You are on page 1of 2

OS PRINCIPAIS SECTORES INDUDTRIAIS E O PAPEL DO FERROCARRIL

A industrialización en España iniciouse a partir do primeiro cuarto do século XIX. É tardía en


comparación coa do resto de Europa que comeza a finais do XVIII coa revolución industrial en
Inglaterra.
Os principais condicionantes da lenta transformación industrial española foron: as escasas
transformacións nos sistemas agrario, é dicir, non hai unha revolución agraria e polo tanto a
agricultura non é motor da industria. Tamén a falta de competitividade dos produtos españois por
falta de técnica. Así como, a escasa mentalidade emprendedora e capitalista dos terratenentes que
prefiren vivir das rendas que da actividade empresarial. O pouco poder adquisitivo tanto no
comercio como na poboación e unha lexislación liberal marcada polo proteccionismo e lenta no
proceso de transformación.
Así, a revolución industrial en España pasou por tres fases diferenciadas, unha primeira fase
marcada polos inicios da industrialización (sobre todo en Cataluña), unha segunda fase con
dificultades e transformacións e unha terceira fase na que se pode apreciar un crecemento
desigual.
Este crecemento desigual pódese observar cos principais sectores industriais en España e a súa
asociación ás rexións industriais do século XIX, especialmente as zonas periféricas.
O primeiro gran sector industrial español é o téxtil de Cataluña. A importancia do téxtil leva a un
gran importe de algodón. Este sector acadou o seu máximo desenvolvemento coa aparición das
máquinas de vapor e coas primeiras fábricas como Bonaplata (obxecto das accións ludistas
durante o movemento obreiro) ou empresas como La España Industrial, ambas en Barcelona.
Barcelona convértese deste modo, no berce da revolución industrial. Tamén hai en Cataluña outros
sectores, entre eles a metalurxia, a química, a papeleira e editorial e a agro-alimentaria.
A industria en Andalucía e Levante xira arredor do sector agrario, agro-alimentario e químico. A
zona agraria española que se corresponde con ambos territorios foi unha das poucas que, nos
anos das desamortizacións, logrou unha certa modernización e especialización. Durante certo
tempo, en ambas rexións, tiveron especial auxe o téxtil, a minaría, a metalurxia e a siderurxia. No
primeiro cuarto do século XIX en Málaga, Marbella e Sevilla aparecen os primeiros altos fornos
españois, en parte pola necesidade de ferro para os toneis nos que se exportaban os viños
andaluces. A falta de carbón (que traían do norte) leva, a partir da década dos 60, ao peche e
desprazamento cara o norte destas industrias. En canto ao téxtil, destacan particularmente a seda
e as las.
O sector clave na industrialización das zonas de Asturias e País Vasco foi a siderurxia, vinculada a
metalurxia. En Asturias, ten importancia a explotación do carbón. Os primeiros altos fornos son
coñecidos como Altos Hornos de La Felguera. O proceso industrializador asturiano presentou
numerosas dificultades derivadas, principalmente, da calidade do carbón (escasa capacidade
calorífica). Foi pois necesario importar dende Europa este mineral. No País Vasco a
industrialización estivo vinculada ao ferro . A siderurxia vasca xurdiu nos Altos Hornos de Ibarra. A
partir dos 70, o sector Bilbao converteuse no maior foco siderúrxico español, desprazando o
incipiente de Andalucía, onde comezaron a pechar os altos fornos. Pais Vasco contou ademais
cunha potente industria química e metalúrxica de transformación, coa fabricación de bens de
equipo e a construción naval.
Pola súa parte Galicia ten unha relevante industria conserveira de peixe. A primeira fábrica deste
sector estableceuse en Oza ( A Coruña). Coa apertura doutras, Barreras, Massó, Alfageme...
cobrou moita importancia. Cómpre salientar a construción naval (Ferrol e Vigo) e o
desenvolvemento da hidroeléctrica. Tamén o sector agro-alimentario.
A valoración da revolución industrial inclúe opinións diversas. Por unha parte, Jordi Nadal
(economista e historiador de Gerona, especialista en historia económica) considera a revolución
industrial española un fracaso en comparación coa dos países europeos avanzados. No entanto,
Gabriel Tortella (economista e historiador barcelonés, especialista en historia contemporánea)
establece, debido as similitudes da nosa industrialización coa doutros países mediterráneos como
Italia, Portugal... que a transformación seguiu un patrón latino de modernización caracterizado por
lentitude e tardanza. Atendendo a lexislación Ramón Tamames (economista e político madrileño,
deputado as Cortes por Madrid e distinguido por estudos económicos) cree que o proteccionismo,
grazas en concreto as taxas arancelarias, favorece o desenvolvemento económico español. Polo
contrario Tortella entende que esta protección arancelaria impide a revolución industrial pois leva a
inexistencia de competencia cos produtos estranxeiros.
A industria e o mercado interior español víronse influídos polo papel que tomou o ferrocarril. O
primeiro ferrocarril destinado ao transporte de viaxeiros non funcionou en España ata 1848 (nun
pequeno tramo entre Barcelona e Mataró). Pódese dicir, que nun contexto Europeo, o noso
ferrocarril foi tardío. En 1855, durante o bienio progresista, elaborase a lei xeral de ferrocarrís . Esta
lei deseñou un trazado radial desde Madrid (mostra do centralismo dos gobernos). Ademais
permitía realizar a construción e a explotación das liñas polo Goberno ou por compañías privadas.
Compre destacar que os trazados ferroviarios favoreceron a aquelas rexións mais industrializadas
(Madrid, Barcelona...). Outras provincias, como Galicia, terán que esperar décadas para posuír as
primeiras liñas.
O papel do ferrocarril na sociedade española foi para algúns moi positivo dado que facilitou o
movemento de individuos e mercadorías, favorecendo o mercado interior e abaratando custos.
Para outros, os efectos foron inferiores do que cabía esperar. A materia prima para a construción
do ferrocarril importouse do estranxeiro de modo que non se favoreceu a metalurxia e a siderurxia
nacional.
O desenrolo industrial fomentará a aparición das primeiras entidades bancarias como Banco de
España ou o Banco Pastor en Galicia. As redes de comunicación melloraran influídas pola
aparición do ferrocarril mais tamén pola renovación da comunicación por estradas. A principios do
século XX os primeiros automóbiles ocuparan as estradas españolas.

Un balance final, polo tanto, agridoce e con avances e atrancos ó mesmo tempo, pero que na
industria resultou sobre todo decepcionante: a pesar dos esforzos investidos, os progresos foron
escasos en comparación con outros Estados occidentais, de xeito que a comezos do século XX,
España ocupaba un dos últimos postos na lista dos países industriais (a moita distancia das
principais potencias e incluso sendo superada por países que iniciaran a súa industrialización máis
tarde ca nós).

You might also like