You are on page 1of 11

Sócrates e Platón

Historia da Filosofía BACHARELATO rodeira © grupo edebé


1. Da physis ás polis

1.1. A democracia ateniense Protágoras

“O home é a medida de todas as cousas”


A democracia, δῆµος (demos, pobo) κράτος
(kratos, poder) ten unha evolución en Atenas:
- s. VII a.C.: leis de Dracón Ofrece unha postura relativista segundo a
- s. VI a.C.: Constitución de Solón cal existe unha verdade diferente para cada
- 510 a.C.: Reformas de Clístenes persoa.
- s. V a.C.: goberno efectivo de Pericles

Gorxias
1.2. Sofistas, os profesores da
democracia Escepticismo (skeptomai: examinar
atentamente): dúbida permanente
Os sofistas reflectían a situación de inquietude Oposición physis-nomos: os termos elíxense
social da época. Consideraban imposible dar unha por convención, ou son os que son porque
resposta unitaria á cuestión da physis (natureza) e a natureza do que designan esixe ese
dedicaron o seu labor ás cuestións humanas,
termo?, a linguaxe baséase en conexións
democráticas e sociais para instruír o cidadán na
naturais (physis) ou só en acordos
excelencia ou areté, baseada na habilidade
retórica e política para argumentar. convencionais (nomos)?

Historia da Filosofía BACHARELATO rodeira © grupo edebé


2. Sócrates (470 – 399 a. C.)

2.1. Sócrates e os sofistas 2.2. O método socrático 2.3. A ética socrática

Non se conservan obras súas, O coñecido como método Sócrates fundamenta a ética na
pero sabemos do seu socrático consistía no exercicio razón, no coñecemento. O
pensamento grazas aos textos da maiéutica (do grego maieuo, chamado intelectualismo moral
de discípulos seus, sobre todo parir, dar a luz) a través do afirma que quen non fai o ben é
de Platón. diálogo usando recursos por ignorancia, é dicir, porque
retóricos como a ironía ou a non coñece o ben, non é
Polemizou cos sofistas. Para contradición. virtuoso quen descoñece que é
Sócrates a areté era o o ben.
coñecemento. A proposta A maiéutica era a arte de
sofista é absurda: non se pode axudar o interlocutor a buscar
ensinar negando a posibilidade en por si a verdade no seu É dicir, insiste en que a areté é
de coñecemento. Hai que interior a partir desa dialéctica. o coñecemento: non pode ser
recoñecer non a imposibilidade virtuoso quen non coñece.
de coñecemento, senón a A virtude non é unha cuestión
ignorancia dun mesmo, para de recoñecemento social, senón
A nai de Sócrates era
empezar a coñecer: “só sei que de coñecemento interno: quen
comadroa, é dicir, en certo
non sei nada”. quere ser bo debe saber que é o
xeito, igual ca o seu fillo,
ben.
«axudaba a parir».

Historia da Filosofía BACHARELATO rodeira © grupo edebé


3. Platón (428 ou 427 – 347 a. C.)

Platón herda de Sócrates nocións como a inmortalidade da alma ou o


3.1. Contexto vital emprego do diálogo, o facer xurdir a verdade coa mutua interacción.

A bibliografía de Platón pódese dividir en:


• Período de mocidade ou socrático (aínda moi
influenciado polo seu mestre): Apoloxía de Sócrates, 3.2. A Academia
Protágoras, Eutifrón...
• Período de transición: Gorxias, Menón, Crátilo...
De regreso a Atenas, Platón funda a Academia, o
• Período de madureza (obras onde desenvolve gran
centro intelectual das polis, moi influenciado polo
parte das súas teorías): O Banquete, Fedón, Fedro, A
aprendido dos pitagóricos nas súas viaxes pero coa
República... diferenza da liberdade intelectual que reinaba
• Período de vellez (crítico): Teeteto, Parménides... nesta escola. De Sócrates, naturalmente, Platón
tamén herdou o carácter antitético con respecto
aos sofistas: na Academia non se ensinaba en
Por mor da morte do seu mestre Sócrates, Platón sufriu
función da arte de convencer, senón que era un
unha profunda crise vital, política e filosófica. Redactou
lugar para o verdadeiro coñecemento: música,
o xuízo a Sócrates no que foi condenado á morte
matemáticas, filosofía, mesmo astronomía e
(Apoloxía de Sócrates) e realizou varias viaxes, entre
ximnasia.
eles unha a Sicilia. Alí coñeceu a comunidade
Era unha etapa de paz en Atenas que lle permitiu a
pitagórica, de quen herdou ideas acerca da
Platón desenvolver as súas teorías cara á
inmortalidade e a transmigración da alma e a
demostración da posibilidade de alcanzar o
explicación do mundo sensible a través das
coñecemento da verdade absoluta.
matemáticas.

Historia da Filosofía BACHARELATO rodeira © grupo edebé


4. A teoría das ideas

4.2. O mito do
4.1. O mundo das ideas e o mundo das cousas
demiúrgo
Platón toma de Parménides a noción de que a auténtica realidade é eterna e
inamovible, e de Heráclito que “todo flúe, nada permanece”. O mundo das No Timeo Platón conta o
mito dun facedor ou
ideas ofrece unha solución conciliadora neste conflito. Platón propón as
arquitecto (demiúrgo) que
ideas no sentido de véidos, “ver cos ollos da mente”. É dicir, “captar a idea
ordenou o caos (desorde)
das cousas” é coñecer a esencia das cousas, captar o que teñen en común
e creou o cosmos (orde) a
todos os obxectos do mesmo tipo. Platón radica o saber non no coñecemento
das cousas belas, senón no coñecemento da beleza mesma. partir da materia sensible,
unha masa de natureza
Platón propón a existencia de dous mundos: o mundo das ideas (ou mundo
azarosa suxeita ao
intelixible) e o mundo das cousas (ou mundo sensible).
imperfecto cambio
perpetuo. Este cosmos é
o que podemos coñecer a
Nace para explicar a realidade na que Platón quere unha vida política e social xusta.
partir de recoñecer no
mundo sensible os
Na súa vertente lóxica, a teoría está a dicir que a partir do coñecemento dos concretos
modelos matemáticos,
podo coñecer o universal; na súa vertente metafísica Platón afirma a existencia real dese
universal ideal.
harmónicos, empregados
polo demiúrgo. Esta
No mundo sensible non todas as cousas teñen a mesma importancia. Poderíase harmonía está suxeita en
establecer un mapa xerárquico das cousas en función do ideal das cousas. virtude deste demiúrgo a
un télos.
O obxecto concreto é belo por unha banda porque ten algo da idea de beleza e por outra
porque se trata dun obxecto concreto que imita un modelo ideal.

Historia da Filosofía BACHARELATO rodeira © grupo edebé


5. O coñecemento: acceso ás ideas

5.1. O mito da caverna 5.2. O proceso de coñecemento

Na República Platón narra este mito para explicar o Precisamente na medida en que hai un interior da caverna
difícil camiño do que quere coñecer. Segundo o mito que superar en virtude dun exterior que coñecer, dicimos
da caverna, o home encadeado no interior escuro que o coñecemento é unha cuestión de superación un
simboliza a condición humana inicial, limitado a engano. E falamos de niveis de coñecemento.
percibir o mundo interior da caverna: o mundo das
cousas, é dicir, o mundo sensible. O camiño cara ao
exterior representa o proceso de coñecemento, é dicir,
que quen quere coñecer debe “saír da caverna”
5.3. A reminiscencia: coñecer é lembrar
porque interior e exterior representan os dous mundos,
o sensible e o intelixible, respectivamente. Propiamente “coñecer é lembrar”. A nosa alma alberga en
estado latente as ideas do concreto percibido. O cal se
basea en certo optimismo epistemolóxico pola confianza en
que intelectualmente posuímos o necesario.

Interior da caverna Exterior da caverna Mito

Mundo Sensible Mundo Intelixible


Niveis de
realidade
Imaxes Animais, cousas Obxectos matemáticos Ideas

Imaxinación Crenza Razón discursiva Razón intuitiva


Niveis de
coñecemento
Opinión (doxa) Coñecemento ou ciencia (episteme)

Historia da Filosofía BACHARELATO rodeira © grupo edebé


6. Antropoloxía platónica

6.1. O mito do carro alado 6.2. Alma tripartita e virtudes éticas

Neste mito do Fedro a alma humana O mito presenta a alma como unha entidade dinámica que integra as tres partes
é comparada cun carro alado. No xa mencionadas. Cada unha delas conta coa súa respectiva virtude (a parte
racional require sabedoría, a parte irascible require fortaleza para o dominio das
seu paso polo mundo das ideas este
paixóns nobres e a parte concupiscible require temperanza para o dominio dos
carro é conducido por un auriga
apetitos). A harmonía da alma dispona para o que Platón chama “xustiza”.
(que representa a parte racional da
alma) e tirado por un cabalo branco
(que representa a parte irascible da
alma) e por un cabalo negro (que
representa a parte concupiscible da
alma). A falta de dominio destes 6.3. O dualismo alma e corpo
dous animais por parte do auriga
provoca a perda de equilibrio e das
O ser humano é alma, pero mentres está no mundo sensible esta está
ás do carro, caendo este no mundo unida incómoda e accidentalmente a un corpo, que debe ser aquilo que a
das cousas e abandonando o seu
alma “pilote”, e non ao revés, é dicir, non permitindo que os sentidos do
periplo polo mundo das ideas. corpo enturben as virtudes e o coñecemento aos que pode aspirar a alma,
que está no mundo das cousas temporalmente, pois temporalmente foi
expulsada do mundo das ideas (conforme a teoría da reminiscencia, ver
5.3).

Historia da Filosofía BACHARELATO rodeira © grupo edebé


7. O estado utópico ou ideal

7.1. O soño de Platón

O partido aristocrático, que era o de Platón, foi incapaz de establecer unha orde, e a democracia foi a que condenou
á morte o seu mestre Sócrates. Estas circunstancias políticas levaron a Platón a expresar o seu desencanto na Carta
VII dirixida a Dión e aos demais en Siracusa. Neste texto Platón expresa tamén a importancia da filosofía no exercicio
dun goberno xusto.

7.2. Unha sociedade estruturada en clases sociais

A sociedade platónica establece tres clases sociais que tamén vincula ao mito do carro alado. Os gobernantes deben
ser os máis sabios (son aurigas), os militares deben ser os máis fortes (son cabalos brancos) e os traballadores,
provisores, deben ser os máis temperados (son cabalos negros). A harmonía da alma funciona igual que a do estado;
as virtudes dun estado xusto son as mesmas que as da alma xusta.

Platón vincula tamén estas clases sociais ao mito dos metais, segundo o cal, por designio dos deuses, as almas que
teñen unha maior proporción de ouro están destinadas a gobernar, as que teñen unha maior proporción de prata
están destinadas a protexer o estado (militares) e as que teñen unha maior proporción de bronce ou ferro están
destinadas a prover de bens e servizos o estado (traballadores).

Historia da Filosofía BACHARELATO rodeira © grupo edebé


7. O estado utópico ou ideal

7.3. Educación e selección dos mellores

Platón reivindica a importancia da educación nas polis. Só unha boa educación dos cidadáns das polis garante a
eficiencia dos seus gobernantes e a incorruptibilidade dos seus militares. Os cidadáns son instruídos en lecturas,
cantos, ximnasia e música. Os mellores son instruídos en matemáticas e astronomía, e os mellores de todos
prepáranos para gobernar ensinándolles a dialéctica.

7.4. Xerarquía dos réximes políticos

O estado que propón Platón é un estado utópico. É unha aristocracia inasequible, que só pode aspirar ás súas
dexeneracións, é dicir, a unha timocracia (gobernan os militares), a unha oligarquía (dexeneración da timocracia:
gobernan os ricos, o cal fomenta a explotación dos outros cidadáns), a unha democracia (dexeneración da oligarquía:
goberna o pobo, sen distinción de en quen pode caer o poder) ou unha tiranía (dexeneración da democracia:
dirección corrupta).

Historia da Filosofía BACHARELATO rodeira © grupo edebé


Presentación: Sócrates e Platón
 
 
Proxecto e edición: rodeira-grupo edebé
 
Dirección Xeral: Antonio Garrido González
Dirección de Edición de contidos educativos: Esteban Lorenzo Domínguez
Dirección de Educación Infantil e Áreas Artísticas, e edición de Filosofía: Marta Fiol Díaz
Dirección de Pedagoxía: Santiago Centelles Cervera
Dirección de Produción: Xoán López Navarro
 
 
Equipo rodeira:
Coordinación editorial: M.ª Xesús Gómez Sanjurjo
Corrección: María Otero González
Deseño gráfico: Luís Vilardell Panicot
 
Colaboradores:
Redacción: Gerard Asunción Guasch
Fotografía: invitromagazine.gr
 
 
 
Os editores fixeron todo o posible por localizar os titulares dos materiais que aparecen a título de citación na obra. Se involuntariamente algún foi omitido, os
editores repararán o erro cando sexa posible.
 

É propiedade de rodeira-grupo edebé


 
© rodeira-grupo edebé, 2016
Rúa Rafael Alberti, 11, baixo
15008 A Coruña
www.edebe.com

Historia da Filosofía BACHARELATO rodeira © grupo edebé


Historia da Filosofía
BACHARELATO

rodeira

© grupo edebé

You might also like