You are on page 1of 15

UNIDADE 5

A construción do ser
humano. Motivación,
personalidade e
afectividade

1. A personalidade
2. A motivación
3. As emocións
4. O ser humano como proxecto
INFORMACIÓN EXPLICATIVA
Proceso de socializa- 1. A personalidade
ción: Proceso mediante
o cal o ser humano apren-
de, no transcurso da súa
Que é a personalidade?
vida, os elementos socio-
culturais do seu medio No proceso de dotarnos dunha identidade persoal e social
ambiente, intégraos á es- desenvolvemos a nosa personalidade. A personalidade é o
trutura da súa personali- conxunto de características e trazos psicolóxicos que
dade, baixo a influencia
de experiencias e de
determinan e expresan a nosa forma de ser e actuar. É o
axentes sociais. A sociali- núcleo central da persoa e ten tres compoñentes:
zación é factible grazas
aos axentes sociais, que 1. O temperamento. A base constitucional da
se poden identificar como personalidade. É a herdanza biolóxica inserida nos
a familia, a escola, os
iguais e os medios de
nosos xenes. Non podemos cambiala.
comunicación.
2. O carácter. As propiedades psicolóxicas que
adquirimos durante o noso crecemento. Conforma os
hábitos do noso comportamento, transmitidos
culturalmente. É aprendido e podemos modificalo.

3. A vontade. A capacidade de elixir e decidir que


queremos e que facemos. É a personalidade moral, o
eu moral que libremente elixe os valores polos que
quere guiarse e conformar o seu comportamento. É
como eliximos ser. A vontade é o desexo de ser.

Teorías psicolóxicas da personalidade

Á psicoloxía sempre lle preocupou o problema da


personalidade. As diferentes teorías tratan de explicar a orixe,
a evolución e os tipos de personalidade.

A primeira teoría vén da Antigüidade e foi formulada polo


médico Hipócrates que, baseándose nos humores ou
líquidos corporais (sangue, bile amarela, flema e bile negra),
estableceu os catro temperamentos: sanguíneo (alegre e
esperanzado), colérico (irascible), flemático (apático e
preguiceiro), e melancólico (triste e distraído). Esta teoría
Hipócrates: Médico da
Antiga Grecia que exer- estivo vixente, con máis ou menos modificacións, ata o
ceu durante o chamado nacemento da psicoloxía moderna, que estableceu as bases
século de Pericles (s. V científicas do estudo da personalidade.
a.C.). Está clasificado co-
mo unha das figuras máis
A psicanálise de Freud
destacadas da historia da
medicina, e moitos auto-
res refírense a el como o Sigmund Freud foi o fundador da psicanálise e elaborou
“pai da medicina”. unha teoría sobre o desenvolvemento e funcionamento da
mente que tentaba explicar a conduta humana.
A hipnose é unha técnica de suxestión pola que o terapeuta dá unha serie
de indicacións ao paciente cando este se atopa nun estado hipnótico ao
que foi inducido. Suxestións que lembrará o paciente cando se atope ante
a situación desencadenante designada na sesión terapéutica, o que lle
axudará a controlar ou modificar a súa conduta.

Para Freud, a personalidade é de natureza conflitiva como


resultado dunha loita interna que se desenvolve durante toda
a vida, en especial durante a infancia, entre tres instancias
psíquicas ou estruturas:

1. O “iso”: é a parte máis primitiva da mente humana.


Engloba os impulsos ou pulsións sexuais (Eros) e de
agresividade (Thanatos).

2. O “eu”: é a parte consciente que media entre o “iso” e a


realidade exterior. A súa función é adaptativa: axustar
as esixencias do “super-eu” aos desexos íntimos do
“iso”.

3. O “super-eu”: é a parte inconsciente, que contén as


normas sociais e culturais. Representa a autoridade, a
figura paterna que se opón aos principios primitivos do
“iso”. Conforma a conciencia moral, cuxo obxectivo é
sinalar o comportamento correcto.

As concepcións actuais

A psicoloxía actual introduce tres elementos no estudo sobre


a personalidade: a persoa, a situación e a conduta. A
personalidade sería a estrutura intermedia entre o medio ou
situación e a conduta con que as persoas ou suxeitos
responden a ela dun modo individualizado. As investigacións
orientáronse cara ao intento de xeneralizar respostas ante
estímulos parecidos, de establecer unha tipoloxía ou modos
de ser mediante a clasificación de trazos aos que se axustan
os individuos.

1. Teoría dos “cinco grandes” trazos. Esta teoría


establece unha tipoloxía de cinco grandes trazos da
personalidade baseada nunha serie de características
ou trazos contrapostos que van dun extremo a outro:

• Amabilidade: determina o grao de adaptación á


contorna dunha persoa. Desde unha persoa
cooperativa e de trato agradable ata unha persoa
nerviosa, irritable, con dificultade para resolver
situacións difíciles.

• Extroversión: determina o grao de sociabilidade


dunha persoa. Desde unha persoa tímida, con
dificultade para as relacións persoais, ata outra
amable, simpática e compracente.
• Neuroticismo: determina a estabilidade
emocional e o control persoal. Desde unha
persoa tranquila, serena, ata unha persoa tensa e
ansiosa que mostra unha gran inseguridade e
falta de confianza en se mesma.

• Responsabilidade: determina a capacidade de


enfrontarse aos problemas de maneira ordenada
e eficaz. Son persoas honestas, voluntariosas e
cunha gran motivación, moi seguras de se
mesmas.

Carl Rogers: (1902-1987) • Apertura á experiencia: determina a capacidade


é un dos autores máis de reflexión con amplos intereses e fins. Son
coñecidos do movemento
humanista. O seu método
persoas cunha alta capacidade intelectual,
terapéutico, a terapia estudosas, sensibles e con grandes
centrada no cliente, ou preocupacións morais.
terapia non directiva,
parte da hipótese central 2. Teoría humanista. Carl Rogers estableceu unha teoría
de que o individuo posúe
en si mesmo medios para
cuxo obxectivo non era axustar ou explicar a conduta
auto comprensión e para humana, senón a realización persoal mediante a propia
o cambio do concepto de organización da estrutura do eu. Esta estrutura,
si mesmo, das actitudes e consiste en organizar coherentemente as nosas
do comportamento auto percepcións conscientes, valores e ideais que forman a
dirixido. O terapeuta debe
proporcionar un clima de
nosa imaxe persoal. Para Rogers, a persoa sa é a que
actitudes psicolóxicas fa- consegue facer coincidir a imaxe dun mesmo coa
vorables para que o pa- imaxe que os demais teñen dela, de tal maneira que o
ciente poida explotar os individuo ten como obxectivo principal a autenticidade.
devanditos medios. Para corrixir as desviacións cara a ese obxectivo,
Rogers desenvolveu a técnica da terapia centrada no
cliente. A terapia consiste en falar co cliente para
poñer de manifesto as súas insuficiencias ou
desviacións e así poder corrixilas. O terapeuta debe
buscar tres cousas: a empatía, a autenticidade e a
aceptación do cliente.

3. Teoría da identidade de Erik Erikson. Erik Erikson


propuxo unha teoría do desenvolvemento da identidade
persoal asociada á formación da personalidade, que
ten lugar en oito estadios ou etapas ao longo da vida.
Erik Erikson: (1902- Cada etapa é un ciclo ou crise vital que se caracteriza
1994) Psicoanalista esta- por un logro ou un fracaso e por unha virtude ou forza
dounidense de orixe ale- do eu asociada á mesma. O éxito ou fracaso de cada
mán, destacado polas
súas contribucións na psi- estado depende non só do propio individuo senón
coloxía del desenvolve- tamén da contorna social no que se desenvolve, que
mento. favorece ou dificulta o logro. A última etapa é a
integridade do eu, cuxo logro consiste en estar
satisfeito coa propia vida.
5. A motivación

Que é a motivación?

Unha motivación baséase naquelas cousas que impulsan a un individuo


para levar a cabo certas accións. Noutras palabras, pode definirse á
motivación como a vontade que estimula a facer un esforzo co propósito
de alcanzar certas metas.

Que nos fai comportarnos dunha maneira ou outra? Por que


as persoas fan unhas cousas ben e outras non? Que fai que
certas cousas nos gusten máis que outras? As razóns que
nos levan á acción para a realización dos nosos obxectivos
ou metas é o que en psicoloxía se estuda como a motivación.

A motivación responde a unha necesidade ou carencia,


unha deficiencia física ou psicosocial dos individuos. Cando
temos fame poñémonos en acción para buscar comida e
satisfacer a necesidade para comer, e cando nos
propoñemos un obxectivo iniciamos unha serie de condutas
para conseguilo. Así, por exemplo, para ser un deportista de
elite temos que adestrar duro, ou para chegar a ser un gran
científico temos que estudar moito.

A motivación é a forza ou estimulo interno que nos


impulsa a actuar dunha maneira determinada para
satisfacer unha necesidade ou obter ou conseguir un
obxectivo ou logro. Hai dous tipos de necesidades:

1. Primarias: son innatas, pertencen á nosa natureza


animal, como durmir, comer, respirar, etc.

2. Secundarias: son aprendidas e pertencen á nosa


natureza social. O home inventa as súas propias
necesidades.
As motivacións animais e humanas son moi diferentes aínda
que as segundas proceden das animais, xa que unha vez
constituídas independízanse e adquiren unha autonomía
funcional. As motivacións humanas son altamente
complexas. Unha vez satisfeitas as necesidades primarias, o
home inventa outras novas, superfluas, pero que adquiren
gran importancia na contorna social. As motivacións teñen as
seguintes características:

1. Están orientadas a satisfacer unha necesidade ou á


consecución dun logro.

2. Son persistentes e fortes ata conseguir o logro.

3. Teñen unha organización xerárquica. Unha vez


satisfeitas as necesidades dun nivel, orixínanse
necesidades dun nivel superior.

4. Poden ser conscientes ou inconscientes. Ás veces


non sabemos por que actuamos como o facemos.

5. Os motivos poden ser intrínsecos, orixinados polas


necesidades, carencias ou desexos do propio suxeito;
ou extrínsecos, orixinados por un estimulo externo ao
suxeito, como a presión da contorna social ou familiar.

Teorías da motivación

Teorías homeostáticas

A conduta motivada emerxe dalgún tipo de desequilibrio no


suxeito. Este desequilibrio pode estar provocado por un
déficit ou carencia psíquica que o organismo percibe como
esencial para o seu funcionamento adecuado; entón, o
individuo responde cunha acción ata restablecer o equilibrio.

O suxeito reacciona ante o desequilibrio mediante un


impulso que é orixinado pola necesidade. Cando o
desequilibrio se elimina ou se reduce, o individuo
experimenta un pracer que actúa como gratificación, é dicir,
como recompensa polos esforzos realizados. Unha vez
satisfeita a necesidade, o organismo se reequilibra. Este
equilibrio pode volver a perderse e iniciar de novo o proceso.
Henry Alexander Mu-
rray: (1893-1988) foi un A psicanálise
psicólogo estadouniden-
se.
Para a psicanálise de Sigmund Freud, estes impulsos ou
pulsións orixinados pola insatisfacción son enerxías do
organismo de dous tipos: sexual e de autoconservación. É o
pracer sexual ou a evitación da dor o que mobiliza e guía a
conduta dos individuos.

Teoría de Murray

A teoría motivacional de Murray baséase nas necesidades


humanas. Henry Murray elaborou ao longo das súas
investigacións unha lista de todas as necesidades humanas,
na cal especificaba as vinte necesidades básicas. Para
Murray, unha necesidade é unha construción que representa
unha forza no cerebro que organiza unha resposta para
cambiar unha situación insatisfactoria e aumentar a
satisfacción.

Unha necesidade pode estar provocada por un estado


interno, como, por exemplo, sentir frío, ou por un estímulo
externo ao suxeito, por exemplo, a roupa ou peza de abrigo.

A teoría das necesidades de Maslow


Abraham Maslow: (1908-
1970) foi un psicólogo Abraham Maslow elaborou tamén unha teoría motivacional
estadounidense coñecido
como un dos fundadores
baseándose nas necesidades, agrupándoas xerarquicamente
e principais expoñentes nunha serie de niveis e estadios.
da psicoloxía humanista,
unha corrente psicolóxica Segundo el, o ser humano primeiro ten que satisfacer as
que postula a existencia necesidades fisiolóxicas básicas, como comer, beber,
dunha tendencia humana
básica cara á saúde men-
vestirse; despois aparecen as de seguridade, aquelas que
tal, que se manifestaría tratan de evitar o medo á desorde e a imprevisión. Unha vez
como unha serie de pro- resolta a seguridade, emerxen as motivacións do afecto, as
cesos de procura de auto- persoas necesitan o recoñecemento e a presenza dos
actualización e autorrea- demais: a familia, os amigos, etc. Satisfeitas estas, aparecen
lización. A súa posición
adóitase clasificar en psi-
as necesidades da autoestima, o desexo de afirmarse fronte
coloxía como unha “ter- aos outros, de reputación e prestixio. Seguidamente, o ser
ceira forza”, e sitúase teó- humano busca o coñecemento, saber o que ocorre ao seu
rica e tecnicamente entre ao redor e como funciona o mundo, e a beleza das cousas,
os paradigmas do condu- as necesidades estéticas. Por último, o desexo de ser un
tismo e a psicanálise. Os
seus últimos traballos
mesmo, de realizarse cada vez máis autenticamente. Este é
defíneno ademais como o último estadio e representa a autorrealización. A
pioneiro da psicoloxía autorrealización é unha cuestión persoal no
transpersonal. O desen- desenvolvemento das posibilidades e potencialidades dos
volvemento teórico máis individuos. As persoas autorrealizadas teñen unha ampla
coñecido de Maslow é a
pirámide das necesida-
conciencia moral e un alto concepto de si mesmas e das
des, modelo que expón súas posibilidades de autorrealización.
unha xerarquía das nece-
sidades humanas, na que
a satisfacción das nece-
sidades máis básicas ou
subordinadas dá lugar á
xeración sucesiva de ne-
cesidades máis altas.
Teoría cognitiva

As teorías cognitivas poñen de relevo non só a satisfacción


das necesidades e a súa tipoloxía, senón tamén outros
procesos cognitivos que interveñen na motivación, como o
medo ao fracaso, a frustración, as expectativas, os
obstáculos e o esforzo para a consecución das metas e
obxectivos.

O psicólogo Edward Chace Tolman introduciu a existencia


duns determinantes chamados “as expectativas”. Serían
estas expectativas as que funcionarían como reforzo para a
motivación.
Edward Chase Tolman:
(1886-1959). Psicólogo
estadounidense. Os seus
William Atkinson, pola súa banda, elaborou unha teoría do
traballos centráronse ao éxito tendo en conta estas expectativas. A fórmula é Te = Me
redor da teoría da apren- x Ee x Le, onde Te é a tendencia ao éxito; Me, a motivación
dizaxe e o condutismo, e do logro; Ee, a expectativa do éxito, e Le, o incentivo da
achegaron un novo enfo- tarefa. Desta maneira Atkinson pode definir a probabilidade
que desde a perspectiva
da Psicoloxía Cognitiva,
do éxito que é resultado non só dos incentivos que teñamos,
da que está considerado senón tamén das expectativas e do esforzo necesario para o
un dos seus pioneiros. éxito da tarefa.

Teoría condutista

O psicólogo ruso Pávlov sentou as bases do condutismo ao


establecer que certas condutas poden ser condicionadas
ante certos estímulos. As ideas principais do condutismo son
a excitación, o reforzo e o castigo. A excitación dunha
conduta, é dicir, a súa aparición, pode ser reforzada
mediante un estímulo positivo ou recompensa, ou inhibida
mediante un estímulo negativo ou castigo. As investigacións
neurofisiolóxicas posteriores puxeron de manifesto que esta
activación das condutas ocorre nunha área do cerebro
constituída por un sistema de fibras neuronais
Ivan Petrovich Pavlov: interconectadas coa maior parte do resto do cerebro, o
(1849-1936) foi un fisió-
logo ruso gañador do Pre-
sistema de activación reticular (SAR).
mio Novel en 1904 polas
súas investigacións sobre
o funcionamento das
glándulas dixestivas. Tra-
ballou de forma experi-
mental e controlada con
cans, aos que incomu-
nicaba do exterior no
laboratorio que se pasou
a chamar "as torres do
silencio". Os seus estudos
levárono a interesarse
polo que denominou se-
crecións psíquicas, ou
sexa, as producidas polas
glándulas salivares sen a
estimulación directa do A frustración
alimento na boca. Pavlov
notou que cando na situa-
ción experimental un can
escoitaba as pisadas da
persoa que habitualmente
viña alimentalo, salivaba
antes de que se lle ofre-
cese efectivamente a co-
mida; con todo, se as
pisadas eran dun des-
coñecido, o can non Sali-
vaba. Estas observacións
inspirárono para levar a
cabo numerosos estudos
que foron a base do
Condicionamento Clásico.
A frustración é o estado emocional de natureza desagradable
resultante cando non se cumpren as expectativas xeradas
ante un logro ou meta. Os desexos, intencións ou impulsos
moitas veces son bloqueados ou interceptados por barreiras
que impiden satisfacelos. Hai tres tipos de impedimentos
que interveñen na frustración:

1. Obstáculos, que poden ser físicos, sociais ou morais.

2. Deficiencias: son carencias do individuo que sente


que lle son debidas, que llas arrebataron de maneira
inxusta.

3. Conflitos: xorden cando motivos diversos interfiren


entre si, como, por exemplo, o desexo de aprobar un
exame con nota, que implica quedarse na casa a
estudar, e o desexo de saír cos amigos para
consolidar unha amizade recente.

6. As emocións

Que son as emocións?

En relación ao que experimentamos como dor ou pracer


xorde todo un mundo de fenómenos de natureza distinta á
intelectual ou cognitiva, que a filosofía chamou
tradicionalmente o mundo da afectividade. Na afectividade
atopábanse mesturados a sensación, as emocións, as
paixóns, os sentimentos, os motivos e os afectos. Aínda que
na linguaxe familiar e coloquial tendemos moitas veces a
usar esas palabras de maneira indistinta, como cando
dicimos que sentimos amor, que temos unha sensación
amorosa, ou que o amor nos emociona. Con todo, para a
psicoloxía, son cousas distintas.
1. Sensación: impresión que causa algo nos nosos
sentidos (agradable ou desagradable, pracer ou dor).

2. Emoción: accións ou movementos visibles para os


demais (prodúcense na cara, na voz, etc.). Parte
pública do proceso afectivo, Son intensas e
pasaxeiras. Preceden ao sentimento.

3. Sentimento: experiencias conscientes nas que o


suxeito se atopa implicado e interesado. Son estables
e duradeiras. Os sentimentos son privados, invisibles,
propios da mente.

4. Paixón: combinación de emoción e sentimento.


Intensa e duradeira, con manifestación visible para os
demais.

Cantas emocións hai? É moi difícil responder a esta


pregunta, pois o ser humano desenvolveu ao longo da
Historia unha psique moi complicada na que se van creando,
modificando e dando forma as distintas maneiras que ten de
sentir ou de ser afectado. As emocións poden ser primarias
ou secundarias. As emocións primarias serían aquelas que
afectan o noso estado fisiolóxico, como a alegría e a tristeza,
o agrado e o noxo, a ira e o medo, que son a base das
secundarias, como a vergoña, o odio, a simpatía, a
culpabilidade, o orgullo, os celos, etc.

Que son os sentimentos?

As emocións están na base dos sentimentos, que son os


instrumentos que ten á súa disposición o individuo para
relacionarse cos demais, consigo mesmo e coa contorna que
o rodea. Os sentimentos utilizan as emocións para avaliar o
estado interior do suxeito afectado por un estimulo exterior e
ser capaz de producir unha resposta adaptativa, é dicir, que
favoreza o benestar e contribúa á supervivencia do
organismo.

O sentimento é, pois, o modo de relación afectiva de cada


persoa coa realidade. Mediante os sentimentos valoramos
esta realidade, establecemos unha xerarquización dos
valores e organizamos un sistema de respostas afectivas
propias, exclusivas de cada suxeito. Son as testemuñas da
nosa vida emocional, da nosa vida interior e os que permiten
que o noso eu teña conciencia do estado actual da vida do
organismo durante un curto período de tempo.

Os sentimentos, xunto coas emocións que os causan,


desempeñan un papel fundamental no comportamento social.
Os sentimentos parecen ser esenciais para o xurdimento dos
comportamentos altruístas e, en xeral, dos comportamentos
éticos. A ética e o mundo afectivo parece que teñen moito
que ver e están intimamente relacionados.

7. O ser humano como proxecto

A vida

Ao longo da nosa vida ímonos facendo cun repertorio (ou


mochila) de sentimentos que forman a nosa arquitectura
sentimental, que é o conxunto de emocións, sentimentos e
valores que forman parte da persoa. Con ela construímos a
nosa identidade moral, o que nos permite ir consolidando
unha serie de hábitos ou condutas nas nosas relacións cos
demais. É durante a adolescencia cando sentamos as bases
da nosa arquitectura sentimental, a orde emocional que se
volve ríxida e se consolida cando somos adultos.

Hai unha cousa que compartimos os animais e os seres


humanos: ambos vivimos no mesmo mundo. Vivir é, como di
José Ortega y Gasset: Ortega y Gasset, atoparse no mundo; é o que facemos e nos
Filósofo español. Famoso
pola súa crítica humanista
pasa. A diferenza entre o ser humano e o animal é que o ser
da civilización contem- humano toma conciencia desta realidade que é o vivir: a
poránea, foi un dos vida.
pensadores máis signifi-
cativos e influentes do Desta maneira, ao saber que vivimos somos capaces de
século XX.
anticipar o que imos facer coa nosa vida, de ter proxectos e
pensar como poñelos en marcha. Para poñer en marcha os
nosos proxectos necesitamos coñecer a nosa contorna, todo
o que nos rodea, coa intención de poder dispoñer dos medios
para realizalos, e coñecernos a nós mesmos, a nosa
personalidade e arquitectura sentimental. Na medida en que
vivimos imos acumulando unha experiencia persoal, un
coñecemento que almacenamos para utilizalo en diversas
situacións sociais.

As últimas investigacións en psicoloxía poñen de relevo a


gran importancia da educación emocional. As emocións
afectan á nosa maneira de actuar e aprender, e son
importantes á hora de tomar decisións. Por exemplo, o
resultado dunha acción elixida pode producir pracer ou dor,
pode vir acompañado de emocións e sentimentos de agrado,
pena, alegría, vergoña ou tristeza, que afectarán o resultado
das futuras accións que se van a elixir. Por tanto, as
emocións, do mesmo xeito que os coñecementos teóricos,
Lawrence Kohlberg: son importantes para saber vivir ben, para experimentar unha
Psicólogo contemporáneo vida agradable e feliz.
discípulo de Jean Piaget,
estudou o desenvolve-
Ter un proxecto de vida permite dar á nosa existencia un
mento da conciencia par-
tindo da análise dos significado e un sentido na medida en que nos obriga a
xuízos morais, especial- planificar e anticipar o noso futuro, á realización persoal. Para
mente a partir dos razoa- iso faise necesario dotarse dun eu cunha personalidade
mentos que todos formu- estable e unha identidade definida.
lamos ante dilemas mo-
rais. Kohlberg chega á
conclusión que aínda que Autonomía e heteronomía moral
as normas morais ou os
valores dunha cultura Un aspecto moi importante do noso desenvolvemento como
poden ser diferentes dos persoas é a idea moral que nos imos facendo, os valores que
doutra, os razoamentos
imos adquirindo para guiar o noso comportamento.
que os fundamentan se-
guen estruturas ou pautas
parecidos. Todas as per- O psicólogo Lawrence Kohlberg elaborou unha teoría da
soas seguimos uns es- adquisición da conciencia moral en relación ao
quemas universais de ra- desenvolvemento físico e cognitivo. Segundo Kohlberg, os
zoamento e, vinculados á
individuos, ao longo da vida, pasamos por distintas etapas de
propia psicoloxía, evolu-
cionamos de esquemas desenvolvemento moral, desde a heteronomía moral ata a
máis infantís e egocén- autonomía.
tricos a esquemas máis
maduros e altruístas.

Autonomía e heterono-
mía moral: Autonomía
moral significa que as
normas morais proceden
dun mesmo. Heterono-
mía moral significa que as
normas morais proceden
doutro. Os nenos necesi-
tan que alguén lles dite as
normas, pois non son
capaces de tomar deci-
sións pola súa conta.
Pero, a medida que se
van facendo adultos, co-
mezan a adoptar deci-
sións propias. O desen-
volvemento moral dos se-
res humanos vai desde
unha heteronomía com-
pleta ata unha relativa Partimos dunha situación na que aceptamos os principios e
autonomía. valores que nos son dados sen reflexión algunha, a outra
situación na que somos nós os que nos damos libre e
voluntariamente os principios e valores polos que guiamos a
nosa conduta. As etapas son tres e cada unha ten dous
niveis:

1. Preconvencional. O neno pasa por dous niveis na


recepción das normas e ordes dos seus pais:
obediencia e castigo e pracer instrumental.

Jean William Fritz 2. Convencional. Acéptanse as normas e valores morais


Piaget: (1896-1980) foi da sociedade: orientación bo mozo/boa moza, e
un epistemólogo, psicólo- orientación lei e orde.
go e biólogo suízo, consi-
derado como o pai da
epistemoloxía xenética, 3. Postconvencional. Hai un esforzo por definir os
famoso polas súas ache- valores e principios morais de maneira propia e
gas ao estudo da infancia autónoma: orientación legalista e principios éticos
e pola súa teoría cons- universais.
tructivista do desenvolve-
mento da intelixencia.
De acordo con Kohlberg, todos os individuos deberían ter
“idealmente” este desenvolvemento moral, que vai en
paralelo co desenvolvemento cognitivo do psicólogo suízo
Jean Piaget, que estableceu unha secuencia segundo
idades.

A autonomía moral sería a consecución da nosa identidade


moral como a reflexión sobre as normas e principios morais
polos que queremos guiar a nosa conduta, e que significa a
adquisición da plena liberdade e da responsabilidade para
facernos cargo da nosa vida.

O resultado final do desenvolvemento madurativo da persoa


é a consecución dunha personalidade sa activamente
adaptada á contorna, que mostra unha certa unidade do eu
cunha identidade ben definida e que é capaz de interpretar o
mundo e a si mesma de maneira correcta.

You might also like