You are on page 1of 5

Ejercicio 19 A

En el documento de abajo, vincula los cuatro primeros renglones a la


zona del texto que corresponda, mediante marcadores.

Filosofía
Orixe da Filosofía
Tipos de filosofía
Explicacións presocráticas: monistas e pluralistas
Relación entre filosofía, ciencia e relixión

A palabra Filosofía procede de dúas palabras gregas: “philos” que significa “amante” e
“sophia” que significa “sabedoría”, polo tanto a filosofía é o amor á sabedoría.
Na súa orixe, entendíase como o esforzo metódico do pensamento que trata de construír unha
teoría racional e universal sobre a realidade.

Orixe da Filosofía:
Antes do século V a C, os humanos, que carecían de coñecementos científicos, buscaban a
resposta aos fenómenos da natureza a través dos mitos.
Os mitos son narracións extraordinarias protagonizadas por seres divinos ou sobrenaturais
onde se contan sucesos fantásticos ou lendarios.
A partir do século V a C, houbo un paso do mito ao logos, os filósofos facían reflexións
argumentadas e razoadas baseándose na observación da natureza. Estes filósofos teñen o
nome de “presocráticos”. Buscaban un fundamento do universo para explicar a diversidade
dos fenómenos naturais.
Pitágoras: números
Parménides: ser
Demócrito: átomos

Tipos de filosofía:
 Filosofía teórica: xurde pola necesidade de ordenar e fundamentar ideas, conviccións,
concepción do mundo, sistema de valores con coherencia.
 Filosofía práctica/praxis: baséase na busca de valores morais consistentes en
responder a 4 preguntas que van unidas: que podemos saber?, que debemos facer?,
que podemos esperar? e que é o ser humano?

Explicacións presocráticas: monistas e pluralistas

Monismo: Postura filosófica que defende que o universo está constituído por unha única
substancia primaria.
Materialistas-> Principio: materia
Monistas Idealistas-> Principio: espírito (percepción da mente)
Panteístas-> Principio: Deus
Filósofos monistas:
 Tales de Mileto: Primeiro filósofo monista. Propuxo a explicación de que todo o que
existe xurde a partir das transformacións dunha única substancia: a auga.

 Heráclito: Defende que o universo xurde a partir do fogo, isto é unha metáfora. O fogo
refírese ao movemento e ao cambio constante no que se atopa o mundo. Esta
movilidade fundaméntase nunha estrutura de contrarios, e a contradición está na
orixe de todas as cousas.

 Parménides: Formula a primeira teoría metafísica sobre o ser. Para él o que existe é
ser, que é eterno, e sempre idéntico a si mesmo.

Pluralismo: Postura filosófica contraria ao monismo, defende que o universo está constituído
por múltiples elementos. A realidade do pluralismo é o mundo, a totalidade.

 Anaxagoras: empleó la teoría del nous, que di que da nada nada sae. Todo sae do ser.
Todo está en todo. En cada cosa están contidas todas las cosas, isto é posible porque la
materia es divisible hasta el infinito. Cada cosa está constituida por partes de todas las
cosas infinitas pola súa multitude e pola súa pequenez. Estas cousas son partículas o
sementes son as homeomerías. As cousas do mundo créanse por agrupación ou
disgregación destas homeomerías.

 Empédocles: defende que todas as cousas están compostas polos catro elementos:
terra, aire, auga e lume, volvendo así superfluo o nous de Anaxágoras. O amor crea
todo o que existe a partir de estes elementos; mentres que o odio os separa.

 Demócrito: eliminou os principios de amor e odio como factores de movemento,


sendo substituídos pola capacidade intrínseca (propia) dos átomos de moverse no
espazo baleiro.

Relación entre filosofía, ciencia e relixión


Filosofía e ciencia:
Ningunha ciencia concreta estudia a realidade no seu conxunto, a filosofía sí. As ciencias
especializadas: formais (matemáticas e xeometría), naturais (investigan a natureza) e sociais
(configuran a sociedade), se basean en delimitar un aspecto parcial da realidade.
A exactitude científica só pode existir cando se fala de obxectos cuantitativos (o que se pode
contar e medir) ou convencionais (os definidos polo propio ser humano)

Filosofía e relixión:
A Filosofía non nega que nas grandes tradicións espirituais da humanidade poida haber
sabedoría moi valiosa, pero o ideal da filosofía é o debate e a argumentación racional
compartidos por todos os seres humanos.
Débese distinguir con claridade entre a fe e o saber filosófico.
O obxectivo da filosofía non é crer, se non coñecer racionalmente. Cando se considera que un
saber ten orixe divina falamos de revelacións. A revelación está constituída por ideas o relatos.
A súa finalidade adoita ser a salvación.

Sofistas e Sócrates
Os sofistas cambian o obxecto da filosofía. Xunto con Sócrates, o seu tema de reflexión é o
home e a sociedade.
Foron mestres do saber, instaláronse en Atenas no século V a C, para divulgar o coñecemento
que adquiriron nas escolas filosóficas.
Daban especial importancia á oratoria e á elocuencia, ensinando aos mozos a convencer e a
gañar preitos nos tribunais.
Como eran viaxeiros, coñecían diferentes culturas, polo que plantexaron problemas referidos
ás leis e normas, defendendo que son relativas e convencionais. Así xurdiu o relativismo.
Defenden o relativismo gnoseolóxico porque negan a posibilidade de coñecer a verdade de
modo absoluto. Este tipo de relativismo propón unha verdade subxectiva.
A palabra sofista, posteriormente, adquiriría o sentido pexorativo de hábil enganador.
Ao ser estranxeiros en Atenas (metecos), os sofistas non podían intervir na política da cidade.
Os sofistas mais célebres son Protágoras, Gorxias, Antifón, etc…
Protágoras
Defendeu un relativismo cultural: cada pobo posúe costumes e leis diversas e considera que
son as mellores. A lei é, polo tanto, unha invención dos lexisladores.
Posto que calquera outra lei sería tamén convencional, é mellor manter as leis que xa se
posúen. A esta doutrina chámaselle convencionalismo.
Sócrates:
Mantívose afastado da vida política, home de gran temperamento moral. Á diferenza dos
sofistas, Sócrates ten fe na súa razón e está convencido de que existe unha verdade
universalmente válida relacionada entre conceptos que definen o que as cousas teñen en
común.
Outra contribución de este filósofo foi a maiéutica, que consiste en descubrir os coñecementos
a través de preguntas.
Foi o maestro de Platón, e este tivo a Aristóteles como discípulo.
Sócrates xerou desconfianza en contra das súas crenzas por non honrar aos deuses, por
introducir deuses estraños e por corromper a xuventude.
Acusáronno a pena de norte e os acusadores esperaban que se exiliase antes do xuizo, pero
rehusou á fuxida que lle prepararan os seus amigos. Condenáronno a beber cicuta.
Nesta época en Atenas acabouse de instaurar a Democracia, pero ainda seguía o trauma pola
guerra do Peloponeso e as loitas da oligarquía por facerse co poder, sobre todo o goberno dos
Trinta Tiranos. Dous dos Trinta Tiranos foran discípulos de Sócrates (un deles, Critias, o mais
tirano).
Neste contexto, o proceso de Sócrates non simpatizaba coa democracia recén chegada a
Atenas e na realidade querían exilialo (pero non podían alegar esa razón porque había unha
anmistía política). Morreu no 399 aC

Platón
Aos 20 anos le sucédelle un acontecemento fundamental na súa vida, coñece a Sócrates. a
quen permanecerá ligado ata a morte do mestre.
Vive os anos mais axitados da vida política de Atenas.
No 404 Esparta impón o goberno oligárquico dos Trinta Tiranos, entre os que se encontraban
parentes de Platón. Restaúrase a democracia que condena a morte a Sócrates. Platón non
simpatizaba demasiado coa democracia, pero a tiranía, o réxime de terror imposto polo
goberno oligárquico lle supuxo un distanciamento e amosar ilusións fronte á democracia recén
instaurada. Con esta democracia cométense actos de vinganza, condenan a morte a Sócrates,
o que lle supuxo unha nova desilusión e unha decisión capital: comprendeu que non era
posible gobernar ben os Estados sin que os gobernantes fosen filósofos (la a raza delos puros
fiósofos al poder) , e dicir, a luz da filosofía ocasiona que se faga xustiza na vida pública e
privada.
O pensamento platónico é un dos acontecementos mais significativos e determinantes da
historia do pensamento europeo. É tamén un dos problemas mais difícil de resolver, a teoría
da metafísica das ideas,
Sócrates e Platón enfrontáronse ao esceptcismo dos sofistas afirmando que é posible o
coñecemento da verdade por enriba das diversas opinións subxectivas, para isto hai que ir
mais alá dos datos que nos ofrecen os sentidos, xa que o que se percibe so son apariencias ou
ideales.
Mais alá do mundo das apariencias está o mundo das ideas ou esencias, ao que tamén
pertence a nosa alma. O ser humano ten a posibilidade de captar o que as cousas son mais alá
das apariencias. Este proceso que leva ao sabio desde o mundo sensible ao intelixible é o que
Platón chama dialéctica. Para diseñar esta convicción elaborou unha metafísica que distingue
entre o mundo sensible (das apariencias) e o mundo intelixible (das ideas), e formula unha
composición do ser humano de alma e corpo. Fai unha formulación de organización política
ideal, na que a sociedade deberá estar gobernada por sabios.
Platón acepta de Socrates os conceptos universais e a dialéctica.
Platón menciona camiños auxiliares para captar as ideas como a música, a xeometría e a
aritmética; pero o método por excelencia e a dialéctica (contraposición entre a opinión e a súa
crítica)
A crítica faise mellor co diálogo. A dialéctica é un concepto complexo xa que ten varios
significados, un deles é ser un método raciona de diálogo complementado cunha análise e
unha sintese. A dialéctica é un proceso de mellora intelectual da alma, que, progresivamente
libérase do mundo sensible.
A purificación da alma consiste en que esta se eleva, pouco a pouco, no camiño da verdade, e
se afasta do mundo visible (percepción sensible) fronte ao erro e a ignorancia. Cando se chega
a este grao o individuo descobre o real e acada a sabedoría ou ciencia perfecta.
Nos últimos diálogos a a dialéctica significa o mundo das ideas.
Existe unha especie de dialéctica emocional, é o amor (eros) de Platón.
Aristóteles
Discípulo de Platón. Un dos mais importantes filósofos de todos os tempos. Unha das súas
aportacións é a organización e a articulación das ciencias ás que precede a lóxica.
Pensa que a metafísica e a teoría da substancia e o fundamento das demáis ciencias. Ofrece
unha explicación do universo coa que pretende resolver o problema plantexado polos filósofos
gregos que o precederon: como é posible pensar nun ser unitario e permanente baixo a
multiplicidade das apariencias.
Para Aristóteles o verdadeiro ser é a esencia, está nas cousas, é dicir, o ser das cousas non
constitúe un mundo aparte. A esencia só existe nas manifestacións. Así o xeral non é real mais
que no ámbito do individual. E o individual existe porque niso se realiza o xeral.
As cousas individuais, tamén chamadas substancias, están compostas de materia e forma e
sometidas a cambio impulsado polas causas que actúan sobre elas. A forma pura do
movemento, o acto supremo, para Aristóteles é Deus, o motor inmóbil, que pon en marcha o
mundo.
Na súa obra ética distingue entre virtudes morais e intelectuais. A virtude está no medio, entre
o exceso e a privación. Os extremos son vicios. As virtudes son hábitos, adquírense polo
costume de obrar dun deteminado xeito.

A evolución das especies

JB Lamarck en 1809 formulou a primeira explicación evolucionista, observando as especies. No


seu enfoque, unhas especies derivan de outras (non inclúe o home), como consecuencia do
uso e desuso dos órganos según a circunstancia do medio. Esta explicación resultou errónea
por considerar que os cambios producidos nos individuos eran herdados xenéticamente polos
descendentes. O mérito desta formulación foi romper o prexuicio fixista.
As bases da formulación correcta realizáronse 50 anos mais tarde con Ch. Darvin coa súa obra
“A evolución das especies por medio da selección natural”. As especies evolucionan unhas a
partir de outras dacordo a tres principios:
Danse variacións xenéticas que non teñen porque ser adaptativas.
As variacións reprodúcense por herdanza.
O medio natural no que se desenvolven funciona como un filtro que selecciona as variantes
mais aptas para sobrevivir.
Darvin só desenvolveu o terceiro suposto, os outros dous serán resoltos pola bioloxía do
século XX, co descobremento dos xenes e das mutacións.

You might also like