You are on page 1of 4

COMPOSICIÓNS BLOQUE 8

COMPOSICIÓN 9, BLOQUE 8: A reforma agraria liberal: as desamortizacións

Os seguintes documentos serven de base para a realización dunha composición


sobre a desamortización, que xunto con outras medidas (abolición do réxime
señorial, desvinculación dos morgados...) conforman o que podemos considerar en
conxunto a reforma agraria liberal.
Os tres primeiros documentos explicitan o tipo de bens afectados por cada medida
desamortizadora, expoñendo o primeiro deles os obxectivos que se pretenden
acadar.

Doc.1.-Desamortización de Mendizábal (1836):

“Señora: vender a masa de bens que viñeron ser propiedade da nación non é tan só
cumprir unha promesa solemne e dar garantía positiva á débeda nacional por
medio dunha amortización exactamente igual ao produto das renda s; é abrir unha
fonte abundantísima de felicidade pública, vivificar unha riqueza morta, desobstruír
as canles da industria e da circulación, apegar ao país polo amor natural e veh
emente a todo o propio, anchear a patria, crear novos e firmes vínculos que liguen
a ela; é, en fin, identificar co trono excelso a Isabel II, símbolo da orde e da liberdade
(...), crear una copiosa familia de propietarios (...).
Art. 1. Quedan declarados en venda desde agora tódo los bens raíces de calquera
clase que pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas”.

Doc.2.-Desamortización de Madoz (1855):

“Art. 1. Decláranse en estado de venda (...) tódolos predios rústicos e urbanos,


censos e foros pertencentes: Ao Estado. Ao clero. Ás Ordes Militar es (...). Ás
confrarías, obras pías e santuarios (...). Aos propios e comúns dos pobos. Á
beneficencia. Á instrución pública e calquera outros pertencentes a mans mortas, xa
estean ou non mandados vender por leis anteriores”.

Doc.3.-O historiador Josep Fontana exprésase do xeito seguinte:


“¿Para que serviu a desamortización? Desde o punto de vista do goberno a
resposta é relativamente sinxela. Na etapa de Mendizábal, para salvalo da bancarrota e
axudarlle a gañar a guerra civil. Na da chamada lei Madoz, para financiar a construcción
da rede ferroviaria. Penso que a medida exacta en que estas vendas redundaron en
proveito do Estado non debe minimizarse”
COMPOSICIÓN 10, BLOQUE 8: OS PRINCIPAIS SECTORES INDUSTRIAIS E O PAPEL
DO FERROCARRIL

Os seguintes documentos serven de base para realizar unha composición sobre o


desenvolvemento económico español no século XIX, centrando a atención na
industria, nos problemas do desenvolvemento industrial español, nos diferentes
sectores e zonas máis desenvolvidas. Lembra que non se trata de responder a
preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e
que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos
e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.-O historiador Gabriel Tortella valora así o esforzo industrializador na España do


século XIX:

“Pese aos grandes problemas hai no século XIX español un número elevado de
esforzos a prol da modernización do país. Por unha banda temos os esforzos privados
da clase empresarial catalá por crear unha base industrial no principado. O século XIX
non foi en España de total estancamento: en Cataluña, e en especial en Barcelona,
desenvolveuse unha notable industria (...) a construción da rede ferroviaria; (...);
sentáronse as bases da industria siderúrxica, etc. Pero en total a tan cacarexada
revolución industrial non tivo demasiado éxito”.

Doc.2.-Produción de ferro coado en España, 1861-1900 (en millares de toneladas):

Doc.4.-Lei Xeral de Ferrocarrís (1855):

8°. Poderá auxiliarse cos fondos públicos a construción das liñas de servizo xeral: 1 ° (...)
entregando ás empresas en períodos determinados unha parte do capital investido
(…): 3°. asegurándolles polos mesmos capitais un mínimo interese ou un interese
fixo (…).
19°. Os capitais estranxeiros que se empregan nas construcións de ferrocarrís ou
empréstitos para este obxecto, quedan baixo a salvagarda do Estado,
20°. Concédense desde logo a todas as empresas de ferrocarrís: 1 ° os terreos de
dominio público que haxan de ocupar o camiño (…);; 3° a facultade de abrir
canteiras (…) nos terreos contiguos á liña (…); 4° a facultade exclusiva de percibir
(…) os dereitos de peaxe e de transporte;
COMPOSICIÓN 11 BLOQUE 8: O MOVEMENTO OBREIRO

Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o movemento


obreiro no último terzo do século XIX. Tendo en conta os documentos e o seu
contexto, debes tratar : situación da clase obreira, o nacemento das organizacións
obreiras, á identificación das principais organizacións da época e á delimitación das
súas diferenzas ideolóxicas e estratéxicas.

Doc 1. Acta do Consello e comisión federal da Rexión Española da AIT. 1872.

A sección de carpinteiros ten fixado nas esquinas grandes carteis vermellos que din así:
“ Alto-A.I.T.-Sección de Carpinteiros. Esta sección acordou abolir a velada e polo tanto
esperamos que ningún faga traición a este acordo (…)”. Os carpinteiro, ferreiros,
toneleiros e douradores, se os mestres non ceden a demanda de abolir a velada, o luns
7 declararanse en folga.

Doc. 2. Programa do P.S.O.E.. 1888.

O partido socialista declara que ten por aspiracións:


1. A posesión do poder político pola clase traballadora.
2. A transformación da propiedade individual ou corporativa dos instrumentos de
traballo en propiedade colectiva, social ou común. Entendemos por
instrumentos de traballo a terra, as minas, os transportes, as fábricas, máquinas,
Dono o proletariado do poder político, valerase del, non para tiranizar a unha parte da
familia obreira, como equivocadamente(…) sosteñen certos elementos revolucionarios,
senón para arrancar a burguesía todos os seus pivilexios e monopolios e reducir ós seus
individuos á categoría de simples productores.

Doc. 3. Bases para a organización anarquista da rexión española. 1888.

1. Enténdese por anarquía o non goberno, isto é, un estado social no que no sexa
necesario goberno nin dirección algunha; porque entendemos que mentres subsista o
principio de autoridade, non está garantida a liberdade de todos os membros da
sociedade (…)
2. Aínda que recoñecendo que non será unha sociedade completamente anarquista
mentres exista o máis pequeño átomo de autoritarismo ou suxeición algunha, débese
considerara como garantía da liberdade a abolición do principio de propiedade e toda
explotación do home polo home.
COMPOSICIÓN 11 BLOQUE 8: SOCIEDADE

Os documentos permítenche facer unha composición sobre os cambios na sociedade española


do XIX, pasa dun modelo de sociedade estamental propio do antigo réxime a unha sociedade
igualitaria desde o punto de vista xurídico pero con diferenzas de clase desde o punto económico.
Non esquezas comentar os cambios demográficos, caracterizar as diferentes clases sociais,
prestando tamén espacial atención a situación da muller na sociedade

Doc. 1. Táboa sobre a poboación agraria en varios países de Europa no século XIX Poboación
agraria

Poboación agraria (en %)


1850 1900
Gran Bretaña 22 9
Béxica 55 27
España 85 65
Polonia 82 77

Doc 2 Fragmento dunha petición Petición presentada por 33.000 obreiros nas Cortes. 1855

Señores deputados das Cortes Constituíntes:

Hai anos que a nosa clase vai camiñando a súa ruína. Os salarios diminúen. O prezo dos
comestibles e das habitacións e máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que reducir
cada día o círculo das nosas necesidades, mandar ó taller ás nosas esposas (…), sacrificar (…) ós
nosos fillos a un traballo prematuro.

Doc 3 Código civil de 1889

Art. 57. O marido debe protexer a muller, e esta obedecer ó marido


Art. 59. O marido é o administrados dos bens da sociedade conxugal
Art. 60. O marido é o representante da muller. Esta non pode, sen a súa licencia, comparecer en
xuízo
Art. 62. As compras de xoias (…9 feitas sen licencia do marido so serán válidas no caso de que
este lle consinta á súa muller a utilización dos citados obxectos

You might also like