You are on page 1of 3

O PASO DO MITO AO LOGOS

Ao redor do século VI a.C rexístranse fondas transformacións nos núcleos de


civilización do Oriente. As formas relixiosas ancestrais, dan paso a novas formas
de visión e pensamento. Na China aparecen o taoismo e o confuncianismo, na
India o budismo, no Imperio Persa o zoroastrismo, no xudaismo os profetas...
Estas novas formas modulan as relixións primitivas, dotándoas de dimensións mais
trascendentes e sólidas, filosofícas. As causas destas transformacións son o
agotamento das tradicións ante os múltiples cambios sociais, económicos e
políticos que acontecen na Idade do Ferro.
En Occidente a transformación maniféstase nas colonias gregas de Xonia, en
Asia Menor, nas que agroma un novo modo de pensar nun proceso que soe
denominarse “paso do mito ao logos”. Ante os interrogantes da existencia (Qué é o
mundo? De onde provén? Onde vai?...) as explicacións e respostas tradicionais
recurren ao MITO: narracións simbólicas, sobrenaturais, lexendarias, onde
interveñen a maxia e o capricho dos deuses, mesturadas con ritos comunais e
referencias ancestrais. Fronte a elas, a nova forma de visión, o LOGOS, busca
explicacións naturais, compartibles, discutibles, racionais, atentas as causas.
O primeiro representante desta nova corrente é TALES DE MILETO.
Inxeñeiro, astrónomo, matemático, a sú reposta ante cuestión da orixe e
consistencia da FISIS é a busca dun ARXÉ, un elemento natural que sexa o
fundamento e principio de todalas cousas: o auga.
Esta nova forma de pensar é o inicio da filosofía e das ciencias.

O XURDIMENTO DA FILOSOFÍA

Os primeiros pensadores que propoñen explicacións naturais e racionais


(logos) fronte as respostas tradicionais e relixiosas (mitos) xorden nas colonias
gregas de Xonia e Magna Grecia, coma Mileto, Éfeso ou Elea. Nestas polis
conflúen diversos factores que catalizan a aparición da filosofía ou do pensamento
“científico”:
Son polis de formación recente, sen o peso dunha tradición secular, sen unha
organización relixiosa estrita, sen libros sagrados. Situadas entre Oriente e
Occidente, reciben tradicións culturais moi diversas (Mesopotámicas, Exipcias,
Persas, Fenicias...). Están afeitas ao alfabeto, unha escrita accesible que permite a
codificación e difusión do coñecemento dun xeito mais amplo que as escritas
cuneiformes ou xeroglíficas dos escribas. Son enclaves comerciais, abertos a
outras tradicións culturais, poboacións acostumadas ao trato con cosmovisións moi
diferentes, afeitas a relativizar as propias perspectivas. Son nódulos de intercambio
comercial, económico, social, cultural. As grandes cidades dos imperios de Exipto,
Persia ou Babilonia organizábanse ao redor do Pazo e o Templo. As polis, ao redor
da ÁGORA: a praza pública, na que se fai o mercado e reúnense os cidadáns: un
centro vital de intercambio comercial, social e cultural. As ágoras, onde os
cidadáns dialogan, intercambián, votan e discuten, son o berce onde xorde a
filosofía. No Templo os fieis escoitan e repiten, no Pazo os súbditos reverencian e
obedecen. Na ágora os cidadáns intercambian ideas e teñen que "dar razón" das
súas opinións. Este novo nivel de conciencia é a orixe do paso do mito ao logos,
a substitución das lexitimacións tradicionais pola discusión racional. Primeiro
aparecerán pensadores "físicos", preocupados pola explicación da natureza;
despois, os sofistas, ocupados na política e a retórica.

A CUESTIÓN DA FISIS

A primeira cuestión pola que se interrogan os pensadores do século IV aC é


a NATUREZA, a FISIS, no seu doble aspecto de “o que hai” e “a forma de ser do
que hai”, a esencia. Que é a natureza, o mundo, o cosmos, o universo, as cousas?
As respostas míticas recurren ao sobrenatural (deuses, acontecementos
ancestrais) para explicar a natureza do mundo. A actitude filosófica (LOGOS) inicia
a procura das causas dos fenómenos, explicacións naturais para o natural.
Os problemas que suscita a observación da FISIS son múltiples: De que
están feitos os elementos deste mundo? De onde proveñen? Como explicar os
cambios e transformacións? Hai algo que permaneza baixo os cambios? Como se
establece o cosmos (orde) no caos? Por que todo é diverso? Hai algunha unidade
baixo esa diversidade?
O problema é explicar a orixe e consistencia das cousas, conciliar o cambio e
a permanencia, a multiplicidade e a unidade, o ser e a apariencia.
A primeira solución é o concepto de ARQUÉ. A busca dun principio
constitutivo, un elemento fundamental que conforme todas as cousas e de razón
da súa orixe, consistencia, unidade e permanencia.

O XIRO ANTROPOLÓXICO

You might also like