You are on page 1of 17

O nacemento do mundo moderno.

A ampliación do mundo coñecido.

O planisferio de Cantino (1502), unha representación do mundo coñecido a comezos do século XVI.
Anónimo portugués, Dominio público, Wikimedia Commons.

Tras as crises do período baixomedieval (séculos XIV-XV), comezou en Europa occidental


unha serie de grandes transformacións que deron orixe a unha nova época. A Idade Moderna
estendeuse entre finais do século XV e finais do século XVIII, co comezo da revolución industrial e
das revolucións liberais. Tradicionalmente sinaláronse algunhas datas simbólicas do nacemento do
mundo moderno: 1453, ano no que se produciu a toma de Constantinopla polos turcos otománs e
a fin do Imperio bizantino; 1492, data da arribada de Colón ao continente americano. Pero, á
marxe da importancia destes feitos, o comezo da época moderna moderno veu marcado por
cambios transcendentais en diversos eidos:
• A ampliación do mundo coñecido polos europeos, resultado dos grandes descubrimentos
xeográficos de finais do século XV e comezos do XVI.
• A recuperación demográfica do continente tras superar os efectos negativos da crise
baixomedieval (guerras, conflitos sociais, epidemias).
• O crecemento económico, impulsado pola apertura de novas rutas marítimas, o aumento
da poboación e o crecemento da produción de metais preciosos (ouro e prata). Medrou a
produción agraria e artesanal e multiplicáronse os intercambios comerciais.
• Os cambios sociais: aínda que a estrutura estamental se mantivo, o crecemento
económico deu pulo ás cidades e acrecentou a riqueza e poder da burguesía.
• Os cambios políticos: a autoridade real fortaleceuse fronte aos demais poderes feudais
(Igrexa, nobreza, cidades). As monarquías autoritarias requiriron a creación de novas
institucións de goberno, orixe do Estado moderno.
• Os cambios culturais non foron menos importantes. Os humanistas cuestionaron o
pensamento teocéntrico medieval e buscaron inspiración na Antigüidade grecorromana.
Estas ideas influíron decisivamente na arte do Renacemento. Tamén a autoridade da

1
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

Igrexa católica e do papa de Roma foron criticadas. A Reforma protestante había significar
a ruptura da unidade católica de Europa occidental.

Os grandes descubrimentos xeográficos.


Dende mediados do século XV,
Os cambios na representación do mundo dende o s. II d.C.
navegantes e comerciante europeos ata o s. XVI.
adentráronse no Atlántico cara o oeste e o sur
descubrindo terras antes descoñecidas. Estas
expedicións multiplicaron a superficie do
mundo ata o daquela coñecido.

Os factores explicativos.
Os europeos, maiormente italianos,
portugueses e casteláns, que participaron
nestas viaxes foron animados por diversos
intereses e contaron, ademais, cos medios
técnicos e económicos que lles permitiron
levalas a cabo.
Factores económicos.
A expansión otomá no Mediterráneo
oriental, que culminou coa toma de
Constantinopla (1453) dificultou aos
comerciantes europeos, sobre todo italianos, o
acceso ás terminais das vías comerciais (ruta da
seda, ruta das especias) procedentes de
Oriente (India, China). Cumpríalles, polo tanto,
buscar rutas alternativas para conseguir os
prezados produtos das Indias (seda, especias,
perfumes, pedras preciosas, marfil).
Ademais, a crecente demanda europea
de certos produtos (cana de azucre, metais
preciosos) animou a procura de novos espazos
para o seu cultivo e obtención.
Factores técnicos.
Os avances experimentados pola
Fonte: mapmania.org
navegación en Europa dende finais da Idade
Media posibilitaron que as expedicións mariñas
se puidesen afastar cada vez máis da costa e adentrarse nos mares:
• Consolidouse a idea da esfericidade da Terra.
• Introducíronse novos instrumentos que axudaron a superar as dificultades que xurdían
dunha navegación baseada na observación dos astros (o Sol, a Estrela Polar): o compás
facilitaba a orientación e a fixación do rumbo, o astrolabio permitía calcular a latitude.

2
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

• As melloras na cartografía plasmáronse Compás inglés con reloxo solar (ca. 1600)
na elaboración dos portolanos, mapas
das costas que sinalaban os rumbos e
facilitaban o recoñecemento do
territorio dende os buques.
• Novos tipos de embarcación novas
embarcacións, como a carabela, máis
veloces, seguras e capaces permitían
internarse con maior seguridade no
Océano e facer viaxes máis longas.
Factores ideolóxicos.
O afán misioneiro da Igrexa e o espírito
de cruzada contribuíron a aumentar o interese
polas polas exploracións. Tamén novas
monarquías autoritarias, desexosas de gañar
prestixio, poder e territorio, tiñveron interese
en financiar algunhas destas expedicións.

O desenvolvemento das
exploracións.
Foron navegantes procedentes da Fonte: History of Science Museum.

Península Ibérica, de Portugal e Castela, os Portolano do Mar Mediterráneo , obra de Lopo Homem (1519)
protagonistas das principais exploracións de
finais do século XV e comezos do século XVI. A
súa situación xeográfica no suroeste do
continente europeo conferíalle unha notable
vantaxe. As colonias de comerciantes e
navegantes italianos, sobre todo xenoveses,
asentadas no sur da Península dende a apertura
do estreito de Gibraltar a mediados do século
XIV xogarían tamén un importante papel. Dominio público, Wikimedia Commons.

Portugal. Replica da carabela Pinta no porto de Baiona.


Os primeiros navegantes europeos que se
internaron no Atlántico saíron do territorio
portugués. Tras alcanzar os arquipélagos de
Madeira (1419) e Azores (1427), comezou a
exploración do litoral atlántico africano. A
mediados do século XV alcanzaran o golfo de
Guínea. O infante don Henrique o Navegante,
sobranceiro membro da familia real portuguesa,
xogou un importante papel no impulso destas
primeiras expedicións.
Zarateman [CC0], Wikimedia Commons.

3
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

O obxectivo era acadar as Indias rodeando África. Bartolomé Dias alcanzou o extremo
meridional do continente, o cabo de Boa Esperanza, en 1488. Vasco da Gama culminou a
circunnavegación e chegou ás costas da India en 1496. En 1500, Pedro Alvares Cabral, ao
desviarse da ruta africana e adentrarse no Atlántico arribou á costa do Brasil.
A coroa portuguesa foi construíndo un amplo imperio que incluía posesións nas costas
africanas, algúns enclaves estratéxicos na India, China e o arquipélago indonesio e territorios no
actual Brasil. Conseguiu tamén un privilexiado acceso aos mercados africanos (escravos, ouro,

As exploracións e descubrimentos portugueses . 1336-1543

Descobrimentos_e_explorações_portuguesesV2.png: *Descobrimentos_e_explorações_portugueses.png: *Portuguese_discoveries_and_explorations.png:


*Portuguese_Empire_map.jpg: Toklederivative work: Uxbona [CC BY-SA 3.0], Wikimedia Commons

azucre) e asiáticos (seda, especias).

As capitulacións de Santa Fe (
Castela. “As cousas suplicadas e que Vosas Altezas dan e outorgan a don
Cristovo Colón en algunha satisfacción sobre o que descubriu nas
Ao longo do século XV, a monarquía mares océanas e da viaxe que agora, coa axuda de Deus ha facer ao
castelá foi incorporando ao seu dominio as Illas servizo de Vosas Altezas son as que seguen:
Primeiro, que Vosas Altezas, como Señores que son de ditas mares
Canarias, poñendo fin á súa conquista en 1496, océanas, fan dende agora ao dito don Cristovo Colón o seu almirante
xa baixo os Reis Católicos. O arquipélago había en todas aquelas illas e terras firmes que pola súa man e industria
converterse nun importante punto de apoio na se descubran e vaian ganarse nas ditas mares océanas durante a
súa vida e, despois de morto, aos seus herdeiros e sucesores, dun a
empresa transatlántica castelá. outro perpetuamente [...]
Tamén, que Vosas Altezas fan ao dito don Cristovo o seu vicerrei e
Tras rematar a conquista do reino gobernador xeral en tódalas ditas terras firmes e illas que, segundo
musulmán de Granada (1492), os Reis Católicos se dixo, descubra e gañe nas ditas mares [...]
Tamén, que de todas e calquera mercadorías, sexan perlas, pedras
estiveron dispostos a financiar o proxecto do preciosas, ouro, prata, especias e calquera outras cousas e
navegante xenovés Cristovo Colón -xa rexeitado mercadorías de calquera tipo que se compraren, trocaren, atopasen ,
ganaren ou houberen dentro dos límites do dito almirantado, Vosas
pola coroa portuguesa- de alcanzar as Indias Altezas van mercede eo dito don Cristovo e queren que teña e leve
navegando cara o oeste. Tras asinar cos para si a décima parte de todo, quitadas os custos [...] quedando as
outras nove partes para Vosas Altezas. [...]
monarcas as Capitulacións de Santa Fe, onde [...] na vila de Santa Fe da veiga de Granada, a 27 de abril do ano
se lle prometían títulos e beneficios sobre as de nacemento do noso señor 1492.
Eu, O rei; eu, a Raíña
terras descubertas, a primeira expedición Por mandado do Rei e da Raíña: Juan de Coloma“

4
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

colombina partiu de Palos (Huelva) a bordo dunha nao (a Santa María) e dúas carabelas (a Pinta e
a Niña). Alcanzou a illa de Guanahaní nas Bahamas o 12 de outubro de 1492 e explorou Cuba (A
Xoana) e Santo Domingo (A Española). Colón encabezou aínda outras tres expedicións
transatlánticas que tocaron diversas illas do Caribe e mesmo as costas do continente. Porén,
morreu en 1506 pensando aínda que as terras que explorara formaban parte das Indias, do
continente asiático.
Outros navegantes, como o cántabro As catro viaxes de Colón ás Indias.
Juan de la Cosa ou o italiano Américo
Vespucio, ampliaron o coñecemento das costas
da outra banda do Atlántico e identificaron o
novo continente nos primeiros anos do século
XVI. En 1513, Vasco Núñez de Balboa
atravesou o istmo de Panamá e descubriu o
Océano Pacífico.
En 1519, unha nova expedición
promovida pola coroa castelá e comandada
polo portugués Fernando de Magallães saiu da
Península e deu atopado o paso marítimo Fonte: www.cervantesvirtual.com
entre os océanos Atlántico e Pacífico no
extremo sur do continente americano (o A primeira circunavegación do Mundo: Magalhães-Elcano.
estreito de Magallães). Morto este en combate
cos indíxenas no arquipélago filipino, asumiu o
mando o vasco Juan Sebastián Elcano (1521),
quen, tras dirixir a travesía do Índico e o
Atlántico sur, culminou a primeira
circunnavegación do mundo en 1522.
Confirmaba indiscutiblemente a forma esférica
da Terra e a posibilidade de alcanzar as Indias
navegando cara o oeste. Magellan_Elcano_Circumnavigation-fr.svg: Sémhurderivative work: Armando-
Martin, [CC BY-SA 3.0], Wikimedia Commons.
As disputas entre Portugal e Castela polas
O reparto do mundo entre Castela e Portugal.
terras atopadas non tardaron en aparecer. Os
Reis Católicos obtiveron do papa Alexandre en
1493 unha bula que fixaba o límite entre
ámbolos dúas coroas nun meridiano a 100
leguas das illas de Cabo Verde: ao oeste dela
estenderíanse os dominios casteláns e ao leste
os portugueses. O monarca portugués, João II,
non aceptou a resolución papal e preferiu
negociar negociar directamente cos Reis
Lencer, [CC BY-SA 3.0], Wikimedia Commons
Católicos. As conversas culminaron coa sinatura
do Tratado de Tordesillas en 1494. Este establecía a demarcación a 370 leguas (uns 2.200 km.) do
devandito arquipélago Verde, reservándose Castela o dominio das Canarias.

5
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

Outros protagonistas.
O dominio do Atlántico meridional por casteláns e portugueses animou a franceses e
ingleses a buscar novas rutas cara as Indias polo norte. Fracasaron nese empeño pero promoveron
expedicións que recoñeceron as costas de Norteamérica. Destacaron a emprendidas por Giovanni
Caboto, navegante xenovés ao servizo de Inglaterra, e as do florentino Giovanni de Verazzano e o
francés Jacques Cartier por conta de Francia.

As consecuencias dos descubrimentos.


As exploracións xeográficas, seguidas da
As remesas de ouro e prata americanas chegadas a Castela
conquista e explotación de novas terras por durante o século XVI
parte dos europeos, trouxeron consigo
importantes mudanzas en diversos eidos.
Consecuencias económicas.
A apertura de novas rutas e a
explotación dos recursos naturais e humanos
dos territorios dominados promoveron a
expansión dos intercambios comerciais e o
desenvolvemento económico de Europa. Pola
contra, significaron enormes perdas para as
terras e as poboacións explotadas.
Consecuencias demográficas.
As poboacións indíxenas americanas
foron decimadas polas guerras de conquista, a Fonte: elaboración propia a partir de Gonzales, Mª.; Guzmán, J.
(2015)
brutal explotación da man de obra e as novas
enfermidades levadas polos europeos, caso da Evolución da poboación indíxena do Perú (1520-1630)
variola ou a gripe. O continente americano
sufriu unha auténtica catástrofe demográfica:
algúns autores estiman que a caída da
poboación indíxena durante o século XVI
puido representar ata un 90% da presente
antes da chegada dos europeos.
A escaseza da poboación indíxena
estimulou a crecente e brutal trata de negros.
Millóns de africanos foron capturados e
trasladados forzosamente en condicións
lamentables a outra banda do Atlántico
durante a Idade Moderna.
Tamén algúns europeos cruzaron o
océano na procura de riquezas e novas
oportunidades. As migracións transatlánticas
converteríanse nun fluxo constante durante as
Idades Moderna e Contemporánea.
Fonte: elaboración propia a partir das estimacións de N.D. Cook (2013), La
catástrofe demográfica andina. Peru 1520-1620. Lima, Fondo Editorial de la
Pontificia Universidad Católica del Perú, p. 146.

6
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

O tráfico de escravos dende o continente africano, ss. XVI-XIX

Fonte: www.slavoyages.org. Tradución propia

Consecuencias sociais.
En Europa, a burguesía comercial enriqueceuse co comercio ultramariño. Consolidou así a
súa posición económica e as súas posibilidades de ascenso social.
En América, a boa parte da maioría indíxena se lle impuxeron fórmulas de servidume en
beneficio da minoría europea. Mentres, a poboación de orixe africana era sometida a escravitude.
Configurouse deste xeito unha sociedade fortemente xerarquizada con enormes desigualdades
de base socioeconómica e racial.
Consecuencias culturais.
As exploracións xeográficas aguilloaron a curiosidade científica e acrecentaron o
coñecemento do mundo. Impulsaron o desenvolvemento de numerosas disciplinas: a cartografía,
a botánica, a zooloxía, a etnografía, a xeografía, etc.
O Novo Mundo foi un espazo onde se mesturaron culturas (amerindias, europeas,
africanas). Polo xeral, as tradicións indíxenas víronse relegadas no ámbito relixioso, pola difusión
do cristianismo, e lingüístico, pola imposición do castelán e do portugués. Imprentas,
universidades e escolas difundíronse polo continente americano da man dos chegados do Vello
Mundo.
O intercambio de especies de orixe americana (pataca, millo, tomate, pemento, tabaco,
cacao, pavo) e euroasiática (cabalo, vaca, ovella, trigo, café, té, algodón, azucre) provocou
cambios importantes nos hábitos alimentarios e tivo un gran impacto económico, social e
medioambiental.

7
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

Consecuencias políticas.
O descubrimento, a conquista e a explotación do Novo Mundo sentou as bases da
hexemonía europea no mundo, que se prolongaría ata o século XX. Tamén alentou os
enfrontamentos entre as diversas potencias do Vello Mundo por ampliar os seus dominios e
áreas de influencia.

Os imperios europeos a mediados do século XVII

Andrei nacu [Dominio público], Wikimedia Commons

A América prehispánica.
Antes da chegada dos europeos, o continente americano estaba habitado por moi
numerosos pobos. Algúns deles mantiñan formas de vida paleolíticas, a súa subsistencia seguía a
depender da caza, a pesca e a recolección. Este era o caso moitas das poboacións das Antillas, da
rexión amazónica e do norte do continente.
Outros chegaran xa a desenvolver avanzados Localización das principais civilizacións precolombianas.
sistemas de produción agrícola e complexos
sistemas de organización social e política, sobre
todo nas áreas mesoamericana e andina. Entre
estas altas culturas precolombianas destacan
as civilizacións maia, azteca e inca.

Os maias.
A civilización maia, con máis dun milenio
de historia, encontrábase en franca decadencia
á chegada dos conquistadores. Asentábase na
rexión mesoamericana, ocupando a península
do Iucatán e áreas próximas nos actuais
México, Guatemala, Belice, Honduras e O Spanish411.net [CC BY-NC SA]
Salvador.

8
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

A súa economía baseábase nunha Ruínas da cidade maia de Palenque (México)


diversificada agricultura (millo, tomate, cabaza,
feixó, tomate, cacao). Os maias destacaron
tamén nalgunhas actividades artesanais
(cestería, tecido, cerámica) e desenvolveron un
activo comercio. Isto posibilitou o
desenvolvemento de importantes cidades,
centros económicos políticos e cerimoniais
como Tikal, Copán, Palenque ou Chichén Itzá.
A sociedade maia estruturábase
xerarquicamente en distintos grupos: nobres,
sacerdotes, artesáns, campesiños e escravos,
maioritariamente cativos de guerra. Non
constituían unha unidade política, senón que Dennis Jarvis from Halifax, Canada [CC BY-SA 2.0], Wikimedia Commons

se organizaban en numerosas cidades-estado Representación de Kukulkán, a serpe emplumada, en Chichén


independentes, gobernadas por cadanseu xefe Itzá.
supremo (halach uinic) auxiliado por un
consello formado polos seus parentes.
Crían en varias divindades. Entre elas
destacaban Chaac, deus da choiva, e Kukulkán,
deus creador ligado á auga, o vento e as
tormentas e encarnado nunha serpe
emplumada. Unha poderosa caste sacerdotal
dirixía un elaborado ceremonial que incluía
ritos de adiviñación, ofrendas e sacrificios,
mesmo humanos. Frank Kovalchek [CC BY 2.0], Wikimedia Commons

Os maias desenvolveron unha rica


Pinturas murais maias de Bonampak (s. VIII).
cultura. Utilizaron unha complexa escritura
xeroglífica e destacaron polos seus
coñecementos astronómicos e matemáticos.
Deixaron tamén rechamantes creación
artísticas: pezas cerámicas, pinturas, esculturas
monumentais, grandes construcións (palacios,
templos en forma de pirámide graduada, etc.)

Os aztecas.
Procedente da lendaria Aztlán, o belicoso
pobo azteca asentouse no val de México contra
o século XIII, onde crearía unha civilización que
incorporou elementos de civilizacións
Fonte: enseñ-arte.
precedentes (Teotihuacán, olmecas, toltecas).
Descubertos na selva Lacandona (Chiapas, México) en 1946, os
En 1325 fundaron a cidade de Tenochtitlán. No frescos do templo de Bonampak constitúen o exemplo mellor
1433, os aztecas estableceron unha conservado da pintura maia. Representan diversas escenas cortesás
e bélicas, entre elas un posible sacrificio de prisioneiros. O seu estudo
confederación de tres cidades, Tenochtitlán, permitiu reconstruír algúns aspectos da vida e a historia dos
Texcoco e Tlacopán. Esta foi a base do Imperio moradores desta cidade durante o reinado dun destacado gobernante,
Chaan Muan II (ca. 790).

9
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

azteca. Á súa fronte, o emperador (tlatoani) desempeñaba a máxima autoridade política e


relixiosa. Á chegada dos conquistadores, o Imperio azteca, encabezado por Moctezuma II (1502-
1520), estaba en plena expansión e o seu territorio ocupaba todo o centro do México actual.
A sociedade azteca organizábase en clans
A expansión territorial do imperio azteca (ss. XV-XVI).
(calpullis) con importantes funcións relixiosas,
económicas e militares. Dentro de cada un
deles distinguíanse diferentes estratos sociais:
nobres (terratenentes, xefes guerreiros,
sacerdotes), xente común (artesáns,
comerciantes, campesiños) e escravos. A orixe
desta condición era diversa: prisioneiros de
guerra, individuos castigados pola comisión
dun delito, persoas con débedas.
A economía do estado azteca contou cos
recursos derivados do sometemento doutras
poboacións obrigadas ao aporte de man de Aztec Empire - ru.svg: Kaidorderivative work: Rowanwindwhistler
obra e ao pago de gravosos tributos en especie. [CC BY-SA 4.0], Wikimedia Commons

A agricultura era a principal actividade


Recreación de Tenochtitlán en 1519.
económica e o millo seu produto básico. A
utilización de avanzadas técnicas de cultivo
(chinampas, socalcos) garantía uns elevados
rendementos. Destacaron tamén algunhas
actividades artesanais (cerámica, tecidos,
adornos de plumas, ourivaría). Malia a
utilización do troco, os intercambios
comerciais deberon acadar un considerable
impulso. Da prosperidade azteca dá conta a
Gary Todd from Xinzheng, China [CC0], Wikimedia Commons.
magnitude da súa capital: estímase que a
poboación de Tenochtitlán no momento da Busto do deus azteca Quetalcoatl, a serpe emplumada, nas
ruinas de Teotihuacán.
conquista española debía superar ben os
200.00 habs.
A relixión azteca era politeísta. Os deuses
máis importantes eran Quetzalcoatl (o deus
creador, encarnado nunha serpe emplumada),
Huitzilopochtli (deus do sol) e Tlaloc (deus da
choiva e da fertilidade). Os sacerdotes
constituían un poderoso grupo, responsable de
manter o culto debido ás divindades en forma
de cerimonias, ofrendas e sacrificios, humanos
incluídos.
Os aztecas desenvolveron unha escritura Marcelosan [CC BY-SA 3.0], Wikimedia Commons
pictográfica. Construíron grandes cidades,
como Tenochtitlán ou Xochicalco, onde levantaron palacios e templos con grandes pirámides
graduadas.

10
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

Os incas. Representación do inca e o seu consello nun gravado do s.


XVII.
Os pobo inca asentouse na rexión de
Cuzco (Perú) contra o ano 1200. Recolleu a
herdanza cultural das civilizacións precedentes
da rexión (Chavín, Nazca, Tiahuanaco) e creou
un amplo imperio, o Tahuantinsuiu, que chegou
a abranguer nos séculos XV-XVI o territorio dos
actuais Perú, Bolivia e Ecuador máis áreas do
norte de Chile e Arxentina e do sur de
Colombia.
A autoridade máxima residía no inca,
considerado fillo do Sol, quen era asesorado
nas funcións de goberno por un consello.
Exercía as súas funcións dende o seu palacio en
Cuzco, onde recibía audiencia e administraba
xustiza. As súas ordes chegaban a todo o
territorio imperial grazas a unha extensa rede
viaria (máis de 40.000 km.), un eficaz sistema
postal e unha complexa e xerarquizada
estrutura administrativa.
A agricultura era tamén a base da
economía incaica. Os cultivos máis importantes
eran o millo, nas zonas baixas, e a pataca, no [Public domain], Wikimedia Commons

altiplano. O aproveitamento das ladeiras das Socalcos construídos no Val Sagrado (Perú).
montañas mediante socalcos, a construción de
complexos sistemas de regadío, un axeitado
abonado permitiron soster a unha moi
numerosa poboación. Ademais, da cría de
llamas e alpacas permitía obter alimentos,
materia prima para a elaboración de tecidos,
Flaspacker Travelguide [CC BY-SA 2.0], Flickr.
abono para os campos e animais de carga.
Outras especies domesticadas polos incas foron Calzada incaica.
o can e o coello de Indias.
Entre as actividades artesanais destacan
a produción de tecidos, a cerámica e o traballo
do ouro, a prata e o cobre. O comercio
baseábase no troco.
A organización social inca baseábase nos
aillus, pequenas comunidades ás que
correspondía a terra e o gando. Baixo
autoridade do curaca repartíanse entre as
familias que o compoñían, organizábanse os
traballos comunitarios e a recadación dos Bcasterline at English Wikipedia [Dominio público], Wikimedia Commons.
tributos en traballo (mita) ou especie. O

11
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

produto destes era almacenado polo estado Representación do deus Viracocha.


incaico para costear as constantes expedicións
militares e manter a súa administración pero
tamén para redistribuír, cando así se requiría,
entre as comunidades necesitadas.
Diversos estratos definían a xerarquía
social: a nobreza (parentes do inca, sacerdotes,
altos cargos, xefes militares, curacas), o pobo
(campesiños, artesáns) e os escravos (servos da
nobreza, prisioneiros de guerra).
A relixión incaica era politeísta. Entre as
súas divindades destacaban Viracocha, deus
creador, e Inti, deus do Sol. Rendíaselles culto
en numerosos templos, escenario de ofrendas e
festividades.
Os incas non coñecían a escritura pero
empregaban un complexo sistema de cordas de
colores (quipus) para transmitir mensaxes e
levar a contabilidade. A arquitectura aporta as
manifestacións artísticas máis destacadas da
cultura inca. Caracterízase pola
monumentalidade e sinxeleza das súas
construcións pétreas: cidades (Machu Picchu), Marcomogollon [CC BY-SA 4.0], Wikimedia Common

fortalezas (Sacsaihuamán), palacios e templos.

A cidade “perdida” de Machu Picchu (s. XV): estado actual e reconstrución.

12
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

A conquista e colonización do continente americano.


A comezos do século XVI, os dominios da monarquía hispana no Novo Mundo limitábanse ás
Antillas. O clima tropical dificultaba o asentamento dos peninsulares e o desenvolvemento dos
seus cultivos. Ademais, a produción de ouro era ben escasa. Por estas razóns, comezaron a
organizarse expedicións de conquista do continente. A vitoria sobre os grandes imperios azteca e
inca puxo en mans dos monarcas españois grandes territorios aos que houbo que dotar dunha
nova estrutura administrativa. Os seus recursos foron postos en explotación en beneficio da coroa
e dos colonizadores peninsulares.

A conquista.
O establecemento do dominio hispano sobre boa parte do continente americano foi o
resultado de numerosas expedicións. Estas eran dirixidas por particulares que concertaban unhas
capitulacións coa Coroa. Estas autorizaban o recrutamento dun exército e a conquista dun
territorio. O conquistador asumía os custos da expedición e, a cambio, era recompensado con
terras, unha parte do botín obtido e o nomeamento como gobernador do territorio. Os monarcas
reservábanse a soberanía sobre as rexións conquistadas e unha parte dos beneficios obtidos.
Aínda que os conquistadores tiveron que enfrontarse con forzas escasas a poboacións moi
numerosas e dotadas de complexas organizacións, vencéronas sen demasiadas dificultades. Isto
debeuse a diversos factores: o desexo de enriquecemento dos alistados, aguilloado pola difusión
de fantasiosos relatos sobre a abundancia de metais preciosos no continente (a lenda de
Eldorado); a superioridade tecnolóxica e militar dos europeos (aceiro, armas de fogo, armaduras,
cascos, cabalos) sobre os amerindios; os conflitos entre as poboacións do continente, que
facilitaron o establecemento de alianzas entre algunhas delas e os conquistadores; algúns mitos
indíxenas que ligaban a fin das súas civilizacións á chegada de seres sobrenaturais procedentes do
océano.
A conquista de México.
En 1518, Hernán Cortés, un fidalgo Hernán Cortés e Malinche, a súa esposa e tradutora indíxena,
estremeño, embarcou en Cuba cuns 400 homes ante Moctezuma II, segundo o Lenzo de Tlaxcala (mediados
coa intención de explorar o golfo de México. Ao do século XVI).
desembarcar en Veracruz en 1519 chegáronlle
noticias da existencia dun gran imperio e
decidiu conquistalo. Entrou amistosamente en
Tenochtitlán, onde apresou ao emperador
Moctezuma II. Os aztecas subleváronse e os
españois víronse obrigados a fuxir na Noite
Triste (1520). Co apoio de pobos sometidos ao
imperio azteca, Cortes e os seus vencérono na
batalla de Otumba (1521) e reconquistaron
Tenochtitlán despois dun longo asedio.
Nos anos seguintes completouse o
dominio do territorio mexicano.
Emprendéronse tamén algunhas expedicións [Dominio público], Wikimedia Commons.

cara América central e setentrional.

13
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

A conquista de Perú. A execución de Atahualpa, segundo unha representación


Francisco Pizarro, outro fidalgo indíxena do século XVII
Guaman Poma [CC BY-SA 4.0], Wikimedia Commons.
estremeño, emprendeu cunha pequena forza
unha expedición contra o Imperio inca en 1531.
Buscou o apoio das poboacións sometidas e
aproveitou a guerra civil que enfrontaba aos
incas Huáscar e Atahualpa. En 1532 chegaron a
Cajamarca e apresaron a Atahualpa, quen,
malia o pago dun fabuloso rescate en ouro, foi
decapitado. Tras apoderárense de Cuzco (1533)
fundaron a nova capital, Lima (1535).
O dominio completo do territorio inca foi
moi difícil pola súa enorme extensión, a tenaz
resistencia ofrecida polos indíxenas dende as
montañas e os conflitos internos que axiña
estouraron entre os conquistadores.
Especialmente problemática foi a conquista das
terras meridionais, no actual Chile, encabezada
por Diego de Almagro e Pedro de Valdivia.

O goberno das Indias.


Tras a conquista, as Indias foron
incorporadas polos monarcas á Coroa de
Castela. As institucións de goberno e a
lexislación inspiráronse basicamente nos Retrato anónimo do nobre galego Pedro Antono Fernández de
modelos casteláns. Castro, conde de Lemos e viicerrei do Perú en 1667-1772.

O territorio dividiuse en dous grandes


vicerreinados: o de Nova España, fundado en
1534, que incluía México, as Antillas e América
central; e o do Perú, establecido en 1542, que
abranguía dende o istmo de Panamá ata o
centro do Chile actual. Á fronte de cada un
deles había un vicerrei, representante persoal
do monarca escollido por este entre os
membros da gran nobreza castelá.
Cada vicerreinado dividíase en varias
gobernacións ou capitanías, distritos baixo o
mando dun gobernador con amplas funcións
administrativas, xudiciais e militares. Cada
gobernación comprendía diversos municipios
ou corriximentos, cun cabido (concello)
presidido por un corrixidor.

[Dominioo público], Wikimedia Commons.

14
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

Nas principais cidades americanas Portada das Novas Leis de Indias (1542).
establecéronse audiencias, tribunais reais
encargados de vixiar o cumprimento das leis e
impartir xustiza.
Na metrópole, o Consello de Indias,
establecido na cidade de Sevilla 1524 por Carlos
I, encargábase de asesorar ao monarca sobre o
goberno dos dominios americanos. Entre os
seus labores estivo a redacción e recompilación
das Leis de Indias, que trataban de dar resposta
ás peculiaridades daqueles territorios.

A explotación económica das


colonias americanas.
A economía das colonias americanas
baseouse na agricultura e na gandería. Ás
especies vexetais e animais autóctonas (millo,
pataca, tabaco, cacao, algodón, feixós, llamas,
alpacas, coellos de Indias, etc.) engadíronse
axiña outras traídas do Vello Mundo (cana de
azucre, café, trigo, vacas, cabalos, ovellas, etc.).
Os conquistadores estableceron en
América facendas, grandes explotacións
traballadas pola man de obra indíxena baixo o
sistema de encomenda: o rei entregaba a Juan de Brocar (impresor), Jean de Vingles (grabador),
algúns dos peninsulares establecidos nos seus [Dominio público], Wikimedia Commons.
dominios americanos, os encomendeiros,
Imaxe dun encomendeiro maltratando a un indíxena segundo
grandes concesións de terra que incluían aos un códice mesoamericano do século XVI.
indíxenas que vivían nelas. O encomendeiro
comprometíase a protexelos e a educalos na fe
cristiá. A cambio, os indíxenas debían
proporcionarlle o seu traballo. A encomenda
converteuse, na práctica, nunha forma de
servidume. O abuso e o maltrato recibidos pola
poboación indíxena contribuirían á catástrofe
demográfica que esta sufriría durante o século
XVI.
A conquista puxo en mans dos
peninsulares ricos xacementos de metais
preciosos, sobre todo de prata(Potosí na rexión
andina, Zacatecas en México). A propiedade
destes recursos correspondía á Coroa que os
explotaba directa ou indirectamente, recibindo
unha parte do metal extraído, o chamado
quinto real. As condicións de traballo nas minas
Codex Kingsborough, Public domain, via Wikimedia Commons.

15
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

eran moi duras. Para extraer os estes prezados Representación do traballo nas minas de prata do Cerro Rico
recursos, os conquistadores aproveitaron unha de Potosí, segundo un gravado de Theodor de Bry (1596)
institución de orixe incaica, a mita, un sistema
de traballo obrigatorio imposto aos indíxenas.
O comercio entre as Indias a Península
foi tamén un monopolio real. A Casa de
Contratación, institución establecida en Sevilla
en 1503, encargábase de organizalo. A crecente
ameaza de corsos e piratas sobre comercio
transatlántico obrigou a organizar as flotas de
Indias, convois que partían anualmente baixo
protección de buques de guerra.

A sociedade colonial.
A sociedade colonial hispanoamericana Fonte: The Conversation.

caracterizouse pola súa heteroxeneidade. Clasificación dos diferentes grupos étnicos ( castas) de Nova
Organizouse atendendo a criterios étnicos, España nunha ilustración dos século XVIII.
económicos e xurídicos. Dende o punto de vista
étnico, a poboación das Indias estaba formada
inicialmente por tres grupos diferentes.
• Os españois chegados da Península e
os seus descendentes xa nacidos en
América, os chamados crioulos,
constituíron unha exigua minoría pero
o seu número incrementouse
constantemente. Ocupaban unha
posición dominante: controlaban o
comercio, posuían a meirande parte
das terras e monopolizaban os cargos
de goberno. Mantíñanse entre eles, do
mesmo xeito que na Península, as
distincións entre privilexiados (clero,
nobreza) e non privilexiados.
• A poboación indíxena representaba a
maioría dos habitantes do Novo
Mundo. Realizaban os traballos
manuais máis duros, tanto nas
facendas agrícolas e gandeiras como
nas minas, reducidos a unha condición
Fonte: Historia de México breve.
de servidume. A causa das guerras de
conquista, das enfermidades levadas
polos europeo e dunhas condicións
extremas de vida e traballo o seu número diminuíu drasticamente durante o século XVI.

16
O nacemento do mundo moderno. A ampliacion do mundo coñecido

• Os escravos negros foron arrincados á forza do continente africano e levados a América.


para realizar as labores máis duros nas rexións tropicais e substituír á minguante
poboación indíxena.
Habería que engadir un cuarto grupo, resultado das relacións, legais ou ilegais, entre os
anteriores, os mestizos. A súa posición social estaba ligada fortemente á condición dos seus
proxenitores. O seu número foi medrando constantemente ao longo do período colonial.

17

You might also like