You are on page 1of 14

FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

TEORÍA E MÉTODO
DA ARQUEOLOXÍA
Iago Pereira López
O nome de arqueoloxía deriva de αρχαιοσ λογοσ. Eeste termo remóntase á época
grega, sendo nos escritos de Platón onde se atopa a utilización do vocablo, polo que non
é un neoloxismo. As ideas da arqueoloxía no imaxinario popular son a aventura, a
investigación, exotismo e tesouros e a técnica da búsqueda e recuperación dos restos do
pasado.

Na actualidade defínese como a reconstrucción da vida da antigüidade, o estudo


das culturas antigas mediante a análise e interpretación dos vestixios materiais e
presenta o método arqueolóxico. É dicir, é unha ciencia que estuda as culturas do
pasado a través dos seus vestixios materiais cunha metodoloxía propia co obxectivo
final de facer historia ou antropoloxía.

A antropoloxía é a ciencia do home, e divídese en física; características físicas


da especie humana como especia animal, e cultural; características derivadas da cultura
e da sociedade. A antropoloxía está vinculada á etnografía, que estuda as culturas vivas
individuais, e a etnoloxía, que realiza uns estudos baseándose na evidencia etnográfica
para obter os principios xerais sobre a cultura e a sociedade.

No ámbito da prehistoria da escola americana, a arqueoloxía preséntase como


unha paleoetnografía ou paleoetnoloxía. A antropoloxía cultural basea o seu estudo na
cultura material e noutros aspectos inmateriais, mentres que a arqueoloxía céntrase na
cultura material conservada.

A etnoarqueoloxía é a etnografía das sociedades vivas contemporáneas


utilizando a metodoloxía arqueolóxica. Esta metodoloxía tamén é válida para o estudo
das sociedades do presente e non só as do pasado.

A interpretación da arqueoloxía como disciplina histórica é común na


arqueoloxía. A inexistencia de documentación nas culturas máis antigas é o que ten
levado á prehistoria a tomar outras vías de coñecemento, aproximándose á disciplina
antropolóxica.

A disciplina arqueolóxica é moi comparada coa historia xa que comparten un


obxectivo final común: a reconstrucción e explicación da vida do pasado. Non obstante,
as súas diferenzas residen principalmente nos medios de coñecemento e na metodoloxía
empregada.

A documentación escrita fronte a documentación material presenta unha serie de


desvantaxes xa que esta documentación escrita é, practicamente inextistente nos grandes
antigos períodos históricos, mentres que o documento material é universal, calquera
sociedade pode producir cultura material e son documentos case ilimitados.

O documento escrito de época antiga non pode ser considerado como orixinal
(excepto os textos epigráficos) xa que en gran parte este coñecemento se da pola
transmisión xeneracional, mentres que o rexistro arqueolóxico é orixinal e fiable xa que
chega aos nosos días directamente, sen intermediario.
A documentación escrita é parcial, e soamente plasmouse o que se consideraca
necesario para ser recollido por escrito. É dicir, só se recolle o memorable. O rexistro
material tamén é parcial a causa da destrucción dos vestixios polo inexorable paso do
tempo. Non obstante, achega unha información diferente máis ben relativa á vida cotiá,
funcionando coma unha información complementaria á documentación escrita. Lógrase
así a creación dunha historia socioeconómica das colectividades complementaria á
historia convencional e factual.

Para toda época histórica, a documentación escrita polo humano pasado pasa
polo filtro da mente xa que sempre hai un interese dentro da divulgación e transmisión
da información. Os restos materiais teñen unha información positivia e veraz xa que
supón a plasmación tactil da vida no pasado, xa que carece de interese fóra da súa
funcionalidade.

Non obstante, o documento escrito concentra e condensa moita información,


mentres que cada item material presenta unha información ínfima. Este problema
palíase mediante a multiplicación das evidencias materiais. ´

O documento escrito é intrínseco, a información procede de si mesmo, mentres


que a información da materia depende do seu contexto, onde está e con que outros
obxectos se atopa. É unha información extrínseca.

O documento escrito fala por si mesmo e transmite información obvia e


evidente, mentres que os obxectos son medios de información mudos xa que deben ser
analizados para extraer a información oculta que posúen.

A metodoloxía arqueolóxica é máis próxima ao método científico. O arqueólogo


emprega as evidencias materiais coma pistas válidas para reconstruir o pasado, aínda
que queda incompleto pola escaseza de pezas ou pola incomprensión destas.

Arqueoloxía e Historia camiñan por sendeiros paralelos e semellantes: ao


principio buscaban coñecer os feitos do pasado, a Historia evenemencial e a
Arqueoloxía tipolóxica, para pasar a averiguar a causa dos feitos e explicar a evolución
e o cambio, a Historia socioeconómica e a Arqueoloxía procesual.

ARQUEOLOXÍA E A ARTE
A obra de arte tamén é un obxecto de estudo par parte da arqueoloxía. As obras
de arte das culturas pasadas funcionan como documentos materiais de excepcional valor
histórico. A arte é manifestación privilexiada dunha sociedade.

A historia da arte presenta 4 enfoques: estilístico; estilo propio a cada período,


iconográfico; existe unha imaxe e un modo de contar para cada época, social; a
producción é o reflexo socioeconómico e ideiolóxico da sociedade, e o comunicativo; a
interacción do artista co público que recibe e interpreta a mensaxe.
A orixe das disciplinas está en Winckleman, e será continuada pola escola
anticuarista alemá. Predomina o enfoque estético ante o historicista. A arqueoloxía é
literaria e busca a recuperación das obras. No século XX iníciase o auxe do historicismo
e da excavación estratigráfica.

A teorización e diferenzas de ambas disciplinas radican nos obxectivos finais


pretendidos e no modo de ler e interpretar as manifestacións artísticas. A historia da arte
tradicional pretende atinxir ao máis alto nivel da arte, a expresión dunha necesidade
instintiva característica da natureza humana, o que se resume como o arte polo arte.

Por outra banda, a arqueoloxía estuda os niveis previos de investigación formal


da obra, ou sexa, a considera como un produto histórico cunha funcionalidade práctica.
Pódese distinguir unha contribución personal do artista e do estrato social ao que
pertence. Así, en época antiga, a arte é unha produción social. Estes niveis se integran
na obra (valor estético e histórico). O primeiro valor é adquirido mediante a análise do
segundo. El único modo de adquirir el hecho estético es historizarlo.

ARQUEOLOXÍA E CIENCIA
A arqueoloxía e a ciencia están no debate de se son ciencias ou narracións. Unha
ciencia é aquela disciplina cunha estrutura teórica que permite explicar os fenómenos
observados. As dúas disciplinas cumplen estes requisitos, e se enmarcan dentro das
ciencias brandas. O método arqueolóxico constitúe o principal elemento que sustenta o
carácter científico desta disciplina. É un método científico, no que se recollen as
evidencias, experiméntase nas excavacións, formúlanse hipóteses, contrástanse con
novos datos e elabórase un modelo explicativo.

A arqueoloxía non se circunscribe a ningún límite cronoespacial concreto. É tan


ampla que necesita dunha división en distintos campos: prehistórica, clásica e histórica.
Isto produce unha especialización dentro da interdisciplinaridade da metodoloxía
arqueolóxica.

HISTORIA DA ARQUEOLOXÍA
A orixe reside no interese e curiosidade polo mundo antigo, especialmente o
mundo clásico. Os historiadores grecorromanos realizan obras de descrición e estudo
dos monumentos do pasado. En época clásica tamén hai un tímido inicio do
coleccionismo e da excavación por curiosidade para recuperar as obras, destacando a
Nabónido, rei de Babilonia, e os esforzos gregos por recuperar os xacementos
micénicos.

Teñen máis importancia as excavacións romanas de Sertorio en Mauritania e o


coleccionismo crece de obras de arte antigas por parte dos nobilitas ou emperadores
romanos.
Xa aquí iníciase unha desconexión entre a teoría e a práctica, ofrecendo unha
interpretación mítica dos restos do pasado. Na Idade Media perderáse todo o interese
polo pasado.

No século XVI e XVIII iníciase a fase especulativa do Renacemento e da


Ilustración. O humanismo significa o redescubrimento do arte clásico e da antigüídade,
o que implica a publicación de obras de descripción dos descubrimentos, que inspiran á
arte que nacerá posteriormente. Desenvólvese un coleccionismo promovido polos
mecenas e polo papado. Isto implica o inicio de pequenas excavacións á procura de
obras de arte que serán recuperadas pero tamén destruídas. Créase a Superintentendenza
alle Antichita de Roma. Este coleccionismo exténdese a outros países, e o anticuarismo
consolídase na ilustración.

No século XVIII prodúcese a extensión do interese arqueolóxico a outras


cultursa do pasado e se procuran os vestixios nacionais. Consolídase o anticuarismo
local e extranxeiro. O chamado Grand Tour consiste en longas viaxes exploratorias dos
xoves das clases altas como parte do seu proceso formativo. Destaca a Royal Society od
Dilettanti. Levan a cabo excavacións buscando pezas de colección e publicando obras
enciclopédicas cos seus resultados. Fúndanse sociedades e academias destinadas aos
estudos históricos xunto con museos de antigüidades. Inícianse escavacións sistemáticas
e extensivas con Sr. Richard Colt Hoare e Alcubierre e de La Vega en Pompeia e
Herculano. En América destaca a primeira escavación estratigráfica de Thomas
Jefferson.

A recuperación dese rexistro arqueolóxico supón un xiro ás limitacións


existentes respecto ña antigüidade pola inexistencia da Prehistoria. Non pode existir
polas teorías bíblicas da orixe do home e da Terra. O que domina para explicar a orixe é
esta teoría bíblica de James Usshen, quen establece que o mundo e o home foron
creados por Deus no 4004 a.C. A teoría catastrófica do século XVIII combina o
paradigma bíblico cos estudos de Georges Buffon e Georges Couvier, que establecen
unha orixe de hai 80ka, evolucionando nunha serie de etapas naturais separadas por
grandes catástrofes. O home nacería na etapa 6 e a humanidade se desenvolvería na 6º e
7º etapa.

Durante o século XIX hai grandes descubrimentos polo auxe do anticuarismo


que vai acompañado do descubrimento de civilizacións antigas. A arqueoloxía deixa de
ser exclusiva dos eruditos para ser desenvolta por grupos, sociedades e academias
orientadas a tal fin. Créanse novos museos arqueolóxicos nacionais e dótase de especial
importancia ás pezas xa que son obxectos de exposición para unha sociedade occidental,
causando unha gran admiración e impacto na masa social.

“a arqueoloxía moderna nace coa chegada de Fidias ás beiras do Támesis”

Moitas das obras que chegan aos museos europeos chegan polo expolio colonial
das potencias europeas, crecendo unha forte competencia entre Francia, Inglaterra e
Alemaña. Aparece a figura do “saqueador profesional” que busca pezas e as
subasta.Este anticuarismo será potenciado polo movemento do Romanticismo, que
fomenta a aventura, o descoñecido e o exótico.

A exiptoloxía iníciase a partir da expedición napoleónica a Exipto acompañados


dun equipo de eruditos. A sociedade francesa impresiónase ao coñecer as maravillas
protexidas en Exipto. Outras expedicións inglesas descubrirán a maioría dos
xacementos e monumentos e enviarán as pezas a Europa. Aquí detaca Giovanni Belzoni
e outros “saqueadores profesionais”. Grazas ao descubrimento da pedra Rosseta pódese
descifrar a escritura xeroglífica. Neste período establécense as bases da investigación
histórica exipcia. Champollion é o primeiro que descifra esta escritura xeroglífica.

A etapa de 1858-1881 continúa a tendencia e sistematiza a explotación


arqueolóxica exipcia. Destaca August Mariette, mamur ou comisario de antigüidades
baixo a administración francesa. Perseguirá aos saqueadores para controlar, non
combatir, o tráfico ilegal de pezas para que acaben nos museos nacionais.

En Mesopotamia, na época de 1842-1890, saqueadores, exploradores e pioneiros


buscan obxectos e pezas valiosas. Dedícanse á exploración e explotación dos
xacementos. Franceses e ingleses competirán entre si por obter máis obras e mellores no
menor tempo posible. As escavacións son de tipo mineiro. Destacan Paul Emilé Botta e
Henry Layard.

No Mar Exeo hai unha etapa entre 1812 e 1890, unha etapa dominada polos
exploradores oficiais e os arqueólogos románticos, como Schliemann. Hai unha gran
cantidade de eruditos e diplomáticos franceses para expoliar o patrimonio grego, zona
que atopábase baixo o dominio otomano. Schliemann será explorador e o descubridor
de Hisarlik, xacemento identificado coa Troya homérica. Terá gran influencia nos
eruditos da época. Será enriquecido cos seus negocios comerciais e pola súa elevada
formación académica. O abandonará todo e se consolidará como modelo de arqueólogo
romántico ao seguir o seu soño de atopar vestixios dos poemas homéricos. As súas
escavacións eran de tipo miñeiro e atopou Micenas e Tirinto.

Contemporaneamente, prodúcese o movemento da Prehistoria europeo ao


aceptar no século XIX, a antigüidade do home e da terra, fronte ao inmobilismo bíblico
ou catastrofista. Descúbrense útiles líticos asociados a restos paleonolóxicos de animais
antidiluviais, polo que tería que haber un home antediluviano primitivo. Esta teoría será
sostida por Perthes e Lartet. Dende 1880, co achado de Altamira, comezan a ser comúns
os descubrimentos de pintadas paleolíticas. Establécese e acéptase a teoría de Kelvin,
que eleva a antigüidade da terra e establece que esta segue un proceso paulatino e
gradual. Tamén acéptase a teoría darwinista, que establece que todas as especies
evolucionan seguindo a selección natural.

Christian Thomsen é o director do museo Arqueolóxico de Dinamarca e


establece o sistema de tres idades, que será o primeiro sistema de clasificación e
interpretación dos vestixios arqueolóxicos. O sistema de pedra, bronce e ferro senta as
bases da taxonomía actual, do método tipolóxico e do sistema de cronoloxía mediante
unha aproximación socioeconómica do período histórico.

A finais do século XIX-XX consolídase a arqueoloxía como disciplina


humanística de carácter científico. Multiplícanse as excavacións en diferentes partes do
mundo co obxectivo de coñecer as civilizacións do pasado e non soamente recuperar as
pezas de colección. Perfecciónase a técnica da escavación mediante o método
estratigráfico e a datación, e sistematízase e desenvólvese a arqueoloxía teórica.

A arqueoloxía científica exipcia vai do 1881 ao 1914. É a época de grandes


escavacións promovidas por institucións arqueolóxicas. E estas misións francesas e
inglesas se sumarán alemáns, italianos e estadounidenses. A atención céntrase nas
pirámides e nos templos. Williams Flinders Petrie emprega por primeira vez o método
estratigráfico e ensaia coa datación da seriación contextual na necrópole de Abydos.

No ano 1922 prodúcese o descubrimento da tumba intacta de Tutankhamón por


parte de Howard Carter e Lord Carnarvon, o que produxo un grande impacto
sociolóxico para a sociedade europea do momento, e contribui á consolidación da
arqueoloxía como disciplina científica. A partir de 1952 prodúcese a primeira obra ou
operación internacional de salvamento e recuperación dos monumentos que ían quedar
sumerxidos pola construcción do embalse de Abu Simbei, e a participación española
culminaría na doazón e traslado do Templo de Debod a Madrid.

A arqueoloxía en Oriente Próximo na etapa de 1891 a 1914 destaca pola


actividade de Petrie en Palestina, onde aplica o método estratigráfico e o inicio da
arqueoloxía en Terra Santa. Inícianse grandes escavacións estratigráficas alemanas en
Babilonia, Assur e descubren a civilización Hitita. As misiones arqueolóxicas francesas
extraen en Irán o código de Hammurabi. De 1920 a 1945 ten lugar o período de ouro
para esta arqueoloxía mesopotámica, cando multiplícanse as misións arqueolóxicas.
Descúbrense os niveis máis antigos (paleolíticos e neolíticos), descubrindo a existencia
da civilización sumeria.

No mar Exeo hai unha fase de 1890 a 1953, cando descúbrese a cultura minoica
e a arqueoloxía científica grega. Lévanse a cabo escavacións estratigráficas, destacando
a escola arqueolóxica francesa no santuario de Delfos, e as escavacións alemás en
Olimpia. Arthur Evans descubre a cultura minoica mediante a escavación do palacio
cretense de Knosos, cultura ignorada até o momento.

A arqueoloxía prehistórica europea consolida a escavación minuciosa, facendo


uso da metodoloxía estratigráfica. Destaca Patt-Rivers, pioneiro da escavación
estratigráfica dos túmulos prehistóricos de Inglaterra.

As fases establecidas por Christian Thomsen serán divididas. Destaca Oscar


Motnelius, que divide o Neolítico en 4 subetapas. Hai un gran avance no estudo e
interpretación da arte rupestre con Henri Breuil.
Dende mediados do século XIX e inicios do século XX, a arqueoloxía céntrase
na cultura material durante o chamado período histórico-clasificativo. A taxonomía dos
artefactos lévase a cabo mediante estudos tipolóxicos para que, unha vez ordenados, se
apliquen criterios evolucionistas, considerandoós como seres vivos situados nunha serie
cronolóxica. É un proceso paralelizable coa historia evenemencial que conta os feitos e
reconstrúe o pasado sen explicar as causas e as consecuencias. Difusionismo,
culturalismo e marxismo permiten interpretar, explicar e comprender o rexistro
arqueolóxico. O arqueólogo máis importante é Gordon Childe.

A primeira etapa vincúlase á caída da civilización europea en 1925, cando


Childe inclúe o concepto da cultura arqueolóxica, un conxunto de restos da cultura
material distintos doutras culturas e se dan nun espazo e tempo determinados. Configura
o cambio de unidade, de análise do xacemento e vincúlase a pobos, étnias e sociedades
antigas. Explican co difusionismo o porque dos cambios, sempre debidos a influencias
externas de influencia de culturas desenvoltas sobre outras non desenvoltas -> EX
ORIENTE LUX.

Dende un centro cultural difusor de grandes innovacións fórmanse diversas e


novas culturas que beben dela. Tamén fundamenta a variedade do migracionismo, que
fundamenta o remplazo paulatino da poboación orixinaria.

Na segunda etapa, na que atopamos a obra “Man Makes Himself”, modérase


este difusionismo e aumenta a defensa do desenvolvemento autóctono da cultura para
explicar o particularismo histórico. Acúñanse novos termos adaptados ás ideas do
marxismo, como a revolución neolítica.

Gordon Childe está moi influenciado pola arqueoloxía marxista ortodoxa,


distinguindo nunha evolución das sociedades unha consecución dos estadios evolutivos
de salvaxismo, barbarie e civilización, serie antes establecida por Lewis Henry Morgan.

O que determina como é a sociedade son os elementos de infraestructura, da cal


deriva a superestructura. Os conflictos internos da infraestructura son a causa principal
do cambio e da evolución, é dicir, é o motor da historia. Distínguense varios episodios
para chegar á sociedade capitalista: comunismo primitivo, revolución neolítica e o modo
de pensar asiático. O marxismo explica estes cambios mediante unha estructura que
determina a superestructura.

Na segunda metade do século XX preséntase unha nova situación con novos


factores pola sistematización do traballo arqueolóxico de campo con Sir Mortier
Wheeler e a súa obra “Archaeology from the earth”, froito da consolidación das técnicas
de excavación das técnicas precedentes.

Willard Libby descubre e publica o método de datación do carbono14,


permitindo a datación de toda a cultura material de xeito preciso, resolvendo o problema
da clasificación dos artefactos en series cronolóxicas relativas. Realízanse tamén
avances dentro da analítica e estudo científico dos artefactos. Nos anos 50 tamén
desenvólvese o enfoque ecolóxico de Graham Clark, que escava na aldea mesolítica de
Star Carr, onde analízase a adaptación do grupo ao medio.

Así, nos anos 60 nace a nova arqueoloxía, a arqueoloxía dos procesos como o
novo paradigma explicativo para ofrecer resposta ás limitacións da arqueoloxía
tradicional. Nacerá no mundo anglosaxón moi vinculada á prehistoria e á antropoloxía.
Caracterízase polo seu optimismo ao defender o potencial da evidencia arqueolóxica,
potencial maior que o obtido mediante a arqueoloxía tradicional. A través das pezas
búscanse sistemas sociais dos seus productores. Ten un razoamento deductivo. Os
novos arqueólogos son agora científicos que teñen como obxectivo final o de obter unha
serie de leis que expliquen de xeito xeral o comportamento do humano pasado. A
sistematización establece que a cultura é un todo conformado por unhas partes
interconectadas e interdependentes que funcionan como un sistema intergado. Débese
estudar cada parte e as relacións establecidas. Hai gran importancia nos métodos
cuantitativos: os datos son útiles cando son recollidos en conxuntos. Todo debe ser
demostrado de xeito numérico e científico. Tamén se estuda a influencia ambiental, xa
que a cultura se concibe como un sistema adaptativo ao ambiente no que se inserta, e os
cambios e a evolución se explican seguindo as condicións medioambientais.

Os avances da nova tecnoloxía non foron ben adaptados dentro do marco


europeo, onde seguía vixente a arqueoloxía tradicional. As súas innovacións foron
fructíferas para a arqueoloxía prehistórica e a clásica debido a unha arqueoloxía espacial
que busca establecer leis xerais mediante a análise do rexistro arqueolóxico e coa
arqueoloxía da morte.

A arqueoloxía espacial fai uso de metodoloxía de análise tomada da xeografía.


Estuda as relacións espaciais existentes entre os xacementos dunha cultura e o seu
medio. Analiza así a interacción medio/asentamento para atopar xerarquías do habitat e
a delimitación do territorio. Aplícanse tamén os modelos da teoría de lugar central, os
polígonos de Thiessen e a regra tamaño/rango. Estúdase a relación entre un xacemento e
o entorno que lle sirve como sustento económico.

A arqueoloxía post-procesual desenvólvese como reacción á tendencia anterior.


Supón unha crítica ao cientifismo da nova arqueoloxía e reivindican a subxectividade:
ocoñecemento histórico non existe. Non se cambia o método deductivo, senón que
reclaman que as leis que explican o comportamento humano son históricas, non
naturais. Pode caer no relativismo, validando calquera posibilidade, como as teorías
marxinais e a pseudoarqueoloxía.

Está influenciada e relacionada coa arqueoloxía neomarxista ou estructuralista.


Destaca Claude Lévi-Strauss, que defende que a superestructura non está subordinada á
infraestructura, senón que preséntanse en planos semellantes. A ideoloxía e o
pensamento simbólico son os auténticos motores de cambio e de evolución dentro das
sociedades antigas. O obxectivo final é o de coñecer a estrutura do pensamento das
persoas que crean o rexistro arqueolóxico.
Destaca tamén Leroi-Gourhan e os seus estudos estructuralistas para a
interpretación da arte paleolítica. As representacións son tomadas como signos ou
símbolos que representan a estructura do pensamento paleolítico. Son estudos que non
se ocupan do cambio e a evolución no tempo.

Como resposta, nace a arqueoloxía cognito-interpretativa. Destaca Ian Hodder. É


unha nova tendencia que mostra un atemperamento do cientifismo: o método é valido
pero non o obxectivo final pretendido. A explicación debe ser particular. Se se poden
determinar os acontecementos, a explicación poderá demostrarse.

TEMA 3. A EVIDENCIA ARQUEOLÓXICA.


Todas as creacións materiais de orixe antrópica dunha cultura son un reflexo das
súas costumes, crenzas, modos de vida, etc… propios dunha mesma sociedade.
Clasifícanse en: lugares de vivir, lugares de morrer e as transformacións do espazo
natural. Son evidencias inmobles. Pero tamén hai artefactos, productos, obxectos e
utensilios necesarios para alimentarse, cazar, guerrear, traballar, protexer o corpo e as
creacións artísticas. Son frecuentemente elementos mobles.

Outros elementos son os restos do home en si mesmo, normalmente son os ósos


e os dentes, estudados pola anatomía física, fontes de información demográfica, social, a
dieta alimentaria e as patoloxías.

Os ecofactos son os vestixios materiais do medio físico e natural onde viviu o


home do pasado. Destacan os vestixios do polen, restos vexetais, restos de micro e
macro fauna, paleosolos e recursos naturais. Permiten valorar os condicionantes aos que
esta cultura debeu adaptarse. Son estudados pola arqueoloxía ambiental. Os fósiles só
interesan á arqueoloxía cando son coetáneos ou coexistentes á emerxencia dunha cultura
humana. Son vestixios petrificados de fauna e flora do pasado xeolóxico do planeta.

Os xacementos son lugares onde quedan restos materiais de calquera tipo de


actividade humana no pasado. Poden ser sitios de restos estantes visibles sobre o terreo,
preservados debida a súa monumentalidade e características funcionais ou artísticas.
Poden ser conservadas pola utilización continua e ininterrumpida ou pola súa
readaptación. Os xacementos son poucos e teñen especial relevancia na emerxencia e
consolidación da ciencia arqueolóxica xa que implican unha percepción directa do
pasado por parte da sociedade do presente. Os restos non xacementos porque non foron
derruídos e abandonados, pero son sitios arqueolóxicos.

Os xacementos seguen unha clasificación cronocultural correspondente aos


períodos históricos e espazos xeográficos. Outra clasificación refírese a súa
funcionalidade: xacementos habitacionais, xacementos funerarios e outras categorías
funcionais menores: ceremonias, transporte, materias primas e batallas… Dentro de
cada xacemento, a evidencia arqueolóxica acostuma a ser clasificada polo seu carácter
moble ou inmoble: estruturas como vestixios de construccións ou transformacións sobre
o terreo, e artefactos.
Os xacementos fórmanse debido a acción dos procesos deposicionais e
posdeposicionais, unha acción combinada e continuada. Os deposicionais afectan ao
modo no que foron ocultos e enterrados os obxectos/estructuras, é dicir, o paso de estar
en uso, a formar parte do rexistro arqueolóxico. Os posdeposicionais constitúe aos
obxectos e estructuras que forman parte do rexistro arqueolóxico.

Ambos procesos débense a razóns de índole cultural e a unha causa antrópica, e


de índole natural malia que os procesos naturais son máis continuados. Os procesos de
índole antrópica forman o rexistro arqueolóxico.

“o home é quen sepulta as súas propias ruínas”

A acción antrópica presenta unha continua actividade destructora na formación


do rexistro e unha vez este está formado tamén ten unha actividade continua
constructora na aportación de elementos inorgánicos e orgánicos que aceleran os
procesos de sedimentación natural. Así, os tells de oriente próximo son atribuíbles a
unha orixe antrópica. Son construccións de adobe e materiais vexetais. Presentan un
proceso cíclico de nivelación do terreo e a súa ocupación, o que explica que algúns
midan até 40 metros de altura.

Os artefactos e estructuras poden pasar a formar parte do rexistro arqueolóxico


en calquera dos seguintes estadios: adquisición e manufactura, uso e abandono. Non son
compartimentos estancos, se comportan de xeito interactivo e cíclico para un posterior
uso, abandono e reutilización/reciclaxe/reparación. Os depósitos de obxectos valiosos
son deliberadamente ocultos coa intención de protexelos e recuperalos posteriormente.
Os enterramentos nas tumbas foron feitas para perdurar no tempo.

Os procesos universais de orixe natural de ocultación e enterramento dos restos


arqueolóxicos son os axentes atmosféricos. Hai outros procesos excepcionais que
forman o rexistro arqueolóxico como as erupcións, terremotos e inundacións.

O estado de conservación de materiais orgánicos presenta nulas ou escasas


espectativas de conservación dependendo do sedimento; os solos ácidos destrúen a
materia orgánica, mentres que os solos básicos calcifican os restos (tamén se conserva
ben os minerais metálicos, sal e petróleo). As táboas de Vindolandia consérvanse pola
composición química do solo. Tamén inflúen outros parámetros climáticos.

Estes parámetros climáticos son a temperatura, a humidade e a súa variabilidade.


Nos climas tropicais o rexistro arqueolóxico é destruído polo humidade, calor e a
actividade biolóxica. As zonas temperadas non son favorables pola súa variabilidade.
Cando se producen condicións extremas cun mantemento estable se posibilita a
supervivencia do material orgánico mediante a desecación, conxelación e anegación. O
microclima de covas produce unha aceptable conservación da materia orgánica pola
creación deste clima constante aillado das condicións do exterior. Así se conservan
ósos, vexetais e pinturas murais.
A conservación mediante a desecación dáse en medios como desertos. Prodúcese
unha desecación moi rápida da materia orgánica pola destrucción dos microorganismos
e o mantemento estable da sequedade no tempo. Os corpos se conservan pola excelente
conservación da materia orgánica.

As zonas de alta montaña producen unha rápida conxelación que anuña a acción
destructiva dos microrgnanismos. Algúns exemplos son os achados no Permafros (solo
perennemente conxelado), os túmulos funerarios de Pazyryk, Barrow e o Homo “Otzi”.
En Pazyryk escábanse fosas na estación cálida e as fosas son recubertas de troncos e
pedras. O aire cálido interno, propio da estación cálida, ascende, e cando chega á pedra,
conxélase. Barrow conta cunha cabana esquimal destruída nunha ventisca, o que
provocou unha rápida conxelación permanente e a boa conservación dos restos.

O caso de Otzi é o dun individuo do Calcolítico conservado por conxelación no


morte Similaun nos Alpes. Conserva a pel e os seus tatuaxes, a súa vestimenta e o seu
equipamento. O estudo paleoantropolóxico e de ADN datan de este individuo unha
idade aproximada de 45 anos, con artritis e a causa de morte sería unha ferida de frecha.
Este individuo rompe co paradigma do calcolítico até o momento.

Non obstante, desecación e conservación son casos excepcionais. A


conservación por anegación é moito máis común. Son materiais arqueolóxicos
conservados baixo a auga. As condicións anaerobias impiden a acción de
microorganismos, sempre que non se secasen os materiais do rexistro. É necesario que
se atopen enterrados nos fondos dos medios acuáticos lacustres como o Sweet Track.
Nestas turbeiras tamén se conservan moi ben os corpos humanos. Os pecios subarinos
son moi abundantes e a madeira está moi ben conservada cando esta queda no fondo
mariño. Destacan os camiños levantados sobre zonas pantanosas como medio de
comunicación entre os poboados neolíticos.

TEMA 4. A PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA.


A gran maioría dos xacementos arqueolóxicos están ocultos e enmascarados, o
que fai difícil buscalos, encontralos e rexistralos. A prospección é un conxunto de
traballos de campo e gabinete necesarios para estudar unha zona xeorgáfica co fin de
descubrir e identificar os xacementos existentes. É un traballo incompleto e inacabado.
A escavación é esencial para a metodoloxía arqueolóxica, aporta información pero é
unha actividade destructiva, lenta e con elevados custos económicos e laborais. A
prospección, pola contra, é barata, non destructiva e achega unha información
considerable.

A prospección consta de dúas partes: traballo de gabinete; implica unha


prospección bibliográfica, cartográfica, aérea e toponímica, e o traballo de campo. Case
non queda zonas virxes no planeta e calquera zona conta con referencias previas sobre a
existencia de xacementos arqueolóxicos. Esta información está moi esparexida en
bibliografías estríctamente arqueolóxicas: publicacións arqueolóxicas que recollen datos
de prospeccións e referencias sobre pezas de museos, unha bibliografía de índole non
arqueolóxica en catálogos de monumentos, enciclopedias locais, obras de xeografía e a
historiografía de obras de eruditos, ademais doutras fontes bibliográficas. Unha das
obras de xeografía en Galicia é “La Galice” de Abel Bouhier, o primeiro en utilizar a
imaxe aérea. As fontes documentais non están publicadas: catálogos de xacementos,
catálogos patrimoniais incluídos no PXOM e a documentación medieval e moderna de
xacementos arqueolóxicos.

A cartografía é unha ferramenta básica na prospección arqueolóxica, mediante a


cal pódense localizar e identificar xacementos e determinar zonas xeográficas de
probabilidade de existencia de xacementos.

As zonas proclives por hidroloxía, xeoloxía,… poden mostrar mámoas, castros e


tamén xacementos romanos. A presenza de recursos hídricos é clave para a localización
de asentamentos. Outros indicios orográficos e topográficos aportan máis información.

A cartografía é unha ferramenta de localización, guía para o traballo de campo e


serve como sistema de rexistro dos xacementos: mapas cartográficos nacionais de
edición civil e militar. Están diferenciados pola escala empregada: xerais de 1:20.000,
base de 1:50.000 e 25.000, e os mapas de detalle de 1:10.000 e 1:5.000 e incluso
inferior.

Tamén é útil a cartografía antiga xa que reflexan unha paisaxe tradicional, pouco
alterada polas grandes transformacións actuais do territorio. A cartografía histórica
tamén ten importancia na prospección, a carta xeométrica de Domingo Fontán e outros
mapas son moi específicos.

A toponimia non se aplica por azar, senón que sempre existe unha razón de ser
que a xustifica. É enormemente conservadora polo proceso toponomástico, de fixación e
conservación do topónimo, o cal posúe unha función tópica e un significado
etimolóxico, que deben estar fixados e a función tópica debe subordinar ao significado.
Os topónimos preséntanse en cada época nun proceso acumulativo máis que sustitutivo.
O conxunto da toponimia presenta un sustrato de nomes que se foron xerando en
distintas etapas. Un topónimo é un elemento material e un vestixio do pasado que pode
axudar na búsqueda de xacementos.

A cronoloxía da toponimia é difícil de datar, recurríndose a un marco


cronolóxico xeral e probable pola lingua na que é creado e documentado. Hai toponimia
prelatina e latina-romance, que forma topónimos romanos, suevo-visigóticos e
medievais.

Non todos os topónimos teñen o mesmo grao de interese arqueohistórico,


mentres que os haxiotopónimos e os antrotopónimos son moi interesantes para o seu
análise. Os haxiotopónimos revelan a existencia de diversos asentamentos relixiosos de
época moderna, medieval e suevo-visigótica. Os antrotopónimos denominan ás
propiedades co nome do propietario, costume iniciada xa en época romana e presente na
Idade Media.
As formas de asentamento son moi reveladoras, como castro e a súa ampla gama
de compostos e variacións, e poden acoller castros (obvio xd). Derivan de castrum, que
se define como campamento romano. Outros topónimos poden estar revelados con
pouca seguridade, como en castelo e cidade e as súas respectivas variacións. Hai
orotopónimos moi específicos que describen a morfoloxía característica dos poboados.

Outros topónimos son os de edificacións como mámoas e as súas variacións,


onde pode haber túmulos megalíticos. Meda describe elevacións topográficas de formas
cónicas que poden revelar formas naturais e túmulos megalíticos. Cos topónimos mixtos
sucede o mesmo Madoña/Medoña e Madorra/Medorra. Antas ou arca revelan o interior
das mámoas e as derivacións de monimenta (creo no entiendo mi letra) indican a
presenza de necrópoles.

You might also like