You are on page 1of 8

ÉPOCA ESCURA E

MUNDO HOMÉRICO:
As consecuencias principais da caida do mundo micénico son a perdida da escritura, dos
sistemas palaciais, da arquitectura monumental, da arte e das suas rutas de comunicación
comercial co mundo exterior.

DATOS ARQUEOLÓXICOS DA ÉPOCA ESCURA


(XI-IX a.C):

Sobre esta época hai escaseza de datos, xa que todos proveñen da necrópole, polo que
descoñecemos as súas formas de vida. A impresión xeral deste período é dun gran
despoboamento do continente grego, o cal puido perder ata tres cuartas partes da poboación.
Sobreviven soamente pequenos grupos, como por exemplo en zonas como Mesenia, Eubea,
Atenas ou Argos. Estes grupos foron os encargados de asentar as bases das novas formas de
sociedade grega a través de diferentes innovacións tecnolóxicas, como foron:

- A cerámica protoxeométrica: trátase do desenvolvemento dun novo estilo cerámico


caracterizado polo uso de novas técnicas e unha decoración lineal que tende a unha
xeometrización progresiva. Desenvólvese inicialmente en Atenas e Argos a partir do
1650 a.C.para expandirse máis tarde por toda Grecia. A metalurxia do ferro aparece
en Grecia no século XII a.C.nas mesmas áreas de desenvolvemento da cerámica
protoxeométrica como material para obxectos de uso diario.

Sobre a Época Escura existen cuestións sen resolver, e resulta moi soprendente que o
intermedio entre dúas grandes tapas de esplendor fose de despoboamento e de atraso cultural.

A hipótese tradicional defende a idea de que a pouca poboación tivo que concentrarse na súa
propia subsistencia, perdendo os moitos logros das civilizacións anteriores, conservándose
soamente a lingua e a tradición oral. Esta teoría é a máis común, pero é demasiado "simple".

Outras hipóteses parten da base de que non tivo por que haber un despoboamento drástico, se
non, que puido ser consecuencia dunha transformación de actividades económicas básicas.
O despoboamento de Grecia desde o século XII a.C.quizá non fose tan acusado como parece:

- En Argólide houbo un abandono da maioría dos núcleos habitados na época micénica


e submicénica, mentres que en Tirinte houbo un claro crecemento documentado, do
mesmo xeito que outros lugares como a illa de Rodas.
- Menos perdida poboacional da que se supuxo, e hai unha probabilidade de que a
poboación se redirixira, concentrandose ista en núcleos determinados.

Nesta liña baséase a hipótese de Snodgrass, que apoia que o aparente despoboamento de
Grecia puido deberse á importancia que gaña a gandería durante esta época, pois existen
probas de que os gregos recorreron ao pastoreo como principal actividade económica a partir
do século XI a.C. Este cambio puido estar motivado pola perda de poboación e, por tanto, a
diminución de man de obra agrícola, e a desorganización da actividade agrícola pola
desaparición dos palacios. A xeneralización do pastoreo supuxo unha transformación do
hábitat e un cambio na actividade económica.

A necesidade de grandes superficies de terreo para a actividade pastoril favorece a sensación


de abandono de algunhas rexións, que a pesar de estar ocupadas, presntan unha determinada
densidade de ocupación moito menor. Hai unha serie de datos que só se poden explicar por
unha serie de tradición oraiss orais mantidas vivas polos pastores que recorrían as áreas
deshabitadas de Grecia.

As ofrendas máis antigas son do século X a.C, e foron descobertas nunha serie de santuarios
gregos ubicados en Olimpia, estas estaban formadas por unha seie de figuriñas de animais,
onde abundaban os bois. Estas ofrendas, co paso do tempo desaparecerán (hai unha gran
cantidade de bois nesta época, temos este coñecemnto pola presencia dele nos poemas
homéricos e polo estudo de restos de animais, que presentan unha gran cantidadende bóvidos
durante esta época).

Noutras área como Ática ou Eubea a agricultura poido ter un papel máis importante, capaz de
xerar maiores cantidades de riquezas.

Debemos atender a idea de uqe houbo unha gran transformación do habitat espallandose
moito máis a poboación, xa que no momento encontrabas concentrada en nucleos
poboacionais. Tamen hemos de ter en conta que say unha serie de datos que so se poden
explicar se se conservan a través de tradicións orais mantidadas polo spastores que cos seus
rebaños percorrian toda grecia. As ofrendas mais antigas son figuriñas de bois aparecidas por
santuarios que pouco a pouco van desapareciendo. Hay un predominio dos bovidos durante
ista etapa.
RELIXIÓN:

Entre os séculos IX e X a.C ignoramos as características da relixión grega, a pesar de que


sabemos que era politeista e que mantivo algúns deuses micénicos. O aparente abandono da
maioría dos lugares de culto micénico crea unha discontinuidade entre ambos os cultos. É
posible que isto non fóra así en toda Grecia, pois en certas zonas permanecen cultos entre a
época micénica e arcaica, por exemplo, en Malia.

Os lugares sacros nestes séculos reducíanse ao culto doméstico e os cultos comunitarios,


posiblemente en santuarios ao descuberto sen ningún tipo de construción exclusiva. Hai
escaseza de restos arqueolóxicos vinculados ao culto destes dous séculos.

Gran edificio absidal de Nicharia, construído sobre os restos dunha edificación micénica.
Indicios dun posible culto intermitente nas ruínas de Micenas e Tirinte. Lugar do posterior
santuario de Hera en Argos era utilizado para ofrendas.

Podemos observar tamen o enterramiento dunha muller non quemada, onde podemos
observar restos como: un anel, xoias de ouro e prendedores de ferro ou de ouro.

Peza de cerámica:
- Enterramento de catro cabalos.
- Ánfora chipriota de bronce (cremación e enterramiento dun home): atopado nun lugar
de enterramento.

HOMERO:

Tratouse de reconstruír a sociedade homérica, é dicir, a que se describe nas obras de Homero,
para facela coincidir cun período concreto da historia grega. Este intento por parte dos
historiadores foi un fracaso, pois Homero era poeta, non historiador. Os poemas homéricos
ofrecen descripcions de acontecementos e obxectos que pertenecen a tres períodos: a época
micénica, a época escura e a época arcaica. Esta última corresponde a unha época
contemporánea a Homero (s. VIl a.C.).

A SOCIEDADE DESCRITA POR HOMERO:

A vontade arcaizante e o desexo de organizar o pasado para recrealo e agradar aos seus oíntes
é o trazo máis interesante das obras de Homero.
Segundo a hipótese de M. I. Finley, a sociedade homérica corresponde en liñas xerais á Epoca
Escura. A desaparición homérica das casas aristocráticas coincide mellor co período da Idade
Escura de Grecia que co dos palacios micénicos ou a sociedade arcaica. Igualmente, na
actualidade ningún historiador defende que a Iliadae a Odisea sexan un reflexo fiel do mundo
dos palacios micénicos. Esta hipótese foi criticada polos que consideran que a epopeia
homérica é un documento contemporáneo do nacemento das polis que ten como referencia as
transformacións coñecidas polo mundo grego no século VII aC.

A ECONOMÍA:

A organización económica está articulada ao redor dos Oikos, os dominios dos nobres. O
ideal económico do Oikos é a autarquía, tratando de producir en por si todos os produtos
gandeiros e agrícolas que necesitan e soamente necesitar as materias primas máis
imprescindibles.

A economía do oikos é mixta, agricola e ganadeira. Pero, o sector gandeiro predomina nos
Oikos sobre o agrícola, é por iso polo que os terreos de pasto ocupan a maior parte dos
territorios. A cría do gando está en mans da poboación servil e daqueles grupos en baixa
condición social. Con todo, o cabalo será un animal que sexa criado polos nobres e máis altos
cargos. A súa posesión considérase de luxo e é por iso polo que os aristócratas se
enorgullecían ao chamarse a se mesmos Hippobotai, é dicir, criadores de cabalos.

CAZA E PESCA:
A caza e a pesca complementan os recursos cárnicos obtidos polo sector gandeiro. A caza
practícase como deporte pola nobreza, sendo concibida como unha guerra para defenderse
das feras que habitan nos bosques, polo que unha vez que esta se finalizaba, os aristócratas se
repartian as súas presas seguindo as normas de reparte do botín de guerra. A pesca era
considerada, doutra banda, como unha actividade non nobre e o peixe constituía n alimento
pouco apreciado polos grupos sociais máis altos.

AGRICULTURA:
A agricultura formaba a base ideolóxica da civilización, a pesar de que xa non fose a
actividade económica básica. A deusa do trigo, Demeter Tesmophoros, é a que con este cereal
deu aos homes os principios xurídicos que rexen a vida dos diferentes grupos sociais que
constitúen a civilización. O territorio cultivado concíbese como a terra civilizada por
excelencia, polo que o descoñecemento da agricultura e o non consumir trigo son símbolos de
barbarie, como se pode observar, por exemplo, na descrición que se fai dos Ciclopes na
Odisea.

Existen dous tipos de propiedade agricola: os temenos, a gran propiedade; e o kleros, a


pequena propiedade cultivada principalmente por un só un labrador.

Ao longo destes séculos, a agricultura foi gañando terreo ao sector gandeiro. Isto lógrase
difundindo cada vez máis o cultivo dos cereais, aumentando a man de obra agricola que antes
faltaba. Esta expansión lógrase a través de arrasar bosques para convertelos en arado. Con
respecto á agricultura de cereal, o sistema de cultivo era de rotación bienal e os instrumentos
que utilizaban era bastante primitivos.

Doutra banda, no que se refire á agricultura da vide e de oliveiras, utilizábase un tipo de


cultivo intensivo a través de sistemas de canalización.

O tipo de cultivos do témenos nobre, debía diferir do do kleros, no que traballaba so un


cultivador cun só boi, e as veces, axudado por un escravo.

INDUSTRIA:
A produción artesanal, aquela relacionada coa alimentación e o vestido, era principalmente de
carácter doméstico e levou adiante dentro dos límites dos Oikos. Outras ramas da artesania
estiveron en mans dunha serie de artesáns entre os que non existe unha clara ou nítida
especialización. Asi, o tectón construe ao mesmo tempo en madeira e en pedra, o kerameus
traballa en moitas ocasións o metal, etc.

Non existen talleres de traballo específicos: os únicos coñecidos son dos forxadores, pero a
súa existencia é máis ben excepcional, pois o normal é que levasen consigo as súas
instruments fundamentais.

O xefe de cada Oikos posuía lingotes de metal que se utilizaban para o abastecemento da
artesania dentro e fóra dos propios Oikos. Se era un obxecto de fabricación complexa,
utilizábase a un artesán itinerante, o demioergoi, para levar a cabo este traballo a cambio de
comida e aloxamento. O demioergoi traballa de forma individual, pois no caso no que dous
artesáns de sectores diferentes relacionásense ou colaborasen sería por razóns de contratacion.
Igualmente, isto non indicaba que houbese unha relación de competencia entre eles, pois esto
só se comenzará a dar no nacemento das cidades.

En xeral, o desenvolvemento industrial era moi pobre e os instrumentos eran moi sinxelos. As
obras máis complexas que se fan son a fabricación de mobiliario, carruaxes e barcos. Os
metais máis utilizados eran o bronce e o ferro. Na Iliada e a Odisea menciónase o uso dun e
outro en función dos obxectos que se fosen a fabricar: o bronce para as armas, o cal era unha
idea falsa da imaxe arcaizante da guerra; e o ferro para instrumentos agrícolas.

COMERCIO:
O comercio exterior, como actividade diferenciada, carece de entidade propia e non se
diferencia demasiado da pirateria, xa que o oficio de comerciante non se explica en ningunha
fonte. Os fenicios practican o comercio en praias, aproveitando oportunidades para saquear e
secuestrar persoas e vendelas como escravas. Os cretenses tamén se fundamentan na piratería.
Esta actividade se consideraba principalmente nobre, Menelao e Odiseo a practicaban, e co
beneficio disto, e máis cos botíns de guerra formabase o coñecido como tesouros nobles.

O comercio interior non existe como tal, pois o trueque entre os Oikos baseábase nos
agasallos e ofrendas duns a outros. O comercio non estaba establecido a falta dunha moeda e
o trueque non supoñía ningún beneficio. O beneficio só era lícito en caso de guerras e no caso
de roubos e saqueos. Aínda que o gando usase como medida de valor non podemos definilo
como unha moeda, pois non se axusta aos mecanismos de oferta e demanda.

A ESTRUCTURA SOCIAL:

ESCLAVOS:

Os escravos na época escura son escasos e proveñen dos prisioneiros de querra, raptos e
pirateria. Normalmente, os homes dedicábanse a traballar o campo e as mulleres ao servizo
doméstico. A súa situación política é pouco coñecida, pois non son obxecto de interese na súa
sociedade, pero parace unha situación mellorada respecto as épocas anteriores. Os escravos
son considerados persoas, polo que os xefes dos Oikos recoñecen os seus dereitos de vida.

CIDADANS LIBRES:

Pequena distinción entre os pequenos propietarios e os nobres, xa que a única diferencia son a
lonxitude das terras. Non diferenciación xurídica.

Os thetes carecen de toda seguridade por estar fora do grupo familiar polo que estan expostos
a todo tipo de arbitrariedades como os impagamentos, asesinatos. Son libres xurídicamente, e
socialmente constituían a ultima escala social. A maior parte diste traballaban a terra a
cambio dun xornal, Neste grupo non hai case mulleres. Moitos deste eran escravos fuxidos ou
expulsados dunha comunidade familiar nun conflicto de sangue.
DEMIORGOI:
É un grupo heterogéneo que goza de certa consideración social, podemos distinguir dous
grupos:
- Os artesáns, que transmiten os seus coñecementos dentro das familias e son libres
xuridicamente. Teñen certa categoría social pola importancia do seu traballo.

- Os "traballadores", grupo formado por sacerdotes, adivinos, médicos, etc. É dicir,


traballadores que elaboraban traballos prescindibles.

NOBREZA:

Existe unha gran separación entre os aristoi e os demais. Consideranse en grado remoto ou
próximo como descendentes dalgún Deus ou Heróe e dotados dunha serie de características
específicas que os fan superiores aos demais.
O noble polo feito de ser noble é coñecido como kalos (hermoso) ou agathos (bo e valente),
nun sentido tanto físico coma moral. #atopar separados do resto de cidadáns libres.

Diferéncianse pola súa posesión de terras e algúns elementos simbólicos como as súas
ganancias a través da caza e os matrimonios endogámicos e de hipergamia (entre iguais ou
superiores).

A ORGANIZACIÓN POLÍTICA: MONARQUÍA.

Os estados descritos nos poemas homéricos son monarquías. O seu poder era limitado por un
consello mobiliario que recibe o nome de Gerousia. O poder monárquico non tiñan carácter
estritamente hereditario e o poder imponse pola forza sobre os demais nobres.

O rei non so dispoñia do Oikos familiar, senón tamén de certos territorios, unha facenda, que
a comunidade tiña a sua disposición. Tamen tiña o poder de repartir e quedarse ca maior parte
do botín de guerra. Tiña tamén dereito a solicitar o demos, que é un regaloen compensación
cos beneficios que tiña o pobo del.

O monarca denomínase basileus, é dicir, unha persoa que destaca dentro do seu grupo social
que para manterse debía mostrarse xeneroso. A esta figura atribúenselle a administración do
culto, da xustiza e o mando da guerra. O rei dispoñía do Oikos familiar e un temenos.
Ocupábase de toda a xestión política interior e exterior e da repartición de ganancias en
situación de guerras e saqueos.
Gerousia, un consello de nobres que funciona como órgano consultivo e de control do rei. Os
gerontes son nobres aristo que sentan no círculo sacro na Assambleia ou Agora para tomar a
palabra e discutir sobre distintas situacións e decisions. Todo isto tras pasar o sképtron, o
cetro que concedia a quenda de palabra. Os demos podian participar nestas asembleas, pero
carecian de voz e voto.

A organización xuridica do mundo homérico caracterízase por ter unha natureza privada
baseada na familia. O rei e os gerontes só intervenian en casos complicados entre dúas
familias. Existian os thémistes, principios de xustiza non escritos polos que a Gerousia
tomaba as decisións.

FAMILIA:

A familia homérica é monógama e baséase nun matrimonio acordado entre o futuro marido e
o pai dunha familia. A sociedade era absolutamente patriarcal, polo que aautoridade familiar
estaba en mans do pai.

You might also like