You are on page 1of 4

A NOVA ERA INDUSTRIAL

1.- REVOLUCIÓN AGRÍCOLA O CRCEMENTO DEMOGRÁFICO


1.1. O cercamento de terras.
1.2. Novo sistemas de cultivo e innovación tecnolóxicas.
1.3. O crecemento da poboación.

2.- UNHA NOVA FONTE DE ENERXÍA: O VAPOR


2.1. A enerxía hidráulica e a enerxíado vapor.
2.2. A mecanización e o sistema fabril.
2.3. A revolución dos transportes
2.4. O impulso do mercado.

3.- AS NOVAS INDUSTRIAS


3.1. A industria algodoeira.
3.2. A industria siderometalurxíca.
3.3. A minaría do carbón e do ferro.
3.4. A expansión da industrialización.

4- LIBERALISMO ECONÓMICO E CAPITALISMO


4.1. A necesidade dun novo sistema económico.
4.2. Os principios do liberalismo económico.
4.3. O capitalismo.

5. CONSECUENCIAS SOCIAIS DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL


5.1. A sociedade de clases
5.2. O crecemento das cidades

Este apartado tedes que estudíalo por estes apuntamentos.


O concepto “revolución industrial” acuñouse en Francia, a principios do século XIX para definir o proceso
iniciado en Gran Bretaña no último terzo do século XVIII.
Coas revolucións liberais a burguesía conseguira o poder político, o necesita para levar a cabo unha serie
transformacións económicas que cambiarán radicalmente a vida da humanidade e que non serían posibles
coas estruturas sociais e políticas do Antigo Réxime.
A Revolución industrial é unha nova forma de producir con enormes repercusións económicas, sociais e
culturais. Para os historiadores supón o maior cambio na historia da humanidade desde a revolución neolítica,
desde que os seres humanos descubriron a agricultura e a gandería e se fixeran sedentarios.

5. CONSECUENCIAS SOCIAIS DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

5.1. A sociedade de clases.


Tras as revolucións liberais, a sociedade estamental desapareceu e todos os cidadáns son iguais ante a lei. Con
todo hai profundas diferenzas económicas, existindo dous grupos sociais fundamentais: a burguesía (os ricos,
propietarios dos instrumentos de produción: diñeiro, fábricas, negocios, etc.) e o proletariado, os obreiros
industriais que carecen de riqueza e viven exclusivamente do seu traballo. Durante a primeira metade do s. XIX
as súas condicións de vida foron espantosas: longas xornadas laborais, baixos salarios, traballo infantil, etc.
Entre o proletariado (maioría da poboación) e a burguesía (minoritaria) xorde unha pequena clase media,
formada por persoas que aínda que non eran ricas e vivían do seu traballo, realizaban traballos cualificados e
non manuais: profesionais liberais (médicos, avogados), empregados do estado (militares, funcionarios),
técnicos (enxeñeiros) etc.
A nobreza perdeu o seu papel tradicional como grupo reitor da sociedade, aínda que conservou o seu
prestixio e a súa influencia.

A burguesía, nova clase dominante, impuxo os seus valores como modelo á nova sociedade: a propiedade
privada, a familia, a moral puritana, etc. Durante o s. XIX, a situación da muller experimento cambios.
Paralelamente, a medida que os homes gañaban dereitos políticos e liberdades como consecuencia das
revolucións liberais, as mulleres perdíanos, quedando excluídas da vida pública (privadas de dereitos políticos,
imposibilitada do acceso a profesións e estudos superiores e sometidas legalmente á tutela dos maridos) e
relegadas totalmente ao ámbito privado (familia, matrimonio, maternidade, fogar). Con todo, había grandes
diferenzas segundo clases.
As mulleres burguesas vivían en ambientes confortables e mesmo luxosos, non traballaban e contaban
abundante servizo doméstico, carecían de liberdade e estaban sometidas á autoridade do marido. As mulleres
obreiras, pola contra, debían realizar unha dobre función. Xunto ao coidado da casa e os fillos, traballaban
frecuentemente na industria, especialmente na téxtil (o servizo doméstico tamén empregaba a moitas mulleres
solteiras) como man de obra barata (do mesmo xeito que os nenos), realizando longas xornadas laborais con
salarios inferiores aos dos home.

En definitiva, aínda que a revolución industrial trouxo consigo unha mellora moi grande nas condicións de vida
dos países occidentais, os seus primeiros pasos foron pagados ao prezo de grandes sufrimentos da clase obreira.
A substitución das máquinas polo home trouxo consigo queixas e protestas como manifestaron movementos
da época coma o ludismo 1811 a 1816. A non intervención do Estado na economía deixaba as mans libres aos
empresarios, actuando ante os seus traballadores sen ningún tipo de restricións. Esta situación, sen embargo,
orixinou graves inxustizas sociais, o que abriu as portas ao nacemento do movemento obreiro.

5.2. O crecemento das cidades.


Como consecuencia da Revolución industrial producíuse un gran crecemento das cidades, debido ao éxodo
rural: centenares de miles de campesiños que perderan as súas terras emigran á cidade para converterse en
obreiros industriais.

Nas cidades xurdiron novos barrios, nos que se daba unha forte segregación social. Os barrios residenciais da
burguesía edificábanse nas zonas con mellores condicións naturais, afastados das industrias, contaban cunha
planificación urbana (plano en cuadrícula), bos servizos (auga potable, rede de sumidoiros, zonas verdes) e neles
situábanse as vivendas da burguesía (amplas, luxosas), edificios de oficinas, bancos e comercios elegantes.
En contraste, os barrios obreiros estaban xunto ás fábricas, en malas condicións sanitarias (fumes e cheiros,
falta de rede de sumidoiros e auga potable…), xeralmente sen planificación urbanística (rúas estreitas, sen
pavimentar, elevadas densidades de poboación…) e vivendas moi pequenas e insalubres (falta de sol, mal
ventiladas, etc…). Estas vivendas foron construídas co obxectivo de alugalas, converténdose así a especulación
inmobiliaria nun importante negocio.

You might also like