ámbito da cultura e da información en xeral quedou controlada pola censura.
Ante o exilio de numerosos intelectuais e artistas despois da Guerra Civil e o afogamento de toda
liberdade creativa, a mediocridade foi a nota dominante no ámbito da narrativa, poesía, cine, teatro... ata o
punto que se fala dun auténtico páramo intelectual a década de 1940, da que só se salvan contados
escritores (Camilo José Cela, Carmen Laforet...)
A partir dos anos 50, o mundo da cultura, sobre todo a través de cauces non oficiais, comezou a
manifestar un maior dinamismo e converteuse nun soporte desde o que trazar unha visión crítica, aínda
que tímida e limitada, da realidade española. Poetas como Jaime Gil de Biedma, novelistas como Rafael
Sánchez Ferlosio e Jesús Fernández Santos, directores de cine como Juan Antonio Bardem e Luís García
Berlanga, constitúen unha mostra do renacer cultural desta época.
O Estado, a imitación dos sistemas fascistas, creou un enorme aparato propio de medios de
comunicación que tiñan a misión de difundir as ideas defendidas polo réxime: prensa (diario El Alcázar,
Arriba), noticiarios cinematográficos, radio e, máis tarde, televisión. O resto da prensa foi obxecto dun
severo control. Para asegurar a fidelidade dos xornalistas, estes deberían ter un carné emitido polo Servizo
Nacional de Prensa que os acreditaba como tales e permitíalles exercer a profesión. Ademais, os organismos
do Estado encargados da vixilancia dos medios de comunicación lían cada día os textos dos periódicos que
se publicarían ao día seguinte e censuraban (corrixían ou impedían a publicación) dos que consideraban
nocivos. Por exemplo, non se mencionaban os nomes de persoas vetadas polo réxime e apreciábase un
silencio total sobre todo o que supuxera un menoscabo para a imaxe do Estado: situación económica
negativa, quebras de bancos, atracos, manifestacións, folgas..., como se en España nada diso tivera lugar. Na
radio, e posteriormente na televisión, pasaba máis ou menos o mesmo e as emisoras estaban obrigadas a
conectar todos os días co noticiario de Radio Nacional. O incumprimento destas normas recaía baixo a
responsabilidade do director de cada medio, que tería que render contas ante o gobernador civil.
En liñas xerais, os orzamentos destinados á educación foron limitados, de tal forma que o ensino
primario non garantía a escolarización total, o ensino medio era claramente insuficiente e o acceso á
universidade quedaba reducido aos membros das elites sociais. Foi entendida polos dirixentes como un
instrumento para controlar e transmitir os valores do réxime á poboación. Desta maneira, o corpo de
profesores da República foi depurado e os seus membros substituídos por persoal adicto ao réxime.
Suprimiuse o laicismo e a coeducación e o ensino impartíase en castelán negándose o uso das demais linguas
españolas. Reformáronse os programas, introducíndose unha materia obrigatoria denominada Formación do
Espírito Nacional, na que se expoñían os principios básicos da doutrina falanxista e que normalmente estaba
impartida por membros da Falanxe. Tamén foi decisiva a censura eclesiástica para os libros de texto que
tiveron que adaptarse tanto á legalidade franquista como á doutrina católica.
A ditadura franquista supuxo para a muller o retorno ao sistema de valores tradicionais e a perda de todos
os dereitos e avances conseguidos durante a II República. O modelo de muller defendido polo réxime foi o
dunha persoa subordinada ou sometida ao pai ou a o marido; a súa función fundamental quedaba
reducida á maternidade, ao coidado dos fillos e da casa e á transmisión dos valores tradicionais no seo da
familia. A Sección Feminina, encadrara na FET e das XONS, colaborou na concienciación e mantemento
desta situación de dependencia.
A relación que se consideraba correcta entre homes e mulleres quedaba sintetizada no artigo 57 do
Código Civil, que establecía que “o marido debe protexer á muller e ela debe obedecelo”. Como
consecuencia, esta necesitaba a autorización expresa dun home (marido, pai, irmán...) para traballar fóra da
casa así como para abrir unha conta corrente nun banco, facer os trámites para sacar o pasaporte ou ser
testemuña nos testamentos. A lexislación laboral tamén as discriminaba dado que dificultaba o seu acceso ao

94
mundo do traballo, asináballe un salario inferior e permitía o seu despido se se casaba.
A vida cotiá tamén estaba moi controlada polas autoridades seguindo en gran parte as orientacións da
Igrexa Católica. Esta colaborou estreitamente coa maquinaria represiva do réxime e impuxo unha
concepción ética tradicional e moi restritiva condenando e censurando moitos aspectos da vida social: bailes,
novas modas, sobre todo as femininas (escotes, faldas curtas...), relacións entre noivos, cine, teatro... nun
ambiente no que case todo era considerado pecado. Pola contra, considerábase esencial para un bo español
cumprir cos preceptos e prácticas relixiosas católicas tales como a asistencia a misa, confesión, comuñón,
participación en procesións...
Co paso do tempo, sobre todo a partir da década de 1960, o réxime para intentar adaptarse aos novos
tempos, puxo en práctica unha limitada liberalización que foi apreciable en todos os ámbitos.
– A Lei de Prensa de 1966, a denominada Lei Fraga, foi un exemplo deste proceso. Se ben permitía
aos organismos públicos seguir mantendo un claro control sobre as publicacións, eliminaba a censura
previa e posibilitou a aparición de novas revistas, diarios e editoriais que podían manifestar unha
tímida critica ao réxime; tal foi o caso de revistas como Cuadernos para el Diálogo ou Triunfo.
– A Lei Xeral de Educación de 1970, a denominada Lei Villar Palasí, supuxo un avance no ámbito
do ensino xa que fixo máis fincapé na calidade que no adoutrinamento do alumnado, aumentou os
orzamentos, ampliou a escolarización obrigatoria ata os 14 anos, reimplantou a coeducación nas
aulas, axeitou a educación ao mercado laboral...
Os cambios introducidos polo Concilio Vaticano II contribuíron a cambiar as actitudes de parte do clero,
que deixou de apoiar de maneria monolítica ao réxime e foille prestanto máis atención ao contacto directo
cos seus fregueses e á solución dos seus problemas cotiás.
Por último, resinar que ao mesmo tempo que se asiste ao importante desenvolvemento económico dos
anos 60, fóronse producindo cambios paulatinos no eido cultural e dos costumes. O maior acceso á
información, o aumento de españois que viaxan ao estranxeiro, a entrada masiva de turistas... favoreceron a
adopción de posturas máis abertas, flexibles e menos intransixentes en gran parte da poboación.
En definitiva, todos estes aspectos van preparando o futuro cambio político que terá lugar despois da
morte de Franco, en 1975.

8.- A AGONÍA DO FRANQUISMO. 1973-1975.


A axitación social e política foi a nota dominante dos últimos anos do franquismo, aspectos que se
agudizan a partir de 1973. O deterioro físico do ditador e as dificultades económicas e políticas do seu
réxime anunciaban a súa fin.
8.1.- A crise económica.
A crise económica de 1973 (producida pola subida dos prezos do petróleo decidida pola OPEP) e o inicio
dun novo ciclo tecnolóxico afectaron gravemente á economía mundial. Os países occidentais máis
industrializados reduciron o consumo de petróleo, buscaron enerxías alternativas e iniciaron un proceso de
reconversión industrial. Pero o Estado franquista non adoptou ningún tipo de medidas e a crise sacou á luz os
defectos estruturais do desenvolvemento económico dos anos sesenta: a dependencia tecnolóxica do
estranxeiro, o elevado endebedamento da empresa pública, a necesidade de reconverter a industria e adaptala
ás novas necesidades... O resultado foi un significativo descenso da produción en todos os sectores: agrícola,
industrial (téxtil, metalúrxico), bancario, e un aumento moi significativo do desemprego... O “milagre”
español rematara.
8.2.- A morte de Carrero Blanco.
En 1973, de acordo coa Lei Orgánica do Estado, Franco continuou exercendo a Xefatura do Estado pero
cedeu a Presidencia do Goberno ao seu máis fiel colaborador Luís Carrero Blanco, o home da súa máxima
confianza, que representaba o inmobilismo a todos los niveis, ao denominado bunker.
Pero o novo goberno presidido por Carrero case non tivo tempo de se estrear porque o 20 de decembro de
1973 foi vítima dun atentado de ETA, a denominada Operación Ogro. ETA (Euzkadi Ta Askatasuna, Euskadi
e Liberdade) fundárase en 1959 como unha forma radicalizada do nacionalismo vasco, dominado ata entón
polo PNV. Naceu dun sector das Xuventudes do PNV e do grupo estudantil EKIN, segundo eles “como unha
organización clandestina revolucionaria que defende a loita armada como medio de conseguir a
independencia de Euzkadi”. As accións levadas a cabo por esta organización multiplicáronse rapidamente
tras o primeiro asasinato en 1968 e foi precisamente o de Carrero Blanco o máis significativo deses anos.
Este magnicidio político afectou profundamente a Franco por varias razóns: desde o punto de vista
político, Carrero representaba a continuidade do réxime, a salvagarda das súas esencias, era a figura clave do

95
futuro da ditadura; dende o punto de vista persoal, representaba a fidelidade á persoa e á obra de Franco
durante case corenta anos.
8.3.- O Goberno de Arias Navarro.
Tras a morte de Carrero, Franco nomeou como novo presidente a Carlos Arias Navarro, unha
personalidade pouco relevante do réxime franquista que non tiña programa nin equipo para afrontar as
dificultades; era esencialmente un franquista partidario da liña dura. En febreiro de 1974 presentou nas
Cortes un programa de goberno en que anunciaba unha serie de reformas popularmente coñecidas como o
espírito do 12 de febreiro: maior liberdade de prensa, elección de alcaldes, creación de asociacións
políticas...
Aínda que estas medidas non se levaron á práctica, agudizan máis o enfrontamento político existente
nese momento. Por unha parte, os inmobilistas expresan con claridade a súa preocupación, defenden a
lexitimidade do levantamento de 1936 e a necesidade de loitar por manter o legado de Franco derivado da
vitoria na guerra. Estas ideas están claramente espostas nun discurso de Girón de Velasco ó ser nomeado
presidente da Confederación Nacional de Excombatentes (novembro de 1974). Por outra, os que recamaban
unha ruptura política co réxime franquista e co goberno continuísta de Arias Navarro. A maioría agrupábase
en 2 plataformas: a Xunta Democrática, fundada en 1974 e impulsada polo PCE, liderado por Santiago
Carrillo, e a Plataforma Democrática, organizada arredor do PSOE dende 1975 e liderada por Felipe
González. En marzo de 1976, xa morto o ditador, uníronse nun só organismo: Coordinación Democrática.
8.4.- Enfermidade e morte de Franco.
A saúde de Franco foise deteriorando desde 1974. Aínda así, o 1 de outubro de 1975, con motivo do
aniversario do seu ascenso á xefatura do Estado (Burgos, 1936), organizouse un acto multitudinario na Praza
de Oriente no que Franco prentendía demostrar ao mundo enteiro que seguía contando co apoio popular. Foi
o seu derradeiro discurso.
Nas semanas seguintes presentáronse todo tipo de complicacións (infartos, hemorraxias internas...) que lle
ocasionaron unha longa agonía. A súa morte tivo lugar o 20 de novembro de 1975. Foi enterrado o día 23 ao
lado do fundador da Falanxe, José Antonio Primo de Rivera, na igrexa do Val dos Caídos.

96
TEMA 11.- A ESPAÑA ACTUAL.

1.-A TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA.


En liña xerais, enténdese por Transición Democrática o período no que se produce o paso dun réxime
autoritario a un democrático. Aínda que os historiadores non coinciden na cronoloxía deste período, a
maioría inclínase por situala entre 1975, ano da morte de Franco, e 1982, ano da vitoria electoral do Partido
Socialista, que supón o inicio da consolidación de sistema.
O comezo da Transición queda marcado pola morte de Franco (20 de novembro de 1975). Dous días
despois, Juan Carlos foi coroado Rei. Tanto o seu discurso como o do cardeal Tarancón, oficiante da
cerimonia, incluíron palabras de apertura e reconciliación, que podían presaxiar vontade de significativos
cambios políticos.
O primeiro goberno da monarquía continuou presidido por Arias Navarro (presidente tamén do último
goberno de Franco) era heteroxéneo, e se é certo que había nel un sector continuísta-denominado por
moitos o Búnker, ó que pertencía o propio Arias Navarro-, que defendía a permanencia do modelo franquista,
tamén había outro reformista -formado por Areilza, Suárez-, pretendía conseguir unha democracia
homologable á doutros países occidentais, pero sen ruptura, a partir das leis vixentes.
Os principais partidos democráticos de esquerda, algúns tolerados polo Goberno, reclamaban unha
ruptura política co réxime franquista e co goberno continuísta de Arias Navarro. A maioría agrupábase en 2
plataformas: a Xunta Democrática, fundada en 1974 e impulsada polo PCE, liderado por Santiago Carrillo,
e a Plataforma Democrática, organizada arredor do PSOE dende 1975 e liderada por Felipe González. En
marzo de 1976, xa morto o ditador, uníronse nun só organismo: Coordinación Democrática. Inicialmente
non aceptaban o novo réxime monárquico, esixían a liberdade de tódolos presos políticos encarcerados
polas súas ideas ou actividades políticas contra a ditadura e o retorno do exiliados, reclamaban liberdades
políticas e sindicais e pedían eleccións libres que deran o paso a un período constituínte onde tamén se
decidira a forma de Estado e de Goberno. En Cataluña e no País Vasco, sobre todo, reclamábase tamén o
recoñecemento dos Estatutos de Autonomía abolidos despois da Guerra Civil.
Nos primeiros meses de 1976 producíronse numerosas manifestacións en demanda de liberdades
políticas e melloras sociais ás que o goberno respondeu co endurecemento da represión. O clima de
axitación tivo a súa máxima virulencia en Vitoria, onde os enfrontamentos entre a policía e os folguistas
acabaron coa morte de cinco traballadores abatidos polos disparos da policía. A resposta represiva do
goberno de Arias Navarro (que contaba neses momentos con Fraga Iribarne como ministro da Gobernación)
contra as mobilizacións populares era idéntica á adoptada polo franquismo.
1.1.- A Lei Para a Reforma Política (LRP). A Ruptura Pactada.
Estas circunstancias, xunto co inmobilismo do réxime, levaron, en xuño de 1976, á demisión de Arias
Navarro, en boa parte forzado polo monarca, que se mostraba disposto a alentar unha democratización
política para estabilizar a súa propia monarquía. Juan Carlos substituíu a Arias por un xove político
procedente dos sectores reformistas do Movemento, Adolfo Suárez, que conectaba coas pretensións da
Coroa. Suárez iniciou un novo estilo de facer política, que o levou a formalizar contactos coa oposición
política e propoñer un audaz proxecto, a Lei para a Reforma Política (LRP), un texto curto, pero que
asumía a linguaxe da oposición de proclamar a democracia como organización política propia do Estado
Español e reclamar a soberanía popular. O texto prevía, ademais, a transformación das Cortes existentes nun
Congreso de Deputados e nun Senado elixidos por sufraxio universal e anunciaba unhas futuras eleccións
democráticas coa participación de partidos políticos. Representaba, pois, o inicio do desmantelamento do
franquismo.
Nun primeiro momento, a oposición rexeitou esta iniciativa propoñendo a abstención no referendo ó que
foi sometido a lei. Sen embargo, a aprobación da mesma (votou o 77% do censo e del un 94%
afirmativamente), fixo que se replantexara a estratexia a seguir. Progresivamente asistimos a un achegamento
entre as elites políticas, tanto das que proviñan do franquismo, que logran illar ó búnker, como das da
oposición, dando lugar á Reforma ou ruptura pactada, co obxectivo de evitar unha confrontación estéril e
unha volta ós males do pasado. É así como se chega ó acordo de non esixir responsabilidades ós implicados
na ditadura e de aceptar a monarquía como forma de Estado, a unidade de España e a bandeira bicolor, así
como o sistema democrático e o recoñecemento dos partidos políticos e das liberdades.
O clima de consenso patentizouse tamén nos denominados Pactos da Moncloa, asinados en 1977 entre
os diferentes grupos políticos, organizacións sindicais, patronais e o propio goberno para tratar de superar a
grave crise económica pola que atravesaba España nese momento. Consistiron na devaluación da peseta,

97
control do gasto público, establecemento do IRPF, realización de investimentos sociais... mentres que os
sindicatos aceptaban limitar a conflitividade laboral e non esixir salarios superiores á inflación. Os
resultados foron moi positivos, aínda que non solucioraron totalmente os problemas plantexados.
O Goberno de Suárez, pola súa parte, dá pasos significativos cara á democratización:
– Dende principios de 1977, á vez que se desmantelan as organizacións franquistas houbo unha
progresiva legalización dos partidos políticos e sindicatos dado que a lexitimidade das eleccións e
da futura democracia pasaba pola participación sen exclusións de tódalas forzas políticas. O
problema máis agudo, neste senso, foi a legalización do PCE, inaceptable para os inmobilistas e para
gran parte do Exército. Ante a sorpresa xeral, Suárez anunciou a súa legalización en abril de 1977,
logo de manter entrevistas secretas co seu secretario xeral, Santiago Carrillo. A cambio da
legalización, o PCE aceptaba os compromisos reseñados anteriormente. Este importante paso
adiante, dado co beneplácito do monarca, provocou un forte malestar entre membros destacados do
Exército que culminou coa demisión do ministro de Mariña.
– Dende a coroación de Juan Carlos en 1975 producíranse varios indultos parciais que posibilitaran a
saída á rúa de centenares de presos políticos. Aínda que a amnistía definitiva non se promulgaría ata
outubro de 1977, na primavera dese ano publicouse un decreto que liberou á maioría dos presos
políticos e permitiu a volta dos exiliados.
Este período de transformación política estivo cheo de dificultades. Xa en 1977 os grupos
involucionistas de extrema dereita, financiados por funcionarios franquistas e que contaban en moitos
casos coa permisividade dun sector de policía, iniciaron unha campaña de desestabilización do novo réxime.
En xaneiro asasinaron a cinco avogados laboralistas vinculados co PCE e co sindicato Comisións Obreiras,
no que pasou á historia como “a matanza de Atocha”; este feito forma parte dunha cadea de atentados
contra persoas significadas pola defensa da liberdade e contra as institucións e organismos que se
manifestaran a favor dun sistema democrático e autonomista. Asimesmo, a prensa fascista encabezada polo
periódico El Alcázar, órgano dos excombatentes na Guerra Civil que dirixía o antigo ministro de Franco,
José Antonio Girón, animaba continuamente á intervención militar co obxectivo de reinstaurar en España
unha ditadura militar; a súa culminación será o intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981
(tratarase este aspecto máis adiante con detemento).
No outro extremo do arco político, o grupo independentista vasco ETA acentúa a súa actividade
terrorista. A pesar de que as leis de amnistía do novo goberno permitiran a excarceración de todas as persoas
encerradas por razóns políticas ou por delitos terroristas, nin ETA nin o GRAPO (Grupos Revolucionarios
Antifascistas Primeiro de Outubro, xurdidos en 1975, de confusas orixes e vinculado á extrema esquerda)
aceptaron o novo sistema democrático que se estaba poñendo en marcha e que sancionaría a Constitución de
1978. É así como entre 1977 e 1981 perpetraron a maior cantidade de atentados terroristas, sobre todo de
membros de policía, do exército e doutras institucións do Estado, co obxectivo, como no caso da extrema
dereita, de desestabilizar o novo réxime.
1.2.-As Eleccións Xerais de 1977.
A pesar dos atrancos, o proceso de democratización segue adiante. Para xuño de 1977 estaban
convocadas as primeiras eleccións libres dende 1936. O anuncio das mesmas acelerou a creación de
formacións políticas para concorrer a elas; foron legalizados 76 partidos, dando lugar ó que se denominou
popularmente como sopa de siglas.
Coa finalidade do obter mellores resultados nas eleccións, moitos grupos políticos agrupáronse
segundo as súas afinidades ideolóxicas. As forzas de centro (demócratacristiáns, liberais e
socialdemócratas) formaron a coalición Unión de Centro Democrático (UCD), liderada por Adolfo Suárez.
Os socialistas presentáronse divididos, destacan o PSOE dirixido por Felipe González e o Partido Socialista
Popular (PSP) de Tierno Galván. O PCE, liderado por Santiago Carrillo, presentouse en solitario. Na dereita
destacaba Alianza Popular (AP), dirixida por Fraga Iribarne.
Os resultados das eleccións do 15 de xuño clarificaron o panorama político: saíron reforzados os
grandes partidos e gañou a moderación e o centro. A coalición UCD conseguiu a victoria cunha maioría
relativa de escanos; o PSOE foi a segunda forza máis votada; o PCE ocupou o terceiro lugar a unha grande
distancia das dúas primeiras forzas perdendo o seu sono de converterse na forza hexemónica da esquerda;
AP foi cuarta; no ámbito nacionalista, só tiveron representación as forzas de Cataluña e do País Vasco. Nin a
extrema dereita nin a extrema esquerda lograron escano.
1.3.-A Constitución de 1978.
Na redacción da Constitución, que tiña que establecer as regras do xogo no novo sistema democrático,

98
interviñeron representantes dos principais grupos do Congreso dos Deputados, con tres deputados centristas,
un socialista, un comunista, un nacionalista catalán e outro de Alianza Popular. Foi polo tanto, froito dun
consenso: a esquerda renunciaba ó carácter republicano do Estado, a dereita admitía o pleno xogo
democrático e a existencia de autonomías, os nacionalistas cataláns aceptaban o termo “nación española” a
cambio de que se recoñecese o de “nacionalidade” para Cataluña, etc. Só o PNV non aceptou a Constitución
e propuxo a abstención no referendo, aínda que posteriormente acatouna publicamente. En outubro de 1978 o
proposta de Constitución foi votada favorablemente pola maioría de deputados e senadores. Pouco despois, o
6 de decembro aprobouse en referendo con case o 88% de votos afirmativos. O 27 de decembro o rei
xuraba a Constitución nunha sesión conxunta do Congreso de Deputados e do Senado. España pasaba a ser
unha monarquía parlamentaria cun sistema democrático.
– España defínese como un Estado social de democrático de Dereito, o que significa que todos os
individuos e organismos, tanto públicos como privados, están subordinados, na súa actuación, á
Constitución e ó ordenamento xurídico. O cualificativo de democrático implica a participación
cidadá e o recoñecemento de que a soberanía reside no pobo; o de social queda un pouco máis
difuso, entendéndose que os dereitos sociais (educación, vivenda, sanidade, traballo…) actúan como
obxectivos que deben intentar alcanzar os poderes públicos.
– A forma política do Estado español é a Monarquía Parlamentaria.
– Establece un Estado Unitario pero recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e das
rexións que o integran, orixinando un novo modelo: o Estado das Autonomías, unha forma mixta
entre o Estado centralizado e o federal.
– O castelán e as demais linguas españolas son idiomas oficiais en cadansúa das Comunidades
Autónomas.
– Recoñece a pluralidade política, manifestada na multiplicidade dos partidos políticos, e sindical, co
recoñecemento dos sindicatos de traballadores e das asociacións empresariais para a defensa dos
seus respectivos intereses económicos e sociais.
– Non confesionalidade do Estado. Aínda que expresa a importancia do catolicismo, deixando
constancia de que é a relixión seguida pola maioría dos españois, o Estado mantense alleo a calquera
confesionalidade.
– A Coroa. Ten limitadas as súas facultades para garantir que o poder reside nas Cortes e no
Goberno. Ostenta o mando supremo das Forzas Armadas e desempeña basicamente funcións de
representación.
– Os Poderes do Estado. Garantíase a división de poderes: executivo, lexislativo e xudicial:
– O poder lexislativo. Radica nas Cortes Xerais, formadas por dúas cámaras, Congreso de
Deputados e Senado, que representan ó pobo español. Son elixidas polos cidadáns mediante
sufraxio universal cada catro anos (período que se denomina lexislativo). A súa función básica
é a lexislativa, a elaboración das leis. Controlan tamén a xestión do Goberno e aproban os
orzamentos.
– O poder executivo. En mans do Goberno. Está formado polo presidente e os ministros
(nomeados e cesados polo rei a proposta do presidente). Dirixe a política interior e exterior, a
administración civil e militar e a defensa do Estado.
– O poder xudicial. En mans dos xuíces e tribunais de xustiza. A xustiza é gratuíta para os que
carezan de recursos económicos. Os cidadáns poden participar na administración de xustiza a
través do xurado.
– Recolle unha ampla Declaración de Dereitos e Deberes:
a) Dereitos Civís:
• Igualdade ante a lei. Non discriminación por razóns de sexo, relixión ou raza.
• Liberdade (persoal, de emprego, relixión…)
• Propiedade privada e libre mercado, pero tamén recoñece a posibilidade de interven- ción estatal na
vida económica, incluso con expropiacións en caso necesario.
• Obxección de conciencia.
• Dereito á intimidade persoal e familiar.
• Prohibición da tortura e da pena de morte.
b) Dereitos Políticos:
• Liberdade de expresión. Non censura previa.

99
• Liberdade de reunión, manifestación e de asociación (partidos políticos, sindicatos, entidades
culturais…).
• Participación en asuntos políticos (voto…).
• Dereito de folga.
c) Dereitos Sociais: Dereito ó traballo, á libre elección de profesión, a percibir un salario suficiente, á
igualdade de trato dos sexos no mundo laboral, á educación…
Para garantir o cumprimento destes dereitos, a Constitución establece unha serie de mecanismos que os
cidadáns e as institucións poden utilizar se consideran que non se cumpren. As máis altas esferas de
apelación son o Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.
d) Deberes: Os españois estamos obrigados a defender á Patria e a contribuír ó gasto público segundo á
capacidade económica de cada un.
1.4.- O intento de Golpe de Estado do 23 F (1981). O Triunfo Socialista.
As vitorias electorais nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1977 e nas xerais de 1979 permitiron
gobernar á UCD liderada por Adolfo Suárez. A pesar de que coa perspectiva que dá o tempo transcorrido, a
súa actuación valorase en xeral como moi positiva para o proceso de democratización española, en 1980 a
situación política á que tiña que enfrontarse era moi conflitiva: tensións internas no seu partido (froito das
correntes ideolóxicas distintas, personalismos…), falta de maioría absoluta no Parlamento que lle permitira
gobernar con comodidade, crise económica, oposición de parte do Exército… Ante estas circunstancias, e
temendo que a disputa do seu liderado tivese consecuencias negativas para a democracia , Suárez presentou
a súa demisión o 29 de xaneiro de 1981.
Cando se estaba procedendo á votación no Parlamento para elixir como sucesor a Calvo Sotelo,
produciuse o máis grave dos problemas da xove democracia española que puxo de manifesto o perigo de
involución política: o intento de golpe de Estado do 23F. O tenente da Garda Civil Antonio Tejero, xunto
con 400 gardas civís, asaltou o Congreso e mantivo como reféns ó Goberno e ós parlamentarios mentres
anunciaba a chegada dunha autoridade superior e invocaba o nome do rei como máximo responsable. Os
xefes militares das diferentes rexións militares mantivéronse á expectativa; soamente Miláns del Bosch, en
Valencia, sacou os tanques á rúa apoiando claramente a sublevación.
A actuación do rei foi clave na resolución do conflito; púxose en contacto telefónico cos xefes militares
explicando a súa posición e esixindo a súa lealdade. Convocou a Xunta de Xefes de Estado Maior e, vestido
con uniforme de Capitán Xeral, grava unha mensaxe que se emite por televisión na madrugada do día 24.
Trala mensaxe do rei, a situación quedaba controlada. Os tanques de Valencia regresan ós cuarteis e
Tejero réndese. Ademais do papel clave que no fracaso do golpe tivo o rei, tamén cómpre valorar a actitude
dos mandos militares, o que viña a demostrar a eficacia das reformas levadas a cabo no exército. Nos días
seguintes tiveron lugar en toda España multitudinarias manifestacións que deixaban ben clara a aposta do
pobo español pola democracia e a súa total oposición á volta ó pasado.
Logo da investidura de Calvo Sotelo como presidente do Goberno iníciase unha etapa de goberno de
pouco máis de un ano que foi o colofón da actuación da UCD.
Nas eleccións ó Parlamento celebradas en 1982 o PSOE alzouse coa maioría absoluta, dando inicio a
unha etapa de hexemonía socialista que duraría ata 1996. Este triúnfo pode considerarse o final definitivo
da transición ó darse o paso pacífico dun goberno de centro dereita (UCD) a outro de esquerda moderada
(PSOE), iniciándose un período que podemos considerar de consolidación democrática. España situábase no
s. XX no ámbito dos países da Europa Occidental saíndo da excepción na que se mantivera durante tantos
anos.

2.- O ESTADO DAS AUTONOMÍAS . O ESTATUTO GALEGO.


O novo modelo de Estado que deseña a Constitución de 1978 ten como obxectivo básico facer
compatible a existencia dun Estado unitario coa autonomía política das nacionalidades e rexións que o
integran. Aínda que a Carta Magna, de modo intencionado para lograr o necesario consenso inicial, precisou
escasamente es cuestións autonómicas, este apartado foi un dos máis conflictivos e de resultados máis
discutibles.
O Título VIII da Constitución establecía a posibilidade de que todas as rexións, non só as denominadas
Nacionalidades Históricas, puideran converterse en Comunidades Autónomas. Sen embargo, dende o
principio, fixáronse dúas diferentes vías de acceso. O procedemento máis rápido e que outorgaba un
maior nivel de competencias era o estipulado no Artigo 151, ó que poderían acceder directamente as
Nacionalidades Históricas (Cataluña, Galicia e P. Vasco) e, incluso outras, se cumprían unhas difíciles

100
condicións de tramitación por parte das entidades locais e a posterior ratificación por medio dun referendo.
En realidade, estaba previsto que a maioría restante accedese á autonomía polo Artigo 143 que lle
outorgaría un nivel de competencias moito menor e a un ritmo máis lento; na práctica, unha mera
descentralización administrativa.
Este feito orixinou unha serie de problemas entre as distintas comunidades dado que a maioría delas
sentíronse agraviadas, tratadas como se fosen autonomías de segunda categoría. A actitude de Andalucía
que esixe para a súa comunidade a vía rápida do 151 (aprobouna por referendo en 1980) e a sentencia do
Tribunal Constitucional de 1983 anulando certos artigos da LOAPA (Lei Orgánica de Harmonización do
Proceso Autonómico), consensuados entre centristas e socialistas para ralentiza-lo proceso autonómico,
modificou os planos do Goberno e acelerou o traspaso de competencias.
As dificultades iniciais non foron as únicas, estiveron sempre presentes no proceso de consolidación
do sistema ata hoxe en día. De todas formas, a creación en 1984 dun fondo de compensación interterritorial
para paliar os graves desequilibrios entre as CC.AA. e os acordos de 1995 sobre a necesidade de dotalas de
niveis similares de competencias, facilitan o desenvolvemento autonómico, aínda que non logran solventar
totalmente os problemas. Actualmente a pesares do cese da violencia da banda armada ETA e a súa opción
pola vía pacífica, a deriva independentista pola que opta Cataluña acrecentou as dificultades do modelo
autonómico co que nunca estiveron contentos as opcións máis centralistas e as posibles vías ben federais ben
xa independentistas.
A estructura actual está formada por 17 Comunidades Autónomas rexidas polos seus respectivos
Estatutos de Autonomía, ás que hai que engadir 2 cidades autónomas, Ceuta e Melilla.
Na construcción do Estado das Autonomías tiveron un destacado papel as accións de cataláns e vascos
e os seus procesos actuaron de modelo e acicate para as restantes comunidades autónomas.
• Cataluña foi a primeira comunidade en retomar a cuestión autonómica. Josep Tarradellas,
presidente da Generalitat no exilio, toma a iniciativa e regresa a Cataluña en 1977, sendo recibido
multitudinariamente; entrevístase con Adolfo Suárez e o rei e consegue que se restableza, aínda que
de forma provisional, a Generalitat baixo a súa presidencia. A votación maioritariamente afirmativa
dos cataláns ó Estatuto demostraba que se conseguiran acordos básicos entre as forzas políticas para
a súa redacción.
A coalición CIU (Converxencia Democrática de Cataluña e Unión Democrática de Cataluña),
liderada por Jordi Pujol foi sempre a forza máis votada nas eleccións autonómicas. O apoio
parlamentario prestado ó PSOE en 1993 e ó PP en 1996 para facilitar a gobernabilidade do Estado,
permitiulle xogar un papel importante na política estatal sobrepasando amplamente o marco catalán.
• O caso vasco coincide co catalán en determinados aspectos, como o temperán inicio do proceso
autonómico e o papel xogado polo líderes históricos (Leizaola, Rubial). Pero difire en aspectos
fundamentais, especialmente ós referidos á non aceptación da Constitución e á defensa da
independencia por algunhas forzas nacionalistas radicais que contan co apoio dunha parte da
sociedade vasca. Tampouco hai que esquecer as particularidades herdadas do pasado (réxime de
concertos económicos derivado do sistema foral). Por outra parte, o terrorismo actúa no País Vasco
de modo continuo dificultando o normal desenvolvemento autonómico.
A aprobación maioritaria do Estatuto (25-10-1979 cunha participación do 60% e o 90% de votos
afirmativos), contrastaba coa actitude do pobo vasco no referendo da Lei para a Reforma Política e
no da Constitución, votacións nas que se rexistraron as máis elevadas porcentaxes de votos negativos
do Estado español. O PNV foi sempre a forza máis votada no País Vasco.
2.1.-O caso galego. O Estatuto de Autonomía.
A consideración de Galicia como nacionalidade histórica na Constitución de 1978 facía pensar que se
conseguiría axiña unha autonomía política plena. Nesta idea, o presidente da Xunta preautonómica, Antonio
Rosón (antigo político franquista renovado, dado que o proceso de autonomía non contou aquí con políticos
exiliados), nomeou unha comisión redactora do proxecto de Estatuto, na que estaban presentes tódolos
partidos relevantes aínda que fosen extraparlamentarios, menos a UPG e o PSG que se autoexcluíron.
A Comisión entregou un proxecto de Estatuto que aprobado despois no fundamental polos parlamentarios
galegos, deseñaba unha autonomía similar á catalana e foi enviado a Madrid. Sen embargo, cando foi
entregado á comisión constitucional do Congreso, a dirección da UCD aproveitou a ocasión para
introducir cambios que supuñan a degradación da autonomía galega e un claro recorte de competencias.
Desta maneira, intentaba facer en Galicia un banco de probas dun esquema autonómico dual: auténticas
autonomías para Cataluña e País Vasco, que tiñan uns nacionalismos fortes ós que había que aplacar para que

101
aceptasen o sistema, e meras descentralizacións administrativas disfrazadas de autonomías para o resto. Se
Galicia, que era unha nacionalidade histórica aceptaba, as demais rexións aceptarían tamén.
O malestar por este proceder levou non só á rebelión de determinados “baróns” da UCD galega, senón á
masiva mobilización de milleiros de cidadáns galegos contra o denominado “Estatuto da aldraxe”.
Nos meses de agosto e setembro de 1980 celebráronse diversas reunións políticas que concluíron no
Pacto do Hostal (UCD, PSOE, AP, PCG e PG) que propuña a modificación dos puntos máis negativos do
proxecto de Estatuto. O resultado final foi unha solución intermedia entre a proposta inicial e as pretensións
do goberno. Sometido a referendo o Estatuto de Autonomía de Galicia foi ratificado o 21 de decembro de
1980 por un 73% de votos afirmativos, pero cunha elevada abstención (71%). Agora si foi ratificado polas
Cortes Xerais, e promulgado o 6 de abril de 1981. O Estatuto, cun elevado grao de competencias,
establecía:
– Existencia dun Parlamento elixido por sufraxio universal e dotado de capacidade de lexislar en
certas materias e de elixir, e no seu caos revocar, ó goberno autónomo.
– Xunta de Galicia, que ostenta o poder executivo.
– Un sistema xudicial propio que culminaba no Tribunal Superior de Galicia.
– A co-oficialidade do idioma galego, a institucionalización dos símbolos e efemérides
previamente creados polo nacionalismo (himno, bandeira, Día da Patria Galega…)
– Unha autonomía financeira que era grande para os gastos, pero moi pequena para os ingresos,
procedentes case todos das transferencias dende a Facenda estatal.
Nas diferentes eleccións autonómicas, caracterizadas por unha alta abstención, triunfou case sempre a
dereita (Alianza Popular, Coalición Popular e Partido Popular); agás en 1987-89, tras unha moción de
censura contra o Presidente Fernandez Albor, dirixiu a comunidade o socialista González Laxe (goberno
tripartito de PSdG-PSOE, CG e PSG-EG) e o Goberno bipartito (2005-2009) co PSdG-PSOE e o BNG.
Rematado este volve o PP ao goberno da man de Núñez Feijoo. A incorporación de Manuel Fraga como
cabeza do PP galego nas eleccións de 1989 inaugurou unha sucesión de maiorías absolutas para o seu
partido que aínda non rematou. A explicación deste feito está en que esta forza de ámbito estatal soubo
incorporar ó seu discurso certas doses de galeguismo que, logo de absorber o centrismo galego encadrado na
UCD, permitiulle evitar o rexurdimento dun nacionalismo de centro e ocupar case todo o seu potencial
espacio electoral, de xeito que a maior parte dos votantes da efémera Coalición Galega dos anos oitenta
prestaron despois o seu apoio ós populares.
A segunda forza é a esquerda moderada estatal encarnada no PSdG-PSOE (Partido Socialista de Galicia-
PSOE). Logo dunha primeira fase de ascenso pasou a estancarse como segunda forza moi por detrás da
primeira, quedando practicamente igualada en número de deputados co BNG nas eleccións de 2001.
A terceira forza é o nacionalismo galego. A súa división en dúas opcións (BNG e Esquerda Galega) e o
rexeitamento da primeira do novo sistema político reduciron moito os seus resultados electorais ata os
primeiros nos noventa. Pero a aceptación final das regras do xogo político, a moderación da súa mensaxe e o
proceso de unificación, impulsaron un ascenso que levou ó BNG a ser a segunda forza no Parlamento
galego, a ter presencia nas Cortes de Madrid e mesmo a conseguir un deputado europeo ata o seu declive
coas autonómicas do 2012 en favor de ANOVA-EU.
Hoxe en día, Parlamento e Goberno autonómico elaboran e aplican leis no marco das competencias
que vai asumindo nas diferentes materias nas que, segundo a propia Constitución de 1978 e o Estatuto lle
competen (educación, cultura, sanidade, agricultura, pesca…) tentando dar resposta ás necesidades e
peculiaridades da comunidade galega.

3.- OS GOBERNOS DO PSOE


Os triunfos de catro eleccións xerais consecutivas permitiron ao PSOE gobernar entre 1982 a 1996,
sendo Felipe González o Presidente de Goberno. Os éxitos electorais permitiron ao PSOE gobernar en
solitario entre 1982 a 1993, e co apoio dos nacionalistas catalanes e vascos entre 1993 a 1996, cando as
eleccións dan ao PP de José Mª Aznar a maioría simple para formar goberno.
Os gobernos socialistas se caracterizaron pola moderación política, na liña da socialdemocracia europea.
Entre os acontecementos máis salientables compre destacas:
• A integración de España na política internacional. Os gobernos socialistas consolidaron a
presencia de España en organismos internacionais, entrando a formar parte de OTAN e da
Comunidade Económica Europea.

102
◦ Na OTAN, o PSOE virou a súa posición, pasando de rexeitar a entrada do país no organismo
internacional en 1982, a pedir o voto afirmativo a favor da permanencia de España no referendo
de 1986.
◦ A entrada na CEE se foi fraguando dende 1979, cando unha vez restablecida a democracia,
reiniciáronse as negociacións para a incorporación á organización europea. O proceso, lento e
complexo, culminou en 1985 ca sinatura do Tratado de Adhesión, e a entrda efectiva como
membro de pleno dereito a partir do 1 de xaneiro de 1986.
• A creación do Estado de Benestar. A reforma fiscal levada a cabo na etapa socialista, que
profundizaba a levada a cabo na época de Adolfo Suárez, levou aparellado un aumento dos impostos
directos, en liña coa estructura fiscal vixente nos países desenvolvidos. Este factor, unido ó
crecemento económico global e á privatización de empresas estatais, permitiu ó goberno socialista
aumentar de maneira significativa os investimentos en gastos sociais coa conseguinte mellora do
denominado Estado do Benestar; intentábase que o progreso económico beneficiase a tódolos
estamentos sociais, sobre todo ós máis desfavorecidos. Este avance non estivo exento de problemas,
apreciándose retrocesos (recortes) nas épocas de recesión económica. Os aspectos máis
significativos do mesmo son:
◦ Aumento dos subsidios de desemprego, estendéndose a una maior número de traballadores en
paro.
◦ Establecemento de pensións non contributivas (en 1990) destinadas ós que non cotizaran con
anterioridade por falta de recursos económicos.
◦ Revalorización das pensións de forma automática segundo o IPC, para evitar a perda de
poder adquisitivo.
◦ Cobertura sanitaria para todos os cidadáns, que se traduciu nun aumento do número de
camas hospitalarias e de persoal sanitario.
◦ Incremento dos investimentos en educación. En 1987 quedaba establecida a gratuidade do
ensino primario e secundario obrigatorio, en 1990 prolongouse a obrigatoriedade do ensino ata
os 16 anos. Desta maneira, creáronse novos centros, equipáronse mellor ós existentes,
aumentouse o persoal docente, o número de becas…
• O axuste e reactivación económica. Nos primeiros anos do seu goberno (1982-85) poñen en
práctica unha política encamiñada a solventa-la crise económica herdada dos gobernos da UCD,
política que xa comezara facía anos noutros países.
◦ O primeiro paso foi realizar a chamada reconversión industrial que tiña como obxectivo
adaptar as empresas públicas, propiedade do Estado, que tiñan enormes perdas, ó novo ciclo
tecnolóxico e devolverlle a competitividade e rentabilidade. As actuacións baseáronse en
eliminar o exceso de capacidade das empresas reducindo o seu tamaño o número de
traballadores, en sanealas economicamente (eliminar as débedas) e na aplicación de novas
tecnoloxías e sistemas de xestión. Afectoulle fundamentalmente ós chamados sectores
maduros: siderurxia, construcción naval… Zonas como Santander, País Vasco, Comunidade
Valenciana, Galicia (Ferrol) foron as máis afectadas; nelas vivíronse situacións moi difíciles
pola perda de postos de traballo e as manifestacións e folgas foron constantes.
A reconversión completábase coa reindustrialización, é dicir, a recomposición do tecido
industrial das zonas máis prexudicadas. Creáronse así as ZUR (Zonas de Urxente
Reindustrialización) que se beneficiaron de incentivos fiscais e subvencións por parte do Estado.
◦ Entre 1985 e 1990 España entrou nunha etapa de crecemento económico significativo.
Apréciase no crecemento da producción industrial e dos beneficios empresariais, no incremento
importante dos ingresos por turismo, do investimento estranxeiro cada vez maior, no aumento
das actividades da Bolsa e Banca…
◦ En 1990 iníciase outro período recesivo (ata 1993) con novo aumento do paro, do déficit
público… Durante estes anos adoptáronse medidas de liberalización da economía (na liña do
chamado Neoliberalismo) que supuxeron:
▪ Eliminación dos monopolios (no sector de distribución de hidrocarburos, telefonía,
tabaco…)
▪ Privatización das empresas estatais (Telefónica, Campsa, Endesa, Iberia, Tabacalera…).
▪ Liberalización do mercado do traballo (máis fácil o despido, recorte de indemnizacións…)

103
Tamén é de reseñar o avance da chamada economía financeira, que nos anos 80 foi gañando
terreo á economía productiva. Baseábase na especulación e no aumento artificial do valor das
empresas sen que tivera relación co seu valor real (aumento da producción e dos beneficios).
Este fenómeno supuxo un enriquecemento rápido, ás veces por procedementos pouco claros, de
determinados empresarios (Mario Conde, Javier de la Rosa), que gustan de facer ostentación
pública da súa riqueza. Mentres tanto, a liberalización do mercado do traballo enrarece o
clima laboral e enfronta ós sindicatos co goberno socialista, situación que empeora cando saen á
luz determinados casos de corrupción dentro da Administración (caso Roldán…). Este conxunto
de factores contribúen a explica-la derrota do PSOE nas eleccións de 1996, nun momento no
que xa se empezaba a notar de novo a recuperación económica.
◦ Entre 1992 e 1997 España entra nunha fase de recesión. O esgotamento da fase de
crecemetno débese principalmente ás dificultades da economía europea polo afundimento da
URSS, a unificación de Alemaña e a recesión económica en EUA. O ciclo recesivo supuxo a
redución da taxa de incremento do PIB e o aumento da inflación e da taxa de paro: case un
millón de persoas entre 1991 e 1994.
• O cambio sociocultural. A sociedade española experiment durante os gobernos socialistas unha
importante transformación achegándose ás sociedades dos países eurpeos occidentais:
◦ Descenderon o número de matrimonios (laicismo) e a natalidade, debido entre outros á
incorporación da muller ao mundo laboral e á lexislación máis progresista (lei de divorcio
aprobada nos últimos anos de goberno da UCD, anticonceptivos, supostos da lei de aborto...)
◦ Retorno de moitos traballadores emigrados durante o franquismo.
◦ Mellora dos hábitos culturais: fomento de actividades culturais, grandes exposicións, apoio ao
cine, novos museos...
◦ En 1992 celebrase a conmemoración do 500 aniversario do descubrimento de América coa
Exposición Universal de Sevilla, e a celebración dos Xogos Olímpicos en Barcelona.
Finalmente, os últimos anos do goberno socialista estiveron marcados polos escándalos e o desprestixio:
– Cargos públicos nomeados polo PSOE se benefician de información privilexiada ou malversaron
fondos públicos (caso Roldán).
– O financiamento dos partidos políticos dependía de fondos públicos, reducindo as achegas
privadas, pero ante a escasa regulación deste financiamento, aparece o caso FILESA, un caso de
financiación irregular na que unha trama de empresas entregaba comisións ilegais para financiar os
gastos electorais do PSOE (1991).
– O terrorismo do Estado protagonizado polos GAL (Grpos Antiterroristas de Liberación) que
actuaron contra ETA e os seus simpatizantes.
Ante esta situación, a oposición intensificou as críticas; os nacionalistas lles retiraron os seus apoios aos
socialistas, e as Cortes non aprobaron os orzamentos para 1996, polo que Felipe González adiantou ás
eleccións para o mes de marzo dese ano.

104

You might also like