You are on page 1of 4

FILOSOFÍA MEDIEVAL

A Idade Media comeza coa caída do Imperio Romano de Occidente (476) e remata coa caída do
Imperio Romano de Oriente (1453). A filosofía medieval abarca arredor de mil anos nos que distinguimos tres
etapas: a de inicio, a de aúxe e a de decadencia. En cada etapa destaca un filósofo que sería o representante
do pensamento do momento: Agostiño de Hipona, Tomé de Aquino e Guillerme de Ockham, respectivamente.
A problemática da filosofía medieval centrouse nos universais e na discusión fe-razón.
Primeira etapa
A separación do Imperio Romano de Occidente e o de Oriente nun contexto de crise provocou unha
paulatina ruralización do Imperio de Occidente. Os patricios abandonaron a urbe e convertéronse en señores
feudais, levando consigo a escravos e libertos, e atraendo tamén a outra poboación polas mellores condicións
da vida no campo. Así, apareceu unha nova forma de organización.
Tras a caída do Imperio Romano de Occidente en mans dos pobos xermanos, o poder político foi débil,
situación que a Igrexa aproveitará para ocupar ese baleiro de poder.
A escisión entre ambos imperios a nivel político tamén foi a nivel cultural. O Imperio Romano de
Occidente pechouse sobre si mesmo e desapareceu nel toda a tradición grecorromana, que si se conservará
no Imperio Romano de Oriente. Produciuse un retroceso a nivel cultural, científico e técnico.
En canto ao ámbito da filosofía, permanecen a filosofía platónico e o neoplatonismo de Agostiño de
Hipona e Paulo de Tarso. Estes dous pensadores, xunto con outros intelectuais, unificaron a filosofía platónica
e o pensamento cristián na súa metafísica, mentres que seguirán o pensamento teolóxico cristián.
AGOSTIÑO DE HIPONA
1. BIOGRAFÍA
Agostiño de Hipona nace en Tagaste (na actual Arxelia) no 354 d.C., fillo de pai pagán e nai cristiá,
condición que vai facer que entre en contradición en distintos momentos da súa vida. Aos 19 emprende unha
busca espiritual que o vai facer pasar por distintas etapas. Aceptou o maniqueísmo, que explicaba o mundo
como o resultado dunha loite entre ben e mal, despois entrou en contacto co neoplatonismo para finalmente
achegarse ao cristianismo. Bautízase no 387, é ordenado sacerdote no 391, conságrano como bispo de Hipona
no 495 e morre alí no 430. Foi chamado Agostiño de Hipona porque pasou neste ligar a maior parte da súa
vida.
2. TEORÍA DO COÑECEMENTO E CONFLITO ENTRE RAZÓN E FE
• Coñecemento sensible: coñecemento adquirido a través dos sentidos, que serve para iniciar o proceso
de ascensión ao verdadeiro coñecemento. Non renega do coñecemento sensible como Platón, pois o
mundo e a realidade sensible son obra de Deus.
• Coñecemento intelectual: proceso de organización por parte da razón do coñecemento sensible.
Dános a capacidade de actuar, porque nos di como facelo, e permítenos entender as ideas divinas
porque a razón é a voz de Deus en cada un de nós.
• Coñecemento contemplativo: é a contemplación das ideas eternas, da verdadeira
sabedoría, do coñecemento de Deus. Só é alcanzable mediante un acto de
iluminación1 divina que nos ten que ser concedidos por Deus. Non é un
coñecemento activo como o sensible e o intelectual, senón que a divindade
concédeo como premio pola fe, a aqueles que a aman por riba de todo.
O debate entre a fe e a razón en Agostiño de Hipona soluciónase coa subordinación: se entran en
contradición as verdades teolóxicas e as verdades filosóficas, pesan máis as teolóxicas. A fe é a guía que indica
as verdades que deben aceptarse, mentres que a razón é unha axuda para comprender mellor estas crenzas.
Credo ut Intelligam, creo para entender (é dicir, a fe resulta imprescindible para o coñecemento)
sintetiza o esencial desta postura que mantén a existencia dunha soa verdade: a cristiá, sexa esta revelada ou
razoada, sendo considerada a filosofía como unha escrava auxiliar da teoloxía.

1 Iluminismo: teoría agostiña segundo a cal a verdade só pode acadarse mediante a axuda e graza divina, que nos ilumina así
permitíndonos así acceder ás verdades eternas e inmutables.
3. PODER CIVIL VS. ECLESIÁSTICO
O poder terreal sempre debe estar subordinado ao poder da Igrexa. Esta doutrina recibe o nome de
cesaropapismo. A autoridade por riba de todo é a papal, ao servizo do cal está o poder civil. Deus escolle un
representante na Terra: a Igrexa, encabezada polo papa.
A Igrexa é superior ao Estado e as leis da Igrexa son superiores ás leis dos Estados civís, ata o punto de
que un gobernante non pode selo se non é investido pola Igrexa. A Igrexa inspira e controla o poder temporal 2
e a xustiza está sometida ao poder de Deus.
• TEORÍA DAS DÚAS ESPADAS: hai dúas espadas que pertencen á Igrexa. Unha é a espada espiritual,
empuñada polos sacerdotes, mentres que a outra é a espada material, empuñada polos soldados. Un
feito histórico que se fundamenta nesta teoría son as cruzadas, protagonizadas por ordes relixiosas
como os templarios nas que os frades eran ao seu tempo soldados.

SEGUNDA ETAPA
Na segunda etapa da Idade Media os señores feudais xa están asentados, cun maior poder, a pesar de
que o poder supremo segue a ser a Igrexa. Paulatinamente, as monarquías comezarán a consolidarse.
Aparecen dúas grandes ordes relixiosas: o Císter e o Cluny. Os mosteiros constitúen señoríos feudais
rurais que basean o seu poder na propiedade de terras.
Occidente comeza a abrirse máis culturalmente, tanto ao Imperio Bizantino como ao mundo
musulmán. Gran parte do coñecemento da antiga Grecia chegou a occidente a través dos islámicos, que
traduciron cantidade de textos e escritos. Recuperáronse así autores que se perderan para o mundo
occidental. Entre estes autores atopamos a Aristóteles, cuxo pensamento non encaixaba tan facilmente co
cristianismo como o platonismo.
A predicación de Mahoma no século VII deu lugar ao islam, que rapidamente se estenderá ao tempo
que o fai o civilización islámica. A chegada desta relixión, así como a do xudaísmo, fixo ver que existían distintas
visións de Deus, distintas visións da vida despois da morte, distintas interpretacións da realidade e de vivir
unha relixión. Esta situación fai ver que as verdades non son absolutas, porque hai contradicións, e aparecen
novas formas de interpretar o cristianismo, como o priscilianismo.
Entre os moitos filósofos musulmáns, atopamos a AVERROES, que subordina a
fe á razón, xa que Deus deunos a capacidade de pensar para entender, de xeito que só
debemos utilizar a fe cando non somos capaces de entender. Averroes defendeu que a
relixión é un asunto privado que debía ser respectado.
Vívese un proceso de urbanización e os burgos fixéronse fortes. Xorden
profesións especializadas que se ordenaron en torno a gremios. Así mesmo, cobra
importancia o comercio e aparece a burguesía, que mellorou a súa calidade de vida.
Fúndanse as primeiras escolas e universidades que, aínda baixo a influencia da Igrexa, non estaban
situadas nos mosteiros, é dicir, ían máis aló da formación dos frades.

TOMÉ DE AQUINO
1. BIOGRAFÍA
Tomé de Aquino nace en Aquino (Nápoles) no 1225. É fillo dos condes de Aquino e ten claro desde
novo que quere tomar a carreira eclesiástica. Estuda no mosteiro de Montecasino e, posteriormente nas
universidades de Nápoles e París.
Pretende ordenarse nunha orde mendicante, os beneditinos, pero os seus pais opóñense a esta
decisión, polo que o encerran durante unha tempada. Escapou durante o enterro do seu pai e, tras os
enfrontamentos coa súa familia, permítenlle seguir unha carreira intelectual.
En Nápoles Tomé puido acceder a toda unha serie de libros aos que non podería de estar noutras
universidades. Será el quen traduza moitos dos textos do grego clásico ao latín. En París entrou en contacto
con Alberto Magno, un gran averroista, e outros docentes que o axudarán a comprender e afondar no que
lera.
2Poder civil, o goberno dun país en mans de civís, en oposición ao goberno da Igrexa, que posúe o poder espiritual.
Foi Tomé de Aquino o gran adaptador do aristotelismo ao pensamento cristián. Deu clase en moitas
universidades, sempre apartándose da polémica, pois era un home cunha timidez patolóxica que lle valeu o
alcume de “boi mudo de Nápoles”.
Con todo, as súas reflexións intelectuais vano levar inevitablemente a ter problemas co papado.
Defende como Aristóteles que somos seres sociais por natureza, e como Cristo que somos iguais
independentemente do estamento, a procedencia, a cor de pel, o sexo ou a relixión, de xeito que ningún
humano ten dereito a gobernar sobre outro.
A consecuencia das súas declaracións acúsano de impiedade. Tomé non é quen de soportar a
situación e sufre unha gran crise no 1273, despois da cal non volverá a ser o mesmo. No 1274 é chamado ao
concilio de León para ser sometido a xuízo, a pesar de que Tomé non sería capaz de defenderse polo seu
estado. De camiño, indo a cabalo, caeu cara atrás e quebrou o pescozo. Morreu sen ser xulgado e puido ser
santificado.
2. CONFLITO ENTRE RAZÓN E FE
Tomé de Aquino defende a coordinación, existindo ámbitos propios da
filosofía/razón (o natural) e outros propios da fe/teoloxía (o sobrenatural). Así
mesmo, existirían tamén ámbitos para os que serían necesarias as dúas. Fe e
razón non terían que entrar en contradición, pois parten de perspectivas distintas
e son dúas fontes diferentes de saber. Se nalgún momento se contradixesen,
sempre pesarían máis as verdades de fe, pois Deus nunca se equivoca pero nós si
podemos facelo.
Nos ámbitos específicos da fe atopamos:
• Artigos de fe: partes da doutrina que só poden ser obxecto da reflexión teolóxica, pero non poden ser
demostrados racionalmente. Por exemplo: trinidade de Deus, transustación no sacramento da
eucaristía, condición virxinal de María.
• Preámbulos de fe: partes da doutrina que poden ser argumentados racionalmente e, polo tanto,
poden ser asumidas como un acto de fe pero tamén como un acto racional. Tomé de Aquino
argumentou a demostración dunha serie de preámbulos de fe seguindo sempre a mesma estrutura:
◦ Todas parten dun feito da experiencia real.
◦ Argumenta ese feito en base ao principio da causalidade.
◦ Demostra a existencia de Deus en base a ese feito.
Por exemplo, demostra a existencia de Deus partindo da limitación dos seres vivos, que nalgún
momento non existiron. Por tanto, é necesaria a unha causa fóra destes seres, algo que sempre
existise e que os crease, e esta causa primeira sería Deus.
3. PODER CIVIL VS. ECLESIÁSTICO
Segundo Tomé de Aquino, a Igrexa debe encargarse dos asuntos espirituais. O poder civil, en cambio,
debe ocuparse das cuestións humanas e terreais. Aínda que ambas institucións son necesarias e teñen o seu
propio ámbito de actuación, a Igrexa ocupa unha posición preeminente pola superioridade da misión que ten
encomendada.

GUILLERME DE OCKHAM
1. CONFLITO ENTRE RAZÓN E FE
Guillerme de Ockam foi un filósofo empirista, e defenderá a completa
escisión entre fe e razón, sendo estas dous ámbitos distintos e radicalmente
separados entre si. Non hai ningún espazo común ao que poida chegarse a
través da filosofía e da fe relixiosa.
A teoloxía sería un conxunto de nocións prácticas baseadas na revelación e que conducen ao
misticismo. Crer en Deus é un acto de fe, e intentar demostrar a súa existencia a través da razón sería un
sacrilexio.
A divindade creou a realidade tal e como a coñecemos no momento, pero nada lle impide crealo todo
dunha forma completamente diferente, porque é omnipotente. Deus non respecta ningún condicionamento
racional, polo que non existen os universais ou ideas exemplares a partir das cales as cousas serían creadas.
Só a experiencia pode servirnos para coñecer o que existe e o funcionamento das cousas. Por iso, a
filosofía encárgase do ámbito da experiencia, do coñecemento práctico e da ciencia.
2. PODER CIVIL VS. PODER ECLESIÁSTICO
Desde o punto de vista de Ockham, o poder papal non debe intervir no poder civil.
El pertencía á orde dos franciscanos, que por aquel entón estaba dividida en dúas tendencias: os
conventuais (defensores do poder económico e político da Igrexa, baseándoo na posesión de terras) e os
fraticelli (que defendían que a Igrexa debía renunciar ao poder e ser pobre, para dedicarse á vida mendicante e
ao auxilio aos demais). A maior parte da orde franciscana, incluíndo a Ockham e ao xeneral desta, eran
fraticelli.
O papado de Aviñón acusou a Ockham de defensa da teoría da dobre verdade (averroísta) e de
herexía. O conxunto dos franciscanos de toda Europa reuniuse en Aviñón e o papado, por medo ao que
puidese acontecer, deixounos marchar e refuxiarse na corte do emperador. O Papa excomulgou ao emperador
e os franciscanos decidiron recoñecer ao Papa de Roma.
Finalmente, a maior parte dos fraticelli foron expulsados da orde franciscana. Ockham morreu
excomulgado, probablemente debido á peste.

You might also like