You are on page 1of 23

Por Fernando PERElRA GONZÁLEZ

Departamento de Historia I
Facultade de Xeografía e Historia
Universidade de Santiago de Compostela

Abstract: This paper presents an analysis about the relationships between theories of pri-
mitive humankind developed since Clacsical Antiquity and those ideas about
prehistory held by two writers in nineteenth century Galicia: Benito Vicetto and
Leandro Saralegui y Medina. Moreover is argued that al1 of them can be consi-
dered as an lmagined Prehistory
Keywords: Primitive Humankind, lmaginedPrehistoory,Primitivism, anti-Primitivism.

A PREHISTORIA IMAXINARIA DOS GREGOS E AS SÚAS DERIVACIÓNS

Hoxe en día estamos afeitos a falar da humanidade primitiva en termos pura-


mente arqueolóxicos. Dende meiados do século pasado cando se recofieceu nos
círculos científicos occidentais a grande antigüidade da humanidade e se senta-
ron as bases da arqueoloxía prehistórica deuse por sentado que a arqueoloxía
-en combinación coa xeoloxía, a edafoloxía, a paleontoloxía e a paleobotánica,
entre outras ciencias auxiliares- era a única disciplina que nos podía fornecer
de información, minimamente segura, sobre os primeiros pasos da humanidade,
sobre a súa prehistoria. Atrás quedaran os mitos sobre a orixe da humanidade
-Adán e Eva, Noé e o Diluvio, a Torre de Babel- que ata o século XIX foran a
<<versiónoficial>>das nosas orixes. A arqueoloxía prehistórica presentarase en
adiante como unha ciencia obxectiva que, apoiándose unicamente nos restos
rnateriais do pasado relacionados coa actividade humana, era quen de artella-lo
único relato <werídico,) verbo da orixe e dos primeiros tempos da humanidade,
sempre recoñecendo as limitacións propias do método e da interpretación arque-
olóxicas.
Sexa como for, nas historias da arqueoloxía víñase recoñecendo máis ou
menos implicitamente que a reflexión sobre a humanidade primitiva encetada
pola arqueoloxía e a antropoloxía decimononicas desenvolvérase dentro dunha
especie de ebaldeiro conceptual>>-pois na construcción dunha nova concep-
ción sobre as orixes da humanidade só se tiveran en conta os datos empíricos
<<puros%-sobre o que non influíran ideas pre-concibidas (Stoczkowski, 1994).
Pero os humanos non tivemos que agardar ata a (<postaen funciona mento^^
da arqueoloxía prehistórica, e nin sequera ata emprega-los restos arqueolóxicos
co anceio de obtermos informacións históricas, para artellarmos relatos que nos
explicasen as nosas orixes. Os centos de ((mitos de orixe>>de tódalas culturas
que falan da aparición dos seres humanos, dos comezos da vida en sociedade
ou das invencións de novas técnicas ou costurnes -mitos entre os que se inclúe
a narración da Xénese- son boa mostra disto.
Neste sentido a antiga Grecia aparece como un caso particular, xa que alí se
desenvolveron un conxunto de teorías acerca da hurnanidade primitiva que se
ben afundían as súas raíces en narracións míticas verbo da orixe da humanida-
de e da cultura, esas rnesmas teorías, mediante un proceso de <<racionalización~>
máis ou menos manifesto, fóronse afastando dos seus prototipos mitolóxicos ata
acadaren unha significación de seu, aínda que nalguns casos os vencellos con
estes seguiron a ser bastante claros. Pero o certo é que en rnoitas ocasións esas
teorías aparecían nidiamente diferenciadas a respecto dos mitos de orixe, e
incluso eran conscentemente opostas a eles.
O que é importante salientar aquí é que esas teorías sobre a hurnanidade pri-
mitiva que crearon os gregos, e que despois adoptaron os romanos, eran m e r a -
mente), un producto da súa reflexión e da súa imaxinación acerca da propia
humanidade, e en concreto acerca da sua aparición na Terra e da súa historia
máis antiga; teorías que en boa parte eran debedoras da mitoloxía e que non
tiñan ningunha relación coa información empírica, nin con nada que se parecese
á moderna arqueoloxíal. Por este motivo é polo que se pode afirmar que nelas
aparece o que se podería denominar unha(s) Prehistoria(s) Irnaxinaria(s).
As ideas sobre a orixe da humanidade e da cultura que artellaron gregos e
romanos adoitan dividirse en tres tipos2.O primeiro abranxe as relacionadas co
mito da ldade de Ouro ou o Reino de Cronos/Saturno, que falan dunha prirneira
humanidade que vivía feliz, sen traballos, sen enfermidades, sen mágoas e sen
guerras, no medio dunha natureza amigable que producía de seu todo aquilo que
os humanos precisaban; pero esta situación ideal chegará ó seu fin, xeralrnente
por causas atribuidas ós propios humanos (cobiza, guerras....), e a humanidade
empezara a verse aflixida por todo tipo de males. Implica, xa que logo, unha con-
cepción dexeneracionista da historia humana. As variantes desta historia son
numerosas: o mito hesiódico das Razas de Ouro, Prata, Bronce e Ferro foi
desenvolvido posteriormente por autores como Arato, Virxilio e Ovidio, e incluso
foi <<desrnitificado,,polo peripatético Dicearco. Segundo a terminoloxía estableci-
da polos historiadores A. Lovejoy e G. Boas este tipo de relatos pertencen ó cha-

l Se ben é certo que o termo <~arqueoloxía~~ apareceu por primeira vez na antiga Grecia -o diá-
logo de Platón Hippias maior é a primeira mención coñecida- o seu significado era moi diferente do
que posúe hoxe. No Hippias maior a ccarqueoloxia~~ definíase como o estudio das xenealoxías dos
humanos e dos heroes, da orixe das cidades e a confección de listados de maxistrados. Na época
helenistica e no período romano -en Roma pasou a denominarse ((antiquitates))- <<arqueoloxía),
era sinónimo de <(historiaarcaica,) ou de historia dunha cidade ou dunha nación dende as súas ori-
xes. Con todo, esta <<arqueoloxía)) ou <(antiquitates))implicaba a miúdo o emprego de textos, de epi-
grafes, e, incluso, de restos arqueolóxicos. Sobre isto véxase Momigliano (1979 e 1993).
Acerca das ideas sobre a orixe da humanidade e da civilización na Antigüidade clásica véxan-
se: Lovejoy e Boas (1935), Guthrie (1957), Cole (1967) e Blundell (1986).
mado primitivismo cronolóxico, tendencia do pencamento que sitúa nunha época
pasada, a miúdo os inicios da humanidade, o estado ideal ou mais feliz da
mesma.
O segundo grupo de teorías, as anti-primitivistas, opófiense as primeiras: non
sitúan o mellor estado da humanidade nos seus comezos, senón nun presente
onde a vida é cómoda e doada gracias a unha cultura desenvovida, ou ben no
futuro, do que se agardan novas melloras. Os primeiros tempos, a prehistoria,
imaxínanse, pola contra, como unha época na cal as persoas vivían case como
animais, miserablemente, sen desfrutar de ningunha das vantaxes da civilización
(lume, vestidos, cidades, agricultura, tecnoloxía...), as cales só se iran acadando
paseniño, a través dun complexo proceso de mellora que combinaba casualida-
de, necesidade, experiencia e observación da natureza e o emprego daquelas
características que sobranceaban ós humanos por riba do resto dos animais
(postura ergueita, uso das mans, faia e razón). Moi a miúdo esas descubeutas
imaxinábanse como invencións colectivas e anónimas, pero outras explicacións
anti-primitivistas preferían salienta-lo papel de determinados heroes culteirais ou
incluso de divindades á hora de dar conta do descubrimento daquelas artes e
técnicas que facían da vida dos humanos unha existencia mellor e rnáis civiliza-
da. En todo caso tódalas teorías anti-primitivictas salientaban o progreso da
humanidade e non a súa decadencia, como si facían aqueles relatos sobre a per-
dida ldade de Ouro. Lucrecio, Diodoro e Vitruvio foron os autores onde as ideas
progresionistas aplicadas á historia humana aparecían máis desenvolvidas, par-
tindo quizais das teorías de Demócrito (Cole, 1967).
Por último están as teorías que implican o denominado primitivismo duro: o
recoñecemento de que nos primeiros tempos a humanidade levaba unha exis-
tencia dura e ruda, sen cultura nin refinamentos e con escasos medios; unha vida
non exenta de traballos como a da ldade de Quro, pero que aínda así, precisa-
mente gracias á súa sinxeleza, era a mellor das vidas posibles. Polo tanto era
necesario voltar a ela de novo, e ademais isto era posible, pois só había que
abandona-la cultura escravizadora e deformadora da verdadeira etesencia)9 dos
humanos e regresar ó (testado de naturezaw (en contraposición á idea dunha
ldade de Ouro xa perdida para sempre). Os Cinicos, que o empregaban como
xustificación do seu modo de vida, foron os principais valedores deste primitivis-
mo duro. De feito elec propugnaban como ideal de vida unha verdadeira ((volta
á prehistoria)>,ese .estado de natureza;.>,rexeitando tódalas .<maldiciónc>> da
civilización.
Estas teorías sobre a humanidade primitiva desenvolvidas por gregos e roma-
nos, eses tres modelos básicos de Prehistoria Imaxinaria, tiveron unha enorme
influencia no pensamento europeo durante os séculos posteriores. A través dos
primeiros escritores cristiáns, moitos deles impregnados de cultura clásica, incor-
poráronse á tradición cristiá medieval, frecuentemente mesturadas co relato
bíblico (Boas, 1948; Droge, 1989). A pesar de que foi o primitivismo cronolóxico
a tendencia que preveleceu a hora de concibi-la primeira humanidade -o mito
bíblico do Xardín do Edén perdido por mor do Pecado Orixinal, ás veces equipa-
rado ó da Idade de Ouro-, tamén é posible atopar actitudes anti-pfimitivistas e
de primitivismo duro entre os autores medievais (Boas, 1948). Polo tanto, e aínda
que algo modificadas polo cristianismo, mantivéronse vixentes as diferentes ver-
sións da Prehistoria Imaxinaria. O importante é sinalar esa continuidade da tra-
dición clásica no relativo ás ideas sobre a humanidade primitiva, continuidade
que non fixo máis que acentuarse a partir do Renacemento e o redescubrimen-
to de moitas obras gregas e romanas.
No século XVll l esa Prehistoria lmaxinaria na súa versión anti-primitivista
manifestouse a miúdo nos esquemas históricos dos filósofos da Ilustración
que pretendían sinala-lo Progreso da historia humana: agora interesaba facer
fincapé nos duros comezos dunha primeira humanidade que vivía nun estado
<tsalvaxe>>, loitando continuamente contra as feras e a Natureza sen outra
arma có seu inxenio, para así salienta-lo Progreso experimentado polos
humanos ó longo da historia. A historia da humanidade durante a Ilustración
seguía en moitos casos o modelo da Teoría dos Catro Estadios (que imaxina-
ba á humanidade pasando, sucesivamente, polos estadios de cazador, pastor
nómada, agricultor e comerciante), teoría que tiña o seu precursor máis inme-
diato no grego Dicearco, no século IV a.c. (Meek, 1981). O primeiro estadio,
o de cazador, coincidía ben coa situación dos primeiros humanos imaxinada
por Lucrecio ou Diodoro, e o desenvolvemento posterior suposto, presentado
en termos semellantes ó que máis tarde se coñecería como evolucionismo
unilineal, confirmaba que o Progreso era unha característica inevitable da
nosa historia.
Pesie a que no século XVlll a práctica e o pensamento arqueolóxicos xa aca-
daran un importante grao de perfeccionamento (Schnapp, 1993), a arqueoloxía,
choída entre a Biblia e as fontes clásicas, aínda tiña pouco que dicir sobre a
humanidade prehistórica, e a Prehistoria lmaxinaria dos gregos e romanos con-
servaba toda a súa vixencia (Stoczkowski, 1994).
servirá como modelo 6 evo-
A historia evolucionista dos filósofos <<ilustrados>>
lucionismo unilineal do século X1X -caracterizado entre outras cousas pola
crenza na grande antigüidade da humanidade, polo seu anti-primitivismo e pola
súa confianza no Progreso- aínda que será retocada e ampliada coas novas
ideas transformistas (evolucionismo biolóxico) e os novos datos fornecidos pola
recén establecida arqueoloxía prehistórica. De feito, este evolucionismo socio-
cultural decimonónico aparecía configurado por numerosas influencias -dende
o progresionismo da Ilustración e do positivismo francés, ata o utilitarismo inglés,
a tradición etnolóxica e a anatomía comparada- pero encadradas dentro dun
novo contexto establecido polo darwinismo e o recoñecemento da grande anti-
güidade da humanidade (Stocking, 1987).
O que interesa salientar agora é que malia que a partir de entón se recoñeza
que a práctica da arqueoloxía prehistórica (axudada tamén pola etnografía) era
o único que podía ofrecer datos sobre esa ampla prehistoria recén <<descuberta>>
ó atribuírlle ós humanos moitos miles de anos máis do que se lles concedía habi-
tualmente, serán as imaxes da Prehistoria lmaxinaria as que artellen a informa-
ción arqueolóxica e Ile dean un sentido, e as que continúen a moldea-lo pensa-
mento e as explicacións verbo da humanidade primitiva. É dicir, que en boa medi-
da a prehistoria decimonónica, malia a intervención da arqueoloxía, seguía a ser
eminentemente unha Prehistoria Imaxinaria.
O antropólogo Wiktor Stoczkowski ten amasado como 0s homes da
~lustracióne os prehistoriadores e antropólogos do século XIX seguiron a ve-las
primeiras épocas da humanidade como xa as imaxinaron gregos e romanos
(Stoczkowski, 1994). O imaxinario anti-primitivista artellado na Antigüidade, unha
vez reformulado no seu novo contexto, axeitábase perfectamente ó evolucionis-
mo sociocultural e á louvanza do Progreso tan característicos do XIX. E os ves-
tixios arqueolóxios, interpretados á luz dese imaxinario, non facían (non podían)
senón confirmar estas ideas.
Incluso hoxe en día, como demostra Stoczkowski, o máis frecuente é que se
continúe a concibi-la antropoxénese e os primeiros pasos da humanidade, tanto
nas obras científicas como nos libros de ensino e de divulgación, en termos desa
Prehistoria Imaxinaria, ás veces seguindo a versión anti-primitivista e outras o
modelo da ldade de Ouro3.A súa influencia no discurso arqueolóxico e antropo-
Ióxico, científico ou non, segue a ser poderosa.
Así, pódese dicir que ó longo de dous mil anos se repiten practicamente as
mesmas ideas e semellantes motivos, na rneirande parte dos casos sen base
empírica segura. Stoczkowski compara isto a un pozo de paredes invisibles que
impide ir máis aló das mesmas, pero que sen embargo pasa desapercibido por
todas aquelas persoas que sufren estas limitacións. Todo isto ten o efecto nega-
tivo de provocar unha escaseza de novos enfoques sobre o terna,
Dito isto a xeito de presentación, o propósito deste artigo é o de presentar
senllos exemplos de Prehistoria Imaxinaria en dous autores galegos do século
XIX: Benito Vicettó e Leandro Saralegui y Medina. A súa elección debeuse a que
neles se atopan algunhas das visións máis arnplas e máis características que
sobre a primitiva humanidade se presentaron na Galicia decimonónica (Pereira
González, 1996a).
Aínda que a producción literaria destes autores, os obxectivos, a metodolo-
xía, a mentalidade, os presupostos dos que parten e a imaxe da prehistoria que
presentan sexan moi diferentes, os dous coinciden sen embargo en que apare-
cen como debedores dunhas ideas sobre a humanidade primitiva que foron ptan-
texadas moitos séculos atrás e que se transmitiron dentro da cultura occidental
dende a Antigüidade clásica. Os dous pretendían tamen presenta-lo seu relato
como unha imaxe verídica dos primeiros tempos da humanidade, aínda que bus-
caban a súa validación de maneira diferente, diferencia que indicaba o contras-
te entre dúas metodoloxías (propias de épocas distintas, malia os dous autores
seren contemporáneos) e dúas mentalidades distintas.
Pero nestes dous exemplos o que pretendo que quede claro sobre todo é que

Non hai máis que lembra-la famosa teoría da (<primitivasociedade da abundancia,, do antro-
pólogo Marshall Sahlins: para este autor as sociedades de cazadores-recolleitores desfrutarían
dunha existencia relativamente doada e con abundante tempo de lecer gracias a que a súa vida se
guiaba pola máxima de .ter poucas necesidades,que se poidan satisfacer doadamente,, (e este é o
segredo dunha vida feliz, segundo os Cínicos). E un bo exemplo de primitivismo duro presente no
pensamento antropolóxico actual (cf. Sahlins, 1968 e 1983).
se trata de dúas Prehistorias Imaxinarias, resultado dun imaxinario herdado da
Antigüidade que será reformulado segundo o gusto e a ideoloxía da época e de
cada autor. E como se verá tarnén, son prehistorias que gardaban unha moral.

BENITO VICETTO: A VIDA RUDA E SlMPLE DOS PRIMEIROS «GALEGOS,>

A visión da prehistoria de Vicetto aparece representada na primeira parte do


primeiro volume da súa Historia de Galicia (1865), e ven expresada a través do
relato acerca do que para el eran os dous primeiros grupos de poboadores de
Galicia, ou, como el as denominaba, as razas ou nacionalidades Brigantina e
Céltiga, devanceiros da poboación galega actual.
A pesar de comezar a redacta-la súa obra en 1865, nunha época na que a
antropoloxía evolucionista e a arqueoloxia prehistórica, despois do recoñece-
mento <<oficial,)da grande antigüidade da humanidade en 1859, estaban a por en
tea de xuizo a cronoloxía curta tradicional e o relato bíblico sobre as orixes,
Vicetto encadraba a súa primitiva historia de Galicia na narracion da Xénese4:
segundo el, o primeiro poboamento de Galicia databa de pouco despois do ano
2.332 antes de Cristo, 84 anos despois do Diluvio Universal (Vicetto situaba a
creación da hurnanidade catro mil anos antes de Cristo), cando chegou á
Península Ibérica Túbal, neto de Noé e fillo de Xafet (a quen, segundo a tradi-
ción, despois do Diluvio se Ile concedera Europa para que a repoboase coa súa
descendencia). Os tres fillos de Túbal -Iber, Idúveda e Brigo- repartíronse
seguidamente o territorio peninsular e a Brigo tocoulle o Noroeste. Para Vicetto
neste intre é cando corneza a historia de Galicia.
Resulta evidente que todo isto non tiña nada que ver coa imaxe dos primei-
ros tempos da humanidade que se viña artellando por entón dende unha pers-
pectiva evolucionista e baseada, cando menos na teoría, na información arque-
olóxica. Neste sentido a de Vicetto apenas se pode denominar ((prehistoria>,,
polo menos dende ese punto de vista evolucionista, xa que o feito de segui-lo
relato bíblico e a cronoloxia curta implicaba practicamente a negación dunha
época prehistórica tal e como esta se viña entendendo (é dicir, unha época moi
afastada para a cal non existía ningún tipo de fonte escrita -de aí o recurrir á
arqueoloxía), pois esta submisión á Biblia implicaba que a historia da humanida-
de dende a súa recente creación estaba xa recollida no Libro da Xénese, e que
para tempos máis recentes víase completada cos textos clásicos. Evidentemente
dentro dunha perspectiva tal a arqueoloxía tiña ben pouco que dicir verbo da pri-
meira humanidade que non fose confirma-las Escrituras.
O rnesmo se pode dicir da primitiva historia de Galicia: para Vicetto parte dela
xa estaba escrita na Biblia (o Diluvio, Noé, Xafet e Túbal...) e a outra parte (o per-
sonaxe de Brigo, a vida dos primeiros galegos...) era herdeira dunha longa tradi-

Sobre o tema da humanidade primitiva na Galicia decimonónica e as opinións dos distintos


autores, entre eles Benito Vicetto, pódese consulta-lo meu traballo Contribución á historia da arque-
oloxía en Galicia: As opinións sobre a humanidade primitiva e a información arqueolóxica na Galicja
do século XIX. Tese de Licenciatura inédita. Universidade de Santiago de Compostela, 1996.
ción historiográfica que combinaba fontes diferentes (Biblia, textos clásicos, len-
das...).
Incluso o seu celtismo tiña pouco que ver co dos seus contemporáneos, como
Murguía ou Saralegui, xa que se estes recoñecían a pertenza dos Celtas á fami-
lia indoeuropea e situaban a súa orixe en Asia Central, como era frecuente facer
na lingüística e na antropoloxía da época, Vicetto non seguía as teorías indoeu-
ropeístas, pois el facía descender ós Celtas do propio Noé a través de Brigo (os
seus Celtas falaban hebreo e non unha lingua indoeuropea) e ademais convertí-
aos en orixinarios da propia Galicia.
Todo isto era combinado e reformulado pola imaxinación, e a ideoloxía, de
Vicetto que, en último termo, eran as principais responsables do resultado. Pero
a el, que tiña como obxectivo a creación dunha historia galega que espertase os
sentimentos patrióticos dos seus contemporáneos, non Ile parecía importar
demasiado non estar moi ó tanto das novas correntes de investigación ou se a
súa historia era mítica ou fantasiosa en exceso. A súa misión ((patriótica,, esta-
ba por riba doutras consideracións.
Malia estas matizacións, manterei, por certa comodidade terminolóxica, o
termo (<prehistoria,, cando me retira á imaxe que tiña Vicetto acerca da primeira
poboación de Galicia -as razas ou Brigantina (a descendencia de Brigo, o devan-
ceiro dos galegos) e Céltiga (a descendencia de Celt, neta de Brigo). A fin de
contas, esta época representaba o comezo da historia de Galicia e o das súas
razas aborixes e era anterior á chegada ó país dos pobos proviñentes do
Mediterráneo (fenicios, gregos, cartaxineses e romanos).
Cómo imaxinaba Vicetto a súa existencia é do que me ocuparei agora.
Como se comprobara, a súa prehistoria estaba construida en boa parte
segundo modelos xa establecidos polos autores clásicos e continuaba algunhas
das súas interpretacións acerca da sociedade primitiva, como se demostra pola
presencia no seu relato de motivos amplamente usados na Antigüidade para
describi-la humanidade primitiva. Era, pois, unha secuela das Prehistorias
Primitivas dos gregos5,aínda que o era tamén en boa medida da tradición bíbli-
ca.
Vicetto concibía a vida dos primeiros galegos como unha vida ruda, e ás
veces perigosa, e sen os medios e os refinamentos da vida civilizada. Pero era
tamén, precisamente por iso, unha existencia máis sinxela e inocente, vivida
segundo a natureza.
Para empezar, os Brigantinos vivían en continua loita contra os animais sal-
vaxes, dos que por entón estaba ateigada Galicia. Este tema da loita incesante
entre os primeiros humanos e as fieras aparecia como unha constante na
Prehistora lmaxinaria de gregos e romanos (Lovejoy e Boas, 1935; Cole, 1967;
Blundell, 1986), e repetíase na ldade Media e sobre todo no evolucionismo dos

J. Renales Cortés ó analiza-la ((sociedade primitiva,, na Historia de Galicia de Vicetto salienta


os elementos míticos do relato -Tempo e Espacio míticos, simbolisrno do Centro, abolición do
tempo, mitos explicativos, logofilia, etc-, pero non toma en consideración as sernellanzas que gar-
daba esa vida dos Brigantinos e dos Célticos coas imaxes da Prehistoria lmaxinaria da Antigüidade
(cf. Renales Cortés, 1996).
séculos XVlll e XIX (Stoczkowski, 1994). Era un motivo típico das teorías anti-pri-
mitivistasque debuxaban unha humanidade primitiva vivindo nun estado de (<sal-
vaxismo), e de indefensión.
Pero a diferencia destas, que utilizaban ese motivo da guerra contra as fieras
para calienta-la penosa situación dos primeiros humanos e a miúdo para expli-
car algúns dos seus primeiros logros culturais -os primeiros agrupamentos
humanos ou os primeiros útiles- como un resultado da defensa contra os ani-
mais (p.ex. Diodoro ou, como se verá máis adiante, Saralegui y Medina), no rela-
to de Vicetto aquel non estaba chamado a ter maior trascendencia, xa que este
autor non se paraba moito no tema nin se compracía en describi-los terrores pri-
mixenios duns humanos indefensos, nin, sobre todo, ese motivo servía para
explica-los primeiros logros da humanidade. Ademais de servir en certa medida
para suxeri-lo carácter rudo desta existencia, semella como se Vicetto incluíse
este motivo porque se (cagardaba), que aparecese nunha descrición da vida pri-
mitiva, dado a súa frecuente aparición nestes casos.
É certo que algunhas das caracteristicas que Vicetto atribuía ós Brigantinos
eran as propias dun pobo primitivo e eran unhas que aparecían con profusión
nas descricións da Prehistoria lrnaxinaria: vestían con pelicas de animais e non
tiñan agricultura; non vivían en cidades, senón en sinxelos poboados. Ademais
eran .hombres fornidos y vigorosos, de una musculatura hercúlea, acostumbra-
ban a sufrir con igual impasibilidad el frío, e l calor y e l hambre...,>(Vicetto, 1865:
15). A esta meirande resistencia física, xa presentada por Lucrecio como unha
particularidade do home aínda non civilizado (Lovejoy e Boas, 1935), engadía-
selle a súa meirande fertilidade que lles permitía poboar unha rexión determina-
da nun curto espacio de tempo, fertilidade que era tamén unha característica típi-
ca dos primeiros humanos (idea ás veces vencellada coa dunha dexenera-
ciónJcaída posterior pola que se perdía esa fecundidade primitiva; cf. Lovejoy e
Boas, 1935; Boas, 1948).
Pero alén destas características, que denotaban máis un estado de simplici-
dade que de verdadeiro ~<salvaxismo~>, os Brigantinos e os Céltigos de Vicetto
non tiñan nada de (<primitivos)> nin de <<salvaxes)), no sentido que a estes adxec-
tivos Ile daban os evolucionistas, e a opinión que Vicetto tiña deles era sempre
positiva (a fin e ó cabo, eran os nosos devanceiros....). Lembremos que no seu
relato Brigantinos e Céltigos non eran os primeiros habitantes da Terra (aínda
que si de Galicia). Ademais non esquezamos que descendían directamente de
Noé -a través de Brigo, Túbal e Xafet- e que polo tanto non tiñan que come-
zar <<decero,, a súa andaina na súa nova patria: as dúas primeiras razas gale-
gas, se ben non practicaban a agricultura, xa habitaban en poboados fortificados
(que Vicetto denominaba gahs, e que posteriormente se convertirían nos cas-
tro~);tiñan unha organización social patriarcal e subsistían da recolleita de froi-
tos, da pesca e da gandería. Faiaban hebreo e, o que era máis importante, tiñan
unha relixion: .Nuestros aborígenes tenían una idea sublime de Dios,, (Vicetto,
1865: 19). Non eran, xa que logo, uns <~salvaxes~~ sen lei e sen relixión, como se
adoitaba representar ós pobos non europeos e ós (<primitivos>> no século pasa-
do.
E a súa non era unha relixión primitiva, senón que eran unhas razas monote-
ístas que adoraban a un D ~ U innomeado
S nos clareiros dos bosques -nos
/ubres- á luz da Iúa. Era unha relixión practicada mediante a oración individual,
sen idolatría, sen cerimonia~e Sen sacrificios6.Incluso negaba Vicetto que eses
primeiros Celtas e <<galegos>> tivesen algún tipo de sacerdocio, aqueles famosos
druidas que aparecían nas fontes clásicas como sacerdotes dos Celtas (quizais
na súa opinión estes druidas eran demasiados sospeitosos de idolatría como
para ser dignos de particiar na .pura* relixión dos galegos, ¿ou era que o seu
anti-clericalismo leváballe a riega-la existencia e a necesidade de intermediarios
entre Deus e os humanos no .estado de natureza.?).
Esa era a primitiva relixión dos Brigantinos e dos Céltigos. Era unha relixión
sinxela, case se pode dicir instintiva, que estaba preto da idea de Relixión Natural
dos deístas, aínda que, por máis que Vicetto non o dixese claramente, se trata-
se máis ben do recordo que aqueles gardaban da relixión de Noé e os seus des-
cendente~.Seguía a ser, pois, unha Relixión Revelada.
A dicir de Vicetto Brigantinos e Celtigos levaban unha vida segundo a <<natu-
rezar)'.
A organización política dos Céltigos era a da ((naturezal),e Vicetto entendía
por tal o patriarcado, é dicir grupos de familias gobernadas <<paternalmente>)
por un petrucio ou patriarca. O matrimonio non existía xa que homes e mulle-
res uníanse seguindo simplemente os seus desexos, sen ningún tipo de <<con-
trato)), e separábanse igualmente cando querían, namentres que os fillos se
consideraban máis propiedade da comunidade que dunha parella determinada.
Tanto o do patriarcado como o da inexistencia do matrimonio e a propiedade
comunal dos fillos eran motivos moi presentes na Prehistoria lmaxinaria da
Antigüidade.
En contra do que quizais se podería agardar Vicetto non consideraba esta
inexistencia do matrimonio como unha aberración condeable, senón que a expli-
caba e a desculpaba apelando a esa ((vida natural,,: (<Lossentimientos mas
sacrosantos de toda sociedad ilustrada, no estaban sujetos á fórmulas o á debe-
res. Todo era expansivo, porque era legítimo; y todo era legítimo por que era
natural,, (Vicetto, 1865: 64).
O Brigantino era un ((puebloprimitivo, natural y sencillísimo en sus costum-
bres. (ibid: 19); era un pobo bo e inocente. E referíndose ó pobo Céltigo <(¿Qué
era, pues, el pueblo céltigo? El hombre en la naturaleza, ó la naturaleza encar-
nada en el hombre: escojed (. ..) era un pueblo pastoral y espiritual. (¡bid 90).
Despois do visto ata agora pódese afirmar que a Prehistoria lmaxinaria de
Vicetto posuía en boa parte as caracteristicas do primitivismo duro. O autor non
daba unha imaxe anti-primitivista, porque ainda que sinxela e ruda, a vida des-
tes primeiros galegos non era unha existencia <<salvaxe>> da que era desexable

Na opinión de Vicetto, a primitiva relixión de Brigantinos e Céltigos dexenerou posteriormente,


convertíndose nun culto pagano e idólatra cando galos (antigos descendentes dos Céltigos), fenicios
e gregos introduciron en Galicia as súas respectivas divindades e supersticións.
Sobre os distintos significados deste termo vhxase Lovejoy e Boas (1935).
sair canto antes. Pola contra, desfrutaban dos rudimentos da cultura (vida social,
linguaxe, relixión...) e o seu xeito de vida mirábase con evidente simpatía.
Por outra banda, e malia que el puidese concibir aquela época como un
momento moi especial na historia de Galicia, tampouco se pode afirmar que pen-
sase nela como nunha ldade de Ouro no sentido estricto, e <<clásico>>, do termo,
xa que a loita contra os animais salvaxes e as necesarias actividades de subsis-
tencia (e incluso o risco de loitas fracticidas) excluían que fose unha vida de total
lecer e sen preocupacións8.
Coincide sen embargo co primitivismo duro na valoración positiva dunha vida
que se imaxinaba sinxela aínda que ruda e que seguía os dictados da mature-
za.: Brigantinos e Céltigos aproveitaban os alimentos e os materiais que sim-
plemente Iles ofrecía o medio; seguían os desexos <<naturais>> á hora de elexiren
compañeiro/a; tiñan unha organización social <<natural)> ; e a través dunha relixión
simple e espiritual, adoraban a Deus na Natureza.
Aínda que dende a Antigüidade clásica os significados de <<vidanatural), foron
múltiples, esa expresión adoitaba ter un sentido positivo e normativo: era fre-
cuente que se referise á vida que levaban os primeiros humanos, unha vida que
se consideraba sana e verdadeira e na que se manifestaba a auténtica esencia
do ser humano (instintos, actos, sentimentos...), e que era necesario recuperar
abandonando as desviacións -producidas pola <<cultura,>- que máis tarde
introduciron os mesmos humanos (p. ex. unha vida de luxos, unha lexislación ou
uns costumes erróneos ou unha desviación da verdadeira relixión). Ou esa <<vida
natural,> víase tamén como unha existencia que se imaxinaba máis preto da
divindade (como suxería o propio Vicetto). En todo caso <<natureza,>, o ((verda-
deiro),, opúñase a <<cultura)), a <convención>>, e foron moitos os que, dende o
século V antes de Cristo, valorando positivamente o primeiro termo desa oposi-
ción, viron como necesario unha vida baseada nas normas da <<natureza>), como
a da primeira humanidade. E nisto sen dúbida destacaron os Cínicos.
Pero a que presentaba Vicetto como propia dos primeiros galegos, e a pesar
de facer fincapé na súa sinxeleza, non era unha <<vidanatural>>tan radical como
a dos Cínicos, que rexeitaban todo indicio de <<cultura>> -incluído o lume e a tec-
noloxia. Pola contra, supuña quizais unha relación máis equilibrada entre ((natu-
reza), e <ccultura>),aínda que as características desta última non fosen, no último
termo, máis que manifestacións da primeira, como tamén apuntaba Vicetto
cando se refería á súa organización social e ós costumes matrimoniais.
A súa humanidade primitiva gardaba máis sernellanza con aquela que pre-
sentaba Platón na República ó falar das orixes da polis: pequenos grupos de
pastores cunha organización social patriarcal que desfrutaban dunha vida sinxe-
la e que non tiñan aqueles aspectos que Platón deploraba nos seus contempo-
ráneos atenienses (o luxo, a dependencia do comercio, a política imperialista, a

Renales Cortés chama {<Idadede Ouro,, a esta ((sociedadeprimitiva,,, na que tamén inclúe as
colonizacións fenicia e grega (Renales Cortés: 1996). Sen embargo a pesar de que estas contribú-
an tamén, segundo Vicetto, á formación do <{carácter>,galego, supuñan xa a introducción no país de
elementos -agricultura, metais, navegación, cidades...- que dende o punto de vista do primitivis-
mo implicaban sempre o final da ldade de Ouro e o comezo da decadencia humana.
demagoxia democrática...). Xa S. Blundell ten salientado as semellanzas que
gardaba co primitivismo duro esta imaxe da sociedade arcaica de Platón
(Blundell, 1986).
Con todo penso que non debemos ir máis lonxe nesta comparación entre a
sociedade primitiva de Vicetto e a de Platón, porque hoxe quizais non sexa posi-
ble demostrar unha influencia directa das ideas deste sobre aquel e porque e
indubidable que a louvanza das sociedades primitivas máis simples foi unha
constante do pensamento europeo ó longo da historia e polo tanto non é nece-
sario buscar sempre influencias directas. Ademais non cómpre esquecer que
unha sociedade patriarcal máis sinxela era tamén a característica dos primitivos
hebreos segundo as Escrituras; e debemos lernbra-la influencia do relato bíblico
sobre Vicetto, polo que é posible que a súa sociedade patriarcal puidese ter
influencias bíblicas.
Pero tamén hai que indicar esa coincidencia de imaxes e, ata certo punto, de
valoracións (a dunha vida máis sinxela) entre o filósofo grego e o escritor gale-
gol ainda que os obxectivos inmediatos sexan diferentes en cada caso.
O que diferenciaba a Vicetto doutras formulacións en termos de primitivismo
duro era o feito de que este autor non consideraba posible, ou desexable, un
regreso a ese tipo de vida primitivo. Esta podía ser un exemplo de ((vida natu-
ral)), e por ¡so superior nalgúns dos seus aspectos a respecto da vida noutras
épocas ou na actualidade. Pero en ningún momento suxería Vicetto que debé-
sernos voltar a ela ou que ela tivese que servir como modelo á nosa existencia
actual. Servía, diso non cabía dúbida, para amosa-lo estado da primeira poboa-
ción de Galicia, de xeito que puidésemos estar orgullosos dos nosos devancei-
ros, xentes boas, inocentes e relixiosas de quen descendían ademais boa parte
dos habitantes da Europa occidental (pois tódolos pobos celtas eran orixinarios
de Galicia). Pero sobre que a súa vida era superable e mellorable parecía non
haber dúbida para Vicetto.
Incluso aínda que esa sociedade primitiva representase para el as esencias
célticas da poboación galega e malia que simbolizase unha Galicia independen-
te e dona de seu (ata a chegada de cartaxineses e romanos), e ainda que Vicetto
afirmase que era necesario para non perde-la noca personalidade mante-la her-
danza céltica que sempre se expresara ó longo da nosa historia..., todo iso non
significaba que el optase por unha volta total 6 pasado. Nese pasado e nesa per-
sonalidade <<celtas)>, enriquecidos posteriormente con aportes dos fenicios, dos
gregos e dos romanos e do Cristianismo, atopábanse sen dúbida os xermolos da
Galicia que desexaba Vicetto. Pero eran uns xermolos que só se desenvolveran
plenamente co tempo. Esta idea víase moi clara cando falaba dos municipios
(que para el eran unha institución fundamental, verdadeiro (<motor. da historia do
país), creados xa polos gregos pero que non se desenvolveran na súa plenitude
ata moito máis tarde; igualmente, a relixiosidade galega, xa expresada nos
Brigantinos e nos Céltigos, so chegara ó seu cumio gracias ó Cristianismo, o cal
superará non só ós cultos paganos, senón tamén á propia primitiva relixión dos
<<galegos>) (Vicetto, 1865: 91). Pode que os alicerces de Galicia xa se tivesen
afirmado na época anterior ós romanos, pero só a través dun longo proceso his-
tórico este antigo país chegaba a se-la Galicia que Vicetto quería.
A idea de Progreso, de desenvolvemento e mellora dunhas institucións ou
facultades que se atopaban nun estado embrionario inicial, estaba pois presen-
te.
De feito Vicetto era un afervoado partidario da idea de Progreso: <<El desen-
volvimiento es general á la humanidad; tanto, que por distintas vías y con fuer-
zas opuestas marcha en un progreso indeclinable, por más que parezca des-
cendente algunas veces, hacia el perfeccionamiento, hacia la luz)) (Vicetto, 1865:
165). A diferencia doutras ideoloxías progresionistas da época que concibían o
Progreso en termos naturalistas e evolucionistas (Bowler, 1989), a súa era unha
idea de Progreso <<teolóxica,,.Para el o Progreso estaba dirixido pola divindade,
pois era ela quen decidía o papel de cada pobo (ou raza, na terminoloxía de
Vicetto) neste proceso de perfeccionamento, así como tódolos pasos do proce-
so. E neste proceso progresivo era inevitable que os devanceiros dos galegos
quedasen atrás, malia que se valorase o seu xeito de vida e se louvase a súa
independencia orixinal. Así o decidira Deus e así se cumpriría.
Neste contexto da idea dun Progreso descontinuo dirixido por Deus é no que
hai que encadra-la opinión que tiña Vicetto verbo das razas primitivas e boa parte
da súa visión da antiga historia de Galicia: para el estas razas primitivas -entre
as que se atopaban Srigantinos e Céltigos-- tiñan unha misión no Plano Divino
(como tódalas outras razas), misión que non era a de ser razas propagadoras de
cultura senón a de ser «razas rigurosamente pobladoras, físicamente poblado-
ras.. Outras razas -fenicios, gregos, rornanos- virían despois, dicía, que se
encargarían de espalla-la cultura por tódolos recantos da Terra. Os pobos primi-
tivos -celtas, íberos, incas, haitianos, etc.- eran Útiles para poboa-lo mundo
pero a civilización virá das mans doutras nacionalidades. O Progreso era imaxi-
nado así como unha sucesión de invasións/difusións, de acordo co Plano Divino,
en troques de se-lo resuHado dunha evolución sociocultural.
Resta por sinalar unha última característica da Prehistoria lmaxinaria de
Vicetto: cando se tiña que referir á descuberta de novas técnicas de subsisten-
cia entre os primeiros «galegos,, optaba polo motivo do heroe civilizador, en vez
de atribuilas ó inxenio e á necesidade colectivas (que era unha característica das
teorías progresionistas derivadas das ideas de Demócrito; cf. Cole, 1967). Así
por exemplo atribuía a Artei (fillo de Brigo) a orixe da navegación ou a Celt (neta
de Brigo) o descubrimento do fiado do liño, do traballo da madeira e do virnbio.
Estes eran os heroes civilizadores dos <(galegos,>.
De acordo co seu modelo invasionista, serán sen embargo os fenicios -pobo
civilizador- os que introducirán en Galicia a meirande parte dos rudimentos da
<~civilización,>:a agricultura, os aparellos de labranza, as primeiras casas de
pedra, a fabricación de bebidas a base de uvas ou de mazás, a elaboración do
queixo, etc. O seu labor civilizador será continuado polos gregos na seguinte
vaga de invasións.
Pechábase así o primeiro ciclo histórico no devir da humanidade, o dos pobos
primitivos, concibido pola divindade.
E pechábase tamén outro ciclo na historia do país. A chegada de fenicios e
gregos a Galicia acababa coa sociedade primitiva dos aborixes galaicos, ó apor-
tar novos modelos económicos, sociais e culturais, e puna punto final á nosa
(<prehistoria,>.

A Prehistoria lmaxinaria de Leandro Saraiegui y Medirla era moi diferente da


de Benito Vicetto, pero como esta a súa tamén afundía as súas raíces na
Prehistoria lmaxinaria dos autores gregos e romanos.
Aínda que Saralegui tamén se ocupou no seu libro Estudios sobre la época
céltica en Galicia (que coñeceu tres edicións) da prehistoria de Galicia, neste afii-
go voume ocupar unicamente da súa visión da prehistoria en xeral, das súac
reflexións sobre os primeiros ternpos da humanidade, se ben é certo que deStas
van depender en boa medida as súas ideas acerca da prehistoria galega -como
ben se pon de manifesto na terceira edición (de 1894) dos Estudios sobre la
época céltica en Galiciag.
O fundamental da Prehistoria Imaxinaria de Saralegui y Medina está contido
nunha serie de artigos recopilados e publicados nos seus Estudios sobre Galicia
(1888), nomeadamente nos traballos (<Labor Omnia Vincit,, e ((Pueblos
Lacustres,,. Segundo se indica en Estudios sobre Galicia estes dous artigos
foran escritos xa en 1872 e 1870, respectivamente, aínda que non teño cons-
tancia de que se publicasen con anterioridade.
En primeiro lugar a Prehistoria lrnaxinaria de Saralegui entraba de cheo na
tradición anti-primitivista, que se remontaba, cando menos, ata Demócrito. Nela,
como xa ficou dito, en oposición ó cadro idílico debuxado pola tradición da ldade
de Ouro, a primeira hurnanidade aparecía representada nun estado de ((salva-
xismo>>vivindo nunha situación lamentable, privada dos máis elementais medios
de subsistencia e de cultura, situación da cal só era quen de sair a través de
pasos sucesivos que implicaban a lenta aparición de melloras tecnolóxicas,
sociais, ou <(morais,,. Era, en definitiva, unha imaxe que salientaba a precarie-
dade da vida dos primeiros humanos, só para contrastala mellor co progreso
posterior e coa situación actual (e habitualmente coas esperanzas postas no
futuro). Implicaba, xa que logo, as ideas de Progreso e de perfeccionamento con-
tinuo, que se fixeran tan habituais na Europa decimonómica. E, xa dende un
punto de vista máis persoal, o anti-primitivismo servialle a Saralegui para intro-
duci-la súa moral libre-cambista: o esforzo (individual) era o único que facía pro-
gresar á humanidade (recollendo probablemente as ideas do filósofo e sociólogo
inglés Herbert Spencer, un dos principais voceiros do laissez faire no século
XIX).
En segundo lugar, e a diferencia de Vicetto que ainda era debedor do relato

Sobre as opinións de Saralegui acerca da humanidade primitiva e sobre o seu pensamento


arqueolóxico e antropolóxico véxanse Pereira González (1996a, 1996b e 1997).
bíblico, a prehistoria de Saralegui inseríase xa plenamente dentro da prehistoria
evolucionista da segunda metade do século XIX. Saralegui recoñecía a grande
antigüidade da humanidade, situando incluso a aparición do ser humano a finais
da era Terciaria (segundo adiantaban varias teorías da época), mais non chega-
ba a acepta-la hipótese da orixe simia dos humanos, pero en contraposición non
adoptaba tampouco unha postura creacionista clara malia que as súas simpatí-
as se decantasen cara a esta (Pereira González, 1997). Atrás quedaban para
Saralegui as vellas especulacións cronolóxicas baseadas nas xenealoxías bíbli-
cas e nas fontes clásicas, así como as lendas de Adán e Eva no Xardín do Edén:
as orixes da humanidade eran moito máis antigas do que se cría, como demos-
trara a arqueoloxía en consunción coa xeoloxía, e para falar delas só se podía
acudir á arqueoloxía prehistórica e á antropoloxía.
Ese era o punto de partida de Saralegui á hora de falar da prehistoria. Pero
detrás da súa imaxe da mesma, había moito máis que simples datos arqueolóxi-
COS.
Seguindo a tradición anti-primitivista Saralegui presentaba ós primeiros
habitantes humanos da Terra acosados por unha Natureza hostil, como era
frecuente na Prehistoria lmaxinaria dos séculos XVlll e XIX (Stoczkowski,
1994) e nos anti-primitivistas da Antigüidade. Terremotos, volcáns, asolaga-
mentos, trebóns ... aniquilaban e aterrorizaban 6s primeiros humanos. Pero
eran sobre todo os ataques dos animais salvaxes a principal ameaza que
sufrían estes humanos indefensos e solitarios. A súa era unha existencia
inzada de medos continuos e de constante loita contra o mundo exterior. Ó
contrario do que se supón que acontecía nunha ldade de Ouro, a Natureza
non se comportaba cara a eles como unha <<nai),, senón como unha
<<madrasta)> (na famosa expresión do anti-primitivista Cicerón), actuando
contra os seus <<fillos>) en troques de cuidar deles. E tampouco había que
descarta-las loitas do (chome contra o heme>> na procura de asegura-las pou-
cas vantaxes materiais que daquela se podían obter: ((Lucha con los ele-
mentos, lucha con las fieras, con los torrentes desbordados y con las tribus
rivales que le disputaban sus escasos medios de subsistencia (...) este es el
resumen de la vida primitiva y de lo que se ha llamado estado natural del
hombre» (Saralegui, 1888: 121).
Pero foi precisamente esta precariedade inicial a que se consideraba respon-
sable da mellora posterior: como xa deixaran dito Demócrito, Lucrecio ou
Diodoro, a necesidade era a ((nai>> de tódalas invencións, de tódalas melloras.
Enfrontadas á procura de protección e de alimento, as persoas, presionadas pola
necesidade, pensaban, actuaban, inventaban, organizábanse... Nunha palabra:
melloraban.
Esta tradición anti-primifivista, materialista e utilitarista, vai estar presente no
pensamento occidental dende a Prehistoria lmaxinaria dos gregos ata as súas
reformulacións na arqueoloxía prehistórica do século XIX.
A guerra incesante contra as fieras que tamén aparecía en Vicetto como un
motivo case <<ornamental>>, devén en Saralegui, inspirado por aquela tradición, a
verdadeira causa do comezo da carreira ascendente dos humanos, cáseque
poderiamos dicir a verdadeira <<causa primeira,, da súa <<humanización,,lo.A des-
cuberta accidental do l ~ m -e e a casualidade era outra das variables que inter-
viñan nese proceso de mellora, segundo a tradición anti-primitiwst* e o seu
emprego subsecuente para escorrenta-los animais salvaxes ían poñe-los alicer-
ces da existencia humana: <<Elfuego ahuyentó las fieras, perfeccionó en diver-
sos sentidos la existencia humana, diÓ vida y ser á la jndustrja, y reuniendo á 10s
hombres en torno al hogar, triunfando del aislamiento y la disgregación primitiva,
suavizó las costumbres, creó 10sprimeros hábitos de sociabilidad, acumuló en un
centro común la experiencia de las generaciones caducas, para reflejarla sobre
las generaciones nuevas, y empezando por hacer del antro ó la caverna el cen-
tro de atracción de la familia y el núcleo del grupo social, preparó e/ ciclo de 10s
monumentos megalíticos y de 10s pueblos lacustres en que se condensan y sin-
tetizan (...) las primeras evoluciones del pensamiento humano.. (Saralegui,
1888: 255-256).
De súpeto a sociedade e a cultura parecían xurdir como por arte de maxia.
Antes do dominio do lume non había nada: homes e mulleres vagaban solita-
rios polos bosques, sen linguaxe nin vencellos sociais, presa doada das fieras.
Pero unha vez controlado, o lume, que quentaba e defendía dos animais, deu
tamén pulo á aparición da vida social e dos lazos familiares -como xa afirma-
ran Lucrecio e Vitruvio-, o que convirtiu ós primeiros habitantes, antes espa-
rexados como animais, en verdadeiros seres humanos capaces en adiante de
transmitir a outras persoas os seus coñecernentos e experiencias. Esta trans-
misión dos coñecementos acumulados, posibilitada pola fala e pola sociabili-
dade, foi o que perrnitiu posteriormente o perfeccionamento do xa adquirido. A
fabricación dos primeiros útiles tivo o mesmo resultado: na opinión de
Saralegui, no intre da utilización dos primeiros Útiles de pedra (igualmente
como defensa contra os animais), <(elhombre fué,,, fíxose o ser humano.
Igualmente, foi a necesidade de procurar un abeiro contra as inclemencias do
tempo e contra os ataques dos animais o que Ile impulsou a procurar refuxio
nas covas, as primeiras habitacións.
Todos estes motivos é posible atopalos na Prehistoria lmaxinaria dos anti-pri-
mitivistas da Antigüidade. As sernellanzas desta coa prehistoria de Saralegui
eran moi estreitas.
Co tempo virían as rnelloras das que daba testemuño a arqueoloxía: os útiles
de pedra puída, os útiles de metal..., as cabanas, as vilas lacustres, os castros,
as primeiras cidades ..., as sociedades cada vez máis complexas... e así ata che-
gar á civilización occidental dos días de Saralegui. Hai que sinalar que nestes tra-
ballos Saralegui se ocupaba do desenvolvemento humano referíndose case
exclusivamente á cultura material, quizais axeitándose rnellor á temática arque-

' O No caso de Saralegui compre falarmos de ~~humanización~~,que non de hominización, pois este
útimo termo implica hoxe unha evolución a partir do devanceiro simio. Pero para Saralegui, quen afir-
maba que os seres humanos foran sempre humanos e non simios perfeccionados, o proceso de evo-
lución sociocultural tratábase máis ben dun progresivo desenvolvementodas capacidades (nun prin-
cipio <<ocultas)>)
que os humanos posuían dende o intre de aparecen sobre a face da Terra como cre-
ación divina.
olóxica dos mesmos, pero non trataba apenas do progreso/evolución de aspec-
tos sociais, culturais e relixiosos (aspectos moito máis conflictivos), como si era
frecuente facer na época (Stocking, 1987).
A carón disto hai que sinalar que Saralegui concibía estas melloras como des-
cubertas anónimas, desenvolvidas por individuos anónimos e adoptadas pola
comunidade cando aquelas amosaban a súa utilidade. Como afirmaban teóricos
do laissez faire como Adam Smith ou Herbert Spencer, o esforzo individual debía
redundar no beneficio de toda a sociedade.
Para el, pois, a casualidade, a experiencia, pero sobre todo a necesidade,
substituíran a heroes culturais e a divindades á hora de dar conta das distintas
invencións e descubertas do xénero humano.
En Saralegui tamén estaba presente a idea de Progreso da humanidade (ou
de parte dela, ou sexa, dos europeos ou da .raza banca>>,a dicir do etnocen-
trismo e do racismo da época).
A carón dela atopamos ademais unha rnensaxe e unha moral: o Progreso é
un producto das necesidades, ou para ser máis exactos, dos esforzos investidos
polas persoas para resolver esas necesidades. Esforzos contra as forzas da
Natureza, contra as fieras e contra os inimigos humanos.
E a conclusión á que chegaba Saralegui era que o Progreso se conseguía
unicamente a través da loita. Quen non se esforza non progresará e ficará estan-
cado, atrasado: ((¿Qué importan, á cambio de tus beneficios y tus dones, las
angustias y las privaciones que te hacen más eficaz y más fecundo?.. (Saralegui,
1888: 125). Esta máxima era aplicable tanto a nivel individual como a nivel de
grupos ou de razas. Con todo Saralegui non salientaba tanto a loita entre indivi-
duos ou entre razas (aínda que esta tamén estaba subxacente) como os esfor-
zos realizados no control da Nature2a.e na (<supervivencia,>cotiá.
Foi a «hostilidade,, con que a Natureza recibiu ó primeiro ser humano o que
Ile garantiu á hurnanidade o progreso posterior. Se a Natureza tivese sido ((ama-
ble,, con el dende un principio, se Ile tivese colmado tódalas necesidades de
xeito que el non precisase facer ningún esforzo para satisfacelas (como a miúdo
se irnaxinaba a humanidade vivindo na ldade de Ouro), o ser humano -e aquí
Saralegui estaba afirmando irnplicitamente que o <<europeo)) era o máximo repre-
sentante da especie humana- seguiría estando agora como cando apareceu na
Terra a finais da época Terciaria, <<sinaumento en las necesidades ni progreso
en los medios. (ibid: 123), ou sería .semejante á esas tribus africanas que veje-
tan como petrificadas en medio de los bosques vírgenes de un continente inex-
plorado ( ibid: 123).
)>

E continuaba Saralegui cunha explicación en termos de determinismo xeo-


gráfico: alí onde o solo é fértil e a xente obtén o seu alimento sen dificultade non
é posible atopar razas activas, traballadoras e emprendedoras. Pola contra, onde
o clima é difícil e o solo non é tan fértil alí cómpre traballar duro para arrincalle á
Natureza os seus froitos; e é alí onde ha¡ que buscar <<pueblosenérgicos y vigo-
rosos, naturalezas privilegiadas para la inventiva y el trabajos (ibid: 124). Por
suposto que eses <<pueblosenérgicos y vigorosos>>eran os europeos, que se
elevaran dende a prehistoria ata os cumes máis altos da civilización, namentres
que as razas non brancas non melloraran e eran esas tribos ((petrificadas)>na
prehistoria.
Qué dúbida cabe que Saralegui estaba a opoñendo aquí a imaxe dunha
Europa de clima desapacible e de solo pouco fértil, pero que posuía unhas xen-
tes traballadoras, resistentes e emprendedoras, á imaxe doutros continentes de
fertilidade proverbial -como Asia e Áfrical1- pero de poboación mol e pregui-
ceira, estancada por mor súa propia nugalla. Esta oposición, de profunda raiga-
me no imaxinario europeo, remontabase xa á antiga Grecia, onde atopaba unha
das súas primeiras expresións no tratado hipocrático Sobre aires, augas e luga-
res, datado no século V antes de Cristo, no cal se falaba dunha Europa de clima
difícil e irregular, habitada por unha poboación resistente e amante da liberdade,
oposta a unha Asia (en referencia sobre todo a Asia Menor) fértil e de clima
suave e sen contrastes pero poboada de xentes febles e sometidas a reximes
políticos despóticos pola súa carencia de iniciativa e de apego á liberdade12.
Nos séculos XVIII e XIX este determinismo xeográfico será empregado para
dar conta, como facía Saralegui, das diferencias culturais entre uns grupos
humanos e outros e para explica-la <<superioridade)> europea e mante-la 4nfe-
rioridade,) das razas de cor; ese medio ambiente <<inaxeitado>> explicará o <<atra-
so>, da maioría dos pobos non europeos. Este determinismo agravarase cando,
por influencia das ideas darwinianas, eses pobos <<atrasados>> por culpa dun
medio pouco <<favorecedor>) sexan considerados auténticos <<fósilesvivintes>),a
medio camino entre a <<humanidade>> (os europeos) e os simios, pois co paso do
tempo -argumentábase- esas diferencias culturais chegaran a facerse dife-
rencias orgánicas, condeando ó <<atrasoeterno,, a esas xentes (Stocking, 1982
e 1987; Bowler, 1992). Saralegui non chegará tan lonxe, aínda que o seu etno-
centrismo quedaba ben patente.
A conxunción destes dous factores -un medio ambiente favorecedor (e
pouco favorable cara ós humanos) e o esforzo (a loita) pola supervivencia- eran
para el a fórmula que aseguraba o Progreso. O prirneiro obrigará ó segundo.
Pero era o esforzo o factor que sobranceaba Saralegui por riba de todo, aínda
que en ocasións este autor atribuía o curso da historia, en Última instancia, ás
decisións da Providencia: Deus será quen decida situar a un pobo determinado
nun medio ambiente favorable ou desfavorable, impulsando ou impedindo o seu
progreso. Con todo, o papel dos designios divinos aparecía en Saralegui rnoi en
segundo plano, de xeito que a impresión final era claramente favorable á unha
explicación do Progreso en termos do esforzo humano.
A este respecto é moi significativa a semellanza que existe entre estas ideas
a pro1 da loita como <<motor>> do Progreso, expresadas por Saralegui nestes arti-
gos nos que daba a coñece-la súa visión da prehistoria, e certos parágrafos de
louvanza do esforzo individual contidos no seu libro de economía Tratado de

" Acerca da visión de Asia e África na época clásica ve-lo traballo de Gómez Espelosín (<Tierras
Fabulosas del Imaginario Griego,) (Gómez Espelosin, Pérez Largacha e Vallejo Girvés, 1994).
l2 O mito do oriental (nomeadamente o Persa) despótico, covarde e raposeiro desenvólvese en
Grecia principalmente no século V a.c., despois das Guerras Médicas (Hall, 1989).
Economía Política (1870), libro no que facía unha decidida defensa do liberalis-
mo económico (Pereira González, 1997: 26). Está claro que a súa concepción da
prehistoria estaba influída polo seu pensamento económico e político, e que
este, pola súa banda, se vía reforzado e xustificado por aquela.
Neste sentido o autor galego puna moito interese en insistir en que esa nova
ciencia, a arqueoloxía prehistórica, confirmaba a (<súa))visión da prehistoria en
contra doutras teorías, e citaba expresamente a de Rousseau, que na opi-
nión eran erróneas porque postulaban unha situación idílica da primeira humani-
dade, cando non tiña que sufrir duros traballos e cando reinaba entre ela unha
harmonía sen conflictos (ata que aparecera a agricultura e a metalurxia, especi-
ficaría Rousseau): «interrogando á las distintas capas de la corfeza terrestre, res-
pecto á los secretos de los primeros representantes de la especie humana en el
mundo, todas las indicaciones, todos los vestigios de aquella época remota, nos
revelan un estado de guerra, de desolación y de miseria, que viene á ser la anti-
tesis más completa del supuesto estado de la naturaleza, tal como lo identificó el
filósofo de Ginebra» (Saralegui, 1888: 118). Aquí a expresión «estado de la natu-
raleza» referíase á primitiva situación da humanidade, pero tamén facía referen-
cia a unha época na que os humanos vivían unha vida máis simple e mellor. Ese
estado ideal era o que negaba Saralegui, de aí que o calificase de <<suposto)>:
«Los descubrimientos de la arqueología prehistórica han concluído, pues, por
desacreditar por completo el sistema de Rousseau, evidenciando hasta el último
grado de cerfeza posible, las condiciones del hombre primitivo y los caracteres
esenciales de la infancia de la humanidad» (ibid: 121).
Contra a idea do (<bosalvaxe)>que vivía nunha ldade de Ouro practicamente
sen traballar e que vía o traballo como unha maldición que o afastaba dela,
Saralegui opuña a do (chorne primitivo» que vivía nun estado lamentable do cal
só podía sair a través da bendíción do traballo. Como afirma o antropólogo G. W.
Stocking, o (<bosalvaxe>>pre-capitalista da Ilustración xa non tiña cabida nunha
época, a segunda metade do século XIX, na que o traballo duro e a iniciativa
individual eran sinónimo de Progreso e de Civilización, as ideas que máis se
valoraban (Stocking, 1987: 36).
Saralegui puna coidado en contrapo-las especulacións da <<historiaconxectu-
rab dos filósofos do século XVlll ós datos ((científicos,) da nova arqueoloxía
prehistórica, e en facer coincidir estes coa <:sÚa,> particular visión da prehistoria,
de maneira que esta se vise reforzada por esa información supostamente cientí-
fica e obxectiva. Pretendía así contrapor dous métodos diferentes, na súa opi-
nión: as especulacións do XVIII, sen base empírica e producto da irnaxinación e
prexuizos dos filósofos (a prehistoria de Rousseau), e o moderno método cientí-
fico que se apoiaba en datos tanxibles e que fornecía de teorías demostradas
polos datos empíricos (a súa prehistoria). Deste xeito dáballe un status científico
á súa ideoloxía a pro! do liberalismo económico.
E sen embargo a súa visión da prehistoria non era menos irnaxinaria cá de
Rousseau ou cá de Benito Vicetto, por máis que invocase a información arqueo-
Ióxica. Cos datos que a arqueoloxía prehistórica posuía por entón (e cos que
posúe hoxe en día) nada autorizaba a Saralegui a postular con base nos restos
arqueolóxicos ideas como a da loita incesante contra os animais e os elementos
ou entre 0s propios humanos, ou a considera-lo control do lume como o inicio do
proceso <chumanizadorn.Estas opinións, presentadas como derivadas da prácti-
ca arqueolóxica, non eran senón unha lectura do rexistro arqueolóxico en clave
dos motivos presentes na coñecida versión anti-primitivista da Prehistoria
lmaxinaria da Antigüidade, adaptados e reformulados segundo a súa ideoloxía
para xustif ica-lo laissez faire.
En verdade o seu non foi un caso illado no século XIX, dentro do que Wiktor
Stoczkowski ten denominado a <<antropoloxía inxenuai,.
Quizais o propio Saralegui fose consciente desa débeda, ou, o máis probable,
pensase que a arqueoloxía prehistórica viña de confirmar sorprendenteme mente^
as vellas especulacións dos autores clásicos verbo da humanidade primitiva.
Sexa como for, e como símbolo desa continuidade entre a Prehistoria Imaxinaria
da Antigüidade e a do século XIX, o caso é que o artigo no que desenvolvía dun
xeito máis extenso a súa visión da prehistoria levaba por título <(LaborOmnia
Vincit,, (por outra banda moi axeitado se ternos en conta a súa énfase no esfor-
zo como causa do Progreso). Nun fragmento das suas Georgicas o poeta latino
Virxilio narraba como o propio Xúpiter quixo que as condicións de vida dos huma-
nos -que ata agora viviran sen esforzos nin preocupacións baixo o reinado do
deus Saturno- empeorasen, facendo que a terra deixase de da-los seus froitos
espontaneamente e introducindo animais venenosos e de rapina, de 'tal xeito que
a partir de entón os humanos se debesen esforzar para satisface-las súas nece-
sidades e para se protexer, pois o crearlles dificultades era o xeito concibido por
Xúpiter para que progresasen e para que saisen da sua ((tristeindolencia>),como
dicía o propio Virxilio (Lovejoy e Boas, 1935). E precisamente o poeta emprega-
ba esas palabras -labor omnia vincif- como colofón da súa historiai3.
Esta coincidencia non pode ser fortuita. Non ha¡ dúbida de que Saralegui se
viu influenciado polo relato de Virxilio -o titulo do seu artigo é abondo significa-
tivo- e por toda a tradición anti-primitivicta que había detrás, e sintiu como esta
se axeitaba moi ben á antropoloxía e á arqueoloxía decimonónicas e tamén á
súa propia ideoloxía libre-cambista.

Benito Vicetto e Leandro Saralegui mantiñan diferentes visións da prehistoria.


A do primeiro pódese inserir no primitivismo duro (ainda que con algunhas mati-
zación~)e a do segundo plenamente nas tendencias anti-prjmitivistac.
Vicetto e Saralegui partían de enfoques diferentes e empregaban fontes dis-
tintas. Vicetto seguía o relato bíblico no referente á orixe e antigüidade da huma-
nidade. Saralegui, pola contra, facía seus algúns dos postulados da arqueoloxia

«Labor omnia vincit improbus et duris urguens in rebus egestas)] (Georgicas, 1, 145-146), <<O
traballo persistente vence tódalas cousas, e a necesidade urxe contra as penalidades= (Lovejoy e
Boas, 1935).
prehistórica: grande antigüidade dos seres humanos, estado de salvaxismo <<¡ni-
ciab e progreso subsecuente.
Vicetto na súa obra ignoraba practicamente a información arqueolóxica e non
tiña en conta a arqueoloxía prehistórica (Pereira González, 1996b). A súa con-
cepción da primeira poboación de Galicia apoiábase nas súas <<intuicións>) e en
motivos bíblicos e dos autores clásicos. En troques Saralegui dáballes ás dúas
unha enorme importancia e pretendía que a súa imaxe da prehistoria estaba
baseada exclusivamente nos datos arqueolóxicos, validando así as súas opi-
nións cunha apariencia <científica,>.
As fontes nas que se apoiaba Vicetto, a parte da Biblia e os textos clásicos
(incluidos os que falaban da antiga Gallaecia) eran autores españois e galegos
como Masdeu, Flórez, Mariana, Huerta, Gándara, Seguín, Cornide, Verea ou
Padín, todos eles (aínda os máis recentes) representantes dunha historiografia
anticuada e que estaba totalmente desfasada no referente ó tema da humanida-
de primitiva.
Fronte a estas fontes Saralegui aparecía moito máis <<actual>>, citando auto-
res sobranceiros da arqueoloxía e da antropoloxía decimonónicas: Mortillet,
Tylor, Lubbock, Cartailhac, Zaborowski...
A pesar de seren contemporáneos, Vicetto e Saralegui semellaban estar a
vivir en dous mundos ben diferentes, polo que respecta á historiografía e á meto-
doloxía histórica. Saralegui asimilara novas ideas e (cando menos teoricamente)
os novos requisitos necesarios para falar da hurnanidade primitiva. Vicetto apa-
recía ancorado no pasado, e de feito a parte da súa Historia de Galicia na que
trataba da primeira poboación do país ben podía ter sido escrita un século atrás,
no que a fontes, rnetodoloxía e ideas se refire.
Este aspecto <(anticuado,)da obra de Vicetto (dende os propios parámetros
da súa época) e o seu peculiar xeito de escribir historia axiña sinalan o seu rela-
to sobre os primeiros poboadores de Galicia como unha Prehistoria Imaxinaria.
A súa independencia de calquera labor arqueolóxico, antropolóxico e lingüístico
serios; a súa dependencia do relato bíblico e as súas personificacións, ((traició-
nanno,, tanto ós nosos olios como ós de algúns dos seus contemporáneos (por
exemplo Murguía). Pero el logrou dar unha historia diferente a Galicia.
Pola contra, a prehistoria de Saralegui -coas súas referencias á arqueoloxía
prehistórica, á grande antigüidade da humanidade ou ás idades de Pedra,
Bronce e Ferro- parécenos máis aceptable e máis actual, e podemos chegar a
considerar a Saralegui como un partidario do método arqueolóxico, sobre o que
se apoiaba exclusivamente cando falaba da prehistoria. E sen embargo a prehis-
toria de Saralegui, con tódalas súas referencias á arqueoloxía prehistórica e ós
datos empíricos que esta fornecía, non era menos imaxinaria. Formaba parte
desa <<antropoloxíainxenua~ldo século pasado que se prolonga no actual.
Ámbolos dous autores, con enfoques diferentes e motivados por obxectivos
distintos, prolongaban as Prehistorias lmaxinarias da Antigüidade e construían
un relato sobre as orixes da humanidade, ou dos primeiros habitantes de Galicia,
con base nunha serie de motivos artellados primeiramente por autores gregos e
romanos e transmitidos durante seculos a través da cultura europea.
Que estes motivos seguían a ter unha vixencia e un sentido no século XIX,
especialmente os anti-primitivistas, é algo que demostran Saralegui e Vicetto, e
como eles outros moitos autores europeos da época. Esas vellas imaxes da
humanidade primitiva eran as que Ile daban o seu sentido ós vestixios arqueoló-
xicos, uns sentidos -xa for primitivista ou anti-primitivistz+ que xa non eran
novos, e que quizais por ¡so foron aceptados no seu momento.
A de Saralegui e a de Vicetto eran Prehistorias imaxinarias que actuaban dal-
gunha maneira como ((mitos de orixe,> (Stoczkowski, 1994). A primeira explica-
ba as orixes da <(humanización>> dos primeiros humanos e as causas do seu
Progreso. E a orixe gloriosa dos ((galegos>> e de moitas das súas características
e dos seus costumes a segunda.
E como <<mitosde orixe>>tiñan as súa moral.
A de Saralegui era ben clara: o esforzo individual é o <<motor>>do perfeccio-
namento da sociedade e do Progreso, e a libre iniciativa sen intervención estatal
é o único xeito de garantir e fomentar ese esforzo. A súa Prehistoria lmaxinaria
era outro dos seus argumentos en contra do control da economía e das relacións
sociais por parte do Estado (Pereira González, 1996a e 1997).
No caso de Vicetto non parecía estar tan clara: ol'laba con simpatía a (<vida
natural>>dos primeiros (<galegos)> pero era á vez un abandeirado do Progresoe
recoñecía que aquela debía superarse no proceso de construcción do país. De
tódolos xeitos a personalidade ((celta,) de Galicia, presente dende os seus pri-
meiros poboadores, tiña que ser preservada.
En calquera caso, non cabe dúbida de que a persoa que lese, e que crese, o
que Vicetto dicía dos nosos (<devanceiros))debería sentirse orgullosa deles, pois
eran descendentes directos de Noé e monoteístas, e co seu potencial fecunda-
dor primitivo poboaran unha parte da Europa occidental.
BOAS, G. (1949) : Essays on Primitivism and related ideas in the Middle Ages. Baltimo re.
John Hopkins University Press (2"eimpresión: New York. Octagon Books. 1978).
BLUNDELL, S. (1986): The Origins of Civilization in Greek and Rornan Thought. London.
Croom Helm.
BOWLER, P. J. (1989): The lnvention of Progress. The Victorians and the Past. Oxford.
Basil Blackwell.
BOWLER, P.J. (1992): <<From'savage' to 'primitive': Victorian evolutionism and the inter-
pretation of marginalized peoples. Antiquity, 66, pp. 721-729.
COLE, Th. (1967): Democritus and the sources of Greek Anthropology. Michigan. Ann
Arbour.
DROGE,A. J. (1989): Homer or Moses? Early Christian interpretations of the History of
Culture. Tübingen. J . C. B. Mohr (Paul Siebeck) Verlag.
GÓMEZ ESPELOS~N,F.J. (1994): ((Tierras Fabulosas del Imaginario Griego>>en Gómez
Espelosín, F.J.; A. Pérez Largacha e M. Vallejo Girvés Tierras Fabulosas de la
Antigüedad : 103-303. Alcalá de Henares. Universidad de Alcalá de Henares.
GUTHRIE, W.C.K. (1957): In the Beginning. Some Greek views on the origin of Life and
the early state of Man. London. Methuen and Co. Ltd.
HALL. E. (1989): lnventing the Barbarian. Greek self-definition through Tragedy. Oxford.
Clarendon Press.
LOVEJOY, A.O. e BOAS, G. (1935): Prirnitivism and related ideas in Antiquity. Baltirnore.
John Hopkins University Press (2"eimpresión: New York. Octagon Books. 1965).
MEEK, R. (1981): Los Orlgenes de la Ciencia Social. El desarrollo de la Teoría de los
Cuatro Estadios. Madrid. Sig[o XXI (orixinal: Social Science and the lgnoble Savage.
1976).
MOMIGLIANO, A. (1979): ~(AncientHistory and the Antiquarian,,. Contributo alla Storia
degli Studi Classici, pp. 67-106. Roma. Edizioni di Storia e Letteratura.
MOMIGLIOANO, A. (1990): (<The Rise of Antiquarian Research)), The Classical
Foundations of Modern Historiography: 54-79. Harvard. University of California Press.
PEREl RA GONZÁLEZ, F. (1996a): Contribución á historia da arqueoloxía en Galicia: As
opinións sobre a humanidade primitiva e a información arqueolóxica na Galicia do
século XfX. Tese de Licenciatura inédita. Santiago. Universidade de Santiago de
Compostela.
PEREIRA GONZALEZ, F. (1996b): <<Unhacontribución ó estudio da historia da arqueolo-
xía galega: O emprego da información arqueolóxica en Galicia (1800-1922)>>,
Gallaecia, 14-15, pp. 7-29.
PEREIRA GONZALEZ, F. (1997): <<Opensamento arqueolóxico e antropolóxico de
Leandro Saralegui y Medina (1839-1910) >>,Cuadernos de Estudios Gallegos, XLI I1,
108, PP. 9-33.
RENALES CORTÉS, J. (1996): Celtismo y Literatura Gallega: La obra de Benito Vicetto y
su entorno literario. 2 volumes. Santiago. Xunta de Galicia. Servicio Central de
Publicacións.
SARALEGUI Y MEDINA, L. (1888): Estudios sobre Galicia. A Coruña.
SCHNAPP, A. (1993): La Conquete du Passé. Aux origines de larchéologie. Paris. Édi-
tions Carré.
SAHLINS, M. (1968): ((Notes on the Original Affluent Society>,en Lee, R. B. e Y. de Vore
(eds.) Man the Hunter: 85-89. Chicago. Aldine Publishing Company.
SAHLINS, M. (1983): (<LaSociedad Opulenta Primitiva,>. Economía de la Edad de Piedra,
pp. 13-53. Madrid. Akal Editor. (orixinal: Stone Age Economics, 1972).
sTOCKING, G.W. Jr (1982): <cTheDark-skinned Savage: The lmage of Primitive Man in
Evolutionary Ant hropology ,>.Race, Culture and Evolution. Essays in the Hictory of
Anthropology (2bdición), pp. 110-132. Chicago. The University of Chicago Press (1"
edición de 1968).
STOCKING, G.W. Jr. (1987): Victorian Anthropology. New York. Free Press.
STOCZKOWSKI, W. (1994) : Anthropologie NaCve. Anthropologie Savante. De /'Origine de
/"Homme. De 1<imaginationet des idées recues. París. CNRS Éditions.
VICETTO, B. (1865): Historia de Galicia. Tomo l. Ferrol.

You might also like