You are on page 1of 108

Historia da Arte Grega

(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

Índice
1. INTRODUCIÓN: A ARTE GREGA E O INICIO DA CIVILIZACIÓN OCCIDENTAL:
2
1.1. Os albores de Occidente: 2
1.2. Concepción de Grecia na historia: 2
1.3. Outros aspectos sobre a arte grega: 3

2. ARQUITECTURA: 5
2.1. O Sistema alintelado: 5
2.2. Outros aspectos da arquitectura: 5
2.3. O templo: 5
2.3.1. Tipos de templos. Tipoloxías comús: 6
2.3.2. Tipoloxías menos comúns: 7
2.3.3. Outras características dos templos: 8
2.4. As ordes arquitectónicas: 8
2.4.1. A ORDE DÓRICA: 9
2.4.2. A ORDE XÓNICA: 9
2.4.3. A ORDE CORINTIA: 10
2.5. Evolución cronolóxica da arquitectura: 11
2.5.1. PERÍODO ARCAICO: 12
2.5.2. PERÍODO CLÁSICO: 16
2.5.3. PERÍODO HELENÍSTICO: 32

3. SANTUARIOS E CIDADES: DEUSES E HOMES: 38


3.1. Olimpia: 38
3.2. Delfos: 41
3.3. Atenas: 44
3.4. Mileto: 45
3.5. Priene: 46
3.6. Kos: 49
3.7. Lindos: 50

4. ESCULTURA: 52
4.1. Período arcaico: 53
4.2. Período clásico: 65

1
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

1. INTRODUCIÓN: A ARTE GREGA E O INICIO DA


CIVILIZACIÓN OCCIDENTAL.
1.1. Os albores de Occidente.

A índa que Grecia xorde arredor do ano 1000 a.C., con bastante retardo con
respecto a Exipto, Mesopotamia ou outras Altas Culturas, e cunha nova localización,
o Mediterráneo, lonxe do berce da civilización, nas terras entre o Tigris e mais o
Éufrates, considéraselle coma a orixe da civilización occidental.

En efecto, a Grecia clásica atinxe as illas do Exeo, a costa occidental da Anatolia


(actual Turquía) e, por suposto, as terras continentais que abranguen a actual Grecia.
Por escasezas, fames negras, razóns políticas ou polo seu espírito aventureiro, os gregos
expandíronse por todo o Mediterráneo, salientando as colonias de Sicilia, a Magna
Grecia, o sur de Francia ou o levante español, así coma algunha pole no norte de África.

Mapa da Grecia Clásica.

1.2. Concepción de Grecia na historia.

A pesar de que Grecia segue, nos seus primeiros pasos, os do mundo cretomicénico
(1500 a.C.), a indubidábel base da nosa cultura atópase na cultura grega, a cal pode ser
datada dende o século VIII/VI ata o I a.C..

2
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

É por iso que a arte grega ten sido modificada, copiada e repetida ao longo da Historia
da Arte. Ao servir de modelo a través dos séculos, Grecia foi obxecto de:

 Eloxios que rozan a idolatría. É considerada coma “a arte con maiúsculas”, unha
arma de sedución, que pode ser copiada pero non repetida.
 Un certo odio ou manía, unha visión da arte grega coma causa da esclerotización
artística doutros períodos da historia, xa que foi copiada ata a saciedade e vista
de maneira absorta por moitos artistas. Porén, non deixa de ser considerada
coma parte fundamental da Historia da Arte.

Máis aló das xa citadas posturas e consideracións sobre a arte grega, é fundamental
afirmar o influxo grego a través do tempo:

 Roma: Non se entende sen Grecia. Dende a Maison Carrière de Nîmes ou o


Panteón de Agripa ata a escultura do emperador Augusto, a influencia é clara.
Mesmo as togas romanas non se entenden sen as túnicas gregas.
 Renacemento: Tras o período medieval, de máis de 1000 anos, no que se
descoñece ou se mostra un certo desinterese polo mundo grecorromano, chega
estoutro período que venera esta cultura. De Praxíteles a Donatello, adáptase
esta arte pagá a unha nova concepción cristianizada da arte. Podíase imitar e,
polo tanto, igualábase a Grecia.
 Barroco: Arte oposta á orde do Renacemento, adopta modelos gregos. Isto faise
evidente na Columnata de Bernini, que lembra á existente en Palmira, antiga
cidade da actual Siria, ou no David do mesmo artista italiano, cuxa inspiración se
pode remontar ao Gálata suicida, pertencente á escultura helenística.
 Neoclasicismo: Outra vez elévase a arte grega, desta Parlamento historicista
volta a finais do século XVIII e a comezos do XIX. A austríaco (Viena).
influencia grega chega ata Louisiana (NO), San
Petesburgo, Berlín, ao parlamento vienés ou ao dos
Estados Unidos, ao igual ca á Casa Branca, onde o
branco é símbolo da pureza política dunha das
primeiras democracias do mundo occidental.
 Século XX: Aínda que os vangardistas coma Van der
Rohe, Wright ou Norman Foster mostran desprezo pola arte clásica,
condicionado polo afán de romper e renovar, o certo é que en edificios coma o
Palacio da Ópera da Coruña ou o nunca construído Chicago Tribune, con forma de
columna grega, apunta que a arte grega aínda segue a ser a fonte de inspiración
de moitos artistas.

En conclusión, foron a súa solidez, a súa severidade, o seu refinamento e a súa


perfección os causantes de que a arte grega teña sido unha constante fonte de

3
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

inspiración. Polo seu carácter modélico, considéraselle unha arte clásica; tan perfecto
e tan imitábel, que serve de referencia.

1.3. Outros aspectos sobre a arte grega.

-A arte grega é un modelo de evolución. Parte dunhas orixes humildes cara a un


perfeccionamento das formas. Isto é o que a fai diferente con respecto a outras
culturas, moito máis conservadoras, coma a exipcia, onde non é doado distinguir obras
realizadas con 2000 anos de diferenza.

-É unha arte realista, non a máis, pero si a primeira en amosar estes devezos de
reflectir a realidade con certa exactitude. Hai un “realismo” previo noutras culturas,
aínda que non plasman a realidade coma a grega.A policromía, en moitos casos perdida ou
noutros casos non aplicada por tratárense de copias romanas, axudan a aumentar o
realismo.Ademais, a xeometría e as proporcións son medios que elevan o realismo ao
idealismo. O Doríforo ou o Apoxiómeno, onde a cabeza se establece coma unidade de
medida, son bos exemplos do desexo de perfeccionar a realidade.

Ser realista supón tomar posesión do mundo e asumir que o mundo pertence ao home.
Deste xeito, a arte grega é unha arte de afirmación do home, unha arte de exaltación
do humano; unha arte que toma ao home coma tema artístico e coma principal
espectador da obra de arte. É por iso que ata os deuses están feitos á súa imaxe e
semellanza, coas súas paixóns, vicios e sentimentos.

En conclusión, o realismo grego mostra ao home nas súas actitudes


e emocións.

-Antropocentrismo dos deuses e a forma de ver o mundo: O mundo


vese doutra maneira. Talvez por influxo da xeografía, das paisaxes,
do clima, da procedencia do pobo grego, dos costumes, das tradicións
e, en definitiva, da súa historia. Todo isto condiciona a forma de
verse a si mesmo o home grego, de ver o seu mundo e, por
conseguinte, de plasmalo na arte. Coma xa se dicía antes, os deuses
aparecen á imaxe e semellanza dos homes.

Grecia, fronte a Mesopotamia ou Exipto, que concibiron artes máis totalitarias con
razón dos seus réximes máis absolutistas, creou unha arte máis democrática e humilde.

4
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

2. ARQUITECTURA.
2.1. O sistema alintelado.

N
a arquitectura grega non se empregan non se empregan
nin bóvedas nin arcos, agás nalgúns casos, senón que o
método por antonomasia de soporte consiste na superposición
de elementos de carácter rectilíneo, horizontal. Un recurso
arquitectónico primario que constitúe un dos sinais de
identidade da arquitectura grega.

Aínda que coñecían o arco e mais a bóveda, culturalmente os Sistema alintelado.


gregos adoptaron este sistema coma propio.

2.2. Outros aspectos da arquitectura.

As edificacións gregas clásicas proveñen dun xénero de arquitectura en madeira, que


pasou posteriormente a estuco e, finalmente, a soporte pétreo, co mármore coma
material destinado ás grandes construcións.

A gran invención dos gregos foi a columnata que, ademais do seu papel de soporte,
aporta valor estilístico. Porén, alén de que poida semellar só un conxunto de columnas, o
certo é que estas constitúen unha alternancia de columnas e baleiros cunha certa
harmonía, musicalidade e, en resumo, agrado visual. É tamén o rostro “oficial” do templo
e unha arma de sedución que foi copiada ao longo da Historia da Arte. Do mesmo xeito
que Roma desenvolve as arcadas e as bóvedas, tomándoas coma sinal de identidade, o
mesmo pasa coa columnata na Grecia clásica.

Por último, pódese citar coma característica xeral salientábel da arquitectura grega a
súa antropometría, é dicir, que é realizada mediante unha escala humana. En efecto, as
edificacións gregas, por motivo de cartos, non son moi ostentosas, aínda que si hai
composicións alleas a esta norma, coma o Partenón, a obra mestra da gran Atenas de
Pericles. Grecia oponse neste sentido a outras culturas, coma a exipcia ou a babilónica,
onde a arquitectura resúmese en grandes construcións, coma as Pirámides de Gizeh ou a
Porta de Ishtar, respectivamente.

2.3. O templo.

O edificio máis importante da cultura grega, unha “escultura” medíbel e lexíbel. É o


fogar do tesouro máis grande, a estatua da divindade á que lle estea dedicado o templo.
É, en definitiva, a casa do deus.

5
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

Aínda que se podía visitar, as grandes liturxias das deidades gregas realizábanse fóra
del, nos seus exteriores.

Coa columnata a simple vista, o templo deixa de ser a caixa que forman as súas
estancias. Convértese nun obxecto harmonioso con carácter estatuario, é dicir, unha
escultura feita arquitectura.

O templo é o edificio racional por antonomasia, onde os gregos souberon reflectir o seu
bo facer arquitectónico.

2.3.1. Tipos de templos. Tipoloxías comúns.

Tipoloxías comúns do templo


grego.

 Templos “in antis” dístilo (Ex: Delfos): Esencial, sinxelo.


o Da naos sobresaen dúas antas, entre as cales aparecen dúas columnas,
xónicas ou dóricas. Tamén é áptero, xa que non ten columnas nos laterais.
o Dous espazos: O pórtico ou pronaos e a cela ou naos.
o Poden ser empregados para gardar tesouros.
 Templo próstilo tetrástilo:
o As antas son máis curtas, non sobresaen.
o Próstilo quere dicir que só ten un pórtico na parte dianteira con catro
columnas (tetrástilo), que poden ser tamén xónicas ou dóricas.
o Posúen tamén unha naos e unha pronaos. Ademais, ao ter só unha fachada, a
parte traseira convértese nas costas do templo, o “lado feo”.
 Templo anfipróstilo tetrástilo (Ex: Niké Áptera):
o Con dous pórticos (anfipróstilo), biface, con catro columnas dóricas ou
xónicas.

6
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

o Trala fachada dianteira xorde, a modo de pórtico, unha primeira pronaos, que
dá paso á naos. Na fachada traseira aparece unha pronaos posterior, o
opistodomos, limitado polo muro da cela. Polo tanto, as columnas da parte
posterior teñen unha función decorativa.
 Templo períptero hexástilo (Ex: Templo de Zeus en Pérgamo):
o O períptero (columnas por todo o perímetro) é comunmente hexástilo (6
columnas nas fachadas principais) e, no 90% dos casos, dórico. É de
dimensións prudentes.
o Aséntase sobre o chamado crepidoma, unha sucesión de chanzos entre os que
cómpre citar o estilóbato (superior) ou o estereóbato (inferiores).
o A perístase é o conxunto de columnas que rodean o perímetro do templo. A
caixa pasa a estar formada por unha naos, precedida dun pronaos, e un
opostidomos con acceso pola parte traseira e separado da naos, onde se
gardaba o tesouro.
 Templo díptero octóstilo (poden ser decástilos):
o É habitualmente xónico.
o Son maxestosos, xa que os xónicos adoitaban manter relacións comerciais con
Asia. Teñen unha maior monumentalidade.
o Díptero: No canto de ter só unha perístase, ten dúas (maior custo).
o Crepidoma máis esvelto, con máis chanzos.
o Fronte ás oito columnas que ten na fachada principal, na traseira poden ser
nove. A conexión visual suxire que esta última fachada non é o acceso
correcto.
o O pronaos ten columnas para lle dar maior profundidade.
o Trala cela aparece un áditon, lugar inaccesíbel.
o Entrando pola parte posterior aparece un segundo pronaos ou opistodomos.
 Templo pseudodíptero octástilo:
o É tamén comunmente xónico.
o Psuedodíptero: Non ten dúas perístases, xa que a segunda columnata está
pegada á parede da cela. A aparencia é a mesma, pero o custo é menor.
Porén, si que existe un corredor ancho entre as columnas e a cela.

2.3.2. Tipoloxías menos comúns.


 Tholos ou templo monóptero: Ten formato circular e, polo tanto, a súa perístase
é circular.
 Templo dórico heptástilo pseudoperíptero:
o A columnata está pegada ao muro, polo que non hai perístase. A
concepción do espazo é diferente, semella ter tres celas.
o As columnas, malia que vaia en contra da concepción do dórico, teñen basa.

7
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

 Templo decástilo hípetro:


o Adoita ser xónico, cun crepidoma e unhas columnas descomunais.
o Hípetro (≠hipóstilo): Descuberto. A cela convértese nunha especie de
xardín onde se sitúa un pequeno templo, normalmente xónico, tetrástilo e
próstilo.
 Erecteion: Unha excepción en toda a cultura grega.

2.3.3. Outras características dos templos.


 A perístase adoita ser par, aínda que hai excepcións.
 A ornamentación do templo pretende ser unha narración mitolóxica que enxalza a
orde, a mesura, o civismo e a natureza. A decoración vén dada polo tímpano do
frontón, o friso, as métopas, o espazo interior…
 O espazo interior do templo grego reflicte a absoluta sinxeleza, aínda que se irá
facendo paulatinamente máis sedutor. Trátase dun corredor que leva á estatua da
deidade.

2.4. As ordes arquitectónicas.

 Forman parte da cultura e da tradición gregas. Son a súa razón de ser.


 En orixe, foron dúas, a xónica e a dórica, que representan un sistema construtivo
codificado e un “estilo”. Son dúas idiosincrasias distintas de dúas nacións gregas.
 Vitrubio apuntaba que son expresións de dous xéneros moi contrastados que
revelan emocións e sentimentos diferentes.
 A orde non é só un chapitel, senón que é unha sintaxe de elementos
interrelacionados dunha forma precisa e que se irán corrixindo co paso do
tempo.
 A orde permite conxugar a orde vertical e a horizontal nun mesmo conxunto. Polo
tanto, é un sistema de pezas.

Xeografía, simboloxía e política:

 Naceron case á vez e dominaron en diferentes xeografías.


 Nun principio non chegaron a convivir agás nos grandes santuarios panhelénicos
(venerados por todos os gregos) e algúns edificios especiais.
 Serán case ordes “opostos”, que representa dúas culturas e dous xeitos de
entender o grego.
 O dórico representa a virilidade e o nu, mentres que o xónico é a sensualidade, a
riqueza e o atractivo.
 O dórico achégase á Grecia continental, con Esparta á cabeza, mentres que o
xónico ás illas. Atenas é un dórico ambiguo, xa que é dórico cando Grecia se

8
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

enfronta aos persas e máis xónico contra os espartanos nas guerras do


Peloponeso.
 A finais do arcaísmo comezan a unirse estas dúas ordes, quizais para expresar
unha mensaxe cultural ou política. Por exemplo, no Partenón comeza a
empregarse o mármore na arquitectura, o quitón e o himatión na vestimenta
feminina e os peiteados moi elaborados.

2.4.1. A ORDE DÓRICA.

Esta orde xorde a semellanza do estilo arquitectónico empregado en Acaia, situada no


territorio que abranguerá o dórico. É a mesura, a orde prototípica da arquitectura
grega.

Antropometrismo: O diámetro da base é igual á sexta


parte da altura da columna, ao igual que a lonxitude do
pé é igual á sexta parte da altura dun home. É, polo
tanto, unha beleza proporcionada da virilidade.

Porén, ante tanta proporción e orde na colocación dos


elementos, cómpre dicir que o derradeiro tríglifo da
fachada principal non coincide co centro da derradeira
columna desa fachada. Isto non tiña solución e
amolaba aos gregos.

Simboloxía:

 A columna dórica asóciase co masculino, o


vigoroso, o hercúleo. É un elemento robusto,
coma un guerreiro grego, que debe soster a
construción. Ás veces poden aparecer
esculturas coma columnas con esa mesma simboloxía.
 As mulleres dóricas, pola súa parte, son austeras, monxís e que revelan pouco a
través das súas vestimentas verticais, algo que lembra ás korés.
 Unha columnata dórica semella un rexemento de hoplitas gardando o templo ou o
bosque sagrado de Estrabón.

2.4.2. A ORDE XÓNICA.

Adopta a delicadeza da muller. É unha orde esvelta, feminina, versátil e máis ou menos
ornamentada.

9
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

Está caracterizada por columnas cunha altura de oito veces o seu diámetro, erguidas
sobre un crepidoma xeneroso con numerosos chanzos. Os seus elementos presentan uns
carácteres especiais:

 Basas, con todos os engadidos que se queiran.


 Fustes estriados que lembran ás dobras dos
vestidos das mulleres e que son, ademais, de
aresta morta (chafranadas), cun final redondo,
coma se se derretesen. No colariño aparecen
frechas e ulvas.
 As volutas que adornan os seus chapiteis
semellan ser os cabelos dunha muller, peiteados
cun complicado moño, propio da moda xónica.
 A arquitrabe está formada por tres
platabandas.

As representacións femininas preséntanse con roupas


moi barrocas e pegadas ao corpo, o que se coñece coma
técnica dos panos mollados (a muller tardará tres
séculos en ser espida). Un exemplo disto son as
cariátides do Erecteion.

Do mesmo xeito que unha columnata dórica pode lembrar a un rexemento de hoplitos,
unha xónica simboliza unha procesión de doncelas, todas elas enfeitadas de longas e
elegantes vestimentas.

2.4.3. A ORDE CORINTIA.

Pódeselle considerar a filla pequena do dórico e o xónico.

O seu tardío nacemento, na segunda metade do século V


a.C., prodúcese en territorio dórico, na Grecia continental,
aínda que contaminado polo xónico. Polo tanto, só aporta un
chapitel, mentres que o resto é practicamente xónico.

Nun comezo é concibido coma unha orde de interior, polo


que haberá que agardar ata o IV a.C. para velo en
exteriores.

A tradición atribúe a invención desta orde a Calímaco,


escultor e ourive activo en Atenas entre o 432 e o 408 a.C.
que se inspiraría nunhas follas de acanto que medraban

10
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

rodeando unha vasilla votiva que gardaba as cinzas dunha doncela para o deseño do
chapitel corintio.

Polo tanto, esta orde puido xurdir en relación a cultos fúnebres ou esotéricos e aludiría
a algún xénero de vida post mortem. Por isto mesmo tamén se apunta que podía estar
relacionado co máis sagrado do templo e que, por conseguinte, só aparecese nas celas
interiores nun comezo.

Por último, cómpre citar as seguintes referencias sobre esta orde, coma unha lámpada
de Calímaco no Erecteion, unha única columna no Templo de Apolo en Figalia, un chapitel
protocorintio que sostiña a Niké nunha estatua de Atenea e nunha lanterna de
Elisícrates no Olimpeion, a primeira vez que aparecía nun exterior.

2.5. Evolución cronolóxica da arquitectura.

A arquitectura grega enténdese coma un proceso de evolución continuo, de ensaios e


aprendizaxe. Ao establecer unha cronoloxía, esta evolución queda ben esclarecida.

Aló polo 1100 a.C., no que se coñece coma época escura, as primeiras testemuñas de
arquitectura grega veñen dadas por pequenas construcións de madeira, as cales
comezarán a evolucionar cara aos grandes templos e edificios que nos deixou esta
civilización.

Nesta “primeira tipoloxía” pódese encadrar o Heraion ou Templo de Hera en Argos


(900-800 a.C.):

 De planta cadrada, estrutura rectilínea e alintelado.


 Posúe unha entrada preferente.
 Dístilo e in antis.
 O tellado está inclinado de maneira
esaxerada con respecto ao templo grego
tal coma se coñece. No frontón ábrese
unha ventá, única fonte de iluminación do
pequeno templo.

Pertence aos primeiros anos dos dóricos, acabados


de arribar dende Centroeuropa e vindos cunhas
influencias determinadas.

11
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

2.5.1. PERÍODO ARCAICO (VII –VI a.C.).

Dórico arcaico:

-OBRA 1: TEMPLO DE APOLO EN THERMON (630-620 a.C.):

Trátase dun pequeno templo dedicado a Apolo en Thermon. Acada a


forma rectangular que van manter os templos gregos na súa planta.

 Posúe só unha estilóbata, sobre o cal se asentan cinco


columnas (pentástilo) e unha columnata que divide a cela
en dous, formando un circuíto, un percorrido. É un
monumento á imparcialidade.
 Encádrase na orde dórica, polo que as súas columnas non
posúen basa e presentan éntase.
 A cornixa decórase con tríglifos e métopas, que se van
manter na orde dórica.
 O espazo interior articúlase nunha naos e un opistodomos.

-OBRA 2: TEMPLO DE HERA, HEREO OU HERAION EN OLIMPIA (anterior ao


600 a.C.):

Dentro do períbolo que delimita o conxunto arqueolóxico


de Olimpia érguese este templo dedicado a Hera, a dona
de Zeus. Malia ser un templo dedicado a unha deusa, o seu
“doricidade” resulta moi masculina.

Trátase dun templo hexástilo e períptero, cun crepidoma


máis elaborado, de dous niveis, e que resulta moi alongado e
profundo, xa que hai moitas columnas laterais (o harmónico
sería o dobre de columnas das fachadas principais máis unha).
Polo tanto, as súas dimensións de 6x16 resultan moi
arcaizantes.

O espazo interior articúlase en tres pequenas celas, que


semellan ser un pronaos, unha naos e un opistodomos. A ambos
os dous lados da cela aparecen oito columnas, das cales catro
non son exentas, aínda que non o pareza. Estas columnas
interiores son máis delgadas no alzado, o que apunta a que había
dous niveis de columnatas. A disposición das mesmas leva o
visitante ata a estatua da deusa Hera.

12
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

Nun principio, a estrutura era de madeira estucada, pero foi paulatinamente trocada
por pedra (non mármore). Porén, o templo considerábase tan sagrado que non se lle fixo
ningunha remodelación ata que foi absolutamente preciso. A policromía orixinal era moi
rechamante.

Coma dato de interese, nas escavacións levadas a cabo neste templo apareceu o Hermes
de Praxíteles.

-OBRA 3: TEMPLO DE APOLO EN CORINTO (550 a.C.):

Corinto era, daquela, un lugar estratéxico. Situado entre


Ática e o Peloponeso, recibiu un forte influxo cultural.

O templo é robusto, con chapiteis contundentes, sen basa e


de pequeno tamaño, é dicir, dórico arcaico. Comeza a haber
unha maior proporción, xa que as súas dimensións son 6x15
columnas.

A fachada hexástila está composta por seis columnas de


fuste monolítico, cando o normal é que estea formado por
varios tambores.

O espazo interior fórmano dous pronaos con dúas columnas,


unha naos basilical e un opistodomos tetrástilo con tesouro.
As columnas, máis delgadas cás exteriores, fai pensar que
eran dous niveis de columnas.

O templo atopábase estucado e presentaba unha rica policromía.

-OBRA 4: TEMPLO DE ATENEA AFAIA EN EXINA (490 a.C.):

Influenciados por Ática, os exinos ergueron un templo


a Atenea, na advocación de Atenea Afaia, de carácter
local. Foi erixido ao final da época arcaica, xusto antes
das Guerras Médicas, sendo dórico dos pés á cabeza.
Fronte á robusteza dos templos da zona de Corinto,
este é máis delicado.

O crepidoma ascende ata os tres niveis. Sobre el,


aséntase unha fachada hexástila, que se achega á
proporción perfecta respecto ás fachadas laterais
(dimensións de 6x12). Unha rampla indica a entrada
correcta para acceder á naos. Pola parte traseira

13
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

aparece un áditon. Os fustes da columnata exterior son


máis anchos, polo que no interior hai dous niveis de
columnas.

O conxunto escultórico, nun principio policromado, do


frontón amosa imaxes da Guerra de Troia, un conflito
case lendario para os gregos. Nel, do bando grego, os
exinos tiveron un papel fundamental.

O templo atópase nunha acrópole natural, dende onde se pode ver toda a illa.

Ata eiquí foron todos templos da Grecia continental, pero, coma é sabido, os
gregos, en tempos de carestía e necesidade, emigraron cara a outras terras do
Mediterráneo, coma a Magna Grecia ou Sicilia. Alí tamén deixaron a súa pegada:

-OBRA 5: TEMPLO DE HERA I EN POSEIDONIA


(550-540 a.C.):

É un dos dous templos dedicados á deusa Hera en


Poseidonia, Paestum na época romana, ao sur de Nápoles.
Trátase do templo máis grande da Grecia continental, xa
que esaxera os elementos da tipoloxía dórica.

Este templo supón a obsesión


máxima polo impar, xa que posúe
unha columnata (cunha éntase esaxerada) eneástila e un
pórtico trístilo. Este pronaos dá lugar a unha naos dividida en
dúas naves e que, á súa vez, dá a un áditon.

-OBRA 6: TEMPLO DE ATENEA EN


POSEIDONIA (Finais s. VI a.C.):

Este templo pertence ao final do arcaísmo,


chegando xa á proporción perfecta de columnas, é
dicir, 6 nas principais e 13 nas laterais (o dobre máis
un).

O seu pronaos non ten antas, o que resultaba


estraño no seu contexto. É máis, o pórtico
completamente columnado que posúe é máis propio do xónico. As columnas do pronaos,
fronte ás dóricas do exterior, son xónicas. Ademais, as volutas das columnas dianteiras

14
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

e as laterais cambian de dirección, mentres que as últimas aparecen unidas


ao muro da cela.

Xónico arcaico:

-OBRA 7: TEMPLO DE ARTEMISA OU ARTEMISION EN ÉFESO


(550-525 a.C.):

 Arquitectos: Khersiphron (Χερσίφρων, Chersiphron) e Metáxenes (Μεταγένης).

Ao ser unha orde feminina, o xónico adoita estar


dedicado a deusas, coma Hera ou, neste caso,
Artemisa, deusa da fertilidade, filla de Zeus e irmá
xemelga de Apolo. Esta construción tan feminina
era unha das sete marabillas do mundo antigo.

O conxunto eríxese sobre un descomunal


crepidoma con relanzo e amosa unha dobre
perístase (díptero). A plataforma ten
unhas dimensións de 110x50m. Na súa
parte dianteira aparecen tres conxuntos
octóstilos, mentres que as nove columnas da parte traseira fan entrever
que non é a entrada axeitada. As columnas posúen unha basa ben debuxada,
un anel esculpido e acadan os 16 metros.

Trala fachada eríxese un pronaos xigante cheo de columnas, un conxunto


que se estende ata a naos, separada por un tabique do áditon, onde se
atopa a estatua de Artemisa. A deusa aparece representada con gran
número de peitos, xa que simboliza a fertilidade, pero tamén en forma de
híbrido, xa que é a deusa do gando. Non se conserva a orixinal.

-OBRA 8: TESOURO DOS SIFNIOS EN DELFOS (2ª metade do s.


VI a.C.):

É un pequeno templo que garda o tesouro da cidade. Trátase dunha


construción dos sifnios, de orixe xónica.

Dúas pilastras, que lembran a dúas antas, pechan un conxunto no que ata
as basas das columnas están decoradas. Dúas doncelas con suntuosos
peiteados, un traxe exuberante e elegante e cun espido que se deixa
entrever grazas á técnica dos panos mollados substitúen o tradicional fuste columnar.
Van á moda xónica. O lintel aparece decorado con rosetas, ao igual có frontón ou o
solemne friso. Coroa o conxunto unha serie de acroterios alados.

15
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

2.5.2. PERÍODO CLÁSICO (V-IV a.C.).

Este período abrangue dende a destrución, no 480, da cidade de Atenas a mans dos
persas ata a morte de Alexandre Magno no 323.

Primeira metade do século V a.C.:

-OBRA 1: TEMPLO DE ZEUS EN OLIMPIA (470-456 a.C.):

 Arquitecto: Libón de Elis (Λίβων Ἠλεῖος).

É o máis perfecto de todos os templos dóricos e o máis importante dos templos, xa que
nel se achaba a imaxe do pai de todos os deuses. Foi deseñado e construído para
gorecer a estatua de Zeus, realizada por Fidias. Non
obstante, pola súa condición austera, propia do
dórico, as súas dimensión son relativamente
pequenas, máis ou menos a metade do Artemision.

O material empregado non foi mármore, senón


pedra estucada. Porén, as tellas si estaban feitas
de mármore, así coma as esculturas dos frontóns e
as métopas.

O crepidoma chega aos tres niveis propios do dórico, un conxunto formado por
estereóbata e estilóbata. Na fachada principal eríxense seis columnas (hexástilo), por
suposto sen basa, que entran en proporción perfecta
coas trece dos laterais (o dobre máis unha). É tamén,
polo tanto, períptero.

O espazo anterior comeza por un pronaos e un


opistodomos idénticos. O primeiro deles dá á
estancia principal, unha cela completamente centrada, de simetría perfecta
e arquitectura sobria e madura, un exemplo que haberán de seguir os
demais templos desta tipoloxía. Na naos houbo unha columnata lixeira,
probabelmente de dous niveis.

Porén, fronte á harmonía das formas e a medida, a estatua non é


simétrica ao resto do edificio. A descomunal obra, de 15m, foi introducida
por partes no templo e atopábase reprimida polos muros da cela.

Tamén cómpre facer mención especial ao conxunto escultórico dos


frontóns:

16
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

 As vodas de Piritoo: A lenda contra que Piritoo, na véspera do seu casamento,


invitou aos seus amigos humanos e minotauros. Coa chegada do viño, os
minotauros tornan en verdadeiras feras, acosan ás gregas e son atacados polos
convidados gregos. No medio aparece Apolo tentando pór paz.
As vodas representa calquera batalla, na que os gregos representan o civismo
fronte ao incivismo, simbolizado polos minotauros.
 As carreiras de Pelops e Enomao: Malia ser unha carreira, todo está quedo, o
que apunta a que a carreira está a piques de comezar ou vén de rematar.

Segunda metade do século V a.C.:

Durante o tempo de Pericles, Atenas vai vivir un tempo de prosperidade e hexemonía.


Trala súa vitoria fronte aos persas (Maratón, Salamina, Platea), a cidade establece un
sistema imperialista e se converte en líder da liga délico-ática, capaz de xerar un
fondo económico confederado que será trasladado de Delos a Atenas no 454 a.C..
Xurdirá, deste xeito, unha política reestruturadora apoiada igualmente sobre os
ingresos que aportaban as minas de prata da unión.

Esta alianza xónico-ática explica talvez o emprego e combinación de ordes e estilos nos
edificios da nova Acrópole. O programa arquitectónico de Pericles foi visto por
Tucídides coma unha gran inversión a longo prazo, pois predixo que, grazas a el, Atenas
sería lembrada fronte a unha Esparta que, en troques, non deixaría pegadas
construtivas.

A arte ateniense inscríbese neste momento nun programa que, por primeira vez, fala de
arte pública, no sentido de que é o demos (δημος, pobo) de Atenas o patrón e
destinatario desta arte. A esta sociedade democrática correspóndelle unha arte
democrática. É, polo tanto, un período de inversión en obras públicas que deron traballo
e sustento aos atenienses e que supuxo o rexurdimento da cultura.

17
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

A ACRÓPOLE DE ATENAS:

Trátase dun lugar elevado, fácil de defender, un referente na cidade e, en conclusión,


unha cidadela, o derradeiro lugar de protección dos atenienses, un conxunto fortificado.
Fora destruída polos persas no 480 a.C. e non sería reconstruída ata a época de Pericles.

Dende o punto de vista artístico e cultura, a Acrópole converteuse nunha icona da


cultura grega clásica e da súa arquitectura.

A composición do espazo da Acrópole non é simétrica, senón irracional e de forma


irregular, onde cada edificio semella estar colocado de maneira arbitraria e ten unha
forma e un tamaño propios.

En definitiva, é unha reivindicación do poder da cidade e simboliza o máis sagrado dela.


Os seus edificios respectan a disposición dos da anterior Acrópole, co fin de non alterar
a orde sagrada. Ademais, é unha “caixa forte”, xa que é nela onde se atopan os ingresos
da liga.

-OBRA 1: PARTENÓN (447-438 a.C.):

 Arquitectos: Ictinios (ateniense, dórico, Ἰκτῖνος) e Calícrates (xónico,


estranxeiro, quizais para aportarlle algo novo ao
templo, Καλλικράτης).
 Materiais: Mármore do Pentélico e madeira.

CONTIDO:

Trátase do edificio por excelencia da Acrópole de


Atenas, o símbolo da súa grandeza política e democrática
e, por suposto, do fogar de Atenea Partenos (Παρθένος
Parthénos, ‘virgen’), nome da advocación da deusa no culto Reconstrución do Partenón en
Nashville, TE, EE.UU..
deste templo e da gran escultura criselefantina erixida por Fidias.

O Partenón representa un dos dóricos máis prototípicos da arquitectura grega,


plasmándose coma estilo nacional da cidade de Atenas. Porén, a situación política
explica a existencia dunha serie de elementos e solucións que lembran á orde xónica.
Deste xeito, a estilización, a esvelteza, o friso interior continuo e as proporcións
dalgúns elementos son unha choscadela á cultura xónica, nun tempo no que Atenas
loitaba contra Esparta pola hexemonía de Grecia.

DESCRICIÓN FORMAL:

Unha escalinata sobe ata a base do templo, avanzando a importancia do mesmo e


aportando escenografía.

18
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

O conxunto apóiase nun crepidoma de tres chanzos, coa súa estereóbata e a súa
estilóbata. As fachadas dianteiras e traseiras ábrense á vista con oito maxestosas
columnas dóricas (octóstilo, moi común na Grecia continental), as cales están
condicionadas por unha serie de correccións que procuran o efecto óptico, o que se
coñece coma éntase:

 O perímetro das columnas diminúe na parte superior, mentres que o fuste se


arquea unhas 2/5 da súa altura para que de lonxe pareza completamente recto.
 As columnas dos extremos están máis separadas, teñen maior diámetro e están
máis inclinadas. O fin é resistir mellor o peso e compensar a sensación visual.
 A estilóbata e o entablamento son curvos cara arriba para pareceren rectos.

Por suposto, as columnas laterais, dezasete


por cada lado, fan que a perístase teña a
proporción perfecta (8+8=16+1=17).

Sobre as columnas (sen basa, por suposto),


rematadas nun chapitel unido ao fuste polo
colariño e formado por ábaco e equino,
eríxese o entablamento, cuxos elementos
son unha arquitrabe lisa, un friso con
métopas e tríglifos de tres bandas verticais
e unha cornixa simple. Cómpre indicar que o contido das métopas está relacionado coas
Guerras Médicas, batallas, a Guerra de Troia ou a centauromaquia, é dicir, conflitos
entre o cívico, representado polos gregos, e o bárbaro.

Coroando o conxunto álzanse os frontóns, en cuxos tímpanos aparecen unha serie de


esculturas exentas, salientando as representacións de Atenea e
Poseidón, o cal se representa espido. Trátase dunha competición
para gañar o padroádego da cidade, un concurso que consiste en
ofrecer un agasallo aos cidadáns. Poseidón fixo unhas amósegas na
pedra co seu tridente, das que emanou unha fonte. Pola súa parte,
Atenea cravou a súa lanza no chan e xurdiu unha oliveira. Ao
pertencer Grecia á cultura mediterránea, sendo o aceite un
alimento fundamental, o xurado ditaminou que o padroado debía
ser de Atenea.

Trala fachada aparece un pórtico interior ou pronaos hexástilo, o


cal convida a entrar na naos, na que se alza unha columnata dobre
en forma de U que rodea á estatua de Atenea. Por último,
separado da naos por un muro, o opistodomos presenta un pequeno

19
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

conxunto columnario tetrástilo e quizais se trataba da “caixa forte” do templo, onde se


atoparían os cartos da liga.

A estatua de Atenea, coma xa se dixo antes, é obra


do escultor Fidias, supervisor da construción do
edificio. É unha composición criselefantina, é dicir, en
ouro e marfil. A súa altura é de oito metros e, a
diferenza do que acontecía en Olimpia co templo de
Zeus, onde a estatua entrou con dificultade nun templo
que se lle fixo pequeno, neste caso é o templo o que se
constrúe a medida para se converter no fogar da imaxe
da deusa Atenea.
É unha virxe
guerreira, a cal sostén a Niké coa súa man. Por
suposto, non se conserva a orixinal.

Por último, cómpre falar do Friso das Panateneas,


situado no muro da cela e que dá ao corredor
interior da perístase. Trátase dun conxunto
escultórico continuo de arredor de 160 m, obra
tamén de Fidias. Nel represéntase a procesión das Fidias ensinándolles o ‘Friso das Panateneas’ aos
Panateneas. seus amigos (1868, Lawrence Alma-Tadema).

HISTORIA DO PARTENÓN:

O Partenón veu substituír o antigo edificio, destruído polos persas, o Hecatompedón ou


Pre-Partenón. A historia deste templo é convulsa e as vicisitudes polas que pasa,
variadas.

Arredor do 267 d.C., os bárbaros hérulos ocupan Atenas e incendian o Partenón, sendo
restaurado, no 360, por orde do emperador Xuliano o Apóstata. No 438, os cristiáns
destrúen as imaxes de espidos do Partenón.

Xa no século VI, o templo convértese nunha igrexa cristiá, o santuario da Sabedoría


Divina, é dicir, Santa Sofía. Coa ocupación dos francos, arredor de 1206, pasa a
denominarse Notre-Dame de Atenas.

A ocupación catalá-aragonesa do século XIV supuxo a conversión do templo nun espazo


de culto a Santa María de Cecines, sendo vixiado día e noite por orde do rei Pedro IV o
Cerimonioso, debido á súa importancia artística e cultural.

20
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

A partir de 1456 comeza a ocupación turca e o templo se transforma nunha mesquita.


Durante o século XVII foi unha polvoreira, sendo no ano 1687 destruída parcialmente
por unha bomba veneciana.

A comezos do XIX, en 1802, o embaixador inglés, Lord Elgin, levou consigo 75


esculturas, sobre todo do Friso das Panateneas, a Inglaterra. Estas composicións aínda
poden ser vistas no British Museum na actualidade.

-OBRA 2: PROPÍLEOS (437-432):

 Arquitecto: o ateniense Mnesiclés


(μνεσικλεσ).

Os Propíleos concíbense coma a entrada ao recinto


da Acrópole. Porén, a primeira vista, o seu aspecto
templario invita a pensar nun recinto destinado ao
culto, pero non é así. Trátase dun edificio cun
corredor central ao que se accede por un
intercolumnio máis ancho cós demais (polos carros) e
con dous brazos que acollen a escalinata de acceso, os
cales albergan unha pinacoteca e unha gliptoteca.

O dórico maniféstase
en todo o seu esplendor.
Porén, Mnesiclés, malia
ser ateniense, comezou a
modelar o estilo e a
mesturalo con outros
estilos, coma o xónico,
que se presenta na
columnata interior do
corredor central a modo de procesión de doncelas.
Prodúcese, novamente, unha asociación de estilos.

A fachada posterior é igual, polo que o edificio é biface. Ao saír, o visitante atopa
xusto en fronte a estatua en bronce de Atenea Prómacos (“que combate en primeira
liña de batalla”), atribuída a Fidias. Conta lenda que os navegantes que chegaban ao
porto do Pireo, a catro quilómetros da cidade, vían o lampexo da lanza de Atenea.

21
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

-OBRA 3: NIKÉ ÁPTERA OU ATENEA NIKÉ (427-423 a.C.):

 Arquitecto: Calícrates (Καλλικράτης).

CONTIDO:

Para conmemorar a vitoria fronte aos persas


proxéctase este templo que, porén, non se
construiría ata décadas despois. Calícrates, o
arquitecto xónico que colaborou na construción do
Partenón, foi o encargado de deseñalo.

O xónico é unha exaltación da vitoria do civismo


grego fronte aos persas, considerados bárbaros,
sendo a Atenea Niké (Αθηνάς Νίκης, “Atenea
vitoriosa”) a representación dunha muller alada. A simboloxía de Niké Áptera (“Vitoria
sen ás”) responde ao devezo dos atenienses de que a vitoria “ficase” con eles xa que, ao
ter ás, podía marchar a outro sitio. Deste xeito,
córtanselle as ás á Niké.

A súa situación, á beira dun cavorco, serve coma


escenario perfecto para a arquitectura, xa que as
Niké tiñan un soporte elevado, a partir do cal podían
emprender o voo (a de Samotracia situábase sobre a
proa dun barco)

DESCRICIÓN FORMAL:

O primeiro que cómpre dicir é


que este templo é
anfipróstilo, é dicir, que
presenta dous pórticos, aínda que o posterior sexa só para
ocultar o muro da cela. Ambos os dous son tetrástilos, con
columnas con basa, fuste estriado e chapitel con volutas e que
suxeitan un entablamento con arquitrabe de tres platabandas,
friso continuo decorado e cornixa, sobre a que se asenta o
frontón. O pronaos dianteiro dá a unha pequena naos.

22
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

-OBRA 4: ERECTEION (421 a.C.):

 Arquitecto: Mnesiclés (μνεσικλεσ).

CONTIDO:

O Erecteion era o fogar dos devanceiros e as


deidades máis queridas do pobo ateniense: Atenea
Polias, Poseidón, Erecteo, Cécrope e Pándrosos.

DESCRICIÓN FORMAL:

Tratábase dun templo pequeno, situado nun


terreo abrupto, que condicionou a súa peculiar
forma.

Todo é xónico. Os seus elementos son combinados


de maneira arbitraria, o que supón unha especie de
“manierismo grego” que vén afirmar a versatilidade
desta orde.

Nunha definición sinxela, a súa base podería ser a


dun templo normal con dous engadidos (norte e sur)
e con dous niveis condicionados, coma xa se dixo,
polo terreo. As súas partes son:

1. Santuario de Atenea: Orientada cara a


oriente, acollía o altar de culto e a estatua
de Atenea Polias, a estatua á que se lle puña
o vestido bordado durante todo o ano. Estaba
precedido por un pórtico hexástilo.
2. Pórtico norte tetrástilo, con catro columnas ás
que se lle engaden dúas laterais. Mnesiclés vese
na obriga de abrir o pórtico en ángulo recto coa
cela. Nel atópase as amósegas que deixou
Poseidón co seu tridente.
3. Espazo de Poseidón, xa que é eiquí onde se atopa o
Mar de Sal, é dicir, os restos da fonte de onde
fixo brotar auga. O muro occidental desta sala
ofrece, na súa parte exterior, un conxunto de seis
semicolumnas pegadas a el, ademais dunha serie
de ventás. Polo tanto, o Erecteion poderíase
considerar un raro exemplo de templo

23
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

pseudoanfipróstilo.
Diante del, cun desnivel de metro e medio, atópase a horta de Pándrosos, filla
de Cécrope (ou Zécrops, ver máis adiante), onde salienta a oliveira que Atenea
plantou na loita polo padroádego de Atenas (non é a orixinal, aínda que se pensa
que o lugar si é o orixinal).
4. Tumba de Erecteo, rei mítico de Atenas que lle dá o nome ao recinto.
5. Tumba de Cécrope, mítico primeiro rei da cidade e xuíz na loita entre Atenea e
Poseidón.
6. Pórtico das Cariátides, situado ao sur do
templo: Dende aquí amosábase o vestido
que se lle ía pór a Atenea. Trátase dun
pequeno pórtico, con acceso soamente
interior, gobernado por seis columnas en
forma de mulleres policromadas, as
chamadas Cariátides. Este termo aplícase
a toda columna con forma de muller que
sustenta unha estrutura superior, aínda
que a súa orixe se remonta ao seu emprego simbólico no Erecteion. A explicación
é que Caria foi unha cidade que se aliou cos persas contra os gregos durante as
Guerras Médicas, polo que as súas mulleres aparecen humilladas ao teren que
suxeitar o teitume do pórtico.

O Erecteion constitúese coma o gran escenario do xónico, onde Mnesiclés, malia ser
ateniense, o emprega de maneira maxistral. É tamén un gran exemplo de simetría.

__________x__________

Segunda metade s.V (continuado):

-OBRA 1: TEMPLO DE APOLO EPICURO EN BASAS (430 a.C.):

 Arquitecto: Ictino.

Basas está situado nun territorio desértico dentro da Grecia


continental, polo que estamos a falar dun templo inscrito na
orde dórica que, ademais, posúe, ao igual có templo de Apolo en
Delfos, un oráculo.

Na súa parte exterior chama a atención por ser un exemplo


prototípico do dórico: crepidoma de tres chanzos, columnas
curtas e pouco esveltas e outros elementos propios da orde.

24
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

Porén, é no interior onde non se segue ningunha norma


construtiva do dórico. Aínda que foi reconstruído na
segunda metade deste século, crese que a estrutura deste
interior responde ao patrón dun templo anterior. Seica
fora o interior a parte que deseñou o propio Ictino.

A ambos lados da cela aparecen unha serie de columnas


xónicas pegadas ao muro, que sustentan un friso interior.
O que semella ser unha naos de tres naves para a ser unha
nave con “pseudocelas” ou “pseudocapelas”.

Precedendo ao áditon, é dicir, o sancta sanctorum do templo, o fogar da imaxe de


Apolo, érguese unha columna cun sorprendente chapitel corintio, que separa ambas
estancias (tamén había unha entrada lateral directa ao áditon). Trátase do primeiro
chapitel desta orde do que se ten constancia, aínda que moi embrionario polo momento,
cos elementos caracterizadores do corintio pouco desenvolvidos. Ademais, a basa desta
columna é lixeiramente diferente ás das columnas xónicas.

Templos de Sicilia clásicos:

-OBRA 1: TEMPLO DA CONCORDIA EN AKRAGAS


(AGRIGENTO, SICILIA, 440-430 a.C.):

Responde de maneira milimétrica ao dórico da primeira


metade, pero aínda sen o emprego do mármore. As súas
proporcións columnarias (6x13) seguen nesta liña. O que
de verdade sorprende é a amplitude do corredor da
perístase.

-OBRA 2: OLIMPEION OU TEMPLO DE ZEUS EN AKRAGAS (480 a.C.).

Os seus 100 metros de lonxitude convérteno nun dos templos máis grandes da cultura
grega. Foi mandado construír por un tirano, Terón, para conmemorar a vitoria contra os
cartaxineses, os seus maiores rivais e que seica
construíron o templo en réxime de escravitude.

Está dedicado ao Zeus Olímpico, o mesmo que


derrotara aos titáns, polo que se fai un símil coa
vitoria do gobernador Terón fronte aos
cartaxienses. Do mesmo xeito que o deus Atlas, un
dos titáns, foi castigado a suxeitar os piares da
Terra, unha serie de esculturas, intercaladas con

25
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

columnas, á maneira de atlantes, representan aos


cartaxineses derrotados, obrigados a suxeitar o
entablamento do templo. Porén, só é de maneira
simbólica, xa que o entablamento, en realidade, non se
apoia neles.

Os anteriores elementos reforzan a concepción

dórica do templo, orde nacional dos agrixentinos, algo que pode


semellar raro debido ás grandes dimensións do mesmo. É unha
construción brutal, vigorosa e robusta.

Porén, a súa concepción heptástila e pseudoperíptera (todas as


columnas están pegadas ao muro) rompe con todos os esquemas. As
dúas entradas que posúe, situadas a ambos lados dunha das fachadas,
dan ao que semellan ser tres corredores. En caso de que o central fose
a cela, tal e coma se concibe normalmente, pódese engadir que quizais
fose hípetra.

Endexamais foi rematado. Arestora non se conserva unha gran parte do templo, aínda
que si os atlantes.

Século IV a.C.:

O século IV é o período no que se produce a ruína política, económica e moral da vella


Grecia. Atenas cede o protagonismo a Esparta, que venceu nas Guerras do Peloponeso;
pouco despois, Tebas vence aos lacedemonios (espartanos), salientando por pouco
tempo; deseguido comeza un breve rexurdimento de Atenas, que caerá axiña baixo o
poder do rei Filipo de Macedonia, que se haberá converter en dono e señor de toda
Grecia. O seu fillo, Alexandre Magno, conquista o imperio persa, creando un gran
imperio mediterráneo e oriental, que resultará efémero debido á súa pronta morte.

Tantas guerras civís levaron ao derrube de certas crenzas que ata entón se valoraran.
Outra orde sucede á vella, e en esta se impulsa o valor do persoal, do misterioso, do
teatral e do pathos, que se opón á idea antiga do público, o racional e o mesurado do
ethos, que estaba formado na educación e na contención. Os grandes santuarios son os
refuxios desta época.

Non é período de decadencia nin cultural nin artística. É a época de Platón, Aristóteles,
de Praxíteles, de Scopas ou de Lisipo. En arquitectura, a maior actividade verase na
Xonia e na Asia Menos, pois non sufriron tanto os efectos bélicos e tampouco presión
por parte dos persas.

26
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

A esclerose dórica e a expansión das outras ordes:

-OBRA 1: TEMPLO DE ATENEA ALEA EN TEXEA (350 a.C.):

 Arquitecto: Scopas.

Texea é unha cidade do Peloponeso e, polo tanto, de


territorio dórico, tal e coma se concibe no seu exterior.

Non obstante, o máis importante chega co interior, onde


se alternan unha serie de semicolumnas corintias
pegadas ao muro, sendo o primeiro exemplo desta orde
en conxunto. Aínda que seguía a estar recluída en
interiores, comezaba a gañar terreo. Enriba desta
semicolumnata corintia seica podía
haber outra xónica, segundo o que nos
amosan algunhas representacións e o
que reforza a idea do xónico coma
orde versátil. Todas as basas están
ricamente decoradas.

-OBRA 2: THOLOS DE EPIDAURO (360-350 a.C.):

 Arquitecto: Polícleto o Novo.

Dórico por fóra, posúe un deambulatorio


arredor da cela arredondada. No seu interior
aparece unha columnata corintia, xa con
chapiteis desenvolvidos que se han converter
no prototipo da orde (con dúas capas de follas
de acanto, caulículos e rosetas).

No centro do conxunto había unha focha, onde se cre que se gardaban


os serpes sagrados de Asclepio (Esculapio na tradición latina), heroe e
deus da Medicina, que posuían poderes curativos.

Chegado este punto, cómpre salientar a evidencia de que o corintio naceu en territorio
dórico.

27
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

-OBRA 3: TEATRO DE EPIDAURO (330 a.C.):

 Arquitecto: Polícleto o Novo.

É o mellor exemplo, o canónico do teatro grego.


Está un pouco desprazado, xa que procura un
lugar apartado do ruído e onde se puidese
adaptar a forma da construción ao terreo.
Deste xeito, o propio declive do terreo é o
soporte da estrutura do teatro, evitando as
custosas obras que suporía erguer o conxunto
nunha superficie chá.

Busca formas xeométricas sinxelas, polo que a


orquestra (onde se situaba o coro) é circular e a cávea
(koilon , as bancadas) semicircular e con dúas partes.
Estas dúas bancadas encaixa mal, aínda que están
deseñadas co fin de crear unha boa acústica, de xeito
que os que estean afastados da representación poidan
escoitar perfectamente. A plataforma onde se
desenvolve a acción denomínase proscenio, trala cal se
atopa a escena, que serve a modo de decorados e de
almacén. Accédese por dúas entradas laterais ou
parodos.

-OBRA 4: TEMPLO DE APOLO EN DÍDIMA OU DIDIMAION (ca. 300 a.C.):

 Arquitectos: Paionios de Éfeso e Daphnis de Mileto.

Trátase dun gran templo oracular, o máis visitado polos xonios,


evidentemente.

É un templo extraordinario, coas grandes dimensións propias do


xónico, construído en mármore durante un longo período, que
rematou xa no helenismo.

O crepidoma é amplísimo. A partir da concepción do pathos, os


arquitectos procuraron crear escenografía, acollemento. Na
parte central do mesmo e coincidindo co pronaos, os chanzos
multiplícanse para facilitar a subida. As fachadas, tanto a
dianteira coma a posterior son decástilas (homoxeinización) e
están formadas por columnas de 18 metros. O templo é,

28
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

ademais, díptero.

O pronaos maniféstase coma unha gran “apadana”, coma


a de Persépole. Nesta estancia aparece unha especie de
balcón, situado a dous metros do chan e, a través do
cal, o sacerdote ou sacerdotisa se dirixía cara aos
peregrinos, transmitíndolles o oráculo. A sala que se
atopa ao outro lado do pronaos é a chamada “sala das
aparicións”, gobernada por dúas columnas xónicas. Todo
isto contribúe á creación do espectáculo e do misterio
propios do pathos.

Trala “sala das aparicións”, dúas columnas


corintias pegadas ao muro de devandita sala dan
paso a unha gran escalinata que desemboca na
gran “cela” hípetra do templo. Era concibida coma
un gran horto de loureiro. Este espazo atópase
nun nivel inferior ao do resto do templo, polo que
é unha zona escavada. Os seus muros amosaban un
gran basamento e unha serie de pilastras de orde xónica.

Dentro do horto aparece un pequeno templo xónico, tetrástilo e próstilo. Nel


gardábase a estatua de Apolo, o elemento máis sagrado do conxunto. É un exemplo de
arquitectura contida en arquitectura.

Os peregrinos que quixesen acceder ao xardín do templo tíñano que facer a través dos
dous corredores laterais e estreitos que se atopaban a ambos lados do pronaos. Son dos
poucos exemplos de espazos abovedados na Grecia clásica. O que amosa é que tamén
había un sentido da circulación neste templo.

O templo non estaba coroado por frontóns e teitumes a dúas


augas, senón que remataba na cornixa do entablamento.

-OBRA 4: MAUSOLEO DE HALICARNASO (353 a.C.):

 Arquitectos: Piteo e Satyro (Piteos e Satiros).

Unha das sete marabillas do mundo antigo.

É un dos poucos exemplos na arquitectura grega con sentido


funerario. Trátase dunha construción megalómana de culto a
unha persoa, a Mausolo, rei de Caria, a partir do cal xorde o

29
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

termo “mausoleo” para denominar aos edificios deste


carácter.

Malia o seu devandito carácter, non deixa de ser unha arma


de sedución arquitectónica. A súa columnata queda
“suspendida” no ar nesta estrutura piramidal, o que o
converte nun referente arquitectónico. Acompañando ás
decenas de columnas eríxese un conxunto escultórico sen
igual, encargado de narrar unha historia.

O seu sentido vertical convérteo nunha especie de


“rañaceos”, algo raro en Grecia, cultura que sentía
predilección polo horizontal. A estrutura deste corpo
vertical pódese dividir nun gran basamento, onde se acharía a cámara sepulcral, a gran
columnata e o corpo superior, coroado pola imaxe do rei Mausolo.

-OBRA 5: TEMPLO DE ATENEA POLÍAS EN PRIENE (340-334 a.C.):

 Arquitecto: Piteo.

Priene é unha localidade na


que predominan os declives
do terreo, polo que fixo falta
erguer un gran pedestal ou
basamento para soster o
templo. O conxunto atópase
precedido por uns propileos e
unha especie de altar.

Non ten a proporción de columnas ideal. Pola


disposición da planta podería parecer, a priori,
un templo dórico. Porén, é xónico (a
orde nacional), feito que volve
amosar a versatilidade desta orde,
que se adapta a configuracións que
lle son alleas.

É un templo ortogonizado, é dicir, cunha planta deseñada en


cuadrícula. Piteo executou a construción desta maneira para
que fose xeometricamente perfecto e elaborou un libro coas
proporcións do templo, que serían reescritas por Vitruvio.

30
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

A disposición interior é dun pronaos, unha cela sen ningunha estancia, só coa estatua da
deidade, e un opistodomos moi pequeno, acollido por dúas antas.

Foi inaugurado por Alexandre Magno, polo que se atopa a cabalo entre o clasicismo e o
helenismo.

-OBRA 6: LANTERNA DE LISÍCRATES EN ATENAS (334 a.C.):

Chámase así polo seu formato en forma de lanterna e posúe un carácter coréxico ou
coráxico (ver corexía*). Isto quere dicir que está relacionada coas festas do viño que
toda cidade celebraba. Tratábanse de festivais teatrais onde actuaban unha serie de
coros, financiados polos homes ricos da cidade, a modo de concurso. O gañador recibía
un trofeo de bronce en forma de trípode, que era colocado
enriba deste tipo de composicións, das clases só se conserva
esta. Estaban dispostas ao longo da vía dos Trípodes, que
precedía ao Teatro de Dioniso.

É unha estrutura sinxela, rodeada por unha columnata corintia,


que pode lembrar á dun tholos. É a primeira vez que o corintio
aparece nun exterior. O “penacho” que coroa o conxunto mesmo
pode semellar unha forma esaxerada do chapitel corintio.

Existen dous conxuntos escultóricos. Un no friso situado entre


a arquitrabe e a cornixa, con motivos de Dioniso, e o outro nun
pseudofriso colocado entre os chapiteis da columnata, onde se
representan os trípodes de maneira esquemática.

31
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

2.5.3. PERÍODO HELENÍSTICO (séculos III-I a.C.).

Comprende dende o 323 a.C., ano da morte de Alexandre Magno, ata a batalla naval de
Actium no 31 a.C., cando Augusto vence a Marco Aurelio (home de Cleopatra,
derradeira raíña de Exipto) na batalla naval de Actium e que supón a caída de Exipto en
mans de Roma.

Por arte helenístico desígnase á arte dos pobos helenizantes que se van estender por
todo o Mediterráneo oriental. Fronte ao fracaso imperialista de Alexandre, o helenismo
supón o gran triunfo de Grecia sobre territorios non gregos.

O helenismo supón a fase expansiva da arte grega grazas a numerosos novos reinos que
xorden da fragmentación alexandrina e que serán gobernados por monarcas de orixe
helénica (Dinastía Ptolemaica en Exipto, Dinastía Seléucida en Siria, Persia e
Mesopotamia e Dinastía Antigónida en Macedonia). Xorde unha arte dinástica ao
servizo do poder dos novos monarcas.

Co helenismo chega a privatización do padroádego e do consumo de arte. Aínda que a


arte se destina ao público, a súa finalidade era personalista. Xorde tamén o
coleccionismo privado coma sinal de estatus. Con el, o mercado da arte.

É unha arte cosmopolita. O grego entrecrúzase co poso cultural non grego. É posíbel
que cada reino asuma trazos propios identificados coa propia cultura autóctona e que
procure, por iso, manifestar a súa personalidade. Talvez sexa posíbel ver unha
reafirmación do seu “eu” nacional, o que rompería coa idea de helenismo uniforme e
universal.

-OBRA 1: ALTAR DE ZEUS EN PÉRGAMO (180-160 a.C.):

Foi encargado polo rei Eumenes II e se atopa


reconstruído (a metade dianteira) no Museo de
Pérgamo de Berlín (Pergamonmuseum).

O altar estaba concibido para asombrar:

 Ao ser exento, podía ser admirado dende


calquera ángulo e interactuar coas persoas.
 Converte a escalinata nun espectáculo. Segue o
precepto de grandiosidade do xónico.
 A columnata é un argumento estético en toda regra xa que, neste caso, se
converte nun ornamento máis, deixando de ser un elemento de soporte.

32
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

 Os brazos do edificio envolven a gran escalinata


de entrada, introducindo ao visitante na construción.
É participativa.

Feitas estas aclaracións, está claro que este edificio é un


símbolo da arquitectura helenística, a época na que a arte
grega acada un maior barroquismo e teatralidade. Neste
sentido, pódese dicir que o altar crea unha escenografía, é
dicir, un marco grandioso e impactante arredor do sinxelo
taboleiro de mármore (o altar propiamente dito, lugar para
realizaren sacrificios), lugar central desta complexa estrutura,
que se atopa no interior do patio hípetro.

Ademais, trátase dun edificio rexio, cuxo fin é o de


conmemorar a vitoria fronte aos gálatas, os maiores rivais de
Pérgamo. É un monumento de propaganda.

Subindo a escalinata, en ambos os dous brazos, o visitante


atópase cun gran conxunto escultórico. Pódese falar dun gran
friso trasladado dende a arquitrabe ata o pedestal e que
ascende coas escaleiras. É claroscurista e teatral, seguindo na
tradición helenística, e alude á batalla que se vén de gañar. A
vitoria fronte aos gálatas preséntase de maneira alegórica a
través da vitoria dos deuses, con Zeus e unha Atenea guerreira
á cabeza, fronte aos titáns. O obxectivo é que se vexa, non
coma acontecía no Friso das Panateneas, agochado nos muros da
cela do Partenón.

-OBRA 2: BIBLIOTECA DE ATENEA NIKÉFORA EN PÉRGAMO.

Tamén mandada construír por Eumenes II e tamén situada


na Acrópole de Pérgamo, trátase dun monumento á cultura,
que subliña a personalidade de Atenea e que reflicte a
admiración e as boas relacións coa cidade do saber, é dicir,
Atenas. Polo tanto, é un claro chisco de ollo a Atenas no
carácter político.

A fachada, formada por unha dobre columnata tetrástila


e un frontón, pode lembrar á estrutura dun templo, aínda
que só era unha maneira de vestir a un edificio civil. A
parte de abaixo estaba constituída por un dórico estraño,
moi esvelto e pouco contundente, con grandes intercolumnios (sobre todo o central) e

33
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

con tríglifos que non coinciden coas columnas (tres por cada intercolumnio e só un por
columna), feito que desagradaría a calquera teórico da Grecia
dórica. A parte de arriba é xónica. Eríxese coma choscadela
política a Grecia e, simbolicamente, coma unha estrutura con
dobre personalidade, guerreira (dórico) e virxinal (xónico); o
dórico, máis forte, suxeita ao xónico. É o primeiro exemplo de
dúas ordes superpostas.

É tamén unha conmemoración da vitoria, unha vitoria que


iniciou un período de paz. No balcón aparece un friso con
escudos e armas en descanso en sinal de paz.

A estatua de Atenea, presente no templo da deidade que se


atopaba ao carón desta biblioteca, atópase tamén no Museo de
Pérgamo, ao igual cá fachada, reconstruída neste mesmo recinto. Foi o primeiro lugar
onde se empregou o pergamiño coma soporte de escritura.

-OBRA 3: ESTOA DE ATALO II EN ATENAS.

Atenas, nesta época, xa non é a cidade que


chegou ser. Malia non ser tan significativa
coma outrora, si era estimada polo seu
glorioso pasado. É por iso que todos
pretendía ter boas relacións con ela,
expresando esa vontade a través de
agasallos. A estoa é un deles.

A estoa foi un agasallo de Atalo II, rei de


Pérgamo. Esta estrutura rodea á ágora, a
praza principal de Atenas, onde se atopaban o
concello e outros lugares de importancia
económica, política e social. Era unha
superficie irregular, con varios edificios
flanqueándoa.

Trátase dun edificio alongado e pouco profundo. Servía para gorecerse das desavinzas
climáticas e para acoller tendas de mercadorías de luxo, coma túnicas. Estas estaban
situadas nas pequenas celas do seu interior.

Está formada por dúas naves e dous pisos columnados. Configúrase coma un
monumento á columnata, sen a cal, non tería sentido. Probabelmente fose a única estoa
de dous andares. Esta concepción lonxitudinal e horizontal do espazo fai do edificio

34
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

unha composición monódica e monorrítmica, xa que a


columnata se podería estender ata o infinito co mesmo
aspecto e estrutura.

O primeiro andar está ben comunicado coa ágora a través do


seu pórtico columnario. Esta primeira columnata aberta ao
exterior é dórica, mentres que a interior é dun xónico sen
estrías, o que semella ter unha intención concreta, a cal se
descoñece. O dórico desta estrutura comeza a ser
imperfecto, con dous tríglifos por intercolumnio, sen éntase e
cun equino case desaparecido. A corpulencia da orde vaise
esvaecendo.

Pola súa parte, o andar superior ábrese cara á ágora cunha


columnata xónica, intercalada cun peitoril que a configura
coma un balcón. A columnata interior é un verdadeiro misterio, unha orde non estriada
inclasificábel e cun chapitel curioso que podería estar a cabalo entre o corintio e o
xónico. Cabe a posibilidade de que se axuste á versatilidade do xónico e que esta orde
adopte un chapitel alleo. O que semella estar claro é que non se trata dun chapitel
propio de Pérgamo, xa que existirían outras referencias ao mesmo.

A superposición das dúas ordes non se debe ao culto a Atenea, senón para salientar as
boas relacións entre Atenas, cidade de tradición dórica, e Pérgamo, cidade situada no
corazón da Grecia xónica.

Chega aos nosos días en bo estado, grazas á gran reconstrución levada a cabo
pola Escola de Arqueoloxía dos Estados Unidos.

-OBRA 4: OLIMPEION DE ATENAS (175 a.C.):

Agasallo de Antíoco, rei seléucida de Antioquía (Siria), é un templo titánico, o


máis grande construído. Eríxese sobre unha superficie chá, aos pés da
Acrópole.

O templo xa o proxectara a finais do século VI a.C. o


tirano Pisístrato. Porén, non sería ata a chegada de
Antíoco cando se proseguiu a construción, desta volta,
cunha configuración diferente.

Era díptero e decástilo, con columnas que acadaban os


18 metros de altitude. Foi o primeiro templo desas
dimensións que empregou o corintio. Conta a historia que

35
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

un emperador, Sila, cando Grecia era xa romana, levou consigo catro


columnas do templo para formaren parte dun templo romano. Isto puido
supor a expansión do corintio polo mundo romano.

Cando Antíoco morre, o templo queda inacabado. No século II d.C., o


emperador Adriano, apaixonado
da cultura grega e alumno da
Academia de Atenas, rematou a
súa construción.

As densas columnas cobren gran parte da


súa superficie, incluíndo a cela, que se torna
hipercolumnada.

-OBRA 5: TORRE DOS VENTOS DE ATENAS (s. I a.C.):

 Arquitecto: Andronicus.

Supón unha nova tipoloxía dentro da arquitectura grega. É


un edificio cuxa función é a de dicir de onde vén o
vento (a través dun cataventos ou viraventos
situado na parte superior do edificio). Ademais,
posúe un reloxo de sol por fóra e unha clepsidra
ou reloxo de auga por dentro. O seu formato
octogonal correspóndese coas oito direccións do
vento.

-OBRA 6: TEMPLO DE ÁRTEMIS LEUPHRIENE EN MAGNESIA (s. II a.C.):

 Arquitecto: Hermóxenes.

Templo monumental e desmesurado situado


en Magnesia. A priori, semella ser díptero,
xa que logo, as súas dimensións son propias
dun templo desta tipoloxía. Porén, o
arquitecto concibiuno períptero, quedando
un corredor entre a columnata e a cela moi amplo. Poderíase denominar “pseudodíptero”
por ese “engano tipolóxico”.

Os xónicos son fieis a si mesmos, nunca empregan outra orde, só mesturan. O dórico
segue decaendo, xa que é difícil de teorizar debido ao tríglifo do curruncho, algo moi
mal visto pola praxe.

36
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

-OBRA 7: BOULEUTERION DE MILETO:

Era un edificio con funcións semellantes ás dun concello actual,


tanto civís coma políticas, un edificio que representaba a toda
a cidade e onde se reunía toda a boulé.

O acceso ao conxunto está constituído por un pórtico


tetrástilo de orde corintia. No centro do patio de entrada,
aparece un altar circundado por columnas. Tras este pazo,
ábrese o hemiciclo, lugar central do edificio.

O hemiciclo ten unha concepción semellantes á dos nosos


parlamentos, sendo o lugar onde sentaba a boulé. Débelle a súa
forma aos teatros gregos. A orde empregada no seu interior é
a xónica, mentres que no seu robusto exterior, a orde escollida
é a dórica. Esta mestura de ordes pode ter algún tipo de
connotación política, mais se descoñece.

-OBRA 8: FARO DE ALEXANDRÍA:

 Arquitecto: Sóstrato de Cnido (illa do Exeo, xónica).

Esta arquitectura, de carácter funcional e de constitución vertical


(pode que fose a construción máis alta da Historia da Arte Grega),
algo estraño na idiosincrasia construtiva grega, asentouse sobre a
illa de Pharos, razón pola cal os edificios destinados a alumear as
entradas dos portos reciben o nome de “faro”.

O gran monumento perdeuse por mor dun terremoto. Os


testemuños que nos amosan como era esta construción van dende
moedas ata mosaicos. Pódese intuír que esta coroado por unha
estatua, probabelmente dedicada ao Sol ou a Poseidón.

Era o gran faro do Mediterráneo; o faro que gobernará o Atlántico


será a Torre de Hércules, consagrada ao deus Marte, no
contexto da campañas do emperador Claudio.

A súa estrutura, composta por pezas superpostas en


sentido vertical, fixo dela unha das sete marabillas do
mundo antigo.

37
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

3. SANTUARIOS E CIDADES: DEUSES E HOMES.


Un templo é unha zona “tocada pola man dun deus”, onde os milagres son posíbeis. Da
man do home, esta concepción farase arquitectura.

3.1. Olimpia.
Olimpia eríxese no centro do Peloponeso, no
corazón do mundo dórico. A cidade dos Xogos
Olímpicos é, asemade, o gran santuario
panhelénico da Grecia clásica, dedicado ao pai dos
deuses, Zeus Olímpico.

Este santuario ten forma trapezoidal, uniforme


e irregular, onde os numerosos edificios se sitúan de maneira arbitraria e desordenada.
Ao igual ca todos os santuarios, este posúe unha vía sacra, a través do cal se pode
acceder a el. O recinto sagrado está pechado por un longo muro, o períbolo.

38
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

Neste lugar non vive xente, é o fogar das deidades.

Olimpeion:

É o templo principal, dedicado a Zeus, pai dos deuses.


Probabelmente se construíse sobre outro anterior. Esta
constituído en clave dórica e clásica (s. V a.C.).

Fóra del había un altar para a celebración das


hecatombes, xa que todas as liturxias se facían no
exterior.

Heraion:

Tamén hai un templo consagrado á muller de Zeus, Hera, a


deusa da familia.

Estadio:

O termo “estadio” vén precisamente do sistema de medida


que constituía estas construcións. Un estadio equivale
arredor de 400 metros, isto é, a lonxitude dos estadios
gregos.

O estadio non está arquitecturizado. O propio céspede


servía para sentar. Os gregos só constrúen cando é necesario
ou cando alguén llelo costea.

39
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

Ninfeo:

É difícil que un santuario non o


teña. Trátase dunha especie de
fonte na que non importa a forma,
só debe ter auga purificadora. Os
romanos construíron unha
superficie circular arredor súa.

Propileos e vía sacra:

A vía sacra vai precedida por uns pequenos propileos. Esta


avinda central non era recta, senón que fai moitos ángulos
ata chegar ao lugar central, o Templo de Zeus Olímpico.

Filipeion:

É un tholos ordenado construír por Filipo de Macedonia.

Palestra:

Espazo para que os deportistas


fixesen deportes que non se
facían no estadio, coma a loita
grecorromana. Tamén dispuña
cuartos para aloxárense. O patio
central de area estaba porticado.

Estoas:

As estoas, que presentaban un só andar, servían para mercar un recordo da


peregrinación a Olimpia.

Leonidaion:

Edificio cadrado cun patio central, unha especie de xardín.


Tratábase dunha hospedaría, un
aloxamento para os peregrinos
que llelo puidesen permitir.

Tesouros:

Ao ser un santuario panhelénico, é dicir, para todos os gregos, debe posuír un pequeno
tesouro que represente a unha determinada pole. Servían para que os peregrinos
deixasen as súas ofrendas.

40
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

Obradoiro de Fidias:

Descubríronse materiais que apuntan a que podería ser o lugar onde esculpiu o Zeus
Olímpico.

Ademais de todas estas edificacións, no interior do períbolo dispúñanse numerosas


estatuas de xente ilustre, algunhas korés e kouros, o Hermes e Dionisos de Praxiteles
(descuberto no Heraion)…

3.2. Delfos.

Situado no Monte Parnaso,


onde se atopaba a Fonte de
Castalia, de onde emanaban os
vapores alucinóxenos que
provocaban ao oráculo de
Delfos ter visións e soños
sobre o futuro, era un
santuario dedicado ao deus
Apolo. Nun contexto
xeograficamente maior, o
conxunto localizábase na Ática,
isto é, no mundo dórico.

41
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

É un santuario bastante grande, cun porto algo afastado pero unido mediante unha vía
sacra. Fronte ao que acontecía en Olimpia, que se asentaba nunha chaira, Delfos érguese
nunha montaña.

A súa planta é, se cabe, moito máis desordenada cá de Olimpia. Sería un sitio sagrado,
construído segundo as necesidades e que se foi enchendo de edificios ata acadar esta
forma caótica.

Vía sacra:

A vía sacra disponse en forma de zigzag segundo vai ascendendo. O


acceso a ela realízase a través duns propileos. No primeiro treito á
dereita, ábrese unha estoa para que os peregrinos puidesen descansar
antes de subir. Un pouco máis adiante, dous edificios semicirculares,
que circundan a vía, erguíanse para a comunicación e a espera dos
peregrinos.

Ao longo da vía sacra, vanse dispoñendo os diferentes tesouros que as


pole agasallan a Apolo. O tesouro de Atenas, ademais, foi reconstruído. Outros
salientábeis son os tesouros dos Sifnios e dos Marselleses.

Para sustentar todo o conxunto, dispuxéronse unha serie de terrazas e muros de


contención para evitar que caeran.

Templo de Apolo:

No opistodomos do templo de Apolo, atopábase o trípode, un


asento de tres pés onde sentaba a pitonisa a anunciar o
oráculo. Para iso, debía anteriormente aspirar os vapores que
desprendese o pozo.

Teatro:

Outro dos edificios que cómpre salientar é o teatro. O declive


axuda a construír a estrutura, polo que as gradarías se
dispoñen na mesma montaña. Tamén aproveita o declive o
estadio.

42
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

43
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

3.3. Atenas.

Atenas é un exemplo dunha pole


tradicional que medrou sen deseño e
segundo as súas necesidades. Deste
xeito, conséguese explicar o seu
completamente irregular plano. É a
antítese de cidades ortogonais, coma
Mileto.

As vivendas son de planta baixa, e se


dispoñen ao longo de anchas rúas que
levan ao centro da cidade, a ágora, que tampouco
ten unha forma regular.

A súa orixe seica se remonta á época micénica,


situándose o primeiro asentamento no que
posteriormente sería a Acrópole. Nun momento de
expansión, os primitivos atenienses baixarían á
chaira e formarían alí a gran cidade da Antiga
Grecia.

Tras ser saqueada polos persas no 480 a.C., crese


que en tempos de Pericles chegou a acadar os
200000 habitantes. Porén, era unha cidade que,
sen os seus edificios importantes, era moi pobre,
coma indican as crónicas da época. A reconstrución
da cidade puido levarse a cabo segundo os
esquemas de racionalidade das cidades gregas,
pero Atenas volveu erixirse coma unha cidade desordenada.

Foi unha gran cidade-Estado e tivo os seus inimigos, polo que tiña que estar fondamente
amurallada.

Porto:

Atenas non é unha cidade completamente de


costa, senón que se atopa a uns cinco quilómetros
dos seus portos, O Pireo e O Falero, dos cales
dependía. Quen tomara os portos, tomaría a cidade
de Atenas. Para evitar iso, constrúense unhas
longas murallas, que unían a cidade co porto e que

44
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

formaban longos corredores, coma acontece no Vaticano.

Ágora:

É o centro da cidade, un gran descampado atravesado por


unha das arterias da cidade, a Vía das Panateneas, 1.
Este conxunto está delimitado por unha serie de
edificios, entre os que salientan as estoas (koikilea, Zeus,
norte, basiliké, Atalo, 17,…).

Aos pés do outeiro da


ágora, coroado polo
Teseion ou Hefestion, 18,
o templo dos oleiros, que
vixiaba o espazo civil,
situábanse os edificios
políticos de importante. Hai un bouleuterion, 8, un
tholos, 10, para banquetes cun triclinio…

Acrópole:

Lugar sagrado de Atenas, con forma dun gran barco de pedra. Era o santuario de
Atenas, unha verdadeira cidadela amurallada que, en caso de invasión, servía de refuxio.

Acrópole tampouco é un espazo que poida ser salientado polo seu trazado, xa que o seu
plano é tamén irregular. Os seus edificios máis importantes xa se describiron con
anterioridade.

3.4. Mileto.

Cidade rica e poderosa, a máis influínte da zona xónica. Tamén foi destruída polos
persas, 2 ou 3 anos antes, sendo reconstruída por Hipódamo de Mileto, quen elaborou
un plano ortogonal, racional, cuadriculado e ordenado que serviría de exemplo para
outras cidades gregas.

45
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

A súa topografía é chá. A cidade atópase nun


promontorio de terra no mar. A cidade está
dividida en tres grandes barrios de vivendas,
separadas polos lugares públicos. Estas prazas
ou ágoras, dispostas en forma de L, unen os dous
portos de Mileto, o comercial (Porto do Teatro)
e o militar (Porto dos Leóns), pechado por unha
cadea.

Con esta disposición, calquera punto da cidade


atópase preto das ágoras, o centro da cidade. É
fácil e cómodo vivir. Ademais, cada barrio
albergaba un determinado gremio, habendo un
para os militares, outro para os comerciantes e
outro para os artesáns.

Cómpre salientar
que na ágora de Mileto existían estoas en forma de
bancadas para exerceren de estadios. Os seus edificios
centrais eran o Bouleuterion, o teatro ou o templo de
Atenea.

3.5. Priene.

Cidade próxima a Mileto, no outro lado da baía do


río Meandro, pero que se foi interiorizando
segundo os sedimentos transportados por este
río se ían depositando na súa desembocadura.
Pouco a pouco, Mileto foi monopolizando a baía,
polo que Priene se tivo que reorganizar coma
cidade do interior.

A cidade aséntase no declive dunha gran


montaña en forma de penedo, onde se situará
unha acrópole só con carácter defensivo.

No actual xacemento aínda se pode distinguir o


trazado ortogonal. Era tamén unha cidade de
deseño, dividida por dúas rúas, unha de oeste a leste e a outra de norte a sur. A ágora
sitúase, entón, no cento matemático da cruz que forman estas dúas rúas, sendo esta a

46
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

principal diferenza con respecto a outras cidades


ortogonais. Pódese dicir que Priene está formada por
catro barrios, onde se dispoñen vivendas unifamiliares de
planta cadrada e organizadas en torno a un patio, modelo
que se imporá ao longo do Mediterráneo.

A muralla é, ideoloxicamente, o que mantén á cidade


afastada dun mundo de guerras. Este conxunto posúe
torres.

Na zona de máis declive da cidade, aproveitando a


pendente, atópase o teatro. Pola súa parte, o témenos, a
parte máis sagrada de Priene, non se dispón na Acrópole,
senón nun lugar máis accesíbel. O templo, dedicado a
Atenea, é xónico, aínda que podería parecer un dórico,
hexástilo e períptero a primeira vista. Consagrado por
Alexandre Magno, encádrase a comezos do período
helenístico.

Ágora:

Na ágora preséntanse dúas estoas, que a delimitan


formado un perístilo porticado. O seu interior está
destinado a tendas e a administración do comercio, polo
que viría ser unha bolsa. Tamén hai un pequeno témenos
dedicado a Zeus nun dos seus currunchos e un altar no
centro do conxunto.

A estoa norte é a máis importante. Pegada a ela está o


Bouleuterion, ao que se accede precisamente por este pórtico.
Coma xa é sabido, era un edificio de carácter municipal onde se
reunía a xente para decidiren sobre temas da cidade.

A ágora, ao estar disposta en pendente, tivo que ser asentada


sobre unha infraestrutura que se atopa baixo a estoa sur, que
posúe un miradoiro. Para acceder por este lado, dispóñense unhas
escaleiras que pasan por debaixo da estoa.

Na parte sur, salientan un edificio fechado, o ximnasio, que era


unha escola para nenos onde os educaban en cuestións do espírito
e físicas, e outro alongado con tribuna cuberta, o estadio.

47
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

3.6. Pérgamo.

Pérgamo posúe unha curiosidade, e é que


chegou a ser a capital dun reino helenístico
nun momento posterior. O fundador,
Filetairos ou Filetero, persoa próxima ao
rei de Tracia, Lisímaco, quen decidiu que o
tesouro nacional estivese en Pérgamo e que
Filetairos fose o seu vixía. Con todo,
Filetairos enfróntase a Seleuco, rei de
Persia, e morre. No I a.C., o derradeiro rei
de Pérgamo cede, en testamento, a cidade.

A cidade vai facer da súa arte a súa mellor


arma de propaganda.

Aséntase sobre unha topografía moi


diferente. A zona urbana é chá., mais a
Acrópole atópase na montaña, onde os reis,
descendentes de Filetairos, van construír
un gran núcleo monumental. Con excepción da Acrópole de Atenas, é a mellor
de toda Grecia. Alí atopábanse os edificios vinculados ao poder, en
conclusión.

Acrópole:

O conxunto aséntase sobre unha gran terraza, sustentada por un muro de


contención.

Trátase dun urbanismo orgánico, arbitrario, adaptado ao terreo, pero que


pon en escena a teatralidade do lugar, isto é, as súas vistas. Máis que facelo recto,
pretendíase o efecto. Salientan as seguintes construcións:

 A ágora queda debuxada pola rúa que sobe dende a cidade, que
avanza por pequenos recantos.
 A súa famosa biblioteca estaba consagrada á deusa Atenea,
habendo no seu interior un templo dedicado a ela.
 O Trajaneum, templo do século II d.C. dedicado a Traxano,
emperador que Adriano chegará a divinizar.
 O teatro, cuxa incríbel inclinación produce vertixe, servía tamén
para o estado. Arredor súa, dispóñense unha serie de témenos e
edificios en ábaco.

48
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

 O Altar de Zeus, do que xa se falou.


 Outras construcións, coma almacéns, cuarteis ou palacios
con patio.

É, en conclusión, un lugar para gozar da natureza e da beleza


da paisaxe. O público e relixioso atópase en primeiro plano,
mentres que en segundo se dispón a retagarda.

Para atopar dous santuarios orgánicos na cultura grega, hai que remontarse a Olimpia e
a Delfos.

Deseguido, preséntanse dous santuarios helenísticos, os cales van presentar novidades


traspasadas a Roma.

3.7. Santuario de Asclepio en Kos.

Atópase na illa de Kos, no mar Exeo,


preto da costa de Anatolia. Con
todo, malia a súa proximidade coa
Xonia, o certo é que foi unha illa de
tradición dórica.

O santuario de Epidauro tamén


estaba dedicado a Asclepio (ou
Esculapio). A importancia deste
santuario é a de ter albergado a
escola de médicos onde se formou o
médico máis famoso da Antiga
Grecia, Hipócrates.

O conxunto presenta un tamaño e


unha forma que inspiran
teatralidade, propia do pathos
helenístico. A súa planta non é
regular, senón que está composta por
diferentes espazos de distinto tamaño, algúns
dos cales está embarullados. A gran novidade
deste santuario é a súa disposición en
terrazas, cada unha coa súa función.

O conxunto arrinca dende unhas escaleiras e


unha especie de propileos, que dan acceso á

49
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

primeira terraza, rodeada dun gran pórtico con celas. Estas


estoas eran o fogar da escola de medicina de Kos. Ten forma
de U; non é regular, mais se pode ver unha certa vontade de
ordenar o espazo. Unha poderosa escalinata sobe ata o
seguinte nivel. Os arcos que circundan a escalinata son
evidentes engadidos romanos.

A segunda terraza é un verdadeiro barullo, onde


se alternan unha serie de templos. É o epicentro do
santuario, o lugar onde se atopa o máis sagrado do
conxunto, aínda que non o máis grande. É a
quintaesencia de por que o santuario está dedicado
a Esculapio. A organización dos edificios seica fora
á anterior dos edificios orixinais, polo que se
respecta.

O pequeno templo a Esculapio é in antis e próstilo. Fronte a el atópase un altar


pechado.

O terceiro nivel está pechado por un longo pórtico de estoas en disposición axial. No
medio atópase o novo e gran templo a Asclepio.

En conclusión, o Asclepeion é un santuario irregular e algo desordenado, onde a vía


sacra aporta algo de cohesión.

3.8. Santuario de Atenea en


Lindos (Rodas).

Situado nun promontorio, este santuario, de


época helenística, érguese coma unha gran
acrópole. Este lugar case inaccesíbel dentro da
illa de Rodas, fogar do Coloso, está dedicado a
Atenea.

50
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

Ao igual có anterior, a súa disposición procura


o impacto a través da escenografía. Un pórtico
en forma de U acolle aos visitantes. No medio
deste conxunto, unha gran escalinata,
precedida sorprendentemente dunha
columnata, ascende ata unha gran explanada,
antes uns propileos, que dan acceso ao Templo
de Atenea Lindia. Este templo, tetrástilo e
anfipróstilo, está ao bordo dun impoñente
cantil.

A xa citada columnata, que precedía á


escalinata, non suxeita nada, senón que é un
simple ornamento, reforzando o pathos. Ademais, é moi raro
esta mestura de elementos, polo que a vontade de impacto é
máis ca evidente. Poderíase
dicir que as columnas
dividen o conxunto en dous.

É dórico na súa
totalidade, polo que se
enxalza a orde nacional.
Con todo, é un dórico refinado, propio da época helenística.

Precedendo ao primitivo conxunto, engadíronse unha serie


de edificios de época cristiá, coma unha igrexa bizantina.

Os peregrinos que quixesen visitar este santuario tiñan que


sufrir unha dura subida.

51
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

4. ESCULTURA:
-Carácter da escultura:

A meirande parte da escultura grega tivo carácter relixioso e


consistiu tanto en estatuas de culto que presidían o interior dos
templos coma en esculturas de tipo monumental que se integraban na
decoración arquitectónica: en métopas, frisos, frontóns, etc.

Tamén abundaban as esculturas conmemorativas ou votivas erixidas


nos santuarios, así coma monumentos funerarios de
carácter, sobre todo, particular.

-Temas representativos:

Aínda que abondan escenas cotiás, funerarias e atlético-deportivas, o gran


tema é o de contido mítico e lendario, ata o punto que se evita a historia
contemporánea e se alude a ela a través do mito: loitas entre gregos e
troianos (Iliupersis), entre deuses e titáns (Titanomaquia ou
Xigantomaquia), entre gregos e amazonas (Amazonomaquia). O retrato é
excepcional e tardío.

-Materiais:

Os principais materiais eran a madeira e a


terracota, máis aínda a pedra e o mármore, pero
o bronce foi sempre o material favorito. Porén,
moitas destas composicións broncíneas foron
fundidas para outros mesteres, polo que, en
moitos caso, só se conservan copias romanas en
mármore.

Tamén existiron estatuas de ouro e marfil, montadas sobre un


armazón de madeira. Son as chamadas estatuas criselefantinas.

-Cor:

As estatuas posuían policromía e nas estatuas


engadíanse postizos: ollos de cristal, vestidos,
pendentes, colares, lanzas, espadas, rendas,
pelo?, etc.

52
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

4.1. O período arcaico. Realismo e idealismo. O Kuros e a Koré.


(Séculos VII e VI a.C.). Período xeométrico:

As primeiras manifestacións escultóricas gregas


Coma xa se dicía anteriormente, a tradición antiga apareceron no século VIII a.C. Tratábase de pequenas
figuras de carácter votivo ou relixioso executadas en
atribúe ao mítico Dédalo* (de aí vén o termo “Escola marfil, terracota ou cera, que se usaban coma base para
obter posteriormente as de metal.
dedálica”) a creación da primeira estatua que
representaba a imaxe dun home. É posíbel que os
primeiros escultores quixesen emular a estatuaria
exipcia na súa monumentalidade e nos seus esquemas,
pero dende o principio vai haber grandes diferenzas.
Tamén se coñece a existencia de esculturas en madeira,
Xurdirán dous tipos humanos contrapostos: a figura do mozo chamadas xóana, e que segundo a mitoloxía grega, foron
obra do arquitecto Dédalo. Estas estatuas servían coma
espido chamado kuros (kurós, kouros, kourós) e a figura da imaxes de culto, aínda que non quedasen restos delas.

muller nova vestida e denominada koré. Un exemplo de xóana sería a Artemisa do Artemision de
Éfeso.

Os kuroi (kouroi, kouroí, kuroí) e as korai parecen imaxes ideais


dos homes e das mulleres, expresados nunha xuventude
florecente fóra do tempo.

Adoitaban estar policromadas, de cor tostada escura os mozos e


de cute e corpos brancos as mulleres. A grega non é a única Este momento, coñecido coma escola dedálica, comezará
a amosar as primeiras mostras de escultura monumental

cultura que asocia o branco coa muller e a súa presenza no fogar, a mediados do século VII.

lonxe da luz do Sol.

Que os kuroi e as korai sexan estatuas que se atopan


particularmente nos cemiterios ou nos santuarios lles confire un
carácter funerario ou votivo, coma se fosen imaxes ou
“retratos” de mozos mortos, que foron ofertados a algunha
deidade por algún motivo que non sabemos.

No caso dos kuroi, é posíbel que puidesen representar a mozos


mortos en batalla ou a atletas triunfadores mortos en plena mocidade, na plenitude do
seu éxito.

-O primeiro caso parece confirmalo a inscrición que leva o Kuros de Anavyssos:


“Permanece tristón, en pé, xunto á estela do falecido Kroisos, loitador en primeira liña, a
quen o tempestuoso Ares arrebatou”.

-O segundo caso parece apoialo a lenda antiga de Cleobis e Bitón, fillos de Cidipe,
sacerdotisa de Hera en Argos, que preocupada porque chegaba tarde no seu carro de
bois ao festival da deusa, viu cómo seus fillos desenganchaban os bois e tomaban eles
mesmos o seu lugar, apurando o paso para que a súa nai chegase a tempo ao festival

53
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

despois de ter percorrido 45 estadios (uns oito quilómetros). Conta a lenda que a súa
nai, impresionada pola mostra de afecto dos seus fillos, pediulle á deusa que lles
concedese o mellor agasallo que un deus puidese ofrecer. E Hera concedeulles morrer
mentres durmían tras tan enorme esforzo, isto é, unha morte sen dor, plácida e
reparadora.

Tamén hai que lembrar a lenda do atleta de Maratón, o soldado Filípides, que no ano
490 a.C., morrería de cansazo tras ter corrido os 40 km dende Maratón ata Atenas para
anunciar a vitoria dos gregos sobre o exército persa.

Así mesmo, cómpre sinalar a lenda do mozo atleta Hyakinthos (Xacinto), amado do deus
Apolo, que sería morto polo propio deus de xeito involuntario mentres estaban ambos
xogando cun disco. Coma recordo do seu amor, Apolo tería feito brotar a flor que leva o
seu nome.

Os kuroi deben de ser estatuas funerarias ou votivas de mozos soldados ou de atletas


mortos en plena xuventude e no cumio do seu éxito, coma querendo indicar que así
superaban a barreira do tempo, alcanzando a fama inmortal e a categoría de lendas.

No caso das korai é máis complexo, mozas virxes mortas en plena xuventude, cuxo
recordo alguén, acaso un familiar, quere que perdure.

-OBRA 1: DAMA DE AUXERRE (630 a.C.):

Descubriuse nesta cidade francesa, aínda que non se


coñece con seguridade a súa procedencia –probabelmente
Creta-. Chegaría a Auxerre seica polo comercio con colonias
coma Marsella, pole grega. Pertence á Escola Dedálica, onde
se encadran unha serie de protoestatuas que conforman un
período arcaico primitivo.

A Dama de Auxerre é o prototipo de koré. Esta


caracterizada pola frontalidade, os xestos conxelados, a
rixidez ritual, a falta de experiencia escultórica do seu contexto e
unha predilección polo elemental e rudimentario. Ademais, é unha
estatua pouco profunda, xa que non se pon interese nos laterais.

A man dereita é un sinal de respecto e rompe a absoluta


frontalidade. A rixidez é propia do solemne momento da ofrenda,
polo que podería ter sido unha estatua votiva ou funeraria.

A súa vestimenta é sinxela, con dobras e bordados. A muller


maniféstase, xa dende o principio, vestida, e, neste caso, sen

54
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

revelar sensualidade. O peiteado é xeométrico, formado por cadrados trenzados e


rematado en triángulos. Os ollos son amendoados e a fronte está case desaparecida,
polo que se podería considerar un “monstro”.

A policromía axuda a adornar unhas roupaxes con motivos xeométricos. Esta é a moda
dórica.

-OBRA 2: KUROS DE NOVA IORQUE (ca. 600 a.C.):

Aínda ancorado no arcaísmo primitivo, nos albores da


escultura grega, é un kuros ático, de tradición ateniense. O
seu nome débese a que se conserva no Metropolitan Museum
of Art da cidade de Nova Iorque.

É unha figura núa, xeométrica, simétrica, frontal e ríxida,


que leva os brazos pegados ás coxas e cunha perna
adiantada, recurso moi habitual nos kuros, en sinal de andar
ou, simplemente, coma solución para manter o equilibrio.

Non amosa un ricto, sentimentos ou vida interior. É só a

representación dun corpo humano.

Fronte á escultura grega, a exipcia nunca se ispe


completamente ao longo da súa historia. Os gregos nacen
culturalmente espidos, o que se converterá, na época
clásica, nun canon de beleza.

Estas esculturas xorden dun gran bloque monolítico, ao


que se lle dá forma, mentres que en Exipto parecen
altorrelevos que saen da pedra. Deste xeito, os kuros
están concibidos, dende o comezo, para seren vistos dende
todos os seus ángulos, converténdose nun elemento
independente da pedra. En Grecia son completamente
exentas, mentres que nas terras do Nilo se unían á parede.

Os xeonllos, os nocellos, os puños pechados e os brazos


pegados, que dan sensación de unidade, son outros trazos
que comparten coa escultura exipcia.

O kuros probabelmente queira conmemorar a alguén que descoñecementos e que o autor


non sabe representar, xa que os seus trazos están estereotipados. Porén, a pretensión

55
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

desta composición é perpetuar á persoa representada e que fique para a eternidade


con aparencia de mozo.

Os seus lados posterior e anterior son os máis logrados. Os laterais aínda non teñen
importancia. O corpo é paupérrimo e frouxo, xa que a tipoloxía da anatomía está
caracterizada por cabezas alongadas, cabelos xeométricos, cellas anguladas e ollos
amendoados que non expresan sentimentos.

Presentaba policromía.

-OBRA 3: HERA DE SAMOS (ca. 560 a.C.):

“Eu, Keramies, dedicada a Hera coma ofrenda”. Así reza a inscrición


que presenta esta koré. E é que as inscricións permítennos saber máis
cousas sobre estas composicións. Alguén chamada así ofrece esta
estatua á deusa.

A figura, que segue a moda xónica, xorde dunha forma cilíndrica,


coma unha árbore. Seica fora algo semellante á forma circular do
torno dos oleiros, xa que se concibe cunha forma arredondada,
esculpida por todo o seu arredor e non centrándose nas súas
visións dianteiras e traseiras, coma nas composicións anteriores.

Os trazos son xa coñecidos, coma a man oferente. O normal nas


korai, a partires de agora, é que os escultores se recreen máis na
vestimenta que no corpo.

A moda xónica vólvese manifestar nesta composición, facendo a


esta koré unha figura sensual e atractiva, xa que as roupaxes se
adaptan mellor ao corpo e os pregamentos son máis sutís. Coma xa
se sabe, as xónicas vestían con xitón (ou quitón), que cubría o
corpo ata os nocellos e que, nesta composición, presenta dous
trapeados diferentes –un liso e outro con estrías-, e himatión, unha
especie de manto transversal e que a deixa cun ombreiro ao aire. Estas
dúas pezas rompen coa tradición e proporcionan estética.

Por último, pódense establecer relacións entre a Hera de Samos cunha


columna xónica. Os pés e a parte de abaixo do quitón serían a basa,
que, no Didimaion, semellaba derreterse; o corpo, o fuste, sendo as
estrías as dobras da vestimenta; e o capitel equivalería á testa. Nefertiti en panos mollados.

56
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

-OBRA 3: CLEOBIS E BITÓN (KUROI XEMELGOS) E KORÉ DE ORNITO


(ANTÍTESE):

Cleobis e Bitón, os fillos de Cidipe


xa descritos con anterioridade, son
máis “rústicos” e robustos, moi
definidos e marcados.

Pola súa parte, a koré de Ornito


colle o quitón para coa man
esquerda, de xeito que o trapeado
ten unha forma engurrada nesa
zona. Reflicte unha grandísima
exquisitez á hora de representar o
movemento da tea. O claroscuro
está moi atenuado.

O xénero dos kuroi foi evolucionando. No conxunto que se presenta deseguido (kuroi de
Tenea, Anavisos e Aristodikos) pódense albiscar novidades conseguidas nesta tipoloxía.
Así, o kuros de Aristodicos é unha figura máis normal, máis próximo, mais ríxido e
intranquilo.

-OBRA 4: KUROS DE TENEA (ca. 560 a.C.):

O kuros de Tenea foi atopado nesta vila próxima a


Corinto. Ten, pois, un carácter funerario. A principal
novidade que aporta é o seu sorriso, sendo a
primeira vez que unha kuros amose ricto,
sentimentos, o chamado sorriso arcaico.

A escultura, de súpeto, ri; probabelmente sexa a


primeira vez na Historia da Arte que se crea unha
expresión sentimental. Non se sabía ou non se quería
amosar ata entón. Xa non é só un corpo o que
representa, senón que reflicte a personalidade do
mozo. O escultor preocúpase en plasmar isto.

O sorriso non é só un xesto, senón un reflexo da vida interior da


personaxe representada. Había vocación de transmitilo, sendo un
recurso moi empregado nesta etapa central do arcaísmo.

57
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

O tipo físico é elástico, máis coidado e refinado, e a faciana


miúda e con ollos amendoados. A cabeleira, fronte ao
xeometrismo anterior, agora é unha masa de arxila que se lle
tivese pegado. O claroscuro xa non é tan pronunciado coma antes.
Malia ter sido descuberto preto de Corinto, a súa doricidade está
debilitada, posuíndo unha sensibilidade máis propia do xónica,
coma se aprecia na suavidade das formas.

-OBRA 5: KUROS DE ANAVISOS (ca. 530 a.C.)

O kuros de Anavisos, do cal coñecemos, grazas á inscrición do seu


pedestal que foi un soldado morto en primeira liña de batalla:

“Permanece tristón, en pé, xunto á estela do falecido Kroisos, loitador en


primeira liña, a quen o tempestuoso Ares
arrebatou”.

O de Anavisos pertence á Escola de Atenas (É


máis típico que se conserve escultura arcaica do
obradoiro ateniense ca arquitectura arcaica,
que foi destruída polos persas). É unha figura
robusta, musculada, poderosa e máis dórica.

-OBRA 6: KUROS DE ARISTODICOS (500 a.C.):

O kuros de Aristodicos presenta tres novidades:

 Sorriso menos visíbel. Máis seriedade.


 Deixa de ter unha longa e rizada cabeleira que cae polas
costas. Agora, unha especie de trenza sobre a fronte dá a
impresión dun peiteado máis curto.
 Os brazos non están tan pegados ao corpo, debilitando o
tradicional hieratismo. Semella un pulo ao movemento, aínda
que a composición segue a ser frontal.

-OBRA 7: KORÉ DO PEPLO (530 a.C.):

O peplo, parte central da vestimenta dórica, cínguese de maneira tectónica ao


corpo, acadando unha aparencia sólida, pouco sensual. Porén, a cabeleira desta
koré si resulta feminina e sensual, xa que abandona o anterior xeometrismo ao
que estaban suxeitos os peiteados. Son, ademais, uns cabelos máis longos e

58
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

distribuídos nunha serie de trenzas que caen sobre o pescozo, o peito e as


costas.

Esta koré transmite unha vida interior que non se transmitía antes.

A policromía (coma se amosa na imaxe) era rica e rechamante. Os


estampados do peplo baseábanse en motivos xeométricos.

A maioría das korai, coma xa se vía na koré de Ornito, teñen o pé


adiantado, aínda que moitas delas están fragmentadas. Neste conxunto
(de Antenor, Delicata e de Eutidikos), todas van á moda xónica, co quitón
ata os pés e o himatión coma manto.

O quitón é unha tea fina e de efecto transparente. Ao collelo coa man, coma moitas
delas, rómpese a simetría da prenda e favoreza a que a tea se pegue ao corpo, nunha
época na que o espido era unha aberración. En contraposición con ese
elemento da vestimenta, está o himatión, un gran manto barroco, cun
trapeado elaborado e con máis pregamentos, que lle aportan volumetría e
claroscuro.

As composicións en clave xónica son do obradoiro de Atenas e foron


refugallos tirados pola Acrópole cando os persas asediaron a cidade. Os
atenienses xa lle chiscaban o ollo ao xónico en tempos de tirano Pisístrato
(que tamén planificara o Olimpeion da cidade nunha tipoloxía díptera,
propia do xónico, coma sinal política).

A exuberancia da cabeleira, que se presenta coma unha especie de casco,


aumenta esta barroquización das koré.

-OBRA 8: KORÉ ANTENOR (520 a.C.):

É quizais a máis barroquizada deste conxunto. É descomunal, de arredor


de 2,5 metros. O quitón márcalle as pernas ata parecer case transparente.

O seu rostro está deteriorado, mais se intúe que estaba a sorrir.

-OBRA 9: KORÉ DELICATA (500 a.C.):

Posúe un aspecto máis delicado. Non se conserva de maneira íntegra, pero a


súa parte inferior tería as mesmas características cás demais, sobre todo
no tocante ao pé adiantado.

Os seus cabelos convértena nunha delicatessen. Ten unha expresión moi


sutil que xa non é un aceno, unha risa estereotipada. Algo cambiou, xa non

59
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

se procura a representación xenérica do estereotipo de koré, senón que se pretende un


xesto máis críbel.

Estamos, pois, perante a Gioconda do xénero das korai, cunha mirada esvaída e
misteriosa. Semella estar menos xovial e feliz, converténdose o seu xesto nunha
espreita de elegante seriedade.

Por último, as sombras dos ollos, das pálpebras ou do nariz aportan máis sutileza á
faciana.

-OBRA 10: KORÉ DE EUTIDIKOS (490 a.C.):

Hai un cambio de actitude. O xesto é estraño e raro, perde o


sorriso, polo que se lle coñece coma a “koré mal encarada”.

A súa cabeza é máis densa, ancha e esférica, e acada unha


maior plasticidade e contundencia. A cabeleira pescuda
personalidade, aínda que semella que se lle foi a man ao autor,
xa que parece unha perruca. Todo isto confírelle un toque de
masculinidade, á vez que a achega ao clasicismo (no 480, dez
anos despois, darase o paso ao primeiro clasicismo ou
clasicismo severo).

A koré ten un peito nu, algo sorprendente. O corpo é sólido e potente. O trapeado xa
non aporta tanto volume á vestimenta nin tanto barroquismo, coma querendo salientar o
seu rudo corpo musculado.

Os frontóns: temas e composición:

Esta tipoloxía escultórica representa historias sobre mitos e relixión. Trátase dun
xénero difícil de levar a cabo pola forma súa forma triangular, un formato complicado
para compor esculturas e contar historias.

-OBRA 1: FRONTÓN DO TEMPLO DE ARTEMISA EN CORFÚ (600 a.C.):

Situado na illa de Corfú, no Mar Xónico, este templo posúe un frontón estraño no
tocante á composición e na relación entre os elementos. Ten unha temática, cando
menos, controvertida.

O conxunto está presidido pola Gorgona, con Pegaso e


Crisaor e dous leóns (ou panteras?) nos seus costados.
Nos extremos, unha serie de pequenas figuras fan
sospeitar que o conxunto pode ter varios temas.

60
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

Coma xa se dixo, a personaxe principal deste frontón é a Medusa, monstro que mataba
a quen a mirase directamente á face e a que Perseo lle cortou o pescozo mirándoa por un
espello. Do sangue emanado de aí xurdiron un cabalo alado, Pegaso (só se conserva a
parte traseira do animal), e Crisaor (presente o seu corpo superior), un xigante, que son
as dúas figuras, ambas incompletas, que flanquean a este monstruoso ser.

O carácter da Gorgona é antropopaico, isto é, de protección. Para axudárena a protexer


o templo, aparecen dous leóns ou panteras. Ademais, a Medusa levaba posta unha
vestimenta semellante á das korai da época. Esta imaxe, de faciana aterradora, está en
movemento e adopta unha posición forzada en forma de cruz gammada para adaptarse
ao reducido e marcado espazo do triángulo.

Este primeiro conxunto ten un sentido heráldico.

No tocante ás pequenas figuras, toda achega que se poida facer é unha hipótese:

 Na beira esquerda preséntase unha figura sedente, con algo na man, e outra
xacente, morta. Crese que é unha Iliupersis (Representación da Guerra de Troia).
 Á dereita, unha figura núa zúrralle a outra axeonllada. Seica é Zeus matando a un
titán, é dicir, unha titanomaquia.

Nesta resolución do conxunto tan rudimentaria, as interpretacións que se poden facer


sobre el son moi áridas. Fronte ao motivo heráldico central, as pequenas non semellan
ter relación e non miran ao centro, que sería o normal. A desproporción e a perspectiva
xerárquica tamén se poden albiscar aquí.

Este frontón, que presentaría unha rechamante policromía, é aínda embrionario.

-OBRA 2: FRONTÓN DO TESOURO DOS SIFNIOS (525 a.C.):

Este frontón, máis pequeno, presenta a Apolo disputándolle a Heracles o trípode do


oráculo de Delfos.

61
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

Esta historia apolínea conta que Heracles posuía un


problema de pel e precisaba unha receita que ninguén
inventara. Foi ao oráculo para que a Pitia lle dixese a
fórmula secreta. Esta, por cartos, non lla quixo dicir,
polo que Heracles decidiu roubar o trípode onde
sentaba a sacerdotisa. Apolo, vendo que ía quedar sen
el, aparece para disputarllo, ata que intercede Zeus
para pór paz.

Xa non se trata de relevos, senón que son estatuas con volume e máis realismo, illadas
do fondo do frontón.

As figuras principais adoitan estar no


centro, en postura vertical, e, segundo
as figuras se van achegando ás zonas
máis pechadas da estrutura triangular,
van adoptando ademáns e posturas máis
forzadas e adaptadas ao espazo. Zeus,
Apolo e Heracles, figuras principais,
amosan a cabeza e o torso de fronte,
mentres que as pernas están de perfil,
un trazo de herdanza exipcia.

Ao ser un tesouro xónico, a súa


vestimenta debe ficar reflectida. É nela
onde o artista se recrea.

Por último, tamén cómpre salientar o


realismo dos animais, que lembra á
escultura asiria.

-OBRA 3: FRONTÓNS DO TEMPLO DE ATENEA AFAIA EN EXINA (490 a.C.):

Represéntanse os dous sitios de Troia, o


prehomérico e o homérico. É un dos mellores
conservados (está na Gliptoteca de Múnic). O seu
tratamento monumental amosa unha afinidade cultural
coa Ática, rexión á que estaba próxima.

Coma xa se dixo, cada un dos frontóns representa


unha das dúas guerras de Troia. O oriental, a
prehomérica, isto é, a non descrita por Homero e

62
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

onde participaba Hercales; o occidental plasmaba a homérica, a de Aquiles. En ambas as


dúas, os exinos participaron no bando aqueo.

Cada un deles está feito por un obradoiro, un máis arcaico e outro xa tendente ao
clasicismo. Curiosamente, o frontón que representa a escena máis “próxima” no tempo, a
de Homero, é o que se atopa en clave arcaica, mentres que o feito máis antigo se achega
ao período clásico. Isto non quere dicir que se fixesen en tempos distintos, senón que
foron realizados por dous obradoiros de estilos diferentes.

Todo o conxunto está concibido en mármore, sendo esculturas que non dependen do
frontón e que están pensadas para ser vistas dende
abaixo.

Iliupersis homérica (arcaica):

No centro e presidindo o frontón, unha gran koré


soldado, representación da deusa Atenea, aparece coas
pernas de perfil e vestida á moda xónica. Porén, fronte a
ela, todos os soldados son homes, a modo case de kuroi.
Cada un deles está nunha postura diferente e pretenden
expresar o que aínda non se sabe expresar coa faciana.

As personaxes amósanse agochadas,


axeonlladas ou deitados, a piques de
morrer. Hai un que ten unha espada
cravada. O seu corpo está logrado, aínda

63
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

que non se trata dunha pose de alguén que vai morrer. É moi fotoxénico, de xeito que
pasa a eternidade con esa postura que acada no momento
da súa morte e que, loxicamente, é pouco críbel. Ten un
sorriso arcaico, pero tratándose dun aceno de dor; non é
un xesto estereotipado.

Á hora de falar dos troianos, pódese falar de exotismo,


xa que estes posuían outros traxes, diferentes aos
gregos. Unha personaxe en xenuflexión que porta un arco
e unha frecha leva posto un gorro diferente. Pode ser
Paris, o que mata a Aquiles ao dispararlle unha frecha ao seu calcaño.

O conxunto procura harmonías e contraposicións. As figuras aportan sensación de


espazo con baleiros, cheos, claroscuros…

Iliupersis prehomérica (preto do clasicismo):

Máis evolucionada escultoricamente, non é do mesmo obradoiro.

O arqueiro, que se correspondería con Aquiles, porta unha


vestimenta grega e unha pel de león, o que leva inexorabelmente a
pensar que se trata de Heracles.

Nesta composición tamén hai un soldado xacente ao bordo da


morte. O seu escudo é fundamental para axudarlle a se apoiar e
para aportar perspectiva. É fotoxénico abofé, mais é máis críbel có
moribundo riseiro do outro frontón. Presenta unha
barba afiada, segundo a moda da época, e un aceno
de dor, que o fai máis próximo á visión que se poida
ter da morte. O curioso é que esta exemplar
transmisión de sentimentos chegue nos frontóns e
non nas esculturas desta época.

64
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

4.2. Período clásico. Esculturas e escultores dos séculos V e IV


a.C. De Mirón a Lisipo.

4.2.1. O período severo ou clasicismo temperán.

Este primeiro período clásico abrangue dende o 480, ano da derrota fronte aos persas,
ata o 450, ano no que Pericles chega ao poder.

A estatuaria desta época gaña gran importancia.

-OBRA 1: O EFEBO LOURO (ca. 480 a.C.):

Descuberto na Acrópole de Atenas, é unha composición


inmediatamente anterior ao ataque dos persas. A súa
policromía indica que era unha figura loura, aínda que esta
tonalidade non a afasta da súa concepción de kuros.

Aínda que só se conserve a cabeza, si se pode saber con


certeza que tiña corpo, xa que os gregos xamais facían bustos.
Ademais, outras obras contemporáneas a esta axudan a
recompoñer o que puido ser o seu corpo.

Este efebo perde completamente o sorriso e adquire a


seriedade propia da fase final do arcaísmo. Esta actitude
pensativa e ensimesmada é a que dá nome a este período –de
serio, severo-. Non se capta o que xa se sabía reflectir dende o arcaísmo. Esta traza
cavilosa será fondamente asimilada na nova escultura grega,
subliñando o equilibrio interior da persoa representada, isto é, o
ethos, o reflexo dun ser racional.

A cabeza deste mozo é a primeira non hierática en toda a


Historia da Arte, xa que logo, se atopa lixeiramente ladeada.
Rompe, deste xeito, a tradicional lei da frontalidade. Se tivese
corpo, este presentaría un marcado contraposto, que lle
outorgaría á postura máis credibilidade e naturalidade.

No tocante ao cabelo, cómpre dicir que segue a ser longo, mais as trenzas que se lle fan
dan a sensación dun pelo máis curto, coma será a partir de agora. Ademais, está
constituído de maneira artificial, asemellándose a unha perruca, formando unha sombra
na fronte que marca a separación entre el e a faciana. Este rostro é ancho, plástico e
estruturado, e posúe uns trazos carnosos que lle aportan volume e contundencia, coma
as pálpebras, o nariz, o queixo e, sobre todo, os beizos.

65
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

É mester facer unha reflexión sobre o cambio de mentalidade da estatuaria grega. Dez
anos antes producírase a Guerra de Maratón, mentres que foi no 480 cando se chegou
ao cénit das Guerras Médicas e á destrución de Atenas. A escultura gaña máis
severidade e perde a anterior ostentosidade, o que no caso das mulleres eran a
sensualidade e as ricas prendas. Xorde unha arte ríxida, de crise.

Pola súa parte, o realismo vai in crescendo.

-OBRA 2: O EFEBO DE CRITIOS (ca. 480 a.C.):

Aporta o que se perdeu no louro, isto é, o corpo. Tamén foi descuberto nun
pozo na Acrópole. Este kuros, de medio metro, conserva o seu corpo de
maneira case íntegra.

O seu rostro é pouco expresivo, aínda que, desta volta, se trata dunha
actitude máis ben anódina, abandonando o momento de rigoroso pensamento
do outro efebo. Isto indica que o escultor era máis inexperto. Os seus ollos
son postizos.

O corpo está moito mellor feita cá faciana. É un kuros ático, polo que se atopa
entre dous mundos. O seu ademán é diferente, unha postura que foxe da
anterior rixidez. Represéntase con naturalidade, nunha pose máis normal e
críbel.

Apóiase sobre unha perna, a que se atopa máis atrasada e firme. A outra está
levemente escorzada, dobrada, en actitude de relax. Isto forma un claro
contraposto. As pernas non están á mesma altura, e o xeonllo está por diante
do pé adiantado, constituíndo un escorzo difícil de executar. Estes escorzos
outorgarán máis expresividade a partir de agora ás composicións.

As cadeiras e os ombreiros, así coma a testa, aparecen inclinados. Con todo, a


mirada segue a ser fixa e frontal.

A simboloxía do xénero dos kuroi segue a ser a mesma.

-OBRA 3: HESTIA GUISTINIANI.

Non se lle pode considerar completamente unha koré. Trátase dunha estatua
feminina, probabelmente unha deusa, aínda que non posúe ningún distintivo. É
unha composición distinta a todas as que se teñen visto.

A vestimenta e a actitude cambiaron de xeito salientábel no mundo ático. Non é


risoña, nin está maquillada, nin leva opulentas vestidos. Prodúcese un cambio

66
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

radical na concepción escultórica feminina.

O traxe é máis ríxido e solemne. Esta severidade agrávase coa ausencia de escote, así
coma a ínfima insinuación do seu corpo. Volve o peplo dórico ou, no seu defecto, un
quitón que lembra á sobriedade do mundo continental. Esta vestimenta, que pode que
non presentase estampados, semella unha ríxida columna dórica.

O pelo é coma unha especie de casco que leva un veo. Agochar os cabelos é sinal de
sometemento, xa que é sempre un motivo de sensualidade.

A faciana é tamén pensativa. Ademais, o seu corpo adopta un leve contraposto, menos
visíbel por mor do vestido. A sutil inclinación da testa rompe, en certo grao, o carácter
rectilíneo da composición. Tamén hai que dicir que se presenta un lixeiro escorzo na man
e no brazo esquerdo.

-OBRA 4: POSEIDÓN DE ARTEMISION:

Trátase dun bronce excepcional orixinal,


recuperado no mar. É un deus, ben Poseidón,
que estaría lanzando o seu tridente, ben Zeus
lanzando un raio. O máis probábel, malia a súa
tradicional denominación, é que sexa Zeus, xa
que se conservan bronces máis pequenos e
semellantes que inclúen os raios.

Esta escultura, dun tamaño algo maior ao


normal, transmite moita forza interior,
plenitude e vigor. O rostro, pola súa parte, non
amosa gran cousa, xa que o Deus é un ser

superior, que se atopa por riba do ben e do


mal.

A súa gran fortaleza física, maior que


noutros kuroi, vese agravada polos seus
decisivos e poderosos xestos. Evítase, pois, o
xuvenil, o débil, e por iso vai con barba. Así e
todo, a súa cabeleira descende ao longo da
fronte en forma de sutís rizos, moi ben
descritos grazas á maleabilidade do bronce
(por iso era o material favorito).

67
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

En resumo, é unha constitución potente, sobrehumana, que non amosa


fraxilidade interior. O movemento definido e grandioso, o xesto amplo e as
penas abertas encádranse nun mesmo plano, sen escorzos. Así, o Poseidón
carga sobre a planta dun pé, namentres que o outro está lixeiramente
suspendido no ar, salientando a súa espléndida estabilidade.

-OBRA 4: HARMODIO E ARISTOXITÓN (476 a.C.):

 Escultores: Critios (Κριτίος) e Nesiotes (Νησιώτης).

É un grupo estatuario que presidía a Ágora de Atenas.


Consérvanse as copias romanas en mármore das orixinais en
bronce, que viñan substituír un grupo arcaico anterior que foi
destruído polos persas.

Represéntase unha xesta, a destes heroes que asasinaron ao


fillo do tirano Pisístrato, Hiparco –o pisistrátida non era tan
querido coma seu pai-. Os tiranicidas quedaban, deste xeito,
eternizados pola súa heroica acción.

Cada un deles non se entende sen o outro. Aínda se está a


mellorar na concepción de “grupo escultórico”, xa que logo,
cada figura tería un pedestal propio, mais ambas as dúas
compartirían unha lectura conxunta.

Son dous homes distintos, o mozo e o vello. Harmodio leva


unha especie de himatión, mentres que Aristoxitón vai
completamente nu, na procura do contraste. Son completamente anódinos, seres
superiores, semideuses; non expresan nada. Ademais, presentan lixeiros escorzos.

As copias romanas posúen un tronco para se manter en pé. A diferenza do mármore, o


bronce non precisaba destes engadidos para conseguir estabilidade.

MIRÓN:

É o primeiro gran autor coñecido da escultura grega. Estaba consagrado coma un gran
broncista, un escultor de gran detalle que conseguía un gran realismo tanto en figuras
humanas coma animais.

-OBRA 1: DISCÓBOLO (460 a.C.):

É, en teoría, Xacinto, amante de Apolo, quen lle golpeou na testa


mentres xogaban ao disco. Do seu sangue naceu a flor que leva o

68
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

seu nome.

Trátase dun movemento ficticio, inviábel para lanzar ben o disco, xa que as pernas
terían que estar máis abertas e habería que apoiar un pé. O que se pretende é captar un
momento conxelado, ríxido e fotoxénico no movemento do lanzamento. Era, pois,
artificiosa mais moi visual.

Pola súa parte, a faciana non transmite o esforzo que


debe supor lanzar o disco, senón que amosa unha
serenidade estraña para o momento que se representa.
A diferenza do corpo, Mirón non reflicte de xeito
realista o rostro.

O cabelo cambiou. É pouco alborotado e curto, pero moi


minucioso nos detalles. Semella pegarse á testa pola
suor, aportando pouco
volume ao conxunto.

Unha perna tapa á outra,


procurando o ángulo. O
tronco está practicamente
de fronte, evitando o
escorzo. Os brazos forman
unha media circunferencia
que se antepón á que forman
a cabeza, as cadeiras e os
pés. Esta disposición xeométrica tamén se aprecia no zigzag
formado dende o disco ata a parte dereita das costas, desta
á cadeira, da cadeira ao xeonllo e do xeonllo ao pé erguido.

-OBRA 2: ATENEA E MARSIAS:

O Mirón do Discóbolo é novo. Neste grupo,


orixinalmente en bronce, apréciase unha
evolución no escultor.

Trátase do momento no que Atenea, deusa da


música, ao soprar a frauta, tira o instrumento
por mor das mofas dos demais deuses, que rían
de que as súas meixelas se inchasen. Marsias, un
sátiro, un ser primitivo e rudo, recolle a frauta,
dándolle igual a cara que puxese. É unha sátira

69
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

contra Tebas, xa que estes eran especialistas na frauta, mentres que Atenas dominaba
a lira, un dos máis belos instrumentos para os gregos. Os tebanos eran considerados,
pois, brutos.

Xa se lle pode considerar grupo. As dúas figuras comparten pedestal, que actuaba coma
nexo da escena.

 Atenea aparece altiva, rexeitando a frauta. O peplo non é monxil, senón


favorecedor e algo transparente, cunha caída lateral que lle outorga un carácter
asimétrico. O rectilíneo trócase polo diagonal e o contraposto.
 Marsias é máis expresivo, antepóndose á serenidade da deusa. O seu espido
contrasta coa outra figura. Atópase inclinado cara atrás, sen pudor, coma un
animal salvaxe. A dobrez pronúnciase na perna esquerda e o seu perfil é
escorzado, non coma no Discóbolo (máis plano). A cabeleira e a barba é máis
espesa.

Non é o mesmo Mirón.

Tamén cómpre destacar os frontóns deste período, entre os que salientar os do Templo
de Zeus en Olimpia:

-OBRA 1: FRONTÓNS DO TEMPLO DE ZEUS EN OLIMPIA:

-Frontón oriental: Carreira de Pélops e Enomao:

Trátase dunha carreira dos Xogos Olímpicos. É unha composición estática, algo raro ao
ser unha representación deportiva. Ademais, non posúe nin unidade de grupo nin
cohesión xestual. Pode que sexa o momento antes de comezar a carreira.

É ríxida, marcada por un eixe de simetría, que reside na figura de Zeus. O resto das
figuras adoptan distintas posicións para se adaptar á forma do tímpano. Zeus, asemade,
está en contraposto, o que lle outorga unha pouca mobilidade ao conxunto. As facianas
das personaxes ofrecen ben pouco.

-Frontón occidental: As vodas de Piritoo:

É, de xeito evidente, unha composición realizada por un obradoiro diferente. A emoción,


a vehemencia, a acción e a gran xestualidade son os trazos que o diferencian do outro
frontón.

Trátase o tema das centauromaquias, isto é, a loita entre xente civilizada e bárbaros ou
animais non civilizados, representados polos centauros. A historia conta que Piritoo,
ademais de convidar a xente grega á súa voda, trouxo tamén aos seus amigos centauros.

70
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

Estes, ao probar o viño, volvéronse tolos e atacaron ás mulleres dos gregos, comezando
así a liorta que se representa.

A escena forma un grupo escultórico máis compacto. O dramatismo do momento


reflíctese nas facianas dos centauros –os gregos non expresan nada, xa que son máis
civilizados-. No medio da composición, Apolo tenta pór orde. O deus si xesticula, pero
cun ademán maxestoso, propio da súa condición.

4.2.2. Alto clasicismo (Segunda metade do século V a.C.).

Entre o 450-400, a escultura clásica chega ao seu cénit da man de dous escultores,
Fidias e Polícleto, que seguirán os pasos de Mirón.

FIDIAS:

Fidias foi un dos mellores escultores gregos, case un deus da escultura. Pódese mesmo
falar dun antes e un despois, é dicir, dunha escultura prefidíaca e dunha escultura
postfidíaca. Ninguén coma el sabía representar aos deuses. Por desgraza, non nos
quedan restos da súa escultura, senón copias de obradoiros próximos a el e os
testemuños escritos sobre a súa obra.

Traballou para Pericles, controlando as obras da Acrópole e facendo gran parte do seu
patrimonio escultórico. Era, ante todo, un broncista, xa que o bronce, coma xa se sabe,
era o material favorito dos gregos. Con todo, tamén experimentou con outros metais,
coma o ouro, mesturado co marfil (esculturas criselefantinas).

Na Acrópole deseñou as esculturas de Atenas: Partenos, Polías, Lemnia e Prómacos.


Outra das súas obras máis salientábeis son o Zeus Olímpico, unha das sete marabillas do
mundo antigo, e o Friso das Panateneas, no Partenón.

71
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

-OBRA 1: ATENEA LEMNIA (450 a.C.):

Chámaselle así porque foi agasallada polos habitantes de Lemnos. É o ideal


de beleza de muller. Consérvanse dúas copias romanas en mármore de
aceptábel calidade.

Constitúe o inicio dun novo momento; o severo abandonouse. É expresiva


pero sobria, con expresións que non se saben interpretar. Os ollos, o pelo –
lixeiramente rizado, sen cascos- e os beixos dulcifícanse, suavízanse. O
claroscuro axuda a marcar algunhas partes da face.

Todos os antigos dicían que non había ninguén que soubese representar
deuses mellor ca Fidias. As expresións maxestosas das
súas composicións transmiten iso. A figura parece allea a
todo o que lle rodea; é superior.

O seu corpo amosa unha leve soltura e torsión e un lixeiro


contraposto cos brazos. Atenea está ensimesmada co seu casco. Ao
levar o casco na man e non posto, o que vén expresar é que non se
trata dunha imaxe bélica, senón unha reflexión propia da súa condición
de deusa da sabedoría.

As peles que leva dótanlle dunha certa “xonización”, pero sen chegar
ao barroquismo anterior. Créase unha “arte
ática”.

-OBRA 2: ATENEA PARTENOS:

Ten que transmitir a presenza da divindade


dentro do templo do Partenón. É moi solemne.
Estaba realizada en ouro e marfil
(criselefantina). Sostén a Niké na man dereita.

Consérvanse varias copias romanas en mármore.

-OBRA 3: ZEUS EN OLIMPIA:

Tamén criselefantina, esta composición era unha das sete marabillas do


mundo antigo. Porén, non se conserva, xa que o ouro era moi apreciado.

Estaba imaxe era tan importante, non só en Grecia, senón en toda a cultura
occidental, que todas as representacións de Deus Pai se basearán nela. Así,
no Renacemento, Miguel Anxo reflectirá os preceptos estéticos do Zeus

72
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

fidíaco na imaxe de Deus n’A creación de Adán. Será a base do


Pantocrátor, do Deus Todopoderoso.

Un halo divino, un rostro superioridade; Zeus está por riba de todo. É


unha imaxe potente, que impón respecto e que convida á renderlle
adoración.

Constituíu a iconografía básica da divindade.

-OBRA 4: FRONTÓNS DO PARTENÓN:

Non son de Fidias, senón de dous obradoiros diferentes, que amosan a


calidade da escultura desta época. En calquera caso, estaban supervisados polo escultor.

-Frontón oriental: O nacemento de Atenea:

É a quintaesencia dun templo dedicado a Atenea, o seu nacemento. A deusa nace –xa con
corpo de adulta- da cabeza de Zeus, onde se atopa a sabedoría máxima. Previamente,
Zeus engulira a Metis, a nai de Atenea, que estaba embarazada dela. A escena é mesmo
sorprendente para os deuses, que se atopan ao longo do frontón conversando vivamente.

Hai máis movemento, ás veces esaxerado, e deixa de ser tan académico, sen unha figura
que marque o centro matemático do conxunto. O baleiro que queda é enchido cunha
Niké, que coroa á deusa. Os escorzos de Atenea e Zeus fan máis críbel e teatral a
representación.

Coma motivo escultórico máis salientábel, cómpre sinalar que as teas se pegan ao corpo,
marcando os trazos máis femininos –peito, coxas, ventre- a través do efecto dos panos
mollados, un case-espido. Os corpos, deste xeito, amosan un maior dramatismo e
xestualidade. Este será o prototipo de muller clásica, de base moi xónica, unha figura
que semella non ter ósos e de aparencia mórbida e suave.

-Frontón occidental: O padroado de Atenas:

É a disputa entre Atenea e Poseidón polo padroádego de Atenas, na cal se realiza unha
proba para ver quén ofrece un mellor agasallo. Gaña Atenea cunha oliveira, que se atopa
no centro da composición, ao carón do escudo escorzado de Atenea.

73
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

POLICLETO:

Este escultor, proveniente do Peloponeso, é fiel ao estilo dórico, sendo o mellor


herdeiro da tradición do kuros atlético.

Era considerado o mellor escultor da súa época dentro do contexto do mundo dórico.
Malia o recoñecemento que obtivo, Policleto tiña unha pexa: non conseguía, coma Fidias,
que as esculturas parecesen deuses. Polo tanto, o xénero no que vai salientar será no
dos atletas.

-OBRA 1: DORÍFORO:

Consérvanse varias copias deste orixinal en bronce. É un atleta que


porta unha lanza (coma amosan estoutras reconstrucións), mais se
atopa nun momento de repouso.

Policleto escribiu un libro chamado Canon, onde transcribiu o concepto


teórico das proporcións e a simetría da escultura grega,
de aí a orixe do termo ‘canon’. Para os gregos, o corpo
construíase segundo unha ordenación matemática das súas
partes. Deste xeito, o canon de Polícleto consistía en que a
altura do corpo fose sete veces a altura da súa cabeza.
Nós chamámoslle harmonía e é dogma para os gregos.

O atleta atópase nun pronunciado contraposto, xa que vén


de gañar e está a dar un paseo triunfal. Porén, esta maior
mobilidade ten que estar limitada, sen adoptar posturas moi
esaxeradas.

Salienta o feito de que vaia andando, coma amosa o seu pé esquerdo, máis
atrasado có dereito. Pola súa parte, o brazo esquerdo marca un importante
escorzo ao ter que suxeitar a lanza. A cabeza, por último, rexistra unha
lixeira inclinación.

A faciana non expresa moito, é tamén moi lineal. A cabeleira semella estar pegada por
mor da suor, estando algúns pelos de punta ao despeitearse coa man. En bronce
marcaríanse con detalle.

74
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

A visión frontal domina, pola súa fotoxenia, nesta versión actualizada do antigo kuros.

-OBRA 2: DIADÚMENOS:

É un momento máis avanzado na obra deste artista. É


semellante ao anterior, pero con diferenzas.

O ademán e a inclinación do corpo e da cabeza volven ser


trazos destacábeis. Responde tamén a un canon e a uns
preceptos dóricos. Vai andando, pero desta volta, con
complicacións, xa que vai se anoando un lazo á cabeza, e por iso
agocha levemente a cabeza. Os escorzos do
brazo son leves, de xeito que se atopan no
mesmo plano có torso.

A cabeleira é máis espesa. E é que, a partir


deste punto da escultura grega, a cabeleira
e as teas converteranse nun símbolo de
dramatismo e vitalidade. Ademais, as guedellas acadan maior
protagonismo, xa que o pelo se atopa máis solto.

O final do século V é un tempo de momentos dramáticos para Grecia


e, en especial, para Atenas. A peste e a derrota nas Guerras do Peloponeso foron os
verdugos da que foi a gran pólis deste século.

4.2.3. Postclasicismo:

Pénsase doutra maneira. O grego estase a cambalear, é tempo de crise. A situación irá a
peor ao longo deste século, ata o punto no que a cultura grega será engulida por outra
estranxeira, a dos macedonios. Porén, si que é un tempo brillante na arte e, en especial,
na escultura, que pretenderá ser de evasión.

PRAXITELES:

Fillo de escultor, é famoso por ter transmitido un sentido de sensualidade voluptuosa


case masculina á escultura.

-OBRA 1: HERMES CO NENO DIONISOS:

Descuberto no Heraion de Olimpia, este mármore pode ser o orixinal de Praxiteles, xa


que posúe unha envergadura que non teñen as copias romanas. Atópase en bo estado,
case intacto.

75
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

A forma de representar ás divindades cambiou. Xa non amosan a


superioridade que se vía na escultura fidíaca, senón que parecen xente
normal. Ademais, son imaxes moito máis sentimentais e expresivas. Todo
isto indica que a relixión está a cambiar.

É unha escena onde Hermes, mensaxeiro de Zeus, xoga co neno Dionisos,


ensinándolle, supostamente –perdeuse o brazo-, un acio de uvas. A novidade
reside no anecdótico e bala da escena representada. Polo tanto, o gran logro
de Praxiteles está no seu esforzo por acadar unha maior naturalidade,
conseguindo reflectir un momento humano e tenro na vida dos deuses.

Hermes sorrí levemente. O curioso é que o


sorriso non volverá ata que o Mestre Mateo o
esboce na faciana do profeta Daniel, no Pórtico da Gloria.
A figura non é tan robusta, senón máis carnosa, polo que
se fai máis críbel. Este refinamento no modelado achega á
figura a unha concepción máis xónica. A cabeleira é máis
volumétrica, salvaxe e pictórica.

No tocante á postura, a sensual inclinación do corpo recibe o nome de curva


praxiteliana. Para manterse en pé, engádese un tronco, envolvido nunha tea de carácter
ornamental que dulcifica a composición.

-OBRA 2: AFRODITA DE CNIDO:

Non se conserva unha copia de boa calidade, só unha


cabeza, aínda que o tipo físico e a postura eran coma
se amosan.

Representa algo que non se potenciara, o espido


feminino. Non obstante, non hai provocación, senón
que se reflicte unha escena fortuíta, na que a
personaxe non esperaba ser vista e corre a taparse
cunha tea.

Supón o primeiro gran nu dunha muller, un espido de pé e con certo contido


mórbido. A curva praxiteliana tamén aparece nesta composición.

O soporte desta figura é unha especie de vasilla onde estaba pousada a tea
e que está en consonancia co anecdótico do momento.

76
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

SCOPAS:

Especialista no pathos, nas emocións extremas aplicadas a todas as personaxes posíbeis,


deuses, heroes e persoas. Todas sofren o mundo que está a cambiar.

-OBRA 1: MALEAGRO:

Maleagro, que loitou contra o xabaril de Calidón,


aparece co torso inclinado. A súa cabeza orixinal
consérvase de maneira parcial, mais transmite unhas
emocións nunca vistas. Está despeiteado, o que amosa o
esforzo da escena, aínda que a cabeleira segue a ser
curta.

O corpo parece está feito a pinceladas, con ondulacións


e cun sinuoso claroscuro. Os xestos transmiten un
sufrimento humano. A isto contribúen as sombras formadas no
estreitamento da boca e no afundimento das cuncas dos ollos, que crean
un claroscuro dramático.

A intranquilidade é constante.

-OBRA 2: POTHOS:

A nostalxia e o sufrimento contidos anuncian a súa morte. A figura


desmáiase ata quedar sen vida. A postura da caída supón unha
esaxeración da curva praxiteliana.

Todos os elementos, incluída a tea, que cae en cascada, aumentan esta


sensación de tristura, así coma a boca entreaberta e o
pelo lixeiramente rizado.

-OBRA 3: MÉNADE FURIOSA:

É unha muller desfeita pola bebida, representada nun momento de gran


convulsión no que perde a cordura e se deixa levar polas paixóns.

Está a bailar de xeito voluptuoso, coa cabeleira desguedellada e as


teas molladas polos suores do corpo. Faltan os brazos e parte da
faciana, aínda que a torsión do pescozo, moi forzada, outorga énfase a
este sentimento de tolura.

77
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

LISIPO:

É o terceiro grande da escultura do IV a.C. Este escultor do Peloponeso era o favorito


de Alexandre Magno. Non só revoluciona a escultura, senón que multiplica a súa
temática.

-OBRA 1: APOXIÓMENOS:

Pódese sospeitar que Lisipo era un admirador de Policleto, aínda que vai abranguer un
maior terreo ca el.

Trátase dun atleta que se quita a sucidade da pel co estríxil, unha


especie de rascadeira de metal fino para limpar o corpo de aceite –que,
evidentemente, se mesturaba coa area do lugar de adestramento-. É,
polo tanto, unha escena anecdótica e cotiá.

O contraposto equilíbrase, mentres que os escorzos


son máis pronunciados, sobre todo o que proxecta o
brazo que se está a limpar. Esta proxección cara
adiante fai que a figura gañe terreo e se relacione
co espectador, que debe moverse para ver todo o
seu esplendor. Créase unha visión en redondo.

Segue un canon, mais distinto do empregado por


Policleto. Desta volta, a cabeza faise máis pequena,
polo que o corpo semella ser máis grande e esvelto.
A altura de toda a figura é entre sete e media e
oito veces á da cabeza.

O Apoxiómeno aporta vida interior.

-OBRA 2: HERMES ANOÁNDOSE A SANDALIA:

É unha escultura máis lograda, cun ademán máis complexo e que


integra paisaxe. Ademais do escorzo, a cabeza mira cara a outro
lado, prestando atención a algo alleo. O espectador toma partida
da representación.

A tea é pictórica. Enrólase á perna, o que aporta naturalismo.

78
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

-OBRA 3: EROS TENSANDO O ARCO:

O neno Cupido faise personaxe principal e absoluta


desta escena banal.

-OBRA 4: HÉRCULES FARNESIO:

A súa anatomía supermusculada é antinatural, pero


que non renuncia a unha posición de descanso. A pel
de león, atributo principal de Heracles, confirma a identidade da
personaxe. O barroquismo convértese nunha característica esencial,
e así será no helenismo.

79
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

OBRAS DAS INTERACTIVAS:

Arquitectura.
ÉPOCA ARCAICA.

-OBRA 1: HERAION OU HEREO DE SAMOS (VI a.C):

 Arquitectos: Reco e Teodoro.

Foi un santuario dedicado a deusa Hera na illa de


Samos, precedido por un templo dórico do século
VIII a.C., o primeiro que acadou os cen pés
(hecatómpedon), canon dos
posteriores templos.

O templo xónico en cuestión data


do 540 a.C., cando se planificou en
tipoloxía díptera. Tanto pronaos
coma cela estaban divididas en tres
naves. O resultado é un bosque
envolvente de columnas, de
perístase de 8 x 21 (aínda que a fachada traseira é de 9 columnas).

Foi un dos primeiros grandes templos xónicos, aínda que só


aguantou en pé 10 anos, por mor, posibelmente, dun terremoto.

Arredor deste templo xurdiu unha tipoloxía de korai, chamadas Heras de Samos.

ÉPOCA CLÁSICA.

-OBRA 1: TESOURO DOS ATENIENSES EN DELFOS (ca. 500-490 a.C.):

Ofrecido á cidade de Delfos por Atenas, foi,


presuntamente, costeado con parte do botín da
Batalla de Maratón. Arquitectonicamente supón o
paso do arcaísmo ao estilo clásico severo.

As súas métopas amosaban as fazañas de Heracles


e Teseo e unha amazonomaquia, que viña simbolizar
a vitoria fronte aos persas nesta batalla.

80
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

-OBRA 2: THOLOS DA ÁGORA DE ATENAS (465 a.C.):

Edificado sobre un antigo edificio


destruído polos persas, era a sé dos
pritanos (os 50 conselleiros que presidían
por quenda a boulé), que exercían o poder
executivo durante un mes. O tholos era o
lugar de comidas destes maxistrados.

A sala circular presentaba seis columnas centrais que sustentaban

o teitume cónico.

-OBRA 3: TELESTERION DE ELEUSIS (mediados V a.C.):

Era unha gran sala para a iniciación nos misterios de Eleuse, unha
cerimonia de culto a Deméter e Perséfone. Os iniciados entraban nel,
mostrábanselles as reliquias de Deméter e as sacerdotisas revelábanlle
as visións obtidas durante a “noite santa” (un lume que representaba a
posibilidade da vida despois da morte).
O seu contido era secreto.

A uns 20 km de Atenas, foi


reconstruído por Pericles logo da
destrución dos persas. Foi o máis
grandioso exemplo de sala hipóstila
helénica, con 42 columnas en
fileiras. Sobre o seu teitume abríase
unha lanterna que permitía a entrada de luz.

-OBRA 3: TEMPLO E EN SELINUNTE (mediados do V a.C.):

É un templo dedicado a Hera en Selinunte (Sicilia), fóra dunha


acrópole que comprende cinco
templos. Está concibido en clave
dórica sobre un edificio anterior. O
templo que se pode ver hoxe en día é
froito dunha anastilose (reconstrución).

O tempo, de 6x15, presenta pronaos,


naos, áditon e opistodomos.

81
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

-OBRA 4: TEMPLO DE HERA II EN PAESTUM (ca. 460 a.C.):

Tamén coñecido coma Templo


de Poseidón pola crenza de
que o templo máis poderoso da
cidade tiña que estar dedicado
á súa deidade. Atópase en
Poseidonia (Paestum para os
romanos), ao carón do Hera I.
É un dos mellores conservados desta época.

As súas dimensións fano un tanto alongado, xa que é 6x14. O espazo interior está
dividido en tres naves.

-OBRA 5: TESEION DE ATENAS (ca. 415 a.C.):

Tamén coñecido coma Hefestión (Ηφαιστείον) ou Templo


de Hefesto e de Atenea Ergané, é un templo dórico
períptero, situado no noroeste da ágora de Atenas, no alto
dun outarelo chamado Colonos Agoreo. Non se trata dunha
reconstrución dun templo anterior, xa que non se ten
atopado evidencias.

O templo está dedicado a Hefesto, deus da metalurxia, e


a Atenea Ergané, deusa da cerámica e da artesanía.
Ademais, arredor súa había moitos obradoiros e tendas
de ceramistas e de traballo de metais. É tamén chamado
Teseion porque se cría que aquí foron enterrados os
restos de Teseo a principios do século V a.C.

Este templo dórico é de 8x13. Consta dun pronaos, unha cela e un opistodomos.
Presentaba un conxunto escultórico moi importante:

 O friso que rodea o conxunto é xónico. Amósanse xigantomaquias e a loita de


Teseo contra as Palántidas no pronaos e as vodas de Piritoo no opistodomos.
 Os frontóns presentarían o nacemento de Erictonio –leste-, rei mítico de Atenas,
e a Heracles perante Tetis –oeste-.

Nas métopas presentábanse os doce traballos de Heracles ou fazañas de Teseo.

82
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

-OBRA 6: MONUMENTO ÁS NEREIDAS (410-400 a.C.):

É un edificio sepulcral, descuberto na


antiga cidade de Xantos, na actual Turquía.
Hoxe atópase completamente reconstruído
no British Museum. Albergou o sepulcro
dalgún príncipe licio na súa cela.

Asentábase sobre unha gran base


cuadrangular, decorada con dous rexistros
de relevos –nos que salientan as
amazonomaquias-. O pequeno templo é
períptero, de 4x6 columnas xónicas. Nos
intercolumnios estaban colocadas as Nereidas, cuxas bases eran
uns golfiños.

As Nereidas eran as cincuenta fillas de Nereo e Doris, unhas fermosas ninfas do


Mediterráneo que axudaban aos mariñeiros –por exemplo, aos argonautas-. Simbolizaban
o fermoso e amábel do mar. Algunhas delas eran Tetis (muller de Peleo e nai de Aquiles),
Galatea (amante de Acis e que namorou ao ciclope Polifemo) e Anfítrite (muller de
Poseidón).

A súa estrutura instaurou a tipoloxía de monumento sepulcral, que será adoptada, por
exemplo, no Mausoleo de Halicarnaso.

-OBRA 7: TEATRO DE DIONISOS (s. V a.C.):

Aos pés da Acrópole, foi o maior teatro da antiga Grecia, con


capacidade para 17000 espectadores. Atópase no recinto de
Dionisos, deus do viño e patrón do teatro.

Durante a celebración das Grandes Dionisias, o teatro


albergaba un concurso teatral, no que unha serie de autores
presentaban as súas obras, distribuídas en triloxías. Os custos destas representacións
eran sufragados polos coregos, que vían nestes certames
unha posibilidade de recoñecemento social. Arredor deste
concurso, todo un aparello de
procesións e celebracións formaba o
que era unha das semanas máis
importantes do calendario ateniense.

O teatro aproveitaba o desnivel. Tiña

83
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

64 gradas divididas en dous niveis. Os asentos dianteiros estaban realizados en


mármore e se reservaban para sacerdotes e outras personaxes ilustres.

-OBRA 7: ESTADIO DE DELFOS (s. V a.C.):

Este estadio era o escenario dos Xogos Píticos, instituídos para conmemorar a vitoria
de Apolo sobre a serpe Pitón. Celebrábanse cada catro anos. A historia conta que Pitón,
a gran serpe, filla de Xea, naceu do barro logo do gran diluvio. Vivía nunha gruta próxima
ao Monte Parnaso, e alí
custodiaba o oráculo. O deus
matou á serpe e reclamou o
oráculo para si, sendo coñecido
dende entón coma Apolo Pitio.

Ten unha capacidade para 6500


espectadores.

-OBRA 7: THOLOS DE DELFOS (380-360 a.C.):

 Arquitecto: Teodoro de Focea.

Incluído no santuario de Atenea Pronaia,


a uns 800 m do conxunto monumental de
Delfos, posúe 20 columnas dóricas
exteriores e 10 columnas
corintias no seu interior. Tres
desas columnas foron
restauradas. O delicado equino
que presentan as columnas
exteriores anuncian a evolución que se vai dar ao longo do

século.

-OBRA 8: TEMPLO DE APOLO EN DELFOS (s. IV a.C.):

Erixido a principios do século IV a.C., era un templo dórico


períptero. Foi erguido sobre un templo anterior do século VI
a.C., o Templo dos Alcmeónidas, en tributo á familia ateniense
que o costeou. Este primeiro templo foi destruído no 373 a.C.

Na reconstrución mantívose as dimensións de 6x15m orixinais.


As esculturas do frontón están atribuídas a Praxias e
Andróstenes.

84
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

O áditon é a estancia máis salientábel deste templo, o


centro do oráculo de Delfos e onde se atopaba o asento
da Pitia. Pola súa situación, o de Delfos era o oráculo máis
frecuentado polos gregos, que acudían a el nunha
peregrinación na procura de respostas. Ao chegar alí, o
peregrino debía purificarse na fonte de Castalia e
sacrificar a un animal. Despois de pagar un prezo simbólico
para gardar a súa quenda, o viaxeiro efectuaba do xeito
máis correcto e no momento do mes máis axeitado a súa
pregunta. Da boa realización da consulta dependía o éxito
ou o fracaso. A Pitia entraba en éxtase e comezaba a
lanzar berros extáticos, os cales eran interpretados por
un sacerdote. Por último, ofrecíanse uns exvotos en sinal
de agradecemento.

ÉPOCA HELENÍSTICA.

-OBRA 1: STOA DE PRIENE (ca. 160-150 a.C.):

Situada na
ágora de
Priene –
conectada a
ela por seis
chanzos-, é unha stoa dun só andar. O
exterior é puramente dórico, mentres que
as columnas do interior, que sustentan o
teitume a dúas augas, son xónicas.
Sorprende nestas últimas que a parte
inferior do fuste non estea estriada.

Na súa parte
norte ábrense
15 tendas e a
entrada ao
Bouleuterion
da cidade.

85
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

-OBRA 2: BOULEUTERION DE PRIENE (ca. 200 a.C.):

De planta case cadrada, o Bouleuterion


aínda contén algunhas das fileiras de
asentos que ocupaba a boulé-, así coma as
escaleiras diagonais de subida á ‘orquestra’.
No medio do conxunto eríxese un altar
de mármore. O teitume perdeuse.

O seu acceso, pola parte sur, facíase a


través da stoa.

-OBRA 3: TEATRO DE PRIENE (s. III a.C.):

Este teatro, escavado na ladeira


norte da cidade, substituíu a
forma circular clásica dos
teatros gregos por unha con
forma de ferradura. A razón
deste cambio foi o ensanche do
escenario, que comezou a
avanzar sobre a orquestra, xa
que era [o escenario] o lugar
máis empregado polos actores. Polo tanto, a forma circular da orquestra víase ameazada
por un escenario que lle comía terreo.

O teatro tiña capacidade para 5000 espectadores. Non só era empregado para
representacións teatrais, senón que tamén se levaban a cabo asembleas do pobo.

86
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

Escultura.
ÉPOCA ARCAICA.

-OBRA 1: KUROI DE SUNION (610-590 a.C):

 Artista: Atribuído a Polymedes

Os primeiros kouroi son esculpidos nas illas,


pois exemplares moi antigos proceden de
Delos, Naxos e Samos. Cara a finais do século
VII e comezos do VI, a Atica e o Peloponeso producen obras tan
representativas do alto arcaísmo como o Kouroi de Sounion, o do Kuros
de Nova Iorque e a parella Cleobis e Bitón do Museo de Delfos, obras
dos anos 610-590. A pesar da afinidade esencial na interpretación do
esquema tipolóxico, vese nelas o sinal das respectivas escolas; así, por
exemplo, nos kouroi de Sounion e Nova Iorque o torso, os xeonllos, a cabeza e
o peiteado están moito máis próximos entre si que respecto de Cleobis e Bitón.
Estes kuroi atribúense ao escultor arxivo Polymedes e se caracterizan pola
rotundidade dos volumes e por unha corporeidade maciza.

-OBRA 2: MOSCÓFORO (ca. 570 a.C.):

Este mozo, que porta un tenreiro sobre os ombreiros, é un exvoto dedicado


por Rhombos, fillo de Pales, a Atenea, segundo consta na inscrición da base.
Procede dun obradoiro ático arcaico –atopouse na Acrópole de Atenas- e
tiña os ollos incrustados en pedras de cor, de onde se infire o carácter
custoso da obra.

A estreita cohesión entre a figura humana e a do animal


conséguese cun traballo unitario do mármore, no que salienta a
rotundidade dos volumes.

O característico sorriso arcaico faise máis que visíbel nesta


composición.

-OBRA 3: KUROS DE VOLOMANDRA (560-550 a.C.):

Esta figura é un bo exemplo da etapa media do arcaísmo. Varios trazos


anatómicos do corpo volvéronse máis naturalistas –sen romper coa rixidez
frontal da pose de andar-. Asemade, o mármore comeza a substituír á pedra

87
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

calcaria das anteriores composicións.

O seu nome vén do lugar da Ática onde foi descuberta, concretamente un


lugar de enterramento. Era, polo tanto, unha estatua funeraria, ao igual cós
demais kuroi.

-OBRA 4: KUROS DE MELOS (ca. 555-540 a.C.):

Esta figura é máis simple cás anteriores. Os seus músculos xa non son tan
acentuados. No tocante á faciana, cómpre salientar o feito de que comeza a
debuxar un sorriso.

-OBRA 5: APOLO STRANGFORD (ca. 500 – 490 a.C.):

Este kuros foi descuberto na illa de Anafi, nas Cícladas. Supón a


transición do período arcaico ao primeiro clasicismo, tamén
coñecido coma período severo. Recibe o seu nome do conde inglés
Lord Strangford.

Será, coma xa se dixo, o enlace entre dúas épocas. É por iso que vai
abandonando o hieratismo e a rixidez anteriores, amosando unha actitude
de andar –non se conservan as pernas enteiras-. Ademais, o rostro comeza
a adoptar seriedade, mentres que a cabeleira semella ser un casco pegado á
cabeza. As trenzas fan que o pelo pareza máis curto.

-OBRA 6: ESTELA DO CORREDOR (ca. 490 a.C.):

É, cronoloxicamente, o derradeiro paso do arcaísmo. Represéntase a


Filípides na Batalla de Maratón (490 a.C.). Estamos, polo tanto, en
plenas Guerras Médicas, isto é, a ponte de unión entre arcaísmo e
clasicismo.

Filípides era un hemerodromo ateniense, enviado a Esparta para pedir


axuda cando os persas desembarcaron en Maratón. Logo, segundo a
lenda, correu os 42 quilómetros que había dende o campo de batalla ata
Atenas, para anunciar que os gregos venceran aos persas na batalla:

-Nενικήκαμεν! (Nenikékamen, ‘Vencimos’)

Logo de transmitir a mensaxe, morreu, non de cansazo, senón polas feridas da batalla.

Esta imaxe transmite un dinamismo atípico no arcaísmo. O movemento das pernas, dos
brazos e da cabeza rompe con hieratismo dos kuroi. Ademais, o frontalismo só se ve
reflectida no torso, única parte do corpo que se representa de fronte.

88
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

-OBRA 7: ARTEMIS DE NIKANDRA (finais do VII a.C.):

Segue as formas compactas, as estruturas cúbicas e a gravidez nos volumes


propias dos primeiros tempos do arcaísmo. Ten, polo tanto, a mesma
concepción votiva cá Dama de Auxerre, sendo ambas dúas obras con forte
carga abstracta e resoltas nun vestido que marca o peito e as cadeiras e baixo
o que se amosan as puntas dos pés.

-OBRA 8: KORÉ DA ACRÓPOLE (520 a.C.):

Esta figura foi atopado, xunto con outros moitos korai e kuroi,
nun foxo ao oeste do Erecteion. Orixinalmente estaba á intemperie, en
torno á Acrópole e outros templos.

Leva unha quitón con moitos pregamentos e que se lle pega ás pernas. O
himatión está moi barroquizado.

-OBRA 9: KORÉ 675 (ca. 510 a.C.):

O dominio do mármore que chegaron a ter os escultores gregos a finais do


período arcaico dá lugar a unha especie de preciosismo, do que é boa
mostra esta Koré 675, procedente da Acrópole de Atenas. Coma ben se
observa ao contemplar de preto a superficie do mármore, punteiro e cicel –
os instrumentos máis empregados- son manexados con destreza e
sensibilidade inimitábeis, ata acadar a cota de calidade que a obra
testemuña.

-OBRA 10: NIKÉ DE DELOS (570-560 a.C.):

A inscrición da base desta niké indica que o seu escultor


foi Archermos. De acordo coas fontes antigas, el foi o
inventor deste tipo de figura, correndo e con ás. Os seus brazos e as
súas pernas parcialmente perdidas atopábanse en forma de xerra, unha
forma estilizada de ensinar figuras correndo, visto a miúdo nas
representacións da Medusa.

Foi atopada na illa cicládica de Delos. Puido estar apoiada nun piar ou
ser unha acrótera, xa que non é raro ver este tipo de figuras nos
tellados dos templos.

89
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

-OBRA 11: MÉTOPA DE PERSEO E MEDUSA NO TEMPLO C DE


SELINUNTE (s. V a.C.):

Nunha das métopas deste Templo C preséntase a Perseo


cortándolle a cabeza á Medusa con Atenea ao seu carón,
mentres Pegaso, o cabalo alado, nace do sangue da Medusa.

Outra métopa deste templo amosa a Heracles levando consigo


aos Cercopes, unhas criaturas monstruosas que atormentaban
a cidade de Éfeso.

ÉPOCA CLÁSICA.

PERÍODO SEVERO.

-OBRA 1: ASPASIA (primeira metade V a.C.):

Aspasia foi a famosa muller do político Pericles. Foi unha persoa


influente en política, ademais de ser mestra en retórica e unha
importante personaxe na vida cultural de Atenas. Algúns escritores
recoñecen que Aspasia puido ter dirixido un bordel.

Artisticamente, esta composición responde ao mesmo esquema de


seriedade e sobriedade da Hestia Guistiniani, da mesma época. A
faciana non amosa sentimentos e o seu vestido case non ten
pregamentos. A actitude cambiou no mundo ático.

-OBRA 2: AURIGA DE DELFOS (474 a.C.):

Probabelmente de Pitágoras de Rexio, esta composición


representa a un auriga, un condutor de carros. Formaba
parte dun grupo, do que se conservan restos, dedicado a
Apolo polo tirano Polyzalos de Xela (Sicilia) tras unha
vitoria nos Xogos do ano 474 a.C.

O mozo auriga amósase ergueito e en repouso, pero


denota tensión na expresión do rostro. A extrema
frontalidade está a desaparecer neste momento, grazas
a elementos que aumentan a tridimensionalidade –os pés en oblicuo, que
acentúa torsión lateral, así coma os pregamentos da túnica, cinguida na

90
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

cintura-. Créase un volume, pois, que racha co hieratismo.

Porén, o case nulo movemento desta figura é impropio do que


debería mostrar un auriga. A obra non é, polo tanto, realista ou
naturalista.

É, o resultado, a fundición de diferentes pezas soldadas


posteriormente; malia isto garda un intenso sentido unitario. Os
ollos son de pasta vítrea branca e foron incrustados na cunca
ocular.

-OBRA 3: ATENEA PENSATIVA (ca. 460 a.C.):

É un dos mellores e máis suxestivos relevos áticos desta época.


Atenea viste peplo, casco corintio e reflexiona abstraída ante unha
estela. Neste relevo vese o estilo típico de finais da primeira metade
do século V e un estadio artístico próximo ao da Atenea Prómacos de
Fidias, un orixinal de bronce do que só coñecemos imitacións.

A deusa da sabedoría, segundo afirman algunhas interpretacións,


está a ler apesarada unha estela conmemorativa da destrución de
Atenas durante as Guerras Médicas.

-OBRA 4: GUERREIROS DE RIACE (460-430 a.C.):

Son un grupo de bronce formado por homes e posición frontal e nunha postura
semellante. Están feitas mediante a técnica da cera
perdida. Orixinalmente portaban escudo e lanza.

Foxen do hieratismo dos kuroi, ao descansar o seu


peso sobre a perna dereita e flexionar a esquerda.
Este ademán confírelles un maior dinamismo, coma se
fose o momento no que comezan a andar. Este
insinuado movemento reflíctese tamén na cabeza,
xiraba en dirección contraria á perna flexionada. O
rostro é moito máis expresivo e a musculatura é
detallada e poderosa.

Son semellantes, pero gardan diferenzas. O da


esquerda é un home máis novo e cheo de arrogancia,
mentres que o da dereita é unha persoa maior e
experimentada, que cecais levase casco. Na parte
posterior do home novo amósase unha lixeira inclinación das costas.

91
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

Estas esculturas, recuperadas en 1972, son obra dun mesmo obradoiro. Son, quizais,
parte dun grupo de Olimpia onde se presentarían aos heroes gregos que loitaron contra
Troia.

-OBRA 5: HÉRCULES E ATLAS (Métopa de Olimpia):

No Templo de Zeus Olímpico, é unha das doce métopas


que representan os doce traballos de Heracles (ou
Hércules). O tema representado é o roubo das mazás de
ouro do xardín das Hespérides, preto do lugar onde Atlas
suxeitaba o peso dos ceos. Heracles proponlle suxeitar el
os ceos se Atlas rouba as mazás do xardín.

A escena é o momento no que Atlas


volve coas mazás, mentres Heracles
suxeita os ceos, representados na parte
superior do relevo. Detrás súa está Atenea, recoñecíbel pola súa lanza,
que lle axuda coa carga.

-OBRA 6: APOLO CHOISEUL (460-450 a.C.):

Esta escultura núa dun mozo, quizais o deus Apolo ou un atleta


vitorioso, é unha copia romana do século I d.C. A escultura en mármore
reflicte algúns trazos característicos do bronce orixinal, coma o
detalle dos guechos do pelo, onde estarían fondamente
individualizados. O tronco é un engadido romano.

ALTO CLASICISMO.

-OBRA 1: ATLETA WESTMACOTT (440 a.C.):

Segue o canon de Polícleto, así coma o seu famoso


contraposto. O seu nome vén de Sir Richard
Westmacott, escultor inglés de finais do XVIII.

-OBRA 2: NIKÉ DESATÁNDOSE A SANDALIA (415-410


a.C.):

Relevo en lousa procedente da balaustrada do Templo de Atenea Niké.


Formaba parte dun aparello escultórico que cubría tres lados do templo.
Amósase a Niké quitando as sandalias denantes de entrar no templo.

92
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

Estes belos relevos relaciónanse co círculo artístico ou co obradoiro de Calímaco. Esta


escena pon claramente de manifesto a incidencia da pintura no relevo. O tratamento dos
panos denota a evolución do estilo do Partenón a través das Cariátides do Erecteion.

-OBRA 3: MÉNADE (410-400 a.C.):

Avanza o que vai ser o novo século. Esta e un grupo de


composicións semellantes están atribuídas a Calímaco. En clara
influencia polo gran Fidias, o inventor do chapitel corintio
[Calímaco] empregou con mestría a técnica dos panos mollados,
que nesta composición chega ás súas derradeiras consecuencias.
É case un espido.

Realizáronse no contexto do auxe da traxedia en Atenas, sendo


estes motivos de bacantes os máis acertados para a decoración
lo lugar. Trátase honrar a memoria dalgún vencedor dos
concursos dramáticos, cuxa obra tivo un éxito perdurábel.

As ménades eran amas de cría lendarias de Dionisos, as cales o


protexeron na súa infancia e se converteron nas súas
seguidores. Porén, o culto dionisíaco supuña a conversión en ménades ou bacantes
daquelas mulleres que, présas da éxtase báquica, danzaban ata a extenuación nas festas
do deus, axitaban os seus tirsos, vestían a ‘nebris’ ou pel de cervato e esnaquizaban
animais, alimentándose coa súa carne crúa.

-OBRA 4: MÉTOPAS DO PARTENÓN. CENTAUROMAQUIAS (segunda metade s. V a.C.):

Os centauros, convidados ás vodas de Piritoo, volvéronse tolos


ao probar viño, tentando violar ás mulleres dos lápitas e mesmo
á propia noiva, Hipodamía. Desencadeouse unha sanguenta loita,
que gañarían os lápitas –con todo, non se representa ningún
centauro morto-. O que sempre vén representan unha
centauromaquia é a dobre
personalidade do ser humano, a
razón –representada polos gregos-
e as paixóns brutais e o instinto
dos non civilizados –simbolizados nos centauros.

Os lápitas figuran espidos (aínda que algúns visten unha


clámide) e empregan escudos circulares, téndose perdido as

93
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

espadas que deberon empregar. Pola súa parte, os centauros levan peles de animal para
amosar a súa natureza.

Tradicionalmente atribuíanse estas métopas da Fidias, aínda que non se pode falar de
unidade de estilo, polo que se deberían á man de diversos artistas do obradoiro de
Fidias.

Os rostros dos centauros son mostrados coma humanos, no sentido que non pode
atribuíselles unha especial ferocidade. Semella que o autor quixese dicir que o racional e
o irracional forman parte intrínseca da natureza humana, e por iso se tratou a estes
salvaxes con certa humanidade.

Na primeira delas (a da esquerda), o centauro golpea a cabeza do lápita, axeonllado, que


resposta con golpe nas costelas do semianimal. É unha escena moi dramática, allea ao
clasicismo pleno, onde non se sabe quén é o gañador. Na outra métopa
(dereita), da cal se perderon as cabezas, as figuras case non se tocan,
aínda que a escena se fai moito máis teatral coas extremas posturas das
personaxes ou o voo e os pregamentos da vestimenta do lápita.

-OBRA 5: EFEBO DE DRESDE (finais V a.C.):

Este mármore, do século I d.C., sería unha copia dun orixinal da Escola de
Policleto. A pegada do mestre do V a.C. amósase no contraposto e no
canon empregado, así coma a lixeira inclinación do corpo e da cabeza.

POSTCLASICIMO.

-OBRA 1: APOLO SAURÓCTONO (PRINCIPIOS IV):

Representa a vitoria de Apolo sobre a serpe Pitón. O seu


corpo desprázase cara a un lado, adoptado unha sensual e
sinousa inclinación coñecida coma ‘curva praxiteliana’.
Este recurso axuda ao escultor a conseguir unha actitude
máis humana para a deidade.

-OBRA 2: EFEBO DE MARATÓN (325-300 a.C.):

Podería ser unha representación dun Hermes novo, aínda


que non posúe ningún atributo da divindade. A súa suave musculatura
e o esaxerado contraposto dan boa conta da clara influencia de
Praxiteles.

O balanceo das cadeiras é moi pronunciada, así coma a inclinación,


cara á esquerda, da cabeza, que se atopa ensimesmada. Non se coñece con exactitude a

94
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

interpretación que pode ter esa pose, non moi diferente á dos atletas vertedores de
aceite.

-OBRA 3: ESTELA DO CAZADOR (380 a.C.):

Dúas figuras. A espida, inquieta e prestando atención a outra cousa. O


vestido, coa man na boca en sinal de reflexión.

-OBRA 4: ARES LUDOVISI (320 a.C.):

 Autor: Lisipo.

Na súa procura da beleza baseada no equilibrio e na


proporción, Lisipo dotou ás súas composicións de
esvelteza, condicionada pola redución do tamaño da cabeza e o
aumento da lonxitude das persas. Pero a característica máis
salientábel de Lisipo foi outorgar ás súas obras múltiples puntos de
vista, podéndolles dar a volta.

O deus marca os atributos que se lle atribúen. Preséntase espido,


sostendo unha perna coas mans, impaciente e inquedo. Ás súas
pernas, un Eros xoga, o que lle impide saír a loitar. E é que se trata dunha
representación do sanguinario guerreiro observando ou pensando ensimesmado, quizais,
en Afrodita –de aí o Eros-.

A cara é profunda, aínda que expresiva e móbil. Este realismo é xa


próximo ao helenismo, á exaltación das paixóns. A inquietude contraponse
á súa actitude relaxada, espertando serenidade.

-OBRA 5: CABEZA DE GUERREIRO DO TEMPLO DE TEXEA (mediados IV a.C.):

Scopas foi o arquitecto principal Templo de Atenea Alea en Texea. Esta é


unha cabeza situada no frontón, quizais representando a Heracles –leva
un gorro de león-. As profundas cavidades dos
ollos fan que a luz xogue un papel determinante. A
súa boca é un elemento que reforza a súa anatomía facial. Por
último, o xiro da cabeza contribúe á súa expresividade.

-OBRA 6: HERMES SEDENTE (IV a.C.):

As proporcións e o xiro sutil do corpo están na tradición


escultórica de Lisipo. É Hermes, coma amosan as ás dos pés.

95
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

Cidades e santuarios.
Atenas (Acrópole):

Delfos:

96
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

Olimpia:

Mileto:

97
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

Priene:

Pérgamo:

98
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

Kos:

Lindos:

99
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

Poseidonia:

Selinunte:

100
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

MAPAS

101
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

102
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

103
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

VOCABULARIO:
 Acanaladura: Estría vertical no fuste dunha columna ou pilastra. É un motivo
decorativo.
 Acroterio: Ornamento que remata os vértices do frontón.
 Ágora: Praza pública situada no centro das cidades da Antiga Grecia. Rodeada
normalmente de edificios con portais, era o sitio de reunión e de comercio.
 Alintelada: Arquitectura cuberta por un elemento horizontal ou lintel.
 Amazonomaquia: Na mitoloxía grega, loita das amazonas contra os gregos ou ben
contra outros pobos ou heroes.
 Anfipróstilo: Templo que posúe un pórtico con columnas en cada unha das súas
fachadas menores.
 Antis (In): Templos cuxo pronaos ou pórtico de entrada está formado por dúas antas
ou pilastras e dúas columnas.
 Antropomorfo: De forma humana.
 Arquitrabada: Arquitectura cuberta por un elemento horizontal, chamado arquitrabe
ou lintel.
 Basa: Parte inferior dunha columna sobre a que se asenta o fuste.
 Canon: Conxunto de regras que regulan as proporcións da escultura ou da arquitectura,
de acordo cun modelo ideal establecido. O canon permite establecer a harmonía entre
cada unha das partes dunha obra e a súa totalidade a partir dunha determinada
extensión (módulo, cabeza, etc.). É propio do período clásico.
 Cávea: Bancada en forma de hemiciclo, propia dos teatros gregos e romanos.
 Cela: Sala central dun templo clásico onde se atopaba a imaxe do deus, pechada polos
lados cunha única entrada, o pronaos. Tamén se lle denomina naos ou sancta sanctorum.
 Centauromaquia: Na mitoloxía grega, loita entre os centauros e os lápitas, homes da
cidade de Tesalia.
 Cera perdida:Procedemento para obter esculturas de metal mediante un molde de
cera. O molde de cera cóbrese dun material brando que solidifica. Unha vez metido no
forno, a cera derrétese e sae por uns orificios para este fin. No seu lugar inxéctase
metal fundido, que adopta a forma exacta do molde.
 Chapitel: Parte superior dunha columna, piar ou pilastra sobre a cal se asenta a
arquitrabe. A súa forma e ornamento determinan as distintas ordes da arquitectura
clásica grega na que poden ser: dóricos, xónicos ou corintios. Está composto por un
colariño, un equino e un ábaco.
 Ciclópea: Construción feita con grandes pedras sen argamasa coma elemento de unión.
 Cimacio: Parte superior dunha cornixa. Peza que remata os chapiteis xónico e corintio.
 Colariño: Moldura en chanzos que rodea a parte inferior do chapitel dórico, baixo o
equino. Sobre o colariño colócase o ábaco.

104
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

 Columna: Elemento vertical exento, de sección cilíndrica, que serve para sustentar.
Está composta por basa, fuste e chapitel.
 Columna acanalada: Aquela que ten estrías ou acanaladuras en toda a súa lonxitude.
 Contraposto (ou contrapposto): Forma de dispoñer o corpo humano nunha escultura e
que consiste en equilibrar a masa corporal arredor dun eixe vertical, para evitar a
simetría e a lei da frontalidade. É típico da escultura grega do século IV a.C., sendo
usado por Praxiteles e, posteriormente, polos manieristas no século XVI.
 Corexía: Forma de liturxia que consistía no financiamento, por parte de cidadáns ricos,
dos custosos coros que actuaban nos certames líricos ou dramáticos das grandes
festas das Panateneas, as Terxelias, as Leneas e as Dionisias. Polo tanto, a Lanterna
de Lisícrates, que acollía o premio dun destes certames, é un monumento coréxico, xa
que foi dita persoa, Lisícrates, quen exerceu de corego nesas festas de Dioniso.
 Corintia: Unha das tres ordes arquitectónicas da Grecia clásica, caracterizada polas
columnas con chapiteis decorados con follas de acanto en voluta.
 Cornixa: Parte superior do entablamento que se encontra sobre o friso e sobresae un
pouco.
 Decástilo: Edificio que na súa fachada ten dez columnas.
 Dédalo: Arquitecto, artesán inventivo e cheo de talento, fabricaba os útiles máis
diversos, coma a hacha, a regra ou o fío de chumbo. Baixo as ordes do rei Minos de
Creta, construíu o labirinto do minotauro.
 Díptero: Edificio rodeado con dúas ringleiras de columnas.
 Dístilo: Edificio que ten dúas columnas na súa fachada.
 Dodecástilo: Edificio que na súa fachada ten doce columnas.
 Dórica: Unha das tres ordes arquitectónicas da Grecia clásica, caracterizada polas
columnas con chapiteis sinxelos e lisos. O fuste é acanalado, de sección horizontal, con
arestas de cantos vivos.
 Entablamento: Parte superior que remata un edificio clásico. Componse de arquitrabe,
friso e cornixa.
 Éntase: Engrosamento que presentan algunhas columnas no centro do fuste.
 Equino: Moldura de superficie convexa, máis ancha e curvada na parte superior, e case
recta e inclinada na parte inferior, situada debaixo do ábaco do chapitel dórico.
 Escena: Espazo onde se desenvolve a acción representada cos obxectos ou personaxes
que o integra. Tamén pode definir á acción mesma.
 Estereóbata: Conxunto de chanzos nos que se apoia a columna de estilo dórico e tamén
zócolo ou pedestal sobre o que se apoia o conxunto dun edificio.
 Friso: Parte media do entablamento, situado entre a arquitrabe e a cornixa. Coñécese
tamén co nome de zoóforo cando se decora con seres animados. Utilízase,
especialmente, na orde xónica.
 Frontón: Remate triangular dunha fachada ou pórtico sobre portadas ou ventás.

105
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

 Fuste: Tronco da columna comprendido entre a basa e o chapitel.


 Helénico: Grego.
 Helenización: Adopción de modelos gregos.
 Hexástilo: Edificio que na súa fachada ten seis columnas.
 Hípetra (sala): Gran recinto sen teitume e cunha gran fileira de columnas.
 Hipodámico: Tipo de organización urbanística dunha cidade mediante unha retícula de
rúas entrecruzadas en ángulo recto, formando mazás rectangulares do mesmo tamaño.
O seu nome provén de Hipodamo de Mileto, arquitecto e urbanista grego, que o utilizou
por primeira vez na cidade de Mileto.
 Hipóstila (sala): Estancia cuxo teito se sostén mediante columnas.
 Koré/ai: Escultura feminina da época arcaica da arte grega. Sempre aparecen
vestidas, de maneira hierática, de pé, en posición frontal e en actitude de
ofrecemento ou oración á divindade.
 Kuros/oi: Escultura masculina da época arcaica grega. Representan aos vencedores dos
xogos olímpicos ou a soldados mortos e están espidos, de pé, hieráticos e en posición
frontal.
 Lanterna: Pequena torre poligonal, cadrada ou circular, máis alta ca ancha, con ventás
laterais, que serve coma remate das cúpulas para permitir a iluminación natural do
interior.
 Lintel: Pedra ou viga horizontal que se coloca sobre unha porta ou ventá.
 Métopa: Espazo xeralmente cadrado e liso que aparece no friso do entablamento
dórico entre dous tríglifos. Ás veces estás esculpidas.
 Módulo: Unidade de medida en calquera obra de arte que relaciona as partes co todo.
 Mosaico: Técnica artística de decoración formada a partir da xustaposición, sobre un
fondo de cemento, de pequenas pezas ou teselas de pedra, vidro ou cerámica de cores
para formar ornamentos e debuxos. Distínguense o opus tesselatum, creado a partir
de pequenas pezas cúbicas de diferentes cores chamadas teselas; opus verniculatum,
creado a partir de teselas moi pequenas e que servía para debuxar os contornos das
figuras; opus sectile, composto de grandes pezas de mármore de cores diferentes.
 Moscóforo: Mozo que leva un xato no lombo, herdado pola iconografía cristiá.
 Naos: Sala central dun templo clásico, onde se atopaba a imaxe do deus. Estaba
pechada polos lados e tiña unha soa entrada. Tamén se lle denomina cela.
 Nave: Espazo interior dun edificio, delimitado por muros, piares ou columnas.
 Octástilo: Edificio que na súa fachada ten oito columnas.
 Opistodomos: Parte posterior dun templo grego da Antigüidade sen comunicación coa
naos ou cela. Nel gardábase o tesouro da divindade ou do templo.
 Orde: Criterio de disposición dos elementos arquitectónicos, coma as columnas ou os
chapiteis, das proporcións e dos elementos decorativos propios de cada estilo de
construción. Por exemplo, a orde corintia defínese polo uso de chapiteis con follas de

106
Historia da Arte Grega
(Módulo: Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal).

acanto. Ademais, esta orde depende da idea de equilibrio e harmonía das formas,
característica principal da cultura grega.
 Orquestra: Área circular dun teatro grego da Antigüidade onde o coro e os actores,
nunca máis de tres á vez, cantaban e dialogaban.
 Palestra: Espazo xunto ao ximnasio grego ou romano no que se practicaban os
exercicios de loita. Documentado desde o século IV a.C., en Grecia toma a forma de
patio rectangular.
 Panos mollados: Técnica da escultura grega antiga pola cal se insinúa a anatomía do
corpo, representado coma se acabase de saír do baño-
 Pasta vítrea: Pasta de cristal empregada na escultura da Antigüidade para realizar o
iris e a pupila dalgunhas figuras.
 Períptero: Edificio rodeado completamente por columnas.
 Perpiaño: Pedra cortada, de cantos vivos, en forma de prisma rectangular de seis
caras, utilizada na construción de piares, muros, etc.
 Pilastra: Piar pegado ao muro con chapitel segundo as ordes clásicas.
 Policromía: Aplicación de cores en xeral. Na representación pictórica, aquela realizada
con máis de tres cores.
 Polícromo: De varias cores.
 Pronaos: Entrada ou pórtico dun templo grego da Antigüidade que precede á naos ou
cela.
 Proscenio: Estrado elevado dos teatros gregos da Antigüidade, equivalente ao noso
escenario. Lugar onde se desenvolvía a acción.
 Próstilo: Edificio con columnas na súa fachada anterior.
 Pseudodípterio: Edificio ou templo que parece estar rodeado por unha dobre
columnata aínda que só posúa unha ringleira de columnas.
 Pseudoperíptero: Templo clásico grego cuxas columnas están pegadas ás fachadas
laterais.
 Scene: Parte oposta á cávea nun teatro da Antigüidade clásica, onde os actores
realizaban inicialmente as representacións. Posteriormente engadiuse un estrado
denominado proscenio.
 Sillaría: Conxunto de perpiaños.
 Estoa: Pórtico con columnas propio da arte grega.
 Tetrástilo: Edificio que na súa fachada ten catro columnas.
 Tholos: Edificio de forma circular de orixe prehistórica. Aparece tamén na antiga
Grecia destinado ao culto relixioso ou funerario.
 Tímpano: Parte interior dun frontón onde, xeralmente, se colocan esculturas ou
relevos.
 Tríglifo: Rectángulo que sobresae, sucado por tres molduras lineais, e que decora o
friso do entablamento dórico. Alternábase coas métopas.

107
Santiago Rodríguez Caramés.
Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Xeografía e Historia - Grao en Historia da Arte.

 Xigantomaquia: Loita entre os xigantes e os deuses gregos do Olimpo.


 Xóana: Escultura en madeira corresponde ao período grego arcaico. A súa forma
cilíndrica procede do tronco dunha árbore do que se cortaban nun principio. Segundo
os especialistas, puideron estar revestidas cunha prancha metálica, coma o ouro, ou
con marfil.
 Xónica: Unha das tres ordes arquitectónicas da Grecia clásica. O seu trazo máis
representativo son as volutas que decoran o chapitel.

108

You might also like