You are on page 1of 4

Desde tempos moi remotos, os seres humanos formuláronse preguntas sobre a súa vida

xa que está na nosa natureza ser curiosos. Esta necesidade de querer saber e de atopar
respostas deu lugar ao mito. Sen embargo, durante o Periodo Antigo, no S.VII a.C.,
nunha polis grega de Asia menor chamada Mileto, a unha serie de homes non lles
chegou a entusiasmar a idea de que as respostas sobre o mundo e a vida foran
imaxinativas. Debido a isto, comezaron a empregar un cuestionamento racional e, así,
deu lugar á filosofía. A filosofía é a primeira ciencia e significa o amor polo saber xa
que “filo” significa amor e “sofía” sabiduría. O pensamento filosófico xurdiu case ao
mesmo tempo en tres lugares: en China, en India e en Grecia. Sen embargo, as correntes
filosóficas de China e India tiveron un desenvolvemento máis enfocado á relixión, ao
contrario que en Grecia. Así que cando se fala de filosofía, adóitase referir á filosofía
occidental.
O nacemento da filosofía coñécese como o paso do mito ao logos. Un mito é unha lenda
de narración oral ou escrita de acontecementos sucedidos hai moito tempo. Os seus
personaxes adoitan ser seres sobrenaturais como deuses, heroes e seres antropomórficos
que realizan accións memorables para explicar o mundo actual. Os mitos ofrecen relatos
transcendentes nos que a natureza é descrita como imprevisible e caótica. Neles, todo
está dominado polo destino e depende da vontade dos deuses ou por forzas que fuxían
da comprensión humana. Os mitos adoitan ser arbitrarios debido a que hai moitos, pero,
a miúdo, están relacionados coa maxia e os ritos, xa que se cría que quen realizase un
acto de maxia podería obrigar aos deuses ou á natureza a cumprir os seus desexos. No
caso de que nalgún mito aparecese un rito, a persoa quen o realizaría serían sacerdotes
ou chamáns.
Por outro lado, “logos” na lingua grega significa “palabra” e “razón”. O logos é todo o
contrario ao mito. As explicacións sobre a realidade na razón baséanse nas causas
naturais e non en forzas marabillosas. Son inmanentes, xa que se refiren a causas e
motivos deste mundo. A natureza non é descrita caótica senón que se fala de ela como
regular e predicible porque obedece a leis que se poden investigar e entender.
As dito anteriormente, foron uns homes filósofos os que deron o paso do mito ao logos.
A estes filósofos se lles coñece como “filósofos presocráticos” porque viviron antes que
Sócrates. Ao seren os primeiros filósofos tamén se lles pode denominar como “os
primeiros filósofos” .
As principais preguntas que os presocráticos se formulaban tiñan que ver coa natureza;
por iso tamén se lles coñece como “os filósofos da natureza”. Estes primeiros filósofos
advertiron que a realidade estaba continuamente mudando e, así, xurdiu a pregunta “ten
a fisis un arxé común?”. “Fisis” significando “natureza” e “arxé” “orixe” ou “principio”.
Esta pregunta da lugar a unha etapa, chamada a etapa físico-cosmolóxica. Chámase así
debido a que a física é a ciencia que estuda a natureza e a cosmoloxía é a ciencia que
estuda o cosmos, que significa ordenado, a través da razón. Cabe resaltar que a
cosmoloxía non se pode confundir coa cosmogonía xa que, esta, estuda o cosmos, pero
a través do mito. Tendo en conta a pregunta sobre a orixe da natureza, os filósofos
propuxeron enfoques moi diversos para resolver a cuestión. Os filósofos, entón, se
dividiron en dous grupos: os que crían que a realidade só tiña unha orixe (os monistas) e
os que suxerían múltiples orixes (os pluralistas).
O primeiro filósofo monista do que se ten noticia é de Tales de Mileto. Tales
preguntouse cal podería ser o elemento orixinario do que procedían as demais cousas. El
observou que onde había auga crecía a vexetación e, así mesmo, el estudou as
cosmogonías e decatouse de que a auga era un factor moi importante. Ao ver iso,
considerou que a auga permitía a vida, así que para Tales o arxé era a auga.
Así como Tales pensaba que o arxé era a auga, para Anaximandro de Mileto o arxé tiña
que ser algo que non correspondese con ningunha das realidades que podemos ver ou
tocar. El sostiña que a orixe proviña dalgo inmortal, indestrutible, eterno e que non fose
xerado, pero que de el derive todo. Anaximandro lle puxo o nombre de “apeiron”, que
significa indeterminado. Tamén houbo outro filósofo monista de Mileto: Anaxímenes,
que xunto con Anaximandro e Tales pertencía á Escola de Mileto. Anaxímenes de
Mileto substituíu a indeterminación de Anaximandro por un elemento concreto: o aire.
El propuxo que o aire era a substancia básica e orixinario do mundo. Sen embargo,
ademais dos filósofos da Escola de Mileto tamén houbo máis monistas. Tamén estaban
Heráclito, Parménides e Pitágoras. Heráclito, coñecido como o escuro, consideraba que
o arxé era o fogo. El dicía que o mundo foi, é e sempre será fogo xa que as cousas
individuais proveñen do fogo e logo volven a el, creándose así un ciclo cósmico.
Heráclito e Parménides tiñan ideas que disipaban. A idea máis coñecida de Heráclito era
que o mundo estaba en constante movemento e cambio. Pero Parménides explicaba
mediante razoamentos circulares que o ser, é e que o non ser, non é. A conclusión á que
se chega con este planteamento é que o movemento non existe. Parménides suxería que
unha cousa non pode non ser e ser á vez porque é contraditorio, así que só queda o ser.
Pero como o ser é eterno, non se pode dicir tampouco que hai un arxé. Así que para
Parménides non había un arxé concreto.
O último dos filósofos monistas é Pitágoras de Samos. Pitágoras pertencía a Escola
Pitagórica e el foi quen iniciu o movemento filosófico do Pitagorismo. Tamén foi
Pitágoras o que propuxo a idea de que a filosofía era o amor polo saber. Pitágoras
descubriu que a música se podía explicar numericamente. Paralelamente os pitagóricos
(os discípulos de Pitágoras) se preguntaron se poderíase someter toda a realidade a
números. Eles crían que si; pensaban que había unha harmonía cósmica que permitía
que a natureza estivera ordenada en proporcións e patróns matemáticas. O arxé para
Pitágoras eran os números.
Así como para os monistas só había un arxé, para os pluralistas había varios.
Empédocles, ao ver os pensamentos dos filósofos monistas, preguntouse por que só
podía haber unha orixe e que o arxé non fose unha conxunción de moitos elementos.
Empédocles propuxo que o arxé era a auga, a terra, a aire e o fogo relacionados entre sí
grazas á interacción de dúas forzas cósmicas: o amor e o odio. Contiunuando cos
pluralistas, está Anaxágoras. Para el o arxé eran as sementes. Anaxágoras sostiña que a
realidade estaba formada por sementes que eran indestrutibles, inalterables, invisibles e
que estaban formadas por todas as cousas en diferentes proporcións. Sen embargo, a
Anaxágoras lles escapaba a explicación racional de como e por que cada semente ía ao
seu determinado lugar. Así que explicou que había unha forza cósmica que funcionaba
como forza motriz, á que denominou “Nous”. O último dos pluralistas e Demócrito.
Pertenceu a Escola Atomista. Demócrito cría que o mundo estaba composto por
pequenas partículas indivisibles, ás que chamou átomos. Do grego “a-tomos” que
significa “indivisible”. Estas partículas as considerou o ser, en contraposición ao vacío
que o considerou como o non ser. Así como Anaxágoras pensaba que as súas sementes
eran inalterables, Demócrito sostiña que os átomos teñen movemento propio e se xuntan
ou repelen por puro azar.

You might also like