You are on page 1of 17

O empirismo

DAVID HUME
O empirismo

 Chámamos empirismo á corrente filosófica inglesa dos


séculos XVII e XVIII que afirma que todo coñecemento
humano procede da experiencia.

 Óponse ao racionalismo nas súas teses básicas principalmente


a do innatismo. Os seus máximos representantes son John
Locke, George Berkeley e David Hume.

 Locke postulou que a nosa mente é como unha folla de papel


en branco (tábula rasa) onde se van imprimindo as nosas
vivencias.
Racionalismo Empirismo

Descartes Spinoza Berkeley


Locke

Leibniz
Hume
1. Vida e obra
 Naceu en 1711 en Edimburgo (Escocia). Era orfo de pai.
 Estudou Filosofía en Francia (La Fléche) durante catro anos (1734-1738)
onde escribeu o seu Tratado sobre a natureza humana.
 Non puido acceder á cátedra de Ética e Filosofía Política na Universidade
de Edimburgo por ser considerado herético.
 Foi bibliotecario da Facultade de Avogados de Edimburgo, secretario da
embaixada de París e subsecretario do Estado en Londres.
 Foi amigo de Rousseau aínda que acabaron enfadados.
 Morreu na súa terra natal en 1772, rodeado de amigos como Adam Smith.
 As súas principais obras son:
 Tratado sobre a natureza humana de 1740 e
 Investigación sobre o coñecemento humano de 1748.
2. Distinción impresión/idea
 Hume pretendía crear unha ciencia empírica do ser humano, así como Newton
creara a ciencia física. As súas investigacións céntranse no entendemento, nas
paixóns e na moral.
 Con respecto ao coñecemento, Hume parte de dúas preguntas fundamentais:
 ¿De que materiais está provista a nosa mente?
 ¿Qué uso podemos facer deles?
 Hume responde que todos os contidos da nosa mente son “percepcións”.
 As percepcións poden ser de dous tipos: impresións e ideas.
 As impresións son as percepcións máis inmediatas, actuais, vivas e intensas.
As fundamentais son: sensacións, paixóns e emocións.
 As ideas son copias das impresións e por eso máis débiles e menos vivas.
 Todas as ideas proceden das impresións. Isto proporciona a Hume o método
filosófico que impón someter a proba todo concepto ou categoría que se presente,
buscando a impresión que é a súa orixe e rexeitándoo se a súa orixe non é unha
impresión. Non hai, polo tanto, ideas innatas.
 As ideas únense e combinan en virtude das formas de asociación
denominadas contigüidade, semellanza e causalidade. A causa da
asociación descoñecémola: só coñecemos os seus efectos.
 Unha idea pode causar unha nova impresión, pero esta xa non é unha
impresión de sensación (orixinal) senón de reflexión.
 Tanto as ideas como as impresións poden ser simples ou complexas.
 A afirmación de que toda idea procede dunha impresión levou a Hume a
criticar algúns conceptos fundamentais da filosofía como o concepto de
causa ou de substancia.
3. Verdades de razón e cuestións de feito
 "Todos os obxectos da razón e investigación humana poden dividirse en dous
grupos: relacións de ideas (relations of ideas) e cuestións de feito (matters of
fact).
 As proposicións que describen relacións de ideas poden descubrirse por análise
racional e son necesariamente verdadeiras independentemente de que se dean ou
non na realidade. Nelas o predicado dedúcese loxicamente do suxeito e a súa
negación é unha contradicción. As proposicións matemáticas son todas deste tipo.
Ex. “A suma dos ángulos dun triángulo equivale a dous rectos”
 As proposicións referentes a cuestións de feito non son necesariamente
verdadeiras pois o fundamento da súa certeza é a experiencia e non a razón. O
predicado xamáis se deduce pola análise do suxeito e a súa negación é posible. É
o campo das ciencias empíricas. Ex. “ O calor dilata os corpos”.
Relacións de ideas Cuestións de feito
 Sen experiencia, son  Con experiencia, a súa
independentes do que verdade depende dos
poida ocorrer no mundo feitos, da experiencia.
 Coñecemento da  Coñecemento da Física
Matemática e da ou da Historia.
Lóxica.
 Ex. O cadrado da hipotenusa  Ex. Mañán vai chover.
é igual ao cadrado dos lados.

NEGALO É NEGALO É
CONTRADICTORIO POSÍBEL
Fenomenismo e escepticismo

 A actitude crítica que desenrola Hume con relación ao


coñecemento conduceno a un fenomenismo radical: só
coñecemos as nosas percepcións e, polo tanto, a realidade
redúcese a puro fenómeno, é dicir, ao que se mostra aos
nosos sentidos.

 A consecuencia do fenomenismo é a inseguridade no


coñecemento, o escepticismo: non hai coñecemento seguro.
O escepticismo de Hume non é radical posto que necesitamos
crer para vivir pero é necesario para combater o dogmatismo
e para establecer os límites do noso coñecemento.
4. Crítica á Metafísica
 A esixencia de que a toda idea ten que corresponderlle unha impresión, levou a Hume a
criticar os conceptos fundamentais da filosofía como a idea de causa ou a de substancia.

 Hume pregúntase: ¿a que impresión corresponden estas ideas? “Se albergamos a sospeita de
que un término filosófico emprégase sen significado ou idea algunha (como ocorre con farta
frecuencia), só haberá que preguntar de que impresión derívase a suposta idea; e se é
imposible asignarlle unha, confirmouse a nosa sospeita.“ (Investigación sobre o
entendemento humano)

Crítica á idea de causa


 Os filósofos entenderon a idea de causa como unha conexión necesaria entre dous
fenómenos. Pero non existe ningunha impresión de tal conexión necesaria.
 O principio causal non está fundamentado nin na razón nin na experiencia senón no costume
de ver un fenómeno seguido de outro.
 Polo tanto, a idea de causalidade é unha crencia (belief), non unha certeza. A certeza no
coñecemento de feitos futuros fundaméntase nunha crencia que é motivada polo hábito.
“Cremos” que a bola lila movérase se lle damos coa branca porque sempre
ocurreu así, pero non podemos estar seguros ao 100%
Crítica á idea de substancia
 Non existe unha impresión da idea de substancia. Non é máis que unha
colección de ideas simples unidas pola imaxinación.
 Os filósofos como Descartes falan de tres substancias (o eu, o mundo e Deus)
pero para Hume as tres son falsas posto que non temos impresión ningunha delas.
 O eu (alma):
 ¿por qué creo que son a mesma persoa que onte? Non hai ningunha impresión do eu, só
unha colección de percepcións (pensamentos, sentimentos, recordos,...). A memoria
fainos crer que existe o eu pero é unha ilusión, é falso. Confundimos a idea de sucesión
coa de identidade.
 O mundo:
 ¿Por qué creo que hai obxectos, corpos, aínda que non os teña vendo? Non pode ser
polos sentidos porque os obxectos cambian de apariencia; tampouco pola razón. Só
pola memoria e pola imaxinación.

 Deus:
 Non hai impresión ningunha que dea lugar a idea de Deus. Polo tanto, Deus non existe.

 A metafísica é un saber obtruso, dogmático e que leva á superstición.


 O coñecemento humano é limitado ao campo da experiencia (empirismo).
 Non existe coñecemento máis aló das nosas impresións e ideas.
 O mellor é adoptar un escepticismo moderado.
Mapa conceptual
HUME
O COŃ ECEMEN TO

fu ndamén tas e en

PERCEPCIÓNS

or denadas polas

IMPRESIÓNS so n causa de IDEAS

LEIS DE
ASOCIACIÓN DA
IMAXINACIÓN

CONTIGUIDADE CAUSALI DADE SEMELLANZA

CUESTI ÓNS DE RELACI ÓNS DE


con stituen
BASEADO NA FEI T O IDEAS
CRENCIA A COŃECEMENT O
PART IR DO UNIVERSAL,
HABITO NECESARIO
CRÍTI CA Á
METAFÍSI CA E A
CIENCI A

IDEA DE IDEA DE
SUBST ANCIA: CONEXIÓN
MUNDO, DEUS, EU NECESARIA

c on duc e ao con duce ao

FENOMENI SMO ESCEPTI CISMO


5. O emotivismo moral
 O fundamento da moral non é a razón senón o sentimento.

 Os xuizos morais só expresan e suscitan sentimentos. Ben e mal non son valores
absolutos.

 É o corazón o que xulga, non a razón. Con sentimentos de aprobación ou


reprobación. Aprobamos o que agradable e útil e desaprobamos o que nos resulta
vicioso.

 Esto poderíanos levar ao relativismo ou ao egoísmo pero Hume cría que os


sentimentos morais eran iguais para todo o mundo, e que exiten deberes e dereitos
universais.

 O benestar e a felicidade individuais son inseparables do benestar e da felicidade


colectivas (optimismo excesivo). Todos os humanos buscamos a felicidade dos
demais.
Fin da presentación
“Que se satisfaga a túa paixón
pola ciencia, pero que a túa
ciencia sexa humana tal que teña
inmediata referencia á acción e á
sociedade... Sen filósofo, pero en
medio de toda a túa filosofía, sen
home.”

You might also like