You are on page 1of 5

CUESTIONARIO PRESOCRÁTICOS 1

1.- Localiza cronolóxica e espacialmente o nacemento da filosofía occidental.


Enumera os motivos que provocan ese acontecemento e comenta cal cres que tivo
maior repercusión.

A filosofía occidental nace en Grecia, no século VI a.C., aínda que, en canto á data de
nacemento, hai que ter en conta que o paso do mito ao logos non foi un proceso repentino
e illado, senón que foi fruto dun longo proceso de racionalización, que afunde as súas
orixes nos mitos e que tivo influencia das mitoloxías e os saberes precientíficos orientais.

En colonias como Mileto, Éfeso ou Elea dánse unha serie de condicións favorables para o
nacemento da filosofía:

1. O desenvolvemento económico, condición necesaria para o progreso do saber, as


épocas de maior esplendor científico e cultural coinciden cun gran despregamento da
economía.

2. Unha situación xeográfica adecuada: estimula a comunicación e o intercambio


cultural.

3. Superación do etniocentrismo: condición necesaria para filosofar, para a búsqueda de


explicacións universalmente válidas, non fundadas sobre a tradición senón na razón.

4. Goberno democrático: a nova “burguesía mercantil” aliouse cos estratos máis baixos
da poboación (artesáns y campesiños) para conquistar o poder político, derrotando á
vella aristocracia feudal e terratenente. Logrará a igualdade ante a lei (ISONOMÍA) e a
conciencia de que un cidadán vale tanto como calquera outro dentro da polis, tendo os
mesmos dereitos e a mesma dignidade. Só con este recoñecemento será posible a
filosofía.

Para min o motivo que máis repercusión puido ter foi a superación do etniocentrismo, pois
grazas a este poderán acadar o racionalismo e tamén aceptar outras culturas externas.

2.- Compara, sinalando semellanzas e diferenzas, a mitoloxía coa filosofía grega. É


posible facer unha comparación entre aquela situación dos gregos do século VI a.C.
e a nosa actual respecto a algunha autoridade, tradición, ou institución que
representen papeis parellos ao da mitoloxía e da filosofía antigas?

Ambos nacen da capacidade de “marabillarse” ante o descoñecido o que implica o


recoñecemento da propia ignorancia. Ambos buscaban explicacións das cousas que nos
rodean, aínda que o mito facíao de maneira fantasiosa e a filosofía de maneira racional.

Porén, a mitoloxía baséase en relatos sobrenaturais transmitidos oralmente de xeración


en xeración e protagonizados por seres sobrehumanos, como deuses; e a filosofía, en
cambio establece as súas bases na razón e no coñecemento. Ademais, a filosofía busca
as explicacións coherentes, mentras que os mitos apoiábanse nas lendas e na relixión.

A corrupción política da Antiga Grega trascendentou ata hoxe en día. Como podemos ver
no Congreso, os políticos non sempre cumpren o que din, e mais non reciben ningunha
sanción por elo, situación similar que se daba na Grecia da época.

CARMELA DOCAMPO 2º BAC A


CUESTIONARIO PRESOCRÁTICOS 2
3.- Clasifica por zonas xeográficas aos principais filósofos presocráticos.

TALES —> Mileto ANAXIMANDRO —> Mileto

ANAXÍMENES —> Mileto HERÁCLITO —> Éfeso

PITÁGORAS —> Samos XENÓFANES —> Colofón

PARMÉNIDES —> Elea EMPÉDOCLES —> Agrixento

ANAXÁGORAS —> Clazomene DEMÓCRITO —> Abdera

4.- Cal é a cuestión principal que tratan os presocráticos e en que termos ou con
que palabras –é dicir, como verbalizariamos nós- actuais a expresariamos?

Os presocráticos estudaban a physis, a natureza, como orixe de todas as cousas do


universo; como o seu substrato, é dicir, o material do que estaban feito; e como a causa
que explica tódolos procesos de cambio nas cousas. Todo isto sería para os gregos o
denominado arkhé. Nas reflexións dos presocráticos prodúcese a oposición entre a razón,
aquela que mostra a esencia das cousas fronte as aparencias, e os sentidos, que captan
o devir, a diversidade ou a pluralidade, entre outros.

5.- Significado de: physis, arkhé, cosmos. Fai un enunciado no que aparezan as tres
palabras.

A physis é a esencia de algo,, o que verdadeiramente é, e todo aquilo que non está feito
polo ser humano. O arkhé é a orixe da que todo procede, o substrato material do que todo
está feito e a causa de tódolos procesos de cambio nas cousas. O cosmos é a harmonía,
a orde no universo.

A physis dos pitágoricos era que os números eran o arkhé das cousas e o seu cosmos
era concibido como un gran acorde no que xira cada astro en torno a un lume central,
producindo un son musical.

6.- Significado de: presocrático, monista e pluralista. Fai un enunciado no que


aparezan as tres palabras.

Presocrático —> Tipo de pensamento caracterizado por ser un pensamento da physis,


que é concibida como aquilo que xorde, brota etc., facéndose necesario tamén aquelo de
onde xorde, brota (arkhé).

Monismo —> Teoría que postula a existencia dunha única realdade, un único principio
constitutivo las cousas, un único arkhé.

Pluralista —> Teoría que postula a existencia de múltiples realidades, irredutibles unhas a
outras.

Existen filósofos presocráticos monistas, como Tales de Mileto e pluralistas como


Anaxágoras de Clazomene.

CARMELA DOCAMPO 2º BAC A


CUESTIONARIO PRESOCRÁTICOS 3
7.- Significado de: dialéctica, idealismo, teleoloxía e mecanicismo. Fai un discurso
que conteña esas catro palabras.

Dialéctica —> arte de descubrir a verdade manifestando as contradiccións nas


argumentacións do adversario e superándoas.

Idealismo —> teorías que afirman que a realidade que coñecemos, é contrución da mente
ou inmaterial.

Teleoloxía —> teoría que recorre á noción de finalidade para explicar a realidade cósmica
ou humana.

Mecanicismo —> teoría que explica a constitución da realidade a partir de partículas


materiais que se moven no espazo.

O debate dialéctico entre o idealismo e o mecanicismo a menudo vese influenciado pola


teleoloxía, pois mentras que algúns din que a historia humana ten un propósito definido,
outros defenden o contrario.

8.- Por que Parménides marca un antes e un despois na filosofía presocrática?

Parménides marcou un antes e un despois porque cambiou o enfoque da filosofía,


pasando da cosmoloxía á metafísica grazas ao seu razoamento dedutivo, lóxico e
abstracto. Así, moitos pensadores como Platón influenciaríanse nel máis tarde.

9.- Enumera aos presocráticos que maior repercusión tiveron cara á historia da
filosofía e sinala cal foi a súa aportación.

TALES —> Primeiro en explicar os fenómenos a partir dun principio natural universal
(auga).

ANAXIMANDRO —> Todas as cousas están determinadas polas súas calidades,


contrarias entre si.

ANAXÍMENES —> Postula como arkhé algo infinito no espazo e no tempo (aire).

HERÁCLITO —> Obxeta que as cousas están en permanente cambio.

PITÁGORAS —> Crea un dualismo alma-corpo, confía no coñecemento como medio de


purificación da alma.

XENÓFANES —> Inicia a filosofía eleática.

PARMÉNIDES —> Leva o proceso de abtracción dos presocráticos ata o final.

EMPÉDOCLES —> Primeiro en abandoar o hilozoísmo.

ANAXÁGORAS —> Postula a existencia dun número indefinido de arkhés, que se


diferencian polas súas calidades.

DEMÓCRITO —> Primer materialista da historia, xunto con Leucipo, primeiros en explicar
toda a realidade a partir da materia.

CARMELA DOCAMPO 2º BAC A


CUESTIONARIO PRESOCRÁTICOS 4

10.- Explica os conceptos de necesidade, esencia e accidente e relaciónaos con


algún dos presocráticos

Necesidade —>o que é e non pode ser.

Esencia —> o que algo verdadeiramente é.

Accidente —> o que non é esencial.

Relacionamos estes conceptos co filósofo Parménides.

OUTRAS ACTIVIDADES

1. Diferenza entre a concepción monista e a concepción pluralista

Por unha banda, a concepción monista baséase na determinación de unha soa entidade
como orixe, substrato e causa de tódalas cousas, é dicir, como arkhé, un exemplo é o de
Tales, quen dicía que o arkhé era o auga. Pola outra banda, o pluralismo postula varias
entidades como arkhé, un claro exemplo seria Empédocles, que dicía que o arkhé eran os
catro elementos, terra, auga, aire e lume.

2. Compara a Parménides con Heráclito.

Mentras que Heráclito afirmaba que o mundo esta nun proceso constante de cambio, é
dicir de permanente devir, Parménides postulaba que cambiar implicaba en converterse
no que non se é e que, polo tanto, dicir do que é que non é, implica mentir.

3. Compara o pluralismo de Empédocles co de Anaxágoras


Empédocles marcou como arkhé, catro elementos: o lume, o aire, a auga e a terra;
mentras tanto, Anaxágoras levou a cabo un pluralismo cualitativo ilimitado pois defendeu
a existencia dun número indefinido de elementos como arkhés.

4. Por que o atomismo é considerado como un materialismo e un mecanicismo?

É considerado como un materialismo porque reduce o ámbito psicolóxico e tamén a razón


e todas as súas obras ao movemento mecánico dos átomos. Tamén é considerado como
un mecanicismo porque o mundo é explicado con analoxía a unha máquina, todo
redúcese a unhas pezas (os átomos) que se moven por si mesmas.

5. Di cales son as ideas que Platón recolle destes autores.


Platón recolle elementos da filosofía presocrática na súa propia, desenrolando ideas como
o dualismo entre o mundo sensible e o mundo das Ideas, a importancia da razón e a
búsqueda de principios subxacentes na realidade.

CARMELA DOCAMPO 2º BAC A


CUESTIONARIO PRESOCRÁTICOS 5

CARMELA DOCAMPO 2º BAC A

You might also like