You are on page 1of 3

A moralidade é un feito1

É un feito, cre Kant, que eliximos comportarnos dun modo ou outro guiadas ou
guiados por certas normas ou máximas de conduta. Nós mesmos, -a razón-,
impoñémonolas: fai.., tes que.., debes ...

Tipos de imperativos

Os epicúreos, por exemplo, impoñíanse a si mesmos cumprir as leis ou participar


nos rituais relixiosos da súa cidade porque querían «vivir no oculto»: querían pasar
desapercibidos, vivir tranquilos, lonxe de litixios ou das preocupacións que a miúdo causa
o que dirán.

Este é o tipo de imperativos que Kant chamou imperativos hipotéticos.


Hipotéticos porque a forza prescritiva deste tipo de imperativo reside no seu carácter
instrumental: son medios para conseguir algún ben ou fin.

…representan a necesidade práctica dunha posible acción como medio para


acadar outra cousa que se queira (ou que posiblemente se queira)

Útiles como regras de habilidade ou consellos de prudencia, os imperativos


hipotéticos pouco teñen que ver, cre Kant, coa moralidade. O obxectivo da Filosofía
práctica, segundo el, vai máis aló. A Filosofía moral ha de especificar que debemos facer:
que lei ou leis deben determinar categoricamente a conduta correcta:

O imperativo categórico sería aquel que representa una acción como


obxectivamente necesaria por si mesma, sen relación con ningún outro fin (…),
un imperativo que, sen poñer como condición ningún outro propósito acadable
por medio dun determinado comportamento, ordena ese comportamento de
inmediato.

Nin desexos, nin inclinacións, nin tampouco as consecuencias da acción, ..a


boa vontade non é boa polo que efectúe ou realice; a boa vontade éo porque se
determina a si mesma a facer o que debe: por respectar a lei.

1
Para una versión resumida de la ética kantiana: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-
tic/14002984/helvia/aula/archivos/repositorio/1500/1507/html/webfilosofia/kant/etica.htm#5
Outra opción para as éticas modernas e contemporáneas:
http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/4esoetica/quincena4/index_quincena4.htm
…só a representación da lei en si mesma, despois de que ela e non o efecto
esperado é o fundamento determinante da vontade, pode constituír ese ben tan
excelente que chamamos ben moral.

A lei moral

Mais, que clase de lei pode ser esa cuxa representación, mesmo sen tomar en
consideración o efecto que dela agardamos, ten que determinar a vontade, a fin
de que esta poida chamarse boa absolutamente e sen reservas?

Aí vai:

Eu debo conducirme sempre unicamente de xeito que eu poida tamén querer


que a miña máxima se torne en lei universal.

Non é a única formulación:

Todos os seres racionais están, pois, baixo a lei segundo a cal un ha de tratarse
a si mesmo e a todos os demais en toda circunstancia simultaneamente como un
fin en si mesmo e nunca como un medio.

Ou tamén: A autonomía da vontade é o único principio de todas as leis morais e


de todos os deberes conformes a elas.

Kant considera que as tres son formulacións dun mesmo principio. Actuar de
acordo con máximas que podamos querer como leis universais esixe tratar á humanidade
sempre como fin e nunca como un mero medio, o cal, á súa vez, presupón actuar de
maneira autónoma.

Autonomía.

O que estas fórmulas indican é que só a autonomía da vontade, fundamentada


na racionalidade do suxeito que actúa, pode ser un principio de moralidade.

Dita autonomía, cre Kant, constitúe propiamente a liberdade: o suxeito


racional que actúa por deber, respectando o mandato que provén da súa propia
razón, é libre. Por contra, a heteronomía da vontade, - deixarse arrastrar por desexos ou
intereses particulares-, oponse por completo á moralidade e constitúe para Kant unha
forma de escravitude, xa que implica unha negación da racionalidade nun suxeito dotado
de razón.

Éticas materiais e formais

Todas as éticas anteriores a el, son, segundo Kant, éticas materiais. Materiais?:
empíricas e heterónomas.

Empíricas porque extraen os seus principios da experiencia; é a experiencia o que


aconsella a Aristóteles ou Epicuro propoñer como máxima come con moderación.
Heterónomas porque a motivación do individuo para cumprir este tipo de máximas é
conseguir algo: un ben. Comemos con moderación para ter boa saúde, polo noso propio
benestar.

Kant propón, por contra, unha ética formal. O imperativo categórico non ten
nada de empírico: non especifica que debemos facer. A lei moral o é porque determina
como debemos proceder para comportarnos de forma correcta.

Tampouco hai heteronomía algunha no imperativo kantiano: tan só cando a


razón, e ningunha outra cousa, determina a vontade cabe falar de conduta moral.

You might also like