You are on page 1of 192

See discussions, stats, and author profiles for this publication at: https://www.researchgate.

net/publication/331024894

O fracaso Neoliberal en Galiza

Book · February 2005

CITATIONS READS
3 119

1 author:

Xavier Vence
University of Santiago de Compostela
118 PUBLICATIONS   527 CITATIONS   

SEE PROFILE

Some of the authors of this publication are also working on these related projects:

R2π Transition from linear 2 circular: policy and innovation View project

economía da innovación View project

All content following this page was uploaded by Xavier Vence on 11 February 2019.

The user has requested enhancement of the downloaded file.


O Fracaso Neoliberal na Galiza. Reconstruír a sociedade e o país.

XAVIER VENCE

2005

Edicións A Nosa Terra


Vigo
ISBN: 84-96403-51-3
“Xa vai sendo hora de mudar a definición de algunhas palabras sonoras que só serviron
para mixtificar o senso que lles deu orixe. Asi a famosa democracia se converte en
tapadeira do vello absolutismo cando o pobo só é soberano o dia das eleccións e se lle
limita a súa acción ao campo da política, excluindoo do poder económico. Tamén é preciso
revisar a palabra liberalismo, que nada ten que ver coa Liberdade. O liberalismo político é
un calote e só serve para entorpecer o desenvolvemento das grandes concepcións, como o
liberalismo económico só serve para entorpecer as iniciativas xenerosas”
(Castelao, Cadernos, p.62)

Para Xenevra e Roi, que han saber buscar a súa liberdade na Liberdade de todos
Para Alba, con quen o mundo é outra coisa
Para o meu Pai, In memoriam.

NEOLIBERALISMO ............................................................................................................. 3
AS DESIGUALDADES: O TENDÓN DE AQUILES NEOLIBERAL .............................. 37
AS DESIGUALDADES REXIONAIS EN EUROPA: ¿SON AS REXIÓNS POBRES AS
BENEFICIARIAS DA UNIÓN EUROPEA? ...................................................................... 46
AS DESIGUALDADES TERRITORIAIS E AS BALANZAS FISCAIS NO ESTADO
ESPAÑOL: USO E ABUSO DUNHA INFORMACIÓN PARCIAL ................................. 52
O PARO E O FRACASO DO CAPITALISMO NEOLIBERAL ........................................ 63
A ESTRUTURA SOCIAL ACTUAL E AS DESIGUALDADES DE INGRESO:
¿”NADAMOS NA AMBULANCIA”? ................................................................................ 78
IPC, NEGOCIACIÓN COLECTIVA E PERDA DE PODER ADQUISITIVO DOS
SALARIOS........................................................................................................................... 92
A EMPRESA PÚBLICA COMO INSTRUMENTO DE POLÍTICA INDUSTRIAL: O
FALSO DILEMA ENTRE EFICACIA E COESION SOCIAL E TERRITORIAL ......... 106
CURIOSA LIBERALIZACIÓN ESTA QUE FORTALECE OS MONOPOLIOS ........... 127
EMPRESAS EN VENDA: ¿UN PAÍS SEN EMPRESARIOS? ........................................ 132
A NOVA LEI DE CAIXAS E O FINANCIAMENTO DAS EMPRESAS ....................... 134
ALGUNHAS LECCIÓNS DO CASO LEYMA: ¿MAUS EMPRESARIOS, MAUS
FINANCEIROS OU MAUS GOBERNANTES? ............................................................. 138
OS INCENDIOS FORESTAIS: O ESPERPENTO PERIFÉRICO DO LIBERALISMO
ECONÓMICO ................................................................................................................... 143
O PRESTIGE, ¿O NAUFRAXIO NEOLIBERAL? .......................................................... 153
PLAN GALICIA. MÁIS DO MESMO: CHAPAPOTE, CEMENTO E CONVERXENCIA
............................................................................................................................................ 161
¿QUE INFRA-ESTRUTURAS? ¿QUE DESENVOLVIMENTO?: o dilapido neoliberal
............................................................................................................................................ 166
GALIZA NO ESPELLO EUROPEO ................................................................................. 174
GALIZA NO ESPELLO EUROPEO ................................................................................. 174
UN PAÍS POR FACER: DA HEXEMONÍA NEOLIBERAL Á COESIÓN SOCIAL E O
RECOÑECEMENTO ......................................................................................................... 177
NEOLIBERALISMO

“Unha fe cega no progreso espontáneo tíñase apoderado da mente da xente, e


co fanatismo dos sectarios, os máis ilustrados presionaban por un cambio ilimitado e
non regulado da sociedade. Os efectos sobre a vida da xente foron terribeis. En
efecto, a sociedade humana tería sido aniquilada se non tiveran existido medidas
contrarias, protectoras, que minaban a acción deste mecanismo autodestructivo”
Karl Polanyi, A grande transformación, 1944, p.84.

A elevada taxa de paro; a perda de poder adquisitivo dos salarios; o prolongamento da xornada laboral real; a
exclusión laboral de xoves e traballadores maduros especializados; o poder absoluto reconquistado polos
empresarios na xestión da man de obra; a precarización do emprego; a proliferación dos contratos temporais;
a emigración masiva de titulados universitarios; a impúdica elevación da remuneración dos directivos e dos
propietarios do capital; a reducción do imposto de sociedades; a rebaixa dos impostos de transmisións
patrimoniais; a reducción dos impostos da renda para os máis ricos; a proliferación de paraísos fiscais, fondos
opacos e fraude consentido; a progresiva expropiación dos bens comunais (rios e montes) en beneficio das
empresas hidroeléctricas ou eólicas; a libre destrucción do medio por parte empresas pizarreiras, graniteiras,
etc; a sustitución do control público pola “auto-regulación” das empresas; a libre colonización dos montes e
vales do país polo eucalipto celulósico; a entrega crecente do orzamento público ás empresas constructoras
vía “descontrol” do investimento en infraestruturas; a crecente privatización dos servizos técnicos da
Administración; a utilización do poder político para os grandes “pelotazos” nos negocios privados; o desvío
crecente do gasto social cara as preferencias das clases medias e as elites urbanas; a entrega das empresas
públicas ao capital privado, creación de novas élites, cultura do “pelotazo”, stock options, etc; a privatización
do ensino infantil, primario, secundario e...universitario; a privatización da sanidade e doutros moitos servizos
públicos estatais ou municipais; a cesión da xestión de centros públicos a empresas privadas, fundacións e
mesmo organizacións sectarias; a liberalización dos prezos dos bens e servizos básicos; a reducción das bolsas
de estudio e a exclusión práctica dos fillos de familias modestas do ensino universitario; o aumento das
desigualdades sociais e da exclusión; as modestísimas pensións que converten aos vellos en pobres; as longas
listas de agarda nos hospitais; o escaso investimento en escolas infantís, centros de terceira idade; a ruptura
das reglas de xogo democrático; a mentira e o engano sistemático como forma de relacionarse o poder político
e a cidadanía, etc. etc. etc. Todo iso e moito máis está acontecendo diante dos nosos ollos. Aínda que
aparezan como feitos inconexos, xustificados en cada caso con razóns diferentes, o certo é que forman parte
dun programa coerente que se vai aplicando de forma case sistemática. Non é a Besta da Apocalipse. É o
neoliberalismo. O seu lema é “todo o poder para o mercado, todo o poder para o capital”. A libre iniciativa do
propietario por riba dos intereses sociais. O dogma da suposta eficiencia do mercado. Economía de mercado,
sociedade de mercado. Tanto vales, tanto tés. ¡Sálvese quen poda!. Ese neoliberalismo está entre nós. Está na
cabeza da maioría, aínda que moitos non o saben ou non saben evitalo. É o pensamento único: TINA (There
Is No Alternative).

O momento actual, na Galiza e no resto do mundo, está marcado polo neoliberalismo.


Segue sendo capitalismo pero nunha versión moi particular, por extrema e antisocial. O
neoliberalismo é a reposta global dos poderes económicos á crise do modelo (con todas as
suas variantes) do capitalismo de posguerra; é a súa resposta (tamén con variantes) á crise
do fordismo e do keynesianismo. É a reacción conservadora fronte ao progreso social que
tivera lugar entre os trinta e os setenta do século pasado. É a calculada resposta á progresiva
desafección de grandes masas de traballadores e xente nova que unha vez cubertas as
necesidades básicas demanda cambios cualitativos no traballo e na vida. Desde fins dos
anos setenta o discurso dominante e as prácticas tanto das empresas coma da maioría dos
gobernos dos países capitalistas empezaron a mudar ou a ser presionados para adoptaren
mudanzas radicais. A acción combinada dos Gobernos, as empresas, os medios de
comunicación e os diferentes veículos de conformación da cultura e das modas acabaron
por provocar unha transformación moi importante das pautas sociais, dos valores e do
propio modelo económico. A postmodernidade, o consumismo, a flexibilidade, a
liberalización, a privatización, a competencia... son os eufemismos que ordean o novo
paradigma. A deconstrucción dese discurso revela que a natureza real dese proxecto
descansa sobre conceptos menos eufónicos: individualismo, mercantilización da vida
enteira dos individuos, precariedade, desigualdade, expropiación dos bens sociais comúns
en beneficio dunha minoría, exclusión e eliminación das estruturas de coesión e protección
social para a grande maioría e así seguido. En definitiva, freo e mesmo reversión (ou
intento de reversión) das conquistas sociais das últimas décadas.

Obviamente, as realidades non van tan lonxe como pretenden os adalides neoliberais; non
todo o que perseguen o conqueriron –polo de agora-, pero os defensores dese paradigma
perseveran. Por iso é preciso coñecer tanto o carácter e alcance das realizacións efectivas
como os obxectivos do proxecto, sen confundir as primeiras cos segundos. Comprender ben
os principios e obxectivos do proxecto é fundamental para identificar a lóxica, riscos e
ameazas que se agochan detrás das subrepticias reformas parciais que se van
implementando paso a paso. Por exemplo, entender que o obxectivo dos neoliberais é
eliminar o sistema público de pensións debera servir para adoptar as precaucións e
iniciativas necesarias para afortalar a súa solidez financeira e a súa capacidade para soster
pensións suficientes para os seus futuros beneficiarios e frear todas as estratexias orientadas
a enfeblecelos ou a abrir as cancelas aos sistemas privados. Algo semellante debería facerse
no caso do ensino superior cando un sabe que as presións para a súa reforma estan
encamiñadas a crear as condicións para que as grandes empresas transnacionais da
educación vaian desplazando ás universidades públicas. Idem coa sanidade ou a
privatización do coñecemento, a ciencia e a propia esencia da vida (xenómica) da man das
novas regulacións das patentes.

As reformas introducidas -ou pretendidas- polos neoliberais nos últimos vinte anos non son
meros retoques epidérmicos do sistema senon que, polo contrario, afectan a elementos
estruturais e supoñen mudanzas de grande alcance, mesmo radicais. A súa persistencia no
tempo, adoptando unha estratexia de carácter acumulativo, e a súa difusión planetaria é o
que permite afirmar que estamos diante dunha transformación estrutural do modelo
economico-social que define un período cualitativamente novo na historia longa das
sociedades capitalistas. Como ven ocorrendo nos últimos séculos de historia da
humanidade, cada período histórico ten un ton, unha forma de abordar os problemas e unha
lóxica nas propostas e alternativas que resultan relativamente comúns en todo o mundo.
Con todas as peculiaridades e diferencias de ritmo e intensidade, os grandes debates da
Ilustración, do liberalismo decimonónico, das loitas obreiras e as alternativas socialistas,
das reaccións totalitarias dos fascismos de entreguerras, do capitalismo social da posguerra,
da descolonización, das loitas libertarias de fins dos sesenta, etc foron fenómenos que
atravesaron todas as fronteiras e tinxiron dunha tonalidade relativamente común as
confrontacións de ideas e proxectos no conxunto do globo en cada período histórico. Pois
ben, o momento actual está marcado polo neoliberalismo. Os seus defensores levaron a
iniciativa desde finais dos setenta para acó, mesmo bastante antes de que ese termo se
acuñase.

A difusión dese modelo é universal, é global; polo tanto, tamén o é a súa confrontación. É
global nun duplo sentido: por abarcar todas as facetas da vida social e por chegar a todos os
recunchos do planeta. Efectivamente, implica unha mudanza sistémica que involucra todas
as frontes: a ideolóxica, a social, a económica, a política. E na súa verquente territorial é un
proxecto planetario que busca a súa hexemonía en todos os recunchos do mundo: a nível
internacional e dentro de cada país. Por iso algúns confunden a globalización co
neoliberalismo, cando moitos dos aspectos reais que están na base de aquela (por exemplo,
o desenvolvimento das novas tecnoloxías que facilitan a rápida circulación da información,
das mercancias e das persoas ao redor do mundo ou a dimensión global de moitos
problemas medioambientais) teñen pouco que ver co neoliberalismo; outra cousa é que
todos eses aspectos sexan utilizados e moldeados polo proxecto neoliberal, dando lugar ao
que debería chamarse globalización neoliberal.

Nese sentido hai tres aspectos que deben distiguirse. O primeiro é que o neoliberalismo é
portador dun modelo de articulación do sistema mundial e das relacións entre os países. O
segundo é que a intensidade e rapidez da interconexión a nível planetario fan que cada
impulso do proxecto neoliberal, cada confrontación, adquiran unha dimensión directamente
global. E terceiro, a súa vocación de penetrar todos os territorios fai que a súa concreción
non sexa necesariamente uniforme e homoxénea senon que, polo contrario, teña que
adaptarse e amoldarse ás circunstancias e condicións concretas de cada espacio.

Fronte a certo simplismo globalista –tanto “pro” como “anti”- resulta inevitábel que cada
país teña o seu propio ritmo, os seus propios problemas e as específicas formas de
afrontalos e debatelos, que conectan coa súa estrutura profunda, construida ao longo da
historia, e, en especial, coa súa particular posición no mundo. Máis aínda, esa diferente
posición relativa dos países vese acentuada precisamente porque o neoliberalismo non é
neutral desde o ponto de vista da estrutura espacial senon que favorece o reforzamento da
posición hexemónica dos países que constituen o núcleo do sistema mundial; en particular,
Estados Unidos, como nodriza do capital financeiro internacional, do capital tecnolóxico e
do poder militar, configúrase como unha hiperpotencia rodeada de países con níveis moi
desiguais de autonomía. Esa desigualdade/diversidade estrutural no entramado mundial fai
que cada país viva de xeito peculiar a penetración do modelo neoliberal e explica que tanto
as adhesións como as resistencias tamén presenten necesariamente formas nacionais
particulares; en congruencia con iso, as alternativas ao neoliberalismo tamén teñen que ser
específicas e concretas. Que o neoliberalismo gañou posicións en Europa é un feito
incontrovertíbel pero tamén o é o feito de que aqui encontra moita máis resistencia
institucionalizada que noutras partes do mundo; e dentro de Europa hai diferencias notábeis
duns países a outros, que non desaparecerán de inmediato a pesares do proceso de
integración.

A axeitada comprensión do carácter a un mesmo tempo global e diverso é un requisito


clave para o éxito de calquera alternativa ao neoliberalismo; aquelo de pensar globalmente
e actuar localmente é incompleto, compre ademais pensar localmente, do mesmo xeito que
tamén compre actuar globalmente. Hoxe, coma sempre, imponse aquelo da “análise
concreta da realidade concreta”. En todo caso, o feito crucial e esencial que compre
enfatizar é que neste momento nada queda á marxe do proxecto neoliberal e, polo tanto,
ninguén pode quedar á marxe ou indiferente aos retos que plantexa. Ningunha alternativa
política pode evitar un posicionamento frente a ese proxecto sistémico, que está presente en
“cada realidade concreta”. Ninguén pode ignorar que estamos diante dun modelo de
capitalismo diferente do que coñeceu boa parte do mundo desenvolvido décadas atrás. Non
se pode ignorar a matriz común que o une con aquel pero tampouco o que ten de diferente;
diferenza que se irá facendo aínda maior na medida en que lle deixen continuar a súa
cabalgadura heróica contra todo obstáculo que se interpoña á libre iniciativa do (gran)
empresario.

No noso país levamos anos de políticas neoliberais, coa notábel particularidade de vir
precedidos por un longo período de dictadura que configurara un réxime económico-social
relativamente peculiar, que poderiamos calificar como capitalismo periférico autoritario,
cun estado intervencionista e regulamentista pero cunha reducidísima protección social.
Precisamente por esas carencias de orixe, a implementación de políticas neoliberais en
España desde principios dos oitenta non impediu que a implantación da democracia
obrigase ao desenvolvimento dun certo Estado do Benestar, por modesto que fose, como
factor esencial de lexitimación e de estabilización política. A complexidade dun proceso no
que se cruzan lóxicas diversas -profunda crise económica, transición política, integración
europea- fai que a penetración do neoliberalismo se dea chea de paradoxos, dinámicas
aparentemente contradictorias, cambios atribuidos a causas diversas, xustificándoos diante
da xente en base razóns externas ou inevitábeis (boa parte do proceso desregulador
preséntase como algo compelido polas instancias comunitarias), o que dificulta a
identificación da súa causa última.

Peculiar é tamén o feito de que o neoliberalismo se empezase a difundir no Estado Español


da man do Partido Socialista e en Galiza da man do Partido Popular, o que dificulta aos
cidadáns (e mesmo aos analistas) identificar a filiación de cada política e cada iniciativa;
sobre todo nun contexto de pobreza extrema do debate social e político. Compre admitir
tamén que o neoliberalismo vai amosando perfís máis nídios co paso do tempo, de feito
radicalizouse aqui e en todo o mundo na década dos noventa. A victoria do Partido Popular
en 1996 no Estado Español, co apoio de CIU, PNV e Coalición Canaria marcou un ponto
de inflexión. O acontecido a partir de aí ten cando menos a virtude do esclarecemento,
agora é moito máis fácil identificar, explicar e transmitir o que representa o proxecto
político neoliberal.

As páxinas que compoñen este libro son reflexións e análises de aspectos concretos da nosa
realidade socioeconómica e das políticas implementadas nestes últimos anos, desde
principios dos noventa até hoxe. Non son elucubracións teoréticas senon “análises
concretas de realidades concretas”. Precisamente por iso pode ser pertinente que neste
capítulo introductorio dea cabida a algunhas reflexións globalizadoras sobre os trazos
caracterizadores do neoliberalismo, que axudan a perceber o fío conductor que une aos
diversos textos que seguen, a maior parte dos cais son inéditos pero algúns foron escritos en
momentos diferentes ao longo de máis dunha década e con finalidades tamén diferentes.
Pero, ¿Qué é o neoliberalismo?

“Saindo dos horrores de Speenhamland, os homes corrian cegamente


en busca do abrigo dunha economía de mercado utópica”,
Polanyi, 1944, p.110.

“A civilización industrial seguirá existindo cando o experimento utópico dun mercado


autorregulado non sexa máis que un recordo”,
Polanyi, p. 248.

Como todo neo- trátase da reedición de algo máis antigo. O neoliberalismo incorpora
elementos básicos do liberalismo clásico pero, de todos xeitos, compre non confundilo con
el. O propio liberalismo ten unha historia longa, con versións diversas e con acentos
diferentes cando se trata do liberalismo político, moral, social ou económico. O
neoliberalismo entronca sobre todo con este último, co liberalismo económico
decimonónico, de estirpe manchesteriana. Para captar máis claramente a súa natureza e os
seus fundamentos resulta proveitoso unha volta aos trazos identificativos dese liberalismo.

Pero máis alá dos seus fundamentos doctrinais, esa vista atrás debe servir para tomar
conciencia de que o experimento do liberalismo económico xa tivo unha oportunidade
histórica, ben prolongada por certo, ao converterse na doctrina que pilotou a dirección das
sociedades máis desenvolvidas ao longo de todo o seculo XIX e o primeiro tercio do XX e,
sobre todo, que esa experiencia rematou en rotundo fracaso. Fracasou históricamente unha
vez e foi un fracaso estrepitoso cuxa agonía deixou tras de si un ronsel de sofremento,
destrucción e sangue. Agora estamos empezando a sentir o seu segundo fracaso, que só
cabe agardar que sexa menos cruel e dramático que aquel, aínda que, dito sexa de paso, a
recente cabalgada belicista do fundamentalismo americano non augura un fácil
cumprimento dese desexo. Comprender axeitadamente que se trata do revival dun modelo
xa fracasado debería servir para levantar defensas vigorosas frente ao seu avance, non
sucumbir ao letal encanto das ideias simples mil veces repetidas e impedir que a barbarie se
faga dona do destino dos pobos do planeta.

O liberalismo non é unha doutrina nova, senon que leva ás suas costas unha longa historia
que se mixtura coa da propria modernidade, ao constituir un dos seus polos articuladores1.
Desde a súa xermolación como doctrina até a súa consolidación e cristalización como
principio organizador da sociedade pasou máis dun século, ao longo do que se foron
sucedendo progresivas radicalizacións. Por suposto, ao igual que ocorre con calquer outra
grande corrente de pensamento, ten unha verquente intelectual, cunha elaboración teórica
máis ou menos consistente e sistemática e outra verquente popularizada, con ideoloxemas
máis ou menos simples, normalmente moldeados polos intereses dos grupos creadores de

1
No outro polo, en diálogo crítico permanente, sempre houbo unha tradición igualitaria, comunista, socialista
ou libertaria. Certo tamén que até que o liberalismo se fundiu co conservadurismo ambos polos tiñan enfrente
o pensamento orgánico do antigo réxime, no que a orde social estaba supeditada á “orde divina”.
opinión ou, mellor dito, polos sectores sociais aos que esa opinión ten vocación de servir.
Aínda que é esa versión popularizada a que domina as mentes, guia a acción política e, en
consecuencia, ten maior repercusión práctica, o certo é que o seu estudo non resulta fácil e,
desde logo, non pretendemos entrar nel. En todo caso sempre se nutre e busca a súa
lexitimación e nobleza na producción teórica seria, que é á que, someramente, nos
referiremos aqui.

De xeito xeral pode dicirse que o liberalismo se caracteriza por situar o individualismo e o
egoismo como principios morais sobre os que se fundamenta o comportamento humano; a
liberdade individual e a igualdade xurídica como peares da vida civil e política e a
propiedade privada, a libre iniciativa individual e a busca do lucro como bases da
actividade económica. Nalgúns momentos houbo unha certa tensión entre unha tendencia
máis igualitaria –polo menos no plano teórico- e outra máis individualista, que se iría
impoñendo co paso do tempo porque sintonizaba máis estreitamente cos intereses da
burguesía ascendente. En todo caso, desde moi cedo, tanto uns coma outros, compartían un
pensamento único en relación ao rexeitamento da intervención do Estado na economía; ao
sumo os máis igualitaristas defendían a introducción de reformas legais que mudasen as
reglas de xogo nesa dirección. Dito de forma aínda máis sintética, o seu trazo esencial
consiste en situar ao individuo no principio e centro de todo razonamento e toda proposta,
ignorando a dimensión social e colectiva, nuns casos de xeito radical e noutros
contemplándoa como unha dimensión secundaria.

Como filosofía social e política o liberalismo madura no Século das Luces, aínda que ten
raices xa no século XVII, cos aportes de pensadores como Baruch Spinoza ou John Locke,
que defenden que o poder –o Estado- emana non da orde divina senon dunha sociedade
civil que por súa vez é a cristalización dun pacto ou contrato libre entre os individuos,
considerados iguais. Nesa formulación vincúlase por primeira vez a idea de liberdade coa
idea de propiedade privada e conságrase ésta como o principal dereito natural que o Estado
non debe vulnerar senon preservar, pero ao mesmo tempo lexitímase a este para actuar en
favor do “ben público” cando for necesario. En canto á organización económica defenden
un maior rol para os mercados aínda que aceptan un sustancial rol económico e político
para o Estado, xustamente porque nesa altura non toman o económico como algo específico
e separado do social –nin no plano empírico nin no teórico-, como fará o liberalismo
económico un século despois. Logo viría -entre fins do XVIII e mediados do XIX- a
fundamentación filosófica do individualismo e o utilitarismo como doctrina moral, que
estabelece o principio de maximización da utilidade e do pracer como base do
comportamento dos individuos, da man de autores como David Hume, Jeremy Bentham ou
John Stuart Mill2. O canto á liberdade e á busca do propio interese era un reclamo atractivo,
particularmente naquel contexto histórico, pero quedaba a dúbida razonábel dos
preocupados pola igualdade e a mellora da sociedade. Polo tanto, o paso seguinte para
converter o liberalismo nunha doctrina redonda era mostrar que non había contradicción

2
O utilitarismo sustitue o concepto de Ben estabelecido a partir de preceptos morais ou relixiosos previos e
identifica o Ben con aquelo que produce resultados úteis e beneficiosos para o individuo, que lle reportan
pracer e felicidade. En principio, é unha formulación netamente individualista, hedonista e egoista; porén, o
intento de basear nese principio formulacións socialmente máis igualitarias levou a algúns como Bentham a
formular como criterio delimitador do Ben aquelo que reporta “a maior felicidade para o maior número”.
senon armonía entre o comportamento utilitario e egoista dos individuos e o logro do
benestar e progreso social. Á formulación “científica” desa harmonia dos intereses privados
e públicos virian contribuir os chamados economistas. O mercado era a solución!.

Poden atoparse bases para esta volta de rosca na teoría dos “vicios privados, beneficios
públicos” da Fábula das abellas de Bernard de Mandeville ou na teoría da “man invisíbel”
de Adam Smith; segundo esta concepción o mercado tería a virtude case miragreira de facer
que o comportamento egoista de cada individuo perseguindo libremente o seu propio
interese dea lugar, mesmo sen querelo, a un aumento do benestar dos demais, tal como se
unha man invisíbel –a Providencia- os guiase a todos eles: os homes, seguindo a ilusión de
que buscan só o seu propio ben, laboran para os demais3. Máis aínda, o mercado constitue
un medio perfecto de coordenación das decisións dos axentes económicos –cuxa conducta é
racional e maximizadora da súa utilidade- porque garante o equilibrio entre oferta e
demanda en todos os mercados. Polo tanto, intentar interferir nese comportamento libre con
regulacións ou actuacións directas por parte do propio Estado non só é innecesario senon
contraproducente -no ben entendido que se trata do Estado absolutista4.

Así pois, a formulación da ideia do mercado como elemento regulador xeneralizado e clave
da sociedade é algo que madura máis ben cara fins do XVIII e principios do XIX. O
liberalismo económico propiamente dito -o laissez-faire- cristaliza no XIX, recibindo a
cobertura “científica” da economía política clásica –adecuadamente “dixerida” polos
vulgarizadores-, o que facilitaría a confluencia da tradición liberal máis conservadora
(Locke, Hume, Burke) coa tradición máis igualitaria (Rousseau, Paley, Bentham),
convertendoo nun verdadeiro pensamento único daquel século. Resumiuno John M. Keynes
cunha excelente sorna inglesa no seu opúsculo O final do laissez faire (1926): “á doctrina
filosófica de que o goberno non ten dereito a interferir, e á doctrina divina de que non ten
necesidade de interferir, súmaselle unha proba científica de que a súa interferencia é
inconveniente. Durante máis de cen anos os nosos filósofos gobernaronnos porque, por un
miragre, case todos eles estiveron de acordo ou pareceron estalo nesta única cousa. Polo
tanto, atribuo a unidade peculiar da filosofía política diaria do século XIX ao éxito que tivo

3
Esta formulación de Smith ten un sutil matiz a respeito da versión primeira de Mandeville que decia que
todos os traballos son actividades nas que “...cada quen, aínda que pareza que traballa para os demais, en
realidade faino para si mesmo”. Afirmación da que non se deducen as mesmas consecuencias. En todo caso,
máis alá da simplificación corrente do texto de Mandeville, éste é un alegato contra a estigmatización de
determinados oficios no antigo réxime, contra a moralina relixiosa que condenaba como vicios actos que
noutro tempo e noutras culturas non eran condenábeis e, sobre todo, que a creación de postos de traballo para
a poboación e a innovación procedían xustamente das necesidades crecentes dos individuos (“as necesidades,
os vicios e as imperfeccións do home, xunto coas diversas inclemencias do aire e doutros elementos, son os
que conteñen as sementes da arte, a industria e o traballo”). E di máis, a creación de eses traballos debería ser
a principal preocupación do Estado (“da Lexislatura”) para concluir que “os vicios privados, manexados
destramente por un hábil político, poden trocarse en beneficios públicos”. É fácil ver que non confiaba todo
ao mercado nin moito menos.
4
Para facer xustiza a estes autores compre situalos no seu contexto histórico. A súa oposición ao papel do
Estado na economía refirese a un Estado, o absolutista, onde a súa intervención tanto en actividades
industriais, como comerciais ou fiscais, non teñen por finalidade contribuir ao benestar da pobación en xeral
senon a nutrir o orzamento do monarca, da súa corte de favoritos e a financiar as suas guerras. Que os
argumentos contra o Estado absolutista sexan hoxe descontextualizados polos neoliberais para encontrar
solera intelectual coa que revestir o seu ataque ao papel do Estado nunha sociedade democrática resulta cando
menos un uso deturpado e impropio das palabras daqueles.
ao harmonizar escolas diversas e opostas e ao unificar todas as cousas boas para un único
fin. Víuse que Hume e Paley, Burke e Rousseau, Godwin e Malthus, Cobbett e Huskisson,
Bentham e Coleridge, Darwin e o obispo de Oxford, todos, estiveron predicando
prácticamente o mesmo: individualismo e laissez faire. Ésta era a Igrexa de Inglaterra e
aqueles os sus apóstolos, mentras que o gremio dos economistas estaba alí para probar que
a menor desviación cara a impiedade provocaba a ruina financeira [...] O filósofo político
podía retirarse en favor do home de negocios, porque o último podía alcanzar o summum
bonum só con perseguir o seu propio beneficio privado”.

Nese contexto é cando os popularizadores do liberalismo económico formulan e tratan de


aplicar a separación e autonomización do económico a respeito do social e se atreven a
lanzar abertamente a súa pretensión de hexemonía totalitaria do primeiro sobre o segundo,
poñendo os supostos principios da economía -capitalista- por riba das necesidades da
sociedade. Isto é o que teñen denunciado continuamente non só os pensadores
anticapitalistas (como David Owen ou Karl Marx), senon tamén certo pensamento
reformista igualitario (como, p. e., Stuart Mill en Inglaterra, Sismonde de Sismondi en
Suiza ou Henry George, Thorstein Veblen, John Commons e outras institucionalistas nos
Estados Unidos); nese aspecto, aínda que noutra dirección, incidían tamén moitos
conservadores que até principios do século XX poñían a defensa de certos principios
morais e institucións sociais tradicionais por diante da pura lóxica económica.

Os autores citados, xunto con outros moitos en Alemania, Francia ou Suecia, encargaronse,
cada un á súa maneira, de desmontar e denunciar a impostura dos economistas clásicos
primeiro e dos neoclásicos despois, empezando pola pretensión de construir unha ciencia
abstracta e a-histórica sobre a base duns supostos absolutamente alonxados da realidade
empírica como as hipóteses do comportamento racional, maximizador e omnisciente dos
axentes económicos ou a tendencia espontánea dos mercados competitivos ao equilibrio en
ausencia de intervención pública, etc. ¿Qué pasa se os axentes non teñen información
perfecta sobre o que está pasando e, desde logo, sobre o que poda pasar no futuro?; ¿Qué
pasa se a aprendizaxe trae consigo a innovación, a creación de coñecemento novo e a
propia autotransformación do individuo e da sociedade?; ¿Qué pasa se a racionalidade
maximizadora se queda en racionalidade limitada ou condicionada?; ¿Qué pasa se a
tendencia espontánea da competencia é a de xerar monopolios?; ¿Qué pasa se as accións
dun axente xeran efectos externos positivos ou negativos sobre outros ou sobre o
medioambiente?; ¿Qué pasa se os desaxustes en vez de autocorrixirse se volven
acumulativos e se retroalimentan?...

Dito isto conviría matizar tamén que, o mesmo que ocorre hoxendia, as versións que se
teñen popularizado do liberalismo económico non asentan tanto na literalidade da obra dos
grandes economistas clásicos como na versión política e ideolóxica dos propagandistas,
divulgadores e popularizadores do pensamento liberal. Como ben se encargou de enfatizar
John Maynard Keynes no citado opúsculo, as ideas da harmonía social, do rexeitamento de
todo tipo de intervención do Estado, de todo tipo de regulación, dos impostos, etc non son
obra dos grandes economistas do XIX, que máis ben se preocuparon de reflexionar sobre as
múltiples asimetrías entre os intereses particulares e os sociais (Stuart Mill, Marshall,
Cairnes, ou mesmo os máis militantes como Malthus ou Ricardo, etc), senon que aquelas
ideas apoloxéticas dun liberalismo sen matices foron obra de autores de segunda e terceira
fila, mesmo de moitos con escasos coñecementos de economía (Martinau, Bastiat, etc). Así
pois, a confianza cega nas virtudes do mercado para garantir por si só a harmonía entre os
intereses particulares e os beneficios públicos é algo que compre atribuir máis ben aos
popularizadores dos economistas do século XIX, aos que Marx chamou “economistas
vulgares”; para éstes, como decía no prologo de O Capital, unha vez que a burguesía subiu
ao poder en Inglaterra, “xa non interesaba máis saber se este ou aquel teorema era
verdadeiro ou non, senon se era útil ou perxudicial para o capital, conveniente ou
inconveniente, políticamente perigoso ou non. Os investigadores desinteresados foran
sustituidos por espadachíns mercenarios; a investigación científica imparcial cedeu o seu
lugar á consciencia deformada e ás intencións perversas da apoloxética”. ¡Qué diria hoxe
das dúcias de miles de economistas producindo información e ideoloxía nos servizos de
estudos dos bancos, das compañías de seguros, das grandes corporacións, das fundacións
privadas, da OCDE, do FMI, do Banco Mundial, das universidades dominadas polo peso do
financiamento privado e das poderosas redes da ortodoxia máis sectaria...!

O liberalismo económico entón, como o neoliberalismo hoxe, non se caracterizaba por unha
elaboración teórica particularmente rigorosa, realista e contrastada cos feitos. Estaba máis
cerca do panfleto e do discurso ideolóxico que da obra científica, como denunciaron no seu
momento non só Marx senon tamén outros economistas serios.

Algúns descalificábanos sobre todo pola falta de rigor, o mal uso da metodoloxía científica
e a incompetencia técnica. Os vulgarizadores adoitan obviar os argumentos complexos,
ignorar que a maioría dos razoamentos só toman verdadeiro sentido se se teñen en conta as
hipóteses simplificadoras introducidas para levar adiante os mesmos. O propio Keynes, que
era moi consciente do poder das ideias, sinalaba isto como un dos problemas: “Os
economistas, como outros científicos, escollen as hipóteses das que parten, que ofrecen aos
principiantes, porque é o máis simple e non porque sexa o máis próximo aos feitos. [...]. A
beleza e a simplicidade dunha teoría semellante son tan grandes que é fácil esquecer que
non se deduce dos feitos, senon dunha hipótese incompleta introducida en aras da
simplicidade. Aparte doutras obxecións que se mencionarán máis adiante, a conclusión de
que os individuos que actúan independentemente para o seu propio proveito producirán o
maior agregado de riqueza depende dunha variedade de supuestos irreais, no sentido de que
os procesos de producción e consumo non son de ningunha maneira orgánicos, que existe
un coñecimiento previo suficiente das condicións e requisitos e de que existen
oportunidades axeitadas de obter este coñecimiento. Porque os economistas, xeralmente,
deixan para unha etapa posterior da súa argumentación as complicacións que aparecen -(1)
cando as unidades eficientes de producción son grandes en relación coas unidades de
consumo, (2) cando os gastos xerais ou custos comúns están presentes, (3) cando as
economías internas tenden á agregación da producción, (4) cando o tempo necesario para o
axuste é longo, (5) cando a ignorancia prevalece sobre o coñecimiento, e (6) cando os
monopolios e as concentracións interfiren na igualdade na negociación-, deixan para un
estadio posterior a súa análise dos feitos reais. Ademais, moitos de aqueles que recoñecen
que a hipótese simplificada non corresponde con precisión ao feito concluen, sen embargo,
que representa o que é «natural» e, por tanto, ideal. Consideran a hipótese simplificada
como saúde, e as complicacións adicionais como enfermidade”. O que Keynes dicia en
1926 non era a primeira vez que se decía e segue a ter plena vixencia a propósito do actual
revival daquel pensamento que el criticaba entón.
O simplismo dos fundamentalistas de mercado non debe agachar que algúns liberais
decimonónicos de talla, situados entre os principais economistas clásicos, como por
exemplo o Stuart Mill de On liberty ou On socialism, mantiveron unha visión igualitarista
no social5, percibian a potencialidade dexenerativa dunha sociedade radicalmente sometida
aos principios do mercado autorregulado, foron defensores do papel regulador e
redistribuidor do Estado e mesmo eran defensores dunha cambiante regulación dos dereitos
de propiedade en función dos intereses da mayoría da sociedade. Pero este tipo de
preocupacións ocuparon un lugar secundario na tradición liberal predominante, a dos
propagandistas devotos dos intereses dunha burguesía en ascenso.

Pero máis alá da relativa riqueza de matices entre os diferentes autores en cada momento
histórico o máis relevante é identificar a existencia de etapas na evolución do pensamento
liberal, dándolle a este un significado histórico cambiante. Nun apretado balance histórico
pode dicirse que, como doctrina social e política, o liberalismo encarna durante dous
séculos a oposición ao Antigo Réxime, defendendo a libertade individual frente o poder
feudal e o monarca, a igualdade xurídica e cívica frente aos estamentos, a democracia 6
frente ao poder absoluto, a libre iniciativa privada frente ás corporacións e os gremios, o
librepensamento frente ao dogma relixioso, a racionalidade e a ciencia frente á superstición,
etc. No longo período histórico que abarca o desmantelamento do sistema feudal, en todas
as suas dimensións, o liberalismo constitue un movemento plural pero globalmente
reformador e, por veces, mesmo revolucionario, englobando en proporcións variábeis
segundo os momentos tanto posicións progresistas como tamén conservadoras 7 . A súa
defensa do libre mercado (“laissez-faire”), o utilitarismo e o lucro fixeron del a opción
filosófica e política da burguesía emerxente; combinado coa reivindicación das liberdades,
dereitos cívicos, tolerancia relixiosa, abolición da servidume, etc serviu de bandeira das
revolucións burguesas, ganandose a adhesión das clases populares nos momentos críticos.

A cousa vai mudando ao mudaren as circunstancias. A viraxe máis profunda prodúcese ao


longo do XIX. A medida que ten lugar a consolidación do sistema capitalista e do poder da
burguesía, o papel do liberalismo vai mudando até converterse no pensamento único da
época nos países que experimentan un desenvolvimento industrial e comercial, pero, ao
mesmo tempo, tamén vai ir mudando o seu perfil doctrinal; a medida que iso ten lugar vai ir

5
O seu igualitarismo extendese tamén á defensa da igualdade de dereitos da muller, nun contexto no que non
tiña recoñecido os seus dereitos civís nen políticos, causa á que moitos liberais tardarían en incorporarse.
6
Para ser xustos convén non esquecer que o concepto de democracia que defendían os liberais nesa altura non
recoñecía os dereitos civís a todos os individuos senon só a unha parte: os propietarios. A conquista do dereito
a voto por parte dos traballadores e desposuidos viu (alí onde había sistemas democráticos) despois de
décadas de reivindicación por parte dos movementos de esquerda ao longo do século XIX e o dereito a voto
das mulleres non se xeneralizaría até ben entrado o século XX, tamén despois de décadas de loita dos
movimentos sufraxistas e dos partidos da esquerda.
7
Tamén en Galiza tivemos mostras dese tipo de posicionamentos reformadores nos ilustrados de fins do
XVIII e principios do XIX, con Lucas Labrada, Pedro Antonio Sánchez, José Cornide ou Francisco Somoza.
En rigor sería abusivo calificalos de liberais. De feito, eran máis reformadores do antigo réxime, defendendo a
eliminación de trabas ao comercio ou ás manufacuras artesanais na liña dos fisiócratas, que liberais
defensores dunha burguesía e dun capitalismo que, por outra parte, tiñan escasa implantación por estes lares e
ao que se opuxeron en moitos casos. Posibelmente quen se situou nunha liña máis claramente liberal foi Luis
Marcelino Pereira.
acentuando ese perfil centrado case exclusivamente no liberalismo económico –o exemplo
paradigmático é a escola manchesteriana de mediados do XIX, con moitos seguidores en
todo o mundo-, deixando nun segundo plano aqueles valores políticos e morais máis
progresistas.

A preocupación principal dos propagandistas liberais nesa altura vai ser non tanto a defensa
das bondades da liberdade en si mesma senon máis ben a xustificación da existencia de
desigualdades. A visión contractualista e a cooperación lockeana cede o terreo frente a unha
visión hobbesiana do mundo, onde predomina a competencia e loita despiadada de todos
contra todos, nun mundo no que á “cicatería da natureza” se lle sumaba a acelerada
“superpoboación”, como asumen todos os economistas clásicos; a iso pronto se lle
adxuntará unha ideoloxía absolutamente reaccionaria que traslada ao eido social a teoría da
selección natural de Darwin –o darwinismo social-, da que Herbert Spencer é o seu máis
destacado exponente pero que contou con moitos seguidores8. A idea que se propaga é que
as desigualdades son o resultado de diferencias innatas (ou adquiridas) entre os individuos
e, ademais, son positivas para o progreso da especie. Os que ganan e prosperan é porque
son os mellores e por iso son bendecidos polo éxito, en tanto que os perden é porque son
piores e merecen perecer. En consecuencia, non hai que poñer trabas aos que acometen
iniciativas para enriquecerse e tampouco hai que compadecerse de quen fracasa ou desiste
na carreira; o igualitarismo é antinatural e constitue unha aberración que só pode levar á
especie ao desastre. Que dúbida cabe que o paso do tempo puxo as cousas no seu sitio e se
algo demostrou é que os desastres de verdade viñeron da man das desigualdades
desbocadas e de poñer a sociedade e a civilización ao albur da “lei da selva”.

É xustamente a principios do XIX cando o liberalismo deixa de encarnar un conxunto de


propostas reformadoras ou de mudanzas parciais e se convirte no principio organizador da
economía no seu conxunto (cando menos para unha boa parte de países desenvolvidos e do
sistema internacional pilotado por estes): unha economía de mercado que abarca non só o
intercambio xeneralizado de productos (dentro de cada país e a nível internacional en
réxime de librecambio) senon que se redondea coa configuración dos mercados de tres
mercancías ficticias clave: a man de obra, o diñeiro e a natureza. É nese momento cando
toma forma definitiva o liberalismo económico e ese experimento prolongarase por un
século, con correccións e variantes, até o seu derrubo en 1929.

Claro está que se o liberalismo se converteu na guia dos gobernos da maioría dos países
desenvolvidos ao longo dese século –en especial no Imperio Británico e Estados Unidos-
non é por obra e graza da fortaleza irresistíbel das construccións teóricas e económicas que
o inspiraban senon porque respondía aos intereses da burguesía que pilotaba o capitalismo
nesa altura; porque daba cobertura aos seus “animal spirits”. E iso non o decian só Marx e
os marxistas senon que o recoñecian outros moitos como, por exemplo, Keynes (1926): “o
individualismo e o laissez-faire non podían, a pesar das suas profundas raíces nas filosofías
políticas e morais de finais do século dezaoito e principios do dezanove, ter asegurado o seu

8
Entre os seguidores célebres dese individualismo canibal está o autor de Mein Kampf. Claro está que aquel
darwinismo social tiña a vocación de lexitimar as desigualdades sociais en expansión e a explotación dentro
de cada país pero tamén tiña a vocación de lexitimar o colonialismo, o racismo e o belicismo como eixo
configurador das relacións internacionais.
dominio perpetuo sobre a dirección dos asuntos públicos, se non fose pola súa
conformidade coas necesidades e os desexos do mundo dos negocios da época”.

Recapitulando, non hai dúbida de que os sinais de identidade do liberalismo acaban


reducindose esencialmente ao individualismo, a unha visión robinsoniana que dilue o
carácter social da natureza humana. A sociedade non é máis que o sumatorio de moitos
individuos á procura do seu propio interese. A absolutización do individuo conduce á
absolutización da propiedade privada, a poñer os intereses individuais por enriba dos
intereses sociais e a sublimar a libre iniciativa individual e a propiedade privada como
principios supremos da orde económica e da orde social. A súa fundamentación utilitarista
conduciu á separación do económico e do social, coa sibilina hexemonía do primeiro sobre
o segundo. A defensa do mercado autorregulado como mecanismo esencial de
coordenación da sociedade e do lucro como móbil do comportamento dos individuos
converteronse en principios articuladores non só da economía senon da sociedade no seu
conxunto. A xeralización dos principios da economía de mercado a un abano cada vez máis
amplo de facetas da vida vai configurado mesmo unha sociedade de mercado. O Estado e
todas as institucións colectivas son un estorbo ao libre xogo dos mercados. A preeminencia
da lóxica individual trasládase ás relacións internacionais coa defensa da liberdade de
comercio e o librecambio, etc. As preocupacións igualitarias ocupan un lugar secundario na
tradición liberal predominante, especialmente a partires da converxencia entre liberais e
conservadores nas primeiras décadas do século XX e máis aínda na actualidade. O
predominio da compoñente conservadora foi reducindo a cinzas o que un dia representara o
liberalismo progresista. Ben é certo que facía xa moito tempo que as preocupacións pola
dimensión social e igualitaria foran abandeiradas pola ampla corrente crítica do liberalismo
que cristalizara ao redor do socialismo utópico, marxismo, anarquismo, etc, que teñen en
común o seu rexeitamento do capitalismo como sistema económico-social ou polos que sen
cuestionalo radicalmente buscan transformalo como as sociedades fabianas, a
socialdemocracia, etc.

En definitiva, o liberalismo proporciona o envoltorio ideolóxico lexitimador a un novo


sistema económico, o capitalismo, que, en realidade, no seu desenvolvimento histórico real
desprega características e patróns de funcionamento que poden estar bastante lonxe da
ideoloxía proclamada. E iso nun duplo sentido: nuns casos porque a prosaica realidade do
capitalismo asenta sobre comportamentos e situacións que nengún teórico se atrevería a
poñer por escrito e, en sentido inverso, porque á vista dos desastres sociais aos que
conduciría unha aplicación estricta da doctrina, os gobernos víronse obrigados a introducir
controis e reformas tendentes a protexer a sociedade frente ás forzas cegas do mercado
autorregulado. Na práctica, aos xestores e aos capitalistas non lles quedou máis remedio
que adaptarse ás condicións de cada momento e sempre tenderon a facelo con sentido
pragmático, o que deu lugar a un proverbial doble discurso (predícase o librecambio pero a
miúdo practícase ou reclámase proteccionismo para certos sectores; predícase o
antiestatismo radical pero a diario se bota man do estado para regular no interese de certos
segmentos do capital, para facer píngües negocios co orzamento público ou socializar
perdas nas horas baixas... Recoñecer e identificar ese doble discurso é moi importante pero
non o é menos darse conta do importantísimo e fundamental papel que cumpre o
mantenimento semprevivo dese discurso liberal como cimento esencial do “espíritu do
capitalismo” para a reproducción a longo prazo deste sistema económicosocial, máis alá de
“conxunturais” modulacións e adaptacións.

O fracaso histórico do liberalismo económico

Non pretendo facer aqui unha historia do liberalismo nin do capitalismo histórico pero si
quixera enfatizar a idea, maxistralmente demostrada por Karl Polanyi (1944), de que na
propia base intelectual do liberalismo económico estaba a semente de moitas das catástrofes
e sofrimentos que ían experimentar as sociedades que seguiron ese modelo... Houbo un
desenvolvimento industrial innegábel en moitos países pero a forma de construilo tivo un
custo social enorme en forma de miseria e pobreza e finalmente o proprio modelo revelouse
insostíbel, mesmo desde un ponto de vista estrictamente económico. Marx mostrara a
tendencia ao aumento das desigualdades e á pauperización relativa no capitalismo pero ese
feito non pasou desapercibido a autores non marxistas como por exemplo o americano
Henry George, quen abría o seu libro Progreso e miseria (1880) afirmando que “esta
asociación da pobreza co progreso é o grande enigma dos nosos tempos” para logo
argumentar que “a miseria aparece onde son maiores o poder productivo e a producción de
riqueza [...] Sosteño que a inxusticia da sociedade, non a avaricia da natureza, é a causa da
escasez e a miseria que a teoría en boga atribue á superpoboación [...] A causa que orixina a
pobreza en medio da crecente riqueza é, evidentemente, a causa que se manifesta na
tendencia, recoñecida en todas partes, dos salarios cara a un mínimo”. E concluía: “mentras
todo o aumento de riqueza suministrado polo progreso vaia só a formar grandes fortunas, a
aumentar o luxo e acentuar o contraste entre a Casa da Opulencia e a Casa da Privación, o
progreso non é real e non pode ser permanente”. Efectivamente, a historia deulle a razón,
despois de recurrentes crises, ese sistema colapsou en 1929.

A grande crise estrutural do 1929 e a Grande Depresión que lle seguiu evidenciaron o
fracaso e inviabilidade do liberalismo económico: o libre xogo dos mercados non garantía o
equilibrio do sistema senon que exacerbaba os seus desequilibrios nunha senda
autodexenerativa. Eses fracasos de alcance pareceran arrombalo para os sobrados da
historia aló polos anos trinta pero, paradoxicamente, retorna con novos azos no último
cuarto do século XX. Por ese motivo compre rememorar o seu fracaso, do mesmo xeito que
é necesario voltar sobre os seus fundamentos, onde está a raiz da súa impostura, da súa
traxedia social e tamén da súa inviabilidade a longo prazo.

A consolidación dese modelo de economía de mercado capitalista ao longo do século XIX,


tan brillantemente analisada por Karl Polanyi en A grande transformación, significou a
plasmación concreta do proxecto liberal pero tamén deixou ao descoberto os riscos de
fractura inerentes a ese modelo de hexemonía totalitaria “do económico” (autorregulado)
sobre “o social”. Como decía Karl Polanyi hai sesenta anos “...o desenvolvimento da
sociedade de mercado iría acompañado dun cambio na organización da sociedade mesma.
A sociedade humana convertírase nun accesorio do sistema económico... A sociedade
humana tería sido aniquilada se non tiveran existido medidas contrarias, protectoras, que
minaban a acción deste mecanismo autodestructivo” (p. 84). Ou como dicia quince anos
antes o noso Lois Peña Novo, “a fabulosa riqueza produto da Civilización contemporánea
libera e esclaviza a un tempo... o home creou forzas e riquezas e agora esas forzas
absorveno, triturano e encadeano ao seu movemento arrollador como apéndice dese
inmenso taller que hoxe é o mundo enteiro” (1929, p. 5). O problema non deriva da
importancia da economía senon do seu principio motor, como afirmaba Karl Polanyi:
“todos os tipos de sociedades están limitados por factores económicos, pero a civilización
do século XIX era económica nun sentido diferente e distintivo, xa que que optou por
basarse nunha motivación que raras veces se recoñecera como válida na historia das
sociedades humanas e que certamente non se elevou nunca ao nível dunha xustificación da
acción e do comportamento consuetudinarios: a ganancia. O sistema de mercado
autorregulado derivaba peculiarmente deste principio” (p. 42). Polo tanto, debe quedar
claro que “a verdadeira crítica á sociedade de mercado non consiste no feito de estar
baseado na economía senon de a súa economía estar baseada no interese individual” (p.
247).

As recurrentes crises cíclicas, a miseria magoante dun proletariado cada vez máis numeroso
e, sobre todo, a grande crise estrutural dos anos 30 puxeron de manifesto os riscos e o
fracaso daquel modelo de capitalismo liberal, e moitos consideraron naqueles anos que o
que estaba a ocorrer significaba o derrumbe do propio capitalismo como sistema
económico. Non só os marxistas pensaron iso senon boa parte da intelectualidade liberal,
entre a que podemos atopar persoas tan senlleiras como John Maynard Keynes ou Joseph
Alois Schumpeter. Entre nós merece ser destacada a precoz e clara visión de Lois Peña
Novo. Xa en 1925, nunha célebre conferencia na Caixa de Aforros de Vigo, diante da élite
económica local, atrevíase a sinalar que “ao lado do capitalismo nacente xurdía tamén a
máis espantosa miseria... a grande masa traballadora europea sufriu unha época de
escravitude, cuxo recordo espanta e avergoña [...] Salarios de fame, xornadas de bestia.[...].
No rescaldo destas miserias forzosamente tiñan que xermolar novas inquietudes espirituais
e vigorosos anhelos de liberación; así xurdiron as teorías socialistas e comunistas...[ ]. Este
novo aspecto da conciencia social fixo pensar aos pobos que o principal problema da súa
economía non era a producción da riqueza senon a distribución desa riqueza, e a aparición
deste novo principio supuxo no terreo da ciencia a derrota do liberalismo económico e no
da gobernación dos pobos a intervención do Estado neses problemas que antes estaban
abandonados á iniciativa privada” (Peña, 1925, 7-8)9. A crise do capitalismo real levou
aparellada unha crise do pensamento liberal -en particular da súa teoría económica- e do
discurso liberal como elemento de lexitimación do sistema porque “a orixe do cataclismo
encontrábase no esforzo utópico do liberalismo económico por estabelecer un sistema de
mercado autorregulado” (Polanyi, p.42). A rápida expansión dun movimento obreiro
anticapitalista e a emerxencia dos países que optaron por sair do sistema e construir
sociedades socialistas son unha evidencia da profundidade da crise.

Moitas e profundas reformas se incorporaron en moitos países nos anos seguintes da man
do New Deal nos Estados Unidos, dos liberais reformistas tipo Keynes, da

9
En parecidos termos se espresa en 1929 ao analisar as características do capitalismo: “A segunda
consecuencia é que coa ´despersonalización` do capital, destinado sempre e exclusivamente a producir e
acumular riqueza, dota ao diñeiro da máxima eficiencia productiva, pero secoulle toda sensibilidade moral e
provocou unha distribución da riqueza escandalosamente inxusta e irritante, acumulando en mans de poucas
persoas caudais maiores que os das lendas orientais ao lado dun mundo de asalariados e necesitados”(1929,
12)
socialdemocracia, etc en diferentes países europeos10; en particular nos anos posteriores á II
Guerra Mundial foi tomando corpo un novo modelo na maioría dos países capitalistas (que
non foi o noso caso) no que a redistribución da renda e a regulación estatal pasan a
ocupar un lugar central. Iso plásmase en todo un conxunto de institucións, políticas e
pautas de funcionamento que definen o carácter novedoso do novo período: Estado do
benestar, negociación colectiva, estabilidade no emprego, progresión salarial,
progresividade fiscal, empresas públicas e servizos públicos universais, regulación dos
mercados, institucións internacionais reguladoras e estabilizadoras, etc.

Aínda que a sua concreción presenta unha notable diversidade entre países o certo é que
globalmente configurou un modelo de capitalismo que garantiu unha expansión acelerada
durante tres décadas, que foron calificadas por algúns, quizás excesivamente, como a
“Idade de Ouro” do capitalismo. Non significa nin moito menos que desaparecen os
problemas estruturais típicos do capitalismo (o acercamento ao “pleno emprego” non evita
un certo nível de paro, as desigualdades e a pobreza redúcense pero non desaparecen, o
sistema internacional segue reproducindo o subdesenvolvimento de boa parte do planeta,
etc) pero visto coa perspectiva de hoxe non cabe dúbida que foi un período excepcional.
Nos setenta ese modelo empeza a mostrar síntomas de esgotamento, aparecen problemas
novos e ábrese un período de prolongadas mutacións estruturais. Son moitos aspectos os
que se desestabilizan pero o que máis preocupa aos políticos e estrategas dos sistema é a
desafección, a crise de incentivos que mina a disciplina laboral e a pervivencia do modelo
social capitalista.

O revival neoliberal

Nas tres últimas décadas teñense operado importantes mudanzas que teñen afectado a tal
variedade de eidos da vida social que deron pé á existencia de moi diversos diagnósticos e
categorizacións deses cambios, en función do enfoque e do problema que se pon como
central. Asi temos análises centradas no estudo dos cambios na base tecnolóxica que deron
pé para categorizar o modelo económico e social actual como Economía da Información,
sociedade da información, economía baseada no coñecemento, sociedade do coñecemento,
economía da aprendizaxe, sociedade do risco... Outros estudos centrados nas mudanzas en
diferentes aspectos da base económica teñen dado lugar a conceptualizacións como
postfordismo, réxime de acumulación financiarizado, réxime patrimonial, crise do Estado
do Benestar, economía desregulada, liberalizada, etc. Hai tamén reflexións centradas nas
mudanzas na estrutura política que destacan a crise da división de poderes, a hexemonía do
executivo, o vaciamento da democracia representativa, a emerxencia de novos poderes
como o mediático, a crise do sindicalismo, a desaparición da clase obreira como suxeito
político, etc. Non faltan tampouco diagnósticos máis abranxentes que abordan as mudanzas
no pensamento e na filosofía baixo o rótulo da posmodernidade, resaltando as novas
visións do individuo e as suas relacións coa sociedade, os novos conceptos de
10
Non esquecemos que tamén se puxo en marcha outro experimento como resultado da frustración liberal,
que foi a alternativa autoritaria, representada polo nazismo e o fascismo, apoiada por boa parte do capital en
toda Europa e que foi a que en España se impuxo coa Guerra Civil e o prolongado franquismo; o desastre do
que era portador ese modelo pudo constatarse xustamente coa desfeita das bases da economía española entre
1936 e 1960; tan foi asi que a sobrevivencia do réxime político só foi posíbel cunha reforma profunda do seu
modelo económico.
racionalidade. Outros estudos centránse na dimensión internacional e entón destácase o
proceso de globalización, a crise do Estado-nación, da soberanía nacional, o imperialismo,
o imperio, etc.

Son moitas as mudanzas e algunhas delas, sobre todo as relativas á base tecnolóxica, teñen
pouco que ver co neoliberalismo pero o certo é que moitos destes aspectos confúndense ou
identificanse co neoliberalismo ou, mellor dito, foron profundamente moldeados por éste. O
proxecto neoliberal sacou do sobrado a vella doctrina liberal e atacou todos e cada un dos
elementos configuradores dese capitalismo que segundo preferencias se denominara
“fordista”, “keynesiano”, “socialdemócrata”, “renano”, etc. O papel do Estado, a política
fiscal, as relacións laborais, a política monetaria, a regulación internacional, etc. son
profundamente alterados polo que se deu en chamar o Consenso de Washington. As
consignas son “menos estado, menos sindicato, máis mercado”: desregulación,
flexibilización, liberalización, privatización, competencia. O fondo do replantexamento
estratéxico arrinca da consideración de que o pleno emprego, a estabilidade no emprego e o
Estado do Benestar crian unhas condicións de seguridade e estabilidade para os individuos
que modifican o seu sistema de incentivos vitais e laborais (disciplina, absentismo, salarios,
modo de vida, etc) nunha dirección pouco compatíbel coas necesidades das empresas
capitalistas. O referente utópico dos neoliberais volve ser unha economía de mercado
autorregulado e unha sociedade que se amolda a aquela: o individuo isolado frente ao
sistema e frente ao mundo. Como decia Pierre Bourdieu (1998) con moita precisión: é “un
programa de destrucción sistemática dos colectivos”. Todo o que sexan institucións
colectivas de regulación son anatemizadas como entorpecedoras do libre xogo do mercado:
os sindicatos e o Estado son enemigos a batir. Ao Estado supostamente reclámaselle que
garanta a orde, a seguridade, os dereitos de propiedade e todo o que sexa necesario para que
o mercado e o capital operen libremente, mantendoos a salvo de críticos e adversarios.
Como forma de impoñer o “adelgazamento” do Estado propugnan a política de deficit cero,
que na práctica son os primeiros en incumprir.

Na realidade, non nos equivoquemos, o Estado xestionado polos neoliberais é nos últimos
lustros o principal manantial das ganancias do gran capital. O que realmente se ataca é o
Estado social ou Estado do Benestar e iso faise utilizando como excusa a “necesidade” de
reducir o tamaño do Estado pero efectivízase en boa medida reorientando o seu gasto e o
seu financiamento: o gasto público orientase cara as clases medias, cara gastos militares e
de seguridade e as reformas fiscais realizanse en beneficio das rendas altas. Os neoliberais
non renuncian a usar o Estado para a redistribución, o que pasa é que o fan en sentido
inverso, regresivo. Máis aínda, da man das forzas conservadoras asistimos nos últimos anos
a unha inusitada colusión entre o público e o privado –sobre todo coas grandes empresas-
até o ponto de que os grandes negocios dos últimos tempos están xustamente nas grandes
operacións realizadas usando o poder estatal: privatización dos servizos públicos e das
grandes empresas públicas; grandes contratos militares –de armamento e de servizos11-;

11
Como vemos nos últimos tempos asistimos a privatización de actividades tan sensibeis na definición dun
Estado como son a xestión privada dos cárceres (onde empresas privadas privadas pasan a administrar nada
menos que a privación de liberdade dos individuos) e a xestión privada da guerra (primeiro críase un exército
profesional e logo privatizanse progresivamente grande parte das suas actividades: espionaxe, información,
avituallamento, transporte, xestión dos prisoneiros, torturas, etc... legalizando definitivamente os servizos
mercenarios). É un salto cualitivo a respeito á situación en que o aprovisionamento de todo tipo de armas para
grandes obras de infraestrutura de transporte, telecomunicación, enerxética,
medioambiental...; principal cliente das grandes farmacéuticas e empresas de alta
tecnoloxía médica....

A letanía neo-liberal reza que practicamente nada pode funcionar eficientemente se non é
propiedade privada de alguén ou de algunha empresa (“o que é público non é de ninguén”,
“todo o que fai o sector público pode facelo o privado mellor”...). A privatización masiva
convertese nun eixo central da súa estratexia que nalgúns países afecta non só a transportes
públicos, educación, sanidade senon tamén ás prestacións sociais, pensións e mesmo a
recursos naturais básicos como a auga, as fontes de enerxía; chega mesmo a actividades
ligadas a administración dos dereitos civís (policía, cárceres privadas...) e da propia guerra,
como se esta vendo con obscenidade na Guerra do Irak, Afganistan e as compañías de
mercenarios que operan en África, algunhas pilotada curiosamente polo fillo de Mrs
Thatcher. A sustitución do concepto de goberno polo barbarismo de gobernanza
(governance) serve de envoltorio para ese novo fenómeno. A consecuencia desa ideoloxía é
en moitos casos desastrosa xa a curto prazo, empiorando a calidade dos servizos públicos,
os dereitos dos usuarios, o respeto dos principios de equidade e transparencia, a
posibilidade de reclamación ante fallos e neglixencias, etc. Noutros casos o deterioro
demórase un pouco máis até o momento en que o efecto da retirada de beneficios e
subinvestimento privado se poñan de manifesto. O deterioro dos camiños de ferro e do tren
no Reino Unido despois da privatización foi espectacular; o desabastecemento eléctrico en
países co sistema liberalizado é unha ameaza feita realidade. Por non mencionar os
escandalos financeiros dalgunhas grandes empresas privatizadas ou mesmo a súa
bancarrota que constituen exemplos da mentira sobre a que se asentan moitas creencias
neoliberais, como a da superioridade, por principio, da xestión privada sobre a pública:
Enron nos USA, British Airwais, Swissair, Aerolineas Argentinas, etc etc.

O discurso neoliberal defensor a ultranza do libre mercado é teoricamente impulsor da


iniciativa privada, porén, as suas políticas facilitan que as maiores corporacións desplacen e
destruan as pequenas e medianas empresas e aos pequenos empresarios. O proceso de
concentración do capital viviu nas últimas décadas unha desenfrenada carreira, ao nível de
cada país e a nível mundial. A eliminación das barreiras interestatais á competencia deu
lugar a un vasto proceso de fusións e adquisición de grandes empresas a nível mundial que
deu lugar á configuración de situacións de oligopolio mundial en moitos sectores
estratéxicos (banca, seguros, automóveis, enerxía, aerospacial, transporte aéreo,
microelectrónica, informática, telecomunicacións, información, edición, distribución
comercial, alimentación, bebidas, etc.). Os grandes vólvense xigantes e o seu poder
económico e político vólvese omnímodo. A ameaza para a liberdade de empresa –polo
menos nas actividades estratéxicas- é cada vez máis obvia, pero tamén se evidencia a
ameaza para a soberanía dos países e para a liberdade dos individuos. Nun sistema de
propiedade privada a concentración excesiva da mesma, e polo tanto do poder, pon en

o exército era feito por unha industria militar privada. A privatización completa da guerra, como actividade,
amplía un campo de negocio no que, inevitabelmente, a existencia dunha vasta rede de grandes empresas
privadas cuxo negocio consiste na realización efectiva de actividade bélica desatará unha forte presión para o
desencadear o furor guerreiro, nos gobernos e na opinión pública, acrecentando sen dúbida a inestabilidade
internacional e creando unha tremenda ameaza para toda a humanidade. Deixar en mans privadas a
administración da violencia supón a renuncia a un dos grandes logros da civilización.
perigo a democracia mesma. A “democracia” dos grandes propietarios é a negación da
democracia dos cidadáns.

Pero a moda da privatización e mercantilización exténdese tamén a novos ámbitos, aos


recursos básicos pertencentes a toda a sociedade: auga, floresta, peixe do mar, atmósfera...
o petróleo, o coñecemento científico12. Deféndese que a privatización, o estabelecemento
de dereitos de propiedade é o modo máis eficiente de explotar os recursos, cando non o
único. Ese modelo extendese a todo mediante a creación de “mercados de dereitos”:
mercado de dereitos de contaminación, mercado de dereitos a producir (caso das cotas
lacteas ou cotas de pesca, p.e.). Alí onde estes mecanismos de mercado se teñen
implementado non serven para a finalidade que supostamente tiñan asignado senon máis
ben para favorecer aos grandes, con capacidade financeira para comprar eses “dereitos de
exclusivadade”, poñendo aos pequenos nun auténtico estado de sitio permanente, até a súa
rendición e desaparición.

Pero os cambios non se producen exclusivamente no eido económico senon que hai
mudanzas tamén profundas no eido político (crise da división de poderes, ataque ao poder
sindical, represión dos movimentos antisistema, etc). A lexitimación ideolóxica das suas
sucesivas derivas plásmase de forma canónica na fundamentación economicista das teorías
da “fin”: fin da historia, fin das ideoloxías, fin do Estado-nación, fin da autoridade, fin do
público, fin da política,... cuxas falácias e inconsistencias desmonta tan atinadamente
Andrew Gamble no seu libriño Política y destino (2003).

A un nível menos elevado pero con grande efectividade adquiren un protagonismo


totalmente novo os instrumentos de dominación das conciencias; os medios de creación e
difusión da información, combinando en doses variábeis a re-criación da realidade e o
moldeamento das pasións/temores da poboación, promoven uns valores que favorecen a
adhesión ao novo modelo (individualismo, familia, lucro) e mesmo lexitiman a deriva
autoritaria que se impón ante o reto de manter a paz social nun cenario de desigualdades
sociais crecentes (o protagonismo mediático e político adquirido polos temas da seguridade,
violencia, terrorismo, etc son unha evidencia diso). Debaixo da casaca liberal aparece un
conservadurismo fundamentalista que toma tintes cada vez máis autoritarios no interior e
belicistas no exterior. O fundamentalismo individualista acaba sendo mesmo unha ameaza
para a propia concepción democrática da vida política. No fondo, os neoliberais actuais,
cada vez máis extremados, na liña dos chamados neoconservadores americanos, británicos,
españois e tutti quanti non recoñecen a lexitimidade do sistema político democrático e para
subvertelo fan uso de todas as armas, entre as que está o uso absoluto do poder mesmo a

12
O delirio privatizador e anti-estatal leva a Hayek a propoñer mesmo a desnacionalización do diñeiro,
introducindo a libre competencia entre moeda diferentes creadas e postas en circulación por parte daqueles
bancos que o desexen. Sí, diferentes moedas en competencia nun mesmo país!. ¡ imaxinemos o “euro”, o
“santanderino”, o “banesto”, o “fenoso”, o “mendezo”, ... e cada un decide comprar e pagar con aquel que lle
dá máis confianza!. Curiosamente esa ocorrencia, que ocupa un libro de case duascentas páxinas de todo un
premio Nobel, tería como finalidade combatir a inflación (Friedrich A. Hayek, Denationalisation of money.
An analysis of the theory and practice of concurrent currencies, 1978). Enfin, como decía Erasmo no seu
Eloxio da Loucura, “os cousas gostannos e atopamos nelas maior voluptuosidade canto máis estrambóticas
son”. O problema empeza cando ese tipo de ideas son compartidas por moitas persoas que estan en postos de
mando en todo o mundo.
risco de comprometer a lexitimidade das institucións do Estado e o uso sistemático das
técnicas máis agresivas de manipulación da opinión pública, nun esforzo titánico por
ocultar os seus reais obxectivos e ocultar as consecuencias das súas políticas. Como sinala
un economista tan pouco sospeitoso de radicalismo como Paul Krugman no seu libro The
great unraveling (O grande engano, 2003), unha forma de relacionarse coa cidadanía
sistematicamente terxiversadora e mentirosa non pode senon minar o sistema democrático e
revela que o que se quere é outra cousa.

En realidade esa deriva autoritaria dos neoliberais non é por acaso: en contra do que
supoñen os neoliberais, o libre mercado non é o estado natural das cousas e, de feito, para
impoñer o dereito de propiedade sobre certas cousas, a libre iniciativa empresarial en certas
outras... precísase dunha forte intervención coercitiva do Estado. O problema é que esa
intervención deberá ser tanto máis belixerante e violenta canto menor sexa o consenso
existente sobre a aceptación desa lóxica individualista; ese consenso será menor canto
maior sexa a desigualdade e a sensación de inxustiza. Ese é xustamente o perigoso cenario
da “gaiola de ferro da liberdade”, da que fala Andrew Gamble.

O neoliberalismo ten consecuencias importantes tamén nas relacións internacionais. Mesmo


se o capitalismo histórico asentou sempre sobre unha configuración asimétrica do mundo,
cunha división hierárquica entre un centro e unha periferia, que foi teorizada na tradición
marxista como imperialismo, non podemos ignorar as novas realidades. Como sinala David
Harvey (2003), nos últimos tempos estamos diante dun novo imperialismo que combina de
xeito novo o imperialismo do capital –para crear espacios de acumulación a escala
planetaria- e o imperialismo dos estados –para someter e controlar o territorio13. O primeiro
sería a expresión dunha lóxica do capital que xa non recoñece fronteiras de xeito que o
Estado-nación sería xa un estorbo para a mobilidade do capital e das mercadorías; a
vertente ideolóxica desa globalización económica sería o liberalismo cosmopolita, acuñado
por Peter Gowan, segundo o que os cidadáns serían directamente cidadáns do mundo sen
referencias nacionais. Con todo, esa visión ideolóxica do cidadán cosmopolita coexiste co
asimétrico recoñecemento da mobilidade real transfronteiriza para o capital e as
mercadorías frente ao hermetismo das fronteiras para a inmigración, para os dereitos reais
de cidadanía ou para a redistribución da renda; do mesmo xeito que a suposta obsolescencia
do Estado-nación non impede que estes segan a cumprir un papel esencial que garante os
intereses das “suas” empresas en todo o mundo e mesmo actuen de axente comercial das
mesmas.

Na realidade, a primacía dos intereses económicos do capital e dos países hexemónicos


frente a calquer tipo de legalidade internacional dan lugar a un dominio unilateral-imperial
do mundo, á busca do control exclusivo dos recursos estratéxicos como o petroleo,
sibilinamente incorporados como parte da “seguridade nacional” da (s) grande(s)
potencia(s), á aplicación impúdica da doctrina da guerra preventiva contra todo aquel país
que cuestione ese dominio catalogándoo como ameaza á “seguridade nacional”. A loita

13
Harvey estabelece unha distinción entre un imperialismo neoliberal que construe a súa hexemonía
mediante o consentimento (multilateralismo) e outro que a construe mediante a coerción (unilateralismo,
racismo e poder militar da grande potencia) que califica como imperialismo neoconservador.
polo control do petroleo e gas do Iraque, dos países do Golfo, de centroasia, Venezuela,
Bolivia, México, etc é moi exclarecedora: a consigna dos Estados Unidos dirixida a todos
eses países é que ou ben aceptan a desnacionalización e privatización dos recursos e da súa
explotación ou deben prepararse para o acoso da(s) grande(s) potencia(s). O alcance, os
medios (militares) e as formas dese imperialismo fan palidecer calquer experiencia pasada.
Todo iso é combinado cun manexo irrespetuoso das institucións internacionais e
multilaterais como o FMI e Banco Mundial para impoñer as directrices políticas que
garantan a hexemonía do dolar e o bombeo permanente de recursos de todo o mundo para
os Estados Unidos. O resultado de todo iso non pode ser outro que o expolio –
aparentemente realizado polos mecanismos impersonais do mercado- e aumento das
desigualdades entre países nunha proporción nunca vista.

A “lexitimación” do dereito de inxerencia, básico no novo modelo, construese sobre a base


dun ataque sistemático aos dereitos colectivos, aos conceptos de pobo, nación, soberanía
nacional, etc que son presentados como antiguallas contrapostas aos dereitos individuais, os
únicos que o neoliberalismo pode considerar esenciais. O cosmopolitismo neoliberal,
declara a caducidade da orde interestatal westfaliana e o nacemento dunha cidadanía global
sen referencias nacionais, que xustificaría a aparición dunha “política exterior ética”, que
lexitimaría aos países autoproclamados democráticos a intervir en calquer parte do mundo
co noble obxectivo de impoñer a democracia ou o respeto aos dereitos humanos.
Obviamente, que ninguén se leve a engano, iso é pasto para o vulgo planetario, incluidos os
neoliberais periféricos; Estados Unidos, baluarte dos dereitos individuais, sí ten soberanía
infinita para poder decidir e actuar ao marxe da legalidade internacional e mesmo para
violala sempre que os seus sagrados intereses “colectivos” llo aconsellen. Intereses
colectivos entre os que deciden incluir, por exemplo, o acceso asegurado aos recursos
enerxéticos do planeta sexa cal sexa o país en que se encontren. En definitiva, nese
contexto o país que ten poder -e só él- pode erixirse en xuiz e parte.

Paradóxicamente, a tese neoliberal da superación do Estado-nación ten o seu correlato en


certo discurso esquerdista como é o caso da inxénua visión posmoderna, pretendidamente
subversiva, exposta por Michael Hardt e Toni Negri na súa obra Imperio. Segundo eles, a
fase do imperialismo, resultado da expansión dos Estados-nación fóra das suas fronteiras,
tería sido superada polo imperio, un estadio capitalista supranacional, homoxéneo a escala
planetaria, sen centro nen periferia, sen metrópolis ou potencias hexemónicas, onde a
dominación do capital realizaríase directamente, sen necesidade de institucións políticas
estatais. Como acertadamente ten sinalado Atilio Boron, a realidade empírica, tanto
económica como política, non lle aporta moita base a unha construcción esencialmente
especulativa que, por outra parte, foi moi apreciada nos medios neoliberal-globalistas,
porque reforza as suas posicións no plano das ideas.

Sen entrar a fondo no tema nada mellor que ler os panfletos dos arrogantes “ideólogos”
neoconservadores americanos, que verbalizan a estratexia daquel país nos últimos anos,
para curar calquer “ilusión” posnacional; a modo de exemplo quedaremos coas verbas dun
cínico sinceiro como é Robert Kagan no seu recente libro Poder y debilidad: “Estados
Unidos segue enlamado na súa propia historia, exercendo o seu poder nun mundo anárquico
e hobbesiano no que o dereito e os usos internacionais deixaron de merecer confianza e
onde a verdadeira seguridade, a defensa e o fomento dunha orde liberal seguen dependendo
da posesión e o uso da forza. [...] Salvo unha catástrofe imprevista é razoábel presumir que
non fixemos máis que entrar na longa era da hexemonía de Estados Unidos” (Robert
Kagan, 2003). O imperialismo territorial de Estados Unidos (e en menor medida de outros)
non só non se esvae nunha configuración magmática de imperio senon que está en pleno
apoxeo, acentuando o seu perfil máis agresivo e chauvinista. Nunca os dirixentes,
estrategas e ideólogos americanos falaron con tanta desenvoltura de superpoder,
superpotencia, hexemonía, imperialismo ou imperio (americano, por suposto).

Como vimos decindo, o debate sobre o neoliberalismo non é exclusivamente económico


senon que, en realidade, atravesa todos os temas relevantes que teñen que ver coa sociedade
e a política; tanto na dimensión interna de cada país como nas relacións internacionais;
tanto na dimensión máis abstracta da filosofía política como nos problemas máis prácticos e
cotidianos das relacións sociais e humanas. Porque aínda que o neoliberalismo otorga á
dimensión económica un lugar de absoluta preeminencia, o certo é que -precisamente por
iso- incorpora tamén propostas ou conleva consecuencias que afectan a todas as dimensións
que conforman a vida social, política, cultural e moral dun país asi como ás relacións entre
os países e as culturas. En certo sentido trátase dunha verdadeira subversión da civilización
actual, desmontado consciente ou inconscientemente algúns dos pasos dados ao longo de
décadas ou mesmo séculos na dirección de asentar pautas de socialización civil e política
que permiten manter as desigualdades, en particular as desigualdades de poder, dentro duns
límites non destructivos. Moitos deses mecanismos de “equilibrio” e de compensación
están sendo sistematicamente desmantelados.

A importancia da loita de ideias (e de valores)

Identificar as liñas de forza do proxecto neoliberal e recoñecer a súa capacidade para


converterse en hexemónico nos tempos que corren non significa que os cambios na vida
real sexan estrictamente neoliberais; por fortuna, os cambios que se producen na realidade
non son a materialización pura e perfecta do proxecto neoliberal. Unha porque algo
característico dos neoliberais é o doble discurso (unha cousa é o que se predica como
doctrina para que outros a obedezan e outra o que se practica para preservar os propios
intereses, dun sector ou dun país) e outra porque tampouco poden. Para ser rigorosos o que
habería que dicir é que os cambios reais en todos os campos citados son a síntese resultante
de diferentes de propostas; son, polo tanto, o resultado de tendencias contradictorias ou,
mellor dito, da confrontación continua e permanente de diferentes opcións das que algunha
delas se impón ás demais con maior ou menor rotundidade. O que ocorre é que nos últimos
vinte anos en cada eido da vida económica e social sempre hai un proxecto en liza que é o
neoliberal, que leva a iniciativa e que nos últimos anos foi quen de impoñerse e converterse
en hexemónico. Nunca se materializa de xeito puro e lineal e mesmo, moitas veces, non é
quen de vencer totalmente as resistencias porque, como xa ocorrera no século XIX, a
sociedade puxa por introducir freos e parapetos para defenderse frente ás pretensións do
radicalismo neoliberal. Paradóxicamente, iso fai que moitos non alcancen a ver a profunda
ameaza que entraña o proxecto neoliberal como tal. O que si vai conquerindo é unha
preeminencia que tende a afortalarse a medida que supera un certo limiar, que se
autorreforza a medida que se vai difundindo como consecuencia das interdependencias
sistémicas até o ponto de ameazar mesmo a pervivencia de alternativas.
¿Cómo o conseguen?. Ademais de que as novas circunstacias económicas e políticas
derivadas da crise dos setenta e do esfarelamento do sistema soviético crearon condicións
favorábeis para que os intereses da clase capitalista se puderan expresar de novo con maior
radicalidade e sen precisar grandes concesións ás clases traballadoras, o certo que foron
múltiples os medios desplegados polos defensores do neoliberalismo para conseguir a súa
hexemonía no mundo das ideas. Os seguidores de Frederick von Hayek ou Milton
Friedman entenderon moi ben a importancia da loita de ideas de xeito que, partindo desde
unha situación minoritaria, batallaron incansabelmente, facendo gala dun dogmatismo
coriaceo que lles fixo acredores dun considerábel descrédito inicial pero que, co paso do
tempo, se transmutaría en gabanza extentórea. Tal era o descrédito dese tipo de ideas nos
anos cincuenta e sesenta que non son raras expresións como a dun premio Nobel da talla de
Arthur Lewis que chegou a afirmar: “xa non hai nengun crente no ‘laissez-faire’ agás entre
as persoas que están á beira da tolemia”. O fracaso dos anos trinta era considerado
definitivo e inapelábel. Pero os liberais convertidos en secta (escola austríaca, escola de
Chicago, escola de Virxinia)14 non se renderon e entenderon, como monseñor Escrivá, que
aos “homes hai que collelos pola cabeza”, detrás van os corazóns e as mans; sen desmaio,
adicaron considerábeis esforzos a popularizar o seu propio “camiño de servidume”. A súa
baza non era a posesión dunha teoría económica máis solvente e rigorosa que outras, pero
perseveraron.

Entre outros méritos hai que recoñecerlles a súa capacidade para presentar como novo algo
que en realidade era moi vello, para vender como revolucionarias as propostas máis
reaccionarias, para ocultar que xa fracaran no pasado e, en cambio, presentar como unha
antiguallas insostibeis as aspiracións igualitarias, as estruturas de protección social, a
redistribución da renda, o Estado do Benestar, os sindicatos, etc. Claro que para ese periplo
estelar conseguiron recursos xenerosos que lles permitiron crear unha densa rede de
fundacións, institutos, centros de investigación, publicacións, profesores, escritores,
publicistas e fluido acceso aos medios de difusión de masas. Eses recursos xenerosos só
podian vir de quen os tiña. En definitiva, podería dicirse que os neoliberais aplicaron á
perfección, quizás sen coñecelas, as ideas de Gramsci sobre a hexemonía cultural ou
ideolóxica e, paradóxicamente, contaron coa axuda inestimábel dos “correlixionarios”
deste, que non tiveron folgos para aguantar o tirón ou sucumbiron ás benintencionadas
promesas emancipatorias do discurso da “sociedade civil”, habilmente convertido polos
neoliberais en carbón da súa propia fogueira.

O resultado non debe sorprender, o neoliberalismo acabou convertendose de novo –nunca o


deixara de ser realmente- no credo oficial do poder financeiro, que nos anos setenta asume
o liderato dos poderes económicos, tomandolle a dianteira ao capital industrial, encerellado
nunha crise estrutural sen precedentes. Como decia Marx, “a ideoloxía da clase dominante
tende a ser a ideoloxía dominante” ou, dito con palabras dun liberal brillante como Stuart
Mill, “en todas partes onde hai unha clase dominante case toda a moral pública deriva dos
intereses desta clase e dos seus sentimentos de superioridade”. Pois ben, hoxe por hoxe o
neoliberalismo é o proxecto global da fracción hexemónica da clase dominante, a

14
Obviamente, non foi só cousa dos economistas senon tamén de politólogos, sociólogos e filósofos liberais e
conservadores. Os nomes de Nozick, Bell, Huntington, Fukuyama e tantos outros son importantes nesa
historia.
financeira, de xeito que trata de impoñerse -e en boa parte consegueo- en cada unha das
esferas ou níveis de configuración da sociedade actual: a ciencia, a base tecnolóxica, o
modelo económico, o eido político, o pensamento e a moral, a orde mundial, etc. O
neoliberalismo é o proxecto global da fracción hexemónica da clase dominante que é
asumido polas demais fraccións como propio. É asumido, normalmente con matices e
mesmo con contradiccións, por todas as clases dominantes en todos os países, de xeito que
o proxecto neoliberal non é só froito da imposición de “clase dominante da potencia
dominante” senon que todas as clases dominantes do mundo se identifican con el e
asumeno como propio. Desde este ponto de vista o uso máis habitual do termo
globalización compre entendelo fundamentalmente como a universalización do modelo
neoliberal, tanto no que ten de realización práctica como no que ten de proxecto. O
neoliberalismo converteuse no proxecto global, asumido por todas as clases dominantes en
todos os recunchos do globo. Pero, deciamos, ese resultado non é algo natural e
espontáneo: é construido nunha militante batalla de ideas, cun intenso e sostido exercicio de
propaganda e adoctrinamento.

Nese sentido, resulta moi oportuno ter presente esa dimensión de proxecto político que
busca a súa materialización. Como unha opción entre outras pero non a única, e non
necesariamente a mellor nen a máis viábel, mesmo dentro dun marco capitalista. De feito o
liberalismo económico xa fracasou históricamente unha vez e, ademais, con estrepito15. O
neoliberalismo é un programa político-ideolóxico que se ven configurando desde finais dos
anos setenta co impulso das forzas conservadoras dos países do centro do sistema (USA e
UK) -o que se dera en chamar a ‘nova dereita’- e que se foi convertendo en hexémonico ao
longo da década dos oitenta e alcanza o seu explendor e hexemonía absoluta nos anos
noventa -que hoxe é ‘toda a dereita’-.

A plasmación dese programa neoliberal dá lugar a un modelo particular de capitalismo,


sustancialmente diferente daquel que cristalizara no período da posguerra, dos corenta aos
setenta, en boa parte do mundo capitalista, pero é preciso suliñar que é un proxecto que non
se da por satisfeito coa situación acadada senon que pretende ir máis lonxe; o proxecto de
desmantelamento do modelo anterior non se da por rematado a pesar de que en moitos
países xa non quede nen a sombra del. O paradóxico é que o deterioro económico e social
xeralizado provocado polas suas políticas non se recoñece como un fracaso que obrigaría á
enmenda ou á retirada senon que se utiliza para evidenciar a insuficiencia dos cambios
introducidos e a necesidade de radicalizalos aínda máis. Iso só é posíbel en base ao
desplegue dun masivo esforzo de “persuasión”, combinado en moitos casos coa imposición
e a represión e, sobre todo, unha vez acadada unha situación de “lock-in” político, cando
teñen anulada ou estigmatizada toda alternativa. Como apontaba Pierre Bourdieu (1998), o
neoliberalismo “é un ‘discurso forte’, que é forte e difícil de combatir xustamente porque
ten para si todas as forzas dun mundo de relacións de forza que él contribue a facer tal
como é, particularmente orientando as eleccións económicas dos que dominan as relacións
económicas e engadindo asi a súa propia forza, fundamentalmente simbólica, a esas
relacións de forza”.

15
Resulta curioso que os mesmos que pretenden impoñer un modelo rotundamente fracasado nos anos trinta
do século pasado se atrevan a negar definitivamente calquer posibilidade ao socialismo polo feito de ter
fracasado a experiencia soviética.
O poder económico e a influencia político-mediática das poderosas forzas que impulsan ese
modelo converterono en dominante até o ponto de que os seus principios motores perforan,
con maior ou menor intensidade segundo os casos, os programas de grande parte das forzas
chamadas da esquerda; esa influencia é particularmente visíbel no caso das políticas
implementadas polas forzas de tradición socialdemócrata, que deron o paso de redefinirse
como “social-liberais” ou “terceira vía”, pero está tamén presente nos programas doutras
situadas máis á esquerda, aínda a costa de provocar rechamantes inconsistentencias e
contradiccións. O proxecto neoliberal alcanzou tal grao de hexemonía que chegou mesmo a
anular ou negar de raiz calquer alternativa, convertendose no que Ignacio Ramonet definiu
acertadamente como “pensamento único”. Até tal ponto que a moitos pasalles como ao
monsieur Jourdan do Bourgeois gentilhomme de Molière, que falaba prosa sen sabelo. Os
estragos desa dogmática alcanzan a moitas mentes que se creen ou quixeran ser
‘alternativas’ pero que chegaron ao ponto de non ver como viábel outra cousa que non
sexan receitas neoliberais circuladas xa como “sentido común”: “o público é ineficiente”,
“a competitividade require salarios baixos e flexibilidade laboral”, “o Estado de benestar é
insostíbel”... Calquer cousa que non ligue con ese “sentido común” pasa a ocupar o lugar
dos desiderata e das boas intencións pero... impracticabeis. Non porque desde o ponto de
vista económico os neoliberais conten con propostas que tecnicamente mostraran a súa
solvencia e superioridade senon porque gañaron a cabeza da xente cuns cantos dogmas
simples. Paralelamente, para construir a súa hexemonía política foron quen de introducir na
axenda de preocupacións dos cidadáns todo un conxunto de sentimentos e temores
irracionais (inseguridade, inmigración, racismo, terrorismo...) que son utilizados para
obviar a confrontación do seu modelo socioeconómico. Esa é a verdadeira victoria do
neoliberalismo, a auténtica “derrota do pensamento”, por tomar o título de Alain
Finkielkraut.

Facendo un paralelismo co acontecido no XIX cabería dicir que se daquela os economistas


deseñaron a clave de bóveda que cerraba o discurso liberal, hoxe o papel central estan a
realizalo os sicólogos, sociólogos e comunicólogos que puxeron a ponto as técnicas de
manipulación de masas, xunto cos grandes grupos mediáticos que invisten masivamente na
súa execución para construir unha adhesión social que por vía estrictamente racional sería
difícil de construir. Nese sentido conviría asumir que aínda hai algo pior que o pensamento
único: o “pensamento cero”, a explotación dos instintos, do telúrico que habita os espiritus
desconcertados e angustiados. O protagonismo da relixión e o medo na sociedade
americana actual son o mellor, e preocupante, exemplo.

Isto lévanos a tomar en consideración a outra dimensión da pretensión de “único” do


pensamento neoliberal, a súa pretensión uniformizadora de toda a humanidade. O
pensamento neoliberal non só é único porque pretende negar calquer alternativa dentro de
cada sociedade senon que ademais é único pola súa vocación universalizadora
uniformadora, que asenta xustamente no seu principio ontolóxico, o individuo, considerado
igual en toda parte ao prescindir do seu caracter social. Esa globalización dos valores, dos
seus valores, é funcional para o éxito do proxecto neoliberal. A homoxeneización cultural,
de valores, de língua, etc forma parte constitutiva do proxecto neoliberal como medio para
favorecer as condicións de existencia do capitalismo e do mercado global e, sobre todo,
construir a súa aceptabilidade social. A presión homoxeneizadora redoblouse a medida que
o propio espazo cultural se constituiu nun espazo de acumulación de primeira orde
(audiovisual, edición, comunicación, etc), na medida en que a extensión dun mercado
uniforme amplía o volume dos compradores potenciais, xenera economías de escala, reduce
os custos de producción e, polo tanto, constitue unha fonte de beneficios fabulosos para as
grandes corporacións “culturais” globais. En ningún outro sector van tan unidos os
intereses económicos e a creación de opinión: a mercantilización do espazo cultural, a
ideoloxía neoliberal pro-mercado e extensión “xeográfica” do mercado. Certamente esa
extensión xeográfica presenta xeometrías variabeis, nunha sorte de monecas rusas:
homoxeneización cultural e linguística dentro dos estados varrendo as culturas e línguas
existentes no seu seio, da que son axente activo as grandes empresas culturais que operan a
escala dese estado (no noso caso Prisa, Recoletos, Planeta, etc); homoxeneización cultural e
linguística a nível global, planetario, da que son axente activo as grandes corporacións
“culturais” (Time-Warner-Turner, Imperio Murdoch, Fox, Viacom-CBS, Disney, Vivendi,
etc, etc). Neste caso trátase da mundialización dos mercados culturais e mediáticos
hexemonizados polos grandes grupos multimedia que tratan de converter a todo o mundo
nun vasto mercado de productos homoxéneos (tanto na forma como nos contidos; tanto na
lingua como na mensaxe…), aproveitando as grandes economías de escala, a reducción de
costes de distribución e a promoción que se derivan de distribuirse en mercados masivos.

O dominio das grandes multinacionais neste ámbito é estarrecente, pero curiosamente non
son corporacións de “calquer sitio” senon que son precisamente americanas ou anglófonas,
desde as axencias de noticias, que “re-crean o mundo”, os distribuidores desa información
(Microsoft, Time-Warner, CNN, Viacom-CBS…), a grande factoría “de soños” do
audiovisual (Hollywood), os grandes grupos editoriais de libros ou discos, etc. etc. As
culturas e as linguas non hexemónicas desprezanse e marxinalizanse porque van contra a
corrente globalizadora do progreso do capital, que é inexorábel. O seu único “valor” para
ese mundo está en servir de nutrinte de cando en vez de algunhas novas ideas e imaxes
debidamente recicladas e para servir de curiosidade ou “amenity” para o ocio estival do
excursionista estresado.

En ningún outro sector se unen con tanta perfección as características inmateriais dos
productos, os intereses dos productores directos, os intereses dos comercializadores globais
e o discurso neoliberal. Como consecuencia os propios “creadores” adoitan converterse en
adalidades e reforzadores simbólicos do mercado que lle é propio, a veces de xeito
inconsciente pero as máis das veces de xeito consciente. Os “creadores” da(s) lingua(s) e
cultura(s) dominantes (escritores, cineastas, músicos, periodistas, xestores de
información…) son os grandes aliados das empresas de comunicación e adalides desa
uniformización na xusta medida en que lles serve para ampliar os seus mercados de
lectores-ouvintes-visualizadores e os royalties dos seus “dereitos de autor”. Só así se
explica a belixerancia antinacionalista dos grupos mediáticos e dos seus “plumillas”.

Como nada no mundo ocorre sen contradicción, compre facer notar que nos albores do
século XXI, experimentadas xa as suas receitas e vistas as consecuencias das mesmas,
agroma un crecente cuestionamento do modelo neoliberal, como ocorrera tamén co
liberalismo económico desde o último tercio do XIX. A súa hexemonía non foi o resultado
dunha maior solvencia ou superioridade técnica no plano económico, senon todo o
contrario. Que sexa o modelo preferido por unha fracción do capital non significa que sexa
o mellor modelo para impulsar o crecemento económico e o benestar; de feito provocou
unha desaceleración do ritmo de crecemento a nível mundial e auténticos desastres en todos
os países latinomericanos e africanos, retrocesos de décadas no seu nível de producción e
benestar, aumentou o paro, a pobreza e as desigualdades, a pesares das potencialidades
ofrecidas polas novas xeneración de tecnoloxías desenvolvidas neste período. É certo
tamén que a evidencia do fracaso do neoliberalismo como modelo viábel para o conxunto
das sociedades, deu lugar a unha fuga cara adiante, unha radicalización extremista dos seus
defensores, que deu en chamarse neoconservadurismo e que ten a súa plasmación máis
nítida en G.W. Bush e no conglomerado que o acubilla. ¡Como de feito ocorrera tamén nos
anos vinte e trinta do século pasado!. Esa radicalización extremista facilita a crítica e
aumenta e unifica aos críticos, pero ao mesmo tempo ubica o terreo da confrontación no
lado extremo dereito do taboleiro.

Con esta deriva o neoliberalismo distánciase cada vez máis do liberalismo político clásico
das primeiras etapas. Como dixemos, as raices do neoliberalismo están no pensamento
liberal decimonónico, sobre todo a componente do liberalismo económico, que era a súa
versión máis antisocial; pero o certo é que a configuración actual do que se chama
neoliberalismo vai aínda máis alá e rezuma sobre todo elementos de conservadurismo
ideolóxico-político, individualismo e mesmo de irracionalismo relixioso. Máis que herdeiro
do liberalismo político reformador (Bentham, Stuart Mill...) é unha combinación do
liberalismo económico manchesteriano, poñendo a libre iniciativa empresarial e o lucro por
enriba de calquer outra consideración, adubiado cunha amalgama de ideas políticas e
morais que se deron en chamar neoconservadoras 16 . Ao igoal que aquel liberalismo
económico manchesteriano, o neoliberalismo actual porta un modelo social fortemente
desigual, que xenera a exclusión de grande parte poboación do globo e dos propios países
desenvolvidos, arroupado por un sistema de ideas que lexitima esas desigualdades e un
réxime político pouco liberal e crecentemente autoritario, para o que a democracia é un
instrumento que só se respecta na medida en que non sexa un obstáculo para a consecución
dos obxectivos económicos e estratéxicos.

As sigularidades da segunda oportunidade neoliberal

Nese exercicio comparativo entre o neoliberalismo e o liberalismo económico do XIX


vemos unha diferenza sustancial entre eles e esa diferenza é xustamente o tipo de sociedade
no ponto de partida: o neoliberalismo bátese contra unhas sociedades que xa tiveran
ocasión de construir e disfrutar de todo un conxunto de estruturas de protección social e de
benestar, con servizos e empresas públicas de grande escala, que non están dispostas a
deixar arruinar e desmantelar tan facilmente. E, ao mesmo tempo, o neoliberalismo parasita

16
Iso non quere dicir que non existan liberais que toleren ou defendan certos valores progresistas no ámbito
da relixión e a moral, que mesmo compartan ou toleren certos valores e comportamentos licenciosos e
hedonistas, que conectan con certas tendencias liberadoras da posmodernidade. Estas versións do
neoliberalismo mesmo poden entenderse como unha estratexia deliberada para alimentar un movemento
social virado exclusivamente para o levantamento de tabúes e barreiras en todo o relativo ao corpo, deixando
a un lado toda crítica social ou do modelo económico. Ten a virtude ademais de asociar liberal e liberdade, o
que serve de reclamo para un certo espítitu libertario, aportalle novos factores de lexitimación ao proxecto
global e contribue a ocultar ou enmascarar a represión política e o autoritarismo en ascenso.
esas estruturas e benefíciase do seu rol amortecedor dos desequilibrios sociais xenerados
entretanto as expolia nun vasto proceso de creación de campo de negocio privado a
expensas do sector público.

Esa realidade tan simple é moi relevante para comprender o proceso político que permite ao
neoliberalismo arrecadar apoio electoral entre capas moi diversas da poboación. O primeiro
paso será fomentar a rebelión fiscal contra un “sector público confiscador”, prometendo
reduccións de impostos (que logo non chegan ou benefician tan só ás rendas altas,
reducindo os impostos directos e aumentando os indirectos que son máis regresivos pero
que os contribuintes confunden cos prezos dos bens); o segundo será atizar aos
descontentos e insatisfeitos co estado de benestar, identificar fallos concretos –que
obviamente existen- e magnificalos, convertendoos en “demostración” de que o Estado e o
público funcionan de xeito ineficiente cando non corrupto. Sobre esa base a estratexia
neoliberal reina, co disimulo que lle permite o retardo en manifestarse os seus efectos
deterioradores alí onde o Estado de Benestar estaba ben asentado, con boas infraestruturas
construidas no pasado e con persoal cualificado tamén formado e reclutado no pasado.
Tamén é certo que nalgúns campos, tratando de favorecer o mercado privado de certos
servizos públicos, a dereita gobernante pode contribuir mesmo a alimentar as razóns
obxectivas do desprestixio do público recortando os recursos destinados a aqueles máis
populares, adoptando decisións que degradan a súa calidade ou simplemente sometendoos a
unha tirapuxa diante da opinión pública (exemplos abundan no campo do ensino, da
sanidade, etc).

Un dos grandes paradoxos do ascenso do discurso neoliberal –destacado lúcidamente xa a


principios dos oitenta por Alain Finkielkraut ao analisar A nova dereita americana- é que
os seus propagandistas non se presentan como defensores da orde estabelecida senon todo o
contrario, denuncian de xeito agresivo e sen complexos as insuficiencias do modelo
vixente. Esa estratexia de apoloxía dun capitalismo utópico liberado das ataduras dun
Estado que corrompe e ata de pés e mans a libre iniciativa situaos á ofensiva, como
desinhibidos rupturistas, e de paso situa á esquerda –primeiro á socialdemocracia e logo ao
resto- á defensiva, asociandoos coa defensa inmobilista do statu quo. As manifestas
insuficiencias e incongruencias para facer avanzar políticas igualitarias no marco do
capitalismo, que se evidenciaron en maior ou menor medida en todos os países nos anos
sesenta-setenta, son, paradóxicamente, aproveitadas polos neoliberais non para facer unha
autocrítica sobre a incapacidade do capitalismo para resolver os problemas das
desigualdades senon para criticar e deslexitimar todo intento de reformar o capitalismo nesa
dirección. Outra paradoxa, que non é menor, é que ese discurso antiestatista, formalmente
irreverente co poder político, que denuncia como conxénitas as ineficiencias, ataca o
estado, a burocracia, o xogo dos intereses corporativos e as corruptelas, ataca a
rutinización, as rixideces e a homoxeneización implícita nas políticas igualitarias, etc etc
parece lanzar guiños e tender pasarelas a certo discurso frívolamente libertario dos anos
sesenta-setenta. Mesmo se o núcleo duro do neoliberalismo, os seus teóricos e os seus
propagandistas, son profundamente conservadores non só no económico senon tamén no
político e no moral.

En definitiva, o neoliberalismo disfrutou dun período de graza extraordinario en tanto viviu


das rendas do esforzo acumulado no pasado. Dilapidando a riqueza acumulada durante
décadas polo sector público pudo vender a idea dun adelgazamento do Estado sen que a
poboación chegase a percibir con nitidez as consecuencias devastadoras de tal proxecto.
Tamén parte do aforro acumulado polas xeneracións activas nas décadas do vello modelo é
dilapidado en forma de solidaridade familiar coas novas xeneración de parados e
precarizados, constitue outra forma de encubrir a curto prazo os efectos devastadores do
modelo laboral neoliberal. Como ben decía Pierre Bourdieu (1998), “é en realidade a
supervivencia das institucións da vella orde en vía de desmantelamento o que fai que a orde
social non se afunda no caos a pesar do volume crecente de poboación precarizada”.
Andando o tempo isto empeza a percibirse por parte de sectores cada máis amplos da
poboación e é por iso que a fins dos noventa xa empeza a erguerse un crecente movemento
de rexeitamento en case todos os pontos do globo.

Tamén hai outra diferenza crucial entre as circuntancias do actual momento neoliberal e a
situación do XIX: o grao de difusión das relacións de producción capitalista no interior de
cada país e a escala planetaria. No XIX e principios do XX o capitalismo contaba cun
colchón precapitalista enorme dentro de cada país e, sobre todo, a nível mundial; hoxe as
relacións salariais abarcan case todas as actividades productivas importantes en case todos
os países do mundo. Por exemplo, en Galiza a principios de século XX o capitalismo non
superaba máis do 10-15% da poboación laboral e, en cambio, hoxe supera o 75%; nos
países desenvolvidos esa porcentaxe é aínda superior. Polo tanto, daquela a reproducción da
sociedade contaba co colchón de seguridade dos modos de producción non capitalistas,
pero hoxe a reproducción da sociedade depende case integramente da capacidade do modo
capitalista de producción para responder a ese reto de garantir as condición de vida de case
toda a poboación. Como consecuencia diso a exclusión deste sistema implica a exclusión
social. A alternativa é a marxinalidade que en boa parte do terceiro mundo se refuxia nun
estarrecente sector informal. De aí xustamente a necesidade de poñer coto ás aventuras
irresponsábeis dos fundamentalistas neoliberais que, de chegaren lonxe demais, poden
poñer en verdadeiro perigo a coesión social, a democracia e a convivencia pacífica.

Unha terceira diferenza que me parece tamén crucial é que a pretensión hexemónica do
neoliberalismo dase nun contexto en que os factores de producción claves teñen un carácter
esencialmente social e colectivo, de xeito que o esforzo para a súa privatización é enorme e
require un forte respaldo do Estado para fixar os dereitos de propiedade. Que o
neoliberalismo emerxa xustamente ao mesmo tempo que se desplega a economía baseada
no coñecemento, na que a ciencia -producida fundamentalmente por miles de
investigadores de universidades e centros públicos de investigación de todo o mundo- é o
motor clave; que ocorra cando tecnoloxías esencialmente colectivas como as
telecomunicacións e internet ocupan o centro da vida económica e social; que ocorra cando
o espazo electromagnético é esencial; cando os factores básicos da vida (xenes, etc) pasan a
ocupar un lugar estratéxico; cando os problemas ecolóxicos adquiren unha dimensión
directamente planetaria, etc, etc. revela até que ponto a opción neoliberal de privatización
universal representa un esforzo contracorrente e mesmo contranatura.

O paradoxo sangante é que a privatización de todos eses elementos só é posíbel grazas á


regulación estatal dos dereitos de propiedade sobre eses intanxibeis e ao desplegue de todo
o poder de coerción dos estados para garantir o seu respeto. Regulación e coerción que se
desplega non só no interior de cada Estado senon tamén a nível internacional, como ben
evidencian as duras negociacións (en realidade, imposición por parte de USA e outros
países desenvolvidos) no marco da OMC dos acordos sobre comercio de servizos e dos
dereitos de patentes e propiedade intelectual. Enfin, un repaso aos avatares dos
desenvolvimentos científicos e tecnolóxicos das últimas décadas e a súa utilización pon ao
descuberto os enormes e sistemáticos esforzos realizados para crear as condicións para a
súa apropriación e explotación privada. Non é difícil darse conta até que ponto pode ser
poderosa unha aposta forte de grupos de interese para a privatización e mercantilización de
todo e até que ponto o discurso anti-estatista dos neoliberais encubre unha falacia. Esta
realidade pon ao descoberto que é o Estado, coa súa regulación, o que crea un novo
mercado. ¡Qué escasamente espontáneo é a creación dun novo mercado!, ¡cantos esforzos
para converter en mercancía os bens colectivos ou comúns!. Para esa labor os neoliberais
non renegan do estado, polo contrario, poñen aos estados ao servizo de tan xenerosa causa!.
O Estado volve ser o principal actor na creación do mercado, e en moitos casos é o único
que pode facelo, do mesmo xeito que podería facer outra cousa se a vontade política fose
noutra dirección.

Mais a diversidade persiste...

A plasmación da hexemonía neoliberal nunhas políticas que tenden a ser cada vez máis
parecidas goberne a dereita ou goberne a esquerda da terceira vía leva a algúns autores
como Andrew Glyn a falar da existencia dun auténtico “réxime político neoliberal”, que
trascende e difumina as diferencias entre as alternantes opcións de goberno. Porén, un
exame demorado do mundo evidencia unha diversidade real persistente; diversidade que
ten unha raigame en boa medida nacional. Efectivamente, compre afirmar que a hexemonía
do proxecto neoliberal e a omnipresenza do “pensamento único” non dan lugar a unha
completa uniformización dos modelos de capitalismo no mundo, nen anulan a resistencia
ou as alternativas. E iso é asi por tres razóns principais: en primeiro lugar, porque se trata
dun proxecto que, como tal, fecunda realidades económico-sociais e históricas diferentes,
cuxas diferencias se seguiran reproducindo no futuro –aínda que sexa de forma
metamorfoseada-; en segundo lugar, porque o propio proxecto neoliberal cristaliza con
matices diferentes segundo os países e os momentos, segundo os seus líderes ideolóxicos e
políticos, as combinacións parciais con outras tradicións e outros proxectos, etc. e, en
terceiro lugar, pola fortaleza e intelixencia das forzas opositoras ao neoliberalismo e a súa
capacidade para enxergar alternativas.

Polo tanto, frente ao simplismo universalista que os propios neoliberais cultivan e propagan
–como unha forma de negar a existencia de alternativas- compre afirmar que a diversidade
persiste. Sobre os trazos básicos do sistema capitalista e baixo ese mantra común persisten
configuracións socieconómicas relativamente diferenciadas segundo os países (o modelo
xaponés, o alemán, o nórdico, por poñer tres exemplos, presentan diferencias notábeis a
respeito do modelo americano ou anglosaxón convertido en canónico). A diversidade era
unha característica esencial no pasado e, aínda que posibelmente menos evidente, continúa
a sela hoxendía. Os estudos de Robert Boyer, Bent Ake Lundvall, David Soskice, Ronald
Dore, Robert Wade, Bruno Amable, Vicenç Navarro e tantos outros non deixan lugar a
dúbidas. Mesmo entre os países desenvolvidos, as diferencias de estruturas e políticas entre
algúns países europeos e os países anglosaxóns son considerábeis e non digamos a enorme
diversidade de situacións e configuracións que persiste no Terceiro Mundo, a pesares da
imposición por parte do FMI das políticas de axuste estrutural uniformizadoras.

A diversidade na configuración da actividade productiva, no sistema de innovación, na


política laboral, na política industrial, monetaria, fiscal, social, etc é algo plenamente
persistente e, ademais, xenera resultados positivos, no sentido que permiten ver que os
ritmos de crecemento económico máis intensos non se dan precisamente nos países que
aplican máis fidelmente as receitas dos economistas neoliberais. Nas últimas décadas o
forte crecemento dos países do leste asiático realizouse con políticas que en moitos
aspectos son a antítese da receita neoliberal: forte intervención pública, política industrial
estratéxica netamente dirixista, control estricto do sistema financeiro, política comercial
proteccionista nas primeiras fases, política activa de tipo de cambio, etc. O certo é que
existe un acordo entre os estudiosos á hora de afirmar que o seu éxito deriva xustamente
dese consciente rexeitamento do modelo neoliberal que pretendian impoñerlles os Estados
Unidos e as institucións internacionais. Tanto o caso xaponés primeiro, como o taiwanés e
o coreano despois ou chinés na actualidade teñen bastante pouco que ver co modelo
neoliberal (Wade, 2003). Outro tanto cabe dicir a nível europeu: o éxito económico dos
países escandinavos nas últimas décadas e o seu éxito no campo das novas tecnoloxías non
foi incompatíbel co feito de contar cun xeneroso estado do benestar e co modelo social
máis igualitario do mundo. Antes ao contrario, os estudos realizados sobre estes países
permiten comprobar que ese modelo social non só é un éxito en si mesmo, polas conquistas
sociais consolidadas, senon que contribuiu eficazmente ao crecemento económico
(Lundvall, 2002; Castells e Himanen, 2002). O desenvolvimento de novas actividades, en
particular na economía baseada no coñecemento, require individuos e sociedades ben
educadas para a producción pero tamén individuos e sociedades capacitadas para facer uso
e consumir eses novos bens e servizos e capacidade económica para acceder a eles. Todo
iso é máis fácil que ocorra en sociedades desenvolvidas e igualitarias que en sociedades en
que os problemas de pobreza, exclusión e marxinalidade afectan a unha parte importante da
poboación.

Non nos imos extender aqui nas múltiples dimensións en que se manifesta esa diversidade,
imos quedarnos tan só cun indicador clave que revela esa diversidade: o índice de
desigualdade de renda. Deixando a un lado os países do Terceiro Mundo, nos que o índice
de desigualdade é moi elevado e medrou nestas tres últimas décadas (igual que medrou a
súa distancia en xeral a respeito dos países ricos), e circunscribíndonos a exclusiva área
formada polos países da OCDE vemos que os níveis de desigualdade na distribución da
renda son moi dispares. Tomando o índice de Gini para o ano 2000, os valores oscilan entre
os países máis igualitarios como Finlandia, Noruega, Suecia, Bélxica, Alemania ou
Holanda que presentan valores que están en 0,24-0,25, frente a países como Estados Unidos
con 0,37; Reino Unido 0,34; Italia 0,33; España 0,33; Canadá 0,30... Claro está que esas
diferencias revelan un diferente mercado laboral, unha diferente dimensión e estrutura do
Estado de Benestar, unha diferente política fiscal, etc, etc. O acontecido nas últimas
décadas revela que as políticas neoliberais provocaron un aumento das desigualdades en
case todos os países (as excepcións son algúns países europeos) pero o aumento é moi
superior naqueles que actuaron como abandeirados do proxecto neoliberal17. E, por suposto,
esas diferencias nas desigualdades (e nos níveis de pobreza) teñen consecuencias sobre
todos os aspectos da vida dun país. Baste mencionar que en Estados Unidos está hoxe a
cuarta parte de toda a poboación carcelaria do mundo; 6,8 presos por cada 1.000 habitantes
(frente, por exemplo, a 0,8 por 1.000 na UE). Sen dúbida, temos aí o reflexo dunhas
desigualdades abismais e dunha xestión autoritaria desas desigualdades ou, en definitiva, a
constatación de que, como decía o economista americano Henry George hai máis dun
século, “miseria e liberdade non son compatibeis”.

O neoliberalismo periférico: ¿o neoliberalismo en Galiza ou neoliberalismo galego?

En Galiza non contamos cunha tradición liberal, a diferenza doutros países como Cataluña
ou Euskadi, debido á proverbial febleza da burguesía no noso país; certamente o conxunto
de España tampouco foi moi fértil como reflicte o predominio dunha tradición de gobernos
absolutistas e conservadores, mesmo dictatoriais, e o forte peso da Igrexa católica no
mundo das ideas (obviamente non só nel). No noso país non houbo unha producción
doctrinal singular aínda que iso non quere dicir que non houbese núcleos activos en
diferentes momentos históricos. O certo é que os reformistas en Galiza case sempre foron
críticos co modelo capitalista, xa fose desde perspectivas conservadoras ou desde
perspectivas progresistas.

Hoxe, en cambio, compre constatar a obviedade de que o neoliberalismo está entre nós e
non é algo que nos veña só -ou fundamentalmente- como algo imposto desde o exterior.
Unha visión maniquea dese tipo sería desde un certo ponto de vista reconfortante e cómoda.
Sobre todo para certas alternativas políticas irenistas que gostan de evacuar as
contradiccións internas á sociedade como ocorre coa terceira vía ou certo nacionalismo
interclasista. Pero axudaría moi pouco a comprender as bases do neoliberalismo no noso
país e, polo tanto, impediría a súa confrontación. O neoliberalismo é algo tan galego como
o é o socialismo, a socialdemocracia, o marxismo ou o catolicismo. É unha visión do
mundo e un proxecto de sociedade (aínda que sexa porque é anti-social no sentido profundo
de non recoñecer a existencia da sociedade como realidade sustantiva máis alá dunha suma
de individuos), que aqui se acopla a un pouso conservador, incipientemente democrático e
caudillista. Se os sectores sociais hexemónicos levan gobernando aqui con políticas
neoliberais desde a posta en marcha do goberno autónomo, e as suas forzas políticas
obteñen maiorías absolutas nas urnas, compre admitir que foron quen de impoñerse e
converterse en forzas hexemónicas no conxunto da sociedade. Obviamente, esa hexemonía
non é algo espontáneo e natural senon que se construe facendo uso de todos os medios e
canles para construir unha hexemonía política –medios e artes que non son nin máis nin
menos perversos aqui que no resto do mundo.

Certamente hai algo que diferenza o que ocorre aqui do que acontece nas sociedades que
configuran o centro do sistema; para empezar eses poderes sociais hexemónicos en Galiza
son actores secundarios na dinámica de fondo do sistema, non son plenamente autónomos e
poden considerarse subordinados ao capital español, europeo e transnacional. Parte deles

17
Os dados máis recentes para Estados Unidos revelan que nos tres primeiros anos do mandato G.W. Bush a
pobreza aumentou a un ritmo do 12% anual e tan só no ano 2003 apareceron 1.400.000 pobres máis.
poden resultar direitamente beneficiarios dunha lóxica de funcionamento que os sitúa
nunha posición de privilexio a nível local, como acontece co capital financeiro local, e
outros mesmo poden adoptar e asumir políticas que representan prioritariamente intereses
das fracción dominantes do capital en maior medida que os seus propios intereses. Iso,
mesmo resultando paradóxico a primeira vista, é algo perfectamente común co acontecido
nos demais países, onde o neoliberalismo é imposto primordialmente polo capital
financeiro, que domina ao capital industrial e ao comercial. Que o eixo motriz do
neoliberalismo -como administrador do pensamento e das políticas aplicadas- sexa o capital
financeiro e o capital transnacional non pode impedir que identifiquemos con nitidez as
bases propias que encontra no capital galego e as complicidades que é quen de construir na
sociedade galega até o ponto de obter un respaldo maioritario da mesma, cando menos no
plano eleitoral. Identificar iso é un prerequisito para asentar unha alternativa.

Unha alternativa ao neoliberalismo en Galiza ten que confrontar os grupos e sectores


sociais do país que o representan, o encarnan e o difunden. As suas propostas políticas
teñen ir ao encontro das daqueles e revertir as políticas que os privilexian até poñelas ao
servizo dunha reproducción coesionada da sociedade a longo prazo e devolverlle calidade
de vida e recoñecimento social aos sectores desposuidos, empobrecidos ou excluidos polas
políticas neoliberais. Ese camiño implica unha confrontación política coas bases locais do
neoliberalismo e levar a batalla de ideas ao conxunto da sociedade. Esa alternativa non o é
só porque ela se represente a si mesma como contradictoria coa lóxica neoliberal global,
coa realidade imperial do mundo; polo contrario, ten que confrontar a plasmación concreta
do neoliberalismo aqui e aos sectores sociais que aqui o representan e apoian.

Deciamos máis enriba, en liña con Bourdieu, que o neoliberalismo é “un programa de
destrucción sistemática dos colectivos”, empezando pola nación, o Estado, os sindicatos,
asociacións, grupos de traballo, etc, porque obstaculizan a lóxica do mercado puro. Nese
sentido todo nacionalismo que poda poñer obstáculos ou singularizar certos aspectos do
mercado global –aínda que só sexa obrigando a utilizar o idioma propio no etiquetado dos
productos, introducindo unha pequena ‘excepcionalidade cultural’ ou estabelecendo certas
normas específicas en canto a condicións de seguridade, hixiene, horarios laborais, certas
medidas de apoio directo ou indirecto ás pequenas e medianas empresas de base local, etc-
convertese por iso mesmo nun obstáculo á consolidación do proxecto maximalista do
neoliberalismo. Na medida en que un proxecto nacionalista conleva unha representación da
sociedade como conxunto, como totalidade, e non só na súa dimensión económica,
contribue a ultrapasar o estreito marco neoliberal. Na medida en que conleva unha
revaluación tamén dos elementos físicos do territorio tende a introducir con naturalidade
unha lóxica medioambiental que contradí a lóxica neoliberal. En todo caso, poñer coto ao
neoliberalismo esixe levantar unha batería de iniciativas nos diferentes eidos do político, o
económico e o social a nível interno do país, que necesariamente pasa polo corpo a corpo
coas forzas do neoliberalismo no interior do país.

Por outra parte, compre non caer na trampa de tomar o neoliberalismo como a única e
xenuina versión do capitalismo posíbel ou consideralo como un problema exclusivamente
vinculado á globalización ou orixinado no exterior do país, producido pola potencia
imperialista para servir de instrumento para a dominación do mundo, como se fose a ese
nível xenérico onde se lle pode e debe confrontar. Iso levaría a un tipo de crítica
esencialista e abstracta que requeriría intervencións tan radicais ou tan lonxanas (aillamento
económico, nacionalización da producción, goberno mundial...) que, como sinalan
Boltanski&Chiapello (2002), resultan irreais a curto prazo e, polo tanto, ineficaces como
crítica; máis aínda, críticas naif demais poden, indirectamente, resultar lexitimadoras do
neoliberalismo que se quere combater. Afrontar cada problema concreto como unha batalla
contra “o sistema”, como se fose causado directamente pola lóxica profunda do sistema ou
teledirixido polas forzas que pilotan o sistema a nível mundial, só pode conducir á
impotencia e ao desánimo. Diante dunha loita tan desigual a tentación de “aceptar” a orde
de cousas existentes aparece como algo natural. Cando as cousas se plantexan así é fácil
que se perda a capacidade para ofrecer solucións inspiradas por unha liña alternativa.
Agardando “A Solución”, paralízase o desenvolvimento da capacidade para buscar
“solucións”, que rompan a lóxica neoliberal ou mesmo a lóxica profunda do sistema, e pode
mesmo acabar crendose que as únicas solucións son as dos heraldos do sistema, que
propoñen solucións máis xenuinas e acordes coa súa lóxica profunda. Por paradóxico que
pareza o paso dun “anti-sistemismo primario” a unha rendición práctica a un realismo
tamén primario é máis fácil do que parece: “...éche o que hai!”. É o resultado dunha falta de
elaboración e maduración real das alternativas, de inseguridade sobre a plausibilidade das
propias metas e valores. Esa é a fraqueza que os neoliberais alimentan coa súa arrogancia e
abafante impostura. En momentos dunha febril agresividade de propostas rupturistas por
parte dos neoliberais, como son os tempos que vivimos, o máis díficil é propoñer en cada
caso solucións viábeis que vaian nunha dirección que aponte ao horizonte da alternativa,
mesmo sen acadala pero dando pasos para vela máis cerca. Esa capacidade aparentemente
modesta pode resultar, neste contexto, auténticamente revolucionaria. Ou, cando menos,
pode aspirar a ser quen de impedir que os que pretenden regresións reaccionarias non o
consigan.

Como deciamos máis enriba, o neoliberalismo ou fundamentalismo capitalista propugna un


modelo económico-social regresivo que se manifesta en todos os ámbitos da vida social,
económica e política. No noso caso o neoliberalismo prende ou acóplase a un magma
conservador no político e moralmente sincrético, aspectos nos que aqui non entraremos.
Nas páxinas deste libro recollo sobre todo reflexións sobre diferentes aspectos do campo
económico: desde a dinámica económica recente, o emprego ou a posición en Europa até as
políticas de privatizacións, as medioambientais, as laborais, as educativas, as
infraestruturas, a integración europea... Asuntos tan dramáticos como os incendios
forestais, o Prestige, as desigualdades, a privatización das empresas e servizos públicos, a
desvinculación banca-industria, o paro ou perda de poder adquisitivo dos salarios son
abordados como manifestacións concretas das políticas neoliberais implementadas no noso
país.

Algunhas referencias bibliográficas:

Boltanski, L. & Luc Chiapello (2002), El nuevo espiritu del capitalismo, Madrid, Akal.
Boron, A.A. (2003), Imperio e Imperialismo, Barcelona, El Viejo Topo.
Boyer, R (1986), A théorie de la régulation. Une approche critique, Paris, La Découverte.
Boyer, R. & D. Drache (1996), Estados contra mercados. Os limites da globalizaçao,
Lisboa, Instituto Piaget.
Bourdieu, P. (1998), “L’essence du néolibéralisme”, Le Monde Diplomatique, marzo.
Callinicos, A. (2003), Igualdad, Madrid, Siglo XXI.
Castells, M.E P.Himanen (2002), El Estado del Bienestar y la sociedad de la información,
Madrid, Alianza Editorial.
Finkielkraut, A. (1982), La nueva derecha norteamericana, Barcelona, Anagrama.
Gamble, A. (2003), Política y destino, Madrid, Siglo XXI.
George, H. (1963)[1880], Progeso y miseria, Fondo de Cultura Económica.
Giddens, A. (1997), Para além da esquerda e da dereita, Oeiras, Celta editora.
Hardt, M. & T. Negri (2002), Imperio, Paidós.
Harvey, D. (2003), El nuevo imperialismo, Madrid, Akal.
Hayek, F. von (1983), La desnacionalización del dinero, Barcelona, Planeta-Agostini
Hodgson, G:M. (1999), Economics and utopia, London, Routledge.
Jessop, B. (2002), The future of the capitalist state, Cambridge, Polity.
Kagan, R.(2003), Poder y debilidad, Madrid, Taurus.
Keynes, JM (1972)[1926], The end of laissez faire, in The collected writing of John
Maynard Keynes, vol X, The Royal Economic Society.
Krugman, P. (2003), The great unraveling,
Lundvall, B.A. (2002), Innovation, Institutions and social cohesion, London, E.Elgar.
Maddison, A. (1986), Las fases del desarrollo capitalista, México, FCE.
Mandeville, B. de (1982)[1714], Fábula de las abejas o los vicios privados hacen la
prosperidad pública. México. Fondo de Cultura Económica.
Marx, K.[ 1867], O capital, Rio de Janeiro, Editora Civiliçao Brasileira.
Mishra, R. (1992), El Estado del Bienestar en crisis, Madrid, Ministerio de Trabajo.
Montes, P. (1996), El desorden neoliberal, Madrid, Trotta.
Navarro, V. (2000), Globalización económica, Poder Político y Estado del Bienestar,
Barcelona, Ariel.
Navarro, V. (1997), Neoliberalismo y Estado del Bienestar, Barcelona, Ariel.
Palloix, C. (1996), Societé &économie ou Les marchands & l’industrie, Paris, L’Harmatan.
Peña Novo, L. (1925), “Conferencia en el día del ahorro”, in Lois Peña Novo. Obra
completa, edición de JG Beramendi &M. Roca, Servicio de Publicacións da USC, 1995.
Peña Novo, L. (1929), “Estructura económica del mundo moderno”, in Lois Peña Novo.
Obra completa, edición de JG Beramendi &M. Roca, Servicio de Publicacións da USC,
1995.
Polanyi, K. (1992) [1944], La gran transformación. Los orígenes políticos y económicos de
nuestro tiempo, México, FCE.
Schumpeter J.A. (1988)[1942], Capitalismo, socialismo y democracia, Orbis.
Smith, A. (1987 )[1776], La riqueza de las naciones, México, Fondo de CulturaEconómica.
Stuart Mill, J. (1991), Sobre la libertad y otros escritos, Madrid, Servicio Pub Ministerio de
Trabajo.
Vence, X. & J.S. Metcalfe (eds) (1996), Wealth from diversity, Kluwer Academic Press.
Wade, R.H. (2003), “The invisible hand of the american empire”, Ethics & International
Affairs, vol 17, n. 2. pp 77-88.
Wade, R.H. (2003), Governing the market, Princeton University Press. 2 edtion.
AS DESIGUALDADES: O TENDÓN DE AQUILES NEOLIBERAL

A desigualdade global: as desigualdades de renda territoriais e persoais

Nos últimos anos da distribución da renda a nível mundial fíxose máis desigual, tanto
porque aumentaron as desigualdade entre países como polo seu aumento dentro de cada
país, traducíndose nun aumento da desigualdade global, como mostran os estudos de Tony
Atkinson (2003), James Galbraith e Pedro Conceiçao (2001), Robert Wade (2004) ou Bob
Sutcliffe (2002).

Algúns estudos realizados polo Banco Mundial ou por autores neoliberais como Xavier
Sala i Martin ou Forbes non teñen reparos en retorcer os dados para poder afirmar que a
desigualdade global se reduce grazas ao proceso de globalización 18 . Claro está que os
resultados poden variar en función do método que se adopte para medilas, do indicador que
se utilice, dos países que se seleccionen (en particular a inclusión ou exclusión de China fai
variar bastante os resultados), de si se toma en conta o tamaño do país ou non, do período
considerado, de si se condideran os ingresos en dolares ou en paridades de poder de
compra, etc. Pois ben, das distintas opcións posíbeis Robert Wade considera 8 medidas de
desigualdade e obtén que para 7 delas, aínda que en diferente grao, os datos amosan un
incremento da desigualdade a nível mundial. A única que ofrece un resultado diferente sería
o coeficiente de Gini considerando os países ponderados pola súa poboación e utilizando
paridades de poder adquisitivo, que mostraría unha certa estabilidade na distribución do
ingreso. Este é ao que se agarran o Banco Mundial, Sala i Martin e outros militantes
neoliberais para proclamar que as desigualdades no mundo estan reducíndose. ¿Cál é ou
cais son as eivas deste procedimento?. Son diversas pero hai algunhas que invalidan a
confianza do resultado:
a. a primeira é que ese resultado só se obtén cando o PIB dos países se mide en
paridades de poder adquisitivo (PPA), cando é ben sabido que a conversión da
unidade monetaria a PPA ten o efecto de aumentar de xeito ficticio PIB dos países
pobres (en maior medida canto máis pobre sexa, pe.e no caso da India multiplicao por
catro) e reduce de xeito tamén ficticio o PIB dos países ricos (en maior medida canto
máis rico sexa); polo tanto, esa “simple” operación estatística 19 ten o efecto de
amortecer artificialmente as desigualdades entre países ricos e pobres;
b. a inclusión de China, ponderada polo seu enorme peso poblacional, é outro factor
clave para producir aquel resultado, polo seu alto ritmo de crecemento xusto desde os
anos oitenta, que contrarresta o ocorrido nos países africanos e latinoamericanos; o
problema neste caso é que, máis alá de deficiencias estatísticas, ter que botar man de
China para defender a globalización resulta ser o argumento máis falaz e fraudulento
de todos os posíbeis, sabendo que tanto pola natureza do modelo chinés como polo
feito de que se por algo se caracterizou foi por non seguir os consellos da OMC, do
FMI e do Banco Mundial, enfrentandose a eles de xeito continuo até o ponto de que

18
Dese tipo de estudos faise eco, por exemplo, Guillermo de la Dehesa (2003).
19
Esta operación ten sentido económico para algunhas cousas como por exemplo cando o que nos interesa é
exclusivamente a capacidade de consumo de bens producidos no interior do país (cortar o pelo, alimentos
locais, etc) ; pero perde todo sentido para o resto dos fluxos internacionais: as tecnoloxías, os bens de capital,
as medicinas, os automóveis, o petróleo, etc non se compran en PPA senon en dolares. O mesmo ocorre cos
créditos e a débeda externa, que deben ser pagados en dolares e non en PPA.
apenas acaba de incorporarse á OMC no último ano. Por outra parte de incluir a China
necesariamente hai que tomar en conta o espectacular aumento das desigualdades –
rexionais e sociais- dentro dese país;
c. os índices habitualmente utilizados para medir a evolución das desigualdades
expresan variacións nas posicións relativas que poden ofrecer a imaxe dunha
aproximación relativa mesmo en caso en que as distancias de renda en termos
absolutos aumentan de xeito moi importante.

O empeño, aparentemente en van, dos neoliberais en demostrar que as desigualdades no


mundo non aumentaron senon que diminuiron ten un obxectivo claro: lexitimar as políticas
de globalización neoliberal impulsadas polo G-7 e as organizacións mundiais tais como o
FMI, a OMC e o Banco Mundial e as políticas implementadas por boa parte dos gobernos
nos ultimos 20 anos. Aos neoliberais parece non poñerlles medo que toda a evidencia
empírica mostre o contrario do que eles predican; se a realidade non se amolda á súa
doctrina, tanto pior para a realidade. Reconstruese e xa está!.

En canto ás causas que explican ese aumento da desigualdade global está claro que pode
haber unha multiplicidade de factores, pero seguindo a Robert Wade poderiamos destacar
catro principais: por un lado, o maior crecemento da poboación dos países máis pobres a
respeito á dos máis ricos e por outro tres factores ligados ao proceso de globalización
neoliberal: a. a forte caída nos prezos das mercancias non petrolíferas entre os anos oitenta
e os noventa, o que perxudica especialmente ás zonas menos desenvolvidas; b. os países en
vías de desenvolvimento que abriron e liberalizaron os seus sistemas financieros
endebedándose fortemente, correndo ademais o risco -que acabou sendo real- dunha crise
financieira; c. o cambio tecnolóxico favoreceu a concentración do investimento e das
actividades de alto valor engadido nas zonas ricas do planeta en vez de asentarse nos países
menos desenvolvidos20.

A terca realidade parece mostrar que non é coa indiscriminada liberalización comercial, con
políticas fiscais moi xenerosas para o capital extranxeiro, etc. como se conseguen taxas de
crecemento económico elevadas nos países pobres. O feito de que a distribución mundial
do ingreso non se volvera máis igual nos ultimos 20 anos, senón todo o contrario,
proporciona evidencia empírica en contra do discurso da “converxencia” en base ao libre
xogo dos mercados.

Por outra parte, o que poñen en evidencia practicamente todos os estudos, mesmo dos
neoliberais, é que dentro dos países está habendo tamén un aumento das desigualdades de
renda entre os individuos ao longo destes últimos vinte anos, coa excepción dalgúns países
europeos. Todos os países do Terceiro Mundo, incluindo os que experimentaron un
crecemento económico importante, sufriron un aumento moi importante das desigualdades

20
Os neoliberais, para defender as políticas de recortes salariais, botan mán do argumento de que as empresas
se fugan cara os países de costes laborais moito máis baixos. Os dados mostran que iso non é verdade, polo
menos de forma xeral, nen por sectores nen por países. A localización do investimento está moito máis guiada
por outros factores como, segundo os casos, a proximidade do mercado, as externalidades, o peso do
coñecemento tácito, a forte conexión que existe entre as actividades de alto valor engadido, a disponibilidade
de persoal apropiado, a importancia de certas infraestruturas tecnolóxicas, a confianza, estabilidade,
seguranza, etc.
internas, tanto rexionais como persoais. Iso é particularmente intenso nos países que
levaron a cabo procesos de liberalización, desregulación e privatización radicais, baixo a
guia do Fondo Monetario Internacional ou por imposición dos programas de “axuste
estrutural” deseñados por esta institución. Os estudos da CEPAL para diferentes países de
América Latina amosan un fortísimo aumento das desigualdades e a pobreza desde
principios dos oitenta, moi superior por certo aos que recoñece o Banco Mundial.

Unha terceira dimensión das desigualdades é a relativa ás disparidades rexionais. É unha


realidade constrastada que nas últimas décadas se produciu un aumento desas disparidades
na maior parte dos países do mundo. Hai unha pluralidade de causas entre as que ocupan un
lugar destacado os cambios sectoriais e organizativos nas actividades productivas, o
abandono das políticas industriais e rexionais fortes e tamén o proceso de globalización e
liberalización comercial. Merece a pena destacar que xa hai algúns estudos que evidencian
a estreita relación existente entre a liberalización comercial e o aumento das disparidades
rexionais internas en case todos os países, pero sobre todo nos do terceiro mundo. Iso
tradúcese nun modelo xeográfico absolutamente polarizado onde tan só unha ou dúas
rexións deses países –en moitos casos a capital e algunha outra- concentran o groso da
actividade industrial e de servizos do país e, en especial, as actividades vencelladas aos
mercados externos (Rodríguez Pose, 2004). Conducindo asi a unha forte desarticulación
interna da economía de cada país: unhas áreas moi globalizadas máis enganchadas á
economía mundial pero cada vez máis desconectadas co resto da economía do país. Iso
produce un alargamento da fenda entre esas áreas e o resto do país en termos de renda (e
tamén de intereses); a nível global esa tendencia contribue a configurar o que Pierre Veltz
denominou unha economía en archipélago.

Outro aspecto que poñen de manifesto case todos os estudos independentes é o nefasto
papel das organizacións supranacionais á hora de corrixir esa tendencia das desigualdades;
a pesar da súa retórica, os dados amosan que éstas están ao servizo dos países
desenvolvidos polo que os seus esforzos se concentran na defensa dos intereses das nacións
prósperas e poderosas do G7 máis que en conseguir unha verdadeira reducción das
importantes desigualdades existentes no nível de vida entre as distintas zonas. Por suposto,
a coesión social deses países está completamente ausente da preocupación desas
organización internacionais.

O que podemos plantexarnos a continuación é en que medida o proxecto neoliberal


responde ao obxectivo de favorecer os países ricos a costas dos países do terceiro mundo ou
se, ao mesmo tempo, as políticas levadas a cabo favorecen a determinados sectores sociais
frente a outros dentro dos propios países ricos. Imos ver a continuación que é o que pasa
nos países da OCDE e nos países da UE en particular.

A evolución da desigualdade persoal de renda nos países desenvolvidos

¿Cál é a tendencia da desigualdade de renda nos países da OCDE?. Os estudos realizados


no marco do proxecto Luxembourg Income Study (LIS) ou os de reputados expertos como
Tony Atkinson (2003), James Galbraith (2001) ou Patrick Moran (2004) etc. mostran que
hai unha tendencia bastante xeneralizada cara a un aumento das desigualdades neste
conxunto de países entre os anos setenta e o 2000; pero, sen embargo, seguen observándose
níveis de desigualdade moi dispares e mesmo tendencias relativamente diversas. Isto fai
pensar que, mesmo sobre un fondo común ao aumento das desigualdades desde os anos
setenta, non existe converxencia nos níveis de desigualdade dos diferentes países senon que
persiten traxectorias moi diversas país a país, reflexo de modelos sociais e de políticas
públicas bastante diferentes.

Case todos os estudos coinciden en amosar a existencia de diferentes modelos:


escandinavo, continental, meridional, anglosaxón e outros:
a. escandinavo (Suecia, Noruega, Finlandia e Dinamarca): con níveis moi reducidos de
desigualdade, aínda que nos anos noventa experimentaron un certo aumento (que non
impide que segan a ser os máis igualitarios)
b. continental (Francia; Bélxica, Holanda, Alemania, Austria, etc): con níveis de
desigualdade medio-baixo e relativamente estábel ao longo deste período.
c. meridional (Italia, España, Portugal, Grecia): con índices de desigualdade medio altos
ou altos, con tendencia á estabilización ou diminución. Os tres últimos países chegaran
a mediados dos setenta con reximes dictatoriais que apenas desenvolveran o estado do
benestar.
d. anglosaxón (USA, Reino Unido, Australia, Nova Zelanda ): índices elevados de
desigualdade e cun forte aumento nos últimos vinte anos.
e. Outros: Xapón, Canadá, México, Checoslovaquia...

Posíbeis causas do incremento da desigualdade nos países desenvolvidos

En canto ás causas que explican ese incremento da desigualdade nos países desenvolvidos,
os estudos realizados destacan fundamentalmente as seguintes:
a. a dinámica do mercado de traballo, xa que incide sobre as rendas da maior parte dos
individuos, tendo en conta que o nível de asalarización está normalmente por riba do 70%
nestes países. Segundo algúns autores as diferencias entre a oferta e a demanda da
cualificación fai que evolucionen a ritmos moi desiguais os salarios de aquelas
cualificacións nas que hai escasez de man de obra. Pero a razón máis importante parece
estar nos cambios na regulación do mercado laboral e nas institucións asociadas a eles:
reducción ou mesmo supresión do salario mínimo, precarización dos contratos,
desindicalización, reducción da capacidade negociadora, individualización da relación
salarial. Todo iso produce unha gran segmentatión entre os traballadores (contratados
fixos/temporais, homes/mulleres, adultos/novos, etc). Isto vese en todos os países pero de
xeito moi especial no caso de EEUU, Reino Unido e Estado Español. Ao deterioro da
cola baixa dos salarios súmase tamén un aumento espectacular da remuneración da
cúpide da pirámide dos asalariados (os postos directivos), que contribue a agrandar a
fenda.
b. Algúns autores atribuen o aumento das desigualdades á difusión das novas tecnoloxías.
Porén, non se observa que eses dous fenómenos se produzan de xeito coincidente no
tempo nen tampouco por sectores. Todo parece indicar que non son as novas tecnoloxías
en si mesmas as que aumentan as desigualdades, outra cousa é que a súa difusión fose
acompañada dun aumento dos níveis de paro, dunha “flexibilización” do mercado de
traballo e dunha ruptura parcial dos mecanismos de negociación colectiva de tal xeito que
se producise unha crecente diferenciación salarial entre o persoal que conta con
cualificacións nas novas tecnoloxías, en principio máis escasos, e o resto.
c. Outra das posíbeis explicacións serían as maiores taxas de retorno das rendas do capital
(beneficios e dividendos), co particularidade de que éstas están negativamente
correlacionadas coas do traballo. No mesmo pacote habería que incluir as elevadas
remuneracións dos altos directivos, que veñen aumentando de xeito escandaloso nos
últimos lustros (beneficiandose ademais dun tratamento fiscal que ronda a obscenidade
como ocorre no caso das chamadas stock options ou certos pagos en especie).

d. O Estado pode influir sobre a distribución final do ingreso de moi diversas maneiras,
como por exemplo a través da regulación do mercado de traballo, arrecadando impostos e
transferindo renda duns níveis a outros e proporcionando bens públicos universais tais
como a sanidade, a educación e a vivenda. O problema está xustamente en que nas
últimas décadas as políticas neoliberais defenden a desregulación do mercado de traballo,
a reducción da función redistribuidora e de todo tipo de prestacións. De feito, un estudo
minucioso de Atkinson para o caso do Reino Unido mostrou que un considerábel
aumento das desigualdades de renda coincidiu con importantes recortes nas prestacións
da seguridade social e cunha reducción no grao de progresividade do imposto persoal
sobre a renda. De forma xeral, as reformas fiscais introducidas nos anos noventa tiveron
unha orientación netamente regresiva sobre a distribución da renda: reducíronse os
impostos de sociedades; reduciuse o imposto sobre o patrimonio e a herdanza, como fixo
o goberno español en 2003; nalgúns países onde existía eliminouse o imposto sobre as
grandes fortunas, como foi o caso dos Estado Unidos baixo o goberno Bush, e noutros xa
non existe como é o noso caso; no imposto da renda tamén se impuxo unha vaga de
reduccións –na reforma española do 1999 reduciuse o tipo marxinal e aumentaron os
mínimos exentos, o que beneficia sobre todo ás rendas altas21; aumentáronse os impostos
indirectos (IVA, carburantes, alcool, tabaco, etc), que son moi regresivos; e, sobre todo,
proliferaron as vías de evasión fiscal con “figuras” fiscais destinadas aos máis ricos
(“primas únicas”, stock options, etc) e, sobre todo, os paraísos fiscais...
e. Unha causa importante do aumento das desigualdades é o espectacular aumento das
rendas da selecta minoría das grandes fortunas. O que revelan algúns estudios recentes
para diversos países como Estados Unidos, Reino Unido ou Canadá é un forte aumento
da parte da renda total percibida polas grandes fortunas (o 1% máis rico), que nalgúns
destes países chega a percibir o 40% da renda da decila máis rica. Dito sexa de paso,
España é dos países nos que parece ter habido unha imporante eclosión de grandes
fortunas nos últimos vinte anos, como reflicte por exemplo a listaxe das grandes fortunas
que anualmente elabora a revista de negocios Fortune.

Polo tanto, existe unha coincidencia xeral de todos os estudos en concluir que nos últimos
vinte anos se experimentou unha tendencia á alza das desigualdades no interior dos países,
incluíndo o caso dos desenvolvidos (coa única excepción de algúns países europeos); no
que respecta a súa evolución entre países a maior parte dos estudos tamén amosan un
aumento das desigualdades, aínda que neste caso existe un menor consenso, en parte debido
ás deficiencias e menor calidade dos dados e en parte debido á teimosía dos liberais máis

21
Un dos trucos típicos para lexitimar socialmente esas reformas é deseñalas de tal forma que sexan poucos
os que vexan aumentar os seus impostos directos (para poder dicir “ninguén perde!”) pero en cambio haberá
contribuintes que ven reducir a súa factura fiscal. ¿Quén son?. Eses beneficiarios directos son sempre, con
estas reformas, as rendas máis altas.
conspicuos en tratar de presentar un panorama favorábel á globalización. A conclusión
xeral é que o período de emerxencia das políticas neoliberais e de liberalización comercial
conlevou un aumento da desigualdade mundial, acadando níveis moi superiores aos que se
tiñan producido nos anos cincuenta ou sesenta. Os dados parecen mostrar con claridade que
se trata dun proxecto político que acentúa as desigualdades tanto entre países como dentro
dos países.

¿Por que ten que preocuparnos a desigualdade?

As desigualdades económicas son un problema central dunha sociedade, non só por razóns
morais senon tamén por razóns sociais, políticas e económicas. Obviamente a desigualdade
sempre é un problema para os que ocupan unha posición inferior. Pero para o conxunto
social tampouco é indiferente. A coesión social é positiva en si mesma, porque lle da
estabilidade a sociedade e iso é especialmente importante para o funcionamento dunha
sociedade democrática, para que a liberdade non sexa unha quimera.

Pero a desigualdade tamén ten consecuencias para a dinámica económica e é sobre iso que
nós queremos incidir aqui. Por un lado, as desigualdades son o resultado dun determinado
patrón de funcionamento do sistema económico capitalista, como mostraron xa os
economistas clásicos, Marx e moitos outros despois deles e, sobre todo, como a evidencia
empírica se encarga de amosarnos até o dia de hoxe. As desigualdades non son o resultado
da falla de progreso económico senon dunha determinada forma de organizalo. Xa o decía
o economista americano Henry George na súa obra Progreso e Miseria, escrita en 1880, en
pleno apoxeo do liberalismo económico: “a asociación entre desigualdade e progreso é o
grande enigma do noso tempo”. Desafortunadamente ese segue a ser o grande enigma aínda
hoxe, sobre todo desde un ponto de vista práctico.

Pero, por outro lado, o nível de desigualdade incide sobre o funcionamento dese sistema
económico e, polo tanto, sobre o crecemento económico. Non é indiferente. É certo que non
hai unanimidade entre os economistas sobre cal é a forma concreta desa relación. ¿É máis
eficiente o crecemento con equidade ou o crecemento sen equidade?. Os neoclásicos e
neoliberais tenden a concluir que as desigualdades favorecen o crecemento económico, e
ese tendeu a ser o pensamento dominante entre os economistas, desde a maioría dos
clásicos a Milton Friedman pasando por Keynes ou Kaldor. Okun chegou mesmo a
formular como teorema a existencia dun trade-off entre eficiencia e equidade, que
vulgarmente se traduce na idea de que os políticos poden optar entre aumentar a torta ou
ben redistribuir unha torta máis pequena máis equitativamente, pero non é posíbel ter as
dúas cousas ao mesmo tempo. A razón fundamental para a maioría deles é que os ricos
teñen unha taxa de aforro superior aos pobres, o que se traduciría nun maior ritmo de
investimento e, en consecuencia, de crecemento económico. Tamén os economistas críticos
estiveron tentados a aceptar esa conclusión na medida en que viña a darlles a razón na idea
de que o capitalismo conleva necesariamente un aumento das desigualdades e que o ritmo
da acumulación de capital tenderá a ser maior canto maior sexa a taxa de explotación.
Frente a ese “consenso dialéctico”, algúns traballos, como os de Kuznets nos anos
cincuenta, cuestionaban parcialmente ese plantexamento ao encontrar que as desigualdades
son menores canto máis desenvolvida é unha sociedade22 e, sobre todo, un amplo número
de estudos realizados na última década mostran que, en termos xerais, un nível moi elevado
de desigualdade frea ou mesmo impide o crecemento económico, entanto que as taxas de
crecemento económico tenden a ser altas alí onde as desigualdades son menores. En todo
caso está claro que é un problema importante e que temos que poñer en cuarentena os
discursos neoliberais que tratan de convencernos de que si queremos que as nosas
economías crezan temos que aceptar que as desigualdades aumenten.

A maioría das investigacións que intentaron estudar como afectan as desigualdades na


distribución da renda ao crecemento económico encontraron unha relación negativa entre
as dúas variabeis: Alesina e Rodrik (1994), Perotti (1994, 1996), Persson e Tabellini
(1994), Alesina & Perotti (1996), Benabou (1996), Deninger e Squire (1998), Sylwester
(2000), Milanovic (2002), Rehme (2002), Cornia (2003), Leoni & Pollan (2003). Todos
eles23 amosan que as desigualdades frean o crecemento económico.

Algúns deses traballos ademais de contrastar estatisticamente que existe esa conexión
negativa entre a desigualdade inicial e o crecemento, exemplifícano co estudo comparativo
de diferentes países ou áreas xeográficas. Benabou compara o caso de Filipinas e Corea do
Sur, que nos anos 60 partían de situacións semellantes en moitos aspectos pero moi
diferentes na distribución da renda (moito máis desigual na primeira que na segunda) e,
mentres que no último cuarto do século pasado Corea do Sur experimentou un milagroso
crecemento, Filipinas mantívose relativamente estancada. Obviamente, outros factores
axudan a explicar o resultado pero a desigual distribución da renda xoga o seu papel.
Alesina e Rodrick tamén mostran que aqueles países que levaron a cabo unha reforma da
propiedade da terra despois da II Guerra Mundial, e polo tanto reduciron a desigualdade na
súa propiedade, terían experimentado un maior crecemento a respeito de aqueles que non a
fixeron. Este factor axudaría a explicar o contraste entre a exitosa experiencia de varios
países asiáticos, como Xapón, Corea do Sur ou Taiwan frente á mediocre evolución de
Latinoamérica no mesmo período.

Entre as razóns que explican esa relación negativa entre desigualdades e crecemento están
algunhas que teñen que ver coa demanda, coa educación e coa incidencia das políticas
públicas. En primeiro lugar, existe bastante evidencia de que unha maior desigualdade
conduce a unha menor demanda de consumo, que á súa vez incide de forma negativa sobre
o investimento ao reducir a taxa de beneficios, a taxa de utilización da capacidade
productiva e a productividade. En segundo lugar, Perotti e Deninger&Squire, entre outros,
sinalan que a riqueza inicial dos individuos é un determinante importante da cantidade que
teñen para investir en capital humano (p.e., educación) e físico (p.e., vivenda), polo tanto,

22
Kuznets encontrou que había unha relación en forma de ∩ entre o nível de desenvolvimento e índice de
desigualdades, relación que acabou chamándoselle “curva de Kuznets”. O problema é que esa relación tendeu
a interpretarse de xeito mecánico, esquecendo que esa asociación progresiva tiña moito que ver coa secuencia
histórica dos modelos socias e das políticas implementadas en cada período, estando a posguerra caracterizada
por políticas redistributivas e reductoras das desigualdades; de feito, a partir dos anos setenta, co ataque ao
modelo laboral fordista e ao welfare state por parte das políticas neoliberais, as desigualdades volveron
remontar en boa parte dos países desenvolvidos.
23
Tamén é certo que hai algún autor como Forbes (2000) ou Kenworthy (2003) que sinalan que a relación
negativa entre as dúas variábeis non é tan forte nin tan clara.
cando unha parte importante da poboación ten dificuldades para financiar eses
investimentos, ben sexa directamente ben sexa vía créditos, o crecemento económico
tenderá a ser menor; en cambio, unha distribución máis igual da renda implica que os
individuos terán máis recursos para investir. En terceiro lugar, o papel do gasto público –
normalmente redistributivo- é en xeral positivo para aumentar a demanda de consumo e de
investimento, de xeito que tende a reducir as desigualdades e a acelerar o crecemento ao
mesmo tempo, como amosan p.e. os resultados de Benabou. En cuarto lugar, existe relativo
consenso en que a existencia de desigualdades extremas que conducen a unha grande
conflictividade social e inestabilidade política non favorecen o crecemento económico.

En definitiva, podemos concluir que desde que empezaron a xeneralizarse as políticas


neoliberais as desigualdades aumentaron entre os individuos (ou familias) dentro da
maioría dos países, entre rexións e entre países. Podemos dicir tamén que ese aumento das
desigualdades é negativo porque revela un empioramento relativo das condicións de vida de
grandes masas de poboación pero tamén porque se traduce nun freo ao crecemento
económico do conxunto. O discurso neoliberal de que temos que aceptar maiores
desigualdades (de salarios, de rendas) para poder impulsar a economía (e criar emprego)
non se apoia nos feitos. Á vista dos dados todo parece indicar que os que proclaman a
insostenibilidade do mal chamado modelo social europeo non se molestan en contrastar os
seus argumentos coas estatísticas senon que o que fan é proclamar o seu proxecto político,
que representa os intereses dunha minoría que si se beneficia. Como son moitos e con
grandes altofalantes pudera parecer que a realidade lles da a razón. Polo contrario, hai
poderosas razóns e feitos contrastados que militan en favor de políticas de maior
redistribución e igualdade como vía de impulsar ao mesmo tempo o crecemento das
economías, criar emprego e mellorar as condicións de vida dunha boa parte da poboación.

Bibliografía:

Alesina, A.; Rodrick, D. (1994), “Distributive politics and economic growth”, Quaterly
Journal of Economics.
Atkinson, A.B. (2003): “Convergencia en la desigualdad de la renta en países de la OCDE”.
CLM Economía, nº2, pp. 79-94.
Atkinson, A.B.; Bourguignon, F (2000): “Introduction: Income distribution and economics”
en Atkinson y Bourguignon: Handbook of income distribution, Elsevier, vol. 1, pp. 1-53.
Bénabou, R. (1996): “Inequality and growth”. NBER Macro Annual.
Bénabou, R. (1996): “Unequal societies”. NBER Working Paper Series, nº5583.
Cornia, A. (2003), Inequality, growth and poverty in the era of liberalization and
globalization, UNU/WIDER.
Conceição, P.; Galbraith J. K. (2001): “Toward a new Kuznets hypothesis: Theory and
evidence on grothw and inequality” en J. K. Galbraith y M. Berner (ed.): Inequality &
industrial change. Cambridge University Press, pp.139-160.
De la Dehesa, G. (2003), Globalización, desigualdad y desarrollo, Madrid, Alianza Ed.
Deininger K.; Squire L. (1998): “New ways of looking at the old issues: Inequality and
growth”. Journal of Development Economics, nº 57, pp. 259-287.
Forbes, K. J.(2000): “Relationship between inequality and growth”. The American
Economic Review, nº90-4, pp. 869-887.
Kenworthy, L. (2003): “An equality-growth trade off?”. Luxembourg Income Study,
Working Paper nº362.
Leoni, T. & W. Pollan (2003), “The impact of inequality on economic growth”, WIFO wp.
Milanovic, B. (2002), “The world income distribution, 1988 and 1993: First calculation
based on household surveys alone”, Economic Journal 112 (476), pp. 51-92.
Moran, T.P. (2004), “Bootstrapping the LIS: Statistical Inference and Patterns of Inequality
in the global North”, LIS working paper.
Perotti, R.(1994): “Income distribution and investiment”. European Economic Review,
nº38, pp. 827-835.
Persson, T.; Tabellini, G. (1996), ”Is inequality harmful for growth?”. American Economic
Review, vol. 84, nº3, pp. 600-621
Rodríguez Pose, A. (2004), “How does trade affect regional inequalities?“, LSE working
paper. Curso “As desigualdades nun mundo neoliberal”, UIMP-Pontevedra, setembro 2004.
Sala i Martin, X. (2002), “The disturbing ‘rise’ in global income inequality”, NBER wp.
Sutcliffe, B. (2003), “A more or less unequal world”, Hegoa working paper.
Sylwester, K. (2000): “Income inequality, education expenditures and growth”. Journal of
Development Economics, nº63, pp. 379-398.
Wade, R.H. (2004), “Is globalization reducing poverty and inequality?”, World
Development, vol 32, n. 4. pp 567-589.

Táboa 1.Desigualdades de renda por países en 1980, 1990 e 2000. Índice de Gini.
1980 1990 2000
UK 0,27 0,34 0,34
USA 0,30 0,34 0,37
Australia 0,28 0,30 0,31
Irlanda 0,32 0,32
Alemania 0,24 0,25 0,25
Francia 0,29 0,29 0,29
Holanda 0,26 0,27 0,26
Canadá 0,28 0,28 0,30
España 0,32 0,30 0,30
Suiza 0,32 0,31
Dinamarca 0,24
Italia 0,29 0,33
Bélxica 0,23 0,25
Luxemburgo 0,24 0,26
Austria 0,23 0,27
Suecia 0,20 0,23 0,25
Noruega 0,22 0,23 0,25
Finlandia 0,21 0,25
Polonia 0,27 0,29
Rusia 0,39 0,43
Eslovaquia 0,19 0,24
R. Checa 0,20 0,26
México 0,45 0,47 0,48
Taiwan 0,27 0,27 0,28
Media 0,28 0,28 0,30
Índice de Gini calculado en base renda neta disponíbel dos fogares.(I. Gini varía entre 0-1)
Fonte: Moran (LIS).
AS DESIGUALDADES REXIONAIS EN EUROPA: ¿SON AS REXIÓNS POBRES
AS BENEFICIARIAS DA UNIÓN EUROPEA?*

Un debate trucado

Nos últimos meses estase negociando a nível da Unión Europea a chamada Agenda 2000
que traduce en termos presupostarios as actuacións previstas da Comisión Europea para o
septenio 2000-2006. Ademais da importancia que ten polo feito de delimitar a orientación e
o montante financeiro das diferentes políticas da Comisión Europea para un período longo,
ten un interese especial por ser a primeira programación que se fai co proceso de
integración prácticamente culminado, coa constitución da Unión Monetaria e a creación do
Euro. De algunha forma podería dicirse que neste lance mostrarase o que da de si o modelo
de Unión Europea recollido no Tratado de Maastricht e no Tratado de Amsterdam.

A pesares de que son moi variados os asuntos tratados nesta grande negociación entre os
Estados, desde a política agrícola, a política de I+D, emprego, crecemento, condicións de
vida, até a reforma institucional, a ampliación cara o Leste, pasando polos Fondos
Estruturais e de Cohesión, o certo é que os temas estrela son a política agraria e os Fondos
Estruturais e de Cohesión. Mesmo chega a parecer que son estes os temas exclusivos de
toda esa batalla negociadora. Os países ricos conseguiron que o debate se centrara aí e
conseguiron ademais trasmitir a idea de que o grande problema está no excesivo montante
da súa aportación ao orzamento comunitario, co sobreentendido de que son eles os
“paganos e sacrificados” e que os periféricos son os grandes “beneficiarios e aproveitados”.

Aínda que a análise rigorosa dos dados mostra que os países ricos reciben da Comisión
cantidades moi importantes e que son eles os que reciben precisamente os fondos con maior
capacidade de creación de riqueza de cara o futuro (por exemplo, as axudas para I+D ou as
axudas para a diversificación e modernización da industria ou os propios fondos agrícolas),
sen embargo, o poder mediático dos países e das rexións ricas conseguiu poñernos todos os
dias nos xornais e nos telediarios os montantes millonarios desas “dádivas xenerosas que
nos entregan a uns periféricos vagos, torpes e ineficientes que só pensan en devorar a
riqueza que con tanto esforzo e sacrificio crean os listos, abnegados e eficientes países
ricos”. Máis aínda, este tipo de mensaxes destilan a idea (cando non o afirman abertamente)
de que os países e rexións periféricas son os grandes beneficiarios nese gran negocio da
integración comunitaria e os ricos son os grandes perdedores, …pero non se deran conta até
agora!. Xa non é só que recibamos máis fondos senon ese simple feito xa fai que se nos
presente como gañadores no proceso de construcción europea. Curiosamente eses Fondos
foron concebidos no seu dia como un mecanismo para amortecer o impacto negativo que a
integración provocaría sobre as rexións máis pobres, como é o caso dos Fondos Estruturais.
Os chamados Fondos de Cohesión responden a esa mesma necesidade aínda que neste caso
van destinados aos Estados e non ás rexións, aínda que moitas veces se transmita esa idea.

*
Este texto foi publicado na revista Tempos Novos, n. 22, 1999.
Diante dese tipo de discurso, machaconamente repetido, un ten a sensación de que se trata
dunha grande estafa. Unha estafa semellante a esa á que nos teñen acostumados os medios
de manipulación de masas cando nos recrean un mundo no que os pobres se benefician dos
ricos e os ricos padecen a terríbel inxustiza de ver como os pobres lles “birlan” a súa
riqueza pola vía dos excesivos impostos. Que os ricos sexan cada vez máis ricos e os
pobres estean a máis distancia dos ricos iso non merece maior consideración!.

Tratemos de ver que é o que pasa nas relacións entre rexións ricas e pobres na UE. En
principio hai serias razóns para a sospeita a respeito dese discurso dominante. ¿Cabe pensar
que os países ricos foron especialmente xenerosos no pasado?. ¿Acaso os países máis
pobres foron moito máis hábeis negociadores que os ricos?. ¿Por que a cicateria con estes
fondos se plantexa xustamente unha vez culminado o proceso de creación da Unión
Monetaria e do Euro?. ¿Non son agora máis necesarios aínda que antes para compersar a
desprotección que para os países pobres significa a perda do tipo de cambio e da política
fiscal como instrumentos para correxir as eventuais perdas de competitividade?. ¿Non é
agora cando máis desarmados están estes países?, ¿Por que entón é agora cando se
cuestionan todos esas políticas destinadas a evitar que as desigualdades se disparen?. Un
podería chegar a sospeitar que os Fondos foron o cebo ou a contrapartida para que a
periferia entrase no proceso de integración e entregase os seus mercados e o seu sistema
productivo, pero unha vez alcanzado o ponto de non retorno xa non hai necesidade de
lanzar cebo algún. Agora que todos estamos nun mesmo e único mercado, o que non sexa
quen de defenderse que pereza!. Obviamente, o desenlace dunha guerra entre un exército de
formigas e outro de paleadoras está cantado.

O certo é que conseguiron centrar o debate nos “moitos fondos públicos” que os países
ricos din poñer a disposición dos periféricos. De pronto, parece que o único que conta nas
relacións entre os países e rexión son as transferencias públicas. Calquera diría que en vez
de economías de mercado estamos en economías totalmente estatalizadas!. ¿Non habería
que preguntarse que é o que pasa cos fluxos económicos privados entre os países e rexións
que entraron a formar parte da Unión Europea?. ¿Ou é que acaso iso non ten nada que ver?.
Se as empresas da periferia pechan e despiden aos seus traballadores porque son
desprazadas dos mercados polas grandes corporacións dos países centrais, ¿iso non ten
nada que ver co aumento do emprego e a renda nas rexións ricas?. Se os grandes
investimentos en infraestruturas de transporte e comunicación facilitan a entrada das
mercancías das empresas das rexións ricas nos mercados das rexións periféricas, ¿iso non
ten nada que ver co aumento do emprego e da riqueza das rexión ricas?. Se as
transferencias dos fondos sociais contribuen a aumentar a capacidade de compra da
poboación periférica para mercar productos importados, ¿iso non ten nada que ver coa
forma en que tradicionalmente os Estados contribuen a crear mercados para as suas
empresas?.

Deixemos de lado entón por un momento os famosos Fondos e transferencias públicas e


centremónos en como evolucionaron realmente as diferentes economías. Os interrogantes
que ao meu ver habería que plantexarse é se nestes anos de atrás, nos que estes Fondos se
veñen aplicando de forma “tan xenerosa” segundo din, ¿as economías pobres creceron máis
que as ricas ou creceron menos?, ¿qué economías crearon máis emprego e cais menos?,
¿aproximaronse os niveis de renda per capita das diferentes nacións ou alonxaronse?. E, en
concreto, ¿Galiza gañou posicións relativas con “tanto” Fondo Estructural ou perdeunas?.
Vexamos, aínda que sexa por enriba, algúns dados que poden axudar a facernos unha idea
sobre o que realmente ocorre.

O aumento das disparidades rexionais na UE

Nun estudio recente analisamos a evolución das disparidades rexionais en termos de PIB
per capita e en capacidade de creación de emprego ao longo do período 1980-96 para as
rexión que compoñen a Unión Europea-12. Algúns dos resultados máis importantes
poderían resumirse no que sigue:

a) Europa no seu conxunto crea pouco emprego no período 1980-95 (un 0,2% anual), pero
ese pobre resultado conxunto esconde un comportamento moi desigual: a metade das
rexións perderon emprego neto e a outra metade aumentaron; once experimentaron un
crecemiento superior ao 1% anual e, no lado oposto, catorce experimentaron unha caida
superior ao 1% anual. ¿Onde se concentrou entón a creación de emprego?. Esencialmente
no núcleo máis rico da UE: nas catro rexións holandesas, Flandes, Berlin, Baden, Baviera,
South West y East Anglia, Madrid; ás que compre añadir as turísticas Languedoc, Canarias,
Baleares e Murcia e como caso excepcional o Norte de Portugal. Desta forma, nestes anos
asistimos a unha forte concentración das oportunidades de emprego en Europa.

No polo oposto están todas as rexións italianas (con caídas máis graves no Mezzogiorno
pero tamén no centro e norte do país), toda a España non-mediterránea (especialmente
Galiza e a Cornixa cántabra), unha boa parte das rexións francesas. A ese grupo tan só se
unen dúas rexións inglesas (North e North West) e o Alentejo portugués.

b) Nese mesmo período hai 19 rexións que mesmo perden poboación neta, e son
xustamente ou ben rexións pobres e fortemente agrarias ou ben algunha rexión que sufriu
de forma aguda a crise industrial da siderurxia e das industrias metalmecánicas. Entre as
rexións máis pobres e agrarias poderiamos situar a dez delas: dúas italianas (Basilicata e
Friuli), dúas francesas (Limousin e Auvergne), dúas portuguesas (Alentejo e Centro), dúas
españolas (Galiza e Asturias) e dúas británicas (North e Escocia). En xeral, pode dicirse que
están entre as rexións con unha taxa de crecimento do PIB máis baixa (moi por debaixo da
media, salvo Escocia e a rexión Centro portuguesa). Polo tanto, deben ser consideradas
como rexións estancadas ou en declive.

No lado oposto temos as 43 rexións que concentran todo o aumento da poboación, de xeito
que o dinamismo demográfico neste período concentrase, “grosso modo”, no que se deu en
chamar a “grande banana” (excluindo as rexións italianas) e na súa prolongación
mediterránea cara o Sul francés e español.

c) Case todas as rexións que presentan un maior dinamismo demográfico e desde logo todas
as que presentan un maior crecemento do emprego son tamén rexións que experimentan un
crecimento do PIB por enriba da media. Deste xeito o PIB per capita (é dicir, a renda media
da poboación) aumentou máis nas rexións que xa eran máis ricas, o que levou consigo un
aumento da distancia a respeito das rexións pobres e atrasadas. O nível de renta das rexións
máis ricas é triple do das rexións máis pobres.
Asi como no período 1950-75 houbera un proceso de converxencia e acercamento entre os
niveis de renda das rexións, resulta que ese proceso fréase xustamente nestas dúas últimas
décadas. Precisamente no período de aceleración do proceso de integración económica e…
¡¡a pesares dos supostamente xenerosos Fondos Estructurais e de Cohesión!!!.

Polo tanto, parece claro que non son as rexión pobres e periféricas as que se beneficiaron
do proceso de construcción da Unión Europea, senon máis ben todo o contrario. Hai que
dicir tamén que o mantenemento ou mesmo aumento das disparidades rexionais pudo verse
favorecido ademais por outros feitos económicos como foi a liberalización dos
intercambios a nível internacional, a globalización dos mercados financeiros ou o
crecemento lento que caracterizou a economía mundial desta fin de século. De feito as
rexión pobres só se aproximan algo ás ricas nas fases en que o crecemento económico
medio de Europa supera o 3% anual.

¿Foron entón inúteis os Fondos Estructurais e os Fondos de Cohesión?. Obviamente, non.


Foron un remedio para amortecer os impactos claramente negativos da integración para as
rexións pobres. Pero, polo que se ve, foron insuficientes. Os fondos para investir en
infraestruturas non son capaces de compensar as perdas de capacidade productiva e
desaparición de empresas como consecuencia da penetración dos mercados polas grandes
corporación europeas ou os recortes de producción impostos por certas políticas
comunitarias.

Tamén é certo que non todas as rexións seguiron unha traxectoria idéntica. Unhas
mostraron maior capacidade para adaptarse ao novo contexto, souperon aproveitar as
escasas oportunidades que se lles presentaban e mesmo foron quen de usar de forma
intelexinte e efiente os Fondos recibidos conseguindo resultados considerabelmente
mellores que outras.

…e Galiza na cola

¿Cal foi entón a experiencia concreta de Galiza neste período?. Galiza presenta hoxe un
nível de renda per capita (PIB per capita) que alcanza tan só o 66,5% da media da Unión
Europea-15, ocupando a posición número 22 pola cola dentro dunha división en 210
rexións da UE-15. Só nos preceden Extremadura, Andalucía, Alentejo, Norte e Centro de
Portugal, oito pequnas rexións de Crecia, catro do mezzogiorno italiano e catro pequenas
rexións da antigua RDA24. Pero o problema non é só que nos encontremos entre as rexións
máis pobres da UE senon que a tendencia que viñemos experimentando nas dúas últimas
décadas foi netamente decadente, sendo superados por un bon número de rexións que en
1980 estaban por detrás de nós, perdendo o paso a respeito dalgunhas que estaban en níveis

24
En realidade, tres das alemanas e tres das italianas estan en “empate técnico” con Galiza, apenas unhas
décimas por baixo. Por outra parte, esa comparación está feita en paridades de poder de compra (ppc) pero se
a comparación fora feita en euros a nosa posición empioraría notablemente xa que esas oito rexións alemanas
e italianas situarianse por riba de Galiza. (Esta información foi actualizada con dados de 2001, os últimos
disponibeis a fins de 2004).
próximos a nós (o caso máis espectacular é Irlanda) e, sobre todo, agrandando a fenda a
respeito do pelotón de cabeza.

Se reparamos nas outras variábeis igualmente relevantes como son o emprego ou mesmo a
población encontramos tamén síntomas ben preocupantes. Como xa deciamos
anteriormente, Galiza está entre as poucas rexións europeas que sufriron unha reducción de
emprego neto e tamén de poboación nestas dúas décadas. Obviamente, unha economía que
perde emprego de xeito prolongado é unha economía que está en declive e corre o risco de
caer no que algúns deron en chamar o círculo vicioso do desemprego. Pero moito máis
grave é aínda a situación cando unha sociedade empeza a experimentar unha merma máis
ou menos continuada de perda de poboación. Neste caso é a sustancia mesma do país a que
esmorece.

Todo iso significa que Galiza está situada nunha senda de diverxencia crecente a respeito
da Europa Comunitaria. Iso non quere dicir que non houbese crecemento económico,
mellora das infraestruturas, mellora do nível educativo da poboación, mellora do nível de
vida, etc. O que quere dicir é que ten lugar a un ritmo moito máis lento que os demais, de
forma que nos imos quedando atrás pouco a pouco. Destruense empregos en actividades
tradicionais, como ocorre en maior ou menor medida en outros sitios de Europa, o
problema é que non se crean empregos en actividades novas que compensen aquelas
perdas. Como consecuencia unha parte importante do noso capital humano mellor
cualificado (o universitario) é atraido polos empregos creados en novas actividades noutros
pontos do Estado Español, mecanismo este polo que imos tranferindo parte da nosa riqueza
que non fará máis que empiorar as nosas posicións de cara o futuro.

En definitiva, a situación está ben lonxe dos parámetros do discurso oficial a que nos teñen
afeitos os persistentes mensaxes que veiculan prensa, radio e televisión.

…e o futuro?

¿Cal é a perspectiva para os anos vindeiros?. Non convén facer grandes vaticinios pero
cabe pensar que as tendencias non son máis favorabeis. A negociación en marcha sobre a
Agenda 2000 pon de manifesto que os países ricos xa non ven a necesidade política de
aumentar, ou mesmo manter, o nível actual de política de cohesión rexional. Nunha
situación na que o Euro incrementa o poder de mercado das grandes empresas e centraliza
aínda máis os mercados financeiros cabe esperar que as desigualdades rexionais aumenten
de forma galopante, especialmente no período de recesión que se aviciña. Xusto neste
momento serían precisos maiores esforzos e maiores fondos para evitar a marxinación da
periferia. Pois ben, parece que a política das grandes potencias europeas non vai por aí. E o
discurso do Goberno Central en absoluto sostén os intereses das rexións periféricas.
Primeiro porque Aznar non pode recoñecer que se equivocou entregando todas as armas tan
rápido; segundo, que centra toda a súa artillería na defensa dos Fondos de Cohesión que son
os que xestiona integramente o Goberno Central e que veñen beneficiando sobre todo a
Madrid, Aragón, Cataluña e Valencia, deixando que as rebaixas afecten aos Fondos
Estruturais que son os que realmente van destinados ás Comunidades Autónomas máis
pobres.
E a Xunta de Galicia fai mutis polo foro como se todo isto non fora connosco. Levamos
anos instalados na cultura de xestionar o presuposto para contentar a unha clientela difusa
que garanta a continuidade no poder, sen unha aposta clara por definir obxectivos de futuro.
Vai sendo hora de facer balance das consecuencias de delegar a defensa dos nosos intereses
a quen ten realmente outras prioridades.

Enfin, alguen me dirá que me centrei exclusivamente nos aspectos negativos. Pode ser, pero
os positivos xa nolos contan todos os dias.
AS DESIGUALDADES TERRITORIAIS E AS BALANZAS FISCAIS NO ESTADO
ESPAÑOL: USO E ABUSO DUNHA INFORMACIÓN PARCIAL*

As desigualdades territoriais son unha dimensión crucial das desigualdades, sobre todo
desde que o desenvolvemento capitalista e industrial mudou o vello patrón de localización
asociado ao uso da terra e provocou unha acelerada concentración da actividade económica
nuns determinados espacios. De feito no Estado Español o mapa económico, a localización
das actividades productivas mudou radicalmente ao longo do século XX: Madrid
representaba o 9% do PIB español e o 4% da poboación en 1900 e representa en 2003 o
17,5% e 13,3%, respectivamente; en cambio, Galiza representaba un 7,1% e un 11% en
1900 e quedouse nun 5,4% e un 6,5%, respectivamente, en 2003. As desigualdades
territoriais decorrentes dese proceso súmanse e entrecrúzanse coas desigualdades sociais e
adquiren unha complexidade maior aínda cando, como é o noso caso, poñen en cuestión o
modelo de articulación entre diferentes sociedades, entre entidades políticas nacionais ou
rexionais. No Estado Español o debate sobre este tema sempre tivo unha dimensión política
moi marcada pola existencia de realidades nacionais no seu interior. De todos xeitos hai
que recoñecer que ese debate colleu tons diferentes ao longo do tempo.

Historicamente o acento estivo posto nas disparidades no desenvolvimento pero no último


lustro gañaron o primeiro plano as cuestións relativas aos fluxos territoriais de ingresos e
gastos públicos e, en particular, os saldos das balanzas fiscais das Comunidades Autonómas
e o Goberno Central. O desplazamento desde a problemática das desigualdades no
desenvolvemento cara a problemática das balanzas fiscais ten moitas causas, entre elas o
debate sobre o financiamento das Comunidades Autónomas pero tamén é importante o
sesgo político provocado polos intereses dos territorios máis desenvolvidos e a axenda
neoliberal, que deslexitima todo o que teña que ver coas funcións redistribuidoras e que
propugna que cada territorio ten que amoldarse á sua capacidade de autofinanciamento.
Pártese de que as reglas de xogo do mercado están uniformizadas, plenamente aceptadas
por todos e son invariabeis, de xeito que o seguinte round é cuestionar o papel
redistribuidor do sector público. O debate desplazase. pois, cara as balanzas fiscais.

O instrumento estatístico das balanzas fiscais ten como finalidade reflexar a relación entre
os ingresos públicos do goberno central xenerados (ou arrecadados) nun determinado
territorio e os gastos públicos executados ou transferidos polo goberno central a ese mesmo
territorio25. Ese balance, se está correctamente calculado, permitiría avaliar o volume de
recursos públicos tranferidos entre as diferentes CCAA, a traveso do orzamento do goberno
central. Unha vez descontados os ingresos e gastos non territorializabeis, as CCAA que
reciben máis fondos do orzamento central que os que aportan ao mesmo presentarian un
superavit fiscal, en tanto que as que reciben menos do orzamento central que o que aportan
presentarian un deficit fiscal. Estimar con rigor esas cifras é tecnicamente complexo, pero
mesmo unha aproximación ás mesmas é de utilidade para coñecer a magnitude dos fluxos

*
Unha versión previa deste documento foi elaborada en 1999 para a equipa de traballo sobre as balanzas
fiscais constituido no marco da Declaración de Barcelona, coordenada por Xosé Manuel Beiras.
25
En realidade, a forma máis axustada de medir as balanzas fiscais debería incluir a totalidade dos ingresos e
gastos públicos, é dicir, incorporando tamén os propios da Administración Autonómica e Local, xa que neles
tamén van implícitos “contribucións” de cidadáns e empresas de outros territorios.
públicos “entre” CCAA. Dado que o seu cálculo é complexo merece a pena un esforzo por
parte das Administracións para realizalo, o que contribuiría á transparencia fiscal e a un
maior realismo á hora de discutir sobre as diferentes alternativas de descentralización da
facenda pública.

Nos últimos tempos teñen aparecido diferentes estimación feitas fundamentalmente desde o
ámbito universitario, realizadas para diferentes CCAA e nalgún caso para todas elas
conxuntamente 26 . Os resultados poden diferir notabelmente en función dos supostos de
partida e tamén do criterio de imputación ou computación de algúns dos rubros. A pesar de
todo adoita haber coincidencia sobre cais son as CCAA que presentan un maior deficit
fiscal ou un maior superavit. En cambio, os resultados poden ser pouco concluintes para
definir a posición de algunhas rexións que están próximas a un certo equilibrio.

Unha vez recoñecida a importancia de coñecer as balanzas fiscais tamén resulta necesario
reflexionar sobre a magnitude e significado das mesmas e, sobre todo, definir a función
deses fluxos orzamentarios en relación aos demais fluxos da economía. Os principais
interrogantes que cabe plantexarse a este respeito son os seguintes: ¿Cando se trata de
discutir a articulación política e económica entre diferentes países ou entre territorios dun
mesmo Estado cais son as relacións económicas máis relevantes a tomar en consideración?
ou formulado doutra maneira ¿son os fluxos orzamentarios, o seu deficit ou superavit, o
único factor importante para estabelecer os criterios de articulación política e económica?

Isto leva a plantexar un interrogante sobre o significado e función do propio orzamento


público en xeneral en relación ao funcionamento do sistema económico e social e sobre o
ámbito territorial desa mesma función: ¿o orzamento público é un instrumento de
redistribución? ¿si ou non?. Se ten como obxectivo a re-distribución da renda é que existen
outros mecanismos que determinan a distribución da mesma. Carece de sentido discutir
sobre a redistribución sen ao mesmo tempo ter claro cais son as pautas seguidas polo
proceso de distribución da renda a través dos mecanismos primarios e de mercado.

¿Cal é ou cal debe ser o ámbito desa redistribución?. Parece lóxico que non poden
desvincularse o ámbito xeográfico en que operan os mecanismos de distribución da renda
(producción e mercado) e o ámbito seleccionado para estabelecer eses mecanismos de
redistribución. Nese sentido no momento de configuración dos Estados nación parecía
bastante claro que o ámbito do mercado (o mercado “nacional”) e o ámbito de operación do
Estado coincidian. Pero ¿que pasa cando as fronteiras do mercado nacional se rebordan?,
como ocorre coa creación da Unión Europea. ¿Que pasa cando o ámbito do Estado se
fragmenta en unidades territoriais inferiores pero o mercado segue sendo máis amplo? .

Está claro que se trata dun problema complexo e de grande alcance político. De partida
considero que non debe aceptarse que a discusión sobre un asunto tan importante e delicado
empece e remate co asunto das balanzas fiscais. É preciso meter todas as variabeis en xogo
para non criar imaxes distorsionadas da realidade. E no caso de que non podan meterse

26
Nun recente traballo de Barberán mencionanse nin máis nin menos que 33 estudos destas características
realizados nos últimos anos. No número especial de Papeles de Economía Española, n.99, 2004, pode
encontranse unha ampla amostra deste tipo de traballos.
todos os elementos en xogo ao mesmo tempo entón haberá que seleccionar con moito tino
os asuntos nos que centrar o debate, pois a propia elección do problema central condiciona
enormemente os resultados e, sobre todo, a mensaxe social e política. Como veremos non é
o mesmo centrarse nos saldos das balanzas que na distribución territorial do gasto público.

1. Os fluxos económicos privados e públicos entre nacións (entre CCAA) dun mesmo
Estado: contabilidade rexional e disparidades no crecemento económico.

Aínda que resulte unha obviedade é preciso poñer de manifesto que os fluxos de recursos
públicos son tan só unha parte, maior ou menor, de todo un conxunto de fluxos de caracter
económico que vinculan os diferentes territorios que forman parte dun espazo económico
integrado, como é o caso do Estado Español. Os fluxos económicos predominantemente
privados van desde o comercio de mercancias, abastecemento enerxético, compra-venda de
servizos, fluxos financeiros, depósitos e créditos, investimentos, fluxos de traballadores e
de capital humano, fluxos de coñecementos e de investigación ...até os fluxos de
contaminación. A constatación desa evidencia obriga á necesidade de contextualizar os
fluxos fiscais no marco das relacións económicas no seu conxunto.

Do mesmo xeito que non se pode ignorar a importancia dos fluxos fiscais entre CCAA,
sobre todo nun tempo en que o orzamento público representa unha parte moi notábel da
actividade económica, tampouco se pode ignorar que o montante, o signo e o significado
deses fluxos fiscais están estreitamente vinculados aos fluxos económicos privados entre
eses territorios. Unha aproximación, aínda que sempre incompleta, á cuantificación deses
fluxos requeriría contar cunha sólida Contabilidade Rexional integrada de todas as CCAA.
O problema é que esa Contabilidade rexional integrada que recolla todos os fluxos
económicos cruzados non existe e sería necesario demandar a súa elaboración. Dentro
delas aparecerían enton desglosados o montante e o signo dos fuxos públicos. Decimos que
en calquer caso sempre sería incompleta porque algúns deses fluxos serían moi difíceis de
capturar dentro da metodoloxía contábel (p.e., fluxos de capital humano, de coñecementos,
de investigación, etc).

É máis, esa vinculación non se pode reducir aos fluxos cuantificábeis nun momento dado
do tempo senon que reflexa tamén a historia pasada desas relacións; os fluxos actuais son
unha expresión da acumulación de relacións económicas estabelecidas no pasado, que foron
configurando paso a paso a actual estrutura económica de cada nación (de cada CCAA) e a
estrutura das relacións entre elas. Os fluxos interrexionais actuais e o papel de cada CCAA
no presente non poden desvincularse da historia común e do papel que cada unha delas veu
desempeñando no pasado dentro dese marco.

O caracter fiscalmente deficitario da balanza fiscal dunha CCAA na actualidade reflexa a


existencia dunha superior capacidade fiscal (no marco dun sistema fiscal progresivo),
consecuencia dun maior nível de renta per capita e de actividade económica, que á súa vez
é o reflexo dun superior nível de desenvolvimento, alcanzado no marco dun
desenvolvimento territorialmente desigual. Algo simétrico ocorre para o caso dos territorios
e nacións fiscalmente superavitarias. Como a teoría económica ten mostrado
abondosamente, o crecemento económico dos territorios dun espazo integrado tende a
xenerar un desenvolvimento desigual deses territorios, tende a reproducir acumuladamente
as diferencias existentes e tende a acentuar o caracter dependente e subsidiario das áreas
que van quedando rezagadas.

Se observamos as diferentes estimacións das balanzas fiscais realizadas nos últimos anos
podemos estraer algunhas conclusións. A primeira é unha grande variedade de resultados
obtidos polos diferentes autores de xeito que o valor do saldo fiscal dunha comunidade
autónoma pode duplicarse e mesmo triplicarse dunhas a outras; mesmo no caso dalgunhas
CCAA poden presentar signos opostos segundo o estudio (casos de Valencia, Aragón,
Rioxa, Navarra ou País Vasco).

Deixando a un lado aquelas máis inconsistentes pode estraerse unha segunda conclusión: ao
poñer en relación o nível de PIB per capita e o saldo fiscal (monetario) das CCAA vemos
que todas as CCAA con saldo fiscal positivo teñen un nível de renda per capita que está por
debaixo da media española e, simétricamente, todas as CCAA con saldo fiscal negativo
teñen unha renda per capita por enriba da media (coa única excepción, nalgúns estudios,
das CCAA que se moven ao redor do equilibrio) (ver táboa). É máis, en termos xerais pode
decirse que existe unha asociación bastante forte entre nível de renda e valor do saldo, no
sentido de que canto máis pobre é un territorio maior é o saldo fiscal positivo e canto máis
rica maior é tamén o saldo fiscal negativo. O cal quere decir que, en xeral, os que máis
contribuen reciben algo menos do que pagan e os que menos contribuen reciben algo máis
do que pagan. É o resultado esperábel dun sistema fiscal progresivo que pretende unha
certa redistribución da renda; outra cousa é valorar en que medida a redistribución realizada
é importante ou modesta. De feito, como logo veremos, iso non significa que os territorios
máis pobres reciban máis gasto público per capita que os ricos senon tan só que reciben
algo máis do que aportan. Ese é xustamente o principal inconveniente de centrar o debate
nos saldos e non no gasto.

Unha vez constatado que en termos xerais hai unha correlación entre saldos e nível de
renda pode entrarse nos matices e nas excepcións, que poden ser moi relevantes para
determindas CCAA. Nalgúns dos estudios aparecen algunhas singularidades que merecen
ser matizadas (ver táboa). Entre as ricas, Cataluña, Baleares, País Vasco, Navarra ou Rioxa
presentan un nível de renda semellante ou inferior a Madrid pero, en cambio, o seu saldo
fiscal negativo é considerabelmente máis avultado nas primeiras. A desviación máis notábel
dáse no caso de Madrid, xa que o seu saldo fiscal está próximo ao equilibrio nalgún dos
estudios, a pesar de ser a segunda CA no ranking de PIB per capita. No caso das pobres,
Asturias presenta un saldo fiscal positivo considerabelmente superior a outras de renta per
capita comparábel e moi por enriba do que lle correspondería; en tanto que Galiza está por
debaixo do que lle correpondería. Pode dicirse, pois, que grosso modo o saldo fiscal de
cada CA está directamente relacionado co seu nível de renta per capita pero hai algunhas
CCAA que presentan desviacións notábeis a respeito do que lles correspondería en función
dese criterio: Valencia, Cataluña, Murcia e Galiza en sentido desfavorábel e Madrid,
Asturias ou Castela-A Mancha en sentido favorábel.

En consecuencia, cabe dicir que en termos xerais o deficit fiscal das nacións ou CCAA
ricas non debe ser presentado como un signo de inxustiza, de inequidade ou de explotación
fiscal en favor das máis pobres. Polo contrario, esa situación é, ao menos en parte, o
resultado dun maior ritmo de crecemento económico a longo prazo que se traduce nun nível
de renda máis elevado e, en consecuencia, nunha maior capacidade fiscal. Ese superior
ritmo de crecemento pudo vir soportado no pasado polo impulso de factores económicos
privados ou mesmo polo apoio e amparo da política gubernamental (polo propio impulso
dun gasto público especialmente volcado nesa área, pola adopción de medidas de política
industrial ou arancelaria especialmente convenientes a un determinado territorio...) ou por
unha combinación de ambos.

Nese contexto só cabería falar de inxustiza ou de inequidade cando dúas CCAA de similar
nível de desenvolvimento e renda per capita aportan unha contribución fiscal moi desigual
ou reciben un nível de gasto público per capita tamén moi desigual. E iso sería o que
xustificaría a reivindicación dun mellor trato por parte dalgunha comunidade autónoma
concreta, como pode ser o noso caso. Pero a existencia dun saldo negativo nas CCAA ricas
por si só non ten porque indicar unha situación de discriminación, de inxustiza ou de
inequidade en contra súa senon que, todo o contrario, estaría simplemente revelando a
existencia dun nível de renda per capita superior nese territorio ao resto ou á maior parte
del.

Polo tanto, parece obvio que no marco dunha economía capitalista os fluxos entre as
nacións (ou CCAA) non poden ser analisados de forma reduccionista, limitandose aos
fluxos estrictamente públicos, senon que deben ser analisados de xeito combinado cos
fluxos de caracter privado. Sería bastante paradóxico que no marco dunha economía de
mercado só considerasemos como relevantes os fluxos de ingresos e gastos públicos para
definir as relacións entre territorios e cualificar as respectivas posicións relativas. E,
ademais, deben tomarse en consideración eses fluxos cunha certa perspectiva histórica,
como corresponde á natureza dos fenómenos económicos en xogo nun proceso de
desenvolvimento.

Como síntese destas reflexións poderiamos dicir que: a) a análise facendística non pode
suplir a análise económica, de xeito que os balances fiscais non poden suplir as balanzas
de pagos completa e a contabilidade rexional, e b) as contas anuais non poden prescindir
da perspectiva histórica que explica a xénese e a dinámica que conduciu á situación
actual. De tal forma que o estudo dos deficit ou superavits da balanza fiscal deben
supeditarse ao estudo da dinámica do desenvolvimento económico desigual dos diferentes
territorios.

2. Algúns problemas e limitacións específicas do cálculo das balanzas fiscais.


Ademais da insuficiencia das balanzas fiscais como instrumento para discutir a
problemática das disparidades entre as CCAA e para facer xustiza á multiplicidade de
relacións e vínculos entre elas, que trascenden moito as meras contas públicas, resulta
preciso realizar algunhas consideracións sobre a metodoloxía habitual de cálculo desas
balanzas fiscais:

a. Unha boa parte das partidas que se toman en consideración non están contruidas sobre
datos reais senon que se trata de estimacións feitas a partires de certos dados globais
e, polo tanto, os resultados obtidos dependen das hipóteses introducidas para facer a
imputación. As hipóteses realizadas para territorializar certos impostos que se pagan
nun sitio e se recaudan noutro (Sociedades, IVA, etc) ou para territorializar certos
gastos, empezando por como determinar a área xeográfica de impacto (onde se realiza
o gasto –criterio do fluxo monetario- ou onde están localizados os beneficiarios do
mesmo –criterio do beneficio). Esas son, entre outras, algunhas das razóns que
explican que podan aparecer estimacións tan dispares dos saldos fiscais entre uns
autores e outros.
b. Nos sistemas de cálculo empregado só se consideran os fluxos fiscais primarios ou
“directos” pero non se toman en consideración os fluxos que poderiamos chamar
secundarios ou indirectos. Un exemplo pode axudar a entender a importancia deste
problema: o gasto público en educación compútase en funcións dos gastos realizados
en cada territorio pero resulta que ese gasto incorpórase nos individuos que reciben
esa educación en forma de capital humano (xunto cos gastos privados) e este pode
deplazarse vía emigración, facendo que ese capital humano se transfira realmente a un
territorio diferente a aquil no que se realizou o gasto (“brain drain”). Pois ben, este
tipo de fluxo non se contempla, nin resulta fácil facelo, nos cálculos das balanzas
fiscais realizadas até o presente. Algo semellante pode pasar con outras partidas de
gasto.
c. Difícil tratamentos das compras públicas de bens e servizos. Unha parte das
transferencias fiscais materialízanse en operacións de gasto que implican compras ou
contratacións con empresas de outras CCAA. De forma que unha parte desa
transferencia pública cara unha determinada CA sae de novo cara outra en forma de
pago por unha transacción mercantil da que, cando menos, a parte correspondente ao
beneficio empresarial debería computarse como unha transferencia inversa. Polo
tanto, un cálculo rigoroso requeriría determinar o saldo deses dous fluxos.
d. Nos cálculos realizados na maior parte dos estudos existe unha agregación (e
confusión) de transferencias entre administracións públicas con transferencias a
individuos, que se corresponden con dereitos individuais destes que puderon ser
xenerados ou orixinados noutros territorios (é o caso das pensións da Seguridade
Social ou do Subsidio de paro, en particular dos emigrantes retornados).
e. Unha valoración rigorosa dos fluxos fiscais esixiría unha clara diferenciación entre
diferentes partidas de gasto público que teñen un significado económico
cualitativamente dispar: non ten as mesmas consecuencias o gasto público asistencial
que o gasto público en infraestruturas ou que o gasto directamente productivo. Mesmo
dentro das infraestruturas habería que diferenciar entre as convencionais (estradas,
pistas, etc) das infraestructuras avanzadas (telecomunicacións, investigación, etc).
Tamén parece claro que o investimento público para crear, ampliar ou modernizar
unha empresa pública ten efectos moi diferentes que os anteriores. Polo tanto, ter en
conta todo iso obrigaría a facer cálculos moito máis afinados e aplicar multiplicadores
do investimento diferentes en cada caso, cousa que nin é fácil nin tentou ninguén.

3. Evolución das disparidades territoriais e as balanzas fiscais no Estado Español:


¿son realmente reequilibradores os saldos fiscais?

Dado que non dispoñemos de datos das balanzas de pagos das diferentes CCAA nin dunha
contabilidade rexional integrada contentaremonos cun exame do crecemento económico
das diferentes CCAA no período máis recente, que se corresponde co asentamento do
Estado das Autonomías, para poder observar cais foron as CCAA que experimentaron un
maior dinamismo nese tempo e para poñer esa evidencia en relación coas respectivas
balanzas fiscais. Trátase, polo tanto, de transcender o estreito marco dos fluxos de ingresos
e gastos públicos para incorporar o comportamento da economía real de cada unha das
CCAA en termos relativos. As CCAA que mostren un maior dinamismo en termos de
crecemento do seu PIB per capita serán aquelas para as que o conxunto das actividades
internas e os fluxos (tanto privados como públicos) mostraron un comportamento máis
positivo de forma que redundaron nunha mellora da súa posición relativa. No caso de que
unha CA teña un forte crecemento económico e unha balanza fiscal desfavorábel
(deficitaria) haberá que preguntarse en que medida aquel crecemento foi posíbel gracias ás
complementariedades ou subordinación económica de outras CCAA; e tamén en que
medida esa balanza fiscal deficitaria freou o seu crecemento ou foi un elemento que
permitiu expandir a demanda externa para o sector privado da súa economía. E, viceversa,
cando unha CA teña un menor crecemento económico a pesar dunha balanza fiscal
favorábel (superavitaria) haberá que preguntarse en que medida o seu crecemento é freado
pola súa subordinación nos mecanismos económicos a respeito do capital das áreas máis
dinámicas ou en que medida esa balanza fiscal favorábel contribuiu realmente á
dinamización da súa economía.

Como pode apreciarse na táboa adxunta, as disparidades territoriais no Estado español


(medidas en termos de PIB per capita) aumentaron de forma significativa e continuada ao
longo da década dos oitenta e noventa. Todas se distanciaron da media: as ricas son
comparativamente máis ricas e as pobres son comparativamente máis pobres. Das seis
CCAA que máis creceron neste período (Canarias, Extremadura, Madrid, Cataluña,
Baleares e Aragón) catro delas tiñan xa en 1980 un nível de PIB per capita moi superior á
media. E, simetricamente, entre as CCAA que menos crecen están tamén algunhas das que
en 1980 estaban entre as máis pobres, como é o caso de Galiza, as dúas Castelas ou
Andalucía. Nestas últimas décadas fóronse distanciando cada vez máis dúas “españas”:
unha é a metade oriental e outra é a metade occidental, separadas polo eixo Bilbao-
Valladolid-Madrid-Málaga. Se en vez de fixarnos no PIB per capita nos fixamos na
distribución territorial da actividade económica entón observamos unha concentración cada
vez máis polarizada nun número reducido de CCAA. Unha mención destacada merece a
conversión fulgurante de Madrid nunha grande metrópole industrial, financeira e dos
servizos, a cuxa consolidación contribuiron sen folgar todos os gobernos centrais que se
sucederon desde os anos corenta até hoxe, tanto de forma implícita como explícita. De
feito, nos últimos vinte anos aumentou espectacularmente o seu peso no conxunto español:
representaba o 14,2% do PIB espanol en 1980 e representa o 18% en 2003. Pola contra,
Galiza perde peso relativo de xeito moi importante nese mesmo periodo: dun 6,4% a un
5,4%.

O balance que cabe facer deste período é realmente preocupante: non se observou un
proceso de converxencia real entre as CCAA españolas senon que, moi ao contrario,
acentuaronse as disparidades.

¿Qué relación se observa entre isto e os saldos fiscais?. No que respecta ao problema que
aqui nos preocupa, os saldos fiscais, pode afirmarse con rotundidade que os saldos fiscais
non impediron que as desigualdades aumentaran. As CCAA con saldos fiscais negativos
creceron moito máis que as que “disfrutaron” de saldos fiscais positivos.

Obviamente, cabe pensar que se os saldos fiscais cos seus respectivos signos non tiveran
existido seguramente as desigualdades terían aumentado moito máis. Agora ben, pode
ocorrer que os saldos fosen insuficientemente redistribuidores ou en todo caso escasos para
compensar as forzas polarizadoras. É máis non sabemos en que medida un saldo fiscal
negativo máis reducido nas CCAA ricas podería ter afectado sobre a súa taxa de
crecemento económico. Non é unha estimación que poda facerse con rigor cos
coñecementos que actualmente temos de economía do crecemento; en todo caso debe
tomarse en conta que, como xa indicamos, parte desas transferencias contribuen a crear
mercados para as súas empresas. Tampouco non podemos estimar en que medida as CCAA
pobres poderían verse afectadas por unha eventual reducción do seu saldo fiscal positivo, é
dicir, cal sería a magnitude en que a súa taxa de crecemento se tería minorado.

Asimesmo, tampouco podemos pensar que esa tendencia cara ao aumento das
desigualdades poda frearse realmente a golpe de saldos fiscais positivos cada vez maiores
para as CCAA pobres. Inverter a tendencia actual das desigualdades require actuar ao
mesmo tempo noutros moitos factores que inciden sobre o crecemento económico:
investimento empresarial, comportamento do sistema financeiro, capacidade innovadora,
captación de investimentos de capital foráneo, política industrial e comercial...

4. ¿Por que non centrarse no gasto público?


Á vista do anterior esta cuestión parece obvia. De centrarmonos na actuación do sector
público ¿por que centrarmonos nas balanzas fiscais e non na distribución do gasto?. Se lle
atribuimos ao sector público e ao goberno central un papel redistribuidor e nivelador a
diferencia entre razonar en base ás balanzas ou en base ao gasto salta á vista rapidamente:
supoñamos dous territorios, un rico e outro pobre, o primeiro contribue con 120 euros per
capita via impostos e recibe do estado 110 euros per capita en forma de gasto público e o
segundo contribue con 80 reciba 90. Razonando en base ás balanzas fiscais non cabe
dúbida que a primeira ten un saldo negativo e a segunda positivo e polo tanto hai unha
importante redistribución. Pero se nos centramos en como ese sector público distribue o seu
gasto resulta que os habitantes do territorio rico estan recibindo un gasto de 110 euros per
capita e os do territorio pobre 90 euros per capita. ¿Que concepto de xustiza ampara ese
tipo de distribución do gasto público?. Efectivamente, a capacidade redistribuidora e
equilibradora dese modelo é realmente escasa ou máis ben habería que decir que tenderá a
reproducir ampliadamente a desigualdade. Se o gasto público ten algún efecto acelerador
entón a fenda entre as duas CCAA alargarase continuamente. Pois iso é o que ocorre no
Estado Español, historicamente e na actualidade. Vexamos.

Para examinar como se distribue territorialmente o gasto público español tomamos o gasto
público non familiar, é decir, deixamos fóra as prestación por pensións, subsidios etc que se
corresponden con dereitos adquiridos polos individuos traballasen onde traballasen e
quedamonos co que son esencialmente os gastos e investimentos das Administracións e
Organismos públicos. Unha primeira aproximación permite comprobar tres feitos que
considero cruciais: primeiro, salvo excepcións, as CCAA máis ricas materializan un
volume de gasto público por habitante que está por enriba da media e destacan
particularmente Madrid, Navarra, País Vasco, Castela-León, Aragón e Cataluña; segundo,
ese sesgo autoreforzante da posición dos territorios máis desenvolvidos non é algo recente
senon que parece o trazo estrutural do comportamento do sector público español, desde
logo iso é o que amostran os dados disponibeis desde a década dos noventa; e terceiro,
Galiza percibe cantidades de gasto público por habitante que están sistemáticamente por
debaixo da media (80,4%, 100,9% e 89,2% da media) e, ademais, está situada nas últimas
posicións nos anos para os que existen dados (a segunda pola cola en 1995, a sexta en 1999
e a quinta en 2002).

Isto significa que, abstraendo a forma en que o Estado se financia, resulta evidente que a
gasto público canalízase cara as comunidades máis ricas nunha proporción máis elevada
que o seu peso demográfico en tanto que a maior parte das CCAA pobres perciben un gasto
per capita que está por debaixo da media (a excepción sería Castela-León). Dito doutro
xeito, o gasto público acompaña ao PIB (e, polo tanto, a capacidade arrecadadora) pero non
á poboación, de maneira que se distribue de xeito desigualitario, penalizando aos habitantes
dunha parte das comunidades máis pobres (como é o caso de Galiza, Andalucía, A Mancha,
Murcia ou Valencia).

A conclusión que cabe estraer de todo isto é que a combinación dos principios
estabelecidos para a distribución dos fondos de financiamento das diferentes
administracións e as políticas de gastos e investimentos seguidas ao longo do tempo polo
Goberno Central teñen consolidado un patrón de distribución do gasto público que, lonxe
de reducir as disparidades territoriais na dotación de infraestruturas e na prestación de
servizos, contribuen máis ben a aumentalas. Non existiron nin existen políticas rexionais
vocacionadas para a corrección dos desequilibrios. Non é só ou non é tanto un problema
autonomía fiscal como un problema de definición de políticas fortes de redistribución
territorial da renda e de programas de investimentos orientados cara á reequilibraxe da
capacidade de desenvolvemento dos diferentes territorios. Nese sentido, o conxunto de
dispositivos institucionais e de políticas que se viñeron practicando responden a un espiritu
netamente neoliberal, que cada territorio reciba nunha proporción máis ou menos próxima á
sua contribución, no ben entendido que iso significa que o gasto público acompaña o patrón
de localización da actividade económica privada (sen pretender mudalo de xeito
importante, salvo no que se refire á estratexia activa de afortalamento de Madrid). Nalgúns
casos esa política de atención preferente ás áreas de intereses económicos máis poderosos e
mellor estruturados razónase explícita ou implicitamente como a busca dunha asignación
eficiente dos recursos públicos; neste tipo de argumentacións dase por suposto que os
investimentos públicos contribuen máis eficientemente ao crecimento económico
concentrándoos nas áreas máis dinámicas, o que pode ter algún fundamento no curto prazo
pero é moito máis dubidoso a longo prazo.

A este respeito merece a pena reparar no feito de que o alcance do obxectivo redistribuidor
é moito máis modesto na política implementada no Estado Español nos últimos lustros que
a incorporada pola UE no deseño da política rexional e, en particular, nos Fondos FEDER.
Estes, ao marcar un limiar a partir do que un territorio non recibe fondos (75% da renda
media comunitaria) introduce un criterio de disciminación positiva forte, cousa que non
existe en ningún fondo español27.

En todo caso, para finalizar, compre recoñecer que Galiza perdeu enormemente con ese
tipo de plantexamento neoliberal de curto prazo. Tanto cando o reparto se realiza de xeito
centralizado atendendo a un criterio de suposta eficiencia vencellada á concentración dos
recursos nas áreas máis dinámicas como cando se realiza de xeito descentralizado sobre a
base do criterio de autofinanciamento territorial (que acompaña as propostas neoliberais de
descentralización). O propio razonamento en base ás balanzas fiscais é unha vía que non
axuda a situar correctamente o problema dos desequilibrios no desenvolvimento económico
e contribue a encubrir o grave risco de fractura territorial a que está conducindo o patrón de
localización do gasto público español. Por iso compre insistir na recuperación do debate ao
redor do gasto, vinculado ademais a todos os demais factores e fluxos de mercado que
vinculan os diferentes territorios entre si e xeneran un desenvolvemento desigual. En
definitiva, non é preciso enfatizar que todo isto obriga a Galiza a fiar moi fino en todo o
que ten que ver co modelo de financiamento territorial no marco español e pular pola posta
en marcha dunha política territorial realmente redistribuidora e reequilibradora, que nunca
existiu no Estado Español.

Cadro 1. PIB per capita, crecemento e gasto público por CCAA.

Taxa Crecemento medio PIBper capita Gasto per Gasto público non Saldo FEDER
anual do PIB España=100 capita APC familiar por hab (indice fiscal por (españa=10
(españa=10 españa=100) habitante 0)
0) (pts)
1980-95 1998-03 1980 2001 1991-96 1995 1999 2002 1991-96 1986-99
Andalucia 1,7 3,6 79,1 74,9 94,5 77,5 84,1 78,1 133.717 139,39
Aragon 2,6 2,7 106,7 107,5 108,9 118,5 124,2 109,1 -11.076 50,80
Asturias 1,1 1,8 107,9 85,9 128,9 88,0 110,8 87,7 181.251 193,39
Baleares 2,6 2,2 121,4 125,1 86,7 114,2 92,1 92,2 -154.137 10,40
Canarias 3,3 3,5 82,2 93,9 83,8 104,5 102,6 99,8 100.421 168,86
Cantabria 1,3 3,3 110,2 98,2 107,1 86,1 102,9 112,9 67.759 153,36
Castela-Mancha 1,9 2,8 95,2 79,7 96,3 86,9 95,1 88,4 117.823 214,75
Castela-Leon 1,6 2,7 98,4 92,6 106,2 106,9 121,8 127,8 91.883 173,25
Cataluña 2,5 2,8 116,1 119,6 95,7 112,9 105,3 107,6 -143.809 32,88
Extremadura 2,8 3,5 58,3 63,5 101,7 83,4 100,4 91,2 221.749 228,38
Galiza 1,5 2,7 85,1 75,9 99,2 80,4 100,9 89,2 114.334 158,30
Madrid 2,7 3,5 114,3 133,4 135,1 117,5 100,1 118,6 -2.122 10,62
Murcia 1,9 3,8 91 84,6 93,4 84,4 74,7 77,9 67.857 127,88
Navarra 1,8 3,5 126,6 126,1 64,9 129,6 119,0 121,7 -72.656 31,15
Pais Vasco 1,8 3,2 125,3 124,8 69,6 111,9 126,4 118,8 -30.911 63,67
Rioxa 1,7 2,9 123,4 115,1 99,8 117,1 105,1 102,9 -18.370 31,37
Valencia 2,0 3,3 100,2 96,3 87,7 98,0 85,2 89,7 -40.208 77,24
E. Español 3,1 100 100 100 100,0 100,0 100,0 29.621 100,0

27
Esa regla xeral non evita que haxa disparidades na capacidade de captación de fondos entre os diferentes
territorios. De feito, Galiza está por debaixo doutras CCAA de semellante nível de renda e mesmo dalgunhas
de renda considerabelmente superior. Noutros fondos estruturais como o FEOGA ou os que son distribuidos
polo Goberno Central como Fondo de Coesión ou o Fondo Social a nosa participación é moi inferior ao que
nos correspondería xa non cun criterio redistribuidor senon mesmo en función do número de habitantes.
Fontes: INE; Eurostat; Alcaide (2004);Castells (2000). Elaboración propia.
O PARO E O FRACASO DO CAPITALISMO NEOLIBERAL*

1. A globalización do paro

A carencia de emprego, e o seu reverso, o paro, son o principal problema económico e


social de Galiza, e da maior parte do mundo, nas portas do século XXI. Ao redor de 40
millóns de persoas nos países ricos da OCDE e máis de mil millóns de persoas no mundo,
segundo os dados da OIT, están parados e buscan activamente emprego. Moitos outros
centos de millóns debatense entre a exclusión completa e a pobreza derivada duns traballos
radicalmente precarios, que engrosan iso que se chama eufemisticamente o “sector
informal” e que en moitos países do Terceiro Mundo son a única alternativa para a maioría
da poboación.
O capitalismo é un sistema económico que precisa necesariamente da existencia dun
excedente de oferta da forza de traballo para poder funcionar, o que Marx denominou
Exercito Industrial de Reserva. Así foi históricamente. O novidoso é a dimensión alcanzada
nos últimos lustros polo exército de parados e, máis aínda, a perspectiva de que esa
situación non parece reversibel a curto prazo. Nunca antes na historia se tiña alcanzado un
volume tan desproporcionado de parados, nin en termos absolutos nin relativos. Tamén é
certo que nunca antes o capitalismo tiña alcanzado tal grao de difusión e dominio do
mundo. A chamada globalización, impulsada, hexemonizada e pilotada polo capital
financeiro desde finais dos anos setenta é o telón de fondo que permite entender a
destrucción dos sistemas productivos da inmensa maioría de países e a continua expansión
da masa de parados en todos os países do globo. Paradoxalmente, esa dominación absoluta
do capitalismo sobre o planeta corre paralela a esas cifras fabulosas de paro e exclusión,
que de algunha forma evidencian o fracaso histórico dese sistema económico-social. Porque
un sistema económico que non é capaz de integrar productivamente a unha proporción tan
alta de persoas, condenandoas á marxinalidade, resulta ser excesivamente inestábel e
inseguro e, finalmente, inviábel.
Trátase, sen dúbida, do principal problema económico-social, na medida en que na nosa
sociedade e en todas as sociedades que coñecemos, o traballo constitue a canle esencial de
socialización dos individuos, do que depende non só o seu ingreso e nível de vida senon
tamén os máis variados aspectos que definen ao individuo dentro da sociedade e a súa
propia persoalidade (autoestima, sensibilidade, liberdade, etc). A visión do emprego como
calquer outra variábel económica suxeita ás necesidades de axuste económico só pode ter
unha certa lexitimidade cando nos atopamos nunha situación na que a maioría dos
individuos teñen un emprego normal; sen embargo, cando nos encontramos con unha
grande parte da poboación excluida totalmente da actividade productiva ou semiexcluida
(reducido número de horas de traballo ao ano, precarias condicións, salarios que non cubren
as necesidades mínimas, etc), nestas circunstancias o problema do emprego sitúase nun
lugar cualitativamente diferente: é a propia viabilidade deste modelo de sociedade a que
está en cuestión. E esa é, sen dúbida, a circuntancia na que nos atopamos.
Despois de dúas décadas con taxas de paro altísimas e, en xeneral, crecentes, sen
perspectivas razonábeis de que vaian diminuir a medio prazo na maior parte do planeta, de
manterse o tipo de políticas neoliberais que se veñen aplicando nas últimas dúas décadas,
non queda máis remedio que replantexarse a fondo o problema do emprego e buscar

*
Este artigo foi publicado na revista Terra e Tempo, n. 14/15, 2000.
alternativas que permitan reconducir a situación, a fin de evitar unha progresiva
autofagocitación das conquistas da “civilización industrial”.
Resulta pasmoso e rechamante a indolencia das élites gobernantes a nível mundial frente a
unha situación onde as taxas de paro levan tantos anos situadas en niveis tan claramente
insoportabeis. Desde principios dos oitenta, esas élites que se reunen no G-7, no FMI, no
Foro de Davos, no Clube de Roma, etc parecen empeñadas en poñer toda a economía ao
servizo do sistema financeiro, dunha forma que nunca tiña ocurrido na historia do
capitalismo, centrando todos os esforzos nunha política restrictiva, na que o obxectivo
primordial é reducir a inflación e o papel do sector público á mínima expresión aínda que
iso impida o relanzamento do emprego. En realidade, isto non resulta tan pasmoso se
pensamos que ao mellor é iso xustamente o que se busca, co obxectivo de debilitar á clase
traballadora e obrigala a aceptar unhas condición de traballo e uns niveis salariais que
serían rexeitados nunha situación de “pleno emprego”, de forma que aumente a taxa de
beneficio. Claro está tamén que as consecuencias desa política neoliberal non son as
mesmas para os países máis ricos (Estados Unidos especialmente) que para o resto do
planeta. De feito os países máis ricos benefianse relativamente do estratexia do capital
financeiro, porque a través del fanse donos dos mellores activos mundiais e bombean
recursos desde todo o mundo, permitindolles xenerar rendas e manter un nível de consumo
que tira do sector servizos e aumenta o emprego asalariado, aínda que os empregos sexan
cada vez máis precarios e os salarios máis baixos.
No caso do Estado Español e de Galiza esa indolencia é máis rechamante se temos en conta
outros países como Francia ou Alemania que con taxas de paro que non alcanzan á metade
da española deseguida encenderon todas as luces de alarma, empezaron a mentar as etapas
máis tráxicas da súa historia e mesmo son quen de cuestionarse o cumprimento das
condicións do Tratado de Maastricht e do Pacto de Estabilidade na medida en que sexa
incompatíbel coa creación de emprego. O goberno español en cambio, gábase e fachendea
de ser un fiel cumplidor dos criterios de converxencia nominal aínda que iso implique un
grande estrangulamento do sistema productivo.

2. Os dados do problema: o paro da era Fraga

A grande e prolongada crise estrutural que arranca dos anos setenta marcou o final dunha
fase de crecemento económico acelerado a unha fase de crecemento económico lento.
Desde finais dos setenta o capital financeiro impuxo políticas neoliberais restrictivas,
aumentando drásticamente as taxas de xuro e freando a expansión da demanda, o cual
unido á revolución tecnolóxica en marcha e a acentuación da competencia provocaron unha
grande reconversión do sistema productivo e un proceso de concentración do capital nunca
visto, varrendo a boa parte do tecido de pequenas e medianas empresas en todo o mundo.
Todos eses cambios trouxeron consigo unha reducción considerábel do ritmo de creación
de emprego e de aumento do paro. Os países da periferia foron, sen dúbida, os máis
afectados.
O volume de parados que hai no mundo distribuese de forma moi desigual ente os países:
de feito no conxunto dos 25 países da OCDE o número de parados ronda os 40 millóns (que
representa un 4% do total). Máis concretamente, sabemos que as taxas de paro son moi
elevadas en Europa pero son moito máis modestas en EEUU ou en Xapón (5% e 3%
respectivamente). E dentro de Europa o emprego concéntrase cada vez máis nas grandes
áreas metropolitanas e, pola contra, o paro é alto e crecente en aquelas rexións periféricas e
baixo nível de industrialización. De feito, o Estado Español presenta unhas taxas de paro
duplican á media comunitaria e Galiza está entre as vinte comunidades autónomas ou
rexións europeas con unha maior taxa de paro.

Aínda que a escala do problema en países coma o noso estexan afortunadamente lonxe do
catrastófico panorama dos países latinoamericanos, africanos ou de boa parte de Asia, non
por iso podemos inmunizarnos frente a unha situación claramente preocupante, se a
comparamos coa dos países que nos rodean. E, sobre todo, esa diferente intensidade non
debe impedir comprender que os mecanismos de fondo que provocan o problema nun e
noutro lado son esencialmente os mesmos. Canto máis periférica é unha economía maior é
a súa taxa de paro e de pobreza. Centrándonos no noso contorno, vemos que a UE presenta
un perfil plano no relativo á xeneración de emprego, que contrasta co aumento permanente
do emprego en Xapón ou o forte aumento en América do Norte ou Oceanía, o que se
traduce nunhas taxas de paro do 9-10% que duplican as americanas e as xaponesas. Dentro
da UE, o Estado Español ten o dubidoso mérito de presentar as taxas de paro máis elevadas,
ao redor dun 15% no ano 2000, aínda que en termos relativos compre dicir que mellorou
notabelmente desde aquel 24% que alcanzara coa recesión de principios dos 90. A Galiza,
pola súa parte, supera xa nos últimos anos a media española, situandose neste ano no 16%.
Un dos grandes méritos que pasará á historia da era Fraga é que conseguiu superar a taxa de
paro española!. Efectivamente, no ano 1989 o paro no Estado Español era 5 pontos superior
ao de Galiza (17% frente a un 12%); hoxe temos un ponto máis. Desde 1989 ao 2000
perdemos ao redor de 100.000 empregos netos, mesmo despois da recuperación habida no
último trienio, e aumentamos ao redor de 50.000 parados máis. O “éxito” é mesmo de
escala europea: a nosa taxa de paro duplica a media da UE e “tan só” 15 rexións (das 206
que a forman) nos superan neste indicador.
Un indicador tan importante como a taxa de paro é a taxa de ocupación, que expresa a
proporción entre a poboación ocupada e a poboación en idade de traballar (a de 16 ou máis
anos). Poñendo en relación a caída en picado do volumen de emprego co incremento da
poboación en idade de traballar atopámonos con que as taxas de ocupación alcanzan en
1997 o nível máis baixo da historia (39,2%); este ratio está a unha distancia tal da media
dos países comunitarios (60%) -por non citar EEUU (70%) ou Xapón (75%)- que constitue
en si mesmo un indicador da nosa febleza estrutural e obríganos a pensar moi seriamente no
enorme despilfarro de recursos humanos existente na nosa sociedade, nos problemas de
exclusión social que están implícitos e na dificultade que iso supón para converterse nun
país competitivo. A gravidade deste fenómeno estrutural maniféstase en que desde o ano
1989 o volume de inactivos supera ao de ocupados e, ademais, a brecha entre estas dúas
magnitudes agrándase permanentemente, o que sen dúbida constitue un dos signos máis
preocupantes para a viabilidade económica do noso país pensando nunha perpectiva de
medio/longo prazo.
Esta evolución é realmente preocupante, ou mesmo dramática, cando nos situamos na
perspectiva do longo prazo e nos vemos obrigados a recoñecer que, salvo a levísima
melloría do bienio 1986-88 e do 1998-2000, estamos encuadrados nunha traxectoria de
caída continuada do emprego, e mesmo da poboación activa, o que nos define como unha
economía en declive28. Por exemplo, deixando de lado as fluctuacións intermedias, que nos

28
Nota de actualización: no periodo 1998-2003 houbo unha recuperación importante do emprego; a EPA
reflictiría un aumento de ao redor de 150.000 empregos netos, aínda que á hora de valoralo compre ter en
fixeron pasar por momentos mesmo piores, podemos facer un balance do último cuarto de
século e vemos que se perderon ao redor de 250 mil empregos (o que supón unha reducción
do 20%); a efectos de ponderar en toda a súa importancia ese feito convén reparar que iso
ocorre nun período no que no conxunto español se crearon 2 millóns de empregos netos. Só
Asturias nos acompaña nesa traxectoria desmanteladora. Certamente en ningún dos casos se
trata dun comportamento de intensidade uniforme no tempo senon que presenta un perfil
claramente cíclico. Agora ben, os dados poñen de manifesto que se nas fases de recesión o
emprego cae a plomo, nas fases expansivas do ciclo a penas creamos emprego ou, mesmo,
continua caendo.

3. ¿Por que temos unha taxa de paro tan alta e crecente?.

Á hora de explicar as causas do actual nível de paro o primeiro que compre denunciar e a
inconsistencia das explicacións centradas na demografía. Algunhas explicacións simples
atribuen o aumento do paro ao crecemento demográfico ou ao aumento da poboación activa
derivada da incorporación de xovenes e mulleres ao mercado laboral. Esa é a explicación
simplista do paro no Terceiro Mundo. Deixando de lado a inconsistencia teórica e pouca
utilidade desta explicación cabe subliñar que no caso de Galiza carece de todo fundamento
xa que falla "a maior": a poboación e a poboación activa non só non crecen senon que
mesmo veñen caendo sistematicamente. Como é ben sabido, Galiza presenta unha dinámica
demográfica caracterizada pola regresión e o avellentamento; no que se refire
especificamente á poboación activa ésta é a única Comunidade Autónoma que, xunto con
Asturias, perdeu activos nos dez últimos anos, cando nese mesmo período a poboación
activa do conxunto español aumentou un 10,5%. O resultado é unha caída neta da taxa de
actividade, rompendo a barreira do 50% e situandose xa nun 48,8%, nun nível inferior á
media española e disparatadamente inferior á media dos países europeos (70%).
O problema no noso caso non é, polo tanto, a incorporación dun volume excesivo de xóves
ao mercado laboral senon a radical incapacidade para integrar ao modesto número que se
incorpora. A pesares da melloría dos tres últimos anos a taxa de paro dos máis xoves
sitúase entre un 29 e un 34%. Outro dado que nos revela este mesmo problema é que tan só
un 10,4% dos ocupados son menores de 25 anos, en tanto que en España representan un
13%, sendo tamén este un nível moi baixo a respeito do resto dos países europeos; o que
está en lóxica correspondencia co elevado índice de avellentamento da poboación ocupada
–aínda que decrecente- (o 14% supera os 55 anos de idade cando, p.e., esa porcentaxe en
España se situa nun 11%). Con todo, compre dicir que nesta orde de cousas a situación
mellorou relativamente nestes últimos tres anos, aínda que fose ao prezo dun abuso dos
contratos basura para os novos entrantes.
Outra explicación favorita dos economistas oficiais é atribuir o paro á existencia de
sindicatos e de salarios moi elevados. Segundo eles a existencia dun nível salarial máis alto
que o que eles chaman nível salarial de equilibrio, non inflacionista, provoca un volume de
paro superior ao que sería a “taxa natural" de paro, porque a partir de aí os empresarios
preferirán non contratar traballadores. Se a explicación demográfica o único que fai é

conta, por un lado, o cambio na metodoloxía da EPA de 2000, que tende a clasificar como ocupados a persoas
que antes consideraba como parados ou inactivos e, por outro, que ese aumento queda moi lonxe do
experimentado no conxunto español neses mesmos anos; en todo caso, a expansión parece frearse de novo en
2004.
desviar as culpas do problema a factores externos ao sistema, a explicación centrada nos
salarios ten para os neoliberais a virtude de trasladar a causa do problema aos propios
traballadores e permite ser utilizada como un arma para presionar á baixa os salarios e
culpabilizar aos sindicatos. A solución canónica que se propón, reiterada até o aburrimento
polo Banco de España, é a moderación salarial ou todas aquelas medidas intermedias que
contribuan á reducción dos costes salariais (flexibilidade contractual, reducción de cuotas á
Seguridade Social, etc.). Dada a simplicidade da explicación e a súa reiteración machacona
por todos os medios acaba sendo a explicación máis "popular".
Frente a esa visión simplista dos neoclásicos ergueronse xa hai anos otras explicacións
como as marxistas, estructuralistas ou keynesianas. Para este últimos o nível ou volume de
emprego depende, por un lado, das espectativas dos empresarios relativas á decisión de
investir (valoración do mercado financeiro e do mercado de bens) e, por outro, da evolución
da taxa de xuro, a eficacia marxinal do capital e a demanda final. Polo tanto, nun modelo de
tipo keynesiano, non son os salarios os que determinan o nível de emprego senon que é
xusto á inversa. Se non hai demanda ningún empresario inviste por moi baixos que sexan
os salarios. E non se pode ignorar que os salarios son unha das principais componentes da
demanda e que, na medida en que ésta sexa satisfeita con producción nacional, constitue o
sostén básico para o conxunto da actividade productiva. Non debemos ignorar que as
exportacións ao extranxeiro representan tan só un 10% do noso mercado. Os neoliberais
afirman que a moderación salarial é imprescindíbel para garantir a competitividade dunha
economía no mercado internacional pero, ademais de que se iso é aplicado por todos os
países conduce a unha espiral sen fin, resulta que en realidade sobrevalora a importancia
dos mercados internacionais. De feito as taxas de paro tenden a ser maiores nos colectivos
que se moven dentro dos sectores orientados ao consumo interno e nos segmentos de
traballo máis precarios e nos que os salarios son máis reducidos.
A historia comparada das últimas decadas non permite dar moito crédito ás explicacións
neoclásicas nin tampouco unha avaliación moi positiva das estratexias públicas e privadas
centradas na reforma laboral e a contención de salarios que se veñen aplicando desde
principio dos anos oitenta, baixo a éxida do capital financeiro. De feito como a propia
OCDE ten recoñecido os salarios reais teñense reducido de forma continuada desde a
segunda mitade dos anos setenta até hoxe en todos os países. Ese é o obxectivo real
preseguido polos defensores deste tipo de teorías. Agora ben, esa perda de posicións das
rendas salariais non se teñen traducido en creación de emprego para reducir os niveis e a
taxa de paro. Desde logo, no caso de Galiza, habida conta do escaso proveito que nos
proporcionou o feito de ter un nível salarial medio inferior á maioría das rexións españolas
(un 85% da media) e Comunitarias, o feble aumento dos salarios nominais dos últimos anos
(normalmente dúas décimas ou tres menos cada ano) ou a altísima proporción de empregos
temporais (35% do total) tampouco parece validarse o diagnóstico e a receta neoclásica.
Entón compre preguntarse, ¿porqué reitera ese discurso o Banco de España en todos os seus
informes e todos os creadores de opinión?. Pois porque esa é a estratexia que permite
aumentar o excedente que se reparten as diferentes fraccións do capital, reparto no que o
capital financeiro conseguiu impoñerse como principal beneficiario a través dos tipos de
interese ou o control accionarial das corporacións máis rendibeis. É máis, nesa estratexia o
nível de paro interesa que sexa alto porque é a forma máis eficaz de frear as demandas
salariais. Só iso permite comprender que nun país cunha taxa de paro do 15% de pronto
certos voceiros liberais reclamen a entrada de inmigrantes (a poder ser desprotexidos!),
porque os “nacionais” non aceptan traballos por debaixo de certa soleira salarial e en
condicións de extrema dureza e precariedade.
Alén das explicacións de raiz keynesiana debemos levantar outros aspectos que formarian
parte dunha visión estrutural e marxista do problema do desemprego, referidos ao noso caso
concreto.
No caso concreto de Galiza, o pobre desenvolvimento do capitalismo fai que teñamos
historicamente un mercado de traballo raquítico, cunha taxa de asalarización que apenas
alcanzaba aínda hai ben poucos anos o 55% da poboación activa; moi lonxe da usual nos
países da OCDE29. Temos, pois, un mercado de traballo moi cativo, constituído por algo
máis de seiscentos mil ocupados asalariados e perto de douscentos mil parados; o resto, ao
redor de trescentos mil son os labregos e as diferentes categorías de profesionais e
traballadores autónomos, que non forman parte dese mercado de traballo.
En consonancia co papel periférico da nosa economía, o mercado de traballo galego
caracterízase por ser estructuralmente excedentario e extravertido; o que muda é a forma
baixo a que se manifesta ese exceso de oferta a respeito dunha demanda moi cativa e
restrinxida de man de obra. Hoxe maniféstase en altas taxas de paro, cando, en décadas
pasadas, ese desequilibrio manifestábase sobre todo nos "fluxos migratorios" (de feito o
saldo migratorio acumulado no período 1960-73 representaba un desequilibrio do 32% a
respeito da oferta total de man de obra galega). O modelo de crecemento económico que se
impón a partir dos anos 50 era e segue a ser pouco creador de emprego (no período 1960-73
aumentou un 0.47% anual e no período 1976-96 diminuiu un 1,6% anual),
fundamentalmente porque está moi orientado cara actividades que incorporan pouca
transformación aos productos e porque non se desenvolveu a industria proveedora de
tecnoloxía e bens de equipo. Por iso cando se estancan os movementos migratorios e se
produce o retorno masivo dos emigrantes (na década dos noventa os retornos cuadriplican
xa as saidas) Galiza encóntrase cun asombroso excedente laboral. Ao pecharse a última e
única vía internacional posíbel que representaba Suiza queda tan só unha certa emigración
ás áreas expansivas do Estado Español, nomeadamente Madrid, coa peculiaridade de que a
maioría dos actuais emigrantes son persoas formadas, maiormente con titulación
universitaria E iso ocurre paralelamente á profunda crise na que se viron inmersos os
sectores clave que impulsaran o tímido proceso de industrialización dos anos sesenta-
setenta e ás aceleradas transformacións experimentadas por unha agricultura exposta á
competencia internacional nuns mercados excedentarios e unha política netamente
desmanteladora.
A combinación dese fenómeno co forte ritmo de destrucción de emprego na agricultura e na
industria nos últimos quince anos deu lugar un alza vertixinosa da taxa de paro que
alcanzou o seu máximo histórico en 1996, chegando a un 19% da poboación activa. Aínda
que tendo en conta de forma rigorosa o estricto marco do mercado de traballo asalariado
esa taxa de paro sitúase en torno a un 31%.
Sen dúbida, as dificuldades actuais do emprego en Galiza teñen moito que ver coa
incapacidade para consumar o cambio estrutural que as economías desenvolvidas realizaron
ao longo do século XX. Nestes países a restruturación do sector agrario foi un proceso

29
A caída espectacular do emprego agrario nos últimos anos está facendo que nos aproximemos rapidamente
aos níveis de asalarización dos paises da OCDE, de feito á altura de 2004 estamos perto do 75%. Isto quere
decir que o aumento desa ratio se deba a un súbito dinamismo do mercado de traballo, que foi realmente moi
modesto (NdA).
relativamente prolongado que se deu paralelamente ao crecemento da industria, de forma
que os excedentes agrarios nutrian o mercado de traballo desta última. No noso caso dase
un proceso tardío e acelerado que se realiza nas dúas últimas décadas cunha brutal
reducción a menos dun tercio do emprego no sector agrario, pero en cambio non houbo un
dinamismo suficiente nos demais sectores que pudese absorber ou compensar estas perdas
de emprego do sector primario. Máis ben ocorre todo o contrario, paralelamente ten lugar
un serio declive do sector industrial e, en consecuencia, tampouco non existe unha base
suficientemente sólida para que o sector servizos teña o dinamismo necesario para
compensar ese proceso. Esa incapacidade para encauzar de forma creadora os excedentes
xenerados podería permitir, parafraseando a Schumpeter, calificar ese proceso como un
proceso de "destrucción destructiva".
O único sector que pode dicirse que tirou do emprego foi o sector servizos, cando menos na
segunda metade dos oitenta e na segunda metade dos noventa, coincidindo con sendas fases
expansivas do ciclo económico. En todo caso o proceso de terciarización que está aínda
lonxe do estándar das economías do noso entorno (51% fronte ao 60-65% da maioría dos
países europeios). Unha terciarización limitada, por outra parte, polo feito de estar asentada
sobre todo na expansión do emprego público ou parapúblico (Administracións, sanidade,
educación...); unha expansión sólida dos servizos privados e empresariais só é viábel na
medida en que o resto das actividades productivas se expandan. Nese sentido bótase en
falta un mínimo desenvolvimento de actividades ligadas á creación, armacenamento,
xestión e difusión da información nas diferentes áreas, as diversas industrias culturais, etc.

4. Os cambios na economia mundial e o debate da flexibilidade

Considero que, máis aló das causas específicas indicadas nos pontos anteriores, existe unha
causa básica que explica a nosa perda de emprego e alta taxa de paro que é a incapacidade
das nosas empresas e/ou do goberno para xestionar adecuadamente e adaptarnos a tres
grandes cambios das dúas últimas décadas: o cambio estrutural dos sectores productivos a
nível mundial (Novas tecnoloxías), os cambios nas relacións económicas internacionais
('globalización') e a incorporación á Unión Europeia. Non podemos abordar aqui
extensamente os tres asi que contentaremonos cos dous primeiros, empezando polo
segundo.
Tomando á súa maneira algún destes aspectos os ideólogos e creadores de opinión
neoliberais tratan de convercer á opinión pública de que entramos definitiva e
inevitabelmente nun contexto de competencia global e que esa competencia obriga a todos
os países a adoptar políticas de reducción dos salarios e de precarización do mercado de
traballo (eles chamanlle “flexibilización”). É necesario discutir eses aspectos.
Coa emerxencia e puxanza nos mercados intenacionais dos chamados Novos Países
Industrializados, sobre todo os non tan “novos” do sudeste asiático, a expansión
espectacular de China desde os plans das catro modernizacións e as potencialidades aínda
dormidas dos países do Leste Europeo podemos dicir que asistimos a unha fase de cambios
profundos na D.I.T.. E, efectivamente, son moitos os factores que indican que a
competencia no mercado mundial estará baseada nuns costes moi baixos para os productos
de baixa intensidade tecnolóxica. Non cabe dubida que isto define un marco de fortes
restriccións para a evolución futura das rendas nos diferentes países; en especial, vai
condicionar grandemente as posibilidades de evolución dos ingresos das capas da
poboación máis desfavorecidas dos países centrais, ao mesmo tempo que pode afectar ás
posibilidades de acercamento dos ingresos reais da poboación das diferentes rexións dentro
de Europa. Sen embargo, nos productos que incorporen unha proporción elevada de
coñecemento e tecnoloxía as tendencias poden ser moi diferentes; e tecnoloxía e
coñecemento acaba entrando en case todos os productos coñecidos.
Polo tanto, esa tendencia non debe levarnos á conclusión de que son os baixos salarios o
único ou o principal factor que vai determinar a capacidade de cada economía no mercado
mundial e a súa capacidade para crear emprego. Por un lado, no que respecta á
competitividade da industria xa instalada, a necesidade de man de obra cualificada e a
reducción da súa cantidade permite ganar competitividade aos países con altos salarios.
Nese sentido debe terse en conta que a tecnoloxía moderna non só afecta ás denominadas
industrias de 'alta tecnoloxía', senon que se introduciu tamén plenamente en aquelas que se
denominan “tradicionais”, que en xeral supoñían técnicas de traballo intensivo. Certamente,
iso leva a reducir drasticamente as súas necesidades de man de obra e alterando os seus
sistemas de organización, pero evita a súa desaparición.
Por outra parte, no que respecta á localización de novas empresas, todo o anterior reduce a
avantaxe que os países con baixos salarios tiñan anteriormente para atraer industrias e
reforza a tendencia a localizar a industria nos países desenvolvidos. Na realidade o capital
prefire cada vez máis a innovación nos procesos productivos e organizativos, o acceso a
mercados de traballo de altas cualificacións e o acceso a redes de infraestruturas de
comunicación e telecomunicación, que virían garantizados por unha localización central e
mesmo metropolitana. Iso sí, ese capital presiona intensamente para unha reducción dos
niveis salarais e unha precarización dos empregos tamén nos países centrais. Os factores
que tenden a localizar a nova industria nos países máis industrializados reforzaronse
significativamente coas novas pautas de organización productiva: a organización flexíbel
dos procesos productivos que esta permite, a fertilización entre sectores productivos, as
economías de gama, a terciarización das manufacturas, son outros tantos factores que
tenden a reforzar as avantaxes da localización no centro. Tampouco parece que a
importancia dos tamaños de mercado se reduza cos novos sistemas de producción. De aquí
que, frente á idea tan machaconamente repetida polas autoridades económicas, as grandes
correntes internacionais de capital productivo seguense a concentrar nos países avanzados
(Alemania, Holanda, UK, Francia ou Xapón e os Estados máis dinámicos de USA) e
diminua fortemente o investimento nos países ou rexións atrasadas. De feito, o
investimento directo que realizan as empresas multinacionais no Reino de España non se
dirixen ás áreas de baixos salarios (Galiza non ven captando máis aló 0.5% desde hai
moitos anos) senon polo contrario ás áreas madrileña e catalana (nas que os salarios son
considerabelmente superiores aos galegos). Algúns autores incluso empezan a estudiar os
procesos de relocalización das empresas que tiñan estabelecido plantas importantes en
países menos desenvolvidos, que reverten agora o proceso volvendo a implantarse nos
países centrais.
Sexa como sexa o certo é que o argumento da globalización e a competitividade ven sendo
utilizado como arma e como ameaza na estratexia de doblegar a clase traballadora dos
países desenvolvidos (e dos subdesenvolvidos, porque alí os argumentos son os mesmos).
De feito, un dos temas candentes no debate social e político da última década foi (e segue a
ser) a reforma do mercado laboral e particularmente as medidas tendentes á súa
flexibilización impulsadas por todos os gobernos europeos e con especial radicalismo por
parte dos sucesivos gobernos españois.
Arguméntase que a flexibilidade é un signo dos tempos e resulta ser imprescindíbel para a
creación de emprego. O problema está en que o concepto de flexibilidade reduceno á
relativa ó traballo e, máis aínda, a flexibilidade de figuras contractuais, como ocorre no
debate español. É ese un grande desenfoque. A flexibilidade real da economía garántese
mellor con innovacións que permitan unha diversificación de productos e unha adaptación
ás pautas de consumo de mercados cada vez máis segmentados; garántese tamén con
automatización flexíbel que permita a polivalencia e adaptabilidade dos procesos
productivos; garántese cunha organización da producción en redes de empresas
descentralizadas. ¿Qué ocorre? Que o investimento empresarial neses novos bens de equipo
e en I+D é demasiado feble. Obviamente, explicar porqué obríganos a remitirnos ás
características do noso tecido empresarial e, !como non!, do sistema financeiro e da
"orientación" da política económica e industrial; está claro que as altas taxas de xuro até hai
ben poucos anos, que duplicaban os de moitos países europeos, constituen unha das
principais rixideces do sistema que frea realmente o proceso transformador. Aí aparece a
responsabilidade deliberadamente camuflada do sistema financeiro, que se converteu no
auténtico rentista que parasita sobre o sistema productivo mermando a capacidade de
acumulación toda vez que “forza” ás empresas productivas a reduplicar a taxa de
explotación da mau de obra.
Moitos estudos independentes amosan que a excesiva flexibilidade nas modalidades de
contratación e a precarización do emprego teñen consecuencias negativas non só sobre as
desigualdades sociais senon e sobre todo sobre a competitividade dinámica dunha
economía.
Desde un ponto de vista social, a crecente precarización do mercado de traballo, unida á
escasez de postos de traballo e a un elevado nível de paro, permiten o deterioro das
condicións de traballo no interior das empresas (que afecta ás condición de seguridade e
hixiene no traballo e por ende aos gastos sanitarios); acrecenta tamén as disparidades
salariais e da lugar a situacións de subemprego cada vez máis frecuentes; no caso extremo,
contribue á extensión do volume de poboación afectada por fenómenos de marxinación e
exclusión social.
Agora ben, para os máis economicistas será preciso destacar especialmente a importancia
dos efectos regresivos que esa precarización ten desde un ponto de vista macroeconómico.
Aínda que non é o lugar para expoñer as causas explicativas, sabemos que o aumento da
precarización vai ligado a un aumento maior do volume de emprego en actividades de baixa
"productividade" (tanto en industria como en servizos) e un empioramento das condicións
microeconómicas da productividade, feitos que só poden traducirse nunha merma da
productividade global da economía; no contexto dunha economía internacionalizada, e máis
aínda no caso dunha economía rexional, esa caída da productividade global da lugar a uns
costes e uns prezos para os bens e servizos excesivamente altos (que se traducen en
inflación) e conduce a unha merma da competitividade da economía. Esa é unha, entre
outras, das razóns que explican o galopante deterioro da nosa nosa balanza de pagos e, por
extensión, a consolidación do carácter periférico da nosa economía. O noso sistemático
aumento dos prezos por enriba da media española e o deterioro acelerado da nosa balanza
comercial son algúns dos signos, aínda que non os únicos, do que vimos indicando.
Nos mercados máis importantes e dinámicos, o traballo precario e os baixos salarios non
son unha condición esencial para a competitividade, que depende en moita maior medida de
outros factores como capacidade de adaptación, innovación e calidade, os que, a miúdo, son
dificeis de alcanzar con man de obra que opera en condicións de precariedade.
Iso non quere dicir que que os ideólogos e creadores de opinión neoliberais deixen de
reclamar flexibilidade e baixos salarios. Para eles ese é o seu obxectivo real e non outro,
como dixemos.
Neste sentido a experiencia dos EEUU pode resultar ben ilustrativa das consecuencias
sociais dexenerativas da estratexia precarizadora e de baixos salarios. Nos últimos tempos,
algúns autores e sobre todo os creadores de opinión, chaman a atención sobre a capacidade
da economía americana para crear emprego na última década, cando a Europea atravesou
anos de estancamento. E asegúrase que esa creación de emprego foi posíbel gracias a unha
radical desregulación do mercado de traballo, permitindo unha flexibilidade absoluta na
contratación, con salarios baixísimos, etc. O diagnóstico de autores como Rifkin, que foi
asesor de Bill Clinton, sobre a evolución do problema laboral en Estados Unidos está moi
lonxe do optimismo co que o ven algúns políticos europeos. O problema é que ese modelo
de creación de emprego está facendo que a sociedade américa se pareza cada vez máis ás
sociedades do sudeste asiático: volve a aumentar a xornada laboral (de feito xa alcanza as
48 horas semanais, como media); desaparecen as vacacións pagadas; os traballadores teñen
que aceptar unha completa flexibilidade horaria; non contan con seguridade social; os
salarios redúcense até límites que non garanten a vida dunha familia e mesmo non garanten
a do individuo, etc. E o caso é que igual que antes se decía que a moeda má destrue a boa
agora tamén podemos dicir que o traballo precario destrue o traballo bon. En consecuencia,
deixados ao libre xogo do mercado, esa situación conduce a un progresivo deterioro das
condicións de vida e traballo da maioría da poboación.

5. As novas tecnoloxías, o paro e a xornada laboral

Un dos cambios estruturais de maior envergadura neste último tercio de século esta
constituido pola emerxencia das Novas Tecnoloxías e a súa difusión ao longo do sistema
productivo. Estes cambios teñen un doble efecto sobre o traballo, por un lado, reducindo as
necesidades de traballo por unidade de producto e, por outro, modificando cualitativamente
a composición do traballo e as cualificacións requeridas para o seu desempeño.
Repararemos aqui no efecto cuantitativo sobre o volume de emprego e os conseguintes
efectos sociais.
Nun recente libro titulado The end of work , Jeremy Rifkin plantexa a tese de que o cambio
tecnolóxico, plasmado particularmente nas novas tecnoloxías da información e das
comunicacións, provoca unha elevación tan importante da productividade que reduce de
forma inevitábel as necesidades de traballo. De forma análoga ao plantexado por Marx a
respeito do cambo tecnolóxico do XIX, considera que si esa reducción das necesidades de
traballo non vai acompañada dunha reducción do tempo de traballo e un conseguinte
aumento do tempo de ocio, derivará inevitabelmente nunha extensión cada vez maior do
desemprego, creando unha subclase de marxinados e pobres que irá en permanente
aumento que serán excluidas da vida activa.
No pasado reduciuse enormente o emprego na agricultura e ese proceso continua e
agravarase a medida que se introducen as novas tecnoloxías informáticas e tamén as novas
tecnoloxías químicas e xenéticas; nas décadas recentes as novas tecnoloxías sustituiron
moitos dos empregos manuais do sector industrial, pero na actualidade empezan a
destruirse tamén empregos nas áreas de administración e xestión (sustitución do cerebro
humano por software, reenxeñería da dirección e da organización...). Até hai poucos anos o
sector servizos foi un sector xenerador de novos empregos pero os progresos da informática
e as telecomunicacións (transaccións informatizadas vía Internet, pe) cada vez
desaparecerán máis empregos nas actividades de servizos (Banca, comercio, transporte,
etc). Tan só as actividades de ligadas ao coñecemento experimentaron un aumento
(científicos, técnicos, programadores, profesionais, educadores, asesores...), pero este sector
non poderá absober máis que unha moi pequena parte da oferta laboral que se xenerará coa
destrucción de millóns de postos de traballo como consecuencia das tecnoloxías da
información.
Precisamente ese “matiz” derivado do feito de que paralelamente á destrucción de
empregos tamén hai unha certa creación de empregos nas novas actividades é polo que
resulta necesario reparar na diferente capacidade que mostran os diferentes países para
entrar nesas novas actividades. Realidades como a nosa, de caída continuada do emprego,
predispoñennos a aceptar algunhas explicacións sobre o “fin do traballo” como
consecuencia das novas tecnoloxías; sen embargo, a realidade empírica mundial é máis
matizada e menos fatalista: os países da OCDE veñen experimentando un aumento do
emprego de forma máis ou menos lenta pero continuada. Polo tanto, hai unha crise de
emprego e de paro moi agudas, iso é certo, pero os dados non permiten afirmar que se
reduzan o número de empregos en todas as actividades e en todos os países. En
consecuencia, non nos pode servir de disculpa ou consolación para aceptar o noso declive.
O problema está sobre todo en que o emprego e o paro están moi desigualmente repartidos,
entre os países e entre as persoas. Outro problema ligado a ese pero diferente é o feito de
que exista unha crecente precarización dos mesmos, con condicións de traballo, de salario e
de contratación regresivas.
En xeral, esta crise do emprego maniféstase particularmente no sector primario e
secundario. O problema máis serio témolo os países que non fomos capaces nin de
diversificar e innovar suficientemente na nosa industria como para xenerar un certo “efecto
compensación”, nin tampouco fomos capaces de desenvolver as novas actividades
terciarias que deberian crear unha certa bolsa de novos empregos. Somos esencialmente
consumidores de novas tecnoloxías, que reducen as necesidades de mao de obra, pero nós
non as producimos, razón pola que temos pouca capacidade para crear novos empregos.
Nestes casos, a caída do emprego ten efectos negativos de carácter acumulativo.
Claro está, por outra oarte, que os efectos indeseábeis da aplicación das novas tecnoloxías
non deriva das tecnoloxías en si mesmas senon da modalidade en que a sociedade e as
empresas as incorporan. As novas tecnoloxías permiten liberar ao ser humano de unha
grande parte das tarefas de traballo e aumentar a capacidade productiva da sociedade pero,
como xa nos advertira Marx, a súa introducción non se realiza con ese fin senon co
obxectivo de reducir costes e aumentar beneficios no marco dun mercado competitivo. Por
iso o aumento de productividade non se dirixe a reducir o tempo de traballo ou aumentar o
ingreso dos traballadores senon a reducir costes. De aí o permanente contraste entre as
promesas ilusionantes dos utópicos da tecnoloxía e a dura realidade da súa aplicación: “Si
non se reparten as enormes ganancias de productividade, resultado da revolución propiciada
pola alta tecnoloxía, senon que se empregan principalmente para aumentar os beneficios
das empresas, para outorgar maiores dividendos aos accionistas, para retribuir mellor aos
altos executivos das multinacionais, así como para que a emerxente élite de traballadores
implicados nos novos coñecementos da alta tecnoloxía, as probabilidades de que as
crecentes diferencias entre os que o teñen todo e os que non teñen nada conducirán, sen
dúbida, a disturbios sociais e políticos a escala global” (Rifkin, 34).
¿Por que as promesas liberadoras da tecnoloxía se convirten nun calvario para moitos
traballadores?. As políticas aplicadas respondian á idea de que os progresos do lado da
oferta se traducen facilmente nun aumento da demanda e, por esa via, na creación de
emprego. Considerábase que o aumento da productividade permitía reducir os costes de
producción e aumentar a oferta de productos baratos que estimulan o nível adquisitivo,
amplian as dimnsións do mercado e en consecuencia xeneraban un maior número de postos
de traballo. As perdas de empregos debidas á introducción de cambios técnicos serían
compensadas polo aumento do volume de producción para satisfacer o aumento da
demanda, sexa esta do mesmo tipo de bens pero agora máis baratos, sexa polo destino da
capacidade adquisitiva extra para adquirir outro tipo de bens.
Pero a experiencia histórica dinos que os mecanismos de mercado están moi lonxe de
xenerar esa compensación: a gran depresión dos anos trinta, nun período de grandes
cambios tecnolóxicos evidencia a dificultade de crear a demanda adicional. Nesas
condicións o tempo libre creado polas novas tecnoloxías consiste fundamentalmente en
desemprego 30 . A creación da cultura do consumo de masas foi un modelo arduamente
construido polos “enxeñeiros sociais” e polo Estado, co obxecto de transformar ao
traballador nun voraz consumidor. A pesar de todo tivo que ocorrer unha importante
reducción do tempo traballo (reducción da xornada laboral a oito horas, cinco dias a
semana, vacacións pagadas). A expansión do sector público foi tamén un elemento básico
para absorber a crecente producción e crear emprego.
Tomando en consideración os cambios sociais e políticos asociados á introducción das
novas tecnoloxías Rifkin pon de manifesto o feito de que éstas non afecten tan só á clase
traballadora senon que están empezando a afectar tamén á clase media. De feito considera
que o declive da clase media na pasada década non foi maior debido á incorporación da
muller ao traballo, o que permitiu manter o nível do ingreso familiar, senon o deterioro teria
sido notábel xa que o salario medio declinou. Neste cambio tan só unha reducida élite
cosmopolita constituida polos executivos e técnicos ligados ás actividades intensivas en
coñecemento están experimentando unha millora da súa posición, incrementando a súa
importancia e poder dentro da producción e aumentando a súa capacidade para incrementar
os seus ingresos de forma significativa, constituindo un polo reducido en torno ao cal se
está producindo unha grande concentración da renda e da riqueza (en 1989 o 1% das
familias americanas ingresaban o 14,1% da renta total dos USA, era propietario do 38,3%
das rendas totais netas e do 50,3% dos activos financeiros netos do país). Na década dos 80
o 5% máis rico viu aumentar notabelmente os seus ingresos medios, en tanto que o 20%
máis pobres experimentou unha diminución.
No caso de Galiza podemos observar dados que van na mesma dirección. Asi por exemplo,
as remuneración media por hora traballada da categoría profesional dos “empregados”
distanciouse notabelmente da remuneración da dos “obreiros”. Se a diferenza en 1989 era
de 340 pts/hora, no 2000 é de 700 pts/hora.
Todos eses cambios traen como consecuencia unha sociedade moi desestruturada, con
auténticas subclases que se reproducen dentro da marxinación, con un aumento da violencia

30
Esta reflexión xeral non debe inducir a erro cando falamos de cada país ou empresa en concreto. No
contexto actual en un mundo en competencia está claro que quen máis empregos perde é que se quede atrás na
innovación e na introducción de novas tecnoloxías. E son xustamente os máis innovadores e os máis rápidos e
eficientes na utilización das novas tecnoloxías os que crearan novos empregos.
e da represión, o que pon en perigo a maioría das conquistas sociais e mesmo as conquistas
da civilización.

6. Mirando cara adiante, por un futuro diferente

O mundo que nos ofrecen os neoliberais xa sabemos onde acaba. As forzas da esquerda
teñen que romper o pensamento único –ou pensamento cero- e erguer un novo discurso,
unha nova alternativa que sexa capaz de preservar as conquistas sociais e avanzar no
camiño dunha sociedade que compatibilice a creación de riqueza cunha distribución máis
igualitaria da mesma, que sexa integradora e poña a calidade de vida no centro do sistema
económico.
No noso caso concreto, o período Fraga foi dos máis negativos para emprego de todo o
Século XX (se excluimos a Guerra Civil). Sobre todo os oito primeiros anos. A economía
galega creceu a un moi baixo ritmo e fixo que se perderan nin máis nin menos que 160.000
empregos. O fracaso ecónomico do PP non pode ser ocultado pola insistente e machacona
manipulación da información
Obviamente os maus resultados económicos non poden achacarselle integramente ao
goberno da Xunta. Algúns dos problemas de emprego poden ser achacábeis ao proceso de
reconversión dos diferentes sectores productivos, aos problemas de capacidade empresarial
para adaptarse aos cambios, aos problemas derivados das políticas de Bruselas e Madrid
(agricultura, pesca, naval, etc) pero unha parte importante da responsabilidade está
precisamente na docilidade frente a Bruselas e a Madrid e nos desatinos e falta de ideas de
alcance e iniciativas por parte da Xunta neste período.
Compre, polo tanto, mudar o rumo. Nesa dirección o primeiro paso é a elaboración de
políticas activas para conducir o proceso de cambio estrutural, crear emprego e evitar o
esfaragullamento da sociedade. Compre recoñecer con rotundidade algo que a nosa
experiencia histórica mostra con teimosía e é a insuficiencia dos mecanismos do mercado
para sair dese círculo vicioso do paro e destrucción de emprego. É necesario un esforzo
esóxeno ao sistema de mercado que permita crear emprego nunha escala suficiente para ir
reducindo ese índice de dependencia do 60% da poboación en idade de traballar. E ese
esforzo só pode vir da man dunha acción coordinada dos diferentes niveis da
Administración deseñada con criterios estratéxicos e dirixida a modernizar e consolidar o
sistema productivo. Compre asumir o esforzo de deseñar políticas agrarias e industriais con
estratexias adaptadas ás condicións de cada economía, asumir a dimensión
comercializadora como componente estratéxica na vida das empresas e no deseño das
políticas.
Nesa estatexia o papel das empresas públicas existentes, ou por crear, poden constituir un
instrumento esencial estruturador das iniciativas dinamizadoras, fortalecendo a capacidade
innovadora ou construindo unha integración de sectores atomizados con vistas a garantir
unha capacidade comercializadora competitiva nos mercados mundiais.
Outras das medidas imprescindibeis é unha nova regulación do sistema financeiro que
garanta o seu compromiso coa actividade productiva; asi como a implementación de
políticas monetarias e de tipos de cambio que favorezan a competitividade da producción
no mercado interior e nos mercados internacionais, o que entre outras cousas favorecería a
producción propia de tecnoloxía.
Crear unha economía moderna en Europa nas portas do século XXI require priorizar a
capacidade innovadora (non pensando só nas altas tecnoloxías senon en todos os sectores),
re-construir o sistema educativo para adaptalo ás necesidades do sistema productivo. E no
relativo á man de obra o máis urxente sería mellorar a súa cualificación técnica, a súa
adaptabilidade aos cambios contínuos e xenerar mecanismos que incentiven o compromiso
coa calidade no traballo.
E, finalmente, hai que recoñecer que a principal vía de reducir o paro a nível global consiste
en redistribuir o tempo de traballo entre os que traballan, con productividades crecentes, e
os que non poden facelo. A redución do paro nunha dimensión importante só pode vir da
man dunha reducción da xornada de traballo de forma paralela ao aumento de
productividade. Está claro que é un problema complexo e difícil de xestionar porque só
pode estabelecerse a partir dun mínimo acordo entre todos os países ou polo menos de
aqueles importantes no comercio mundial. É complicado tamén porque necesariamente
afectaría a capacidade de consumo dos individuos e, ademais, obriga a reeducar aos
individuos para o uso dese tempo libre. E, sobre todo, obriga a poñer ao capital financeiro
no seu sitio e, seguramente, a cambiar moitas reglas no actual sistema de relacións
internacionais. Con todo é o único xeito realista de abordar o problema desde unha
perspectiva global. Máxime se temos en conta os límites do planeta para soportar unha
explotación tan intensiva.

Algunhas referencias bibliográficas

J. Rifkin, The end of work. The decline of the global labor forceand the dawn of the
postmarket era, N. York, Putnam B.G., 1994. (Existe traducción española en Paidós, 1996).
F. Rodríguez, Empleo y nueva relación salarial en la Unión Monetaria, Madrid, Ediciones
de la Catarata, 2000.
X. Vence, Capitalismo e desemprego en Galiza, Vigo, Ed. Xerais, 1986
X. Vence (ed), Industria e innovación, Vigo, Edicións Xerais, 1998.
X. Vence, “Crise de emprego e laminación do sistema productivo”, A TRABE DE OURO,
N. 21, 1994.
X. Vence, “Mercado de traballo e dinámica do sistema productivo. Creación de emprego e
formación para a cohesión social” en L.Sobrado (ed), Orientación e inserción profesional,
Barcelona, Editorial Estel-USC, 1998.
ANEXO ESTATÍSTICO
Cadro 1: Poboación Ocupada en Galiza por Sectores (1976-1999)(Actualizado a 2003)

Total Agricultura Industria Construcción Servicios


1976 1195,5 569,6 205,2 92,6 327,9
1980 1050,0 446,4 175,9 99,4 328,2
1985 997,4 455,3 154,4 65,0 322,7
1990 1028,4 328,5 156,4 97,9 445,6
1995 914,1 246,3 138,5 95,9 433,4
1997 905,5 185,8 152,2 101,3 466,3
2000 1048,0 173,2 192,9 125,7 556,1
2002 1087,8 139,0 220,3 131,8 605,2
2003 1104,8 132,0 209,3 130,3 633,2
Fonte: INE, EPA IV Trimestre.

Cadro 2: Taxas de Paro por Grupos de Idade 1988-99 (Actualizado 2003)


Total 16-19 anos 20-24 anos 25-54 anos 55 e máis
1988 12,1 21,9 28,7 11,6 3,4
1991 12,6 27,0 27,2 11,9 3,4
1992 17,1 42,8 34,6 16,0 5,6
1994 19,6 39,4 43,1 19,2 5,6
1996 19,1 40,3 40,3 17,7 7,1
1998 17,0 34,1 33,0 16,3 6,2
1999 16,1 34,2 28,6 15,4 6,8
2000 14,4 31,6 27,0 13,3 7,8
2002 12,0 21,2 25,1 11,4 5,1
2003 13,4 29,1 25,4 12,9 6,4
(1) Porcentaxe de parados a respeito da poboación activa de cada grupo de idade
Fonte: INE, Encuesta de Población Activa. IV Trimestre.
A ESTRUTURA SOCIAL ACTUAL E AS DESIGUALDADES DE INGRESO:
¿”NADAMOS NA AMBULANCIA”?

Introducción: unha sociedade salarial e terciarizada

A economía e a sociedade galegas experimentaron nas últimas décadas unha profunda


transformación. É un proceso de cambio que arranca nos anos sesenta e que adquire perfís
desestruturantes coa profunda crise agraria e industrial dos anos setenta e oitenta. Neste
periodo Galiza deixa de ser unha economía e unha sociedade esencialmente agrarias, de
feito hoxe apenas quedan 70.000 ocupados agrarios de alta na Seguridade Social31 e 27.000
na pesca. A crise industrial fixo que a dimensión deste sector esmorecese durante os oitenta
e a primeira parte dos anos noventa; coa recuperación dos últimos anos apenas alcanza a
recuperar o volume de ocupados que tiña trinta anos antes (215.000 en 2004). O único
sector que experimenta unha expansión sostida é o sector servizos que xa supera os 635.000
ocupados, representando na actualidade o 57% do emprego total. Isto evidencia un
avanzado proceso de terciarización que, se ben non acada os níveis dos países europeos
desenvolvidos, si marcan un cambio radical a respeito da nosa situación hai vinte ou trinta
anos. Sen entrar nunha valoración dese cambio, que presenta moitas sombras concretadas
nunha grande cantidade de perdedores nese proceso de cambio estrutural no que a
compoñente destructiva domina sobre a criativa32, o certo é que desde o ponto de vista
sectorial a nosa economía a principios do século XXI presenta unhas proporcións que se
van aproximando as dos demais países europeos. Outro problema no que tampouco
entramos aquí é o derivado das diferenzas cualitativas e feblezas comparativas que se
esconden detras desas proporcións, que explican que a nosa posición relativa no ranking de
crecemento ou de renda per capita se manteña nos últimos lugares.

Pero a mudanza non foi só sectorial senon e sobre todo social. Alí onde hai apenas unhas
décadas predominaba o precapitalismo, hoxe as relacións salariais son claramente
dominantes: o 75% dos ocupados en 2004 son asalariados. Nese periodo o capitalismo
varreu o groso da producción precapitalista no agro e nos servizos. Os pequenos
propietarios, tan loubados no discurso neoliberal, foron desaparecendo nun proceso de
reconversión acelerado provocado precisamente por políticas neoliberais. Paralelamente, alí
onde antes había emigración e subemprego agora hai sobre todo paro, algunha emigración –
cualitativamente diferente- e algunha inmigración.

Outra dimensión do cambio social é o que ten que ver coa orixe dos ingresos das familias e
dos individuos. A mercantilización crecente da producción, a extensión das relacións

31
Con certeza, iso non significa que a totalidade dos 250.000 pensionistas agrarios rompesen totalmente os
seus vencellos coa actividade productiva; pola contra, unha boa parte deles continuan contribuindo ao traballo
familiar para alén da sua xubilación legal.
32
Alén dos capítulos do presente libro que fan referencia a algúns deses aspectos, temos dado conta deses
cambios de xeito extenso nos seguintes traballos: X. Vence (2000), “Cambio estrutural e innovación na
economía galega. Os retos na soleira do século XXI”, Revista Galega de Economía, vol 9, n 1.pp. 43-88; X.
Vence (2001), “Forzas e feblezas dun vello país. Unha economía en mutación e en crise”, en V. Freixanes
(dir), Galicia. Unha luz no Atlántico, Ed. Xerais, pp. 286-323; X. Vence (2002), “Desde a Guerra Civil ao
século XXI: Transformacións e declive dunha economía periférica”, en G. Constenla e L. Domínguez (eds),
Tempos de Sermos, Servicio de Publicacións U. Vigo.
salariais e do Estado do Benestar mudaron de natureza e fonte dos ingresos. Alí onde hai
apenas duas décadas tiñamos sobre todo rendas do traballo autónomo e asalariado hoxe
temos unha estrutura de rendas moito máis complexa: temos case 700.000 pensionistas,
algo máis de 800.000 asalariados, 250.000 autómos e empresarios e 180.000 parados –dos
que só unha pequena parte perciben subsidios-.
Esas mudanzas trasládanse igualmente á esfera de consumo, incorporando patróns de
consumo semellantes aos das sociedades desenvolvidas, facendo que o nível de vida das
familias dependa cada vez máis integramente das súas rendas monetarias.

Mudanzas sociais importantes son tamén as que se producen coa rápida elevación do nível
de escolarización da poboación xoven, incluindo a educación universitaria, ou coa
transformación da familia e a progresiva incorporación das mulleres ao mercado de
traballo, aínda que sexa fundamentalmente pola vía da feminización do paro 33 como
consecuencia da escasa capacidade de criación de emprego. A extensión dos servizos e en
particular do Estado do Benestar explica en boa medida esa evolución, ao propio tempo que
o caracter modesto e limitado deste último explica que a incorporación efectiva da muller
ao emprego sexa comparativamente aínda moi inferior á dos países europeus.

Polo tanto, entre os dados claves dese cambio social hai salientar a importancia adquirida
polo sector público, tanto polos empregos xenerados pola administración e o conxunto de
servizos públicos, coas conseguintes rendas en forma de salarios, como pola extensión dos
pagos e prestación a unha proporción cada vez máis ampla de xubilados e pensionistas, que
reflicten entre outras cousas o acusado avellentamento da nosa poboación. A pesar de ser
un sector público modesto a respeito do noso entorno marca unha diferencia cualitativa a
respeito da situación que había tan só duas décadas atrás. Claro está que a importancia
adquirida polo sector público neste periodo pode resultar parcialmente paradóxica co
ambiente dominado por políticas neoliberais orientadas ao recorte do sector público. O
certo é que hai moitas outras razóns que explican a importancia adquirida: en primeiro
lugar, o proceso político de creación da Administración Autónoma e dos servizos
asociados; en segundo lugar, a creación dun certo Estado do Benestar a partir dunha
realidade de carencias herdadas enormes en comparación co contexto europeu; e, terceiro, a
propia crise dos sectores básicos, o escaso desenvolvemento de novos sectores, o paro,
envellecemento da poboación, etc que forzaron a ampliación dos mecanismos de protección
social. De feito, ese proceso deu os pasos máis importantes nos anos oitenta, cando as
políticas máis abertamente neoliberais aínda empezaban a agromar. Precisamente, o
contexto de políticas neoliberais, endurecidas nos anos noventa, o que axuda a comprender
é porque ese sector público non foi máis alá (en particular, é clamoroso en termos
comparativos co contexto europeu a reducidísima cobertura de asistencia e coidado público
á infancia e á vellez, que son condicionantes radicais para a incorporación da muller á vida
laboral).

En consecuencia, a nosa estrutura social arrastra algúns problemas propios dunha economía
relativamente subdesenvolvida e periférica pero no fundamental os seus trazos definitorios,

33
As diferencias nas taxas de paro son realmente espectaculares: 20,5% no caso das mulleres frente a 8,9% no
dos homes, no II Trimestre de 2004. Nas idades novas o paro é moi elevado en ambos sexos pero acada níveis
dramáticos no caso das mozas: 40% entre as de 16-19 anos e 20% entre as de 20-24 anos.
os seus problemas e os seus conflictos aseméllanse cada vez máis, mutatis mutandis, aos
típicos dunha sociedade capitalista avanzada. Cun nível de renda modesto e con certas
especificidades que seguen a definir a nosa identidade e moldean as dimensións e formas
que adquiren os problemas e as súas solucións, pero a tipoloxía de grandes problemas que
preocupan á poboación son esencialmente os mesmos que por Europa adiante: unha
sociedade de consumo (e consumista) con crecentes problemas de emprego, de ingresos e
de desigualdades, que ameaza especialmente ás xeración máis novas.

Como deciamos, non imos aqui analisar a complexa e vidriosa traxectoria das mudanzas
antes mencionadas senon tan só apontar as claves contextuais que nos axudan a comprender
a realidade social presente. O que pretendemos aqui é, despois dun breve apontamento
comparativo, aproximarmonos á estrutura social do noso país, tratando de identificar as
características dos fogares e as condicións de vida, atendendo sobre todo aos níveis de
ingreso, as desigualdades e a pobreza existentes.

Desde o ponto de vista da renda está claro que estamos a unha distancia considerábel da
media comunitaria: a renda per capita en paridades de poder de compra (ppc) está un 35%
por debaixo da media comunitaria e en euros apenas supera o nível do 50%; comparando a
renda familiar equivalente en pps a distancia a respeito da media da UE-15 é dun 26%34.
Por suposto, a diferenza a respeito das rexións ricas é abismal: Luxemburgo, Bruxelas,
Paris ou Londres teñen entre tres e catro veces máis renda per capita ou renda equivalente
que os galegos. Mesmo Madrid ou Navarra teñen o doble. De feito, se consideramos a
metade da mediana da renda equivalente europea como definición do limiar de pobreza
entón o 25% ds galegos serian considerados pobres.

Algo máis marcado obsérvase aínda no caso dos salarios: o salario neto medio situase no
Noroeste nun 64% da media da UE-15 e nun 83% da media española. Pero tanto ou máis
grave que esa diferenza é a tendencia na que estamos situados: o feito de que a fenda en vez
de cerrarse vense ensanchando co paso dos anos, como amosan os dados do Panel de
Fogares da UE elaborado por Eurostat para o periodo 1994-2001. Os salarios medios
anuais da chamada “rexión noroeste” no ano 1994 situabanse no nível do 75,8% da media
comunitaria, no ano 1997 pasan ao 65,50% e no 2001 ao 64,39%. Así partindo dunha
situación de 24 puntos por debaixo da media da UE-15, aínda experimenta un retroceso de
11 puntos máis neses sete anos. Un comportamento semellante pero menos extremo
obsérvase coa situación española no contexto europeo, pois os salarios medios españois
eran do 86,91% da media europea, pasan ao 78,64 no 97 e ao 76,94 no 2001.

Para aproximarnos á estrutura e ingresos dos fogares galegos con maior detalle
aproveitaremos a Enquisa de condicións de vida das familias correspondente ao ano 2003
que o IGE ven de publicar recentemente (2004). É a maior enquisa que se fai en Galiza
(entrevistando a 6.500 fogares e a 18.000 persoas) e recolle, entre outras cousas,
información relativa ás características dos fogares, aos seus ingresos e gastos. Isto permite

34
Estes dados proceden do Panel de Fogares da UE (ECPH) 2001 elaborado por Eurostat. O que estamos
considerando para a comparación é a NUTS 1 Rexión Noroeste (Galicia, Asturias e Cantabria), por non
permitir un nível de desagregación maior. En todo caso, as ordes de magnitude para Galiza por separado
empiorarian lixeiramente, habida conta do maior nível de renda de Cantabria e Asturias..
realizar unha radiografía detallada dos fogares galegos a partir dos dados sobre ingresos e
outras características estruturais dos mesmos. En particular, permitenos aproximarmonos
aos dados máis direitamente relacionados co nível de vida desde o lado do ingreso, o
ingreso monetario neto, e examinar as desigualdades no nível de ingreso, a pobreza, as
diferentes fontes de renda das familias, etc. asi como poñelas en relación coas diferentes
características dos fogares e dos individuos que os compoñen. Tamén permite un contraste
entre as diferentes provincias galegas e, mesmo, entre comarcas.

No que segue recollemos aqueles resultados que poden resultar máis esclarecedores para
coñecer a situación social do país no momento actual. Empezaremos polas características
dos fogares en función das súas fontes de ingreso e logo analisaremos a distribución do
ingreso, as desigualdades e a pobreza.

Características actuais dos fogares en función das fontes de ingreso

Para analisar as fontes de ingresos dos fogares o IGE distingue fundamentalmente tres
tipos: ingresos do traballo, por prestacións e outros. Isto permite clasificar os fogares
atendendo a catro posibeis combinacións de ingresos: por traballo, por prestación, por
ambos e por outros. No cadro 1, observamos que o 36,1% dos fogares teñen ingresos
procedentes do traballo exclusivamente (por conta propia e asalariado) e o 32,4% teñen
ingresos procedentes tanto do traballo como de prestacións. E un elevadísimo 30,8% dos
fogares teñen como única e exclusiva fonte de ingreso as prestacións.

Son cifras en si mesmas exclarecedoras e reveladoras da alta dependencia das


transferencias públicas no conxunto dos fogares galegos; agora ben, as diferenzas por
povincias son notábeis. Asi como a Coruña ten uns comportamentos moi semellantes a
Galiza, en cambio Lugo ten a menor porcentaxe de fogares con fonte de ingresos o traballo
(30,3%) e a maior con fonte de ingresos o traballo e as prestacións (33,5%); e en Ourense o
39,8% dos fogares perciben só prestacións, que é a porcentaxe máis alta de Galiza. Pola súa
parte, o 39,7% dos fogares pontevedreses obteñen os seus ingresos do traballo, o valor máis
alto de Galiza (aínda que declinante ao longo dos anos), e os que só perciben prestacións
representan a porcentaxe máis baixa (26,9% dos fogares). Ese perfil reafírmase cando
comprobamos que cos dados por persoa (non por fogares) nas provincias de Lugo e
Ourense a porcentaxe de persoas que perciben prestacións case se aproxima á dos que teñen
os seus ingresos por traballo.

Cadro 1. Fogares segundo a tipoloxía de ingresos. Galiza


Total fogares Fogares pobres
Traballo 36,09 22,84
Prestacións 30,77 57,98
Traballo e prestacións 32,42 14,10
Nin traballo nin prestacións 0,73 5,08
Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias 2003.

Dado que o montante dos ingresos difiren normalmente entre as diversas fontes de renda,
podemos plantexarnos ¿cál é a fonte principal do ingreso dos fogares?. Pois ben, para o
58,1% dos fogares a principal fonte de ingresos é o traballo e para o 39,8% son as
prestacións. O 2,05% restante de fogares, ou ben a principal fonte son as rendas
(alugueiros, seguros...) ou ben outros ingresos (transferencias doutros fogares,
principalmente). Tamén nisto as diferenzas por provincias son considerabeis: en Ourense as
prestacións superan ao traballo e en Lugo aproximanse á metade; en cambio, na Coruña o
traballo é fonte principal para o 60% dos fogares e en Pontevedra aproxímase ao 64%.

Resulta igualmente rechamante o feito de que o 60% dos fogares teñan un ou mesmo dous
membros (16,6%) perceptores de prestacións. Máis aínda, a dependencia dos fogares a
respeito das prestacións ponse de manifesto de xeito aínda máis dramático cando
observamos que o 38,9% dos fogares galegos teñen un sustentador principal cuxa principal
fonte de ingreso son as prestacións; esa porcentaxe acada mesmo o nível do 48,6% en
Ourense e o 46,6% en Lugo.

Cadro 2. Fogares segundo a principal fonte de ingresos e ingreso medio mensual. Galiza
Porcentaxe de fogares ingreso medio mensual (€)
2002 2003 2002 2003
Traballo 58,44 58,11 1.811 1.984
Prestacións 39,95 39,85 900 946
Rendas 0,75 0,75 1.532 1.472
Outros ingresos 0,86 1,30 867 982
Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias 2003.

Estructura de ingresos dos fogares

No apartado anterior analisabamos os ingresos clasificando ao fogares en función de cais


foran as fontes do seu ingreso; agora situamonos na perspectiva de coñecer a importancia
relativa que cada fonte de ingreso representa no fogar medio. Como consecuencia do
anterior, os ingresos por traballo representan un 68,7% do total dos ingresos dos fogares, do
cal un 54,3% é por conta allea e un 14,57% é por conta propia. Os ingresos por prestacións
significan un 28,23% do total.

Cadro 3. Estructura de ingresos dos fogares. Galiza


Galiza Galiza Coruña Lugo Ourense Pontevedra Fogares
2002 2003 pobres
Traballo conta allea 54,35 54,27 57,07 42,47 46,52 57,71 19,24
Traballo conta 13,42 14,47 12,62 20,50 12,95 14,96 13,98
propia
Prestacións 29,63 28,23 27,33 34,01 37,45 24,25 61,41
Rendas e outros 2,60 3,03 2,98 3,02 3,08 3,08 5,37
ingresos
Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias 2003.

Como pode observarse no cadro 3, as diferenzas entre as provincias do interior e as


atlánticas son moi rechamantes. Na Coruña e en Pontevedra ao redor do 70% dos ingresos
dos fogares proceden do traballo e particularmente do traballo asalariado (57% en ambos
casos). Tan só un 27,3% e un 24,2%, respectivamente, procenden das prestacións. Pola
contra, nas provincias de Lugo e Ourense as proporcións son completamente diferentes: o
peso dos ingresos por prestacións representa un 34% e un 37%, respectivamente, e peso do
traballo apenas chega ao 60% (63% e 59%, respectivamente). Debe destacarse, asimesmo,
que o peso do traballo por conta propia é modesto (ao redor do 13-14%), salvo no caso de
Lugo onde acada o 20,5%. En definitiva, hoxendía a estrutura do ingreso dos fogares está
claramente dominado polos salarios (traballo por conta allea) e as prestacións públicas
(principalmente pensións).

O peso destas últimas é realmente elevado se o comparamos co noso contorno, a pesares da


baixa cuantía individual desas prestacións, o que coloca en primeiro plano a dimensión do
avellentamento da poboación e da alta proporción de fogares dependentes das prestacións
dos vellos. Nese sentido merece a pena reter a información de que o 31% dos sustentadores
principais superan os 65 anos; no 38,4% dos fogares máis do 50% dos seus ingresos
proceden das prestacións e mesmo o 26,6% dos fogares perciben todos os seus ingresos das
prestacións (alcanzando o 31,6% e o 35% en Lugo e en Ourense, respectivamente). Como
comentabamos máis enriba, esa dependencia dos fogares a respeito das prestacións ponse
de manifesto de xeito aínda máis dramático cando observamos que o 38,9% dos fogares
galegos teñen un sustentador principal cuxa principal fonte de ingreso son as prestacións,
porcentaxe que se dispara ao 48,6% no caso de Ourense e ao 46,6% no de Lugo.

Ingresos monetarios medios dos fogares

Unha vez vistas as características dos fogares en función do tipo ou fonte de ingreso
podemos adentrarnos na cuantía deses ingresos e nas desigualdades dos mesmos.
Empezaremos polo ingreso medio dos fogares. ¿Cál é o ingreso medio mensual dos fogares
galegos en 2003?. Como media sitúase en 1.554 €, lixeiramente superior ao ano anterior.
Claro está que desde o ponto de vista territorial hai desigualdades notabeis, tanto a nível
provincial como comarcal. Pontevedra é a provincia que presenta a media máis alta (1.650
€) e Ourense a máis baixa (1.264 €).

¿E os ingresos per capita?. Se en vez de fixarmonos nos ingresos dos fogares nos fixamos
nos ingresos medios por persoa en Galiza, vemos que os valores situanse nun nível
realmente modesto: ao redor de 541 € mensuais. Neste caso, ingreso medio mensual por
persoa é maior na provincia da Coruña (558 € mensuais) e o menor na de Ourense (482 €
mensuais). Como vemos as distancias son maiores cando a unidade de referencia é o fogar
que cando son os individuos, consecuencia das diferenzas de tamaño dos fogares.

Cadro 4. Ingresos monetarios medios por fogar, persoa e perceptor (€ mensuais)


ingreso medio fogar por persoa no fogar por perceptor
2002 2003 2002 2003 2002 2003
A Coruña 1.437 1.585 498 558 721 800
Lugo 1.387 1.513 483 535 660 726
Ourense 1.291 1.264 490 482 678 658
Pontevedra 1.517 1.650 495 544 740 804
Galiza 1.437 1.554 494 541 713 773
Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias 2003.

As disparidades comarcais de ingreso

A ECVF proporciona tamén unha información cun nível de desagregación xeográfica por
debaixo da provincia, permitindo desglosar 14 “comarcas”. As desigualdades son
considerabeis, situandose a comarca “máis pobre” (“resto das comarcas de Ourense) un
35% por debaixo da “máis rica” (Comarca de Santiago). Na provincia da Coruña os
ingresos medios da “comarca de Santiago” son os máis elevados (1.817), en tanto que os da
área da “Coruña occidental” son os máis baixos (1.394 €). En Lugo, os ingresos medios
maiores corresponden á “comarca de Lugo” e os menores á área “Lugo sur”. En Ourense,
os ingresos maiores son os da “comarca de Ourense”, mentres que os menores son os da
área do “resto de comarcas”. En Pontevedra, os ingresos medios mensuais do fogar son
maiores na “comarca de Vigo” e menores na área de “Pontevedra oriental” con 1.713 € e
1.328 €, respectivamente.

Tomando Galiza no seu conxunto pode verse que os ingresos medios máis elevados son os
da “comarca de Santiago”, seguidos da “comarca da Coruña”, “comarca de Lugo” e
“comarca de Vigo” e a de “Pontevedra occidental” e os menores son das duas “comarcas”
ourensanas (os da área que o IGE define como “resto das comarcas de Ourense” e a
“comarca da capital”), xunto con “Lugo Sur” e a “Pontevedra Oriental”. Aparece, polo
tanto, de xeito moi claro unha fractura entre o eixo urbano Coruña-Vigo como o de maior
nível medio de renda e toda a Galica interior (exceptuando Lugo capital) e a Costa da
Morte como as máis empobrecidas.

Os anteriores son valores medios para o conxunto, a provincia ou a comarca. Para coñecer
mellor a realidade social do país convén adentrarse nas desigualdades existentes por
estratos sociais35. Unha forma de aproximarse é ver as diferenzas en función das fontes de
ingreso e sobre todo analisar a proporción de fogares en cada tramo de nível de ingreso, os
índices de desigualdade e os de pobreza.

Desigualdades segundo a fonte de ingreso: unhas prestacións pobres

Claro está que as desigualdades no nível de ingreso garda relación coas diferenzas na
natureza do ingreso. O rechamante é a grande distancia que separa uns e outros. Cos dados
disponíbeis podemos velo de duas maneiras: en función da fonte principal de ingresos do
fogar e segundo a tipoloxía do ingreso. Cando comparamos o ingreso dos fogares en
función da fonte principal do ingreso (cadro 2), o que nos permite abeirar o problema dos
fogares que teñen ao mesmo tempo ingresos de natureza diversa, as desigualdades
percíbense como moi elevadas. Procedendo así vemos que os fogares que teñen como fonte
principal o traballo teñen ingresos medios moi superiores (1.984€) que os que teñen como
fonte principal as prestacións (946€), de xeito que éstas últimas non alcanzan nen a metade

35
Das múltiples dimensións das desigualdades aqui teremos que contentarnos coas relativas ao ingreso xa que
non dispoñemos de información relativa á riqueza ou a bens e servizos de primeira necesidade... Por outra
parte, a información disponíbel pemite tan só unha identificación moi elemental das cracterísticas dos fogares
ubicados nos diferentes níveis de ingreso.
das primeiras. Alén diso, merece a pena reparar no caso específico da provincia de
Pontevedra, onde os fogares con fonte principal as rendas presentan ingresos moi
superiores (2503€) a calquer outro.

Cando os clasificamos en función da tipoloxía do ingreso (cadro 5), evidencianse aínda


máis claramente a posición desigual dos que perciben exclusivamente prestacións. Os
fogares con maiores ingresos medios mensuais son aqueles que os obteñen do traballo, con
1.939 €, seguidos moi de cerca polos que teñen como fontes o traballo e prestación
combinados (1.895€). A dependencia das prestacións en exclusiva tradúcese en ingresos
moi modestos: 769 € por fogar como media, que cae xusto por debaixo do limiar de
pobreza. É decir, como media os fogares que perciben só prestacións tenden a caer en
franxas de pobreza.

Cadro 5. Ingresos medios mensuais do fogar segundo a tipoloxía de ingresos. Galiza


2002 2003
Traballo 1.733 1.939
Prestacións 743 769
Traballo e prestacións 1.793 1.895
Nin traballo nin prestacións 385 423
Fonte: IGE, Enquisa de condicións de vida das familias 2003

Fogares segundo o intervalo de ingresos mensuais

A estrutura dos fogares por tramos de ingreso ofrécenos unha radiografía rápida das
desigualdades de renda no noso país. No cadro 6 temos esa clasificación con nove tramos
en función dos ingresos netos mensuais dos fogares. Pois ben, un 19% dos fogares galegos
ingresan menos de 600 € ao mes no ano 2003; iso significa que o 19% dos fogares están
por debaixo do 38,6% do ingreso medio dos fogares galegos. O tramo máis rico que
distingue a ECVF, os que ingresan máis de 3.000 € ao mes, apenas representan o 9,42% do
total36. Entre 600-1000 € está un importante colectivo que representa outro 19% dos fogares
e entre 1000-2000€ está o núcleo, un 37% dos fogares.
Cadro 6. Fogares segundo o intervalo de ingresos mensuais. Galiza
2002 2003
Ata 250,00 euros 1,59 1,19
De 250,01 a 425,00 euros 5,89 5,37
De 425,01 a 600,00 euros 13,20 12,16
De 600,01 a 1.000,00 euros 20,08 18,99
De 1.000,01 a 1.500,00 euros 21,51 21,13
De 1.500,01 a 2.000,00 euros 15,61 15,68
De 2.000,01 a 2.500,00 euros 9,29 10,11

36
É mágoa que o IGE non presente máis desagregado o tramo de renda máis alto xa que meter a todos os que
superan os 3000 euros mensuais (aínda sendo netos) leva a agrupar niveis excesivamente dispares xa que nel
poden entrar desde fogares con ingresos medio-altos (p.e. unha parella de funcionarios de nível 28, unha
parella de profesores de instituto ou universidade, etc e non digamos se hai máis de dous membros na familia
con ingresos) até as familias con rendas realmente altas e moi altas.
De 2.500,01 a 3.000,00 euros 5,46 5,95
Máis de 3.000,00 euros 7,37 9,42
Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias 2003.

Pontevedra e Ourense representan os dous modelos máis contrapostos de distribución do


ingreso. Pontevedra é a que presenta a maior porcentaxe de fogares no tramo máis elevado
e a menor porcentaxe de fogares no tramo inferior. Ourense ten a menor porcentaxe de
fogares dentro do intervalo superior e a a maior porcentaxe no intervalo inferior.

Referíndonos ao ingreso per capita dos fogares, a ECV mostra que un 42% dos mesmos
están por debaixo dos 450 € (que sería o equivalente ao salario mínimo vixente nese ano).
O 16,7% dos fogares terían un ingreso per capita inferior a 300 €, é dicir, situados por
debaixo do 55,4% do ingreso per capita medio dos fogares galegos. E apenas un 12,8% está
por riba dos 900 € per capita. Un 45% está entre 450-900 €. A Coruña e Pontevedra son as
provincias que presentan unha maior porcentaxe de fogares que ingresan por persoa e mes
máis de 900 € (14,6% e 13,5%, respectivamente); Lugo e Ourense son as que menos (9,9%
e 7,9%, respectivamente).

Se quixesemos trasladar esta información a unha división convencional en estratos sociais


resultaria moi difícil pola forma en que estan divididos os tramos; pero quizás poderiamos
distinguir catro grandes estratos combinando a renda relativas aos fogares no seu conxunto
e a per capita: estrato pobre (17-19%); estrato modesto (40-50%); estrato medio (20-32%);
estrato medio-alto (9,4-13%).

Grao de dificultade para chegar a fin de mes

Unha forma de ver a largueza dos ingresos a respeito do patrón de consumo é a valoración
subxectiva que fan os fogares da sua dificuldade para chegar a fin de mes. A ECV mostra
que unha parte considerábel dos fogares, o 14,0%, declaran atopar moita dificultade para
chegar a fin de mes. Neste caso existe información comparábel para os anos precedentes e
pon de evidencia que esa porcentaxe aumentou a respeito de 2001 e 2002. Tan só un 1,47%
dos fogares declaran chegar con moita facilidade a fin de mes.
Considerados conxuntamente obsérvase que nestes anos subiu a porcentaxe dos fogares que
chegan con dificultade a fin de mes, diminuíu a dos que chegan con facilidade.

Cadro 7. Fogares segundo o grao de dificultade para chegar a fin de mes. Galiza
1999 2001 2002 2003
Con moita facilidade 2,08 1,41 1,02 1,47
Con facilidade 38,24 38,71 42,24 37,36
Con dificultade 43,24 45,89 43,07 47,17
Con moita dificultade 16,45 13,99 13,67 14,00
Fonte: IGE, Enquisa de condicións de vida das familias 2003

Curiosamente, a dificultade para chegar a fin de mes é maior nas provincias de maior nível
de renda. Efectivamente, Ourense e Lugo son as que presentan as menores porcentaxes de
fogares que chegan con moita dificultade a fin de mes (7,6% e 8%, respectivamente). En
cambio, Pontevedra é a provincia que ten unha porcentaxe maior de fogares que chegan a
fin de mes con moita facilidade (2%) pero tamén é a provincia que presenta unhas
porcentaxes maiores de fogares que chegan a fin de mes con moita dificultade nos tres
últimos anos (un 48,4% declara dificultade en 19,9% moita dificultade).

Isto fai pensar que existen outros factores que están presentes na valoración dos fogares,
entre eles a propria cultura de consumo, a existencia de autoconsumo ou a diferente
magnitude dos gastos aos que deben facer frente (vivenda, transporte, etc), fenómenos
todos eles que poden presentar diferenzas entre a sociedade rural e a urbana, entre os
diferentes tramos de idade, etc.

Por outra parte, cando tomamos os dados da ECPF do INE37 para todas as CCAA (que non
é estrictamente comparábel coa ECV do IGE), encontramos que o grao de dificultade para
chegar a fin de mes é algo maior no caso de Galiza que na media do Estado Español (56,4
frente a 55,9) e moi superior ao de territorios como Navarra (39,4), País Vasco (41,3),
Cataluña (51,6) e algunhas outras. Neste caso si se observa en xeral unha relación inversa
entre nível medio de renda de cada CCAA e a dificultade para chegar a fin de mes.

Índice de desigualdade de ingresos: O ÍNDICE DE GINI

O índice de Gini é un dos máis utilizados para medir a concentración de rendas e as


desigualdades na distribución da renda. Varía entre 0 (cando a igualdade é total) e 1 (cando
a desigualdade é extrema). Neste caso calcúlase o índice de Gini para os ingresos
equivalentes de fogar (tomando en conta a existencia de economía da escala nos fogares:
nun fogar hai certos gastos fixos que se comparten de xeito que, p.e., un fogar de catro
membros ten menos gastos que catro fogares de un membro).
O índice de Gini para Galiza é de 0,320. Os valores máis elevados corresponden a
Pontevedra cun 0,330 e Coruña con 0,320 e os menores a Ourense cun 0,294 e Lugo cun
0,304. Isto quere dicir que as dúas primeiras presentan maiores desigualdades internas que
as dúas últimas.
Cadro 8. Índice de Gini
2002 2003
A Coruña 0,302 0,320
Lugo 0,293 0,304
Ourense 0,308 0,294
Pontevedra 0,317 0,330
Galiza 0,307 0,320
Fonte: IGE, Enquisa de condicións de vida das familias 2003

Distinguindo catro grandes tipos de ingresos (por traballo, por prestación, por ambos e por
outros) podemos examinar en que tipos de ingresos se producen as maiores desigualdades.
Pois ben, o índice de Gini é menor para os fogares que teñen ingresos por prestacións
(0,248) e o máis elevado corresponde aos que teñen ingresos que non proceden nin do

37
Neste caso tomamos a Encuesta Continua de Presupostos Familiares do primeiro trimestre de 2004
traballo nin de prestacións (0,463), se ben este último tipo de fogar é moi pouco frecuente e
atípico. A desigualdade entre os que obteñen os seus ingresos do traballo está ao redor da
media.

¿Son moi elevados eses índices de desigualdade?. Son elevados se os comparamos co resto
de países do noso contorno, en particular co Europeo. Temos un nível semellante ao de
España (0,330), Italia (0,333) ou Reino Unido (0,345), que son dos máis desiguais da UE;
algo menor que o de Estonia (0,361) ou países moi extensos, heteroxéneos e hoxe moi
desiguais como Estados Unidos (0,368) ou Rusia (0,434). En cambio estamos moi por riba
do groso dos países da UE que se situan nun nível entre o 0,247 de Finlandia e o 0,266 de
Austria e que inclue a: Eslovenia, Bélxica, Alemania, Suecia, Holanda e Luxemburgo.
Tamén estamos por riba de Noruega, Rumanía, Polonia, Hungría ou Canadá. En termos
comparativos cos países europeos e desenvolvidos non hai dúbida que nos situamos entre
os países con níveis de desigualdade máis elevados. Podería dicirse que estamos lonxe do
modelo escandinavo e mesmo do modelo continental e aproximamonos máis,
paradoxicamente, ao modelo anglosaxón (que como temos sinalado é o modelo de
referencia para as políticas económicas e sociais neoliberais).

En canto a evolución no tempo dese índice de desigualdade non dispoñemos de series


longas comparabeis; agora ben, os dados ofrecidos polo IGE mostran un significativo
aumento entre o ano 2002 e 2003. Os dados dun ano, nun índice como este, non deberían
ser tomados sen cautela, pero o certo é que parecen corresponder cunha tendencia ao
aumento das desigualdades que, en base ao Panel de Fogares da UE, se observa na maioría
das CCAA españolas desde o ano 2000 en diante. Todo iso conxuntamente sí permitiría
afirmar que vivimos anos de aumento das desigualdades, tal como veñen experimentando
aqueles países nos que se implementaron políticas neoliberais radicais. Nese sentido,
convén reparar que non todos os países mostran a mesma tendencia porque non todos
seguen as mesmas políticas; de feito, segundo o Panel de Fogares da UE, boa parte dos
países da UE parecen experimentar unha reducción das desigualdades entre 1994 e 2001
(en particular, Francia, Alemania, Irlanda ou Italia). Nese contexto parece que Galiza vai a
contracorrente de boa parte da UE.

Un elevado índice de pobreza relativa

Un aspecto relevante da distribución da renda dun país é a importancia que adquire a


pobreza nesa sociedade. O primeiro problema co que nos encontramos para abordala é a
propia definición. Mesmo deixando a un lado o problema de a variábel utilizada (renda,
riqueza, bens básicos, etc) existe unha pluralidade de definicións de pobreza dependen do
criterio para fixar o limiar por debaixo do que se considera que un fogar ou unha persoa é
pobre. Cando se estabelece un limiar de cuantía fixa (p.e. X euros diarios per capita) entón
fálase de pobreza absoluta; se ese limiar se estabelece en base a unha certa proporción da
renda media ou da mediana desa sociedade entón estaremos falando de pobreza relativa e
ven sendo unha forma de medir as desigualdades de ingreso, centrando a atención no
colectivo máis desfavorecido.

Está máis ou menos estandarizada a definición de pobreza relativa referíndose aos ingresos
monetarios do fogar e sitúase o limiar de pobreza relativa no nível en que ingreso
equivalente (ingresos netos mensuais divididos pola raíz cadrada do número de membros
que constitúen o fogar) está por debaixo do 60% da mediana dos ingresos equivalentes de
tódolos fogares. Neste sentido, compre facer dúas consideracións importantes: primeira, o
IGE optou por estabelecer ese nível no 50%, co que infravalora relativamente o nível de
pobreza en Galiza; e segunda, o nível mediano de referencia é o do conxunto de Galiza, se
se tomara como referencia o nível do conxunto do Estado o nível de pobreza sería superior.

Co criterio do IGE, a porcentaxe de fogares galegos que están por debaixo do limiar de
pobreza no ano 2003 sitúase en 9,7% (estaba en 7,5% catro anos antes). Destaca Ourense
con valores moi superiores á media (13,6%) e Lugo con valores algo inferiores (7,6%). Os
ingresos medios mensuais dos fogares baixo o limiar de pobreza no ano 2003 son de 417 €.
Lóxicamente, o 50,6% deses fogares pobres declaran dificultade para chegar a fin de mes e
o 39,7% con “moita dificultade”.

Se introducimos un criterio máis razonable para fixar o limiar de pobreza de referencia as


cifras cambian redicalmente. De feito, coa información do Panel de Fogares da UE
(Eurostat) vemos que o 19% da poboación da “rexión noroeste” (que inclue Galiza,
Asturias e Cantabria) está por debaixo do 50% da renda media española. Se tomamos como
limiar o 50% da media europea entón serían considerados pobres o 25% da poboación da
“rexión norte”. Trátase dun nível de pobreza considerabelmente superior ao que se deduce
da ECV do IGE, a pesares de estar incluindo os fogares asturianos e cántabros, que teñen
un nível de renda media considerabelmente superior aos galegos. En termos comparativos
con outras áreas do Estado Español, obsérvase que é moi superior aos níveis de Madrid,
Noreste e Este; en cambio, é superada por Canarias, Sur e Centro

Cadro 9. Fogares baixo o limiar de pobreza e ingreso medio


2002 2003 Ingreso medio mensual € 2003
A Coruña 9,90 8,91 426
Lugo 8,08 7,56 383
Ourense 11,68 13,57 412
Pontevedra 9,14 9,88 419
Galiza 9,66 9,67 417
Fonte: IGE, Enquisa de condicións de vida das familias 2003

¿Cal é o perfil da pobreza no noso país?. En xeral, os fogares baixo o limiar de pobreza
caracterízanse por ter menos ocupados que a media (0,44 ocupados frente 1,15 ocupados da
media de fogares). Unha boa parte deles (37,5%) son unipersoais (e/ou un único perceptor
de ingresos) e o 29,7% teñen dúas persoas, o 13,7% teñen tres persoas e o 19,08% catro
persoas ou máis. O 58% dos fogares baixo o limiar de pobreza teñen ingresos só de
prestacións (frente ao 30,7% da media) e só o 14,1% teñen ingresos por traballo e
prestacións (frente ao 32,4% da media); o 22,8% ten todos os seus ingresos por traballo. De
feito, cando consideramos a composición do ingreso do conxunto dos fogares pobres (cadro
3) vemos que o 61,4% dos seus ingresos proceden de prestacións (frente ao 28,2% da
media) e o 19,2% proceden do traballo por conta allea (frente ao 54,3% no conxunto dos
fogares).
Polo tanto, é fácil concluir que o problema da pobreza no noso país concentrase sobre todo
naqueles fogares que dependen de prestacións (pensións, subsidio de paro, etc) debido a
que estas prestación son tan cativas que situan a eses fogares en níveis de pobreza38. É a
situación típica dos países cun cativo e cutre Estado do Benestar. De todos xeitos,
tampouco é despreciábel a proporción de fogares pobres que obteñen os seus ingresos do
traballo por conta propia e tamén asalariado. Isto último é un dato especialmente relevante
e preocupante xa que estaría revelando un grao de precarización do mercado laboral moi
extremo e poñería de manifesto tanto a insuficiencia do salario mínimo como o seu
incumplimento na práctica real. En realidade, habería que dicir que o feito de que máis
dunha quinta parte dos fogares pobres sexan de persoas activas que traballan resulta
tremendamente preocupante e revelador dun serio problema no ámbito laboral e productivo.

Conclusións

A estrutura de ingreso da sociedade galega está caracterizada hoxendía por dous feitos
fundamentais: os ingresos dos fogares proceden basicamente de duas fontes principais, o
traballo asalariado e as prestacións públicas. O resto é o constituido polo traballo por conta
propia, as rendas do capital e outras fontes diversas. É decir, a inmensa maioría dos
ingresos dos activos está representado polos salarios, polo que o seu nível de renda está
determinado polas características do mercado de traballo. A segunda grande bolsa está
constituida pola parte da poboación inactiva (e parada) que percibe prestacións do sector
público (pensións de xubilación, de invalidez, viuvez, non contributivas, subsidios de paro,
etc).

Polo tanto, con esas cifras parece claro que o benestar da inmensa maioría da poboación
galega, ao redor do 85%, depende de xeito directo da política laboral e das políticas do
Estado do Benestar. Trátase, sen dúbida, da constatación dunha realidade que está moi
lonxe daquela imaxe que parece pervivir na mente de moitos galegos e non galegos.
Efectivamente, boa parte dos políticos e criadores de opinión parecen seguir mantendo
presente un imaxinario do país que se corresponde na maior parte dos casos cunha realidade
de ben anos atrás.

Por outra parte, o feito de que o proceso de modernización experimentado nas últimas
décadas fose en boa medida inducido, asumindo unha posición máis paciente que activa,
aceptando políticas e deseños pensados sen tomar en conta as necesidades estratéxicas do
país, traduciuse nunha dinámica na que as forzas destructivas pesaron máis que as forzas
criativas, destruíndose máis empregos dos que se criaron e dando lugar a un ritmo de
crecemento económico inferior ao experimentado polos países e territorios de Europa. O

38
Dado que estamos falando de ingresos monetarios debe recoñecerse que para unha parte dos perceptores de
prestacións eses baixos níveis de ingreso non se traducen necesariamente en estándares de vida
particularmente baixos porque poden vir complementados por certos níveis de autoconsumo e por baixas
necesidades de gasto (vivenda propia, servizos públicos sanitarios gratuitos, etc). De feito, para unha parte
dos pensionistas agrarios, o paso a percibir as pensións de xubilación ou enfermidade pudo significarlles unha
mellora sustancial do seu nível de vida a respeito do pasado ou das espectativas pasadas. Iso explica que
mesmo sendo pensións moi modestas que situan aos seus percetores en níveis de pobreza desde o ponto de
vista dos ingresos monetarios representen, para os seus perceptores, unha fonte de benestar que xenera
sentimentos de satisfacción.
resultado, sen dúbida relevante, é que os fogares galegos teñen hoxe un nível de ingreso
notabelmente menor ao dos territorios do noso contorno europeo e español e, sobre todo,
amosan unha perigosa deriva cara ao ensanchamento da fenda que nos separa deles.

Asimesmo, os dados ofrecidos polo IGE permiten constatar que as desigualdades no noso
país alcanzan proporcións elevadas, que están asociadas tanto ás grandes diferencias de
ingreso en función das categorías ou fontes de ingreso (en particular polo baixísimo nível
das prestacións) como pola amplitude do abano de ingresos do traballo. Desigualdades que
se plasman tamén en avultadas disparidades entre as comarcas do país. Os níveis de
pobreza relativa son tamén importantes, sobre todo cando tomamos patróns de ingreso
españois ou comunitarios.

Os dados do IGE non nos permiten ter unha serie longa de dados para poder ver a
evolución ao longo do tempo, pero tendo en conta os dados do Panel de Fogares de
Eurostat e a ECPH do INE pode decirse que os níveis actuais de desigualdade e pobreza
non se situan nunha senda de mellora senon máis ben de agravamento, na que entramos a
finais dos anos noventa. Despois dun periodo no que as transformación experimentadas se
traduciron en melloras no patrón de distribución das rendas -anos setenta, oitenta e parte
dos noventa- vanse asentando nos últimos anos tendencias claramente regresivas, que
parecen estar asociadas ao perfil máis agresivamente neoliberal das políticas aplicadas (en
particular, precarización acentuada do mercado laboral e aumentos moi moderados do
salario mínimo e da cuantía das pensións e demais prestacións ao longo do último lustro39).

Por último, pero non menos importante, eses altos índices de desigualdade e de pobreza
preséntansenos, en primeira instancia, como consecuencia sobre todo dun cativo Estado do
Benestar –con prestacións moi baixas- e dunha precarización laboral crecente –con alto
nível de parados e reducidos salarios, que afectan especialmente ás novas xeracións. Son,
polo tanto, dous problemas políticos de primeira magnitude, que parecen non estar dentro
dunha axenda de prioridades marcada con criterios neoliberais. Agora ben, a política
laboral, no seu sentido amplo e profundo (é decir, o modelo laboral) e as políticas do
Estado do Benestar están chamadas a ocupar un lugar central nos anos vindeiros. Porque o
problema non é só o ponto no que estamos neste momento senon a tendencia, a dirección
na que estamos indo. Desde logo o modelo baseado no aumento das desigualdades, ademais
de condenar ao “malestar” a moitas persoas, non parece ter contribuido a que as taxas de
crecemento da nosa economía sexan mellores que as de outros. Máis ben parece deducirse
o contrario. A perda de pulo demográfico, a fuga de capital humano ben formado non son
máis que algunhas das graves consecuencias dese modelo de precarización do mercado
laboral e do Estado do Benestar que urxe superar.

39
Baste indicar que o importe medio das pensións non contributivas foi caendo de forma drástica a medida
que aumentou o número de perceptores. En 1991 o importe medio era de 310 euros, en 1996 eran 210 e en
2002 era de 257 euros. E iso afecta hoxe a un colectivo importante (54.281 persoas en 2002). A RISGA, que
perciben 4310 persoas está situada en 278 euros.
IPC, NEGOCIACIÓN COLECTIVA E PERDA DE PODER ADQUISITIVO DOS
SALARIOS

1. Introducción

Existe unha sensación cada vez máis extendida de que nos últimos anos os salarios públicos
e privados, as pensións, etc experimentaron un deterioro da capacidade adquisitiva e tamén
de aumento das desigualdades. Os dados estadísticos veñen a corroborar esa sensación.
Tamén está moi extendida a sensación de que o IPC non reflexa adecuadamente o aumento
do custo da vida. Que iso ocorra cando boa parte deses salarios se negocian tomando como
referencia o IPC reforza esa sensación. Son diversos os factores que poden estar detrás desa
sensación e desa realidade. A precarización laboral, a proliferación de figuras contractuais
de baixa remuneración, o exponencial aumento dos prezos de bens básicos como a vivenda,
etc. O que aquí queremos explorar é a importancia e papel do IPC nese fenómeno.
Intentamos exclarecer en que medida o IPC reflexa o comunmente chamado “custo da
vida”, en que medida é insensíbel ás desigualdades sociais e en que medida a súa
utilización como elemento de referencia na regulación de múltiples rendas e na negociación
salarial contribue a acentuar eses fenómenos de deterioro da capacidade adquisitiva e de
aumentos das desigualdades na capacidade de compra ou mesmo nas desigualdades de
ingreso. Finalmente e como resultado desa indagación realizamos algunhas propostas para a
reforma do IPC e para repensar a referencia ao IPC na negociación colectiva.

2. ¿Qué o IPC?. O que non mide o IPC

O IPC (Índice de Prezos ao Consumo) é un indicador clave nunha economía capitalista


moderna, caracterizada polo consumo masivo de bens e servizos mercantís. O IPC mide a
evolución dos prezos dos bens e servizos consumidos polos fogares e acostumbra a
considerarse como unha aproximación (aínda que non a única) á inflación. Como tal é
utilizado de forma xeneraliza como referencia para a actualización de rendas, fixar taxas de
xuro, modificar regularmente os prezos de compraventa de certos bens e servizos e, sobre
todo, para a negociación salarial e, no ámbito público, para actualizar os salarios dos
empregados públicos, certos subsidios e pensións e tamén prezos públicos e taxas. En
definitiva, a información que proporciona o IPC utilízase como un elemento regulador de
múltiples aspectos da vida económica.

De xeito común -en certa medida impropio- mesmo se considera o IPC como un indicador
da evolución do coste da vida para as persoas dun territorio. Decimos que é impropio
porque o IPC mide as variacións nos prezos de algúns bens e servizos que entran no
consumo final dos individuos ou das familias pero non incorpora todas as componentes que
entran na vida das persoas nunha sociedade como a nosa. O certo é que moitas persoas
teñen a percepción de que os prezos de aquelo que compran aumentan máis rapidamente
que o IPC xeral; a miúdo os asalariados perciben que os seus ingresos negociados en
función do IPC parecen non ter aumentado ao mesmo ritmo que os prezos deses bens e
servizos que compra ou, de forma máis xeral, percibe que o encarecemento da vida vai moi
por diante do aumento do IPC.
Non ten porque ser necesariamente asi sempre pero o certo é que hai un bon número de
razón polas que esa percepción pode responder á realidade, particularmente nos últimos
anos. Para empezar, o IPC non toma en consideración todos os capítulos de gasto dos
fogares e parte dunha conceptualización discutíbel do que é consumo. De feito o concepto
de consumo é diferente ao da Encuesta Contínua de Presupostos Familiares (aínda que se
apoia nela para realizar as ponderacións). Ademais de non tomar en consideración a
existencia ou non existencia de autoconsumo e autoprovisión de servizos tampouco toma en
consideración explícita a maior ou menor provisión de servizos públicos gratuitos (que
pode alcanzar dimensións moi dispares dunha sociedade a outra e dun momento a outro do
tempo) nin tampouco considera o gasto na adquisición de vivenda (xa que é considerada un
investimento e non un gasto), nin as taxas e impostos, os seguros de vida, etc. Polo tanto,
hai moitos ingredientes (bens e servizos) necesarios na vida das persoas e das familias que
non son tidos en conta no cálculo do IPC, de xeito que non inciden na evolución do mesmo,
nin positiva nin negativamente. De todos os bens excluidos hai un que ten unha relevancia
singular, a compra de vivenda propria, e a súa exclusión é particularmente inxustificada.

En segundo lugar, o IPC é UNHA cifra media que sintetiza variacións en 484 productos
seleccionados entre os miles de productos consumidos en lugares diferentes e adquiridos a
proveedores tamén diferentes; a ponderación ou importancia relativa que se lle atribue a
cada un dos 484 productos realízase en base á estrutura de consumo media do conxunto das
familias40.

En terceiro lugar, como consecuencia do anterior, os aumentos dos prezos non repercuten
por igual nas diferentes familias: ricos e pobres non consumen as mesmas cousas e os
prezos desas diferentes cousas non teñen porqué variar en igual medida.

En cuarto lugar, tampouco as estruturas de consumo das familias son iguais nos diferentes
territorios nin os prezos aumentan en igual cuantía nuns lugares que noutros: o IPC de
Galiza non ten porque ser igual ao de Cataluña ou Madrid ou mesmo o de Pontevedra non
ten porque coincidir co de Lugo ou Ourense.

Por último, a metodoloxía e criterios de recollida de información e de elaboración distan de


ser perfectas (primanse as zonas urbanas sobre as rurais, os cambios nas cualidades nos
productos son difíceis de tomar en consideración, etc).

Polo tanto, o IPC non é neutral social e territorialmente e hai moitas causas polas que pode
diferir o grao de “realismo”do IPC. É normal, en consecuencia, que certos individuos ou
certos colectivos sociais ou territoriais podan ter percepcións de insatisfacción ou
desconfianza sobre a forma en que o IPC reflicte os prezos que realmente pagan ou que
teñan a sensación de deterioro da súa capacidade de compra mesmo no caso en que as suas

40
En realidade esa estrutura de consumo “media” non é o resultado de promediar as estruturas de consumo de
todos os fogares de xeito “democrático” senon en función compras efectivamente realizadas, de xeito que
pesan máis as familias que máis consumen: os ricos pesan máis que o pobres. Os estudos realizados
demostran que o IPC que realmente se calcula difire do que sería un IPC “democrático” e a esa diferenza é á
que algúns autores como Prais, Pollak ou Ruiz Castillo denominan o “gap plutocrático” (Izquierdo, Ley e
Ruiz Castillo, 2002).
rendas aumenten ao ritmo do IPC. Outros individuos e outros grupos sociais dun nível de
renda diferente poden ter a percepción contraria.

Estas limitacións teñen grande relevancia social porque o IPC é utilizado como criterio de
referencia para moitas operacións económicas, en particular, para a fixación de salarios ano
a ano na administración pública ou na negociación colectiva entre patronal e sindicatos.
Efectivamente, o desaxuste entre o IPC e o coste real da vida ten moita importancia para
todos aqueles que negocian cada ano os seus salarios tomando como referencia o IPC, ou
simplemente lles fixa o Goberno as suas rendas en base ao IPC (¡normalmente o IPC
previsto nos orzamentos do Estado, que acostumbra a ser inferior ao IPC real!), como é o
caso dos funcionarios, pensionistas, perceptores de subsidios, etc, etc.

Neste traballo centraremos a nosa atención nas grandes razóns polas que ese tipo de
percepcións teñen fundamento na propia definición e configuración do IPC e deberían levar
a un replantexamento dos criterios da negociaciación colectiva. Non nos deteremos
naquelas causas da perda de poder adquisitivo que son importantes pero obvias: en tres dos
primeiros catro anos desta década os aumentos salariais pactados foron lixeiramente
inferiores ao IPC e os aumentos dos salarios dos funcionarios públicos viñeron fixándose
na última década en base a unha inflación prevista deliberadamente subestimada, que
resultou estar sempre moi lonxe da inflación real.

2. O que o IPC non mide: A cuestión particular da vivenda propia

Decimos que hai moitos ingredientes (bens e servizos) necesarios na vida das persoas e das
familias que non son tidos en conta no cálculo do IPC, de xeito que non inciden na
evolución do mesmo, nin positiva nin negativamente. Un deles, e quizás o máis importante,
é a vivenda propria. O IPC español inclue o pago por aluguer e outros gastos da vivenda
pero non inclue a compra de vivenda, en contraposición co que fan –cun ou outro criterio-
boa parte dos países da UE e tamén co que se tiña feito por parte do INE desde 1976 até
1992. Foi na reforma do IPC de 1992 cando se suprimiu e mantivose a supresión na
reforma de 2001.

A vivenda é un elemento básico imprescindíbel para a vida e un componente moi


importante do gasto das familias. Polo tanto, tanto o encarecemento dos prezos da vivenda
(que ven sendo espectacular nos últimos anos) dificulta a súa adquisición para moitas
familias e, en todo caso, obriga a destinar unha parte moi importante dos ingresos á compra
da mesma e ao pago das mensualidades das hipotecas. De feito, segundo os dados da
Encuesta de Condicións de Vida, o 15% dos fogares galegos están facendo fronte a pagos
de hipoteca e como media adican un 16,3% dos seus ingresos a eses pagos (ao redor duns
320 Euros mensuais como media); e un 20% dos que pagan hipoteca está adicando máis do
30% dos seus ingresos.

Pois ben, o IPC tal como está definido actualmente en España non incorpora o gasto en
compra de vivenda porque o considera un investimento e non un gasto (o que é moi
cuestionábel, porque cando menos ten unha doble natureza) e, en consecuencia, o aumento
espectacular do prezo das vivendas non se recolle no IPC41. Isto é un dos factores principais
que explica a sensación de non correpondencia entre o aumento do IPC e a carestía real da
vida.

O argumento máis poderoso en favor da súa consideración como investimento é que o


aumento dos prezos “enriquece” aos seus propietarios, de xeito que os que compran
vivenda experimentan un incremento progresivo do seu patrimonio como consecuencia da
revalorización da propriedade inmobiliaria. E mesmo se afirma que o investimento
inmobiliario é históricamente a alternativa máis rendíbel para colocar o aforro no Estado
Español, por enriba da media do investimento en bolsa. Como contraargumento cabe dicir
que mesmo se iso é asi para os que se converteron en propietarios, o certo é que a
posibilidade de acceder á compra de vivenda vaise facendo cada vez máis difícil para partes
importantes da poboación xustamente porque os prezos da vivenda non van acompañados
de aumentos salariais proporcionais. Entón para explicar porque nestes últimos anos tantas
familias están accedendo á compra de nova vivenda –contribuindo á escalada de prezos- hai
que tomar en consideración outros factores entre os que destacan os financeiros.
Efectivamente, ao reducirse de forma significativa as taxas de xuro –que tendo en conta
nível de inflación e os tipos na zona euro da lugar a taxas de xuro mesmo negativas- e
ofertarense hipotecas a trinta anos –o que permite cuotas mensuais asequibeis-, moitos
asalariados -mesmo en condicións precarias- lanzaronse á compra de vivenda propia. O
problema é o que poda ocorrer a medio prazo, na eventualidade de aumentos significativos
da taxa de paro ou das taxas de xuro.

En todo caso, resulta difícil ignorar que a vivenda é un esencial para a vida, un gasto
importante no que incurren dun xeito ou doutro todos os fogares e, en consecuencia, debe
ser incorporado na estrutura de consumo tanto se esa vivenda é alugada como se é
adquirida directamente polo usuario.

O que si inclue o IPC é o gasto en aluguer de vivenda. O que ocorre é que en Galiza só ao
redor dun 10% das familias pagan aluguer (o resto ou son propietarios ou a teñen cedida).
En todo caso, os que viven en aluguer destinan como media ao redor do 13% dos seus
ingresos a ese pago. A síntese diso é que no IPC o gasto en vivenda se pondera só como un
11% do gasto total medio dos fogares españois (no caso de Galiza esa ponderación queda
nun 9,5%), cando realmente a vivenda representa unha proporción do “gasto” moi superior
(que pode oscilar entre un 25 e un 45%, segundo a renda das familias, como evidencia a
ECPF).

Neste aspecto merece a pena poñer de manifesto unha diferenza moi importante entre o IPC
e a Encuesta Continua de Presupuestos Familiares (ECPF). Aínda que a ECPF serve de
base para coñecer a estrutura do consumo dos fogares e a ponderación de cada grupo de
gasto que logo aplica o IPC, o certo é que as ponderación do IPC non reflicten a estrutura
de consumo media da ECPF. E a diferenza fundamental deriva precisamente da forma de
computar o gasto no capítulo de vivenda. Vexamos. Na ECPF o gasto no grupo 4 (no que

41
Resulta cando menos curioso que se adoptase a decisión de deixar fóra a compra de vivenda no momento
en que se realiza a última reforma do IPC -en 2001-, sobre todo tendo en conta que os prezos da vivenda
viñan disparándose desde 1996
entra a vivenda) representa ao redor do 32% do gasto das familias e, en cambio, no IPC
español tan só se considera que representa un 11% (no caso de Galiza esa porcentaxe é
aínda menor: 9,5%). ¿Por qué?. Pois porque a definición de “gasto de consumo” dun e
outra son parecidas pero non exactamentamente iguais. Na ECPF consideranse os gastos
efectivos en aluguer máis os “alugueres imputados” que realizan os que viven en vivendas
da súa propiedade ou en vivendas cedidas (que é unha forma aproximada de tomar en
consideración o gasto realizado na súa adquisición). O IPC, en cambio, só ten en conta os
alugueres efectivamente pagados e exclue os “alugueres imputados”. Esta opción do IPC
resulta moi cuestionábel porque equivale a considerar que só gastan en vivenda os que
viven de aluguer. De feito, na UE hai un bon número de países que incluen a vivenda en
propriedade no IPC, nuns casos aplicando o criterio dos alugueres imputados (Alemania,
Dinamarca e Holanda) e noutros tomando en conta o custo de oportunidade para o usuario
(Reino Unido, Irlanda, Suecia e Finlandia).

O problema en Galiza (e España) é que esa semiexclusión do gasto en vivenda para o 90%
das familias conduce a unha infravaloración do gasto medio en vivenda e ten consecuencias
sociais moi graves entre outras cousas porque afecta de forma particularmente intensa ás
familias de rendas máis baixas:
a) porque destinan a vivenda unha proporción moi superior dos seus ingresos e
representa unha parte moi superior dos seus gastos. De feito, segundo a ECPF de
2002 os fogares con ingresos inferiores 500 Euros dedicaban a vivenda o 45,5% dos
seus gastos; os comprendidos entre 500 e 1000 dedicaban o 36,8%; ...e, en cambio,
os diferentes grupos que estaban por enriba dos 1000 dedican cantiades que oscilan
entre o 28,6 e o 32,1% dos seus gastos totais.
b) Porque o aumento do prezo da vivenda en España foi espectacular desde o ano 1996
(un 124% en sete anos e un 58% nos últimos tres anos, segundo os dados do
Ministerio de Fomento42), pero ao non tomalo en conta o IPC producese un abismo
entre o IPC oficial e os prezos “realmente vividos”, que o notan máis intensamente
aquelas familias para as que o gasto en vivenda representa unha proporción maior43.
c) A combinación dos dous pontos anteriores fai que a repercusión do aumento do
custo da vivenda sexa moi importante para as familias de baixos ingresos ao longo
de todos estes anos, incrementando moito o que deben destinar a vivenda e
reducindo a proporción que lles queda disponíbel para os demais gastos. De feito, o
peso relativo do gasto en vivenda aumentou como media en máis de dous pontos
porcentuais desde 1997 e 2002: pasando dun 29,4% a un 31,7%. No caso dos
fogares de baixo nível de ingreso eses porcentaxes son máis altos e aumentaron

42
Segundo os dados de Fomento o prezo do metro cuadrado de vivenda pasaron de 581€ en 1990 a 676€ en
1996, 739€ en 1998, 953€ en 2000 e 1511€ en 2003. Son prezos medios para o conxunto de España. Debe
reseñarse que o aumento dos prezos medios en Galiza nese período foron inferiores á media española (un 53%
frente a un 111%).
43
Neste tema merece a pena un comentario sobre a evolución das taxas de xuro das hipotecas. Efectivamente,
comparando coa primeira metade dos anos noventa é certo que o coste para o presuposto mensual das familias
non aumentou de xeito proporcional cando a compra se financia con hipoteca na medida en que ao
reducirense as taxas de xuro desde 1995 a 1998, diminuiron os custos financeiros das hipotecas; pero tamén é
certo que a partir de aí manteñense en niveis baixos pero sen cambios importantes, co cal xa non teñen aquel
efecto reductor dos custos, xustamente cando o aumento do prezo da compra-venda se disparou (disparando a
cuantía do principal dos préstamos).
máis: para o grupo máis pobre pasou de 41,7% a 45,5% e no seguinte grupo pasou
de 33,5% a 36,8%. Nos tramos intermedios de renda pasou dun 26-27% a un 29-
30%. Nos máis altos pasaron dun 28-29% a un 31-32%.

En conclusión, a vivenda é un coste moi importante para todas as familias pero


especialmente para as familias máis pobres, de xeito que o aumento espectacular do
prezo da vivenda nestes últimos anos afectoulles de xeito dramático nos seus gastos,
coa peculiaridade de que ese aumento non é recollido polo o IPC e, en
consecuencia, non se tivo en conta na negociación dos salarios –que, en xeral,
tomaron o IPC como referencia. Neste sentido, pode dicirse que a negociación dos
salarios en base ao IPC xeral penaliza a todos os asalariados pero dun xeito moi
especial aos que perciben os salarios máis baixos.

As solucións a este problema particular e importante poderian ser de dous tipos:


a) a medio prazo, a solución é elaboración dun IPC que incorpore adecuadamente o
gasto en vivenda (incluindo tanto a vivenda propia como a vivenda en aluguer),
seguindo algunha das modalidades aplicadas por moitos países europeos.
b) a curto prazo, unha solución sería tomar como referencia na negociación salarial (e
na fixación dos aumentos das pensións) o aumento dos prezos da vivenda xunto co
IPC.
c) certamente, o problema de fondo, o exponencial encarecemento da vivenda require
outro tipo de medidas políticas. Sen entrar aquí a discutir cais deberian ser esas
políticas, o que non cabe dúbida é que se o prezo da vivenda estivese incorporado
no IPC os gobernos terían uns poderosos incentivos adicionais para adoptar medidas
que freasen o seu crecemento desbocado44.

3. As diferencias na estrutura do consumo das familias segundo o seu nível de renda e


os aumentos desiguais dos prezos: ¿debería haber un IPC para cada nível de renda?

O IPC é un índice que mide a variación media dos prezos dun conxunto de 484 bens e
servizos ponderados en función da súa importancia relativa na “cesta” de consumo
promedio. O IPC xeral é unha “cifra media” e común de variación dos prezos desa “cesta
de consumo promedio” para o conxunto das familias dun territorio (estado, comunidade
autónoma, etc) pero os aumentos dos prezos de cada un dos productos concretos pode ser
moi diferente desa “cifra media”. Os prezos duns productos poden aumentar moi por riba
da media, outros moi por debaixo e outros poden mesmo descender. Se todo o mundo
consumise os mesmos productos e nas mesmas proporcións todos experiementarian un
mesmo aumento do prezo da súa “cesta”; pero o problema é que non todo o mundo
consume os mesmos productos e, desde logo, non na mesma proporción. Hai diferencias no
tipo de bens consumidos entre os diferentes territorios pero sobre todo hai diferencias moi
marcadas en función do nível de ingreso das familias.

Os máis ricos consumen maiores cantidades dun maior número de bens e servizos pero,
sobre todo, as proporcións que os diferentes grupos de productos respresentan no seu

44
Repárese de pasada que o período do boom inmobiliario en que se disparan os prezos coincide xustamente
co lanzamento da política de liberalización do solo do Goberno do PP.
cosumo total son moi diferentes ás dos pobres. Os máis pobres gastan proporcionalmente
máis en “alimentos e bebidas non alcólicas” e “bebidas alcólicas e tabaco” (entre ambas
representan ao redor do 25% do seu consumo total)45, en tanto que os máis ricos gastan
proporcionalmente moito menos (estes dedican a alimentos e bebidas tan só o 12% dos seus
gastos totais); o mesmo ocorre con vivenda: entre un 37-45% no caso dos máis pobres
frente a un 31-32% no caso dos máis ricos. Asi pois, os “máis pobres” dedican a
“alimentación, bebidas e vivenda” entre un 65-70% do seu presuposto e os “máis ricos”
ao redor dun 43%. En cambio, os pobres consumen proporcionalmente menos que os ricos
en cousas como “mobiliario e equipamento do fogar”, “saúde”, “transporte privado”, “ocio
e espectáculos”, “educación”, “hoteis, cafés e restaurantes”...

Unha vez constatado que a composición do consumo é moi diferente en función do nível de
ingreso das familias o que temos que preguntarnos é se os maiores aumentos dos prezos
penalizan en maior medida a un colectivo ou a outro. Para iso empezaremos por ver cais
son os bens ou servizos que experimentan aumentos superiores dos prezos.

Pois ben, os aumentos máis espectaculares dos prezos no período 2001-2004 (maio), danse
nalgúns productos de alimentación, aluguer de vivenda e transporte, que teñen unha grande
importancia na “cesta” do consumo das familias modestas. Frente a un aumento medio de
10,4% do IPC no conxunto de España destacan os fortisimos aumentos de “pan” (20,3%),
“carne de vacún” (14,9%), “aceites e graxas” (39,0%), “ovos” (24,1%), “froita fresca”
(29,7%), “legumes e hortalizas” (30,0%), “patacas e preparados” (39,6%), “prendas de
vestir muller” (19,1%), “calzado muller” (21,3%), “prendas vestir nenos” (21,7%),
“calzado neno” (16,7%), “calzado home” (15,1%), “vivendas en aluguer” (12,8%),
“transporte público urbán” (16,4%), “transporte público interurbán” (14,8%), “servizos
para o fogar” (15,0%), “turismo e hostelería” (13,3%), “Educación primaria (11,1%),
secundaria (12%) e universitaria (14,6%)”.

En consecuencia, pode dicirse que o IPC non é neutral socialmente senon que afecta de
xeito desigual aos diferentes sectores sociais en función do seu nível de renda. Os aumentos
dos prezos nestes últimos anos foron moi superiores xustamente en productos que teñen
unha importancia relativa moi alta na cesta da compra das familias de baixos ingresos
(alimentos e bebidas, alugueres e transporte público). Na medida en que os seus ingresos
(salarios, pensións ou subsidios) tiveran sido negociados en base ao IPC experimentarian
aumento do diferencial entre os aumentos dos prezos do seu consumo e o aumento dos seus
ingresos. Iso traducese nunha perda real do seu poder adquisitivo. Perda que, como
decimos, se da de forma máis intensa nos tramos inferiores de ingreso.

4. As diferencias territoriais do IPC e da estrutura de consumo

Aos problemas anteriores, que son máis ou menos comúns para todo o territorio do estado
español, engádese outro: en Galiza agudizanse as diferencias na estrutura de consumo e os
aumentos dos prezos de certos productos son maiores que na media española.

45
Estes porcentaxes refirense ao conxunto de España; no caso concreto de Galiza a porcentaxe que representa
alimentación e bebidas e mesmo superior: ao redor do 30%.
Tomando como base a ponderación feita no IPC de 2004, en Galiza o peso medio do grupo
de “alimentación e bebidas” (24,3%) é moi superior á media española (20,2%) e a enorme
distancias das comunidades máis ricas como Madrid (17,3%), Navarra (17,3%), País Vasco
(16,6%) ou Cataluña (19,4%). O peso relativo é moi superior en Galiza especialmente nos
seguintes productos: carne de vacún, peixes, mariscos, aceites, froitas, bebidas alcólicas.
Tamén é superior o peso do grupo “vestido e calzado” (13% frente a 9,7%), o de “menaxe”
(7% frente a 6,4%) ou o de “transporte” (15% frente a 14,4%).
En cambio, teñen un peso relativo inferior en Galiza os grupos de “vivenda”-aluguer-
(9,3% frente a 10,7%), o de “hoteis, restaurantes e cafés” (10% frente a 11,2%) ou o de
“ocio e cultura” (6% frente a 6,7%)

Poñendo en relación esa estrutura do consumo coa evolución dos prezos non se observa un
comportamento uniforme.
Neste sentido comparativo, cabe sinalar que en Galiza ten un peso particularmente alto o
consumo do grupo de alimentación, que é aquel no que as diferencias entre os fogares de
renda baixa e os de alta son maiores e no que o aumento dos prezos nestes últimos anos
estivo moi por enriba da media (12,6% frente a 10,7%). Parece ser esa maior importancia
relativa da alimentación e o elevado aumento dos seus prezos o que explica que o IPC xeral
de Galiza sexa tres décimas superior á media española (10,7 frente 10,4 entre 2001 e maio
do 2004). Algo semellante ocorre noutros consumos (vestido, transporte, etc) que teñen un
peso superior en Galiza e que tamén experimentaron subidas dos prezos superiores á media.

En conclusión, a falta de desglose da estrutura de consumo por tramos de renda para


Galiza, cabe dicir que as diferencias máis relevantes son as que se producen en función do
nível de renda dos fogares. As diferencias territoriais parecen ter unha incidencia menor,
salvo naqueles casos en que van asociadas a niveis de ingreso menores. Nese sentido, cabe
pensar que o maior peso do sector alimentación e bebidas no caso galego é debido á
existencia dun nível salarial medio considerabelmente inferior á media española (ao redor
de 15 pontos). Por iso cabe supoñer que a proporción de asalariados galegos penalizados
pola utilización do IPC como criterio de negociación salarial é superior á media española e,
desde logo, superior á de outras comunidades autónomas.

5. Desigualdades no ingreso: a negociación salarial en base ao IPC amplifica as


desigualdades salariais

Hai outra razón pola que a utilización continuada do IPC como criterio para a negociación
dos aumentos salariais ten un efecto desigualador e discriminatorio dentro da clase
traballadora: o aumento proporcional de salarios desiguais amplifica o abano desas
desigualdades, desde o lado do ingreso. As desigualdades aumentan na mesma proporción
que a porcentaxe aplicada ao aumento das magnitudes. Se a dous salarios diferentes os
aumentamos nunha mesma proporción (p.e., un 5%) iso tradúcese nun aumento da distancia
que os separa nesa mesma proporción (nese caso, a fenda aumentaría nun 5%). Iso repetido
ao longo dos anos vai ensanchando a fenda que separa aos salarios altos dos salarios baixos.
As desigualdades salariais e sociais acentuanse por esa vía tan “inocente”. É un fenómeno
puramente matemático pero con fondas repercusións sociais.
Exemplo: se temos dous salarios, un de 100 euros e outro de 200 euros e a ambos os
aumentamos nun 5%, o primero pasa a ser de 105 e o segundo de 210. O segundo segue a
ser o doble que o primeiro pero o número de euros que ingresan cada un é máis desigual: a
diferenza inicial entre ambos era de 100 e ao final a diferenza é de 105. A fenda entre eles
aumentou un 5%. Se isto se repite ano tras ano chega un momento en que a distancia se fai
abismal (por exemplo, a ese ritmo, en 10 anos a distancia tería aumentado un 50%).

Este problema agrégase a todos os anteriores e agrávaos. As solucións a isto son coñecidas:
aumentos liñais ou aplicar porcentaxes de aumento superiores para os salarios máis baixos.
Unha estratexia para correxir de verdade as desigualdades acumuladas nos anos anteriores
obrigaría a aplicar porcentaxes de aumento significativamente diferentes.

6. Conclusión e alternativas:

O IPC é un indicador importante que mide a variación nos prezos dunha cesta de bens e
servizos de carácter mercantil e ten unha grande relevancia non só polo que en si mesmo
reflicte senon por ser utilizado como referencia para a fixación de numerosas rendas
públicas e privadas e, en particular, na negociación colectiva dos salarios. Pero na súa
definición actual ten serias limitacións que desvirtuan o seu significado. A primeira é que
deixa fóra algúns consumos básicos das familias (como é o gasto en compra de vivenda
propia). A segunda deriva de ponderar o peso de cada grupos de gasto de acordo cunha
cesta de consumo promedio, que en realidade non se corresponde coa estrutura de consumo
do fogar medio senon dos fogares situados no percentil 64 por nível de renda (dando lugar
ao que se chama o gap plutocrático). En terceiro lugar, existe unha distancia moi relevante
entre esa estrutura de consumo que o IPC toma como referencia e as estruturas de consumo
específicas das familias con níveis de renda alonxados dese “promedio”, por riba e por
baixo. En cuarto lugar, como consecuencia do anterior as variacións dos prezos recollida
polo IPC xeral non se corresponde coas variacións dos prezos observados polos fogares que
teñen unha estrutura de consumo alonxados dese “promedio”; de feito, os aumentos dos
prezos nestes últimos anos foron moi superiores xustamente en productos que teñen unha
importancia relativa moi alta na cesta da compra das familias de baixos ingresos (alimentos
e bebidas, alugueres e transporte público). En quinto lugar, na medida en que os seus
ingresos (salarios, pensións ou subsidios) tiveran sido negociados en base ao IPC
experimentarian un aumento do diferencial entre os aumentos dos prezos do seu consumo e
o aumento dos seus ingresos, tradúcindose nunha perda real do poder adquisitivo de todos
eles. En sexto lugar, polo antes indicado, esa perda de poder adquisitivo dase de forma máis
intensa nos tramos inferiores de ingreso, provocando un incremento das desigualdades. Por
todo iso as familias de ingreso modesto teñen a sensación de que o IPC non reflicte o
aumento do “custo da vida”. En septimo lugar, tamén as estruturas de consumo e os
conseguintes aumentos dos prezos son desiguais nos diferentes territorios; de feito o IPC en
Galiza nos últimos tres anos é superior á media española (a pesares que o incremento das
rendas non o é). Por último, a negociación salarial en base a un IPC xeral, aplicando
aumentos proporcionais dos salarios ano tras ano, trae como consecuencia un
ensanchamento da brecha entre os salarios baixos e elevados nesa mesma proporción,
acentuando as desigualdades non só na capacidade de compra senon tamén nos propios
niveis de remuneración (desigualdade de ingreso).
En consecuencia, nas condicións dos últimos anos, as negociacións salariais que toman
como referencia o IPC xeral traen consigo tres consecuencias negativas desde o ponto de
vista do nível de vida e das desigualdades: a) aumentan as desigualdades no ingreso pola
vía de amplificar a brecha da remuneración salarial; b) conducen a unha perda xeneralizada
de poder adquisitivo dos salarios e c) esa perda de poder adquisitivo é especialmente
intensa nos salarios máis baixos, o que tamén contribue ao aumento das desigualdades na
capacidade de gasto.

As alternativas para corrixir algúns problemas detectados serían:

1. Redefinir o IPC, incorporando aqueles capítulos de consumo que son particularmente


relevantes para a práctica totalidade dos fogares e que hoxe son excluidos. En especial,
a compra de vivenda. Existe unha grande diversidade de criterios para proceder á súa
incorporación (alugueres imputados, custo de oportunidade, prezo de adquisición, custo
financeiro, interese hipotecario e depreciación, etc) e cada un deles comporta vantaxes e
inconvenientes, uns son máis fáciles de implementar outros son máis rigorosos... pero o
máis importante e urxente é que se tome a decisión de incorporalo.

2. A efectos da negociación colectiva unha alternativa podería ser incorporar o índice de


aumento dos prezos da vivenda como criterio de referencia para a negociación dos
aumentos salariais xunto co IPC. ¿En que proporción?. Iso requeriría un certo estudio.
Unha posibilidade razoábel podería ser darlle ao primeiro unha importancia en torno ao
20-25%46 e ao IPC o 75-80%. Sabendo que o aumento do prezo da vivenda en Galiza
nos últimos anos estivo ao redor dun 8-10% de media anual (3 ou catro veces o IPC), a
aplicación combinada dos dous prezos traduciríase nun aumento anual dos salarios que
rondaría un 5,5-6%. Sería case o doble dos aumentos pactados nos últimos anos (que
estiveron ao redor do 3-3,5%) 47.
É obvio que aumentos salariais desa magnitude terían unhas consecuencias
macroeconómicas moi importantes. Esta sería xustamente unha razón adicional para ver
o interese e oportunidade de incorporar os prezos da vivenda ao IPC; efectivamente, iso
introduciría un incentivo político de primeira orde para que os gobernos se preocupasen
con maior decisión da evolución do mercado inmobiliario e adoptasen políticas de
vivenda máis activas (vivenda pública, vivenda pública en aluguer, oferta de solo,
fiscalidade das plusvalías, etc).

46
Esta porcentaxe relativamente arbitraria xustifícase pola importancia relativa do gasto en vivenda na ECPF
(que vai desde un 30% para as rendas altas até un 45% para as baixas) e tendo en conta que no IPC xa se toma
en consideración unha parte do gasto en vivenda (aluguer e outros gastos) que está ponderado nun 10,7%.
Tomando como referencia a media teriamos 31,7-10,7= 21; tomando como referencia o tramo de ingresos
entre 500 e 1000 euros ao trimestre teriamos: 36,8-10,7=26,1.
47
Claro está que os aumentos espectaculares do prezo da vivenda destes últimos anos deberían ter sido
corrixidos con outro tipo de políticas, porque de trasladarse os seus efectos aos salarios seguramente
provocarían un proceso inflacionario; o que está ocorrendo é que os asalariados están soportanto e endosando
nas suas rendas (a costa do seu aforro e nível de vida) a contención da inflación xenerada no sector da
vivenda.
3. Tomar en consideración non só o IPC xeral senon os IPC dos grupos de productos máis
relevantes para o consumo das familias máis modestas: IPC alimentación e bebidas,
IPC vivenda ou IPC transporte público.
En todo caso, debemos ter presente que nos últimos catro anos os salarios medios en
Galiza medraron mesmo a menor ritmo que o IPC xeral (en particular nos anos 2000,
2002 e 2003). Obviamente, isto sitúa o problema da perda de poder adquisitivo nun
plano moito máis evidente. O que quere decir que o problema arranca da propia
estrutura do mercado laboral, da política laboral implementada nos últimos lustros, do
escaso poder real de negociación dos sindicatos ou da asunción por parte destes dunha
cultura de “moderación salarial” que está empezando a resultar en exceso
“irresponsábel” para cos seus representados.

4. Aplicar un índice corrector na negociación salarial (privada e pública) que impida o


aumento da fenda salarial (ou cando menos a modere): aumentos superiores nos salarios
baixos e inferiores nos salarios altos. Ese era criterio inspirador da “escala móbil”
introducida na negociación colectiva en Italia nos anos setenta e que estivo en vigor até
os anos noventa; tamén é o caso dos aumentos lineais pactados en algún sector en
momentos moi concretos. Trátase dun obxectivo social de alcance cuxa implementación
require un certo consenso entre sindicatos, patronal e sindicatos, pero quizás o máis
difícil é conseguir xenerar o acordo de partida dentro da propia clase traballadora, de
xeito que os colectivos de salarios máis elevados (que tamén son os mellor organizados
e con maior poder negociador) acepten o “sacrificio” e a solidariedade cos colectivos de
menores salarios. Como obxectivo social, isto debería aplicarse dentro de cada rama e
de cada empresa pero tamén comparativamente entre ramas (dados que boa parte das
desigualdades salariais derivan de desigualdades intersectoriais). Lóxicamente, a mellor
forma de conseguir isto sería incorporar estes criterios a unha negociación de acordos
intersectoriais, entre outras cousas para evitar os problemas de aqueles sectores que
quedan á marxe dos convenios.

Obviamente, se a aplicación universal dun aumento proporcional ao IPC provoca un


progresivo ensanchamento da fenda salarial maior é aínda a fenda que se vai
producindo entre os traballadores que se benefician dese tipo de negociación (insiders)
e os traballadores non teñen negociación colectiva ou teñen que aceptar acordos
salariais que nin tan siquera teñen como referencia o IPC (outsiders).

5. Unha vía diferente pero no fondo máis eficaz de atallar o problema é impedir salarios
excesivamente baixos fixando un salario mínimo que acade un nível suficientemente
digno. Certamente, unha das causas da abismal brecha salarial no Estado Español é a
existencia dun salario mínimo moi reducido -460 euros48-, o segundo máis baixo dentro
da UE despois de Portugal, co engadido de que mesmo a lexislación do salario mínimo
se vulnera, unhas veces situandose abertamente á marxe da legalidade e outras facendo
abuso das figuras de contratación a tempo parcial mesmo cando se realicen xornadas
reais completas. Por decilo de forma moi concreta, a conquista dun salario mínimo que

48
O Goberno socialista fixa o salario mínimo en 490 euros na súa reunión de 25 de xuño de 2004, cuxa
subida de 6,6% se presenta como o intento de recuperar o poder adquisitivo perdido desde 1996.
rondase os 600 euros e que fose efectivamente respectado supoñería unha grande
contribución á mellora da distribución da renda.

6. Algo análogo podería plantexarse para as pensións de xubilación, que sendo


históricamente modestas experimentaron unha perda de poder adquisitivo nos últimos
anos na medida en que se lle aplicou un IPC previsto particularmente reducido e moi
inferior ao real (aínda que nalgún ano recibiron unha paga extra como compensación
polo diferencial de inflación).

Bibliografía:

INE, Encuesta continua de presupuestos familiares, varias edicións.


INE, Índice de Precios al consumo, varias edicións.
IGE, Estatísticas de traballo, www.ige.xunta.es
Izquierdo, M; Ley, E.; Ruiz-Castillo, J. (2002), The plutocratic gap in the CPI: evidence
from Spain. FEDEA. Documento de traballo.
La Caixa –Servicio de Estudios (1999), Informe mensual, Julio-Agosto 1999.
Ministerio de Fomento, Estadística de precio m2 vivienda, www.mfom.es

Comparación da evolución dos prezos da vivenda e do IPC en


España e Galicia no período 1994-2003. Ano Base 1996

220

211,86
210

200

190

180 181,12

170

160
155,30 153,57
150

142,19
140
134,58
130
125,58
123,28
120 120,44
117,53 117,54
113,52
110 109,06 110,63
106,31
105,83 106,76
101,98 103,38
100 100,00 101,59
101,60
1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003

Variación do prezo medio da vivenda en España. 1996=100 Variación IPC España 1996=100
Variación prezo medio vivenda Galicia 1996=100 Variación IPC Galicia 1996=100
Cadro 1. Estrutura do gasto total por nível de ingresos monetarios netos regulares do
fogar e grupos de gasto (ECPF-España-IIT 2002)
500 a 1000 a 1500 a 2000 a 2500 a 3000 a máis de
Até 499
Total 999 1499 1999 2499 2999 4999 5000
euros
euros euros euros euros euros euros euros
Total 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
1. Alimentos e bebidas non
17,79 23,36 21,69 19,97 17,46 16,22 13,75 13,15 9,30
alcoólicas
2. Bebidas alcólicas,tabaco 2,41 2,15 2,59 2,84 2,45 2,32 2,04 1,59 2,35
3. Artículos vestir, calzado 6,96 5,72 6,61 6,89 7,37 7,57 7,47 6,75 4,66
4. Vivenda, auga,
31,69 45,52 36,79 29,86 30,25 28,62 31,07 31,34 32,14
electricidade, combustibel
5. Mobiliario,equipamento
4,78 3,60 4,24 4,30 4,40 4,70 5,32 7,23 6,00
fogar,conservación vivend
6. Saude 2,08 1,37 1,99 2,04 2,15 2,34 2,14 2,22 1,25
7. Transportes 10,41 3,41 6,56 11,49 11,34 12,14 11,77 10,21 11,68
8. Comunicacións 2,33 2,19 2,36 2,28 2,48 2,30 2,28 2,31 1,92
9. Ocio,espectáculo e
4,81 2,06 3,75 4,44 4,73 5,54 5,38 6,64 5,78
cultura
10. Educación 1,18 0,06 0,46 0,90 1,14 1,31 1,84 1,95 3,78
11. Hoteis,cafés,restaurant 9,30 4,68 6,79 8,79 10,29 10,59 9,98 9,98 14,96
12. Outros bens e servizos 6,26 5,86 6,17 6,20 5,96 6,37 6,94 6,64 6,18

Cadro 2.Ponderacións dos diferentes grupos de gasto e IPC. España e Galiza. 2004
Ponderación Ponderación no IPC IPC 04/01
na ECPF-02
España España Galiza España Galiza
Xeneral 100 100 100 8,2 8,5
1.Alimentos, bebidas non alcól 17,8 22,6 24,3 12,0 11,1
2. Bebidas alcólicas tabaco 2,4 3,2 3,1 10,3 9,0
3. Vestido e calzado 7,0 9,7 11,3 5,9 7,1
4. Vivenda 31,7 10,7 9,3 7,7 8,0
5. Menaxe 4,8 6,4 7,1 4,8 5,8
6. Medicina 2,1 2,7 2,6 4,6 5,8
7. Transporte 10,4 14,4 15,0 6,2 6,9
8. Comunicacións 2,3 3,0 2,6 -6,6 -7,0
9. Ocio e cultura 4,8 6,8 6,0 2,5 3,6
10. Educación 1,2 1,7 1,4 12,2 12,6
11. Hoteis, cafés e restaurantes 9,3 11,2 10,0 13,1 13,1
12. Outros bens e servizos 6,3 7,6 7,3 10,5 9,5
IPC e salarios de empregados e obreiros. Galiza 1989-2000

235,0

215,0
IPC
195,0
Empregados
175,0

155,0 Obreiros

135,0 Polinómica
(Empregados
)
115,0 Polinómica
(Obreiros)

95,0
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
A EMPRESA PÚBLICA COMO INSTRUMENTO DE POLÍTICA INDUSTRIAL: O
FALSO DILEMA ENTRE EFICACIA E COESION SOCIAL E TERRITORIAL*

Existe desde a década dos 80 unha auténtica cruzada liberal contra todo o que signifique
intervención e regulación pública e moi especialmente contra a participación do Estada na
actividade productiva. Esa cruzada abandeirada durante anos por Margaret Tatcher estaba
guiada polas consignas de “flexibilización, desregulación e privatización” e en dosis
diferentes foi adoptada pola maioría dos países europeos, aínda que con matices
considerábeis. O delirio privatizador non remata na venta das empresas públicas ao capital
privado ou a concesión de servizos públicos importantes (comunicacións, teléfonos, TV,
etc) senon que se plantexa para os servizos esenciais (como a sanidade, a seguranza social,
educación...) e mesmo chega a insinuarse para actividades delicadas dun Estado
democrático (como pode ser o sistema penitenciario). En todo caso, podemos distinguir
dous grandes grupos de axentes á privatizar: as empresas industriais nas que o Estado ten
unha presencia, como socio único, maioritario ou minoritario, e os servizos públicos que
viñan sendo xestionados polo Estado en réxime de monopolio por ser servizos básicos ou
universais (carreteras, portos, vias férreas, correos, teléfono, etc). A problemática é
específica en cada caso pero ten un fondo común. En calquer caso, nós centraremonos aqui
especialmente, na actividade empresarial industrial e nos servizos públicos de natureza
“industrial e comercial”; o que non quere dicir que deban despreciarse os efectos
económicos a longo prazo dunha privatización de outros servizos como a educación, a
sanidade ou a seguranza social.

En España o proceso privatizador empezou da man do Goberno do PSOE no ano 85-86,


aínda que plantexado como un proceso gradual, en moitos casos mediante vendas parciais
das accións da compañías pero mantendo o control público (mixto) da mesma. En todo caso
durante os mandatos do PSOE foron dándose os pasos para converter todos os servizos
públicos en actividades mercantiles nas que pudera existir competencia, dando forma
mercantil aos operadores dos diferentes servizos públicos. Coa chegada do PP ao Goberno
do Estado en Maio de 1996 prodúcese un salto cualitativo: plantéxase a rápida e total
privatización de todas as empresas públicas rendíbeis.

Antes de nada compre salientar que se trata dun problema de envergadura que afecta a unha
parte sustancial do sistema productivo: en España representa en torno a un 15% da
industria, un porcentaxe equiparábel ao de Alemania, Bélxica ou Holanda; outros países
están considerabelmente por riba, superando o 20% en Francia, Italia, Potugal ou Grecia.
En Galiza representa en 1994, aínda despois de todos os procesos de reconversión e
privatizacións, ao redor do 11% do emprego e o 12% do PIB, sen contar as empresas de
servizos públicos (RENFE,TVE, RNE, Correos, INSALUD, etc). Máis alá desa
importancia cuantitativa debe agregarse a grande importancia estratéxica por un doble
motivo: porque son empresas normalmente de grande tamaño (entre as de maior dimensión
do país) e porque están situadas en sectores de importancia crucial ou estratéxica. En
definitiva, constituen o núcleo duro esencial do sistema industrial do país. Polo tanto, unha
alteración do réxime de propiedade que afecte a este grupo de empresas ten un impacto que
vai máis alá das propias empresas directamente afectadas e adquire unha grande

*
Este artigo foi publicado na revista A Trabe de Ouro, n. 28, 1996.
trascendencia para o conxunto do sistema productivo e mesmo para o modelo social e
político.

O movimento liberal de desregulación e privatizacións non nace certamente como unha


emanación autónoma no campo político senon que responde ás dificultades crecentes do
capital para encontrar campos de investimento rendíbel despois da crise dos anos setenta.
Os representantes do capital veñen reclamando do poder político iniciativas para construir
novos espacios de valorización do capital. Efectivamente, as privatizacións danse nun
contexto económico marcado por un feble crecemento da economía mundial e europea e,
polo tanto, cun campo de valorización do capital reducido, razón pola que os enormes
excedentes financeiros existentes a escala mundial nas mans das grandes corporacións e dos
grandes bancos non encontran fácil colocación. Ese exceso de capital financeiro xenera
unha forte competencia entre os grandes capitais a nível internacional competindo polos
novos campos de negocio e de valorización; nesa competencia, o capital multinacional
acorrala aos diferentes capitais “nacionais”, cuxa dimensión se fai insuficiente para afrontar
ese proceso. A nível europeo o proceso de integración acelera e agudiza esa competencia
colocando nunha situación difícil incluso aos grupos antaño dominantes dentro das
fronteiras dos Estados. Nese contexto dase, polo tanto, unha confluencia de presións entre o
capital transnacional que busca novos espacios de valorización nos países desenvolvidos e
os capitais “nacionais” que recurren ao “seu” Estado para que lles permita abrir novos
campos de negocio nas actividades até agora desempeñadas polo Sector Público
(educación, sanidade, seguranza social, transportes, comunicación, tv e, por suposto, nas
actividades productivas levadas a cabo por empresas públicas). A cesión destes campos de
valorización para o capital financeiro buscaría construir trincheiras temporais dentro das
que poder seguir acumulando con taxas de beneficio satisfactorias ou posibilitando
operacións de alta rendabilidade a curto prazo.

Outros factores adicionais explican tamén este fenómeno desregulador e privatizador. A


internacionalización da economía mundial e a revolución tecnolóxica en algunha das
tecnoloxías de base (digitalización, satélites, autopistas da información, etc) modifican o
carácter protexido de algúns servizos públicos de rede (TV, Teléfono, etc). Efectivamente,
cando os operadores públicos dese tipo de servizos traballan nun contexto internacional
aparecen dous argumentos que “xustifican” a transformación en empresas de réxime
mercantil e incluso a apertura do seu capital a novos socios: a participación en alianzas
internacionais e a realización de investimentos no exterior. Claro está que mesmo eses
pasos non teñen porque implicar que o Estado deixe de ser o propietario maioritario das
accións da empresa, garantindo o seu control, a súa estratexia e o cumprimento dos criterios
sociais de servizo público que tiñan asignados (de feito moitas das empresas de
telecomunicacións europeas, entre elas Telefónica, teñen dado eses pasos cara unha amplia
expansión internacional baixo control Estatal sen que que este teña suposto nengunha
rémora) . No caso dos servizos públicos monopólicos tamén se poñen por diante outros
argumentos como as novas aspiracións do público: consumismo, calidade e diversificación
dos servizos,etc. que serían mellor satisfeitos introducindo novos competidores.

Nese estado de cousas intervén un novo factor ou argumento: a Unión Europea e o Tratado
de Maastricht. Efectivamente, o modelo de construcción europea é de natureza
esencialmente liberal e liberatizadora e prepara o camiño para esta política. Desde o
Tratado de Roma, os principios de “mercado comun”, librecambio e concorrencia son
inspiradores de todo o proceso, por iso sempre presentaron unha certa conflictividade coa
lóxica do servizo público e a intervención do Estado en réxime de exclusividade. Isto ten
plantexado problemas serios en moitos países nos que o concepto de servizo público está
moi enraizado no modelo sociopolítico repúblicano, como pode ser o caso francés. Sen
embargo, como a final veremos, existen p.e. no Tratado de Maastricht elementos suficientes
para defender a existencia da empresa pública ou a pertinencia do servizo público como
concepto que pode prevalecer frente ao mercado e á competencia. Efectivamente, o Tratado
de Maastricht aséntase en dous peares básicos: o principio de ampliación e apertura do
mercado e o principio de cohesión do espazo europeo, como instrumento de elevación do
nível de benestar dos cidadán europeos; e cos regulamentos na man pode mostrarse que o
modo de xestión das redes que desempeñan eses servizos é esencial para o benestar e a
cohesión, pensada tanto na súa dimensión social como territorial. Polo tanto, se ben é certo
que a Unión Europea constitue un motor dun cambio liberalizador tamén é certo que en
moitos casos é utilizada como argumento para defender políticas liberalizadoras
dificilmente explicábeis á cidadanía.

Esa cruzada privatizadora ten unha clara dimensión política e ideolóxica, pero aséntase
tamén nunha serie de tópicos ou tesis de tipo económico, que dan a cobertura “técnica” para
esa política. Aínda que despois intentaremos mostrar en que medida esta política responde a
un modelo de sociedade diferente, centrarémonos primeiramente na discusión do que
poderiamos os mitos ou os tópicos liberais sobre a empresa pública. Posteriormente
realizaremos algunhas consideracións específicas sobre o caso dos servizos públicos (sexan
estes cubertos por entes públicos, empresas públicas, mixtas ou privadas).

I. Seis tópicos liberais sobre a empresa publica

1. Tópico nº 1: “a empresa pública provoca perdas sistemáticas”

Esta idea sostida a veces de forma explicita e outras de forma subliminal funciona en todo
caso como argumento popular contra as empresas públicas. NADA MÁIS FALSO que esa
xeneralización e esa afirmación non resiste o máis mínimo contraste cos feitos: a maioría
están estre as empresas máis rendíbeis do país e son moi poucas as empresas públicas que
dan perdas. Xustamente as que hoxe dan perdas son maioritariamente empresas que
proveñen do sector privado e que foron absorbidas polo sector público para evitar o seu
peche, cando atravesaban situacións de perdas, quebra ou suspensións de pagos. Os casos
de Ensidesa, HUNOSA ou as galegas ASTANO, G.E. Alvarez son só algúns exemplos desa
situación que deriva dunha política apagalumes da crise do sector privado. No seu momento
mesmo colleu con perdas empresas privadas que logo o INI levou a situación rendíbel
como Barreras ou INESPAL. A inmensa maioría das empresas públicas dan beneficios
(ENDESA, REPSOL, ENCE, Telefónica, Indra, Tabacalera, Argentaria, etc). Outras poden
pasar por situacións conxunturais difíciles como calquer empresa do seu mesmo sector, é o
caso de IBERIA, ou ASTANO que ten resultados negativos debido aos elevados costes
financeiros dos créditos acumulados no pasado a altos tipos de xuro e mal renegociados.

Non hai, polo tanto, a máis mínima base para a idea mezquina de que as empresas públicas
son creadoras de perdas.
2. Tópico nº2: “a empresa pública é máis ineficiente que a empresa privada”

Tamén neste ponto existe unha cantidade enorme de preconceitos. Como afirma
taxativamente Julio Segura, actualmente vocal do Banco de España, “non existe motivo
algún que permita soster a menor eficacia da empresa pública pola natureza da súa
propiedade”. Non existe ningun tipo de argumento teórico nin empírico que nos demostre
que a xestión privada é inherentemente máis eficiente. Hai sectores nos que as empresas
públicas son máis eficientes que as privadas: hai exemplos de empresas públicas
ineficientes ou relativamente ineficientes pero hai moitos máis exemplos de empresas
privadas ineficientes e mal xestionadas.

Se medimos a eficiencia polo rendimento neto por activo (segundo os dados da Central de
Balances do Banco de España) obsérvase unha menor rentabilidade media do grupo de
empresas públicas en relación ás privadas. Este feito contábel merece cando menos tres
comentarios:

A. Ese dado é unha media de todas as empresas públicas nas que están incluidas as
empresas que por razóns de tipo político ou social se manteñen abertas aínda cando
presentan perdas.

B. O rendimento neto contábel é un posíbel indicador da rentabilidade a curto prazo da


empresa, pero non é en absoluto o único indicador de eficiencia dunha empresa: a
eficiencia pode tomar en consideración o medio e longo prazo (eficiencia dinámica), o
ritmo de crecemento da empresa a longo prazo, etc.

C. Está claro empíricamente que a rentabilidade das empresas varía co tamaño da mesma.
Son as empresas pequenas e medias as que presentan niveis de rentabilidade superior. Dado
que as Empresas Públicas están entre as empresas de maior tamaño de España e de Galiza é
lóxico que ocupen lugares máis modestos nos niveis de beneficios. A cuestión que se
plantexaría entón é explicar porque as empresas grandes (públicas e privadas) teñen esa
tendencia a presentar taxas de rentabilidade. Non é aqui o lugar para adéntrase nese tipo de
explicacións pero apontar tan só tres:

a) as grandes empresas encontranse máis protexidas dos mercados de capitais que


“obrigan” a un comportamento eficaz dos xestores medido con criterios de curto prazo (non
actuan pola presión única do dividendo anual); en todo caso se o que interesa e modificar é
o grado de sensibilidade dos propietarios ao rendemento do capital basta con igualar
totalmente o réxime en que operan as empresas públicas e igualalo ás privadas incluindo a
posibilidade de quebra.
b) presentan os problemas típicos das relacións entre axente e principal típico das
organizacións en que propiedade e control están separados; e
c) as empresas grandes poden actuar con criterios estratéxicos guiados polo
crecemento da empresa a longo prazo máis que pola rentabilidade a curto prazo;
xustamente isto pode ser un gran argumento a favor das empresas grandes ou das públicas
que poden adoptar estratexias máis agresivas pensando na expansión da empresa a longo
prazo (o exemplo do éxito do enfoque estratéxico da empresa xaponesa nas últimas décadas
está revolucionando a xestión empresarial nesa dirección).

En todo caso, existen exemplos sobrados que mostran a existencia de empresas públicas
máis eficientes que as privadas dentro do mesmo sector:
.REPSOL vs PETROMED
.ENDESA vs. calquer eléctrica privada
.Caixa Postal ou Argentaria vs. Bancos que se tambalearon ou desapareceron
(Banca Catalana, BANESTO, Bhispanoamericano, Banco Atlántico, etc)
.ENSIDESA e Altos Hornos de Vizcaya, etc, etc

Precisamente se existe hoxe tanta presión por parte do capital financeiro para que se
privaticen non é pola súa ineficiencia senon porque son empresas apetecíbeis. Nos casos en
que a rendabilidade das públicas é manifestamente superior, ¿cal é argumento para
venderlla a outra empresa que demostrou ser menos eficiente e menos rendíbel?.

3. Tópico nº3: “a empresa pública é menos competitiva que as privadas”

Tamén se usa o argumento de que a empresa pública é menos competitiva sen embargo a
experiencia española (como a francesa e a de outros moitos países) mostra que a
competitividade internacional destas economías se apoia precisamente en empresas
públicas. Se medimos esa competitividade pola presenza nos mercados internacionais
podemos observar até que ponto son importantes: Telefónica, Repsol, Iberia, Auxini,
BAZAN, ASTANO, INESPAL, CASA, etc.

Estas xunto coas filiais de EMN son os peares básicos da capacidade exportadora de
España e mostraron precisamente unha importante capacidade para manterse e mesmo
medrar en sectores importantes e estratéxicos nos que a competencia mundial é moi forte.

4. Tópico nº4: “ a empresa pública é menos innovadora que a empresa privada”

De novo nada máis lonxe da realidade. Historicamente a incorporación de España aos


novos sectores e novas actividades que foron emerxendo ao fío do progreso tecnolóxico
foron incorporadas en grande medida por empresas públicas. O sector público actuou como
precursor en actividades como: Petroquímica, Novos metais, Telegrafía, Telefonía,
Televisión, Aeronáutica, Telecomunicacións (Grupo Indra), etc. Foi abrindo novos sectores
e creando novas necesidades e novos mercados que logo permitirian a aparición de
empresas privadas que van desenvovendo a súa actividade á carón da empresa pública.

Por outra parte, se analisamos o esforzo innovador do sector empresarial observamos que
o peso do sector público empresarial é determinante e, ademais, o esforzo empresa a
empresa é moi superior no caso das públicas. Efectivamente, a empresa pública realiza en
España o 25% do Gasto Empresarial en I+D, e o 8% da I+D total (con dados do ano 1993 e
mesmo despois de ter privatizado xa un bon número de empresas)49. O gasto en I+D no
grupo público (INI-Téneo) representa un 1,5% do seu volume de ventas,
incomparabelmente superior ao das empresas privadas.

Sin embargo, esta posición de liderato tecnolóxico das empresas públicas en relación ás
privadas a nível español non debe levar a unha valoración complaciente senon que, polo
contrario, hai dous feitos relevantes que deben ser resaltados. Primeiro, que o esforzo
innovador realízouse cun certo retraso e centrándose case exclusivamente nas actividades
ligadas ás novas tecnoloxías (Telefónica, Aeronáutica, etc), provocando un considerábel
desfase nas actividades chamadas maduras (Naval, Metalúrxicas, etc) que, sen embargo,
precisaban tamén de considerábeis investimentos en I+D para manterse ao día, como
fixeron países como Alemania ou Corea. En segundo lugar, non pode pasar desapercibido
que as actividades de I+D presentan unha fortísima concentración en Madrid (86,2%, cos
dados do INE para 1992). En Galiza realizan tan só o 1%. Isto constitue un problema grave
non só polo que significa en termos de centralización territorial senon tamén porque esa
investigación perde eficacia productiva pola separación física a respeito das empresas que
deben aproveitar ese I+D.

5. Tópico nº 5: “a empresa pública é unha carga para o contribuinte”

Como acabamos de ver é radicalmente falso presentar as empresas públicas como unha
carga para o presuposto público. Polo contrario, en xeral aportan beneficios e mesmo nos
casos en que presentar perdas é necesario ter en conta o que aportan en termos de impostos
(directos e indirectos), ademais do seu efecto en termos de emprego e xeneración de rentas
salariais (que a súa vez permiten o mantenimento de outros sectores productivos e
comerciais, que tamén xeneran rentas para o Estado).

6. Tópico nº 6: “coa privatización vaise reducir a tarifa eléctrica, o recibo de teléfono e


outros prezos para o consumidor ”

Tamén isto é unha falacia completa. ¿Acaso a entrada do capital privado vai significar unha
política de redución dos marxenes de beneficio?. Dado que os niveis de eficiencia non
teñen porqué aumentar non parece razonábel esperar unha reducción dos prezos por parte
do capital privado. Unha cousa diferente é que en algúns mercados até agora controlados de
forma monopolista se introduza a competencia mediante unha nova regulación do sector e
que como consecuencia da loita competitiva polo reparto de cuotas de mercado existe unha
presión cando menos temporal á baixa dos prezos. Pero confundir competencia e
privatización revela unha absoluta ignorancia ou ánimo de confundir. As empresas públicas
poden actuar tanto en mercados monopólicos como en mercados competitivos, como unha
empresa máis do sector. Polo contrario, a presenza da empresa pública pode constituir un
factor que garanta o mantenimento real das condicións de competencia evitando a aparición
de carteles ou acordos estratéxicos entre empresas privadas que pudesen vulnerar os

49
En Galiza esa porcentaxe é considerabelmente menor, a empresa pública realiza un 11% da I+D
empresarial, precisamente porque empresas como Bazán, Astano, Endesa teñen os seus centros de I+D en
Madrid. Inespal realiza aqui tan só unha ínfima parte. Unicamente Ence dispón recentemente dun centro de
certa envergadura.
principios de competencia nos mercados. Peor que un monopolio público é un monopolio
privado50.
Polo tanto, despois do dito creo que existe pouco marxe para manter as críticas que
vulgarmente se fan ás empresas públicas por parte dos defensores da privatización. A
decisión de privatizar ou non non se apoia, polo tanto, en argumentos técnicos, económicos
ou de eficiencia. Trátase dunha opción política e ideolóxica e como tal debe ser afrontada.
Unha opción política e ideolóxica que ten consecuencias económicas a longo prazo, sociais
e políticas de envergadura. Con unha particularidade importante cal é o seu carácter
difícilmente reversíbel, á menos que o capital privado acabe tendo perdas.

II. Efectos economicos das privatizacións

Frente á idea de que as privatización supoñen un impulso á modernización da nosa


economía e da nosa industria cabe considerar que, polo contrario, pode supoñer un serio
atranco para esa modernización, pode frear o ritmo de investimento e polo tanto de
crecemento económico a medio prazo e mesmo pode reducir a eficacia do conxunto
sistema económico e en particular do sistema financeiro.

A transferencia da propiedade das empresas públicas ao capital privado é unha operación


que non implica nova creación de riqueza e aumentar o investimento productivo. Máis ben
cabe plantexar que vai supoñer unha sustitución do investimento productivo. O capital
financeiro excedentario que hoxe anda rodando nos mercados financeiro buscando
colocación podería ser utilizado polas entidades financeiras para promover novas
actividades productivas, promover novas empresas ou aumentar a capacidade de empresas
existentes para aumentar a súa capacidade productiva ou a súa capacidade innovadora ou a
súa capacidade comercializadora para abrir novos mercados, etc. Esa saída sí significaria
modernizar o sistema productivo, contribuir a creación de nova riqueza, crear emprego e
aumentar a capacidade competitiva da nosa economía. Pero se eses recursos se destinan
exclusivamente ao cambio de mans da propiedade das empresas é unha forma de
“enterralo”, reducindo a capacidade financeira da nosa economía e, polo tanto,
reducindo a taxa de crecemento a medio e longo prazo. En definitiva, considero que
pode implicar un novo debilitamente da capacidade de crecemento da economía española e
galega.

Si o capital privado español quere dar mostras de que é dinámico e emprendedor, ¿porqué
non se lanza a creación de novas empresas ou á expansión das existentes creando novos
mercados, metendose nas actividades novas e estratéxicas?. ¿Por que ten que recurrir a
empresas e actividades que xa estan consolidades, que teñen mercados creados, que teñen
marcas consolidadas, traballadores e técnicos formados, etc?. ¿Por que non se asumen
actividades algo máis arriscadas?. E sobre todo, ¿por que o Estado vai aceptar a presión
e darlle unha saída fácil a ese capital que busca colocarse, vendéndolle empresas xa
50
A experiencia de moitas das privatizacións feitas xa hai anos,p.e. no Reino Unido permite avaliar con certa
perspectiva cais foron as suas consecuencia (p.e. nas telecomunicacións, etc). Outro caso no que o carácter
negativo do monopolio privado son as concesións sobre as Autopistas en España, onde o capital privado ten
unha participación importante e condicionadora, de forma que hoxe existe a convicción de que as peaxes son
excesivamente elevadas reducindo o número de potenciais usuarios, e polo tanto, reducindo o benestar social,
sen que o Estado poda forzar unilateralmente unha reducción.
consolidadas en vez de incentivalo para unha estratexia máis acorde coa ideoloxía do
empresario innovador?.

Polo tanto, desde un ponto de vista económico e social, considero que pode constituir un
erro estratéxico, difícil de correxir, lanzarse a unha privatización masiva que supón un
movimento de capital que non moviliza nova capacidade productiva senon drena
recursos para un cambio patrimonial, que só serve para cambiar de mans a
capacidade productiva xa construida.

En calquer caso, resulta curioso que toda a ortodoxia financeira, que veu defendendo e
mesmo continúa a defender que a banca debe manterse alonxada da industria para preservar
a estabilidade do sistema financeiro, argumento que veu servindo para xustificar o
descompromiso da banca coa industria, en cambio, de pronto, se convirtan en ferventes
defensores da entrada dos grandes grupos financeiros no principais núcleos da empresa
pública51. Ou se trata dunha nova irresponsabilidade ou ben é unha declaración de que a
empresa pública pode ser un negocio fabuloso a curto prazo e no futuro xa se verá que se
fai con él.

E é precisamente a preocupación polo futuro das empresas públicas o que se debería ter
moi presente antes de tomar alegremente medidas agradábeis para o sector financeiro
chamado a beneficiarse da operación:

a. Se a venta das empresas rendíbeis do sector público se realiza no mellor dos casos co
obxectivo de fortalecer a un par de grupos financeiros españois, ¿Quén garante que dentro
de poucos anos non asistamos a unha venda desas empresas a grandes grupos
multinacionais?. Ou dito doutra forma, ¿quén garante que se trata dunha estratéxia de longo
prazo deses grupos e non dunha operación financeira de curto prazo cunha alta
rentabilidade a curto prazo, un novo “pelotazo”?.

b. Dado que moitas delas son empresas situadas en sectores estratéxicos, que viñeron
realizando grandes esforzos de investimento en tecnoloxía e en I+D, ¿quén garante que ese
esforzo se vai manter ao mesmo nível no futuro?. Non pudera ocurrir que a estratexia
empresarial pública orientada por obxectivos de crecemento a longo prazo fose sustituida
por unha estratexia maximizadora dos beneficios a curto prazo: Se isto fose asi, e hai razón
para temelo habida conta da cultura financeira española, podería sufrirse un proceso de
descapitalización da empresas hoxe públicas, reducción do seu esforzo en I+D, etc coa
conseguinte merma progresiva das suas vantaxes estratéxicas.

¿Qué ocurrirá se se chega a unha situación na que as empresas privatizadas empezan a


sufrir baches ou dicultades para manterse rentabelmente no mercado?. ¿Volvería entón a
recurrirse a Papá-Estado para que asuma o coste social dunha eventual reducción de
actividade ou da desaparición da empresa?. É unha hipótese que nadie se plantexa hoxendía
pero para a que temos exemplos abondosos na historia recente de España. Entón como no

51
Mostra de que o interese da banca por participar na industria non é excesivo ou polo menos non é
xeneralizado é o desinterese co que sigue asistindo á venda de grandes empresas privadas españolas a
empresas foráneas (o caso de galletas Fontaneda que ten lugar nos dias en que redactamos isto é un exemplo).
pasado o argumento será que as empresas non son rentábeis, que merman a solvencia das
entidades financeiras propietarias e poñen en peligro a sacrosanta estabilidade do sistema
financeiro e procede, polo tanto, separar riscos... véndose os bancos “obrigados” a
desentenderse e entón...ante a magnitude dos efectos económicos e sociais...o Estado vese
“obrigado” a acudir en auxilio das empresas en cuestión “socializando as perdas”. Aos que
teñen algo de memoria, ¿non lles recorda algo esta historia (Seat, ASTANO, Barreras,
GEA, etc etc)?. A poder de insistir na superior eficiencia da empresa privada acaban
olvidándose da existencia de crisis recurrentes que se levan por diante empresas pequenas
e grandes, moitas veces empresas que foron modelo de eficiencia pero que ou ben non
souperon adaptarse aos cambios nas tecnoloxías e nos mercados, ou ben quedaron
atrapadas en actividades demasisado maduras, non souperon adoptar a tempo estratexias
innovadoras. Esa situación é fácil que se dea cando a xestión da empresa está guiada máis
pola maximización de beneficios a curto prazo (shorttermismo) que por unha orientación
estratéxica de crecemento da empresa a longo prazo, e xustamente o primeiro modelo é o
que prima no capital financeiro español.

III. Efectos sociopoliticos das privatizacións: a creacion dunha oligarquia económica

A enaxenación da propiedade pública sobre unha parte importante da industria (15%),


particularmente estratéxica tanto polo tipo de actividades como pola envergadura e
significación das empresas afectadas, pode ter consecuencias moi negativas sobre a
configuración da sociedade do futuro. Pode dicirse que mesmo implica un modelo social
considerabelmente diferente do que coñecemos en Europa nas últimas décadas.

O control público sobre esas empresas implica un sometimento directo dunha parte
estratéxica dos sistema productivo ao control democrático, por máis que este sexa indirecto
e que podan existir calquer caste de desviacións ou perversións conxunturais. En definitiva,
os xestores das empresas públicas responden indirectamente ante representates elexidos
pola cidadanía cada catro anos. Isto concede un poder importante á cidadanía e ao interese
xeral.
Pola contra, se o control sobre esas empresas é transferido integramente a un núcleo
reducido de empresarios particulares, emancípase da obediencia ao poder da cidadanía e
transfórmase na relación inversa: é esa oligarquia a que está en condicións de impoñerse á
cidadanía. Unha excesiva concentración do poder económico nunha oligarquía
convertese nunha ameaza e lobby de presión que pode ter capacidade para subxugar e
condicionar as orientacións de calquer Executivo no futuro. Na vella terminoloxía
galbraithiana poderíamos dicir que o sector público empresarial constitue un “poder
compensador” que evita un exceso de concentración do poder socieconómico nunha
oligarquía e reduce os marxes de presión desta última.

Neste sentido compriría ter en conta que unha das diferencias notábeis entre Europa e
EEUU, o diferente peso e modelo de Estado de Benestar, a maior independencia do poder
político frente ao poder económico etc, deriva en boa medida, entre outras razóns, do peso
do sector público empresarial e da correlativa febleza relativa da élite económica. Como é
ben sabido a fortaleza da élite económica americana foi sempre unha espada de damocles
para calquer intento do poder político de extender o Estado do Benestar (sin remontarnos
máis atrás pensese na incapacidade de Hilary Clinton para crear un sistema de Seguridade
Social homologábel ao existente na maioría dos países europeos ou no tradicional
sometemento do executivo á estratexia do complexo industrial-militar que xa un presidente
conservador como Eisenhower denunciara nos anos 50 como a principal ameaza para a
democracia).

Desde este ponto de vista social e de clase entendese claramente a disxuntiva que se
plantexa coas privatizacións. Non se trata tan só dun desexo de Aznar de favorecer aos seus
amigos das finanzas senon que se trata de consolidadar un modelo social onde se reduce na
práctica a soberanía popular, se reducen as parcelas susceptíbeis de control democrático e
se promove unha sociedade dominada por unha oligarquía financeira: un modelo de
sociedade liberal-oligárquico. A irreversibilidade do proceso debilita aínda máis á
sociedade frente á súa oligarquía.

Ese modelo de sociedade liberal-oligárquico esta a plasmarse en todo o conxunto de


medidas que se veñen adoptando ou anunciando nos últimos tempos por parte do Executivo
Popular. A reducción de impostos para as clases propietarias, a reducción da protección ao
desemprego, a reducción das prestacións sociais ou a privatización da Sanidade Pública son
outras tantas medidas que apuntan a ese modelo de sociedade dual. O público desmantélase
para abrilo como campo de negocio e de valorización do capital privado a costa de reducir
o grao e a calidade da súa cobertura. A existencia dunha rede de servizos horizontais que
garanten un mínimo de equidade e de coesión social cede o paso a un sistema hierarquizado
en función do poder adquisitivo do usuario. Ao mesmo tempo todo ese proceso dualizador
é aproveitado para consolidar e fortalecer a posición oligarquía financeira concedéndolle
directamente o poder de explotar en exclusiva eses novos mercados e de apropiarse en
condicións ventaxosas os activos que antaño pertencáin a toda a sociedade. Non deixa de
ser un burdo proceso de expropiación da sociedade por parte da súa élite económica co
apoio dun Goberno entregado.

IV. Elementos para unha alternativa que preserve o papel da empresa pública como
elemento de cohesion social e territorial

Os principios clásicos que xustifican a actuación do Estado a traveso de empresas públicas


continuan mantendo plena vixencia hoxendía, por máis que a bateria neoliberal se empeñe
na demonización de todo o que sexa público. Eses principios acostumbra resumirse en
catro: a) necesidade de garantir a presenza de sectores estratéxicos na economía do país,
co obxectivo de manter un certo grao de autonomía e que a iniciativa privada non é capaz
de garantir de forma autónoma; b) a defensa da industria incipiente aconsella a creación
de empresas públicas en sectores ou actividades novas, que valorizan recursos propios ou
incorporan novas tecnoloxías, que a iniciativa privada non acomete porque as
imperfeccións dos mercados internacionais, monopolización por grandes Empresas
Multinacionais, etc actuarían como barreiras de entrada disuasorias; c) a defensa da libre
competencia cando o mercado está monopolizado pode aconsellar a creación de empresas
privadas que rompan o monopolio, aínda que nas condicións actuais este principio sexa o
menos relevante, podendo garantirse o obxectivo por outras vías; d) as accións
redistributivas da renda e do emprego poden inspirar unha parte das actuacións das
empresas públicas e poden ser especialmente relevantes cando se trata de promover o
desenvolvimento de certas áreas económicas nas que a iniciativa privada encontra
demasiadas dificultades para arraizar e despegar industrialmente e existes posibilidades de
que a implantación de empresas públicas xenere externalidades positivas que arrastren ao
resto do tecido productivo rexional. En moitos casos este tipo de actuacións poden resultar
moito máis económicas e máis eficaces que outro tipo de medidas como incentivos ao
investimento privados, axudas ou subvencións de diferente tipo, que se teñen revelado
como un auténtico fracaso na última década en toda Europa e en España (pensese no pobre
resultado das ZUR ou da ZPE ou nos incertos efectos de toda a panoplia de axudas
dirixidas a empresas que cada ano absorben miles de millóns). Polo tanto, o problema non é
tanto que as empresas sexan de titularidade pública ou privada senon cal dos instrumentos
permite acadar os obxectivos de forma máis rápida e eficiente en cada realidade concreta; e
está claro que o instrumentos que son eficaces en Hannover non o son en Escocia ou no
Prato, e viceversa.

Compre destacar que a defensa da empresa pública como opción non debe servir de
coartada para defender:
-a mala xestión cando a hai
-o mantenimento de empresas que son insostíbeis a medio e longo prazo habida
conta das tendencias dos mercados
-a aceptación de lóxicas corporativas que den unha imaxe de blindaxe frente a
calquer tipo de adversidade
-aceptación do modelo pasado de ordenación e planificación territorial da empresa
pública, dos seus investimentos e dos criterios de localización das actividades estratéxicas,
de alta tecnoloxía e das actividades de I+D.

Parece unha necesidade que a empresa pública acade un certo nível de rendibilidade, que
ha de fixarse en cada caso con criterios estratéxicos pero que evite a acumulación de perdas
e o recurso ás subvencións estatais. No que se refire á xestión habería que introducir
criterios de profesionalización tamén na alta dirección, evitando unha continua
desestabilización polos vaivéns políticos, permitindo unha xestión orientada con criterios
estratéxicos, aínda que sen romper a necesidade de rendir contas ao poder político. Por
outra banda, a introducción do principio de autonomía financieira e a posibilidade de
peche das empresas en situacións de quiebra técnica presionaría ás empresas públicas a
acadar certo nível de rendibilidade ou á adopción de medidas de axuste, evitando o recurso
ó orzamento público para financia-la falta de competitividade.

Nun contexto de integración da UE, coa conseguinte tendencia á concentración territorial


dos investimentos e da actividade industrial e de servizos, cabe revalorizar o papel da
empresa pública como elemento de difusión territorial da industria e factor de
cohesión rexional. Tanto a descentralización territorial da empresa pública estatal
como a creación dun sector público empresarial por parte dos Gobernos Autónomos
pode constituir un instrumento apropiado de intervención para a dinamización das
economías nacionais/rexionais.

A experiencia española das últimas décadas é limitada e mesmo negativa neste aspecto:
a) existiu unha política centralizadora das áreas estratéxicas das empresas en Mardrid
(dirección, compras, comercialización, innovación...) ;
b) levouse a cabo unha concentración en torno a Madrid de todas as novas actividades
emprendidas nas últimas décadas, precisamente as ligadas ás novas tecnoloxías (p.e., Grupo
INDRA de telecomunicacións, CASA-aeronáutica, enxeñerías como AUXINI, etc); unha
boa parte da presenza rexional non é o resultado dunha planificación dos investimentos con
criterios rexionalizadores senon por outro tipo de razóns, moi particularmente por
nacionalización de empresas privadas en crise; ista é unha razón importante no caso de
Galiza (G.E. Alvarez, ASTANO, Barreras, INESPAL); outras implantaronse para explotar
recursos naturais (ENCE-ELNOSA, ENDESA). A inexistencia de criterio rexionalizador
explica o escaso esforzo por diversificar e incrementar as relacións interindustriais coa
industria local.

c) centralízanse en Madrid todas as actividades de I+D das empresas públicas, incluso nos
casos en que non teñen en Madrid ningún centro de producción (como é o caso da
Construcción Naval), en vez de seguir unha política de vinculación destas actividades aos
centros de producción e tamén aos entornos industriais onde estos están implantados, onde
poderían constituir un elemento importante de difusión e transferencia de tecnoloxía.
A empresa pública realiza un importante esforzo tecnolóxico a nível español que se
corrobora co destacábel gasto en I+D(20% do gasto realizado polo sector empresarial
español), cunha participación destacabel nos Programas Comunitarios ou nos proxectos da
CICYT. Esa importancia está ligada á dimensión das empresas, á súa especialización
sectorial e pola estratexia adoptada en algunhas empresas públicas. Isto non significa que
sexa suficiente dentro das diferentes ramas nas que o mesmo está presente, como teñen
mostrado Buesa e Molero, salvo nos casos do sector aeronaútico, da electrónica, e
informática.
A política centralizadora da actividade tecnolóxica fai que a maior parte dos centros de
investigación se atopen en Madrid, o que motiva que a maior parte das empresas
localizadas en Galiza carezan de departamento de I+D. A elo hai que engadirlle que os
sectores galegos de titularidade pública son maduros con menores requerimentos
tecnolóxicos. As actividades do INI cun maior esforzo tecnolóxico corresponden as áreas
aeroespacial, electrónica e informática, que acaparan preto do 60% dos recursos do grupo.
A política de concentrar este tipo de actividades na comunidade madrileña, priva as
economías periféricas de empresas onde a investigación é un factor estratéxico de primeiro
orde. En Galiza pola contra, Ence e Inespal levan a cabo a actividade de desenvolvimento
tecnolóxico máis importante do sector público empresarial ó dispor de departamento propio
de I+D, descentralización que sería moi desexábel para o sector de Defensa dado o
importante esforzo que realiza e ó peso de Bazán dentro do mesmo. Tamén hai que destaca-
la contribución ó sistema galego de innovación de Endesa froito das importantes relacións
contractuais mantidas coa Universidade, aportando o 10% dos recursos externos da
Universidade de Santiago e o 44% dos procedentes do sector empresarial. Ademais de
Endesa tamén mantiveron relacións contractuais Inespal, INI-Medioambiente, Initec,
Telefónica e Campsa aínda que dunha importancia moi secundaria. Deste xeito ponse de
manifesto que a empresa pública pode ser un instrumento axeitado para dinamizar o
sistema de innovación tanto pola vía da investigación propia, como da contratación coas
CPIs ou pola creación de novas actividades tecnolóxicamente avanzadas.
Polo tanto, é urxente introducir unha lóxica territorial diferente. É necesario introducir
unha lóxica de descentralización de actividades con criterios de cohesión rexional; primar a
integración de actividades a nível rexional sobre a integración a nível estatal, convertendo
ás empresas públicas en eixos de diversificación e arrastre dos tecidos productivos
rexionais; converter ás empresas públicas en elementos activos do sistema rexional de
innovación desempeñando un papel de promotor da innovación e de difusor da mesma.
Todo iso debería verse favorecido por unha presenza relevante da Administración
Autonómica nos consellos de administración das empresas públicas.

A creación dun sector público empresarial por parte dos Gobernos autónomos é unha vía
apenas explorada en España, que en cambio podería ser de enorme importancia nas
economías periféricas nas que outros instrumentos de promoción teñen revelado a súa
ineficacia, a pesar de drenar cantidades importantes de recursos públicos vía subvencións,
créditos subvencionados, etc. A utilización do sector público empresarial como
instrumento de desenvolvimento rexional nas rexións máis atrasadas de Europa debe
ser recoñecido e promovido mesmo no marco dunha política rexional europea. Cabe
recordar que do mesmo xeito que a Unión Europea permite, como excepción á súa política
xeral, a concesión de subvención a empresas situadas en rexións atrasadas ou con graves
problemas de paro, podería promover figuras de capital público para asentar e fortalecer o
tecido productivo neste tipo de rexións 52 . Este tipo de iniciativas que poderían ir
acompañadas de institucións públicas de crédito para promover o investimento productivo
dos aforros da rexión. Cabe pensar, ademais, que nunha estratexia deste tipo podería
adoptarse un modelo mixto que lle dé entrada ao capital privado, como vía para favorecer a
emerxencia dun empresariado autóctono.

Este momento de reconsideración da estratexia da empresa pública é o momento oportuno


para plantexar esa estratexia descentralizadora, entrando os Gobernos Autonómos no
capital desas empresas, particularmente naquelas economías como a nosa que necesitan
desas empresas como pancas para fortalecer o noso tecido industrial. No caso de Galiza
temos tempo para madurar e negociar esta alternativa porque xustamente as empresas com
plantas de producción aqui non parecen ser as primeiras a privatizar segundo os plans do

52
No artigo 92.3 do Tratado da Unión Europea (T. de Maastricht), no que se estabelecen as
limitacións ás axudas dos Estados ás empresas incompatíbeis co respeto da libre competencia, establécese que
“poderán considerarse compatíbeis co mercado común: a) as axudas destinadas a favorecer o
desenvolvimento económico nas rexións nas que o nível de vida sexa anormalmente baixo ou nas que exista
unha grave situación de subemprego; b) as axudas para fomentar a realización dun proxecto importante de
interese común europeo ou destinadas a por remedio a unha grave perturbación na economía dun Estado
membro; c) as axudas destinadas a facilitar o desenvolvimento de determinadas actividades ou de
determinadas rexións económicas, sempre que non alteren as condicións dos intercambios en forma contraria
ao interese común”.Por outra parte, a respeito das empresas públicas non se estabelece nengún tipo de
limitación particular, tan só se estabelece (art. 90) que “os Estados membros non adoptarán nin manterán, en
relación ás empresas públicas e aquelas empresas ás que concedan dereitos especiais ou exclusivos, ningunha
medida contraria ás normas do presente Tratado”.A combinación dos dous preceptos citados non deixa lugar a
dúbidas sobre o amplo marxe de manobra, potencial, que poden aproveitar especialmente as rexións máis
atrasadas no manexo das axudas públicas e mesmo a súa canalización a través de empresas públicas. Marxes
que, paradoxas da enxeñería política, son aproveitados en maior medida polos países máis desenvolvidos
como Alemania ou Francia. Nese sentido, unha das xustificacións que a veces se escoita para defender as
privatizacións, como algo obrigado polo Tratado de Maastricht, carece de todo fundamento.
Goberno (ben sexa por estar en sectores que precisan reordenación previa como é o caso do
eléctrico ou por ser empresas que precisan ser reestructuradas antes de ser sacadas á venda).

Esa perspectiva descentralizadora e integradora do tecido industrial local cabería mantela


mesmo no caso en que a alternativa seguida finalmente sexa a privatización. Cando se
emprende unha vía de privatización de empresas existen grosso modo dúas grandes
alternativas, ben sexa vender as empresas a grandes grupos de capital (español ou foráneo),
sen ningún tipo de compromiso coa comunidade na que a empresa adquirida se inscrebe,
ou, polo contrario, cedendo o seu control a grupos locais que garantan unha lóxica de
integración productiva desas empresas no tecido industrial local. Neste caso tanto podería
tratarse de capital industrial e financeiro local ou ben grupos que podan representar aos
empregados (incluindo os xestores), os proveedores e a comunidade máis amplamente (a
traveso de SODIGA, IGAPE ou outras sociedades existentes ou de nova creación) 53. A
participación da Caixas de Aforro, como entidades financeiras de carácter fundacional sen
fin de lucro, podería ser un socio idóneo para unha estratexia deste tipo; neste caso unha
mellor regulación do papel e funcionamento das Caixas podería favorecer unha adecuada
coordenación dos obxectivos. Isto podería significar o paso a un concepto diferente de
propiedade pública, menos hierarquica e centralizada. Podería ser, ademais, máis eficiente
desde o ponto de vista estrictamente económico porque se reducen as asimetrias de
información, maior fluidez, control máis directo por parte dos directamente implicados, etc.

Por último, pode resultar pertinente poñer de manifesto que a insistencia sobre a necesaria
vinculación co tecido productivo local non implica ningun tipo de cerrazón ou isolamento
cara o exterior e, en particular, a respeito á Unión Europea; polo contario, unha estratexia
de cooperación industrial activa, de estabelecimento de alianzas estratéxicas con outras
empresas europeas cadrarían perfectamente en calquera das alternativas propostas. Ese
sería o camiño para unha participación efectiva no proceso de integración europea, non
desde unha posición subordinada despois de que os nosos activos fosen adquiridos polo
capital foráneo senon desde os intereses das nosas empresas e do noso tecido productivo.

Ese enfoque rexionalizador a nível europeo é imprescindíbel para a construcción dunha


Europa sólida e coesionada, única forma de que sexa viábel a longo prazo. Esta é unha idea
que cada vez gana máis peso dentro dos líderes de opinión europeos e dentro da propria
Administración comunitaria, pero é necesario fortalecela e traducila en políticas concretas.
O xiro cara Bruselas pode resultar necesario para responder á acción das poderosas
transnacionais que se moven ao nível do continente pero, por outro lado, o xiro cara as
rexións é necesario para conseguir economías máis difusas, descentralizadas e dinámicas;
rexións con tecidos empresariais estreitamente interrrelacionados e non só dominados por
enclaves de empresas lonxanas con poucos nexos na rexión (Sabel, 1988;Hingel, 1990).
Polo tanto, “a política industrial ten que ser política rexional, inspirada e creada dentro das
rexións, pero ao mesmo tempo ten que ser coerente no conxunto, a nível interrexional, e

53
Nese sentido, a venda de LESA a dúas cooperativas leiteiras como son LEYMA e IPARLAT,
adquirindo cada unha plantas de producción situadas no seu entorno e permitindo fortalecer a esas
cooperativas nun mercado dominado por grandes empresas, constitue un exemplo que cabe considerar
brillante.
obxectivos comuns das rexións poden ser perseguíbeis colectivamente, p.e., vía networks
internacionais entre rexións europeas” (Cowling and Sudgen, 1994, 54).

V. Consideracións particulares sobre a nova regulación ou privatización dos servizos


públicos

Como indicabamos ao principio, desde fins do anos setenta desplegouse unha


resposta neoliberal á crise estructural que se iniciara a principios dos setenta. Esa resposta
neoliberal aséntase principalmente en tres principios simples que son “flexibilizar,
desregular e privatizar”, co obxectivo de recuperar a rentabilidade do capital. Todas as
medidas se centran polo tanto no mercado laboral, para reducir costes salariais directos, e
no Estado, para reducir gastos sociais (salarios indirectos) e crear novos campos de negocio
rendíbel para o capital privado. Os dogmas macroeconómicos que xustifican esas políticas
son o ataque á inflación e ao deficit público. Un dos blanco de ataque van ser os servizos
públicos, tanto os industriais e comerciais como os de asistencia social. Imos reparar nos
cambios que afectan sobre todo aos servizos públicos de tipo “industrial e comercial”,
que teñen todos a característica de se realizar normalmente en rede e son os que son
obxecto prioritario de desregulación de privatización por parte dos gobernos na última
década.

V.1. ¿Que son os servizos públicos?

Aínda que non existe unha definición unánime podemos considerar que un servizo público
é aquel ten como finalidade a satisfacción dunha necesidade de interese xeral e esa
finalidade esixe que o servizo dependa dunha autoridade pública e que, polo tanto, está
sometido ás reglas xurídicas que ese dependencia implica.

Historicamente o desempeño dos servizos públicos constituiu un complemento e unha


extensión das tradionais función de exercicio da autoridade por parte do Estado (exército,
policia, xustiza e impostos). A progresiva ampliación de servizos prestados á
colectividade (correos, transportes, enerxía, educación, radio, televisión, teléfono,
sanidade, seguranza social, etc) constituiu e constitue aínda un elemento fundamental
de lexitimación da propia acción pública, constituiron un factor esencial para o
desenvolvimento económico e a industrialización e un factor esencial de mellora da
calidade de vida da poboación en todos os países. A súa extensión e universalización
constituen a base do que se deu en chamar o Estado de Benestar, que define o modelo de
sociedade configurado nos países desenvolvidos despois da II Guerra Mundial,
particularmente en Europa.

Desde un ponto de vista económico foise configurando un concepto de servizo público


sobre a base da análise dos “fallos de mercado”. Existen tres circunstancias nas que a teoría
económica admite que o mercado non garante un desempeño eficiente e pode resultar
aconsellábel a provisión pública dos bens ou servizos en cuestión. A primeira é cando
existen externalidades, é dicir, cando o beneficio de certos productores ou a satisfacción
de certos consumidores se ven afectados polos comportamentos de outros productores ou
doutros consumidores; as externalidades existen en todas as actividades en rede (redes
transporte, de enerxia, de telefonía, etc.) e xustifican a intervención pública para reducir os
costes que se derivarian para os primeiros usuarios se tivesen que soportar con criterios de
mercado a fase de arranque do novo servizo. A segunda circunstancia que aconsella a
intervención pública é cando se trata de bens públicos no sentido económico, é dicir, bens
que un individuo pode consumir sen diminuir en nada o consumo de outros (unha canle de
drenaxe frente ás inundacións, actividades de radiodifusión, infraestruturas de transporte
que non se saturan, etc). A terceira circunstancia é a existencia de rendementos crecentes,
é dicir, cando o ben que se produce costa menos unitariamente canto maior é a cantidade
producida; isto é o que acontece cando se precisa un grande investimento inicial, como é o
caso da maioría das infraestruturas das redes, pero que unha vez construidas poden proveer
servizos a costes proporcionais cando menos até a saturación. Neste caso a teoría mostra
que a competencia entre varios productores nun mercado non pode conducir a unha
situación óptima e xustifica a súa producción en condicións de monopolio, sempre esixindo
que os prezos sexan controlados e fixados ao millor nível desde o ponto de vista do
benestar colectivo (e non en función da obtención do beneficio máximo); nese sentido
aconséllase que o prezo se fixe en función do coste marxinal de producción e facer
financiar o inevitábel deficit de explotación por un imposto pagado por toda a comunidade.

Con todo, o problema non acaba aí, senon que será preciso tomar en conta o problema
redistributivo e social. Normalmente a noción de servizo público leva aparellado o
principio de igualdade, que se plasma na perequación das tarifas, cando menos desde un
ponto de vista xeográfico para garantir igual tratamento sobre todo o territorio nacional.
Isto quere dicir que non se factura polo coste marxinal senon que tarifa máis próximo do
coste medio dando lugar a subvencións cruzadas entre os usuarios. Isto levanos
directamente ao problema do servizo público como un elemento do compromiso social.
Efectivamente, como indicabamos máis enriba, despois da II Guerra Mundial os servizos
públicos concebironse como instrumentos para impulsar o desenvolvimento económico e
para reducir as desigualdades sociais. Por un lado son unha vía para reconstruir a
capacidade productiva dos países, elevar a eficacia do sistema productivo, canalizando
directamente unha política industrial activa e, en moitos casos, constituindo a punta de
lanza da actividade innovadora do país. E, ao mesmo tempo, van cumplir un papel de
primeira orde na construcción e mantenemento da coesión social e territorial, que
esencialmente van paralelas. Eses dous van ser os peares que crearon o consenso ou pacto
social que garantiu o período de maior explendor da historia do capitalismo, o que algúns
denominan os “Trinta Gloriosos”.

V.2. Algunhas consideracións conceptuais sobre as privatizacións dos servizos


públicos

Desde os anos setenta púxose en marcha un proceso de liberalización de certas


actividades anteriormente reservadas ao sector público. As primeiras iniciativas de
envergadura foron as lanzadas baixo a Presidencia de J. Carter nos EEUU que afectaron ao
transporte aéreo, introducindo a competencia entre compañías, logo virian as privatizacións
masivas de M. Tatcher no Reino Unido e as da era Reagan. A esa vanguarda liberal
seguirian outras en outros moitos países. O programa liberalizador non ten fronteiras nin
xeográficas nin sectoriais. Todoas as actividades e servizos do Estado son postos na picota
polos ideólogos e sobre todo polos políticos e economistas liberais, que poñen música aos
intereses das grandes corporacións e da gran banca transnacional..
O movemento de desregulación anglo-americano apoiábase na idea de que a introducción
de competencia no sector das redes provocaría o empobrecemento e enfeblecemento
progresivo do Estado, convertido en inimigo político central. Desde un ponto de vista máis
teórico tratábase de banalizar os servizos públicos negando o carácter de monopolio
natural, para crear un mercado enteiramente en competencia flanqueado por algúns
monopolios que xestionasen exclusivamente as infraestruturas. Un dos principios da
desregulación é que só as infraestruturas están en situación de monopolio natural, e non
sempre xa que p.e. nas telecomunicacións intentan crear infraestruturas en competencia. En
calquera caso, a competencia debe garantirse mediante a regulación do acceso ás
infraestruturas para todos os operadores. Polo tanto, a desregulación das redes implica a
desintegración vertical do monopolio separando xestión das infraestruturas e os operadores
do servizo, para facer transparente o coste de acceso ou conexión. Nos casos en que a rede
é naturalmente aberta (p.e. servizo postal ou aéreo) basta con abrogar o réxime de
monopolio e instraurar a liberdade de operar.

Agora ben, o paso do monopolio á competencia non se fai automáticamente, como as


visións máis simplistas fan creer, senon que require unha nova regulación, que antes se
exercía directamente a través do monopolio. O Estado ten que regular o Estatuto dos
operadores, definir os ámbitos da competencia desde o ponto de vista funcional e
xeográfico e regular e organizar a coexistencia das actividades en monopolio e as
actividades en competencia (creación de autoridades específicas de regulación, etc). Os
cambios na regulación dos servizos públicos pode presentar modalidades diferentes en cada
país e en cada sector que van desde o mantenimento do servizo público no marco da
administración do Estado até a creación de axencias específicas de carácter público pero
introducindo a competencia de novos operadores ou a xestión do servizo por empresas
públicas ou mixtas en competencia con outras empresas ou a plena privatización de todos
os operadores, o que significa o cambio máis radical. Hai países en Europa nos que a
maioría dos servizos públicos son desempeñados directamente polo Estado a través de
estruturas administrativas ou organismos autónomos ou empresas públicas 100%
propiedade do Estado; tal é o caso de Francia, Italia, Holanda, Bélxica, Irlanda ou
Alemania, para a maior parte dos servizos (electricidade, correos e telecomunicacións, gas,
camiños de ferro, transporte público, etc). España está entre os países europeos nos que
os servizos públicos están en maior medida xestionados por capital privado ou, en todo
caso, por empresas mercantiles nas que o capital privado participa no seu accionariado
aínda que o Estado detente unha posición de control.

Na enerxía eléctrica estivo tradicionalmente dominada maioritariamente por empresas


privadas, coa única excepción de ENDESA na que o Estado detenta unha parte importante
das accións. No caso dos servizos telefónicos era tradicionalmente monopolio de
TELEFÓNICA, que operaba como sociedade mercantil que cotizaba en bolsa aínda que o
Estado detentaba o control da mesma; na actualidade xa comparte con empresas privadas a
telefonía móvil. O transporte ferroviario é maioritariamente cuberto por RENFE que é
pública pero compartindo o servizo con outras empresas como o TALGO ou Trens da
Generalitat. No transporte aéreo existía tradicionalmente unha empresa pública (IBERIA)
que compartía infraestructura con outra empresa de capital privado como é AVIACO; na
actualidade existe xa unha pluralidade de empresas en competencia. No caso das
infraestruturas de de carreteras e autovias sempre foron de creación e xestión dos diferentes
niveis da Administración e no caso das autopistas deuse entrada ao capital privado, aínda
que a Empresa Nacional de Autopistas é controlada polo Estado. A TV foi desde os seus
inicios un ente público pero existe desde fins dos oitenta empresas privadas en competencia
coa pública; algo similar aconteceu anteriromente coa radio. No caso do Petroleo e Gas
existía tradicionalmente o monopolio da distribución (CAMPSA e ENAGAS), que xa hai
anos abriu o mercado a novos operadores e na producción existía unha gran empresa
pública tanto para petroleo como para Gas que era REPSOL, na que actualmente o Estado
detenta un paquete de accións de control. Nos servizos de augas, saneamento, transporte
urbano, etc que eran tradicionalmente servizos municipais xa hai décadas que estan sendo
xestionados privadamente mediante concesións na maior parte do territorio. Noutros
servizos públicos esenciais como a sanidade ou a educación combínase a existencia dun
amplio servizo público que cobre case todas as necesidades da poboación con centros
privados que prestan servizos máis limitados e con menor cobertura (en moitos casos
concertados coa propia Administración). O servizo que conserva un carácter público é o de
correos e telégrafos, aínda que existe tamén a competencia de empresas privadas que
compiten nese campo (as empresas de mensaxería). Polo tanto, cando se fala de
privatización en España xa non se refírese á privatización do servizo público, dado que na
maior parte dos casos xa participa o capital privado mediante empresas privadas
independentes ou mediante participación no accionariado das empresas chamadas públicas,
que son en realidade, polo tanto, mixtas. Ao que se denomina neste momento en España
privatización é á enaxenación da parte do capital das empresas que detenta o Estado
(10%, 19%, etc), cedendo desta forma ao capital privado a dirección e o control desas
compañías.

Con todo, merece a pena realizar algunhas consideracións sobre o conxunto do proceso de
privatización, do que as propostas actuais anunciadas polo Goberno de Aznar non son máis
que a súa fase última e extrema. O movemento privatizador dos servizos públicos apóiase
no argumento do imperativo da eficacia, sobre a base dun prexuizo favorábel á competencia
e a xestión privada como vías para alcanzala. Frente á idea vulgar, compre enfatizar que a
privatización non significa que se simplifiquen as actividades, senon todo o contrario, fanse
máis complexas: a súa regulación e o seu control non se exerce xa a través do monopolio
único senon que obriga a regular as relacións e controlar unha pluralidade de empresas, que
á súa vez poden subcontratar parte das súas actividades a terceiros. Tampouco pode
pensarse que a introducción da competencia nesas actividades reduza necesariamente os
costes; polo contrario, éstes poden aumentar dado que aumentan os costes das transaccións
entre axentes económicos e que a propria complexidade da regulación abre un flanco novo
que é necesario atender 54 . Cando aos obxectivos meramente económicos se lle añaden
esixencias específicas para conservar minimamente o carácter de servizo público que
satisfaga o interese xeral (como pode ser por exemplo a coesión territorial), pode requerir
continuos axustes e reorganización da competencia, co obxectivo de facer transparentes a

54
Remitimos ao leitor a unha extensa discusión sobre esta cuestión no informe elaborado para o
Commisariat général du Plan do Goberno Francés elaborado por unha comisión presidida por C. Stofaës: C.
Stofaës (dir), Services Publiques. Question d’avenir, Paris, Ed. Odile Jacob/La Documentation Française,
1995. Deuxième Partie.
compensación das cargas 55 . Por conseguinte, cando existen costes especiais para a
prestación do servizo público volve ser o Estado o que ten que soportar eses costes, coa
dificultade adicional de avaliar adecuadamente os costes en xogo. En definitiva, frente ás
bondades incuestionadas polos neoliberais do proceso de privatización dos servizos
públicos podemos estar ante un proceso, como afirma C. Stofaës (1995, 27), no que
simplemente “os abogados sustituan aos burócratas e o predominio dos enxeñeiros sexa
sustituido polo predominio dos financeiros”.

Cando se usa o argumento da burocracia, da pesadez organizativa, etc para mostrar a


ineficencia dos servizos públicos deben cando menos tomarse en consideración dúas ideas
básicas. Primeiro, compre diferenciar cando a pesadez organizativa deriva do carácter
público ou da propia complexidade técnica e organizacional da actividade en cuestión; de
feito, os problemas de inefiencia e burocratismo están presentes tamén no mundo da
empresa, da gran empresa (baste recordar a abondosa literatura que arranca da famosa
ineficiencia-X de Leibenstein). En segundo lugar, non hai porqué aceptar as ineficiencias
observadas nas axencias públicas, compre adoptar todas as medidas de reforma,
modernización, re-regulación, etc que sexan necesarias e factíbeis co actual acervo de
coñecementos técnicos e organizativos (algúns procedentes da cultura do management
privado, por suposto) para facer máis eficientes servizos públicos, de mellor calidade e
máis adaptados ás necesidades cambiantes do usuario contemporáneo. Xustamente esta
tarefa reformadora é a que movemento privatizador se nega a emprender ou a posibilitar,
negando por principio a súa existencia. O obxectivo non é millorar o servizo público senon
abrir campo de negocio para a empresa privada. Agora ben, ¿en que medida iso vai ser
compatíbel co mantenimento de servizos públicos que respondan ao interese xeral ou
servizos universais?. E no caso en que se regule para manter ese carácter, asumindo o
Estado a compensación das cargas adicionais, ¿cál vai ser o coste real para o orzamento
público desa garantía?; nese caso pérdese ademais a transparencia da información sobre os
costes reais daquela parte que o Estado asume costear.

V.3. Repensar o estado e os servizos públicos para garantir a coesion social e


territorial e o desenvolvimento económico a longo prazo

Parece cada vez máis claro que é necesario redefinir o papel do Estado nunha
economía aberta, con crecentes necesidades de descentralización, redefinir os servizos
públicos e redefinir os vínculos do económico e do social, pero esa redefinición non
debería consistir nun desmontaxe e debilitamento dos avances socialmente
conseguidos senon na súa consolidación e ampliación.

Mesmo desde un ponto de vista meramente económico, o razonamento neoliberal é


tremendamente pobre e miope. Mesmo poñendo o acento na competitividade internacional
das empresas non pode esquecerse que esa competencia se estabelece tamén sobre a base
dunha organización socioeconómica, unhas infraestruturas técnicas, humanas e socias que

55
Pensese, p.e., nas dificultades para organizar e articular o financiamento e avaliación do Plan
MEGA de electrificación rural de Galiza ou o Plan de Telefonía Rural. ¿En que medida os fondos aportados
pola Administración central e autonómica se corresponden coas cargas específicas que UNION FENOSA ou
Telefónica teñen que soportar por prestar eses servizos esenciais para o desenvolvimento das áreas rurais?.
condicionan a competitividade global; e esas condicións infraestruturais existen hoxe
porque foron creadas no pasado no marco dunha acción estatal guiada por eses obxectivos,
pero non quere dicir que estén creadas dunha vez e para sempre senon que é preciso seguir
mantendoas e ampliandoas. Sería dunha miopía irresponsábel plantexarse unha valorización
privada no curto prazo do construido até agora sen manter idéntica preocupación polo seu
mantenimento para o futuro. Tanto se nos referimos ás infraestuturas técnicas de
diferente tipo como se nos referimos á sanidade da poboación ou á súa educación está
claro que calquer reducción de esforzo investidor ten consecuencias nefastas para a
competitividade da economía a medio e longo prazo. Ese é o risco precisamente de
introducir unha xestión baseada exclusiva ou principalmente en criterios de
rentabilidade financeira a curto prazo.

O Estado (o conxunto da Administración central, autonómica e local) debe modificar o


edificio lexislativo e reglamentario para adaptarse ás novas necesidades dunha sociedade
cada vez máis complexa, onde non se trata só de responder ás necesidades básicas senon de
responder a necesidades cada vez máis diversas e específicas, responder aos novos retos
que plantexan a ecoloxía, o desenvolvimento das áreas rurais, a política urbana, o
desenvolvimento local, etc. O Estado e os servizos públicos poden constituir elementos
esenciais na incorporación deses novos retos e para iso deben irse transformando para
adaptarse e incorporalos. A creación de novas institucións, organismos ou empresas
públicas que den respostas específicas aos novos problemas; a xeneralización do criterio
de subsidiariedade para aproximar a Administración aos problemas e aos cidadáns, etc son
algúns dos criterios a implementar. De igual xeito, deben acometerse reformas a fondo na
xestión para desinflar o burocratismo; proseguir na introducción de criterios de eficacia e
rendemento nas empresas de servizos públicos; reducir os ascalóns hierárquicos; introducir
criterios de calidade e rendemento na remuneración e promoción, etc etc, que contribuan a
mellora dos servizos e tamén á mellora da competitividade da economía. Nesa mesma
dirección compre simplificar, homoxeneizar e coordinar estruturas administrativas
innecesariamente superpostas e a miúdo competitivas entre si56.

Pero en ningún caso deben darse pasos que impliquen a destrucción de elementos
sesenciais de estruturación dunha sociedade moderna como son os servizos públicos. O
servizo universal debe garantirse como factor esencial de coesión social frente á exclusión.
Desde o ponto de vista dunha rexión periférica en Europa resulta particularmente

56
Nese sentido existen dúas grandes tarefas pendentes na configuración do Estado Español e en
Galiza, de envergadura política dispar. A primeira é a definitiva descentralización do Estado para reducir toda
aquela parte da maquinaria burocrática da Administración central que resulta redundante. A segunda, a nível
de Galiza, é unha reforma da Administración e da propia división departamental do Goberno que garanta unha
adecuada coordinación e complementariedade das políticas e das accións que concurren sobre os mesmos
temas, cuxa descoordinación hoxe alcanza o paroxismo. En temas como o desenvolvimento e promoción
industrial están implicadas cinco ou seis Consellerías diferentes sen que existan estruturas de coordenación.
Algo semellante ocorre no caso da Investigación e a política tecnolóxica ou a educación e formación ou o
desenvolvimento rural ou local. Aínda que é moi difícil realizar unha avaliación das consecuencias desa
descoordenación non cabe dúbida que dista moito de optimizar o uso dos recursos e mesmo a veces da lugar a
iniciativas contradictorias que se paralizan mutuamente (o caso do non-nato Plan Galego de I+D, que se nos
ven anunciando desde hai seis anos é un exemplo paradigmático, pero non o único). Este tipo de reformas
urxentes son xustamente as que os neoliberais non teñen sido capaces de abordar.
preocupante a asunción da lóxica do beneficio privado a curto prazo como criterio de
xestión dos servizos que actualmente son servizos públicos. Aspectos tan importantes
como a coesión rexional e territorial, a conservación da poboación en áreas periféricas, o
freo á desertificación do rural, o freo á crecente exclusión de certas capas socias nas áreas
urbanas entre outros retos aos que hoxe non enfrentamos demandan un fortalecemento do
sistema de servizos públicos e non o seu enfeblecemento. Nese sentido, Galiza está
obxectivamente interesada na defensa tanto a nível interno como a nível español e
europeo en defender o mantenemento dos principios igualdade e coesión na provisión
de servizos públicos.

BIBLIOGRAFÍA
Bianchi, P.; K. Cowling & R. Sugden (eds), Europe’s economic challenge, Routledge,
1994.
Buesa, M.; Molero, J., La empresa pública en la estructura industrial de España. Un estado
de la cuestión, Informe del Instituto de Estudios Fiscales, 1992.
Hingel, A., “Diversity, Equality and Community cohesion”, FAST, Brussels, 1990.
INE, Estadísticas sobre actividades de I+D. 1992.
INI, Memorias anuales.
Myro, R. “Las empresas públicas” in España: Economía, Jl García Delgado (ed), Espasa
Calpe, 1992.
Martín Aceña, P; Comín, F., Empresa pública e industrialización en España, Madrid,
Alianza Editorial, 1990.
Segura, J., La industria española y la competitividad, Madrid, Espasa Calpe, 1992.
Segura, J., “La empresa pública: teoría y realidad”, Papeles de Economía Española,38,
1989.
Stoffaës, C. (Dir), Services publics. Question d’avenir, Paris, Ed. Odile Jacob-La
Documentation Française, 1995.
Vence, X. (Dir), Potencial innovador e cambio tecnolóxico nos sectores productivos de
Galicia, IDEGA-Consellería de Economía e Facenda, 1994. Vol IV.
CURIOSA LIBERALIZACIÓN ESTA QUE FORTALECE OS MONOPOLIOS*

Desde o Decreto de medidas liberalizadoras do primeiro Goberno do PP en 1996 van aló


unha chea de decretos de liberalización de servizos específicos, dos que os máis recentes
tratan da liberdade de horarios comerciais, de liberalización do solo e dos transportes, xunto
con outros menores como o que afecta ós colexios profesionais. Paralelamente privatízase ó
vasto e o Estado cédelle ó capital privado o control dos sectores estratéxicos que liberaliza
(telefonía, telecomunicacións, enerxía, ...)
Sen dúbida, esta década que remata pasará á historia como a da liberalización económica. O
discurso que lexitima este neoliberalismo esmagador é a suposta defensa do consumidor,
partindo do siloxismo de que a liberalización traerá unha maior competencia entre os
provedores dos servizos e que o mercado e os xestores capitalistas son superiores para
garantir unha xestión máis eficaz (non se aclara se esa eficacia xera beneficios para os
propietarios privados ou para a sociedade). Esa é a ideoloxía proclamada, insistentemente
repetida polos medios de adoutrinamento de masas. Pola contra, un exame dos efectos reais
das medidas adoptadas ao longo destes catro anos descúbrenos unha realidade ben
diferente.
A primeira batería de accións foi lanzada a nível lexislativo en 1996, e plasmouse ó ano
seguinte na completa privatización de Telefónica, Repsol, Endesa, Tabacalera, entre outras
grandes empresas, procesos acompañados coas medidas liberalizadoras no caso das
telecomunicacións, os hidrocarburos e o mercado eléctrico. Resulta difícil avaliar a
multiplicidade de aspectos que envolven estes procesos pero podemos resaltar algúns que
raramente se len na prensa, nin na especializada, e que deberían ser motivo dunha reflexión
progresista.
A primeira reflexión é a deliberada confusión entre o que significa privatizar e liberalizar.
Podía haber liberalización e creación de condicións para a competencia aínda mantendo o
Estado unha participación significativa no accionariado desas grandes e estratéxicas
empresas, como de feito veñen facendo outros países europeos como Francia ou Holanda.
Aquí optaron por privatizar aínda que o grao de competencia real introducida nos
respectivos mercados foi máis ben ilusoria. ¿U-la competencia no prezo dos carburantes? O
control do mercado polas grandes petroleiras permítelles coordinarse de forma que os -
elevados-prezos que pagamos son os mesmos, sexa cal sexa a marca escollida.
No sector eléctrico a situación foi aínda máis rechamante. O Estado privatiza Endesa, que
controlaba a maior parte do mercado, e acto seguido esta empresa absorbe tres compañías
competidoras, e está en trámites para absorber outra (Iberdrola), co cal a concentración do
mercado en mans desta empresa, baixo o mando de Martín Villa, imposto polo PP, resulta
ser fabulosa. E, por se a apertura a esa "competencia" fora perigosa e custosa o Goberno
concédelles ás eléctricas 1,3 billóns de pesetas do erario público para adaptarense. A maior
parte dos cartos vai ás arcas de Endesa (¡iso non é óbice para escoitar as pauliñas diarias
dos neoliberais financiados polas fundacións destas grandes empresas contra a cultura das
subvencións!). Obviamente ningunha das dúas cousas se traduciu nunha mellora do prezo
do quilovatio nin nunha mellora da calidade do servizo. Pasamos dun mercado fortemente
regulado e cunha estructura dominada pola gran empresa pública Endesa a un mercado
oligopolista, máis concentrado, pero en mans privadas e subvencionado. Subvencións que
elevan a rendibilidade da empresa e os dividendos dos accionistas.

*
Este artigo foi publicado na revista Tempos Novos, n.41, 2000.
A privatización de Telefónica resulta espectacular, por tratarse dun sector que constitúe o
corazón da futura economía e tamén ¡por ter vivido o vergoñento dó por despeito entre
Aznar e Villalonga! Foi este traspés o que lle permitiu á cidadanía ver como detrás das
privatizacións se ocultaban os maiores "pelotazos" da historia empresarial ibérica. Pero
ninguén calculou canto patrimonio perderon os contribuíntes polo feito de vender unhas
accións ao prezo de 1997 cando o valor de cada acción se multiplicou por seis nestes catro
anos. O goberno gábase da súa rapidez pero o conxunto do país fixo un negocio ruinoso,
perdeu unha parte valiosísima do seu patrimonio que vendido hoxe valería seis veces máis.
O mesmo poderiamos dicir de Endesa ou Repsol, que viron duplicado o valor de cada
acción desde que o Estado vendeu.
Cómpre dicir que se trata dun vasto e sibilino proceso de expropiación do conxunto da
sociedade perpetrado, ¡bendita democracia!, polo Goberno elixido pola maioría. Iso sen
meternos na masiva reducción de persoal, nas xubilacións anticipadas... Pero os
privatizadores xustifican que iso reportaría beneficios para a cidadanía como consumidores,
en virtude do aumento da competencia. ¡Como calquera pode comprobar todos os días nas
gasolineiras ou todos os meses nos recibos da luz ou do teléfono! ¡Os feitos están lonxe da
ideoloxía proclamada!
Outras medidas liberalizadoras teñen un alcance máis modesto, pero para algúns sectores
específicos poden ter importantes repercusións. É o caso da liberalización do réxime
horario do comercio, liberalización do mercado do libro ou a liberalización do solo rústico.
Outras medidas anunciadas como liberalizadoras son en realidade un amago sen ningunha
incidencia real, como é o caso das farmacias, dos notarios, dos colexios profesionais ou do
transporte de mercancías e de viaxeiros.
Vaiamos coas primeiras. As tres teñen en común que nelas o Goberno central invade
competencias exclusivas da maioría, por non dicir a totalidade, das comunidades
autónomas. Non debería considerarse un aspecto marxinal, porque se repite con frecuencia
nos demais nos últimos anos, coa agravante de que se está dando diante da compracencia
ou cando menos indiferenza da Xunta de Galicia. Existe acordo en que van supoñer un
afortalamento das grandes superficies fronte ao pequeno comercio e ao pequeno libreiro.
As vantaxes competitivas indubidábeis das grandes superficies derivan da venda masiva e
conxunta dun amplo abano de productos estándar, da atracción da multioferta e os menores
custos derivados da compra centralizada de grandes lotes de productos e do poder de
negociación que ese volume lle dá fronte aos provedores e, sobre todo, a explotación dunha
man de obra precaria, nova, con baixos salarios e horarios flexíbeis. Postos a competir sen
regras a victoria da gran superficie sobre o pequeno comercio e a pequena librería -cando
menos no segmento de productos estándar, que é o máis importante- é tan segura como a do
bulldozer sobre a formiga.
Entón, ¿por que preocuparse pola desaparición dun sistema comercial que non é eficiente
nin competitivo?
-porque con ese sector comercial desaparecen as bases dunha certa diversidade. Na gran
superficie poderemos encontrar os productos e os libros de consumo masivo pero non os
productos e libros exquisitos; e a pequena tenda ou a pequena librería terán difícil a
supervivencia sen os primeiros.
-porque se destrúen máis postos de traballo dos que se crean e estes son de calidade e
remuneración inferior ós dos autónomos.
-porque na medida en que a propiedade das grandes superficies é foránea, os beneficios
flúen cara a fóra reducindo o noso excedente económico e a capacidade de acumulación
dentro do país.
-porque a política de compras centralizadas das grandes superficies adoita dificultar a
comercialización dos productos locais, arruinando o tecido productivo local.
-porque o modelo das grandes superficies e grandes cadeas de supermercados permite
abaratar os prezos dalgúns productos, pero á custa de extorsionar aos provedores (ofertas
por debaixo de custo con cargo ao provedor, devolucións de productos aos clientes pero
con cargo ao provedor, comisión por metro de expositor, etc, etc) que necesariamente se
traslada cara atrás na cadea como unha presión sobre os salarios dos traballadores deses
provedores… e dos provedores destes provedores. O resultado pode ser unha xeración de
beneficio para o consumidor no curto prazo pero á custa de forzar unha precarización do
conxunto dos traballadores.
-porque esa minoración dos prezos tan só se vai manter durante o tempo en que tardan en
facer desaparecer a competencia; unha vez conseguida unha posición de absoluto
predominio a grande superficie volverá a unha política de prezos altos e o consumidor non
terá elección real.
-a ampliación dos días de apertura e a prolongación dos horarios, se ben pode significar
unha maior comodidade para un certo segmento de consumidores, empeora a calidade de
vida dunha parte da poboación e configura un modelo de vida no que se prolonga aínda
máis a vinculación do ocio co consumo. A tendencia a converter o ocio de fin de semana en
shopping leva a un empobrecemento notábel da vida persoal, familiar e colectiva e iso é o
que se impulsa, sen dúbida, con este tipo de medidas. O modelo americano non é
precisamente un modelo envexábel.
Agora ben, ¿por que o PP mina as bases dun sector social tan incondicionalmente seu?
Acaso sexa porque o poder do lobby do grande capital comercial, das grandes superficies e
os seus xenerosos apoios no financiamento das campañas electorais superen o dos pobres
diabos das "tendas da esquina" e que non as entreguen a fondo perdido. Non debera pasar
desapercibido que ó ex-ministro Arias Salgado lle faltou tempo para pasar do Ministerio á
presidencia de Carrefour (Pryca e Continente). En todo caso, é unha constante histórica que
os partidos da dereita teñen o seu apoio electoral nestas capas medias aínda que a liña
política estratéxica responde aos intereses e as demandas do grande capital, incluído o
transnacional. O feito de que esa traizón permanente nunca se traducise nunha desafección
maioritaria é unha boa mostra da dificultade de certas clases sociais para dotarse dun
proxecto político autónomo e un bo exemplo do peso e capacidade moldeadora da
ideoloxía. De feito o BNG leva moitos anos facendo bandeira da defensa do pequeno
comercio fronte ás grandes distribuidoras e cabe pensar que, alomenos ata hoxe, non lle
reportou grande adhesión nese sector.
Unha boa mostra de que se trata dunha pugna entre o grande capital e o pequeno e non
dunha estratexia seria de liberalización é o caso das farmacias. Autorízase a que certos
productos farmacéuticos e de parafarmacia se vendan nos supermercados e grandes
superficies pero non se liberaliza o dereito de apertura de farmacias, que sería a verdadeira
liberalización do sector. ¡Pero iso incomodaría a ese colectivo, maioritariamente, tan fiel e
militante, ó tempo que perxudicaría ás grandes superficies! O mesmo ocorre cos notarios e
por iso non se leva a cabo a liberalización dese corpo inxustificadamente exclusivo e
taxado.
Coa liberalización da urbanización do solo rústico, invadindo as competencias das CCAA e
dos concellos, dáselle todo o poder ao capital privado na ordenación do territorio e o deseño
do noso hábitat e das nosas urbes. Os promotores privados e os particulares poderán
converterse da noite para a mañá en planificadores urbanísticos impulsando a construcción
nunha boa parte do solo rústico -a partir de agora sen un réxime reforzado de protección
que garanta o seu uso agrícola, gandeiro, social...- e podendo decidir estas promocións
incluso sen recibir ningún tipo de aprobación, e por suposto control, do seu concello. Máis
alá da ideoloxía da liberalización este sector ten unha activa participación na política, o que
explica as apostas tan irresponsábeis nun país cunha nula cultura urbanística.
Todo o proceso de liberalización parece guiado máis polos expertos en marketing político e
estudios de clientela que polos declarados obxectivos de beneficiar ao consumidor. De feito
hai algunhas actividades absolutamente pechadas e corporativas como son os notarios, os
farmacéuticos e a pesar diso quedan practicamente á marxe das medidas de liberalización.
¿Por que non se permite a ampliación substancial do número de notarios e que poidan
competir entre si? ¿Por que non se amplía o número de farmacias? Ademais de dar
ocupación a moitos licenciados en dereito e en farmacia, unha liberalización deses sectores
beneficiaría ós consumidores (maior oferta, maior proximidade, mellor trato e menores
tarifas/prezos). Seguramente, as razóns de poder social e a filiación tradicionalmente
conservadora destes rancios colectivos póñenos a salvo do furor liberalizador do PP.
Fronte á apoteose do mercado e da competencia nese discurso ideolóxico, os feitos amosan
a expropiación da propiedade pública en beneficio do capital privado, a consolidación da
posición oligopolista dun pequeno número de grandes empresas e a eliminación ou
reducción progresiva da competencia, dos pequenos productores, dos pequenos
distribuidores e dos pequenos estábelcementos de venda. En nome do mercado e da
competencia asistimos a un vasto proceso de concentración do capital e de eliminación dos
competidores. Pola contra, as vantaxes reais para o consumidor nunca chegan a verse na
maioría dos casos e naqueles en que se perciben limitadas mellorías, estas asentan nunha
extorsión dos provedores e na sobreexplotación dos traballadores que producen ou prestan
o servizo. A vantaxe ou beneficio que lle trasladan á sociedade como consumidores é
globalmente inferior ao que lle restan como traballadores e productores. Ademais, esas
vantaxes aparentes para o consumidor son transitorias, duran ata que as grandes empresas
conseguen varrer a competencia das pequenas. A medio prazo, unha vez chegado ao control
total do mercado xa están en condicións de impoñer as condicións e os prezos que lles pete.
Como en virtude do dogma neoliberal o goberno renuncia a intervir ou regular os prezos,
serán as empresas as que libremente os fixen. Cunha oferta moi concentrada nas mans duns
poucos e uns consumidores absolutamente dispersos a posibilidade real de elixir
desaparece ou, en todo caso, a fácil concertación entre ese reducido número de empresas
permítelles abusar da súa posición dominante. Iso é o que hoxe vivimos no caso dos
carburantes, do transporte aéreo, do mercado automobilístico, das medicinas ou dos
notarios e das farmacias e que no futuro viviremos no comercio en xeral.
Desde o ponto de vista da configuración institucional do Estado, o proceso de liberalización
está sendo levado a cabo por parte do goberno central e os seus distintos ministerios a golpe
de real decreto, sen ningún tipo de negociación coas Comunidades Autónomas, de xeito
que está servindo para baleirar de contido as institucións autonómicas e municipais, sendo
usurpadas as súas funcións por un Goberno Central declaradamente centralista. ¡Parece ser
que nas profundas tertulias radiofónicas pasou desapercibida esta "relectura" da
constitución española e dos seus estatutos!
EMPRESAS EN VENDA: ¿UN PAÍS SEN EMPRESARIOS? *

A compra e a fusión de empresas é un fenómeno que enche as páxinas dos xornais todos os
dias. Estamos diante do máis vasto proceso de concentración do capital de toda a historia
do capitalismo. Mesmo a xigantescas corporacións mundiais da industria, da banca, da
información están nun continuo fervedoiro fusións, compras ou alianzas. Hoxe a
producción mundial de automóveis xa está nun reducidísimo número de mans, e o proceso
de concentración aínda continua. No sector informático Microsoft compra todo o que se
move. No petroleo, que sempre estivo monopolizado por un reducido número de empresas,
estamos asistindo a novas fusións. Nas telecomunicacións, telefonía, televisión, medios de
comunicación ou editoriais as fusións a nível mundial son continuas. O mesmo pasa coas
fusións bancarias e outros sectores nos que a información e as novas tecnoloxías teñen
amplia aplicación...Tamén no ámbito da distribución comercial o peso das grandes cadeas
vai desplazando ou absorbendo ás pequenas e medianas empresas. En definitiva, un empeza
a ter a sensación que en todos eses sectores estratéxicos vai acabar todo en mans dunha ou
dúas grandes corporacións a escala mundial. O curioso e paradóxico é que todo ese proceso
de concentración de empresas e, polo tanto, de eliminación da competencia ten lugar
amparandose e lexitimandose co discurso do libre mercado e da libre competencia.
O que cabe preguntarse é se ese proceso de concentración do capital en poucas mans a nível
mundial é algo inexorábel en todos os sectores e tamén se iso sería desexábel. En canto a
isto último non cabe dúbida de que unha hiperconcentración da propiedade e do poder
económico a nível mundial é unha ameaza para a vida de boa parte da poboación mundial,
para a soberanía dos países e para a democracia. En todo caso esa opinión non será
compartida polos gañadores que, obviamente, verán positivo o seu aumento de poder e
faran todo o posíbel para “vendernos” as marabillas “dese mundo”. Esperemos que as
institucións democráticas dos países do mundo que lles tocaría o papel de “perdedores”
sepan reaccionar a tempo e frenar ese proceso de perda de poder e soberanía antes de que a
única reacción posíbel sexa a violenta. Sería un capitalismo ben curioso ese onde a mairía
dos países non tivesen empresarios ou nos que o ámbito para a iniciativa empresarial
quedase reducido a montar kioskos, cafeterías, adegas de viño, pastelerías, artesanía e
outras múltiples “singularidades”.
En todo caso e máis aló dos problemas globais que tal cenario (¿futuríbel?) acarretaría
compre suliñar que os efectos da perda da propiedade das empresas ten graves
consecuencias inmediatas para o país que padece a absorción: reducción da autonomía das
empresas, reduccións das funcións directivas e dos empregos máis cualificados, a
capacidade innovadora pasa a ser exclusiva da empresa central do grupo, prodúcese unha
expatriación dos beneficios e limítase a capacidade de expansión futura da empresa,
reducense os vínculos –compras- con outras empresas locais, etc.
A respeito da cuestión de se todos os sectores están igualmente “motivados” para esa
concentración global parece obvio que non. Afortunadamente hai sectores nos que os
imperativos tecnolóxicos, a importancia das economías de escala ou o peso da imaxe de
marca é menos decisivo, facendo que empresas de tamaño medio podan resistir
adecuadamente a competencia ou que mesmo resulten moito máis eficientes e rendíbeis que
as grandes corporacións. Ese é o caso de moitas actividades de servizos de proximidade, o
caso de moitas actividades industriais nas que os recursos naturais específicos son claves ou

*
Este artigo foi publicado na revista Tempos Novos, 1998.
en mercados nos que a diferenciación xoga un papel fundamental. A modo de exemplo, fai
poucas semanas facíase público un informe que mostraba que os hipermercados empezaban
a ceder terreo ante os supermercados. Polo tanto, a presión para a concentración está claro
que existe en todos os sectores pero nuns os incentivos son moito menores que noutros polo
que cabe agardar que as empresas medianas teñan un oco. En todo caso non existe unha
razón fatal que impida a supervivencia de empresas medianas na maioría das actividades.
Todo depende da súa capacidade innovadora, da súa fortaleza financeira, da existencia
dunha visión estratéxica e acertada. Obviamente, a calidade do entorno é tamén crucial: un
sistema financeiro comprometido, recursos humanos cualificados, boa rede de proveedores,
boas infraestruturas e bon goberno.
Claro está que unha intelixente e axeitada regulación pública de múltiples aspectos da
actividade empresarial e comercial, unido a unha política industrial ben orientada poden
facer que as empresas dese territorio podan competir en mellores condicións, podan
expandirse e reducir o risco de ser absorbidas por outras. Mesmo poden plantexarse ser
parte activa en vez de “paciente” nesa carreira de absorcións.
Galiza non está a marxe de toda esa “fiebre”. O obxectivo do presente informe é presentar e
valorar ese proceso de concentración de empresas desde a perspectiva galega. Reflexionar
sobre a nosa experiencia nos últimos anos nos que, ao lado de algunha que outra “canasta”
virtuosa, nos tocou xogar principalmente como “pacientes sufridores”, perdendo
progresivamente o poder sobre as principais empresas. Interesa ver en que medida é un
proceso “controlábel” e quenes son os axentes cuxa responsabilidade pode ser interpelada.
A NOVA LEI DE CAIXAS E O FINANCIAMENTO DAS EMPRESAS*

Recentemente a Xunta de Galicia ven de presentar diante do Parlamento o Proxecto de Lei


de Caixas de Aforro de Galicia que pasou xa os trámites parlamentarios. Trátase dunha
das leises longo tempo anunciadas e que, pese ao sixilo da súa xestación, foi obxecto de
debate e mesmo polémica pública por parte dos numerosos axentes implicados; non só por
parte dos grupos sociais involucrados directamente na xestión e actividade das Caixas
senon tamén por parte de outros moitos axentes preocupados polas repercusións da
actividade das Caixas (sindicatos, partidos políticos, Goberno Autónomo, Diputacións,
empresarios, investigadores, etc).

O primeiro feito que chama a atención é a espectativa despertada polo anuncio da citada
Lei. Certamente, ás Caixas préstaselles unha atención que deriva tanto da súa propia
importancia -non en vao absorben hoxe perto da metade dos dépositos do conxunto do
sistema financeiro nunha tendencia sempre crecente- como tamén polo feito de seren as
Caixas a principal materia financeira sobre a que o noso Estatuto de Autonomía concede
competencias exclusivas para regulalas -estabelecendo o Estado as "bases" da mesma- en
tanto que non se estabelecen competencias para regular outros aspectos do sistema
financeiro. Temos aí unha unha autolimitación incomprensíbel xa que outros Estatutos
como o de Cataluña, País Vasco, Navarra, Andalucia e País Valenciano teñen tamén
competencias para desenvolver a lei e executar a ordenación do crédito, banca e seguros.
En calquer caso isto realza para ben e para mal a atención prestada ás Caixas. Outro factor
polo que despertan interese é precisamente por seren institucións con sé social en Galiza e
porque os órganos de goberno están conducidos por persoas enraizadas en Galiza e mesmo
algunhas delas elexidas como resultado de eleccións indirectas de certos organismos
públicos (Concellos, Diputacións, etc). A diferenza dos Bancos, as Caixas son institucións -
fundacións- con un fin social e enraizadas na sociedade -aínda que debido á regulación de
órganos existente se deixe sentir especialmente o peso de determinados círculos- razón pola
que todos os ciudadanos esperan delas un comportamento comprometido coas necesidades
de desenvolvimento dun país atrasado pero laborioso, cuxo tecido productivo atravesa por
unha longa etapa de crise e mesmo de declive. É máis, nun país onde as microempresas son
a regra, a existencia de Institutucións financeiras da dimensión alcanzada xa por algunhas
destas Caixas fai que todos viren os ollos cara elas como a panca necesaria para apoiar o
dinamismo empresarial. En definitiva, todos esperan que elas sexan de verdade o "ephor"
schumpeteriano que se precisa para promover a innovación e a industrialización.

Frente a esas expectativas ou desexos un encóntrase con dados sorprendentes como é que o
comportamento en canto aos créditos non é moi diferente entre Caixas e Bancos. De feito,
como pon de destaque un recente estudio do IDEGA, nos últimos anos a ratio
créditos/depósitos sitúase en torno ao 65% en ambos casos. Dito noutras palabras isto
significa que do total de aforro captado en Galiza tan só as dúas terceiras partes se
destinan a préstamos e créditos a galegos; a outra terceira parte canalízase cara
investimentos, préstamos ou créditos fora de Galiza asi como para os coeficientes
obrigatorios (p.e. o Banco de España estabelece un coeficiente de caixa que representa o
2% dos depósitos). En particular, unha parte considerábel é a que se move no préstamo

*
Este artigo foi publicado na revista Galicia Internacional, 1996.
interbancario e nos mercados de capitais a curto, operacións que suelen ser pouco riscosas e
bastante rendíbeis desde o ponto de vista financeiro. Xustamente este tipo de movementos
estan na base dalgun dos resultados "espectaculares" obtidos por algunhas desas entidades
nos últimos anos. É a constatación dese limitado compromiso coa dinamización do tecido
productivo o que move a preocupación a moitos sectores sociais. Un economista non pode
sentir maior incomodidade que intentar explicar a aparente contraposición entre un
comportamento que maximiza os resultados financeiros privados como empresa pero que
en cambio non xenera beneficios sociais para o entorno social ao que vocacionalmente
deben servir as Caixas, como fundacións de interese social que son. O primeiro impulso
cando un recibe a noticia de importantes beneficios por parte dunha empresa galega é de
satisfacción e complicidade polo que significa de capacidade para acumular, crecer e crear
emprego e riqueza neste territorio. Pero cando se trata dunha institución financeira, cuxa
función social fundamental é canalizar aforro para poñelo ao servizo do investimento por
parte dos axentes económicos, non queda máis remedio que avaliar a forma de obter eses
beneficios e saber se proceden da execución da súa función xenuina ou simplemente de
operacións que sendo lexítimas no mercado sen embargo teñen de escasa ou nula incidencia
sobre o sistema productivo onde se nutre e, en consecuencia, xeneran un reducido beneficio
social.

A necesidade dun compromiso entre o sistema financeiro e o sistema productivo

Aínda que o triunfalismo oficial a veces prentenda ocultalo, Galiza atravesa por unha das
crises industriais de maior envergadura, no marco dun proceso de transformacións que
tamén presenta algúns aspectos positivos. A continua desaparición de unidades de
producción tanto na agricultura como na pesca e na industria reflexan a dificultade para
adaptarse ao entorno competitivo mundial e ás restriccións institucionais impostas pola
Unión Europea nun proceso de decisións políticas no que a nosa capacidade negociadora é
feble ou inexistente. O resultado está sendo unha permanente perda de posicións no
contexto das rexións europeas e das españolas, de feito no ano 1994 a nosa economía
creceu un 1,8% ao tempo que a española faciao nun 2,1%.

Son moitas as dificultades para resistir e adaptarse ao contexto cambiante e algunhas delas
teñen moito que ver coa febleza da estrutura das nosas empresas. Das 63.000 empresas
existentes o 99,5% teñen menos de 100 traballadores; tan só 200 estan por enriba desa cifra
e tan só 17 empresas facturan máis de dez mil millóns de pesetas. Todo eso conleva un
predominio de empresas cunha feble estrutura organizativa e comercializadora, sen
estruturas de innovación propias, etc. Pero un problema de envergadura está intimamente
relacionado co tema deste artigo: en xeral presentan unha estrutura financeira cun nível de
endebedamento moi elevado, que pesa como unha lousa nos seus balances. A capacidade
de autofinanciación está en torno ao 33%, frente ao 65% nos USA ou o 50% en
Alemania ou Francia. Mesmo é inferior que o 38% da media española. Ademais, a
financiación faise con productos bancarios tradicionais (créditos, préstamos e desconto
comercial) o que supón apelar a mecanismos de financiación a curto prazo e, polo tanto,
caros; todo iso nun país no que, a maiores, os tipos de interese duplican a media europea.
Sen dúbida, estes elevados costes financeiros constitue un dos factores que explica a
febleza da capacidade competitiva dunha boa parte das nosas empresas, añadíndoselle aos
outros citados.
Un tecido de pequenas e micro empresas como o que predomina en Galiza precisa de
mecanismos de financiación máis innovadores, máis flexíbeis e máis baratos para poder
acometer plans estratéxicos de modernización e lanzamento que lle permitans as empresas
crecer rápido e consolidarse. Do contrario perecen, como de feito asi ocorre. Dado que as
Pequenas empresas (e tamén as medianas) non poden financiarse no mercado de valores
nen mediante obligacións ou bonos, precisan que o sistema financeiro cree "productos" á
súa medida dentro dunha lóxica de compromiso coa expansión das empresas. Desde o meu
ponto de vista ese compromiso do capital financeiro coa industria non debe ser visto só
como un acto voluntarista ou filantrópico senon que é un requisito para a supervivencia de
ambos a longo prazo. É impensábel que podan seguir existindo entidades financeiras moi
rendíbeis e saneadas xunto a un tecido empresarial desarbolado. O negocio especulativo no
que o propio diñeiro crea diñeiro é algo inevitabelmente pasaxeiro. Isto parece que xa o
entenderon algúns dos grandes bancos españois como o BBV que está nunha estratexia de
adquisición de activos industriais.

En Galiza precisamos dar pasos nesa dirección urxentemente, para consolidar o tecido
productivo e para romper ese círculo vicioso da permanente fuga de aforro que é investido
fora.

As entidades financeiras escurren o bulto dicindo que se un tercio dos depósitos captados
aqui vai destinado a mercados financeiros foráneos é porque aqui non hai demanda de
crédito. Que dúbida cabe que nas condicións nas que operan os mercados é máis fácil
colocar o diñeiro nas áreas máis desenvolvidas e dinámicas. A cuestión que compre
plantexarse é se as entidades financeiras poden ser máis innovadoras e arriscadas para
contribuir a crear mercados e clientes no seu propio entorno, sobre todo cando, como é o
caso das Caixas nacen cunha función social que cumplir no seu entorno xeográfico-
económico. Sen embargo, e de forma paradóxica, as Caixas a penas se diferencian dos
bancos. A súa aversión ao risco e o limitado esforzo innovador non só as leva a canalizar
unha grande parte do aforro cara o exterior senon que os seus créditos se concentran
prioritariamente nas actividades menos arriscadas, como son a construcción e actividades
inmobiliarias que representan ao redor do 40% dos seus créditos (maioritariamente
hipotecarios) e tan só un 18% a actividades industriais. Obviamente en algunhas Caixas esa
asimetría é aínda maior.

Obviamente sempre se pode discutir se a provisión de financiamento para proxectos


empresariais debe ser realizada directamente por bancos e Caixas convencionais ou debe
ser realizada por Sociedades de Capital Risco ou similares, na medida en que se necesita
unha especialización e unha capacidade técnica para avaliar os proxectos e para facer o seu
seguimento, capacidade da que en boa medida Bancos e Caixas carecen. En todo caso,
sempre sería defendíbel que as Caixas e Bancos creen ou participen activamente en
sociedades ou fondos desa natureza. Nese sentido, en Galiza bótanse en falta iniciativas
dese tipo (as únicas que existen son Vigo Activo e a Gestora de Fondos promovida polo
Banco Pastor, ambas modestas nas suas realizacións). Máis aínda, o empresariado non
comprendeu a actitude de algunhas Caixas nos últimos anos a respeito da única sociedade
pública de capital risco (SODIGA), na que detentan unha parte do capital, cando éstas
esixiron unha política de reparto de beneficios frente á posibilidade de adicar os resultados
positivos de cada ano a incrementar a capacidade investidora en apoio de novos proxectos
empresariais.

A nova lei de caixas

Nese contexto eran, e son, moitas as voces que reclamaban unha nova Lei de Caixas que
críase un novo marco institucional que "incentivase" un maior compromiso co tecido
productivo.

En que medida as espectativas se cumplen coa nova Lei proposta pola Xunta de Galicia é
algo que agardabamos se aclarase ao longo do debate do Proxecto de Lei no Parlamento.
Sen embargo, ese debate non clarificou moito ou, mellor dito, provocou unha certa
desilusión porque parece como unha ocasión perdida para avanzar na dirección aqui
indicada. En principio, presenta algúns aspectos positivos como a regulación de algúns
aspectos das Caixas non Galegas, un intento de incrementar o compromiso das Caixas a
través da obra social ou a creación dun servizo de Inspección Financeira. Sen embargo,
parece quedarse moi corta á hora de lexislar un compromiso forte das Caixas con Galiza a
traveso da súa política crediticia, xa que a única alusión ao tema realízase no Artículo 46,
relativo á calificación de activos para a aplicación dos coeficientes obligatorios pero
xustamente eses coeficientes deixaron de existir desde 1993 por decisión do Goberno
Central, co cual o artigo 46 queda na práctica inoperante. Por outro lado, non se modifica a
composición dos órganos directivos, o que podería facilitar algúns dos obxectivos da Lei; o
mantenimento da regulación vixente sobre órganos perpetuará composicións das
Asambleas Xerais absolutamente pintorescas que pouco contribuen á unha visión
modernizadora e dinamizadora destas institucións financeiras (a presenza con un 25% de
representantes de Liceos, Casinos, Corais, Grupos Folklóricos, Hermandades de Donantes,
etc etc como ocorre nalgunhas Caixas actualmente é realmente preocupante desde todos os
pontos de vista).

Un aspecto que merece unha valoración ambivalente é o feito de que se deixan no ar certos
aspectos que lle van otorgar á Consellería de Economía unha maior capacidade de
negociación, de forma que ao non estabelecer na propia Lei criterios orientadores pode dar
lugar tanto a unha intevención ao servizo dos intereses xenerais como a unha intervención
sesgada por intereses políticos de curto prazo. Nese mesmo sentido, non se ve claro se pode
haber ou non un uso da Obra Social das Caixas que prolongue a política crediticia das
entidades. Seguramente se a propia Lei estabelécese con criterios estábeis e obxectivos
certos criterios ganaría en solidez, transparencia e podería aunar máis vontades. Sobre todo,
evitaria suspicacias sobre se a vontade última da Lei é favorecer a financiación do tecido
productivo galego ou aliviar certas liñas asistenciais do orzamento ou mellorar as
condicións de financiamento do deficit público. Por de pronto, agardemos a que non tarde
moito a ocasión para modernizar de verdade as Caixas para convertelas nun instrumento ao
servizo do desenvolvimento do noso país.
ALGUNHAS LECCIÓNS DO CASO LEYMA: ¿MAUS EMPRESARIOS, MAUS
FINANCEIROS OU MAUS GOBERNANTES? *

Entre as compras de empresas galegas por capital foráneo hai un caso recente que reviste
unha particular importancia: a ben sonada compra de LEYMA polo grupo PULEVA. A súa
importancia deriva xustamente de tratarse da maior empresa láctea galega, pertencente a un
sector básico da nosa economía, con grandes potencialidades pero tamén sometido a
grandes ameazas. Tamén resalta a súa relevancia o feito de tratarse dunha empresa de base
cooperativa, na que participan como socios decenas de cooperativas agrarias. Todas esa
circunstancias fan que o cambio na propriedade do capital de LEYMA teñan importantes
consecuencias, non só para a empresa mesma senon para o conxunto da nosa economía. E é
precisamente iso o que explica o prolongado maremagnum público, tanto a nível político e
sindical como dos medios de comunicación. A relevancia pública do caso LEYMA
acrecentouse aínda máis debido ao cúmulo de despropósitos que marcaron as reacción da
Xunta de Galicia ao longo de todo o proceso de venta, que sen dúbida constituen unha boa
mostra dos nefastos resultados en que pode desembocar a combinación da estulticia coa
falla de estratexia política.
Neste caso concreto non se trata tan só dun grande fracaso económico para o noso sector
productivo senon da vergoñenta exhibición pública da ausencia de norde por parte das
institucións políticas do país.

¿...tonto o último?

O Olimpo de empresas galegas ten desgraciadamente poucos deuses e tan só algún que
outro heroi. Apenas conta cun cento de empresas que superen os cen traballadores e delas
só unha pequena parte quedan en mans do capital galego. Das 46 maiores empresas con
actividade productiva en Galiza tan só 6 delas teñen a súa sé social en Galiza. A última en
trasladar a súa sé social a Madrid foi Construccións San José, a maior que nos quedaba no
sector. Iso tradúcese en que a parte de león do noso sistema productivo acumula fora do
país, ten os seus directivos fora do país, paga os seus impostos fora do país, etc. E así se
explica que unha empresa como Zara pague por si só o 15% do total arrecadado en Galiza
polo Imposto de Sociedades.
Por iso mesmo cando queremos simbolizar diante dos nosos visitantes o segmento
dinámico do noso país todos temos que recurrir a ese reducisimo elenco de “Zara,
Pescanova, Coren, Verino, Florentino, Finsa, Televés, Rodman “...e poucas máis. Son o
noso último argumento para demostrar que tamén aquí hai empresarios dinámicos e con
capacidade para prosperar sen fuxir. Que é posíbel alcanzar un tamaño de empresa
competitivo nos mercados internacionais sen sucumbir no camiño; que esas oleadas de
empresarios shumpeterianos que houbo nos 60 e que parece haber nos 90 poden ter algunha
continuidade sen perecer neso que parece unha permanente tarefa de Sísifo que nos levaría
a poñer en marcha empresas que cando alcanzan un ponto relativamente alto da súa
expansión pasan a mans foráneas...e volta empezar.
Leyma caeu dese Olimpo e pasa a ocupar un posto máis nesa longa rea de “fracasos”.
Pasou en pouco menos de tres anos de ser a plataforma de salvación do noso complexo
lácteo a ser un símbolo da frustración e da sensación de non liberarnos do tópico da vista

*
Este artigo foi publicado na revista Tempos Novos, n. 29, 1999.
pitoña dos galegos para os negocios. ¿Por qué?, ¿qué é o que falla, os empresarios, os
financeiros ou os gobernantes?. Repasemos os principais fitos desa historia e que o lector
tire as suas propias conclusións.

Innovación e finanzas: dúas lousas

O que fai de Leyma algo especialmente preocupante é o feito de que o alimentario é dos
poucos sectores nos que se podía pensar que o capital galego tivera ( e aínda segue a ter)
unha boa presenza e un bon futuro. E dentro do sector alimentario, a industria láctea estaba
chamada a ser un dos pontos fortes. Simplesmente polo feito de que Galiza é a principal
productora de leite da Península ibérica. E os primeiros pasos para configurar ese sector
tiñanse dado: LARSA, LEYMA, COMPLESA, FEYRACO, etc. son o resulta de décadas
de acumulación e experiencia. Entón, ¿por que se nos vai das máns?.
O primeiro que hai que dicir é que as nosas empresas lácteas foron todas elas conservadoras
e pouco innovadoras. Iso case sen excepción. Tardaron en adquirir unha dimensión
competitiva, tiveron unha estratexia pouco innovadora na diversificación de productos, de
feito todas elas seguen ancoradas no segmento de mercado menos rendíbel (o do leite
líquido); aínda hai poucos anos que as máis dinámicas entraron no mercado do yogurt;
apenas producen queixos e cando o fan son queixos de barra que son tamén os menos
rentábeis; a presenza en postres e outros derivados lácteos é prácticamente nula. Dito doutra
forma, están centradas nos productos estandar, nos que hai unha forte competencia en
prezos e deitan reducidos marxes de benefecio, o que explica a súa deficiente estrutura
financeira e o que á súa vez limita a súa capacidade modernizadora, diversificadora e
innovadora. Todas elas tardaron en sair aos mercados exteriores.
Nese sentido Leyma era ata 1995 un reflexo do sector. Esa situación parecía que se
empezaba a mover cando Leyma se lanzou á compra de Lesa (leite RAM) en 1995. Esa
parecía unha vía adecuada para constituir un gran grupo lácteo galego e ganar presenza nos
mercados exteriores e mesmo empezar a diversificar a producción. Aquela foi unha
decisión que parecía adecuada desde o ponto de vista da estratexia industrial, para Leyma e
para Galiza. Pero era unha aposta arriscada e como tal tiña un problema. Era unha
operación de certa envergadura desde o ponto de vista financeiro e requería da
participación de socios financeiros que lle desen unha cobertura suficiente á mesma. E
efectivamente todo parece indicar que Leyma foi deixada na estacada pola Xunta de Galicia
e polas Institucións financeiras galegas razón pola cal foi incapaz de “dixerir” unha
operación cuxa envergadura superaba o cash flow da empresa. Nese proceso a Xunta parece
que quería contribuir pero non o soubo facer e non o fixo na dimensión adecuada.
Limitouse a actuar como avalista e a autorizar a entrada de SODIGA con unha pequena
aportación de 180 millóns de capital social. Nin as autoridades nin as finanzas galegas
tiveron a altura de miras que a operación requería.
Tamén neste sentido Leyma non é outra cousa que un caso particular dun fenómeno máis
xeral: o escaso, por non dicir nulo, compromiso do sistema financeiro galego coa empresa
industrial.
O certo é que pasados apenas dous anos daquela operación Leyma non é capaz de dixerir a
compra de LESA, os escasos marxes de negocio do leite líquido non chegan para facer
frente aos pagos e ás cargas financeiras dos créditos solicitados a ICO. O sector fianceiro
galego négalle o pan e o sal. Os directivos de Leyma denunciaron non só que certas
entidades financeiras rexeitaron calquer caste de compromiso e colaboración a medio prazo
e Leyma senon que mesmo lles atrancan as operacións correntes de desconto de papel.
Nese contexto Leyma ten que buscar á desesperada alguén que aporte capital á empresa
para facer frente aos compromisos. Todo parece que nese trance se produce un cambio de
envergadura na posición da Xunta de Galicia. “Alguén” os convence para que abandonen a
súa idea de grupo lácteo de base cooperativa (do que Leyma era o motor) e que se inclinen
por favorecer a súa venda a unha empresa de carácter familiar. E para facilitar ese paso a
Xunta forza un cambio na dirección de Leyma e pon ao frente a un consultor castellano-
madrileño, dos círculos de influencia da Consellería de Economía. E aos poucos meses
intenta forzar aos cooperativstas propietarios de Leyma a que vendan e cedan o control da
empresa a un empresario concreto, con nomes e apelidos, que contaría co apoio de Caixa
Galicia.

Mandar menos e gobernar máis

Aínda é hoxe o día en que, apesar do abundante ruído e dos moitos despropósitos, a Xunta
non nos aclarou porqué quixo desmontar un grupo lácteo de base cooperativa e pasalo a
control dunha empresa e un empresario convencional. E tampouco explicaron nunca
porqué tiña que ser un empresario concreto (cando había outros pretendentes que facían
mellores ofertas e inspiraban máis confianza aos representantes das cooperativas). Nisto
Leyma é de novo un mero exemplo dun tipo de actuación política cutre que pon os intereses
a curto prazo de certos círculos próximos ao poder por enriba dos intereses estratéxicos da
industria e do país.
O caso é que ante esa ameaza os representantes dos cooperativistas optaron por vender
parte da empresa (vía ampliación de capital) a PULEVA, para así salvar cando menos a súa
parte no capital social (quédanse co 25% unha vez ampliado) e ao mesmo tempo evitar caer
nas máns dun empresario cuxas “prácticas e modelo empresarial” rexeitan con convicción.
Nese sentido tamén pode dicirse que Leyma é o espello dunha cultura profundamente
encarnada nos nosos labregos máis dinámicos: non se deixan someter con facilidade aos
dictados dun poder abusivo nin entenden nin comparten un modelo de capitalismo
depredador e escravizante.
O resultado final é que LEYMA pasa a estar presidida e controlada por PULEVA. Xa hai
algúns anos tamén LARSA foi comprada polos franceses e logo recomprada pola compañía
asturiana Peñasanta. Se a iso añadimos a presenza de Besnier, Nestle, Clesa, etc resulta que
ao redor das tres cuartas partes do leite galego é recollido e transformado por empresas
controladas por capital foráneo. Hoxe de capital galego só quedan as empresas pequenas e
algunha de tamaño medio como Lagasa, Feiraco ou Lence.
Non é preciso enfatizar a enorme transcendencia estratéxica que ten para unha empresa o
perder a súa dirección e pasar á propiedade do capital a outro territorio; con ese cambio
perdese o principal vínculo da acumulación do capital con este territorio, os beneficios de
Leyma e o seu futuro pasan a estar en función da estratexia dunha empresa que en parte é
competidora sua. E, ademais, o colectivo de cooperativistas ve mermado o seu peso e
protagonismo nun intrumento que foron construindo durante décadas. Polo tanto, desde un
ponto de vista do sector lácteo no seu conxunto, pode dicirse que se debilitan os vínculos e
a integración entre o sector agrario productor de leite e a industria transformadora.
Pero se triste é o resultado, máis patético aínda resulta o espectáculo que unha vez
consumada a operación veu ofrecendo o Goberno Galego, tanto polas extemporáneas e
irresponsábeis declaracións do seu Presidente como polas imponderadas e imponderábeis
palabras e obras do seu Conselleiro de Agricultura.
Se algo nos pon ao descuberto a traumática experiencia de Leyma é algo que xa non é un
secreto: que Galiza non ten nin política industrial para fortalecer o noso sistema productivo,
nin ten unha estratexia para o sector lácteo, nin o Goberno sabe tratar coas empresas con
unha linguaxe distinta de “ordeno y mando”. A forma de tratar con Leyma, cos seus
propietarios (os cooperativistas) e directivos, impoñendolles unha nova dirección,
impoñendolles a venda como única solución, impoñéndolles a venda a un comprador
concreto, exixíndolles a entregas dos dereitos sobre as accións, enfrentandose públicamente
nos medios de comunicación cos vellos e cos novos propietarios, ameazando públicamente
con tomar represalias por non telos obedecido, e un senfin de accións de sabotaxe, mostran
unha forma de entender o exercicio do poder máis propias dun goberno militar que dun
goberno civilizado. O observado ao longo dos meses que “coleu” o asunto Leyma é un
espectáculo no que os gobernantes da Xunta de Galicia poñen en evidencia que prefiren
mandar en vez de gobernar, que é, sen embargo, o que a un goberno democrático se lle
pide. Ou indo máis lonxe, parece que a incapacidade e incompetencia para gobernar se
quere suplir con voces de “ordeno y mando”, que o único que provocan incertidume e
conflicto. Non deixa de ser ilustrativo que un goberno que se reclama liberal actúe diante
das empresas cuns modais tan burdamente intervencionistas e mesmo autoritarios. ¿Ou é só
diante de Leyma porque é unha cooperativa?. Queda a pregunta para os politologos. En
calquera caso, sorprendenos que o Presidente da CEG, como campeón do
antiintervencionismo, non saíse en defensa dos propietarios e da dirección de Leyma!.
En definitiva, son moitas as incógnitas que aínda seguen esperando explicación por parte de
“quen corresponda”: ¿porqué non foi posíbel encontrar un socio financeiro galego que dese
cobertura no seu momento ao proceso dixestión de Lesa por Leyma?. ¿Por que os fondos de
capital risco da Consellería de Economía non entraron no capital de Leyma cando Leyma o
solicitaba?. ¿Por que a Xunta deixou de impulsar o grupo lácteo de base cooperativa para
apoiar a solución dun empresario particular?. ¿Por que as Caixas de Aforro se negaron a
entrar no capital de Leyma e en cambio parece que querían entrar da man de algun
empresario concreto?.
En calquera caso, a lección en positivo que poderiamos sacar desta experiencia ´é que
resulta cada vez máis urxente que nos dotemos dunha estratexia industrial, dunha política
con obxectivos definidos, para evitar que o que hoxe pasa con Leyma (e que no pasado
pasou con Larsa, coas embotelladoras de augas, coas granxas de rodaballo e outras
explotacións de piscicultura, etc etc) ocurra dentro de pouco coas escasas “xoias” que nos
quedan noso sistema productivo. O papel das institucións no impulso e no fortalecemento
do sistema productivo segue a ser un factor clave en todos os países, pese a certo
liberalismo primario e mal aprendido que abunda en países como o noso, con escasa cultura
económica e política.
Obviamente non se trata de pecharse frente ao capital foráneo, que benvido sería se fose
para crear novas empresas, senon que é preciso evitar que se nos escapen os elementos que
poden permitir a acumulación e o crecemento económico deste país. Claro que non todo o
mundo entende que isto sexa un obxectivo para un país. Algúns creen que se pode crecer
sen ter capital propio e sen centros propios de acumulación. A eses efectivamente non ten
porque preocuparlles o máis mínimo que as empresas galegas sexan compradas polo capital
foráneo e que as suas sedes esten en Madrid, Barcelona ou Hamburgo. É lícito ignorar e
mesmo despreciar a economía!. Pero os empregos e o benestar material e cultural de todos
nós dependen diso. E por iso alguén debería explicar porqué ao longo da última década a
inmensa maioría das axudas e subvencións a empresas da Xunta de Galicia foron para
empresas de capital foráneo (en especial do sector enerxético) ou porqué a inmensa maioría
do noso aforro, captado polas Caixas de Aforro galegas, acaba materializado en
participacións en empresas con sé social fora de Galiza ou mesmo con nula presenza na
nosa economía. É dicir, financiando as empresas foráneas que se expandirán comprando as
nosas empresas.
Efectivamente, mal podemos reclamar patriotismo aos empresarios cando as nosas
institucións públicas e as institucións financeiras, que a Xunta regula e tutela, non predican
cun mínimo exemplo. Moitas veces ponse como disculpa que “estamos integrados en
Europa e nunha economía globalizada”, o que é unha obviedade. Como tamén é unha
obviedade que nese marco cada un defende o seu o mellor que pode. E dito iso, tamén é
certo que o drama está en que para moitos que pilotan esas institucións galegas “o seu” non
é Galiza senon España e entón moito do que para nós é foráneo para eles é “o seu”. E por aí
hai que empezar!.
OS INCENDIOS FORESTAIS: O ESPERPENTO PERIFÉRICO DO
LIBERALISMO ECONÓMICO *

Na sociedade galega contemporánea obsérvase un bo número de “anomalías”


insuficientemente analisadas ou insatisfactoriamente explicadas. Seguramente, moitos
destes fenómenos son difíciles de comprender desde as construccións teóricas dominantes
nas ciencias sociais: desde a extensión da psicopatoloxía que afecta a un volume importante
da poboación camponesa ata o contrabando ou os incendios masivos dos montes pasando
pola feble correspondencia entre o sistema institucional e a sociedade real (que non a
sociedade civil) coa conseguinte intermediación do sistema caciquil… A aparellaxe
conceptual da socioloxía e, por suposto, a da economía non está adecuadamente
desenvolvida para captar as dinámicas de cambio e conflicto, particularmente nas
sociedades periféricas onde ese cambio se realiza esporeado e freado á vez pola acción do
modelo socioeconómico e cultural dos países hexemónicos.
Por outra parte, a tentación de recorrer a explicacións simples é grande cando a utilidade de
profundizar se albisca escasa. O recurso dunha dialéctica maniquea atraso/progreso,
endóxeno/esóxeno, inculpación/exculpación…é útil cando o debate rigoroso é suplido pola
escenificación de mensaxes publicitarias como ocorre na confrontación política.
Lonxe dos apriorismos pretendemos unha reflexión serena sobre as causas dos incendios
forestais. A nosa pretensión aquí é esbozar algunhas hipóteses que nos permitan
comprender as causas económicas da queima dos montes como fenómeno masivo e
persistente ao longo dos anos: desde 1975 a 1989 arderon segundo as cifras oficiais ao
redor de 900.000 hectáreas, o que equivale a máis do 30% da superficie do país. Un
fenómeno que, por outra parte, non é exclusivo de Galicia senón que ten unha dimensión
mundial na periferia (pénsese nos incendios da Amazonia, Colombia ou numerosos países
africanos…)
A abordaxe deste fenómeno levaranos a unha reconsideración do proceso de sumisión da
agricultura ao mercado industrial ao longo das dúas últimas décadas e, ademais, levaranos a
plantexar a incapacidade do mercado para valorizar certas actividades do proceso de
traballo agrícola. Certamente, algunhas hipóteses poden resultar “incendiarias”.

Un problema complexo e algunhas hipóteses

Pode afirmarse, e non é en van, que o problema dos incendios é difícil de abranguer en toda
a súa complexidade. Por un lado, están as múltiples e profundas consecuencias, tanto
ecolóxicas (desde a deforestación, erosión… ata as inundacións e as mareas vermellas) que
afectan ao conxunto das sociedade no presente e no futuro como as consecuencias
económicas e sociais que son diferentes para os diversos axentes socioeconómicos. Por
outro lado, son múltiples as causas concretas que en conxunto converten os incendios nun
fenómeno masivo.
O noso obxectivo non é detallar as consecuencias dos mesmos, pero é xustamente a
consciencia da súa extrema gravidade o que nos empuxa ao estudo das súas causas. A nosa
preocupación céntrase, como dixemos, na elaboración dun marco interpretativo das causas
máis esenciais.

*
Este artigo foi publicado na revista A Trabe de Ouro, n. 1, 1990.
Téñense apuntado explicacións diversas e incluso diverxentes deste fenómeno. Uns teñen
insistido na existencia de factores ou elementos externos á propia sociedade rural ou
incluso á propia sociedade galega. Outros teñen insistido na existencia de toda unha
casuística de factores endóxenos espúrios: especulación, fragueiros, descoidos, vinganzas,
falta de conciencia ecolóxica dos paisanos, etc. Todas elas pecan de excesiva simplicidade,
non desvelan as raíces estructurais do fenómeno e o seu guión establécese en termos de
culpabilidade moral ou política. Algúns teñen avanzado algo na dirección que
consideramos correcta: “nuestros montes arden porque están ‘a monte’ y no son
rentables57”; pero, como veremos, os seus postulantes quedan fondeados no epifenómeno.
Compre saber por que non é rendíbel ou se pode chegar a selo na lóxica do mercado.
Neste contexto o labor do investigador garda unha certa analoxía co daquel Guillermo de
Baskerville para desenlear a trama de Il nome della rosa. Nun principio, todo parece ter
unha causa común externa (a Besta da Apocalipse); logo, aparecen variadas causas,
específicas e diferentes en cada caso; e, ó final, todo resulta ter unha causa común pero
interna, ligada aos fundamentos mesmos desa comunidade. Posiblemente a nosa realidade
non sexa tan redonda como a da novela, obrigándonos a admitir máis dunha causa ao lado
da principal; así e todo será necesario buscala.
A nosa reflexión arrinca de dous feitos que nos resultan chocantes:
Primeiro, observamos un paradoxo, cando menos aparente: cando case todas as camadas da
poboación parecen concederlle unha grande importancia aos incendios, en cambio, os
implicados máis directos neses incendios parecen soportalos con relativa indiferencia.
Segundo, temos constatado empíricamente un bo número de casos en que os propios
paisanos están na orixe deses incendios. Que non se denuncien non significa que entre eles
non teñan indicios racionais sobre a autoría dos mesmos. Tamén aquí parecen funcionar os
pactos implícitos de complicidade; parafraseando aquela sentencia do Xesús, “quen teña
terras e non queimase nunca en condicións paralegais, que tire a primeira pedra”.

Todo o dito nos leva a formular as seguintes hipóteses que logo intentaremos desenvolver:
Hipótese 1. Existen razóns económicas internas ao propio mundo agrario que
permiten comprender a existencia dun elevado número de incendios ou, dito máis
explicitamente, que permiten comprender por que pode resultar rendíbel para os paisanos
recorrer ao lume en moitos casos.
Hipótese 2. Esas razóns derivan da propia evolución da agricultura e da súa
inserción no mercado capitalista. Dito de forma máis global, teñen as súas raíces nos
fundamentos liberais do capitalismo e na incapacidade do mercado para validar os traballos
de conservación do medio físico.
O que propoñemos non debe levar á conclusión simple de que son os paisanos os
responsábeis últimos dos incendios e moito menos da totalidade dos mesmos. Aínda que
eles poidan ser os axentes activos directos, é a sociedade no seu conxunto a que aparece
cuestionada. Como mostraremos, son as regras de xogo que dominan o económico nesta
sociedade, unha regulación mercantil sen as necesarias correccións públicas, as que
impelen a determinados axentes a ter un comportamento antisocial, aparentemente
irracional. Pero, nesas condicións, o que desde un punto de vista social é un derroche e
unha atrocidade perigosa pode resultar o menos mau desde o punto de vista individual. Só
os liberais que confían na “man invisíbel” de Adam Smith ou que cren na “fábula das

57
J. Pérez, “La silvicultura, recurso estratégica”, La Voz de Galicia, 1 a 8 de outubro de 1989.
abellas”de Bernard de Mandeville serán quen de negar a posibilidade de tal contradicción.
Para nós o obxectivo será explicar por que eso pode ser así ou, dito doutra maneira, que
razóns poden ter os paisanos para facer o que fan no mundo en que están58.
Alguén podería increparnos en termos exculpatorios: “tamén con ese enfoque a causa
resulta ser en extremo esóxena porque o modelo liberal é imposto”. Esa non é a nosa
visión: podería ser así se non fose porque Galicia aposta por ese modelo de sociedade, vota
a Fraga maioritariamente.

Fundamentos económicos dos incendios

Buscar as causas económicas dos incendios significa, de partida, recoñecer que aquelas
existen e que estes constitúen unha actividade económica que á vez que destrúe pode crear
valor.
Aínda resitindo á tentación de discutir con Husserl sobre a relación entre o individuo e
obxecto, pode resultar útil recordar que o monte e o bosque non son a mesma cousa para un
habitante da cidade, para un ecoloxista e para un labrego. Para este último é un medio de
producción, un medio de vida inmediato, cuxa revalorización require normalmente a previa
aplicación dun traballo. É xustamente aí onde vai intervir o lume: como traballo gratuíto. E
tampouco o lume será a mesma cousa para cada un destes tres inividuos sinalados.
Propoñemos analizar as raíces económicas do proceso incendiario á luz de dous fenómenos
principais: a) as transformacións na estructura productiva e social agraria nas dúas últimas
décadas; b) a implantación e expansión dun sector industrial (celulosa e taboleiros) que
demanda dúas especies forestais moi específicas (o piñeiro e o eucalipto). Ámbolos
fenómenos pasados polo filtro da teoría do valor-traballo (da economía de tempo)
Todo iso realizarémolo partindo, ademáis, dunha hipótese central básica: o problema dos
incendios non parte principalmente do bosque senón do que non é bosque. Para comprender
por que arde o monte arborado cómpre analizar e seguirlle a pista a ao monte non arborado.
No sistema agrario tradicional, con dominante “autárquica”, o aproveitamento do monte e
da floresta era esencialmente predador. As actividades destinadas ao seu cultivo e
reproducción como tal bosque eran de reducida importancia. Sen embargo, certas formas de
coidado e conservación dos montes tiña as súas propias formas validación internas nese
modelo. A modo de exemplo reparamos nalgunhas das importantes funcións do monte
neste contexto:
-alimento para o gando: o monte (toxo-uz-carqueixa…) supoñía, segundo as áreas,
máis da metade da alimentación para o gando vacuno e lanar.
-cama para o gando (toxo-carqueixa-uz-fento)
-estrume fertilizante natural (idem anterior máis a folla)
-leña para o lume (proceso de traballo doméstico): cociña (pólas das árbores, xestas,
piñas…); forno do pan (uz…)
-froitos alimenticios: humanos (castaña…); animais (landra…)
-madeira para: medios de producción (apeiros) como carros, arados, grades, xugos,
uchas…; vivenda e outras instalacións: trabes, táboas, piso, mobles…
-para o mercado: madeira para o serradeiro e mobles; carbón de cepa de uz.

58
Nun plano máis xeral a análise do problema dos incendios poñeranos de manifesto a necesidade de enfrontar o discurso neoliberal, que
tantos adeptos gañou na década dos 80.
Reparemos en que as catro primeiras funcións son sen dúbida as máis importantes (son
esenciais no proceso de traballo agrícola nese modelo) e, o máis importante para nós, todas
elas consistían na utilización do monte baixo.
Co paso do tempo foron decaendo unha a unha todas esas funcións, rompéndose así
condicións de validación tradicional:
-como alimento para o gando o monte é hoxe marxinal;
-coa xeneralización dos establos perde a súa función a cama para o gando;
-como fertilizante natural perde importancia polo anterior e polo retroceso do agro
frente ao pasto;
-no lume doméstico a leña é sustituída en parte polo gas butano e o forno doméstico
é desprazado polas panaderías;
-o aproveitamento dos froitos arbóreos ou o autoconsumo de madeira son cada vez
máis irrelevantes;
-a única función cuxa importancia se amplía co paso dos anos é a venda de madeira
para a industria. Neste caso, como veremos, a presión da demanda das industrias de
celulosa e de taboleiros provoca unha distorsión no cálculo económico dos paisanos
no relativo ás especies, orientándoos cara a especies de validación rápida e de
maiores marxes (o piñeiro e o eucalipto)59
Vexamos primeiro as consecuencias da ruptura da funcionalidade do monte baixo e logo
veremos as consecuencias do cambio nas especies dominantes.

Incendios para a limpeza do monte e para a conversión en pradería

Hoxe o monte baixo, en xeral, xa non é útil e, por suposto, non é rendíbel, pero ao non ser
útil non só non dá beneficios senón que se converte nun custo en un estorbo. A
multiplicación incontrolada e a exhuberancia do mato pode facer impenetrábel as parcelas,
inutilizándoas, amais doutros efectos perniciosos.
Se ese mato non ten unha utilidade en si, a súa eliminación convértese nunha actividade
realmente onerosa. Eliminar o mato require vencer dificultades físicas e técnicas que en
ocasións poden resultar importantes, asumir un custo económico e ter disponibilidade real
para efectuala (en particular de man de obra).
Para aproximarnos á magnitude do problema desglosemos as dificultades que se presentan
cando se pretende acometer unha operación de limpeza do monte:
-A primeira fase consiste na corta que:
·nuns casos é imposíbel de practicar polo accidentado da orografía
·noutros casos esa corta só é practicábel de forma manual pola imposibilidade de
utilizar maquinaria (ou por non dispoñer da maquinaria adecuada);
·os casos en que as máquinas correntes (segadoras e tractor) son utilizábeis implica
un gasto das mesmas, de combustíbel…ademais de tempo de traballo e risco de
perigosidade.
-A segunda fase é a recolleita e transporte do mato unha vez cortado, o que presenta
idénticas limitacións e condicións que as sinaladas no punto anterior. En calquera dos casos
son operacións custosas.

59
Mesmo na madeira se observou unha caída da rendabilidade por metro cúbico: o m3 en 1958 valía 742 pts. e en 1981 valía 2.299 pts.
Descontando a inflación resulta unha reducción do valor real desde 742 a 244 para eses anos. Véxase J.G. Fernández, El sector forestal
español ante la CEE. U. Menéndez Pelayo, Segovia, 1985 (inédita). Debe matizarse, porén, que a rendabilidade non ven dada só polo
prezo da venda senón polo diferencial a respeito dos custos, que varían moito coa expansión das novas especies.
-Se as dúas anteriores son factíbeis, preséntase aínda un último problema: a súa eliminación
(por exemplo, mediante o lume controlado).
A simple enumeración das operacións a realizar evidéncianos que non estamos diante dun
problema banal. Digamos de pasada que o custo da limpeza do monte pode oscilar entre as
cincuenta e as cen mil pesetas por hectárea, segundo os casos. Ao propio custo económico
debe engadirse a dificultade de ser un proceso intensivo de man de obra.
Nesas circunstancias pode resultar “racional” desde a lóxica do propietario individual
recorrer a un método máis económico e máis rápido: o lume. O lume é un elemento
productivo-destructivo barato. Na medida en que traballa por si só, o seu custo individual é
nulo (en rigor, debería incluírse como custo ficticio a magnitude da sanción gubernativa
multiplicada pola probabilidade de que esta teña lugar, o que no momento actual non varía
grandemente os datos do problema). Polo tanto, desde o punto de vista da economía do
tempo, da reducción dos custos individuais, o lume é unha alternativa poderosa.
Se isto é así cando o fin perseguido é a limpeza-renovación do monte tamén se pode aplicar
ao caso en que o obxectivo é a transformación do monte en pradería 60 e algo en parte
semellante pode ocorrer cando a finalidade é a plantación de novas espécies arbóreas. En
calquera dos tres casos o lume presentaríase como un medio de reducir o traballo e os
custos da operación de eliminación do monte baixo para o propietario.
E se iso é así ¿por qué non habería de esperarse que un bo número de incendios se
producisen cada ano?. O problema está en que os lindes xurídicos das fincas non son unha
barreira para o lume. O lume nin é programaábel nin admite fácil control; é fácil de prender
pero difícil de apagar e a súa forza creadora transfórmase en voraz destructora logo que
supera os lindes da finca que se pretendía queimar e…¡con que facilidade os supera! Pero
¿por qué o paisano que ten interese en queimar o seu monte había ser máis ecoloxista, máis
considerado cos demais que, poñamos por caso, a Térmica das Pontes, Celulosas de
Pontevedra etc. cando coa súa contaminación acaban coa vida doutros?61. Como propietario
libre das súas terras ¿non está tamén amparado pola ideoloxía liberal da libre iniciativa
individual? Como a contaminación, os incendios nutren as súas raíces nos fundamentos
liberais do capitalismo. O que ocorre é que entre outras diferencias hai unha de orde
cuantitativa: se hai uns centos de empresas que contaminan, en cambio hai 350.000
propietarios con máis de 5 millóns de parcelas. ¡Son demasiadas tentacións para un país tan
pequeno!
Nunha sociedade como a galega que en boa medida é unha sociedade ao marxe do Estado,
particularmente a sociedade rural, danse condicións para que “prenda” ese liberalismo
incondicionado e selvaxe.

Incendios para a introducción de novas especies

Vexamos con máis profundidade esta variante.


Como é sabido, a implantación e expansión de industrias de celulosa e de taboleiros
provocou un aumento continuado da demanda de dúas especies de árbores: o piñeiro e o
eucalipto. A súa superior rendabilidade, os menores períodos rotación e as expectativas
creadas canto á súa evolución futura conduciu e conduce a moitos propietarios (labregos ou

60
Sen esquecer o conflicto eterno entre a gandería extensiva (pastoreo…) e a selvicultura
61
Cremos que os “valores ecoloxistas” non son individuais senón sociais. Salvo casos heróicos, cando a economía non leira coa ecoloxía
a tendencia espontánea dos individuos é primar a primeira. Eses valores serán interiorizados e esixíbeis aos inividuos a medida que a
sociedade os asume, os regula e os fai respectar. Non é un problema de ética individual senón colectiva.
absentistas, estes con maior motivo) a emprender a repoboación dos montes aptos para
estas especies (e non só os montes).
A repoboación require normalmente a previa eliminación do monte baixo e, nalgúns casos,
doutras especies preexistentes. A preparación do terreo pode resultar “excesivamente” cara
se se pretende realizar mediante a corta e a recollida do mato. Tamén aquí, desde unha
lóxica individual que busca reducir traballo e custos, pode resultar de interese proceder á
queima do monte.
Neste caso o móbil do incendio sería a economía de traballo para a repoboación posterior.
Trátase, polo tanto, do incendio como un medio para mudar a utilización do monte, para a
introducción das especies demandadas pola industria e reputadas como máis rendíbeis.
Nese marco pode comprenderse tamén a promoción de incendios por parte das industrias da
madeira que desexan contar coa súa propia producción forestal: sexa para a primeira
limpeza previa á repoboación sexa como medio para “obrigar” aos pequenos propietarios a
arrendar as súas parcelas.
Tanto nuns casos coma noutros podería pensarse que se a finalidade é unha repoboación
posterior o problema é insignificante62. Aínda deixando de lado o problema, opinábel, do
tipo de especies introducidas e o dos efectos imponderados que incluso neste caso ten a
erosión (e as cheas dos ríos) existe un problema obvio: aínda que o móbil do incendiario
sexa a repoboación do seu monte non quere dicir que se vaia repoboar toda a superficie
queimada polo incendio. A expansión do lume ás fincas colindantes e a súa extensión
incontrolada pode ter dous efectos:
a) que parte desas fincas de “outros” que son queimadas estivesen cubertas de arborado,
co que o incendio orixinado “fóra”, destrúe bosque existente. Circunstancia bastante
posíbel dado que, salvo os pioneiros, as repoboacións realízaranse en zonas onde xa
existen fincas repoboadas.
O comportamento posterior poderá ser: volver a repoboar ou abandonar definitivamente esa
explotación do monte (entre outras razóns pola inseguridade derivada da recorrencia do
lume).
b) Que parte desas fincas de “outros” fosen de monte baixo. Neste caso o comportamento
posterior podería ser: continuar da mesma forma ou aproveitar para repoboar con
algunha especie.
Os efectos ecolóxicos negativos dos incendios subsistirían en calquera dos casos pero os
efectos económicos poderían diferir.
Tamén neste caso, os incendios para repoboar, terían a súa orixe no dereito dos propietarios
á libre disposición sobre o destino dos seus montes, unido á ausencia de mecanismos
incentivadores/penalizadores por parte dos poderes públicos.
A diferencia entre este caso e os anteriores está en que aquí o elemento desencadeante é a
demanda de certas especies por parte da industria, que provoca un cambio na utilización do
monte.
Este tipo de razóns seguramente explicaría parte dos incendios das zonas baixo-costeiras
(para a repoboación de eucaliptos).

O mercado non valida o traballo de conservación no medio físico

62
Tamén no caso dos incendios para transformar o monte en prado pode considerarse que, na propia finca, os efectos son próximos a
cero.
Máis alá desa “microeconomía dos incendios” (ou “ economía do incendiario”) o problema
dos incendios forestais ten unha grande envergadura tanto práctica como teórica. Se
admitimos que estes se realizan porque non é rendíbel coidar o monte e porque permite
reducir custos privados, estamos formulando un problema de difícil solución no marco
dunha economía mercantil e estamos formulando un problema moi serio á teoría
económica. Revela a inconsistencia do intercambio mercantil para garantir a reproducción
de bens sociais básicos como é o caso da natureza. O mercado rexido pola lóxica do
interese individual (como defenden os liberais) non é quen de integrar e salvagardar o
interese colectivo. Por un lado, como di A. Lipietz, “a tendencia espontánea dos privados é
dilapidar as riquezas naturais na medida en que non se pagan”63. Por outro, o intercambio
mercantil na sociedade capitalista só recoñece e valora unha parte do traballo realizado para
o coidado e reproducción dos propios “recursos naturais”: ese tempo de traballo é, polo
tanto, gratuíto.
A consecuencia desta cuestión en toda a súa profundidade é de enorme trascendencia para o
deseño dunha política forestal ou para unha política medioambiental.
A teoría económica toma como obxecto de análise o intercambio e o seu referente é o
intercambio de productos industriais. Recoñécese a existencia dun proceso de traballo
industrial que ten como función non só producir os productos de consumo senón tamén a
reproducción dos seus elementos constitutivos (sistema de máquinas, materias primas e
materias intermedias…), condición que ha de garantir o sistema de prezos.
Respecto do modelo analítico así construído, o proceso de traballo agrícola presenta
especifidades importantes 64 , particularmente tocante á reproducción dos medios de
producción e á reproducción da forza de traballo. Neste caso, o valor das mercadorías
agrarias e, en consecuencia, o excedente agrario só se forma sobre a producción de valores
de uso animais ou vexetais destinados á nutrición, á alimentación dos homes directamente
ou previa transformación industrial. Esto significa que o mercado (a sociedade) considera
unha parte das actividades de traballo no sistema agrario como nula ou como se non se
realizase: a producción e mantemento dos recursos naturais (terra, camiños, pontes,
valados, augas, canalizacións, fontes, bosque, eliminación de especies dañinas… e coidado
dos demais elementos do ecosistema).
Precisamente este feito fai moito máis complexo un problema como o aquí abordado e o
problema da contaminación industrial: se a todas as industrias se lles impoñen as mesmas
condicións (de forma que non se distorsione a competencia) os custos extras poden
transmitirse vía prezos: en cambio, se á agricultura se lle impoñen condicións para a
conservación do medio eses custos non serán trasladábeis ao mercado.
Na medida en que a agricultura funciona cada vez máis sometida á regularización do
mercado e na medida en que o mercado non permite valorizar a actividade ligada á
reproducción desdes elementos específicos da agricultura (terra, auga, bosque…), entón a
súa realización perde boa parte do sentido para o productor individual, levando a un
deterioro progresivo do medio “natural” e das propias condicións do proceso de traballo
agrícola. O productor individual, sometido á lóxica de mercado e sen outros incentivos,
intentará ampliar a cantidade de productos vendíbeis a custa de dedicarlle menos tempo á
reproducción deses medios de producción físico-naturais.

63
A. Lipietz, Choisir l’audace. La Découverte, París, 1989.
64
Ver C. Palloix, De la socialisation, Maspéro, París, 1981
No aspecto que máis directamente nos preocupa aquí parece claro que o mercado non
valora o traballo de limpeza e coidado do monte baixo. Non o valora nin o pode valorar
totalmente. Podería valorizalo parcialmente se se encontrase, p. e., algún tipo de aplicación
industrial a ese monte baixo; esa posibilidade tense proposto en máis dunha ocasión:
fabricación de taboleiros a partir do toxo (FINSA), fabricación de pensos tomando como
base o toxo (ZELTIA), producción de enerxía, entre outras. Os sinalados proxectos
resultaron técnicamente viábeis pero, dadas as condicións actuais do mercado, non se
consideraron de interese económico; tamén desde este punto de vista o mercado pon
condicións moi severas pola súa incapacidade para incorporar os intereses supraindividuais.
Agora ben, se esas ou outras alternativas técnicamente viábeis poden ser de alto interese
social pola súa contribución á solución do problema dos incendios sería perfectamente
defendíbel que os poderes públicos as incentivasen o suficiente para corrixir o mercado ou
ben que se fixesen cargo delas directamente.

Conclusión e propostas para un pacto social para a conservación do medio físico

Despóis do camiño percorrido cremos estar en condicións de soster as hipóteses enunciadas


ó principio. Existen factores económicos poderosos que permiten comprender a natureza
estructural dos incendios forestais como fenómeno masivo. Por unha parte, o mercado non
recoñece nin valida o traballo de limpeza e mantemento do monte, do mesmo xeito que non
valida outros traballos de mantemento do medio físico. Por outra parte, ese monte perdeu
progresivamente a súa funcionalidade dentro do proceso de traballo agrícola ao mesmo
tempo que este se vai sometendo á lóxica do mercado. Como consecuencia, o propietario
do monte guiado polo principio de reducción de traballo e de custos pode verse impelido a
utilizar o lume en múltiples ocasións como elemento productivo gratuíto.
O incendio preséntasenos, polo tanto, como o resultado fatal de combinar o recoñecemento
do dereito á libre disposición sobre a terra por parte do propietario, por un lado, e a non
validación do traballo de mantemento do monte por parte do mercado, por outro lado.
Sen embargo, non pode atribuírselle a responsabilidade dos incendios exclusivamente aos
propietarios. Se a sociedade no seu conxunto, que organiza o económico en base ao
intercambio mercantil, está realmente interesada no mantemento e conservación do medio
natural parece lóxico que arbitre formas que resulten remuneradoras para os privados que
realizan eses labores. Por eso sinalabamos ao principio o aparente paradoxo de ver o
conxunto da sociedade moi preocupada polo problema dos incendios: en realidade, o
conxunto non ten asumido o custo dese coidado e mantemento do medio natural máis que
nunha ínfima parte: a través do mercado a sociedade non o remunera en absoluto e a través
dos fondos públicos a contribución é moi escasa. Terán que ser as institucións públicas, que
representan ao conxunto da sociedade, as que dispoñan os mecanismos e fondos necesarios
para garantir a reproducción dese ben público que é a natureza. Esta falta de compromiso
co monte e o bosque é especialmente aguda na periferia; nos países ricos, en xeral, si existe
unha política forestal máis desenvolvida; pese ao seu discurso liberal contan cunha
importante regulación pública do uso das terras: pénsese que Francia ou Alemaña contan
cunha política forestal que arrinca xa do século XIX e outros países europeos foron
introducíndoas ao longo do século XX.
Chegados a este punto, consideramos que, para nós, a envergadura do problema require un
pacto social para a conservación do medio natural en xeral e do monte en particular. Desde
o nos punto de vista, o principio da solución ao problema dos incendios forestais pasa por
interesar e comprometer activamente aos paisanos no mantemento e reproducción dese
medio. Ese obxectivo debe buscarse, máis alá de políticas de tipo cultural, formativo ou
ideolóxico, mediante un cambio no compromiso que a sociedade ten co monte e o bosque.
O novo compromiso ten que plasmarse nunha socialización de reproducción do medio
natural asumindo o custo da mesma. Pacto social significa recoñecer que existen intereses
particulares de colectivos directamente afectados diferentes dos intereses do conxunto da
sociedade. Pacto significa que, na medida en que o fin esixe a colaboración deses
interesados, a sociedade debe recoñecelos e dar a cambio as contrapartidas económicas que
remuneren ese labor de conservación e reproducción do medio natural. A necesidade de
pacto social significa que existen bens fundamentais para o ben-estar da sociedade que o
mercado (tan brillante no discurso dos 80) non é quen de regular e xestionar.
Este pacto social, extensíble tamén a outros aspectos, impicaría un cambio importante nas
relacións sociais e nos valores característicos da sociedade liberal.
Aínda sen un cambio radical, é necesario buscar vías que comecen a paliar o problema ou
reducir a súa magnitude. Non é o noso obxectivo aquí detallar medidas específicas pero en
todo caso parece oportuno esbozar algunhas liñas mestras. A socialización da reproducción
do medio natural non precisa en xeral, da expropiación; seguramente multiplicaría o
problema. Sen embargo, si é posíble en áreas despoboadas ou de moi baixa productividade.
Unha solución factíbel sería considerar o monte como ben público de xestión privada,
cunha regulación estricta de usos e cultivos.
A remuneración por parte da sociedade ao propietario polo traballo de coidado,
mantemento e reproducción do medio natural (monte e bosque, pero cabería pensar
igualmente nos ríos…) requiriría a implementación detallada de mecanismos diversos:
-subvencións para adquisición e plantación de especies recomendadas;
-créditos privilexiados en función do ciclo da especie plantada;
-subvencións para o coidado e mantemento do arborado;
-subvencións para a limpeza e mantemento de áreas de monte baixo65;
-pagamentos directos por actividades específicas de mantemento;
-dotacións de equipos humanos e mecánicos públicos de apoio a eses mesmos fins66
-penalización severa do incumprimento das normas de conservación (incluída a
expropiación);
-e, a pesar de todo, ampla infraestructura de extinción.
Todo iso ten que ir acompañado dunha política industrial que apoie e non contradiga estes
obxectivos. Particular interese teñen, ao noso ver, as industrias que utilicen como inputs as
especies que compoñen o monte baixo, permitindo así a súa valorización. Os exemplos
antes citados da utilización do toxo para pensos ou para taboleiros son mostras de
orientacións posíbeis. Insistimos na necesidade de dar saídas ao monte baixo, ademáis das
enriba indicadas, porque cremos que mentres non se solucione o problema do monte baixo

65
Pode pensarse unha “selvicultura de protección” do solo e das augas cuxo obxectivo principal non ten por que ser a producción de
madeira
66
Tanto estes gastos como os anteriores terían un efecto positivo para a creación e/ou mantemento do emprego, podería entenderse como
unha forma de creación de empregos de utilidade social. Por outra parte, os gastos no coidado do bosque e do monte servirían para
aumentar as posibilidades públicas de disfrute da natureza, mellorando a calidade de vida; así mesmo, contribuiría á expansión do urismo
de montaña, á rehabilitación ou construcción de vivendas rurais… todo isto con efectos positivos para a creación de emprego nas áreas
rurais.
é imposíbel unha política forestal, dada a estructura da propiedade e dimensión das fincas
(que tamén haberá que mudar)67 .
Con ese mesmo obxectivo deberían deseñarse amplos programas de investigación científica
e técnica para:
-buscar novas utilizacións para as especies do monte baixo
-desenvolver formas de regulación biolóxica que permitan erradicar ou reducir a
exhuberancia das especies non desexadas68
-desenvolver novos productos e materiais antiincendios
Todas as medidas realistas de ataque ao problema dos incendios forestais vemos que
precisan dun maior e novo compromiso do conxunto da sociedade e, polo tanto, das súas
institucións, coa conservación e reproducción do medio natural. O aquí dito é, no esencial,
aplicábel a outros problemas como pode ser a contaminación.
Para rematar, queremos insistir nos propios límites da análise aquí realizada: non pretende
explicar a totalidade dos incendios xa que somos conscientes da necesidade de deixar un
sitio para a especulación, os fragueiros, algunha empresa, os pastores, os pirómanos… É
máis, para comprender a súa multiplicación en determinados espacios seguramente tería
que admitirse a influencia de factores ligados á psicoloxía social: a propia extensión e
“normalidade” do fenómeno convérteo en algo menos condenábel, réstalle dramatismo,
provoca efectos de imitación, de complicidade, etc. Pero si cremos que os elementos que
nós incorporamos permiten comprender as causas profundas da xeneralidade do proceso
incendiario, que será preciso seguir esmiuzando no futuro.

67
Unha solución parcial a este problema pode consistir na configuración de cooperativas ou asociacións de propietarios para darlle un
destino común a unha zona ampla, precisamente para evitar que a acción individual dun deses propietarios impida calquera estratexia a
todos os demáis.
68
A modo de ilustración: o toxo é considerado en Hawai (USA) unha praga que se estende esaxeradamente polas illas; creáronse equipos
de investigadores e descubriron que unha forma de frear o seu avance era a utilización dunha arña-parásito que reducía o seu crecemento:
encontraron que esa araña existía nos toxos de Galicia. A urxencia dese esforzo público de investigación lévanos a proclamar: ¡se non
temos “forzas” para cambiar de modelo de sociedade polo menos aprendamos dos que van diante!
O PRESTIGE, ¿O NAUFRAXIO NEOLIBERAL? *

A catástrofe do Prestige leva dous meses convertida no centro de atención e debate non só
en Galiza senón tamén en Europa e mesmo máis alá, aínda que loxicamente con menor
intensidade. Ese protagonismo débese a moitos factores, dos que eu destacaría
fundamentalmente cinco. En primeiro lugar, porque é o accidente petroleiro que máis
superficie costeira (e máis poboación) ten afectado en toda a historia a escala planetaria.
Segundo, porque é o vertido de fuel máis prolongado no tempo e previsibelmente continúe
aínda moito tempo máis. Terceiro, a magnitude final da catástrofe é en boa medida
resultado dunha cadea de despropósitos nas accións (e omisións) gobernamentais, que a
opinión pública puido ir seguindo erro a erro. En cuarto lugar, a carencia absoluta de
medios, a incompetencia e desleixo das autoridades competentes xeraron unha sensación de
alarmante desprotección e abandono dos afectados (e de Galiza) que inspirou un amplísimo
sentimento de solidariedade dentro e fóra de Galiza. E, por último, este accidente ocorre
pouco tempo despois do vertido do Erika sobre as costas bretonas e cando aínda continuaba
vivo o debate internacional sobre as medidas que a nível da Unión Europea se empezaron a
discutir a partir de entón (Paquetes Erika I e Erica II).
Nesas condicións, os intentos indisimulados do Goberno de minimizar o problema, de
ocultación e impúdica manipulación dos medios públicos de comunicación, resultaron
inúteis e, en certo sentido, mesmo contribuíron a crear máis alarma, máis indignación
contra o Goberno e a Xunta e máis solidariedade cos afectados.

O debate sobre este tema está sendo crispado e cortocircuitado por un Goberno que, desde o
primeiro momento, parece máis preocupado polas previsíbeis consecuencias electorais que
por atallar con eficacia o verdadeiro problema. A pesar da abundante tinta consumida
predomina un ton relativamente superficial, salvo honrosas excepcións, tal e como vén
sendo habitual nun país onde o debate político e os medios de comunicación son pouco
dados á confrontación de ideas. E o caso do Prestige merece un debate en profundidade,
non só porque as súas consecuencias para a nosa economía son dramáticas e reclaman
accións de envergadura que as contrarresten, senón tamén porque nel podemos ver
translucir as ameazas agochadas detrás dun irrefrenado neoliberalismo que campa sen
remilgos nos negocios marítimos e que ilumina a visión do Estado e das políticas da dereita
española e europea. En realidade, é xusto recoñecer que impregna tamén as da esquerda
alternante.

Nese contexto, resulta oportuno aproximarse aos factores económicos implicados no caso
do Prestige. Ao intentar comprender por que o Prestige circulaba nas condicións en que o
facía e intentar comprender por que a xestión do accidente por parte do Goberno se fixo
como se fixo, tropezaremos de cheo coas consecuencias sociais e medioambientais do
modelo neoliberal de economía e de Estado. Ese exercicio é inescusábel para poder
reorientar a acción pública nunha dirección que permita reducir as probabilidades de que
casos como este se repitan.

O impacto ecolóxico e económico: a can fraco...

*
Este artigo foi publicado na revista Tempos Novos, n. 68, 2003.
Desde un ponto de vista económico, o accidente do Prestige e a xestión que do mesmo fixo
o Goberno van ter consecuencias dramáticas para Galiza, en especial para unha das súas
principais cadeas productivas: a pesqueiro-marisqueiro-alimentaria. Para áreas como a
Costa da Morte pode significar o colapso económico e o éxodo masivo. Aínda que o
Goberno segue a estratexia de minimizar os efectos, as primeiras avaliacións provisionais
do impacto realizadas por expertos independentes van desde os 1.400 e os 3.200 millóns de
euros. Obviamente trátase de cálculos de brocha gorda que precisarán dun traballo
estatístico sistemático para ofrecer un balance final máis afinado, aínda que xa sabemos que
hai múltiples aspectos ecolóxicos e sociais de difícil ponderación, mesmo coas
metodoloxías máis sofisticadas. Tardaremos anos en saber con certeza o tempo de
recuperación de todas e cada unha das compoñentes do ecosistema, que os científicos
estiman nunha década. Tanto ou máis difícil vai resultar nesa altura a recuperación de
mercados perdidos durante anos de desabastecemento e ocupados por outros provedores. A
construcción da complexa urdime que sostén a cadea productiva-comercial-consumidora é
algo que levou décadas e que, no caso de descompoñerse, pode resultar moi difícil
reconstruír.
Sexa como for, o que hoxe está claro é que resultarán ridículas as indemnizacións que terán
que aboar os causantes do vertido aos que, en base á lexislación europea, só se lles poderán
reclamar como máximo 155 millóns de euros procedentes do FIDAC (Fondo Internacional
de Danos Debidos á Contaminación por Hidrocarburos) e outros 25 millóns procedentes da
compañía de seguros do buque (London P&I). Se a UE aporta exclusivamente os 5 millóns
de euros do Fondo de Solidariedade que comprometeu no cumio de Copenhague, podemos
facernos unha idea do que resta para aproximarnos ás cifras de danos antes citadas. Non
alcanzarían máis aló dun 5-10 por cento dos danos estimados. Pola súa parte, nin o
Goberno Central nin a Xunta de Galiza tramitaron ata o momento ningunha modificación
orzamentaria que permita cuantificar o compromiso financeiro que están dispostos a
asumir.
Dito isto cómpre recoñecer tamén que para certos segmentos da nosa costa o Prestige non é
máis que a puntilla dunha desfeita que viña levando a cabo con incomparábel eficacia a
Política Pesqueira Comunitaria, que leva 16 anos excluíndo á flota galega dos caladoiros
comunitarios a pesar de formar parte da UE. Para maior escarnio, que ronda o sadismo,
neste mes de decembro, en plena catástrofe do Prestige, vén de aprobarse unha reforma
desa PPC que segue mantendo a exclusión da flota galega, coa particularidade de ser
aprobada tamén por España e sen que teña transcendido ningún tour de force da Xunta de
Galiza para impedilo (unicamente que o Goberno Central prohibiu acudir como oínte a
unha reunión aberta co Comisario de Pesca a un representante da Consellería de Pesca e, a
pesar de que calquera cidadán podía libremente acreditarse para ela, a Xunta obedeceu).
Podería dicirse aquelo de que a PPC mata e o Prestige remata, ou viceversa. De xeito máis
preciso podemos dicir que a PPC vén minguando o sector pesqueiro e o Prestige remata a
pesca de baixura e o marisqueo. O efecto combinado de ambos os dous fenómenos pode ser
definitivo para boa parte da Costa da Morte e moi negativo para o resto. Para o conxunto de
Galiza, o que podemos dicir con certeza é que contribuirá a alimentar o proceso de
diverxencia que xa vimos experimentando nos últimos lustros, agrandando un chisco máis a
fenda que nos separa das rexións ricas de Europa ou do Estado Español. A menos que o
acontecido significase tal aldrabada que tensionase ao conxunto das institucións do país
nunha dirección completamente distinta á seguida ata agora.
Os intereses en xogo: Transporte marítimo, Thalaso-acracia e globalización

O choque social provocado tanto pola magnitude da marea negra en si mesma como pola
sensación de desprotección e desgoberno está levando á inmensa maioría da cidadanía a
reclamar responsabilidades, pero sobre todo a esixir a reparación dos danos e medidas que
eviten que unha situación así volva repetirse. A evidencia de que non se trata dunha
catástrofe natural nin tecnoloxicamente inevitábel sitúan o centro do problema no eido
económico, político e institucional. Son moitas as persoas que, de xeito máis ou menos
intuitivo, perciben o ocorrido como un cúmulo de despropósitos fatalmente encadeados,
pero non falta quen vexa algo máis. Moitos pregúntanse como é posíbel que fose legal que
un superpetroleiro obsoleto como o Prestige circulase fronte ás costas galegas nas
condicións en que ía. Moitos alármanse ao descubrir que miles de buques semellantes a el
pasan cada ano (ao redor de 6.000) tamén cargados de hidrocarburos ou outros productos
tóxicos e perigosos. Outros pregúntanse como é posíbel que sexa rendíbel transportar desde
unha punta do globo –Lituania- a outra –Singapur- un residuo petroleiro con tal cantidade
de xofre que está prohibido queimalo. O certo é que tal tipo de tráfico é frecuente, é legal e
é rendíbel.

Pois ben, todo iso é posíbel pola existencia dunha regulación internacional, europea e
española que o permite, a cal á súa vez é o resultado de decisións políticas que obedecen a
razóns económicas. Vexamos. O reino ideal de cada capitalista individual é unha economía
desregulada, sen impostos nin cargas fiscais, sen lexislación laboral, sen responsabilidades
sobre danos causados, etc. Certamente, na maioría das actividades normais ese laissez faire
absoluto está corrido por longa sucesión de leis, regulamentos e acordos sociais que
delimitan un campo de xogo relativamente civilizado. Sen embargo, o que máis se lle
parece a ese paraíso neoliberal é o réxime do transporte marítimo (particularmente no
sector de hidrocarburos), unha vez que conseguiron impoñer a tolerancia para as bandeiras
de conveniencia, a “enxeñería societaria”, un sistema autorregulado de controis técnicos e
certificacións e os paraísos fiscais.
Ese marco absolutamente desregulado permítelle aos propietarios dos barcos eludir o pago
de impostos, eludir a lexislación laboral tanto no relativo a salarios como a condicións de
traballo e dereitos laborais da tripulación, eludir multitude de controis e inspeccións, eludir
as responsabilidades económicas e penais por danos ecolóxicos ou económicos. Como
única contrapartida desa liberdade, están obrigados a subscribir unha póliza de seguro que
cubre ata un máximo de 25 millóns de euros por danos e constitúese un Fondo
Internacional (FIDAC) que cubre ata un máximo de 155 millóns. Iso é todo. A partir de aí
carta branca. Ese é o reino da “liberdade”, da rendibilidade e da impunidade. Unha
autentica THALASO-ACRACIA. Por iso, cada vez son máis os buques que abandonan os
pavillóns e o réxime “normal” e se pasan ao réxime “corsario”. A reducción de custos é
fantástica e, ademais, competencia obriga.

As consecuencias diso son recorrentes catástrofes ecolóxicas. A enormidade do desastre do


Prestige impide agochar por máis tempo as raíces estruturais do conflicto entre
maximización do lucro e o respeto ao ambiente e ás moitas persoas precisan ese ambiente
para vivir. Resulta cada vez máis obvia a necesidade de mudanzas nas regras de xogo que
permitan superar ese conflicto. Aínda que, pasado o apuro momentáneo, intentarán de novo
escamotear esa reforma, como fixeron despois do caso do Mar Egeo ou Erika, parece
inevitábel que a partir desta catástrofe a Unión Europea se vexa na obriga de introducir
unha modificación radical do sistema de responsabilidades e penalizacións dos danos
ambientais, económicos e sociais provocados polas diferentes categorías de productos
perigosos. Cabería esperar un movemento a prol dunha nova regulación do transporte de
productos potencialmente perigosos (non só os hidrocarburos senón tamén a longa lista de
productos químicos, radioactivos, etc) e unha regulación (¿eliminación?) dos paraísos
fiscais (e bandeiras de conveniencia), que esvaen as responsabilidades e reducen custos.
¿Cal é o problema? ¿Cais son as resistencias? ¿Por que se tolera a situación descrita?.

Unha primeira clave para entender o caso do Prestige e as dificultades para poñerlle cabo a
esa situación do tráfico marítimo témola na comprensión dos intereses en xogo e dos
axentes sociais que están detrás do problema. O que a miúdo se chama catástrofe ecolóxica
encerra en realidade un conflicto social entre un sector económico poderoso e un grupo
social feble que depende do medio natural para producir e vivir. Neste caso, o que está en
xogo son os intereses do poderoso capital petroleiro, perfectamente mesturado co navieiro e
o asegurador, que se alimentan xustamente na especulación coas materias primas nos
mercados de futuros, fronte aos intereses duns milleiros de mariñeiros e mariscadoras que
malviven dun traballo semiartesanal no país de ningures. Eses son os dados dunha batalla
certamente desigual, aínda que o aumento da conciencia ambiental no conxunto da
sociedade pode proporcionar un certo equilibrio.

Pero o círculo de interesados en manter ese status quo é moito máis amplo do que a
primeira vista podería parecer. É evidente que da necesaria reforma sinalada derivarase un
encarecemento dos seguros, dos equipamentos de transporte (buques de mellor calidade,
máis novos, máis seguros), dos controis, das revisións, das reparacións, dos impostos, etc.
E todo iso ten que traducirse necesariamente nun aumento –importante- dos custos de
transporte, que non é outra cousa que obrigar ás empresas que se lucran deses negocios
perigosos e opacos a descontar nas súas contas os custos que ata hoxe veñen soportando os
sectores sociais afectados, tanto os damnificados directamente por ese tipo de catástrofes
como polos contribuíntes que financian os gastos en indemnizacións ou outros paliativos
asumidos polo erario público.
Agora ben, a ninguén se lle escapa que un encarecemento significativo dos fretamentos e
dos transportes en xeral traería consecuencias de alcance para o comercio mundial e
reduciría a exuberancia irracional dunha globalización mercantil que chegou a niveis de
delirio. ¿Como é posíbel que sexa rendíbel transportar desde un extremo do globo –
Lituania- ao outro -Singapur- 80.000 Tm de residuos –chapapote xofrado-, que se cruzarán
polo camiño con outras semellantes?. O certo é que só tendo en conta as implicacións que o
custo do transporte ten para o proceso de globalización pode entenderse a política de panos
quentes, ¡ou de total connivencia!, que aplican boa parte dos gobernos de países da UE coa
actual acracia navieira. ¿Que outra cousa significa que no Paquete Erika a Unión Europea,
co apoio dilixente do goberno español e dos eurodeputados do PP, se puxesen cómodos
prazos para suprimir os monocasco e non tocase o tope de 180 millóns de euros como
responsabilidade pecuniaria máxima para os causantes deste tipo de delictos ecolóxicos?
¿Por que se poñen aos armadores e aseguradoras a salvo do principio tan elemental de
“quen contamina paga” recollido no Tratado da UE? ¿Por que se toleran con tal
complicidade as bandeiras de conveniencia e a opacidade extrema da enxeñería societaria
que reina nestes negocios? ¿Por que aínda despois do caso do Prestige tres estados europeos
como son Grande Bretaña, Holanda e Grecia se rebelan iradamente contra unhas tímidas
medidas de precaución acordadas entre Francia e España?. A razón é clara: o transporte
barato é unha condición básica para a viabilidade do modelo de globalización comercial
neoliberal. Velaí a clave esencial.

O Estado neoliberal: a grandes males pequenos remedios

Temos avanzado algunhas claves para entender como se crean as condicións para que ese
tipo de accidentes podan acontecer. Quédanos avanzar as que poden axudar a entender o
que acontece unha vez que o accidente ten lugar. O fío do desastre do Prestige lévanos
agora a outra pata clave do modelo neoliberal: a súa concepción sobre o papel do Estado
nunha sociedade moderna e avanzada.

Hai xa bastante tempo que se perdeu a inocencia sobre a inocuidade do progreso


tecnolóxico-industrial. Foi á altura dos anos sesenta-setenta cando iso adquiriu unha
traducción política e emerxeu unha nova tarefa para as sociedades e os Estados que as
encarnan: a necesidade de afrontar os efectos indesexados ou perversos do progreso
industrial, tanto no que afecta ao ambiente natural como aos propios seres humanos, quer
en termos de saúde quer en termos de seguridade ou mesmo de sustentabilidade a longo
prazo.
A potencia destructiva avanza a unha velocidade parella á capacidade transformadora da
ciencia e tecnoloxía humanas e con elas avanza a envergadura e complexidade dos
problemas que a sociedade e, polo tanto, o Estado ten que facer fronte. Pensemos non só na
contaminación mariña senón tamén no risco nuclear, nas vacas tolas, na capa de ozono ou
no cambio climático... Empeza a verse con claridade que o progreso ten límites e pode
provocar danos a grande escala (a “sociedade do risco” de U. Beck) que reclaman tarefas
novas, busca de mellores alternativas, antídotos, reparacións, etc. En definitiva, esténdese a
consciencia de que os Estados teñen que prepararse para facer fronte a novos retos
científicos e a novos riscos tecnolóxicos. Non se trata de poñer freos ao progreso senón
xustamente todo o contrario, trátase de incentivar e obrigar a facer uso da mellor tecnoloxía
disponíbel, en beneficio dos cidadáns. Máis aínda, boa parte das catástrofes naturais poden
ser minimizadas cando son encaradas coa prevención que a ciencia permite e cos medios
que unha sociedade avanzada pode poñer en xogo. Polo tanto, hoxe por hoxe, nin tan
sequera as catástrofes naturais poden considerarse como unha fatalidade salvo nas
sociedades que “deciden” permanecer pasivas e inermes.

O problema é que esas novas necesidades, típicas dunha sociedade industrialmente


avanzada, implican unha mobilización de recursos que desborda as capacidades dos
individuos, que só os Estados poden acometer cun mínimo de garantías de éxito. Aquelas
traen consigo a necesidade de elaborar novas normas, cada vez máis complexas desde o
ponto de vista técnico, dotarse de medios de control e supervisión igualmente complexos e
polo tanto custosos, investir en investigación para mellorar a seguridade e para encontrar
remedios ou alternativas de menor risco, investir en medios técnicos e humanos para previr,
intervir e reparar os danos provocados, etc. Parece inevitábel que o aumento do benestar e a
protección dos individuos vaia acompañada dun maior e novo papel do Estado.
O dramático do asunto é que, ao mesmo tempo que aparecen esas novas necesidades,
difúndese, paradoxicamente, unha vella ideoloxía económico-política que predica o Estado
“mínimo”, a reducción do papel do Estado no eido económico, a confianza cega na
iniciativa privada libre de todo compromiso. Pronto vai gozar de gran predicamento entre
as elites económicas e, por ende, nos gobernos e nos creadores de opinión. Non só en
Estados Unidos senón tamén en Europa e no Estado Español. Diriamos que mesmo adopta
versións máis simple e extremadas canto máis periférico e atrasado é un país. De feito, no
asunto que nos ocupa, despois do accidente do Exxon Valdez en Alaska, EEUU introduciu
unha lexislación que xa quixeramos en Europa.

A eventualidade dun accidente nunca pode ser excluída. Cómpre recoñecer que a
capacidade humana para reducir a cero os riscos é unha meta que nunca se alcanzará de
todo. Agora ben, o problema está en se, por razóns puramente crematísticas, utilizamos
tecnoloxías obsoletas que aumentan grandemente o risco. O problema está tamén en se, por
algún tipo de doutrinarismo, se deixan de adoptar as medidas preventivas axeitadas ou se
furtan os medios materiais e humanos para facer fronte ao risco cando este se fai realidade,
de xeito que as consecuencias do mesmo son moito máis graves do “normal”. Eses son os
termos nos que se sitúa a discusión sobre o papel do Estado neste caso. ¿Estivo ou non á
altura do razoabelmente esperábel hoxe en día?. Despois do visto e lido é obvio que estivo
moi lonxe diso. Máis ben ofreceu un recital de incompetencia, chapuzas e arrepiante
carencia de medios que parece máis propio dun país terceiromundista que dun país europeo.

Non me refiro só ao feito de que as autoridades competentes fosen particularmente torpes e


irresponsábeis, que agravasen a indefensión ao intentar ocultar a magnitude do problema ou
rondasen o delirio patriótico ao poder “confirmar que se dirigía a Gibraltar”-Aznar dixit-
nin tampouco ó feito de que, na súa falta de perspectiva e de sensibilidade, abandonasen as
súas responsabilidades para correr cacerías ou humillasen aos afectados con sobres na
faldriqueira. O problema ten un calado moito máis profundo na medida en que pon ao
descuberto a orientación das políticas públicas en voga. A desastrosa xestión do accidente,
que agravou enormemente as súas consecuencias, deriva dun problema de incompetencia,
pero de forma máis profunda deriva da existencia dun Estado arcaico, que non soubo ou
non quixo prepararse para afrontar os novos riscos que o propio progreso xera.

Efectivamente, con este caso “descubrimos” que a Administración está chea de burócratas
pero carece de corpos técnicos especializados na dimensión necesaria para avaliar e adoptar
decisións, con coñecementos fundados e apropiados á complexidade dos problemas (como
non existía no caso das vacas tolas nin en outros semellantes). E iso é así porque se
difundiu a ideoloxía de que a Administración debe contratar os seus estudios de asistencia
técnica ás consultoras privadas, reducindo paso a paso a cualificación técnica especializada
interna ás diferentes administracións. Loxicamente, iso tradúcese en que, cando se presenta
un problema como o do Prestige, teñan que tomar as decisións persoas que ignoran o que é
unha corrente mariña, co que a chapuza é inevitábel!. Tamén “descubrimos” que non
existen medios técnicos para acometer as accións urxentes de salvamento do barco (o
Estado non ten remolcadores e os que contrata a empresas privadas son ineficaces e
ademais andan ao seu). Non existen nin buques nin infraestrutura para a recuperación e
transvase do fuel (a pesar de ter unha refinería de REPSOL na Coruña, diariamente
abastecida por buques como o Prestige, tampouco obrigan a esa empresa a contar con eses
medios. “Descubrimos” que non existen medios técnicos para frear e absorver os vertidos;
nin para a limpeza de areais e rochas. Por non existir non existen nin sequera sistemas de
seguimento e información por satélite, nin medios de información submarina, etc. En
definitiva, descubrimos que o Estado non investiu nin un pataco en prepararse para afrontar
un accidente deste tipo, a pesar de ser o sétimo en tres décadas. Igual que non regulara nin
investira nada no asunto das vacas tolas a pesar de todos os “avisos”.
O patético espectáculo dos bravos mariñeiros enfrontándose ao fuel en altamar con
pequenas embarcacións, pas e redes de pesca ou improvisando “aparellos” para recoller o
fuel, retrotráenos a un nível tecnolóxico prehistórico. Igualmente descorazonador resulta
ver que 15.000 Tm de fuel tiveron que ser retirados dos areais utilizando as mans xenerosas
dos voluntarios, as pas e os caldeiros como único instrumental técnico (¡e para iso non
sempre disponíbel!). ¿Que ten que ver todo iso co discurso dun país europeo na era da
sociedade do coñecemento?. O certo é que non hai investimento en I+D nin en buques
especializados nas tarefas mencionadas, nin en satélites nin en persoal científico-técnico.
Sufrimos un Estado que aínda non se decatou de que as catástrofes ecolóxicas son unha das
principais ameazas para as sociedades actuais (o paralelismo entre o caso do Prestige e o
caso das vacas tolas é case perfecto).

Cómpre dicir que o nível científico, tecnolóxico e profesional da Administración Española


viviu nestes dous meses unha situación de bochorno como non se recorda en Europa. Nese
sentido, o neoliberalismo español vén sumar os seus efectos ás tradicionais carencias do
sector público español, de escasa dimensión, poucos recursos e baixo nível técnico e
tecnolóxico. A fachendosa política de déficit cero da dereita española devólvenos a un
Estado realmente arcaico, decimonónico e, no caso de Galiza, literalmente
terceiromundista. Certamente os neoliberais europeos, salvo Berlusconi, non parecen tan
temerarios para empeñarse nunha carreira por laminar economicamente o Estado. Porque,
entre outras cousas, saben que é máis barato previr que remendar.
¿Servirán as clamorosas carencias na dotación de capital público en forma de recursos e
infraestrutura anticontaminación para que se comprenda que, antes do déficit cero, están as
necesidades básicas da poboación, entre elas a prevención de catástrofes evitábeis?. Á vista
das declaracións dos responsábeis gobernamentais (centrais e autonómicos) cabe dubidalo
seriamente. Dá a impresión de que o seu é “administrar a caridade”, na mellor tradición da
dereita, controlar aos afectados co manexo impúdico tanto das axudas públicas como, a
poder ser, tamén das ofrecidas polos particulares. Para ese fin criaron raudos a “Fundación
Arao”, dirixida exclusivamente por dirixentes institucionais do PP, sen ningunha presenza
da sociedade civil, dos directamente afectados ou de institucións encabezadas por membros
dos partidos da oposición. Mostrar ese afán tan sospeitosamente partisano na xestión das
xenerosas doazóns dos particulares non pode máis que sementar dúbidas sobre as
verdadeiras intencións e inducir ao retraemento aos potenciais doantes.

¿E o Estado? O Estado está só para as grandes causas: a orde pública, Ceuta, Melilla e
Perejil. Por iso hai grandes partidas orzamentarias para I+D militar e para construcción de
tres modernas fragatas F-100 para Armada. ¡Nada pode resultar máis patético que un
Estado que aspira a ser unha potencia militar e é incapaz de ter un barco para remolcar un
superpetroleiro ou apañar unha tonelada de fuel!. En fin, paradoxos que nos desbordan aos
mortais, aos que non nos colle o Estado na cabeza (ou non temos toda a cabeza ocupada
polo Estado!).
Unha última reflexión para rematar. A impresionante mobilización de voluntarios para
acudir á limpeza dos areais e rochas da nosa costa responde en boa medida ao sentimento
de solidariedade espertada pola sensación de extrema incompetencia e abandono por parte
do Gobernos central e autonómico. Paradoxicamente, algúns ousados do pensamento único
pretenden darlle a volta a realidade e presentar a magnífica marea humana da sociedade
civil (mariñeiros, voluntarios...) como a corroboración das virtudes do eslogan social-liberal
de “máis sociedade, menos Estado”. Pois ben, máis alá da torcida lectura da realidade e dos
sentimentos, hai que recordarlles que, así como os voluntarios non poden ser máis que
ilusionados “apagalumes” do dano causado, en cambio o Estado é o que ten nas súas mans
a busca de auténticas solucións. Só os Estados poden impoñer unha reforma das regras de
xogo, só o Estado pode garantir o investimento en investigación na contía e dirección
adecuada, só o Estado ten capacidade para dotarse de medios técnicos adecuados. A menos
que para a próxima vez lles pidamos aos voluntarios que veñan cada un co seu remolcador
e o seu barco succionador...

En fin, o caso Prestige mostra con cruel dramatismo as consecuencias dunha lóxica
económica perversa que se nos vende como culminación da civilización, plasmada en toda
a súa radicalidade no transporte marítimo e o negocio petroleiro. Dito iso, só cómpre
agardar que a cidadanía das sociedades democráticas acabe esixindo medidas que realmente
preserven o ben común fronte aos intereses egoístas e irresponsábeis de certas elites, por
moi poderosas que estas sexan. Sería realmente descorazonador que o proxecto da Europa
Unida quedase reducido e hipotecado a unha miserábel plutocracia. Temos aí unha batalla
ineludíbel pero que non será fácil. Unha batalla que é global pero tamén local. ¡Voluntarios,
mans á obra!.
PLAN GALICIA. MÁIS DO MESMO: CHAPAPOTE, CEMENTO E
CONVERXENCIA*

O contundente trallazo do Prestige na conciencia colectiva dos galegos levantou unha


espectacular resposta popular que intimida aos que levan anos ocupando o poder sen
solucións para os problemas nos que o país se xoga o seu futuro. A evidencia das múltiples
carencias, da manipulación brutal dos medios de adoutrinamento de masas e da ruptura da
arañeira da submisión produciu tal pánico no corpo dos profesionais do poder que, en a
penas 20 días de xaneiro, se viron obrigados a escenificar a presentación dun “Plan
Galicia”. Un plan que supostamente implica mobilizar un volume de recursos que
multiplica por cincuenta os investimentos do orzamento autonómico para un ano. Coa
presentación deste “Plan” prométesenos, ¡unha vez máis!, que Galiza vai despegar
definitivamente, que Galiza vai converxer con España e con Europa.
Quero mostrar neste artigo que o discurso da converxencia está moi gastado, que resulta tan
pouco críbel agora coma no pasado. E é que se trata do mesmo tipo de medidas que xa
marcaron o noso fracaso nos últimos 15 anos, mesmo no caso en que déramos crédito a
moitas das medidas que se anuncian sen prazo nin orzamento. Finalmente pretendo esbozar
o que eu considero que deberían ser medidas de alcance para reorientar a evolución da nosa
economía. Pero antes de entrar no núcleo do problema parécenme oportunos algúns
comentarios sobre o “método” de elaboración, que cuestionan a credibilidade do Plan e o
“estilo” de gobernar.

¿Un plan ou un programa electoral?

O primeiro que cabe dicir é que resulta rechamante ver como un Goberno que pretende ser
tomado en serio se atreve a elaborar un Plan de actuacións da envergadura que se lle
outorga a este en a penas vinte días de xaneiro... Non cabe dúbida que esta celeridade deixa
en moi mal lugar a todos os equipos de Orza e das demais consellerías que se gastan meses
e meses preparando as liñas de actuación dos MCA e do PEDEGA para que logo cheguen
catro directores xerais e pinten un “Plan Galicia” en quince días. Se Orza ten un mínimo de
orgullo profesional debería dimitir irrevocabelmente!. Tal foi a celeridade que á principal
área urbana do país non lle incorporaron as súas propostas porque ao sometela a informe do
Consello Económico e Social e darlle curso formal, con rexistro de saída e esas
“intriquinencias”, chegou cando xa os Reis Magos pecharan o paquete.

O segundo comentario que cómpre facer deriva do desconcerto típico dun economista que
cre que para poder investir é necesario dispoñer dos recursos ou saber de onde poden vir. O
Presidente do Goberno e o seu Ministro de Economía xuraron que para financiar os 12.500
millóns de euros do Plan Galicia non se precisaba nin aumentar o déficit nin facer
modificacións do crédito. Pois ben, ou unha parte do Plan Galicia (aquela que non estaba
xa comprometida) é un mero exercicio virtual do Presidente do Goberno para demostrarnos
que se se pon ocórrenselle cousas, ou ben temos uns pésimos xestores que dispoñían dunha
fabulosa cantidade de recursos e non sabían que facer con ela. Se era tan fácil dispoñer
deses recursos non se entende moi ben por que tantas reivindicacións do noso país estaban,
e seguen a estar, sen atender. Claro está que este é un comentario malévolo e infundado

*
Este artigo foi publicado na revista Tempos Novos, n. 69, 2003.
porque se un aparta un chisquiño a escuma comproba que están a incluír obras xa planeadas
ou en execución (7.260 millóns de euros) e que as maiores estimacións de gasto novo son
para a vindeira década (AVE do Cantábrico, autovías do interior, Porto exterior, etc.).
Sendo así enténdese que non teñen porque afectar a ningún orzamento presente nin ao do
ano vindeiro nin tampouco aos orzamentos do goberno que suceda a Aznar nin do que
suceda a Fraga. E de aquí aló malo será que non acontezan cousas novas, que aos galegos
non se lle ocorran prioridades máis urxentes e que La Voz de Galicia non se aburra de
ocupar dúas páxinas do xornal recordándolle as promesas a quen xa non está no sitio para
cumprilas.
Neste “Plan”, podemos distinguir tres grandes grupos de actuacións: a) as que xa foran
prometidas no pasado, xa están aprobadas e mesmo en execución parcial; b) as que foran
moitas veces demandadas, prometidas reiteradas veces e nunca chegaran a executarse; e c)
as que nunca se lle ocorrera a ninguén solicitar nin ofertar. Pois ben, meter no Plan Galicia
actual as primeiras é un falta de respeto aos cidadáns e pode ser cualificado en sentido
propio como un fraude por ofrecer o que xa está executado ou tiña que estar. No que se
refire ás segundas deben ser benvidas sempre e cando representen compromisos serios, é
dicir, cuantificados, trasladados ao plan orzamentario e concretados os prazos de
execución; se non é así podemos pensar que se trata da enésima vez que se vende o mesmo
oso. A terceira categoría está chamada a incorporarse aos manuais de planificación como
exemplo de despropósitos e antoloxía dos disparates dos gobernantes megalómanos e
autoritarios. Que a estas alturas apareza unha mente omnisciente que da noite para a mañá
descobre obras imprescindíbeis que a ninguén se lle pasaran pola cabeza é motivo de
preocupación ou polo menos de desconfianza.
¿Por que, en cambio, demandas importantes e reiteradas que responden a necesidades
contrastadas e de efectos claramente positivos son completamente ignoradas neste Plan?
Ese é o caso, por falar de infraestruturas, de actuacións como a prolongación do FC en Vigo
directo cara a Porriño e Portugal; ou a remodelación da mortífera autovía Vigo-Porriño; ou
retomar o plan da autoestrada de peaxe Santiago-Lalín-Ourense e convertela en autovía
libre de peaxe; ou a unión da Costa da Morte con Santiago; ou conectar Lavacolla coa rede
do “AVE” para que toda Galiza puidese contar de verdade cun servizo aéreo internacional.
Non falemos doutros tipos de actuacións que poderían ser de maior alcance estratéxico:
plan plurianual de financiamento e fortalecemento da feble infraestructura de I+D e
tecnolóxica nos diferentes eidos (mariño, industrial, agrario, etc). ¿Para cando un
orzamento digno para encher de equipos e de técnicos os centros tecnolóxicos que hoxe son
pouco máis que preciosas obras de arquitectura?

En fin... moito teñen que aprender os gobernos europeos, Bruxelas e todos os teóricos do
planeamento que seguen emperrados en que a elaboración dun plan a medio e longo prazo
debe ser o resultado dun coidadoso traballo de estudio de necesidades, dunha mínima
prospectiva, dunha consulta e negociación coas institucións e axentes implicados ou
afectados, dunha xerarquización e priorización das medidas, unha clara cuantificación dos
custos de cada actuación e das correspondentes vías de financiamento, etc. Pois ben, Aznar
vén de demostrar que todo iso é filfa e o único que carreta é ineficiencia e dilapido. Tal é a
revolución metodolóxica do Plan Galicia que está chamado a ser estudiado en todas as
Universidades do mundo como o modelo de planeamento económico para o século XXI; eu
propoño chamarlle o modelo FRESSCO (Fantástico, Rápido, Efémero, Sinxelo e Sen
Compromiso Orzamentario).
Claro está que con eses precedentes o que hai que preguntarse é se se trata dun plan de
goberno ou dun programa electoral. A súa inconcreción en termos orzamentarios ou de
prazos de execución aproxima moitas das actuacións máis a promesas electorais que a plans
de actuación dun goberno en exercicio. Coa particularidade de que unha boa parte das
actuacións novas non son nin para esta lexislatura nin para a seguinte.

Por outra parte, non menos chocante resulta a dimensión xeográfica do Plan. Supostamente,
este é un Plan que nace para contrarrestar os efectos do Prestige, pero cando un examina a
xeografía do impacto do Prestige e a compara coa xeografía das actuacións en
infraestructuras prometidas por Aznar non pode máis que sentir unha profunda
perplexidade: case parecen dous conxuntos disxuntos. Case todas as actuacións se localizan
na Galiza oriental e son relativamente insignificantes e inconcretas as que teñen como
destino a Costa da Morte e a faixa atlántica en xeral. Non fai falla ser un allo para
preguntarse se isto non terá algo que ver co mapa electoral de Galiza ou, máis aínda, se terá
iso algo que ver co mapa dos conflictos internos do PP na actualidade post-cuíña. ¿Trátase
dun plan para Galiza ou un plan para controlar Lugo e Ourense? Ou formulado doutro xeito
¿é un plan para Galiza ou é o prezo (virtual) para someter os rebeldes do PP galaico?
Cabe outra hipótese máis moral e algo máis surrealista: trátase dun xusticeiro esforzo de
equilibramento do nível de chapapote en Galiza: a costa cobrea o Prestige, Aznar o interior.

Entre as escasas medidas trazadas para a franxa costeira está a creación de solo para
“parques ou polígonos empresariais” e unha cativa elevación dos teitos das subvencións
para os investimentos. A cantidade de polígonos baleiros polo país adiante e o fracaso da
política de incentivos mesmo en zonas máis industriais e urbanas, como foi o caso de Ferrol
nos oitenta e noventa, deberan servir para darse conta que iso non vai aportar grande cousa
a esas áreas. E iso xa o denunciaron os empresarios da Costa da Morte, que saben que o
solo non é o impedimento. Mellor sería, sen ir máis lonxe, que se garantise un fluído
eléctrico normal para as empresas (e fogares) que evitase os contínuos apagóns e caídas de
tensión de Electra do Xallas (Fenosa), que hoxe por hoxe disuade a calquera empresa de
implantarse nesa zona.

E a converxencia, ¿como vai afectar o Plan a converxencia?. É difícil avaliar o impacto dun
Plan que é hoxe por hoxe máis virtual que real. Pero vaian algunhas reflexións sobre o
tema.

A inacesa converxencia

Converxencia é a palabra talismán do discurso económico oficial dos últimos anos.


Segundo eles, deberiamos ter aprendido que levamos anos converxendo en renda,
converxendo en emprego, converxendo en I+D, converxendo en benestar, converxendo en
educación... Moitas veces nin tan sequera nos din con quen converxemos, case nunca se nos
presentan honestamente os datos que supostamente soportan tais afirmacións e, desde logo,
nunca nos din con quen non converxemos ou se a nosa converxencia é máis lenta que a da
maioría. Pero dá igual... converxer está ben, é o eterno reclamo para os pobres, serve para
tranquilizar os gobernados e para lexitimar os que gobernan. O problema é que máis tarde
ou máis cedo a xente descobre o truco e xa non cre nada.
Cando irrompe a crise do Prestige descubrimos que estamos nus en case todo e que, a pesar
diso, seica seguimos converxendo e mesmo imos acelerar a nosa converxencia gracias a
unha epifanía cargada dun fantástico paquete de ocorrencias. Co Plan Galicia, con este si
que si... agora imos entrar de verdade polo camiño da converxencia.
O certo é que nin había converxencia antes nin a vai haber agora. Non nos acercamos aos
territorios avanzados de Europa nin do Estado na última década nin o imos facer coas
medidas anunciadas, mesmo no caso, inverosímil, de que se cumprisen todas as promesas.
No mellor dos casos, sería unha nova rolda da mesma medicina que vén fracasando nos
últimos lustros.
Algúns levamos tempo avisando que os datos son testáns e que converxer en propaganda
non é converxer economicamente. Os datos do INE para o período 1995-2001 botan por
terra o discurso oficial. Un número monográfico sobre converxencia rexional en España e
en Europa da revista Papeles de Economía Española, publicada pola Fundación da
Confederación das Caixas Aforro, mostra o mesmo. Para rematala, o recentemente
publicado Informe da Comisión Europea sobre a cohesión económica e social tamén
corrobora que Galiza segue situada no nível do 64,7 por cento da media comunitaria e,
ademais, é a que menos medra no quinquenio 1995-2000.

Efectivamente, dito de xeito sintético pero claro, Galiza é hoxe un dos espacios periféricos
da UE, non só en termos xeográficos senón sobre todo en termos económicos. O nível do
PIB per capita está situado a penas nun 64,7 por cento do nível medio da UE segundo os
dados de Eurostat para o ano 2000. Ese grande gap a respeito da media correspóndese co
feito de ocupar unha das posicións de cola no ranking das rexións europeas e co feito de
que a súa distancia a respeito das áreas máis desenvolvidas de Europa é sinxelamente
abismal. En efecto, o seu nível a penas alcanza un tercio do nível das rexións máis
desenvolvidas da UE como poden ser Hamburgo, Ile de France, Rexión de Bruxelas,
Rexión londiniense, etc. Mesmo dentro do Estado Español, Galiza ocupa hoxe unha
mediocre terceira posición pola cola en PIB per capita, superando tan só a Estremadura e
Andalucía e a unha enorme distancia das CCAA de Madrid, Navarra, País Vasco ou
Cataluña. Segundo os últimos dados do INE, no ano 2001 o PIB per capita de Galiza a
penas alcanza o 78,5 por cento da media española e está a 56 pontos porcentuais da
Comunidade de Madrid.
O problema non se reduce ao feito, en si mesmo grave, desa enorme distancia estática no
que se refire ao nível de desenvolvimento, que dalgún xeito reflicten estes índices.
Ademais, a evolución dos últimos anos –as dúas últimas décadas para ser máis precisos-
evidencia unha tendencia marcadamente diverxente, de xeito que as nosas distancias coas
rexións ricas de España e de Europa ou ben aumentan ou ben se manteñen pero en moi
poucos casos se reducen. Nos seis anos que abarcan a última fase expansiva do ciclo
económico (1995-2001) Galiza creceu a unha taxa media anual do 2,26 por cento fronte ao
3,3 por cento de Madrid, Andalucía, C. Valenciana ou Murcia, de xeito que o seu PIB per
capita pasou de representar o 80,8 por cento da media española en 1995 a un 78,5 por
cento no ano 2001 (INE, 2002). Desde o ano 1997 creáronse no conxunto do Estado
Español ao redor de dous millóns de empregos, que en Galiza a penas representan o 3,6 por
cento do aumento total. Se a comparación a facemos para o período 1989-2001, vemos que
entrementres o Estado Español aumentou en 2,2 millóns o volume de ocupados, nós
perdemos ao redor de 65.000. Quedamos a anos luz de CCAA como Cataluña ou Madrid
(que crearon medio millón de empregos cada unha) ou a Comunidade Valenciana, o País
Vasco, Andalucía e tantas outras. Ningunha –nin Asturias- tivo un comportamento tan
negativo como Galiza. Unha manifestación ben visble dese deterioro económico plásmase
na regresión demográfica que os datos recentemente publicados do Censo-2001 confirman:
a perda neta de 35.000 habitantes na última década contrastan co aumento de case dous
millóns no conxunto español.

Desbotar as falsas solucións

É xustamente esa tendencia a quedar atrasada en relación ás áreas máis dinámicas o que
debe constituír o maior motivo de preocupación e o que reclama con urxencia a adopción
de medidas que permitan inverter esa tendencia ou cando menos freala de xeito real. Pero
as solucións non son máis doses de cemento e chapapote, como na última década, que se
traduciron nun fracaso sen paliativos, senón outro tipo de accións que sexan, por un lado,
máis cualitativas e, por outro, máis estratéxicas.
A política de administrar rutineiramente os recursos limitándose a esparexelos entre a
miríade de intereses cativos ou a facer obras de dubidosa rendibilidade social é o que
impediu abordar nos últimos anos os problemas estratéxicos do país, que son a condición
para a viabilidade productiva da nosa economía. Facer isto implica investir con visión de
futuro, crear as condicións para que emerxan as empresas que hoxe non existen, para que
innoven as empresas que hoxe aínda non o fan, para que os nosos labregos e os nosos
mariñeiros podan traballar coa confianza de que as grandes ameazas están baixo control,
que investimos na investigación que permite mellorar os productos e facer fronte aos riscos
hoxe incontrolados, que investimos en tecnoloxía para protexer o medio, que é o principal
recurso productivo dunha boa parte da nosa sociedade, en definitiva iso implica investir en
anticipar solucións que hoxe só uns poucos piden. Gobernar non é só contentar. A misión
do gobernante é ir un chisco por diante dos intereses inmediatos revelados polos individuos
e anticipar un pouco as solucións de futuro que crean as condicións para o progreso
colectivo.
Crear unha economía moderna en Europa no século XXI require priorizar a capacidade
innovadora (non pensando só nas altas tecnoloxías senón en todos os sectores: Zara é un
exemplo), crear condicións para unha boa calidade da producción e, en especial, da
seguridade sanitaria e ecolóxica dos productos. E iso non o fai só o mercado senón que
precisa unha Administración anticipadora e eficaz na regulación, no asesoramento e no
control dos elementos críticos e chaves da nosa actividade productiva. O Plan Galicia
destina a innovación, caso de cumprirse, 8 millóns de euros: o 0,06 por cento do total!
¿QUE INFRA-ESTRUTURAS? ¿QUE DESENVOLVIMENTO?: o dilapido
neoliberal *

A dotación de infra-estruturas é, en termos xerais, un espello do nível de desenvolvimento e


complexidade dunha economía. Ninguén pon en dúbida a súa importancia nin a necesidade
de investir nelas para atender as necesidades do presente e crear mellores condicións para a
produción e a vida no futuro. Unha das razóns polas que a dotación de infra-estruturas está
asociada ao nível de desenvolvimento é pola necesidade de contar con capacidade de aforro
e de financiamento para poder investir nelas. Só as sociedades cun certo nível de benestar
poden decidir prescindir dunha parte da renda actual e, en vez de gastala en consumo
inmediato, destinala a investimento en algo que só vai render froitos no futuro, por veces a
bastantes anos vista. O feito de que a inmensa maioría das mesmas sexan de carácter
público e colectivo fai que sexan realizadas por parte do sector público, constituíndo un
eixo importante das políticas dos diferentes niveis de goberno e, en consecuencia, un dos
factores que explica o aumento do tamaño do Estado nos países avanzados ao longo das
últimas décadas.

No caso de Galiza, o stock de capital público veu aumentando nas últimas décadas a un
ritmo relativamente importante. Segundo dados da Fundación BBVA, desde 1964 a 1998
multiplicouse case por sete (en termos reais, é dicir, medido en euros constantes). É certo
que se partía de niveis moi pobres, despois dun longo período de limitadísimo esforzo
investidor que caracterizou ao franquismo cutre e doutrinario do equilibrio orzamentario e
do déficit cero (¡si, si, tamén nisto o de Aznar non é máis que a volta ás orixes!), unido a
unha clara discriminación no reparto territorial do investimento público. Os Fondos
Estruturais dos últimos 15 anos permitiron unha notábel mellora da dotación de infra-
estruturas en termos absolutos. Sen embargo, en termos comparativos co resto de territorios
peninsulares ou europeos, persiste un notábel e significativo gap, que en certa medida se
corresponde co diferencial no nível de vida pero, sobre todo, coa aposta política polo
fortalecemento de determinados territorios. Tamén é certo que as mesmas infraestruturas
sempre chegan aquí con anos de atraso, consolidando a distancia de partida, e que se repara
pouco na calidade e diversidade das mesmas.

Nese sentido cómpre ter moi presente o relevante papel que xoga o deseño de certas infra-
estruturas (en especial as de rede) como elemento estruturador do territorio, condicionando
a longo prazo a localización da poboación e das actividades económicas. Por exemplo, é
claro que a conversión de Madrid no principal polo industrial e de servizos da península, en
detrimento doutros territorios, deriva en grande medida do deseño radial de todas as vías de
transporte terrestre e aéreas, xunto cunha permanente discriminación positiva no
investimento público noutras moitas infra-estruturas ao longo de moitas décadas (xunto a
outros moitos factores de orde institucional e político). O mesmo ocorre coa concentración
da infra-estrutura científica e tecnolóxica, onde se foi acumulando ao redor das dúas
terceiras partes da existente en todo o Estado. Ese Madrid “que se sale”, como titulaba un
xornal madrileño unha reportaxe sobre a capital hai pouco tempo, é o resultado de moitos
anos de aposta do Goberno do Estado, en moitos eidos pero tamén nos relativos ás infra-
estruturas.

*
Este artigo foi publicado na revista Tempos Novos, n. 78, 2003.
Polo tanto, ninguén dubida da asociación entre desenvolvimento económico e infra-
estrutura, nin de que o exame da distribución territorial do investimento nas mesmas pode
ser un bo indicador do grao de discriminación positiva ou negativa dun territorio, aínda que
non o único nin moito menos. Agora ben, unha vez dito iso cómpre discutir que tipo de
infra-estruturas son as máis acaídas en cada momento. Sobre todo, debemos ter en conta
que importancia relativa debe outorgárselle a elas dentro dunha estratexia de
desenvolvimento económico, fronte a outros usos posíbeis dos recursos: impulso a
actividades produtivas e de servizos que aproveiten máis intensivamente as infra-estruturas
existentes; investimento en investigación, innovación e educación; investimento en
actividades de previsión, asistencia e benestar social; impulso á creación cultural, etc. É
dicir, cómpre cuestionarse: ¿en que medida ou proporción debemos concentrar os nosos
esforzos en construír infra-estruturas?, ¿en que tipo delas facelo? e mesmo ¿como
financialas e xestionalas?.

Estas cuestións son oportunas porque estamos envoltos nun ambiente doutrinario que, a
forza de negar e desprezar a intervención pública en moitos ámbitos da vida económica
onde era común facelo, leva mesmo a converter as infra-estruturas no “alfa e omega” de
toda política. Tal nesgo está moi presente nos tempos que corren, empezando polo deseño
da política rexional europea, a do Goberno central e rematando pola da Xunta de Galiza.
Efectivamente, unha das poucas áreas en que pensamento liberal considera lexitimada a
intervención económica do Estado é na provisión de infra-estruturas, ao consideralas como
ben público necesario para a acumulación do capital privado, cuxa provisión contribúe a
aumentar a productividade e a rendibilidade do investimento privado. A política neoliberal
trae consigo, ademais, un nesgo moi forte en aspectos cruciais: o tipo específico de
infraestruturas que se priorizan (fundamentalmente as de transporte e as de carácter
produtivo fronte ás sociais); as modalidades de financiamento e xestión (tratando de abrir
as infraestruturas ao capital privado, como novo campo de negocio); a concepción, deseño
e articulación das infraestuturas de rede, cunha insistente priorización das conexións
globais das grandes metrópoles -atendendo á súa suposta maior rendibilidade-, que ten un
efecto claramente polarizador na articulación do territorio e acentúa os problemas
ambientais.

Se a este nesgo doutrinario se lle engade a falla de imaxinación e a rutina de xestores


apoltronados, entón o resultado pode ser catastrófico. É nese “remexido intelectual” onde
habería que emprazar o miope e monocorde acento nas infraestruturas do Goberno galego
desde principios dos noventa até hoxe, así como a súa priorización dun tipo determinado
delas (as de transporte) ou a aceptación dun deseño das mesmas de dubidosa efectividade
para impulsar o desenvolvimento económico. Non poden ser máis esclarecedores e
decepcionantes os resultados de quince anos de aplicación a eses fins de importantes
volumes de fondos estruturais procedentes da UE.

Nestas páxinas pretendemos provocar a reflexión sobre algúns tópicos referidos a relación
entre infraestruturas e desenvolvimento económico, especialmente alimentados polo
neoliberalismo reinante. Para iso, e antes de máis nada, convén empezar por clarexar o que
se entende por infra-estruturas, fronte ao reduccionismo dominante.
As infra-estruturas son algo máis que as vías de comunicación...

Cando falamos de infra-estruturas referímonos a un conxunto de bens que teñen certas


características en común: son bens de capital, fundamentalmente públicos, cuns efectos
externos de alcance espacial variábel dependendo se son unidades singulares ou forman
parte dunha rede. Cando dicimos que son públicos non queremos dicir que o principal
fornecedor de infra-estruturas sexa necesariamente o sector público, senón que a
dispoñibilidade das mesmas é de carácter público e non excluínte, accesíbel para calquera -
baixo certas condicións-, como ocorre coa rede telefónica, rede eléctrica ou unha
autoestrada, por exemplo.

Aínda que a miúdo o concepto de infra-estruturas enténdese de xeito reduccionista,


limitándoo apenas ás vías de transporte, o certo é que abrangue un abano moito máis amplo
de compoñentes. A modo de exemplo podemos destacar algúns relevantes:
Infraestruturas de transporte: estradas, autoestradas, camiños de ferro, portos,
aeroportos...
Infraestruturas de urbanización: abastecemento de auga, saneamento, electricidade,
gas, viais, prazas, aparcadoiros, vertedoiros, etc
Infraestruturas culturais, deportivas e de ocio: parques e xardíns, edificacións varias
Infraestruturas industriais: solo industrial, parques empresariais, parques
tecnolóxicos, parques loxísticos, mercados, etc.
Infraestruturas de comunicación e telecomunicación: redes de telefonía, redes de
fibra óptica, redes de transmisores e reemisores (TV, radio, móbiles...), satélites, etc.
Infraestrutura de servizos sociais: hospitais, centros médicos, centros de terceira
idade, centros de infancia...
Infraestrutura do coñecemento: centros de investigación científica e I+D, centros de
ensino, bibliotecas, etc.
Infraestruturas medioambientais: colectores de lixo, plantas de reciclaxe, plantas
depuradoras, devasas, bocas de auga, canles e barreira contra cheas, portos refuxio para
buques en perigo...

Todas elas entran dentro do concepto de infraestrutura, que cómpre non confundir cos
servizos que se prestan en base a elas. Todas elas teñen un papel específico no
funcionamento dunha sociedade, no seu desenvolvimento económico e na determinación do
seu benestar económico e social.

A súa característica común de infra-estrutura non significa que as súas funcións e os seus
efectos sexan semellantes, tanto desde un ponto de vista do crecemento económico como
do benestar, razón pola que tampouco poden ser analisadas do mesmo xeito. As diferencias
entre elas poden derivar de moi diversos aspectos:
a. polo tipo concreto de ben ou servizo que proporcionan ou permiten desenvolver.
Esa diferenza cualitativa entre os servizos que permiten desenvolver cada tipo de
infraestrutura fai que os seus efectos económicos e sociais sexan tamén moi diversos e
difiran os colectivos sociais máis directamente beneficiados polos mesmos.
b. unhas poden ser máis directamente produtivas (capital público produtivo) e outras
poden satisfacer directamente necesidades sociais ou individuais pola vía do consumo
(capital público social). En realidade, moitas delas son de dobre uso (de aí a súa
complexidade para ser avaliadas).
c. polas súas características técnico-funcionais: unhas operan en rede e outras teñen
unha configuración singular
d. unhas poden ser propiedade pública e outras propiedade privada. Tamén poden
ser mixtas ou que sexan de creación e propiedade pública pero de xestión privada. De feito,
a modalidade de provisión de moitas desas infra-estruturas varía dun país a outro e mesmo
dun período histórico a outro, dependendo do modelo sociopolítico.

As complexas relacións entre infra-estrutura e crecemento económico

Na maioría dos casos, a creación dunha determinada infra-estrutura é a resposta a unha


necesidade social, ligada á actividade produtiva ou a outros aspectos do benestar. Pero non
existe unha teoría ou unha regra que nos permita determinar nin os factores concretos que
explican un determinado investimento nelas nin a contía e calidade que se precisa. Pode
resultar relativamente fácil recoñecer as necesidades no caso de darse unha carencia
absoluta dunha determinada infra-estrutura, pero resulta moito máis complexo determinar
en que medida unha infraestrutura existente debe ser ampliada ou mellorada e máis difícil
aínda cando cómpre decidir se é precisa unha alternativa á xa existente (construír unha
autoestrada onde existe unha estrada, un tren de alta velocidade onde existe un tren, un
porto ou un aeroporto cando existen outros próximos, duplicar ou triplicar un centro de
ensino especializado, etc).

Os estudos económicos téñense centrado especialmente nos efectos económicos do


investimento en infra-estruturas. Adoitan distinguirse tres tipos de efectos: a) o impacto
keynesiano na demanda de curto prazo, derivado da actividade económica xerada polo
gasto público no sector constructivo –salarios, compra de materiais, beneficios das
empresas construtoras, etc-; b) efectos redistribución a longo prazo intersectoriais, entre
territorios, entre factores produtivos...; c) efectos asignativos a longo prazo, aumentando a
produtividade do capital privado, efecto sobre o prezo dos factores, reasignación
interrexional e intersectorial dos factores produtivos, creación de externalidades e efectos
de aglomeración.

Certamente o primeiro efecto, de curto prazo, é o máis certo desde o ponto de vista
económico e o máis visíbel desde o ponto de vista social. Por iso tamén é o que mellor
responde ao criterio electoral, pola súa facilidade para "vendelo" diante de electorados
pouco esixentes a través de "colocación da primeira pedra" e inauguracións varias. Dado
que o seu impacto de curto prazo sobre o crecemento económico deriva do volume de
recursos mobilizados, é case indiferente o tipo concreto de infra-estruturas en que se
materializa (sempre e cando os inputs, a man de obra e as empresas pertenzan á mesma área
xeográfica en todos os casos). Pero tamén é certo que o efecto de curto prazo é o menos
relevante economicamente e o máis efémero. O que xustifica realmente o esforzo de
investimento en infra-estruturas é o conxunto de efectos a longo prazo, como teñen
enfatizado economistas da talla de Meade (1952), Hirschman (1958) ou Arrow (1970).
Agora ben, neste caso a súa incidencia real xa non depende só do monto monetario do
investimento realizado senón e sobre todo do tipo de infra-estrutura concreta construída, do
tipo de funcións e servizos que permite desenvolver e do aproveitamento real que a
sociedade e os axentes económicos fagan dela ao longo do tempo. É dicir, os efectos
económicos de longo prazo dependen da súa utilización efectiva para xerar novas
actividades, prestar novos servizos á poboación, criar novos empregos, etc.

O enfoque convencional –neoclásico- que analisa a relazón entre as infra-estruturas e o


desenvolvimento rexional basease fundamentalmente no seguinte razoamento: por medio
do investimento público (en infra-estruturas) pódense reducir os custes do sector privado,
incrementando así a produtividade do resto de factores e, polo tanto, aumentando a
concorrencia. No caso das infra-estruturas de transporte, categoría na que centran en maior
medida a súa atención, o mecanismo teórico de actuación sobre a concorrencia ten no factor
tempo o seu parámetro principal. A diminución do tempo de transporte influiría nos custes
de explotazón das empresas. Por outro lado, tamén condiciona as decisións de localización
das empresas, posto que a rede de transportes facilita o acceso aos mercados de factores e
productos.

Hoxe en día, no contexto da política neoliberal, a liña de actuación das autoridades adaptase
moi ben ao discurso da economía neoclásica convencional. Así, mentres en outros moitos
ámbitos se reducen os niveis de participación dos Estados e das administracións, o
investimento en infra-estruturas, nesa acepción restrinxida, mantén aínda unha base teórica
que o xustifica, a de converter un territorio en atractivo para o capital. O goberno criaría
unhas condicións concretas nun territorio co obxectivo de aumentar a súa atractividade,
pero a asignación de recursos seguirá dependendo dos criterios de mercado, na medida en
que as decisións de investimento serían reservadas exclusivamente ao capital privado. Nese
sentido, está claro que na medida en que o sector público asume a implantación de infra-
estruturas se está efectuando unha "subvención" indirecta aos custes da actividade privada e
iso, consideran, fará que o capital privado se mobilice na dirección buscada.

Desde a perspectiva do potencial para o desenvolvimento rexional, considerase que un


mellor equipamento de infra-estruturas aumenta a produtividade do investimento privado,
na medida en que diminúen os custes privados. En consecuencia, unha rexión dotada dun
bo equipamento de infra-estruturas terá certa vantaxe comparativa ante unha rexión con
equipamentos de inferior calidade. Por iso mesmo, os investimentos dirixidos ás infra-
estruturas resultan imprescindíbeis para fomentar o desenvolvimento dun territorio.

Agora ben, existen grandes dúbidas sobre a eficacia que as políticas de infra-estruturas
poderian ter nun territorio concreto sen axudas de outro tipo. En primeiro lugar, porque os
criterios decisivos para a localización empresarial parecen obedecer máis a outro tipo de
condicionantes que á mera dotación de infra-estruturas, unha vez que se supera un limiar
que puidera considerarse básico ou imprescindíbel (que, por outra parte, pode encontrar en
moitos lugares diferentes). En segundo lugar, porque no caso concreto das infra-estruturas
de rede (transportes, telecomunicacións, etc) a súa dotación e mellora beneficia a todos os
conectados á rede, tanto aos que entran como aos que saen, de xeito que tamén as empresas
foráneas que desexan conquistar o noso mercado se ven favorecidas. Por exemplo, a
construcción dunha autovía co exterior permite ás nosas empresas exportar con maior
rapidez e menores custos pero tamén ten idéntico efecto para os competidores foráneos que
intentan captar o noso mercado. Nese caso, ¿cál é o efecto para o noso desenvolvimento?.
Non é nada obvio, depende do saldo neto desas dúas tendencias contrapostas. Tanto pode
ocorrer que nos converta en competidores máis potentes como en meros compradores da
producción foránea, destruíndo a capacidade de producción propia. Que nos conquistemos
mercados ou que outros conquisten o noso depende da fortaleza competitiva das nosas
empresas (comercial, financeira, innovadora, organizativa, etc), pero non das vías de
comunicación en si mesmas.

Dito o anterior cómpre sinalar que nos estudos empíricos sobre as relacións entre
infraestruturas e desenvolvimento económico a atención tense centrado fundamentalmente
naquelas máis directamente produtivas e moi especialmente as ligadas ao transporte. Sen
embargo, os intentos de cuantificar os seus efectos non ofrecen resultados tan claros e
concluíntes como cabería esperar. Un traballo que se considera pioneiro na aplicación de
técnicas econométricas foi o de Aschauer en 1989 quen, con dados da economía americana,
chegou á conclusión de que un incremento do 1 por cento do stock de capital público xera
un aumento do PIB próximo ao 0,4 por cento. Esa é a proporción que nos verbaliza Orza
cada vez que defende a súa política, como se esas cifras fosen palabra de Deus e como se
Galiza fose América. Parece ignorar o noso Conselleiro que despois deste sucedéronse
moitos outros estudos econométricos na última década e, para sorpresa xeral, encontran
unha reducida ou nula relación entre o investimento nese tipo de infraestruturas e o ritmo
de crecemento económico (Munnell, 1990; Cazzavillan, 1993; Mas e outros,1993; De la
Fuente e Vives, 1995; Odedokun, 1997; Lago, 1998, etc, etc) e mesmo algúns deles
obteñen unha relación negativa (Holtz-Eakin, 1994; García-Milá, McGuire e Porter, 1996;
Sala i Martin, 1997; Martínez López, 2002). Sen outorgarlle a eses estudos unha
credibilidade acrítica, cando menos dan que pensar...

Curiosamente, o que moitos deses estudos poñen de manifesto é unha relación moito máis
clara entre o investimento en infra-estrutura social (capital público social: educación,
sanidade, etc) e o crecemento económico. Este é un resultado que pode ter algo de
contraintuitivo para o saber convencional pero é moi relevante. Efectivamente, o
investimento en infraestutura social (que arrastra consigo tamén outro gasto social)
contribúe a mellorar o nível educativo, investigador, sanitario, cultural, etc e todo iso crea
condicións favorábeis para o crecemento económico.

Isto viría darlle razón aos que insisten en que o investimento en infra-estruturas pode
contribuír ao desenvolvimento económico pola vía da diversificación de actividades
produtivas e a innovación. Para que iso sexa así, é necesario que a atención se centre nas
infra-estruturas que permiten desenvolver novas actividades e novos servizos, que crean
postos de traballo en tarefas que elevan o benestar da poboación e que, en moitos casos,
non poden ser importados. Claro está que, desde esa perspectiva, o factor crítico reside na
capacidade para aproveitar efectivamente as potencialidades da infra-estrutura, unha vez
construída, para a produción de bens ou servizos. É aí onde o doutrinarismo neoliberal
actúa como unha rémora, en canto que impide que o sector público se involucre
activamente na posta en marcha de esas novas actividades e novos servizos, mesmo en
casos en que o capital privado non o fai ou non o fai na dimensión e nas condicións
axeitadas.

Esta é, pois, a clave. A incidencia das infra-estruturas sobre o crecemento económico


depende máis do seu aproveitamento -da capacidade para valorizalas eficientemente- que
da creación da infra-estrutura en si mesma. Pouco importa que se trate de infra-estruturas
de tipo produtivo se logo non son utilizada ou o son de xeito ineficiente. Os exemplos
abundan: centros tecnolóxicos baleiros, polígonos industriais e parques empresariais
baleiros, peiraos sobredimensionados, estradas infrautilizadas, aeroportos con escasos voos
diarios, autopistas da información sen contidos e usuarios, camiños de ferro sen trens,
estacións depuradoras sen utilizar, etc). O realmente determinante son os servizos que se
prestan en base a esas infraestruturas e a capacidade das mesmas para inducir investimento
privado en actividades utilizadoras das mesmas. Por iso non é tan sorprendente que os
estudos econométricos evidencien que o capital público social ten unha incidencia máis
clara sobre o crecemento económico que o capital público produtivo. Porque normalmente
a construción de capital público social vai acompañado da posta en marcha de servizos
sociais, que alén de melloras a calidade de vida, tradúcense na creación de empregos que
xeran unha corrente de rendas que alimenta a demanda e actividade produtiva en xeral.

Nun país como o noso, no que se nos venden como panaceas e milagres de xestión a
construcción de autovías, estradas e, recentemente, camiños de ferro, pode resultar
oportuna unha reflexión comparativa, que pode aforrar moitas discusións retóricas. Paga a
pena comparar neste aspecto o caso de Irlanda e o galego. Aquí vendéusenos como remedio
definitivo para saír do atraso a mellora das conexións coa meseta (en realidade con
Madrid): dúas autovías, agora o AVE; ídem coa transcantábrica. Parecería que o problema
do noso desenvolvimento era que non tiñamos por onde dar saída á nosa produción e iso
impedía a entrada de investimentos industriais. Pois ben, Irlanda medrou a tal ritmo desde
finais dos oitenta que se converteu nun dos países máis ricos da UE en tanto que nos
seguimos no pelotón de cola das rexións europeas e mesmo perdendo posicións. Irlanda
captou grandes fluxos de investimentos de EEUU e Xapón en industrias de altas
tecnoloxías e... ¿onde están as súas "conexións coa meseta"?. Que se saiba, é unha illa no
Atlántico e ten, polo tanto, peores condicións de transporte que Galiza. Mesmo en portos
marítimos habería que dicir que Galiza está mellor dotada que Irlanda. Que paradoxo máis
rechamante!. Desde fins dos oitenta, ambos recibiron importantes Fondos estruturais da
UE, certamente Irlanda proporcionalmente máis que Galiza, o que tamén debería ser
motivo doutra reflexión, pero no que aquí nos importa o relevante é que os conceptos en
que eles e nós gastamos eses Fondos foron radicalmente distintos. Obviamente, a eles non
se lles ocorreu pensar que para desenvolverse precisaban unha ponte directa co continente,
nin tan sequera se esforzaron moito en mellorar as súas vías de comunicación internas. Pero
si empregaron os xenerosos Fondos europeos para outro tipo de infraestruturas e outro tipo
de actividades que parece que resultaron moito máis eficaces e moito máis atractivas tanto
para o capital estranxeiro como para o propio.

Un estudo recente de Rodríguez Pose (2002), profesor da London School of Economics,


mostra que aquelas rexións europeas Obxectivo 1 que seguiron estratexias de certo
equilibrio entre os catro grandes eixes que contemplan os Fondos Estruturais tiveron un
éxito razoábel, mesmo algunhas delas xa deixaron de ser Obxectivo 1 (por exemplo,
Flevoland, as Highlands ou Irlanda do Norte...). En cambio, aquelas que primaron case
exclusivamente un dos eixes –en particular o das infraestruturas de comunicación- mostran
un considerábel fracaso no seu obxectivo de converxencia. Este é o caso, por exemplo, de
Valencia, Asturias ou Galiza.
En definitiva, son outros os factores que explican porqué os investimentos empresariais se
dirixen cara localizacións determinadas e parece claro que as infra-estruturas non xeran en
si mesmas o desenvolvimento, senón que simplemente o acompañan. As redes de infra-
estruturas en si son ferramentas de desenvolvimento territorial moi débiles, podendo
considerarse como condición necesaria, pero insuficiente, para o desenvolvimento dun
territorio. Cómpre entendelas atendendo á vella distinción aristotélica entre potencia e acto.
Unha determinada dotación e calidade das infra-estruturas é imprescindíbel para que certas
actividade e certos servizos podan realizarse pero a mera creación de infra-estruturas non
xera espontaneamente a posta en marcha desas actividades e servizos, se estes non existen
previamente ou non existen na dimensión adecuada. Dito doutro xeito, a incidencia e
eficiencia do investimento en infra-estruturas é maior cando responde a necesidades e
demandas reais derivadas do propio desenvolvimento do tecido produtivo ou dos usuarios
potenciais que cando aquel se realiza como un esforzo voluntarista do sector público,
concebíndoo como o deus ex machina, ou como forma de dar fin a uns recursos que
venturosamente nos chegan de fóra sen esixirnos un uso eficaz e eficiente dos mesmos.

Efectivamente, o desenvolvimento económico asenta noutros factores diferentes, como


temos dito moitas veces. As liñas de investigación máis avanzadas no campo da economía
rexional céntranse na capacidade de transformación e innovación endóxena, como factores
clave do crecemento económico. Os territorios que desenvolven condicións endóxenas
adecuadas para a capacidade anovadora alimentan o proceso de transformación e
diversificación do seu tecido productivo e terán vantaxes tamén no que á atracción de
investimentos se refire. Nese sentido resultan claves as características do conxunto de
elementos que compoñen o sistema de innovación e o tipo de relacións que se estabelecen
entre eles (diversidade produtiva e densidade de relacións inter-empresariais, capacidade de
I+D, calidade dos recursos humanos, compromiso do sistema financeiro e eficacia do
sistema institucional e das políticas públicas no impulso de novas actividades e na
modernización das existentes). Igualmente importantes resultan outros aspectos vencellados
á evolución da demanda, á súa expansión cuantitativa, pero sobre todo á súa diversificación
e sofisticación. As novas demandas dos consumidores son as que acompañan, reclaman e
incentivan os esforzos innovadores do lado da oferta. E nesa evolución, o papel do sector
público tamén é moi importante: tanto na posta en marcha de servizos públicos novos (que
satisfan novas necesidades) e de calidade, como na elevación do nível educativo e cultural
da poboación.

Algunhas referencias bibliográficas:


Aschauer, D. (1989), “Is public expenditure productive”, Journal of Monetary Economics,
Vol 23, pp.177-200.
Caramés, L. & Lago, S. (2002), Los efectos del gasto público sobre el crecimiento
económico, A Coruña, IEE-Fundación Barrié.
Gil, C. (2001), Capital público y convergencia en las regiones europeas, Madrid, Civitas.
Martínez, D. (2002), Tres ensayos sobre inversión pública, Madrid, I. Estudios Fiscales.
Mas, M & J. Maudos (2003), “Infraestructuras y crecimiento económico regional en
España diez años después”, XXXIX Reunión de Estudios regionales.
Rodríguez Pose, A. & U. Fratesi (2002), Unbalanced development strategies and the lack
of regional convergence in the EU, London School of Economics, working paper.
GALIZA NO ESPELLO EUROPEO*

Acostumbra a pedirselle aos economistas que nos anticipen os acontecementos económicos


futuros, pero despois dos moitos tropezos daqueles que por inxenuidade ou por prepotencia
se atreveron a facer grandes prediccións é recomendábel falar do futuro con moita cautela e
sempre que sexa a un prazo relativamente curto. Eu diría máis aínda, cada vez que un
economista fai unha predicción a un prazo relativamente longo equivócase seguro. En
realidade non se equivocan só os economistas senon que os seres humanos non contamos
con ningunha arma, en ningunha ciencia, que nos permita falar do futuro con algunha
certeza. En todas as ciencias somos prisoneiros da experiencia do pasado. Consciente desas
limitacións esenciais non serei eu quen me atreva a facer unha previsión de cal pode ser a
evolución da economía galega no século XXI. Poderemos, e xa é abondo, falar cun certo
coñecemento de causa da súa situación actual, en comparanza coas economías do noso
contorno e das perspectivas que razoabelmente cabe agardar para o noso desembarco no
vindeiro século. A un prazo algo máis longo son moitos e moi profundos os cambios que
poden operarse en aspectos como o proceso de globalización. ¿É un proceso irreversíbel ou
non?. ¿As modalidades desa globalización van ser as que actualmente vivimos?. A historia
ensina que non hai tendencias lineais nestes aspectos. E a Unión Europea que empeza, ¿é
un proceso totalmente irreversíbel?, ¿Qué camiño vai seguir?, ¿en que medida a integración
vai acabar cambiando o mapa productivo de Europa?. Hai outras variábeis imponderábeis
desde hoxe, ¿Vai ser Galiza un Estado independente dentro da UE no ano 2015, por
exemplo, ou non?. Todas esas incógnitas están máis alá das posibilidades de resposta do
economista.
Qué podemos dicir entón da nosa experiencia recente?. Non nos imos perder aquí nun
reconto dos resultados que veñen mostrando os diferentes indicadores de conxuntura
(inflación, producción, exportacións, emprego, paro, etc), que poden provocarnos unha
sensación de sobredose de información que en realidade nos leve a perder a perspectiva
global das tendencias fortes da nosa economía. Isto é xustamente o que ocorre cando os
voceiros oficiais nos ofrecen cada semán valoracións, obviamente positivas, das diferentes
estatísticas que van aparecendo a cada paso. Para pintarnos a imaxe “de progreso” que
necesariamente todo político se sinte obrigado a vendernos á cidadanía non é necesario
dicir mentiras: abonda con escoller de entre todos os dados aquel que ofreza unha imaxe
máis positiva e ignorar todos os demais. Aínda que iso leve a ensalzar o anecdótico e a
ocultar o relevante. Se cae o emprego en todos os sectores menos na construcción sempre
podermos dicir que “o emprego aumentou de forma moi positiva na construcción”; se se
caeu o emprego en todas as provincias menos en Ourense sempre se pode dicir que
“Ourense experimentou por primeira vez en dez anos un comportamento positivo no
emprego, o que demostra o empuxe da economía nesta provincia”. Cando se fala do
comercio exterior sempre se destaca “que as exportacións creceron, sexa a respeito ao ano
anterior ou a hai cinco anos, pero ‘esquécese’ sempre que as importacións aumentan moito
máis que as exportacións”. E así poderían poñerse infinitos exemplos. Isa labor de deseño
da realidade virtual, que é a que se impón no mercado político a traveso do seu adecuado
tratamento mediatico, ocupa hoxe unha grande parte dos esforzos de comunicación dos

*
Artigo publicado no primeiro número da revista electrónica OMNIBUS, 1998. Nese primeiro número
pediasenos aos colaboradores responder ao interregante ¿que futuro agarda a Galizano século XXI?, nin máis
nin menos.
gabinetes de “propaganda” dos gobernos. No caso de Galiza, isto ven funcionando con
absoluta impudícia.
Para poñer de relevo os eixos que ordenan os problemas cardinais da nosa economía sen ter
que ser prolixo, o máis fácil é mirarmonos no espello de outros países que nos podan servir
de referencia. Neste caso, o máis acaído será comparar a evolución da nosa economía coa
dos demais países ou rexións europeas. Como é sabido a economía europea atravesa desde
1993 unha fase de crecemento económico, con taxas anuais que están arredor do 3-4%. É
un crecemento relativamente moderado pero importante tendo en conta a longa etapa de
crecemento lento que vivimos desde principios dos anos setenta. A economía española no
seu conxunto está medrando algo por enriba da media de xeito que se pode falar dunha
certa converxencia coa media comunitaria pero, pola contra, a economía galega está a
medrar por debaixo. Isto tradúcese nunha evolución marcadamente dispar no que se refire
ao emprego e o paro: entramentras a economía española está aumentando de forma
significativa o volume de emprego e mesmo reducindo os altísimos niveis de paro, a
economía galega continúa estancada no relativo ao volume de emprego e persisten máis ou
menos os mesmos niveis de paro alcanzados a principios dos noventa.
Collendo un pouco de “recul” podemos facernos unha idea algo máis precisa. Galiza
presenta hoxe un nível de riqueza per capita (PIB per capita) que se encontra entre as
rexións máis pobres da UE; pero máis preocupante é aínda constatar que a tendencia que
viñemos experimentando nas dúas últimas décadas foi netamente decadente. Rexións que
estaban por detrás de nós como Creta, Algarve ou Canarias sobrepasaronnos ao longo
destas dúas décadas. A referencia a Irlanda, que partía no ano 1980 dun nível semellante ao
noso, debera ser motivo de reflexión.
Se reparamos noutras variábeis igualmente relevantes como son o emprego ou mesmo a
población encontramos tamén síntomas ben preocupantes. Galiza está entre as 18 rexións
europeas que sufriron unha reducción de emprego e tamén de poboación nestas dúas
décadas. Obviamente, unha economía que perde emprego de xeito prolongado é unha
economía que está en declive e corre o risco de caer no que algúns deron en chamar o
círculo vicioso do desemprego. Pero moito máis grave é aínda a situación cando unha
sociedade empeza a experimentar unha merma máis ou menos continuada de perda de
poboación. Neste caso é a sustancia mesma do país a que esmorece.
Todo iso significa que Galiza está situada nunha senda de diverxencia crecente a respeito
da Europa Comunitaria. Iso non quere dicir que non houbese crecemento económico,
mellora das infraestruturas, mellora do nível educativo da poboación, mellora do nível de
vida, etc. O que quere dicir é que ten lugar a un ritmo moito máis lento que os demais, de
forma que nos imos quedando atrás pouco a pouco. Destruense empregos en actividades
tradicionais, como ocorre en maior ou menor medida en outros sitios de Europa, o
problema é que non se crean empregos en actividades novas que compensen aquelas
perdas. Como consecuencia unha parte importante do noso capital humano mellor
cualificado é atraido polos empregos creados en novas actividades noutros pontos de
Europa e, particularmente, do Estado Español. Efectivamente, a nosa emigración hoxe non
é de mau de obra analfabeta ou semianalfabeta senon de técnicos e licenciados
universitarios. Podemos presumir de que melloramos moito o nível educativo da nosa
mocedade pero poñemonos colorados cando comprobamos que teñen que marchar fora para
encontrar emprego. Dito sexa de paso esa é unha transferencia negativa para Galiza que
non teñen en conta todos os que nos últimos anos se dedican a calcular a nosa balanza fiscal
supostamente deficitaria e a insistir no “moito” que recibimos do orzamento estatal.
(¿Como calcular o valor da transferencia indirecta de gasto público en educación que
acompaña aos titulados superiores cando emigran?).
En definitiva, a situación está ben lonxe dos parámetros do discurso oficial a que nos teñen
afeitos os persistentes mensaxes que veiculan prensa, radio e televisión.
¿Cal é a perspectiva para os anos vindeiros?. Como deciamos ao principio, non nos
atreveremos a facer vaticinios de moi longo alcance pero cabe pensar que as tendencias
aínda non se inverteron, continuamos en pendente e por parte dos poderes públicos non se
deu aínda un golpe de timón (real e non mediatico). Levamos anos instalados na cultura de
xestionar o presuposto para contentar a unha clientela difusa que garanta a continuidade no
poder, sen unha aposta clara por definir obxectivos de futuro. Pasado o tempo mesmo se
pode chegar á conclusión de que non se trata dunha mera casualidade senon que esa é unha
estratexia deliberada, xa que unha sociedade pobre e dependente resulta moito máis fácil de
controlar e dominar políticamente que unha sociedade dinámica, na que os individuos
podan contar con mecanismos autónomos para properar.
En consecuencia, consideramos que hai poucas ocasións na historia onde se vexa tan claro
até que ponto o despegue e o progreso económicos dependen dun profundo cambio
institucional. Un cambio institucional que rompa as pesadas redes de compromisos que
consolidan o atraso e que abra un campo novo para novas forzas económicas e sociais, que
xa están aí pero que tiveron que abrirse camiño contracorrente, sen contar con políticas
públicas axeitadas ás necesidades do seu despegue senon máis ben tendo que puxar a pesar
das políticas aplicadas. Esa novas forzas e novos actores precisan dun impulso que as situe
en condicións de responder aos retos da economía baseada no coñecemento que vai
caracterizar as primeiras décadas do século XXI.
UN PAÍS POR FACER: DA HEXEMONÍA NEOLIBERAL Á COESIÓN SOCIAL E
O RECOÑECEMENTO

¿Que é o que nos permite identificar como neoliberais a política do PP na Galiza?.

Despois do percorrido realizado até aquí non quedan moitas dúbidas da orientación
neoliberal das políticas implementadas nos últimos lustros. Tamén temos evidencia das
consecuencias nefastas que se plasman na perda de pulso económico, o continuo devalar en
relación ao noso contorno e a tendencia cara unha emerxente fractura social. As taxas de
crecemento económico son baixas e menores que a media estatal; perdemos peso
económico (pasamos de representar o 6,4% do PIB español en 1980 a un 5,4% en 2003);
temos unha das máis altas taxas de paro de Europa; existen importantes bolsas de pobreza e
baixos ingresos; seguen emigrando xoves e titulados, diminue a poboación; os servizos de
atención á infancia son practicamente inexistentes e a taxa de natalidade está entre as máis
baixas do mundo; o noso medioambiente sofre as consecuencias do descontrol de industrias
e transportes de productos perigosos... Temos experiementado, polo tanto, o fracaso do
neoliberalismo como o teñen experimentado tamén en grado superlativo os países
latinoamericanos e outros moitos países do mundo; como experimentaran todos eles o
fracaso do liberalismo económico no primeiro tercio do século pasado. Pero como non se
trata dun debate que se poda dirimir cun diagnóstico científico, temos que aceptar que a
batalla dos neoliberais por manter o seu reinado vai continuar, do mesmo xeito que debe
continuar a de quenes perciben a sua ameaza ou simplesmente non comparten un modelo
social e político sometido á dictadura dunha plutocracia.

Como deciamos ao comenzo, en Galiza vimos sendo gobernados por políticas liberal-
conservadoras ou neoliberais desde hai décadas, desde logo desde a transición política. En
certos aspectos derivados das peculiaridades do conflictivo proceso da transición as
políticas neoliberais compaxinaronse con políticas sociais que buscaban a lexitimación do
propio proceso político e unha certa aproximación á Europa na que nos estabamos
integrando institucionalmente. Pero o certo é que o sesgo neoliberal está presente ao longo
de todos eses anos e dun xeito máis explícito a partires dos anos noventa. Que ese tipo de
orientación conseguise recabar a aceptación dunha parte moi considerábel da nosa
sociedade merece unha reflexión. Neste último capítulo recapitularemos algunhas das
manifestación máis significativas desas políticas e intentaremos apontar algunhas ideas para
comprender as bases a través das que o neoliberalismo conquistou posicións maioritarias,
para finalizar con algunhas ideas xerais para emprender a sua necesaria superación69.

As políticas implementadas polo PP na Xunta de Galicia, en particular a partires de 1989,


responden de xeito xeral ao perfil das políticas neoliberais en voga neste período,
obviamente con matices e non sempre de xeito coerente. Sen pretender ser exaustivo
poderiamos resumir esquemáticamente os trazos principais das mesmas polos efectos que
arrastraron:

69
Pararemonos aqui exclusivamente en problemas de orde político-ideolóxica, as propostas sobre outros
aspectos foron abordadas nos capítulos respectivos e as relativas a unha política económica, industrial ou
tecnolóxica alternativa están expostas en particular no libro Industria e Innovación (Xerais, 1998) ou La
política tecnológica comunitaria y la cohesión regional (Civitas, 1998).
a) un escaso desenvolvimento do Estado social e do Estado do Benestar propio naquelo
que son competencias propias (prestacións sociais cutres e escasa cobertura; ausencia
de servizos para a infancia e escasísima rede de atención aos maiores e réxime privado
na prestación dos seus servizos...)
b) a privatización dos servizos públicos de sanidade e sumisión do servizo público aos
intereses da rede privada; liberalidade no réxime de compatibilidade dos médicos do
sistema público e a súa actividade privada; xestión de centros públicos a través de
fundacións, empresas privadas e, mesmo, organizacións sectarias, fuxindo asi do
control público sobre .
c) a privatización de boa parte dos servizos de ensino básico e medio, subvencionado con
fondos públicos (centros concertados).
d) a precarización do emprego público (emprego temporal; mesmo con contratos dun dia
en certas actividades como a sanidade...)
e) o liberalismo no control e inspección das condicións de traballo, seguridade e hixiene
(reducido corpo de inspección e laxitude na súa función)
f) a desregulación medioambiental, poñendo a lóxica da acumulación do capital por
enriba de calquer outra consideración: defensa a ultranza dun modelo que dilapida os
recursos naturais e produce unha altísica contaminación (desposesión dos rios por
encoros; desposesión dos montes por parques eólicos; libre aproveitamento dos
recursos minerais –lousa, granito, areeiras, etc; ocupación do espazo sensíbel da costa
para construcción ou para industria; política forestal ao servizo de Ence, que conduce a
un monocultivo de eucalipto e a un exceso de producción que hoxe ten os seus prezos
por debaixo do limiar de rendabilidade...
g) a liberdade de acción para o capital financeiro que é regulado polo poder autonómico
(as Caixas), cuxo carácter de fundación lle atribue unha finalidade fundamentalmente
social, pero que a Xunta lle otorga unha plena capacidade ás elites directivas para
convertelas en auténticos cotos privados e para definir unha política financeira
desconectada coas necesidades do sistema productivo do país.
h) a liberalidade na regulación do sector eléctrico, primando os intereses dos monopolios
privados frente aos usuarios, e entrega dunha parte considerábel do orzamento público
para labores de mellora que deberian ser financiadas pola empresa (Unión Fenosa).
i) a desregulación do territorio e descontrol do aproveitamento do solo: especulación
inmobiliaria e capitalismo do pelotazo, que se constitue nunha das bases fundamentais
do apoio da dereita en Galiza nos 90. Boa parte dos incendios na zona costeira e nas
áreas próximas ás cidades explícanse por esa causa.
j) política agraria que só resulta beneficiosa para as grandes empresas lácteas e
papeleiras. Renuncia a unha política de reconversión ordeada do sector primario, que
impulsase a súa modernización progresiva sen destruir o capital social ligado ao
mantenimento da comunidade rural e sen provocar o abandono desordenado de terras a
monte que, entre outros efectos nocivos, están na orixe de boa parte dos recurrentes
incendios e da descontrolada invasión do eucalipto.
k) a desregulación en materia de seguridade alimentaria (caso das vacas tolas, etc)
l) a desregulación e falta de infraestrutura para reducir a contaminación da actividade
agraria
m) a desregulación en materia de seguridade marítima (contaminación accidental e non
accidental, Mar Exeo, Prestige, etc.)
n) o apoio á privatización das empresas públicas do Estado e dos servizos públicos
o) carencia de política industrial activa para impulsar aquelas iniciativas de interese
nacional (como podía ser, por exemplo, un grupo lacteo que desenvolvese todo a cadea
de transformacións desta materia prima, cuxa inexistencia hoxe é un clamoroso
sarcarmo nun país que produce un tercio do leite español).
p) a mobilización do orzamento cun sesgo anormal cara a obra pública e a infraestrutura
física, pensado moitas veces máis como vía de crear negocio para as empresas clientes
do sector construtor que para satisfacer auténticas necesidades sociais. Ese criterio
clientelar da obra pública tende a priorizar obxectivos políticos de curto prazo que a
crear as condicións que realmente favorezan o desenvolvimento económico.
q) a externalización-privatización dos traballos técnicos das diferentes Administracións
(Consellerias, Concellos, ) cunha rede clientelar de empresas de consultoría.
r) a escasa dotación de bolsas de estudio, que se traduce nun baixo acceso á Universidade
dos fillos das capas máis pobres da poboación (moi inferior ao de hai vinte anos).
...

¿Por que o electorado galego consinte e apoia gobernos neoliberais?

Tendo en conta que, de acordo coa nosa diagnose, o neoliberalismo é un proxecto perigoso
para a sociedade como realidade que trascende o meramente económico e resulta agresivo
para os intereses da maioría, colócase inmediatemente a interrogante de porqué as forzas
políticas que o representan máis claramente ou o implementan poden conquistar apoios
electoriais maioritarios. Parte das razóns foron xa aludidas ao referírmonos á loita de ideas
e a construcción da hexemonía. Pero iso non nos aforra a necesidade de facer un esforzo
por comprender e explicar cais poden ser as razóns específicas no noso caso concreto. Non
pretendo avanzar aqui un diagnóstico do comportamento electoral dos galegos, labor que
requeriría entrar en moitos outros aspectos da vida política, dos medios, dos partidos que
gobernan e dos que están na oposición, dos seus acertos e dos seus erros, etc, etc. Tan só
intento lanzar algunhas ideas ao fio destas reflexións de caracter xeral sobre os
fundamentos que inspiran o neoliberalismo e a súa relación co conservadurismo e que
poden explicar ou axudar a explicar a súa hexemonía.

Para empezar compre recoñecer que ás veces resulta difícil distinguir entre o que é
neoliberalismo e o que é simple desgoberno ou mal goberno. E isa confusión ten certa
relevancia e pode darse en ambas direccións. Unhas veces pode parecer que hai
desregulación, descontrol e desatención na actividade do sector público e resultar que tal
situación é a consecuencia pura e simple da desidia e a falla de iniciativa do gobernante
máis que dun proxecto neoliberal premeditado. Noutros casos pode un pensar que a desidia
en certas cousas é o resultado da incompetencia e resulta que pode ser o resultado dunha
decisión deliberada de non intervir por razóns ideolóxico-políticas. Nese sentido, un mal
goberno pode selo porque é incompetente ou porque é neoliberal. Alguén podería pensar
que da igual, o importante é que se trata dun mal goberno. En cambio, desde o ponto de
vista do debate político e da resposta electoral a cuestión non é indiferente. Unha parte do
electorado pode estar disposta a admitir un goberno que provee menos servizos ou son de
pior calidade se entende que é así porque non lle corresponde ao goberno prestalos. Cousa
que non admitiría se o diagnóstico é que son maus xestores. E viveversa, outra parte do
electorado pode pensar que o problema non é a orientación política do gobernante, porque
“todos son iguais”, senon a súa capacidade técnica ou a súa reputación. As consecuencias
desa confusión poden ser terribeis, e case sempre benefian a quen ocupa o poder. A falta de
formación política, a falta de confrontación ideolóxica, a confusión sobre as causas do mal
goberno poden ser un factor nada despreciábel na consolidación no poder dunha opción
neoliberal como a do PP en Galiza.

En todo caso, a pregunta que hai que plantexarse é porqué unha forza política que practica
unha política neoliberal consegue un apoio maioritario no noso país de forma tan
prolongada. Apoio que é tanto máis maioritario canto máis rural e atrasada é unha comarca.

A primeira razón quizás estea en que o Goberno Galego, sobre todo desde 1989,
beneficiouse dunha conxuntura especial que lle permitiu gastar sen ter que facer esforzos
particulares en arrecadar os recursos. A reforma dos Fondos Estruturais da UE de 1988, que
duplicou os fondos para as rexión Obxectivo 1 e os Fondos de Coesión da UE a partires de
1993, xunto co superavit derivado do modelo de financiamento autonómico, permitiu que
pudesen manexar un volume de recursos realmente moi importante sen ter que esixir aos
contribuintes un maior esforzo fiscal. Esa é unha situación ideal para calquer gobernante,
pero especialmente para quen defende un discurso neoliberal de baixa presión sobre os
impostos. A administración deses recursos como un “don gratuito”, repartido de xeito
considerabelmente discrecional con criterios clientelares, é sen dúbida un argumento
poderoso para explicar o que ocorre dende 1989 en diante. Foi un azar que fose unha forza
neoliberal a que estivese no goberno cando se empezaron a recibir eses fondos que
incrementaron rápidamente o orzamento público. Unha vez que iso se produce é realmente
ilusorio pedir á poboación que avalíe ao goberno nesas circunstancias en función da posíbel
utilización deses fondos con criterios alternativos de maior eficiencia e atendendo a unha
mellor estratexia de futuro. Por máis que un teña moitos dados e razóns para defender que o
uso dado aos fondos recibidos foi unha oportunidade perdida, o certo é que resulta heróico
pedir á maioría da poboación que faga ese tipo de valoracións. Sobre todo porque faltaron
os estudios que o verificasen, os foros para debatilos e os medios para difundilos. A
maiores, nesas condicións, as forzas políticas alternativas tampouco foron quen de cumplir
ese papel.

Un razoamento análogo habería que facer a respeito da progresiva xeralización de certas


prestacións típicas do Estado de Benestar que se producen nese período e que, aínda sendo
moi modestas, supoñen un avance moi notábel en comparanza coa cutre situación
precedente. Unha parte moi importante da sociedade pasa a beneficiarse dunhas prestacións
sociais que –en particular no caso das pensións á poboación agraria e mariñeira- colman as
aspiracións dunha vida cuxo horizonte era o traballo para o sustento até o último folgo. Os
beneficios do estado do benestar traducense para eses segmentos da poboación no
sentimento de que “nunca se viviu tan ben”, independentemente de se iso ocorre ao mesmo
tempo que o seu sector de actividade devala. Mesmo se aquela mellora se produciu como
resultado da acción do goberno central e non do autonómico, igoal que no caso dos Fondos
Europeos; mesmo se todos eses beneficios son plasmación dun modelo social que os
neoliberais atacan, o certo é que son os gobernantes autonómicos (neoliberais) os que se
apropian políticamente da mellora producida, coa tremenda vantaxe, de novo, que aparecen
como un “don” sen custo impositivo. Que lle permite aos neoliberais galegos manter o seu
discurso de austeridade fiscal. A xestión clientelar de moitas desas prestacións, a criación
de canles perversas para o seu outorgamento, etc serán, máis unha vez, factores de
fidelización política en favor do poder estabelecido.

A política clientelar é unha característica de quen usa o poder para controlar a sociedade de
xeito capilar, desmontando as estruturas do Estado sometidas a dereito e control político,
para sustituilas por unha relación discrecional e, polo tanto, de dominación directa. A
realidade vivida evidencia que o obxectivo primordial dos neoliberais cando gobernan non
é tanto reducir o gasto público senon garantir o seu control sobre o orzamento público e,
desde esa posición, redefinir a súa composición e orientación (estabelecendo novas
prioridades reclamadas polas clases medias e altas), os modos de executar ese gasto
(reducción dos dereitos incondicionados, aumento da discrecionalidade e apropriación
privada dos servizos) e o de criterios políticos no propio reclutamento dos técnicos e
persoal. Deste xeito a privatización permite a imposición de criterios político-ideolóxicos
tanto na relación co usuario-cliente, como co empresario-xestor e cos traballadores
reclutados70.

Esa triple relación clientelar ten unha dimensión política inmediata, que se traduce no apoio
electoral a unha determinada opción partidaria, pero ten tamén un efecto ideolóxico-político
de máis alcance. A tradicional desconfianza a respeito do público e o colectivo reafírmase e
retroaliméntase cun reparto descaradamente discrecional e clientelar dos recursos públicos
en función das afinidades políticas. Nada que se lle pareza a criterios obxectivos e
transparentes definidos para obter un beneficio público, que supostamente debían orientar a
xestión dunha administración moderna. O resultado do reparto clientelar é perfecto: no
curto prazo conseguense os obxectivos político-electorais co apoio duns clientes
fidelizados; pero o efecto a longo prazo non é menos relevante: a reserva e desconfianza
iniciais frente ao público vese confirmada e reafirmada. A partir de aí ninguén razonará en
termos de interese colectivo, o cinismo individualista e egoista convertese na regla da
intelixencia popular. O beneficio recibido da actividade pública non se visualiza como a
consecuencia vantaxosa da existencia e da acción xusta do público, senon como un
beneficio individual obtido grazas a un comportamento cínico e egoista en relación a un
xestor igualmente cínico e egoista. O conservadurismo liberal aliméntase a si mesmo.

Pero non só se clienteliza o destinatario final do gasto senon tamén os intermediarios e


executores do mesmo, que serán sobre todo empresas 71 . Un dos obxectivos do
neoliberalismo é defender os intereses dos grupos económicos poderosos pero tamén
ampliar a súa base social, crear novos propietarios e novos empresarios. O neoliberalismo

70
Función análoga ten a precarización do emprego nas propias administracións públicas, introducindo
discrecionalidade nos criterios de selección e reducindo os dereitos obxectivos deses traballadores.
71
A consolidación deste patrón de conducta acaba mesmo invertindo os termos da decisión pública: os
obxectivos e priorización do gasto non se fixan en función dunha determinada finalidade social senon en
función de garantir a carteira de pedidos de certas empresas con capacidade para facer suficiente “pressing”.
Iso permite comprender a progresiva simbiose dos grupos empresariais que teñen unha importante liña de
negocio vinculada a contratas públicas (ou dependentes directamente da regulación pública) e os medios de
comunicación que son utilizados para condicionar as prioridades dos gobernos e predispoñer a opinión
pública en direccións determinadas. Tan forte é esa tendencia que os medios de comunicación parecen ter
entrado nunha deriva que os converte cada vez máis claramente en voceiros de grupos de interese no sentido
máis inmediato e prosaico do termo.
caracterízase pola utilización do poder para recrear unha clase empresarial afín e pola súa
estratexia de dominación dos individuos. O período de diñeiro fácil dos Fondos Estruturais,
dos Fondos de Coesión e das privatizacións foi aproveitado con absoluto esmero para
arrequecer a un capitalismo parasitario, cazador de rendas públicas, pouco eficiente, pouco
innovador e pouco dado á incertidume. Esa burguesía clientelar, que fai os grandes
negocios correndo polos gabinetes da administración, colocando a “homes de confianza”
nos postos políticos clave a nível local, autonómico ou central, é un grupo social moi activo
e militante na loita política. A simbiose entre negocios e política é total.

Simplificando un chisco o complexo proceso vivido nos últimos lustros, podería decirse
que as forzas neoliberais galegas tocoulles estar no poder –en parte por un cuase-azar do
ano 1989- nun tempo no que -independentemente do seu programa- se empezaron a sentar
as bases do estado do benestar e o orzamento público por elas xestionado se viu folgado por
unhas transferencias de Fondos Públicos europeos e estatais que lles permitiu xestionar
discrecionalmente un elevado gasto público que, paradoxalmente, sería imposíbel nun
marco estrictamente neoliberal. Creo que nese paradoxo, habilmente acompañado dunha
activa reconstrucción mediática da realidade, reside a base do éxito da construcción da
hexemonía da dereita nos últimos lustros no noso país72. Ese azar trouxo consigo outras
perversións que sen dúbida traerán dificuldades no momento en que esas condicións
externas muden, cando o país se reacomode para andar sobre as súas propias patas; sobre
todo, porque a primacía outorgada á estratexia de dominación política fixo que aquelas
oportunidades extraordinarias non foran aproveitadas para fortalecer as bases económicas
estratéxicas do país.

Máis alá diso, hai unha simbiose moi estreita entre o neoliberalismo e o conservadurismo,
que no caso de Galiza parecen convivir extraordinariamente ben. O discurso neoliberal
construese sobre unha ideoloxía extrema de defensa do individualismo, da iniciativa
individual, do mercado, de ataque ao Estado e as normas, de ataque á fiscalidade
correspondente ao Estado do Benestar... e iso conecta coa ideoloxía individualista e
antiestatista do pequeno propietario; encaixa ben coa realidade dunha sociedade pre-
moderna dominada por un Estado alleo e, históricamente, parasitario73. Sobre ese discurso
ideolóxico anti-estatista e “antipolítico” a dereita consegue unificar o que en realidade son
intereses abertamente contradictorios: a) os dun capital financeiro e comercial, que arruinan
e varren a agricultura familiar, o pequeno comercio e a pequena industria; b) os pequenos
propietarios conservadores. Na práctica, a política dos gobernos da dereita, como é natural,
responde aos intereses do primeiro grupo. O exemplo máis claro nos últimos anos é a súa
política a favor das grandes superficies comerciais ou das eléctricas, das grandes
corporacións agroalimentarias, etc. Porén, o poder das ideas e os prexuizos na loita política
é moi importante, sobre todo, cando a ambición se cifra en metas cativas.

72
Claro está que as forzas da oposición teñen algunha responsabilidade por non saberen ou non teren a
habelencia suficiente para facer ver á cidadanía esa circunstancia.
73
Esa imaxe que corresponde realmente a unha situación pasada permanece presente no imaxinario individual
e colectivo, condicionando a percepción do presente vivido. Hoxe poderemos cuestionar que as políticas do
Estado respondan axeitadamente aos nosos intereses estratéxicos pero non pensar a sua relación co Galiza
como parasitaria.
A propiedade privada é un factor básico da adhesión á ideoloxía do laissez faire,
característica dunha sociedade de pequenos productores (de feito un dos argumentos de
Schumpeter para explicar a posíbel crise do capitalismo era a desaparición da grande masa
de pequenos propietarios que constituen o colchón protector esencial dese sistema. Pouco
importa que na realidade a libre iniciativa privada, a competencia e o laissez-faire fosen
arrombados polos monopolios e grandes empresas cuxos intereses representan e serven as
forzas políticas liberal-conservadoras; o certo é que a representación do mundo que
embarga a cabeza do pequeno propietario faille moi difícil deixar de apoiar esas forzas.
Preferirá botar a culpa dos seus problemas e fracasos a factores espúreos (como os elevados
impostos, os elevados salarios, a competencia dos países asiáticos...) antes que asumir que
as políticas neoliberais da dereita -favorecedoras dunha desregulación que favorece aos
grandes- son as que crean as condicións que entalan o seu negocio e mesmo o acaban
levando á ruína.

Nese senso, chama moito a atención que os pequenos propietarios do noso país non só non
se teñan “rebotado” contra o partido gobernante senon que o apoien en altas porcentaxes a
pesares de estaren sofrendo o máis virulento proceso de desmantelamento e
“expropiación”: a desaparición de explotacións agrarias ven sendo espectacular; o valor da
terra das explotacións de vacún experimenta unha desvalorización paralela ao aumento do
prezo da cota láctea; dúcias de encoros anegan vales enteiros; as grandes superficies e
supermercados varren as pequenas tendas e comercios; os horarios comerciais estabelecidos
en Galiza son os máis favorábeis ás grandes superficies, etc, etc. A pesares diso os
pequenos propietarios, quérese dicir unha alta proporción deles, seguen considerando que a
súa opción política é a dos neoliberais e conservadores. A explicación dese comportamento
paradoxal –cando menos aparentemente- é un asunto complexo, difícil de despachar en
poucas palabras; agora ben, creo que pode afirmarse que revela até que ponto o
comportamento político real está influido por variábeis que van moito máis aló dos
intereses económicos inmediatos, mesmo cando a propia viabilidade dun negocio ou unha
explotación é posta en causa74. Como digo, outros factores entran en xogo pero entre os
importantes está, sen dúbida, a forma en que esa vida como propietario –e consorte ou
descendente de propietario- ou aspirante a selo, amoblan a cabeza e inciden no seu
comportamento político.

O paradigma do pequeno propietario –aqui e en toda Europa- é o individualismo, ausencia


de restricción públicas á disposición da propiedade e da iniciativa privadas e un baixo nível
de presión fiscal75. Tamén é certo que isto empeza a mudar, parcialmente, coa chegada do
Estado do Benestar (pensións, prestacións sociais, etc) á poboación rural, abrindo un
boquete polo que empezan a entrar outros valores. O alcance destes últimos dependen en

74
O propio desconcerto da crise, o medo a un futuro incerto atan a ese individuo ás forzas que representan o
pasado idealizado e provocanlle un rexeitamento atávico daquelas forzas que considera asociadas ao cambio.
75
Ese tipo ideoloxía pode verse plasmada en relación a propiedade orientada á producción pero tamén na
disposición sobre propiedade en xeral, como por exemplo a vivenda. Que duda cabe que o tipo de vivenda, a
modalidade de ocupación do territorio, a forma do habitat, etc. presenta uns trazos no noso país que en boa
medida expresan e reforzan ese patrón individualista. En todo caso, debe aclararse que a característica dese
individualismo non é necesariamente a negación á cooperación, á axuda ou á xenerosidade senon o seu
distanciamento, cando non rexeitamento, da dimensión política da sociedade, do Estado como estrutura de
poder supraindividual, con capacidade para regular e impoñer normas.
boa medida da forma en que aquel entra, da man de quen o fai e da “pedagoxía” que
acompaña esa nova vía de socialización. O feito de que entre nós ese proceso fose
hexemonizado en todas as dimensións por un partido de dereitas, facendo ostentación de
clientelismo e amiguismo, fai que o cambio producido na mentalidade popular sexa moito
menos importante do que cabería supoñer.

Claro está que o papel dos medios nesa tarefa coesionadora de todas as clases propietarias e
da sociedade en xeral ao redor dos postulados neoliberais é fundamental. Non fai falta que
insista de novo na importancia do control das ideas, da cabeza dos individuos. O labor de
adoctrinamento diario, de conformación da visión do mundo e dos propios intereses é algo
crucial na definición do que un individuo pode desexar e apoiar, ver como normal ou como
aberración, etc. Os feitos mostran que a capacidade para conectar os elementos centrais do
discurso neoliberal cos sentimentos máis atávicos ou mesmo máis instintivos dos
individuos é un factor do seu éxito. O seu ataque esencial e primario ao social, ao público,
é un ataque no fondo aos compromisos e sentimentos solidarios xenerados polo proceso de
socialización e civilización, espertando aqueles instintos máis primarios, que non se refiren
só ao comportamento económico senon tamén ao moral, social e político.

Polo tanto, lonxe de calquer economicismo primario, compre admitir, con Gramsci, que
mesmo os individuos con mentalidade máis crematística están lonxe de definírense
politicamente só polos seus intereses económicos inmediatos; entre outras cousas porque
nunha sociedade complexa aqueles dependen de múltiples variábeis e non sempre é fácil de
identificar como lles afecta cada unha delas e, máis difícil aínda, estabelecer un balance
entre elas. Facer un cálculo racional dos intereses en xogo en función da posíbel opción
gañadora é algo que dista moito de ser factíbel en todos os casos e desde logo non é nada
simple. Na medida en que iso é asi, a batalla das ideas, os sentimentos, os temores ocupan
un lugar central na loita política, como as forzas neoliberais e conservadoras se encargan de
evidenciar cada día. No noso caso, a adhesión de certos sectores sociais ao neoliberalismo
explícase máis pola conexión con ese tipo de valores ou temores que polos intereses
económicos deses sectores sociais 76. O que quere dicir que para poder ganalos para un
proxecto político alternativo é preciso identificar e alentar activamente outros valores e
“ideas” que tamén estexan presentes no seu imaxinario, cos que tamén podan sentirse
identificados, pero que teñan a virtude de os vincular a un principio de socialización
diferente do neoliberal.

Para explicar o comportamento conservador dunha parte importante do noso país é case un
tópico botar man do papel abertamente conservador e militante da espesa rede da Igrexa
católica. Sen restarlle nada de importancia a este aspecto creo oportuno prestar atención a
unha vía moito máis profunda de influencia da ideoloxía cristiana que prepara o terreo ao
discurso neoliberal. Como advertía David Owen fai dous séculos, no imaxinario construido
pola tradición cristiana –a asentada no novo testamento- existe o individuo pero non existe
a sociedade, o que axudaría a comprender a doada penetración da mensaxe primaria do
neoliberalismo no mundo tradicional galego. Owen sinalaba tres feitos constitutivos do
home occidental: o antiguo testamento ensinoulle a morte; o novo testamento ensinoulle a

76
Entre outras cousas, aquela lóxica radicalmente individualista mesmo impide construir iso que poderiamos
denominar intereses sectoriais ou de clase.
singularidade da persoa e a liberdade; e a sociedade industrial ensinoulle a sociedade. Os
evanxeos omitían a realidade da sociedade e contribuiron á individualización do home. Por
iso consideraba que co descubrimento da sociedade por parte da sociedade industrial
empezaba o desenvolvimento da era poscristiana da sociedade occidental. Pois ben, non
cabe dúbida que o cristianismo tivo un grande protagonismo na conformación do ser e
ideoloxía dos galegos, non só no mundo rural, e ben pudera pensarse que o imaxinario
individualizador do cristianismo axudase a explicar a raigame profunda dese
individualismo.

Un veículo tamén clave para a imposición da ideoloxía dominante, neste caso o


neoliberalismo, pasa pola destrucción cultural e moral das clases e grupos sociais
dominados e dos países subordinados. O neoliberalismo faino cando se impón como
ideoloxía universalista, economicista e individualista, negando a diversidade dentro da
sociedade e entre sociedades. Faino cando transforma todos os espacios culturais en
mercados que son inmediatamente abarrotados de mercancías estándar, destruindo ou
desvalorizando toda creación cultural producida á marxe das redes monopólicas, destruindo
e desvalorizando tanto os contidos xerados á marxe e con eles as formas, os medios, as
linguaxes e os símbolos. Todo iso ten consecuencias tamén sicosociolóxicas e políticas. A
perda de respeto a si mesmo trae como consecuencia a rendición do máis feble, a
aceptación da desintegración dos seus valores, das súas institucións e pautas de
funcionamento asi como da súa cultura, é dicir, todo o entramado no que está incorporada a
súa existencia social. Cando todo iso se ven abaixo, pérdense as referencias, as escalas de
valores desaparecen ou esváense e os propios intereses económicos de longo prazo deixan
de contar cun patrón arraigado de avaliación; o fatalismo e o desconcerto poñen aos
individuos nas máns urdidores e dos creadores de opinión; se acaso é fácil sucumbir ao
inmediatismo degradante da esmola, “a caridade” e o clientelismo.

Un nacionalismo non-neoliberal

Chegados a este ponto parece claro que o proxecto neoliberal é empobrecedor e mesmo
perigoso porque sitúa as diferentes dimensións da sociedade, as diferentes formas de
socialización, baixo o dominio absoluto do económico; máis aínda, somete todo a unha
particular forma do económico no que os intereses particulares dunha reducida minoría
economicamente moi poderosa condicionan toda a engrenaxe. Como consecuencia, a
defensa dunha sociedade na que non todo estexa sometido á lóxica do económico, na que o
patrón do mercado non sexa o único que dictamina o que pode facerse e merece a pena, na
que a coesión social sexa un valor en si mesmo e na que o recoñecemento da diversidade, o
seu respeto e dignificación sexan unha norma básica da convivencia entre individuos e
entre pobos... a defensa de todo iso, digo, choca de frente co proxecto neoliberal.

Por esa razón compre entender que a confrontación dun proxecto totalizador como é o
neoliberal ha de levarse a cabo en todas as frontes. No modelo económico, no laboral, no
social, no papel do estado, nos valores, na cultura e nas bases sociais da autoestima, por
utilizar o concepto de Rawls. Ao longo deste libro fomos vendo unha rea de problemas
vencellados ás desigualdades no campo do económico, asociadas sobre todo ao que
poderiamos denominar inxustizas na distribución. Pero compre outorgar toda a relevancia
aos últimos aspectos mencionados, poñendo xuntos a loita contra as inxustizas na
distribución (dos recursos, da riqueza) e a loita contra as inxustizas do recoñecimento das
identidades, por utilizar a terminoloxía de Nancy Fraser, no ben entendido de que ambas
familias de inxustizas van normalmente ligadas e refórzanse mutuamente. Nestas últimas
páxinas tentarei enfatizar xustamente a importancia das inxustizas do recoñecimento que
conleva o proxecto neoliberal e a necesidade de afrontalas de xeito conxunto coas
desigualdades de distribución.

Parece hoxe bastante claro que a defensa da diversidade; a reclamación do recoñecemento


dos sinais de identidade dun país, dunha cultura; o dereito a seguir sendo parte activa do
concerto de pobos e culturas do futuro, etc son principios básicos de dignificación do ser
humano, de todos os seres humanos, que son desprezados e atacados pola lóxica do interese
mercantil e o pensamento único neoliberal. Todos eles son eixos básicos dunha sociedade
humana que non pode quedar reducida á unidimensionalidade do homo oeconomicus que
sustenta o proxecto neoliberal77.

Como decimos, unha auténtica negación do neoliberalismo debe incorporar necesariamente


a recuperación da sociedade frente ao económico, a liberación da sociedade frente aos
criterios limitados do interese pecuniario dos propietarios do capital, a reivindicación da
multidimensionalidade da vida humana e da vida social, a recuperación da dignidade
individual e colectiva nos casos de culturas non dominantes que, por definición, son a
maioría. Por iso precisamente as vías concretas de confrontación desas diferentes
dimensións do proxecto neoliberal son diversas e animadas por axentes diversos (sindical,
ecolóxica, política, movimentos sociais, movimentos antiglobalización, etc). Nalgúns dos
aspectos clave non estrictamente económicos que vimos de citar o eixo da reivindicación
céntrase no recoñecemento da diferencia e a diversidade; para efectivizar iso compre erguer
as defensas frente á batalla sistemática das grandes corporacións “culturais” e dos
“criadores culturais” que se foron convertendo en cómplices “interesados” da
uniformización, da imposición das “linguas” dominantes e da negación e arrase das linguas
e culturas non hexemónicas.

No relativo a esa batalla pola diversidade e o recoñecemento das identidades emerxe o que
noso contorno se chama nacionalismo como veículo privilexiado dese arrequecemento
colectivo. Nese senso profundo e global o nacionalismo cuestiona unha dimensión
importante do neoliberalismo, oponse ao neoliberalismo global e globalizador. ¿Significa
iso que o nacionalismo, a secas, para entendérmonos, é a alternativa total ao
neoliberalismo?. Certamente non; por un lado, o neoliberalismo é un proxecto que embarga
a totalidade das dimensións da sociedade e, por outro, o dito non quita que poda haber
movimentos nacionalistas que nas demais dimensións sexan perfectamente compatibeis e,
mesmo, explicitamente neoliberais. Do mesmo xeito que pode haber anti-neoliberais
economicistas que reducindo todo a unha confrontación clasista non comprendan a
importancia das demais dimensións da socialización e non compartan ou mesmo rexeiten as
reivindicacións nacionalistas.

77
Existe tamén un economicismo de esquerdas que é o espello mimético do neoliberalismo; un economicismo
que non é de Marx senon unha simplificación vulgar deste último e que, por certo, tanto dano causou á II e III
Internacionais.
A pesar de ser economista, ou precisamente por selo, percibo con claridade que, máis aló
dos efectos distorsionadores de certas construccións teóricas, un cuestionamento rigoroso
do neoliberalismo conduce a unha revalorización de todas as dimensións sociais e
colectivas, tanto no plano económico como no extraeconómico, levantando para a luz todo
aquilo que nos diferentes ámbitos está a ser atacado polo totalitarismo do mercado. Nunca
como no presente se pudo ver con tanta claridade o profundo nexo entre a compoñente
economicista e inegualitaria do neoliberalismo e a compoñente uniformizadora e negadora
da diversidade. Por iso aparece cada vez con máis naturalidade a confluencia de todos
aqueles que enfrentan o neoliberalismo desde perspectivas en principio diferentes. A
defensa dos valores da igualdade e a redistribución dos recursos vai da man da
revalorización dos valores comunitarios, das redes de solidariedade, dos bens sociais e de
utilidade común –que incluen os bens inmateriais e simbólicos como a lingua, a cultura,
etc- e, polo tanto, a defensa de todas aquelas institucións que os exercitan ou amparan.

O importante é que iso non é anti-económico senon todo o contrario. Curiosamente os


estudos recentes realizados desde diferentes eidos das ciencias sociais, tamén da economía,
revelan que eses factores acaban tendo unha repercusión moi positiva no crecemento
económico. Frente ao simplismo dos modelos económicos neoclásicos está emerxendo
unha ampla literatura, teórica e empírica, que mostra a importancia do que se deu en
chamar o capital social, a densidade e estabilidade de relacións sociais, as institucións de
cooperación, etc que contribuen directamente ao dinamismo económico. Do mesmo xeito, a
diversidade -en particular a diversidade de configuracións económicas entre os diferentes
territorios- revélase tamén como un factor positivo para o crecemento económico,
evidenciando unha vez máis a impostura do uniformismo global preconizado polos
neoliberais (Lundvall, 2002; Vence & Metcalfe, 1996). Máis aínda, a favorábel evolución
relativa dos estados pequenos dentro da Unión Europea nos últimos tres lustros permite
pensar que nun espacio económico integrado a existencia de estados máis pequenos pode
ser unha vantaxe para impulsar o crecemento e a coesión; esa evidencia empírica pode vir
explicada por diferentes razóns pero posiblemente teña moito que ver coa maior
adaptabilidade, congruencia e plasticidade da estructura institucional a respeito dunha base
económica máis reducida e coerente (frente á grande heteroxeneidade típica dos grandes
estados), que facilita o deseño de políticas e actuacións mellor adaptadas ás cambiantes
necesidades de transformación do tecido productivo. A proximidade e univocidade de
intereses sectoriais nas economías máis pequenas facilitaría a posta en marcha de políticas
máis incisivas que, en cambio, nos grandes estados poden ter efectos contradictorios en
certos sectores e territorios. Do mesmo xeito que dentro das comunidades con maior
homoxeneidade social e cultural é posíbel atinxir un grao de solidariedade e, polo tanto, de
coesión social que a veces resulta máis difícil de acadar nos grandes estados internamente
moi heteroxéneos.

Nese contexto, parece claro que a loita contra o neoliberalismo contribue moi directamente
á creación de conciencia nacional, á identificación do ben común. A loita contra a
desprotección da sociedade frente aos poderes xigantescos que hoxe dominan os mercados
conduce á reavivar a conciencia da necesidade dun Estado e, polo tanto, tamén dun Estado
propio, próximo e valorizador da diversidade. A defensa dunha cultura cívica, de
solidariedade, de defensa dos bens comúns –entre eles a lingua e a cultura-, do patrimonio
natural, da maioría social, etc. son vías claves para construir a conciencia de país, de
nación. Non existe a idea de nación se non se razoa en termos sociais, colectivos, e non se
pode administrar a solidariedade se non está definido o ámbito para o seu exercicio.

En sentido simétrico cabe dicir que –abeirando aqui o caso dos nacionalismos dos Estados
constituidos, que asentan sobre unha fundamentación diferente- a construcción dunha
nación é difícil de asentar sobre un discurso neoliberal. Só no caso das chamadas “nacións
ricas” é posíbel construir un certo discurso nacionalista sobre o individualismo e o ataque
ao Estado: nese caso o neoliberal tratará de alimentar a idea egoista de incremento da
riqueza pola vía dunha menor contribución ao orzamento do Estado e atacar ao Estado
opresor como “confiscador”. O ataque ao Estado “arrecadador” e “confiscador” que
constitue o eixo do discurso neoliberal coincide –ou é funcional- neste caso cun
determinado tipo de discurso nacionalista. Iso é o que caracteriza, por exemplo, o discurso
nacionalista de relevantes economistas cataláns radicalmente neoliberais como Sala i
Martin, Mas Colell, Ros Hombravella, entre outros, que son dificeis de encontrar entre nós.
É o que poderiamos chamar o nacionalismo das balanzas fiscais.

No caso contrario, que é noso, o nacionalismo ten que construirse sobre a idea do público,
como espazo de solidariedade, como elemento de coesión. Situados no plano dos principios
ou das ideas motrices pode dicirse que só vencendo as reservas ideolóxicas do
individualismo profundo -que non percibe o interese de nengún estado- pode prosperar o
proxecto nacionalista –na medida en que aspira a construir un estado. Por iso, neste caso,
ten que marcarse como eixo estratéxico a súa participación belixerante nesa batalla de
ideas, erguendo unha alternativa explícita ao modelo neoliberal. Os valores do
individualismo e o egoismo, en sociedades dependentes, só poden ser funcionais ao
discurso antinacionalista, sobre todo naqueles casos en que se perciban vantaxes individuais
a partires dun posicionamento como intermediario nesas relacións de dominación ou como
beneficiario directo do orzamento do estado central (e da súa rede periférica). Nese senso,
nas comunidades “pobres” que se benefician dun estado do benestar común, mesmo se este
é escaso, resulta máis difícil construir o discurso nacionalista; o Estado central non é
visualizábel como confiscador senon máis ben o contrario. Por outra parte, a idea de
construir “máis” estado, sobre as propias costas, é fácil que inspire desconfianza e
desinterese nunha parte da poboación. Asimesmo, nestes casos é posíbel que os factores
ligados á autoestima tamén estean bastante degradados.

Isto plantexa unha tarefa titánica, pero non imposíbel, para o nacionalismo no actual
contexto de predominio neoliberal. O paradóxico –e o que redobla a dificuldade- é que ese
nacionalismo ten que confrontar o estado central defendendo o Estado do Benestar. Polo
tanto, o discurso nacionalista ten que enunciar con nitidez e garantir cando menos un
mesmo nível de acción social que o Estado central. Ten que ser consciente de que a
poboación interesada en primeira instancia na construcción nacional forma parte da
poboación interesada nunha sociedade máis solidaria.

De xeito moi particular e concreto, entramentras continua formando parte do Estado


español, ten que procurar un modelo de financiamento territorial que estea asentando sobre
principios de reequilibrio e solidariedade, ao mesmo tempo que no político se encarreira
pola senda dunha progresiva soberanía que lle permita valorizar as súas potencialidades.
Claro está que iso obriga a elaborar unha detallada arquitectura institucional pensada con
eses obxectivos, que terá que ser necesariamente consensuada co Estado central e con
outros territorios con maior capacidade fiscal, cuxas opcións e intereses serán normalmente
diferentes. En todo caso, as propostas estratéxicas non deben asentar só, nin principalmente,
en argumentos de caracter fiscal e facendístico senon sobre a base do estabelecimento de
reglas de xogo, regulacións e competencias que podan favorecer o desenvolvemento
económico do país.

En definitiva, nos países relativamente máis pobres a articulación dun discurso nacional só
pode realmente apoiarse naqueles sectores sociais defensores dun maior e máis solidario
protagonismo do sector público, dos sectores menos receptivos ao discurso neoliberal. Hai
aí unha antinomia entre o proxecto nacionalista e a ideoloxía neoliberal que fai ilusoria
calquer esperanza de contar cos sectores sociais que constituen o núcleo duro dese proxecto
político (outra cousa son os sectores que veñen sendo arrastrados por aquel como aliados ou
simples acompañantes espúreos). O “nacionalismo neoliberal” é aqui algo en boa medida
contradictorio en si mesmo e por iso dificilmente pode transcender o voluntarismo dunha
reducidísima minoría, aquela que chegado certo ponto poda definirse de xeito primordial a
partir dunha lóxica do recoñecemento e á marxe da lóxica dos intereses. Un nacionalismo
dese perfil pode ser formulado e de feito algúns intentos nesa dirección teñense feito, o
problema é que carece realmente de suxeito motor e de público obxectivamente motivado.
É, polo tanto, unha posibilidade que dificilmente pode atopar condicións para facerse
viábel.

Iso quere dicir que a conformación do pobo, o pobo que quere a terra, con vocación de
soberanía, ten que realizarse sobrepoñéndose á eiva derivada da ausencia dunha clase
dirixente interesada nese proxecto, por razóns tanto estruturais como ideolóxicas. Como
consecuencia, é un camiño doblemente difícil o que ten que percorrer o nacionalismo dun
país (relativamente) pobre: non conta cunha clase dirixente direitamente interesada no
proxecto e os máis interesados ou receptibeis a ese obxectivo teñen unha valoración
positiva das institucións do Estado do Benestar. Esa dificuldade obriga a construir o
discurso nacionalista sobre un discurso non-neoliberal 78 . Agora ben, claro está que esa
dificuldade tórnase en satisfacción para os que lles resulta grato xustamente iso: contribuir
a un tempo á recuperación da dignidade dun pobo, ao recoñecimento da súa secular obra
colectiva e á construcción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. En definitiva, o
proxecto de progreso social ha de construirse sobre a base do recoñecimento e a igualdade
como eixos articuladores do proceso de re-socialización e democratización, que poñan cabo
á ameaza desestruturadora e depredadora do proxecto neoliberal.

A liberdade e a igualdade son as dúas patas sobre as que se ten que contruir calquer
proxecto de sociedade que realmente impida a caída nun estadio de barbarie, no que só
impere a lei do poderoso. Quen pretenda contrapoñelas só pode facelo en servizo dos
intereses dos poderosos. Poderemos discutir con John Rawls ou Amartya Sen sobre os

78
Isto non significa que o nacionalismo sexa per se de esquerdas, como algúns afirman, ou que facendo un
discurso asentado sobre proclamas estrictamente nacionalistas vaia ser percibido socialmente como de
esquerdas. A lóxica consecuencia debería ser a elaboración dun discurso de esquerda, non-neoliberal, sobre o
que o nacionalismo se acoplaría como prolongamento da lóxica da coesión e da igualdade cara a lóxica do
recoñecemento.
diferentes criterios para definir o que entendemos por igualdade pero estaremos de acordo
con eles que a igualdade é unha condición necesaria para a liberdade, e non se trata só da
igualdade formal dereitos ou de procedimentos senon dun certo tipo de igualdade nas
condicións concretas –materiais e espirituais- para o exercicio real da liberdade. Igualdades
nas condicións básicas ou “bens sociais primarios” 79 que o mercado está lonxe de
garantir 80 . Máis unha vez as palabras de Karl Polanyi son oportunas: “o eclipse da
economía de mercado pode converterse no inicio dunha era de liberdade sen precedente. A
liberdade xurídica e a liberdade efectiva poden facerse máis amplas e xerais que nunca; a
regulación e o control poden xenerar a liberdade, non só para uns cantos, senon para
todos...Tal sociedade pode darse o luxo de ser á vez xusta e libre” (Polanyi, p. 254).

Un proxecto de cambio social asentado nesas bases non só é desexábel senon que chegado
un certo ponto tornase unha necesidade para preservar a coesión social –a escala interna e
internacional- e iso debe acabar sendo atractivo para a maioría social xustamente porque
representa a defensa da sociedade frente ao caracter disolvente do individualismo radical,
frente ao dominio e poderío insaciábel dunha reducida minoría. Pero, e isto é clave, tal
proxecto non conquista a adhesión dunha maioría social se non conta con defensores que
fagan unha activa e permanente pedagoxía en favor do mesmo. Hai moitas formas de
favorecer ese proxecto pero todas requiren unha participación activa na batalla de ideas.
Toda renuncia a un discurso explícito e claro nesa dirección, pola razón que sexa, mesmo
se é meramente táctica, só pode conducir á derrota porque representa a cesión de espazo,
oportunidade e lexitimidade en favor das diferentes formas de neoliberalismo que si
batallan a brazo partido –e con todas as artes- por “coller a xente pola cabeza”. E o risco
ou, mellor aínda, a ameaza real, está en que o neoliberalismo hoxe –o que no mundo
anglosaxón denominan neoconservadurismo- non está cuestionando detalles ou matices dun
determinado edificio social senon que está plantexando abertamente a refundación da
sociedade global sobre uns alicerces radicalmente individualistas, na que as reglas sociais,
os dereitos colectivos e a liberdade individual se van esvaindo frente ao exercicio impúdico
e cínico do poder por parte de corporacións privadas non sometidas a control democrático.
Isto vese hoxe con claridade a nível mundial onde os individuos e os pequenos estados se
ven confrontados a uns poderes realmente omnímodos nas máns dunha pléiade de
xigantescas corporacións planetarias e, no seu caso, dunha única hiperpotencia militar. Pero
dentro das nosas sociedades ocorre o mesmo a respeito das grandes corporacións que teñen
poderes monopólicos frente a uns consumidores atomizados ou frente a uns traballadores
atemorizados pola ameaza do paro e a exclusión e mesmo frente a uns poderes políticos

79
Rawls establelece cinco “bens sociais primarios” aos que se lle aplicarian os principios básicos de xustiza:
a. dereitos e liberdades básicos; b. liberdade de circulación e libre elección de ocupación nun contexto de
oportunidades diversas; c. poderes e prerrogativas de cargos e postos de responsabilidade nas institucións
políticas e económicas da estrutura básica; d. renda e riqueza; e, e. as bases sociais da autoestima. A
aplicación do principio rawlsiano de diferencia significaría que a xustiza conlevaría “unha distribución
igualitaria deses bens básicos a menos que con unha distribución desigual de algún deles se beneficie aos
menos favorecidos”.
80
Reparemos de pasada que o criterio de mercado, construido sobre a ficción da competencia igual entre
“axentes moi desiguais”, non só se traduce en enormes desigualdades na distribución da renda ou da riqueza
senon nos factores que inciden na autoestima como a cultura ou a lingua propias; non é por acaso que os
heraldos das linguas ou culturas dominantes defendan a “libre competencia cultural” con reglas de mercado e
denuncien a “ilexitimidade” de calquer mecanismo protector ou de discriminación positiva (p.e., a chamada
excepción cultural ou as axudas á producción cultural nas linguas minorizadas).
vulnerabeis por unha eventual orquestación de campañas conspirativas multimillonarias.
Hoxe, máis que nunca, a ameaza neoliberal non deriva do seu acento descompensado na
libre iniciativa individual senon da lexitimación que ofrece para o exercicio desregulado e
inmoderado do poder por parte de axentes privados que concentran proporcións enormes da
riqueza mundial. Desprovistos de reglas protectoras claras e efectivas os individuos e
mesmo certas institucións colectivas quedarian absolutamente inermes frente aos
megapoderes libérrimos que xa hoxe existen. Por iso a defensa das institucións colectivas e
a súa soberanía frente a eses poderes económicos é o minimum minimorum para a
preservación das conquistas da civilización e a base sobre a que avanzar na construcción de
sociedades máis igualitarias en todo o mundo.

View publication stats

You might also like