You are on page 1of 2

(427-340 ane)

REALIDADE E COÑECEMENTO EN PLATÓN

Dualismo ontolóxico. A súa doutrina principal é a Teoría das Ideas (Formas): existen dous mundos/realidades
radicalmente distintos e separados, que manteñen certa vinculación entre si. O mundo sensible físico material por un
lado, e o mundo intelixible, trascendente das Ideas inmutables e eternas. Ideas: únicas realidades en sentido pleno,
captadas pola intelixencia, delas deriva todo o que hai no mundo, son a esencia e causa de todas as cousas. Este
dualismo representa a conciliación entre as filosofías de Heráclito e Parménides,o camiño da definición universal
aberto por Sócrates ao tempo que se afasta do relativismo e escepticismo sofista. Pero onde están as Ideas? Non hai
unha localización física. Mítica-metaforicamente sinala coa separación que as ideas non dependen de nada físico, son
o que son, en si mesmas. O mundo físico si depende delas, participan delas, ou as imitan, todo o que vemos é unha
copia imperfecta das Ideas ou Formas eternas, só un reflexo do verdadeiro mundo. Este é o mundo das aparencias, do
que as ideas son Modelos. O mundo eidético é un sistema xerárquico ordenado onde todas as ideas están
relacionadas, e na cúspide atópase a Idea de Ben.

Dualismo gnoseolóxico. Dous niveles de coñecemento que corresponden aos dous niveles da realidade: saber ou
ciencia (episteme) e opinión (doxa) (unha opinión pode ser errónea, o saber é certeiro sempre). Refiren a obxectos
distintos, as ideas e o mundo físico sensible, respectivamente (distinción parmenídea). O saber se basea en razóns e a
opinión vai acompañada de sensacións. Hai dúas formas de acceder ao saber/coñecemento, partindo das sensacións
mediante a razón: a reminiscencia (Fedro) e a dialéctica (República).

A reminiscencia, de influencia órfico-pitagórica, é unha ponte entre os dous mundos. Os seres sensibles imitan as
Ideas, son imaxes imperfectas delas, e cando as contemplamos a visión pode suscitar o recordo delas (como
contemplando un retrato nos lembramos da persoa). Aprender é recordar (teoría da anamnese/reminiscencia). A
alma é inmortal, ten en si todo o coñecemento, que esquece ao reencarnar no corpo.

Graos de coñecemento: Dialéctica. Só se pode acadar a felicidade e o saber escalando dende o máis baixo peldaño
do mundo sensible ate a cima do coñecemento racional (Símil da liña, 2 segmentos subdivididos en 2): conxetura
<eikasía> (sombras dos obxectos da caverna ou seus reflexos brillantes -imaxes-imaxinación) → crenza <pistis>
(corpos materiais das sombras -entes naturais e artificiais-sentidos) FÍSICA →→ pensamento discursivo <dianoia>
(sombras dos obxectos naturais do exterior -matemáticas-dedución) → dialéctica <noesis> (cousas reais do exterior-
ideas, intuición intelectual). O sol: idea de Ben.

MITO DA CAVERNA (resumo da ontoloxía, umbral da gnoseoloxía e doutrina moral e política)

TEXTO 2 (República, Libro VI) Símil da liña (ontoloxía e gnoseoloxía). Relación entre grados de ser e
grados de coñecer
TEXTO 3 (República, Libro VII) Mito da caverna. Dualismo ontolóxico/gnoseolóxico. Idea de ben. Rei
filósofo. Dimensión política do mito.
TEXTO 5 (Menón, 81c-82a) Gnoseoloxía: teoría da reminiscencia, o coñecemento como recordo.
PLATÓN: ANTROPOLOXÍA E POLÍTICA

Dualismo antropolóxico. Influenza órfico pitagórica (alma inmortal, unión co corpo como estado accidental,
transitorio, purificatorio). A alma é afín ás Ideas, o verdadeiro real, impulsada a elas por natureza, na súa
contemplación cumpre o seu destino. A súa función específica é o coñecemento racional. Ten 3 partes (teoría
tripartita da alma): razón (alma racional), ánimo (alma irascible), apetito (alma concupiscible). MITO DO CARRO
ALADO (auriga, cabalo branco, cabalo negro).

ÉTICA. Sobre a súa concepción antropolóxica fundaméntase súa moral ou ética. Influído pola busca da definición
universal socrática e seu intelectualismo moral contra o relativismo dos sofistas, atribúe a estes conceptos ético-
políticos o estatuto de Ideas (ben en si, beleza en si, xustiza en si). A súa realidade é independente e obxectiva
de toda opinión. A xustiza será o ordenamento adecuado/equilibrio das tres partes da alma, e isto ocorre cando
cada parte da alma exerce a súa función acadando a virtudes correspondentes: prudencia, fortaleza, templanza.
Sen xustiza non pode haber felicidade. E o que ocorre para o ser humano a nivel individual ocorre tamén a nivel
social, na polis.

POLÍTICA. Isomorfismo entre alma e estado. Mesma estrutura tripartita: produtores, guardiáns, gobernantes.
Principio de especialización funcional. Do mesmo xeito que coa alma do individuo, a xustiza do estado, da polis,
dáse cando cada un cumpre a súa función, guiados pola figura que encarna a alma racional (filósofo rei).
Goberno dos sabios, o ben acumula o total do saber teórico e práctico. A educación é fundamental no estado.
Niveis de educación por idades e graos de coñecemento. Igualdade entre homes e mulleres. Supresión da
familia e a propiedade privada. Rexímenes políticos en orde de decadencia: aristocracia, timocracia, oligarquía,
democracia, tiranía.

TEXTO 1 (República, Libro IV). Ética (virtude e clases): relación alma-polis. Def. Xustiza.
TEXTO 4 (Fedro, 246a-247c). O mito do carro alado, a antropoloxía platónica: o dualismo, as partes da
alma e a orixe da unión

INFLUENCIAS NA FILOSOFÍA POSTERIOR

•Na Academia platónica estudiou Aristóteles (s. IV a.C.), seu discípulo máis importante, que coincidía con Platón en
que a esencia dunha cousa existe, mais non acepta que as esencias estean nun mundo separado, que teñan unha
existencia separada dos seres sensibles.
• No Neoplatonismo de Plotino (III d. C.) recollerá de Platón separación da realidade en dúas esferas, a sensible e
a suprasensible e fará unha interpretación teolóxica e a mística do platonismo, defendendo que en la xerarquía
ontolóxica en el más alto está Dios (a lo que identifica coa idea platónica do Ben). Plotino, xunto con Platón, influirá
mucho en el pensamento de Agostiño de Hipona, o primeiro gran filósofo da cristiandade.
• Agostiño de Hipona (IV-V d. C.) elabora seu pensamento combinando cristianismo e platonismo. Dende esta
perspectiva, defenderá que o mundo sensible é produto dun acto de creación divina realizado a partir de las ideas
eternas que existen en la mente divina (teoría del exemplarísimo).
• Racionalismo: o idealismo platónico inflúe no racionalismo cartesiano, xa que o racionalismo moderno a partir de
Descartes (XVII) parte da desconfianza respecto dos contidos empíricos e fundamenta el coñecemento nas ideas
innatas e non nas cosas percibidas. Tamén comparte co platonismo o dualismo antropolóxico.
• Na filosofía contemporánea Platón será sometido a severas críticas. Unha das máis destacadas será a de
Nietzsche (s. XIX), feroz opositor de Platón, ao que considera responsable, xunto co cristianismo (ao que definirá
como “platonismo para o pobo”), de crear e propagar un inmenso erro que lastrou toda a cultura occidental: la
invención dun mundo «metafísico», «non sensible», o mundo do «espírito puro» y del «Ben en si» que denigra e
desvaloriza ao único mundo real, o mundo corpóreo e sensible da vida. Por outra parte, K. Popper (XX) realizará
una crítica moi dura do pensamento político platónico, ao que sitúa en los inicios del totalitarismo.

You might also like