You are on page 1of 2

Composición 10

A industrialización en España

A industrialización en España comezou no 1830 marcado por numerosas limitacións e


peculiaridades:
Escasas transformacións nos sistemas agrarios, deste modo a agricultura non puido actuar como
motor da modernización, reducida capacidade de consumo interior, lentitude nos cambios
lexislativos de carácter económico, despreocupación pola educación e as innovacións tecnolóxicas,
preferencia por investimentos inmobiliarios ou especuladores (terras, propiedades, accións en
Bolsa…), predominio das actividades industriais relacionadas co sector primario e de produción de
bens, dependencia do exterior, falta de competitividade dos produtos españois, protección
arancelaria (como medio para defender da competencia internacional aos produtos propios), forte
desequilibrio territorial e rexional as zonas atrasadas (interior peninsular) e os focos desenvolvidos
(Cataluña, Pais Vasco e Asturias).

España presenta fortes desequilibrios rexionais, unhas zonas industrializadas e outras que
permaneceron atrasadas e rurais.

Cataluña foi a principal zona industrial de España mais diversificada, sendo pioneira da
industrialización, cun gran desenvolvemento no sector téxtil, coa introdución do algodón, a
mecanización das tarefas e o reinvestimento dos capitais obtidos.
A partir de 1830 introducíronse as maquinas de vapor para mover os teares na fabrica de Bonaplata.
Introducíanse as materias primas (algodón e o carbón como fonte de enerxía) polo porto de
Barcelona.
O desenvolvemento da produción téxtil catalá foi propiciado pola supresión das limitacións
gremiais, os aranceis proteccionistas e a constante modernización técnica no fiado e no tecido.
A produción téxtil catala estivo destinada fundamentalmente ao mercado interior e as colonias de
Cuba e Filipinas.
Ese desenvolvemento téxtil propiciou a diversidade industrial co crecemento doutros sectores como
a metalurxia, química, papelería e a editorial.
En Andalucia e levante tiveron un inicio temperá industrializador no sector siderúrxico e textil, pero
tiveron que reorientarse cara o sector agrario (aceite, vide e cítricos).
Tiveron os primeiros altos fornos españois (1830, Málaga, Marbella e Sevilla) pero a partir dos 60
foron decaendo debido aos elevados custos de produción. Destacaron as industrias mineiras
andaluzas e murcianas pero na maioría dos casos a explotación foi realizada desde 1868, por
empresas de capital extranxeiro.
Falando da industria creáronse empresas dedicadas ao tecido de algodon pero entraron en
decadencia na década de 1880. A seda, de longa tradición en Valencia, murcia e Granada pasou a
concentrarse en Cataluña.
En Asturias a siderurxia, vinculada as explotacións mineiras foi o sector mais desenvolto. En
Asturias dedicáronse á explotación masiva do carbón. Os altos fornos permitiron crear diversas
industrias metalúrxicas pero tiñan diversas dificultades como a calidade do mineral. Que para
defender o sector aplicouse unha política proteccionista.
No Pais Vasco a industrialización xirou entorno á explotación do mineral de ferro, moi abundante e
de boa calidade. A siderurxia vasca xurdiu en Bilbao que se converteu no maior foco siderúrxico
español. Tamén contou coa industria química e metalúrxica de transformación, coa fabricación de
todo tipo de maquinas e motores, destacando a construción naval.
Para Galicia a industrialización foi pobre, os sectores artesanais tradicionais arruináronse, o liño
non resistiu a competencia do algodón. Pero a salgadura da pesca deu lugar á industria conserveira
de peixe, que arrastrou outros sectores. A potenciación do sector partiu da renovación das técnicas
de salgadura coa aplicación dos descubrimentos de Pasteur sobre a conservación dos alimentos. A
primeira fabrica de conservas foi instalada en Oza, pero o sector non cobrou importancia ata que se
instalaron as principais fabricas nas Rias Baixas.
Tamén destacou a construción naval e a produción hidroeléctrica.
A lexislación liberal aboliu os obstáculos legais contrarios á liberdade de circulación e produción de
bens (supresión dos aranceis interiores , unificación de pesos e medidas , liberdade de produción e
venda ... ) , e procurou a construción de mellores vías de comunicación para conseguir un mercado
interior cada vez máis integrado.
A chegada do ferrocarril foi tardía . Se o primeiro ferrocarril inglés dedicado ao transporte de
viaxeiros funcionou en 1830 en Inglaterra, en España non o fixo ata 1848 nun pequeno tramo entre
Barcelona e Mataró.
A Lei xeral de ferrocarrís de 1855 deseñou un trazado radial desde Madrid ata os puntos extremos
da periferia para as liñas de primeira orde . Ademais establecía que a construción e a explotación
das liñas podía ser realizada polo Goberno ou por compañías privadas Para facilitar a construción
dos ferrocarrís , o Estado concedía vantaxes aos inversores privados e para o seu financiamento
contou con tres fontes de recursos : a subvención estatal , o capital dos accionistas e o líquido das
obrigacións que emitían as propias compañías ferroviarias . As características do terreo aconsellaron
dar maior ancho ás vías españolas , ocasionando problemas á hora de unilas cos trazados europeos ,
máis estreitos.
Na construción dos trazados ferroviarios diferencianse varias fases:
Antes de 1885 so se construíron 440 km
1855-1865 construíron a bo ritmo grazas ao apoio estatal e aos investimentos estranxeiros
1866-1876 reenlazamento da construción ferroviaria realizada polas grandes compañías
1896-1936 continuou pero con moita lentitude
O papel do ferrocarril é obxecto de controversia entre os historiadores. Para uns foi considerable
pois, nun país con graves dificultades orográficas, permitiu a comunicación interior e facilitou o
transporte de mercadorías. Para outros, os efectos foron inferiores dos que se podían esperar
debido á mala política estatal que permitiu a importación de material ferroviario, con grave
prexuízo para o desenvolvemento do sector siderúrxico español .
A lei de 1855 regulamentou a construción, categoría e trazado das estradas en disposición radial
Respecto as comunicacións marítimas melloraron os portos e perfeccionaron a navegación.
O sistema bancario e financieiro desenvolveuse e perfeccionouse co nacemento da Bolsa en Madrid
e Barcelona e a organización da Banca pola lei de 1856 coa que se establecían dous tipos de bancos.
Á cabeza do sistema estaba o Banco de España.
Estes trazos caracterizan o modelo de industrialización de España así como os seus progresos, foron
inferiores aos dos países mais avanzados e fixeron que numerosos historiadores, Jordi Nadal, falen
dun fracaso da revolución industrial en España. Para Gabriel Tortella, as coincidencias con outros
países mediterráneos permitan falar dun patrón latino de modernización caracterizado pola sua
lentitude nas transformacións ou a menor profundidade e repercusión social.
Algúns pensan que o desenvolvemento económico español foi posible grazas á existencia das taxas
arancelarias, pero outros entenden que esta protección arancelaria atrasou o crecemento.

You might also like