You are on page 1of 4

ANÁLISE DO TEXTO 1

DE KANT:
“ ¿QUE É A ILUSTRACIÓN?”

Facendo unha breve recapitulación do que con an os autores ilustrados


podemos a rmar que algúnhas das súas características son: Razón
autónoma. Que é su ciente por si mesma, que se vale por si mesma, sen
necesidade de axudas, sen tutores . Polo tanto, hai que con ar
plenamente na súa capacidade propia, sen marcar os límites que non
viñan dados pola mesma Razón. É unha razón libre. É unha razón
limitada, analítica e empírica. A razón ten límites e unha das primeiras
tarefas da razón para clari car a vida humana será, precisamente,
clari car os seus propios límites para saber ata onde pode chegar. E o
primeiro destes límites é que é unha razón que sabe que se ten que
referir á experiencia. A ciencia por excelencia para os ilustrados é a
ciencia experimental. Non ten sentido menosprezar o empírico, como
facían os racionalistas. Agora ben, a experiencia é e debe ser analizada
máximamente pola razón. É unha razón crítica e tolerante. E o que
criticará serán aqueles factores externos a ela que coartaban a súa
liberdade: os prexuízos que paralizan algunhas mentes, a tradición que
empurra constantemente á razón cara ao pasado, a autoridade externa
que pretenderá impoñer límites ao uso da razón, a superstición e a
idolatría, que representan a Deus e ao divino de xeito absolutamente
irracional. Non obstante, esta crítica non é nunca dogmática, pois a
razón estará sempre atenta a criticarse a si mesma. Así, unha razón
crítica tenderá sempre a ser tolerante. É unha razón laica. Se o
Racionalismo facía depender toda a súa validez como doutrina
losó ca na Razón divina, a Ilustración pon como tribunal último da
Razón á Razón mesma, con ando plenamente nas súas capacidades e
no seu progreso. Hai unha “secularización da razón”, e de aí xorde unha
ética autónoma, fundamentada con independencia da relixión. A Física
non se basea na Teoloxía e o poder xa non ten orixe divina. Non é por
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi

fi
fi
iso unha razón atea. O tema de Deus pode seguir sendo importante e
mesmo imprescindible, pero sempre considerándoo como un tema
tratable dende un punto de vista racional. Rexeitan a relixión revelada e
substitúena por unha relixión depurada de todo elemento irracional
Deste xeito podemos intuír que unha das grandes temáticas da razón
ilustrada é a a necesidade da educación para destruír calquera prexuízo
por medio da cultura. Mais non é a única, tamén está a con anza no
poder da razón para liberar ao ser humano dos prexuízos e das
supersticións. Fe no progreso cientí co que nos levará á máis alta
perfección. Optimismo na bondade do ser humano e na posibilidade de
alcanzar unha felicidade xeral. A nivel dos saberes cientí cos toma
como modelo a Newton o cal recollía os datos da experiencia e os
sometía a unha metodoloxía de control que encontra a súa medida
nunha posible formulación matemática. O suxeito é o protagonista
tanto da razón teórica como da razón práctica, atopa os seus límites no
coñecemento, pero prolonga máis alá os ideais de liberdade e
autonomía e convértese en controlador dos obxectos. O deísmo como a
necesidade dun ser creador do universo pero que non inter re despois
no curso natural; tamén se esixe tolerancia cara a todas as opcións
relixiosas. Ademais esta apoloxía da tolerancia é estensible a tódalas
ideas e a crítica do poder político, pois os seres humanos dotados de
razón, non poden vivir nun réxime absolutista.
Nesta obra Kant considera que a Ilustración é o movemento polo que
se anima aos seres humanos a ''saír do seu culpable estado de minoría
de idade''. Kant entende que a minoría de idade consiste no feito de
que os seres humanos non se valen da súa razón para enfrontarse cos
seus problemas, e adoitan acudir á razón doutro (o pai, o mestre, o
sacerdote, ao psicólogo,...). Esta minoría de idade é culpable cando o
motivo dela non reside en incapacidade propia da razón (infancia,
demencia, senilidade, ...) senón na preguiza ou covardía (é moito máis
cómodo que outros pensen por tí). A mensaxe kantiana fronte a este
estado é o de animar a pensar por si mesmo: Sapere aude! (Atrévete a
saber). Kant convídanos a chegar á maioría de idade, atrevernos a usar a
nosa propia razón, hai que conquistar a liberdade e a autonomía persoal
fronte a calquer axente exterior que poida in uír nos nosos
comportamentos. O programa da Ilustración é un programa
eminentemente político e a súa base última reside na necesidade de
fi
fl
fi
fi
fi

preservar o valor máis importante do ser humano: a súa liberdade, valor
que, segundo Kant, queda escurecido, en tanto que os individuos non
actúan de forma autónoma (é dicir, non actúan seguindo os ditados da
súa propia razón). Unha utilización masiva da razón propia por parte
dos individuos conduciría a grandes cambios tanto no contexto social
como na propia integración do individuo na sociedade como cidadán.
En concreto, fala Kant
da liberdade relixiosa e da sinrazón de que o Estado impoña unha
relixión concreta. A Ilustración é a loita contra todo poder que intente
impoñerse a unha razón, a cal empeza a considerarse como a única
soberana e lexisladora universal. Esta razón ha de enfrontarse, polo
tanto, aos poderes fácticos tanto no que atinxe aos asuntos práctico-
políticos coma no que atinxe aos asuntos relixiosos. Se non o fai, a
razón convértese en Kant en culpable, por renunciar ao seu ben máis
sagrado: a súa liberdade. No que se re re á implicación do individuo e a
sociedade, Kant é dos primeiros autores que re exiona sobre o tema da
soberanía e a cidadanía. Un pobo soberano é aquel formado por
individuos autónomos, posuidores de dereitos. Pero todo dereito
individual ha de descansar na condición de cidadanía, e esta derívase
exclusivamente da capacidade do individuo de facer “ uso público ” da
súa razón. Non hai dereito máis fundamental para Kant que o dereito á
liberdade de pensamento e á súa liberdade de expresión. Un individuo
pode facer un “ uso privado ” da súa razón, condicionado polas súas
circunstancias (formar parte dunha institución, as súas circunstancias
persoais ou económicas, etc.). Pero o individuo non é propiamente
cidadán ata que se anime a pensar con plena liberdade dende a súa
propia razón e a someter a debate público (universal) as súas crenzas e
os seus anhelos. Ser cidadán, ser soberano, usar publicamente a razón é
sinónimo no plano político de ser racionais, de ser libres, de ser
humanos. Porén, para Kant, esta defensa do uso da razón de cada un
ten un certo límite. Kant distingue o uso público da razón do seu uso
privado. En canto ao uso público ten que haber unha total liberdade do
uso da razón. En canto ao uso privado esta poderá (e incluso deberá)
restrinxirse a certos límites. Por uso público entende a discusión
pública de todos os problemas que poidan afectar aos individuos con
vistas a atopar fórmulas mellores para resolvelos: Por uso privado
entende o uso que como profesional (como funcionario) vese obrigado
fi
fl
a facer da razón. Así, di Kant, un cidadán pode criticar publicamente os
impostos que rexen no seu Estado e intentar ofrecer sistemas mellores
na súa distribución, recadación, etc. Pero non pode negarse (en virtude
do uso privado da súa razón) a pagar os impostos sen máis.

María Rodríguez 2 Bach A

You might also like