You are on page 1of 5

O canon de beleza actual: a súa repercusión e solución.

A aparencia é un factor esencial nas relacións humanas asociada ao éxito profesional e social.

Desde a antigüidade perséguese a beleza e a mocidade. O desexo de ser esteticamente

aceptable é moi antigo, pero hoxe en día, a través dos medios de difusión como mensaxes

publicitarias, a televisión, e outros máis, creouse un patrón de beleza, e moitas persoas se non o

cumpren, séntense insatisfeitas con elas mesmas.

Habería que provocar un cambio profundo na sociedade para derrotar estes canons superficiais

e adoptar outros que enriquezan ao ser humano. Así, poderanse establecer novos

comportamentos e novas actitudes fronte a este problema. Pero é realmente posible presentar

unha solución para algo que acompañou incluso a nosa primeira espece?

Para entender os probelmas que implica na nosa sociedade o canon de beleza actual, e a súa

vez atopar unha solución a este dilema, primeiro hai que coñecer como este concepto se achega

a nosas vidas. Desde un punto de vista histórico débese pensar de maneira contextualizada, pois

este termo concibiuse de diferente modo en distintos momentos históricos. Non existe un

criterio universal para definir o canon de beleza, cada individuo ou grupo social, en cada época

ou momento, percibe a beleza dun modo particular xa que correspondeu a necesidades e

mentalidades diferentes. Desde o principio dos tempos, homes e mulleres embeleceron os seus

corpos mediante maquillaxe, a moda, elementos como os piercings ou tatuaxes e outros que

tiveron ao seu alcance.

Na prehistoria a muller era considerada bela se cumpría cos canons estéticos da fertilidade, os

seus peitos debían ser grandes, as súas caderas prominentes. O home debía ser forte, para

sobrevivir. Un exemplo da prehistoria é a Venus De Willendorf, a muller obesa era unha imaxe

que simbolizaba a esperanza de supervivencia da especie.


Aínda que non existe un criterio universal para definir o canon de beleza, os gregos estableceron

un concepto de beleza que impera no mundo occidental por vinte e cinco séculos. Para eles, a

arte implicaba representar unha natureza perfecta, idealizada. O propio filósofo Platón, nunha

das súas obras, sostén que se hai algo polo que ten sentido a vida é por contemplar a beleza. O

ideal estético do modelo clásico na antiga Grecia establécese a partir da escultura. O canon

equivalía a norma e entendíase como unha lei que debía aplicarse á artes. Ademais, este termo

tiña relación coas matemáticas e a simetría, conectando así coa filosofía pitagórica e platónica.

Os pitagóricos pensaban que os números forman a esencia de todas as cousas. Neste sentido,

todos os corpos poden considerarse números. Os pitagóricos non empregaron o termo beleza,

senón harmonía, entendida como orde e proporción. A partir deles asumiuse que a regularidade

matemática era unha garantía de harmonía, de beleza. Esta achega supuxo a xustificación

teórica do canon. O Doríforo de Polícleto e a Venus de Milo sérvennos como exemplos do ideal

artístico e da concepción do belo. O mesmo Sócrates, sostén que “un fermoso corpo promete

unha alma bela”.

Agora cunha idea xeral de como se introduce o concepto de canon de beleza nas nosas vidas,

imos falar sobre do que se corresponde coa nosa época e dos problemas que este incorpora na

nosa sociedade.

No século XX o canon estético sufriu distintas variacións. Un dos feitos que máis repercutiu no

noso foi a introdución da revista Pin Up nos Estados Unidos. O que esta contiña eran retratos de

mulleres elaborados para a satisfacción dos homes. Rubias coa pel branca e grandes peitos,

mirada insinuante e os seus beizos de cor vermella intensa. En moitas ocasións aparecen

uniformadas como militares e como enfermeiras, entro outros oficios. Isto implicou que a muller

corrente convértese en fantasía masculina mediante a esaxeración do corpo e o uso de roupa

moi axustada. As figuras que destcan deste periodo foron Marilyn Monroe e Betty Grable.
A sociedade cambia a través dunha revolución cultural que contribuíu a crear unha nova

susceptibilidade. Aparece a moda, os individuos seguen unhas prácticas de consumo que lles

permite manifestar a súa pertenza a un grupo social co que se identifican, pero que ademais lles

permite expresar a súa unicidade, os seus gustos persoais. A isto hai que engadir que aparecen

os medios de comunicación de masas, entrando a información en todos os fogares.

Nos setenta houbo unha pluralidade de formas e estilos; o ser delgada, sen peitos nin cadeiras

foi debido á fama da modelo anoréxica Lesley Hornby, Twiggy. Algunhas das modelos adelgazan

ata tal punto que a anorexia afecta sobre todo a adolescentes. Actualmente hai unha tendencia

a corpos máis sans, non tan delgados.

Hoxe en día, o ideal de beleza masculino segue baseándose nos modelos clásicos, musculatura,

ombreiros anchos, altura e mandíbula marcada, por tanto podemos dicir que apenas variou

desde a antigüidade. O ideal de beleza da muller supón a negación de todo o anterior, extrema

delgadez, pouco musculada e pel branca. Este seguimento do canon contrario empeza no pleno

auxe da rede social Instagram. Coa popularidade que adquire a familia Kardashian Jenner nesta

rede, en especial Kim Kardashian e a súa irmá Kylie Jenner, cosa que se cambia radicalmente o

canon de beleza dos 70 que seguía perdurando nos anos 2000. Pois as Kardashian, introducen

un novo case inalcanzable, pois para poder chegar a el é necesario pasar por duras cirurxías

estéticas, xa que este ten como concepto de muller atractiva aquela que ten ollos e beizos

grandes, cellas grosas, nariz pequeno, así como un corpo cunha cadeira e atributos grandes, e

unha cintura estreita. Este canon introducido por esta familia, é o exemplo máis importante e

influente de todos os tempos, xa que é tamén favorecido polas redes sociais ás que teñen

acceso millóns de persoas e é o que nos persegue na actualidade, nunha sociedade que glorifica

a beleza, ante todo. Onde a mocidade aumenta a súa preocupación pola aparencia física. De

feito que gástanse millóns cada ano para mellorar o seu aspecto físico. Convertendo como

negocio máis lucrativo do mundo ao que fai referencia á mellora do aspecto físico: productos de
beleza, ciruxías estéticas, dietas... Pero a preocupación esaxerada pode chegar a ser altamente

perturbadora e mesmo incapacitante para moita xente.

Ademais das influencias das redes sociales, unhas das maiores causas deste desexo de alcanzar

o canon de beleza está nos anuncios, que acábanse convertendo na guía ou patrón de mozos e

adolescentes que desexan incrementar o volume do seu peito, perder peso a través de técnicas

como a liposucción, dar volume aos beizos a través de inxeccións de silicona. O modelo que

tentan que aceptemos é un modelo baseado no irreal, artificial e dixital.

E o perigo é que moitos homes e mulleres tentan imitalos sen darse conta que non son modelos

reais, nin naturais senón que modificados cirurxicamente, dixitalmente con moitas horas de

maquillaxes. A publicidade converteuse para nós nun espello distorsionado dun mundo

poboado de mulleres delgadas e radiantes que se venden como perfectas, que nos lembran

cada día como temos que ser. A publicidade é decisiva como instrumento de comunicación e é

capaz de definir os desexos das persoas. Fai que teñamos necesidade de parecernos a outras

persoas.

As solucións que xorden a partir deste conflicto de alcanzar a perfeción son case escasas, pois a

maioría de nós prefere encaixar na sociedade en vez de ser real.

Unha que podemos destacar entre as poucas que existen é o movemento que tan falado foi este

último ano, o ‘’body positive’’. Este trata de dar voz aos corpos marxinados, corpos que de cando

en cando poderían ser vistos nos principais medios de comunicación, como na publicidade, da

cal falamos anteriormente, ou ben no mundo da moda. Céntrase en apoiar a diversidade, en

lugar de loitar por un tipo perfecto concreto.

Este movemento non é totalmente efectivo, pois a verdadeira solución estaría na educación ás

novas xeracións. Ensinándolles a aprender respectar a calquera persoa, a non ser superficiais

centrándose en criticar os defectos físicos dos demais, e a demais, a quererse a si mesmos, e a


ante todo, a cultivar as súas mentes antes que a súa imaxe para así converter á nosa sociedade

nunha máis produtiva e eficiente.

Opinión desenvolvida por Izabela:

Unha sociedade que ten como único obxectivo soamente un estereotipo de beleza física, non

será capaz de reflexionar sobre a súa existencia, e ademais, tampouco poderá vivir feliz. Pois

nunca se sentirá satisfeita coa súa imaxe, o que lle conlevará a ter un menor éxito en varios

aspectos da súa vida, xa ben sexan laborais ou sociais. Posto que unha boa autoestima nunha

persoa lle implica todo, significa a entrada á felicidade, xa que se un quérese significa que se

considera a si mesmo unha persoa de proveito e interesante, a cal goza da súa soidade,

facéndolle ser menos dependente do resto de persoas. Desprendéndose así, de todo aquelo que

non lle achegue o ben á súa vida.

Opinión desenvolvida por Mariam:

Chegar ata este punto fíxonos perder toda a esperanza na humanidade. Que persoas influíntes

nas redes sociais teñan sempre que depender de filtros e retoques, tanto estéticos como

dixitales, fainos pensar en por que deberíamos seguirlles xa que nin si quera están contentas

consego mesmas, cando nós probablemente si que estamos seguros do noso aspecto? Temos

que aprender a querernos tal e como somos, non a premiar a beleza artificial. Todos somos

dignos de ser queridos e tamén de saír coa roupa que queiramos, non coa que toque porque

non tengamos un corpo non normativo.

You might also like