You are on page 1of 11

Descartes: o problema do método e a evidencia do cogito.

A. O Renacemento e a revolución científica

CONTEXTO HISTÓRICO

Os séculos XV e XVI son un período de transición entre a Idade Media e a Moderna, ao


que chamamos Renacemento.

A mediados do século XV remata a Guerra dos Cen Anos e a epidemia da peste, que
no século XIV acabara coa vida de millóns de persoas en Europa. Como consecuencia,
a poboación medra, prodúcese unha grande expansión económica e desenvólvense o
comercio e a produción artesá.

Esta será tamén a época de emerxencia da burguesía e da súa cada vez maior
independencia con respecto da nobreza feudal.

O descubrimento de América produce tamén una importante serie de consecuencias


económicas, sociais e científicas, entre outras.

É neste período cando se produce unha das maiores crises da historia da Igrexa, coa
reforma protestante, iniciada por Martín Lutero en Alemaña. Este defendía, entre outras
cousas, o rexeitamento das indulxencias, a salvación pola fe, a libre interpretación da
Biblia e o rexeitamento do culto a santos e imaxes, ademais do rexeitamento da
autoridade papal como soberano no plano político.

1. Filosofía e cultura no Renacemento.

Un dos trazos máis característicos do pensamento renacentista é a atención que se presta


ás cuestións humanas. Se na Idade Media predominaba o teocentrismo, o Renacemento
caracterízase polo antropocentrismo, facendo do ser humano o centro do cosmos.

No Renacemento, o ser humano será comprendido dende o patrón da cultura clásica


grega e romana, á que os pensadores da época consideran superior ao escurantismo
1
medieval. Pensadores como Marsilio Ficino traducirán ao latín diálogos platónicos e
traduciranse outros pensadores clásicos, cunha difusión posibilitada pola invención da
imprenta. O renovado interese pola filosofía antiga fai que aparezan numerosos estudos
sobre a filosofía platónica e aristotélica e tamén sobre os escépticos, os estoicos ou os
epicúreos.

O Renacemento é tamén unha época na que moitos pensadores tratan de elaborar unha
filosofía orixinal. Entre eles destacan Nicolás de Cusa, precursor da filosofía moderna,
Francis Bacon, figura fundamental para a formulación teórica do método científico moderno
ou Nicolás Maquiavelo, primeiro pensador en formular unha reflexión sobre a política
centrándose no poder e deixando de lado a moral e a relixión.

2. A revolución científica

Chamamos Revolución Científica a un cambio de paradigma, isto é, a un cambio producido nos piares
fundamentais que sustentan a ciencia dun determinado momento.

O Renacemento senta as bases da revolución científica que terá lugar na


modernidade, durante os séculos XV, XVI e XVII. Este cambio de paradigma, un dos máis
significativos da historia do pensamento, ten lugar nos ámbitos da astronomía e da física,
mais suporá importantes desenvolvementos noutras ciencias, como as matemáticas.

Un dos piares da revolución científica é a xeralización dun novo método para as


ciencias, o chamado método hipotético-dedutivo. Este novo método consta dos
seguintes pasos:

1. Descomponse o feito sensible que queremos explicar nas súas partes máis
simples. Estas partes xa non serán, como na filosofía aristotélica, forma e materia
ou elementos semellantes. A ciencia moderna só considera obxecto de estudo
aquilo que se poda expresar en forma matemática, é dicir, que se poda cuantificar
(a forza, o peso, a velocidade, etc).
2. Elabóranse hipóteses de carácter matemático e dedúcense matematicamente as
súas consecuencias.
3. Compróbase mediante experimentos a validez das hipóteses.

2
No método hipotético-dedutivo podemos observar dúas consideracións
fundamentais para a filosofía: 1) todo o físico é reducible a caracteres matemáticos
(cantidades) e 2) só podemos dar por verdadeiro aquilo do que teñamos evidencia
empírica. Estes dous elementos marcarán o desenvolvemento da filosofía en toda a
Modernidade. Ademais, neste período prodúcese a matematización da física. Galileo
chega a afirmar que “o libro da natureza está escrito en linguaxe matemática”.

Algunhas das figuras máis importantes da revolución científica son:


o Nicolás Copérnico (s. XV-XVI): formulou unha alternativa á concepción
xeocéntrica do cosmos. Con Copérnico e a súa proposta heliocéntrica, o Sol
pasará a ser o centro do universo. No seu pensamento conviven aínda
elementos antigos, como a formulación dun cosmos finito ou a defensa da
existencia de esferas circulares que transportan aos planetas.
o Tycho Brahe (s. XVI): elabora o seu propio sistema, afastado do de Copérnico.
É o primeiro en substituír as esferas materiais polas órbitas, que formula como
ovaladas no canto de circulares.
o Johannes Kepler (s. XVI-XVII): o seu gran descubrimento son as tres leis
orbitais, que podemos resumir do seguinte xeito: 1) Os planetas móvense en
órbitas elípticas que teñen ao sol nun dos seus focos, 2) A liña que que une o
centro do planeta co Sol barre áreas iguais en tempos iguais e 3) Hai unha
proporción exacta entre as distancias medias ao Sol e o que tardan en percorrer
a órbita.
o Galileo Galilei (s. XVI-XVII): Defende o sistema heliocéntrico copernicano,
baseándose nas observacións realizadas a través do telescopio. Pon as bases
para a definitiva matematización da física e confecciona o que será o
proceder científico por excelencia: o hipotético-dedutivo.

B. Racionalismo e empirismo

O impacto da revolución científica produce un enorme cambio na comprensión da


3
realidade: no problema do movemento, na comprensión do cosmos ou no método co que
chegar á verdade. Con isto, os piares da filosofía escolástica (e con ela os da aristotélica)
serán sometidos a unha fonda crítica.

O radical cambio de paradigma que se produce na ciencia fai que sexa necesario
reflexionar acerca de cal é forma axeitada de obter coñecemento, de chegar á verdade.
Por iso, as dúas grandes correntes da filosofía moderna, racionalismo e empirismo,
centrarán os seus esforzos en facerse unha pregunta fundamental: Como podo ter a
certeza de que o meu coñecemento sobre o mundo é verdadeiro?

A revolución científica ofrece unha resposta a esa pregunta: o que nos permite
chegar ás verdades de cada ciencia é o método hipotético-dedutivo. Os filósofos miran
os enormes progresos da ciencia e intentan realizar na filosofía avances semellantes.
Racionalismo e empirismo, as principais correntes da filosofía moderna, distínguense en
función de como consideren que é posible, para o ser humano, obter coñecemento
verdadeiro.

Ademais, a pregunta dá conta do enorme cambio que se produce na modernidade:


a filosofía pasa de preguntarse polo obxecto (as cousas) a preguntarse polo suxeito (o eu
que coñece).

O racionalismo

Os racionalistas son un grupo de filósofos que viven entre os séculos XVII e XVIII.
Denomínanse deste xeito porque responden á pregunta que vimos de formular (Como podo
ter a certeza de que o meu coñecemento sobre o mundo é verdadeiro?) afirmando que a
razón é a única fonte válida de coñecemento. O material co que traballa o entendemento
son as ideas. Algunhas delas son elaboradas pola razón sen recorrer aos sentidos; son as
chamadas ideas innatas, que para os racionalistas son os primeiros principios do
coñecemento.

1. Descartes: o problema do método e a evidencia do cogito.

1.1 Vida e obra de René Descartes (1596-1650):


Descartes é considerado o pai da filosofía moderna e, ademais, o fundador da
corrente racionalista. Este pensador nace en La Haye, no seo dunha familia da baixa

4
nobreza, e estuda no prestixioso colexio de La fléche. Participa na Guerra dos Trinta
Anos e alí, acuartelado en inverno, ten tres soños que interpreta como unha chamada a
dedicar a súa vida á filosofía. Na última etapa da súa vida serve como preceptor na corte
de Cristina de Suecia e alí falece de pneumonía.
A produción de Descartes vai alén da filosofía, sendo unha figura central na física e
nas matemáticas do seu tempo. Da súa obra filosófica podemos destacar as Regras para
a dirección do espírito, as Meditacións metafísicas, os Principios de filosofía ou o Discurso
do método.

A. O Método

Como dixemos, os filósofos modernos miran á ciencia do seu tempo e ven nela
inmensos avances (dos que mesmo, como Descartes, son protagonistas). Eses avances
prodúcense en grande medida polo emprego dun método rigoroso, unhas novas regras
coas que facer ciencia. Para a filosofía moderna, se atopamos un método co que
proceder, poderemos chegar a todas as verdades, non só ás das matemáticas ou ás
da física.

Descartes formula ese método mirando ás matemáticas. Parte do proceder da lóxica,


da xeometría e da álxebra para reunir as vantaxes dos tres métodos, evitando os seus
defectos. Todos eles teñen en común que proceden partindo de principios evidentes por
si mesmos, que non necesitan demostración, e a partir deles deducen outras verdades.
É dicir, dende verdades autoevidentes podemos, aplicando unhas determinadas regras,
chegar a outras distintas.

O método que formula este pensador ten como fin establecer unhas regras coas que
empregar con rigor as capacidades naturais da mente. Así, seguindo o método, a razón
pode ser autónoma e liberarse dos prexuízos e as supersticións impostas pola tradición
(isto é, pola escolástica). Esas operacións naturais da mente son dúas:

➢ A intuición: é o acto mediante o que a mente chega a evidencias, verdades


das que é imposible dubidar.

➢ A dedución: a operación mediante a que chegamos a novas verdades partindo


das anteriores.

O método cartesiano, as regras coas que podemos empregar esas operacións da


mente, consta de catro fases:

5
1. Regra da evidencia ou da certeza: consiste en non aceptar nada que non sexa
claro (aquilo que non é confuso) e distinto (aquilo que coñecemos por todas as
súas partes e, polo tanto, non podemos confundir con outra cousa). Para poder
chegar a estas verdades debemos evitar a precipitación (tomar algo rapidamente
como claro e distinto) e a prevención (vacilar en exceso). Este é o principio
fundamental do método, pois todo está orientado a chegar a este tipo de
verdades.

2. Regra da análise: consiste en dividir o complexo (o problema ou obxecto do que


se trate) en tantas partes como sexa necesario para a súa explicación, nas máis
simples e sinxelas.

3. Regra da síntese: consiste en, unha vez chegamos ás partes máis simples,
reconstruílas indo do máis simple ao máis complexo.

4. Regra da enumeración e a revisión: consiste en facer enumeracións precisas e


revisións rigorosas, para asegurarnos de que non demos ningún paso en falso nin
omitimos nada. Convén levar a cabo esta operación varias veces no proceso.

Descartes dinos que aplicou este método, en primeiro lugar, ás matemáticas. Ao


resultar exitoso aplicouno tamén á metafísica, entendida agora como a análise das ideas
do suxeito, os criterios que me permiten dicir que algo é verdadeiro.

Para Descartes a verdade é só unha, por iso toda ciencia pode chegar a ela aplicando
o mesmo método. Este pensador ilustra a súa concepción do saber mediante unha
árbore na que a metafísica son as raíces, a física o tronco e as ramas as demais
ciencias. Esta ciencia xeral é a chamada mathesis universalis.

B. A dúbida metódica

Unha vez formulado o método, Descartes pasa á súa aplicación. Esta ten como
obxectivo atopar unha primeira evidencia, unha intuición clara e distinta que nos permita
partir dela para deducir coñecemento verdadeiro. Co obxectivo de atopar esa primeira
verdade, indubidable e que sirva de fundamento para calquera tipo de saber, Descartes
dubidará metodicamente de todo, tratarao todo como provisionalmente falso, ata atopar
algo do que sexa imposible dubidar.

6
A dúbida cartesiana segue os seguintes pasos:

1. Dubida dos sentidos: en moitas ocasións, os sentidos engánannos. Partindo


disto, podemos pensar que nos poderían enganar en outros casos. Por iso, non
podemos considerar como certeza nada que proveña dos sentidos.

2. Dubida da realidade: aínda que os sentidos nos dean información falsa acerca da
realidade, poderiamos seguir pensando que esta existe. Porén, Descartes dubida
tamén da realidade das cousas mediante a hipótese do sono: nalgunha ocasión
tivemos soños que semellan reais, dándonos conta de que son soños unicamente
cando espertamos. Por iso, non podemos distinguir cun criterio sólido o sono da
vixilia.

3. Dubida do entendemento: incluso nos soños hai cousas que se manteñen como
certas. É o caso dos principios matemáticos: cando soñamos, os triángulos
seguen tendo tres lados e “2+2=4” segue sendo verdadeiro. Deste xeito,
poderiamos pensar que as verdades do entendemento, as matemáticas, resisten
ao proceso da dúbida.

Para cuestionar os principios matemáticos Descartes fai da dúbida unha dúbida


hiperbólica: pídenos que imaxinemos un poderoso xenio maligno, un deus
enganador que xera en nós intuicións falsas, tamén no referido ás verdades
matemáticas.

No proceso que vimos de describir podemos ver como a dúbida cartesiana


é: universal (dubídase de todo), provisional (non se dubida por dubidar,
senón para chegar a coñecemento verdadeiro), teorética (non se estende á
conduta), e hiperbólica.

C. A evidencia do cogito e a demostración da existencia de Deus e do


mundo

Unha vez dubida de todo, Descartes pregúntase se, aínda así, é posible atopar unha
verdade que sexa indubidable, que resista todo o proceso da dúbida. Se hai algo que
segue sendo certo en todo o proceso é o feito mesmo de dubidar. Podo cuestionalo todo,
mais por iso mesmo é imposible dubidar de que dubido.
Dado que dubidar é un xeito de pensar, temos a certeza absoluta de que pensamos
7
e de que, polo tanto, aínda que sexa como meros entes pensantes, existimos: somos.
Descartes expresa esta certeza na súa célebre máxima: “Penso, entón son” (ou “Eu son,
eu existo”): “Cogito ergo sum”.

Na formulación cartesiana vemos unha radical diferenza con respecto da filosofía


medieval: agora, o suxeito desempeña un papel fundamental, é o comezo a partir
do que podemos deducir as demais verdades.

Partindo da evidencia do cogito, Descartes quere amosar que podemos deducir que
existen outras cousas. Así, demostrada a existencia do pensamento (a cuxo coñecemento
chegamos por intuición) aparece o problema de como saír del ao mundo, de como
podemos demostrar que existe algo ademais do “eu” (a cuxo coñecemento chegaremos
por dedución).

Polo momento só temos evidencia de que existo como conciencia, como ser
pensante. Por iso, Descartes analiza o propio pensamento para ver se hai nel algo que
permita saír ao mundo. Conclúe que o pensamento é unha actividade na que manexamos
ideas. Estas poden ser de tres tipos:

• Adventicias: son as que parecen provir da experiencia externa (como cores ou


olores). Non podemos partir delas para saír ao mundo, pois é a súa existencia
o que queremos demostrar.

• Facticias: son as que a nosa mente constrúe partindo das anteriores, polo que
tampouco serven.

• Innatas: son as que non se forman a partir da experiencia, senón que son
posuídas pola razón por si mesma (extensión, pensamento, finitude...).

Descartes intenta fundamentar o seu sistema nas ideas innatas, pois non dependen de
nada externo ao propio entendemento, ao cogito (única evidencia que temos polo momento).
Faino partindo de dúas ideas, a idea de perfección e a idea de infinitude, e deducindo a
partir delas a existencia de Deus. Constrúe para iso tres argumentos:

A. Parte da idea de perfección: nós temos na nosa mente a idea dun ser perfecto. Hai
ideas, como a de corpo, que poden ter sido formadas a partir de min mesmo (xa que eu creo
que teño un corpo, aínda que polo momento non me sexa evidente). Porén, eu non son nin
perfecto nin infinito, polo que non podo ter sido eu o causante desas ideas. O único que ser que
8
si ten todas as perfeccións, o único perfecto e infinito e, polo tanto, causas desas ideas, é Deus.

Este argumento non se comprende sen atender a que, para Descartes (e para a Escolástica)
a causa ten que ter tanta realidade como o efecto. É dicir, a idea de perfección (efecto) ten
que ter sido creada por algo perfecto (causa).

B. Parte, de novo, de que posúo a idea de perfección. Se eu son a causa de min


mesmo, tería posto en min toda perfección da que tivera algunha idea. É dicir, se me tivera
creado a min mesmo, tendo en conta que posúo a idea de perfección, teríame feito perfecto.
Polo tanto, ten que haber un ser responsable da miña creación e posuidor de todas as
perfeccións: Deus.
C. Parte da definición de Deus, cun argumento semellante ao argumento ontolóxico de
Anselmo de Canterbury. Diranos que todos posuímos a idea de Deus. Nesa idea ou definición
de Deus inclúense todas as súas perfeccións (lembremos que as perfeccións son os atributos
de Deus, as súas características). Entre esas perfeccións está necesariamente a existencia,
pois existir forma parte da esencia de Deus. Polo tanto, Deus existe.

Ata agora só podía afirmar como verdadeira unha única proposición: “Penso, entón
existo”. A partir dos tres argumentos anteriores podo afirmar tamén a verdade dunha segunda
proposición: “Deus existe”. Mais, a partir desta última proposición, sei que todo o que percibo
de forma clara e distinta foi creado por Deus. Eu teño a idea de que posúo un corpo e de que
aí fóra hai obxectos que non son creados pola miña mente. Ao poder afirmar que existe un
Deus, podo afirmar tamén que existen eses obxectos, pois un Deus bo e perfecto non pode
terme creado de xeito que me engane. O mesmo acontece cos principios matemáticos. Deste
xeito, queda demostrada a existencia do mundo, de algo extenso e externo a min.

Con isto, Descartes demostrou a existencia do eu pensante, de Deus e do mundo.


Cada unha destas realidades é unha substancia.

D. A teoría cartesiana da substancia

Descartes define a substancia como “unha cousa que existe de tal xeito que non
necesita a outra para existir”. Se aplicamos estritamente esta definición, só Deus sería
9
unha substancia. Para evitalo, Descartes inclúe no termo ás substancias creadas,
afirmando que tamén son substancias as que só precisan de Deus para existir. Deste xeito,
tamén son consideradas substancias a corpórea e a pensante.

A substancia infinita (Deus), a substancia pensante (o cogito) e a substancia corpórea


ou extensa (o mundo) son os tres tipos de substancias que compoñen a realidade.

Cada substancia posúe un atributo, unha propiedade que diferenza das demais:

• A substancia infinita (Deus) é a causa última das outras dúas substancias


finitas e, ao ser perfecta, todas as súas características son atributos.

• A substancia pensante (o cogito) é cada unha das conciencias individuais e o


seu atributo é o pensar. É inmortal e corresponde coa alma.

• A substancia extensa ou corpórea ten como atributo a extensión. O seu


estudo corresponde á física e nela rexe un determinismo absoluto. Descartes
concibe o mundo e os seus seres como máquinas moi complexas, por iso a súa
física é considerada mecanicista (e as súas leis mecánicas)

E. O dualismo antropolóxico

No punto anterior faise evidente que no ser humano conviven dúas substancias
distintas: a alma (substancia pensante) e o corpo (substancia extensa). Deste xeito, o
corpo do ser humano estaría suxeito ás leis da física e ao seu determinismo. Porén, a nosa
alma, substancia pensante, non está suxeita a estas leis, goza de libre albedrío e existe
trala morte do corpo.
O problema que xorde desta concepción é evidente: como poden relacionarse dúas
substancias con características que se contradín? Descartes dinos que alma e corpo
conéctanse nun punto concreto do corpo, a glándula pineal.

10
2. Baruch Spinoza

Baruch Spinoza é outro dos grandes filósofos racionalistas. Nado en Ámsterdam, viviu
nos Países Baixos durante o século XVII.

Spinoza toma a definición cartesiana da substancia e lévaa ata as súas últimas


consecuencias. Se só é substancia o que existe por si mesmo e non necesita de nada máis,
é imposible que haxa máis ca unha. Para Spinoza non hai por un lado Deus e por outro o
mundo, senón que ambos son unha e a mesma cousa á que se refire como “Deus ou a
natureza”.
A substancia única ten dous atributos que podamos coñecer: a extensión e o
pensamento. Así, o dualismo antropolóxico desaparece: non hai alma por un lado e corpo
por outro, senón que unha e outro son o mesmo considerado de diferente maneira.

3. Gottfried Wilhem Leibniz

G.W. Leibniz é o último dos grandes pensadores racionalistas. Nado en Alemaña, vive
durante a segunda metade do século XVII e principios do XVIII. Será un dos máis grandes
eruditos da historia do pensamento, realizando grandes aportacións en ámbitos como os
das matemáticas.
Fronte a Descartes e Spinoza, Leibniz afirma que non hai nin unha nin tres
substancias, senón infinitas, ás que chama mónadas. As mónadas son substancias
independentes as unhas das outras, inextensas e, polo tanto, indivisibles. Os corpos son
agregados de mónadas.
Sendo cada substancia independente, a harmonía do universo débese ao
preestablecido por Deus: este imprime unha orde no mundo, unha harmonía
preestablecida, e todas as mónadas se comportan en concordancia coa mesma.

11

You might also like