You are on page 1of 3

PLATÓN: ANTROPOLOXÍA E POLÍTICA

(Engadir contexto histórico e filosófico)

A antropoloxía e a política están moi relacionadas


para Platón. Este filósofo defende na súa obra República
que a configuración social do Estado debería depender do
tipo de alma predominante en cada ser humano.

A visión dualista de Platón presente na ontoloxía e na


epistemoloxía ponse tamén de manifesto na antropoloxía
(análise do ser humano).

Platón defende o dualismo antropolóxico, segundo o cal


alma e corpo son dúas entidades diferentes. A alma móvese
por si mesma e procede do mundo intelixible, mentres que o
corpo, cárcere da alma, pertence ao mundo sensible.

A alma é inmortal, intelixible e uniforme; pode ser


arrastrada polo corpo e formar con este unha unión
accidental. O corpo, pola contra, é mortal e cambiante.
Unha vez que este morre, se o ser humano levou unha vida
virtuosa, a alma libérase e volve ao mundo das Ideas; se
non foi así, transmigra e reencárnase noutros corpos.

A alma divídese en tres partes (racional, irascible e


concupiscible), cada unha das cales leva a cabo unha
función e debe desenvolver unha virtude propia.

A dimensión racional, a máis elevada, localízase no


cerebro e a súa misión é conducir as outras dúas partes.

A alma irascible, situada no peito, é a fonte das


paixóns nobres como a valentía.

A parte concupiscible, ubicada no ventre, é a orixe


das baixas paixóns, como os desexos sexuais ou os desexos
inmoderados de comer e beber.

O equilibrio entre as tres partes da alma dará lugar á


harmonía no ser humano.

Esta explicación da alma encontrámola no “Mito do


carro con ás”, pertencente á obra Fedro, da etapa de
madurez do autor. Platón compara a alma cun carro formado
por un auriga, un cabalo bo e un cabalo malo. O auriga ou
condutor simboliza a alma racional; o cabalo bo, a alma
irascible e o cabalo malo, a concupiscible. A alma móvese
polo mundo das Ideas, o seu lugar orixinario.

1
Se o auriga controla os cabalos, a alma contemplará
as Ideas; pola contra, se os cabalos se rebelan, a alma
pode perder o equilibrio, incluso perder as ás, e caer ao
mundo sensible. Alí vivirá pechada nun corpo e seu desexo
será volver ao mundo intelixible. Para iso necesitará ser
virtuosa.
A cada unha das partes da alma correspóndelle unha
virtude: a alma racional debe obrar con sabedoría ou
prudencia; a irascible desenvolverá a fortaleza e a
concupiscible, a temperanza. Se cada dimensión da alma
cumpre con excelencia a súa función propia, terá lugar
unha cuarta virtude: a harmonía.

O obxectivo último da produción platónica é crear


unha sociedade ideal, utópica, na que o ser humano poida
acadar a felicidade. A estrutura tripartita da alma
reflíctese no modelo político defendido por Platón na
República. Para explicar o seu modelo de polis
“perfecta”, propón a división da sociedade en tres
niveis, segundo a parte da alma que predomine en cada ser
humano: gobernantes, gardiáns e produtores.
Os gobernantes, con predominio da alma racional,
deben ser os filósofos, os únicos que coñecen as ideas de
xustiza e Ben. Teñen a obriga moral de gobernar e educar
a sociedade.
Os gardiáns, con maior desenvolvemento da alma
irascible, encargaranse de protexer a cidade, tanto de
inimigos externos como de conflitos internos.

Ningún destes dous sectores debería ter propiedades


privadas nin establecer lazos familiares; desta forma
procurarían o ben común.

Os produtores (artesáns, agricultores e


comerciantes), nos que prevalece a alma concupiscible,
constitúen o sustento económico da polis. Ofrecerán aos
cicadáns os recursos necesarios para satisfacer as
necesidades básicas.

Segundo Platón, a propia natureza, a capacidade


física e intelectual de cada persoa faina especialmente
apta para unha determinada tarefa.

Se os gobernantes actúan con sabedoría, os gardiáns,


con fortaleza e os produtores con temperanza, na sociedade
reina a xustiza, obxectivo dos filósofos.

2
Para Platón, o modelo político máis perfecto sería a
aristocracia porque son os sabios os que gobernan. A
aristocracia pode dexenerar noutros réximes inferiores:
timocracia (predominio da clase militar), oligarquía
(goberno dos ricos), democracia (poder do pobo) e tiranía
(o sistema máis degradado, caracterizado pola escravitude).

Aínda que o autor non conseguiu levar a cabo na


práctica a súa teoría política, exerceu unha influencia
importante en filósofos posteriores.

You might also like