You are on page 1of 4

DISERTACIÓN FILOSÓFICA DA BELEZA.

Ahcene Bouyoucef

‘A beleza é ese misterio fermoso que non descifran nin a psicoloxía nin a
retórica’

Jorge Luis Borges. 1899-1986

Beleza. A qué nos referimos coa palabra beleza? Para nós, a beleza é
aquelo que é bonito, aquelo que nos agrada á vista (e ao oído), aquelo que
desperta en nós un sentimento agradable. É algo subxetivo. Esta é a
resposta xenérica que damos cando nos preguntan qué é beleza?. É o que
respondimos, en xeral, na clase de filosofía cando o profesor plantexou a
tarefa de definir que é a beleza sen axuda de ningunha fonte de
información. Case todos coincidimos na definición. E non íamos
desencamiñados.

Meses atrás, esperando eu na rúa, estaban ó meu carón unha muller e unha
nena que se atoparan, supoño, depois de tempo sen verse. A nena, duns 15
anos, era baixa de estatura, de pel morena, de pelo negro e miúda. A muller
non paraba de alabar a beleza da nena e de decir o guapa que estaba coa tez
bronceada. E non paraba de repetir a frase ¡Pero qué guapa estás!
Agora penso: en que se basaba a muller para asentir tal afirmación? Por que
consideraba á nena moi guapa? Nun suposto, se preguntásemos a varias
persoas do mundo de diferentes culturas se esa nena lles parece guapa,
contestarían todos que sí? É a beleza algo subxectivo ou algo obxectivo?
Cando falamos de beleza, estamos referídonos só a beleza física de cousas
e persoas? Existe outro tipo de beleza máis alá da apariencia somática?

A beleza vai moito máis alá do que nós entendemos como tal. É difícil de
explicar, xa que ao falar de este termo abstracto están en xogo varios
factores, porque a beleza é moi relativa, e depende da cultura, da época, da
educación, etc. A parte de que é un termo moi amplo e que abarca un
mundo de explicacións posibles e de modos de entender. Por iso
centrareime na beleza entendida como reflexión filosófica da arte
(estética), e a beleza no ser humano, dentro de contextos socioculturais.
A beleza como obxecto de estudo da estética

Ao longo do tempo, nas diferentes culturas e sociedades se estudou a


beleza das cousas e da arte. A estética deu unhas características propias da
beleza: aquelo que está relacionado co ben, ca verdade, coa simetría e o que
ten a perfección do pracer sensible. Tamén a harmonía é unha característica
da beleza, ou a idea de funcionalidade (é dicir, que o belo reside na súa
adaptación ao fin que se lle supón asignado a un determinado obxecto).

Destacan tres pensadores que influíron no proceso para entender a estética


no modo actual:

-Baumgarten. Na súa obra Aesthetica define a estética como ciencia do


sensible, e o estudo da beleza adquire rango de coñecemento.

-Kant: Converte a estética nunha disciplina filosófica autónoma e


independente ao recoñecer no gusto unha nova facultade do ser humano, e
a través desta facultade pódese xulgar un obxecto como belo ou non belo,
baseándose no pracer ou dispracer.

-Charles Baudelaire, declara que xa non só o que se sente belo é belo,


senón o que se produce como belo é así mesmo belo. Esta postura presenta
o posicionamento claramente subxectivista e o abandono definitivo do
obxectivismo en calquera consideración estética

A beleza no ser humano:

Os seres humanos temos unha obsesión pola beleza. Xeralmente beleza


entendida como atracción física e, máis inusual, o que entendemos
vulgarmente como beleza interior.

A paixón pola beleza non é un capricho cultural, é unha inclinación que


está dentro do cerebro. É parte da nosa natureza, sentimos atracción e é
algo que está na nosa mente dende o comezo da vida. A percepción da
beleza é algo psicolóxico e relativo.

-Psicolóxico porque os cerebros presentan unha clara inclinación hacia un


tipo de persoas cunhas características determinadas (normalmente a xulgar
polo rostro, machos hacia hembras e viceversa). Victor Johnston, profesor
de psicoloxía na Universidade de Nuevo México comproba que, por
exemplo, os homes buscan nas mulleres rostros con niveis baixos de
testosterona e altos niveles de estróxenos, unha proporción de 0.7 entre
cadeira e cintura, etc. Son aspectos que indican fertilidade. Pola contra, as
mulleres fíxanse nos rostros masculinos que teñen altos niveis de
testosterona e un corpo esculpido, xa que transmiten ‘seguridade’ no
sentido de ‘bos xenes’ que, inconscientemente eleximos para a hora de
‘procrear’. O que é común a ambos sexos é que atraen aquelas
características que presentan indicios de ‘corpo saudables’. Aspectos como
unha pel sana e o pelo forte, son factores decisivos para considerar algo
belo. Como por exemplo una cintura adecuada, proporción entre cintura e
cadeira, simetria, etc.

-Relativo porque inflúen varios factores para considerar a alguén guapo ou


guapa. O axente máis influínte é a cultura. A concepción do belo depende
da sociedade na que vivamos e a maneira de ver o mundo desa sociedade.
Por exemplo, en países da Europa mediterránea (España, Italia...) o
bronceado é considerado algo que fai a alguén belo. Anuncios de televisión
e carteis publicitarios ofrecen cremas e todo tipo de cosméticos cos cales
prometen un bronceado eficaz. Nin que dicir ten o negocio creado polas
clínicas de raios ultravioletas que escurecen a pel en poucas sesións. É a
cultura da pel curtida. Pero algo totalmente contrario na maioría do resto do
mundo (sobretodo en países orientais), onde unha pel blanca é case
sinónimo de beleza. E nestes países o negocio da estética está en ofrecer
tratamentos para unha pel branca. Se en occidente se toma o sol para coller
cor, en outros países inténtase protexer do sol o máximo posible.

Un fenómeno parecido ocorre en países asiáticos como China e Xapón,


onde os ollos non-rasgados son sinónimo de beleza.

A qué se debe? O dominio que exercen os países occidentais na industria


cosmética provoca este tipo de pensamentos, ás veces de rexeitamento
hacia unhas características propias da raza á que se pertence. Os ideais de
corpo que mostran estes países provocan que teñamos ese tipo de
características físicas como referentes de beleza. E, por tato, que
intentemos imitalos.

Outro tipo de beleza é a vulgarmente coñecida como beleza interior, que é


o que consideramos unha boa personalidade, que ten unha influencia
moitísimo menor. Non é frecuente que os humanos se fixen en alguén pola
súa forma de ser, por moi boa persoa que sexa.

En definitiva, a explicación da beleza é moi complexa, e pode referirse a


infinitos aspectos. Falar da beleza en todos os campos conleva un
grandísimo estudo desta e unha gran extensión.

Ahcene Bouyoucef. 1º de Bachillerato. Filosofía.

You might also like