You are on page 1of 6

18/04/2013!

ACADEMIA
KANT

Diferenzas entre a socioloxia americana e a socioloxía europea (a europea vai directa ás causas, e
non tanto á estadística, na primeira pérdese o factum, disécase). O capitalismo é unha consecuencia
do positivismo ilustrado, cal é o espírítu capitalista? A obxectividación do valor. MDM (Mercancia,
diñeiro, mercancia) 1. Agora D (diñeiro) mercas a mercadoría (M) e consegues máis diñeiro (D, este
último ten que traer unha plusvalía; que é como analiza Marx.
Na política de Aristóteles, comeza coa crematística.

Que supuxo para a Teoría do Coñecemento a revolución copernicana?

Un paradigma que nace de Copérnico, ve que ametolodoxía que emprego no meu telescopio, é así
como vexo o universo. Estou poñendo as condicións de posibilidade para a observación do mundo
que me rodea.
Estas condicións de posibilidades son universais e formais. De aí veñen as categorías kantianas, algo
que todo o mundo ten mentalmente (non é unha idea innata) son conceptos puros a priori (ou sexa,
puros que non están contaminados pola experiencia, e que son apriori antes da experiencia). A
formalidade basease nos aprioris. Esa forma énchese coa experiencia. Se ti cumples a lei moral, as
consecuencias son boas por necesidade, porque a lei moral se cumpre por respecto.
Cmo se plantexa o coñecemento dende este novo paradigma? A partir do que é un xuizo, ao falar
das cousas se falan en termos de xuizo, que é dicir dun suxeito un predicado (SeP ou XéY). Kant di
que o que facemos cando queremos coñecer é sempre emitir xuizos, pero que xuizos existen?
Dúas clases:
1. Analítico: son aqueles onde o predicado non engade novo coñecemento ao suxeito. Non nos
interesan, di Kant, porque para construir o saber non se avanza. Expl: Todo os corpos son
extenson; é analítico porque se digo corpos (suxeito) xa dou por suposto que teñen que ser
extensos (está na súa natureza). Non nos din nada sobre as ciencias, non nos valen para
fundamentar un novo saber.
2. Sintético: Engádese nova información por parte do predicado ao suxeito. Deben ser estes os
propios da ciencia os que nos interesan. Presenta dous tipos:
2.1 Sintético a posteriori: necesita remitir á experiencia para validar o coñecemento. Por
exemplo; este corpo ten a gravidade x, que precisamos para saber isto? Precisamos acudir á
experiencia, medilo. Pode ser propio dunha ciencia, por exemplo da física(?)
2..2 Sintético a priori: un xuizo no que o predicado engade información ao suxeito, pero sen
recurrir á experiencia. É aquel que se basea nas condicións de posibilidade que pon o propio
suxeito, é o xuizo que concorda coa revolución copernicana. A experienza queda ao marxe, é
formal, porque ao definir previamente o que as cousas son, para que preciso da experiencia.?

1 La moderna economía.
18/04/2013! ACADEMIA
KANT

Pode fundamentar o criterio de ciencia actual. Pero entón que ocurre entón co concepto de razón?
Se o someto ao paradigma dos xuizos sintético a pripiro, saberei se a razón aguanta o criterio deses
xuizos, ver se a razón cumpre as mesmas características que a ciencia e a matemaática. Se cumprise
con esa esixencia, poderíamos dicir que a metafísica é unha ciencia. Sí a razón non os cumpre entón
resultará que a metafísica non pode ser considerada como ciencia. Que facemos pois, para a mosar
isto? Temos que facer unha arquitectónica da crítica da razón pura, ou o que é o mesmo facer o
edificio de como se constrúe ou como actúa a razón. Actúa impoñendo todo dende un comezo? ou
nun determinado momento? En que momento? A esixencia obriga a Kant, a construir a crítica á
razón pura, e capaz de ser a razón pura? e capaz de aguantar ser un xuizo sintético a priori? de ser
o apoio dunha ciencia?
O edificio da razón ten tres pisos
O fenómeno é o mesmo que o coñecemento, comeza e remata no fenómeno, é o mesmo que dicir
que comeza e remata na experiencia, xa que o noúmeno son os cementos do edificio que está no
aire, incognocible, tampouco hai coñecemento na parte máis alta do edificio, que é a dialéctica.
As tres partes denomínanse:
1. Estética; ven dos sentidos, polo tanto da materia e forma, do fenómeno que nos chega polos
sentidos. É o inicio do edificio.
Todo procede dos sentidos e das impresións, a estética kantiana é puramente humeanas. O propio
Kant nos prolegómenos di de hume que lle debe o abandono da escolástica e o espertar do soño
dogmático, que comezaba co uso da razón e remataba nela. hume en cambio comeza pola estética.
O que cambiará Kant de hume son as consecuencias, pero o inicio que é a estética e marcadamente
empirista. Se iso é así, como funciona a estética?
É onde están os esquemas de obxectividade(son os embudos no esquema) denomínanse así porque
converten todo que percibimos e danlle sentido formal. Esta obxectivación perdura, porque atopo
exemplos habituais na realidade. As primeiras impresións chámanse intuicións as máis vivaces as
que constitúen o fenómeno, chámanse intuicións puras a priori, xa as teño eu para entender o
fenómeno, xa están na estética, non veñen co fenómeno, ou coa experiencia. Estas intucións son o
espazo e o tempo, non se pode percibir ningún fenómeno que non sexan nas coordenadas espazo
temporais. O primeiro que chega é a materia do fenómeno, son as imresións nas que se me aparece
todo o mesturado, rugosidade, volume, cor... A materia do fenómeno son elementos dipares, e
chéganme cunha representación completa. Cando se percibe se cuña coas dúas intuicións espazo e
tempo, sempre viche algo nalgún intre e nalgún lugar. Unha vez que o espazo tempo sellan a
materia do fenómeno, sae xa a forma do fenómeno. (Na segunda fase da estética o fenómeno pasa
de ser material a formal) Sae do embudo o obxecto e non o concepto. Na estética só se ven
obxectos, vai ser a analítica quen constrúa as obxectos.
Cando se pregunta como pasa o fenómeno á analítica? Pasa xa como forma determinada. Polo
tanto coas intuicións puras apriori que son o espazo e o tempo. Non hai ningún tipo de fenómenos
que non se de no espazo e no tempo. Van a aser as que logo lle dan sentido aos conceptos puros a
priori.
18/04/2013! ACADEMIA
KANT

2. Analítica: analiza o coñecemento, como unha evz que pasa dos sentidos se convirte en concepto,
porque se convirte en concepto.
Na estética e na analítica traballa a sensibilidade na primeira, e o entendemento na segunda. Na
analítica confórmanse os conceptos. O que fai a sensiblidade é construir a forma do fenómeno.
Vaise dar lugar ao conformación do concepto, e precisan dúas facultades para facelo; Agora chega o
momento de elaborar os xuizos e só o podo facer se teño categorías para formular o xuizo.
A analítica traballa cos datos da estética, polo tanto non podería existir analítica se non houbese
unha fundamentación na sensibilidade. A razón sen suxección a sensibilidade voou libremente, isto
quere dicir ( a paloma blanca cortolle ás ás, para facela depender da sensibilidade, para facela
depender da sensibilidade, cortollas para que so pode andar. Elaborou até agora milleiros de
conceptos sen proxección sen obxectualización, construiu a metafísica dogmática, en base á razón
sen límite algún facer someter a paloma sen límite algún).
A analítica chega da estética conformada a forma do fenómeno, e vai cara uns elemntos a priori que
xa existen e se denominan categorías. Ven de categoros, significa forma de predicación, empregada
por primeira vez por Aristóteles, nas Categorías, tamén os sofistas se referían a aelas como
formalidades lingüísticas. Foi Aristóteles quen as someteu ao concepto óntico, elementos definitorios
como ousia( o que unh cousa é e só o que verdadeiramente é) e outras falaban de elementos
accesorios, que non definen o suxeito; Sócrates ten o pelo branco).
Voltando a tema, cando Kant fala de categorías fala dun tipo de xuizo, e dun xeito de entender a
cousa. As categorías son 12; son fundamentais para construir o concepto, estas emiten un xuizo en
base á forma que ten de predicar das cousas; Exemplo; mira que ordenador, (existencia, relación,
singularidade...) xa vexo o que é un ordenador. Atribúolle a propiedade Macinthos, A forma do
fenómeno se convirte en concepto e pasa á experiencia. Os conceptos foron aprendidos e retidos na
experiencia. Na experiencia traballa a imaxinación, esta colle conceptos da experiencia e
sensibilizaos, lévaos aos esquemas de obxectividade. Expl; sabes o que isto? É un rotulador. Se non o
sensibilizo poden pasar anos sen velo e non recoñecelo. Algún día tiveche a impresión de que o
viche o concstruiche como concepto (mama que é isto? coche, tela que integrala, ve moitos coches e
aplicao). A imaxinación perde poder respeito a gnoseoloxía de Hume; aquí a imaxinación
cambiaba, trastocaba, combinaba, pero Kant dase conta de que iso o facía a razón ( se a
imaxinación fai o mesmo sería razón) cando quería, Kant suxeita a imaxinación a coller da
experiencia e referilo á sensibilidade, remitilo para que así fose sensibilizado, traballa metendo o
recordo., por iso na experiencia non hai ningun obxecto que non sexa real. Que acontece na
espiral? Hai milleiros de conceptos, todos os que fuches almacenando na experiencia ao longo da
túa vida. Que acontece coa experiencia? Todos os conceptos que existen na experiencia, esa
multiplicidade están na experiencia. Aí é onde traballa o entendemento, acontece que o
entendemento non unifica senón que alamacena na experiencia, o único que ten é unha
multiplicidade de conceptos, desunificados, desintetizados, soltos. O eu unifica a analítica, influencia
caartesiana, xa que quen está pensando é o meu entendemento, o eu cogito, son eu. A segunda
18/04/2013! ACADEMIA
KANT

síntese conciencial. Eu son a que estou pensando. A euicidade. Que xa problematizara Hume, e
desproblematiza Kant.
O entendemento só produce a multiplicidade dos conceptos que están na experiencia, pero non
todo se queda aí, xa que hai unha facultade que traballa a apartir dos datos do entendemento. E a
razón non tolera a grande multiplicidade. Intenta darlle un sentido, e construe como e de que xeito
pode darlle sentido único a aquel sentido único, o fai en base a tres ideales, froito do esquema de
sistematicidade, que se plantexan na dialéctica.

(PREGUNTA TRIBUNAL: Cal é a diferencia da imaxinación e as facultades da


analítica de Kant e a gnoseoloxía de Hume? Que é o coñecemento e cal é a facultade
do coñecemento, en que se queda?) O coñecemento quédase nos límites do
entendemento. Onde acaba o entendemento acaba o entendemento, e onde empeza a
sensibilidade empeza o entendemento) As facultades da razón non é coñecemento en
KANT!! De aí ven a crítica a Hegel, xa que a recuperará como coñecemento, quítalle
valor a quen ten todo. Pero é posible coñecer dende a multiplicidade, non
precisamos unificalo para entendelo? Pois iso o fai a razon. Dille Hegel a Kant. Hegel
prioriza o que secundariza Kant.

3. Dialéctica: traballa a razón


O proceso de coñecemento comeza no fenómeno e remata na analítica. A razón é arquitectónica,
sistematizadora, regulatica, na propia natureza da razón vai facer os esquemas anterioremente
citados de sistematicidade.
A sistematización que fai a razón é a seguinte, se teño multiplicidade de conceptos no
entendemento, o que intenta dar a razón é sentido: Prodúceos a razón, no paso da analítica á
dialéctica. Faise en base a tres ideales, os cales non se entenden sen liberdade, que tamén aparece
como un ideal, que resulta da sistematización dos tres. A cuestión é que non son real, senón que son
ideales.
Na crítica da Razón Pura, a liberdade queda como un ideal, queda sin demostrar a realidade da liberdade, imposible
na Crítica da Razón pura, é necesario pois, demostrar esta liberdade, necesítase a fundamentación da Metafísica das
costumes que demostre que a liberdade é real e non simplemente un ideal. O problema que ten Kant e que se pasou
criticando a Razón na Crítica a Razón Pura, e chego á conclusión de que aliberdade é un ideal, como fundamento as
éticas agora? Porque o fundamento de que alguen que actúa é a liberdade. Teño primeiro que demostrar que existe a
liberdade como un elemento real. Kant sendo conscente disto, invirte a pirámide da Crítica da razón pura. A Crítica da
razón práctica non ten estética nin noúmeno, xa que a estética se realiza na acción na realidade. Kant pásase da
Fundamentación á CRítica da Razón Práctica, intenta atopar a norma moral común de todas as sociedades ao longo
da historia, atopa a lei moral, atopa que o imperativo categórico con tres formulacións distintas, que rematan no reino
dos fins; todo se deixa levar pola paz perpetua (Obra; La Paz Perpetua)
Quen costruiu estes ideais ao longo da historia do pensamento? Sempre foi levada a cabo pola
metafísica. Toda teoría do coñecemento que ai atéo seculo XVII é dogmática, elaborouna a razón
18/04/2013! ACADEMIA
KANT

sen recurrir á experiencia. Todo o anterior é metafísica dogmática. Foi dogmática, a razón sen
suxección ( apaloma a que lle corta ás ás).
Investígase toda a metafísica dogmática, e descubrir como se foi xerminando estes tres ideais e cmo
se foron conformando ao longo da historia, es aé a tarefa da dialéctica.
- Deus: A teoloxía racional, construiu tres conceptos de Mundo non creacionistas:
- Parménides e o concpeto de ser
- Platón
- Aristóteles
- Escolástica e a revelación pura
O concepto de Deus é oposto, non hai posibilidade de discernir, porque non temos datos da
experiencia. Kant vese obligado a estudar as probas da existencia de Deus ao longo da historia, e
categorízaas, en dúas (ESQUEMA):
Kant elabora un concepto de Deus, que pode ser propio da fe e da beatitude pero non ca da
filosofía e non da teoría do coñecemento. Se a metafísica ten que convertirse en ciencia, ten que
convertirse nos xuizos sintéticos a priori. Como fai a matemática cos axiomas.
A metafísica non cumpre isto, non temos probas de que existen na realidade. Se dis que Deus existe
tes que dicir que existe como impresión.
Acaba considerando na teoloxía racional, é que non se pode demostrar que existe sensibilidade de
Deus, isto non quere dicir que negue a Deus, senón que critica as probas da existencia de Deus. El
non pode demostrar que Deus non existe, igual que o resto non puido demostrar ninguén que Deus
existe. Estamos no mesmo punto de Newton co universo.
- Mundo: se a historia da filsogía di que o entendemento me da todos os conceptos que me da a
experiencia, a razón chamoulle a isto mundo. O problema non está en que constrúa o mundo
como unha substancia senón en que di que existe, din que é real, e tamén dan cualidades, e
aparecen argumentacións de todo tipo. e a metafísica manexou as diferentes opinións. A metafísica
da razón non pode discernir unha cousa e outra, porque non tivo impresión real entón Cae nunha
antinomia, baseanse no principio de non contradición. Non hai un elemento de apoio na
experiencia. Catro antinomias fundamentais que se plantexaron ao longo da historia da filosofía.
(ANTINOMIAS NO ESQUEMA)
- Alma; kant considera que dentro da metafísica houbo unha psicoloxía, que concebiu que detras
da morte, xa cos gregos, existía algo, un principio que mantivese a substancia desa vida, ánima, o
que Aristóteles dicía que daba movemento. Co paso do tempo a historia da FIlosofía, foi dicindo
que esa alma non era só un ideal senón que era unha substancia, Platón de feito dixo que era
existente, que era preexistente; pasouse de definir unhs substancia a definirse unha substancia
existente. Emepzouse a dicir sen apoio na experiencia que a alma existía. A psicoloxía racional
constrúe o concepto de alma. Cae así nun paraloxismo ( razoamente mal construído, mal
argumentado porque se prescinde de calqueira referencia á obxectividade ).
18/04/2013! ACADEMIA
KANT

Todo empirista non plantexa a problemática de non coñecer o anterior ao sentidos.o


escepticismo de Hume é unha consecuencia non un punto de partida. non é un
escepticismo antecedente como en Descartes, senón consecuente. O escepticismo de
Hume, supérase no método cartesiano, na intuición clara e distinta do egocogito.
Hume non problematiza dende o punto de vista dos sentidos. Kant rexeita o
escepticismo de Hume, acepta que os coñecementos parten da experiencia.

You might also like